Post on 31-Mar-2016
description
1
XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA”
Subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Nº 7-2014
6º A
2
3
RETALLOS ÍNDICE
Comentario editorial ........................................................................ páxina 4
Rematou o cole, e agora que? (2)
Historia ......................................................................... páxina 5
O descubrimento de América (3), Roma (4), Monumentos romanos en España (6)
Xeografía ........................................................................ páxina 9
A Antártida (7)
Reportaxes ....................................................................... ....... páxina 11
A cova de Tito Bustillo (9), Laetoli (10), A pirámide multideportiva (11), Charla da policía sobre “Riscos en
Internet (13), Entrevista (14)
Cultura ........................................................................ páxina 17
París: o Museo do Louvre (15)
Escritores ........................................................................ páxina 18
Pilar Mateos Martín (16)
Libros ........................................................................ páxina 19
Biblioteca (17)
Ecoloxía ........................................................................ páxina 20
As tres erres (18)
Artes plásticas ........................................................................ páxina 21
Cancioneiro (19)
Colaboracións literarias ........................................................................ páxina 24
Así nos ven os nosos compañeiros de 1º A (22), 1º B (24), Chove (26), Poetas que debuxan (27), Chega o
verán (31)
Animalario ........................................................................ páxina 34
A Bolbochave, etc. (32)
IV Concurso de contos “Pasámolo de medo” ............................................... páxina 40
A enfermeira nocturna (38), A noite de Samaín (40), O número 54 (42), Terror dos vultos brancos (44)
Pasatempos ........................................................................ páxina 47
Chistes ........................................................................ páxina 48
Sociedade ........................................................................ páxina 49
Sinaturas ........................................................................ páxina 50
4
RETALLOS COMENTARIO EDITORIAL
Rematou o cole. E agora que?
Cando remate de escribir esta redacción, terei que facer a maleta para a
excursión de fin de curso. Meterei roupa, cantimplora … ata gafas de sol podo
levar. E que non é unha viaxe calquera. Unha excursión para celebrar que xa
pasaron os nosos nove anos de colexio, que comezamos o instituto.
Somos de 6º… pensar que en 3º parecían tan altos e fortes … xa podías correr.
Como te pillaran, te levaban ata ás árbores e te interrogaban ... e agora que?
A ilusión de todos está xustificada. Unha saída sempre apetece, tanto da ao
teatro, ao museo, unha camiñata, en bici, a Marcelle ou ao Belelle. Incluso as
saídas polas rúas de Santa Icía, no Entroido, disfrazados de pitufos, rockeiros ou
en pixama. Na Solaina cada trimestre estaba asegurada una pequena
excursión. Ahhh, pero cando agarremos o “segway” de monte, a canoa, a
pistola de Paintball, vai ser demasiado. E cando poñan a música na discoteca do
bar ... agora que?
Estes foron nove anos, sobre todo os últimos, de innovacións, non só no
aspecto do cole (como o pavillón ou a nova biblioteca) senón tamén na forma
de aprender (botamos man de Internet, combinamos os cadernos co
ordenador ...)
Desde Amelia ata Pepe, todos nos ensinaron, cada un á súa maneira. O tema
podía gustarnos máis ou menos, pero de seguro que nos servirá para a nova
etapa que imos comezar.
Tal vez atopemos novos sentimentos: o medo aos profesores descoñecidos, á
cantidade de traballo, a sensación de ser maior, de ter novos compañeiros …, e
agora que?
Luis Bardanca Rey. 6º A.
5
RETALLOS HISTORIA
O descubrimento de América
O descubrimento de América, ocorreu o venres 12 de outubro de 1492 , cando
unha expedición española comandada por Cristóbal Colón , cruzou o Océano
Atlántico e chegou por primeira vez a América, concretamente ás Bahamas.
Co descubrimento deuse a coñecer en Europa, a existencia do Novo Mundo, o
cal cambiou o rumbo da historia de Occidente.
Nos séculos posteriores ,España , Portugal e outras potencias europeas ,
exploraron e colonizaron o continente americano, resultando no nacemento de
novos pobos , culturas e estados.
Trátase dun dos momentos cumes da historia universal , porque significou o
encontro de dous mundos que evolucionaran independentemente , sen que un
coñecese a existencia do outro.
O motivo principal da viaxe de Colón foi abrir unha nova ruta comercial con
Oriente.
Uns anos antes, as viaxes portuguesas á India bordeando a costa Africana
significaron un estímulo para outros navegantes .
Os grandes descubrimentos foron posibles grazas á rápida evolución da técnica,
e especialmente aos progresos alcanzados na arte de navegación en alta mar.
Co descubrimento comezou a Idade Moderna, hai 500 anos.
Beatriz Dopico Formoso. 4ºA
6
RETALLOS HISTORIA
ROMA
AS ORIXES DE ROMA No primeiro milenio a.C., a Península Itálica estaba ocupada por diferentes pobos:
No centro habitaban os latinos, sabinos e samnitas, pobos de agricultores e pastores.
No norte residían os etruscos.
O Sur fora colonizado polos gregos.
A mediados do século VIII a. C., algunhas tribos de latinos agrupáronse á beira do río Tíber, un lugar de doada defensa e ben comunicado para o comercio.
Máis adiante para protexerense das inundacións e dos inimigos, os latinos ocuparon os sete outeiros a carón do Tíber, onde levantaron os primeiros poboados que anos máis tarde deron lugar a unha cidade que se chamaría Roma.
Roma foi, durante moito tempo, unha pequena cidade da Península itálica gobernada por una monarquía; pero no século VI a.C., os seus habitantes expulsaron os reis e constituíronse en República.
A república conquistou enormes territorios grazas ao crecemento da súa riqueza e un numeroso exército.
A EXPANSIÓN DE ROMA REALIZOUSE EN DISTINTAS FASES:
Entre o 500 e o 250 a.C., a cidade de Roma conquistou a Península Itálica.
Entre o 264 e o 146 a.C., Roma enfrontouse nas Guerra Púnicas a Cartago, a potencia marítima que dominaba o Mediterráneo. Logo da súa vitoria, os romanos impuxeron o seu dominio sobre todo o Mediterráneo Occidental.
Entre os séculos II a.C., e II d.C., os romanos conquistaron Grecia e o Mediterráneo Oriental e completaron a ocupación de Hispania, da Galia e de Britania en Occidente.
As conquistas achegáronlle a Roma grandes riquezas, aínda que tamén orixinaron enormes desigualdades sociais. Por iso a poboación romana da época imperial estaba constituída por dous grandes grupos: libres e escravos.
A POBOACIÓN DIVIDÍASE EN:
Privilexiados: O grupo dos privilexiados estaba constituído polos senadores, os altos cargos do Imperio e por plebeos moi ricos. Tamén gozaban de boa posición os cabaleiros que eran plebeos dedicados aos negocios e cargos intermedios da Administración.
7
RETALLOS HISTORIA
Os artesáns e máis os comerciantes agrupábanse en asociacións profesionais.
