1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ;...

31
ÍNDICE 1. Introdución........................................................................................................................................... 2 1.1. Equipo redactor. ..................................................................................................................................... 2 2. Resumo do plan................................................................................................................................... 3 2.1. Análise dos obxectivos e criterios......................................................................................................... 4 2.2. A Clasificación do solo no PXOM......................................................................................................... 8 3. Análise do proceso de avaliación. ................................................................................................. 13 3.1. Tramitación do procedemento ambiental. ..................................................................................... 13 4. Análise do informe de sustentabilidade ambiental (ISA) e da súa adecuación ao plan. ........ 15 5. Avaliación do resultado da fase de consultas............................................................................... 20 5.1. Análise do procedemento de participación pública e consultas. .............................................. 20 5.2. Exposición pública e tramitación da aprobación inicial. .............................................................. 20 5.3. Análise dos resultados da participación pública dos alegantes privados ou asociacións privadas e integración dos resultados. .................................................................................................... 20 5.4. Análise dos resultados da participación pública das administracións públicas e integración dos resultados. ............................................................................................................................................. 21 Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l. Proposta de Memoria Ambiental 1

Transcript of 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ;...

Page 1: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

ÍNDICE

1. Introdución........................................................................................................................................... 2 1.1. Equipo redactor. .....................................................................................................................................2 2. Resumo do plan................................................................................................................................... 3 2.1. Análise dos obxectivos e criterios.........................................................................................................4 2.2. A Clasificación do solo no PXOM.........................................................................................................8 3. Análise do proceso de avaliación. ................................................................................................. 13 3.1. Tramitación do procedemento ambiental. .....................................................................................13 4. Análise do informe de sustentabilidade ambiental (ISA) e da súa adecuación ao plan. ........ 15 5. Avaliación do resultado da fase de consultas............................................................................... 20 5.1. Análise do procedemento de participación pública e consultas. ..............................................20 5.2. Exposición pública e tramitación da aprobación inicial. ..............................................................20 5.3. Análise dos resultados da participación pública dos alegantes privados ou asociacións privadas e integración dos resultados.....................................................................................................20 5.4. Análise dos resultados da participación pública das administracións públicas e integración dos resultados. .............................................................................................................................................21

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 1

Page 2: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

1. INTRODUCIÓN.

O presente borrador da MEMORIA AMBIENTAL do proceso de Avaliación Ambiental estratéxica do PXOM de Pontedeume redáctase de acordo co previsto polo artigo 12 de a Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

A memoria ambiental é preceptiva e debe terse en conta no Plan antes da súa aprobación definitiva, contendo as determinacións finais que deban incorporarse á proposta do Plan.

A estrutura deste documento adaptase a que a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten colgado na súa páxina web como referencia para a súa redacción.

1.1.Equipo redactor.

O presente documento redactouse por un equipo da empresa Consultora Galega S.L. no que participaron os seguintes profesionais:

- Xoán C. PORTELA REGODESEVES, Arquitecto.

- Manuel CARBAJO CAPEÁNS, Arquitecto.

- Alfonso BAR BLANCO, Biólogo.

- Patricia VILLOT CAMESELLE, Bióloga.

- Miguel A. BARREIRO GARCÍA, Xeógrafo.

En Pontevedra, setembro do 2013.

Polo Equipo Redactor:

Asdo. Xoán Carlos Portela Regodeseves

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 2

Page 3: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

2.RESUMO DO PLAN.

O termo municipal de Pontedeume abarca unha superficie de 29.3 km2 nos que se distribúen 8.305 habitantes segundo Censo de 2011. Os límites físicos e administrativos do territorio son polo norte coa Ría de Ares e o concello de Cabanas, polo sur cos concellos de Vilamaior e Miño; polo este co concello de Monfero e polo oeste limita coa Ría..

O concello de Pontedeume pertence á comarca do Eume xunto ó concello de Cabanas, A Capela, As Pontes e Monfero. O municipio pódese dicir que está integrado por tres unidades xeográficas; unha unidade é o amplo val que se forma ó fondo da ría, outra unidade é a franxa costeira ó pe do monte Breamo e unha terceira é a formada polo angosto val do Eume, onde o Eume se encaixa nun canón de máis de 300 m. de altura.

O litoral de Pontedeume vai dende o fondo da ría de Ares na zona de estuario do río Eume que é a parte interna da Ría de Ares, estuario delimitado por unha liña imaxinaria dende a punta Madalena na costa norte ata punta Macuca na costa sur, e o litoral segue pola marxe meridional da Ría de Ares cara á Ría de Betanzos. Estamos ante un litoral amplo con zonas abruptas chea de puntas entre as que se atopan enseadas, salpicadas de praias e dunha gran cantidade de calas aptas para o baño na baixamar, ademais de unha illa próxima á costa, a Illa Carboeira.

Como espazos naturais destaca os LIC-ZPVN do “Complexo húmido de Corrubedo”, na metade meridional, tamén incluído no catálogo do Convenio Ramsar e no inventario de humidais de Galicia, e do “Esteiro do Tambre” co que limita o Concello polo norte. Ambos espazos están incluídos na Rede Natura 2000 (Decreto 72/2004, de 2 de abril). Ademais destes espazos protexidos en réxime xeral, existen outros identificados por outras normativas ou catálogos. Móstrase a continuación unha relación das referencias máis importantes sobre espazos singulares de valor natural:

Catálogo Código Denominación do espazo LEI DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA E DIRECTIVA HÁBITATS (ZEPVN-LIC)

ES 1110003Fragas do Eume Pontedeume presenta 178 Ha das 9.126 Ha do espazo protexido.

Catálogo do Inventario dos Humidais de Galicia

1110041 Ría de Ares

A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que se ve acentuada por saldos migratorio e vexetativo negativos, a pesar de que o saldo migratorio se veu recuperando nos últimos anos(+10 e +11 nos anos 2011 e 2012 segundo o IGE) e o saldo vexetativo veuse recuperando nestes dous últimos anos (+10 e +11 nos anos 2011 e 2012 segundo o IGE) .

No tocante á economía, O concello de Pontedeume é o nucleo dunha ampla comarca no que fai as veces de cabeza tractora da economÍa de servizos amais de nucleo cultural e turistico da zona. Nos primeiros anos do século XXI, o concello vai tomando pulo con novos contratos de emprego e polas expectativas de crecemento xeradas polas melloras das

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 3

Page 4: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 4

infraestructuras que comunican a comarca con area de influenza da Coruña e Ferrol, asi como o desenvolvemento de solo industrial na súa área ase como os esforzos por potenciar o sector turistico1 dos municipio e concellos da area. Pontedeume conta cun 61% da sua poboación empregada no sector servizos, sendo a actividade primaria moi residual cun 4%, e con mais presenza e actividade as empreas da construcción cunha porcentaxe do 12% e doblando estas porcentaxes o sector da trasnformación ou secundario pois supón un 23% das activiades do conxunto municipal.

No tocante ao parque de vivendas cómpre destacar a elevada porcentaxe de vivenda secundaria que existe no Concello, destinada fundamentalmente á ocupación turística no período estival.

A principal vía de comunicación é a N-651, Betanzos –Ferrol . Percorre o concello de sur a norte pasando polos núcleos de A Regueiriña, Campolongo, Vilar e Pontedeume ó longo de 5.982 metros, atravesando finalmente a ponte que lle da nome á vila. Adicionalmente a AP-9 Autoestrada do Atlántico que tamén discorre polo Concello sen acceso á mesma.

Os riscos naturais céntranse nas inundacións, sendo puntos de incidencias as zonas adxacentes ós ríos, xa que logo, en Pontedeume, nas zonas baixas do Rego de Covés. Con respecto ó risco de incendio, segundo a Orde de 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base ao risco especial de incendio forestal, o Concello de Pontedeume atópase na súa totalidade dentro da zona de risco medio de incendios forestais.

O Concello atópase entre os Concellos aderidos á Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) para a xestión dos seus residuos.

O Concello de Pontedeume intégrase na Rede galega de Concellos pola sostibilidade, polo que está supeditado á redacción da súa Axenda 21 local.

2.1.Análise dos obxectivos e criterios.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume propón unha serie de obxectivos para a protección ambiental e o desenvolvemento sostible, que están en consonancia coas políticas, directrices e estratexias no marco de referencia ambiental e de Sustentabilidade europeo; así como dos instrumentos de planificación sectorial e as determinacións do documento de referencia.

A proposta de planeamento pretende corrixir as problemáticas ambientais e socioeconómicas detectadas e ordenar o territorio baixo criterios de sustentabilidade e de integración ambiental, propiciando unha mellora da calidade de vida e das oportunidades de desenvolvemento da poboación, con actuacións que potencien a chegada de turistas, que se fomente a creación e desenvolvemento de actividades empresariais, e que se condicione e establezan normas de protección do patrimonio natural, cultural e paisaxístico.

Preséntase un modelo de ordenación que parta primeiramente da súa situación costeira e periférica, situación periférica que tense que tomar como diferenciación territorial e por tanto

1 Pontedeume forma parte do CIT xunto a outros nove concellos da area de influenza.

Page 5: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

como posible factor de tracción positiva, nun territorio litoral cun sobresaínte patrimonio natural e cultural. E así o recollen as DOT que inclúen a Pontedeume dentro da rede de núcleos de identidade do litoral. Segundo os plans sectoriais, tanto o Plan Sectorial Empresarial e o Plan Galego de Acuicultura inciden en Pontedeume, así como outros plans nos sectores turísticos, pesqueiros e enerxéticos. O Plan que se elabora presenta un modelo territorial policéntrico potenciando as áreas urbanas, favorecendo a compacidade dos núcleos, cara evitar o crecemento difuso no concello.

O PXOM establece varios niveis básicos de obxectivos a conseguir, que serían os seguintes:

1. Obxectivos xerais da planificación urbanística. Estes serían os obxectivos xerais

que a lei establece para a actividade urbanística. Dos que se destacan os

seguintes:

o Garantir o dereito a gozar dun medio ambiente acaído para o desenvolvemento da

persoa, así como o deber de utilizar racionalmente e conservar os recursos naturais e a

paisaxe rural e urbana nun marco de desenvolvemento sostible do territorio.

o Facer posible a harmonización dos distintos dereitos sociais, fomentando a

participación, a solidariedade colectiva e a integración, evitando a exclusión ou

discriminación das persoas ou colectivos.

o Facer posible a satisfacción do dereito a dispoñer dunha vivenda digna e aquelada,

regulando a utilización do solo, de acordo co interese xeral para impedir a

especulación.

o Conseguir a harmonización entre os requirimentos e esixencias do desenvolvemento

económico e social coa preservación e mellora do medio ambiente urbano e natural,

asegurando a todos unha digna calidade de vida.

