12 - ACTA PLENO 14 DECEMBRO 2017 - concellodemarin.es · lumes, podendo o Concello acordar asumir...

37
ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra) 1 ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO PLENO O DÍA 14 DE DECEMBRO DE 2017 ASISTEN: Preside a Alcaldesa Don MARÍA RAMALLO VÁZQUEZ (PP) Concelleiros/as asistentes Don MANUEL SANTOS COSTA (PP) Dona Mª ANTONIA SANMARTIN GARCIA (PP) Dona MARÍA JOSÉ DE PAZO ALLARIZ (PP) Don FRANCISCO JOSE ESTÉVEZ SALAZAR (PP) D. ANTONIO TRABA MIÑONES (PP) Dona CRISTINA ACUÑA GONZÁLEZ (PP) Dona BEATRIZ RODRÍGUEZ GÓMEZ (PP) Don BENITO TOURIÑO TOURIÑO (PP) D. JOSE CIDRÁS ROSALES (PP) Dona LUZ SANTIAGO SUÁREZ (PSdeG-PSOE) Dona Mª DOLORES GONZÁLEZ RECAMÁN(PSdeG-PSOE) Don IVÁN PASTORIZA PAZOS(PSdeG-PSOE) Don CONSTANTE J. MURADAS RAMOS(PSdeG-PSOE) Dona M. PILAR BLANCO LÓPEZ (BNG) Dona LUCIA SANTOS OMIL (BNG) Don ALFONSO FERNÁNDEZ POSE (BNG) Dona SANDRA PESQUEIRA PÉREZ (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) Don AARÓN FRANCO OUTÓN (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) Don JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ DOPAZO (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) Concelleiro ausente: D. PABLO NOVAS CABALLERO (PP) En Marín, e no Salón de Plenos da Casa Consistorial, sendo as vinte horas do día 14 de decembro de 2017, baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa, dona María Ramallo Vázquez, coa presenza dos corporativos arriba citados, en primeira convocatoria, celebrouse sesión ordinaria do Concello Pleno. Da fe do acto a Sra. Secretaria, dona Paula Costas Romero A Sra. alcaldesa desculpa a ausencia do Sr. Caballero Novas polo falecemento da súa avoa. A) PARTE DISPOSITIVA 1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA O 8 DE NOVEMBRO DE 2017. O Sr. Muradas Ramos solicita unha aclaración respecto ao resultado da votación da petición de deixar sobre a mesa a última moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín – SON, pois na acta recóllese que dito grupo vota a favor, cando, sen embargo, insistiu en non alterar a orde do día. Pregunta se foi así. A Sra. alcaldesa acláralle que está ben recollido na acta o resultado de dita votación. * Sometido a votación o borrador da acta da sesión ordinaria celebrada o 8 de novembro de 2017, resulta aprobado por unanimidade dos 20 concelleiros/as presentes na sesión, dos 21 que integran a Corporación, sen modificación algunha. A continuación a Sra. alcaldesa informa que, como os puntos 2º, 3º e 4º da orde do día versan sobre un mesmo tema, farase un debate único e, logo, a votación será por separado.

Transcript of 12 - ACTA PLENO 14 DECEMBRO 2017 - concellodemarin.es · lumes, podendo o Concello acordar asumir...

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

1

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO PLENO O DÍA 14 DE DECEMBRO DE 2017

ASISTEN: Preside a Alcaldesa Don MARÍA RAMALLO VÁZQUEZ (PP) Concelleiros/as asistentes Don MANUEL SANTOS COSTA (PP) Dona Mª ANTONIA SANMARTIN GARCIA (PP) Dona MARÍA JOSÉ DE PAZO ALLARIZ (PP) Don FRANCISCO JOSE ESTÉVEZ SALAZAR (PP) D. ANTONIO TRABA MIÑONES (PP) Dona CRISTINA ACUÑA GONZÁLEZ (PP) Dona BEATRIZ RODRÍGUEZ GÓMEZ (PP) Don BENITO TOURIÑO TOURIÑO (PP) D. JOSE CIDRÁS ROSALES (PP) Dona LUZ SANTIAGO SUÁREZ (PSdeG-PSOE) Dona Mª DOLORES GONZÁLEZ RECAMÁN(PSdeG-PSOE) Don IVÁN PASTORIZA PAZOS(PSdeG-PSOE) Don CONSTANTE J. MURADAS RAMOS(PSdeG-PSOE) Dona M. PILAR BLANCO LÓPEZ (BNG) Dona LUCIA SANTOS OMIL (BNG) Don ALFONSO FERNÁNDEZ POSE (BNG) Dona SANDRA PESQUEIRA PÉREZ (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) Don AARÓN FRANCO OUTÓN (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) Don JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ DOPAZO (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) Concelleiro ausente: D. PABLO NOVAS CABALLERO (PP) En Marín, e no Salón de Plenos da Casa Consistorial, sendo as vinte horas do día 14 de decembro de 2017, baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa, dona María Ramallo Vázquez, coa presenza dos corporativos arriba citados, en primeira convocatoria, celebrouse sesión ordinaria do Concello Pleno.

Da fe do acto a Sra. Secretaria, dona Paula Costas Romero A Sra. alcaldesa desculpa a ausencia do Sr. Caballero Novas polo falecemento da súa avoa.

A) PARTE DISPOSITIVA 1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA

CELEBRADA O 8 DE NOVEMBRO DE 2017. O Sr. Muradas Ramos solicita unha aclaración respecto ao resultado da votación da petición

de deixar sobre a mesa a última moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín – SON, pois na acta recóllese que dito grupo vota a favor, cando, sen embargo, insistiu en non alterar a orde do día. Pregunta se foi así.

A Sra. alcaldesa acláralle que está ben recollido na acta o resultado de dita votación.

* Sometido a votación o borrador da acta da sesión ordinaria celebrada o 8 de novembro de 2017, resulta aprobado por unanimidade dos 20 concelleiros/as presentes na sesión, dos 21 que integran a Corporación, sen modificación algunha.

A continuación a Sra. alcaldesa informa que, como os puntos 2º, 3º e 4º da orde do día versan

sobre un mesmo tema, farase un debate único e, logo, a votación será por separado.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

2

2.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO RURAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON, DIRIXIDA Á COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE AO ABEIRO DOS LUMES QUE ASOLARON O PAÍS GALEGO. (EXPTE.: 464/17). 3.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO RURAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA CONTRA OS LUMES FORESTAIS E POLO DESENVOLVEMENTO RURAL. (EXPTE.: 466/17). 4.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO RURAL, EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A VAGA DE LUMES SOFRIDA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. (EXPTE.: 475/17).

A Sra. secretaria da lectura aos ditames favorables da Comisión Informativa de Medio Rural, celebrada o 2 de novembro de 2017, en relación coas seguintes mocións:

* Moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON, dirixida á Comisión de Medio Ambiente ao abeiro dos lumes que asolaron o país galego. (Expte.: 464/17), que na súa parte dispositiva, literalmente di:

PRIMEIRO.- Instar a Xunta de Galicia a • Democratizar o funcionamento do Consello Forestal Galego. • Buscar un Acordo Nacional Estratéxico de Xestión do Monte Galego que conte co consenso dos

grupos políticos, sindicatos, patronal, organizacións sociais e propietarios forestais que marque un cambio na política agro-forestal.

• Modificar -co consenso dos grupos políticos, sindicatos, patronal, organizacións sociais e propietarios forestais- o PLADIGA (Plano Forestal de Galicia e dos Planos de Loita Conta o Lume) centrando o mesmo na prevención no canto da extinción no período de alto risco e garantindo a protección dos núcleos poboacionais, parques naturais e reservas da biosfera.

• Instar ao Consello Xeral do Poder Xudicial para que dote á Fiscalía dos medios técnicos, humanos e económicos necesarios para mellorar a investigación dos lumes.

• Elaborar plans de ordenación dos montes que contemplen a ordenación dos cultivos agrarios e forestais e á mobilización produtiva das terra, evitando o aumento da superficie ocupada por especies de medra rápida.

• Poñer en marcha de xeito urxente plans de restauración e recuperación das zonas afectadas por incendios entre ano 2017 e nos últimos anos.

• Converter o SPDCIF como servizo único e público de prevención e extinción de incendios forestais profesionalizado.

• Presentar un Plan de Fomento de implantación de sectores industriais e empresariais que centre o seu traballo na transformación de produtos silvícolas e agropecuariaos, na conservación de masas forestais e na prevención dos incendios.

SEGUNDO.- Instar ao goberno do Estado a derogar a Lei de Montes 43/2003, de 21 de novembro, modificada o 21 de xullo de 2015, e a respectar o carácter singular dos montes en man común de Galicia.

TERCEIRO.- Dotar, de selo caso, ao Concello dun Observatorio Medio Ambiental, onde se propoña unha política agro-forestal sustentábel e economicamente rendíbel para a sociedade.

CUARTO.- Partindo do convencemento de que a privatización dos servizos de prevención e extinción dos incendios forestais leva consigo a eliminación de medios materiais, técnicos e humanos e un incremento nos custes de extinción que só beneficia a sectores especulativos, entendemos que os equipos de extinción deben estar baixo un mando único e depender na súa totalidade da Consellería do Medio Rural. En consonancia, o Concello esixirá á Xunta que asuma todas as labores de extinción de lumes, podendo o Concello acordar asumir baixo convenio as dedicadas exclusivamente á prevención, procurando que ditos medios traballen durante todo o ano, especialmente nos meses de inverno e primavera.

