08c a orixe do mundo moderno
description
Transcript of 08c a orixe do mundo moderno
A ORIXE DO MUNDO MODERNO
Roberto López
2º ESO
1. O MUNDO COÑECIDO NO SÉCULO XV
A comezos do século XV o mundo que coñecían os europeos limitábase a Europa e os territorios que rodeaban o Mediterráneo e o Mar Negro.
Sabían da existencia de India, China e Xapón polas viaxes de Marco Polo, aínda que os coñecían dun xeito impreciso.
Territorios coñecidos polos europeos antes de 1492
A ruta de Marco Polo
2. AS CAUSAS DOS DESCUBRIMENTOS
A necesidade de procurar novas rutas comerciais con Oriente, tras a conquista de Constantinopla polos turcos en 1453.
Os avances técnicos permitiron facer viaxes máis longas:
A mellora dos mapas. O uso de instrumentos
de navegación coma o compás, o astrolabio e o cuadrante.
Os novos tipos de barcos, coma a carabela.
O compás
O astrolabio Carabela
Mapa portolano do século XV
A vida a bordo dunha carabela
A vida a bordo Os barcos precisaban coidados as vintecatro horas do día; por iso, establecíanse quendas de catro horas que debían ser respectadas escrupulosamente. Unha das primeiras tarefas que se levaba a cabo pola mañá era a de achicar a auga acumulada na embarcación durante a noite. A continuación, realizábanse outras tarefas cotiás, como reparar as cordas, velas e calquera outro aparello; atar os cabos, izar as velas, fregar a cuberta ou remendar as redes. Moitas veces, os mariñeiros cantaban a coro mentres traballaban. Ao mediodía, facíase un alto para tomar a única comida quente que recibían ao día. Cada home tomaba o rancho nunha escudela ou nun prato de madeira. Porén, os membros máis importantes da tripulación comían separados do resto e incluso tiñan a súa propia despensa. Pola tarde, o ambiente era máis relaxado e realizábanse actividades lúdicas, como cantar, tocar algún instrumento, oír historias e aventuras dos mariñeiros de maior experiencia, etc. Ás veces, tamén se organizaban carreiras ou pelexas cos animais de a bordo ou competicións de pesca.
3. AS EXPLORACIÓNS PORTUGUESAS
Desde principios do século XV Portugal procuraba unha nova ruta que chegase a Oriente bordeando África.
Primeiro descubriron as illa Madeira (1418) e Azores (1431)
En 1488 Bartolomé Dias logrou dobrar o cabo de Boa Esperanza.
En 1498 Vasco de Gama chegou á India.
Na ruta entre Portugal e Asia os portugueses estableceron puntos para asegurar o abastecemento durante a viaxe e para controlar o comercio.
4. AS EXPLORACIÓNS CASTELÁS
A Coroa de Castela intentou chegar a Asia polo oeste, cruzando o Atlántico.
En 1492 Colón creu chegar a Asia. Pero, en realidade, descubriu un novo continente, América.
Entre 1519 e 1522 unha expedición española, capitaneada por Fernando de Magalláns e Xoán Sebastián Elcano, deu a primeira volta ao mundo, o que demostrou que a Terra era redonda.
Colón chega a América: visión idealizada dun pintor do século XIX
Principais exploracións portuguesas e castelás
Cronoloxía dos descubrimentos
5. A REPARTICIÓN DO MUNDO
Os descubrimentos puxeron en contacto pobos que antes non se coñecían.
Portugal e Castela crearon dous grandes imperios ultramarinos. Para evitar problemas entre eles , decidiuse realizar unha repartición das áreas para explorar por cada un dos dous países que se plasmou no Tratado de Tordesillas (1494).
Os descubrimentos supuxeron o comezo da hexemonía europea sobre o resto do mundo.
Tamén foron un aliciente para o avance das ciencias: posibilítase un mellor coñecemento das terras e dos océanos; achado de numerosas especies vexetais e animais.
O Tratado de Tordesillas
Liña de demarcación do Tratado de Tordesillas
Hemisferio para Portugal
Hemisferio para Castela
Imperio azteca
Imperio inca
Civilización maia
A América precolombiana
Localización xeográfica das tres grandes civilizacións da América precolombiana
Ruínas de Chichén Itzá
Os maias
Mural de Bonampak
Situábanse na península de Iucatán e noutras terras dos actuais México, Guatemala e Honduras. Organizábanse en cidades estado, gobernadas por un xefe supremo. A sociedade estaba dividida en catro clases sociais: nobres, sacerdotes, campesiños e escravos. Cultivaban millo, cacao, frijoles, cabazas e tomates. Tamén tiñan unha artesanía moi rica. Conseguiron grandes logros en matemáticas e astronomía e desenvolveron un arte moi rico no que destacaban as piramides graduadas.
