¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
-
Upload
eumugardos-eu-iu-mugardos -
Category
Documents
-
view
528 -
download
6
Transcript of ¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
A sanidade pública. Prestacións sanitarias en Mugardos.
Situación en Mugardos
Cidadáns con Tarxeta Sanitaria residentes no concello:5.092 Hab
Distribución etárea da poboación con Tarxeta Sanitaria residente no concello
0-14 15-64 +64 Mulleres 15-45
472 hab. 3279 hab. 1341 910
26,34% maiores de 64 anos
Recursos sanitarios
CENTRO SAUDE MUGARDOS patrimonio municipal
CONSULTORIO DE O SEIXO patrimonio municipal
O Centro de saúde aínda non foi transferido
O SERGAS
Servizos ofrecidos Servizos Básicos : MEDICINA XERAL:CENTRO SAUDE e CONSULTORIO 4 MÉDICOS/AS,5 ATS/DUE PEDIATRIA :CENTRO SAUDE 1 PEDIATRA 2 horas de luns a venres Servizos Apoio ODONTOLOXIA CENTRO SAUDE FENE ENFERMERIA OBSTETRICO XINECOLOXICA (MATRONAS)CENTRO SAUDE 1
MATRONA …….. FARMACIA CENTRO SAUDE FENE FISIOTERAPIA CENTRO SAUDE FENE TRABALLO SOCIAL CENTRO SAUDE FENE Servizos Especiais ORIENTACION FAMILIAR CENTRO SAUDE FONTENLA MARISTANY SAUDE MENTAL CENTRO SAUDE CARANZA Urxencias PUNTO DE ATENCION CONTINUADA FENE Extracción Periférica CENTRO SAUDE E CONSULTORIO Servizos Administrativos CENTRO SAUDE FENE CENTRO SAUDE MUGARDOS Aplicación Informática Cita Previa CENTRO SAUDE E CONSULTORIO 2
PERSOAL ADMINISTRATIVO
Plan Mellora de A.primaria2007-2011
Con este plan incrementáronse 1 médico e 2 ATS/DUE no centro de saúde. O Plan contempla as necesidade de profesionais nos seguintes límites de
tarxetas sanitarias:Médicas familia:1.250-1.500 TIS(mínimo 750)Pediatría: 800-1.200 TIS (mínimo 400)Matrona: 1 por cada SAPOdontología: 20.000-25.000 TISFisioterapia: 10.000-15.000 TISTraballador social: 1 por cada SAP Habilitáronse os espazos no centro de saúde de xeito provisional pendente
da ampliación.
Propostas para o futuro
Prestación do servizo de fisioterapia. Ampliación do horario de consulta de pediatría. Prestación do servizo de traballo social. Ampliación do horario de consulta da matrona
vinculado ó Plan Integral de Atención á Muller. Inclusión do municipio na prestación de
“hospitalización a domicilio”.*aprobado por unanimidade no pleno municipal celebrado o día25 de outubro de 2007 a iniciativa de EU-IU.
Ampliación dos horarios de consulta á quenda da tarde.
Proposta para o futuro 2
Cesión patrimonial do centro de saúde ó SERGAS. Convenio aprobado en Pleno do Concello o 10/12/08 que suporá a asunción dos costes de mantemento (70.579,45€/2008) por parte da Consellería.*Cláusula quinta do convenio: “o Servizo galego de saúde comprométese á asunción dos gastos de mantemento do centro de saúde citado a partir do momento en que se proceda a formalización
da cesión patrimonial do mesmo, dacordo co previsto no presente convenio.”A día de hoxe a cesión aínda non está formalizada.
Ampliación ou construcción dun novo centro de saúde que contemple as necesidades xa existentes de espazos, p.ex: sá de espera, consultas axeitadas, sá polivalente e de urxencias, arquivos e espazos administrativos entre outras.
Proposta para o futuro 3
PAC Fene:
Dotación tecnolóxica e de recursos do PAC de Fene, de xeito que se vexa aumentada a súa capacidade resolutiva, evitando derivacións innecesarias ó hospital.
Centro de saúde Fene:
Creación dunha unidade de saúde mental.