A Plebe: Por debaixo dos privilexiados sitúase a plebe, formada por unha gran masa de campesiños e asalariados urbanos.
Escravos e libertos: os escravos eran moi numerosos, sobre todo logo das conquistas romanas. Realizaban os traballos máis duros. O costume de liberar escravos fixo que aumentase o número de libertos.
AS CIDADES ROMANAS: A sociedade romana foi urbana, as cidades eran, ademais do lugar de residencia das autoridades e da administración, o centro económico onde se realizaban as actividades artesanais e comercias.
Fundáronse centos de cidades cunha estrutura semellante. Sobre una planta cuadrangular destacaban dúas rúas principais. Todas as cidades estaban protexidas por murallas e acollían unha praza chamada Foro que era o centro da vida política e relixiosa.
As cidades axudaron á romanización do Imperio, difundindo a lingua (o latín), os costumes, as leis e o modo de vida dos romanos.
Os romanos construían numerosas calzadas que unían Roma con todas as provincias do Imperio, aínda que o comercio efectuábase por vía marítima.
AS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS: A actividade agrícola desenvolveuse e progresou en todas as terras do imperio.
Os romanos introduciron o arado, os muíños de gran, as prensas de aceite e de viño, novos sistemas de regadío e o uso de fertilizantes.
Os cultivos máis importantes eran as árbores froiteiras, hortalizas, cereais, oliveiras, vide, ….
Martín Méndez Sueiras. 4º B
8
RETALLOS HISTORIA
MONUMENTOS ROMANOS EN ESPAÑA
Os romanos deixáronnos moitos monumentos en España algúns deles
son:
A muralla romana de Lugo. Teatro romano de Mérida.
O acueduto de Segovia e de Mérida.
Anfiteatro de Tarragona Arco de triunfo de Tarragona
Termas de Ourense Calzada romana de Ourense
Icía López Ramudo. 4ºB
9
RETALLOS XEOGRAFÍA
A ANTÁRTIDA
A Antártida é o cuarto continente máis grande do mundo, situado case na
súa totalidade ao sur dos 66º 30’ de latitude (o círculo polar antártico)
que rodea o polo sur. En xeral a súa forma é circular con un longo brazo, a
península antártica, que se prolonga camiño de América do sur, e dúas
escotaduras: os mares de Ross e Weddell e as suas plataformas de xeo.
A súa superficie continental e de arredor dos 14.000.000 Km2, incluíndo a
plataforma de xeo que se proxecta sobre o mar no verán.
Durante o inverno, a Antártida dobra o seu tamaño pola gran cantidade de xeo
mariño que se forma na súa periferia.
A Antártida non foi descuberta ata principiar o século XVIII. Os primeiros
grupos en avistar o continente foron o cazador de focas estadounidense
Nathaniel Palmer e os oficiais navais William Smith e Edward Branfield.
A Antártida consta de dúas importantes zonas xeolóxicas. A máis grande das
dúas, a Antártida Oriental esténdese na súa maior parte polo hemisferio Leste.
A Antártida Occidental queda case totalmente dentro do hemisferio Oeste.
Máis do 95% da Antártida está cuberta polo xeo, que contén cerca do 90% de
toda a auga doce do mundo.
10
RETALLOS XEOGRAFÍA
Debido ao grosor da capa de xeo é o máis alto de tódolos continentes, 2.300 m.
O punto máis elevado do continente é o macizo Vinson (5.140 m) e o máis
baixo parece ser a fosa subglacial de Bentley (2.499 m) baixo o nivel do mar.
A Antártida é o continente mais frío. A temperatura máis baixa do mundo
-88,3º baixo cero foi rexistrada o 24 agosto 1960 na estación Vostok e ademais
percorrena fortes ventos.
Poucas plantas sobreviven neste continente. Non hai árbores e a vexetación
limítase a 350 especies, sobre todo liques, musgos e algas. Hai tres especies de
plantas con flor na península antártica. Ningún animal vertebrado terrestre
habita esa zona.
Os océanos circundantes, sen embargo, teñen gran cantidade de vida animal,
un grande numero de baleas aliméntanse da rica fauna mariña especialmente
de Krill (crustáceos moi pequenos similares as quisquillas, que nadan en
grandes bandadas). Hai cinco especies de focas (cangrexeira, elefante mariño,
leopardo mariño, foca de Ross e foca de Wedell) e preto dunha ducia de
especies de aves viven e se reproducen alí. O habitante máis eminente da
Antártida é o pingüín. É un paxaro incapaz de voar que vive en banquisas e os
océanos arredor da Antártida. Os máis típicos son o pingüín de Adelia e o
Emperador.
Descubríronse depósitos de carbón comercialmente moi atractivos por
desgraza, crese que existen tamén grandes bolsas de petróleo e de gas na
plataforma continental antártica.
A Antártida non ten poboación nativa xa que as condicións de vida son
extremas.
Jorge Garrote Rilo. 4ºA
11
RETALLOS REPORTAXES
A COVA DE TITO BUSTILLO
Na Semana Santa de 1968, un grupo
de espeleólogos afeccionados
internáronse no Macizo de Ardines
(Ribadesella-Asturias), para explorar
unhas covas. Eran un grupo de
amigos que se metían en canto
burato encontraban, e así, por
casualidade, atoparon unha cova con
moitas pinturas rupestres. En poucos días o seu descubrimento tivo unha gran
repercusión nos medios de comunicación local, nacional e mundial.
Un daqueles amigos, Tito Fernández Bustillo, faleceu uns días despois do
descubrimento, o que motivou que lle desen o seu nome a esta cova.
A Cova de Tito Bustillo é un dos mellores exemplos de arte rupestre paleolítica
de Asturias.
As expedicións arqueolóxicas,
dinnos que esta cova e outras
veciñas, estiveron ocupadas hai,
entre 15.000 e 11.000 anos por
poboados de homo sapiens.
Nela encontráronse pezas para
cazar (arpóns), confeccionar
vestidos, adornos..., case todas
realizadas con materiais
naturais, ósos e pedras. Pero o máis importante son as pinturas. Hai un panel
principal, que é unha gran parede na que se acumulan e superpoñen os
debuxos realizados polos artistas paleolíticos durante máis de dez mil anos.
Nela hai representados máis de 30 animais diferentes.
Noel Ferreira Balsa, 4º A
12
RETALLOS REPORTAXES
En África é onde aparecen os primeiros representantes do xénero Homo, ao
que pertencemos. Por exemplo, en Tanzania atópanse una serie de xacementos
arqueolóxicos con restos de máis de dous millóns de anos de antigüidade.
Están na “Garganta de Olduvai”, coñecida coma o “Berce da Humanidade”.
Preto de Olduvai, en Laetoli, un equipo de arqueólogos liderados por M. Leakey
e R. Hay fixeron en 1978 un dos achados máis importantes da historia.
Descubriron un rastro de pegadas deixadas por tres homínidos hai máis de 3
millóns de anos.
