REBÉLATE! Cangas é de tod@s

Post on 22-Mar-2016

226 views 1 download

description

Díptico da Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) para as eleccións municipais do 22 de maio de 2011.

Transcript of REBÉLATE! Cangas é de tod@s

Despois da situación calamitosa na que quedou o Concello logo de oito anos de go-berno do Partido Popular, agravada pola nula xestión desta “nova dereita” conforma-da polo BNG–PSOE, cómpre procurar o consenso político para acometer, cando menos, tres cuestións fundamentais para o presente e o futuro inmediato de Cangas:

1.- REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA

Hai que recuperar a transparencia na xestión municipal, secuestrada nestes momentos e substituída polo escurantismo máis reseso.Temos que desenvol-ver unha democracia real e participativa na que a veciñanza teña a palabra e sexa decisiva na acción de goberno, sendo recoñecidas as organizacións veciñais como interlocutoras principais da corporación. Ao tempo, hai que avanzar no recoñecemento das parroquias a efectos operativos e mesmo legais.

2.- REXENERACIÓN ECONÓMICA

A situación económica xa era negativa no ano 2007, pero a nefasta xestión dos últimos anos (agravada ademais pola crise económica xeral) levou o Concello a unha situación de creba, próxima á bancarrota. A débeda cos provedores vaise acumulando sen que se lle faga fronte (chegando mesmo a poñer en perigo a viabilidade de pequenas empresas do Municipio), e mentres este goberno segue a despilfarrar o pouco diñeiro público que entra nas arcas do Concello.Urxe pois, como primeira medida de goberno, facer unha auditoría das contas e deseñar e aprobar un Plan Económico–Financieiro que permita afrontar os pagos pendentes, racionalizar os gastos e planificar con coherencia as inversións necesarias de futuro.

3.- REXENERACIÓN URBANÍSTICA

A actuación do goberno bipartito nestes últimos anos non lle ten nada que envexar á actuación anterior do PP, practicando o mesmo tipo de urbanismo especulativo e non pensado para servir ao conxunto da cidadanía senón aos intereses do capital. Precisamente a visión de ACE defendendo un urbanismo harmónico e sustentable pensado para mellorar a calidade de vida dos cangueses e canguesas foi unha razón fundamen-tal que nos levou ao enfrontamento co BNG-PSOE e provocou a nosa saída do goberno.Non é de recibo que o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) estea secuestrado nos caixóns e que desde a alcaldía-concellería de urbanismo se intente introducir outra vez no Plan os convenios urbanísticos especuladores de Massó e Aldán, que ademais pretenden concentrar a maioría da edificabilidade futura do Municipio.É necesario reactivar o Consello Sectorial de Urbanismo e acadar con urxencia un gran acordo cara a conseguir para Cangas un Plan Xeral consensuado e razoable que aposte pola calidade ambiental e pola preservación da nosa riqueza natural.É por iso (por poñer dous exemplos significativos) que seguimos a manter un NON rotundo á construción dun “parking náutico privado” (aínda que lle chamen porto deportivo) no banco pesqueiro e marisqueiro do Salgueirón e que seguimos a apoiar a loita veciñal de Aldán pola recuperación dos seus montes comunais.

Decálogo de medidas sectoriais para desenvolver na próxima lexislatura

1. Reivindicamos o CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN en Cangas como primeiro paso cara a unha atención hospitalaria axeitada no Morrazo. De feito desde a concellería de Urbanismo xestionouse a reserva de terreos no primeiro avance do PXOM (aínda que se poidan consensuar outros), como tamén xestionamos a consecución do terreo para o novo CENTRO DE SAÚDE de Aldán–O Hío, do que reivindicamos a súa inmediata construción.

2. Acceso aos servizos de saneamento, abastecemento e alumeado para toda a ci-dadanía. Potenciación do transporte público colectivo tanto marítimo como te-rrestre poñendo en marcha liñas de transporte colectivo que melloren as comu-nicacións no eixo O Morrazo–Vigo–Pontevedra. Temos que esixir tamén un plan de mellora e maior regularidade no transporte público entre a vila e as parro-quias. Esixencia de desenvolvemento inmediato das circunvalacións de Cangas.

3. Mellora do vergoñento sistema de recollida e xestión do lixo, orientándoo cara a cri-terios máis ecolóxicos e sustentables. Apostamos tamén pola contenerización soterrada. Hai que mellorar a depuración e o tratamento das augas residuais e apostar pola promoción das enerxías alternativas e renovables e da ecoconstrución.

