01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación...

48
XERAIS PLANDELECTURA ESO E BACHARELATO 2008/2009 01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 1

Transcript of 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación...

Page 1: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

X E R A I SPLANDELECTURAESO E BACHARELATO2008/2009

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 1

Page 2: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

O profesorado ten xa á súa disposición en www.xerais.esproxectos de animación á lectura dos libros sinalados co símbolo�

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 2

Page 3: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Xerais, editorial comprometida co proxecto de ofrecer ao profesorado os recur-sos máis axeitados para desenvolver un mellor ensino da lingua galega, presentaunha selección de títulos –das súas coleccións máis representativas– que facili-ten o interese pola lectura nos mozos e mozas de Educación SecundariaObrigatoria e BacharelatoNo presente catálogo ofrécese unha proposta de lectura para cada curso, formadapor tres títulos das últimas novidades, que se completa cunha selección doutrosseis títulos por ciclo e unha ampla escolma de bibliotecas de autores galegos, delibros de relatos e, finalmente, unha selección de novela histórica e outra denovela negra que proporcionan a necesaria diversificación deste plan de lecturas.Esta é unha proposta aberta e plural, onde prima a excelencia e a calidade lite-raria dos textos e un interese temático e de xénero moi diversificado.Os títulos recollidos proceden das coleccións Merlín, Sopa de Libros, Xabaril,Fóra de Xogo e Narrativa, primando a presenza de autores e autoras galegos e adiversidade temática e de enfoques literarios.Este plan de lecturas ofrece un dosier para o profesorado dalgúns dos títulosrecomendados para cada curso, no que se proporciona información completasobre a obra (sinopse argumental e núcleos temáticos), así como unha propostade actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexióndos lectores e lectoras.Agradecemos o interese do profesorado no fomento da lectura en lingua galega,alicerce dun proxecto común de galeguización educativa e de formación dun cri-terio lector entre o alumnado. Aproveitamos a oportunidade para poñérmonosa disposición do profesorado para ofrecer a nosa colaboración no desenvolve-mento deste plan de lecturas, así como para recoller todas as súas iniciativas paramelloralo e adecualo ás necesidades dos centros.

Xerais, setembro 2008

X E R A I SPLANDELECTURAESO E BACHARELATO2008/2009

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 3

Page 4: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 4

Page 5: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

PR

IME

IRO

DA

ES

OL

EC

TU

RA

S R

EC

OM

EN

DA

DA

S

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 5

Page 6: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Proxecto BolboretaAutora: Andrea MaceirasPREMIO CERTAME DE MICRONOVELA CONCELLO DE SOUTOMAIOR, 2007Xerais Fóra de Xogo120 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365114ISBN: 978-84-9782-824-6P.V.P.: 10,10 €

ARGUMENTO

Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequína Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñeci-das como «Efecto Bolboreta», acuñadas por científicos como James Gleick e EdwardLorenz a partir do proverbio chinés: «o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir aooutro lado do mundo». Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións destaaventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhasdas súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos ines-perados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o sím-bolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soñoque merece ser cumprido.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventura, ciencia, viaxes.

XÉNERO

Novela.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 6

Page 7: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

A vida encaixaAutor: EugèneTradutora: Emma LázareIlustradora: Esperanza LeónXerais Sopa de Libros104 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1384036ISBN: 978-84-9782-792-8P.V.P.: 7,50 €

ARGUMENTO

Se os adultos respondesen a todos os interrogantes dos nenos, que sucedería?… Unhamañá o pai de Sachinka levanta o dedo maimiño para pedirlle un café a súa muller. Asúa filla pregúntalle por que fixo ese xesto, e el non sabe contestar. Sachinka insiste,pois quere respostas sinxelas para as súas preguntas e non parará ata conseguilo. Dendea súa pregunta, suspendida no aire, Sachinka expresa o seu interese de comprender omundo, o seu afán por aprender e buscar solucións ante a adversidade.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

A solidariedade, a sociedade de consumo, a curiosidade infantil, a inocencia, o espíri-to crítico e a análise e a procura da propia identidade.

XÉNERO

Novela.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 7

Page 8: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Os piratas da illa da EsperanzaAutor: X. H. Rivadulla CorcónIlustrador: Adrián SolleiroXerais Merlín120 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1343181ISBN: 978-84-9782-728-7P.V.P.: 10,00 €

ARGUMENTO

A Illa do Tesouro é o libro máis especial para os cinco membros do Club de LecturaPedra dos Corvos. Cando coñecen ao Vagabundo, un vello e nobre navegante, que seconvertirá en un amigo máis da panda, vivirán unha arriscada aventura que os levará aembarcarse no Praia de Quenxe para procurar un tesouro na illa da Esperanza e aenfrontarse a un situación tan inesperada coma dolorosa. Unha emocionante novela detemática mariñeira de X. H. Rivadulla Corcón, ilustrada por Adrián Solleiro, sobre alealtade e a amizade, que convida a unha engaiolante lectura.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

A amizade, a lealdade, temática mariñeira.

XÉNERO

Novela.

Fich

a de

lect

ura

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 8

Page 9: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

SE

GU

ND

OD

AE

SO

LE

CT

UR

AS

RE

CO

ME

ND

AD

AS

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 9

Page 10: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

A Cova das Vacas MortasAutor: JaureguizarPREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA DE LITERATURA XUVENIL, 2006Xerais Fóra de Xogo144 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1365095ISBN: 978-84-9782-480-4P.V.P.: 10,10 €

ARGUMENTO

Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunhacomuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña conpoder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que oseu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla.Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8.O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá LeniRiefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria,filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar assúas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar. Entreeles nacerá unha historia de amor enfrontado. Iria, defende o dereito dos antigos pro-pietarios de Foxo a recuperaren as súas propiedades e ademais representa a crítica aonazismo e a calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que mantiña o avóde Xoel ao axudar na filmación de escenas nazis.Unha novela atractiva, interesante, que utiliza elementos fantásticos e de misterio sendeixar de ser crible, con final intenso, que nun momento en que semella que a tramaestá resolta, abre outra nova incógnita que convida á reflexión.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

O amor adolescente. Historia do cine. Ecoloxía. A liberdade.

XÉNERO

Novela realista.

Fich

a de

lect

ura

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 10

Page 11: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

A noite que Wendy aprendeu a voarAutor: Andreu MartínTradutor: Ignacio ChaoXI PREMI BANCAIXA DE LITERATURA XUVENIL, 2007Xerais Fóra de Xogo160 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365113ISBN: 978-84-9782-809-3P.V.P.: 10,10 €

ARGUMENTO

Roger Dueso e Wendy Aguilar inician a garda cun sesenta, o código que na comisaríaalerta dun asasinato, mais este caso non será de xente corrente. O homicidio levaráosa descubrir unha cámara secreta onde desapareceu unha valiosa alfaia envolta nun mis-terio, cuxo roubo non foi denunciado por ninguén. Esta é unha novela trepidante naque a moza policía deberá enfrontarse por si mesma con asasinos perigosos; terá quecorrer, loitar e facer uso da pistola; coñecerá o fondo do mar, saltará abismos pavoro-sos e verá a morte de moi preto. Esta será a noite na que Wendy aprenda a voar. Estanovela de Andreu Martín foi merecedora do Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil2007.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventura, misterio, policial.

