ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha...

15
PREMIO MELLOR FILME ZABALTEGI - TABAKALERA MELLOR DIRECCIÓN Unha viaxe á raíz do amor

Transcript of ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha...

Page 1: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

������������

���������������� PREMIO MELLOR FILMEZABALTEGI - TABAKALERA MELLOR DIRECCIÓN

Unha viaxe á raíz do amor

Page 2: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

Un filme de Angela Schanelec

DIRECCIÓN, GUIÓN E MONTAXE Angela Schanelec — DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA Ivan Marković — DESEÑO DE SON Rainer Gerlach — MESTURAS DE SON Matthias Lempert SON Andreas Mücke-Niesytka — VESTIARIO Birgitt Kilian — MAQUILLAXE Monika Münnich — AXUDANTE DE DIRECCIÓN Stefan Nickel — CASTING Ulrike Müller

ETALONAXE Dirk Meier — DESEÑO DE PRODUCIÓN Reinhild Blashke — PRODUCIÓN DELEGADA ZDF/3sat, Ingrid Gränz, Maik Platzen PRODUCIÓN EXECUTIVA Jana Cisar — PRODUCIÓN Angela Schanelec, Nataša Damjanovič, Vladimir Vidic

PRODUTORAS Nachmittagfilm, Dart Film & Video Doo — DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA NUMAX Distribución

Maren Eggert Jakob Lassalle Clara Möller Franz Rogowski Lilith Stangenberg Alan Williams Jirka Zett Dane Komljen

Angela Schanelec | Alemaña | 2019 | 105 min | Alemán | 5.1 | 1.66 | CorESTREA EN CINEMAS 4 DE SETEMBRO

������������

���������������� PREMIO MELLOR FILMEMELLOR DIRECCIÓN

Page 3: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

Astrid vive en Berlín canda os seus dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia. Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet. O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe de casa.

A directora alemá Angela Schanelec fai gala do seu estilo elíptico e un elegante sentido do humor para crear o retrato indeleble dunha pequena comunidade que se enfronta aos interrogantes fundamentais da existencia.

Page 4: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

«Viñetas de profunda verdade humana. Elegante e exquisita»Guy Lodge, VARIETY

Page 5: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

No dó, os soños que virán

O cineasta francés Robert Bresson dixo unha vez: “Agocha as túas ideas para que a xente as atope. O máis importante será o máis oculto”. En Estaba en casa, pero... a directora alemá Angela Schanelec semella ter gardado as súas ideas nun baúl privado. De cando en vez, porén, a cineasta abre o filme —cunha liña, unha imaxe, o fragmento dunha canción— ofrecendo o fugaz relampo dun mundo intensamente persoal, que a levou a gañar o premio á Mellor Dirección na Berlinale 2019.

Estaba en casa, pero... comeza cunha lebre perseguida por un can a través dunha paisaxe rural calcinada e escarpada. Trátase dunha tensa carreira pola vida —a lebre é rápida, o can tamén— que invoca innumerábeis escenas de caza no cinema, en especial a d’A regra do xogo

de Jean Renoir. Porén, o título cita a Nacín, pero... de Yasujiro Ozu. A caza semella rematar coa lebre a repousar entre unhas penas. Esta escena vai sucedida por un breve e enigmático interludio no que vemos un fermoso asno a deambular por unha casa mentres un can devora o cadáver dun animal, presumibelmente a nosa desafortunada lebre.

Tras esta misteriosa apertura pasamos a unha nena cun abrigo vermello sentada sobre a beirarrúa ao solpor, rodeada dun curro de árbores, cunha mochila ao seu carón. A combinación da cor do abrigo, a soidade da nena e o bosque crepuscular lévanos a pensar, de maneira inconsciente, en Carapuchiña vermella. Un mozo —que máis adiante se revelará como o fillo da protagonista— camiña sen mediar palabra. Uns segundos máis tarde vemos o mozo fronte un edificio de tixolos onde o crepitar dos farois se mestura co rechouchío dos paxaros e o zumbido dos insectos. →

Por Manohla Dargis The New York Times

Page 6: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

Un pouco máis tarde o filme lévanos a un aula onde unha nena recita diálogos de Hamlet: «Nin a terra me dea alimentos, nin o ceo luz». No orixinal de Shakespeare estas palabras días o personaxe da Raíña que insiste en volver casar, unha alusión que —ao igual que a imaxe de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na mesma escena di: «A dama protesta de máis, creo». Non é algo que poidamos dicir de Schanelec, cuxa narrativa austera e elíptica pode percibirse como un soño privado.

