Post on 17-Mar-2020
XENÉTICA FONTAO
OS TOUROS DE XENÉTICA FONTAO LIDERAN AS PRIMEIRAS PROBAS
XENÓMICAS ESPAÑOLAS
Nº14 Decembro 2012
VISITA DO DIRECTOR XERAL DE AGRICULTURA DA COMISIÓN EUROPEA E DE ÁNGEL CARRACEDO
TORREL, NOVO SEMENTAL NÚMERO 1 DE ESPAÑA
DELETE, O REI DO TIPO
TORREL – Nº 1 ICO
DELETE – Nº 1 TIPO
BETANZOS – Nº 1 UBRES
DUNO – Nº 1 LEITE
GOSPELL – Nº 2 ICO
CORTOBE – Nº 4 ICO
XACOBEO – Nº 5 ICO
STOP – Nº 1 ICO
ELSAR – Nº 2 ICO
BRANDSON – Nº 3 ICO
ARMÓNICO – Nº 5 ICO
CANCELLARA – Nº 6 ICO
ENÓMICOS
Arroxos DELETE Xintia
... A mellor xenética de mañá ENÓMICOS
TORREL
Os mellores touros de hoxe...
STOP
STOP - Nº 1 ICO
ELSAR - Nº 2 ICO
BRANDSON - Nº 3 ICO
ARmóNICO - Nº 5 ICO
CANCELLARA - Nº 6 ICO
TORREL - Nº 1 ICO
DELETE - Nº 1 TIPO
BETANZOS - Nº 1 UBRES
DUNO - Nº 1 LEITE
GOSPELL - Nº 2 ICO
CORTOBE - Nº 4 ICO
XACOBEO - Nº 5 ICO
torrel_stop_final.indd 1 10/12/2012 22:10
Xenética fontao DECEMBRO 2012 3EDITORIAL
XENÉTICA FONTAO
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: xeneticafontao.agri@xunta.esWeb: www.xeneticafontao.com
PRODUCIÓN:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: transmedia@ctransmedia.comWeb: www.transmedia.es
Tirada :7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
Callobro Xacobeo Valdeteja GZ
ÍNDICE
ÚLTIMAS PROBAS DE CONAFE ...
TOUROS PROBADOS:
TORREL..........................................
DELETE..........................................
BETANZOS......................................
CONCURSOS..................................
VISITAS AO CENTRO.......................
Antía e Unai (SC Unai Celeiro, Lugo) con Vega DELETE Paula (CB Vega, Lugo)
4
9
13
16
19
21
OS TOUROS DE XENÉTICA FONTAO LIDERAN AS PRIMEIRAS PROBAS XENÓMICAS
A confirmación da calidade dos semen-
tais xa coñecidos en anteriores probas
(como Betanzos, Lautamic, Lasson ou
Duno) e a irrupción con forza dalgúns
novos como Torrel, o flamante nº 1 por
ICO de España; Cortobe, como nº 4; ou
Delete, o nº 1 por tipo, nº 2 por ubre e nº
1 para lonxevidade do TOP 50 ICO, xunto
cunha presenza importante dos touros
novos de Xenética Fontao no TOP 50 dos
touros xenómicos (sen fillas), e en con-
creto nos primeiros postos (Stop, Elsar,
Brandson, Armónico e Cancellara), ase-
guran unha oferta de material xenético
moi competitiva e de altísima calidade
no momento actual e, aínda máis impor-
tante, de cara ao futuro próximo.
Xenética Fontao ten:
• 8 dos 10 mellores touros por ICO.
• 18 dos 25 mellores touros por ICO.
• 26 dos 50 mellores touros por ICO.
En canto aos distintos rasgos de pro-
dución e/ou tipo, Xenética Fontao conta
con:
• 9 dos 10 mellores touros para kg de
leite, encabezando a lista Duno, Lasson,
Torrel e Gospell.
• 8 dos 10 mellores touros para kg
de graxa, entre eles os catro mellores:
Once, Lautamic, Gospell e Lasson.
Estas son as primeiras probas españolas que incorporan a información xenómica dos sementais e nelas Xenética Fontao volve copar os primeiros postos. Os touros ga-legos son, sen dúbida, os mellores sementais en activo de propiedade española, tanto para o índice combinado (ICO) coma para os caracteres de produción e tipo.
Piñeiro TORREL 8370
• 9 dos 10 mellores touros para kg de
proteína, entre eles Once, Gospell, Lau-
tamic e Torrel no máis alto da lista.
• 5 dos mellores touros para IXT, cos
tres primeiros: Delete, Betanzos e Gos-
pell.
• 5 dos 10 mellores para IPP. Torrel,
Elegant, Xacobeo e Delete nos catro pri-
meiros postos.
• 5 dos mellores 10 touros para ICU,
con Betanzos e Delete como nº 1 e nº
2 para este carácter, respectivamente.
Estas son algunhas pinceladas sobre
algúns dos touros máis destacados des-
tas probas:
TORREL(BOLTON X ALLEN X DURHAM)
Un Bolton x Allen x Durham descen-
dente da famosa vaca Gillette-I Durham
Jericho EX-CAN 15* que irrompe con
forza na súa primeira proba oficial. Non
soamente é o nº 1 da lista dos mellores
touros españois por ICO, senón que To-
rrel é tamén o nº 1 para patas, o nº 3
para kg de leite e o nº 4 para kg de pro-
teína. Torrel é ademais o mellor de todos
Xenética fontao DECEMBRO 20124 PROBAS
Cañamar DUNO 5708
Veigueiro CORTOBE Malpica
os touros (nacionais ou estranxeiros) con
proba española, superando mesmo ao
seu pai, o propio Bolton.
GOSPELL(GOLDWYN X BW MARSHALL X RUDOLPH)
Non engade novas fillas e a súa proba
mantense estable. Sitúase no posto nº 2
da lista despois de Torrel e segue sendo
un dos fillos de Goldwyn con máis poten-
cial leiteiro do panorama internacional.
Gospell é o touro nº 4 para kg de leite,
nº 2 para kg de proteína, nº 3 para kg
de graxa e nº 3 para tipo da listaxe dos
mellores touros españois. Así mesmo,
Gospell é, tras Torrel, o segundo mellor
touro de todos os que teñen proba espa-
ñola (nacionais ou estranxeiros).
CORTOBE(BOLTON X FINLEY X DURHAM)
Trátase doutro destacado fillo de Bol-
ton que se sitúa no posto nº 4 por ICO
cunha proba moi equilibrada, con altas
producións, tipo moi balanceado e bos
caracteres funcionais. Cortobe procede
dunha gran familia de vacas, a “Juror
Faith”, e (do mesmo xeito que Torrel) ten
un pedigree diferente sen sangue Gold-
wyn, Shottle, O Man ou BW Marshall, o
que fai que sexa un touro de fácil aco-
plamento sobre a poboación actual de
vacas.
XACOBEO(BW MARSHALL X RUDOLPH X MANDEL)
Quen liderou a lista dos mellores tou-
ros españois durante tres anos seguidos
é aínda hoxe o mellor dos touros deste
país cun 99% de fiabilidade. Poucos se-
mentais superan as expectativas co seu
segundo grupo de fillas como o fai Xa-
cobeo. Cunhas 20.000 fillas rexistradas
en España, case 5.000 destas en produ-
ción e unhas 4.000 fillas cualificadas,
as súas cifras mantéñense estables.
Conforman o seu patrón de transmisión
unha incrible combinación de moito lei-
te con proteína, moi boas patas, ubres
excelentes e tipo de concurso. A nivel
internacional, os comentarios sobre a
descendencia de Xacobeo son realmen-
te positivos; as súas fillas destacan en
todos os países como grandes produto-
ras de leite e tamén captan a atención
dos xuíces e do público en xeral nas pis-
tas dos concursos.