XÉNERO

Novela.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 11

Page 12: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Venres ou a vida salvaxeAutor: Michel TournierTradutor: Gustavo Luca de TenaXerais Xabaril184 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1325503ISBN: 978-84-9782-773-7P.V.P.: 12,50 €

ARGUMENTO

Robinsón, o home que organiza «civilizadamente» o seu vivir solitario nunha illa deser-ta, atópase con que ten moito que aprender de Venres, o «salvaxe» que chega cabo del.Velaquí unha visión actualizada do mito robinsoniano: os chamados salvaxes son per-soas cunha civilización diferente da nosa. A actitude de superioridade de Robinsón conVenres agacha o racismo máis inxenuo e unha patética incultura. Ben mirado, o diálo-go de Robinsón e Venres é o problema Norte-Sur, a tensión entre os países industria-lizados e o terceiro mundo.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventuras, relacións humanas, natureza, racismo.

XÉNERO

Novela.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 12

Page 13: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Os irmáns Corazón de LeónAutora: Astrid LindgrenTradutoras: Liliana Valado e MartaDalhgrenXerais Merlín264 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1343135ISBN: 978-84-9782-066,0P.V.P: 11,5 €

Karlos está enfermo e sabe que vaimorrer, pero quen morre antes é oseu irmán máis vello, Ionatán, ó

intentar salvalo dun incendio. O dous volverán atoparse enNangoisllala, o paraíso, a onde voantodos os que morren. Alí todo é perfecto, non hai enfermidades e vívense aventuras sorprendentes.Pero Nangoisllala está baixo a ameaza do demoniaco Téngoil, contra o que terán que loitar parasalvarse. Astrid Lindgren consegueretratar a morte e a soidade comoparte natural da vida, mesturando no mesmo relato realidade e fantasía.

PoetízateAutor: Fran AlonsoXerais Fóra de Xogo216 páxinas/ 5ª ediciónCódigo: 1365089ISBN: 978-84-9782-402-6P.V.P: 10,10 €

A POESÍA non morde. E, aínda quehaxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil.Esta divertida antoloxía poéticademostra o contrario.

De Rosalía de Castro ás poetasnovas, propoñémosche unha viaxepolos poemas máis próximos,divertidos e desenfadados da poesíagalega. Poetízate é un libro pensadopara as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear,musicar, rebelarse contra o mundoou só para falar suave na orella.

O Segredo da Pedra FigueiraAutora: Mª Xosé QueizánXerais Fóra de Xogo120 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1365069ISBN: 978-84-7507-884-7P.V.P: 10,10 €

Lazo, unha rapaza de doce anos,emprende viaxe coa súa tribo dosAmala desde a illa de Rocasul caraao Sur. No barco, a avoa Sensatanaicóntalle a historia dos terroríficos

Lurpios, que botaran a tribo da illade Tule por atopar unha espada coaque mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesía avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as xoias e amuletos, podendo logo continuar camiño co mar embravecido e néboa.

1ºCICLODAESOOUTRAS LECTURAS RECOMENDADAS

Fich

a de

lect

ura

Fich

a de

lect

ura

Fich

a de

lect

ura

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 13

Page 14: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Irmán Rei ArturAutor: Carlos G. ReigosaXerais Fóra de Xogo160 páxinas/ 4ª ediciónCódigo: 1365053ISBN: 978-84-8302-606-9P.V.P: 10,10 €

Tres relatos curtos que constitúenunha nova invención galega dostemas do ciclo da Táboa Redonda.Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os

cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoalque Carlos G. Reigosa fai dalgúnepisodio desde unha nova perspectiva moi libre.

Proxecto pomba douradaAutor: Miguel Vázquez FreireXerais Fóra de Xogo160 páxinas/ 3ª ediciónCódigo: 1365843ISBN: 978-84-9782-609-9P.V.P: 10,10 €

Arno ó baixar do aerobús, de voltada escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulanciasaparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta

e cinco andares, habitada por duascentas familias. Arno soubocon total seguridade que a traxediaocorría na súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel sobranceiro e doloroso.Na mesma porta, un equipo móbilde televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalopasar ó interior

O bosque animadoAutor: Wenceslao Fernández FlórezTradutora: Xela AriasXerais Xabarín240 páxinas/ 5ª ediciónCódigo: 1325024ISBN: 978-84-7507-269-2P.V.P: 9,20 €

O bosque animado é o libro da Fraga de Cecebre, preto da Coruña. Nel latexa, algueirantee punxente, o buligar vital, polo

común da xente inadvertido, da multitude de animais e plantasque constitúen o mundo insospeitado da fraga, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidablemente pola culturagalega. Este libro é unha invitaciónafervoada a descubrir o ricazmundo de noso.

Fich

a de

lect

ura

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 14

Page 15: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

TE

RC

EIR

OD

AE

SO

LE

CT

UR

AS

RE

CO

ME

ND

AD

AS

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 15

Page 16: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Veleno tintoAutor: Ramón Carredano CobasXerais Fóra de Xogo192 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365111ISBN: 978-84-9782-723-2P.V.P.: 10,10 €

ARGUMENTO

Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mos-teiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía cho-rar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel deLandoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera nasúa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a mortedun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obri-gará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa inten-ción de coñecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto é unha apaixo-nante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida edas intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación dopersonaxe literario de frei Samuel, un dos máis singulares e divertidos da nosa narrati-va actual.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Historia, aventura, misterio.

XÉNERO

Novela.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 16

Page 17: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Cazaría salvaxeAutor: Agustín AgraXerais Fóra de Xogo112 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365112ISBN: 978-84-9782-724-9P.V.P.: 10,10 €

ARGUMENTO

Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbelás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando. Nas noi-tes de invernía saía de caza, dacabalo, coa compaña dos seus cadelos diabólicos, zuga-dores de sangue, que perseguían e degoaban canto atopaban. Mais, foi RicardoFerreiro, o rapazolo da aldea de Marselle que salvou o pelello por dúas veces, quen foidesignado para ser o elixido. Cando regresou ao País do Vento, despois do seu longoexilio na Illa de Dona Escura do Mar Tenebroso, conseguiu cos poderes e artes alíadquiridos acabar con Wotan e pór fin a súa tiranía, que asolaba vilas e aldeas, aínda acusta de pagar un prezo altísimo por semellante afouteza. Novela de terror, misterio,bruxaría e fantasía, enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellosviolinistas, Cazaría salvaxe non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Terror, misterio, fantasía.

XÉNERO

Novela.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 17

Page 18: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

PoderosaDiario dunha rapaza que tiña o mundo na manAutor: Sérgio KleinTradutora: Mercedes PachecoXerais Fóra de Xogo256 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365115ISBN: 978-84-9782-823-9P.V.P.: 12,00 €

ARGUMENTO

Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado domundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coasunllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que viveunha rapaza que soña con ser escritora.Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historiae nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar aliteratura para cambiar o presente? Joana Dalva non dubida enconverter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe provocaconsecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. É oxogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogonon é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas daadolescencia.Esta novela de Sérgio Klein, que obtivo enorme éxito no Brasil, é para todos os lecto-res e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Fantasía, adolescencia, relacións humanas.