* Moción do grupo municipal do BNG-AA contra os lumes forestais e polo desenvolvemento

rural. (Expte.: 466/17), que na súa parte dispositiva, literalmente di:

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

3

• Instar á Xunta de Galiza á:

1. Executar unha política de desenvolvemento rural que reverta o abandono dos núcleos rurais e das explotacións agrarias e forestais.

2. Realizar, de xeito consensuado coas restantes forzas políticas e axentes sectoriais e sociais implicados, as modificacións lexislativas necesarias para a posta en valor do solo forestal e regule adecuadamente os problemas estruturais a nivel de ordenación do espazo rural e de medidas preventivas.

3. Acometer unha política forestal baseada no aproveitamento multifucional do monte e na reversión do monocultivo de especies pirófitas.

4. Establecer un único protocolo de emerxencias a nivel nacional que evite a descoordinación e a dispersión xeográfica e de mandos.

5. Asumir as súas responsabilidades en materia de prevención mediante:

• Maior implicación dos Distritos Forestais na colaboración cos concellos en materia de limpeza e vixilancia.

• O establecemento e mantemento de faixas de protección. • Incrementar os orzamento para as liñas de axuda destinadas a limpezas e na

primeira parte do ano natural e previamente a entrada no período de risco. 6. Reformular o Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais dunha forma integral e baixo un

mando único (eliminando as brigadas municipais), de xeito que se garanta a súa coordinación, profesionalización e homologación tanto en formación como equipamento e condicións laborais.

* Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a vaga de lumes sofrida na provincia de

Pontevedra. (Expte.: 475/17), que na súa parte dispositiva, literalmente di: 1. Instar á Xunta de Galicia a que nos próximos seis meses o goberno galego aprobe todas as

iniciativas lexislativas para a promoción dunha política forestal que permita a conservación protección e valoración dos montes e bosques de Galicia. Unhas propostas que deben ser elaboradas, pactadas e consensuadas cos municipios, as deputacións e co asesoramento da comunidade científica.

2. Instar á Xunta de Galicia a elaborar un protocolo xunto a concellos, deputacións e técnicos medioambientais para as actuacións ante os lumes forestais que garanta unha maior coordinación e atención temprana nos lumes.

3. Instar ó goberno de España e á Xunta de Galicia a que estableza de maneira inmediata as axudas necesarias para recuperar a riqueza forestal dos bosques e montes galegos e o patrimonio que perderon os veciños e veciñas de toda Galicia.

4. Instar á Xunta de Galicia a que introduza no currículo educativo dos escolares galegos e galegas de todos os niveis o ensino en valores de respecto ao medio ambiente, á protección e valorización dos noso montes e bosques.

5. Instar á Xunta de Galicia a elaborar proxectos formativos e de concienciación de cara a contribuír que a sociedade galega poda valorar, respectar e coidar do patrimonio cultural e ambiental que supoñen os nosos bosques.

6. Dar conta deste acordo da Corporación municipal ao Presidente do Goberno de España, ao Presidente da Xunta de Galicia, á Consellería de Medio Ambiente, á Consellería de Medio Rural e á Ministra de Agricultura e Medio Ambiente.

Lidos os ditames, iníciase o debate conxunto das mocións.

Intervén o Sr. Franco Outón que expón que os lumes do pasado mes de outubro supuxeron un drama en todo o país, con catro persoas mortas e unha catástrofe natural, tanto nos bens materiais,

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

4

como nos montes e nos bancos marisqueiros, tal como veñen observando nos día de choiva en que os restos son arrastrados polas riadas ata os bancos marisqueiros. Houbo lumes en Vigo e en Ourense, e tamén en concellos que están preto de Marín, como o de Cotobade, Poio e Cangas e, nesa dinámica, aquel domingo, moitos pensaban no lago de Castiñeiras, polo estado de abandono que o PP o ten sometido e que tería acontecido se a brigada executora, perfectamente coordinada nos lumes, aquel día, chega a prender unha chispa nese espazo natural, abandonado de calquera tipo de coidado, en especial, por parte do actual goberno municipal. Pregunta que grao de responsabilidade tería este goberno municipal si chegásese a calcinar o lago de Castiñeiras, dado que este goberno municipal semella estar xogando á “ruleta rusa”, con esa paraxe que non xestiona, máis alá de sacarse algunha foto na prensa, “chourizo en man”. Engade que, ese domingo trouxo á memoria de moitos a catástrofe do Prestige, o “nunca máis”, un pobo galego agredido, un estado desaparecido, unhas administracións do réxime, empezando pola Xunta, desaparecidas, a falta de medios de extinción mentres parroquias, vivenda, espazos naturais, reservas da biosfera, fauna, incluso xente, era calcinada, e, unha vez máis, o pobo galego emerxeu, autoorganizouse ante a incompetencia do Sr. Feijoo e a súa “camorra siciliana” para defender o país de tal agresión. Engade que menos mal que esta ía a ser a “lexislatura do rural”, o que xa soa a broma, cando escoitan ao Sr. Feijoo dicir que esta é a “lexislatura do rural”, debe de ser que a “lexislatura do rural” é a de un PP que lexisla para desertizar o rural, dun PP que lexisla para que as grandes constructoras poidan edificar enriba do queimado, dun PP que lexisla para darlle o usufruto do agro galego ás grandes multinacionais, e dun PP que, en definitiva, lexisla para darlle “dereito de pernada” ao capital, a “lexislatura do rural” cando o país énchese, día a día, de norte a sur, por todos os costados, de eucalipto, do cultivo extensivo que ten como último obxecto subministrar de materia prima a Ence, esa empresa que o grupo municipal do PP tanto defende. Opina que o PP non quere o rural vivo, porque o rural vivo implicaría que non se lle podería vender o territorio galego aos amigos do capital, e é, por todo isto, polo que instan á Xunta e ao Estado a mudar a situación de xeito radical, comenzando pola derogación da Lei de montes, continuando por facerse con medios de prevención e extinción en condicións, pero sobre todo, pois non hai mellor método de prevención, coa elaboración dun plan de implantación centrado na protección silvícola e agropecuaria para ter un monte ordenado e libre de mans sucias.

A Sra. Santos Omil inicia a súa intervención dicindo “a mellor forma de crear conciencia colectiva é poñer en valor o monte e que empecen dende aquí”. Engade que estas foron as palabras do Sr. Núñez Feijoo, no mes pasado, na proposta do PP dun pacto contra incendios. Di que parecía que había vontade e que adoptaría medidas que xa derrogara, no goberno bipartito de Suárez Canal. Indica que as medidas son: prevención, ordenación e dinamización do rural, limpeza de terreos abandonados e novo impulso á concentración parcelaria. Di que moi ben, pero non ve fácil o de colocar cámaras de vídeo vixilancia no monte, pero ben. Engade que non lle concorda que, despois disto, o PP vote en contra da iniciativa do BNG para a creación dunha comisión de estudo e investigación sobre a vaga de lumes e impulsar os cambios necesarios para evitar unha nova desgraza, como a do pasado 15 de outubro. Di que, visto isto, “cinismo” é o único que demostra o Sr. Feijoo, tremendo “cinismo”. Lembra que no ano 2007, no goberno bipartito, aprobouse, por primeira vez, no Parlamento galego unha lei de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, coa que pretendíase poñer en valor os terreos forestais, levar adiante un proxecto de ordenación do territorio e o desenvolvemento no rural, creando industria agro alimentaria, á vez que se levaban a cabo actuacións preventivas contra os incendios, pero coa volta do PP ao goberno botou abaixo a lei e recortou os dispositivos en medios de extinción. Uns recortes do 20% en materia terrestre e un 31% de recortes en medios aéreos, recortaron a franxa de protección de limpeza de biomasa reducindo os 100 metros obrigatorios en núcleos urbanos, a 50 metros, e reducirón tamén de 50 metros a 25 metros a distancia de plantación de especies altamente inflamables, como é o eucalipto. Non coidaron do monte, e cando ardeu culparon ao vento, culparon á seca, ás faíscas, incluso a Portugal, chegando a presumir de que en Portugal, por desgraza, levaban 60 vítimas polos lumes, cando en Galiza só 4. Di que hai unha cousa das que dixo o Sr. Feijoo nas que si dálle a razón, e é que “Galiza non arde, a Galiza quéimana”, e quéimana co beneplácito das políticas forestais do PP, quéimana cando a Xunta despide a case 500 brigadistas en vésperas dunhas condicións climatolóxicas excepcionais, pois sabíase que viñan ventos furacanados, que xunto coa seca que se está a padecer dende hai meses, era unha bomba, pero a Xunta non puxo medios, e máis, a Consellería de Rural chegou a xustificar o desmantelamento do dispositivo contra os lumes alegando que na zona atlántica o risco descendera de forma evidente, e isto, mentres en Galiza aínda había máis de 100 incendios activos. Quéimana cando a propia Xunta incumpre a Lei forestal de prevención de