Naqueles días o volcán Sadimán cuspía cinzas que formaron una capa fina no
chan. Despois choveu e humedeceuse a cinza, converténdose nunha especie de
cemento brando. Os tres homínidos e outros animais camiñaron por riba,
deixando as súas pegadas. O sol secou o terreo e máis capas de cinza
conservaron as pegadas.
Son dúas series paralelas de pegadas duns 35 metros, que deixaron
probablemente dous adultos e un neno.
A súa forma e a distancia entre elas é a proba dunha marcha bípede, é dicir,
sobre as dúas pernas. É o camiñar erguido sobre os membros inferiores o que
buscan os paleontólogos nos fósiles para incluír un primate na familia dos
homínidos.
Por iso as pegadas de Laetoli son as pegadas máis antigas dos antepasados do
home.
Carolina Díaz Fernández. 4ºA
LAETOLI
13
No terceiro
trimestre, os
equipos que
loitan por facerse
coa conquista da
pirámide son: Os
de sempre,
Dinamita
deportiva e Que
más te da.
RETALLOS REPORTAXES
A PIRÁMIDE MULTIDEPORTIVA
Que é? A pirámide é un proxecto para dinamizar os recreos dos rapaces
e rapazas de Educación primaria do CEIP A Solaina.
A quen vai dirixido? A todos os alumnos e alumnas dende terceiro curso
ata sexto. Estes alumnos/as teñen que formar equipos de oito
participantes que teñen que ser misturados entre rapazas e rapaces e
compostos por dous membros de cada curso.
Como funciona? Os equipos parten dende o primeiro escalón da
pirámide. Cada día reta un equipo, que escolle a quen quere retar e a
qué. O equipo gañador sube un escalón da pirámide e o perdedor baixa
un escalón. Cando un equipo chega ao cumio da pirámide gaña unha
coroíña dourada.
Cando remata? A duración da pirámide é de todo o curso; cando
remate o curso se contabilizarán as coroíñas para ver o equipo gañador,
para o que haberá un premio especial.
Cando se xoga? Se xoga durante o tempo de recreo.
14
RETALLOS REPORTAXES
Neste terceiro trimestre vaise decidir o gañador da pirámide. Ate agora a
competición esta a ser disputadísima e ningún equipo se mostra superior aos
demais.
Ao final de curso, nunha cerimonia conmemorativa, coroaremos ao equipo
gañador que recibirá un premio a todos os seus participantes.
Dende o departamento de Educación Física, hai que agradecer aos nenos e
nenas de sexto curso de primaria a axuda para organizar esta dinámica, xa que
son os encargados de poñer a funcionar os xogos, e esperemos que se manteña
os vindeiros cursos e perdure o que eles comezaron.
Roi. Profesor de Educación Física
15
RETALLOS REPORTAXES
Charla da policía sobre “Riscos en Internet”
O pasado xoves, 6 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º escoitaron
atentamente unha charla dun inspector de Seguridade Cidadá da Comisaría de
Ferrol, Javier Seijas, titulada “Riscos en Internet”.
O policía comezou explicando que a policía sabe sempre por onde navegamos
moi facilmente, grazas á nosa IP. Tamén mencionou que Internet pódese usar
ben (para xogar), pero tamén se pode usar mal (para chatear con
descoñecidos).
Ademais, dixo que pode haber persoas que mintan e se fagan pasar por alguén
que en realidade no son; para eles é algo moi fácil. Isto denominase
"grooming" e, despois de obter datos importantes sobre os menores, pódenos
usar para pedir cousas malas.
Cara á metade da conferencia, Javier aclarou que a mensaxería instantánea é
moitísimo máis segura que o chat e que Internet é unha causa continua de
condutas perigosas, como o racismo e ata o suicidio.
Por último, explicou que as nosas contrasinal deben deben ser pouco
identificables e variadas e, nos arquivos adxuntos que nos manden, sei non son
de coñecidos, escanealos na opción do botón dereito do rato “Escanear”.
Ademais, mencionou que as páxinas “https” indican seguridade.
Sen dubidalo, todos os alumnos de 6º pasámolo moi ben e aprendemos moito,
xa que ademais ao final respondeu ás nosas preguntas. Moitas grazas de parte
de A Solaina!
Sergio Teijeiro Rodríguez. 6º B
16
RETALLOS REPORTAXES
ENTREVISTA
Estamos aquí con unha muller chamada Julia que axuda a moita xente, creo que xa sabedes o que é, é médica.
Imos facerlle unha entrevista para coñecer máis os secretos desta espectacular profesión.
-Bos días, Julia. Qué clase de médico é?
-Médico de Familia. Traballo en Atención Primaria.
-Parécelle complicado o seu traballo?
-Si, a medicina é un traballo que necesita estar sempre ao día e engloba moitas novas patoloxías.
-Se non puidera dedicarse á medicina, a que lle gustaría dedicarse?
-Non sei, sempre quixen ser médico.
-Por que decidiu dedicarse á medicina?
-Porque me parecía moi interesante poder axudar á xente e coñecer máis sobre o corpo humano.
-¿Cal e a súa especialidade ?
-Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.
-Que é o que máis lle gusta do traballo?
-Curar, pero tamén previr enfermidades e facer Educación Sanitaria.
-O seu traballo interfire na súa vida social?
-Teño que dedicarlle moitas horas do meu tempo libre, pero como estou contenta co que fago non me importa.
-Algunha vez regaloulle algo algún doente?
-Si, pero o mellor regalo é o sorriso e o cariño do doente.
-Moi ben Julia, e así nos despedimos desta marabillosa médica.
Sandra, Lucía e Adela. 5ºA
17
RETALLOS CULTURA
O museo do “Louvre” (en francés: Musée du Louvre), é
o museo nacional de Francia consagrado ao arte
anterior ao Impresionismo tanto en Belas Artes como
en Arqueoloxía e Artes Decorativas. Está ubicado en
París, no antigo Pazo Real do Louvre e é un dos máis
importantes do mundo.
Algunhas obras que podemos atopar nel, son: A
Gioconda, A Venus de Milo, A Victoria Alada de
Samotracia, O Código de Hammurabi, A Virxe das
Rosas, Psique Reanimada polo Bico do Amor, A Balsa
da Medusa, O Escriba Sentado, San Xoán Bautista…
Emma Robles e Lucía Vázquez 4º C
18
RETALLOS ESCRITORES
Pilar Mateos Martín é una escritora coñecida sobre todo polas súas obras
dirixidas ao público infantil e xuvenil, nas que mestura realidade e fantasía.
Ten publicado en varios países e ten recibido varios premios, como o premio
Barco de Vapor (1981), o premio Lazarillo (1982) e o premio Ala Delta (1999).
No ano 2009, recibiu o premio Cervantes Chico de Literatura pola súa
traxectoria.
Tamén ten feito guións para a radio e a televisión polos
que recibiu o premio Margarita Xirgu.
Algúnhas das súas obras son:
Historias de Ninguno (1981).
Jesuso quiere ser gente (1982).
La linterna mágica (1985).