2. Obxectivos xerais do PXOM, aqueles que nacen da análise do concello e da súa

contorna, entre os que poderíamos salientar:

o A procura da maior calidade de vida posible da poboación é un dos obxectivos

prioritarios.

o Preservar os valores tradicionais, os sinais de identidade e a memoria histórica,

fomentando a ordenación e mellora dos núcleos rurais, evitando a degradación e a

perda das construcións tradicionais.

o Procurar ata onde humanamente sexa posible o mantemento da poboación no

territorio, respectando a súa distribución descentralizada e xerárquica.

o Procurar que se manteña a multifuncionalidade e a superposición de usos do solo,

ordenando harmonicamente as novas implantacións e corrixindo as disfuncionalidades

que se aprecien, Impulsando unha política de desenvolvemento territorial que favoreza

unha ocupación equilibrada do territorio.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 5

Page 6: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

o Protección dos recursos e espazos naturais así como do patrimonio historico-artistico,

etnográfico e cultural, potenciando así os recursos turísticos.

o Ofrecer un documento normativo completo e doado de aplicar, así coma un sistema

de xestión urbanística conforme coa capacidade económica e técnica do concello,

utilizando ao máximo os mecanismos legais para a obtención das dotacións públicas e

reparto de cargas e beneficios.

o Ofrecer un documento, que permita ordenar a expansión urbana e posibilite medidas

de dispoñibilidade e abaratamento do solo, axustando o consumo de recursos ás

necesidades de crecemento.

3. Obxectivos específicos das variables ambientais, que proveñen

fundamentalmente das variables e criterios do Documento de Referencia.

4. Criterios específicos ambientais xerais, que se regulan na normativa e na

lexislación xeral e sectorial, que se recollen de seguido:

• Garantir o mantemento dos recursos do solo: agropecuarios, forestais, augas e rÍos,

protección arqueolóxica, etc.., evitando que a presión de uso sobre os recursos supere

a súa capacidade de rexeneración.

• Garantir a protección dos hábitats e ecosistemas acuáticos e terrestres de maior

fraxilidade ou interese, dos espazos da rede galega de espazos protexidos mediante a

protección estrita destes espazos e a súa posta en valor para previr o seu deterioro e

atendendo as mais recentes propostas de ampliación destes espazos (Rede Natura) e

a súa incidencia na ordenación territorial.

• Compatibilizar o planeamento co ciclo natural da auga e racionalizar o seu uso

eficiente, fomentando o seu aforro e reutilización e mellorando a súa calidade

mediante medidas específicas recollidas na Normativa.

• Garantir a protección dos cursos fluviais do concello, mediante un sistema de

saneamento eficaz e sostible, que garanta a depuración das augas, eliminando

tódolos vertidos ás canles existentes no concello.

• Manter unha boa calidade do aire e da atmosfera e evitar, prever e reducir tódalas

formas de contaminación tanto acústica, luminosa como electromagnética e os seus

efectos nocivos para a saúde humana e do medio ambiente mediante medidas

específicas recollidas na Normativa.

• Facilitar a recarga natural do terreo nas novas zonas desenvolvemento urbanístico

mediante medidas específicas recollidas na Normativa e nas fichas do ISAe dos

correspondentes ámbitos de planeamento.

• Fomentar o uso de enerxías limpas e renovables, así como a racionalización do uso

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 6

Page 7: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

destas e das emisións de gases, co fin de reducir o efecto invernadoiro e o cambio

climático mediante medidas específicas recollidas na Normativa.

• Preservar a identidade dos elementos valiosos e singulares que resultan críticos na

percepción do espazo e poñer en valor os recursos paisaxísticos como elemento clave

do atractivo do territorio e do aprecio dos cidadáns polo seu contorno, á vez que se

potencian os recursos turísticos do concello.

• Intentar que tódalas paisaxes teñan o grao máis alto de calidade, e a súa mellora na

totalidade do concello multiplicando e normativizando a protección da paisaxe a

tódolos niveis, mediante un amplo abano de medidas específicas recollidas na

Normativa en función da localización espacial e as dependencias de contorno e de

actividade propia de cada espazo do Concello.

• Protexer as formas do territorio e as preexistencias valiosas de todo tipo e limitar os

cambios sobre a topografía ou nas condicións xeomorfolóxicas do territorio, sobre todo

nas novas actuacións.

5. Criterios específicos ambientais máis detallados, para os que se elaboran

propostas especificas no PXOM para a súa resolución, conformando as súas

principais liñas estratéxicas, que se recollen de seguido:

• Garantir a conservación da biodiversidade, da paisaxe e do patrimonio natural do

municipio, fomentando a conectividade biolóxica e tratando de integrar unha rede

física continuada e conectada coas redes territoriais exteriores e coas de espazos libres

urbanos mediante unha estratexia medioambiental especifica con previsión de

espazos e corredores que garanten esa funcionalidade.

• Garantir o uso eficiente do solo e dos recursos naturais, proposta territorial coherente

para satisfacer as necesidades da poboación coa mínima ocupación do solo posible,

limitando a expansión urbanística a zonas moi concretas do territorio avaliadas

mediante un elaborado sistema de capacidade de acollida adaptado aos usos a

desenvolver (derivados das estritas necesidades futuras).

• Control da ocupación dos espazos sometidos a condicións de risco de orixe natural,

tecnolóxico ou inducido pola actividade humana que se sintetizan e identifican

mediante un mapa de riscos, e o establecemento de medidas concretas para a súa

prevención na Normativa.

• Fomentar a mobilidade sostible mediante a promoción do transporte público e outros

sistemas de transporte alternativo e sustentable que permitan reducir as emisións de

gases, como os roteiros peonís ao longo da rede hídrica dos núcleos principais ou ao

longo do sistema de praias urbanas.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 7

Page 8: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

• Xestionar os residuos de maneira máis eficiente e fomentar a súa recollida selectiva e a

reciclaxe, dispondo os espazos, os recursos e a maquinaria precisos para acadar este

obxectivo, como a consolidación do Punto Limpo, así como o control dos posibles

vertedoiros incontrolados no concello.

• Garantir un sistema de abastecemento de auga eficaz e sostible, por medio do deseño

e dimensionado dunha rede específica e adaptada a partir da racionalización das

ocupacións do solo polos usos e actividades estritamente necesarias derivadas das

necesidades futuras do concello en escenarios realistas.

• Protexer o espazo litoral, evitando a súa ocupación e aínda mellor, a súa liberación de

usos impropios cando sexa posible e viable (equipamentos do fronte litoral).

• Recuperación e mantemento do patrimonio cultural, así como a previsión de

planeamento especial de detalle e protección para os conxuntos e ámbitos singulares

do Concello (Vila histórica) e en especial a potenciación dos diversos BIC (Castelo de

Nogueirosa, Palacio Fortaleza dos Condes de Andrade, Igrexa de San Miguel de

Bréamo, Muralla medieval e Vila de Pontedeume) como elementos culturais mais

singulares.

• Integrar o uso e xestión dos espazos costeiros coa dinámica e desenvolvemento do

concello, definindo o bordo litoral nas zonas urbanas como espazos públicos e

utilizándoo como importante valor natural e como atractivo dun turismo sostible, como

os roteiros ao longo do sistema de praias urbanas, que pechan o sistema urbano ao

litoral.

2.2.A Clasificación do solo no PXOM.

Como resultado das alegacións e dos informes sectoriais, a clasificación do solo para aprobación provisional tradúcese nas superficies que recolle o seguinte cadro:

1: clasificación do solo aprobación provisional

CLASIFICACIÓN DO SOLO SUPERFICIE m2

SOLO URBANO 1.240.764,41

SOLO DE NÚCLEO RURAL TRADICIONAL 1.260.848,28

SOLO DE NÚCLEO RURAL COMÚN 1.427.876,92

SOLO URBANIZABLE DELIMITADO INDUSTRIAL 227.051,66

SOLO URBANIZABLE NON DELIMITADO INDUSTRIAL 140.025,27

SOLO URBANIZABLE NON DELIMITADO RESIDENCIAL. 275.324,75

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN PAISAXÍSTICA 2.581.373,71

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN AGROPECUARIA 5.375.259,89

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN FORESTAL 7.523.815,93

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 8

Page 9: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 9

CLASIFICACIÓN DO SOLO SUPERFICIE m2

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE COSTAS 1.791.905,64

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE INFRAESTRUTURAS. 1.533.985,46

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE AUGAS 2.389.084,54

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE PATRIMONIO. 283.957,20

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE ESPAZOS NATURAIS 1.605.132,88

SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN ORDINARIA 53.184,89

ÁMBITOS DE SUPERPOSICIÓN DE SOLO RÚSTICO 666.220,46

TOTAL DO CONCELLO 28.375.811,90

A superficie de solo urbano aumenta lixeiramente (0,25 %) na aprobación provisional respecto da aprobación inicial, dado o aumento do solo considerado non consolidado. Redúcense considerablemente, pola contra, as superficies dos solos urbanizables, eliminando os delimitados de uso residencial, pasando dunha superficie total aproximada de 1.325.000 metros ata menos da metade (642.000). Os solos de núcleo rural teñen experimentado unha variación sustancial derivada do cambio lexislativo de 2010 co cambio de consideración dos mesmos, aumentando a superficie dos núcleos rurais de carácter tradicional e mermando considerablemente a superficie dos núcleos comúns en relación coas áreas de expansión dos núcleos delimitadas en función da Lei 9/2002 na súa redacción previa á 2010. Todas estas cuestións quedan expostas con maior detalle nos seguintes cadros en que se detallan estas cuestións desagregadas por clase de solo.

Ampliación do solo urbano:

Delimítanse para aprobación provisional 10 ámbitos, na aprobación inicial os ámbitos de solo urbano non consolidado tamén ascendían a 10, aínda que se produciron cambios nas delimitacións. Estes cambios menores obedecen a reaxustes derivados do período de exposición ao público e a resolución das alegacións. Os ámbitos que desaparecen son incluídos no solo urbano consolidado por ter adquirido as condicións necesarias para que así sexan considerados. Os novos xurden da consideración de urbanos por ter a capacidade para elo algúns dos solos urbanizables que se delimitaran no documento de aprobación inicial.

No seguinte cadro reflexamos sintéticamente estas pequenas variacións.

2: Áreas desenvolvemento urbano non consolidado. Comparativa aprobación inicial/aprobación provisional

Aprobación Inicial (2012) Documento para aprobación Provisional (2013) Diferencia AI/AP

Nome Superficie (m²) Superficie (m²) Superficie (m²) UNC-1 15.171 16.637 +1.466 UNC-2 3.811 4.870 +1.059 UNC-3 1.298 Desaparece -1.298 UNC-4 1.813 Desaparece -1.813 UNC-5 6.243 Desaparece -6.243 UNC-6 5.395 5.395 0 UNC-7 6.347 Desaparece -6.347 UNC-8 13.056 13.087 +31 UNC-9 8.647 Desaparece -8.647

Page 10: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 10

Aprobación Inicial (2012) Documento para aprobación Provisional (2013) Diferencia AI/AP

UNC-10 12.403 19.752 +7.349 UNC-11 18.193 +18.193 UNC-12 28.882 +28.882 UNC-13 8.274 +8.274 UNC-14 33.242 +33.242 UNC-15 5.523 +5.523

74.184 153.855 +79.671

Ampliación dos núcleos rurais:

O Plan delimita 56 núcleos rurais no concello de Pontedeume, dos cales tres (San Cosme, A Torre e A Mediña) son de nova delimitación para a fase da Aprobación Provisional logo das modificacións legais consecuencia da entrada en vigor entre a aprobación inicial e provisional da Lei 2/2010 de 25 de marzo. En xeral a maioría dos núcleos presentan variacións relativas a dito cambio normativo.

En total, o Plan delimita unha superficie de 271,40 Ha de núcleo rural que se divide en 127,18 Ha. en núcleo Histórico – tradicional e 144,22 en núcleo común.

Esta acción permite o crecemento dos núcleos, dun xeito ordenado, seguindo o viario preexistente, completando os espazos baleiros cumprindo sempre cos criterios da LOUGA (máxime os derivados da consolidación).

