071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal

2

Click here to load reader

description

Nota de prensa de la Amtega anunciando nuestro #faladoirosDIX sobre Impresión en 3D

Transcript of 071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal

Page 1: 071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal

Comunicación da Xunta de Galicia 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

A AMTEGA CELEBRA EN SANTIAGO O SEGUNDO FALADOIRO DA INICIATIVA “FAITE DIXIT@L”, QUE ABORDARÁ AS UTILIDADES DA IMPRESIÓN 3D § Baixo o título “Imaxina e Crea: Impresión 3D” terá lugar o vindeiro xoves, 13 nas

instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) § Intervirán cinco expertos en diversos campos da impresión en 3D, que explicarán

as diversas utilidades prácticas desta tecnoloxía § A xornada é aberta ao público en xeral ata completar o aforamento § Poderá ser seguida vía streaming nas webs da rede CeMIt http://cemit.xunta.es/,

do CDTIC https://cdtic.xunta.es/, en Twitter co hashtag #faladoirosDIX e en Facebook, www.facebook.com/faitedixital

Santiago, 7 de novembro de 2014.- Que é a impresión 3D, en que momento tecnolóxico se atopa, que utilidade práctica ten para a cidadanía, como pode facilitar tarefas en campos como a sanidade, o lecer, a educación ou o fogar son os temas que se abordarán na xornada “Imaxina e crea: impresión 3D”. Trátase do segundo Faladoiro Dixital do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Será o vindeiro xoves 13 de novembro en Santiago de Compostela. Lugar de celebración e inscricións A xornada, na que tras a exposición dos expertos celebrarase un debate sobre o futuro ten a impresión 3D e ata onde pode chegar o seu desenvolvemento industrial, celebrarase entre as 18.30 e as 20.30 horas nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), con entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento da sala. A inscrición ao evento pode realizarse a través da seguinte ligazón: http://www.faitedixital.es/galego/participa/formulario-seminario-impresión-3d/ Este novo Faladoiro Dixital poderá ser seguido vía streaming nas webs da rede CeMIt http://cemit.xunta.es/, do CDTIC https://cdtic.xunta.es/, en Twitter co hashtag #faladoirosDIX e en Facebook, www.facebook.com/faitedixital. Na páxina web de Faite Dixit@l! (http://www.faitedixital.es) pode solicitarse máis información sobre esta xornada e sobre o resto dos Faladoiros Dixitais que se celebrarán nas próximas semanas. Os relatores Álvaro Rei, enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial, pola Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, creador de Galiprint3d, unha das primeiras empresas galegas de impresión 3d que deseña e ensambla os seus propios equipos de impresión en tres dimensións. Xoan Sampaiño, freelance, membro de Bricolabs, asociación e grupo de divulgación e fomento de tecnoloxías libres, e do Proxecto Clone Wars, unha das comunidades RepRap máis amplas do territorio hispanofalante. Pablo Gajino, socio fundador e CEO de Possible Inc, start-up galega que desenvolve aplicacións móbiles e produtos software e hardware a medida, e que conta cun departamento de impresión 3D cunha impresora capaz de imprimir un volume de 45cm3

Page 2: 071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal

Comunicación da Xunta de Galicia 2 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

desenvolvendo actualmente un servizo a través de web para poder encargar impresións 3D online. Luís Mandayo, Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo, fundador da empresa Lupeon, que ofrece servizos de asesoramento e de impresión 3D baixo demanda. Luís González, responsable de Ardentia, empresa dedicada desde máis de 8 anos ao deseño 3D e prototipado rápido enfocado á realización de xoias para as súas propias coleccións e como empresa de servizos para outras marcas e artesáns. Faladoiros Dixitais O ciclo de Faladoiros Dixitais de ‘Faite Dixit@l!’ comprende cinco eventos, un sobre innovación social dixital desenvolvido baixo metodoloxía ‘PechaKucha’, celebrado o pasado 28 de outubro (ligazón ao vídeo do evento: http://cemit.xunta.es/gl/node/6019), dous seminarios de expertos, este sobre Impresión 3D e un previsto para decembro sobre o ‘internet das cousas’, e dúas xornadas de exposición de casos de éxito sobre aplicacións móbiles e identidade dixital e marca persoal. Faite Dixit@l ‘Faite Dixit@l’ é un proxecto posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o pasado mes de setembro, desenvolvido a través dos centros da Rede CeMIT, e dirixido a propiciar o empoderamento dos usuarios en materia tecnolóxica para favorecer a súa empregabilidade coa tecnoloxía e a sociedade da información como base. 'Faite Dixit@l! ofrece máis de 1.800 prazas para a participación nas 140 actividades programadas. Ademais, ata o vindeiro 28 de novembro está aberto o prazo de inscrición do ‘Primeiro Concurso ‘Faite Dixit@l’ de aplicacións móbiles, que busca recoñecer a creatividade na creación de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomenten o uso da tecnoloxía de código aberto neste proceso creativo. SAÚDOS, COMUNICACIÓN DÁ XUNTA DE GALICIA