LASSON(BOLTON X CHAMPION X MTOTO)
Este membro da rama española da fa-
milia “Laurie Sheik” é outro dos fillos de
Bolton destacados do panorama nacio-
nal. Lasson foi o primeiro fillo de Bolton
en recibir proba en España e agora, tras
a súa segunda proba oficial, segue á ca-
beza da lista dos mellores touros para
kg de leite, por detrás de Duno, e é o nº 4
para kg de graxa.
DUNO(BLITZ X JOLT X WADE)
Unha auténtica máquina de produción
de leite. O mellor fillo de Blitz probado
en España resulta insuperable en termos
produtivos. Pasados dous anos dende a
publicación da súa primeira proba oficial,
triplicou o seu número de fillas e segue
sendo o indiscutible nº 1 en kg de leite.
Xenética fontao DECEMBRO 2012 5PROBAS
As súas fillas en segundos e terceiros
partos chaman a atención de quen as
moxe pola facilidade coa que poden che-
gar a producir 60 kg por día.
LAUTAMIC(GOLDWYN X TITANIC X IGNITER)
Este semental con 2.000 fillas rexistra-
das (de primeira colleita) e con case 800
na súa proba alcanza nesta a súa cuar-
ta proba oficial o 99% de fiabilidade que
normalmente acadan os touros co seu
segundo grupo de fillas. As “Lautamic”
son vacas de altas producións de leite
con excelentes calidades (nº 2 para kg
de graxa e nº 3 para kg de proteína) e
moi boa morfoloxía, con ubres de cali-
dade, moi funcionais e cun grande estilo
leiteiro.
BETANZOS(SHOTTLE X MORTY X JAMES)
Sen dúbida o mellor fillo de Shottle
probado en España. Betanzos confírma-
se na súa terceira proba oficial como un
touro de “superubres” e de “supertipo”:
mantense como o touro nº 1 para ubres
de España e como o nº 2 para tipo. As
“Betanzos” son boas produtoras de leite,
posúen excelentes sistemas mamarios e
teñen alta lonxevidade e baixísimos re-
contos celulares.
DELETE(GOLDWYN X DURHAM X STORM)
Flamante nº 1 en tipo, nº 2 en ubre e nº 1
en lonxevidade do TOP 50 ICO. Delete pa-
sou de ser un prometedor touro xenómico
descendente dunha das mellores vacas
da raza e dunha destacada familia a ser
unha realidade, unha rotunda confirma-
ción, a que todos estabamos a esperar. As
súas fillas xa chamaban a atención como
xovencas na pista dos concursos pola súa
estatura, tremendo estilo e gran calida-
de leiteira; ao transformarse en vacas e
desenvolver excelentes sistemas mama-
rios son animais moito máis impactantes.
As fillas de Delete mostran extrema ca-
lidade e serán animais que se desenvol-
verán cos partos e darán moito que falar.
Sen dúbida, un touro que fará historia,
aínda que isto non fixo máis que comezar.
Cañamar LASSON 7420
Outros touros cuxas probas apenas so-
fren variacións, por non incluír fillas de
segundo grupo ou porque se manteñen
ou melloran lixeiramente en diversos
caracteres a pesar de engadir novas fi-
llas de primeiro grupo, son: BOER, BO-
NABAL, GOL, GOLIAT, ARANSER, CRE-
GO, MEGALONSO ou MAHER. Mención
especial merece ELEGANT; con miles de
fillas permanece no TOP 50 ICO (nº 36)
e é un dos mellores sementais do pano-
rama nacional para patas, % de proteína
e lonxevidade e o segundo mellor touro
por ICO dentro dos máis fiables (99%
para produción e tipo), soamente detrás
do gran Xacobeo.
OUTRAS NOVIDADES DO TOP 50 ICOOutras novidades do TOP 50 ICO dignas
de mención son:
AMBAR(SHOTTLE X OUTSIDE X AARON)
Este fillo de Shottle da familia
“Bellwood Linda” posúe unha proba moi
equilibrada para produción e tipo, con
El Moral XACOBEO Daminia
Xenética fontao DECEMBRO 20126 PROBAS
ELSAR
STOP
moi baixos RCS, que o leva directamente
ao posto nº 19 por ICO.
ZAFIRO(LOU X MORTY X RUDOLPH)
Da familia “Mark Maui”, é un touro
cun pedigree diferente e unha boa pro-
ba para kg de leite e destacada para
tipo.
Isto en canto aos touros con proba
de descendencia, cuxos índices nes-
ta ocasión, e por primeira vez no noso
país, son o resultado de ter en conta
tanto a súa xenómica coma a súa proba
de descendencia.
TOUROS NOVOS DESTACADOS En canto aos touros novos (aínda sen
proba de fillas), os seus índices xené-
ticos recentemente publicados corres-
ponden á combinación da súa xenómica
e os seus valores de índices de pedi-
gree. Nesta lista, o liderado de Xenéti-
ca Fontao é tamén evidente, pois sitúa
27 dos seus touros novos na lista dos
50 mellores. Estes touros novos des-
tacan evidentemente polos seus altos
valores xenómicos, pero tamén, como
non podía ser menos, por proceder de
grandes familias de vacas e por ser
fillos de pais de sementais de rabiosa
actualidade (Snowman, Super, Niagra,
Beacon etc.). Cabe salientar, entre ou-
tros, os seguintes:
STOP(SNOWMAN X BAXTER X GOLDWYN X DURHAM)
O nº 1 dos touros xenómicos españois.
Este xovenco responde ao seguinte pe-
digree: Snowman x Baxter x Goldwyn
x Durham (familia “Lila Z”). Ademais
dun pedigree de moita actualidade,
os seus altos índices para produción
de leite, graxa e proteína, os seus bos
datos para RCS e lonxevidade e a súa
alta proba de tipo fano merecedor dun
ICO de 3.574 e de dominar en absoluto
a lista dos mellores touros xenómicos
españois.
ELSAR(SUPER X BW MARSHALL X AARON)
É o nº 2 da lista de xenómicos. Este
fillo de Super é un irmán materno de
Snowman, pois ambos os dous son fi-
llos da famosa nai de sementais Broeks
MBM Elsa ET, que tamén é a avoa ma-
terna de Delano. Elsar non soamente é
o touro nº 2 xenómico por ICO, senón
tamén o nº 1 para ubres dos case 600
touros da lista de xenómicos.
BRANDSON(SNOWMAN X SOCRATES X GOLDWYN X DURHAM)
O touro xenómico nº 3 da lista é un
fillo de Snowman descendente da pres-
tixiosa “Regacrest-PR Barbie”, familia
de vacas que deu lugar aos máis desta-
cados individuos para índices de tipo a
nivel internacional, tanto machos coma
femias. Brandson transmite un auténti-
co torrente de leite con moi boas calida-
des e un tipo moi equilibrado.
Xenética fontao DECEMBRO 2012 7PROBAS
ARMÓNICO(SNOWMAN X BOLTON X DURHAM X RUDOLPH)
É o touro nº 5 dos mellores xenómicos
españois. Outro fillo de Snowman, neste
caso combinado na familia “Mark Pru-
dence”, famosa polos destacados touros
probados aos que deu lugar en diversos
países. A súa proba xenómica é máis que
“harmónica”, pois reflicte moi boa mor-
foloxía e elevadísimas cantidades de lei-
te e proteína.
CANCELLARA(SNOWMAN X BOLTON X SHOTTLE X DURHAM)
Este fillo de Snowman e da famosa filla
de Bolton Giessen Cinderella 20 descende
das “Cinderellas”, quizais a mellor rama
descendente da lendaria familia “Roxy”.
GILETTE(NIAGRA X ROUMARE X AARON X ESQUIMAU)
Sen dúbida todo un outcross ou pedigree
diferente e orixinal. Este fillo de Niagra
procede do corazón da coñecida familia
“Grietje”. Na súa proba destacan os altí-
simos valores para produción de leite e
proteína, así como para ubres.
SEELER(SUPER X GOLDWYN X SHOTTLE)
Este fillo de Super é sobresaliente en ca-
lidades de leite, morfoloxía (sobre todo en
ubres, pois sitúase como o nº 2 dos touros
xenómicos españois para este rasgo, tras
Elsar) e tamén para caracteres funcio-
nais: alta lonxevidade e moi baixos RCS.
SERGUDE(SNOWMAN X COLBY X SHOTTLE)
Este xovenco de peculiar pedigree é un
descendente de Regan-Joy Durham Rege-
nia (familia “Saturday”) cunha proba moi
equilibrada para tipo e altas producións
de leite, graxa e proteína.
MALIBOE(BEACON X GOLDWYN X OMAN X DURHAM)
Outro xovenco de bo pedigree e mellor
familia. Altas producións de leite con boas
calidades de graxa e proteína, tipo desta-
cado e excelentes caracteres funcionais. A
súa nai, Caps Mairy 4, está demostrando
un alto poder de transmisión ao dar lugar
MALIBOE
a descendentes (machos e femias) con al-
tas xenómicas e con diferentes sementais.
BEARIZ(BEACON X BOLTON X OMAN X DURHAM)
O segundo mellor fillo de Beacon dos
xenómicos españois tras Maliboe e cunha
moi boa proba: leite con calidades, bo tipo
e destacados caracteres funcionais.
Entre o TOP 25 dos mellores touros xe-
nómicos españois tamén atopamos a:
• BOS MAN O MAN MAORI ET (MAN O MAN X SHOTTLE)
• APINA FERROL (FREDDIE X PLANET)
• GIESSEN CURTIS (SNOWMAN X BOLTON)
• BOW SNOW FALCO (SNOWMAN X GOLDWYN)
• HS IOTA TUNANTE (IOTA X BOLTON)
SEELER
Xenética fontao DECEMBRO 20128 PROBAS
Xenética fontao DECEMBRO 2012 9TOUROS PROBADOS
Cun ICO de 3.436, Torrel sitúase cla-
ramente á cabeza da lista dos mellores
sementais probados españois tras a súa
primeira proba oficial. Altísimas cifras
para produción de leite (+1.708 kg) e unha
gran morfoloxía (IXT: +2,20), xunto con
excelentes caracteres secundarios (RCS:
+103, lonxevidade: +109) e unha fiabilida-
de superior ao 85%, xustifican sobrada-
mente o novo liderado.
Este touro de cinco anos de idade mos-
tra un gran desenvolvemento corporal.
A súa presenza é realmente impactante:
grande estatura, peito ancho, forte lom-
bo, grupa moi ancha e ben balanceada e
un profundo costelar. O conxunto reflicte
un animal de grande estrutura e capaci-
dade e cunha tremenda fortaleza.
O PAI: BOLTON
Sandy-Valley Bolton EX-90 USA GM EX-
TRA pasará á historia como un dos gran-
des sementais da raza, non soamente po-
los seus miles de fillas en todo o mundo
con altas producións de leite e gran cali-
dade de ubres e patas, senón tamén pola
multitude de fillos seus que actualmente
lideran as listas dos mellores touros en
distintos países europeos e americanos.
Bolton era un fillo de Luke Hershel e
da vaca Sandy-Valley Blessing ET MB-
88 USA GMD DOM 6*, filla á súa vez da
famosa Ricecrest Bwood Brianne-ET
MB-88 USA GMD DOM e neta da non
menos coñecida Ricecrest Southwind
Kaye-ET MB-87 USA GMD DOM 3*. A
familia materna de Bolton completa sete
Bos Seijo Bolton Torrel ET é o novo líder das últimas probas oficiais de sementais publicadas recentemente por Conafe e que inclúen por primeira vez en España a va-loración xenómica. Torrel, o novo nº 1 da lista ICO, responde ao cruzamento Bolton x Allen x Durham x Leadman. Este fillo de Bolton descende dunha prestixiosa familia de vacas americana que deu lugar a individuos de gran renome e fama internacional, como é o caso de Gillette-I Durham Jericho EX-CAN 15*, a avoa materna de Torrel.
Bos Seijo Bolton TORREL ET
TORREL, O NOVO LÍDER
xeracións de vacas MB ou EX en USA,
todas elas GMD DOM, e é recoñecida
internacionalmente polo forte potencial
leiteiro que transmitía. Cabe lembrar
algúns dos touros máis “leiteiros” da
raza e descendentes desta familia, como
Ricecrest Marshall ou Ricecrest Lantz
(ambos os dous fillos da bisavoa de
Bolton, Southwind Kaye, con Mandel e
con Cleitus Luke, respectivamente).
Coa publicación da primeira proba de
descendencia de Bolton, alá polo ano
2007 e liderando a listaxe TPI USA, o seu
patrón de transmisión quedou xa moi cla-
ro: altas producións de leite con boas ca-
lidades e unha destacada morfoloxía, so-
bre todo no relativo aos rasgos de ubres
e patas. Despois chegaría a súa proba de
descendencia no Canadá e noutros países,
con patrón moi similar á proba USA, e o
seu segundo grupo con miles de fillas en
todo o mundo foi pronto unha realidade.
O mesmo ocorreu no noso país, onde foi
un semental moi utilizado e hoxe en día é
o touro nº 3 dos mellores touros proba-
dos en España (incluíndo neste caso tanto
touros nacionais coma estranxeiros), por
detrás do seu fillo Torrel (nº 1) e de Gos-
pell (nº 2).
Con todo, antes da chegada do seu
segundo grupo de fillas, a Bolton
rodeábao un halo de escepticismo ou certa
desconfianza ata certo punto entendible,
Xenética fontao DECEMBRO 201210 TOUROS PROBADOS
pois cando se botaba unha ollada ao seu
pedigree era difícil ver algo máis que
altas producións na súa liña xenética:
Luke Hershel x Convincer x Belwood
x Southwind. E é que coa presenza no
seu pedigree dalgúns dos touros máis
leiteiros da historia da raza, custaba crer
que Bolton puidese transmitir ubres de
altísima calidade, con gran textura, ben
inseridos, con forte ligamento e, sobre
todo, con pouca profundidade. Non
obstante, o tempo, como acostuma a ser
habitual, encargouse de facer xustiza, e
aínda que é verdade que Bolton tivo fillas
que desempeñaron un gran papel nas
pistas de concursos de todo o mundo,
tratouse de algo puntual, e é certo que
este non é o seu punto máis forte, pois
fronte á alta calidade de ubres e patas
adoitaba coexistir unha certa falta do
estilo xeral, da extrema elegancia ou da
feminidade que tanto recoñecemento
cultivan nas pistas.
De todos os xeitos, desde a publicación
das súas primeiras probas de descenden-
cia raro foi o centro de inseminación que
non apostou fortemente por Bolton como
pai de sementais, e así o fixo Xenética Fon-
tao, onde rapidamente entraron fillos del
en testaxe. Tanto é así que non soamente
destaca hoxe Torrel, senón tamén Lasson
(Bolton x Champion), o primeiro fillo proba-
do de Bolton en España e actual nº 6 do TOP
50 ICO; Cortobe (Bolton x Finley), o nº 4 da
devandita clasificación; ou Brianne (Bolton
x Morty), entre outros.