La tripa de Tino (1996).
El fantasma en calcetines (1999, 2002).
Carolina Díaz Fernández. 4º A
PILAR MATEOS MARTÍN
19
RETALLOS LIBROS
Debuxamos normas para
aprender a manexarnos na
biblioteca.
2º B
Poemas preferidos
en 2º B
Autores preferidos
en 2º B
Campanas de Bastabales
Rosalía de Castro
Penélope
Xosé María Díaz Castro
A pega Manuel María
20
RETALLOS ECOLOXÍA
NO PRIMEIRO CICLO somos das tres RRR: REDUCE , RECICLA E REUTILIZA.
Fixemos unha experiencia para reciclar o aceite vello. Agradecemoslle a Maite,
a nai de Roi Prados, por colaborar na tarefa.
Reutilizamos botellas para convertelas en macetas.
Plantamos árbores e flores. Grazas Nel por facilitarnos todo o material para
traballar as plantas.
2º B
21
RETALLOS ARTES PLÁSTICAS
CANCIONEIRO
Co motivo do Certame de Intercentros 2014, os nenos e nenas de Ed. Infantil
traballaron diferentes cancións do folclore galego, aproveitando así un ano mais
para mergullarnos na nosa cultura.
Os murais elaborados con este pretexto foron:
POLO RÍO ABAIXO VAI
Polo río abaixo vai unha troita de pé,
corre que te corre, quen a puidera coller,
quen a puidera coller, quen a puidera pillar.
Polo río abaixo vai unha troita de pé.
(3 ANOS A)
MIRA MARUXIÑA
Maruxa se vas á feira, Mira Maruxiña, mira, Mércame un porco rabelo, Mira, mira Maruxiña, Mira, mira, como veño. Que se mo mercas con rabo mira Maruxiña, mira non me colle no cortello.
(3 ANOS B)
22
RETALLOS ARTES PLÁSTICAS
COLLÍN TOXOS E FLORES
Collín, collín, collín
toxos e flores,
e pensamen, e pensamen
e pensamentos,
pala, pala,
palabras amorosas,
que leva o ven, que leva o ven,
que leva o vento.
Ai la, ai lalala, ai lalala, ai lalala,
ai la, ai lalala, ai lalala, ai lalala.
(4 ANOS A)
A CAROLINA
A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dálle ó rabo.
-Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu amor (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, si señor.
A Carolina é unha tola que todo o fai ó revés, vístese pola cabeza e díspese polos pés.
(4 ANOS B)
23
RETALLOS ARTES PLÁSTICAS
VEN BAILAR CARMIÑA
Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.
(5 ANOS A)
CATRO VELLOS MARIÑEIROS
Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS
Ailalelo ...
Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS
Ailalelo ...
(5 ANOS B)
24
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
Z
Hugo é alto e delgado, ten o pelo negro e curto. A súa roupa é unha camiseta azul e con raias brancas, o pantalón é largo e vaqueiro, os seus tenis son verdes e azuis. Os seus ollos son grandes e marróns.
Martina é alta e delgada. O pelo de Martina é castaño e longo. Os seus ollos son marróns. Ten zapatos verdes e grises.
Daniel é alto e delgado. O seu pelo é castaño e curto. Ten os ollos pequenos e marróns. Vai vestido cun chándal de moitos cores.
Anxo é baixo e delgado. O seu pelo é curto e negro. Os seus ollos son grandes e marróns. Leva chándal.
Sofía Couce é alta e delgada. O seu pelo é curto e castaño. Os seus ollos son pequenos e marróns. Vai vestida cun chándal azul.
Marcos é alto e delgado. O seu pelo é castaño. Os seus olllos son pequenos e marróns. Ten unha sudadeira laranxa e pantalón gris. Os zapatos son negros e vermellos.
Noa é alta e delgada. O seu pelo é castaño e largo. Os seus ollos son pequenos e marróns. Vai vestida cunha chaqueta de cor malva, o seu pantalón é de cor negro e ten unha raia no pantalón. Os seus zapatos son tenis.
Uxía é baixa e delgada. O seu pelo é castaño e longo. Os ollos son pequenos e marróns. Vai vestida co xersei con pantalón de chándal. Lleva tenis.
Mireia é baixa e delgada. Ten o pelo curto e castaño. Os seus ollos son marróns. Vai vestida cun chándal.
Cloe é alta e delgada. O seu pelo é longo. Os seus ollos son grandes e marróns. Vai vestida con sudadeira e chándal.
Carla Barreiro é delgada e alta. O seu pelo é rubio e largo. Os seus ollos son de cor marrón. Viste unha sudadeira rosa e ten un chándal rosa. Leva tenis brancos.
Borja é alto e delgado, ten o pelo castaño e curto. Vai vestido con tenis negros e pantalón negro, a chaqueta é verde, blanca e negra. Os seus ollos son grandes e marróns.
ASÍ NOS VEN OS NOSOS COMPAÑEIROS DE 1ºA…
Busca… quen é quen?
25
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
Paula é alta e delgada. Ten o pelo castaño e largo. Os seus ollos son marróns. Vai vestida cunha camiseta lila e os seus pantalóns son negros. Leva uns tenis blancos e rosas.
Carla Galdo é baixa e delgada. Ten o pelo castaño e curto. Os seus ollos son marróns. Vai vestida cunha camiseta e uns leggins marróns. Leva zapatos marróns.
Miguel ten o pelo castaño. É baixo e delgado. Ten a camiseta gris e o pantalón azul. Os seus zapatos son negros e verdes.
Julia é baixa e delgada. O seu pelo é castaño e curto. Viste sudadeira rosa e pantalón rosa. Os seus ollos son marróns. A súa boca é pequeña.
Sabela é alta e delgada. O seu pelo é castaño e longo. Ten os ollos marróns. Viste uns pantalón verdes e ten raias verdes.
Jesús é un pouquiño baixo e un pouco gordo. Ten o pelo amárelo. Os seus ollos son marróns e grandes. Vai vestido con xersei verde e pantalóns negros con raias azuis e laranxas.
Álvaro é alto e delgado. O seu pelo é moreno e curto. Vai vestido con pantalón amarelo longo, a súa chaqueta é de raias de moitos cores. Os seus zapatos son brancos e grises.
Alba é alta e delgada. O seu pelo é curto e castaño. Os seus ollos son marróns. Vai vestida cunha biseira blanca o seu pantalón é longo. Gorka é alto e delgado. Ten o pelo castaño e curto. Ten unha sudadeira laranxa, un chándal de cor negro. Ten uns tenis azuis. Os seus ollos son marróns.
Vera é alta e delgada. O seu pelo é rubio e largo. Os seus ollos son pequenos e marróns. Leva a camiseta gris e leggins negros. As súas zapatillas son blancos.
Adriana é alta e delgada. Ten o pelo castaño. Os ollos son marróns. Ten roupa de color gris.
Sofía Couto é baixa e delgada. O seu pelo é castaño e largo. Leva unha camisa rosa e un pantalón negro. Os ollos son marróns. Ten os tenis blancos.