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

5

incendios e non limpa os montes, igual que non limpa as marxes da estrada nin leva o máis mínimo control do cumprimento da limpeza das propiedades privadas. A Galiza queimanan cando a Xunta pon en perigo vivendas e infraestruturas, e mesmo vidas, por incumprir a normativa de franxas de seguridade. Quéimana porque non hai investimento nin interese en coidar e activar o medio rural. Feijoo ven de anunciar o mes pasado reducións fiscais para quen merque unha vivenda no rural; pregunta de que vai a vivir a xente que decide ir a mercar unha casa no rural. Opina que esas iniciativas non deixan de ser unha cortiña de fume para parecer que fai, pero ao final non fai nada. A solución é investir no rural, axudar na mellora de infraestrutura agraria e modernización das explotacións gandeiras, poñer o monte a producir e a crear actividade económica, que este é un país rico. Di que non se cansarán de repetir, unha e outra vez, que a Galiza seguirán queimándoa mentres segan enchendoa de eucaliptos, é unha praga que pon en ameaza a identidade de Galiza, e, o que é peor, cando hai lume pon en perigo vidas. Os eucaliptos, altamente inflamables, ocupan o 20% da superficie, secan as fontes, esteriliza o chan, e elimina a paisaxe, e todo isto para, unicamente, seguir engordando os estómago agradecidos de Ence. Indica que, no mes de xuño, a portavoz nacional do BNG presentou unha proposta ao presidente da Xunta de Galicia para acadar un pacto nacional galego en defensa do monte, despois do acontecido en Portugal, proposta á que o Sr. Feijoo nin se dignou en contestar. Neste ano, destináronse en Galicia 175 millóns de euros en extinción de lumes, en cambio, en prevención tan só se destinaron 20; pregunta si alguén se estará beneficiando desta acción. Indica que cómpre modifica xa a Lei de política forestal, empezando por prohibir forestar as terras adicadas a labranza, hai que investir en prevención e hai que devolver o gando ao monte, eliminar as plantación de eucaliptos e dedicar máis terreo á agricultura. Pide que teñan vontade e que invistan no rural, porque nesta ocasión tiveron a sorte de que lles chegara a chuvia a tempo para apagar os lumes, porque a Xunta non podía controlalos. Lembra que, non hai tantos anos, cando había un incendio, avisaban aos veciños tocando as campás da igrexa e a veciñanza saía a apagar os lumes co que podía ou dispoñía. Engade que sorte que este é un país solidario e a xente segue saíndo a apagar os lumes cos medios que teñan, porque o servizo e a atención da Xunta é terceiromundista. Di que as galegas e galegos están fartas/os de ver como queiman Galicia e o goberno da Xunta non o remedia. Di que, para rematar, vaise permitir ser un pouco sarcástica aínda que o problema é moi serio. Engade que había unha mensaxe que circulou nas redes sociais, nos días dos incendios, e era “non deberíamos politizar os incendios, porque a xestión dos bosques é responsabilidade das fadas”. Di que, lamentablemente, así é como lles fai sentir o Sr. Feijoo coas súas actuacións.

O Sr. Pastoriza Pazos di que intentará non crear controversias e buscar solucións, explicacións e análise ao que está a acontecer, de como foi posible chegar a esta situación na que hai máis de 35.000 hectáreas queimadas e 4 persoas falecidas. Indica que cada 4 anos hai vagas de lumes que asolan todo e xera máis alarma do habitual. Di que é complexo de explicar, en poucas palabras, porque ten múltiples causas. Engade que están involucrados diferentes aspectos da política, da economía, cambios climatolóxicos ocasionados polo cambio climático, e nos ten que facer sospeitar cando alguén, cunha soa frase, di que ten a solución, pois estará mentindo. Indica que ao inicio do franquismo, neste país, comenzouse un período de transformación no que é o rural e no que é o monte galego, que están acelerándose cada vez máis, e con todas estas transformacións o que se creou, realmente, foi un escenario inflamable no monte. Poden falar do cultivo do eucalipto, da sequía, provocada polo cambio climático, e todo iso, con moita poboación no medio, no caso de Galicia, cunha poboación moi dispersa. Di que o que ocorre é que moi poucas persoas, no rural galego, poden facer un dano tremendo, con desavenencias entre veciños, con temas de caza, con apertura de pastos ..., hai un abanico de causas iniciais moi amplo, e, ao final, a situación é inflamable. Engade que hai que poñerlle coto a ese escenario inflamable, e para elo, dado que hai un factor, que é o da poboación, que non se pode modificar, evidentemente, o que hai que modificar é ese propio escenario, no cal débese traballar. Indica que en todos estes anos de incendios o que xurdiron, ao redor deles, foron intereses de xente, de colectivos, de empresas que gañan entorno a ese ciclo que, si non se atalla, será irreversible. Indica que poden pagar por plantar pinos ou eucaliptos, pódense cortar, ponden pagar por coidalos ou mantelos, e tamén pola vixilancia, porque, simplemente, ao existir ameaza de incendios xa hai que ter unha vixilancia e un servizo de extinción de incendios e, si se queima o monte, tamén cóbrase por ir. Indica que, ao mesmo tempo, se arde e non se queimou todo, aproveitas a madeira, e entón o que se xera son intereses económicos. Opina que a ninguén lle gusta que arda o monte, pero hai un interese claro en que a cousa non cambien e que todo sega igual, e ese é o gran problema. Di que nese “que nada cambie” vai incluído que se siga plantando, unha e outra vez, eucaliptos, que nin sequera é unha especie autóctona e arden

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

6

coma si botáseselle gasoliña, van incluídas as políticas forestais do PP, van incluídas as políticas de cara ao rural. Indica que o partido Socialista considera que é necesario actuar de urxencia, con certas medidas como son a promoción dunha política forestal que permita a conservación, protección e avaliación dos montes e bosques de Galicia, instar á Xunta de Galicia a elaborar un protocolo que garanta unha maior coordinación e atención temprana dos lumes etc. Remata dicindo que simplemente buscan o apoio dos demais grupos políticos para loitar contra esas vagas de lumes.

A Sra. Sanmartín García di que todos e todas saben que o que sufriu Galicia no mes de outubro foi un “ataque incendiario”, sen precedentes, e, aínda que todo pódese facer mellor, está claro que houbo determinados elementos que o que ocasionaron foi a “tormenta perfecta”, pero, xustamente, sen a tormenta, aproveitando unhas condicións meteorolóxicas extremas, con fortes ventos, con altas temperaturas, cunha baixa humidade, sen apenas choiva dende 6 meses, con lumes que estaban nese momento en Portugal e, sobre todo, o peor, o “ataque incendiario” que houbo, que foi sen precedentes. Indica que, todo isto, o que formou foi unha combinación que puxo ao límite o dispositivo despregado, as brigadas, os efectivos, as motobombas, os medios aéreos, autobombas, e demais, non se daba abasto porque, evidentemente, non só era que o monte estivera sen coidar e que fixera calor, é que estaba habendo un atentado terrorista. Di que ese operativo foi o maior de todo o ano e o maior, practicamente, da historia, pois tiveron que facer fronte a focos que se sucedían continuamente e simultaneamente, multiplicándose en cuestión de minutos. Engade que tamén quere ter en conta aos milleiros de veciños e veciñas que non dubidaron, en ningún momento, en saír á rúa e poñerse a traballar, sen apenas medios, e foron capaces de facer fronte ao lume e poñerse a disposición dos profesionais para colaborar con eles en todo o posible. Indica que a prioridade, en todo momento, foi protexer os núcleos de poboación, e pensa que se conseguiu bastante, pois durante a vaga de lumes producíronse un total de 264 incendios, dos cales, 177 foron parados antes de que o vento os estendese, pero, só no domingo, entre as 6 da tarde e as 12 da noite, houbo 68 novos lumes, co cal, considera que é un ataque terrorista. Di que si se ten en conta os datos, dende o 1 de xullo ata 30 de setembro, houbo un 20% menos de incendios que no ano 2016 e unha superficie queimada dun 69% menos, co cal, aínda que se queimaron, no verán, 6.000 hectáreas, foron 14.000 hectáreas menos que no verán de 2016. Manifesta que estes datos o que amosan é que o operativo coordinado pola Xunta foi quen de facer fronte a un verán extraordinariamente cálido e seco. Engade que todos os factores eran negativos e, posiblemente, confluíron, nesa semana, a falta de auga, as altas temperaturas, os efectos do furacán “Ofelia”, con rachas de vento moi elevadas, e, todo iso, sumado ao terrorismo incendiarios, sen precedentes, orixinou o que orixinou. Di que está claro que se tomaron medidas en materia de persoal, como consecuencia da declaración de época de perigo alto de incendios forestais, e foi o maior operativo dende o ano 2011, sempre tendo en conta o PLADIGA, o Consello Forestal de Galicia, o Comité Integrado de Prevención de Incendios, o Comité Policial Contra os Incendios, os convenios que están en vigor por parte da Xunta, coa FEGAM, coas deputacións, cos concellos, co Ministerio de Defensa etc. Anuncia que, por todo o exposto, o voto do grupo municipal do PP a esas tres mocións vai a ser en contra, xa que non é un tema para que os políticos “saquen tallada”, pois está claro que nestes casos o que hai é que arrimar o ombro e como se está debatendo e traballando no Parlamento, en comisións e demais, cada partido pode debater e aportar ali. Engade que, aínda, que hai puntos que poderían votar a favor, valoraron o resto dos puntos, que son temas que requiren máis estudo, pois non teñen os datos suficientes, e por iso van a votar en contra. Engade que para o grupo municipal do PP non ten sentido posicionarse como Concello, pois Marín tivo a sorte de non ser un concello afectado por ese tema, pero puido selo, no lago de Castiñeiras ou noutras zonas máis próximas as vivendas, como pasou noutros concellos. Di que o importante é que se cheguen a consenso onde se ten que achegar e que se faga unha lei para loitar, sobre todo, coa lacra dos “terroristas incendiarios”.

