10 11 ima minimos

13
Iniciación aos Medios Audiovisuais Programación Didáctica Materia Optativa de Centro Maio, 2010

Transcript of 10 11 ima minimos

Page 1: 10 11 ima minimos

Iniciación aos Medios Audiovisuais Programación Didáctica Materia Optativa de Centro Maio, 2010

Page 2: 10 11 ima minimos

1

Tabla de contenido

CRITERIOS DE AVALIACIÓN ....................................................................................................................................... 3

MÍNIMOS ESIXIBLES .................................................................................................................................................. 5

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN ................................................................................................................................... 6

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ................................................................................................. 7

CRITERIOS MÍNIMOS DE AVALIACIÓN ......................................................................................................................... 8

INSTRUMENTOS DE CUALIFICACIÓN ........................................................................................................................... 9

ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN ............................................................................................................................ 10

Page 3: 10 11 ima minimos

2

Contidos mínimos

Unidade 1. Conceptos de denotación, connotación, metáfora, comunicación subliminal e un exemplo de

cada un.

Un exemplo de imaxe manipulada por procedementos no dixitais.

Realización do comentario de análises dun anuncio.

Unidade 2.

Concepto de medios de comunicación de masas, identificación dos mais importantes e a súa

ubicación histórica.

Conceptos de liberdade de información e expresión.

Relación entre os grandes medios audiovisuais e o poder económico. Financiamento e

involución ideolóxica. Concepto de share e su importancia.

En que consiste a web 2.0.. A nube e portais de aloxamento de información compartida.

Unidade 3. Conceptos básicos das cámaras fotográficas: Enfoque, velocidade, obturación e cálculo da

exposición correcta en modo manual; modos de prioridade al diafragma e a velocidade.

Nocións básicas de composición da imaxe fotográfica. Distinción entre luz suave e dura

(indicando número de luces e a súa orixe).

Comandos básicos nos software de retoque fotográfico: tamaño de imaxe, contraste,

saturación e tono; capas e historial.

Realizar o traballo individual: toma de fotografías de características técnicas e de tema

único, e retoque fotográfico por ordenador dunha delas.

Unidade 4.

Concepto de son audio e os formatos WAV e Mp3. Comandos principais de edición

multipista con Audacity

Realización de arquivo sonoro.

Unidade 5.

Uso dos mandos principais da cámara de vídeo dixital. Conexión da cámara a un monitor e

ao ordenador. Tipos de plano. Estrutura do guión técnico. Uso de software de edición de

vídeo.

Participar activamente nun grupo na realización dun corto de cine mudo, e dun

informativo.

Page 4: 10 11 ima minimos

3

Criterios de Avaliación

A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas tecnoloxías da información e a

comunicación e a súa repercusión na evolución estéticados mensaxes audiovisuais.

A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os diferentes

produtosaudiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.

Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade e a súa imaxe, nas súas

diversas formas e medios de representación nos medios audiovisuais e de comunicación.

Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características básicas do significado e

sentido na lectura de imaxes tanto fixas comoen movemento.

Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de lectura dunha mesma imaxe.

Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características dexénero e diferenciando

cos roles sociais máis comúns nas producións audiovisuais

Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual

Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os elementos básicos do medio

audiovisual para realizartraballos con imaxesfixas e con imaxes en movemento.

Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros.

Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións comunicativas e narrativas,

ase como coas súas funciónsespaciais e temporais

Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros avaliando a estrutura do

mensaxe e su eficacia comunicativa.

Capacidade para estruturarun guión a partir da adaptación dunha obra literaria, dunha idea ou dun

acontecemento.

Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo nos conflitos do seu

entorno social ou educativo.

[VOLVER AO ÍNDICE]

Page 5: 10 11 ima minimos

4

Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta radiofónica e televisiva,

diferenciando as claves e os códigos formaisde cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos

programas de éxito.

Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e creaciónsaudiovisuais.

Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da información e a

comunicación,con especial atención a os medios de comunicación de libre acceso como internet.

Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando os seus aspectos positivos e

negativos.

Recoñecere reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos

informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación.

Capacidade para reflexionare distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor das mensaxes

publicitarias.

