04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

11
ACTA DA SESION EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN CELEBRADA EN VIRTUDE DO DISPOSTO NO ARTIGO 38 DO R.O.F. 4 DE XULLO DE 2011. ASISTENTES: Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 11:00 horas, en cumprimento do disposto no artigo 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, e ao efecto de adoptar acordos relativos ó rexime de sesións dos organos colexiados, nomeamentos de representantes en consellos e coñecemento dos decretos de alcaldía de delegación de comeptencias e nomemaento de tenentes de alcalde, asistidos pola Secretaria-Interventora do Concello que da fe do acto. ORDE DO DÍA 1.- Aprobación, se procede da acta da sesión anterior, correspondente á sesión nº 7/2011, extraordinaria de constitución da Corporación, de 11 de Xuño de 2011. En aplicación do disposto no artigo 91.1 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais, o Sr. Alcalde comeza preguntando ós Srs. Concelleiros se teñen algunha observación que facer a acta correspondente á sesión nº 7/11 de 25 de maio, extraordinaria, de constitución da nova corporación municipal. Non habendo observacións, sométese a votación a acta resultando aprobada por sete votos a favor ( seis dos concelleiros do PP e un do concelleiro do BNG), e con catro abstencións, dos concelleiros do PSOE. ALCALDE-PRESIDENTE: D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP). CONCELLEIROS: D. Eugenio Portela Pérez ( PP) D. Camilo González Giraldez ( PP) Dª Rosa María Miniño Flores( PP) Dª Carmen María Estévez Adrover( PP) D. José Albino Diego Peleteiro ( PP) Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE) D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE) D. Roberto González Martínez (PSOE) Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE) D. José Miguel Giraldez Martínez ( BNG) SECRETARIA: Dª María Cabodevila Ros 1

description

Coñecemento da constitución de grupos políticos. Periodicidade das sesións do Pleno da Corporación. Creación da Xunta de Goberno Local. Delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local. Comisión Informativa Especial de Contas. Nomeamento de Tenentes de Alcalde. Adicacións exclusivas e parciais, a favor da Alcaldía e Concellerías delegadas.

Transcript of 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

Page 1: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

ACTA DA SESION EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN CELEBRADA EN VIRTUDE DO DISPOSTO NO ARTIGO 38 DO R.O.F. 4 DE XULLO DE 2011.

ASISTENTES:

Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 11:00 horas, en cumprimento do disposto no artigo 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, e ao efecto de adoptar acordos relativos ó rexime de sesións dos organos colexiados, nomeamentos de representantes en consellos e coñecemento dos decretos de alcaldía de delegación de comeptencias e nomemaento de tenentes de alcalde, asistidos pola Secretaria-Interventora do Concello que da fe do acto.

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede da acta da sesión anterior, correspondente á sesión nº 7/2011, extraordinaria de constitución da Corporación, de 11 de Xuño de 2011.

En aplicación do disposto no artigo 91.1 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais, o Sr. Alcalde comeza preguntando ós Srs. Concelleiros se teñen algunha observación que facer a acta correspondente á sesión nº 7/11 de 25 de maio, extraordinaria, de constitución da nova corporación municipal.Non habendo observacións, sométese a votación a acta resultando aprobada por sete votos a favor ( seis dos concelleiros do PP e un do concelleiro do BNG), e con catro abstencións, dos concelleiros do PSOE.

2.- Coñecemento da constitución de grupos políticos.

O Sr. Alcalde da a palabra á Secretaria que da lectura ós escritos presentados polos distintos partidos, comentando que o unico concelleiro do BNG, D. Jose Miguel Giraldez Martínez, ten que constituir o Grupo Mixto, por imperativo do artigo 74.4 da LALGA, que así o preve para os partidos, agrupacións etc que teñan un unico representante na Corporación.

Quedan constituidos os seguintes grupos municipais:

- Grupo Municipal do Partido Popular de Oia, formado polos seguintes concelleiros:D. Alejandro Rodríguez Rodríguez.D. Eugenio Portela Pérez.

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP).