APROBACIÓN INICIAL APROBACIÓN PROVISIONAL

BOEBRE (SANTIAGO) NÚCLEO TRADICIONAL (m2)

AREA DE EXPANSIÓN (m2)

NÚCLEO HISTÓRICO- TRADICIONAL (m2)

NÚCLEO COMÚN (m2)

CURIO 41.444,69 91.826,98 41.523,60 39.110,17 O PILLEIRO 10.785,31 45.463,66 10.785,31 32.803,68

BELO 31.724,00 64.290,23 28.876,28 37.269,93

PARGA 16.331,22 10.679,57 10.874,17 - XABROAL 26.733,98 2.011,03 26.707,56

O SISTO 32.516,27 30.588,65 42.562,27 29.163,72

CENTROÑA (SANTA MARÍA) NÚCLEO

TRADICIONAL (m2) AREA DE

EXPANSIÓN (m2)NÚCLEO HISTÓRICO-

TRADICIONAL (m2) NÚCLEO

COMÚN (m2)

VENTOSA 27.108,89 31.410,66 27.922,49 3.330,23 VIZÚS 11.122,40 46.796,43 9.115,39 61.791,95

CASTRELO 38.258,36 76.042,30 38.252,94 45.440,20

O PORTIÑO 13.657,92 - 11.347,72 - ALLÓN 24.277,68 90.099,30 31.553,36 44.889,68

BREAMO (SAN MIGUEL) NÚCLEO TRADICIONAL (m2)

AREA DE EXPANSIÓN (m2)

NÚCLEO HISTÓRICO- TRADICIONAL (m2)

NÚCLEO COMÚN (m2)

CERMUZO 10.242,70 14.392,87 11.563,35 -

AS PEDRIDAS 22.578,58 70.962,59 26.021,61 68.671,91 VISTA ALEGRE 4.312,77 18.334,81 4.770,09 9.518,88

VILAR (SAN PEDRO) NÚCLEO TRADICIONAL (m2)

AREA DE EXPANSIÓN (m2)

NÚCLEO HISTÓRICO- TRADICIONAL (m2)

NÚCLEO COMÚN (m2)

AR 15.126,24 44.226,77 15.126,24

CORNIDE 22.137,47 28.964,98 19.376,30 9.550,41

Page 11: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 11

APROBACIÓN INICIAL APROBACIÓN PROVISIONAL

ANDRADE (SAN MARTIÑO) NÚCLEO

TRADICIONAL (m2) AREA DE

EXPANSIÓN (m2)NÚCLEO HISTÓRICO-

TRADICIONAL (m2) NÚCLEO

COMÚN (m2)

OS CASTROS 21.111,38 52.102,02 24.029,86 18.223,49

A REGUEIRA 28.749,71 65.190,22 71.270,72 12.709,45

VALDEVIÑATOS 27.689,06 46.241,92 30.203,99 11.282,03

OS LOUREIROS 43.986,94 145.654,84 46.146,66 100.833,90

COVÉS 12.843,28 - 12.846,82 -

PAZOS 12.852,26 43.178,07 21.199,27 -

O BARREIRO 21.371,72 39.583,02 23.003,91 -

OGROBE 37.096,31 62.789,02 37.263,42 59.321,08

A CAMPANILLA 22.720,37 50.957,82 20.390,65 54.558,55

NOGUEIROSA (SAN COSME) NÚCLEO

TRADICIONAL (m2) AREA DE

EXPANSIÓN (m2)NÚCLEO HISTÓRICO-

TRADICIONAL (m2) NÚCLEO

COMÚN (m2)

A VIÑA 4.632,47 8.801,62 9.866,29 -

O BARRAL 14.862,54 31.886,98 21.221,78 -

O SILVAR 24.213,04 110.289,47 24.229,10 25.843,35

FIGUEIRIDO 16.105,08 40.265,08 13.972,42 49.469,48

CABRÍA VELLA 8.378,29 20.453,46 18.909,42 20.453,46

A GRAÑA 16.607,29 9.909,27 15.993,66 -

O LOURIDO 5.011,57 30.127,88 5.009,85 8.911,24

GOIVE DE ARRIBA 26.350,48 15.899,61 26.345,54 -

CAMPO DE COSME 23.788,41 13.108,56 25.657,55 9.293,30

ESTEIRO 23.729,56 40.550,26 28.666,11 52.826,32

A CRUZ DO CABILDO 29.634,85 184.764,84 38.944,81 151.279,66

SAN CIBRAO 10.517,92 48.165,31 10.512,41 106.660,56

O CASTRO 44.581,97 84.022,52 40.735,80 109.655,47

AS PONTELLAS 2.017,83 28.271,53 1.936,62 93.156,02

SAN COSME - - 15.776,73

A TORRE - - 6.012,81

OMBRE (SANTA MARÍA) NÚCLEO

TRADICIONAL (m2) AREA DE

EXPANSIÓN (m2)NÚCLEO HISTÓRICO-

TRADICIONAL (m2) NÚCLEO

COMÚN (m2)

ALLEGUE 16.081,50 58.845,70 16.083,53 4.243,83

A VEIGA 30.263,44 52.498,19 45.116,94 -

GUNTURIZ 12.652,95 44.672,33 12.654,01 -

A REGUEIRA 10.194,48 73.456,69 10.194,48 23.920,25

VILAMOIRE 15.823,54 40.419,75 15.819,08 -

A ORELA 17.543,93 20.381,54 25.813,27 -

RIOLONGO 37.374,78 42.174,88 34.282,30 29.339,15

BUFARDA 6.227,63 1.969,24 6.205,20 -

OUTEIRO 11.123,52 9.173,94 11.224,87 -

PORTELA 14.671,34 46.070,63 15.047,53 41.269,51

BOUZA LONGA 14.465,30 5.899,35 16.932,91 -

A REGA 9.024,39 - 11.556,15 -

CHAO DE OMBRE 55.253,83 50.656,41 62.395,08 12.591,73

CABRIA NOVA 52.123,42 114.947,21 52.899,01 14.277,13

A MEDIÑA - - 10.826,78 24.926,56

Novos asentamentos:

Solos urbanizables programados residenciais. Na aprobación inicial aparecían 4 solos urbanizables delimitados residenciais 75.997,20 m2, que foron eliminados dous deles pola súa 

Page 12: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

incompatibilidade co Plan de Ordenación do Litoral e dous porque se comprobou a súa pertencia ó Solo Urbano (Non Consolidado).

Os solo urbanizables delimitados de carácter industrial, se manteñen do mesmo xeito que na aprobación inicial, cun reaxuste na delimitación do URDI-2.

Adicionalmente mantéñense dúas bolsas de solo urbanizable non consolidado, unha de carácter residencial e outra de carácter industrial (de menor tamaño que a inicialmente prevista), que xa figuraban na documentación do plan aprobado inicialmente, tendo eliminado unha terceira de solo urbanizable non delimitado de uso industrial.

3: Comparativas Urbanizables -aprobación inicial /aprobación provisional-

Aprobación Inicial Documento para aprobación provisional (2013)

variación superficie (AI/AP)

URBANIZABLE URBANIZABLE

Nome Superficie (m²) Superficie (m²) Superficie (m²) URDR-1 VER 25.580,10 - - 25.580,10 URDR-2 VISTA ALEGRE 12.235,00 - - 12.235,00 URDR-3 EMPEDRADO 30.833,00 - - 30.833,00 URDR-4 N-VI 7.349,10 - - 7.349,10 URDI-1 EINSA 124.283,62 124.283,62 0 URDI-2 LECHE CELTA 176.956,00 102.766,96 -74.189,04

URNDR-1 CHAPIZOS 138.139,00 140.025,14 +1.886,14 URNDI-1 VIDREIRO 1 460.599,00 275.324,75 -185.274,25 URNDI-2 VIDREIRO 2 338.471,00 - - 338.471,00

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 12

Page 13: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

3.ANÁLISE DO PROCESO DE AVALIACIÓN.

3.1. Tramitación do procedemento ambiental.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume sométese ao procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) conforme ao establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, lei que incorpora a Directiva 2001/42/CE que establece e regula o proceso de AAE, e en cumprimento do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Así pois a cronoloxía dos documentos elaborados ata o momento para dar cumprimento a este trámite é a seguinte:

1. O Concello de Pontedeume como órgano promotor remite a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o documento de inicio para dar comezo o procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica. Nese senso, con data 3 de Setembro de 2007 e número de rexistro 20950, recíbese na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible comunicación de inicio do procedemento de elaboración do PXOM, xunto cun documento inicial no que se recollen de xeito resumido os principais obxectivos e características do concello e do futuro PXOM.

2. Seguidamente, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible (DXDS), como órgano ambiental do procedemento de AAE, facilitou ó Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (COGAMADS) e ó público en xeral, a través da dirección web: http://aae.medioambiente.xunta.es, o acceso ao Documento de Inicio para o seu exame . O órgano ambiental consultou, segundo o establecido no artigo 19 da lei 9/2006, aos órganos das Administracións Públicas afectadas e público interesado co obxecto de determinar o alcance e nivel de detalle do Informe de Sustentabilidade Ambiental.

3. O resultado da fase de consultas preliminar foi unha única resposta do Organismo Autónomo de Augas de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

4. En base a esta documentación, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en data de 06/02/2008 emite o Documento de referencia que serve de base para a redacción do Informe de Sostibilidade Ambiental, establecendo as pautas que se deberán seguir para as especificacións ambientais do proxecto de PXOM.

5. Seguindo as determinacións do Documento de Referencia, elaborouse o Informe de Sustentabilidade Ambiental que se incorporou ao PXOM na fase de aprobación inicial. O pleno municipal do Concello de Pontedeume, aprobou inicialmente o PXOM co Informe de Sustentabilidade Ambiental con data 19/11/2009. O anuncio da aprobación inicial do PXOM e do trámite de información pública publicouse no DOG nº 234, do 30 de novembro de 2009 e nos dous xornais de maior difusión da provincia, abre o trámite de información pública do PXOM e do ISA durante o prazo de tres meses.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 13

Page 14: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

6. Trala participación pública e consultas como resultado da posta a disposición das Administracións Públicas afectadas e do público interesado do PXOM e do ISA, o documento do Plan modifícase para integrar os resultados do proceso de participación pública e consultas, e en consecuencia o documento do PXOM para aprobación provisional presenta variacións, tanto nos textos como nos planos, sobre o documento que foi a aprobación inicial. E por, tanto o ISA que foi a aprobación inicial, presenta os datos e avalía o Plan previo á fase de consultas.

Nesta proposta de memoria ambiental introducimos as modificacións e a integración dos resultados do proceso de participación pública; así como as medidas preventivas e as medidas particulares -no caso de ser necesarias- que teñan que incorporarse en consecuencia dos cambios producidos no Plan dende a aprobación inicial ata a aprobación provisional.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 14

Page 15: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

4.ANÁLISE DO INFORME DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL (ISA) E DA SÚA ADECUACIÓN

AO PLAN.

Seguindo a estrutura dos informes que a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental adoita emitir a respecto da documentación dos ISA dos PXOM, co obxecto de avaliar o grao de adecuación da estrutura e contido deses ISA, procederemos a xustificar no presente apartado esa mesma adecuación do ISA do PXOM do Concello de Pontedeume a respecto do establecido no DR, en consonancia co anexo 1 da Lei 9/2006.