O Sr. Franco Outón sinala que, evidentemente, nunha frase non van a atopar a solución a este problema, e invita a todas as persoas que forman parte desta Corporación a que estuden o modelo forestal de Nafarroa, onde non hai incendios. Engade que algo farán ben, e que, ao mellor, é un modelo que haberá que estudar e que é importante. Indica que aquí fixéronse alusións a unha serie de cuestións circunstanciais, choiva, cambio climático, Portugal, e deben de pensar que os incendios só producíronse este ano, cando isto é un problema que se ven repetindo, ano tras ano, e é o problema de sempre, non é un problema puntual, porque non chovera. Sobre o que di a Sra. Sanmartín de ataque terrorista, dille que, en todo caso, será un ataque terrorista executado por aqueles para os que o PP esixa nos Parlamento. Di que, aquí, estase a dar unha visión moi puntual do problema, de cuestións circunstanciais, cando non é así, senón que é un problema estrutural. Recomenda que lea a estruturalistas como Lévi-

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

7

Strauss, xa que é un problema estrutural, de como se leva ordenando o territorio e como se leva ordenando a masa forestal en Galicia dende o franquismo. Dille á Sra. Sanmartín que non fale de que isto non é unha cuestión para sacar tallada, pois con consultar a hemeroteca pódese ver o que dicía o Sr. Feijoo cando foron os incendios do ano 2006. Engade que nada que dicir cando, o PP fala de que non hai que sacar tallada de determinadas circunstancias cando é o partido que saca máis tallada das cuestións mas escabrosas. Remata preguntando, á Sra. Sanmartín, que medios de prevención ten Marín si mañá hai un lume no lago de Castiñeiras, preto das vivendas, de que medios dispón o Concello para facer fronte aos lumes.

A Sra. Santos Omil manifesta que a prevención de lumes si é facer política, pois os incendios poden afectar a calquera concello, oxalá non fose así, e dende Marín non van solucionalo pero si poden aportar solución, tendo vontade, sobre todo. Di que, desgraciadamente, os incendios non son problema dun ano, senón que en Galicia hai un problema que se pode cualificar case como normal e, por desgraza, co cambio climático, isto ten pinta de ir a máis. Respecto a Portugal di que está a dar exemplo de como si se poden cambiar as medidas de política forestal, pois despois da grave vaga de lumes que padeceron, con tantas vítimas, si cambiaron a política forestal, a política de montes, cambiaron as leis, e si hai investigación e si hai dimisións dos responsables de todo iso, sen embargo, aquí parece que se quere ocultar, págase cun pobre home que púxose a asar cando non debía, que o que queimou, comparado co todo o que ardeu, é unha “miseria” e utilizárono de “cabeza de turco” para dicir que están perseguindo aos “terroristas que queiman Galicia”, cando non é así, pois non se está atallando o problemas, nin se está poñendo solucións e estase a poñer unha cortiña de fume.

O Sr. Pastoriza Pazos di que, persoalmente, non está de acordo con que se diga que son ataques terrorista, pensa que o que hai é unha concatenación de circunstancias, e o primeiro que se lle ven a unha persoa á cabeza é dicir que son ataques terroristas, cando aínda non teñen o análise feito do que está a acontecer, e, ao mellor, algúns nin a teñen agora. Sobre o que comentou a Sra. Sanmartín García, de que este non é un tema para que os políticos “saquen tallada”, recórdalle que fai 10 anos o Sr. Feijoo dicía cousas como “Galicia non arden, a queiman”, e outras, que son bastantes mais fortes, como “con nosotros no moriría gente en los incendios”, engade que este tipo de cousas el non as diría por ética e por decencia política. Di que vai a responder ao Sr. Franco Outón á pregunta de que medios de prevención dispón Marín, e como, tamén, comentaba a Sra. Sanmartín de que houbo unha concatenación de circunstancias, como ventos fortes, moitos calor, un ciclón, etc, pois hai unha persoa, na Xunta de Galicia, que catro días antes da vaga de lumes despediu a 436 brigadistas, dicía que xa non había perigo. Lembra que el en Comisión Informativa, antes da vaga de lumes, preguntou o que acaba de preguntar o Sr. Franco Outón. Engade que ao chagar á Comisión Informativa dixo que había altas temperaturas, que había previsión de sequía, que xa estaban fora da tempada, pero que as previsións eran moi malas, e podían ter unha vaga de lumes, e preguntou cales eran as previsións que había e as medidas contra incendios en Marín, e o que comentouse foi algo das comunidades de montes e de limpeza, etc.. Indica que tamén preguntou pola sequía e polo subministro de auga, e o que parécelle incrible é que un concelleiro, nunha Comisión Informativa de Rural, sexa capaz de darse conta de que hai ventos de máis de 30 km/hora, dunhas temperaturas de máis de 30 grados, e unha humidade de menos de 30 %, e o presidente da Xunta poda dicir, 4 días antes, que despide a 436 brigadistas porque non hai perigo.

A Sra. Sanmartín Garcia responde ao Sr. Franco Outón que Marín está adscrito ao Consorcio Provincial de Bombeiros, a parte de ter Protección Civil, ademais de ter as brigadas municipais que ese día estiveron todos traballado e estaban todos en alerta. Engade que mantén que “Galicia non arde, a queiman”, e que practicamente é imposible, como din os datos que deu, que en apenas seis horas se iniciaran 68 novos lumes. Pregunta se iso non é un ataque terrorista, aínda que pódese chamar doutra maneria, pero o que está claro é que de xeración espontánea, a xusta.

Ao non haber máis intervención, a Sra. alcaldesa da paso a votación de cada unha das mocións.

* A Sra Alcaldesa somete a votación ordinaria a MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON, DIRIXIDA Á COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE AO ABEIRO DOS LUMES QUE ASOLARON O PAÍS GALEGO - (Expte.: 464/17) que obtén dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos a favor dos/as

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

8

concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3).

Ao producirse como resultado da votación un empate de votos, e de acordo co artigo 100.2 do ROF, efectúase unha nova votación co seguinte resultado: dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3).

Ao persistir o empate, decide o voto de calidade da Sra. alcaldesa-presidenta, que, neste caso, é en contra, en consecuencia queda rexeitada a moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON, dirixida á Comisión de Medio Ambiente ao abeiro dos lumes que asolaron o país galego. (Expte.: 464/17). * A continuación a Sra Alcaldesa somete a votación ordinaria MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA CONTRA OS LUMES FORESTAIS E POLO DESENVOLVEMENTO RURAL. (Expte.: 466/17) que obtén dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3).

Ao producirse como resultado da votación un empate de votos, e de acordo co artigo 100.2 do ROF, efectúase unha nova votación co seguinte resultado: dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3). Ao persistir o empate, decide o voto de calidade da Sra. alcaldesa-presidenta, que, neste caso, é en contra, en consecuencia queda rexeitada a moción do grupo municipal do BNG-AA contra os lumes forestais e polo desenvolvemento rural. (Expte.: 466/17). * Seguidamente, a Sra. alcaldesa somete a votación ordinaria a MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE SOBRE A VAGA DE LUMES SOFRIDA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - (Expte.: 475/17) que obtén dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3).

Ao producirse como resultado da votación un empate de votos, e de acordo co artigo 100.2 do ROF, efectúase unha nova votación co seguinte resultado: dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3). Ao persistir o empate, decide o voto de calidade da Sra. alcaldesa-presidenta, que neste caso é en contra, en consecuencia queda rexeitada a moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a vaga de lumes sofrida na provincia de Pontevedra. (Expte.: 475/17).

5.- MOCIÓN URXENTE DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA, RELATIVA Á PRESENTACIÓN DE EMENDAS AO PROXECTO DE ORZAMENTO DA XUNTA DE GALICIA PARA O ANO 2018. (EXPTE.: 476/17).

A Sra. alcaldesa indica que o propio grupo municipal do BNG-AA presentou unha emeda á moción.

A Sra. Secretaria secretaria da lectura á parte dispositva da moción que se sinala no epígrafe, do seguinte tenor literal:

“1.- Presentar ante o Goberno da Xunta de Galicia as emendas ao proxecto de orzamento para o ano 2018 para que se recollan as partidas económicas necesarias que permitan:

• A rehabilitación da edificación daCasa do Mar de Marín converténdoa nun espazo moderno, cómodo, accesible e versátil para todos os usuarios, primando a prestación do servizo á terceira idade nunha das súas plantas. Na outra planta poderase dispoñer para as entidades xuvenís, culturais e sociais, locais onde poidan realizar as súas actividades.

• A firma dun convenio entre Xunta e o Concello de Marín, para o financiamento da construción dunha nave para os deportes náuticos.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

9

• A redacción do proxecto e a execución da obra necesaria para a retirada do colector de saneamento da canle do río Lameira.

