1. A época do absolutismo Resumos dos apartadosescolapiosacoruna.es/Aula/AulaLuis/RESUMO TEMA...

4
1 © VICENS VIVES T 8 MEDIO 6. Resumos dos apartados A época do liberalismo e a industrialización 1. A época do absolutismo n O absolutismo é unha forma de goberno en que o monarca absoluto concentra todos os pode- res. n Ao morrer Carlos II sen descendencia iniciouse a Guerra de Sucesión, que enfrontou a Castela e Francia (partidarios de Filipe V, príncipe francés) contra a Coroa de Aragón e Austria (partidarios do arquiduque Carlos de Austria). A guerra gañárona os partidarios de Filipe V, que foi coroado rei de España en 1714. n Filipe V implantou unha forma de goberno absolutista e reorganizou o sistema político español. n A finais do século XVIII España modernizouse grazas a Carlos III que aumentou a riqueza do país co desenvolvemento da agricultura, da industria e do comercio. 2. A Ilustración e o liberalismo n A Ilustración foi un movemento cultural aparecido no século XVIII que defendía a liberdade indivi- dual e consideraba todos os homes iguais. Crían que o progreso do ser humano se conseguía coa razón e a educación. n O liberalismo é unha nova forma de goberno do século XIX baseada nas ideas ilustradas: – a soberanía nacional – a Constitución – a división de poderes n En 1789 estalou a Revolución francesa (comezo da Idade Moderna). Foi a orixe das revolu- cións liberais do século XIX provocadas pola burguesía. Estas revoltas conseguiron rematar co absolutismo e empezar a utilizar o liberalismo. ............................................................................................................................................................. 3. A Revolución industrial n O gran desenvolvemento da agricultura durante os séculos XVIII e XIX recibe o nome de Revolu- ción agrícola. Os cambios máis importantes foron: – a rotación de cultivos a introdución do millo e da pataca a utilización de novas máquinas n O gran desenvolvemento da industria nos séculos XVIII e XIX chámase Revolución industrial. A in- dustrialización (produción de bens a grande escala mediante a utilización de máquinas movidas por novas fontes de enerxía) foi posible grazas á máquina de vapor. n Coa máquina de vapor tamén se puideron crear novos transportes: o ferrocarril e o barco de va- por. n As enerxías utilizadas na industrialización foron o carbón (na primeira etapa) e a electricidade (na segunda). ............................................................................................................................................................. 4. Capitalismo e burguesía industrial n Coa Revolución industrial apareceu o capitalismo, palabra que vén de capital (que significa o diñeiro que se inviste para construír unha fábrica, unha máquina ou para comprar materia prima). O capitalismo baséase na propiedade privada, e o seu principal obxectivo é obter o máximo beneficio. Os capitalistas consideran que o Estado non debe intervir na economía.

Transcript of 1. A época do absolutismo Resumos dos apartadosescolapiosacoruna.es/Aula/AulaLuis/RESUMO TEMA...

1© V

ICEN

S V

IVES

T 8M

edio

6.

Res

um

os

dos

apart

ados

A época do liberalismo e a industrialización

1. A época do absolutismon O absolutismo é unha forma de goberno en que o monarca absoluto concentra todos os pode-

res.

n Ao morrer Carlos II sen descendencia iniciouse a Guerra de Sucesión, que enfrontou a Castela e Francia (partidarios de Filipe V, príncipe francés) contra a Coroa de Aragón e Austria (partidarios do arquiduque Carlos de Austria).

A guerra gañárona os partidarios de Filipe V, que foi coroado rei de España en 1714.

n Filipe V implantou unha forma de goberno absolutista e reorganizou o sistema político español.

n A finais do século XVIII España modernizouse grazas a Carlos III que aumentou a riqueza do país co desenvolvemento da agricultura, da industria e do comercio.

2. A Ilustración e o liberalismon A Ilustración foi un movemento cultural aparecido no século XVIII que defendía a liberdade indivi-

dual e consideraba todos os homes iguais. Crían que o progreso do ser humano se conseguía coa razón e a educación.

n O liberalismo é unha nova forma de goberno do século XIX baseada nas ideas ilustradas:

– a soberanía nacional

– a Constitución

– a división de poderes

n En 1789 estalou a Revolución francesa (comezo da Idade Moderna). Foi a orixe das revolu-cións liberais do século XIX provocadas pola burguesía. Estas revoltas conseguiron rematar co absolutismo e empezar a utilizar o liberalismo.

.............................................................................................................................................................

3. A Revolución industrialn O gran desenvolvemento da agricultura durante os séculos XVIII e XIX recibe o nome de Revolu-

ción agrícola. Os cambios máis importantes foron:

– a rotación de cultivos

– a introdución do millo e da pataca

– a utilización de novas máquinas

n O gran desenvolvemento da industria nos séculos XVIII e XIX chámase Revolución industrial. A in-dustrialización (produción de bens a grande escala mediante a utilización de máquinas movidas por novas fontes de enerxía) foi posible grazas á máquina de vapor.

n Coa máquina de vapor tamén se puideron crear novos transportes: o ferrocarril e o barco de va-por.

n As enerxías utilizadas na industrialización foron o carbón (na primeira etapa) e a electricidade (na segunda).

