Roteiro Pico Vello 15 Xullo

Post on 09-Jul-2015

680 views 6 download

description

Roteiro Pico Vello 15 Xullo

Transcript of Roteiro Pico Vello 15 Xullo

O domingo 15 de xullo unha decena de organizacións ambientalistas e cidadás convocan un roteiro

reivindicativo pola zona de Pico Vello (As Pontes) para protestar pola pretendida instalación alí dunha mina de

andalucita por parte da empresa Picobello S.L. (cuxo nome é unha adulteración absurda do topónimo).

O permiso para dita explotación suporía a destrución duns inmensos valores ecolóxicos, paisaxísticos e

etnográficos (fragas, regos, brañas, muíños, acueductos, rueiros, regadíos, etc), dos que aquí presentamos unha

pequena mostra.

A través desta presentación fotográfica queremos transmitir a toda a cidadanía a importancia de conservar este enclave situado a poucos metros do Parque Natural das Fragas do Eume, e que dende logo merece gozar da

mesma protección.

Agardamos que, máis aló do mero disfrute das imaxes, este traballo te anime a participar no roteiro e a colaborar

na protección da fraga de Pico Vello.

ORGANIZAN:

ADEGACLUB DE MONTAÑA FERROL

CONCELLO DE A CAPELAFEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA

FUSQUENLLAGUERRILLEIROS DAS FRAGAS

LAPIS VERDEPLATAFORMA ÁRTABRA 21

SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURALVERDEGAIA