updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e...

19
SARREAUS Unhas pinceladas do Concello. O Concello de Sarreaus sitúase na provincia de Ourense, na Comarca de A Limia alta e ten unha superficie de 77 km². A capital municipal, Sarreaus, dista 52 km de Ourense e 11 km de Xinzo de Limia. O nome do Concello provén do latín sarrio ou sario, equivalentes do galego sarrio e referente ós terreos areosos formados por aluvións fluviais posteriormente endurecidos. Limita ó norte co municipio de Vilar de Barrio, ao sur cos concellos de Trasmiras e Xinzo, polo leste cos de Cualedro e Laza e ao oeste co de Xunqueira de Ambía. Formado por nove parroquias nas que se distribúen 22 pobos. San Bartolomeu: A Portela da Quinta, Bresmaus. Santa María: Codosedo, Pazos, Ameá, O Veredo. San Xoán: Cortegada, Folgoso, Meilas, O Penedo. Sta María: Lodoselo. San Lourenzo: Nocelo da Pena. Santiago: O Freixo, Freande, Couso. Santa María Madalena: Paradiña, Vilariño Frío. Santa María: Perrelos. San Salvador: Sarreaus, Padroso, Sas, Tarrazo. Cómo chegar: tómase desde Ourense, a OU-540 cara Benavente/Madrid, continúase pola A-52 cara Abavides/Xinzo de

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

SARREAUS

Unhas pinceladas do Concello.O Concello de Sarreaus sitúase na provincia de

Ourense, na Comarca de A Limia alta e ten unha superficie de 77 km². A capital municipal, Sarreaus, dista 52 km de Ourense e 11 km de Xinzo de Limia. O nome do Concello provén do latín sarrio ou sario, equivalentes do galego sarrio e referente ós terreos areosos formados por aluvións fluviais posteriormente endurecidos.

Limita ó norte co municipio de Vilar de Barrio, ao sur cos concellos de Trasmiras e Xinzo, polo leste cos de Cualedro e Laza e ao oeste co de Xunqueira de Ambía.

Formado por nove parroquias nas que se distribúen 22 pobos.

San Bartolomeu: A Portela da Quinta, Bresmaus. Santa María: Codosedo, Pazos, Ameá, O Veredo. San Xoán: Cortegada, Folgoso, Meilas, O Penedo. Sta María: Lodoselo. San Lourenzo: Nocelo da Pena. Santiago: O Freixo, Freande, Couso. Santa María Madalena: Paradiña, Vilariño Frío. Santa María: Perrelos. San Salvador: Sarreaus, Padroso, Sas, Tarrazo.

Cómo chegar: tómase desde Ourense, a OU-540 cara Benavente/Madrid, continúase pola A-52 cara Abavides/Xinzo de Limia, séguese pola OU-525 a Sarreaus e logo pola OU-155 ata Sarreaus.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

Encaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e montaña, cunha distribución espacial semellante e dando lugar a terras máis chás e a fermosos vales.

O río Limia forma a rede fluvial do Concello, nace no monte Talariño na parroquia de Paradiña, á que tributan os regatos de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e A Veiga.

Territorio marcado polos contrastes topográficos existentes. Encóntrase situado entre dos bloques, uno o fundido da depresión de A Limia (que domina cara o oeste) e outro, o erguido que se eleva cara o leste. Os vales dos ríos Freixo e Padroso serven de nexo de unión. Destaca un releve ondulado no sector oriental, con cotas que superan os 900 m, e aplanado no occidental, non chegando ós 700 m.

A localización dos núcleos de poboación ven dada polos contrastes citados. O contacto chaira/ladeira convértese no lugar máis frecuentemente utilizado. Vivendas apiñadas, rodeadas por pequenas “cortiñas”, hortas cercadas por muros de pedra granítica. Pola contra, na cabeceira do río Freixo, a lousa abunda nos muros e cubertas construíndo un paisaxe diferente.

Unha mirada atrás.Na actualidade, dito Concello non conta cun traballo en profundidade

sobre a súa evolución histórica, pero pódese acceder a numerosas referencias illadas.

Os poboadores primitivos concentrábanse nas terrazas fluviais da cabeceira do río Limia (O Freixo), e nos bordes da Lagoa de Antela (Cortegada), onde puideron aproveitar unha copiosa recolección e caza.

En Sarreaus no Neolítico é unha obriga mencionar os megalitos, panteóns

funerarios construídos a partir do Neolítico Final polos primeiros agricultores e pastores que se coñecen na Galicia interior (3500/2000 a. C.). Hoxe non están catalogados ningúns destes “dolmens”, pero a toponimia mostra evidencias da súa presenza en Lodoselo (Piñeiros de Anta e Medorra), en Cortegada (Alto da Madorra).

Outro dos monumentos a destacar é a “Pedra Alta” de Cortegada, menhir empregado como marco delimitador entre Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. É o maior menhir do “NON” Ibérico e conserva signos

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

superpostos: inscrición romana, letras medievais,… Tamén é un manifesto da espiritualidade non só funeraria do home neolítico, xa que ademais indicaría unha antiga ruta de Cortegada a Casasoá (encrucillada coa vía romana XVIII) a través da Lagoa

de Antela. Tamén en Cortegada está “O Penedo do Arangaño”,→

expoñente do culto ás pedras naturais e frecuentado por consideralo curativo.

O achado de once armas en O Roufeiro (Nocelo da Pena), carentes de estaño como ocorre en Portugal, e algunha reproducida en petróglifos, serviu de paradigma para o Bronce Inicial en Galicia, testemuña das relacións atlánticas co Portugal ou Irlanda. No Eneolítico, Idade do Bronce, sitúanse os palafitos testemuñados na Lagoa de Antela.

Representantes da “cultura castrexa”, son os pobos fortificados onde moraban os antepasados galaicos. O pobo galaico dos Limici, habitou nos castros Da Cibdá (Nocelo), A Gándara, Tarrazo, A Rocha ou Os castros de Codosedo, (aproximadamente entre os séculos VI / IV a. C e IV d.C.). Al Monte de O Viso en Nocelo, corresponden os descubrimentos máis valiosos: epígrafes honoríficos ós emperadores “Hadriano e Antonino Pío” e unha estela votiva bifronte ofrecida ás “madres da cidade”, única en Galicia e emparentadas coas do Rhin, onde son moi abundantes.

Durante a Idade Media, Sarreaus forma parte da Terra da Limia, onde permaneceron suevos e visigodos gracias ás boas comunicacións e á riqueza de centeo, liño e vacun. Contamos con evidencias desta época na construción románica da igrexa de Codosedo. Tamén por esta zona transcurría o camiño medieval de Monterrei ata Xunqueira de Ambía, outro camiño medieval partiría de Cortegada e incorporaríase outro que unía Verín con Ourense.

Na Idade Moderna, Perrelos, O Freixo e Lodoselo eran da xurisdición de Xinzo (do Conde de Monterrei); Cortegada e Sarreaus pertencían á Torre de A Portela -Pena- (do Condado de Lemos). A Casa de Alba fusiono a ámbalas dúas familias pasando a ser a máis poderosa da toda A Limia: en Sarreaus só “O Couto” (Codosedo, Pazos, Paradiña e O Veredo), que era da Orden de Santiago e “Nocelo” da competencia de Santa Clara de Allariz, quedaban excluídos dos seus dominios. Aínda que na Limia abundaban os pequenos propietarios libres, e en Sarreaus crecía a poboación gracias á exportación de bovino e á progresión da pataca, os campesiños seguiron suxeitos ata entrado o século XX, ós foros, cos facían depender dos señores e dos seus

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

intermediarios (fidalgos, caciques) quen chegaron a posuír pazos como A Casa Grande de Nocelo.

A principios do século XIX, na Idade Contemporánea existen referencias o Concello Constitucional de Cortegada. No 1822 desaparece o de Cortegada e encóntranse os municipio de Codosedo e Lodoselo. É a partir do 1835 cando nace o actual Concello, que hoxe en día pertence á Mancomunidade Intermunicipal da Limia.

Liberalismo e agrarismo (movemento campesiño co fin de suprimir foros medievais que pervivían na Galicia de principios do século XX) contribuíron ó declive económico da igrexa e da nobreza, aínda que foron os aforros da emigración ultramarina os que permitiron ós labradores converterse en propietarios (1920-1930).

É destacable a importancia e decadencia do liño, así como dos muíños fariñeiros (O Freixo contou cunha decena no século XIX). A incidencia negativa da Guerra Civil e a presenza de maquis (guerrilla antifranquista) durante os críticos “Anos do Fame.”

A migración dos sesenta e setenta do século pasado, facilitou o despegue do sector secundario (construción) e foi relevante o sindicalismo agrario durante a transición. Na actualidade é salientable a modernización agropecuaria e a mellora dos servizos públicos e comunicacións. Sen embargo, o retroceso demográfico non se detivo, o igual cos outros Concellos do Val do Lima.

Onde perderse:

Xoias Naturais.

Neste apartado, pódese facer referencia a rede fluvial do Concello. O río Limia baña todo o Concello desde o seu nacemento no monte Talariño en Paradiña (parroquia de Santa María Madalena), sucando as terra de nordeste a suroeste. Tamén contan cos regueiros de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e A Veiga.

Outro paraxe contemplado como una xoia natural polo seu entorno e ubicación sería a Aldea Rural Couso Galan, no pobo de Couso. É un complexo hostaleiro reconstruído para que se poda desfrutar do tempo de ocio nun paraxe impresionante, cruzado polo río Limia. (máis información no apartado “un alto no camiño”).

Aldea Couso Galán

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

Como rotas ou camiños neste Concello, cóntase coas seguintes:

Camiño medieval de Monterrei: desenvólvese por Nocelo da Pena, Lodoselo, Sarreaus, Piñeira Seca, Alto da Medorra, Cortegada e dirección a Xunqueira de Ambía.

Camiño medieval que partiría de Cortegada: para atravesar Portela da Quinta, Bresmaus, Pazos e Codosedo.

Camiño de Verín-Ourense: á zona do camiño anterior, incorpórase este camiño que une Verín con Ourense a través de Paradiña e Veredo.

VÍA DA PRATA: camiño do sueste, é unha prolongación da Vía da Prata que ven desde o sur de España, entra en Galicia polo abrupto alta da Canda, en terra ourensás. Na Gudiña divídese en dous, para atoparse antes de Ourense, un destes dous tramos pasa polo Concello de Sarreaus : Ruta Pola Senda Da Lagoa Seca:

Desde Xinzo pola N-525, tomarase dirección Zos, onde pódese pasear polas súas rúas vendo a vida dun típico pobo. Unha pista de terra paralela ó río Faramontaos levaranos a Chamusiños e logo a Trasmiras. Xunto a súa igrexa, tómase o desvío cara Silvascura, onde pódese contemplar o monte de “O Castelo”, ata chegar a Vilar de Lebres. Visita obrigatoria é a súa igrexa, tesouro románico. Logo pártese A Serralleira ata Vila de Rei onde tomarase un desvío cara Sarreaus, aínda que antes débese visitar Nocelo da Pena, cuna da Limia, onde pódense buscar os restos do asentamento romano “Civitas Limicorum” nas cercanías dunha xigantesca pedra chea de lendas “O Penedo da Moura”. Todavía hoxe, os habitantes do pobo coñecen este lugar como “A Cidbá”(cidade).

En Sarreaus débese ir a visitar o río do pobo de Freixo e pasear pola senda dos seus muíños. De volta a Sarreaus vaise por Saas ata chegar a Paradiña, onde un pode saciar a súa sede bebendo auga da fonte considerada popularmente relaxante. A partir de aquí, impresionados polas vistas, pódese optar por tomar dirección a Alberguería – Prado – Rebordechao e de aí a Vilar de Barrio, o ben, ir directamente.

Desde Vilar de Barrio a Codosedo, onde visitarase, paseando polas rúas, casas blasonadas, un cruceiro e a súa igrexa románica, relevante polos seus canecillos, a torre cadrada e un Santo Cristo de tradición gótica. Séguese por Meilás e volta a Xinzo onde termina a rota.

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

LENDAS

Pedra Alta: a Virxe ía voando dende o monte Poedo camino de Cortegada, levando a pedra a cabeza; o chegar onde esta hoxe caeulle qudando chantada no chan. Outros din que era una moura que ía fiando levando a pedra a cabeza.

Penedo do Arangaño: contan os maiores de Sarreaus que o penedo curaba enfermidades dos máis cativos. Unha que facía que os rapaces deixasen de comer e pola que podían chegar a morrer. Para que o penedo fose efectivo, tíñase que se seguir este ritual: a nai metía o cativo espido polo burato, e logo a madriña recollíao ao outro lado. A nai recitaba algo semellante a: “aí che vai o arangaño, devólvemo vivo e sano!”; despois as roupas que o rapaz traía, tirábanse polo monte e deixábanse moedas e un cirio como símbolo de agradecemento. Aínda hoxe paseando polo monte, pódense ver restos de roupas e cirios, e con moita sorte algunha moeda.

En canto ás ordes militares que coidaban o camiño, hai que citar á Orden de Santiago no itinerario Laza-Xunqueira-Ourense. A encomenda santiaguista de Barra, protexía o tramo que va desde Codesedo, o pe do Monte de Talariño (onde hai un humilladoiro) ata Vilar de Gumareites.

Riqueza histórica e cultural

O patrimonio histórico e cultural de Sarreaus ofrece varios centros de interese. Entre estes pódense destacar os dolmens o menhires e xacementos prehistóricos como poden ser:

“A Cibdá” no monte do Viso e “O Roufeiro” (Nocelo da Pena): no tempo dos romanos Civitas Limicorum é o pobo máis importante do contorno

da Limia e nel tamén se atopa o xacemento prehistórico de Roufeiro, onde apareceron once armas do Bronce Inicial (actualmente depositadas no Museo Arqueolóxico de Ourense). Coa chegada e o asentamento dos romanos produciuse a romanización de toda a zona e dos habitantes indíxenas. Crese que estes, coñecidos coma os Límicos,

tiñan a súa capital no mesmo lugar no que os romanos asentaron a Civitas Limicorum. Hoxe este lugar coñecese como “A Cidade” situada no monte do Viso, onde apareceron as súas vivendas (castros) e tamén epígrafes honoríficos ós emperadores, así como unha estela votiva bifronte ofrecida ás madres da cidade (foto da dereita).

O maior menhir encontrado é “A Pedra Alta” (Cortegada), o cal, conserva signos superpostos como son inscricións romanas, letras medievais,… Reutilizada como mojón de termino. Tamén no pobo de Perrelos,

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

encontraríase “O Penedo do Arangaño”: frecuentado hoxe en día por considerárselle curativo.

Tamén destacan outro monumento como “A Pedra Alta de Antela”, situada en la desaparecida Lagoa de Antela.

Aparecen vestixios de castros en Codosedo, Tarrazo, Nocelo,… fortificados polos Limici como xa se comentou anteriormente. Tamén foron encontrados achados de aras, tégulas,… en Lodoselo, Perrelos, Paradiña, Folgoso o a Lagoa de Antela.

Pódese seguir o camiño visitando fornos, muíños, hórreos, lavadoiros e algunhas fontes tradicionais nos pobos. Por exemplo, forno e lavadoiro en Lodoselo ou a antiga casa reitoral, hoxe convertida no Centro “O Viso”. Tamén as casas brasonadas de Codosedo, ou muíños como o fariñeiro do Freixo.

As festas tamén son outro atractivo cultural e turístico para dar a coñecer os produtos típicos da zona, así como as tradicións do mesmo.

FESTASAs festas e romarías dos pobos que forman o Concello de Sarreaus,

están animadas por grandes orquestras e a banda de gaitas do Concello. Serven para xuntar a familiares e amigos, onde son convidados a xantar para rematar bailando todos xuntos ó carón da orquestra.

Repartidas o longo do ano, celébranse as seguintes festas e actividades:

Festas populares: o En Cortegada: San Xoán o 24 de xuño.

San Nicolás o 6 de maio.o En Nocelo da Pena: San Lourenzo o 10 de agosto.o En Perrelos: San Bartolomeu o 24 de agosto.o En Bresmaus: San Bartolomeu o 25 de agosto.o En Freixo: Romaría de Santiago o 25 de Xullo.

Muiño Fariñeiro - Freixo

Fonte Couso, Horreo Nocedo, Muiño Couso, Fonte Vilariño, Forno e lavadeiro Lodoselo, Lavadoiro Sarreaus

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

o En Lodoselo: Romaría da Asunción o 15 de agosto.No linguaxe teolóxico, a palabra latina “assumptio” designa o feito de que María, nai de Cristo, foi tomada e acollida na esfera da vida celeste por obra do poder divino. A Asunción é o acontecemento culminante da existencia de Ntra Sra e foi definida por Pío XII no 1950, como dogma de fé. O dia 15, ademais festivo nacional, é o día grande, que se desenvolve no campo de A Lama, un gran prado rodeado de árbores e bosques próximos, que se enchen de atraccións.

o En Sarreaus: As Dores o 1 de setembro.o En A Portela, Meilas: A Virxe da Portela o 8 de setembro.

É salientable facer mención a escola de gaitas e percusión do Concello de Sarreaus, a cal comezou no 1996 e na actualidade ha recollido varios premios en campionatos e na liga galega de bandas de gaitas.

Entroido: celébrase en Sarreaus nas vacacións do Entroido. As festas máis coñecidas xiran ó carón do Entroido, non en vano están próximos ó Triángulo Máxico Xinzo da Limia coas súas Pantallas, Laza cos Peliqueiros e Verín cos Cigarróns. Sarreaus é terra de Entroido cos seus Vergalleiros.

O Vergalleiro é o protagonista, dono e señor nos días da festa que preceden á coresma. Este personaxe porta traxe formado por blusa de liño con tres cintas entrelazadas de cor verde, negro e roxo, chaleco negro de feltro, polainas con pompóns roxos, faixa do mesmo cor colgando chocas o campanillas pequenas e pompóns negros, e unha cabeza que leva debuxados motivos celtas. Na man levan un corno de vaca que fan soar a medida que percorren as rúas, convidando a participar no Entroido.

O personaxe foi recuperdo polo ano 1994, pero hoxe xa está moi arraigada como máscara de Sarreaus. O traxe é moi bonito e como pode observarse, reproduce unha cara masculina sorrinte. Ademais do corno para poner música, leva a maiores un vergallo que lle dá nome.

O día grande neste Municipio é o domingo cun gran desfile de carrozas, e ademais da diversión, tan só resta tempo para repoñer forzas co porco asado típico de Sarreaus.

Nesta festa está prevista a terminación con queimada e chocolatada, ademais do porco asado e viño.

Feiras: celébranse o dia 6 de cada mes en Sarreaus.

Tesouros arquitectónicos .

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

Como sucede noutras partes de Galicia, é moi grande a riqueza en mostras de arte relixiosa: cruceiros, igrexas, petos de ánimas,… espallados por toda a xeografía do Concello.

Tamén é salientable o Pazo-Casa Grande de Nocelo da Pena que inclúe capela, portalón de entrada, hórreo e pombar, a maioría do século XVIII.

Pódese dar comezo á andadura visitando o cruceiro de:

Nocelo da Pena: de pedra, aséntase sobre unhas gradas e pedestal de planta cadrada, sobre o que se apoia un fuste liso que remata nun capitel. Sobre este, a cruz sen ningún tipo de ornamento. É outra mostra de cómo a arquitectura popular cristianizaba ós lugares que consideraba perigosos como as encrucilladas por onde vagaban as almas; outras veces eran unha mostra de agradecemento dos devotos.

Codosedo: cruceiro popular.

Tamén podemos facer un percorrido polas capelas e igrexas do Concello.

Capela da nosa señora da Portela: Obxecto de gran devoción na comarca. A construción eminentemente rural, ten un amplo alpendre sostido por columnas con capiteis, algúns deles poden ser da época prerrománica como varios sarcófagos antropomorfos que hai no entorno. Este lugar por estar cuberto, úsano os veciños para as súas reunións.

Capela de San Bartolomeu de Bresmaus: A capela foi construída no século XVIII, aínda que desde o punto de vista artístico é pouco destacable, pero conserva no seu interior esculturas de gusto popular.

Capela de San Nicolao en Folgoso: a cal garda un ara romana dedicada á deusa Xúpiter.

Capela de Freixo. →Capela de San Roque Padroso → Capela de Vilariño.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

Contan algúns veciños que nesta igrexa foron utilizadas pedras dos castros que existían no municipio.

En canto ás igrexas, pódense destacar:

Igrexa de Santa María de Perrelos: igrexa románica do século XIII, con portada de dúas arquivoltas sobre pares de columnas. Na parte posterior encontramos unhas fiestras con arco axadrezado sobre dúas columnas. Do interior destaca un arco triunfal de medio punto sen decoración. Do retablo, unha imaxe de Santa Lucía de estilo barroco, é a talla máis valiosa, mentres que tamén pódense observar dúas pilas de auga bendita, unha de tradición románica con suxestivo releve de crucificado e outra renacentista.

Igrexa de San Lourenzo de Nocelo da Pena: construída no século XVII, da que pódese destacar un bo número de esculturas barrocas que se conservan no seu interior, sendo de especial interese as que representan o seu patrón San Lourenzo, San Sebastián e San Antonio Abad (acompañado por un porquiño con campá “para advertir ós veciños da súa presenza e solicitar o sustento) ademais do conxunto escultórico do Calvario.