Avaliada a estrutura, contido e nivel de detalle do ISA presentado, de acordo coas determinacións do apartado 7 do DR, fanse as observacións que figuran a continuación.

a. Estrutura

En xeral, a estrutura exposta no ISA axústase á definida no apartado 7 do DR. O ISA inclúe a maiores dos apartados: o apartado 1, no que se expoñen unhas consideracións introdutorias á Avaliación ambiental estratéxica (ME) e ao procedemento da tramitación do PXOM do Concello; e o apartado 11. no que se aportan unhas conclusións á AAE.

b. Contido

Algúns apartados son necesariamente sintéticos, sendo necesario (en caso de precisar mais información) a súa consulta no propio documento do Plan. Se ben parte da información contida no ISA pode corresponderse con datos analizados en máis detalle noutras partes do plan, este conten unha síntese dela, de xeito que a lectura única deste documento ofrece unha idea xeral da proposta e da súa incidencia no medio.

O ISA constitue un documento individualizado do plan, coa información mínima necesaria que permite coñecer a incidencia do planeamento sobre o territorio.

En relación á determinación do ámbito de influencia do planeamento.

Constitúe o epígrafe 2 do ISA. Fixa o ámbito de influencia do PXOM nos propios limites administrativos do Concello. Para as variables de sustentabilidade limita a área de influencia a dous niveis: un administrativo, no que o limite será comarcal; e un xeográfico, para o cal a área de influencia virá debuxada pola serra do Barbanza, as Rías Baixas e a de Muros-Noia.

En relación á análise obxectiva da contorna.

O contido deste epígrafe desenvólvese no apartado 2 do ISA. Informa dos elementos físicos e naturais do medio, do patrimonio cultural, das características socioeconómicas, da paisaxe e das infraestruturas e servizos. Identifica tamén os elementos estratéxicos do territorio e os plans e programas relacionados co PXOM.

O estudo da paisaxe, desenvolvido no apartado 2.6., identifica correctamente as unidades da paisaxe do Concello, apoiándose nas definidas polo POL. Tamén se avalía a fraxilidade da paisaxe no territorio, e se detallaron as cuncas visuais dende os principais fitos ou puntos singulares de observación existentes no ámbito.Sobre os plans e programas con interacción co Plan, estes aparecen recollidos no apartado 2.7. Identifícanse aqueles plans e/ou programas de

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 15

Page 16: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

rango superior relacionados co Plan, tanto a nivel territorial como sectorial, indicando o seu estado de tramitación para aquelas que non están completamente en vigor.

A zonificación do planeamento vixente dos Concellos limítrofes recollese graficamente no anexo de planos de Información do PXOM, onde se presentan planos xerais de dita zonificación en contacto cos limites municipais deste concello, en relación coa regulación que a este respecto se contén nas respectivas Normativas dos plans vixentes.

Para a zonificación acústica, no anexo de planos do ISA se presenta un plano xeral de dita zonificación, en relación coa regulación que a este respecto se contén na Normativa do PXOM.

A identificación dos elementos estratéxicos do territorio -apartado 2.8.- realizase en función de todas as variables de sustentabilidade.

En relación á definición de obxectivos:

No apartado 3, o ISA recolle unha serie de obxectivos xerais e ambientais específicos. Os obxectivos xerais establécense a tres niveis: os que a lei establece para a actividade urbanística, aqueles que nacen da análise do Concello e da súa contorna e uns ambientais que se corresponden cos criterios de sustentabilidade establecidos no DR.

A este respecto os obxectivos téñense estruturado e completado para atender mellor á problemática detectada e ás actuacións do Plan.

En relación á análise das alternativas:

O documento analiza (apartado 4) tres alternativas de planeamento: a alternativa "0" ou de non desenvolvemento do Plan xeral, así como as alternativas unha e dúas. O documento sinala que a alternativa cero levaría asociada a imposibilidade de ordenar os usos e actividades con criterios de sustentabilidade.

O ISA conta con diferentes apartados para a cuantificación e avaliación de alternativas a respecto das súas respectivas propostas de ordenación, comparando moito mais detalladamente as alternativas 1 e 2 (dado que non dispoñemos dos datos detallados suficientes da alternativa 0 para estender esa comparativa pormiudada a este nivel tan detallado), confrontándoas nunha táboa e analizándoas para cada unhas das variables de sustentabiiidade recollidas no DR.

A continuación realizase a avaliación das tres alternativas ("0", "1" e "2") mediante unha matriz na que se valora cuantitativamente -de cero a cinco- a integración de cada alternativa para cada un dos obxectivos ambientais, resultando a alternativa "2" a mellor valorada. En relación á identificación e caracterización dos efectos sobre o medio:

Este punto, desenvolvido no apartado 5, realiza unha valoración dos efectos do planeamento, tanto positivos como negativos. Para acadalo comeza identificando aquelas accións do Plan capaces de xerar algún efecto. As accións recollidas están relacionadas coas diferentes categorías de solo propostas: delimitación de solo urbano consolidado, delimitación de solo urbano non consolidado, delimitación de solo de núcleo rural, delimitación de solo urbanizable delimitado, delimitación de solo rústico, sistema xeral e local de zonas verdes e espazos libres, sistema xeral e local de equipamentos, sistema de comunicacións e sistema de servizos.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 16

Page 17: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

No punto 5.2., identifica os efectos positivos e negativos para cada unha das variables de sustentabilidade descritas no DR e detállase a metodoloxía empregada, a cal segue as técnicas de avaliación ambiental e valora adecuadamente os efectos.O documento -apartado 5.3.- analiza os efectos ambientais dos sectores urbanizables, achégando as fichas dos urbanizables nas que se valora a súa incidencia ambiental por variables e se fai unha valoración territorial do ámbito.

A modo de síntese, apórtanse varios cadros resume (apartado 5.4)., entre eles o que analiza que accións xerarán algún impacto, tanto positivo como negativo, para cada unha das variables de sustentabilidade. Unha vez identificados os efectos valóranse así mesmo as características de cada efecto segundo o sinalado no Anexo I da Lei 9/2006, establecendo tres tramos de valor (inferior, medio e superior) que se van a codificar mediante letras e cores para visualizalos mellor e poder analizar mellor a súa posible incidencia (en función de que o seu efecto sexa favorable ou desfavorable), e as posibles variables e circunstancias de cada un dos efectos cos seus atributos, e elaborase unha táboa matriz, mediante un método de valoración cualitativo que representa agrupadas por cada variable as repercusións de cada un dos posibles efectos que poden acontecer da aplicación do PXOM.

En relación ao deseño de medidas:

No apartado 6, o ISA establece unha serie de medidas encamiñadas a prever, potenciar, compensar ou corrixir aqueles efectos que a aplicación do PXOM terá sobre as variables do medio.

Ademais, no apartado 5.3., o ISA incorpora unhas fichas sobre os sectores urbanizables que conteñen unha serie de medidas particulares relativas a hidroloxía, a topografía e a paisaxe.

As medidas se propoñen tendo en consideración a natureza dos efectos ambientais da alternativa seleccionada sobre as variables de sustentabilidade e sobre os aspectos clave, son especificas do Plan e se integran no planeamento mediante a súa incorporación na normativa a modo de ordenanzas destinadas á protección do medio.

A este respecto o deseño de medidas tense reestruturado e completado, segundo o seu ámbito de incidencia:

• Medidas xenéricas: Son aquelas deseñadas para a redución dos impactos xerados pola aplicación do ordenamento xeral e que se recollerán principalmente na normativa de planeamento. Dentro destas medidas distínguense dous tipos:

1. Medidas de protección vectorial encamiñadas a protexer os distintos vectores medioambientais (atmosfera, relevo e solos, hidroloxía, vexetación, fauna, paisaxe).

2. Medidas horizontais ou transversais que abordan cuestións xerais da sostibilidade que afectan a distintas variables ou vectores.

• Medidas particulares: medidas de aplicación en determinadas actuacións ou ámbitos delimitados ou acotados, e que se redactan e aplican concretamente para eses propios ámbitos, por tanto van recollidas nas fichas de cada actuación ou ámbito.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 17

Page 18: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Ademais, para clarificar e confirmar a aplicación normativa das medidas, descríbense e sintetízanse nunha táboa resume as medidas principais vinculadas a variable e ao efecto respectivo (codificados numericamente segundo a clave de táboas anteriores onde se detallaban os efectos) e aos artigos normativos correspondentes tendo en consideración a natureza dos efectos estratéxicos da alternativa seleccionada sobre as variables de sustentabilidade, asegurando así o desenvolvemento das accións do plan, en condicións de sustentabilidade e calidade ambiental, concentrándose as medidas tomadas nos citados efectos negativos para previlos, corrixilos ou compensalos.

En relación ao plan de seguimento:

O plan de seguimento, descrito no apartado 7, incorpora os indicadores que figuran no DR.

En relación ao informe sobre a viabilidade económica da alternativa seleccionada:

O ISA presenta un estudo da viabilidade de asignación do custo do PXOM ás distintas administracións. Indica que, tendo en conta as características do Concello e as súas capacidades investidoras, o custo ao que deberá facer fronte o Concello será perfectamente asumible á vez que razoable.

En relación á análise de coherencia:

No apartado 9 do ISA analízase a coherencia dos obxectivos.

Para a realización da análise de coherencia dos obxectivos establecidos seguíronse diversos métodos analíticos e demostrativos, a partir de cadros e matrices de cruzamento.

• En primeiro lugar, abordase a análise xeral de coherencia entre a alternativa seleccionada (as accións de dita alternativa), e por outro as variables xerais de sustentabilidade establecidos para este proxecto en base ao documento de DR.

• En segundo lugar, abordase a análise de coherencia entre a alternativa seleccionada (as accións de dita alternativa), e por outro os obxectivos de sustentabilidade establecidos dentro de cada variable para este proxecto en base ao documento de DR.

• En terceiro lugar establécese a matriz de coherencia entre os elementos estratéxicos obtidos na análise obxectiva da contorna e os obxectivos establecidos.

Para realizar estas análises emprega dúas matrices de dobre entrada, nunha indícanse nas filas os obxectivos medioambientais do PXOM (que derivan dos criterios e variables do documento de referencia) e nas columnas as accións, na outra indícanse igualmente os obxectivos medioambientais do PXOM nas filas, mentres que nas columnas sitúa os elementos estratéxicos. Para as interaccións producidas establece os seguintes graos de compatibilidade: sinerxía, totalmente compatible, xeralmente compatible, parcialmente compatible (con zonificación ou subordinación), conflitiva e incompatible.

As análises da coherencia realizadas son as relativas á coherencia interna, que sirve para coñecer en que medida o Plan define os obxectivos e prioridades de carácter ambiental e se estes son coherentes co diagnostico realizado. Por outra banda, analizase a coherencia

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 18

Page 19: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

externa do Plan, para avaliar así o grao de compatibilidade entre o Plan e os instrumentos de rango superior, con caracter xeral.

Ademais, dado que neste eido as DOT e o POL, constitúen o marco de referencia, realizase un estudio individualizado para cada un destes instrtumentos nun extenso e completo anexo do PXOM, a través do instrumento da análise ACE proposta nas DOT, que inclúe os seguintes apartados:

- Consideración dos aspectos clave para a sustentabilidade, xustificando cómo foron considerados os efectos do plan sobre os aspectos clave.