CONCELLEIROS:D. Eugenio Portela Pérez ( PP)D. Camilo González Giraldez ( PP)Dª Rosa María Miniño Flores( PP)Dª Carmen María Estévez Adrover( PP)D. José Albino Diego Peleteiro ( PP)Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE)D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE)D. Roberto González Martínez (PSOE)Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE)D. José Miguel Giraldez Martínez ( BNG)

SECRETARIA:Dª María Cabodevila Ros

1

Page 2: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

D. Camilo González Giraldez.D. Jose Albino Diego PeleteiroDª Rosa Miniño FloresDª Carmen Estevez Adrover.

-Grupo Municipal do Partido Socialista de Oia, formado polos seguintes concelleiros:Dª Rosa María Otero Carballa D. Gerardo Rodríguez Refojos D. Roberto González Martínez Dª Sandra Rodríguez Alonso.

-Grupo Mixto, formado polo unico representante do BNG, en aplicación do disposto no artigo 74.4 da LALGA:D. José Miguel Giraldez Martínez ( BNG)

3.-Aprobación, se procede da periodicidade das sesións do Pleno da Corporación.

A Secretaria da lectura á proposta de acordo, co seguinte contido literal:

Visto o disposto no artigo 38 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais aprobado por RD 2568/1986, dacordo co cal, no prazo de 30 días seguintes á constitución da Corporación, trala celebración de eleccións municipais, celebraráse a sesión ou sesións extraordinarias do Pleno da Corporación que sexan necesarias para resolver sobre a periodicidade das sesións do Pleno, creación e composición, no seu caso, de comisións informativas permanentes e xunta de goberno local, nomeamentos de representantes da Corporación en organos colexiados e dación de conta de resolucións de Alcaldía de nomeamento de Tenentes de Alcaldía, membros da Xunta de Goberno, e delegacións da Alcaldía en concelleiros delegados,

Visto que a Corporación municipal de Oia para o periodo 2011-2015, saída das eleccións municipais do pasado 22.05.2011, tomou posesión en Pleno extraordinario do día 11.06.2011,

Visto o disposto no artigo 46 da LRBRL 7/85 de 2 de abril, que rpeve a celebración de sesións ordinarias do Pleno corporativo, como mínimo, cada tres meses nos concellos de ata 5.000 habitantes, en uso das facutlades que me confire a normativa vixente, propoño ó Pleno da Corporación que adopte o seguinte acordo:

UNICO: Acordar a celebración de sesións ordinarias do Pleno da Corporación, cada tres meses, concretamente o ultimo venres de febreiro, maio, agosto, e novembro, ás 11 horas.

O Sr. Alcalde pregunta ós concelleiros se teñen algo que decir.O concelleiro do Grupo Mixto, D. Jose Miguel Giraldez Martínez, di que lle parece ben que ó Alcalde non lle interese ter plenos mensuais ou bimensuais, e en horarios adaptados á xornada laboral dos veciños, pero el cree que debe favorecerse a participación veciñal e propón que os Plenos sexan mensuais, e se celebren os venres ás 20.00 horas ou os sábados ás 10.00 horas.

A concelleira Dª Rosa Otero Carballa di que supón que o Alcalde ten motivos para propoñer un pleno cada tres meses, tendo en conta que na lexislatura pasada eran cada dous, e que está de acordo co concelleiro do BNG, aínda que, para non perxudicar tanto á secretaria que tería que quedarse a traballar pola tarde, poderían ser as 16.30 horas.

O Sr. Alcalde contesta que o motivo é a austeridade; se pretende aforrar en sesións e en adicacións. Sigue decindo que a xente que fala con el non demanda política senón traballo.Di que entende eso de que os concelleiros traballan, pero eso hai que telo presente cando un vai nunha lista; di que se a Sra Rosa Otero fora alcaldesa, tería que compatibilizar.

A concelleira Dª Rosa Otero pregunta si pode contestar.

2

Page 3: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

O Alcalde dalle turno de réplica e ela di que se ela fora alcaldesa efectivamente tería que compatibilizar, pero que os que creen na participación, teñen que defendela.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que está ben eso de que hai que conciliar a vida familiar, laboral e política pero que el quere que os veciños tamén teñan esa posibilidade porque, como o Alcalde pode ver claramente, esta sala está vacía.