2.- Trasladar este acordo aos distintos grupos políticos presentes no Parlamento de Galicia.” A continuación, da lectura á emenda que ten por obxecto modificar o anterior contido, dado que, como indica a emenda, o prazo para presentar emendas parciais ao Proxecto de Orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2018 rematou o pasado 17 de novembro, e co obxectivo de manter a vixencia da moción, presentan a emeda do seguinte tenor literal: “1.- Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia que no proxecto de orzamento para o ano 2018 recóllanse as partidas económicas necesarias que permitan:

• A rehabilitación da edificación da Casa do Mar de Marín converténdoa nun espazo moderno, cómodo, accesible e versátil para todos os usuarios, primando a prestación do servizo á terceira idade nunha das súas plantas. Na outra planta poderase dispoñer para as entidades xuvenís, culturais e sociais, locais onde poidan realizar as súas actividades.

• A firma dun convenio entre Xunta e o Concello de Marín, para o financiamento da construción dunha nave para os deportes náuticos.

• A redacción do proxecto e a execución da obra necesaria para a retirada do colector de saneamento da canle do río Lameira.

2.- Trasladar este acordo aos distintos grupos políticos presentes no Parlamento de Galicia.” A Sra. Blanco López explica que esta moción presentouse pola vía de urxencia para ser tratada no Pleno anterior a tempo de ser aprobada e de remitirse ao Parlamento, porque o debate era o día 17 do mes pasado, e polo tanto chegaba a tempo, pero a moción non se tratou, ao igual que outras da orde do día, porque o Pleno rematou antes de chegar a ese punto e, polo tanto, a moción perdeu vixencia, e ise é o motivo de que presentasen esa emenda, para darlle un pouco de sentido, pois senón non ten sentido emendar uns orzamentos que agora mesmo xa están en Comisión para logo ir a Pleno e ser aprobados definitivamente. Indica que o grupo municipal do BNG-AA o que pretendía emendar nos orzamentos era aumentar as partidas que se destinaban a Marín e, en concreto, nos ámbitos que se acaban de citar. Engade que a antiga Casa do Mar, onde estaba emplazado o centro de saúde, leva máis de un ano en desuso, e, xa, o grupo municipal do BNG-AA presentou unha moción, no seu momento, que non foi aprobada, ao ser rexeitada polo grupo maioritario, neste Pleno, para que pasase a uso municipal e para emprazar alí unha serie de servizos e, en concreto, para que os veciños e veciñas de Marín poidensen ter espazo onde realizar as súas actividades, dada a carencia que hai de espazo público para os colectivos sociais e culturais. Aquela moción non foi adiante, aínda que o grupo de goberno -aínda que están á espera de que concrenten as xestións que se fixeron- admitían que estaba de acordo a que pasase a ser de uso municipal, pero, un ano máis tarde, non ten noticias concretas sobre iso, pero o que é unha realidade é que a Casa do Mar segue en desuso e deteriorandose, día tras día, por iso o grupo municipal do BNG-AA solicita investimentos, por parte da Xunta de Galicia, para acondicionalo. Manifesta que, como é coñecido, este Pleno ten aprobada a construcción dunha nave de deportes náuticos, tamén, a través unha moción presentada polo grupo municipal do BNG-AA, que foi aprobada por unanimidade, despois dunha emenda do grupo municipal do PP, constituise un grupo de traballo, que hai case anos que non se reune, e, despois da proposta de emprazalo na punta do paseo Alcalde Blanco, iso quedou en nada, apesar de que foi unha proposta do grupo de goberno e, a día de hoxe, os clubes seguen nunha situación totalmente precaria, dentro do Porto, e cada vez cunha situación máis perigosa para os nenos e nenas que realizan estes deportes, polo tanto, piden que á Xunta de Galicia a partida orzamentaria necesaria para a construcción desa nave, unha vez que había un emprazamento e un acordo unánime por parte deste Pleno. Engade que tamén demandaban unha partida orzamentaria para levar a cabo a retirada do colector da canle do río Lameira, unha vez que xa estaba incluído no convenio orixinal que se firmou no 2010, por outro goberno municipal, e unha vez, tamén, como repetidamente lévase manifestado aqui, por parte de todos os grupos, que é unha cuestión pendente e urxente para que todas a obras de saneamento que se están facendo cumpran, realmente, cunha rede separativa que evite os vertidos á ría de Marín e, finalmente, pedían trasladar isto ao Parlamento galego para que todos os grupos tivesen coñecemento a tempo e o poideran defender na Cámara. Engade que como non vai a ser así, emendan a parte dispositiva no sentido de, en lugar de emendar os orzamentos, solicitar do goberno da Xunta e dos grupos políticos que defendan a inclusión de partidas orzamentarias dentro dos orzamentos para que se poidan levar a cabo todas estas obras

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

10

que acaba de citar e nas que, reiteradamente, todos os grupos desta Corporación manifestaron, no seu momento, seu acordo unánime sobre elas. Comenta que a moción ven sen ditaminar porque como figura como urxente, non se ditaminou en Comisión Informativa, dado que tiña que vir obrigatoriamente a Pleno. A Sra. alcaldesa anuncia que o grupo municipal do PP vai a votar a favor da emenda, e que vai a deslindar o que espera, das tres peticións que se fan, de cara ao orzamento da Xunta do 2018, tal e como levan traballando xa bastante tempo. Respecto da Casa do Mar, dende o ano 2016, antes de que a abandonase o servizo de atención primaria que se desenvolvía alí, xa fixeron a petición á Secretaría Xeral de Patrimonio da Consellería de Economía respecto do interese do Concello pola utilización dos locais que naquel momento estaban sendo ocupados polo Sergas, e contestouselles que a titularidade da Casa do Mar era da Tesorería da Seguridade Social e que, polo tanto, o trámite que había que realizar era a retrocesión do ben, inicialmente dende a Xunta á Tesorería da Seguridade Social, e, posteriormente, se así era o seu interese do Concello, que fora cedido directamente ao Concello, dende a propia Tesourería da Seguridade Social. Engade que así fíxose, nunha petición a principios deste ano, e xa se publicou a través dun acordo do propio Consello da Xunta, de data 20 de xullo de 2017, onde acordan autorizar a retrocesión a favor da Tesourería Xeral da Seguridade Social da primeira planta da Casa do Mar, porque esa planta era a única, naquel momento, de titularidad do Sergas, pois a segunda planta nunca foi de titularidade da Xunta. Indica que é onde ten as oficinas o ISM e, a outra parte, que posteriormente se remodelou, figuraba a sala de xuntas, ou pequeno auditorio, que posteriormente remodelouse cando dilatouse tanto a súa construcción do novo centro de saúde, e chegaron a unha cesión moi puntual para ter alí o servizo de Pediatría. Polo tanto, o único que figura de titularidade do Sergas era a primeira planta, que é sobre a que se fai a retrocesión e sobre a que o Concello ten solicitada a cesión, que son 643 m/2 para usos sociosanitarios, que é o que o actual grupo de goberno pretende ter nesa planta. Engade que ese trámite está en marcha e que están á espera da resposta da Tesourería da Seguridade Social para finalizar ese trámite e, tal como teñen falado coa Consellería de Política Social, tratar de facer un investimento na súa remodelación. Di que xa solicitaron prezos e orzamentos para levar a cabo ese proxecto, e ver, entre todos, o mellor uso nesa importante superficie, nun lugar estratéxico. Respecto da nave de deporte náuticos, ademais de dicir o mesmo, hai que engadir que é o obxectivo do actual grupo de goberno, e que apoiaran, a través da Xunta de Galicia e co Concello, poder construir esa nave de deportes náuticos, que xa o teñen solicitado, dende hai tempo, á Deputación de Pontevedra, cando lle tiñan solicitado á Xunta a construcción do pavillón en Seixo, pero non teñen ningún problema en apoiar este tema porque entra dentro dos obxectivos do actual grupo de goberno, pero ten que ser nun espazo, dentro do espazo cedido polo Porto, que sexa urbanisticamente viable, onde se poida construir. Respecto do colector do río Lameria, informa que falaron, dende fai tempo, con Augas de Galicia, e dentro do propio Plan de saneamento local da ría figura como unha das actuacións estratéxicas a levar a cabo. Polo tanto o voto do grupo municipal do PP vai a ser favorable. A Sra. Santiago Suárez adelanta que o voto do grupo Socialista tamén vai a ser favorable, pois son proxecto que tamén eles demandan dende fai moitos anos, pois son históricos. Indica que nos puntos de acordo sobre a Casa do Mar, a Sra. alcaldesa dixo que a parte de arriba pertence ao ISM, e parece ser que volveron a solicitar os sindicatos, a parte que se había arranxado para Pediatría, porque queren facer un centro de formación, e pensa que dixeronlle que si que xa están cos proxectos e supón que, en calquera momento, habera unha petición no Concello, polo que pensa que é un pouco asurdo a petición de “Na outra planta poderase dispoñer para as entidades xuvenís, (...)” porque non via a ser posible, pero, por outro lado, tamén estarían de acordo se non fose así. Engade que foi unha pena que non poidera ir para o 2018, e indica que as alegacións ao presuposto do grupo municipal Socialista as presentaron directamente en Santiago, sen pasar por aquí, pero están de acordo con estes puntos, que poden ser estes e moitos máis. O Sr. González Dopazo di que este tema non tratouse no anterior Pleno, e que, pola parte que lle toca ao seu grupo, deberían facer autocrítica, pero tamén alega que cando se tratou este tema, coa cuestión de orde e a rixidez do regulamento, pensa que a compañeira Pesqueira Pérez, fíxose un leo. Engade que o tema debeuse tratar no anterior Pleno porque agora xa non é unha cuestión de actualidade. Di que das peticións do grupo municipal do BNG, no tema da Casa do Mar, pensa que non deberían entrar no concreto porque cada grupo ten unha opinión ao respecto que non se comparte, pois en lugar de dedicalo á terceira idade, ao mellor, pódese dedicar a enfermos con mobilidade reducida, ou enfermos con eivas por enfermidades mentais, por iso pensa que non se debería concretar e que deberia deixalo para máis adiante, poñendose de acordo todos os grupo políticos. Sobre o convenio da Xunta de Galicia para facer a nave para deportes náuticos, di que iso é evidente, pois xa o aprobaron aquí e están

