061015 Nota PAI e Mocións

2
 Os PSOE de Vilalba pide a apertura dun Punto de Atención á Infancia para os nenos e nenas que quedaron sen praza O socialistas levarán a pleno esta medida como condición indispensable e urxente para a conciliación familiar e l aboral O acollemento de refuxiados, a participación veciñal ou a zona verde do polígono constitúen tamén algúns dos asuntos que se tratarán na sesión plenaria Vilalba, 6 de outubro de 2015 O Grupo Municipal Socialista someterá a debate no primeiro pleno ordinario da lexislatura a apertura dun Punto de Atención á Infancia (PAI) nas instalacións da antiga Gardería Municipal para atender ás nenas e nenos que xa non contan cunha praza na escola infantil. Critican severamente a pasividade do equipo de goberno mentras máis de 20 familias vilalbesas se atopan nunha situación complicada ao quedárense sen praza. Coa apertura da nova escola infantil da rede A Galiña Azul en decembro de 2012, Criado aseguraba que se solventarían as deficiencias na oferta de prazas, ordenando o peche da antiga gardería; tres anos despois queda en evidencia de novo, posto que lonxe de absorber a demanda, acrecéntase o problema con longas listas de espera”, explican desde o PSOE. Asemade, afirman que “están a condenar a moitas familias a unha situación na que se fai totalmente inviable a conciliación familiar e laboral, incidindo especialmente nas mulleres”. Debates de urxencia O Grupo socialista sinala directamente ao equipo de goberno como responsable de que moitos dos debates que son de primeira necesidade para que se resolvan os problemas da veciñanza teñan que sufrir atrasos por mor da falta de organización e de responsabilidade política do PP vilalbés. “A nosa post ura é ben clara: temos moi presente que representamos a moitos veciños e veciñas, e así o faremos mediante a fiscalización das políticas do concello, pero sobre todo con moitas propostas e solucións, sen dobregarnos ante calquera limitación que se pretenda facer no tocante aos plenos”, sentenciou a portavoz dos socialistas, Elba Veleiro.  Polo tanto, neste primeiro pleno ordinario o PSOE falará sobre o acollemento de refuxiados no municipio, tal e como viñeron afirmando desde hai semanas. Por outra banda, tamén solicitarán a participación cidadá nos plenos ordinarios, entendendo que ademais de canalizar a voz dos vilalbeses e vilalbesas a través da súa representación

Transcript of 061015 Nota PAI e Mocións

Page 1: 061015 Nota PAI e Mocións

7/17/2019 061015 Nota PAI e Mocións

http://slidepdf.com/reader/full/061015-nota-pai-e-mocions 1/2

 

Os PSOE de Vilalba pide a apertura dun Punto de Atención á

Infancia para os nenos e nenas que quedaron sen praza

O socialistas levarán a pleno esta medida como condición indispensable e

urxente para a conciliación familiar e laboral

O acollemento de refuxiados, a participación veciñal ou a zona verde do

polígono constitúen tamén algúns dos asuntos que se tratarán na sesión

plenaria

Vilalba, 6 de outubro de 2015

O Grupo Municipal Socialista someterá a debate no primeiro pleno ordinario da

lexislatura a apertura dun Punto de Atención á Infancia (PAI) nas instalacións da

antiga Gardería Municipal para atender ás nenas e nenos que xa non contan cunha

praza na escola infantil. Critican severamente a pasividade do equipo de goberno

mentras máis de 20 familias vilalbesas se atopan nunha situación complicada ao

quedárense sen praza.

“Coa apertura da nova escola infantil da rede A Galiña Azul en decembro de 2012,

Criado aseguraba que se solventarían as deficiencias na oferta de prazas, ordenando

o peche da antiga gardería; tres anos despois queda en evidencia de novo, posto que

lonxe de absorber a demanda, acrecéntase o problema con longas listas de espera”,

explican desde o PSOE. Asemade, afirman que “están a condenar a moitas familias a

unha situación na que se fai totalmente inviable a conciliación familiar e laboral,

incidindo especialmente nas mulleres”.

Debates de urxencia

O Grupo socialista sinala directamente ao equipo de goberno como responsable de

que moitos dos debates que son de primeira necesidade para que se resolvan os

problemas da veciñanza teñan que sufrir atrasos por mor da falta de organización e deresponsabilidade política do PP vilalbés. “A nosa postura é ben clara: temos moi

presente que representamos a moitos veciños e veciñas, e así o faremos mediante a

fiscalización das políticas do concello, pero sobre todo con moitas propostas e

solucións, sen dobregarnos ante calquera limitación que se pretenda facer no tocante

aos plenos”, sentenciou a portavoz dos socialistas, Elba Veleiro. 

Polo tanto, neste primeiro pleno ordinario o PSOE falará sobre o acollemento de

refuxiados no municipio, tal e como viñeron afirmando desde hai semanas. Por outra

banda, tamén solicitarán a participación cidadá nos plenos ordinarios, entendendo que

ademais de canalizar a voz dos vilalbeses e vilalbesas a través da súa representación

Page 2: 061015 Nota PAI e Mocións

7/17/2019 061015 Nota PAI e Mocións

http://slidepdf.com/reader/full/061015-nota-pai-e-mocions 2/2

 

na corporación municipal, calquera persoa debería poder facer as súas achegas e

inquedanzas a nivel particular (ou asociativo) e dun xeito directo.

Noutra orde de cousas, e co obxectivo de evitar o deterioro de determinados lugares

nos que se acostuma a pegar carteis publicitarios en período electoral, o Grupo

Municipal Socialista pedirá que se poña a disposición das formacións políticas

espazos exclusivos para a colocación desta propaganda, tanto no rural coma no

urbano. Finalmente, e á marxe dalgunhas preguntas e rogos que concirnen á mala

xestión das arcas municipais ou á utlización particular dalgúns recursos públicos, os

socialistas tamén pedirán explicacións sobre o uso indebido da parcela de titularidade

municipal catalogada como zona verde, próxima ao polígono industrial das sete

pontes.