- Proceso de decisión, analizando a bondade e calidade do proceso de decisión a través do que se deseña o planeamento.

- Relación cos elementos territoriais estratéxicos de Galicia, avaliando a relación do plan cos elementos estratéxicos identificados na análise obxectiva da contorna realizada nas DOT.

En relación ao resumo non técnico:

O resumo non técnico elaborado no apartado 10 axústase ao requirido no DR.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 19

Page 20: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

5.AVALIACIÓN DO RESULTADO DA FASE DE CONSULTAS.

5.1. Análise do procedemento de participación pública e consultas.

Dende que se inicia a redacción do PXOM de Pontedeume, o documento foi adaptándose aos diferentes cambios de normativa en materia de solo e as consideracións e determinacións das Administracións consultadas, ás consideracións e determinacións do órgano substantivo da Xunta de Galicia, e aos resultados da exposición pública. Polo tanto, o documento do PXOM que xunto co Informe de Sustentabilidade Ambiental sométese ao trámite de exposición pública é xa un documento moi elaborado.

Os informes e alegacións recollidas durante a fase de información pública determinan a introdución de modificacións no documento do PXOM elaborado para a súa aprobación provisional.

5.2.Exposición pública e tramitación da aprobación inicial.

Unha vez rematados os traballos desta fase, o Equipo fixo entrega no Concello da documentación integrante do documento definitivo para Aprobación Inicial, que foi aprobado polo Concello en pleno do día 19/11/2009 e sometido á exposición pública.

A publicación deste acordo e do período de exposición pública foi realizada no Diario Oficial de Galicia Nº234 do día 30/novembro/2009 e nos periódicos La Voz de Galicia e La Opinión do día 1/decembro/2009.

A exposición ao público propiamente dita, realizouse dende o día 2 de decembro de 2009 ata o 2 de marzo de 2010, no Centro de Formación e Emprego (Foremdes).

A atención ao público para a realización das consultas pertinentes, foi atendida durante este período (e aínda despois) polos membros da Oficina Técnica do concello e un día á semana por parte de membros do Equipo Redactor, nese mesmo lugar.

5.3.Análise dos resultados da participación pública dos alegantes privados ou asociacións

privadas e integración dos resultados.

Imos a facer unha análise das alegacións presentadas, para estudar convenientemente o alcance do que se solicita, e do nivel de aceptación que a xuízo do equipo redactor, se podía acadar na presente entrega da documentación.

A participación pública no proceso de aprobación inicial foi salientable, e tense traducido a cantidade proporcional de 615 alegacións

Procedeuse a unha análise polo miúdo respecto das alegacións presentadas, para estudar convenientemente o alcance do que se solicita e a posibilidade de aceptar ou non as propostas formuladas. A metodoloxía adoptada para ter controladas as alegacións e as modificacións sobre o PXOM que se puidesen derivar, consistiu no traslado a unha base de datos con reflexo espacial de cada unha das cuestións plantexadas e o seu posterior tratamento clasificando cada unha destas cuestións como se indica no seguinte parágrafo.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 20

Page 21: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

En xeral a maioría das alegacións refiren a cambios na clasificación do solo para incluír parcelas colindantes cos núcleos urbanos e rurais. Outras refiren á consideración como Solo Rústico de Especial Protección, de Costas e Paisaxística na parroquia de Boebre, e das augas nas bandas de protección dos ríos, regos e regatos. Tamén se recollen un bo número de reclamacións pola grafía da Linea do Deslinde Marítimo-Terrestre. Tamén hai alegacións de carácter administrativo como as referidas aos límites municipais ou culturais tanto daquelas que cuestionan os elementos de catálogo incluídos no novo plan ou de carácter cartográfico xa que se detectaron algúns erros da cartografía do plan para ser subsanados.

Por último tódalas alegacións foron valoradas polo equipo redactor, atendendo ao seguinte criterio:

1.-Estimadas, todas aquelas alegacións que teñen posibilidade de ser incorporadas ao plan.

2.-Desestimadas, todas aquelas alegacións que teñen difícil ou imposible a súa incorporación ao plan.

3.-Estimadas parcialmente, todas aquelas alegacións que só parte do exposto ten a posibilidade de ser incorporado ao plan.

4.- Irresolubles, aquelas que non puideron ser localizadas ou as que se refiren a temas que non son competencia ou potestade do PXOM.

No seguinte cadro resúmese a valoración feita polo equipo redactor das alegacións recibidas no concello de Pontedeume da que se deriva a integración dos resultados derivados da súa toma en consideración no PXOM:

TOTAL CONCELLO Irresolubles

Non Estimadas

Estimadas Parcialmente

Estimadas Totais

ALEGACIÓNS 10 385 58 162 615 % 1,63% 62,60% 9,43% 26,34% 100,00%

Ademais presentáronse 35 alegacións fora de prazo.

5.4.Análise dos resultados da participación pública das administracións públicas e integración

dos resultados.

Dos informes requiridos ás distintas administracións públicas recibíronse os que se recollen no seguinte cadro resume. Estes informes presentan condicións e indicacións que conlevaron variacións nas determinacións dos documentos do PXOM, e se acadaron finalmente informes favorables naqueles casos en que os informes iniciais eran desfavorables.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 21

Page 22: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

4: Informes recibidos

EMISOR Data remisión PXOM e solicitude Informe polo

Concello

Data emisión 1º Informe pola Administración

respectiva Data emisión Informe

final favorable

CONCELLOS LIMÍTROFES (Cabanas, Miño, Monfero, Vilamaior) 9/decembro/ 2009 ---- ----

DEPUTACIÓN DA CORUÑA 9/decembro/ 2009 25/febreiro/ 2010 25/febreiro/ 2010 XUNTA Consellería de MATI- S. X. Ordenación Territorio e Urbanismo- Costas de Galicia 9/decembro/ 2009 22/ xullo/ 2011 25/febreiro/ 2013

Consellería de Medio Ambiente- Augas de Galicia 9/decembro/ 2009 3/ xuño/ 2010 3/ xuño/ 2010 Consellería de MATI – D.X. de Sostibilidade e Paisaxe 20/ outubro/ 2011 20/ outubro/ 2011 Consellería de MATI- D.X. de Conservación da Natureza 9/decembro/ 2009 19/ xullo/ 2011 19/ xullo/ 2011

Consellería de MATI- S.X. de Calidade e Avaliación Ambiental 9/decembro/ 2009 28 /xaneiro/ 2010 -----

Consellería de MATI – Instituto Galego de Vivenda e Solo 9/decembro/ 2009 12/ xaneiro/ 2010 DERROGADO

Consellería de MATI – D.X. de Infraestructuras 9/decembro/ 2009 3/ maio/ 2010 18 /abril /2013 Consellería de Cultura- D.X. Patrimonio Cultural 9/decembro/ 2009 26/ maio/ 2011 4/xullo/ 2013 Consellería de Medio Rural e do Mar - Ente Pº Portos de Galicia 9/decembro/ 2009 31/ maio/ 2011 10/Maio/2013

Consellería de Medio Rural e do Mar – S.X. Medio Rural e Montes 9/decembro/ 2009 18/ febreiro/ 2010 4/ marzo/2013

Consellería de Medio Rural e do Mar - Bantegal 9/decembro/ 2009 18 /agosto/ 2011 ----- GOBIERNO DE ESPAÑA Delegación do Goberno- Area de Industria e Enerxía 9/decembro/ 2009 22/abril /2010 ---------- Delegación de Economía e Industria- Rexistro Mineiro 7/ xuño/2011 16/febreiro/2010 16/febreiro/2010 Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información. 4/decembro/ 2009 11/ xaneiro/2010 11/ xaneiro/2010

Ministerio de Agricultura- D.X. Sostenibilidade- Demarcación de Costas de Galicia 4/decembro/ 2009 22/ xaneiro/ 2010 22/xaneiro/ 2013

Ministerio de Fomento- D.X. de Carreteras 4/decembro/ 2009 15/novembro/ 2010 1 /xullo/ 2013 Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) 27/ xaneiro/2010 9 /febreiro / 2010 9/ febreiro/ 2010 Ministerio de Fomento- S.X. Infraestruturas- Ferrocarriles 4/decembro/ 2009 23/decembro/ 2009 23/ decembro/ 2009

Ministerio de Fomento- D.G. Aviación Civil 4/decembro/ 2009 29/marzo/ 2011 26/ outubro/ 2011 Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Dirección General de Telecomunicaciones 4/decembro/ 2009 13/ xaneiro/2010 13/xaneiro/2010

No seguinte cadro resúmese a valoración feita polo equipo redactor dos informes recibidos das distintas administracións públicas no concello de Pontedeume da que se deriva a integración dos resultados derivados da súa toma en consideración no PXOM:

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 22

Page 23: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

Ordenación

- Revísase a liña de deslinde do Dominio Público Marítimo-Terrestre e a súa servidume de protección, incluíndose a liña de Ribeira do Mar.

- Reubícase a estación de bombeo e colector, evitando a ocupación do dominio público en cumprimento do artigo 44.6 da Lei de Costas.

- Con respecto ós Solos Urbanizables Delimitados na zona de influencia, estes cumpren co previsto no Artigo 30 da Lei de Costas, pois a edificabilidade media do solo urbanizable de todo o concello é de 0,3746 m²c/m²s

Ministerio de Medio Ambiente,

Medio Rural y Marino.

Dirección General de

Dominio Público Marítimo-Terrestre

22-01-2010

Normativa

- Faise constar expresamente a necesidade de cumprimento da Lei de Costas para calquera tipo de solo, independentemente da súa clasificación no seu artigo 3.3.11. Condicións de edificación e uso na zona do dominio publico marítimo e na zona de protección.

- Na Normativa faise indicación expresa (no punto 6 do seu artigo 3.3.11. Condicións de edificación e uso na zona do dominio publico marítimo e na zona de protección) de que as obras e instalacións en DPMT e Zona de Servidume de Protección estarán ao establecido na DT 4ª da Lei de Costa

Con respecto á N-651

- Revísase a liña límite de edificación aplicando a prevista nas NNSS de planeamento de Pontedeume, segundo a grafía do documento de aprobación inicial do PXOM de 2003.

- Fora dos tramos urbanos representáronse as servidumes como Solo Rústico de Protección de Infraestruturas.

Con respecto á AP-9

- Grafítase a liña límite de edificación a 50 m medidos horizontalmente desde a aresta exterior da calzada e tendo en conta o artigo 86 do Regulamento Xeral de Carreteras.

- Indícanse as delimitacións das zonas de protección da AP-9, incluíndo a zona de dominio público, a zona de servidume e a liña límite de edificación.

- Se elimina calquera previsión ou referencia a novos accesos á mesma (en concreto o que se grafitaba á altura do polígono de Vidreiro).

Ministerio de Fomento. Dirección

General de Carreteras.

15-11-2010

Con respecto á Normativa

- A execución de obras nas zonas de protección das estradas estatais deberán ser obxecto de solicitude individual e tramitación independente en base aos respectivos proxectos de edificación, accesos e/ou urbanización, unha vez superada a tramitación urbanística dos instrumentos urbanísticos de desenvolvemento que en cada caso sexan exixibles.