XÉNERO

Novela.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:00 Página 18

Page 19: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

CU

AR

TO

DA

ES

OL

EC

TU

RA

S R

EC

OM

EN

DA

DA

S

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 19

Page 20: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

VestioAutor: Xosé MirandaXerais Fóra de Xogo104 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365110ISBN: 978-84-9782-690-7P.V.P.: 10,10 €

ARGUMENTO

A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cuncadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e undiario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos eestraños acontecementos que non só se refiren as habitantes da vila, senón a ela mesma,ao seu marido e á súa filla desaparecida hai anos. Eva descubre con abraio que o cadá-ver resulta ser un antropólogo inglés chegado co pretexto de estudar unha antiga seitapriscilianista. Vestio condúcenos de sorpresa en abraio polos labirintos máis inextrica-bles da alma humana e das crenzas máis insospeitadas e terribles. Nin das sombras nindos homes (como con dor e espanto descubre a doutora) pode fiarse o lector. Unhanovela de intriga, suspense, pánico e misterio. Unha narración claustrofóbica, labirín-tica, aterradora.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Intriga, suspense, medo, misterio.

XÉNERO

Novela.

Fich

a de

lect

ura

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 20

Page 21: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

A Cabeza de MedusaAutora: Marilar AleixandrePREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA DE LITERATURA XUVENIL, 2008Xerais Fóra de Xogo224 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365116ISBN: 978-84-9782-900-7P.V.P.: 12,50 €

ARGUMENTO

Esta novela gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008, arrin-ca con enorme contundencia: «O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso». É unhaobra que dende o principio nos sitúa na historia de Sofía, unha estudante de bacharelato que,xunto coa súa amiga Lupe, vai ser violada por un descoñecido. Violada, como as mulleresdos mitos clásicos que estudan na clase de Latín; como Medusa, a máis fermosa dasGórgonas, forzada por Neptuno. E se na mitoloxía a deusa Minerva, no canto de castigar oviolador, castiga a Medusa transformándolle a cabeleira nun niño de serpes e condenándoaa converter en pedra a quen a mire, Sofía e Lupe tamén sentirán o castigo desa parte da socie-dade que pensa que «as rapazas en minisaia están pedindo a berros que as violen».Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño dabusca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousarsobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e dodereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa conxuga a des-crición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabrasdo xurado que lle outorgou o premio, «unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistralfluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a últimapáxina en que se resolve». Os personaxes, en maior medida adolescentes, cun papel signifi-cativo no desenvolvemento da acción, son tratados cunha elaborada caracterización que osidentifica coa mocidade actual, o cal lle imprime verosimilitude á narración. A verosimilitu-de verase tamén apoiada por unha localización espacial concreta. A amizade, a solidariedadee a esperanza enchen as páxinas dunha obra comprometida que aborda con rigor e coñece-mento un tema difícil, o da violencia, neste caso sexual, exercida contra as mulleres. Un temaque cómpre abordar coa valentía, a claridade e a tenrura con que se aborda nesta obra.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Violencia sexual, amizade, solidariedade.

XÉNERO

Novela.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 21

Page 22: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Corredores de sombraAutor: Agustín Fernández PazPREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO, 2006Xerais Fóra de Xogo232 páxinas / 6ª ediciónCódigo: 1365091ISBN: 978-84-9782-425-5P.V.P: 10,10 €

ARGUMENTO

Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descúbre-se un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadá-ver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é omorto? Que man empuñou a pistola que o asasinou?Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o mis-terio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levaráa indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídesea contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitudedo primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida.Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz, é un thriller moral onde se pretendedesvelar un dobre misterio (quen é o morto, quen o asasinou?) que conleva unha inves-tigación, con momentos de grande tensión, e unha resolución na liña das mellores nove-las negras. Mais tamén é unha novela sobre a progresiva toma de conciencia da xove pro-tagonista obrigada a elixir o camiño polo que quere facer a súa vida, mesmo se iso impli-ca opoñerse a súa familia e todo o que significa. Unha novela memorable que confirmaa Agustín Fernández Paz como un dos narradores primeiros da literatura galega.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

A amizade. A guerra civil. O primeiro amor. Relacións familiares.

XÉNERO

Novela de misterio.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 22

Page 23: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

O paxaro do melAutor: Adolfo CaamañoXerais Fóra de Xogo334 páxinas/ 2ª ediciónCódigo: 1365090ISBN: 978-84-9782-411-8P.V.P: 12,00 €

Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seuinseparable amigo italiano que chegouás afastadas Terras de Abisinia parareunirse co seu pai, o agrimensor

Cornelio, deberán enfrontarse aotemible míster Angus Harris e a súabanda de zaireños que secuestraron a Saíhda, a súa nai, e a outros veciñosda aldea danákil para vendelos comoescravos. Os tres afoutos rapaces, coa intención de liberar aos seus,emprenderán unha difícil persecuciónda caravana de escravos véndose obrigados a atravesar a selva prohibida. Unha extraordinaria novela de aventuras, ambientada na Abisinia de finais do século XIX.

A casa da luzAutor: Xabier P. DocampoIlustrador: Xosé CobasPREMIO LECTURAS GALIX, 2004Xerais Sopa de libros (12 anos en diante)192 páxinas/ 4ª ediciónCódigo: 1384020ISBN: 978-84-8302-884-1P.V.P: 7,50 €

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu

ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construírunha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceuPumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa pandadescubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástraseunha tristísima ferida familiar.

A pomba e o degoladoAutora: Fina CasalderreyXerais Fóra de Xogo176 páxinas/ 3ª ediciónCódigo: 1365100ISBN: 978-84-9782-559-7P.V.P: 10,10 €

A André foron demasiadas cousas ásque non lle sentaron ben nos tresanos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseopara coller alento. Os recreos estaban

tomados por Héctor Solla e RaúlPernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vidaimposible a el e a súa compañeiraHalima Atif. Por fortuna na casa,onde tamén se viven tempos moidífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de «Degolado», con «Pomba»,unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.

2ºCICLODAESOOUTRAS LECTURAS RECOMENDADAS

Fich

a de

lect

ura

Fich

a de

lect

ura

Fich

a de

lect

ura

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 23

Page 24: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

A pantasma de CantervilleAutor: Oscar WildeTradutor: Gustavo Luca de TenaXerais Xabarín de Ouro200 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1325105ISBN: 978-84-9782-082-0P.V.P: 14,45 €

Cando o embaixador norteamericanoHiram B. Otis resolveu comprar opazo de Canterville, todos lle foron coconto de que facía unha gran parvada

porque a casa estaba abofé enmeigada.O propio Lord Canterville, home dehonra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquelapantasma aparecéralle a familiaresseus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruídostan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e osmobles non lle eran máis que unhaparte do lote que quería mercar.

O can dos BaskervilleAutor: Arthur Conan DoyleTradutor: Gonzalo NavazaPREMIO RAMÓN CABANILLAS, 1989Xerais Xabaril272 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1325502ISBN: 978-84-9782-597-9P.V.P: 12,90 €

O can dos Baskerville é unha novaaventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central

da historia, presenta característicasrealmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselleunha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradualdesenvolvemento da acción vailevando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crimee de toda a cadea de incógnitas que se nos foron presentando.

Illa SoidadeAutora: An AlfayaPREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA

DE LITERATURA XUVENIL, 2007Xerais Fóra de Xogo144 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1365107ISBN: 978-84-9782-653-2P.V.P: 12,00 €

Lucía, a piques de iniciar os estudosde xornalismo, vai rememorandonunha viaxe en tren a súa relación con

Soa, unha esmoleira a quen coñeceucando pretendía deter unha vaga deinsolidariedade cos indixentes no seubarrio. Unha novela iniciática que nosdescobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexiónssobre a autonomía persoal e o respectopolo diferente. Afastándose de tópicose concedéndolle voz a persoas queteñen o seu propio espazo nunhasociedade que as silencia, retrata omundo da indixencia, da mendicidade,dos sen teito, dos vagabundos…

Fich

a de

lect

ura

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 24

Page 25: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

PR

IME

IRO

BA

CH

AR

EL

AT

OL

EC

TU

RA

S R

EC

OM

EN

DA

DA

S

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 25

Page 26: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Festina lenteAutor: Marcos S. CalveiroXerais Narrativa288 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331254ISBN: 978-84-9782-786-7P.V.P: 16,50 €

ARGUMENTO

Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos eexpurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador AmbrosioCavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un apren-diz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúase esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergamiño, como faíscas,danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzasfuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra grava-da polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunhaidade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia. Festina lente é a primei-ra novela para público adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertas danarrativa galega recente. Novela histórica, ambientada na Compostela do século deza-sete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unhaintrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.

A CRÍTICA DIXO

Festina lente devórase a modo e, ao tempo, deleita a ritmo trepidante. A áncora retén aolector desexoso de non rematar a historia e o golfiño empúrrao ao final, interesado, intri-gado coa vida de Ambrosio Cavaleiro e a dos seus libros. Cando ambos se entrelazan nofinal, o lector comprende o significado derradeiro da empresa. Está diante dun dos librosmáis fermosos que leu nos últimos tempos. Ogallá o seu éxito (que eu aventuro e desexo)sexa o da literatura galega, necesitada sempre de libros desta estirpe, gozosos, divertidos echeos de talento narrativo. «Fortuna audaces iuvat.»

Blog Arume dos Piñeiros

Dime un bo conselleiro: tes que lelo. E entre a viaxe no avión a estas últimas horas alí avai, unha novela moito máis ca fabulosa.

Blog As túas balas

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 26

Page 27: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Os nomes do traidorAutor: Xurxo Sierra VelosoXerais Narrativa208 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331257ISBN: 978-84-9782-849-9P.V.P: 16,50 €

ARGUMENTO

Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras delcrar en contradun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista d’Os nomes do trai-dor, a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso en Xerais Narrativa, agarda o momentoen que os seus inimigos por fin o atopen e o asasinen. Mentres agarda, o perseguidoreflexiona sobre as distintas e sucesivas identidades que tivo na súa vida, ningunhadelas tan satisfactoria como para que pagase a pena loitar por defendela. A través dunhamultiplicidade de voces e rexistros expresivos (a do protagonista, a da súa muller, a dossicarios, a da súa filla, a do narco que planea a vinganza…) vanse abrindo ao lector estanovela intrigante, que ofrece dous niveis de lectura. A medio camiño entre o xéneronegro e o psicolóxico, Os nomes do traidor consegue crear unha tensión narrativa, bendosificada, que preside a vida oculta do protagonista e nos remite a unha novela deextraordinaria expresión cinematográfica.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 27

Page 28: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

O único que queda é o amorAutor: Agustín Fernández PazPREMIO XOSÉ NEIRA VEILAS AO LIBRO XUVENIL DO ANO, 2007PREMIO ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, 2007176 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1334501ISBN: 978-84-9782-628-0P.V.P: 13,75 €

ARGUMENTO

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro derelatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo,Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento podero-sísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais taménexperimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amoren todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máisalá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese senti-mento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, comoescribe Orhan Pamuk en Neve, «na vida o único que queda é o amor». E sempre, oslibros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

A CRÍTICA DIXO

Un libro excelente, con claves de recoñecemento para todos os lectores e lectoras amantes daboa literatura.

Isabel Soto, Protexta

Entendo este libro (…) como un dos máximos logros que o autor nos deu ata o de agora.(…) Fernánde Paz confirma con creces a súa paixón e talento como narrador de amploespectro.

Ramón Nicolás, La Voz de Galicia

Amorosas luzadas de tenrura: o resaibo do desamor anda a pairar na práctica totalidadedestes contos.

Armando Requeixo, La Opinión

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 28

Page 29: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Mil cretinosAutor: Quim MonzóTradutora: Helena GonzálezXerais Narrativa152 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331261ISBN: 978-84-9782-901-4P.V.P: 16,00 €

ARGUMENTO

Mil cretinos, o último libro de narrativa do recoñecido autor catalán Quim Monzó,camiña a través dese difícil equilibrio entre a miseria humana e a vida, abordando ador, a vellez, a morte e o amor. Desde unha paisaxe cotiá do baleiro, Monzó constrúeun libro rotundo, onde o humor, a miseria e unha certa tristeza tecen un ton de des-amparo, de falsa felicidade, que o autor analiza, coma sempre, desde unha ollada senconcesións. Mil cretinos é un libro fermoso e contundente dunha das voces máis sin-gulares das literaturas ibéricas de hoxe.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 29

Page 30: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

A venus de cristalAutora: Chelo SuárezXerais Narrativa144 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331249ISBN: 978-84-9782-694-5P.V.P: 15,25 €

ARGUMENTO

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobrealquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura dePietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacioao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavales-ca; goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idadee moitos pensan que é o mesmo demo. Pietro Puliani dedica a súa vida á busca da bele-za e da inmortalidade femininas. Para dar con elas, frecuenta todos os bordeis da cida-de na procura da rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela. Cunhaprosa elaborada, que recrea ambientes preciosistas e ás veces oníricos, A venus de cris-tal, a novela coa que Chelo Suárez Muíños debuta na colección Xerais Narrativa, retra-ta con precisión descricións de escenas e lugares marabillosos e personaxes entre fan-tásticos e grotescos daquela Venecia do século XV, conducindo ao lector cun ritmo áxilpolas súas páxinas.

A CRÍTICA DIXO

O texto provoca unha deliciosa confusión dos sentidos pola que dá gusto deixarse levar.

Dolores Martínez Torres, Faro da Cultura

Unha sorpresa que quero celebrar. Tamén hai intriga neste texto (con crime), pero hai fun-damentalmente algo que teño botado en falta en moitas das novelas contemporáneas: a pro-cura constante da beleza (…). Prosa doce, tan suave como un adagio de piano.

