#27400 · 2018. 6. 17. · #27400 XORNADAS Au D i O vi S u A i S CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS 26...

2
#27400 XORNADAS AUDIOVISUAIS CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS 26 27 28 Decembro 2013

Transcript of #27400 · 2018. 6. 17. · #27400 XORNADAS Au D i O vi S u A i S CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS 26...

  • #27400XORNADAS AuDiOviSuAiS

    CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

    262728Decembro2013

  • #27400 XORNADAS AuDiOviSuAiSCONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

    262728Decembro2013

    LuNS 2318:30 - 20:30 h.

    Presentación Xornadas e da exposición fotográfica “Gañadores Premios Oscar”. Alfredo vázquez (Cineclube A Calexa)

    Centro do Viño de Monforte de Lemos

    XOvES 2610:00-14:00 h.

    PRODUCIÓN INDUSTRIAL/ NÉMESIS CREACCIONES

    O Audiovisual Comercial e Promocional. Experiencia de Traballo.

    Paulino Cadórniga Rodríguez Fierro, Operador de cámara e Editor (Némesis Creaciones S.L.)

    Ana Belén Fernández Fernández, Licenciada en Ciencias da Comunicación (Némesis Creaciones S.L.)

    16:00-20:00 h.

    ORGANIZACIÓN DE RODAXE/ HÉCTOR DIÉGUEZ

    Explicarase a figura do axudante de dirección, como organizador e motor da rodaxe e como fai de ponte do director có resto dos departamentos.

    Monforte de Lemos, 1976. Traballa no sector audiovisual dende 2003 especializándose nos últimos anos como axudante de dirección en diferentes spots, tv movies e documentais.

    20:00 - 21:00 h.

    PROXECCIÓN Casa da Cultura de Monforte de Lemos

    vENRES 2710:00-14:00 h.

    FOTOGRAFÍA/ NACHO GÓMEZ E MANUEL VALCÁRCEL

    Nacho Gómez. Arnoia, 1965. Fotógrafo freelance.Comezou no fotoxornalismo nos 90 e na actualidade traballa no xornal El País Galicia. Publicou libros sobre o entroido e o Camiño de Santiago. O seu traballo céntrase na fotografía documental con especial adicación á etnografía galega.

    A fotografía evolucionou có paso do tempo para democratizarse e servir de base ó cine, documentais, televisión e publicidade.

    Manuel Valcárcel. Monforte de Lemos, 1975. Postgrado en Dirección de fotografía en cine. ESCAC, Barcelona.

    Fotógrafo dende os 14 anos, comenzou a súa carreira no mundo da fotografía de moda. “Nómades”, “Auga, o sangue da terra” ou “Regreso a Orixe” son algúns dos seus traballos máis importantes dentro do ámbito da fotografía documental, Os últimos 12 anos ven traballando como free-lance para Mediapro, Overon, Fundación Caixa Galicia e S.A. Xacobeo.Actualmente dirixe e produce o documental “TEMPO”.

    16:00-20:00 h.

    DIRECCIÓN/ ALBERTO LOBELLE

    Experiencias de director dende a autoxestión.

    Monforte de Lemos, 1976. Traballa en series de televisión, documentais, curtametraxes e películas no depto. de dirección. En 2011 remata a súa primeira longametraxe documental “Matisse se escribe con dos eses”, autoproducido e seleccionado

    en Documenta Madrid e Al Jazeera international Documentary Film Festival entre outros festivais. Na actualidade alterna o seu traballo de script na serie de televisión “El Secreto de Puente Viejo” coa gravación dunha nova longametraxe documental, tamén autoproducida.

    20:00 - 21:00 h.

    PROXECCIÓN Casa da Cultura de Monforte de Lemos

    SÁBADO 2810:00-14:00 h.

    SON-BSO/ ALEJANDRO GARCÍA E ALEXANDRO GONZÁLEZ

    Técnicas de gravación en ficción e documental, Postprodución de son e uso da música como potenciadora daquelas emocións que as imaxes non son capaces de reflectir por sí soas.

    O compositor Alexandro González comezou a sua carreira musical a mui curta idade estudando piano clásico no conservatorio Adagio de Monforte de Lemos. Xa con mais idade continuaria os seus estudos musicais, pero esta vez orientados ó Jazz e á composición. Nos últimos dous anos, uns dos traballos mais importantes que realizou Alexandro foron a bso do documental “Auga, o sangue dá terra” de Manuel Valcárcel, realizado para Obra Social Caixa Galicia”, e a composición e interpretación en directo dá música para o espectáculo “Mundo Lois” producido por Filmanova.

    Alejandro García Fernández “ Rufo” ( Lugo, 1983)Técnico Superior en Son (C.E.V. Madrid) e Operador de Cámara (C.T.V. Santiago). Iniciou a súa andadura profesional hai 10 anos, sempre vencellada ao son para Televisión. Comeza como montador de son de U.M. da TVG en

    todo tipo de retransmisións e diferentes programas da canle autonómica. O vencello coas retransmisións deportivas continúa ao desempeñar a labor de Técnico de Son en lanzadeiras por satélite transportables para o programa Sport Center de La Sexta. En 2007 xa có título de Operador de Cámara pasa a formar parte do equipo de Control de Cámaras e Son do Parlamento de Galicia, traballo que desempeña na actualidade compaxinándoo con numerosas gravacións sobre todo documentais.

    16:00-20:00 h.

    INTERPRETACIÓN/ MARIO ROLDÁN

    Base teórica onde se reflectirán as diferencias interpretativas para a súa utilización no teatro, tv e cine, documentais...Base práctica onde os integrantes do curso traballarán en escea, para que teñan maior coñecemento das actitudes interpretativas nos diferentes casos

    Posgrao pola U.S.D en técnicas teatrais e interpretación. Titiriteiro, paiaso, actor (teatro, series tv, cine). Director de teatro infantil nos grupos: Trécola, teatro do liló, Tarabuleque teatro. Constructor e manipulador das diversas técnicas teatrais: monicreque (monecos de guante, varillas, fios, de mesa, sombras chinesas, luz negra). Director de actores en varios cortos, e en dous longometraxes. Cursos audiovisuais.

    INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN

    [email protected]