UE. Organización Política e Territorial

Post on 12-Jan-2017

57 views 2 download

Transcript of UE. Organización Política e Territorial

Tema 8Lección 1. A ORGANIZACIÓN

POLÍTICA E TERRITORIAL EUROPEA

DA COMUNIDADE ECONÓMICA EUROPEA Á UNIÓN EUROPEA

A creación da Comunidade Económica Europea (CEE)

• 1948: Creación da unión aduaneira BENELUX (Bélxica, Países Baixos,Luxemburgo), que implicaba a supresión dos aranceis (impostos deimportación) entre estes países.

• 1951: Creación da CECA (Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro)entre seis países europeos: Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia,Alemaña (RFA) e Italia. Esta unión supoñía a unificación das producións decarbón e aceiro entre estes países, produtos clave no desenvolvementoeconómico da posguerra.

• 25 de marzo de 1957: Mediante o Tratado de Roma se forma:– A CEE (Comunidade Económica Europea), que supuña unha estreita

colaboración entre os países asinantes (os seis que crearon a CECA); eprocuraba o seguinte:• Formar unha unión aduaneira entre os países membros.• Adoptar unha política agrícola común, así como a libre circulación de produtos agrícolas

dentro desta comunidade.

– O EURATOM (Comunidade Europea de Enerxía Atómica); neste caso parapoñer en común e baixo unha mesma autoridade a produción de enerxíanuclear.

Firma do Tratado de Roma. 25 de marzo de 1957

As primeiras ampliacións

• 1973: A CEE está formada por Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, RFA, Italia e Reino Unido, Irlanda e Dinamarca.

• 1981: A CEE está formada por Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, RFA, Italia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca e Grecia.

• 1986: A CEE está formada por Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, RFA, Italia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Grecia, España e Portugal.

• A adhesión destes últimos países á CEE implicou a entrada de países con niveis de desenvolvemento menores. Para poder acadar o mesmo nivel que os países membros, foi necesario o apoio financeiro da CEE a través de fondos estruturais.

• 1992: Mediante o Tratado de Maastricht a CEEconvírtese na Unión Europea (UE). O obxectivoda UE non vai ser soamente a unión económicaentre os paises que a conforman, senón tamén aunión política.

• 1995: Únense á UE tres novos países, deste xeitoconfórmase a Europa dos 15: A CEE está formadapor Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia,Alemania, Italia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca,Grecia, España, Portugal, Austria, Finlandia eSuecia.

A apertura cara o leste de Europa

• A caída do Muro de Berlín (1989) e a desaparición da URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas), permitiron a integración na UE de países da Europa Oriental:

• 2004: Se conforma a Europa dos 25: Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Alemania, Italia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Grecia, España, Portugal, Austria, Finlandia, Suecia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Eslovenia, Malta e Chipre.

• 2007: aos países anteriores engádense dous máis: Bulgaria e Romanía (Rumanía). Comezan, ademais, as negociacións con Turquía, Croacia e Macedonia.

• A ampliación cara o leste implicou o ingreso na UE de países cun nivel de renda máis baixo ca media europea, por iso os novos membros reciben a maioría dos fondos. Por outra parte, numerosas empresas abandonan os países ricos da UE, para situarse nos países do leste, con salarios máis baixos.

• 2013. Incorpórase Croacia á Unión Europea.

• 2016. Iníciase o chamado “Brexit” británico, que é unha meta política que busca que o seu país, Reino Unido, abandone a Unión Europea.

http://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-36484790

http://www.elmundo.es/internacional/2016/06/22/576960e2468aeb44568b456f.html

OBXECTIVOS DA UE

• Lograr un crecemento intelixente dos seuspaíses membros, baseado no coñecemento, ainnovación e a tecnoloxía.

• Conseguir un crecemento sostible, tratando deque se combinen o crecemento económico couso racional dos noso rescursos naturais.

• Acadar un crecemento integrador, baseado nunalto nivel de emprego, para tratar de evitar asdesigualdades sociais entre os territorioseuropeos.

INSTITUCIÓNS DA UE

Se levaron a cabo para poder lograr os obxectivos. Os máis importantes son cinco:

• CONSELLO EUROPEO:

• Máximo órgano político.

• Composición:

• Xefes de Estado ou de Goberno e presidente da Comisión.

• Presidencia: recae nun presidente elixido por dous anos e medio.

• Funcións: define obxectivos e prioridades xerais da UE.

• CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA:

• Representa os Estados membros.

• Composición: un representante por cada Estado. A presidencia é rotativa (cada seis meses).

• Funcións:

• Aproba, xunto ao Parlamento, a lexislación e o presuposto europeos.

• Desenvolve a política exterior da UE.

Edificio Justus Lipsius(Bruselas)

• PARLAMENTO EUROPEO:

• Representa á cidadanía.

• Composición: 785 membros escollidos mediante sufraxio universal.

• Funcións:

• Aproba, xunto con Consello da UE, a lexislación e o presuposto europeos.

• Ratifica acordos internacionais.

• COMISIÓN EUROPEA

• Representa os intereses da UE.

• Composición: Un presidente e un comisario por cada Estado membro.

• Funcións:

• Propón a lexislación.

• Xestiona o presuposto europeo.

Rue de la Loi / Wetstraat 200BE-1049 Bruxelles/Brussel,Belgique/BelgiëTel: +32 2 299 11 11

• TRIBUNAL DE XUSTIZA:

• Interpreta a lei.

• Composición: un xuíz por cada país da UE máis un rotativo.

• Funcións:

• Garantiza que a lexislación da UE se aplica.

• Resolve conflitos entre os países membros.

INSTITUCIÓNS DA UNIÓN EUROPEA

CONSELLOEUROPEO

CONSELLO DA UE PARLAMENTO EUROPEO

COMISIÓNEUROPEA

TRIBUNAL DE XUSTIZA

QUÉ É? Máximo órgano político.

Representa aosestados membros.

Representa aoscidadáns

Representa osintereses da UE.

Interpreta á lei.

COMPOSICIÓN Xefes de Estado ou Goberno e Presidente da Comisión.

Un representantepor cada Estado.

785 membrosescollidos por sufraxio universal.

Un presidente e un comisario por cada Estado membro.

Un xuiz por cada país da UE e outrorotativo.

PRESIDENCIA Rotativa (dousanos e medio).

Rotativa (cada seis meses).

FUNCIÓNS Definir obxectivose prioridades xerais da UE.

Aproba a lexislación e presupostoseuropeos (Xuntoco Parlamento).Desenvolve a política exterior.

Aproba a lexislación e presupostoseuropeos (Xuntoco Consello da UE).Retifica acordosinternacionais.

Propón a lexislación.Xestiona o presupostoeuropeo.

Garantiza que a lexislación da UE se aplica.Resolve conflitosentre os países membros.