- Para as novas construcións próximas a estradas do Estado, existentes ou previstas, a necesidade de que, con carácter previo ó outorgamento de licencias de edificación, se leve a cabo os Estudos correspondentes de determinación dos niveis sonoros esperables, así como a obrigatoriedade de establecer limitacións a edificabilidade ou de dispor os medios de protección acústica imprescindibles en caso de superarse os límites recomendados, de acordo co establecido na normativa vixente (Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído, BOE 18.11.2003) e no seu caso, a normativa autonómica.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 23

Page 24: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 24

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

Con respecto á Normativa Urbanística

- Actualízase o réxime establecido para o Solo Rústico de Protección de Costas na normativa (agora é o artigo 8.5), remitindo as condicións xerais a outro artigo xeral que se cita no seguinte apartado.

- Remítese á normativa de costas todo o tocante as diversas zonas e dominios incluídos tanto no Solo Rústico de Protección de Costas, Solo Urbano ,Solo de Núcleo Rural, e ámbitos de equipamentos e zonas verdes de Sistemas Xerais e Locais (na normativa, no artigo 3.3.11. Condicións de edificación e uso na zona do dominio publico marítimo e na zona de protección), corrixindo os erros que se detectaban.

- Faise referencia ó réxime de usos do Plan de Ordenación do Litoral na normativa (no artigo 8.1.1 e no 8.5 especifico de costas).

- Establécense condicións especificas para os terreos dos núcleos urbanos (artigo 6.2.7. Condicións en zonas de protección de costas nos núcleos de poboación) ou rurais (artigo 7.2.4. Condicións específicas para os terreos incluídos nas zonas de protección de costas) incluídos na zona de protección de costas, aplicando con carácter xeral as condicións que establece a ordenanza correspondente, pero con todas as limitacións aplicables da Lei de Costas.

- Establécese que nos sectores ou ámbitos de solo urbanizable situados dentro da zona de influencia de costas, a súa ordenación estará suxeita á lexislación de costas (artigo 9.1. Disposicións xerais).

- Con respecto ós Solos Urbanizables Delimitados na zona de influencia, estes (os Delimitados URD) foron eliminados, e os Non Delimitados quedaron reducidos a un único sector, que cumpre a xustificación prevista no Artigo 30 da Lei de Costas, pois a edificabilidade media do solo urbanizable de todo o concello é de 0,3668 m²c/m²s.

- Indicase expresamente que o réxime establecido para sistemas xerais (aptdo. 4.9) e sistemas locais (aptdo. 4.10) nas zonas de servidume de protección e de dominio público maritimo-terrestre queda suxeito ao cumprimento da Lei de Costas e do seu Regulamento.

Con respecto ós planos de

ordenación

- Se grafitan correctamente as liñas de deslinde, e as de 200 m. e 500 m. dende o límite interior da ribeira do mar.

- Corríxese a delimitación do solo rústico de protección de costas, adaptándoo á liña de 200 m. dende a liña interior da ribeira do mar.

- Créanse ámbitos de combinación de solo rústico de protección de costas coa de augas, patrimonio cultural, infraestruturas e espazos naturais.

- Elimínanse os ámbitos de solo urbanizable que estaban incluídos dentro do ámbito da liña de 200 m. dende a ribeira do mar (URDR-4 Empedrado e URDR-2 Vista Alegre), e o que se situaba parcialmente (URNDR-1 Chapizos) neste ámbito recortase pola citada liña, para non ter que ser remitido á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

- A delimitación dos núcleos rurais refíxose en cumprimento dos criterios e definicións da LOUG na redacción dada pola lei 2/2010.

- Indícase a clase de solo do Porto de Pontedeume, cualificando correctamente o Sistema Xeral Portuario.

- C.6 Doutra banda, procedese a cualificar os terreos do ámbito portuario como Sistema Xeral Portuario a desenvolver mediante Plan Especial, eliminando as cualificacións de equipamentos (SCPX-3, EX-2, DL-6) ou zonas verdes e espazos libres (ZVEX-3 e ZVPX-2).

Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas. Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e

Urbanismo. Informe en materia de

Costas.

22-07-2011

Outros

- Reubícase a estación de bombeo e colector paralelo á costa co fin de evitar a ocupación do DPMT.

- Revisouse o deslinde do Dominio Público Marítimo-Terrestre, adaptándoo ós deslindes oficiais incluíndo todas as liñas reflectidas nestes: ribeira do mar, dominio público marítimo-terrestre e servidume de protección.

Page 25: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 25

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas. Dirección Xeral

de Infraestruturas

3-5-2010 Ordenación

- Grafítanse correctamente tódolos tramos autonómicos. - No Estudo Económico inclúense dúas actuacións viarias, "Vial AC-151 cara ás Fragas do Eume"

e "Meilora da seguridade vial e construción de beirarrúas, tramo Esteiro Parque Natural", pero na versión corrixida do PXOM elimínanse as imputácions á administracións concretas, por tanto xa non se requiren compromisos expresos ao non ter a quen asignalos.

- Eliminouse o novo trazado de enlace entre a AC-151 e as Fragas do Eume. - Introduciuse a clasificación superposta de Solo Rústico de Protección de Augas e Solo Rústico de

Protección de Infraestruturas. - A delimitación dos núcleos rurais refíxose en cumprimento dos criterios e definicións da LOUG na

redacción dada pola lei 2/2010. - En relación co punto 4. SOLO DO NÚCLEO RURAL, faise referencia á vía AC-151 ó seu paso

polos núcleos de Cabría Nova, San Cibrao, Cruz do Cabildo e As Pontellas. Damos por feito que a consideración se fai con respecto ó vial autonómico AC-144. Con respecto á consideración realizada para as areas de expansión dos núcleos hase de ter en conta que dende a redacción do informe entrou en vigor a nova categorización do solo que a Lei 2/2010 de 25 de marzo fixo dos distintos tipos de núcleo rural, eliminando calquera referencia ás areas de expansión dos mesmos polo que entendemos que non procede a prohibición de acceso á estrada autonómica ós núcleos rurais en calquera das súas categorizacións (histórico-tradicionais, comúns ou complexos).

Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas. Dirección Xeral de Sostibilidade

e Paisaxe

20-10-2011

- Evitáronse os desenvolvementos lineais dos núcleos rurais indicados no informe. - Reduciuse a superficie de solo urbanizable industrial en consonancia coa demanda existente. - Inclúese na documentación do Plan o ACE, a Análise de integración supramunicipal, a

Delimitación dos espazos de interese (artigos 15 e 39 do POL) e a Delimitación e regulación do Núcleo de Identidade Litoral de Pontedeume (Art. 69.1 do Pol), a regulación adaptada do Solo Rústico e a Identificación e Cualificación das Praias (Art. 79 a 91 do POL).

- Eliminouse o ámbito UPR-2 (Ver) e incluíronse como zonas verdes de cesión obrigatoria as zonas do SUNC-1 (Pontedeume-Centroña) e SUNC-8 (Ver) que están delimitadas polo POL como areas de protección intermareal e costeira.

- Integráronse tódolos corredores ecolóxicos delimitados polo POL. - Incluíuse o ámbito do Monte Bréamo como Solo Rústico de Protección Paisaxística (Espazos de

Interese do POL). - Incluíuse Pontedeume como Núcleo de Identidade Litoral. - Reconsiderar a unificación lineal de núcleos rurais desconforme coas DOT (3.1.11, 3.1.16) e o

POL (Art. 29). - No Solo Urbano no Consolidado, aténdense ás cuestións demandadas nos solos SUNC-1 ,

SUNC-8 E SUNC-10, tendo eliminado o SUNC-9 - No Solo Urbanizable, aténdense ás cuestións demandadas no solo URNDR-1 Chapizos, tendo

eliminado o URDR-1 e UPR-2 - Praias.O PXOM presta especial atención á ordenación do contorno de praias atendendo ás

cuestión que expresan os artigos 82 e 91 da normativa do POL. Formúlanse solucións de aparcamento nas mesmas.

- Sendas. Faise unha proposta de trazado da la Senda dos Faros que atravesa o Concello de Pontedeume.

- En xeral na documentación: Incorporase a xustificación de conformidade con POL e DOT, en concreto o ACE e represéntanse as áreas continuas e descontinuas do POL en superposición co PXOM, para poder plasmar a regulación de usos nos solos rústicos. (Art. 46-59 del POL).

Page 26: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 26

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

Consellería de Cultura e

Turismo.Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

26-05-2011 No referido ós bens a protexer

- Revisáronse todos os BICs incluídos no termo municipal de Pontedeume: Pazo Fortaleza dos Condes de Andrade; Igrexa de San Miguel de Breamo, pedras heráldicas e escudos, hórreos ou cabazos, Castelo de Nogueirosa e lenzos murais da antiga muralla medieval da vila.

- Incorporáronse ao Catálogo todos os hórreos do termo municipal, aparecendo agora identificados nos planos de ordenación e vinculados a unha ficha de catálogo xenérica: E_045.

- Corrixiuse a referencia legal á vila histórica de Pontedeume que contiña a ficha A_070. - No referido aos elementos recollidos no Catálogo (apdo. 1.2 do Informe), incluíronse todos

aqueles que figuraban no documento da DXPC, agás aqueles que, de acordo cos SSTT da Xefatura territorial da Consellería de Cultura, respondían a erros manifestos. Estes bens foron vertidos no Informe como consecuencia da translación mecánica do Catálogo incluído nos traballos de delimitación do Camiño Inglés, que, como puidemos comprobar, inclúe numerosos erros de valoración (v.g. a protección da Confraría e Casa do Mar incluída na ficha nº 74) e localización (v.g. a Casa con forno en Cermuzo, incluída na ficha nº 20) de bens culturais, cando menos no T.M. de Pontedeume.

- Incluíuse unha nova ficha para protexer o camiño empedrado que leva á igrexa de San Miguel de Breamo, tal e como se sinalaba no informe.

- Incluíuse na ficha E_014 o peirao sito ao W do que se protexía na versión anterior do documento. - No que se refire ao Camiño Inglés corrixiuse a súa traza no sentido expresado no informe a fin de

que coincida coa que foi sometida a información pública no ano 1997, facendo constancia expresa ao carácter transitorio desta delimitación na ficha S_002.

- No referente ao Catálogo (1.4 do Informe) leváronse a cabo todas as modificacións e cambios apuntados no mesmo

- No que atinxe ao patrimonio arqueolóxico leváronse a cabo as modificacións indicadas - No referente ao contido das fichas: Incluíronse as actuacións e usos permitidos e prohibidos,

unha descrición de elementos discordantes, alí onde existían, abordando a súa caracterización cultural, tipolóxica e construtiva, unha descrición do contorno dos bens etnográficos. e no epígrafe de categoría, para os bens que non teñen a consideración de BIC, englobáronse todos os elementos no grupo de “Bens Inventariados”, tal e como se requiría no informe. Adicionalmente complétanse as información demandadas nos distintos elementos

- No que se refire ás delimitacións arqueolóxicas propostas revisáronse todas as que se sinalaban no informe

- No que se refire á normativa de protección revisouse no seu conxunto, tal e como sinalaba no informe.

- No que se refire a os niveis de protección suprimiuse o nivel de protección “Tipolóxica” e fixéronse as correccións oportunas de maneira que as definicións dos tres niveis de protección propostos, definicións e tipos de obras permitidas coincidisen coas determinacións do informe.

- No que se refire á delimitación dos contornos de protección Incluíuse na normativa a referencia ao D. 232/2008 do 2 de outubro do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, establecendo un único criterio para fixar os contornos de protección, suprimiuse a protección xenérica ambiental para todos os elementos non catalogados incluídos no ámbito dos contornos de protección delimitados e ampliouse a redacción do art. 7.2 (agora 6.2) sobre Condicións de Harmonización.