O Sr. Alcalde contesta que coa de parados que hai podían estar todos aquí e se non están será porque non lles interesa.

O Sr. Jose Miguel Giradlez sigue decindo que si é por aforrar el está disposto a dividir a asignación que lle corresponda por pleno entre tres para poder celebrar tres plenos en lugar de un por trimestre.

Sometido o asunto a votación o concello en Pleno, con seis votos a favor dos concelleiros de PP e cinco votos en contra dos concelleiros de PSOE e BNG, adopta o seguinte acordo:

UNICO: Acordar a celebración de sesións ordinarias do Pleno da Corporación, cada tres meses, concretamente o ultimo venres de febreiro, maio, agosto, e novembro, ás 11 horas.

4.-Aprobación, se procede, da creación da Xunta de Goberno Local.

A Secretaria da lectura á proposta de acordo, por orde do Sr. Alcalde, co seguinte contido literal:

Visto o disposto no artigo 38 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais aprobado por RD 2568/1986, dacordo co cal, no prazo de 30 días seguintes á constitución da Corporación, trala celebración de eleccións municipais, celebraráse a sesión ou sesións extraordinarias do Pleno da Corporación que sexan necesarias para resolver sobre a periodicidade das sesións do Pleno, creación e composición, no seu caso, de comisións informativas permanentes e xunta de goberno local, nomeamentos de representantes da Corporación en organos colexiados e dación de conta de resolucións de Alcaldía de nomeamento de Tenentes de Alcaldía, membros da Xunta de Goberno, e delegacións da Alcaldía en concelleiros delegados,

Visto que a Corporación municipal de Oia para o periodo 2011-2015, saída das eleccións municipais do pasado 22.05.2011, tomou posesión en Pleno extraordinario do día 11.06.2011,

Visto o disposto no artigo 20.1.b) da LRBRL 7/85 de 2 de abril, que ó regular os organos neceasrios en todalas corporacións locais, preve a existencia de Xunta de Goberno Local unicamente en concellos de máis de 5.000 habitantes, e nos de menor poboación, se así o acorda o Pleno corporativo, e o disposto no artigo 23 do mesmo texto legal, que determina que a Xunta de Goberno Local, alí onde exista, estará integrada polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ó tercio do numero legal, nomeados polo Alcalde dando conta ó Pleno, correspondéndolle a asistencia á Alcaldía no exercicio das súas atribucións e as restantes competencias que o Alcalde e o Pleno poidan delegarlle, en uso das facultades que me confire a normativa vixente, propoño ó Pleno da Corporación que adopte o seguinte acordo:

UNICO: Crear a Xunta de Goberno Local, coa composición que lle atribúa o Alcalde Presidente, en aplicación do disposto no artigo 23 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, para asistencia á Alcaldía e exercer as funcións que poidan delegarlle expresamente o Pleno e o Alcalde.

A continuación o Sr. Alcalde pregunta se hai intervencións.

O concelleiro D. Jose Miguel Giraldez di que está prevista só en concellos de máis de 5000 habitantes, e que en Oia non é necesaria.

3

Page 4: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

O Sr. Alcalde contesta que nos plenos realmente non se resolve nada; onde sí se resolve é nas xuntas de goberno onde están os concelleiros que toman decisións; di que se a oposición estivera gobernando diría o mesmo, e el diría o que di a oposición se non gobernara; di que eso é así, pero o normal é ter Xunta de Goberno e seguir coa austeridade e co concello adiante.

A concelleira Dª Rosa Otero di que está claro que o que se quere é poñer soldos ós concelleiros de xeito subliminal.

O Sr. Alcalde di que pode pensalo pero non é así.

O concelleiro D. Jose Miguel Giraldez di que coincide con Rosa porque é un organo non obrigatorio que suporá soldos encubertos para os concelleiros.

Sometido o asunto a votación o concello en Pleno, con seis votos a favor, dos concelleiros do PP e cinco votos en contra, dos concelleiros de PSOE e BNG, adopta o seguinte acordo:

UNICO: Crear a Xunta de Goberno Local, coa composición que lle atribúa o Alcalde Presidente, en aplicación do disposto no artigo 23 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, para asistencia á Alcaldía e exercer as funcións que poidan delegarlle expresamente o Pleno e o Alcalde.

