Post on 03-Jul-2015
CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo
Curos 2013 - 2014
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
A palabra SamaA palabra SamaA palabra SamaA palabra Samaíííínnnn
A palabra Samaín Samaín Samaín Samaín vén do irlandés antigo, Samuin ou Samfuin, onde SamSamSamSam significa
"verán " e FuinFuinFuinFuin, "fin ", o fin do verán.
Samaín, Samhuin, Sammonios, Sammas... son pois palabras gaélicas que significan
o “fin do verán” ou “asamblea”, “reunión” ou tamén, “xuntanza da fin do verán”.
O calendario celta divide o ano en dúas metades, a metade escura comeza no mes
de Samonios (outubro-novembro) e metade clara, no mes de Giamonios (abril-maio).
Considérase que o ano comeza coa metade escura, así Samonios convértese no Ano Novo
celta. Cada mes comeza coa lúa chea ea celebración do ano novo ten lugar durante as
"tres noites Samonios", a lúa chea máis próxima do equinoccio de outono e o solsticio de
inverno.
O pobo celta tiña catro grandes festividades no
ano: Imbolc, Beltaine, Lughnasas e Samhain. Cada unha
destas celebracións marcaba o comezo dunha estación. A
primeiros de febreiro, Imbolc; a primeiros de maios, o
Beltaine; a principios de agosto, o Lughnasad e en
novembro o Samauhin ou Samhain.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
A festa celtaA festa celtaA festa celtaA festa celta
A festa representaba a época do ano na que os antigos celtas gardaban as
provisións para o inverno e sacrificaban animais. Remataba o tempo das colleitas e os
días facíanse máis curtos e as noites máis largas, tempada de inverno, onde todo é frío,
escuro e non se pode plantar.
A asemblea do Samaín, a grande reunión anual das xentes célticas celebrábase ao
.redor do día 1 do mes de Santos, no lugar onde estaban as tumbas dos antepasados. A
noite do 31 de outubro era a máis perigosa do
ano: as ánimas dos defuntos andaban
vagabundas. Os celtas crían que nesta noite de
Samhain os espíritos dos mortos volvían para
visitar o mundo dos mortais, producíase a
comunicación entre os vivos e os mortos e as
portas do máis alá quedaban abertas.
Os celtas acendían fogueiras e camiñaban ao
redor delas acompañados dos seus animais ou
vestindo peles de animais como símbolo de
purificación e para afastar os malos espíritos.
Deixaban comida e doces fora das súas casas e
acendían candeas que colocaban no interior das
caveiras dos inimigos para axudar ás almas dos
mortos a atopar o camiño á luz e o descanso xunto a
deus Sol, nas Terras do Verán. Era unha celebración
da vida e do renacemento a través da morte. A festa
nocturna de benvida ao Ano Novo.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
A festa en Galicia.
Coa romanización e a posterior cristianización
importantes ritos celtas perdéronse. No S. IX, A igrexa
converteu a celebración do culto aos mortos na
celebración de Todos os Santos e Día de Defuntos e
acenden velas para axudar ás almas do Purgatorio.
Aínda que os restos de cultos pagáns foron borrados pola Igrexa cristiá, en
Galicia a celebración desta data mantívose na memoria e melóns, cabazas ou
calabazotes ocuparon o lugar das caveiras nas encrucilladas dos camiños.
O profesor Rafael López Rafael López Rafael López Rafael López Loureiro,Loureiro,Loureiro,Loureiro, foi responsable da redescoberta desta
tradición e garantir que existiu en toda Galicia ata hai 30 anos. Ademais, tamén atopou a
súa supervivencia no norte de Cáceres norte, e zonas de Zamora e León onde a lingua
galega e tradicións están profundamente enraizados.
En Galicia, atopamos a celebración do Samaín por toda a xeografía cun folclore
similar aínda que con nomes diferentes: calacús nas Rías Baixas, calabazotes en
Ortigueira, caveiras de melón en Cedeira, colondros en Ourense...