Xosé Carlos Caneiro, La Voz de Galicia

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 30

Page 31: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

SE

GU

ND

OB

AC

HA

RE

LA

TO

LE

CT

UR

AS

RE

CO

ME

ND

AD

AS

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 31

Page 32: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

O profesor de vegliotaAutor: Manuel VeigaXerais Narrativa144 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331250ISBN: 978-84-9782-706-5P.V.P: 15,25 €

ARGUMENTO

Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, oprofesor de idioma regresa a Puebla, a súa cidade natal, na derradeira viaxe do trenarrancatravesas. En Puebla pretende ocultar os dous mecanoscritos, que conseguiu sal-var tras a última incautación da súa computadora, onde recolleu as súas investigaciónssobre o vegliota, unha lingua que durante un tempo chegou a ter a súa pequena idadede ouro, mais que agora desaparece irremediablemente tras a imposición da linguaoriental como a única oficial. O profesor de vegliota de Manuel Veiga é, en parte un rela-to policial, con ingredientes de novela de misterio e atmosfera de ciencia ficción, quese ofrece como un laio desesperado por unha perda. Unha novela impactante, talvez unensaio sobre o futuro da lingua, sobre as posibilidades de sobrevivir sendo diferentes,sobre a identidade, sobre a resistencia e sobre as contradicións que supón esta loita.

A CRÍTICA DIXO

Veiga escribe un relato policial, con ingredientes de novela de misterio e atmosfera de cien-cia ficción, que se ofrece como un laio desesperado sobre o futuro da lingua, sobre as posi-bilidades de sobrevivir sendo diferentes, sobre a identidade, sobre a resistencia e sobre as con-tradicións que supón esta loita. Novela comprometida para pensar, deitarnos no diván esometernos a unha psicanálise colectiva.

Anxos García, Lg3 Cultura Galega.org

Unha melancólica e terrible metáfora da destrución e o desmantelamento sistemáticodunha sociedade, do suicidio inducido da súa lingua.

Armando Requeixo, Faro da Cultura

Un libro de lectura reveladora e amena, cunha difícil mestura de xéneros que o fai moi reco-mendábel.

Leonardo Fdez. Campos, Protexta

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 32

Page 33: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

As mellores intenciónsAutor: Begoña PazPREMIO CERTAME DE NOVELA CURTA

CENTENARIO DA CIDADE DE RIBEIRA

Xerais Narrativa120 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331255ISBN: 978-84-9782-729-4P.V.P: 15,25 €

ARGUMENTO

As vidas de Gabriel e Lis encóntranse en Aldara, a cativa a quen el quere salvar, a quenela só sabe odiar. Amor e odio, verdade e mentira son os alicerces duns personaxes quese debaten entre a decepción pola vida que lles tocou en sorte e a esperanza de que, porunha vez, todo poida ira a mellor. As mellores intencións é unha historia de amores obse-sivos, os que senten Gabriel por Aldara, a cativa pola súa nai, Lis polo «miñoca». Unconto cruel cunha rapariga enfeitizada, unha cinsenta ferida e ferinte e un narrador queagocha, baixo a máscara da pasividade, unha cerna escura e implacable.

A CRÍTICA DIXO

Unha novela breve moi dura, cruel e tenra á vez. Un discurso no que a tenrura e o amortratan de impoñerse…

Xosé M. Eyré, A Nosa Terra

A prosa impresionista, con trazos breves e precisos, que evidencia o seu oficio de narradorabreve que sabe manter a tensión argumental adecuada.

Montse Pena Presas, La Opinión

…logo de consultar o correo, abrín As mellores intencións coa determinación de repousarde tanta novela breve que nas últimas semanas lin. Pero petiscar nos libros éme como unhadroga. Así que, de súpeto, atopeime lendo o capítulo 3, consciente de que a novela deBegoña Paz é desas que non deben pasar desapercibidas. Que o formato breve encerra unhahistoria complexa, fonda, inversamente proporcional ao seu tamaño.

Blog Ferradura en tránsito

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 33

Page 34: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

A lúa dos EvergladesAutor: Xesús Manuel MarcosPREMIO TERRA DE MELIDE, 2007Xerais Narrativa192 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331247ISBN: 978-84-9782-649-5P.V.P: 16,50 €

ARGUMENTO

Antón, Dosinda, e Luís, os Quintelo, tres velliños gallegos, que foran propietarios dapanadaría A Primavera, aparecen asasinados na súa casa de Primeira Xunta 780, nobarrio bonaerense Belgrano. O xove funcionario e escritor Andrés Leiro amiga conManuel Eiras, un seu veciño xubilado que vive aparentemente só en Madrid dende haivarias décadas. A lúa escintilaba por riba dos Everglades, cando Aurora, que regresabaencabuxada e medosa de limpar unhas oficinas, é atacada na Down Town de Miami…A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos é unha novela de intriga na que amodi-ño van converxendo, baixo a banda sonora dos temas dos Tamara, tres historias moiemocionantes de amores e rancores, aparentemente sen vencello entre elas, dos mem-bros dunha familia de emigrantes galegos espallada polo mundo. Tres historias de sau-dades, tres relatos de exilios sentimentais escritos cunha prosa punxente e inusualmen-te fermosa. Unha emocionantísima novela sobre a emigración galega, gañadora doPremio Terra de Melide 2007.

A CRÍTICA DIXO

…o autor domina o ritmo e a arquitectura do relato e ademais pretende seducir ao lectorcunha linguaxe con alto valor connotativo ou evocador que fai que a súa escrita se enri-queza con insospeitados matices.

Francisco Martínez Bouzas, Faro da Cultura

É un libro, éste, cargado de sentimentos que labran o corazón como o ferro que bate naspedras; unha novela de emocións tecidas, todas elas, entre amores e odios e rancores e pro-bablemente desesperanzas a través das vidas de emigrados para os que o exilio é algo quevai bastante máis alá do xeográfico.

Ramón Loureiro, La Voz de Galicia

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 34

Page 35: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Se comes un limón sen facer xestosAutor: Sergie PàmiesTradutor: Antón DobaoXerais Narrativa112 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331262ISBN: 978-84-9782-902-1P.V.P: 16,00 €

ARGUMENTO

Se comes un limón sen facer xestos afronta con mestría, a través de vinte relatos, situa-cións cotiás e fantásticas que nos mergullan nas emocións humanas. A partir de situa-cións intrascendentes, o catalán Sergie Pàmies desenvolve, en poucas frases, a inque-danza, o drama, a explosión, ou o absurdo; e faino desde unha ollada ácida e refres-cante, penetrante e contida.Coa caracterización de personaxes vulnerables, o autor descóbrenos o amor non corres-pondido, a soidade, as dependencias familiares, a desconfianza e a frustración, quecrean un libro breve, de gran talento narrativo, un libro que chama incisivamente poloslectores e lectoras.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 35

Page 36: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

TerroristaAutor: John UpdikeTradutora: Lara DomínguezXerais Narrativa368 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331242ISBN: 978-84-9782-619-8P.V.P: 20,60 €

ARGUMENTO

Terrorista, a primeira obra en galego de John Updike, é a historia de Ahmad AshmawyMulloy, un mozo de dezaoito anos que vive en New Prospect, unha antiga vila indus-trial do estado de Nova Jersey. Fillo de nai irlandesa-americana e de pai exipcio, que osabandona cando non tiña mais que tres anos, Ahmad non soubo nunca atopar o seulugar na sociedade na que vive. Furioso coa súa nai, por non ter conseguido manterunida a familia, adopta aos once anos a fe do pai, o islam, refuxiándose na influenciado xeque Rashid, o imán da mesquita da Rúa West Main. A pesar de contar cun gran-de potencial para os estudos, como lle recorda Jack Levy, o orientador do seu institu-to, un xudeo renegado e infeliz que o aconsella ingresar na Universidade, decide obtero carné de condutor de camións para comezar a traballar de transportista, como llerecomenda o imán. É así como lle chega a proposta clave da súa vida: facer estourar uncamión cargado con catro toneladas de dinamita nun dos principais tuneis de NovaYork. Para Ahmad esta é unha misión elevada que o afastaría da superficialidade e omaterialismo da cultura norteamericana que aborrece, un acto suicida que lle permiti-ría dar a vida por Alá.