Proposta para o futuro 4
Creación do Consello local de saúde, que tería entre outros obxectivos: vehícular as queixas,orientar sobre os dereitos dos usuarios, planificar as políticas de saúde no concello,etc.
Impulsar políticas de prevención e promoción da saúde: prevención de adiccións, promoción dos hábitos de vida saudabel.
Cómo e onde reclamar A normativa do SERGAS dí:
Escoitamos as súas suxestións e respondemos as súas reclamaciónsSuxestións e reclamacións Co obxecto de mellorar a calidade dos servizos o Sistema Público de Saúde de Galicia
dispón dun sistema que facilita que vostede presente as suxestións e reclamacións que estime oportunas.Todos os centros, servizos e establecementos sanitarios e sociosanitarios teñen, permanentemente á disposición dos usuarios, formularios de suxestións e reclamacións.
A cidadanía ten dereito a recibir resposta por escrito nos prazos establecidos regulamentariamente.
Defensa do Paciente O Sistema sanitario contempla unha institución que da respaldo a defensa e promoción
dos dereitos e intereses dos usuarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta figura terá acceso directo a calquera centro asistencial ou administrativo do sistema sanitario de Galicia e, con suxeición á normativa de protección de datos, a calquera dos seus arquivos e rexistros, tendo a consideración de axentes da autoridade.As administracións públicas sanitarias, entidades e organismos delas dependentes, así como os centros, servizos e establecementos sanitarios e sociosanitarios do sistema sanitario de Galicia, e o persoal que presta servizos neles, teñen a obriga de colaborar con esta institución no desenvolvemento das súas actuacións.
NO noso centro de saúde teñen obriga de por a disposición das/os usuarias/os as follas de reclamación oficiais do SERGAS, das que levaremos unha copia rexistrada e das que deberemos ter resposta, sen influir esto na asistencia recibida. LEMBRA: O ÚNICO
XEITO DE MELLORAR O SISTEMA É CONTAR COAS QUEIXAS, RECLAMACIÓNS E OPINIÓNS POR ESCRITO.
Que é a PFI iniciativa de financiación privada
Fórmula para construír hospitais (e outras infraestruturas públicas)
Recurrindo a empresas construtoras que:Financian ConstrúenXestionan
Os centros
As empresas privadas Redactan os proxectos técnicos Dirixen as obras Constrúen as infraestruturas, edificios e
subministran equipamento. Xestionan os servizos non asistenciais
A Administración Pública Paga un canon anual pola utilización dos hospitais Xestiona servizos asistenciais Durante 30 a 40 anos.
Os acordos inclúen habitualmente Subcontratas de servizos
Manteñemento Limpeza Seguridade Catering Hostalería Servizos auxiliares Loxística Xestión da documentación e administración dos
centros. Terreos que rodean os hospitais:
Aparcamentos Locais comerciais
Limítase o endebedamento público, pero se admite se o endebedamento se contrae co sector privado
A Unión Europea (Masstricht): Subvenciona a empresas privadas con
cartos públicos Promove a privatización dos servizos
sanitarios.
Trampa contable Para favorecer ao sector privado
Argumentos a favor PFI
Transferencias de riscos: Penalizacións garanten a entrega en tempo estipulado
Eliminan desviacións presupostarías (presuposto cerrado e por contrato)
As construtoras están máis especializadas en dirixir e xestionar
Inconvenientes en base a resultados
1.- Son mais caros: (entre 4 e 7 veces)
Os bancos prestan ao sector privado a xuro máis elevado que á Administración pública (non corren riscos dada súa solvencia)
As construtoras queren ganancias e repartir dividendos aos accionistas (15-25%)
Os custes administrativos (negociación contratos e consultarías) son moi elevados (7
más que na pública) Renegociación de cambios non contemplados
nos contratos: No Reino Unido os 14 primeiros hospitais PFI
incrementaron un 72% os seus custes, o mesmo en Alzira.
2.- Reducen recursos dispoñibles para asistencia e saúde pública
A débeda se paga con cargo ao gasto corrente del presuposto
Reduce os fondos para persoal, AP. AE, saúde pública, etc...