Igrexa de Santa María de Codosedo: igrexa románica do fines do século XII e modificada no 1707, pertenceu á Órden Militar de Santiago. Na fachada pódese destacar a porta principal, a cal presenta tres arquivoltas e tímpano limpo sobre mochetas. A portada lateral, de dúas arquivoltas sobre impostas, dispón de motivos axadrezados con dous pares de columnas, e capiteis con motivos xeométricos. A torre cadrada encóntrase adosada ó edificio principal, é do século XVI, mentres que a cabeceira da igrexa (de boas proporcións), foi construída no 1707, respondendo ó estilo barroco imperante no momento. No interior o retablo maior é barroco, con diversas imaxes, entre as cales hai que salientar unha talla da

Inmaculada e a imaxe de un Santo Cristo gótico do S. XIV.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

Igrexa de San Xoán de Cortegada: É unha pequena igrexa románica do século XIII, de gusto arcaizante que, a pesar das numerosas reformas, aínda conserva interesantes portas e unha boa colección de modillóns. A portada principal, con tres arquivoltas con perlado rodeando un tímpano cunha cruz floreada, descansa en dous pares de columnas. Sobre a porta, una fiestra tamén románica coroándose cunha espadana barroca. As esculturas que se conservan son de estilo barroco. O arte románico é moi afín o “alma galega”, a cal vese reflectida nestes monumentos pétreos.

Igrexa de Santiago de Freixo: é barroca do século XVII. No seu interior conserva varias talla barrocas, case todas de talleres o mestres, moi pouco técnicos. Destaca a Virxe co neno, obras do S.XVII.

Un alto no camiñoAloxamentos:

sito no municipio de Couso atópase a “Aldea Rural Couso Galán”, dedicada ó turismo rural. No ano 2000 un matrimonio

da Rioxa decidiu cambiar de vida e facer realidade un sono. Compraron as antigas casas desta aldea que levaba máis de 15

anos abandoada. Despois dun duro e delicado traballo de restauración,

respetando ó máximo as antigas estruturas, inauguraron en xuño do 2008, o que hoxe é

un complexo hostaleiro. (Tlf.: 988 302845 - www.cousogalan.com – ).

O entorno en plena natureza, é ideal para relaxarse e desfrutar dun tranquilo fin de semana, comida de empresa ou reunión familiar. Unha gran variedade de actividades con posibles nos arredores da aldea: senderismo, paintball, tiro con arco, rutas en bici, masaxes na propia habitación,…

Está dotada dos seguintes servizos:

20 habitacións independientes e un apartamento. Amplio restaurante con dúas salas para xantar e ceas, tanto de

empresas como os seus hóspedes e visitantes.

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

Varios salóns de celebracións con capacidade para 300 persoas. Cafetería-terraza. Salón social, onde se pode charlar tranquilamente entre amigos

ou xogar algunha partida de cartas ou parchís. Paintball. Convenios con

balnearios, termas,… para conseguir descontos interesantes para os seus clientes.

Tamén contan co Albergue Pobo-Escola “O Viso”, en Lodoselo. Este centro forma parte da “Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural”. Antigamente era unha casa reitoral e anteriormente unha casa de labranza.

Como albergue dispoñen de aloxamento para 40 persoas, e habilitada para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida. Utilizase para colexios, movementos infantís, terceira idade, grupos de formación e tempo libre,

familias, amigos,…

Ademais das habitacións, dispoñe dos seguintes servizos:

o Comedoro Bañoso Salas de reunións e xogos.o Servizos de cociña e limpezao Aluguer de bicicletas para facer rutas pola zona.o Equipo de monitores de tempo libreo Realización de actividades coa participación dos veciños do pobo.o Visitas guiádas o lugares de interese da zona.

O CDR conta tamén con outra casa utilizada como vivendas comunitarias para a terceira idade, con servizos varios: de axuda, comedor, vivenda tutelada, lavandería, actividades de ocio, … con capacidade para 12 persoas.

Para comer:

Paintball Couso

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewEncaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur, repártese entre dou dominios diferentes, val e

Aldea Rural Couso- Galan: sito en Couso, restaurante e celebración de eventos. (Tlf.: 988 302845).

Mesón O caserío: sito en Sarreaus (Tlf.: 988 454118).