Refrans de outonoII

Post on 13-Mar-2016

223 views 2 download

description

Refrans de outono

Transcript of Refrans de outonoII

REFRÁNS DO OUTONO II Curso escolar 2012-2013

Non te fíes do veranciño de San Martiño que che é curto e pillo.

O verán de san Martiño son tres días e máis un pouquiño.

Despois de san Martiño, fame e frío.

Auga do outono mata ao seu dono.

Polo san Amaro, peóns ao faiado.

Polo san Martiño, trampas ao camiño.

Polo san Martiño, fai o magosto e mata o porquiño.

No san Martiño, remata cada día un ferradiño.

A horta de san Martiño dá verdura para o dono e para o veciño.

Polo san Martiño, peóns ao camiño.

Castañas no nadal saben ben e pártense mal.

De Santos a Nadal, inverno natural.

Entre Santos e Nadal ben, chover; mellor, nevar.

Bendito o mes que empeza por Santos e acaba por san Andrés.

Polo san Martiño, mata o porquiño e se non o tes cebado, dalle un bico debaixo do rabo.

No mes dos mortos, mira para os teus hortos.

Quen queira ter allo fino, que o poña polo san Martiño.

No mes dos mortos, non saches a horta nin capes o porco.

Esta presentación ten un uso, exclusivamente educativo.

As fotografías foron sacadas da Internet, polo que calquera persoa que vise os seus dereitos vulnerados, por favor, pedímoslle que nolo comunique para borralas de inmediato.