A CRÍTICA DIXO

Terrorista é unha novela fundamental para quen se atreva a presenciar a ficcionalizacióndas sociedades resultantes daquel 11S (…). Estamos ante un relato de prosa mesta, arbó-rea, non apta para defensores da concisión literaria, e nun trepidante remate que nos lem-bra (…) que a incredulidade resiste máis que a fe porque se apoia nos sentidos.

Montse Pena Presas, Faro da Cultura

Con realismo voraz de trepidante «thriller», John Updike adéntrase na novela Terrorista,na psicoloxía dun xove fanático musulmán

Ana G. Inglán, La Opinión

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 36

Page 37: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

PA

RA

SE

GU

IRL

EN

DO

LE

CT

UR

AS

RE

CO

ME

ND

AD

AS

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 37

Page 38: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Vidas post-itAutora : Iolanda ZúñigaXerais Abismos136 páxinas / 1ª ed.Código: 1354055ISBN: 978-84-9782-634-1P.V.P: 12,90 €

ARGUMENTO

Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidaspost-it son microrrelatos ou relatos curtos, concisose veloces, que alimentanun recetario de tropezos na vida. Unha tras outra,predominan as situaciónscotiás guiadas por condimentos universais:incomunicación, soidade,desamor, abismo, sexo,rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade,precisión e brutalidade da vida sen decorados.

Aquel lugarAutora: Antía NaraXerais Abismos192 páxinas / 1ª ed.Código: 1354056ISBN: 978-84-9782-635-8P.V.P: 12,90 €

ARGUMENTO

Nesta novela, o debut literario de Antía Nara,mestúrase a violencia xeralcoa particular, a tradicióncoa modernidade, o profundo coa superficialidade, a simplificación coa complexidade de dousmundos deixados á marxe.Polo momento, a viaxequeda como a única saída.

Barrotes douradosAutor: Pasqual AlapontTrad.: Ignacio ChaoXerais Fóra de Xogo192 páxinas / 1ª ed.Código: 1365103ISBN: 978-84-9782-599-3P.V.P: 10,10 €

ARGUMENTO

A vida de Alexandre atópase nunha canella de difícil saída. Carolina, a súa moza, morreu nun accidente de moto.Dende entón, para el xa nada ten sentido. Nestas circunstancias coñece a Nuria, unha rapaza que pertence a unha asociación de amigos de Exipto. O contacto con esta xenteabre a Alexandre as portasa un mundo novo, maistamén fai que se adentrenunha rede esotérica ondea súa propia vida podeestar en perigo.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 38

Page 39: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Herba mouraAutora: Teresa MoureXerais Narrativa 448 páxinas / 5ª ed.Código: 1331217ISBN: 978-84-9782-347-0P.V.P: 19,30 €

ARGUMENTO

Herba Moura é un canto ás paixóns: á paixón amorosa, dende logo, maistamén a outras paixónsdeostadas como a do amorpolo coñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura ea da palabra. Unha novelaque deita unha ollada crítica sobre o devir dasmulleres na historia, dándolles voz e recuperán-doa para elas.

• PREMIO XERAIS DE NOVELA, 2005• PREMIO DA ASOCIACIÓN DE

ESCRITORES EN LINGUA GALEGA,2005

• PREMIO IRMANDADE DO LIBRO

Á AUTORA DO ANO, 2005• PREMIO BENITO SOTO

Á MELLOR NOVELA DO ANO, 2005• PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 2005

O club da calcetaAutora: María ReimóndezXerais Narrativa272 páxinas / 3ª ed.Código: 1331231ISBN: 978-84-9782-437-8P.V.P: 16,50 €

ARGUMENTO

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugaronde converxen as súasfrustracións pero, tamén,un lugar onde toman conciencia da súa situacióne da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tíaDavina, Matilde, Anxos,Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendoás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo quedesfai os fíos dunha sociedade machista.

• PREMIO DE NOVELA SAN CLEMENTE,2007

ResistenciaAutora: Rosa AneirosXerais Narrativa304 páxinas / 7ª ed.Código: 1331183ISBN: 978-84-8302-925-1P.V.P: 19,00 €

ARGUMENTO

Resistencia é unha novelade amores afastados na quetodo o move o amor, quecase sempre nace inocentee que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novelamemorable que se moveentre a exaltación da resistencia política exercidapor algúns personaxes e o amor entendido comoalgo cruel que converte aspersoas en escravas. Novelaapaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícilde esquecer; Resistencia é,pois, toda unha singraduraa través da historia portuguesa da man dedúas familias maldicidaspola escravitude do amor,a morte e o silencio.

• PREMIO DE NOVELA SAN CLEMENTE,2003

Cade

rno de

crític

as

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 39

Page 40: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Galván en SaorPREMIO XERAIS DE NOVELA, 1989Xerais Narrativa / 176 páxinas / 17ª ediciónCódigo: 1331047 / ISBN: 978-84-9782-328-9 / 15,25 €

O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos daBretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro,aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graale das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxeaos antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece.

Cándido Branco e o Cabaleiro NegroXerais Narrativa / 180 páxinas / 4ª ediciónCódigo: 1331072 / ISBN: 978-84-9782-299-2 / 15,25 €

Cándido Branco xa estaba canso de camiñar e decidiu pasar a noite ao raso. Escolleu unsitio ao abrigo dun piñeiro, e merendou do pan e do queixo que lle quedaba. Aínda falta-ba un bo pedazo para a noite. O mar estaba tranquilo e brillaba baixo os inxergados raios,do sol. Aló abaixo, na pequena baía ao pé dos penedos, había un dragón varado na area.

Vidas senlleirasPREMIO CIDADE DE LUGO, 1992Xerais Narrativa / 140 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331079 / ISBN: 978-84-9782-300-5 / 15,25 €

A parroquia de Rozas déitase ás beiras do río Anllo no verdadeiro corazón da terra Cha.O Anllo, que polas terras de Abadín é aínda un río de curso decidido e semellante dosoutros, ao entrar en Goá faise repousado e dubidoso, tanto que no preciso límite entreesta parroquia e a de Moncelos divídese en dous, e o brazo menor colle o nome deGuisande para ir facer a famosa lagoa de Valverde, onde disque xace asolagada unha cida-de con lousados de ouro, verdes polo tempo e o lidro das augas.

Fortunado de TrasmundiXerais Narrativa / 240 páxinas / 8ª ediciónCódigo: 1331058 / ISBN: 978-84-9782-438-5 / 15,25 €

É a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete parro-quias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquí e acolá, coñece tipos, his-torias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodiado tempo e da sociedade que vivimos.

