Post on 20-Jul-2015
escoito piar un paporrubio.
atraveso veigas.
oio tocar unha gaita.
choro de contenta.
sinto dor polas inxustizas.
marchei de onde nacín.
defender ás labregas.
cantar na beira da fonte.
ollar as noites de luar.
Rosalía de Castro, nada en
Santiago de Compostela o 24 de febreiro
de 1837 e finada en Padrón no ano 1885, é
unha das máis importantes escritoras en
lingua galega, así como tamén unha das
principais responsables do Rexurdimento
galego. Nos seus primeiros anos Rosalía tivo
unha infancia leda nas vilas rurais de
Ortoño e Padrón, onde viviu por tempadas
entre os nove e quince anos. En 1856
trasladouse a Madrid, onde residiu cunha
curmá. Comezou a publicar e, en 1858
casou con Manuel Murguía, investigador,
cronista e xornalista.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas
celébrase por ser a data de edición da súa
obra Cantares Gallegos.
Rosalía de Castro escribiu tanto en
prosa coma en verso, empregando o galego
e o castelán. A súa obra estivo profun-
damente marcada polas circunstancias que
rodearon a súa vida: a súa orixe, os
problemas económicos, a perda dos seus
fillos e a súa fráxil saúde. En 1863 foi
publicado en Vigo o seu primeiro grande
libro, Cantares Gallegos, que constitúe o
primeiro libro escrito en galego nunha
época na que a lingua galega estaba extinta
coma lingua escrita. En 1880 a escritora
publicou unha escolma de poemas á que
chamaría Follas Novas. En castelán
publicaría La flor (1857), A mi madre
(1863) e En las orillas del Sar (1884) e a
novela El caballero de las botas azules
(1867).
O CEIP Cespón e CEP Pilar Maestú Sierra súmanse con esta actividade á proposta
da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que leva por
título "Eu son Rosalía". Trátase de escribir e/ou gravar vídeos, onde se comece pola
frase “Eu son Rosalía porque/cando/para...”
Eu son Rosalía...
Poemas Rosalía de Castro