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

11

esperando que se financie esa obra. Respecto á retirada do colecto da canle do río Lameira di que “clama ao ceo” e non entende como aínda pode estar instalado na canle do río, xa que é un adefesio ademais co perigo que supón que se poida taponar o canle do río. Indica que o grupo municipal de Marea Veciñal de Marín – SON, apoia totalmente esta moción. A Sra. Blanco López agradece o apoio de todos os grupos e lamenta que a moción non fose adiante no Pleno anterior. Engade que pensa que non só foi responsabilidade da portavoz da Marea, había unha petición para cambiar a orde do día, e opina que cando hai unha petición hai que votala e si a tiveran votado, ao mellor, non estaban nesta situación. Alude ao dito polo Sra. alcaldesa de que hai un acordo da Xunta de Galicia, do 20 de xullo de 2017, e pide que se poña esa información a disposición de todos os grupos, pois é un tema no que deberíanse poñer todos de acordo, e ata este momento non tiñan constancia deste feito. Tamén solicita que se concrete como se realizou esa petición dende o Concello, porque as noticias que ten, directamente, do ISM non son esas, parece que trascende que non hai, polo menos, unha solicitude formal por escrito, pero, ao mellor, esa información é incorrecta e si que a hai, pero, en todo caso, solicita que se poña a disposición dos grupos municipais porque non teñen porque estar desinformados nun tema como este. En canto ao que solicitan para a Casa do Mar, pensa que é algo aceptado pola maioría da poboación, que si reclama espazos para realizar as súas actividades, reservar un espazo para a terceira idade tamén é indiscutible, ademais xa hai un compromiso da Xunta para iso e pensa que non deberían retrasar poñer a disposición es local por culpa desa cuestión, e, en todo caso, a segunda planta son conscientes de que están as oficinas do ISM, pero sempre sería negociable con eles o espazo que hai, pois non sabe, a estas alturas, o que necesitan e o que non, pero os sindicatos están solicitando, e en todo caso sería negociable. En canto ao tema da nave, di que lle gustaria que a Sra. alcaldesa aclarase onde é urbanisticamente viable dentro do Porto, porque o grupo municipal do BNG-AA propuxo que se rehabilitase unha nave, e o grupo municipal do PP dixo que non, que era inviable, e propuxeron facelo na punta do paseo. Engade que non sabe se o porpuxeron sen saber se era urbanisticamente vivable ou non, pero, en todo caso, reclama que se aclare esa cuestión, posto que foi o grupo municipal do PP quen propuxo ese lugar. Engade que ante a demanda e a urxencia de contar cunha nave, eles non discuten o lugar, foi o grupo municipal do PP quen discutiu a proposta inicial do grupo municipal do BNG-AA, por iso solicitalle que o aclare. Remata agradedendo, de novo, o apoio á moción e espera que se remita á maior brevidade e que os grupos políticos presentes no Parlamento o defenda tamén. A Sra. alcaldesa aclara, respecto da Casa do Mar, que foi un acordo do Consello da Xunta, pero a petición que fíxose dende o Concello, unha vez que estudaron cales eran os trámites para que poideran ceder directamente ao Concello, xa que tamén se barallou coa propia Xunta facer un cambio de uso, única e exclusivamente de adscrición seguindo a propia Xunta de Galicia como titular da primeira planta da Casa do Mar, pero se foi por outra vía para tratar de que sexa o Concello o que decida os usos que se darían nesa planta, dentro do que xa cingue o PXOM e efectivamente a Tesourería da Seguridade Social, que son os titulares. Engade que xa fixeron esa petición ao distintos organismos que tiñan que intervir cando aínda estaba o Sergas funcionado na Casa do Mar, concretamente o 22 de marzo de 2016, que foi cando se fixo a primeira petición, cando se lles contesta dende a propia Xunta o trámite a seguir e, posteriomente, o que se acorda no propio Consello da Xunta é realizar esa retrocesión porque é a vía legal para que a propia Dirección Provincial da Tesourería da Seguridade Social, que é á que se lle remitiu a solicitude que ten a petición, no momento en que lles dixeron que xa tiñan a retrocesión do ben e que podían realizar esa solicitude. Engade que xa está realizada e, polas comunicacións que ten, non debería prolongarse moito, aínda que é un trámite complexo, para proceder a esa cesión da primeira planta, que é a que era do Sergas. Indica que son 643 m/2 e pensa que da perfectamente cabida para os usos que algúns están barallando, aínda que depois haberá que ver, para rehabilitala e poñela en condicións, de cara ao futuro, se ao final as obras que se fan dende os sindicatos ou a través do ISM, o contido que teñen, pois, neste momento, non lle consta que haxa ningún proxecto, si verbalvemente, pero non hai ningunha petición de solicitude de licencia de obras. Respecto da nave de deportes náuticos, di que será onde urbanisticamente, o Plan especial do Porto e o Plan de usos do Porto, permitan facer esa nave. Di que, efectivamente, na punta do peirao pódese facer, desde o punto de vista urbanístico, pero o grupo municipal do PP non o quere facer na punta, porque parécelle un sitio nefasto, non só visualmente, non só porque hai que facer un estudo de detalle, non só porque tería uns condicionantes, senón porque, ademais, o acceso ao mar dun monton de nenos nese lugar parécelle ata perigoso. Respeceto do colector di que perfectamente de acordo.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

12

A Sra. Santiago Suárez manifesta que a Sra. alcaldesa acaba de sorprenderla co da punta do peirado e di que está encantada porque ela está totalmente de acordo en que é un sito nefasto, pero extráñalle porque sempre pensou que era a súa opción. Reitera que está encantada con que recapacitasen xa que considera que é un sitio terrible para os nenos e as nenas. O Sr. González Dopazo di que o tema da nave de deportes náuticos non deixa de sorprendelo pois cando houbo aquela xuntanza cos equipos de deportes náuticos e a Federación de Piragüismo o que se dixo foi que o único sitio viable, onde se podía facer, era na punto do peirao detrás da nave cuberta de Nogueira, e agora din que non pode ser, que era o que dicían os demais grupos políticos e a maioría dos que estaban alí. Engade que a Marea Veciñal de Marín dicía que parecialle que ese sitio era perigoso e que non era o máis convinte, e apostaban pola nave de Pérez Torres. Engade que benvido sexa que reflesionasen e que désense conta de que ise non era o mellor sitio escollido. A Sra. Blanco López pensa que debería haber, urxentemente, unha convocatoria do grupo de traballo sobre a nave de deportes náuticos. Dille á Sra. alcaldesa que foi o seu concelleiro quen propuxo falelo alí, e que non sabe se é que non llo consultou, ou non falou con ninguén ou si tomoulles o pelo aos que estaban na mesa, pois chegoulles a presentar unha memoria valorada, que teñen os presidentes do clubs, para facer a nave de deportes náuticos alí. Engade que o BNG-AA propón rehabilitar unha nave que hai no Porto, que é a única que hai que é do Porto, e pedían en que se ceda ao Concello e que se rehabilitase, porque é o mellor emprazamento, e foi o grupo municipal do PP o que dixo que aí non se pode, e os que propuxeron facelo na punta, e agora ven dicindo que é nefasto. Pregunta se estan tomando o pelo á xente, xa que se constituen grupos de traballo, veñen cunha proposta por escrito, cuns planos para facelo nun sitio e agora di aquí que ese sitio é nefasto. Pide que volva a reunir á xente e que o aclare. * A continuación, sométese a votación a ratificación da inclusión do asunto na orde do día, por non estar ditaminado, que é aprobada por unanimidade dos 20 membros presentes, dos 21 que compoñen a Corporación.

* Seguidamente, sométese a votación ordinaria a emenda á moción relativa á presentación de emendas ao proxecto de orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2018. (Expte.: 476/17) que é aprobada por unanimidade dos 20 membros presentes, dos 21 que compoñen a Corporación, adoptándose, en consecuencia, o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

1.- Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia que no proxecto de orzamento para o ano 2018 recóllanse as partidas económicas necesarias que permitan:

• A rehabilitación da edificación da Casa do Mar de Marín converténdoa nun espazo moderno, cómodo, accesible e versátil para todos os usuarios, primando a prestación do servizo á terceira idade nunha das súas plantas. Na outra planta poderase dispoñer para as entidades xuvenís, culturais e sociais, locais onde poidan realizar as súas actividades.

