10 Palabras galegas que non teñen tradución

19
10 Palabras galegas que non teñen tradución

description

10 Palabras galegas que non teñen tradución. Actividade preliminar. De que linguas cres que proceden estas palabras ? En parellas intentade adiviñar o seu significado Coñeces algunha palabra que só exista en galego ? - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of 10 Palabras galegas que non teñen tradución

10 Palabras galegas que non teñen tradución

Actividade preliminar• De que linguas cres que proceden estas palabras?• En parellas intentade adiviñar o seu significado• Coñeces algunha palabra que só exista en galego?• Agora ides ler unhas palabras galegas que poden entrañar

dificultade a hora de buscar un equivalente noutra lingua. Imaxinade como poderían ser en croata.

Morriña• Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en

particular o causado pola nostalxia da terra.• Tamén existe en portugués e aparece recollido no DRAE.

Ex: Nos días de chuvia éntrame a morriña.

Meiga• Muller á que se lle atribuía un pauto co demo, do que

recibía poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro, curar…

• A diferenza da bruxa, a meiga non é sempre mala.

Ex: Cre que unha meiga lle botou un mal de ollo

Carallo• Indignación: Que carallo!• Cachondeo: Bueno, carallo,

bueno!• Desplante: Vai ao carallo.• Inquisitivo: Que carallo é?• Ofensa: Este carallo é parvo.• Ameaza: Ven, carallo, ven.• Negación: Non, carallo, non.

• Ira: Me cago no carallo, ¡Carallo!• Gabanza: É un home de carallo.• Animoso: Dálle, carallo, dálle.• Cualitativo: Non vale un carallo.• Esgotamento: Xa estou ata o

carallo.• Meteoroloxía: Vai un sol de

carallo.• Afastado: Queda no quinto carallo.

Luscofusco• Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz

desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras

Luar• Claridade producida pola luz da Lúa.

Ex: O luar iluminaba a praza na noite.

Carballeira• Lugar poboado de carballos (tipo de árbore). Ex: A merenda celébrase nunha carballeira.

Ría• Penetración que forma o mar na

costa, debida á sumersión da parte litoral. Semellante a un fiorde noruegués.

Orballo• Chuvia miúda que molla moi lentamente. • Poalla ou chuvisca tamén son sinónimos.• Tamén designa a rosada que aparece pola mañá froito da

humidade.

Enxebre• Que é característico e propio

dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo.

Ex: A queimada e o licor café son bebidas moi enxebres.

Percebeiro• Persoa que apaña percebes

(crustáceos fixados pola parte inferior ás rochas dos lugares moi batidos polo mar).

Con que están relacionadas a maioría destas palabras?

Mira estes vídeos e responde:• Verbas• Anuncio de promoción de turismo en Galicia

• Cales son as túas palabras favoritas en galego? Por que?• Votade para ver cal é a palabra máis bonita• Que ideas transmite o segundo vídeo? Que pode esperar un

turista de Galicia? É unha imaxe distinta do resto de España?

En croataAgora intentade pensar entre todos en palabras na vosa lingua que poidan ser difíciles de trasladar ao galego.