Post on 09-Aug-2015
Duns meses para aquí, os nenos e nenas de
Infantil estamos un pouco preocupados
polo estado do parque que temos ao lado do
cole. Sabedes como é?
É un parque precioso que nos encanta
porque é unha zona verde, cun campo de
herba e flores, ten árbores que nos dan
sombra e podemos estar ao fresquiño. É
unha zona que permítenos xogar e correr
en contacto coa natureza.
Ademáis é un dos pouquiños parques que
coñecemos que é respetuoso co medio ambiente,
con xogos e columpios de madeira e cordas, e no
que poñemos en xogo a nosa coordinación motora.
Con cordas de funambulista, unha ponte de
equilibrio, bolardos de madeira para o equilibrio...
ESTAR EN CONTACTO COA NATUREZA
DIVERTÍRNOS XUNTOS E POÑER EN XOGO A NOSA COORDINACIÓN
RESPETUOSO CO MEDIO AMBIENTE: DE CORDAS E MADEIRA
CICLO INFANTIL
Con mesas a sombra das árbores para as nosas
festiñas, cubos para recoller o lixo e tamén
encantábanos os columpios de madeira e
rodas…
…E SÍ! decimos ben… “encantábanos”! porque
non sabemos os motivos pero alguén
quitounos os columpios, as rodas para “subir
como os monos” (como di Uxi)… e o parque
cada vez está en peores condicións e resulta
perigoso para calquera nena ou neno.
Ante tal estado decidimos poñernos “mans a
obra” e saímos todo Infantil ao parque para
observar e tomar nota dos desperfectos.
MESAS PARA AS NOSAS MERENDAS
UN LUGAR PARA DEPOSITAR O NOSO LIXO
COLUMPIOS DE CORDAS E MADEIRA
“MANS A OBRA”
OBSERVAMOS E ANOTAMOS OS DESPERFECTOS
HERBA ALTA, MALEZA, RAMAS, SILVEIRAS QUE
PODEN FACERNOS DAÑO E NON NOS DEIXAN CAMIÑAR
UNAI EXPLICANDO O PROBLEMA DAS
SILVEIRAS
BURATOS QUE DEIXARON AO SACAR OS
NOSOS COLUMPIOS
BURATOS NOS QUE COLLE UN NENO OU
NENA
COMPROBANDO CON BRAIS ATA ONDE CHEGA
O OCO
LIXO
GAEL CONTANDO O MAL QUE ULE O LIXO
GUANTES, CALCETÍNS, PAUS…
BOLARDOS DE MADEIRA ASTILLADOS
QUITARON OS BOLARDOS DE MADEIRA QUE IMPEDÍAN
PASAR OS COCHES, E AGORA APARECE LIXO DE TODO TIPO
FERRALLA
NEREA DECÁTASE QUE ESE ANACO DE
PICHE NON DEBERÍA DE ESTAR AHÍ
LIXO E ESCOMBREIRAS DEIXADAS POLAS OBRAS DA ESTRADA NESTE VERÁN
MATERIAL DE XOGO ROTO E ASTILLADO
COMPROBANDO QUE O POSTE MÓVESE
VALADO ROTO
EXCREMENTOS DE ANIMAIS