Rita lev i montalcini mensaxe con 100 anos

Post on 13-Apr-2017

249 views 3 download

Transcript of Rita lev i montalcini mensaxe con 100 anos

Dra. Rita Levi-Montalcini

Presidenta Honorífica da Asociación Italiana de Esclerose Múltiple

A italiana neuroloxista Dra. Rita Levi-Montalcini, quecompletou 100 anos no día 22 de abril de 2009,

recebiu o Premio Nobel de Medicina hai 23 anos, cando tiña 77.

Naceu em Turín, Italia, en 1909 e obtivo o título de Medicina na especialidade de Neurocirurxía.

Por causa da súa ascendencia xudía viuse obrigada a deixar Italia un pouco antes do comezo da II Guerra

Mundial. Emigrou para os Estados Unidos onde traballou no Laboratorio Víctor Hambueger do Instituto

de Zooloxía da Universidade de Washington de San Louis.

En 1951 foi a Brasil, para realizar experiencias de cultivos in vitro no Instituto de Biofísica da Universidade de Río de Xaneiro, onde, en decembro do mesmo ano, a

investigadora consegue identificar o fator de crecemento das células nerviosas (Nerve Growth

Factor, coñecido como NGF). Esta descuberta valeulle, en 1986, o Premio Nobel de Medicina, xunto com

Stanley Cohen.

Entrevista no día 22/12/2005

- Como vai celebrar seus 100 anos?- Ah, non sei se viverei ata daquela, e, ademais diso,

non gusto de celebracións. No que eu estou interesada e gusto é do que fago cada día!

- E que é o que vostede fai?- Traballo para dar unha bolsa de estudos para

as rapazas africanas, para que estuden e prosperen ... elas e os seus países. E continúo

investigando, continúo pensando.

- Non se vai xubilar?- Xamais! Xubilarse é destruír o cerebro!

Moita xente xubílase e abandónase...E isomata seu cerebro. E enferma.

- E como está o seu cerebro?- Igual que cando tiña 20 anos! Non noto diferenza en

ilusións ninen capacidade. Mañá voo para un congreso médico.

- Mais terá algún límite xenético?- Non. O meu cerebro vai ter un século... pero non

coñece a senilidade... O corpo engúrrase, non o podo evitar, mais non o cerebro!

- Como fai iso vostede?- Posuímos gran plasticidade neural: aínda cando

morren neuronas, as que quedan reorganízanse para manter as mesmas funcións, pero para iso é

conveniente estimulalas!

- Axúdeme a facelo.- Manteña o seu cerebro con ilusións, activo, faga con que

 el traballe e así nunca se dexenerará.

- E viverei máis anos?- Vivirá mellor os anos que vive, é iso o interesante.

A chave é: manter curiosidades, empeño, ter paixóns....mire...non me refiro a paixóns físicas especificamente...simplemente teña paixóns.

-A súa foi a investigación científica...- Si, e segue sendo.

- Descubriu como crecen e se renovan as células do sistema nervioso...

- Si, en 1942: dei o nome de Nerve Growth Factor (NGF, factor do crecemento nervioso), e durante case medio

século houbo dúbidas, ata que foi recoñecida a súa validez en 1986, e me deron o premio por iso.

- Como foi que unha rapaza italiana dos anos vinte se converteu en neurocientífica?

- Desde mena tiven o empeño de estudar. Meu pai queríame casar ben, que fose unha boa esposa, boa nai... E

eu non quixen. Fun firme e confesei que quería estudar.

- Seu pai ficou magoado?- Si, mais eu non tiven unha infancia feliz: sentíame fea, tonta e pouca cousa... Meus irmáns maiores eran moi

brillantes e eu sentíame tan inferior...

- Vexo que iso foi un estímulo...- O meu estímulo foi tamén o exemplo do médico Albert

Schweitzer, que estaba en África para axudar os leprosos. Desexaba axudar aos que sofren, iso era o

meu gran soño!

- E vostede ten feito... coa súa ciencia.- Hoxe, axudando as mociñas de África para que

estuden. Loitamos contra a enfermidade, a opresión da muller nos países islámicos por exemplo, ademais

doutras cousas...

- A relixión frea o desenvolvemento cognitivo?- A relixión marxina moitas veces a muller perante o home, afastándoa do desenvolvemento cognitivo, mais algunhas

relixións están intentando corrixir esa posición.

- Existen diferenzas entre os cerebros do home e da muller?

- Só nas funcións cerebrais relacionadas coas emocións, vinculadas ao sistema endócrino. Mais canto ás funcións

cognitivas, non ten diferenza ningunha.

- Por que aínda existen poucas científicas?- Non é así! Moitos descubrimentos científicos atribuídos a homes, realmente foron feitos polas súas irmás, esposas e

fillas.

- É verdade?- A intelixencia feminina non era admitida e era deixada

na sombra. Hoxe, felizmente, hai máis mulleres que homens na investigación cientifica: as herdeiras de

Hipatia!

- A sabia alexandrina do século IV...- Xa non imos acabar asasinadas nas rúas polos monxes

cristiáns misóxinos, como foi ela. Claro, o mundo ten mellorado algo...

- Ninguén ten intentado asasinala a vostede...- Durante o fascismo, Mussolini quixo imitar o Hítler na

persecución dos xudeus... e tiven que me ocultar por un tempo. Mais non deixei de investigar: tiña o meu

laboratorio no meu cuarto... E descubrín a apoptose, que é a morte programada das células!

- Por que hai unha alta porcentaxe de xudeus entre científicos e intelectuais?

- A exclusión estimula entre os xudeus os traballos intelectivos e intelectuais: poden prohibir todo, pero non que pensen! E é verdade que hai moitos xudeus entre os

premios Nobel...

- Como explica vostede a loucura nazi?- Hítler e Mussolini souberon como falar ao pobo, onde sempre prevalece o cerebro emocional por enriba do

neocortical, o intelectual. Conduciron as emocións, non as razóns!

- Isto está acontecendo agora?- Porque vostede acha que en moitas escolas nos Estados Unidos é ensinado o creacionismo e non o

evolucionismo?

- A ideoloxia é emoción, é sen razón?- A razón é filla da imperfección. Nos invertebrados todo está

programado: son perfectos. Nós non. E, ao sermos imperfectos,recorremos á razón, aos valores éticos: discernir entre oben e o mal é o mais alto grao da evolución darwiniana!

- Vostede nunca casou ou tivo fillos?- Non. Entrei no campo do sistema nervioso e fiquei tan fascinada pola súa beleza que decidín dedicarlle todo o

meu tempo, a miña vida!

- Lograremos un día curar o Alzheimer, o Parkinson, a demencia senil?

- Curar... O que imos lograr será frear, atrasar, minimizar todas esas enfermidades.

- Cal é hoxe o seu gran soño?- Que un día logremos utilizar ao máximo a capacidade

cognitiva dos nosos cerebros.

- Cando deixou de sentirse fea?- Aínda estou consciente das miñas limitacións!

- Cal foi o mellor da súa vida?-Axudar os demais.

- Que faría vostede hoxe se tivese 20 anos?- O que estou fazendo!!!

Entrevista: recibida por e-mailImaxes: InternetMúsica: Rosy - MeditandoFormato: Regisreginaldorepres@yahoo.com.br

A Dra. Rita Levi-Montalcinié, desde 2001, Senadora

Vitalicia da RepúblicaItaliana, nomeadadirectamente polo

Presidente Carlo AzeglioCiampi.

Aínda segue viva.

Rever aEntrevista