5.-Aprobación, se procede, da delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local.

A Secretaria lee a proposta de acordo literal:

Visto o disposto no artigo 38 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais aprobado por RD 2568/1986, dacordo co cal, no prazo de 30 días seguintes á constitución da Corporación, trala celebración de eleccións municipais, celebraráse a sesión ou sesións extraordinarias do Pleno da Corporación que sexan necesarias para resolver sobre a periodicidade das sesións do Pleno, creación e composición, no seu caso, de comisións informativas permanentes e xunta de goberno local, nomeamentos de representantes da Corporación en organos colexiados e dación de conta de resolucións de Alcaldía de nomeamento de Tenentes de Alcaldía, membros da Xunta de Goberno, e delegacións da Alcaldía en concelleiros delegados,

Visto que a Corporación Municipal de Oia para o periodo 2011-2015, saída das eleccións municipais do pasado 22.05.2011, tomou posesión en Pleno extraordinario do día 11.06.2011,

Visto o reparto de competencias que os artigos 21 e 22 da Lei 7/85 RBRL e 41 e 50 do ROF, fan entre o Alcalde e o Pleno da Corporación, identificando algunhas das competencias como delegables, nos artigos 21.3 e 22.4 da Lei 7/85 e 43 e 51 do ROD, e considerando que a Xunta de Gobenro Local está creada por este mesmo pleno, para a asistencia á Alcaldía e para o desempeño das funcións que os restantes organos municipais lle deleguen expresamente, é polo que, en uso das facultades que me confire a normativa vixente, propoño ó Pleno da Corporación que adopte o seguinte ACORDO:

PRIMEIRO: Delegar a favor da Xunta de Goberno Local constituida no Concello de Oia, tódalas súas competencias delegables, dacordo co previsto no artigo 22.4 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local , e polo tanto:

1. O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación en materias de competencia plenaria.2. A declaración de lesividade dos actos do Concello.3. A concertación das operacións de tesourería, cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 % dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior.4. A aprobación dos proxectos de obras e servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estén previstos nos presupostos.5. As competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de suministro, de servicios, de xestión de servicios públicos, os contratos administrativos especiais, e os contratos

4

Page 5: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

privados, cando o seu importe supere o 10 % dos recursos ordinarios do orzamento ou a contía de seis millóns de euros, incluidos os de carácter plurianual con duración superior a catro anos.6. A adxudicación de concesións sobre os bens das Entidades Locais e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial así como o alleamento do patrimonio, e dos bens declarados de valor histórico ou artístico calquera que sexa o seu valor.

SEGUNDO: O presente acordo produce efectos desde o día seguinte a aquel en que se adopte, sen perxuicio da súa publicación preceptiva no BOP.

A continuación o Sr. Alcalde pregunta se hai intervencións.

O Sr. Jose Miguel Giraldez contesta que ficalizará todo o que acorde a Xunta de Goberno Local

O Sr. Alcalde contesta que está no seu dereito.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que é a súa obriga.

Sometido o asunto a votación o concello en Pleno, con seis votos a favor, dos concelleiros do PP e cinco votos en contra, dos concelleiros de PSOE e BNG, adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO: Delegar a favor da Xunta de Goberno Local constituida no Concello de Oia, tódalas súas competencias delegables, dacordo co previsto no artigo 22.4 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local , e polo tanto:

1. O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación en materias de competencia plenaria.2. A declaración de lesividade dos actos do Concello.3. A concertación das operacións de tesourería, cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 % dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior.4. A aprobación dos proxectos de obras e servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estén previstos nos presupostos.5. As competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de suministro, de servicios, de xestión de servicios públicos, os contratos administrativos especiais, e os contratos privados, cando o seu importe supere o 10 % dos recursos ordinarios do orzamento ou a contía de seis millóns de euros, incluidos os de carácter plurianual con duración superior a catro anos.6. A adxudicación de concesións sobre os bens das Entidades Locais e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial así como o alleamento do patrimonio, e dos bens declarados de valor histórico ou artístico calquera que sexa o seu valor.