Paulo é alto e delgado. Ten o pelo castaño e longo. Os seus ollos son negros. Vai vestido cun xersei verde e un pantalón gris.
26
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
27
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
28
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
Chove
Chove, Adán e Eva
se duchan espidiños na alameda.
Chove,
cae auga viva e ao caer morre.
Chove,
cae auga pura e ao tocar terra
faise lama e lixo.
Chove, o labrego ponse ledo e na cidade
os coches atáscanse e non saben andar
Nenos e nenas de 2º A
29
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
OS NENOS E NENAS DE 3º A: POETAS QUE DEBUXAN
Nati, Sara e Isma Adán, Ainhoa e Martín P.
Alberto, Alfonso e David N.
Martín F., Mireia e Alex B.
30
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
OS NENOS E NENAS DE 3º A: POETAS QUE DEBUXAN
3º A
Vero, Julieta e Chas Adrián B., Eva e Paula
Lucas, Joel, Martín L. Lara, Hugo e Adrián N.
31
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
OS NENOS E NENAS DE 3º B: POETAS QUE DEBUXAN
Mikel Sacristán
Víctor Rodríguez
Iris Teijido
Diego Sánchez
Ainhoa Sanmiguel
Lucía Rendal
Aarón, Sandra, Kevin
Óscar Sierra
Nekane Rodríguez
Lucía Tejada
32
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
OS NENOS E NENAS DE 3º B: POETAS QUE DEBUXAN
3ºB
Samuel Vilariño
Carla Vidal
César Yáñez
Marcos Rodríguez
Lorena Trillo
Claudia Muzurrieta
Hugo Teijido
Carmen Rodríguez
Javier Orcero
Hugo Teijido
Carmen Rodríguez
Javier Orcero
33
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
“Chega o verán” O fin de curso está a chegar, xa ven a hora de descansar.
Poñer sandalias, sacar as botas, chegou o sol e as boas notas.
Gozar na praia, xogar no parque, pasalo ben de parte a parte.
Un saudiño e deica setembro, tras del outubro e despois novembro.
Sara Rey Corral 4º C
34
RETALLOS ANIMALARIO
A BOLBOCHAVE
A bolbochave procede da familia das bolboretas.
Nace en Galicia e vive en Norteamérica e adoita reproducirse
nas costas galegas. Cando cumpre os tres meses de vida
abandona o niño.
A bolbochave é moi sociable co resto das especies, e entre elas,
adoitan vivir en mandas.
A bolbochave é una especie diúrna, é dicir, que adoita saír polo día. Camúflase
nas casas. Se a perdes podes quedar encerrado na túa casa.
MARTÉLOPE
O seu nome é o Martélope, aínda que o seu nome científico é
Martelopioucoumotus. Vén da familia dos antílopes.
Ten o corpo verde con raias azuis, os seus pezuños, o seu rabo e o fociño son
rosas. Habita na sabana central, no centro de
África.
É un animal mamífero. Aliméntase de cravos e
distintos metais e as súas crías aliméntanse de
pequenos parafusos.
O seu comportamento é moi preguiceiro. Ten un carácter dócil pero enfádase
facilmente. Como ten un carácter tan preguiceiro durme tanto polo día como
pola noite. Non se camufla, polo contrario, é moi vistoso. A súa hixiene consiste
en lavarse no río cada semana.
Cando o Martélope se oxida morre. Dura sesenta anos.
A CROCOSOIRA
O seu nome científico é Ansuletor, é da familia do crocodilo e da tesoira, adoita
vivir nos pantanos das xunglas e comer papel. Adoita
comportarse dunha maneira bastante agresiva. É
bastante amoroso coa súa muller.
Adoita camuflarse na herba humida e mellor que sexa alta. Límpase meténdose
na auga e sacudíndose.
É nocturno e diúrno, pero é máis diúrno. Reprodúcese de forma ovípara.
35
RETALLOS ANIMALARIO
A GAIFA
O nome científico é Gigaitepus. A súa familia vive na sabana. Ten o pescozo
longo e ao final del unha cabeza pequeniña.
Gústalle comer herba fresca.
Normalmente levan os seus fillos nas costas.
É moi boa pero cando se sente atacada pode
mancarte cos seus cornos.
É bastante limpa, aínda que se ensucia cando corre.
Camúflase coas polas das árbores.
PIRACATE
O seu nome científico é Piracatus, a súa familia é a dos priracuchos. É un peixe
carnívoro, o que máis lle gusta é comer parafusos a cotío. Métese nunha caixa
de ferramentas para emigrar.
O seu comportamento é bastante bo con
algúns peixes mariños, aínda que pareza
un animal feroz. Ten a costume de nadar
moito, está máis activo de día que pola
noite. Camúflase nos corais. A súa hixiene
é moi mala no mar. Van cara á beira dos ríos e alí reprodúcense.
O SACAMAR
O Sacamar é un animal vertebrado cunha longa columna
vertebral de metal.
A súa dieta é de pequenos corchos e algúns peixes. Ten
unhas fortes ventosas para subir polos cruceiros e roubar
todo o tinto, que o absorbe polo seu gran nariz e despois
expulsa pola súa ventosa inferior.
Ten unha lonxitude duns 7 metros, os seus tentáculos
adoitan medir 2 metros. Reprodúcense nas rochas do fondo
do mar e poñen uns 13 ovos. A súa idade chega aos 131
anos.
36
RETALLOS ANIMALARIO
Aspirafante.
O Aspirafante é un animal que come de
todo, está gordiño, vive en casas e é
tranquilo ... , se non o enfadas!
Reprodúcese mediante ovos. Os
Aspirafantes son machos e femias e son bastante amistosos.
Cando escoitan a outros Aspirafantes, búscanse entre eles para xogar.
CAMATÓN
É un mamífero que come as súas crías e tamén algas. As súas crías son
unhas 500, pero come a metade. De cor pistacho, vive no mar, pero sae do
mar para ir ao baño e tamén para reproducirse.
Vive no Océano Atlántico, no fondo do mar,
escondido dos demais peixes. Come a metade das
súas crías, algas e os seus depredadores.
Aínda que é pequeno ten moito carácter.
Reprodúcese ao aire libre cando sae do mar, unha
vez ao mes e ten sobre unhas 500 crías.
Cando o atacan dispara o flash e mata aos seus
inimigos.
CARPINTILLO
Da familia das aves ven o Carpintillo. Mide metro e medio. É nocturno e vive en
cidades ou vilas. Aliméntase de cemento
ou pedra. O seu pico é de ferro para
poder alimentarse ben. Cando come fai
un ruído moi característico. A súa
plumaxe é marrón e amárela.
Esta fantástica ave pode chegar a ter
entre 7 e 10 anos. Reprodúcense
mediante ovos de ferro. É das poucas
aves que nada mais nacer xa saben voar.
