Post on 09-Aug-2020
Tema 11.- A época dos grandes descubrimentos xeográficos.
1.- A monarquía dos Reis Católicos.
Isabel I,
raíña de Castela
(1451-1504)
Fernando II,
rei de Aragón
(1452-1516)
Os Estados da Península Ibérica a mediados do século XV
1.1.- O proxecto de unificación peninsular.
Data Proceso
1469
• Matrimonio de Isabel de Castela e Fernando de Aragón (príncipes herdeiros)
• Isto supuña a unión dinástica da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón (ambos príncipes
pertencían á mesma dinastía (os Trastámara)
1474 • Morte do rei Enrique IV de Castela ⟹ Isabel (irmá do rei) proclámase raíña de Castela ⟹
guerra civil entre Isabel e Juana (“la Beltraneja), filla de Enrique IV
1475 • Concordia de Segovia: Isabel e Fernando acordan administrar de forma conxunta as dúas
Coroas, mantendo cada unha as súas características (lingua, moeda, leis, institucións...)
1479
• Fin da guerra civil na Coroa de Castela ⟹ Isabel I confírmase como raíña de Castela
• Morte de Xoán II de Aragón ⟹ Fernando II, rei de Aragón
• Inicio do reinado conxunto
1482-1492 • Os Reis Católicos conquistan o reino nazarí de Granada, incorporado á Coroa de Castela
1490 - 1500
• Enlaces matrimoniais de Isabel e María, fillas dos Reis Católicos cos reis de Portugal
➢ Isabel ⧟ Alfonso, príncipe herdeiro (1490-1491)
➢ Isabel ⧟ Manuel I, rei de Portugal (1496-1498) ⤍ príncipe Miguel († en 1500)
➢ María ⧟ Manuel I (1500-1517)
• A unión da Coroa de España e o Reino de Portugal realizarase no reinado de Felipe II (1580).
Ambos Estados estiveron unidos ata 1640.
1493 • Reincorporación do Rosellón e a Cerdaña á Coroa de Aragón
1512-1515 • Conquista do Reino de Navarra, incorporado á Coroa de Castela
1.2.- A proxección exterior da monarquía.
(1470-1498) (1478-1497) (1479-1555) (1482-1517) (1485-1536)
(1475-1491) príncipe
heredero del rey Juan II
hijos del emperador Maximiliano de Austria
(1486-1502) príncipe
heredero del rey Enrique VII
rey de 1495 a 1521
2.- A organización da nova monarquía.
2.1.- A construción da monarquía autoritaria.
Coroa de Castela
medidas para
limitar o poder
dos privilexiados
• remataron coa concesión de terras á alta nobreza (laica e eclesiástica)
• limitaron a súa participación nos consellos
• prohibíronlles acudir á guerra coas súas mesnadas e crearon un exército profesional
crearon novas institucións ao servizo da monarquía (burocracia)
Consellos organismos formados por xuristas, que asesoraban ao rei no goberno e actuaban como tribunais
de xustiza. Destaca o Consello de Castela
Contadoría Real organismo encargado de controlar o sistema de recadación de impostos e financiar as novas
institucións
Real Audiencia tribunal superior de xustiza, para asegurar o control sobre a xustiza e facela máis eficaz
Correxedores funcionarios reais que presidían os concellos e exercían funcións de goberno
Santa Irmandade corpo armado encargado de perseguir malfeitores e criminais (1476)
Coroa de Aragón
Sentenza Arbitral
de Guadalupe
medidas adoptadas en 1486 para solucionar o conflito dos paieses de remensa (campesiños
sometidos aos señores) en Cataluña: abolía os malos usos
Insaculación sistema de elección dos cargos municipais mediante sorteo, para evitar o monopolio dos mesmos
polo patriciado urbano
Pactismo
sistema de goberno da Coroa de Aragón baseado no pacto entre o rei e o reino (representado
polos procuradores das Cortes): o rei comprometíase a negociar as leis e os impostos coas
Cortes de cada un dos reinos (Aragón, Cataluña e Valencia)
2.2.- A consecución da unidade relixiosa.
