Que significa o río para min

Post on 22-Mar-2016

234 views 9 download

description

O alumnado de primeiro de ESO traballa en proxecto interdisciplinar sobre os ríos do seu concello. En ciencias sociais respostan á pregunta: Que é o río para ti?

Transcript of Que significa o río para min

Qué significa o río para min?

Qué significa o río para min?

Un lugar onde pasar o tempo nadando, gozando coa familia ou cos amigos.

É un lugar precioso:!SEN AUGA NON HAI VIDA!

Qué significa o río para min?

É como a vida, estás tan tranquilo e, de repente, ven unha corrente e lévate. Despois tes que pasar todos os obstáculos que a vida che poña.

Os peixes percorren todo o río, coma nós a vida, para, ao final, atopar un lugar de benestar. Pero nunca sabes se vas chegar ou se te vai coller un pescador nese camiño.

O bo disto é que sabes que inda que algunhas cousas che foron mal, sempre che queda a esperanza de acabar de percorrer o río que tanto che custou.

Qué significa o río para min?

Para min é un rego de 5 a 10 metros de ancho. O río vai desembocar nos mares e océanos.

Qué significa o río para min?

É unha corrente de auga que nace nas montañas, de pequeno é un regato e vai medrando ata desembocar no mar, nun lago ou noutro río. Tamén é relaxación.

Unha fervenza significa liberdade.

Qué significa o río para min?

Para min é vida, porque cando escoito a auga correr os meus problemas esvaécense.

O río é unha parte de min. ¡Sen auga non podo vivir!

Qué significa o río para min?

Para min é un mundo de sensacións. No mais alto das montañas encontra a harmonía, baixa explorando novos mundos. Xúntanse a el algúns pequenos, case sen importancia, como a imaxinación a outras cousas mais grandes que fan que o río teña mais importancia para todos os seres, como a ledicia e o arrepentimento. Por iso cando nos sentamos a súa beiriña con problemas, ou cando estamos confusos, danos tranquilidade e reláxanos para así poder arranxalos e tamén despexar a mente e poder ver o río de outra maneira.

Qué significa o río para min?

Para min é un sitio tranquilo e bonito que transmite paz.

Eu cando era pequeniña ía ao río e bañabámonos nel e cando estaba alí metida estaba tranquila e o pasaba moi ben.

O río para min é un charco de auga que transmite moita paz e tamén dozura.

Qué significa o río para min?

Ledicia e tranquilidade, porque che dan troitas e frescura. É unha fonte de auga e paz.

Qué significa o río para min?

É un sitio que coidar, onde pasalo ben con amigos e familiares.

Qué significa o río para min?

Para min é un coma un longo camiño que nunca se acaba.

Está cheo de alegría e emoción.Cando pescas no río sentes unha inmensa

atracción por el.Está cheo de peixes de todos os tamaños e cores.

Se ves un río, por moi triste que esteas, énchete o baleiro que tes dentro, porque ves a súa auga cristalina e os seus peixes de cores vivas.

Qué significa o río para min?

Diversión, ledicia…e tristura cando vai cheo e se desborda.

Qué significa o río para min?

É un sitio para pescar e, as veces, para nadar e para mirar a paisaxe dende a ponte.

Qué significa o río para min?

Para min e un lugar onde se poden pensar as cousas boas e malas. O seu son relaxa, e ver como se move é un espectáculo do que se pode gozar moi facilmente. Ao lado do río pensas en cousas que nunca se che ocorrerían na clase nin na casa. Ábrese a mente e imaxínanse moitas cousas.

Qué significa o río para min?

Para min significa tranquilidade, non ter que preocuparte de nada.

Qué significa o río para min?

O son que leva a auga.

Qué significa o río para min?

Para min é a sombra das árbores en verán, as follas navegando por el en outono, dar un paseo pola súa beira en primavera, e a neve derreterse ao caer nel en inverno.

Qué significa o río para min?

Un camiño de auga.

Qué significa o río para min?

Paz, tranquilidade, alegría, amor, felicidade, e sobre todo, se escoitas o río, esqueces todos os problemas que tes.

Qué significa o río para min?

Para min significa fluidez, porque moitas especies de peixes non poderían vivir sen el.

Ademais o son do río tranquiliza moitísimo.

Qué significa o río para min?

Unha corrente de auga continua que desemboca nos mares e océanos. Nos lados pode ter rochas e herba. Os ríos pasan por un terreo afundido.

Qué significa o río para min?

A palabra río significa auga que hai nun terreo e, ao seu carón algunha rocha, tamén hai animais coma pulgas, ras, cágados etc.

Podes contemplalo e verás que é unha corrente de auga que flúe por un leito dende un lugar elevado a outro mais baixo.

A gran maioría dos ríos desaugan no mar ou nun lago, inda que algúns desaparecen.

Qué significa o río para min?

Os ríos foron utilizados como sumidoiros para os desfeitos da agricultura e da industria.

Grazas a súa corrente e a súa natureza ecolóxica os ríos son quen de rexenerarse por si mesmos ao admitir cantidades asombrosas de afluentes. Porén todos os ríos teñen un límite de capacidade de asimilación de augas residuais e fertilizantes provintes das terras de cultivo.

Qué significa o río para min?

O Niger nace en Guinea e desemboca na costa de Nixeria. As súas augas pasan por varios países e aprovéitanse para o regadío, para producir electricidade e para a navegación.