Vocabulario da vida 2

Post on 24-May-2015

52 views 3 download

Transcript of Vocabulario da vida 2

da vida

Vocabulario

da vida

Vocabulario

da vida

Vocabulario

Adeus: É cando un corazón que se vai

deixa a metade con quen se queda.

Amigo: É alguén que se queda para axudar cando

todos os demais se marchan.

Amor ao próximo: É cando un extraño pasa a ser o amigo que

aínda non abrazamos.

Bágoa: É cando un corazón triste pide aos ollos que falen por el.

Caridade: É cando unha persoa ten fame e compartimos con ela

a única galleta que temos.

Cariño: É cando non encontramos ningunha palabra para expresar o que sentimos

e falamos coas mans, colocando un aloumiña en cada dedo.

Ciumes: É cando o corazón se retorce

porque non confia en si mesmo.

Comprensión: É cando un ancián camiña lentamente diante de nós

e, aínda que temos présa, non o apuramos .

Cordialidade: É cando amamos moito a unha persoa e tratamos a

todas as demais como a ela.

Envexa: É cando unha persoa aínda non descubriu

que pode ser mellor que outra.

Evanxeo: É un libro que só se le ben co corazón.

Evolución: É cando avanzamos e sentimos

o desexo de buscar os que van quedando atrás.

Fe: É cando unha persoa di que vai escalar o Everest

e o seu corazón xa o considera un feito.

Fillos: É cando Deus pon unha xoia nas nosas mans

e nos recomenda coidala.

Inimizade: É cando unha persoa empuxa ben lonxe a liña do

afecto.

Lealdade: É cando unha persoa prefire morrer a

traizoar a quen ama.

Loito: É unha espiña no corazón que tarda en desaparecer.

Maldade: É cando arrancamos as ás ao anxo que deberiamos ser.

Morte: É unha separación con aroma de eternidade.

Netos: É cando Deus envía anxos para alegrar os avós.

Nostalxia: É cando, estando lonxe de alguén querido,

sentimos desexos de voar para reencontralo.

Odio: É cando plantamos trigo todo o ano, esperando que madure, e unha

persoa quéimao todo nun día.

Orgullo: É cando unha persoa se sente formiga

e quere convencer aos demais de que é un elefante.

Paz: É o premio de quen cumpre honestamente co seu deber.

Perdón: É liberar o corazón do peso dunha enorme pedra

Perfume: É cando recoñecemos aos que nos agradan,

aínda cos ollos pechados.

Pesimismo: É cando unha persoa perde a capacidade de ver a vida en

cores.

Preguiza: É cando un virus entra na vontade e a enferma.

Rabia: É cando colocamos unha muralla no camiño da paz.

Sexo: É cando unha persoa ama tanto a outra que desexa vivir dentro dela.

Simplicidade: É o comportamento de quen comeza a ser sabio.

Sinceridade: É cando nos expresamos como se a persoa a quen nos diriximos estivese ao

outro lado do espello.

Soidade: É cando estamos rodeados de xente,

pero o noso corazón non ve a ninguén arredor.

Supérfluo: É cando a nosa sede necesita unha pinga de auga e

pedimos un río enteiro.

Tenrura: É cando alguén nos mira e os seus ollos brillan como dúas

estrelas.