SEGUNDO: O presente acordo produce efectos desde o día seguinte a aquel en que se adopte, sen perxuicio da súa publicación preceptiva no BOP.

6.-Aprobación, da Comisión Informativa Especial de Contas.

A Secretaria da conta de que neste caso se trata de dar cumprimento a un imperativo legal; o da LRBRL que preve a existencia obrigatoria desta comisión co fin de dictaminar a conta xeral, pero que a súa composición depende dos grupos municipais que si queren poden asignar a un dos seus membros a esta comisión, neste mesmo pleno:

Visto o disposto no artigo 20.1.e) da LRBRL 7/85 de 2 de abril, que ó regular os organos necesarios en tódalas corporacións locais, preve a existencia preceptiva da Comisión Especial de Contas , que dacordo co previsto no artigo 116 da mesma Lei 7/85 está composta por membros dos distintos

5

Page 6: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

grupos políticos da Corporación co fin de informar a conta xeral, antes da súa aprobación polo Pleno da Corporación, e visto o comunicado dos grupos polísticos municipais, de designación daqueles dos seus membros que integrarán a Comisión Especial, en uso das facultades que me confire a normativa vixente, propoño ó Pleno da Corporación que adopte o seguinte acordo:

PRIMEIRO: Crear a Comisión Especial de Contas, de existencia preceptiva por disposición do artigo 20.1 e) da Lei 7/85 de 2 de abril, co fin de informar a conta xeral, con carácter previo á súa aprobación polo Pleno.

SEGUNDO: Acordar que quede constituida con 4 membros, dous concelleiros do PP, un concelleiro do PSOE e o unico concelleiro do BNG.

TERCEIRO: A Comisión celebrará sesión ordinaria coa antelación suficiente á sesión plenaria na que se traten asuntos da súa competencia e extraordinarias cando sexan convocadas con este carácter polo Alcalde ou Presidente da respectiva Comisión.

O concelleiro D. Gerardo Rodríguez Refojos di que o membro do PSOE que asistirá á Comisión de Contas pode ser D. Roberto González Martínez. Tanto os outros concelleiros como o interesado están de acordo.

O Sr. Alcalde designa como membros do grupo municipal do PP na comisión de contas a el mesmo, que en principio presidirá a comisión e a Dª Carmen Estévez Adrover.

Finalmente o concelleiro D. Jose Miguel Giraldez, é o unico representante do seu grupo polo que estará tamén presente na comisión.

Sometido o asunto a votación o concello en Pleno, por unanimidade ( 11 votos), adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO: Crear a Comisión Especial de Contas, de existencia preceptiva por disposición do artigo 20.1 e) da Lei 7/85 de 2 de abril, co fin de informar a conta xeral, con carácter previo á súa aprobación polo Pleno.

SEGUNDO: Acordar que quede constituida con 4 membros, dous concelleiros do PP, un concelleiro do PSOE e o unico concelleiro do BNG.

TERCEIRO: Aprobar a composición nominal da comisión de contas:

Presidente: D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, Alcalde.Vocais: D.ª Carmen Estévez AdrobverD. Roberto González Martínez.D. Jose Miguel Giraldez Martínez.

CUARTO: A Comisión celebrará sesión ordinaria coa antelación suficiente á sesión plenaria na que se traten asuntos da súa competencia e extraordinarias cando sexan convocadas con este carácter polo Alcalde ou Presidente da respectiva Comisión.

7.-Designación de representantes municipais nos Consellos Escolares e na Mancomunidade do Baixo Miño.

A Secretaria lee a proposta de acordo literal:

En uso das facultades que me confire a normativa vixente, propoño ó Pleno da Corporación que adopte o seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Nomear como representantes do Concello no Consello Escolar do Colexio de Refoxos á concelleira Dª Carmen Mª Estévez Adrover, e ns Consellos escolares do Colexio Mestre Manuel García e da Guardería municipal á concelleira Dª Rosa Mª Miniño Flores.

