Post on 29-Jul-2021
Materia: A NOSA CIDADE E AS SUAS COUSAS
Profesora: Dª. ELISA PEREIRA GARCÍA
SEN ESQUECER A NOSA PARROQUIA
Alumno: Manuel González Cousillas
Febreiro 2015
Índice
1. Introducción
2. Sen esquecer a nosa parroquia
2.1 Patrimonio históricoa. Igrexa
b. Cruceiro Cristo do templo parroquial
c. Cruceiro Cristo do Outeiro
d. Cruceiro Cristo do Pazo
e. Peto das Ánimas do Romeu
f. Castro de Casás
2.2 Patrimonio etnográfico 2.3 Patrimonio natural2.4 Actividade social
3. Conclusións
4. Bibliografía, recursos web e notas
1.- INTRODUCCIÓNBaixo o título SEN ESQUECER A NOSA PARROQUIA, quero exponer o meu
pensamento, sobre unha parroquia da que coñezo moi pouco, por mor das miñas obrigas
profesionais, aínda que me integrei como veciño no ano 1971.
Meu agradecemento as persoas que presten a sua atención a estas liñas, tendo en
conta que temos una prosperidade (abundancia de bens históricos, sociais e culturais), tendo
una obriga alomenos moral da sua conservación, facendo o uso mais razoable e responsable.
Pido desculpas as persoas que teñan diverxencias co enfoque e argumentos
empregados neste traballo, incluindo no mesmo o que considere mais relevante.
Si o consigo, me sentirei moi gratificado.
2.- SEN ESQUECER A NOSA PARROQUIADo conxunto de parroquias do Concello de Vigo, supón unha satisfacción persoal,
aproveitar a oportunidade dun traballo sobre a parroquia de Santo André de Comesaña, na que
tantos anos levo residindo.
O nome dun lugar non é un feito casual. Responde a una descrición do terreo ou
algún feito que permite identificalo. Para principiar, intentar coñecer a orixe do da parroquia de
Comesaña (Santo André).
Comesaña: Indicaría unha curvatura no terreo, aínda que o profesor Xerardo Sacau,
Rodríguez(1) defendeu que se debería ao alcume dun antigo posuidor de terras (p.e. A
DEVESA DO REI).
2.1 Patrimonio históricoO patrimonio cultural de Galicia é obxecto de protección e conservación como legado
para as xeracións vindeiras, entendendo como patrimonio cultural o patrimonio moble, o
patrimonio inmoble e mais o patrimonio inmaterial, tanto de titularidade pública como privada,
ademais das manifestacións da nosa cultura tradicional e popular.
Os bens declarados de interese cultural (os que representan o máis salientable dos
bens mobles, inmobles e inmateriais), os catalogados (aqueles que pola súa singularidade
chegan a definir un territorio) e os inventariados (merecedores de seren conservados) integran
o conxunto do patrimonio cultural de Galicia.
Rexistro de bens catalogos da parroquia:
a) IgrexaUbicación: Carretera Matama – Pazo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)
Descrición: Edificio de planta en forma de cruz latina con cuberta a dúas augas e
construído en perpiaño granítico labrado e escuadrado. Na súa fachada podemos observar a
porta de acceso principal acubillada baixo un lintel moldurado e sobre el un grande ocelo.
Ambos elementos enmárcanse entre pilastras de inspiración clasicista embutidas no muro. O
campanario, de planta cuadrangular e esquinas achafranadas, serve de base a un frontón
triangular sen ornamentación que irrumpe o basamento do campanario. Este remata en altura a
través dunha cúpula octogonal horadada cuberta por unha cúpula que remata nun pináculo. No
seu interior atópanse cinco retablos con diversas imaxes de santos.
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
b) Cruceiro Cristo do templo parroquialUbicación: Carretera Matama - Pazo
Cronoloxía: Descoñecida.
Descrición: Cruceiro situado no adro da igrexa parroquial. Ten base cúbica con
bordes achaflanados, presentando restos dunha inscrición, hoxe ilexible. Posúe un Cristo
estilizado, crucificado, con tres cravos nos seu pes. A súa cruz aseméllase á madeira, imitando
nos da mesma e é de sección circular. Levántase sobre unha columna de sección octogonal
que presenta no seu remate un capitel sinxelo con volutas angulares.
Está cambiado de sitio, pois o seu lugar primitivo era cerca da ábsida e xusto á
entrada ao antigo cemiterio hoxe desaparecido.
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
c) Cruceiro Cristo do Outeiro
Ubicación: As Nogueiras
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición: Este cruceiro, situado sobre unha rocha, posúe un varal cilíndrico. A
continuación aparece a cruz, lisa, no que podemos ver a Cristo crucificado no anverso, e baixo
a cruz as figuras de San Xoán e a Virxe. Esta cruz forma parte do Calvario do Vía Crucis, e
arredor atópanse encaixadas no muro doce cruces. A día de hoxe o cruceiro aínda forma parte
das procesións de Semana Santa.
Segundo o arqueólogo José Manuel Hidalgo “Este singular crucero cuenta con mucha
devoción y numerosas leyendas que tratan sobre episodios relacionados con él. Es interesante
comentar las numerosas cazoletas o huecos artificiales que se pueden observar en la pared
delantera de la roca en la que está “clavado” este crucero. Podría estar hablándonos de ritos
religiosos primitivos vinculados a este lugar en concreto y que se relacionan en alguna medida
con algunas de las costumbres recogidas (como que en Semana Santa al atardecer, se
encienden dos antorchas a los lados del mismo…). Sería muy importante estudiar en más
profundiad este crucero y el folclore que lo rodea, aún en nuestros días”.