Facturación da caveira
A facturación da caveira faise de maneira similar en toda a xeografía:
- baleiramos o colondro da polpa e das pebidas do seu interior,
- facemos ollos, fociños e boca, buscando unha expresividade tétrica e
aterradora.
- colocamos a candea no interior e
- poñemos a caveira nun curruncho escuro, nas
ventás da casa, nas encrucilladas dos camiños,
ao redor do cemiterio, no camiño ao cemiterio,
no mesmo cemiterio...
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
En CedeiraCedeiraCedeiraCedeira póñenlles paoíños a xeito de dentes e en QuirogaQuirogaQuirogaQuiroga úsana coma máscara
polo Antroido.
En Galicia encetábanse a tallar as caveiras polo San Miguel, 29 de setembro, e
aínda había rapaces que as facían en canto vían un melón madurecido nos térreos e
seguíase facendo ata ben entrado o outono. Non había unha data , especial, un día
sinalado, todo o outono era tempo de caveiras.
Celebracións do Samaín
Cedeira:Cedeira:Cedeira:Cedeira: A noite de Santos saen á rúa con cabazas talladas en forma de caveira
cunha candea acendida no seu interior. A festa adoita comezar ao redor das cinco do
serán e faise un percorrido polos calellos máis escuros da vila ao compás da música dun
tambor.
Illa de ArousaIlla de ArousaIlla de ArousaIlla de Arousa: os nenos érguense antes de que saia o sol e percorren as rúas e
tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional: "unha limosniña polos
defuntiños que van alá". Reciben cartos, laranxas, boliños de pan e lambetadas.
Xil, Xil, Xil, Xil, MeañoMeañoMeañoMeaño:::: na ladeira do monte, entre o lusco e o fusco os seus habitantes soben
en procesión ao cemiterio portando velas. Dende abaixo, obsérvase unha "santa compaña"
de luces oscilantes, e no mesmo cemiterio non son poucas as viúvas que ficaron toda a
noite alí, velando aos seus mortos....
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Samaín e Magosto
Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.
Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos.
Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que
despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría
deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.
MurguíaMurguíaMurguíaMurguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a
castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas
adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun
escampado.
O magosto, tan vinculado ao funerario,
comparte a súa xeografía en coincidencia
exacta coas caveiras, as ánimas, e as cabezas
de pedra.
Samaín e Halloween.
A palabra Halloween ven de All hallow’s even que significa vixilia de Todos os
Santos e que ten o seu orixe na cristianización da festa celta.
A festa de Halloween nace en América de recordos e tradicións que os
inmigrantes irlandeses levan con eles desde mediados do S.XVIII, ou sexa, é unha
tradición de "onte". O Halloween non ten as raíces no pasado, no culto aos mortos do
pobo celta, toma distintas costumes e tradicións, copia e imita, imita a antiga tradición
celta da celebración do Samaín. Samaín e Halloween teñen a mesma orixe máis podemos
dicir que non son a mesma festa.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
1. Comprensión lectora.
1.1.1.1. Que festa celebramos a noite do 31 de outubro?Que festa celebramos a noite do 31 de outubro?Que festa celebramos a noite do 31 de outubro?Que festa celebramos a noite do 31 de outubro?
o Magosto
o Samaín.
o Beltaine
2.2.2.2. Que significa a palabra Samaín?Que significa a palabra Samaín?Que significa a palabra Samaín?Que significa a palabra Samaín?
o Fin do verán
o Fin do inverno
o Comezo do inverno.
3.3.3.3. Que crían os nosos antepasados da noite de Samaín?Que crían os nosos antepasados da noite de Samaín?Que crían os nosos antepasados da noite de Samaín?Que crían os nosos antepasados da noite de Samaín?
o Os vivos debían pechar as portas para non ser levados ao mundo dos mortos.
o Os espíritos dos mortos xuntábanse para acabar coas colleitas.
o Os espíritos dos mortos volvían para visitar o mundo dos mortais.
