Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta

Post on 22-Jan-2018

251 views 1 download

Transcript of Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta

ESTUDAMOS A HISTORIA DO

NOSO PLANETA

Georges Cuvier defensor do

CATASFROFISMO

Charles Lyell defensor do

GRADUALISMO

TEORÍAS SOBRE OS CAMBIOS XEOLÓXICOS

Ao longo do século XVIII e principios do XIX, dúas teorías contrapostas diferían en canto á intensidade dos cambios ocorridos na historia da Terra: o catastrofismo e o gradualismo.

O catastrofismo defendía a existencia de catástrofes repentinas que modificaron por completo, nun breve espazo de tempo, o aspecto da Terra.

Georges Cuvier (1769-1832)

Cuvier

Cuvier elaborou una historia da Terra fundamentada no fixismo e o catastrofismo.

Concibiu a historia xeolóxica como unha historia puntuada por catástrofes. En tales períodos produciríase a extinción das especies ata entón existentes e a súa substitución por outras.

Desde a perspectiva do catastrofismo, a idade da Terra sería de 6.000 años de antigüidade

O gradualismo, proposto polo xeólogo británico Charles Lyell, sostiña que procesos lentos, graduais e case imperceptibles actuando durante millóns de anos producirían cambios enormes.

Os movementos isostáticos, o desprazamento dos continentes, a erosión das cordilleiras ou o retroceso dos acantilados constitúen exemplos de cambios graduais.

Charles Lyell(1797-1875)

A obra de Lyell ten dous principios:Actualismo: Explicación dos

fenómenos pasados a partir das mesmas causas que actúan na actualidade.

Uniformitarismo: os procesos que se dan na actualidade, ocorreron de forma gradual.

AVANCES NO SÉCULO XIX E XX

Lord Kelvin, calculou a idade da Terra entre 25 e 100 millóns de anos. Asumiu que ao principio, o planeta fora un globo de material líquido e despois estimou (empregando a segunda lei da termodinámica) o tempo que necesitaría para chegar á temperatura actual.

Os resultados de Kelvin non eran convenientes para outras teorías científicas, entre elas a da da EVOLUCIÓN proposta por Charles Darwin.

Henri Becquerel, o matrimonio Curie e E. Rutherford, descubriron a radioatividade. Este proceso botou por terra os métodos empregados ata ese momento para coñecer a idade do planeta:Por unha banda, sóubose que a calor

interna da Terra debíase en boa medida á desintegración radioactiva de átomos no seu interior.

Por outro, sóubose que os elementos radioactivos se degradaban durante séculos a un ritmo que se podía medir. Era unha ferramenta perfecta para datar rocas.

Clair Patterson partiu da consideración de que moitos meteoritos orixináronse do mesmo punto que o resto do sistema solar e que, polo tanto, terían a mesma antigüidade que o resto de elementos que o compoñen.Así que determinando a idade desas rocas errantes obtivo a idade da Terra.

En 1956 Patterson proclamou unha idade definitiva para a Terra de 4.550 millóns de anos.

REXISTRO ESTRATIGRÁFICO

Información do pasado da Terra contida nos estratos de rochas sedimentarias.

Os distintos rexistros están relacionados coa evolución das concas sedimentarias, que sofren procesos de sedimentación, diaxénese e alteración por procesos xeolóxicos.

CARACTERÍSTICAS DUN ESTRATO : A FORMA

Planos de estratificación

Teito da serie

Teito do estrato

Muro da serie

Muro do estrato

Potencia

CARACTERÍSTICAS DUN ESTRATO : A COMPOSICIÓN, DISPOSICIÓN E FÓSILES

A composición litolóxica pode indicar o ambiente no que se formou a estratificación.

A disposición indica os procesos xeolóxicos que afectaron á zona.

Os fósiles indican a biodiversidade e a antigüidade.

Trilobites Ammonites

Fósil de fento

Fósil de peixe

Icnitas (pegadas de dinosauros)

Ámbar con insectos

A IMPORTANCIA XEOLÓXICA DOS FÓSILES

Os fósiles son restos de seres que viviron no pasado, ou da súa actividade (pegadas, excrementos…), conservados nas rocas.

Rocas sedimentarias

Sedimentos

PROCESO DE FOSILIZACIÓN A fosilización é parte dun acontecemento excepcional,

pois o habitual é que os restos desaparezan sen deixar rastro. A maioría dos fósiles corresponden ás partes máis resistentes e duras dos organismos; as partes brandas raramente fosilizan.