• A firma dun convenio entre Xunta e o Concello de Marín, para o financiamento da construción dunha nave para os deportes náuticos.

• A redacción do proxecto e a execución da obra necesaria para a retirada do colector de saneamento da canle do río Lameira.

2.- Trasladar este acordo aos distintos grupos políticos presentes no Parlamento de Galicia.

6.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, FACENDA E PERSOAL EN RELACIÓN COA PROPOSTA DO CONCELLEIRO DELEGADO DA ÁREA PARA A APROBACIÓN DA ADENDA Nº 3 AO CONVENIO SUBSCRITO, O 21 DE DECEMBRO DE 2012, POLOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA, SANXENXO, POIO, MARÍN E VILABOA E A SOCIEDADE ESTATAL AUGAS DE LAS CUENCAS DE ESPAÑA S.A. PARA A CONSTRUCIÓN E EXPLOTACIÓN DA ACTUACIÓN “NOVO ABASTECEMENTO DE AUGA A PONTEVEDRA E A SÚA RÍA”. (EXPTE.: 461/08).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, celebrada o 5 de decembro de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

13

O Sr. Santos Costa expón que o 21 de decembro de 2012 asínase o convenio entre a Sociedade Acuanorte, hoxe en día denominada AcuaEs, o Concello de Marín e os concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Vilaboa para dotar a estes concellos dun novo abastecemento de auga que solucione as deficiencias dos actuais e garante o subministro da auga no futuro aos veciños de Marín. Claramente están a comprobar que a decisión adoptada, no seu momento, de adherirse a este convenio foi moi acertada, tendo en conta os problemas que hai cada vez que hai unha avaría na rede antiga de subministro de auga en alta que ven dende o Concello de Pontevedra. Por exemplo, a última rotura que se produciu nesa tubería de subministro en Pontevedra provocou que durante unha semana houbera continuas restriccións de auga en moitísimas zonas do termo municipal, agravadas sobre todo nas zonas de Mogor e Seixo. Esta claro que cando este novo colector entre en funcionamente, no caso de producirse calquera avaría, ou no colector antigo, o subministro de abastecemento non se vai a resentir en ningún momento por ter a posibilidade de subministrarse por dúas vías diferentes. Ademais, tamén, nos períodos estivais cando máis problemas hai de subministro, sobre todo nas zonas turísticas como pode ser Seixo, contarase cun subministro que se proporcionará cunha presión suficiente para que ningún veciño teña problema no abastecemento, polo tanto, é unha rede que complementará e mellorará o servizo actual e garantirá o subministro ao 90% da poboación do concello durante moitos anos, cousa que coa antiga rede iso non estaría garantido. En canto ao financiamente do total do investimento que inicialmente se plantexaba en dito convenio, indica que foi modificada nunha primeira adenda asinada en novembro de 2013, na cal se prevía un investimento total de 33 millóns de euros e a estrutura de financiación era a seguinte: AcuaEs financiaría o 15%, cuxo importe é de 4.950.000 € e despois a repercutiría aos concellos a devolvelo en 45 anos; con fondos Feder se trataría de financiar un 70%, aproximadamente, 23.100.000 €, e o 15% restante o financiarían os concellos, ascendendo o total a 4.950.000 €, sendo a achega do Concello de Marín de 1.155.000 €. Tanto o total do investimento como a porcentaxe de financiamento da mesma quedarían pendentes sempre do axuste ata o remate final das obras, onde, aquí, determinaríanse as cantidades finais e definitivas que debería asumir cada administración. Polo tanto, unha vez rematadas as obras e tendo xa claras as cantidades finais do investimento, así como os importes que se subvencionan a través dos fondos Feder, xa saben os importes que ten que asumir cada organismo. Tendo en que a cantidade que inicalmente se prevía obter dos fondos Feder rebaixouse de 23 millón, ata case 19 millóns, debido sobre todo aos importes destinados a expropiacións e outros gastos non deducibles, isto provoca que se teñan que modificar as porcentaxes e importes que finalmente se repercuten. Polo tanto os importes que destribuiránse finalmente son os seguintes: AcuaEs financia o 22,79% da cantidade, o que supon 7.520.700 €, que é o importe que se vai a repercutir aos concellos para a súa devolución en 45 anos; con fondos Feder se financia un 57,51%, o que supón 18.978.798 €, e o 19,70% o financian os concellos, ascendendo o total a 6.500.502 €, sendo a achega do Concello, neste anos, de 1.278.683 €, quedando pendente de asumir, pola execución desas obras, 159.963 € para completar os compromisos do Concello, quedando pendente por devolver as cantidades financiadas por AcuaEs que se farán efectivas nos próximos 45 anos. Di que, unha vez finalizadas as obras, trátase de asinar esta adenda onde xa se reflicten as obrigas de pago finais dos distintos concellos.

A Sra. Santiago Suárez di que este é un expediente eterno e como é “un clásico” o Sr. Santos Costa conta a súa “película” e ela vai a contar a súa, que tamén é “un clásico”. Indica que o grupo Socialista vai a votar en contra, non porque non crean que non é necesaria a obra, senón porque consideran que este convenio é para a distrubición de auga en alta, sendo competencia da Xunta e de Augas de Galicia, sen embargo o paga todo o mundo menos Augas de Galica, polo tanto, unha vez máis, van a votar que non, porque non deben facerse así as cousas. Comenta que cando neste Concello gobernaba o partido Socialista non quixeron subscribir o convenio, non pola necesidade, ou non, da obra, senón porque a compentencia do Concello é a distribución en baixa da auga, é dicir, téñenlla que traer ao Concello para logo, dende aquí, distribuila aos veciños, e non poden pagar unha obra, durante 45 anos, que ten que pagar Augas de Galicia e que non o vai a facer, xa que, ao final, a paga, practicamente, Europa e, logo, os concellos teñen que entrar aí tamén. O grupo Socialista segue dicindo, unha vez máis, que non, de feito, os informes, sobre todo os de asinar o convenio, non eran excesivamente benignos con este convenio. Engade que, ademais, a esa sociedade dáselle un poder para que mande na auga de todos estes concellos e vai a ser quen teña o poder para poñer o prezo aos veciños e veciñas, neste caso de Marín, e, seguramente, van a incrementar o recibo e o Concello non vai a poder facer nada, a autonomía que tiñan para este asunto a van a perder, unha vez que isto entre en funcionamento e empécense a pagar as cousas.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

14

A Sra. Blanco López indica que este tema non é a primeira vez que ven a Pleno, e di que o grupo municipal do BNG-AA ten unha postura, inicial, dende que o grupo de goberno decidiu meterse neste proxecto. Engade que o propio concelleiro, ao empezar, coa súa manifestación de que foi unha decisión moi acertada, xa se decubre el só, xa que ninguén pediulle ningunha xustificación, e o que manifesta é a súa culpa, e, as razóns son varias, e hoxe non fan máis que dar unha máis, pero, dende logo, as que manfiestaban o BNG no inicio non están superadas en absoluto. Engade que o grupo de goberno asinou o convenio no 2012, estamos en 2017 e xa perdeu a conta das veces que manifestaron que este convenio de AcuaNorte-AcuaEs -que aparte de cambiar de nome vai cambiando de todo- non ía a dar solución aos problemas de auga que teñenos veciños. Comenta que hai dous veráns a Sra. alcaldesa foi a Seixo, cando acuciaba o problema da auga, e, nunha asamblea que provocou o BNG para que foran alí a dar a cara e a explicarlles porque non tiñan auga, prometeulles que no verán seguinte ían a tela, pero xa pasaron dous e seguen con problemas de auga. Este convenio millonario, que non se sabe cando vaise a acabar de pagar, porque este grupo de goberno comprometen ao Concello ata o ano 2061, polo momento, non vai a dar solución aos veciños que neste momento non teñen agua municipal e que son os das parroquias de Santomé ou de Ardán. Di que por aí é por onde deberíase de empezar e no por pagar uns proxectos millonarios que non dan solución aos problemas de auga que teñen os veciños e veciñas de Marín. Ademais, a letra do convenio -diso non lle gusta falar ao Sr. Santos- recolle que serán os veciños, a través do recibo, quen finalmente paguen todos estes custos, e se non o repercuten no recibo, porque vai a ser unha medida politicamente impopular, ao final pagarano, indirectamente, todos este convenio que aprobou o grupo municipal do PP, en solitario, neste Pleno, mentres que todos os demais grupos políticos votaron en contra. Indica que por todos eses motivos, hoxe, o grupo municipal do BNG tamén vai a votar en contra dun proxecto que non se da finalizado, que non da solución aos problemas de auga dos veciños, que non se sabe canto xa se leva pagado, porque se empezou a pagar dende o primeiro momento, cando nin sequere había obras, que non se sabe cando vai a entrar en funcionamento, e que non saben como vai a repercutir economicamente nos veciños, aínda que si saben canto lles custa a todos e a todas.