SE

LE

CC

IÓN

CA

BA

NA

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 40

Page 41: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

SE

LE

CC

IÓN

DE

TO

RO

Tic-TacPREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1994 / PREMIO SAN CLEMENTE, 1994Xerais Narrativa / 320 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331188 / ISBN: 978-84-9782-002-8 / 20,60 €

Xa van máis de dez anos dende que se publicara Tic-Tac por primeira vez, unha obra queo seu autor definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos «perturbadora», «patética» e«sinistra», e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente deXerais é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásicocontemporáneo da narrativa galega.

Home sen nomeXerais Narrativa / 400 páxinas / 3ª ediciónCódigo: 1331225 / ISBN: 978-84-9782-447-7 / 20,00 €

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello ter-minal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigmainvadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enun-ciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria.

Non volvasPREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 2001Xerais Narrativa / 190 páxinas / 6ª ediciónCódigo: 1331155 / ISBN: 978-84-8302-498-0 / 15,25 €

Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade recla-mada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infanciaonde súa nai lle pediu que non volvese.

Trece badaladasPREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2003Xerais Narrativa / 354 páxinas / 8ª ediciónCódigo: 1331174 / ISBN: 978-84-8302-788-2 / 20,30 €

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha produtora de cine ecoñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue,averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao produtor, quen identificará no argu-mento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida.A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunhahistoria de dous amantes sen esperanza.

Cade

rno de

crític

as

Cade

rno de

crític

as

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 41

Page 42: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

SE

LE

CC

IÓN

FE

RR

ÍN Arraianos / PREMIO DA CRÍTICA GALEGA, 1992 / PREMIO LOSADA DIÉGUEZ, 1991 / PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1992 / Xerais Narrativa / 200 páxinas / 9ª edición / Código: 1331062 / ISBN: 978-84-9782-128-5 / 15,25 €

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concasdo Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido;un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitadopor xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo,incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia.

O crepúsculo e as formigas / Xerais Narrativa / 112 páxinas / 14ª ediciónCódigo: 1331056 / ISBN: 978-84-9782-127-8 / 15,25 €

É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de serconcretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateiga-da de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escura-mente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo,véxoos desdebuxados, esvaídos, pois o alento da miña boca vai embazando progresiva-mente o cristal que se interpón antre os homes e a miña ollada.

Amor de Artur / Xerais Narrativa / 138 páxinas / 9ª ediciónCódigo: 1331055 / ISBN: 978-84-9782-252-7 / 15,25 €

Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións deMéndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedanteespacio lírico. O mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólve-nos aos territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos hero-es, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín… supón o anovamento do pulo creativo, datensión imaxinaria.

Crónica de nós / Xerais Narrativa / 142 páxinas / 5ª ediciónCódigo: 1331071 / ISBN: 978-84-9782-246-6 / 15,25 €

Hogano a nosa cidade estoupa en cachos; cen barricadas cortan cada serán o trafego inso-portábel; fogueiras, lumeiras, fachos de luz e moxenas ao vento coma confeti de deses-pranza (Galicia, desespranza, Cribeiro) mostran a cara dunha patria de cada vez máis con-tra o fondal de si, procurando cega avante; e velos están aí eles, os obreiros, conmovendoas rúas co seu esgutío de vermello e sombra porque é mil novecentos setenta e oito, aíndaque ti non queiras e non ames a faciana proletaria do futuro, patriota de merda.

Cade

rno de

crític

as

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 42

Page 43: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

SE

LE

CC

IÓN

MIR

AN

DA

Historia dun paraugas azulPREMIO MANUEL GARCÍA BARROS, 1990Xerais Narrativa / 416 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331060 / ISBN: 978-84-9782-413-2 / 21,35 €

Despois de quince anos publícase a edición completa e revisada da primeira novela deXosé Miranda. Ademais da historia dos transfraguenses Lino Carrán e Fión Nabarquela,ofrécensenos nesta nova edición, os epílogos que foran suprimidos na primeira versión:as crónicas da cidade murada de Liunamore, a resposta de Fión ao parlamento da cida-de, a historia do revolucionario Lanzós da Lagoa e a noticia de Ramiro Pimpín.

A biblioteca da iguanaXerais Narrativa / 120 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331089 / ISBN: 97884-9782-414-9 / 15,25 €

Este primeiro libro de contos de Xosé Miranda, agora reeditado, revisado e actualizado poloautor, recolle oito pezas de impecable construción e gran forza argumental que van engaio-lando ao lector a cada paso. Un libro plural, aberto, no que os relatos parten do cotián paraadentrarnos nas perplexidades da vida que sempre acaban por marcar o desenlace.

Morning StarPREMIO XERAIS, 1998Xerais Narrativa / 272 páxinas / 12ª ediciónCódigo: 1331149 / ISBN: 978-84-8302-330-3 / 15,25 €

Unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns eesperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapacesprocurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can bran-co burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, dunpozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que can-tan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala.

As mans do medoXerais Fóra de Xogo / 168 páxinas / 3ª ediciónCódigo: 1365102 / ISBN: 978-84-9782-598-6 / 10,10 €

Desde o día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que pare-cían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensaren cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidadecando cavaba un foso no cemiterio, onde atopará unha caixa que atesoura unha man viva.

Cade

rno de

crític

as

Fich

a de

lect

ura

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 43

Page 44: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Crime en CompostelaPREMIO XERAIS DE NOVELA, 1984Xerais Narrativa / 246 páxinas / 14ª ediciónCódigo: 1331001 / ISBN: 978-84-9782-229-9 / 15,25 €

Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra pre-senta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maio-res logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vence-lladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e mise-rias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro ocultodunha cidade aínda esotérica e misteriosa.

Pepa A LobaXerais Narrativa / 224 páxinas / 4ª ediciónCódigo: 1331230 / ISBN: 978-84-9782-466-8 / 16,50 €

Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa nove-la de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá degavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia.

IntramundiXerais Narrativa / 312 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 133185 / ISBN: 978-84-8302-922-0 / 18,50 €

O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media atao século XX, entre as tensións da República, a brutalidade da Guerra Civil e a represiónda dictadura. Anxo Xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estradaque puxera remate a tanto illamento e atraso. Unha idea que non sería doado pór enmarcha.

NarcosPREMIO BENITO SOTO Á MELLOR NOVELA DO ANO, 2002Xerais Narrativa / 352 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331165 / ISBN: 978-84-8302-629-8 / 18,50 €

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredo-se, encarga a Nivardo Castro –un detective madrigalego, serio, un aventureiro interna-cional con experiencia abonda– que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, unxeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade.

SE

LE

CC

IÓN

RE

IGO

SA �

Cade

rno de

crític

as

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 44

Page 45: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

SE

LE

CC

IÓN

RIV

AS

Os libros arden mal / PREMIO ÁNGEL CASAL AO LIBRO DO ANO, 2006 / PREMIO IRMANDADE DO

LIBRO AO MELLOR LIBRO GALEGO, 2006 / PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 2007 / PREMIO AO

MELLOR LIBRO DO ANO LIBREIROS DE MADRID, 2006 / PREMIO DA CRÍTICA GALEGA, 2007 / PRE-MIO LOSADA DIÉGUEZ, 2007 / PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, 2007Xerais Narrativa / 752 páxinas / 3ª ediciónCódigo: 1331228 / ISBN: 978-84-9782-461-3 / 24,75 €

A novela desenvólvese nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falece-mento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. A protagonistaprincipal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollose os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre alinguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe béli-ca e o latexo dionisíaco da fala popular.