A IMPORTANCIA XEOLÓXICA DOS FÓSILES

Os fósiles cunha curta distribución temporal e unha área de distribución xeográfica grande son moi útiles para unha adecuada subdivisión bioestratigráfica e denomínanse "fósiles guía".

O Tyranosaurus rex viviu unicamente nun período

concreto da historia, ao final da Era Secundaria.

Fósiles ao longo do tempo::

Líñas grosas = períodos durante os cales son abundantes os fósilesLíñas descontinuas = períodos durante os cales son escasos os fósiles

A IMPORTANCIA XEOLÓXICA DOS FÓSILES

Os fósiles de facies indican o medio de formación, xa que a súa distribución ven marcada polo ambiente sedimentario.

O sedimento que daría lugar a esta roca depositouse nun fondo

mariño

ESTRATIGRAFÍA

Ciencia que interpreta os rexistros estratigráficos, analizando as secuencias e as series estratigráficas.

Descontinuidade

Secuencia conxunto de estratos con continuidade temporal

Serieconxunto de secuencias sen

continuidade temporal e separados por unha descontinuidade

Serie 2

Serie 1

DESCONTINUIDADES ESTRATIGRÁFICAS

Paraconformidade: series paralelas, pero cunha lagoa entre elas (superficie erosiva)

Desconformidade ou paleorrelevo : estratos non paralelos, o que indica un pregamento previo.

Inconformidade: aparecen materiais non estratificados (ígneos)

continuidade

desconformidade

paraconformidade

inconformidade

Un estrato é máis moderno que os que se encontran debaixo e máis antigo que os que se encontran enriba.

P r o c e s o d e s e d i m e n t a c i ó n

PRINCIPIOS DA ESTRATIGRAFÍA

Principio de superposición dos estratos:

PRINCIPIOS DA ESTRATIGRAFÍA

Columna estratigráfica: nesta representación dos estratos, o máis antigo é o D e o máis moderno o F.

Un acontecemento é máis novo que as rocas ás que afecta e máis antigo que as rocas que non foron afectadas por el.

Pregue tumbado

Resulta obvio que as dobras e fallas deste terreo son posteriores á formación dos estratos de rocas.

PRINCIPIOS DA ESTRATIGRAFÍA

Principio da sucesión dos acontecementos

Dous estratos que conteñen o mesmo fósil característico pertencen ao mesmo intervalo temporal

representado por ese fósil.

PRINCIPIOS DA ESTRATIGRAFÍA

Principio de sucesión de fósiles

CASO PRÁCTICO Depósito horizontal de

conglomerados (E), calcaria (D) e arenisca (C), para o que a zona debe estar mergullada.

Buzamento do terreo cara ao S-W.

Esforzo compresivo e falla inversa.

Emersión e erosión Depósito en discordancia

angular erosiva de arxila (B) e calcaria (A), para o que a zona debe estar mergullada.

Erosión e configuración do relevo actual.

AB

C

E

D

DATACIÓN XEOLÓXICA É a medida do tempo

xeolóxico.• Datación absoluta:

atribúe unha idade en anos ás rocas.

• Datación relativa: ordena os materiais e os procesos por antigüidade, segundo criterios estratigráficos e biolóxicos.

Xeocronoloxía absolutaO método de datación absoluta máis utilizado é o método radiométrico, baseado no feito de que os átomos de certos elementos químicos inestables (“elementos padre”) experimentan, co tempo, un proceso de desintegración radioactiva que os converte en outros elementos químicos estables (“elementos fillo”). Este proceso transcorre a velocidades constantes, de aí a súa utilidade na datación.

A vida media ou período de desintegración (T) é o tempo que tarda en desintegrarse a metade dunha masa de isótopos radioactivos.

Conforme pasa o tempo, a mostra empobrecese en átomos padre e enriquecese en átomos fillo. Así, coñecendo a cantidade de isótopos de cada tipo, pódese datar a roca.

ALTERACIÓNS NO REXISTRO

Causas: Situación e ambiente das

concas sedimentarias orixinais.

Dinámica litosférica (pregamentos ou deriva)

Acción dos procesos da modelaxe (erosión e meteorización).

Consecuencias: un rexistro disperso e incompleto.

Rexistro incompleto pola acción erosiva deixando unha lagoa dos estratos

CORRELACIÓN ESTRATIGRÁFICA

Consiste en comparar a litoloxía e os fósiles de dúas ou máis series estratigráficas para establecer unha equivalencia temporal.