4.4.4.4. Que facían esa noite os celtas?Que facían esa noite os celtas?Que facían esa noite os celtas?Que facían esa noite os celtas?
o Apagaban todas as candeas para que os mortos non atoparan o camiño de volta.
o Acendían fogueiras e camiñaban ao redor delas acompañados dos seus animais ou vestindo peles de animais.
o Acendían fogueiras e poñían as súas mellores vestiduras para celebrar as colleitas.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5.5.5.5. En que converteu a igrexa a celebración do culto aos mortos?En que converteu a igrexa a celebración do culto aos mortos?En que converteu a igrexa a celebración do culto aos mortos?En que converteu a igrexa a celebración do culto aos mortos?
o Na celebración de Todos os Santos e Día das Caveiras.
o Na celebración de Día de Magosto e Santos Defuntos.
o Na celebración de Todos os Santos e Día de Defuntos.
6.6.6.6. Había Había Había Había algunha data especial para tallar caveiras?algunha data especial para tallar caveiras?algunha data especial para tallar caveiras?algunha data especial para tallar caveiras?
o Si, o 31 de outubro.
o Non, todo o outono era tempo de caveiras.
o Non, todo o inverno era tempo de caveiras.
7.7.7.7. De que era símbolo a castaña para os nosos antepasados?De que era símbolo a castaña para os nosos antepasados?De que era símbolo a castaña para os nosos antepasados?De que era símbolo a castaña para os nosos antepasados?
o Da alma dos vivos.
o Da reencarnación dunha ánima.
o Da ánima dos defuntos.
8.8.8.8. Que pensaba Manuel Murguía que era o Magosto?Que pensaba Manuel Murguía que era o Magosto?Que pensaba Manuel Murguía que era o Magosto?Que pensaba Manuel Murguía que era o Magosto?
o Un banquete de nacemento.
o Un banquete funerario.
o Unha festa de druídas.
9.9.9.9. Comparten xeografía o Samaín e o Magosto?Comparten xeografía o Samaín e o Magosto?Comparten xeografía o Samaín e o Magosto?Comparten xeografía o Samaín e o Magosto?
o Non.
o Só no sur de Galicia.
o Si.
10.10.10.10. O HalloweenO HalloweenO HalloweenO Halloween e o Samaín comparten orixe pero son a mesma festa?e o Samaín comparten orixe pero son a mesma festa?e o Samaín comparten orixe pero son a mesma festa?e o Samaín comparten orixe pero son a mesma festa?
o Si. Hallowen e Samaín comparten as mesmas costumes e tradicións.
o Non. O Halloween comparte orixe pero non son a mesma festa.
o Non. O Halloween e unha festa máis antiga e con máis tradición en Europa.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
2. Paseando por Galicia.
� Sitúa no mapa de Galicia os concellos de CeSitúa no mapa de Galicia os concellos de CeSitúa no mapa de Galicia os concellos de CeSitúa no mapa de Galicia os concellos de Cedeira, Illa de Arosa e deira, Illa de Arosa e deira, Illa de Arosa e deira, Illa de Arosa e
MeañoMeañoMeañoMeaño....
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
3. Investigamos
� Investiga sobre a orixe da cabaza e os distintos nomes que recibe en Galicia,
segundo as zonas.
� O pobo celta tiña catro grandes festividades anuais: Imbolc, Beltaine,
Lughanasas e Samaín. Xa sabes que se celebraba no Samaín, pero e nas
outras?
� O pobo celta ten fermosas lendas, algunhas relacionadas co Samaín. Coñeces
algunha?
� Aquí tedes unha canción para o Samaín. Apréndea e pregunta aos teus avós,
pais, mestres... se coñecen outra.