37
RETALLOS ANIMALARIO
O LAGARTUÑAS
O lagartuñas é da familia dos lagartos, vive nas
rochas das praias e vai comer as uñas dos pés,
sobre todo as uñas longas. Reprodúcese cando
ve uñas en mal estado. Ten dous corpos. O
lagartuñas é diúrno e camúflase nas rochas.
COLARETA
Vive no norte de África, aínda que no verán migra a países
máis fríos. O seu estampado é de puntiños de cores.
Gústalle facer zume de flores deixando só o po máis fino.
Pódese meter debaixo da auga, aínda que prefire voar.
É moi doce, porque tan só vive dous anos e hai moitas
flores, así que é moi feliz.
O TUCAMPAL
O Tucampal vive na selva amazónica alimentado de froitas tropicais. Cando as
atopa, coas súas patas cava un burato e planta o froito
para que medre e a árbore produza máis froitas. Como a
árbore tarda en nacer, en vez de hibernar durme todo o
tempo que a árbore tarda en nacer.
Reprodúcese por ovos. Tarda en voar un mes e cando
aprende a voar case non pasa das árbores. Emigra a
praias cando as froitas se acaban.
O CASCACOL
Casquilus é o seu nome científico e procede da familia dos caracois.
É de cor marrón claro, o seu casco é de cor amarela e os seus ollos son de cor
verde.
O cascacol vive en Porto Rico.
Aliméntase de flores e plantas.
Reprodúcese con casquiños pequenos sen cores. Ten
moi bo carácter. Ten a costume de facer un baile de apareamento.
Aliméntase pola noite, camúflase moi ben e cepilla sempre os dentes.
Alumnas e alumnos de 5º
38
RETALLOS ANIMALARIO
MARQUINTEIRO
O Marquinteiro ou “Martillus Troncairus” é un ave traballadora que pasa as 24
horas do día traballando. Habita só no monte Everest,
na parte máis alta.
É un paxaro moi peculiar xa que come cravos, e coa súa
crista traseira saca puntas das táboas de madeira para
logo comelas. As súas cores principais son: o amarelo,
laranxa, vermello, negro, azul, verde e morado.
Reprodúcese mediante ovos multicolores. (Os ovos
adoitan ser das cores principais deste paxaro). Pon
sobre 200 ovos ao ano. Nos meses de verán emigra a
terras de Galicia onde atopa múltiples variedades de troncos.
Ostufa
O Ostufa é un mamífero que adoita vivir nas casas que
están no bosque. É cazador e cando vai frío quenta e cando
hai tormenta non quere estar na casa porque ten medo a
electrocutarse
É bo e ten paciencia, compórtase ben cos animais e cos
humanos. Cando se enfada empeza a soltar chispas. Adoita
durmir dúas horas diarias e hiberna no verán. Non se lava
nunca xa que ten orixe de estufa. Reprodúcese cando se apaga a estufa.
PELICANOFÓN
Este animal é moi raro chamase Pelicanofon e o seu nome científico é
“Pelicanux Saxofonix”.
A familia da que provén é a das aves: é unha ave
terrestre con unha forma de saxofón.
O seu hábitat é o conservatorio e a súa comida
preferida son as notas musicais.
Ten un carácter agresivo sobre todo cos profesores e
profesoras de música. Ten unha hixiene sucia e camúflase moi lento.
39
RETALLOS ANIMALARIO
XIRANETE
NOME CIENTIFICO: Xiranete-Lucustucú.
FAMILIA: Mamíferos, e viven en grupos
de sete.
DESCRIPCION:
Teñen o pescozo longo e teñen sete
vértebras, teñen catro patas e cabeza
de xirafa.
Comen ensalada de pasta e verduras.
Viven en África, e poden ter
catrocentos noventa e catro fillos.
Dormen boca abaixo unha hora e saben facer o pino (ainda que non lles gusta
facelo) e se se camuflan ,morren.
MARQUINTEIRO
O Marquinteiro ou “Martillus Troncairus” é unha ave traballadora que pasa as
24 horas do día traballando.
Habita só no monte Everest, na parte máis
alta.
É un paxaro moi peculiar xa que come cravos,
e coa súa crista traseira saca puntas das
táboas de madeira para logo comelas. As súas
cores principais son: o amarelo, laranxa,
vermello, negro, azul, verde e morado.
Reprodúcese mediante ovos multicolores. (Os
ovos adoitan ser das cores principais deste
paxaro). Pon sobre 200 ovos ao ano. Nos
meses de verán emigra a terras de Galicia onde atopa múltiples variedades de
troncos.
Alumnas e alumnos de 6º
40
RETALLOS IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
A ENFERMEIRA NOCTURNA Luísa acababa de dar a luz, era a súa primeira noite no hospital. O neno,
chamado Mario, era san e forte.
A iso das 10 da noite, despois de chorar durante todo o día, por fin adormeceu.
A enfermeira de garda aquela noite foi ver a Luísa e díxolle: “Agora descanse
porque mañá será peor”. Apagou a luz e foise.
Pouco tempo despois Luísa adormeceu. Espertou moi asustada a media noite.
Había un ruído detrás da porta. O ruído era como se alguén camiñara e abafara
coma un can polo corredor. Luísa aterrorizada colleu o teléfono e chamou a
enfermeira.
–Si? –Respondeu a enfermeira.
–Ola, son Luísa, da habitación 130. Hai un ruído no pasillo que non me deixa
durmir.
–Un ruído? Un ruído como que?
–Parece que alguén camiña polo corredor e respira de forma rara.
–Luísa, non saia da habitación e colla o neno e abráceo con todas as súas
forzas!
– É unha broma, non?
–Non é unha broma. Hai algo perigoso aí fora. Pensamos que non volvería,
pero equivocámonos.
–Algo perigoso? Entón chame a policía e que veñan axudarnos.
–Non podemos. Nosoutros tamén corremos perigo.
A porta de Luísa comezou a sacudirse. Alguén cunha forza inmensa golpeaba
sen parar. O neno espertou e comezou a chorar. Luísa sen dubidalo colleu o
bebé en brazos e de súpeto a porta abriuse dun golpazo. Unha muller vestida
de enfermeira entrou arrastrándose coma unha serpe. O seu uniforme estaba
todo manchado de vermello e o sangue goteaba. Tiña o corpo dobrado e
camiñaba apoiada nos seus brazos porque non tiña pernas. De súpeto comezou
a trepar polo berce do neno. Tiña os ollos cegos e a lingua bífida. Luísa co neno
nos brazos saltou por riba de aquela cousa. Saíu correndo da habitación, mirou
cara atrás e aquela cousa ia detrás dela arrastrándose polo corredor.
41
RETALLOS IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
Luísa chegou ao final do corredor e comezou a baixar as escaleiras. Logrou saír
do hospital e púxose a camiñar ata atopar unha parada de autobús onde se
sentou.
Cando levaba un anaco soou o móbil.
–Luísa, onde estás? –Era a enfermeira moi preocupada.
–Fuxín do hospital, non quero volver. Que é esa cousa?
–Non o sabemos, o hospital é moi antigo. Pensábamos que era unha lenda,
pero hai uns dez anos vímola por primeira vez. Aquela noite morreron cinco
pequenos.