Cando Bolton deu os mellores resul-
tados foi ao cruzarse con vacas proce-
dentes de familias con alta morfoloxía e,
sobre todo, de grande estrutura e capa-
cidade, profundas de costela, con anchas
grupas e co suficiente estilo; este foi o
caso de Bos Allen Jeny ET, nai de Torrel,
e de Gillette-I Durham Jericho, a súa avoa
materna.
A FAMILIA MATERNA
A nai de Torrel, Bos Allen Jeny ET MB-
89, completa oito xeracións dunha desta-
cada familia americana de vacas e é unha
filla de Allen e de Gillette-I Durham Jeri-
cho EX-CAN 15*, nai de sementais como
Jordan e Jerrick, entre outros.
Jeny naceu hai uns sete anos froito dun
embrión xunto cun macho, o seu irmán
completo Bos Allen Altus ET, que chegou
a ser semental probado en Xenética Fon-
tao, cunha boa proba para tipo, sobre todo
para ubres, e excelente para caracteres
secundarios como RCS e lonxevidade, inda
que frouxa para produción de leite.
TORRELVeigueiro TORREL Nieves
TORRELPinta TORREL
Altísimas cifras para produción de leite (+1.708 kg) e unha gran
morfoloxía (IXT: +2,20), excelentes caracteres secundarios (RCS:
+103, lonxevidade: +109) e unha fiabilidade superior ao 85%
xustifican sobradamente o novo liderado de Torrel
Xenética fontao DECEMBRO 2012 11TOUROS PROBADOS
Altus non foi o único fillo de Jericho en
entrar en testaxe en Xenética Fontao, pois
tamén o fixo Bos Buckeye Bubu ET, que
está actualmente en espera de proba.
Jeny é unha vaca de alta morfoloxía,
cualificada en segundo parto MB-89 SM-
89, cunha grande estrutura, moi boas pa-
tas, grupa moi ancha e ben balanceada e
un ubre extraordinario. As súas produ-
cións de leite non deixan lugar a dúbida;
nas súas tres lactacións naturais produ-
ciu case 42.000 kg de leite ao 3,70% de
graxa e o 3,39% de proteína. Bos Allen
Jeny ET ten polo menos 14 descendentes
rexistrados, e Torrel foi o seu primeiro fi-
llo, froito dun embrión que naceu mesmo
antes de que a súa nai tivese o primei-
ro parto no que naceu quizais a súa filla
máis interesante ata o momento (e irmá
materna de Torrel): Bos Goldwyn Jessy,
que se cualifica MB-85 en primeiro par-
to con ubre excepcional (MB-88) e pecha
unha primeira lactación con case 11.000
kg de leite (en 305 días) ao 3,42 % de pro-
teína. Jessy ten actualmente dúas intere-
santes fillas con Xacobeo: Bos Cochero
Xacobeo Jessica ET MB-85 SM-86 e Bos
San-Rian Jersey Xacobeo ET. Estas dúas
descendentes da vaca Gillette-I Durham
Jericho teñen moi boa morfoloxía e des-
tacados valores xenómicos en base USA
tanto para produción coma para tipo. A
aposta de Xenética Fontao por esta fa-
milia non quedou en Torrel, senón que se
prolonga nos fillos das mencionadas Xa-
cobeo; dous fillos de Man O Man e de Bos
Cochero Xacobeo Jessica ET xa se atopan
no centro e proximamente incorporarase
un fillo de Bos San-Rian Jersey Xacobeo
ET con Super Chap.
A avoa de Torrel, Gillette-I Durham Jeri-
cho EX-CAN 15*, foi unha vaca destacada
pola súa morfoloxía e ademais polas al-
tas producións alcanzadas (case 90.000
kg de leite producidos en catro lactacións
ao 3,70% de graxa e o 3,20% de proteí-
na), sendo unha das fillas de Durham con
mellores índices xenéticos en América, e
pola gran calidade da súa numerosa des-
cendencia (máis dunha trintena de indivi-
duos, soamente no Canadá), entre a que
figuran recoñecidos touros probados e
algunhas fillas moi destacadas, como a
irmá completa de Bos Allen Jeny ET (a nai
de Torrel), chamada Gillette Allen Jessee
ET EX-92 SM-94 2E. Os antepasados de
Jericho vía femia son vacas canadenses
e americanas cheas de méritos e que se
remontan máis de 50 anos nos libros xe-
nealóxicos deses países. Na vía paterna
figuran algunhas estrelas da raza coma
Leadman, Arlinda Rotate ou Elevation
Tony, entre outras.
A PROBA
Tras a súa primeira proba oficial, Torrel
lidera a lista dos mellores touros espa-
ñois por ICO. As cifras para produción de
leite son impresionantes (+1.708 kg de lei-
te con 45 kgG e 42 kgP); tanto é así, que
se situaría no posto nº 3 do ranking dos
mellores touros españois para kg de lei-
te e no nº 4 para kg de proteína. Para un
semental que transmite tan altas produ-
cións, os datos da súa proba de tipo son
realmente fascinantes: 2,20 para IXT, 1,78
ICU e 2,31 IPP son índices que denotan un
grande equilibrio e un gran balance mor-
folóxico, destacando sen dúbida o rasgo
de patas e pés, para o que é o touro espa-
ñol nº1 do TOP 50 ICO.
As fillas de Torrel mostran á perfec-
ción o mellor da liña macho do seu pe-
digree: Bolton x Allen x Durham. Son
animais altos e angulosos, con bo pei-
to e adecuada profundidade de costela,
fortes de lombo e con boa capacidade.
As grupas son limpas, con anchura
aceptable e boa colocación de isquions.
Os ubres están preparados para durar
moito tempo a pesar das altas produ-
cións que soportan, pois teñen moita
calidade, fortes insercións (sobre todo
dianteira), bo ligamento e moi escasa
profundidade.
É certamente excepcional ver un tou-
ro con máis de 1.700 kg de leite na súa
proba de produción e case un 2 na pro-
fundidade de ubre; este último é un dato
verdadeiramente atractivo de Torrel
que denota algo que buscamos actual-
mente nas nosas vacas pero que é moi
difícil de conseguir: altas producións
de leite con ubres moi recollidos. Ou-
tro dato importante é a boa colocación
dos tetos no ubre, tanto os anteriores
coma os posteriores, así como a súa co-
rrecta lonxitude. Todo iso fai dos ubres
das fillas de Torrel ubres ideais para
modernos sistemas de muxido coma os
robots.
Portela Rivas TORREL Nucha
Xenética fontao DECEMBRO 201212 TOUROS PROBADOS
As patas son o rasgo morfolóxico máis
sobresaliente das “Torrel”. Un forte án-
gulo podal e unha moi correcta forma do
pé, xunto cunha excelente vista posterior
e unha gran calidade de óso, fan que se-
xan vacas cunha magnífica mobilidade.
Os bos índices para caracteres funcio-
nais como RCS (103) e lonxevidade (109),
engadidos aos xa vistos excelentes datos
para produción e tipo, fan de Torrel o novo
líder da primeira lista ICO da historia da
raza frisoa en España.
ACOPLAMENTO
O apareamento ideal de Torrel é sobre
aquelas vacas que necesitan unha me-
llora tanto de produción coma de mor-
foloxía. Torrel incrementará claramente
o potencial leiteiro destas dando lugar
a animais con boas estruturas, grupas
funcionais con boa colocación de is-
quions, ubres de calidade ben inseridos
e moi recollidos e patas e pés excelen-
tes.