O can e o asno regresan ao remate do filme, sen previa explicación. Entre a apertura e o epílogo, Schanelec céntrase nunha serie de personaxes, especialmente unha muller, Astrid (Maren Eggert), que vive cos seus dous fillos, incluíndo o rapaz do que falamos antes, que regresa dunha misteriosa ausencia. O paso do tempo e as escenas aparentemente inconexas —Astrid merca unha bicicleta usada, arenga comicamente un cineasta, visita o profesor de seu fillo— fan agromar un retrato difuso pero conmovedor desta melancólica e solitaria muller. E aínda que sexan poucos os detalles da vida de Astrid que coñezamos, a súa dor hanos chegar moi fondo.

As cores e os encadres de Schanelec son impecábeis, con planos harmoniosamente equilibrados. A directora emprega luz natural para ofrecernos un brillo case radiante en moitas das composicións, particularmente nos rostros. A beleza destes logros visuais son clave para manternos enganchados a Estaba en casa, pero... No cinema máis convencional é a historia a que te vai guiando, ofrecendo pistas sobre o que vai suceder despois. Schanelec apenas ofrece indicacións, confiando na participación do espectador. →

«Cores e encadres impecábeis mantéñennos enganchados ao filme»

Page 7: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

Se te sumas a este xogo poderás gozar das súas elipses narrativas e a maneira en que estes rostros, citas e referencias crean en conxunto un significado. Ás veces, como sucede coa nena de vermello, Schanelec parece estar a debuxar desde unha iconografía compartida, usando certas imaxes polo seu potencial asociativo ou resonancia simbólica. Ese parece ser o caso do asno, cuxa presenza podería ser unha cita da obra mestra de Bresson Ao azar Balthazar. Esta referencia só se fai evidente se como espectador recoñeces a profunda influencia de Bresson no cinema de Schanelec.

A ascendencia bressoniana parece percibirse tamén nas actuacións que, nalgúns casos, poden parecer distantes. A excepción é Eggert, cuxa silenciosa elocuencia funciona como un faro. O seu rostro, aparentemente baleiro de emoción, fará que os estoupidos da protagonista sexan aínda máis efectivos. Nunha das pasaxes máis emocionantes, Astrid fica deitada no chan mentres ouvimos Let’s Dance de David Bowie, a música continúa á vez que a imaxe nos leva a un flashback onde vemos a nai a bailar cos seus fillos nun hospital. Aínda que o seu interlocutor permanece fóra de campo, podemos supoñer que é o pai quen os está a contemplar. Astrid sorrille provocando unha sorpresa que se converte nunha coitelada de emoción cando lembramos as palabras da Raíña en Hamlet que di: «Que aquí e alén me acose a angustia se volvo casar cando eu sexa viúva».

«A silenciosa elocuencia de Maren Eggert funciona como un faro»

Page 8: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

«Un dos mellores filmes dos últimos anos» Roger Koza CON LOS OJOS ABIERTOS

Page 9: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

Entrevista con Angela Schanelec Por Dustin Chang Screenanarchy

En todo caso a idea inicial non procede de Bresson senón dun conto tradicional alemán no que varios animais domésticos conviven nunha casa. Hai un asno, un can, un gato...

Refírese a Os músicos de Bremen? Si, esa foi a idea orixinal. Os humanos xa non os queren porque están vellos, así que os animais se xuntan para vivir nunha casa. Por tanto hai diferentes influencias nesta escena.

Cal foi o punto de partida para facer o filme? O punto de partida é a imaxe dun mozo duns 13 anos que regresa. Vemos que cruza la rúa e que está sucio. Que significado ten isto? Eu teño un fillo pero nunca desapareceu. É posíbel que a imaxe proceda do alivio porque nunca desapareceu ou do medo a que isto suceda. A partir de aí fun escribindo cada unha das escenas

Que atopa o rapaz ao chegar a casa? Unha nai e unha irmá. Quen máis? Ninguén. Hai un can, pero non hai pai.