Os incas
Machu Picchu
Máscara inca de ouro
Os quipus
Os quipus eran sistemas de cordas de distintas cores e nós onde os funcionarios do imperio inca recollían datos, coma o número de nacementos ou mortes, as armas, o número de cabezas de gando... Cada funcionario estaba encargado do coidado de moitos quipus que mantiña gardados en vasillas.
Tiñan o maior imperio dos existentes na América precolombina. Abranguía parte de Perú, Bolivia, Ecuador, Arxentina e Chile. Construíron unha fantástica rede de estradas . A sociedade estaba formada por varios grupos sociais: Nobres, pobo, servos e escravos. O seu xefe supremo era o Inca, considerado fillo do Sol. A maioría da poboación era campesiña ( cultivaban millo e patacas). Tamén souberon traballar o cobre e o ouro; e facían obxectos de cerámica.
Os aztecas
Tenochtitlán antes da chegada dos españois A pedra de Moctezuma
Poboaban o val de México desde o século XII. O seu imperio sustentábase na alianza de tres cidades: Tenochtitlán, Texcoco e Tlacopán. Eran un pobo guerreiro que se organizaban en tribos, divididas en varios grupos sociais: sacerdotes, nobres, homes libres e escravos. A economía baseábase no cultivo do millo, a cabaza e o tomate
6. OS CAMBIOS ECONÓMICOS E SOCIAIS
No século XIV a poboación minguou dramaticamente, a causa da fame (a agricultura non producía dabondo para alimentar a toda a poboación), as guerras e a peste negra.
No século XV a situación mellorou e a poboación comezou a medrar lentamente.
No século XVI a poboación medrou moito.
A evolución da poboación entre os anos 1000 e 1500
Estimación da poboación dalgúns países europeos no século XVI
O crecemento demográfico
O crecemento económico
No século XIV viviuse unha situación de crise económica.
Durante os séculos XV e XVI a economía europea coñeceu unha fase de prosperidade.
Causas do crecemento: O incremento da poboación. O descubrimento de novas terras,
que incrementou o comercio. Innovacións: mellora do sistema
bancario.
A transformación social
A sociedade seguiu dividida en estamentos.
Os dous estamentos privilexiados seguían sendo a nobreza e o clero.
A burguesía logrou gran preeminencia.
Moitos campesiños servos pasaron a ser persoas libres.
Pero producíronse cambios:
7. O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO
No século XV os reis europeos seguiron reforzando o seu poder. Por iso, chamámolas monarquías autoritarias.
Para reforzar o seu poder:
Crearon una burocracia profesional.
Fortaleceron o exército.
Aumentaron os impostos.
Crearon unha rede diplomática.
Os principais reinos foron: Francia, Inglaterra, España e Rusia.
Burocracia
Impostos
Exército poderoso Rede diplomática
Europa en 1500
8. OS REIS CATÓLICOS
En 1479 produciuse a unión entre as Coroas de Castela e Aragón.
Foi unha unión persoal, cada reino mantivo as súas propias leis e institucións.
A morte de Isabel a unión estivo en perigo, xa que Xoana (a Louca) filla dos reis catolicos pasou a ser raiña de Castela mentres Fernando continuou a ser rei de Aragón.
Carlos I fillo de Xoana a Louca ocupou o trono de ambas coroas en 1516 o que supón a unión definitiva.
En política interior, pacificaron o reino (Santa Irmandade,
Chancelaría), aumentaron o control sobre as cidades (correxidores), reforzaron a Facenda e crearon un exército profesional e permanente.
Levaron a cabo unha expansión territorial: Granada, Navarra, Nápoles, Melilla, Orán, Canarias e descubrimento de América.
Posesións dos Reis Católicos
Intentaron lograr a unificación relixiosa dos seus reinos.
Fundaron o Tribunal de Inquisición en 1478
En 1492 promulgaron un decreto polo que todos os xudeus tiñan que converterse ao cristianismo ou abandonar España.
En 1512 un decreto similar establecía a conversión ou expulsión dos musulmáns españois.
As alianzas matrimoniais dos Reis Católicos Isabel e Fernando utilizaron os matrimonios dos seus fillos para establecer alianzas con Portugal, Inglaterra e o Sacro Imperio.