[VOLVER AO ÍNDICE]

Page 6: 10 11 ima minimos

5

Mínimos esixibles

Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e dosmedios audiovisuais na

creación de mensaxes.

Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo.

Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en

movemento.

Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe ou produción

audiovisual.

O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria.

Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de discusión e crítica e asunción das

responsabilidades no traballo que require calquera proxecto audiovisual.

Mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións

[VOLVER AO ÍNDICE]

Page 7: 10 11 ima minimos

6

Criterios de cualificación

Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros:

Probas sobre coñecementos teóricos.

Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas

Valoración de conceptos, procedementos e actitudes.

A nota de cada traballo individual:

Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada actividade, o que supoñerá ou non,

a asimilación dos contidos conceptuais que precederon cada actividade.

Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa predisposición á

experimentación, capacidade crítica cos seus propios resultados, o seu nivel de esforzo e curiosidade, así

como de respecto á materia.

Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual dos traballos, boa presentación dos

mesmos, orde e a limpeza dos materiais, propios e comúns. Tamén teremos en conta o comportamento

na aula, baseándose no respecto e a tolerancia fronte os compañeiros e ao profesor, tamén valorarase o

respecto ó traballo alleo.

Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota un cero

En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa xustificada, terán unha rebaixa na nota en

proporción co retraso na entrega.

A nota dos proxectos en grupo:

Será dun 75% como traballo colectivo e anota de aportación persoal ao traballo conxunto dun25%

A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo.

Cualificación de las avaliacións parciais:

A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media aritmética dos exercicios, exames e

demais probas de contido propostas na avaliación.

Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de cualificación recollidos no apartado c) do

punto 10 desta programación

Cualificación da avaliación final:

A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das notas das tres avaliacións do curso.

Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de cualificación recollidos no apartado c)

do punto 10 desta programación.

Page 8: 10 11 ima minimos

7

Procedementos e instrumentos de avaliación

Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha delas final. Para a cualificación

usarán os seguintes procedementos de avaliación:

Avaliación inicial

Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de cada alumno

(coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos, intereses…). Os resultados da avaliación teranse

en conta para no desenvolvemento da programación.

Avaliación formativa

Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás necesidades individuais de cada

alumno. Pretende a obtención dos obxectivos propostos para o curso.

Observación por parte do profesor da actitudeparticipativa do alumno nas actividades de clase e nos

grupos de traballo.

Entre os instrumentos de avaliación sinalamos:

Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen (comentario dun anuncio, reportaxe

fotográfico, podcast, etc.)

Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto de cine mudo e documento

multimedia)

Exames escritos, con preguntas teóricas e brevesexercicios prácticos relacionados cos contidos

impartidos, tanto teóricos como prácticos.

[VOLVER AO ÍNDICE]

Page 9: 10 11 ima minimos

8

Criterios mínimos de avaliación

A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os diferentes produtos

audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.

Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características básicas do significado e

sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento.

Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de xénero e diferenciando

cos roles sociais máis comúns nas producións audiovisuais

Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual

Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións comunicativas e narrativas,

ase como coas súas funcións espaciais e temporais

Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo nos conflitos do seu

entorno social ou educativo.

Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta radiofónica e televisiva,

diferenciando as claves e os códigos formais de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos

programas de éxito.

Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e creacións audiovisuais.

Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da información e a comunicación,

con especial atención a os medios de comunicación de libre acceso como internet.

Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos

informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación.

Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor das mensaxes

publicitarias.

[VOLVER AO ÍNDICE]

Page 10: 10 11 ima minimos

9

Instrumentos de cualificación

Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán:

a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos traballos específicos.

b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do curso. Os alumnos deberán ter un

blog de aula dedicado á recollida e intercambio de información e traballos da materia, tanto de

conceptos teóricos recibidos na clase coma dos traballos elaborados.

c) Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos:

Manexa o medio con claridade e corrección.

É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material.

É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.

Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades concretas de cada caso e

axustándose ás condicións que se lle indican.

Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o desenvolvemento dunha

actividade.

Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as tarefas de clase, demostrando

interese polo traballo.

Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir os erros propios,

amosando afán de superación.

Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e o medio que o rodea, e non

provoca conflitos no desenvolvemento normal da clase.

É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de palabra, coopera cos seus

compañeiros e profesores e amosa actitudes solidarias.

Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os traballos nos prazos asignados e

traendo o material necesario para traballar na clase.

d) Entendese por comportamento exemplar:

Respectar as normas de convivencia.

Page 11: 10 11 ima minimos

10

Respectar ós profesores e ós compañeiros.

Presentar os traballos con limpeza e pulcritude.

Entregar os traballos nos prazos sinalados.

Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que se lle indican.

Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo.

Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade.

Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.

Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o desenvolvemento do seu traballo.

Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións concretas e constantes.

Traballar ben en equipo.

[VOLVER AO ÍNDICE]

Actividades de recuperación

Unha vez reforzados os contidos obxecto de avaliación, repetiranse unha única vez as probas avaliativas de

contidos para aquel alumnado que nos as superou. As probas de recuperación serán sempre individuais,

tanto as escritas como calquera outra de carácter procesual.

O termo de cada avaliación, e no caso de que o alumno non superase as cualificacións mínimas que se

estiman para esa avaliación, realizarase unha proba escrita ou solicitaranse a presentación de novos

traballos nun prazo de tempo determinado.

No caso de traballos que no seu momento foron realizados en grupo, para a actividade de recuperación

adaptaranse para poder ser realizado de xeito individualizado .

Dita proba determinará a adquisición dos contidos mínimos necesarios polo alumno. A puntuación máxima

de dita proba será de 6 puntos.

Page 12: 10 11 ima minimos

11

A recuperación de proxectos que no seu momento foron realizados en grupo farase a través de probas

escritas individuais que inclúan os contidos postos en práctica no proxecto colectivo. Pero, se as

peculiaridades do proxecto o permiten, estudarase a posibilidadeda realizar unha proba de recuperación con

características similares ao traballo colectivo, pero agora, de xeito individualizado.

[VOLVER AO ÍNDICE]

Para acadar a suficiencia nesta materia o alumnado deberá entregar todos os traballos propostos

durante o curso, excepto aqueles que non se entregaron por enfermidade ou causa grave que debe ser

debidamente xustificada polos pais do alumnado afectado.

Abandono de materia:

Considerarase asi o feito de non entregar a metade máis unha das láminas propostas durante calquera

das tres avaliacións do curso. O regulamento de réxime interno contempla que o abandono dunha

materia supón o feito de que o/a alumno/a non poida promocionar de curso, aínda tendo o resto de

materias superadas.

Recuperación do abandono da materia.

Para poder recuperar o abandono da materia, o/a alumno/a deberá amosar o seu interese pola mesma,

traballando día a día co resto dos compañeiros, levando o material a clase, tendo un comportamento

exemplar (ver apartado 10.d de esta programación), traballando e entregando todos os exercicios que

non fixo durante o curso, tendo que acadar en cada un deles un mínimo de valoración de 4 puntos sobre

10. Para conseguir isto daráselle ó alumno un tempo prudencial de realización e entrega, de tal xeito que

deberá ter rematados os traballos antes do fin de curso.

Proba extraordinaria de setembro:

O alumnado que non supere a materia polo procedemento de avaliación continua realizará unha proba

final extraordinaria en setembro. Será unha proba escrita sobre os contidos dados durante todo o curso

nesta a materia.

Se nos mes de xuño, despois de entregadas as notas finais, o alumnado suspenso e o profesor da materia

acordan que para a recuperar a materia o alumno suspenso asume voluntariamente realizar unha serie

de traballos prácticos durante o verán de xeito individualizado e a valoración que o profesor faga deses

traballos , antes da realización da proba escrita de setembro, é positiva, darase a materia por superada e

Page 13: 10 11 ima minimos

12

non será necesaria a proba escrita , sendo cualificados por parte do profesor como de aprobada cunha

puntación máxima de 6; se os traballos non son cualificados positivamente o/a alumno/a poderá

presentarse a proba escrita, en igualdade de condicións a calquera outro alumno que non presentase

traballos de verán.

[VOLVER AO ÍNDICE]