Post on 06-Mar-2016
description
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL “LEDE A PROBA SEGUINTE CON DETENIMENTO E SEREDES QUEN DE DEMOSTRAR OS VOSOS COÑECEMENTOS”
PROBA Nº 1 Xa sabes que Valentín Paz Andrade estivo moi implicado no mundo in-
dustrial, en concreto mostrou unha sensibilización especial pola voca-
ción mariñeira de Galicia e neste senso foi promotor dun importante
grupo pesqueiro.
1. De que grupo estamos a falar e en que ano se fundou?
2. En que foi pioneira esta empresa?
3. Explica brevemente a tecnoloxía empregada polos barcos deste
tipo de industrias
4. Onde ten a súa sede esta empresa na actualidade? Indica a locali-
dade, concello e provincia na que se atopa. NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“SE A PROBA SEGUINTE LEDES CON ATENCIÓN ATOPAREDES AXIÑA A INFORMACIÓN” PROBA Nº 2 Como se denomina o mineral que parece unha esponxa ríxida e o seu
interior está atravesado por unha enorme cantidade de tubos e gale-
rías ocos que fan diminuír ao mínimo a densidade do mineral e permi-
ten que, sorprendentemente, flote na auga?
Ten como principais características a súa elevada capacidade de ab-
sorción e utilízase como absorbente industrial, tamén como illante
térmico e ten unha utilidade sorprendente nos traballos de elimina-
ción de residuos de hidrocarburos (sobre todo petróleo e aceites)
despois dun desastre dun accidente de navegación. Tamén se utilizada
como xema. España é un dos principais produtores do mundo e posúe o
70% das reservas mundiais.
Fonte da imaxe
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“ESTA PROBA NON TERÁ DIFICULTADE SE EN EQUIPO A INTENTADES”
PROBA Nº 3 Este emigrante galego, natural do con-
cello de Ourol na provincia de Lugo,
marchou para A Habana cando era no-
vo. Aos poucos anos afincouse en Mé-
xico D.F. e afeccionouse ao montañis-
mo despois de ascender ao Popocate-
pelt. Logo virían o Iztazzihuat e o Zi-
tlaltepetl. Anos máis tarde, trasladouse a vivir a Caracas. Desde alí partiron a
maioría das súas viaxes como ir ao Kerepacupay Vená ou ascender ao Chimbo-
razo, ao Rucupichincha, ao Guaguapichincha, ao Pasochoa, ao Sincholagua, ao
Chopicalqui, ao Aconcagua, ao Pico Naiguatá, ao Pico Humboldt, ao Mont Blanc,
ao Faichan Kangri, ao Gasherbrum II, ao Shishapangma, ao Meru Peak, ao Kos-
ciuszko, etc, etc… No ano 1993, converteuse sen querer, na persoa de maior
idade en subir ao Everest, a montaña máis alta do mundo. Este ano 2012, posi-
blemente apareza no Libro Guinness tamén como a persoa de maior idade en
conseguir ascender ao Vinson, ao Elbrus, ao Kilimanjaro, ao Denali e ao Puncak
Jaya, que xunto cos xa citados Everest e Aconcagua, forman parte do pro-
xecto Sete Cumios, que reúne as 7 montañas máis altas de cada continente
máis a maior de Norteamérica. Ademais de montañeiro, cal é a profesión de
este home?
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“A SOLUCIÓN E BEN DOADA SE VOS FIXADES NUN PAR DE PALABRAS” PROBA Nº 4 Cales foron os líderes das tres potencias mundiais que se reuniron en-
tre os días 17 de xullo e 2 de agosto de 1945 para acordar como sería
a posguerra e como se organizaría Alemaña?
Onde se celebrou esa conferencia?
Fonte da imaxe
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“A SOLUCIÓN ATOPAREDES SE NA REDE VOS METEDES” PROBA Nº 5 Cita tres autores homenaxeados o Día das Letras Galegas que naceran
na mesma vila que o compositor da música do himno galego.
Fonte das imaxes
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“SE LEDES BEN A INFORMACIÓN AXIÑA ATOPAREDES A SOLUCIÓN”
PROBA Nº 6
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
---------
Á miña irmá
cortáronlle
a lingua e
quedou
convertida nun reiseñor.
- - - - - -
- - - - - -
- - - - - - - - -
- - - - - -
- - - - -
- - - - - -
Apolo concedeume
unha melodiosa
voz e chorei
tanto a morte de
Faetón que
as miñas canas
convertéronse
en plumas.
Pertenzo ao xénero
Microhierax.
O deus mensaxeiro
castigoume por
charlatán e impedirlle
roubar a Io.Muller da raza dos pigmeos transformada
pola deusa Hera nesta ave.
O meu nome
significa
A nocturna.
Son filla do Rei
de Lesbos.
Atenea deume
esta forma.
Contratado por Ares
para avisar da
chegada
do sol cando el estaba
con Afrodita
AGORA SON UNHA AVE PERO ANTES FUN UNHA PERSOA CHAMADA …
O meu tío Dédalo
tivo envexa dos meus
inventos.
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“SE ESTA PROBA RESOLVEDES AGORA PASAREDES XA Á SEGUINTE ROLDA”
PROBA Nº 7 A escolma poética titulada Longa noite de pedra, poetas da guerra
e da postguerra, situada na sección de POESÍA da nosa biblioteca,
está dividida en dúas partes:
1ª “Os continuadores”: Inclúe a aqueles poetas que xa tiveran unha
actividade importante antes da Guerra Civil.
2ª “Fillos da Invernía”: Figuran outros 25 poetas con publicacións e
actividades posteriores ao 36.
ACTIVIDADES:
Localiza dentro desa escolma a ficha dedicada a Paz Andrade e
copia o adxectivo con que caracterizan a súa poesía: “VALENTÍN
PAZ ANDRADE, gran poeta …......................”.
A continuación, explica o significado desa palabra (podes
consultar o dicionario).
Por último, cita ao persoeiro a quen está
dirixido o poema que aparece nesa
escolma. NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
REGRAS DA XINCANA
1. Formaredes equipos de ata tres membros.
2. Todos os membros de cada equipo traballarán con-
xuntamente para acadar as respostas axeitadas a ca-
da unha das 7 probas de que consta a xincana.
3. Haberá un profesor/a-comisario/a responsable de
cada unha das probas.
4. Os comisarios/as estarán na biblioteca e na aula de informática 0, dependendo de onde
se realicen as distintas probas.
5. Para resolver as distintas probas podedes utilizar a biblioteca, a aula de informática 0 e
a sá de exposicións onde está a exposición de Valentín Paz Andrade.
6. Desenvolvemento da xincana:
O comisario 1 entregaravos a 1ª proba.
Debedes resolvela e entregala coa resposta axeitada ao comisario da 2ª proba. Es-
te comprobará que a solución é a correcta. De ser así anotará, xunto á súa sinatu-
ra, a hora de entrega e daravos a 2ª proba.
Debedes resolvela correctamente e entregarlla ao comisario da 3ª proba. Este
comprobará que a solución é a correcta. De ser así anotará, xunto á súa sinatura, a
hora de entrega e daravos a 3ª proba.
E así sucesivamente ata rematar as 7 probas da xincana.
Non se poderá pasar á proba seguinte mentres a anterior non estea resolta correc-
tamente.
Non se pode abandonar a xincana antes de realizar a última proba.
6. Gañará o equipo que antes remate correctamente todas as probas.