Un millón de vacas / PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1989Xerais Narrativa / 94 páxinas / 11ª ediciónCódigo: 1331842 / ISBN: 978-84-9782-606-8 / 13,35 €

Este libro nace da observación. Aquí somos así, señores. A través destes relatos, comofogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contras-tes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos.

O lapis do carpinteiro / PREMIO ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, 1999 /PREMIO LITERARIO ARCEBISPO SAN CLEMENTE, 1999 / PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1999 /PREMIO LITERARIO AMNISTÍA INTERNACIONAL, 2001Xerais Narrativa / 148 páxinas / 22ª ediciónCódigo: 1331145 / ISBN: 978-84-8302-261-0 / 15,25 €

Unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e pos-guerra entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira filla dunha familia reacciona-ria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoríada realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.

Os comedores de patacasXerais Narrativa / 124 páxinas / 9ª ediciónCódigo: 1331063 / ISBN: 978-84-9782-122-3 / 15,25 €

A vida de Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delin-cuencia, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa deManuel Rivas, móvese a cabalo entre dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e arural, que se xuntan no sincretismo que preside a cotianidade deste adolescente galego.

Cade

rno de

crític

as

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 45

Page 46: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Amor de tangoXerais Narrativa / 192 páxinas / 5ª ediciónCódigo: 1331873 / ISBN: 978-84-9782-593-1 / 15,25 €

En Amor de tango Mª Queizán constrúe unha novela que reconstrúe o Vigo da repúbli-ca e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas,ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que esperta-ron á vida naquela urbe pioneira, atlántica e liberal que era o Vigo de preguerra.

¡Sentinela, alerta!Xerais Narrativa / 104 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331176 / ISBN: 978-84-8302-800-1 / 12,85 €

Dez textos nos que Mª Xosé Queizán aborda o lado máis escuro da condición humana: apráctica da tortura e dos malos tratos infrixidos sobre as mulleres e sobre os máis débiles. Oespazo da cadea nos tempos da ditadura unifica unha atmosfera desacougante onde a vio-lencia, a crueldade, a corrupción, a desolación… devoran a dignidade dos seres humanos.

Ten o seu punto a fresca rosaXerais Narrativa / 296 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331156 / ISBN: 978-84-8302-533-8 / 15,25 €

Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica oconcepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén,cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxené-tica, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dosmovementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel dalgúns párrocos, nin a for-mación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coademocracia.

O Segredo da Pedra FigueiraXerais Fóra de Xogo / 120 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365069 / ISBN: 978-84-7507-884-7 / 10,10 €

Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa deRocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficosLurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron oGran Dragón. O segredo da pedra figueira é, ao mesmo tempo, relato iniciático, parábo-la contra o poder e evocación de certos aspectos da nosa xeografía, historia e mitoloxía.

SE

LE

CC

IÓN

QU

EIZ

ÁN �

Cade

rno de

crític

as�

Cade

rno de

crític

as

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 46

Page 47: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

SE

LE

CC

IÓN

RE

LA

TO

S

Cartas de amor, Fran AlonsoXerais Fóra de Xogo / 128 páxinas / 4ª edición / Código: 1365097 / ISBN: 978-84-9782-489-7 / 10,10 €

As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amorconvencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dra-máticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeirosprotagonistas das cartas xon a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violen-cia, a prostitución, a presión social, a integración…

Incertos, Antón DobaoXerais Narrativa / 152 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331251 / ISBN: 978-84-9782-705-8 / 15,25 €

Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Sontrece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca dis-tintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente é real e a realida-de habita outras dimensións. Nestes relatos, as personaxes non son apenas monecos nasmans dun fado caprichoso, senón que tecen a súa vontade, cos seus actos, cos seus des-exos e os seus temores, as encrucilladas en que se verán atrapadas as súas vidas.

A idade da auga, James SalterXerais Narrativa / 120 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331245 / ISBN: 978-84-9782-683-9 / 15,25 €

A idade da auga, primeiro libro de narracións do escritor escocés residente en GaliciaJames Robert Salter, recolle oito visións da cidade de Vigo inseridas noutros tantos rela-tos escritos na tradición da literatura fantástica do Mobby Dick de Herman Melville oudo imaxinario creativo galego do escritor Álvaro Cunqueiro ou do pintor Urbano Lugrís.

Palabras contadas, Camilo FrancoXerais Narrativa / 170 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331233 / ISBN: 978-84-9782-509-2 / 15,25 €

Inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais decinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da lite-ratura breve, o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melan-colía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor oua alegría. Palabras contadas deu pé á exposición homónima da Fundación Luís Seoane.

01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 47

Page 48: 01 plan lector eso bach 08 09 int - Anaya Infantil Juvenil · de actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexión dos lectores e lectoras. Agradecemos

Cardume, Rexina VegaPREMIO XERAIS DE NOVELA, 2007Xerais Narrativa / 200 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331246 / ISBN: 978-84-9782-655-6 / 16,00 €

Ambientada nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de personaxes que evo-lucionan e logran subsistir as miserias dunha cidade desacougante. Cunha gran capacida-de expresiva e unha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilís-tica, Rexina Vega reivindica a memoria como conformación da identidade do presente.

Atracción total, Carmen BlancoXerais Narrativa / 208 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331252 / ISBN: 978-84-9782-759-1 / 16,50 €

É unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrelato edo relato de relatos. Deseña, con retallos, un tapiz de tapices, como a vida, e foi escritocomo que cose. Fai unha exaltación radical do pracer, da liberdade, das mulleres, doshomes, da natureza, do progreso harmónico e da memoria contra o poder, para asumirplenamente a vida, en paz, con alegría e ata as súas últimas consecuencias.

Magog, María GándaraPREMIO MANUEL GARCÍA BARROS, 1997Xerais Narrativa / 216 páxinas / 5ª ediciónCódigo: 1331139 / ISBN: 978-84-8302-190-3 / 14,75 €

Magog contribúe, mediante a mestura de ficción literaria e documentación rigorosa, áreconstrucción da historia do antigo reino de Galicia. Ten o acerto da creación dun perso-naxe, Xofré de Salvamont, que se presenta como o fillo máis pequeno de Guillaume deSalvamont, da ilustre casa de Borgoña. Transcorre o ano do Señor 1105 e Xofré acode ábadía de Cluny para ser recibido polo abade Hugo de Borgoña, tío do seu pai e Gran Priorda orde benedictina, encargado da súa preparación para a vida propia do mundo feudal.

Case perfecto, Marina MayoralXerais Narrativa / 296 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331238 / ISBN: 978-84-9782-530-6 / 16,50 €

Un científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecennunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusaá nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta.

SEL

EC

CIÓ

NN

AR

RA

DO

RA

S01_plan_lector_eso_bach_08_09_int 5/9/08 13:01 Página 48