Outra gran vantaxe á hora de usar To-
rrel é o seu pedigree, diferente e en boa
medida exclusivo ao estar libre de san-
gue Goldwyn, BW Marshall, O Man ou
Shottle. Convértese por iso nunha moi
boa opción para todas aquelas vacas que
procedan das mencionadas liñas xenéti-
cas. Torrel é un cruzamento ideal sobre
fillas de:
• Fillos de BW Marshall: Xacobeo,
Buckeye etc.
• Goldwyn e fillos: Gospell, Lautamic,
Delete, Glinye, Goliat, Gol, Crego.
• Shottle e fillos: Betanzos, Maher,
Nadal, Lombo.
• Boliver e fillos: Boer e Bonabal.
• Toystory e fillos: Megalonso.
• Talent e fillos: Vidueiro, Magrebí.
• O Man e fillos: Once, Ordes, Tranquil.
E sobre as fillas de Elegant, Bisbal,
Aranser e Ámsterdam.
XENEALOXÍA
♀WINDEMERE-MASMILL JELLYBEAN EX-90 USA GMD 6*(ROTHROCK TRADITION LEADMAN)
↓
♀GILLETTE-I DURHAM JERICHO EX-90 SM-92 CAN 15*(REGANCREST ELTON DURHAM ET)
↓
♀ BOS ALLEN JENY ET MB-89(CANYON-BREEZE ALLEN ET)
↓
♂ BOS SEIJO BOLTON TORREL ET(SANDY-VALLEY BOLTON ET)
PRODUCIÓN
CARACTERES SECUNDARIOS
LEITE 1.708 kg GRAXA 45 kg -0,15% PROTEÍNA 42 kg -0,11%
Fiabilidade: 91% Fillas: 77 Rabaños: 67
LONXEVIDADE 109 (Fiab. 67%) R.C.S. 103 (Fiab. 85%)
As súas fillas son animais altos e angulosos, con bo peito e adecuada profundidade de costela, fortes de lombo e con boa capacidade. As grupas son limpas, con anchura aceptable e boa colocación de isquions. Os ubres
están preparados para durar moito tempo a pesar das altas producións que soportan, pois teñen moita calidade, fortes insercións (sobre todo dianteira),
bo ligamento e moi escasa profundidade
CONFORMACIÓN Fiabilidade: Fillas: Rabaños:
ÍNDICE TIPO (IXT)AngulosidadeI. CAPACIDADE (ICAP)EstaturaAnchura peitoProfund. corporalAnchura grupaÁngulo grupaI. PATAS E PÉS (IPP)Membros e apromosÁngulo podalVista lateralVista posteriorMobilidadeÍNDICE UBRE (ICU)Inserción anteriorAltura ins. posteriorLigamento suspensorProfundidade ubreCol. tetos anter.Col. tetos post.Lonxitude tetos
0-1-2 1 2
0-1-2 1 2
93 % 80 68
2,201,351,262,460,550,850,450,552,312,032,59
-0,822,131,771,782,131,590,351,980,12
-0,150,56
AltoMoi ang.GrandeAltaAnchoMoi fondaAnchaBaixoDesexableDesexablesAltoRectaDesexableBoaDesexableForteAltaForteRecollidoDebaixoFóraLongos
Xenética fontao DECEMBRO 2012 13TOUROS PROBADOS
Fiabilidade: 91% Fillas: 77 Rabaños: 67
Delete é froito do prolífico flushing de MD-
Delight Durham Atlee ET con Goldwyn, que
superou a vintena de embrións, dos que
xurdiron destacadísimos machos e femias.
Actualmente, as súas irmás completas (e
xa os seus correspondentes descendentes)
son dos animais que máis interese esper-
tan en todo o mundo e os seus irmáns com-
pletos son algúns dos touros máis positivos
Ridgefield Delete ET é o novo “rei do tipo”. O que fora un dos touros xenómicos máis destacados para morfoloxía, descendente dunha das familias de vacas con máis re-nome internacional (“Chief Adeen”), é hoxe un touro con proba de descendencia en España (e proximamente noutros países) que se engade aos seus valores xenómicos e o confirma como un auténtico nº 1 para tipo e ubres. Ademais, chaman a atención os seus datos positivos para produción, superiores aos da súa media ducia de irmáns completos con probas en distintos países de Europa e América.
Ridgefield DELETE ET
DELETE: Nº 1 EN TIPO E Nº 2 EN UBRES
para morfoloxía a nivel internacional. E De-
lete non é menos. Aínda que en morfoloxía
se pode equiparar a eles, mesmo tamén
nalgún rasgo tan importante como ubres,
supera a case todos os seus irmáns e en
produción resultou ser o mellor de todos.
Sen dúbida, é toda unha sorte para os gan-
deiros galegos e españois poder ter á súa
disposición a un dos mellores touros do
momento e a un prezo verdadeiramente
razoable.
Delete foi un touro comercializado en boa
parte como touro xenómico, con proba xe-
nómica en base USA e Canadá, con cifras
destacadas para tipo en xeral e ubres en
particular, e foi xa un pedigree moi aprecia-
do polos gandeiros mesmo antes de dispor
Xenética fontao DECEMBRO 201214 TOUROS PROBADOS
PRODUCIÓN
CARACTERES SECUNDARIOS
LEITE 569 kg GRAXA 10 kg -0,11% PROTEÍNA 5 kg -0,14%
Fiabilidade: 92 % Fillas: 80 Rabaños: 50
LONXEVIDADE 123 (Fiab. 62%) R.C.S. 104 (Fiab. 85%)
da súa proba xenómica. Tanto é así, que
Delete ten xa case 1.700 fillas rexistra-
das en España e unha cifra similar no
resto de países (sobre todo en Austria,
Alemaña e O Canadá) cando acaba de
cumprir os cinco anos de idade e de re-
cibir a súa primeira valoración oficial en
España, froito da súa proba xenómica
mais a súa proba de descendencia.
Os datos da súa proba son asombrosos
e superou con fartura todas as expecta-
tivas que auguraban os seus datos xenó-
micos: no Canadá sobe dous puntos en
tipo e é agora +18, en ubres +16 e +13 en
patas, con +867 kg para leite (gaña máis
de 200 kg de leite con respecto aos seus
datos xenómicos). En USA mellora case
medio punto en ubres e é +3,70, e tamén
mellora as súas cifras en patas (+3,03)
e en tipo xeral (+3,61), con +630 Lb para
leite (sobre 501 que tiña na súa proba xe-
nómica de agosto).
No noso país confirma as cifras que
moitos esperabamos e cun 2,78 sitúase
como o absoluto nº 1 para tipo do TOP 50
ICO e como nº 2 en ubre (tras Betanzos),
cun +3,16, e lidera tamén a lista para
lonxevidade cun incrible dato de +123
para este carácter.
A brillante xenealoxía deste semental
foi protagonista do artigo DELETE, todo
un pedigree, publicado no número 6 des-
ta revista. O exemplar está dispoñible en
www.xeneticafontao.com/revista.php.
