VOCABULARIO

Post on 07-Jan-2016

35 views 1 download

description

VOCABULARIO. SEMANA SANTA. Alumnos de 6º - Relixión Coordina: MSSM CEIP DE MONFORTE. ANDAS PROCESIONALES:. Armazón de madeira sobre a que se sitúa a imaxe. BANCERO. Confrade que leva o paso sobre o seu ombreiro. BAMBOLINA. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of VOCABULARIO

VOCABULARIO

SEMANA SANTAAlumnos de 6º - Relixión

Coordina: MSSM

CEIP DE MONFORTE

ANDAS PROCESIONALES:

Armazón de madeira sobre a que se sitúa a imaxe.

BANCERO

Confrade que leva o paso sobre o seu ombreiro.

BAMBOLINA

Conxunto de panos de veludo ou mallas que caen do palio da Virxe. Poden estar bordados con fios de ouro, prata, seda, tisú, etc. Son catro: frontal, posterior e dous laterais.

BARRA DO PALIO

Peza cilíndrica de metal, dourado ou prateado, que soten o palio. Poden ser oito, dez ou doce

CALVARIO

É o monte de caraveis ou outra flor nun paso de Cristo.

CAMPÁ DE TRONO

Campá sin badal colocada no centro dos varais, na parte dianteira. Serve para avisar, a golpe de martelo, o momento de parar ou empezar a andar.

CANDELABRO

Soporte das velas nun paso de Cristo.

CANTONEIRA - CASQUETE

Apliques de metal que se poñen nos extremos das cruces. Cando se trata das Cruces dos Cristos Procesionais é común denominalos casquetes e cando son Cruces de Guía, cantoneiras.

CAPA

Prenda que cubre as costas dalgúns irmáns cofrades nas procesións.

“CAPIROTE” ou CAPUZ

Caperuza de tea que cubre a face dos nazarenos e que ten unha forma cónica grazas ao caperuzo de cartón, ainda que algunhas cofradías non levan o cartón polo que a caperuza bótase para atrás.

CÍNGULO

Soga trenzada e adornada con flocos ou cinta de tea, que se emprega para rodear a túnica dos nazarenos.

CIRIO

Vela gorda e larga de cera que levan os nazarenos na cofradía.

COSTALERO

Cada un dos homes que soportan sobre o pescozo o peso dos pasos. Van vestidos con costal, faixa e alpargatas.

CRUZ DE GUÍA

É a cruz que abre o desfile procesional, vai acompañada por dous ou catro nazarenos con farois.

CRUZ ALZADA E CIRIALES

CRUZ ALZADA

Lévanna as cofradías que teñen a súa sede nunha parroquia, vai detrás do paso de Cristo abrindo o cortexo do paso de palio.

CRUZ DE PENITENTE

Cruz de madeira pintada polo xeral en negro, que levan no ombreiro os irmáns nazarenos cumprindo unha penitencia.

ESCUDO

Emblema representativo dá Irmandade, situado no capuz a altura do peito ou na capa.

ESTANDARTE

Pano de veludo ricamente bordado con figuras e signos da agrupación que representa, sostido nun varal e portado por un nazareno. Serve de guía para o terzo de penitentes alumbrantes.

FAIXA

Tira de algodón, habitualmente negra coa que o costeleiro rodea a cintura para así protexer os riles do esforzo que supón cargar co paso.

FAROL

Caixa de metal e vidrio en donde se coloca unha vela para acompañar aos pasos de Semana Santa.

GUANTES

Ornamento para os cofrades en procesión. Normalmente son de cor branco.

HACHÓN

Velón que empregan os cofrades que acompañan aos pasos na procesión

INCENSARIO

Especie de braseiro pequeño con cadeas e tapa que serve para incensar. Botafumeiro: incensario grande que existe na catedral de Santiago e que funciona nas grandes solemnidades.

IRMÁN MAIOR

O Irmán maior é o primeiro cargo directivo e caveza visible da Cofradía, é decir, a persoa ca representa.

HORQUILLA

Horquilla: utensilio de madeira en forma de pao redondo cun remate curvado de metal ou de madeira, que lle serve ao bancero para soportar o banzo en breves descansos dentro da procesión.

INRI

INRI: tablilla que os torturadores de Xesús cravaron na cruz e que significa “Xesús Nazareno Rey dos Xudeus”

NAZARENO

Nazareno: membro uniformado dunha irmandade en procesión

PALIO

Palio: armazón de metais e tecidos nobres que serven para cubrir algunhas imáxes.

PARIUELA

Soporte e estructura interna dun paso, tradicionalmente de madeira e na actualidade de aluminio. Sobre esta estructura colócanse o restos dos elementos do paso (varales, peana, respiradeiros, candelabros, etc ) e por debaixo sitúanse os costalerios para facer de ela un altar andante.

PASO

Paso: conxunto de imaxe, andas e banzos

PENITENTE

Persoa que vai ás procesións para facer penitencia.

POTENCIA

Potencia: cada un dos raios de luz que se poñen na cabeza das imaxes de Xesucristo. Tres no caso de Cristo e dous no de Moisés.

Foto (síntese) de: http://www.galeon.com/juliodominguez/2006.jpg

SÍNTESE

Paso de Cristo Paso de Palio

Nota: tódalas imaxes e definicións que aparecen neste traballo son froito dunha búsqueda en diferentes páxinas de internet. A os responsables destas páxinas os nosos parabéns e