3.- Limitan a capacidade dos hospitais para adaptarse a cambios e innovacións
Un contrato a 30 años non pode contemplar: Necesidades futuras da poboación Innovacións tecnolóxicas médicas que xurdan nese
tempo (novas especialidades e servizos, innovacións tecnolóxicas, redimensionamento das camas e do persoal, etc.).
Renegociación continua con construtoras que incrementan custes
4.- Reducen información e transparencia na xestión dos centros
As PFI ocultan información, pese a prestar un servizo público
Son empresas privadas que actúan nun marco de competencia que as obriga á confidencialidade de estratexias comerciais e resultados
5.- Empeoran calidade asistencial. As empresas na procura do maior
beneficio posible:Utilizan materiais e equipamento de
baixa calidadeReducen camas e persoal
Empeora a calidade da atención. Os controis públicos non evitaron estes
problemas (máis experiencia das construtoras)
6.- PFI: Separa xestión sanitaria e empresarial
A dobre xestión fai imposible o goberno eficiente e racional dos hospitais
Xera conflito de intereses entre a parte sanitaria pública (obxectivos asistenciais) e la privada en mans de construtoras (máximo beneficio)
Cambiar unha cerradura o repoñer materiais Petición á empresa pública Traslado da petición á concesionaria A concesionaria a traslada cara a
subcontratada que finalmente realiza o petición
Varios meses de demora
A falacia da transferencias de riscos (Sancións por incumprimento contratos en tempo e condicións de calidade estipulados)
Hospital de Alzira en Valencia Falacia do risco: As perdidas foron
subsanados pola administración pública:Rescato ao hospital (cláusula 70.379.515)Saneouno pagando as débedasDevolveuno cun contrato máis favorable
(494,72 € por persoa no ano 2006, un 30% superior aos 379 € do 2003).
Custe total operación: 40% da inversión sanitaria de CCAA Valenciana
Madrid
Ningún dos 7 novos hospitais PFI entregouse nos prazos acordados
Isto no ten suposto ningunha sanción
Quén gaña e perde con esta fórmula???
GañanA curto prazo: Os gobernos
Constrúen hospitais sen que figuren como endebedamento público (Tratado de Maastricht)
Inauguran o hospital, obteñen rendibilidade electoral e pagan os que gobernen despois.
A longo prazo: As empresas construtoras
Obteñen enormes beneficios sen correr riscos. Grazas aos PFI as construtoras Reino Unido
creceron un 8% en 2003, fronte a los de outros países coma Alemania (2,5%) o Francia (0,7%)
Conseguiron entre 3-10 veces máis ingresos que cos contratos tradicionais co sistema público
PerdenSistema sanitario público: Paga máis polo mesmo
Hipoteca seus presupostos e gastos por moitos anos
Cidadáns e usuarios: En Inglaterra os hospitais PFI reduciron 35.000 camas
(5.000 en Escocia). Estes hospitais teñen menos camas (entre un 35-40%) e
menos plantillas (entre 25-50%) cos públicos.
Algunos exemplos de Hospitais financiados por PFI
7 novos hospitais de Madrid construídos polo modelo PFI
Teñen un 68% menos camas (0,95 fronte a 3 camas por mil dos públicos da CCAA
Número de camas Camas/1.000 habitantes
Majadahonda 794 1,32
Vallecas 324 0,76
Parla 180/276 0,83
Aranjuez 60/115 0,85
Coslada 187/240 1,1
Arganda 110/148 0,68
S.Sebastián de los Reyes. 230/350 0,92
Informe Inspección Provincial de Traballo da Seguridade Social sinala que os novos hospitais PFI da Comunidade de Madrid presentan importantes anomalías e deficiencias
Problemas de seguridade: sinalizacións inadecuadas, falta de plan de emerxencia, portas de urxencia bloqueadas, estantes sen fixar, solos deslízantes, etc.
Problemas relacionados coa mestura de residuos e o non axeitado almacenamento
Carencias xerais de persoal : celadores, pinches e administrativos
Condicións inadecuadas na hospitalización psiquiátrica: falta de persoal, de sistemas de vixilancia suficientes, de materiais ignífugos, etc.