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
Lúa chea no balcón,
mil estrelas arredor,
bailan aquelarre,
ósos e melóns. (bis)
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
As caveiras atopar
nos cruceiros do lugar,
faremos meigallos
para nos salvar. (bis)
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
Andrea Picos Rodiles e Jesús Pareja
http://www.youtube.com/watch?v=_oMloEPg-ws
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
4. Xogamos coas palabras.
� Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co
Samaín:Samaín:Samaín:Samaín:
SAMAÍN – LUME – CABAZA – CAVEIRA – CEDEIRA – MEDO – CEMITERIO –
NOITE – DEFUNTOS - OUTONO
� Fai este encrucillado relacionado co Samaín.Fai este encrucillado relacionado co Samaín.Fai este encrucillado relacionado co Samaín.Fai este encrucillado relacionado co Samaín.
1. Pobo no que ten a súa orixe a festa do Samaín.
2. Obxecto que colocamos no interior da caveira.
3. Festa considerada por Murguía un banquete funerario.
4. Palabra que significa o fin do verán.
5. Froito que tallamos no Samaín.
6. Estación do ano na que se celebra a festa do Samaín.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. Xogamos con cabazas.
� Busca e cBusca e cBusca e cBusca e colorea as olorea as olorea as olorea as caveirascaveirascaveirascaveiras iguais.iguais.iguais.iguais.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
� Relaciona cada debuxo coa súa sombra.Relaciona cada debuxo coa súa sombra.Relaciona cada debuxo coa súa sombra.Relaciona cada debuxo coa súa sombra.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
6. Construímos.
� Como facer a nosa caveira?Como facer a nosa caveira?Como facer a nosa caveira?Como facer a nosa caveira?
1.1.1.1. ESCOLLEMOS A NOSA CABAZA.
2.2.2.2. RECORTAMOS A PARTE SUPERIOR DA
CABAZA E GARDÁMOLA.
3.3.3.3. COLLEMOS UNHA CULLER E BALEIRAMOS A
CABAZA DA POLPA E DAS PEBIDAS.
4.4.4.4. FACEMOS OS OLLOS, CARA E BOCA
BUSCANDO UNHA EXPRESIÓN ATERRADORA.
5.5.5.5. COLOCAMOS A CANDEA NO INTERIOR.
6.6.6.6. AGORA, SÓ TÉS QUE BUSCAR UN LUGAR ESCURO PARA COLOCAR A
TÚA CAVEIRA.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
� FFFFacemos a nosa candea para o Samaín.acemos a nosa candea para o Samaín.acemos a nosa candea para o Samaín.acemos a nosa candea para o Samaín.
1. Nunha cartolina negra debuxamos
dúas caras terroríficas.
2. Polo reverso da cartolina pegamos papel de cor laranxa.
3. Pecha a cartolina pegando os extremos e formando un cilindro.
Colga o teu farol.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
7. Lecturas
http://issuu.com/audicionelinguaxe/docs/indo_para_o_sama_n_adaptaci_n_do_orixinal_para
_edu/3?e=3771172/2831486 ( Adaptación do conto Indo para o Samaín feita polo C.R.A. de
Bergondo)
8. Curtas de medo.
- Fiz, o coleccionista de medo.
http://www.youtube.com/watch?v=M8PohQv_iBk
- A bruxa regañadentes.
http://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
9. Para saber máis.
http://www.galiciae.com/nova/66884.html%20
http://polaranza.blogspot.com.es/2010/10/halloween-o-samhain.html
http://www.galiciaespallada.com.ar/halloween_en_galicia.htm
http://www.youtube.com/watch?v=V40E4wiQlPY
10. Recursos.
Jacobo Fernández: O Samaín
Ilustraciones de Jacobo Fernández Col. Pimpín por aquí non vin. Ed. Galaxia. Vigo, 2008
� Na redeNa redeNa redeNa rede
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/materiaissamain08.pdf (U.D.)
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippintorlaxeiro/?q=node/436
http://www.slideshare.net/SilviaLpez4/marcelina-e-a-noite-do-saman (Conto)
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=48227
http://dalleuncolinho.blogspot.com.es/2009/10/recursos-para-samain-halloween.html
http://www.thekidzpage.com/freeonlinetoys/jackolantern-dressup/dressup.swf (Xogo para
decorar a cabaza. Idioma Inglés)