- No que se refire á normativa de protección do Camiño de Santiago, o art. 9 da Normativa regula agora, de forma monográfica, a protección do Camiño de Santiago, tal e como se solicitaba no informe, indícase agora que o ámbito de protección do camiño abrangue as construcións tradicionais, espazos libres (públicos e privados), parcelario, muros tradicionais e arborado autóctono, indícanse tamén as limitacións urbanísticas que rexerán na traza e contorno do Camiño mentres non se aprobe o PEP e promoción do camiño, establécese agora tamén a obriga de informe previo e vinculante da DXPC para calquera obra que se realice no Camiño e no seu contorno de protección e incorpórase tamén con claridade cal é o réxime legal aplicable a esta vía histórica de comunicación, así como a prohibición de que sirva de apoio a novos desenvolvementos urbanos.

- No que se refire á normativa de protección arqueolóxica, incorporouse a definición do grao de protección I-2, propio do contorno dos BICs, suprimiuse dos planos de ordenación os graos de protección aplicables a cada xacemento, pormenor que si se consigna nas fichas de Catálogo, revisouse a redacción da ordenanza que provocaba contradicións, como as que afectaban aos xacementos X_014 e X_020, incluíuse a necesidade de contar con informe e autorización expresa da Consellería de Cultura nos ámbitos cautelados arqueoloxicamente. En calquera caso na Normativa fálase sempre de “informe previo e vinculante”, o que, a todas luces, equivale a “autorización”, suprimíronse as determinacións reiterativas que figuraban no art. 1.5 do apdo.

Page 27: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 27

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

10.3.3 e no art. 7º (agora sitúanse no art. 6) e corrixíronse as contradicións que incluía o art. 5 do Título X, apdo. 4 referido aos achados non previsibles.

- No que se refire ás determinacións administrativas: incorporouse ao art. 3.3.3 a necesidade de que as licenzas urbanísticas que afecten a elementos catalogados deberán contar coa autorización da Consellería de Cultura, incorporouse tamén ao art. 3.3.3 que as intervencións que afecten a edificacións declaradas BIC ou incluídas no Catálogo terán carácter de obra maior, no mesmo art. 3.3.3 figura agora a necesidade de que os proxectos técnicos de obras sobre inmobles catalogados deben incluír levantamento planimétrico e fotográfico completo ou parcial, segundo o caso, o art. 5.3 recolle agora as determinacións incluídas no informe respecto dos aproveitamentos nas parcelas dos bens sometidos a protección ambiental, o art. 6 da normativa arqueolóxica recolle agora a capacidade da Consellería de Cultura para condicionar os proxectos construtivos na súa integridade dentro dos ámbitos cautelados arqueoloxicamente.

- O elemento situado na parroquia de Vilar denominado “Cruceiro de Campolongo” xa figuraba incluído no Catálogo do PXOM na ficha E_027. O mesmo acontece coa vivenda denominada “Casa na subida de Campolongo”, que xa aparecía no documento coa clave A_089.

- Grafáronse todas as fincas singulares e xardíns que sinalaba o informe, tanto as vinculadas a pazos como a casas reitorais.

- Así mesmo incluíuse a referencia á protección de arquitectura adxectiva vinculada ás edificacións catalogadas que se sinalaban no informe.

- Incorporouse a protección do adro e camposanto tradicionais ás fichas de todas as igrexas parroquiais.

- No referido ás posibles mámoas incluídas no traballo titulado "Túmulos prehistóricos no concello de Pontedeume2", o arqueólogo que subscribe dirixe na actualidade unha prospección debidamente autorizada pola DXPC tendente a comprobar a existencia ou non deste tipo de enterramentos prehistóricos.

No referido á ordenación

- Redelimitáronse os contornos dalgúns bens catalogados a fin de cumprir coas determinacións fixadas no informe. Con todo cómpre recordar que os contornos definidos veñen dados non só polos elementos catalogados que formaban parte do Catálogo que foi sometido a informe da DXPC, senón tamén da ampliación do mesmo cos hórreos tradicionais –Bens de Interese Cultural que deben contar cos seus respectivos ámbitos de protección- derivado do propio informe da DXPC.

- Con todo os contornos de protección dos bens culturais non afecta á totalidade das delimitacións dos núcleos rurais ou urbanos, tal e como se sinala no informe.

- Os solos rústicos de especial protección de patrimonio afectan agora, en liña co fixado polo informe da DXPC, única e exclusivamente aos ámbitos que se corresponden cos contornos de protección integral dos xacementos arqueolóxicos. En canto ao Solo Urbano.

- Eliminouse da ordenación definitiva o crecemento proposto na ladeira sobre a vila histórica (URDR 2 Vista Alegre).

- Modificouse o réxime transitorio do ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación PE1, axustándoo ao establecido no artigo 47.1 da Lei 8/1995.

- No mercado municipal (ficha A_047) redefínense as aliñacións axustándoas ás preexistentes. - Modificáronse tanto os viarios que acometen contra o Camiño Inglés como a ordenación no

entorno do Muro da Rúa Empedrado E_031. - Elimínase a apertura transversal do viario na rúa Fontenova. - Corrixiuse a ordenación no ámbito do Chalé Rosa (A_68), quedando toda a parcela fora da

ordenanza U1. - O ámbito de Campolongo, é obxecto dun cambio de clasificación, dado o carácter regrado do solo

urbano, como aquel que posúe os servizos urbanísticos, consolidación edificatoria e está inserido nunha malla urbana. En este sentido toda a trama vinculada á estrada N-651 en Campolongo, posúe estes caracteres. Este cambio de clasificación non supón, dado que as ordenanzas de aplicación neste ámbito son as de edificación de baixa densidade U4 e U5, unha alteración da trama urbana existente posto que tanto as aliñacións como as tipoloxías de edificación permitidas son congruentes tanto coa realidade física actual como coa normativa urbanística que o novo Plan Xeral vai a substituír.

2 Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. Anuario Brigantino nº 28. 2005

Page 28: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 28

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

- As fichas dos Solos Urbanos non Consolidados que afecten ou sexan lindantes con edificacións catalogadas ou seus contornos de protección (as antigas UNC-02, 03, 05, o UNC-07 foi eliminado no documento de aprobación provisional), inclúen condicións de ordenación que garantan a axeitada harmonización entre as novas edificacións e as protexidas.

- Na normativa inclúense determinacións para favorecer a conservación e recuperación do patrimonio, e a construción e ampliación da trama existente de modo coherente coas tipoloxías arquitectónicas e volumetrías características do entorno.

- Con caracter xeral e repartidos por toda a Normativa, establécense cautelas e condicións nas obras, nos usos permitidos e en todas as actuacións a realizar nos ámbitos de protección dos bens catalogados, de xeito que non incidan negativamente na conservación ou visualización deses bens, especialmente no ámbito de influencia do Camiño Inglés.

- En xeral, revisáronse os novos trazados viarios para que estes non supoñan unha modificación do carácter dos elementos patrimoniais ou dos elementos paisaxísticos ou naturais de interese. No tocante ás ordenanzas en solo urbano.

- Aceptase o solicitado a respecto das alturas de baixos e voos (sobre a vía publica) nas distintas ordenanzas citadas, pero a respecto dos usos, coas categorías e situacións permitidas en cada ordenanza (e no caso da ordenanza U4 tamén cos fondos permitidos), se tentan resolver usos existentes (ou posibles) que non xeneran problemas de compatibilidade e si moita actividade e postos de traballo, e respéctanse as compatibilidades dos distintos usos con posibles conflitos, e dado que non parece este un dos ámbitos de decisión da Consellería de Cultura, vanse a manter os usos propostos.

- Aceptase o solicitado no tocante ás normas para as zonas pendentes de realización de plans especiais.

- No tocante as medidas de integración nos ámbitos de solo urbano non consolidado, os criterios e obxectivos en materia de paisaxe se recollen no PXOM por coherencia coas necesidades da ordenación territorial, pero en calquera caso impleméntanse estes criterios e obxectivos cunhas condicións que se irán acumulando en función da situación ou clasificación aplicada aos terreos, comezando xerarquicamente por unhas condicións xerais aplicables en todo o territorio, unhas condicións especificas segundo a clase de solo (sobre todo nos ámbitos de planeamento) ou as súas necesidades ou intensidades de desenvolvemento, unhas condicións particulares recollidas –no seu caso- na ordenanza específica de aplicación en cada caso, e remitimos, por tanto á análise deses documentos, sobre todo o Capítulo 4 do Título V da Normativa que regula os aspectos paisaxísticos do PXOM. Solo urbanizable.

- Eliminouse o ámbito de solo urbanizable URDR2 Vista Alegre. - No URDR-1 Empedrado (antigo URDR-3) inclúense condicións de ordenación que garantan a

axeitada harmonización entre as novas edificacións e as protexidas, eliminando a acometida do vial que organiza o novo desenrolo contra o Camiño Inglés na rúa Empedrado, substituíndose por un acceso peonil ó mesmo.

- No URNDR 1, mantense a inclusión do elemento catalogado como A_89, posto que é necesario que entre a participar do reparto de cargas e beneficios da futura implementación da urbanización, pero se fai obrigatorio o mantemento da edificación existente e da unidade catastral no seu conxunto na futura ordenación que o Plan de Sectorización desenrole, tal e como se indica na ficha de ordenación do URNDR-1.

- En xeral, revisáronse os novos trazados viarios para que estes non supoñan unha modificación do carácter dos elementos patrimoniais ou dos elementos paisaxísticos ou naturais de interese.

- Inclúese na regulación xeral (artigo 9.1. Disposicións xerais da Normativa) que nas zonas laterais de protección e de protección do contorno do Camiño Inglés estarase ó disposto na Lei 3/1996 de Protección dos Camiños de Santiago.

- Solo de Núcleo Rural. - Os núcleos rurais foron redelimitados cos criterios da Lei 2/2010 de modificación da LOUPMRG.

En todo caso tivéronse en conta os criterios indicados no informe: - Non se utiliza o Camiño de Santiago como soporte de nova edificabilidade. - Mantéñense as características tradicionais dos núcleos. - Revisáronse as aliñacións para que non supoñan o derrubo ou traslado de vivendas tradicionais

ou elementos de interese patrimonial. - Fanse as consideracións propostas ós núcleos rurais vinculados ao Camiño de Santiago: - Revisáronse os contornos de protección coincidentes coas delimitacións dos núcleos rurais.

Page 29: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 29

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

- Na normativa sinálase que os PEONR que se delimiten en ámbitos de edificacións catalogadas recollerán as condicións de ordenación que garantan a axeitada harmonización entre as novas edificacións e as protexidas (no artigo 7.4. Condicións xerais para as actuacións de planeamento ou xestión da Normativa).

Ordenanzas e normas particulares de solo de núcleo rural - A respecto das condicións xerais dos núcleos rurais que teñan relación con bens patrimoniais ou

cos seus contornos, establécense condicións particulares para determinados parámetros e restrínxense mais as condicións tipolóxicas das edificacións nas zonas dos núcleos rurais que teñan relación con bens patrimoniais ou cos seus contornos.