6

Page 7: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

SEGUNDO.- Designar como membros integrantes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ó Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e concelleiro D. Camilo González Giraldez.

TERCEIRO.- Comunica-los nomeamentos as referidas institucións e ós interesados.

A continuación o concelleiro D. Jose Miguel Giraldez pide que se dea conta nos plenos dos acordos adoptados na Mancomunidade do Baixo Miño.

O concelleiro D. Gerardo González di que nunca se enteran de nada.

O Sr Alcalde di que faise pouco pero é o que se pode; di que ata hai pouco era presidente Freitas de A Guarda, e agora a Alcaldesa de Tomiño, do BNG, e na ultima sesión se dou conta dun remanente de tesourería positivo que el pediu que se empregara na compra dun camión novo e parece que se vai solicitar unha subvención á Deputación para tal fin.Di que non hai inconveniente en traer as actas.

Sometido o asunto a votación o concello en Pleno, con seis votos a favor, dos concelleiros do PP e cinco votos en contra, dos concelleiros de PSOE e BNG, adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Nomear como representantes do Concello no Consello Escolar do Colexio de Refoxos á concelleira Dª Carmen Mª Estévez Adrover, e ns Consellos escolares do Colexio Mestre Manuel García e da Guardería municipal á concelleira Dª Rosa Mª Miniño Flores.

SEGUNDO.- Designar como membros integrantes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ó Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e concelleiro D. Camilo González Giraldez.TERCEIRO.- Comunica-los nomeamentos as referidas institucións e ós interesados.

8.- Dación de conta da resolución de Alcaldía de nomeamento de Tenentes de Alcalde.

A Secretaria da lectura ó Decreto 220/2011 de nomeamento de Tenientes de Alcalde co seguinte contido literal:

Visto os artigos 21.2 LRBRL, 22 TRRL e 46 a 48 do R.O.F., según os cales o Alcalde ten competencia para o nomeamento de Tenentes de Alcalde, entre os Concelleiros, en número non superior ó de membros da Comisión de Goberno alí onde exista, ou en número non superior ó tercio do número legal de membros da Corporación, noutro caso.

Visto que designados 1º e 2º Tenientes de Alcalde, D. Camilo González Giraldez e D. Eugenio Portela Pérez, e dependendo a eficacia do nomeamento da aceptación expresa dos interesados, este ultimo rexeita o nomeamento, en uso das facultades que me confire a normativa vixente, 21.2 LRBRL 7/85 de 2 de abril, RESOLVO:

PRIMEIRO: Nomear ós seguintes concelleiros Tenientes de Alcalde, no seguinte orde:1º Teniente de Alcalde: D. Camilo González Giraldez2º Teniente de Alcalde: Dª. Carmen María Estévez Adrover.3º Teniente de Alcalde: D. José Albino Diego Peleteiro

SEGUNDO: Notificar o nomeamento ós concelleiros designados e ordenar a súa publicación no BOP sen perxuicio de que a presente resolución produza efectos desde o momento en que se dicta.

TERCEIRO: Dar conta ó Pleno na primeira sesión ordinaria que celebre.

A concelleira Dª Rosa Otero quéixase de que non tiveron copia dos decretos nin da proposta de adicacións que vai no seguinte punto e quere saber por qué, invocando o dereito que lles corresponde de ter á disposición a documentación dos plenos.

7

Page 8: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

O Sr. Alcalde contesta que houbo un problema de tempo.

A Secretaria di que se o Alcalde lle da a palabra ten que decir que a responsabilidade de por a disposición dos concelleiros os documentos dos plenos é de Secretaría e que cando se convocou o Pleno ían estar tódalas propostas de acordo preparadas e asinadas, pero finalmente, non se lle entregou proposta de adicacións asinada ata esta mesma mañá, por eso non puido facilitar copia ós concelleiros. Di que quere que todos saiban que non volverá a ocorrer; que a súa responsabilidade non vai quedar en entredito.

O Sr. Alcalde contesta que a súa tampouco.

9.- Recoñecemento, se procede, de adicacións exclusivas e parciais, a favor da Alcaldía e Concellerías delegadas.