CONFORMACIÓN Fiabilidade: Fillas: Rabaños:
ÍNDICE TIPO (IXT)AngulosidadeI. CAPACIDADE (ICAP)EstaturaAnchura peitoProfund. corporalAnchura grupaÁngulo grupaI. PATAS E PÉS (IPP)Membros e apromosÁngulo podalVista lateralVista posteriorMobilidadeÍNDICE UBRE (ICU)Inserción anteriorAltura ins. posteriorLigamento suspensorProfundidade ubreCol. tetos anter.Col. tetos post.Lonxitude tetos
0-1-2 1 2
0-1-2 1 2
90 % 57 39
2,781,690,602,61
-0,330,080,22
-1,021,651,971,80
-0,430,301,763,162,333,132,783,19
-0,361,251,31
AltoMoi ang.GrandeAltaEstreitoMoi fondaAnchaAltoDesexableDesexablesAltoRectaDesexableBoaDesexableForteAltaForteRecollidoFóraDebaixoLongos
Arroxos DELETE Xintia
No noso país, Delete confirma as cifras que moitos esperabamos
e cun 2,78 sitúase como o absoluto nº 1 para tipo do TOP
50 ICO e como nº 2 en ubre, cun +3,16, e lidera tamén a lista para lonxevidade cun incrible dato de
+123 para este carácter
PROBA CONAFE 12/2012
Xenética fontao DECEMBRO 2012 15TOUROS PROBADOS
Joma Jasmin DELETE
PRODUCIÓN
LEITE
GRAXA
PROTEÍNA
MÉRITO NETO
CARACTERES FUNCIONAIS
VIDA PRODUTIVA:
R.C.S.:
FACILIDADE DE PARTO:
TAXA PREÑEZ FILLAS:
VITALIDADE XATOS:
(Fiab.
(Fiab.
(Fiab.
(Fiab.
(Fiab.
%)
%)
%)
%)
%)
Fiabilidade:0 600 1200
0 20 40
PRODUCIÓN Fiabilidade: CONFORMACIÓN Fiabilidade:
LEITE
GRAXA
PROTEÍNA
R.C.S.
0 600 1200
0 20 40
ÍNDICE TIPO (IXT)
ÍNDICE UBRE (ICU)
Í. PATAS E PÉS (IPP)
FORTALEZA LEITEIRA
GRUPA
-5 0 105
-5 0 105
PROBA USA 12/2012
PROBA CAN 12/2012
1,30
2,84
9,00
-0,50
9,10
71
74
74
70
64
+630 Lb
23 Lb
5 Lb
+0,00 %
-0,05 %
231 $ Fiab. 79 %
88 %
87 % 84 %
867 kg
30 kg
14 kg
2,83 Fiab. 87 %
-0,03 %
-0,15 %
18
16
13
11
1
Alto
Alto
Alto
Alta
Desexable
PROBA CAN 12/2012 GMLPI 1.545
GTPI 1.899
Joma Parra DELETE
CONFORMACIÓN
ÍNDICE TIPO (IXT)AngulosidadeI. CAPACIDADE (ICAP)EstaturaFortalezaProfund. corporalAnchura grupaÁngulo grupaI. PATAS E PÉS (IPP)Ángulo podalVista lateralVista posteriorÍNDICE UBRE (ICU)Inserción anteriorAltura ins. posteriorAnchura ins. posteriorLigamento suspensorProfundidade ubreCol. tetos anter.Col. tetos post.Lonxitude tetos
0-1-2 1 2
0-1-2 1 2
Fiabilidade:
3,613,202,773,981,261,901,81
-1,093,033,320,042,763,704,035,104,693,873,880,872,001,04
AltoMoi ang.GrandeAltaForteMoi prof.AnchaAltoDesexableAltoCurvaDesexableDesexableForteAltaAnchaForteRecollidoDebaixoDebaixoLongos
86 %
Xenética fontao DECEMBRO 201216 TOUROS PROBADOS
Betanzos nace o día 20 de novembro do
ano 2006 froito dun embrión que respon-
de ao pedigree Shottle x Morty x James
x Rudolph. Naqueles momentos, Shottle
era un touro moi utilizado como pai de
sementais a nivel internacional, e o seu
cruzamento con R-E-W Beyonce ET, vaca
procedente dunha recoñecida familia
americana, deu lugar a Betanzos, que foi
un dos primeiros fillos de Shottle que se
puxo en testaxe en España; o tempo diría
que tamén sería o seu mellor fillo proba-
do neste país.
O PAI: SHOTTLE
Quizais xa estea todo escrito sobre
Shottle, este semental de máis de doce
anos de idade que é recoñecido hoxe
como un dos “grandes da raza” de todos
os tempos.
Bos Shottle Betanzos ET é un touro probado de seis anos de idade que na súa tercei-ra proba oficial se confirma como un auténtico mellorador de tipo en xeral e de todos os rasgos de ubre en particular. As cifras falan por si soas: cun IXT +2,75 e un ICU +3,24, Betanzos é o touro nº 2 para tipo e o nº 1 para ubres do TOP 50 ICO, de acordo cos resultados das probas de Conafe de novembro de 2012.
Foros BETANZOS Festa
BETANZOS: Nº1 EN UBRES E Nº 2 EN TIPO
Foros BETANZOS Festa (Detalle de ubre)
Xenética fontao DECEMBRO 2012 17TOUROS PROBADOS
na liña femia onde Shottle mostra a súa
plena habilidade de transmisión.
É por todo iso que Betanzos ocupa un lu-
gar destacado entre a gran cantidade de
fillos de Shottle a nivel internacional, a
causa en gran parte das boas producións
e, sobre todo, da destacada morfoloxía e
os excelentes sistemas mamarios que lles
transmite ás súas fillas.
A FAMILIA MATERNA
R-E-W Beyonce ET EX-92 USA DOM al-
canzou rapidamente o status de nai de
sementais, pois con apenas tres anos de
idade tiña fillos en proba en distintos cen-
tros de inseminación, entre eles Betanzos
en Xenética Fontao, moi ao contrario que
a nai de Shottle, Condon Aero Sharon, que
contaba xa con nove anos cando Shottle
entrou en testaxe, algo realmente impen-
sable na época actual, na que as nais de
sementais son vacas cada vez máis novas,
mesmo xovencas, o que é cada vez máis
frecuente na “era xenómica” na que nos
atopamos.
Beyonce é unha filla de Morty de altísi-
mas producións (máis de 43.000 kg de lei-
te ao 3,70% de graxa e 3,00% de proteína
producidos nas súas dúas lactacións na-
turais) e moi correcta morfoloxía, que tivo
Esta consideración débese a diversos
motivos, entre eles porque representa á
perfección a internacionalización da xe-
nética de elite, pois é fillo do máis célebre
touro italiano, Carol Prelude Mtoto ET,
fillo á súa vez do touro canadense Prelu-
de e da vaca Dixie Le Blackstar Betsy ET,
descendente da prestixiosa familia ameri-
cana das “Peggy’s”. A nai de Shottle, Con-
don Aero Sharon, foi unha vaca que viviu
no Reino Unido pero que levaba xenes
dalgúns dos máis famosos e recoñecidos
sementais canadenses como Aerostar (o
seu pai), Starbuck (o seu avó paterno) ou
Inspiration (o seu avó materno). Por tan-
to, pai italiano e nai británica, pero ante-
pasados descendentes de liñas xenéticas
procedentes de USA e do Canadá, fixeron
de Shottle un verdadeiro embaixador da
“xenética sen fronteiras”.
Outra das razóns que explican o gran re-
coñecemento do que goza Shottle é, sen
dúbida, a súa proba de descendencia a
nivel internacional. Shottle destaca pola
firmeza no seu patrón de transmisión; as
súas fillas son vacas de boas (aínda que
non extremas) producións de leite con
baixos recontos celulares e boas por-
centaxes de graxa (aínda que non tanto
de proteína), e que case sempre mostran
unha morfoloxía moi equilibrada con boas
patas e mellores ubres, á vez que carecen
de graves defectos. As fillas de Shottle
non adoitan ser vacas demasiado angulo-
sas ou descarnadas, sobre todo nas súas
primeiras lactacións, e isto, xunto coa súa
alta calidade de ubres e patas, quizais teña
unha influencia positiva na alta lonxevida-
de da que fan gala.