.............................................................................................................................................................

4. Capitalismo e burguesía industrialn Coa Revolución industrial apareceu o capitalismo, palabra que vén de capital (que significa o

diñeiro que se inviste para construír unha fábrica, unha máquina ou para comprar materia prima).

O capitalismo baséase na propiedade privada, e o seu principal obxectivo é obter o máximo beneficio.

Os capitalistas consideran que o Estado non debe intervir na economía.

2© V

ICEN

S V

IVES

T 8M

edio

6.

Res

um

os

dos

apart

ados

A época do liberalismo e a industrialización

n A burguesía industrial, unha nova clase social que naceu e adquiriu grande importancia duran-te a Revolución industrial, estaba formada polas persoas que posuían o diñeiro para investir na industria.

A aparición da burguesía impuxo na sociedade do século XIX:

– novos valores

– novas formas de vestir e de lecer

– a ostentación da riqueza

.............................................................................................................................................................

5. Os obreirosn Os obreiros, a outra nova clase social aparecida durante a Revolución industrial, eran a persoas

que traballaban nas fábricas a cambio dun salario.

As características principais desta nova clase social eran as seguintes:

– Tiñan unhas condicións laborais precarias e percibían uns salarios baixos.

– A maioría eran campesiños emigrantes.

– Vivían en barrios obreiros sen electricidade, nin auga corrente, nin rede de sumidoiros e en vivendas húmidas.

– A súa alimentación era escasa e pouco variada.

n Os obreiros crearon os sindicatos para melloraren as súas condicións de traballo e de vida.

.............................................................................................................................................................

6. A cidade industrialn Nos séculos XVIII e XIX a poboación europea medrou grazas ao descenso da mortalidade. O au-

mento demográfico significou máis man de obra e maior demanda de produtos.

n A mecanización dos labores agrícolas fixo que moitos campesiños quedasen sen emprego e emigrasen ás cidades para atopar traballo nas fábricas (éxodo rural).

n A chegada de man de obras ás cidades fixo que estas medrasen moi rapidamente. Para poder acoller toda esta nova poboación:

– Derrubáronse as murallas medievais.

– Erixíronse os ensanches, os novos barrios residenciais para a burguesía.

– Construíronse os suburbios industriais para os obreiros.

.............................................................................................................................................................

7. A España do século XIXn A implantación do liberalismo en España transcorreu do seguinte xeito:

– En 1812, votouse a primeira Constitución española.

– En 1814, Fernando VII implantou de novo o absolutismo.

– A monarquía parlamentaria de Isabel II aprobou a Constitución de 1837 e a de 1845.

– O Sexenio Democrático estableceu a democratización do sistema político español e procla-mou a Primeira República.

– Afonso XII restaurou de novo a monarquía parlamentaria.

n A poboación española do século XIX creceu notablemente (pasou de 11,5 a 18,5 millóns de habi-tantes).

n A Revolución agrícola e industrial española foi lenta e escasa e só se desenvolveu ben en Ca-

3© V

ICEN

S V

IVES

T 8M

edio

6.

Res

um

os

dos

apart

ados

A época do liberalismo e a industrialización

taluña (téxtil) e no País Vasco (siderurxia).

.............................................................................................................................................................

8. A arte do século XIXn En pintura salienta a obra de Francisco de Goya, pintor de Carlos III e Carlos IV e con dúas eta-

pas de traballo diferenciadas: a primeira vitalista e optimista e a segunda representando os horro-res da guerra e o sufrimento do pobo.

n A escultura é de carácter público, e as rúas e prazas enchéronse de estatuas.

n A arquitectura baséase no ferro, e constrúense edificios públicos (estacións, mercados, fábri-cas…) con moita luz e espazo.

n Na arte europea do século XIX salienta o Modernismo, un movemento artístico baseado nas formas e nas cores da natureza. O máximo representante español é Antonio Gaudí.

.............................................................................................................................................................

4© V

ICEN

S V

IVES

T 8M

edio

6.

Mapa c

once

ptu

al

A época do liberalismo e a industrialización

Revolución agrícola

Revolución industrial

houbo grandes cambios na

estimulou

como como

implicou

coa consolidación

coa

aparición

baseada nocoa

liberalismo

produción de máis alimentos

burguesía industrial

obreiros

novas industrias mecanizadas

novos medios de transporte

novas fontes de enerxía

crecemento das cidades

crecemento da poboación

ferrocarril carbón electricidadebarco de vapor

forma de goberno economía sociedade

Nos séculos XVIII e XIX