–Non quero volver. –Dicía Luísa.
–Escoita, Luísa, isto é importante. Debes coidar o teu neno día e noite, porque
en canto te descoides ese demo regresará e levará o neno. Cando elixe un neno
non descansa ata que o colle e lle chupa todo o sangue. Tes alguén que che
axude a coidalo?
–Non, estou soa. Coidareino eu mesma e non durmirei nin de día nin de noite.
Luísa colgou o teléfono e mirou o seu neno e díxolle:
–Non durmirei nunca, Mario, protexereite sempre.
Luísa xamais volveu a durmir. Durante moitos anos estivo día e noite coidando
do seu fillo. Cando o neno se fixo maior ese demo deixouno en paz, e por fin
Luísa puido durmir.
1º Premio: A enfermeira nocturna. Autor: Borja López González de 4º B.
42
RETALLOS IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
A NOITE DE SAMAÍN Érase unha vez hai moito tempo uns nenos chamados Xoán, Carlos, Noelia e
Nuria que quixeron celebrar a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro que
todos chamamos Samaín.
Xoán ía disfrazado de pantasma, Carlos de cabaza, Noelia de bruxa e Nuria de
morcego.
Ían polas casas dicindo “truco ou trato” mentres que nas mans levaban unhas
bolsas para que lles deran golosinas ou caramelos. Ata que... chegaron a unha
casa e petaron na porta e a porta abriuse. Entón dixo Carlos:
–Hai alguén? –Con voz de medo.
Non respondeu ninguén. Entón os nenos decidiron pasar, chegaron a unha
longa mesa chea de comida onde había unha nota:
“O QUE SE ATREVA A PASAR VAI TER MALA SORTE PARA TODA A VIDA, SE NON
QUEREDES QUE SUCEDA TEDES QUE TRAERME 500 CARAMELOS ENTRE TODOS,
PERO NON VALE COMPRALOS”.
Sentiron un ruído que viña de riba. Foron a mirar e... había un CD cunha
canción de Samaín. Noelia deu un paso e, boom! esfondouse toda a casa.
Cando se deron de conta estaban nun túnel que os levou ata un río cercano da
cidade.
Conseguiron saír, pero os caramelos levounos a corrente. Entón di Nuria:
–Hai que coller outra bolsa e comprar caramelos.
–Non, non se poden comprar. Vímolo na casa onde estaba a nota. –Dixo Carlos.
–É verdade. –Dixo Nuria.
–Entón que facemos agora? –dixo Noelia.
–Hai que conseguir unha bolsa, conseguir os 500 caramelos para mañá.
–Dixo Carlos.
Os nenos foron buscando e buscando pola cidade, pero nada, non atoparon nin
unha bolsa. Ata que sentiron un señor que dixo:
43
RETALLOS IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
–Vendo bolsas de gominolas.
Isto deulle unha idea a Noelia:
–Nenos, podemos comprar unha bolsa de chuches, comelas e despois
quedarnos coa bolsa.
–É unha boa idea, –dixo Xoán.
Foron outra vez pedindo polas casas ata que os chamaron as súas nais para que
se foran para a casa.
Aínda lles faltaban 23 caramelos e decidiron volver mañá antes de que foran as
12 da noite.
E así foi. Ás nove da noite conseguiron xuntar máis caramelos. Entón sona o
reloxio da cidade dando as 12.00 da noite e só lles faltaba 1 caramelo. Mentres
que ían andando, Nuria encontrou o último caramelo tirado no chan.
Os rapaces foron correndo á casa, cando petaron á porta abriulles un señor que
lles dixo:
–Ola, que tal rapaces? Que queredes?
Carlos díxolle: –Nada, só víñamos traer os caramelos que nos dixo a pantasma.
–Que pantasma? Ahhhhhhh! Referídesvos aos 500 caramelos?
–Si, –respondeu Noelia.
–Tan só era unha broma, sempre o facemos. Por iso ninguén quere entrar aquí.
–Entón non temos mala sorte? –Preguntou Xoán.
–Non, e os caramelos volos podedes quedar.
–Grazas. –Responderon os nenos.
–De nada, ata logo.
Os nenos marcharon contentos para a súa casa.
Accésit: A noite de Samaín. Autor: Icía Becerra González de 4º A.
44
RETALLOS IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
O NÚMERO 54
Vivo nunha rúa moi longa chea de edificios novos, altos e baixos, algúns de cores e outros de pedra. Todos son edificios modernos agás unha casa que hai xusto enfronte da miña, unha casa vella e derruída, feita anacos despois de que un incendio acabara con ela hai xa moitos anos, O número 54. Segundo me contou a miña nai, unha familia enteira morreu nese incendio, un matrimonio cunha filia duns seis anos. Miña nai di que aínda recorda ver a súa foto no xornal daquela época, aquela nena agarrando a súa boneca de ollos fixos abertos como pratos. Xa é hora de deitarse, hoxe estou canso e non me atopo moi ben, dóeme algo a cabeza así que será mellor que me meta xa na cama. Cando xa me estou quedando durmido noto un ruído na fiestra do meu cuarto, parece coma se algo rabuñara nos cristais. Levántome da cama e vou ata a ventá para ir levantando a persiana lentamente e sen facer moito ruído para non espertar aos demais. Alí diante de min aparece a casa 54, tan escura e tenebrosa coma sempre. A rúa está baleira e non sei que podía ser o que rabuñaba no cristal pero algo chama a miña atención. Paréceme ver unha pequena luz na fiestra que hai sobre o tellado da casa, unha luz que se move dun lado para outro do cuarto, unha luz que ilumina a cara dunha nena detrás do cristal. Poño as mans contra o cristal para fixarme ben no que estou vendo, non é unha nena...é unha pantasma! Un espectro que suxeita unha boneca queimada, desfigurada, sen ollos, case sen cara... A pantasma levanta a boneca ata min alargando os seus brazos que chegan ata a miña fiestra, a boneca, como un ser endiañado, intenta romper o cristal, quere collerme, abre a súa terrorífica boca ensinándome os seus afiados cairos e encollendo o meu corazón asustado.
Empezo a camiñar cara atrás afastándome da fiestra, non podo berrar, a voz non me responde, me deixo caer na cama mentres ollo caer os cristais e como ese demo se tira sobre min mordéndome no pescozo, cravándome as súas afiadas garras na carne.
45
RETALLOS IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
Abro a boca para berrar... QUERO BERRAR!!..QUERO BERRAR! !...SOCORRRRR00000I ! !...SOCORRRRR00000! ! !...AXUDAAAA!! Braceo e patexo tirado na cama a berros cando a miña nai entra no meu cuarto intentando tranquilizarme, me suxeita polos ombros e me di: -Esperta fillo, só é un pesadelo! Esperta!
Abrazo a miña nai tremendo, suando e chorando, sinalo a fiestra e a miña nai di que me tranquilice, que alí non hai nada, pero algo chama a súa atención... O cristal está estalado e manchado con algo negro coma o carbón!!