Polos motivos comentados, Shottle foi
utilizado intensamente como pai de se-
mentais a nivel internacional e son xa
moitos os fillos probados que aparecen en
boas posicións nas listaxes dos mellores
touros dos principais países. Porén, todo
parece indicar que Shottle pasará á histo-
ria máis como pai de boas vacas (e como
avó materno de sementais) que como pai
de sementais de elite. Aínda que poida ser
un pouco prematuro dicilo, parece que é
preto dunha decena de fillos en centros
de inseminación de América e Europa con
touros diferentes como Shottle, Toystory,
Lou, FBI e Allegro. O mellor deles ata o
momento é sen dúbida Betanzos; a súa
proba de descendencia supera claramen-
te as de todos os seus irmáns, incluído o
seu irmán completo probado no Canadá.
En canto ás fillas de Beyonce, destaca
precisamente a súa filla con Shottle (e
irmá completa de Betanzos) R-E-W Bran-
dy EX-90 USA.
Beyonce responde ao cruzamento Morty
x James x Rudolph e completa dez xera-
cións de vacas MB ou EX USA, todas elas
cos títulos honoríficos de GMD (vaca me-
dalla de ouro) e DOM (vaca nai de mérito);
precisamente, a súa avoa (e bisavoa ma-
terna de Betanzos), a filla de Rudolph Ma-
yerlane Rud Bubble-ET MB-86 USA GMD
DOM 4*, é a nai do touro probado R-E-W-
Buckeye ET.
Ademais de Betanzos, Beyonce tivo outro
fillo como touro probado en Xenética Fontao,
Bos Allegro Albert ET, que (facendo honra á
súa liña paterna) destacaba na súa proba de
produción de leite (+1.273 kg), aínda que as
súas moderadas cifras para tipo, así como
para RCS e lonxevidade, o sitúan lonxe do
seu irmán materno Betanzos.
Otero 157 BETANZOS
Xenética fontao DECEMBRO 201218 TOUROS PROBADOS
Unha irmá completa de Albert, Bos Alle-
gro Beyonce ET MB-85, vaca de altas produ-
cións de leite (14.158 kg de leite ao 3,48% de
graxa e 3,34% de proteína na súa segunda
lactación en 305 días), é a avoa (vía a súa filla
con Pagewire) dun touro novo de Xenética
Fontao fillo de Xacobeo, Teixeiro Xacobeo
Bellon, que responde a un cruzamento dife-
rente e orixinal e cunha forte pegada leiteira:
Xacobeo x Pagewire x Allegro x Morty.
A PROBA
Con esta de novembro de 2012 son xa tres
as probas españolas oficiais de Betanzos.
As máis de 150 fillas da súa proba de pro-
dución reflicten ser primeirizas de boas
producións de leite e moderadas calidades.
Pero é a súa proba de tipo, con 148 fillas
cualificadas, a que chama a atención, e a
que mellorou tras cada avaliación. Cun 3,24
para ICU e un 2,75 para IXT, Betanzos si-
túase como o nº 1 para ubres e nº 2 para
tipo dentro da listaxe dos 50 mellores tou-
ros por ICO españois (TOP 50 ICO). E aínda
máis, Betanzos é o touro nº 2 para ubres e
nº 4 para tipo do catálogo español de todos
os touros (españois e estranxeiros) proba-
dos en España.
A filla típica de Betanzos é unha vaca de
capa predominantemente branca con gran-
de estatura, alto terzo anterior, potente liña
dorsolumbar, correcta anchura de peito,
apropiada profundidade corporal e grupa
moi ancha e derrubada. As “Betanzos” son
vacas angulosas que se desprazan sobre
patas funcionais con moi bo ángulo podal,
lixeiramente rectas na súa vista lateral e
cunha aceptable vista posterior. Pero o ras-
go morfolóxico máis destacado das fillas de
Betanzos é sen lugar a dúbidas o sistema
mamario: ubres de altísima calidade en xe-
ral, con moi boas texturas, de fácil muxido,
con potentes insercións anteriores e poste-
riores, forte ligamento suspensor e, sobre
todo, moi escasa profundidade. Os tetos son
de lonxitude media e atópanse ben debaixo
dos cuartos. Os ubres tan recollidos (+2,96
en profundidade), implantados en animais
de grande estatura e de longas extremida-
des, aseguran unha distancia ao chan máis
que suficiente para manter unha hixiene e
saúde apropiadas. Por último, caracteres
funcionais coma o RCS e a lonxevidade son
tamén moi destacados.
ACOPLAMENTO
Betanzos é un bo acoplamento para to-
das aquelas vacas que necesitan mellorar
a súa morfoloxía en xeral e o seu sistema
mamario en particular. Usar preferente-
mente sobre:
• Liñas Goldwyn: fillas de Goldwyn, Lau-
tamic, Delete, Gol, Goliat etc.
XENEALOXÍA
♀MAYERLANE RUD BUBBLE ET MB-86 2 ANOS USA GMD DOM 4*(STARTMORE RUDOLPH)
↓
♀R-E-W- BUDGEE ET MB-88 2 ANOS USA GMD DOM(SHOREMAR JAMES)
↓
♀ R-E-W BEYONCE ET EX-92 USA DOM(STOUDER MORTY ET)
↓
♂ BOS SHOTTLE BETANZOS ET(PICSTON SHOTTLE)
PRODUCIÓN
CARACTERES SECUNDARIOS
LEITE 838 kg GRAXA 19 kg -0,11% PROTEÍNA 14 kg -0,13%
Fiabilidade: 96% Fillas: 159 Rabaños: 115
LONXEVIDADE 111 (Fiab. 70%) R.C.S. 117 (Fiab. 93%)
• Liñas BW Marshall: fillas de Xacobeo,
Toystory, Megalonso etc.
• Liñas Durham: fillas de Dancer, Du-
plex, Megamagic etc.
• Liñas Bolton: fillas de Bolton, Torrel,
Lasson, Cortobe etc.
• Liñas Boliver: fillas de Boer, Bonabal etc.
• Liñas Allen: fillas de Cid.
E tamén sobre todas aquelas vacas que
procedan de liñas xenéticas con boas pa-
tas e correcta colocación de isquions.
CONFORMACIÓN Fiabilidade: Fillas: Rabaños:
ÍNDICE TIPO (IXT)AngulosidadeI. CAPACIDADE (ICAP)EstaturaAnchura peitoProfund. corporalAnchura grupaÁngulo grupaI. PATAS E PÉS (IPP)Membros e apromosÁngulo podalVista lateralVista posteriorMobilidadeÍNDICE UBRE (ICU)Inserción anteriorAltura ins. posteriorLigamento suspensorProfundidade ubreCol. tetos anter.Col. tetos post.Lonxitude tetos
0-1-2 1 2
0-1-2 1 2
96 % 148 110
2,751,821,633,790,770,811,462,980,360,371,13
-0,91-0,58-0,223,242,032,321,752,962,471,57
-0,67
AltoMoi ang.GrandeAltaAnchoMoi fondaAnchaBaixoDesexableDesexablesAltoRectaNon desexableMalaDesexableForteAltaForteRecollidoDebaixoDebaixoCurtos
Xenética fontao DECEMBRO 2012 19CONCURSOS
Flora XACOBEO Chanel. Casa Flora, Asturias
FLORA XACOBEO CHANEL, XATA CAMPIOA NACIONAL. UNHA XATA EXQUISITA, MÍRESE COMO SE MIRE...