4. Durante a estadía de ACE no goberno, apostouse claramente pola mellora dos Centros Públicos de Ensino, con obras de adaptación de espazos escolares, de servizos de come-dor ou de instalacións deportivas. Hoxe, os centros públicos están abandonados á súa sorte e suprimiuse a brigada de obras específica demandada por nós. Hai que crear esa brigada de mantemento e demandar da Administración educativa a mellora dos centros, a eliminación de barreiras ou a renovación de material, entre outras actuacións.

5. Potenciación da Cultura e das Artes como un ben público ao servizo das persoas. Segui-remos os pasos dados na nosa etapa de goberno artellando programas culturais estables e de calidade que se estendan tamén ás parroquias aproveitando a rede de Bibliotecas. Ao tempo, seguiremos a apoiar a actividade cultural desenvolvida polas diferentes agrupa-cións canguesas, así como os eventos importantes e o recoñecemento público as xentes do sector. Elaboración dun Plan de actuación e posta en valor para o xacemento do Facho.

6. Defensa do Patrimonio natural e histórico artístico, deseñando un Plan de Protección e rematando de elaborar unha Listaxe de Bens Patrimoniais a Protexer (empezada por nós nesta lexislatura). Deseñar un Plan de Recuperación e posta en valor de todas as fábricas de conserva e salgadura do noso litoral, promo-vendo e apoiando o seu uso socio-comunitario e o desenvolvemento de activida-des económicas sustentables. Recuperación das naves de Ojea e do seu contorno para uso público. Elaboración dun Plan de Recuperación de zonas degradadas.

7. Promoción de iniciativas de emprego e de políticas sociais dirixidas ás per-soas e aos sectores máis desprotexidos. Apoio aos sectores económicos autóctonos como a pesca de baixura, a agricultura ecolóxica ou o pequeno e mediano comercio. Apoio ao desenvolvemento do Parque Empresarial e Industrial do Morrazo. Políticas concretas e decididas na defensa dos dereitos das mulleres e na igualdade laboral.

8. A política para a mocidade non pode limitarse a ser unha contra-programación da actividade lúdica e cultural. É necesario un Plan de formación laboral que teña como obxectivo o fomento do emprego xuvenil. Hai que recomezar as xes-tións para a creación dunha escola–taller que a desidia dos gobernantes actuais fixo desaparecer. Hai que apoiar un Plan de vivenda específico para a xuventude.

9. É fundamental o apoio decidido e a potenciación da actividade deportiva en todas as especialidades e niveis. Mantemento e mellora das instalacións deportivas existen-tes, incluíndo as escolares. Esixencia e xestións inmediatas para o remate da pis-cina municipal, abandonada polas dúas “dereitas”, a do PP e a do bipartito BNG-PSOE.

10. Desenvolvemento dunha política de vivendas de promoción pública seria, rea-lista, clara e planificada, que beneficie os sectores máis desfavorecidos e con máis necesidades, contemplando tamén unha promoción propia en todas as parroquias.

mariano abalo costa

traballador de correos

cangas

xosé manuel pazos varela profesor

coiro

aquilino blanco prieto

técnico informático

cangas

araceli paz novas

licenciada en belas artes

o hío

maruchi álvarez barreiro

sindicalista

aldán

santiago piñeiro edreira estudante de historia

san roque-darbo

maría do carme mariño martínez

traballadora do fogar san pedro-darbo

xesús a. pérez gallego navalleiro

balea-darbo

iris bouzón corral estudante cc. ambientais

darbo

tomás hermelo álvarez

técnico acuícola

aldán

ánxela vizoso marcos

socióloga

vilariño-o hío

moncho fernández martínez traballador da banca

darbo

manuela tilve méndez

traballadora da sanidade

cangas

ricardo prieto devesa traballador da banca

nazaret-cangas

leticia mariño molanes

contable

san pedro-darbo

isabel suárez cabaleiro mestra

cangas

darío portela núñez

licenciado en filoloxía darbo

concepción pazó rial traballadora do fogar

san pedro-darbo

ricardo martínez sampedro traballador medioambiente

coiro

laura verde curra

técnica acuícola

coiro

lista alternativa canguesa de esquerdas municipais 2011

xosé bermúdez docampo

músico

aldán

suplentes:

manuel ruibal garcía mariñeiro xubilado. coiro

maría josé fernández alfonso diplomada en ed. infantil. balea-darbo

jesús gallego rial traballador do metal. balea-darbo

sofía fernández chapela traballadora do fogar. cangas

maría josé justo ferreiro traballadora alimentación. san pedro-darbo