Titorial: Como incrustar código HTML nun blog

Post on 11-Jul-2015

492 views 3 download

Transcript of Titorial: Como incrustar código HTML nun blog

Elaborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.

Titorial para incrustar código HTML nun blog (ou en calquera outro servizo web 2.0)

Seguro que viches moitos blogs que conteñen nas súas entradas vídeos, presentacións multimedia, liñas de tempo…

Inserir estes contidos no teu blog non é complicado… só precisas ter o “código HTML” do recurso.Este aparece tras botóns que nos ofrecen “inserir”, “incrustar”, ou en castelán “insertar”, ou en inglés “embed”, ou cos símbolos < >

Por exemplo:www.Slideshare.net ofrece a opción “embed” para incrustar as súas presentacións.

Outro exemplo:www.TimeRime.com

unha páxina para crear liñas do tempo,

emprega os símbolos < > para poder

copiar o código HTML.

Outro exemplo:www.Glogster.com

unha páxina para crear pósteres multimedia, debaixo do glogster, aparece a opción de “embed into your page” que ven a ser “insíreo na túa páxina”

www.youtube.com tamén ofrece a opción de incrustar os seus vídeos no noso blog.Imos facer a práctica xustamente con este servizo.

Busca en internet un vídeo que che interese.(eu, seguindo co blog de proba, busco un sobre o adianto electoral)

Fai clic neste botón de “compartir”

Observa o menú que se desprega:-Un enlace (é o enderezo web deste vídeo)- Un botón que di “inserir”

Este é o código HTML que tes que copiar, ben con axuda do botón dereito do rato, ou coa combinación de teclas CTRL+C

1º.- Agora temos que acceder ao noso blog.

Teclea aquí o enderezo electrónico e o contrasinal que usaches no rexistro.

Fai clic aquí

2º.- Imos crear unha nova entrada co vídeo Seleccionado…

Fai clic aquí

Pon o título da entrada, igual ca sempre

Publica a entrada

Observa como desapareceu a barra de ferramentas co tipo de letra, inserir imaxes…

Neste espazo pegas o código HTML que copiaches de calquera dos servizos web 2.0 que ofrecen esta posibilidade. Podes usar o botón dereito do rato ou a combinación de teclas CTRL+V

Titorial para incrustar código HTML nun blog (ou en calquera outro servizo web 2.0)

Elaborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.

FIN