A Secretaria da lectura á proposta de acordo entregada pola Alcaldía esta mesma mañá:

Visto o disposto no artigo 75 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, que preve a posibilidade de que os cargos electos municipais desempeñen as súas funcións, en réxime de adiación exclusiva ou parcial, con alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, resultando competencia do Pleno Corporativo a decisión sobre as concellerías que terán recoñecida adicación excluisva ou parcial, sen perxuicio de que logo sexa a Alcadía a que decida que personas desempeñarán os cargos con réxime retributivo recoñecido, en uso das facultades que me confire a normativa vixente, propoño ó Pleno da Corporación que adopte o seguinte acordo:

1.- Recoñecer a adicación exclusiva da Alcaldía, por un importe bruto total de 45.135,04 €/ ano, co seguinte detalle:

34.000,00 € de retribucións brutas totais da Alcaldía, ( doce pagas ordinarias e dúas extraordinarias nos meses de xuño e decembro, coas súas retencións de IRPF e cota de seguridade social do traballador).

11.135,04 € de cotizacións á seguridade social, por parte da empresa. 2.- Recoñecer adicación parcial á concellería de Vías e Obras, por un importe bruto total de

20.062,68 €/ ano, co seguinte detalle:15.000,12 € de retribucións brutas totais ( doce pagas ordinarias con paga extra prorrateada,

coas súas retencións de IRPF e seguridade social do traballador).5.062,56 € de contizacións á seguridade social por parte da empresa.

A continuación o Sr. Alcalde da conta do aforro que sairá desta proposta, por comparación coa situación da anterior lexislatura en que había unha adicación exclusiva máis alta e tres adicacións parciais. Di que finalmente o aforro será de 5.376,00 € polo Alcalde e 1.077,32 € ó ano pola concellería de vías e obras, ademáis das outras dúas adicacións que desaparecen.

O concelleiro D. Gerardo González pide que se diga qué adicacións quedan entonces.

O Sr. Alcalde contesta que unha adicación exclusiva e outra parcial.

A concelleira Dª. Rosa Otero pregunta se a exclusiva é da Alcaldía.

O Sr. Alcalde contesta que sí.

A concelleira pregunta qué concelleiro é o que recibe a adicación parcial.

O Sr. Alcalde contesta que vías e obras.

A concelleira sigue preguntando se non pode saberse quen vai desempeñar esa concellería.

O Sr. Alcalde pregunta á Secretaria se pode decirse.

8

Page 9: 04/07/11 PLENO EXTRAORDINARIO

A Secretaria di que o decreto estaba preparado; que pode dar conta neste Pleno ou no seguinte.

O Sr. Alcalde di que será D. Eugenio Portela Pérez.

O concelleiro D. Jose Miguel Giraldez di que para os proximos plenos sería bo que os problemas internos do PP non afectaran á información que se lles ten que facilitar ós concelleiros da oposición. E quere recordar que faltan as asignacións por plenos e xunta de goberno.

O Sr. Alcalde di que esto ultimo non toca neste pleno.

O concelleiro D. Gerarndo González di que tamén faltan as asignacións a grupos poíticos.

O Sr. Alcalde di que sobre eso xa falarán, convocará ós portavoces e proporá que se supriman as asignacións.

Sometido o asunto a votación, o concello en Pleno, con cinco votos en contra ( dos concelleiros de PSOE e BNG) tres votos a favor ( de D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, D. Eugenio Portela Pérez e Dª Rosa Miniño Flores), e tres abstencións, de D. Camilo González Giraldez, Dª Carmen Estévez Adrover e D. Jose Albino Diego Peleteiro, rexeita a proposta de acordo antes transcrita.

O concelleiro D. Jose Miguel Giraldez comenta: sí que hai problemas internos.

A concelleira Dª Rosa Otero di que eles están dispostos a ter unha concellería e máis barata, e piden o Alcalde que conte con eles.

Sen máis asuntos que tratar, cando son as 11.45 horas do 04.07.2011, o Sr. Alcalde levanta a sesión, da que extendo a presente acta, que asina comigo o Alcalde Presidente.

O Alcalde A secretariaAsdo. Alejandro Rodríguez Rodríguez Asdo. Maria Cabodevila Ros

9