A escolla das cores é moi sorprendente. A chaqueta do rapaz é amarela e o abrigo da nena é vermello. Todas as imaxes dos seus filmes son fascinantes. O proceso de escrita do seu cinema xorde a partir de imaxes concretas que veñen á súa mente? Si, ao inicio hai só unha imaxe, logo esa imaxe crea a seguinte. Pero gustaríame salientar que estas imaxes non son importantes en si mesmas. Unha chaqueta amarela é simplemente unha chaqueta amarela. Non hai nada detrás, non simboliza nada.

Maren Eggert, a actriz que participou en moitos dos seus primeiros traballos,

Estaba en casa, pero... comeza cunha escena campestre protagonizada por varios animais domésticos, entre eles un asno. Sabemos que admira o traballo de Robert Bresson. ¿Foi Ao azar Balthazar unha obra na que pensase durante a realización do filme? A primeira obra de Bresson que puiden ver foi O diñeiro. Impresionoume profundamente, o seu visionado fíxome preguntarme moitas cuestións, non só sobre cinema, senón sobre a propia vida. Máis adiante vin outras obras súas e, por suposto, Ao azar Baltarzhar, un dos filmes máis fermosas que se teñan feito, a escena final coa morte do asno... non hai palabras para describila. Pero ao mesmo tempo, un asno é un asno. Nada máis. É posíbel que quixese liberarme desta referencia ao amosalo.

Page 10: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

foto: Joachim Gern

interpreta a personaxe principal, Astrid. Como foi o proceso de traballar con ela? Coñecía previamente o que vostede quería conseguir do seu personaxe? Non, porque eu mesma non o sabía. Primeiro escribín o guión, cuxos diálogos son exactamente os mesmos que se oen no filme. Nada se improvisa. Na longa escena coa súa filla, por exemplo, ela aprendeu o texto pero no podía saber nada máis sobre a escena porque eu tampouco o sabía.

Interesante. A diferenza entre ela e a meirande parte de actores é que me transmite unha gran confianza cara a min mesma. Non pregunta nada. Traballa cada escena sen dubidar. Probabelmente isto se debe a que nos coñecemos desde hai tempo. Sabe que comigo non ten que probar nada. É habitual que se traballas cun actor por vez primeira tente demostrar o seu talento. Iso non ten

«Maren Eggert traballa cada escena sen dubidar, sabe que comigo non ten que demostrar o seu talento»

Page 11: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

«A idea da maternidade é clave, paréceme interesante ver unha muller dicir ‘non’»

ningún sentido. O que ten que suceder fronte unha cámara está relacionado coas frases, as situacións, a propia práctica do actor.

Hai moitas imaxes sorprendentes no filme. Por exemplo temos a recorrente presenza da coroa... Ofrecer unha coroa a alguén é un acto moi fermoso. Convertes esa persoa nalguén independente e forte. Porque o rei non precisa que ninguén lle diga o que ten que facer. A coroa quere dicir, “eu existo, non preciso que me...”

Valides... Exacto. Poñer unha coroa aos nenos é aínda máis fermoso. Pero non podes facelo como se fose un personaxe da vida real. Shakespeare deume a escusa perfecta.

Outra escena crucial ten como protagonistas a parella de mestres. El parece querer ter fillos e ela non está disposta. Como se conecta esta liña argumental co resto do filme? A cuestión da maternidade é clave e preséntase moi cedo no filme. Todo o mundo ten unha nai e isto ten moitas implicacións. Na nosa sociedade, hoxe, non estamos obrigados a aceptar o que a natureza nos dá. Partimos da idea de que temos o dereito a ter un neno e se a natureza non nolo ofrece, polas circunstancias físicas que sexan, a medicina pode resolvelo. A idea de que non aceptamos o que nos é dado é moi poderosa para min. Nesta escena que comentas sucede xusto o contrario, ela pode, fisicamente, quedar embarazada, pero non quere. Parecíame interesante ver unha

muller dicir “non”. E para o home é imposíbel de entender, pero non por iso deixa de amala.

Por iso a escena é fermosa e esnaquízache o corazón. Outra escena impactante ten lugar na cociña cando os fillos de Astrid poñen todo patas arriba e ela perde o control. Aí hai unha idea que me parece clave: os nenos non xulgan. Non están en condicións de facelo pois precisan a súa nai. Ao mesmo tempo, á súa idade empezan a crear un xuízo propio, atópanse nun momento existencial clave. E iso

Page 12: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

fainos máis fortes, pero tamén máis xenerosos. Tamén me parece importante que a escena da cociña non sexa un punto de inflexión, non resolva nin transforme nada. Ao día seguinte a vida continúa. É unha escena entre seres humanos. É posíbel que máis adiante certas vivencias do presente sexan percibidas como cruciais pero eles non poden sabelo nese intre. E eu tampouco podo.