• XATA CAMPIOA NACIONAL CONAFE 2012
• GRAN CAMPIOA LLANERA 2012
• XATA CAMPIOA TINEO 2012
Xenética fontao DECEMBRO 201220 CONCURSOS
CONCURSO “USÍAS HOLSTEINS 2012”. DOS TORRES, CÓRDOBA
Finalista Xovenca CampioaGanadería Vistahermosa. Dos Torres, Córdoba
PAULI XACOBEO 137Valbuena DELETE Guapa
Xovenca SubcampioaGanadería El Cerrillo. Dos Torres. Córdoba
PAULI XACOBEO 137El Cerrillo XACOBEO Melinda
Vaca Intermedia SubcampioaGanadería Huerta Los Tobías. Dos Torres, Córdoba
PAULI XACOBEO 137Tobías XACOBEO Pilar
Vaca Nova SubcampioaGanadería Atalayuela. Añora, Córdoba
PAULI XACOBEO 137Atalayuela XACOBEO Silvia
Xenética fontao DECEMBRO 2012 21CENTRO
XENÉTICA FONTAO RECIBIU A VISITA DO DIRECTOR XERAL DE AGRICULTURA DA COMISIÓN EUROPEA, JOSÉ MANUEL SILVA, E DO CATEDRÁTICO ÁNGEL CARRACEDO
O director xeral de Agricultura
da Comisión Europea, José
Manuel Silva, acudiu o pasa-
do 28 de agosto ata Xenética
Fontao para coñecer directamente o tra-
ballo realizado neste centro de selección
e reprodución de vacún que alberga o la-
boratorio de inseminación artificial bovi-
na máis importante de España. Tratouse
da súa primeira visita ás instalacións, e
tamén da primeira vez que se recibiu ao
catedrático de Medicina Legal da Univer-
sidade de Santiago de Compostela Ángel
Carracedo, director da Fundación Públi-
ca Galega de Medicina Xenómica.
Silva e Carracedo estiveron acompaña-
dos polo secretario xeral do Medio Ru-
ral e Montes, Tomás Fernández-Couto, e
polo equipo directivo de Xenética Fontao.
A comitiva oficial realizou o tradicional
percorrido polas distintas salas do cen-
tro, con parada especial no laboratorio
de xenética molecular e na área de xe-
nómica, onde se intercambiaron impre-
sións sobre a utilización da xenética e
da xenómica na gandería. Así mesmo, os
invitados tiveron ocasión de ver os me-
llores sementais do país.
A comitiva oficial realizou un percorrido polo interior e o exterior das instalacións
Silva e Carracedo no laboratorio
Xenética fontao DECEMBRO 201222 CENTRO
GANDEIROS DE PORTUGAL E TÉCNICOS DE SERAGRO COÑECERON IN SITU O TRABALLO DO CENTRO
O 11 de xullo, un grupo de
gandeiros portugueses con
explotacións no norte do
seu país desprazáronse ata
Lugo para ver o funcionamento de Xené-
tica Fontao. Os visitantes percorreron a
totalidade do centro, dende a sala de re-
collida de seme, o laboratorio de análise
do seme, o laboratorio de fecundación in
vitro, a sala de envasado do seme, a área
de xenómica e o laboratorio de xenética
molecular ata o exterior, onde se locali-
zan as naves dos touros.
Este tipo de encontros permiten a
transferencia tecnolóxica e de coñece-
mento entre rexións, neste caso entre
Galicia e Portugal. O grupo aproveitou a
súa estancia na provincia de Lugo para
achegarse tamén ata as explotacións
SAT A Vereda (Castro de Rei) e SAT Mu-
rado Romualdo (A Pastoriza).
Outra das visitas de carácter profesio-
nal que recibiu este ano Xenética Fontao
foi a do equipo de técnicos de Seragro,
que escolleron o centro como lugar de
Foto de familia dos gandeiros de Portugal que visitaron Xenética Fontao no verán
O equipo técnico de Seragro estivo no centro o 1 de outubro
Xenética Fontao tivo novas visitas de carácter profesional. No mes de xullo achegou-se ao centro un grupo de gandeiros procedentes do norte de Portugal e en outubro acudiron os técnicos de Seragro S. Coop. Galega.
celebración da súa reunión mensual de
outubro. A ocasión serviu para informar
máis ao detalle aos veterinarios sobre
o desenvolvemento do Programa de
Transferencia Embrionaria que se está
levando a cabo coa colaboración da Con-
sellería do Medio Rural e do Mar.
Xenética fontao DECEMBRO 2012 23CENTRO
Nº NOME kg Leite
% Graxa
kg Graxa
% Prot.
kg Prot.
Fiab. Prod. IPP ICU IXT Fiab.
Tipo RCS Lonx. ICO
1 Bos Seijo Bolton TORREL ET 1708 -0,15 45 -0,11 42 91 2,31 1,78 2,2 93 103 109 3.436
2 Bos Goldwyn GOSPELL ET 1669 -0,08 52 -0,04 49 92 0,72 1,47 2,51 91 109 110 3.363
3 Kaigen Genetical DISCOVERY 817 0,16 45 0,05 31 83 1,8 2,53 2,51 84 111 113 3.092
4 Bos Bolton CORTOBE ET 1320 -0,03 45 -0,05 37 91 0,72 1,57 1,51 91 103 107 2.970
5 Mario XACOBEO ET 1037 -0,21 16 -0,04 29 99 1,81 2,15 2,43 99 86 113 2.919
6 San Cristóbal LASSON 1806 -0,15 49 -0,17 39 95 0,51 0,83 2,09 96 90 100 2.889
7 Bos O-Bee Manfred ORDES ET 1097 0,07 47 0,06 41 93 0,04 0,96 0,34 92 108 113 2.874
8 FEAN Waldster ET 1140 -0,11 30 0,02 38 94 1,18 0,31 -0,04 93 118 118 2.863
9 Ernio Muranda SILEX ET 1010 0,1 47 0,07 39 93 0,52 1,01 0,74 92 115 108 2.842
10 Mantoño DUNO 1890 -0,44 20 -0,28 29 94 0,57 0,63 1,02 93 93 117 2.800
11 Comestar Goldwyn LAUTAMIC ET 983 0,18 54 0,12 43 99 0,55 1,42 1,88 98 100 96 2.789
Nº NOME kg Leite
% Graxa
kg Graxa
% Prot.
kg Prot.
Fiab. Prod. IPP ICU IXT Fiab.
Tipo RCS Lonx. ICO
1 Vendairy STOP 1689 -0,14 46 -0,07 46 70 1,22 2,03 2,14 70 115 118 3.574
2 Broeks ELSAR 1263 -0,08 37 0,06 46 70 0,58 3,07 2,25 70 100 119 3.492
3 Watermolen BRANDSON 1709 0,12 74 -0,04 50 70 1,08 1,37 1,66 70 116 108 3.476
4 Ri Opsal NISSAN ET 1477 -0,01 52 0,08 55 70 0,17 2,31 1,53 70 106 106 3.450
5 VVH ARMÓNICO 1343 0,07 56 0,1 53 70 0,91 2,18 2,23 70 111 104 3.426
6 JK Eder CANCELLARA 1769 -0,16 46 -0,02 54 70 1,11 1,5 1,81 70 108 99 3.387
MELLORES TOUROS ESPAÑOIS CON FILLAS Novembro 2012
MELLORES TOUROS ESPAÑOIS XENÓMICOS SEN FILLAS Novembro 2012
LEITE TIPO UBRE PATAS
ESPAÑA 569 2,78 3,16 1,65 +2.685 ICO
CANADÁ 867 18 16 13 +1.545 GMLPI
USA 630 3,61 3,70 3,03 +1.899 GTPI