Problemas de estruturas: pingueiras, auga que sae das duchas, portas inapropiadas incluso en quirófanos, espazos insuficientes, falta de duchas e lavabos,…
Falta de material para el funcionamento dos centros: insuficiencia de cuñas, grúas, camas de dimensións insuficientes, cadeiras e mesas apropiadas,…
Utilización dos hospitais de día por enfermos oncolóxicos mesturados con outras patoloxías.
Camas duplicadas en algunha unidade de Cirurxía Maior ambulatoria
Hospitais PFI de Madrid
Médicos por mil habitantes.
Enfermeiras por mil habitantes
Persoal sanitario mil
habitantes.
Vallecas 0,55 1,07 1,86
Sur 0,46 1,14 1,99
Tajo 0,68 1,7 3,06
Henares 0,67 1,69 2,96
Sureste 0,63 1,16 2,08
Norte 0,73 2,47 2,56
Condicionantes para utilizar a PFI en Galicia
Necesidade de inversión para acometer Plan Director de Infraestruturas de centros sanitarios Endebedamento de 1.300 millóns de euros, Cumprir co compromiso de control do déficit público da
Unión Europea Crise económica
Hipotecará a sanidade pública galega (de 1.300 millóns euros por financiamento público a 9.100 millóns de euros pola privada)
Condicionará capacidade de gasto durante moitos anos (multiplicará os custes)
A pagar a cargo do gasto corrente: Redución gastos de AP, Hospitais, Saúde Pública
Abandono o Plan Funcional elaborado por todos los servizos e institucións del Hospital
Creou una Comisión fantasma, de composición limitada e descoñecida
Elaborou a proposta nun mes
Existen alternativas á PFI?
1.- Manter o acordo da Xunta anterior de financiar o Hospital pola Sociedade Pública de Investimentos (SPI)
A construción é moito menos custosa Non se da entrada ao sector privado no sistema Non se financia co gasto corrente do
funcionamento do sistema (AP, Saúde Pública e outros hospitais
A xestión non se fracciona e queda en mans públicas
Esta empresa ten unha gran experiencia en construír centros en prazos curtos
2.- Non dar participación en financiamento ao sector privado
Recorrer ao Banco Europeo de InversiónsNon é preciso realizar acordos coas
construtoras Este banco presta a un interese máis baixo
que o privado
3.- Reducir custes (menor endebedamento a corto prazo)
Construír o Centro por módulos (A financiar segundo se van construíndo e inaugurando (como se fixo co
CHUS): Bloque cirúrxico, camas hospitalización, consultas externas, bunquer radiolóxico, bloque docente.
Vantaxes: Reduce necesidade endebedamento (oalomenos a curto prazo) O hospital se inaugura no prazo acordado
Manter parte servizos na súa ubicación actual (lavandaría, consultas externas, quirófanos, cociña, central esterilización,..).
Vantaxes: Reduce necesidade de inverstimento Mantense a actividade cos actuais servizos
A Unión Europea comezou a contabilizar como endebedamento o contraído por empresas públicas
Evita a trampa contable
Incrementa o apoio ao financiamento do sector privado con fondos públicos
Aumenta as expectativas de cara ao futuro
Privatización da sanidade como a dos servizos públicos
Garantir xestión pública e eficiente
Xestión única parte sanitaria e non sanitaria Non externalizar servizos que repercuten na
actividade e calidade asistencia (cociña ou documentación clínica).
Garantir transparencia creando Órganos de Goberno con participación social e sindical (controlar o desenvolvemento do proceso sen conflito grazas a implicación de profesionais e cidadáns)
Emprego e condicións laborais
Coa externalización de servizos redúcese a oferta de emprego público.
A sanidade pública move miles de contratacións eventuais ó ano, que vense en perigo pola desviación de orzamentos.
Os servizos subcontratados,( privatizados), non garanten as condicións de traballo e salariais iguais as do entorno SERGAS, mesmo traballo diferentes salarios.
Periga a calidade asistencial según as características de xestión dos centros, non respetando a equidade e o acceso ós servizos,e non ofertando o mesmo desenrolo profesional para todo o persoal.
Avanzar nun servizo de saúde público e de calidade
É unha obriga de todas e todos. É un dereito da cidadanía en condicións
de igualdade.