É habitual que a relacionen coa Escola de Berlín, un grupo de cineastas alemáns que habitualmente reflexiona sobre a perda de identidade e a condición transitoria da

vida. Na súa obra pódense detectar estes temas. Ten algunha afinidade cos autores desta escola? Cando se creou este selo só eramos tres os cineastas que o compuñamos: Christian Petzold, Thomas Arslan e máis eu. Con Thomas teño moita relación pero nunca falamos dos nosos traballos, nunca compartimos a escrita ou dirección das nosas obras. Co paso do tempo calquera filme alemán que non fose comedia se considerou como parte da Escola de Berlín [risas]. Virou unha marca tan xenérica que perdeu todo significado.

Pasaron seis anos entre Orly (2010) e O camiño soñado (2016) e tres entre esta e Estaba en casa, pero... (2019) A que se deben estas pausas e cal é o seu seguinte proxecto? O longo período entre Orly e O camiño soñado foi moi triste. É unha longa historia. O diñeiro non chegaba e tiven até tres produtores. Xa tiña escrito Estaba en casa, pero... antes de rodar O camiño soñado, mesmo tiña gravado xa as escenas de apertura e o epílogo. A maioría das escenas rodáronse nos meses de outubro e novembro e tivemos que agardar seis meses até gravar a escena do verán en Croacia para rematar o filme. En canto ao meu novo proxecto só podo dicir que se basea no mito de Edipo. Acotío asociamos a Edipo con Freud pero no meu filme non vai ser así.

«Hai unha idea que me parece clave: os nenos non xulgan»

Page 13: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

«Unha mostra arrebatadora de virtuosismo cinematográfico. Estamos en mans dunha gran mestra» Neil Young THE HOLLYWOOD REPORTER

Page 14: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

foto: Joachim Gern

Filmografía

1994 Ich bin den Sommer über in Berlin geblieben 1995 My Sister’s Good Fortune 1998 Plätze in Städten 2001 Mein langsames Leben 2004 Marseille 2010 Orly 2016 O camiño soñado 2019 Estaba na casa, pero...

Angela Schanelec (Aalen – Alemaña, 1962) inicia a súa carreira como actriz de teatro nas compañías Thalia Theatre de Hamburgo e Schaubühne de Berlín. A continuación estuda dirección na Academia Alemá de Cinema e Televisión, onde recibe clases do cineasta Harun Farocki e comparte promoción con Christian Petzold e Thomas Arslan, con quen forma a coñecida como Escola de Berlín. A súa obra como cineasta iníciase a mediados dos 90, creando un estilo propio e esencial que leva á crítica especializada a emparentala con autores da talla de Robert Bresson, Michelangelo Antonioni ou Chantal Akerman.

Os filmes de Angela Schanelec foron seleccionados en grandes festivais como Cannes, onde competiu na Sección Oficial- Un Certain Regard con Marseille (2004) e Plätze in Städten (1998) ou Locarno, en cuxa Sección Oficial participou con O camino soñado (2016). A consagración definitiva do cinema de Schanelec chegou con Estaba en casa, pero..., conquistando o Oso de Prata a Mellor

Dirección na Berlinale, o Astor de Prata a Mellor Dirección en Mar del Plata e o Premio Zabaltegi-Tabakalera ao Mellor Filme en San Sebastián.

Unha obra palpitante que nos fala do dó, a maternidade e a incomunicación, coa que o cinema de Angela Schanelec chega por vez primeira ás pantallas do noso país. A partir do 17 de abril nos mellores cinemas da man de NUMAX Distribución.

Angela Schanelec

Page 15: ˆ˝ˇ˘ - NUMAX · 2021. 5. 21. · de Carapuchiña vermella— se aloxa na nosa mente como unha posíbel pista. Buscando o seu significado podemos lembrar a nai de Hamlet que na

distribucion.numax.org/estaba-en-casa-pero

numaxdistribucion numaxdistribucion numaxfilms [email protected]

#EstabaEnCasaPero

Prensa e comunicación Xan Gómez +34 981 560 250 [email protected]

Contratación y copiasYEDRA FILMSPedro Melero+34 944 240 [email protected]