- Aceptase o solicitado para o uso garaxe-aparcamento, pero a respecto do uso industrial, coas categorías e situacións permitidas se tentan resolver usos existentes (ou posibles) que non xeneran problemas de compatibilidade e si moita actividade e postos de traballo, e respéctanse as compatibilidades dos distintos usos con posibles conflitos, e dado que non parece este un dos ámbitos de decisión da Consellería de Cultura, vanse a manter os usos industriais propostos.

- A superficie mínima para as edificacións auxiliares que poden situarse contra o lindeiro será cero (0) e as máximas regúlanse no art. 4.3.10 da Normativa.

- Introdúcense parámetros de axuste para adecuarse as condicións particulares de cada núcleo ou de determinadas parcelas en situacións limite (no artigo 7.2.2. Condicións xerais de ordenación e edificación da Normativa).

- Aceptase o solicitado a respecto das condicións dos viarios no ámbito dos núcleos rurais. - Queda prohibido o derrubamento ou demolición das construcións existentes (sobre todo as

tradicionais), agás nos supostos establecidos no Artigo 26 da LOUG. - A respecto das condicións estéticas e construtivas, que se axustarán ás características

tradicionais da zona, serán de especial aplicación con carácter xeral as condicións establecidas no apartado 4.7 e máis en concreto as tipolóxicas establecidas no artigo 4.7.10 e nos seus subartigos, e en concreto no ámbito de protección do Camiño que determinan as leis serán de aplicación a todas as edificacións as condicións tipolóxicas estritas que se establecen na presente Normativa para as edificacións tradicionais.

- Aceptase a prohibición expresa da imitación de materiais entre os que se consideran os chapados de pedra, e incorpóranse no artigo 4.7.10.2. Regulación dos parámetros tipolóxicos exteriores da Normativa.

- A superficie máximas para as edificacións auxiliares regúlanse no art. 4.3.10 da Normativa. - A respecto das limitacións ás segregacións e agregacións de parcelas no ámbito e protección do

Camiño de Santiago, incorpóranse no artigo 7.2.7. Núcleos do Camiño de Santiago da Normativa. - A respecto da tala de árbores e cambio de uso na zona de protección do Camiño de Santiago,

incorporase o solicitado no artigo 10.4 (Art. 9. Camiño de Santiago e camiños tradicionais) da Normativa. Solo Rústico.

- Está completamente asumida a problemática da superposición das categorías de solo rústico, e a categoría de Solo Rústico de Especial Protección de Patrimonio, só presenta simultaneidade en algún ámbito co Solo Rústico de Especial Protección de Costas.

- Inclúese na normativa que a idoneidade das novas edificacións no Solo Rústico de Especial Protección do Patrimonio Cultural será avaliada pola Consellería competente en materia do Patrimonio Cultural no artigo 8.1.3.1. Condicións xerais das edificacións da Normativa.

- Nos contornos dos elementos patrimoniais defínense as condicións dos peches en solo rústico no artigo 4.2.3. Cerramentos e peches de parcelas da Normativa.

- Inclúese na normativa que calquera tala de árbores e cambio de uso na zona de protección do Camiño Inglés debe obter a autorización previa pola Consellería competente en materia do Patrimonio Cultural no artigo 10.4 (Art. 9. Camiño de Santiago e camiños tradicionais) e no artigo 8.1.3.1. Condicións xerais das edificacións da Normativa.

- Inclúese na normativa que calquera obra de derrubo e demolición no contorno de elementos catalogados precisarán de autorización previa pola Consellería competente en materia do Patrimonio Cultural no artigo 8.1.1. Réxime xeral de usos en solo rústico da Normativa.

Page 30: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 30

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

No referido á Normativa Xeral

- Engadíronse as consideracións referidas ao Camiño de Santiago (apartado 10.4 -art.9- da Normativa), así como o artigo de condicións especiais para os núcleos do Camiño Inglés (art. 7.2.7).

- No que respecta ás consideracións xerais incluíronse as suxestións contidas no informe, que agora constan no art. 3.3.2. da Normativa.

- Ademais engadíronse os cambios apuntados en relación coas parcelacións urbanísticas (art. 3.3.10).

- En relación ás obras que se poden realizar nos edificios catalogados e nos situados dentro dos contornos de protección (capítulo 10.3.3 da Normativa), implementáronse modificacións de diverso tipo.cambios:

- No que toca ás normas de uso, incluíronse as cuestións aludidas no informe en relación cos camposantos, explotacións extractiva e torres de telefonía móvil, .

- No que toca ás normas de edificación, incluíronse as modificacións aludidas no informe no art. 4.3.5, o art. 4.3.8 (corpos voados), artigo 4.3.9 (de recuados en fachada), art. 4.2.3 (peches), art. 4.7.6 (rótulos)., art. 4.3.24.1 (medianeiras vistas) o art. 4.7.8 (ocultación de medianeiras no contorno do Camiño de Santiago ), art. 3.5.4.1 (bens catalogados fora de ordenación), . art.6.2 (letreiros, toldos, antenas....) art. 4.7.10.2 (bloque de formigón visto e as cubertas planas).

- No que toca ás actuacións nos contornos catalogados, incluíronse os cambios para o contorno dos bens catalogados establecéronse todas as condicións específicas sinaladas no informe no apartado 10.4 (art.6.2) da Normativa,

- No que toca á o Informe de sustentabilidade ambiental, sinalase o seguinte: - No documento do ISA coidamos que se avalía axeitadamente o impacto do Plan sobre o

patrimonio cultural, nos seus distintos apartados, cadros e medidas, aínda que se centran as solucións e a resolución dos impactos no Catalogo redactado (con multitude de medidas de protección sobre os elementos e os seus ámbitos de protección), por ser un documento específico para esta variable moi elaborado e detallado (documento específico do que carecen as outras variables avaliadas no ISA, por tanto se teñen que desenvolver mais no propio ISA), e mais sobre todo despois dos axustes e melloras introducidas en todo o PXOM como consecuencia da adaptación ao presente Informe de Patrimonio, que ten mellorado notablemente a protección, por tanto danse por resoltas as posibles carencias detectadas e incidencias sobre o patrimonio cultural.

- Ademais deberase ter en conta que a avaliación sobre o patrimonio é continua aínda despois de aprobado o PXOM, coas medidas de todo tipo introducidas, a necesidade de escavacións e prevencións varias nas actuacións previsibles con potencialidade patrimonial e o propio seguimento do PXOM regulado no ISA, así como o propio seguimento detallado da propia administración (Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura).

Page 31: 1. Introdución 2 2. Resumo do plan 3 3. Análise do proceso de … · Humidais de Galicia ; 1110041 . Ría de Ares . A dinámica demográfica presenta unha tendencia decrecente que

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontedeume consultora galega, s.l.

Proposta de Memoria Ambiental 31

ORGANISMO DATA RESUMO OU TEMÁTICA INTEGRACIÓN NO PLAN

31-05-2011

Varias

cuestións

Cualifícase a zona de servizo dos portos como Sistema Xeral Portuario, eliminando calquera outra cualificación prevista no documento de aprobación inicial e incluíndo a delimitación oficial da súa zona de servizo.

- Simplifícase na Normativa Urbanística as condicións do Sistema Xeral Portuario (artigo 4.9.8. Sistema xeral portuario), corrixindo a normativa transitoria (segundo as indicacións do Informe) para o Sistema Xeral Portuario en ausencia dos correspondentes Plans Especiais.

- Mantense a catalogación do elemento E_014 (Peirao da Vila) por indicación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

- Inclúese na Normativa (punto 10 do artigo 3.3.3. Procedemento de outorgamento de licenzas e no 4.9.8. Sistema xeral portuario) unha prescrición pola que, ante calquera solicitude de licenza municipal nos terreos que se atopen en contacto co Sistema Xeral Portuario, se fai obrigatorio o informe de Portos de Galicia que poderá entenderse favorable se no prazo dun mes dende que sexa requirido non fose emitido en sentido expreso.

Consellería do Mar. Portos de

Galicia.

10-12-2012 Varias

cuestións

- Procedese a incluír entre a documentación axunta unha copia completa (dixital) da nova normativa. Tamén consideramos que o Concello de Pontedeume remitirá una versión dixital do plan que resulte definitivamente aprobado para que figure nos arquivos desa administración.

- A respecto do elemento do Catálogo do plan E-014, incluído neste de acordo ás indicacións da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, procedese a incluír e remitir unha copia do informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ao plan xeral para que ese ente público poida analizalo e telo de referencia no momento de redactar o plan especial de ordenación portuaria de Pontedeume, posto que o dito informe sen dúbida Ile afecta ao ámbito da zona de servizo do porto.

- Nos planos eliminouse toda clasificación da zona de servizo do porto e a caracterización como equipamento do campo de fútbol de Esteiro.

Consellería Medio Rural.

Dirección Xeral de Montes.

18-02-2010

Procédese a corrixir a normativa no senso indicado, para evitar as inxerencias de competencias e as contradicións coa lexislación sectorial sobre montes. Concretamente, resolvéronse as incidencias que a continuación se detallan:

- O indicado no apartado 5.3.8 (agora 5.3.6, na versión actual da Normativa) foi eliminado. - No capítulo III do título V tamén se resolveron as cuestións indicadas sobre normas de

reforestación e tala de arborado nos apartados que a continuación se transcriben: O indicado nos citados apartados 5.3.9, 5.3.11 e 5.3.12 foi eliminado (foron totalmente eliminados todos estes artigos).

- Concretamente, o indicado no apartado 8.4.3 (agora 8.5, na versión actual da Normativa) foi eliminado.

- Á súa vez, o indicado no apartado 8.7.3 (agora 8.10, na versión actual da Normativa) foi eliminado porque os concellos carecen de competencias para regular as cortas de arborado, excepto en terreos da súa titularidade, e no referido a que o termo "plan especial de protección" non designa con propiedade un instrumento de planificación de espazos naturais protexidos, procedese a cambiar esta denominación por outra mais xenérica.

- Outra incidencia observada que ten relación, aínda que indirecta, coa actividade forestal, atópase no apartado 5.2.12 do capítulo II, e foi totalmente eliminado este artigo.

Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas.

Augas de Galicia

03-06-2010

- Xustifícanse as cuestións referentes á banda de protección nas marxes dos ríos no punto 6.1.4 da Memoria Xustificativa.

- O Plan transcribe na súa normativa as prohibicións relativas á zona de servidume establecidas no artio 7 do RDPH, establecido polo Real Decreto 9/2008 de 11 de Xaneiro.

- Recolleuse na normativa do PXOM, a actual redacción do artigo 9 do RDPH, e en concreto, o reflictido no punto 2.

Consellería Medio Rural.

Dirección Xeral de Conservación

da Natureza.

19-07-2011

- Incorporouse a Lexislación Ambiental de Referencia como normativa condicionante do PXOM: Lei 9/2001, Lei 42/2007 e Decreto 211/1996.

- Establecéronse normas construtivas básicas para os edificios singulares que fican no Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais, fixando prazos e modos de se adaptar ó PXOM no caso de discrepancia no artigo 8.10 da Normativa.

- Corrixíronse os pequenos erros atopados na delimitación das Fragas do Eume. - Contémplase na Normativa do PXOM a posibilidade de inclusión (ou polo menos a aplicación

complementaria de maiores limitacións normativas) no Solo Rustico de Protección de Espazos Naturais para “os espazos de interese medioambental non declarados, como poidan ser os propostos pola REDE NATURA 2000 (ORN) e as súas posteriores correccións “ no artigo 8.10 da Normativa.