Medidas
Establecemento do Tribunal da Inquisición (Tribunal do Santo Oficio da Inquisición) 1478
Expulsión dos xudeus dos territorios da monarquía 1492
Conversión forzosa dos musulmáns (mudéxares) que vivían nos reinos da monarquía 1499-1502
Edicto de expulsión dos xudeus. 31 de marzo de 1492.
Nós fomos informados de que hai nos nosos dominios algúns malos cristiáns que xudaizaron e cometeron
apostasía contra a Santa Fe Católica, do cal tiña moita culpa a comunicación dos xudeus cos cristiáns. Xa que
logo, nas Cortes de Toledo de 1480 mandamos apartar os xudeus en todas as cidades dos nosos reinos,
dándolles xuderías e lugares apartados onde vivisen xuntos (...) e ordenamos que se fixese Inquisición (...).
Xudaizar: practicar pública ou privadamente ritos e cerimonias da relixión xudía.
Apostasía: negación dos dogmas da fe católica.
• Argumentos para xustificar a medida de expulsión:
➢ os falsos conversos que xudaizaban
➢ o contacto entre os xudeus e os conversos
➢ fracaso das medidas para solucionar o problema
✓ segregación
✓ Inquisición...
Polo tanto, Nós (...) acordamos mandar saír a todos os xudeus dos nosos reinos, que xamais tornen; (...)
mandamos (...) que ata a fin do mes de xullo próximo saian todos cos seus fillos, de calquera idade que sexa,
e non ousen tornar (...) baixo pena de morte. (...) E para que os xudeus poidan actuar como máis lles conveña
neste prazo, poñémolos baixo a nosa protección, para que poidan vender ou trocar os seus bens.
Autorizámolos a sacar os seus bens por terra e mar, en tanto non sexa ouro nin prata, nin moeda nin as outras
cousas vedadas.
• Contido do decreto de expulsión:
➢ alternativa: conversión ou expulsión
➢ prazo
➢ condicións
➢ divulgación do decreto.
3.- Economía e sociedade.
Unha sociedade estamental
Concordia de
Segovia
Tratado firmado en 1475 entre Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, no cal acordaron
administrar de forma conxunta ambas Coroas, pero mantendo cada Estado as súas características
particulares (fronteiras, monarca, moeda, sistema fiscal, leis e institucións).
Santa
Irmandade
Corpo armado creado polos Reis Católicos en 1476 para solucionar a situación de anarquía e desorde
que había na Coroa de Castela ao inicio do seu reinado. Estaba encargado de perseguir a malfeitores
e criminais.
Consellos Institucións de goberno formados por xuristas, que asesoraban ao rei no goberno e actuaban como
tribunais de xustiza.
Pactismo
Tipo de relación que existía na Coroa de Aragón entre o rei e os seus vasalos, segundo a cal a
autoridade real se fundamentaba no consentimento dos gobernados. Así, o rei debía comprometerse
a respectar as institucións, leis e costumes dos tres Estados asociados (Aragón, Valencia e Cataluña)
para poder gobernar
Mouriscos
Nome que recibiron os musulmáns que permaneceron en España tras a conquista do reino nazarí de
Granada (1492) e que foron obrigados a converterse ao cristianismo a partir de 1499. Nunca foron
plenamente aceptados pola monarquía nin pola Igrexa, e non se integraron na sociedade cristiá. Foron
expulsados de España entre 1609 e 1624, no reinado de Felipe III.
Auto de fe
Cerimonia pública que se desenvolvía nas prazas das cidades, na que se procedía á lectura e
execución das sentencias do Tribunal de Inquisición
Consistía en varios actos: procesión e xuramento de fidelidade á fe católica; misa de apertura con
sermón; lectura das sentenzas; abxuración e absolución; misa de clausura e cumprimento das
sentencias.
Mesta
Asociación de gandeiros propietarios de rabaños de ovellas da Coroa de Castela, que se encargaba
de organizar a transhumancia ou desprazamento estacional das ovellas desde os pastos de verán da
Submeseta Norte ata os pastizais de inverno da Submeseta Sur e o val do Guadalquivir.
A Mesta foi fundada en 1273 por Alfonso X o Sabio