Categoría do Ben: Non está inventariado
d) Cruceiro Cristo do Pazo
Ubicación: Carretera Matama – Pazo)
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII).
Descrición: O cruceiro presenta o fuste cravado nunha grada achafranada na que se
sitúa unha inscrición, case ilexible, na que se diferencia o ano de 1723. Dito varal é octogonal,
sobre o que se sitúa o capitel composto, decorado con follas de acanto e volutas estilizadas. A
cruz, lisa e de sección rectangular, presenta no seu anverso a Cristo e no outro lado unha
imaxe da Virxe das Dores en actitude de oración.
Hai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o
permitiu. Porén, foi trasladado de beira da estrada debido ao ensanchamento da mesma,
quedando sen dous chanzos no traslado. Ao pé da grada atópanse numerosos signos de
devoción.
O cruceiro sitúase na estrada PO-552 Vigo-Baiona, na encrucillada que da acceso a
Santo André de Comesaña, malia que antigamente atopábase ao outro lado da estrada.
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese
Cultural
e) Peto das Ánimas do Romeu
Ubicación: Carretera Vigo – Bayona
Cronoloxía: Século XIX (1860).
Descrición: Situado na estrada Vigo-Baiona a altura de San Andres de Comesaña.
Restaurado recentemente foille devolta a policromía. Componse dun retablo situado entre dúas
columnas xónicas pintadas de azul, na parte superior un crucifixo (actualmente roto) baixo o
crucifixo aparece un cadro coa caveira éas tibias, representación da morte. Entre as columnas
e rodeado por un cordón atópanse as imaxes das animas, seis figuras en forma de pirámide
tendo na parte inferior as lapas do purgatorio, a imaxe central de maior tamaño representa un
crego que a diferencia das demais figuras aparece vestido co hábito. Na parte superior do
retablo aparece rodeado por un cordón unha inscrición co ano da feitura: 1860; e na parte
inferior do conxunto unha inscrición reza: “ANIMAS DEL ROMEU / SAN ANDRES DE
COMESAÑA”.
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
f) Castro de CasásLocalízase no barrio de Casás, nunha elevación de 100 metros de altitude, na
parroquia de Comesaña. Trátase dun filón na cima e ladeira do monte. O recinto principal, ten
unha zona máis elevada hacia o Leste, defendido por terraplens. A nivel inferior cara o sector
setentrional, presenta un aterramento.
No recinto superior, na zona máis elevada, ten unha gran concentración de materiais
cerámicos podendo localizarse fragmentos de ánforas e cerámica común romana.
A superficie total situase arredor das 2’6 hectáreas.
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
2.2 Patrimonio etnográficoa) Fontes, e lavadoiros.Na parroquia a auga está presente en cada recuncho: No monte, na zona cultivable
en forma de levadas e ríos, nos que se facían presas para conducir a auga aos campos
traballados.
Fonte Camiño da Pedreira (1906) Lavadoiro de Sanín (1924)
b) MuiñosA relación máis antiga dos muíños da parroquia é a do catastro de Ensenada, feito en
Vigo e freguesías no ano 1752.
Muíño do Crego Muíño novo
2.3 Patrimonio natural
Parque Forestal A GUIEIRA
Superficie: 29.200 m2
Accesos:
-Pola estrada a Valadares en dirección a Vigo, collendo a saída a Matamá.
-Pola estrada de Matamá a O FREIXO, pasando o cruce do O FREIXO a man
dereita.
2.4 Actividade socialA actividade social organízase, desde 1991, na Sociedade veciñal cultural deportiva
NAUTILIUS (SVCD NAUTILIUS), coa atención especial a temas de urbanismo e medio
ambiente. Súa labor reivindicativa foi concluinte para pechar o antigo vertedeiro de O ZONDAL.
3.-CONCLUSIÓNS
¿Porqué conservar o Patrimonio?
Os edificios e monumentos do Patrimonio Historico, representan elementos que
pertencen a historia e tradición dun un país que chegarán as futuras xeracións.
Supoñen unha fonte importante de ingresos. ¿É un bo negocio? Pois sí. O turismo
xera importantes oportunidades de traballo e desenvolven novas infraestructuras.
España, ten no turismo unha das claves de desenvolvemento económico de
moitísimos Concellos, porque permite disfrutalos a turistas de todo o mundo.
E como remate, ¿quén non se fixo unha foto diante de algún monumento ou dunha
árbore milenaria?, pois polo tanto tamén e un pracer.
¡É ALGO DO QUE DEBEMOS ESTAR ORGULLOSOS!
.
4.- BIBLIOGRAFÍA, RECURSOS WEB E NOTAS
1.- Concello de Vigo.
2.- Xunta de Galicia.
https://cultura.xunta.es
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC).
Bens inventariados.
Bens catalogados.
NOTAS
(1) Xerardo Sacau Rodríguez (1940 – 2010).
Filólogo.
Director do Instituto de Estudios Vigueses.
Fundador do Aula de Toponimia Galega.