Post on 13-Apr-2017
Redondela no verán
Gloria Táboas Martinez 20/06/2011
Presentación para o curso de Presentacións en Powerpoint
Xeografía
• Pertencente á mancomunidade de Vigo, este concello pontevedrés localízase no suroeste da provincia, na
parte máis interior da ría de Vigo. As súas catorce parroquias acollen a 30.027 habitantes nunha extensión
de 51,9 quilómetros cadrados. O seu lindeiro polo oeste é o océano Atlántico; polo sur o municipio de Vigo;
ao leste os de Mos e Pazos de Borbén e polo norte os municipios de Soutomaior e Pazos de Borbén.
• En canto ao relevo cómpre diferenciar varias partes. Por unha banda, os cumios máis altos roldan os 500
metros e están na franxa suroeste do concello, e pola outra, na liña costeira mestúranse as superficies
areosas coas que presentan un aspecto máis rochoso.
• A rede fluvial do concello está formada por varios regueiros (Fondón, Cabeiro,..) e por un par de canles de
maior importancia: o Maceiras e o Alvedosa, que envorcan as súas augas directamente no mar.
• A súa proximidade ao mar fai que as temperaturas sexan moi suaves e se encadren entre os 10 e os 20
graos. Ademais, este factor, xunto co relevo, fai que as choivas que se recollen sexan abundantes e
repartidas ao longo de todo o ano. As borrascas do Atlántico e os ventos húmidos do suroeste entran nestas
terras sen ningún tipo de obstáculo.
As Festas do veránXUÑO XULLO AGOSTO SETEMBRO
CESANTES O CARME
CHAPELA O MEXILLÓN
O VISO OS FACHOS LÚA MEIGA AS DORES
REBOREDA SANTA MARÍA
REDONDELA O CORPUS NOITES MÁXICAS
ARTISTAS NA RÚA
NOITES MÁXICAS
ENTROIDO
FESTAS DE REDONDELA
1. Festas do Corpus (Festa da Coca): Con motivo da celebración do día do Corpus, realízanse en Redondela unhas festas populares de gran tradición. Conta a lenda que todo os anos un dragón (a "Coca") chegaba a Redondela para capturar virxes que despois devoraba. Os mozos mariñeiros de Redondela uniron as súas forzas para loitar coas súas espadas contra a Coca, á que venceron. Para relembrar esta lenda, todo os anos, o día do Corpus, no desfile do Corpus Christi sácase tamén á rúa a figura da Coca, e realízase a Danza das Espadas que celebra o triunfo dos mozos redondeláns, e o Baile das Penlas no que as nenas da localidade representan as virxes da vila. Esta tradición converteuse nunha festa que dura varios días nos que hai un amplo programa de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas.
2. Noites Máxicas de Verán: As actuacións programadas para o verán englóbanse baixo este nome, e realízanse durante os meses de xullo e agosto. Nelas inclúense concertos, ballet, teatro e cinema.
3. Festival Internacional de Artistas na Rúa: Un festival dirixido a nen@s e maiores onde a fantasía e os malabarismos teñen un papel fundamental; nel poderemos atopar acróbatas, showmans, performances, artistas de circo e até algún fakir.
4. Entroido de verán: Divertido entroido que se fai a penúltima fin de semana deste mes, onde hai un concurso de disfraces e comparsas. Faise na Praza da Constitución, onde os participantes teñen bebida de balde só por iren disfrazados. Ademais hai verbena e fogos artificiais.
FESTAS NAS PARROQUIAS1. FESTA RELIXIOSA
– Festas do Carme: Fermosa celebración onde os mariñeiros honran a súa virxe. Realízase na parroquia de Cesantes, e as embarcacións bótanse á ría de Vigo a navegar todas adubiadas con flores.
– Festa das Dores: romaría e procesión que tem lugar na parrroquia do Viso na primeira fin de semana do mes de setembro
2. FESTA GASTRONÓMICA– Festa do Mexillón:Festa gastronómica en torno a este exquisito manxar. Realízase na parroquia de
Chapela.
• FESTAS TRADICIONAIS– Festa dos fachos: Organizada por varias asociacións de Redondela, é unha procesión de lume e sons
tradicionais que todos os anos parte dende a base da Peneda (O Viso) cara ao máis alto desta máxica atalaia. Unha vez chegada a marcha, procedese á lectura do pregón e máis a prender o lume máximo. A continuación segue a música dos nosos antergos que se xunta coa queimada e a maxia desta noite de meigas e conxuros.
– Noite da Lúa Meiga: Unha festa de música tradicional na parroquia do Viso (Redondela). Dende a tarde hai xogos populares, feira de artesanía, música e baile tradicional e pola noite un concerto de folk galego. Esta festa está organizada pola Asociación "Terra meiga".
As parroquias• 13 parroquias:
Cabeiro- 743 habitantes
Cedeira- 2.042 habitantes
Cesantes - 3.353 habitantes
Chapela - 7.658 habitantes
Negros - 513 habitantes
Quintela - 690 habitantes
Reboreda - 2.234 habitantes
Redondela - 7.436 habitantes
Saxamonde - 794 habitantes
Trasmañó - 1.070 habitantes
Ventosela - 714 habitantes
Vilar de Infesta- 1.241 habitantes
O Viso - 1.499 habitantes