1º Premio: O número 54. Autor: Alejandro Rodríguez Fernández de 5º B
46
RETALLOS IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
TERROR DOS VULTOS BRANCOS Isto foi unha historia real que sucedeu en Lugo. Viñeran dúas familias a visitar a casa dos seus avós. A casa, era unha desas casas de aldea co seu gando fora, neste caso tiñan vacas, porcos e galiñas. O motivo polo que viñan, era unha comida na casa da súa tía. Unha desas familias tiña un neno pequeno de mais ou menos seis meses, o neno aínda non podía mastigar, entón para que non Ile fixeran a comida especial alí, na casa da súa tia quedou na casa coa súa nai. Cando todos se foron para casa da súa tia a nai do bebé díxolles que deixaran a luz apagada para non espertar o seu fillo. A nai cando acabou de durmir o seu fillo asomouse pala ventá. E viu que uns vultos brancos se movían, a nai non Ile deu importancia porque pensou que seria que estaba cansada, entón preparouse un café para ver se así despexábase un pouco, volveu mirar pola ventá e viu outra vez eses vultos brancos, empezou a asustarse un pouco e pensou: -Pero que serán eses vultos? -Acendo a luz, para ver que é o que pasa? –Non, que se non esperto a meu fillo, e podo meterme máis medo do que teño. A nai intentou pensar noutra cousa, pero era imposible non deixar de pensar niso. Morta de medo a nai acendeu a luz, porque quería ver que era iso, antes de que puidera chegar á ventá o neno espertou e a nai tivo que ir a durmilo de novo, cando chegou á ventá só viu vacas, e cando apagou a luz viu uns vultos que se acercaban a ela cada vez máis; a nai aterrorizada foi cara a habitación para chamar co teléfono móbil ao seu marido, pero deixaran o móbil na casa, de repente timbraron na porta, e como tiñan chaves o seu marido e o cuñado, entraron na casa para ver como estaba a nai do bebé, e viron que estaba aterrorizada, e preguntáronlle por que; a nai contestoulles que había uns vultos brancos que se movían, pero non a creron. A nai insistiu en que miraran pola ventá e non viron nada, só vacas movéndose. Entón decatáronse de que era de noite e como as vacas son brancas e negras só vía o branco porque era de noite e as manchas ao ser negras e a noite tamén non se notaban. A nai deuse de conta que o medo pode facemos imaxinar moitas causas aínda que sexa imposibles que existan. Accésit: Terror dos vultos brancos. Autora: Ana Becerra López de 5º A.
47
BUSCA SETE ANIMAIS B C D F R T E Y E S A R Z C N
K C S F F F L J J J S J Q O J
G A D S D K E D D D R F W E U
H N G U G J F L J F F A C L R
K M H A A V A F L H H S T L O
D L G K K F N G L A K D H O P
D K F E F H T L A F R H F G Y
F Q K D K K E A L T Y A X Ñ T
G H S N S J S J Y D O C D P R
F S S D F K K A T V D C G K E
J I X L G S F J G B T A O M W
K S D J C S E R P E R C G X Q
L U N A S U S A K H R A O Z U
E A D E H K V C G S S C S W Z
R G F P A X A R O F D A C T V
Por se non os atopases, son: can, serpe, gato, coello,
elefante, rato e paxaro.
CHEMÍN: debes escribir todos os números do 1 ao 36 nun
camiño que non se corte a sí mesmo, sen deixar ningunha
casa baleira.
21 20 29
32 3 36 1
14
RETALLOS PASATEMPOS
BUSCA AS DIFERENZAS
Alumnas e alumnos de 6º
ADIVIÑAS
Dígame quen di ,
xa lle pregunten ou non,
coa cabeza que si
e coa cola que non.
Alto ou baixo
deitado ou de pé
sempre está calado
e non hai quen diga
mellor ca el.
48
RETALLOS CHISTES
Alumnas e alumnos de 6º
-Doutor, se toco no brazo, dóeme; se toco na perna,dóeme; se toco na cabeza, dóeme…
Que podo ter?
-Pois vostede ten … O dedo roto!
-Xaimito, dime o presente do verbo nadar. -(Xaimito berrando) EU NADO, TI NADAS, EL NADA… -(A profe) Máis baixo, Xaimito. -Eu mergúllome, ti mergúllaste, el mergúllase…
-Xoel, dime unha palabra que
empece por m.
- Tixola.
-Onde leva tixola o m?
-No mango.
-Papá , quero casar coa avoa.
-Que dis fillo, vaia tolemia.
-Pois ti casaches coa miña nai.
Pasa un matrimonio ao lado dunha granxa de
porcos e di a muller:
-Parentes teus?
-Si, os meus sogros.
Van un español e un inglés. Cae o
inglés e berra: help, help.
Ao que o español, resposta: “gel”
non, pero teño xampú...
Cepillo de dentes: “ Ás veces penso que teño
o peor traballo do mundo”.
Papel hixiénico: “ Pois anda que eu…”
Cal é o colmo dun astronauta?
Queixarse de que non ten espazo.
Cal é o colmo dunha avella? Irse
de lúa de mel.
Cal é o colmo dun cabalo? Que
teña silla de montar e non poida
sentar.
Cal é o colmo dun xardineiro ? Que
o deixen plantado.
Era un carteiro tan lento, tan lento, que cando
repartía as cartas, eran documentos históricos.
Por que parece que todas as cebras están en
venda? Porque teñen código de barras.
Que din dúas nenas ao ver pasar a Einstein?
Que físico!!!!!
Se unha améndoa se molla, segue sendo un
froito seco?
Que lle di un xardineiro a outro ? Falemos
mentres “podamos”.
Se unha muller da a luz na rúa, é alumeado
público?
Por que aos gatos non lles gusta o “reguetón”?
Porque … perrea, perrea !!!!!
Que lle di unha uva verde a unha
morada ? Respira, muller, respira.
Que lle di un espaguete a outro? O
meu corpo pide saaalsaaa!!!!
Que é o que máis fai un peixe?
Nada.
49
RETALLOS SOCIEDADE
Como todos os anos, aproveitamos o número anual da revista
do cole, a nosa RETALLOS, para despedirnos dos alumnos e alumnas de 6º e desexarlles todo o mellor. Que vos vaia ben, rapaces/as!
Ademais, e como recoñecemento especial, ilustramos a cuberta da revista coas fotos dos dous grupos de sexto.
Rapaces/as, moita sorte no instituto e, sobre todo, na vida!
Tamén despedimos a varias mestras: Chus, Vanesa, Susana e Raquel, que, despois de pasar este curso connosco, marchan, por suposto que de mala gana, a outro colexio. Se podedes volver para A Solaina, xa sabedes que sodes benvidas.
50
RETALLOS SINATURAS
Nesta páxina podes gardar as sinaturas dos teus amigos e amigas.
51
52
XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA”
Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística
Equipo de actividades extraescolares
Nº 7-2014
6º B