O Sr. González Dopazo anuncia que o grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON vai a votar en contra da aprobación desta adenda nº 3, e o vai a facer por dúas razons, fundamentalmente. A primeira é porque cuestionan que o Concello teña que sufragar o custe deste reforzo en alta, porque isto compete á Xunta de Galicia, en concreto a Augas de Galicia. Comenta que aos veciños lles cobran un canon da auga. Engade que a ver se o concelleiro delegado explica a noticia que asiu na prensa de que o Concello debe 16.000 € coa Xunta de Galicia polo tema do canon da auga. Indica que a auga que vai a chegar aquí parte do canle río Lérez, a auga flue naturalmente e é tratada por unha empresa privada de Pontevedra, que repercute ese traballo ao Concello de Pontevedra, e, este, a súa vez, ao Concello de Marín, quen logo cobrana aos consumidores finais, que son os veciños de Marín, polo tanto a Xunta de Galicia non intervén neste proceso, sen embargo si que cobra un canon da auga. Engade que é evidente que é a Xunta quen debería sufragar esa parte que teñen que pagar os concellos, que non é do 15%, porque, ademais dese 15%, teñen que pagar o 12,5% que xa non se vai a sufragar cos fondos Feder, entón, aínda que por mor da bonanza financeira rebaixouse esa previsión de pagar 1.900.000 € e se pagaron directamente tanto por parte do Concello de Sanxenxo, o de Pontevedra e o de Marín, e só o de Vilaboa e Poio foron a un préstamo, se ben é certo que se rebaixou 600.000 € e pagáronse 1.288.000 €, aínda quedan por pagar 2.551.000 €. Opina que os números que aparecen na adenda non hai quen os entenda, primero adianta o 15 % a Sociedad Estatal de Aguas de las Cuencas de España, pero, ao final, quen o paga son os concellos, e ese 12,5% que deixa de pagar os fondos Feder, tamén o van a pagar son os concellos, co agravante de que eses 2.551.000 €, que di que é unha parte capital, compoñente fixo de tarifa, outra parte é a compoñente financeira, que serían os xuros, pero hai unha compoñente variable, que é a que cubre os gastos de funcionamento, explotación, conservación da infraestrutura hidráulica e calquera outra relacionada cos anteriores, como cánones, impostos, indemnizacións etc. Manifesta que dentro dese “etc.”, iso é un caixon sen fondo, pois pódese meter de todo aí. Comenta que o informe de Intervención non podía ser un cheque en branco, a este tema, porque esa indefinición do coste definitivo que vai a pagar o Concello, aínda que sexa a 45 anos, como non aparece reflectido nese cadro, non se sabe realmente canto vaille a custar ao Concello, entón, é evidente que o grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON vai a votar en contra da aprobación da adenda nº 3.

O Sr. Santos Costa insiste en que o investimento que se acometeu, aínda que a toda a oposición non lle pareza importante, é importantisimo para o futuro de Marín, un investimento que non é

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

15

moi lucido, pois non se mira, pero é unha dos mellores investimentos que se poden facer para a veciñanza, porque están garantindo un ben esencial e fundamental, como é o da auga, e isto, tendo en conta, ademais, que o colector que a día de hoxe subministra ao Concello de Marín, está nunha situación moi deficiente, e, seguramente, nos próximos anos, vanse a ter moitos problemas, e despois xa se acordarán disto. Polo tanto están moi orgullosos do investimento que se fixo neste novo colector, porque garantirá o subministro de auga ao 90% dos veciños, aínda que a todo os grupos da oposición non lles parece importante que o Concello subministre auga aos veciños. Respecto a que digan que traigan a auga ao Concello, para logo distribuila, di que o Concello ten a obriga e a competencia de subministrar auga aos veciños e non hai ninguén que teña a obriga de traer a auga ao Concello de Marín. Pregunta como se subministraba a auga antes de que se fixera o subministrao dende Pontevedra. Di que un concello pode equivocarse, pero que se equivoque Pontevedra, Poio, Vilaboa e Sanxenxo non é moi normal, xa que a xente sabe o que ten que facer e cales son as súas competencias, e teñen que subministrar auga aos veciños e é o que fan, garantir isto para o futuro. Engade que, ademais, neste investimento hai unha conexión que vai directamente aos depositos que hai en Pedreiras e Cadrelo, fíxose un novo depósito en Pardavila, meteuse a telexestión coa que se controla dixitalmente todos os depósitos, e se iso non o consideran importante entón xa non hai nada que dicir. Engade que un investimento que ao Concello de Marín suporíalle 6.600.000 €, máis de 3.800.000 € subvencionanse con fondos Feder, o Concello pagou 1.288.000€ estes anos e o resto e o resto o van a pagar en 45 anos. Considera que é un investimento moi vantaxosa e máis que xustificada, polo tanto, tratan, agora, de aprobar esta adenda para dar cobertura aos números definitivos do investimento e aprobar definitivamente os importes finais.

O Sr. Muradas Ramos dille oa Sr. Santos Costa que cando o grupo municipal do PP chegou ao goberno municipal atopáronse deslumbrados coa posibilidade dun investimento importante para Marín. Engade que a necesidade desa obra non a discute ninguén neste salon de Plenos, o que se discute é que o grupo municipal do PP embarcou ao pobo de Marín nun gasto que non lle corresponde, que lle corresponde, segundo a Lei de Augas de Galicia, á Comunidade Autónoma, á Xunta de Galicia. Dille que lea a lei e verá que di que é competencia da Xunta subministrar de auga aos núcleos de poboación. Engade que igual que a anterior, e preguntalle quen cre que fixo a obra que subministra hoxe, porque foi a Xunta de Galicia, e houbo un acordo na creación da mancomunidade porque Pontevedra pretendía a maioría absoluta. Dille que non se escude na obra, pois a obra é necesaria, e a apoian todos os grupos, pero non son ricos para asumir un gasto que lle corresponde á Xunta de Galicia. Engade que ese é o meollo dos grupos da oposición que lle presentan neste tema. Dille que eran novatos, acaban de chegar, e algo que o anterior grupo de goberno había rexeitado, porque entendían que a Xunta, que é a principal responsable do subministro de auga, “se ía de rositas”, e, ademais, o mecanimos que queda agora para o control do prezo de auga, van a ter que dar contas moi serias do gasto no que meteron á poboación de Marín, facéndolle un gran favor á Xunta de Galicia que era a que tiña que cofinanciar con Europa esta obra. Reitera que a obra é moi necesaria, moi bonita, e moi ben, mellorable, como todo, pero moi ben e moi necesaria, e iso o aplauden todo, pero o que non aplauden é o financiamento, o embarque que lle meteron ao pobo de Marín.

A Sra. Blanco López di que non só o di a lei, que administrar a auga en alta aos concellos é unha competencia da Xunta, senón que, en base a iso, están a aplicar un canon da auga, cun obxectivo finalista, e en base á cal, segundo o decreto que aprobaron no seu día, ían a facer moitas obras para garantir a auga aos concellos. Di que a realidade é que os recibos da veciñanza triplicouse, a pesar de que o PP dedicouse a dicir que o BNG mentía, e o único que fan os veciños é pagar máis por un ben esencial e que hai que garantir, pero o servizo non é mellor. Di que é unha lástima de cartos, porque, aínda que o Sr. Santos repite que é un millón de euros, son seis millóns a pagar, en non sabe cantos anos. Opina que con eses seis millón de euros podíanse ter investidos en subministrar ou, polo menos, en instalar o necesrio para que os veciños das parroquias, que non van a ter agua con AcuaEs, a teñan e para mellorar as instalacións, que si son municipais e si son competencia do Concello.

O Sr. González Dopazo di que para Seixo e Mogor é importante ter esa alternativa, saber que non se van a quedar sen agua no verán, e que cando meteuse a tubaría de AcuaEs, o Concello foi previsor e meteu a mangueira para subministrar a todos aqueles veciños que se poidan conectar e que teñan a sorte de ter cartos para poder pagar a auga, xa que vai a sair bastante cara con ese sistema de financiamento. Insiste en que se está pagando un canon da auga e outro polo tratamento de augas residuais, este último ten unha xustificación, pero o cano da auga parede un “imposto revolucionario”,

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

16

por parte da Xunta de Galicia porque se non inviste nada na obra, leva os cartos, pero non fai a contraprestación, como é o investimento. Di que o grupo de goberno estableceu como “maná” ter a auga de Pontevedra e o demais o deixaron no abandono, pois un concello que queira cobrar o menos posible, que lle reduza a tarifa do custo da auga aos veciños, debería primar todos aqueles manantiais que están mal administrados, mal traballados, abandonados, pois non hai máis que ver os que hai en Macenlle, por debaixo do lago de Castiñeiras, nos que as arquetas están coa tapa sen candado, e calqueira a pode levantar, hai raices de eucaliptos, e calqueira pode facer unha fechoría e envenenar aquela auga, algo inimaxinable. Por outro lado hai depósitos, como o de Seixo, que non se sabe o que van a facer, se o van a aproveitar, ou se non. Engade que dixeiron que ían a facer un estudo de se era viable aqueles aproveitamentos, e por iso os veciños cederono, todos contentos, pensando que o Concello ía a actuar, sen embargo, o que fixo foi deixalo no máis completo abandono, igual que cando foi do campo de fútbol de Seixo, que se lle entregou e logo deixaron as silvas e os salgueiros, que logo tiveron que cortar os veciños de Seixo, dado o lamentable estado no que estaba. Dille ao grupo de goberno que primen todas aquelas augas que son propias do Concello e así rebaixen a tarifa do que se lle paga a Pontevedra.

O Sr. Santos Costa responde ao Sr. González Dopazo que se os maiores problemas que teñen é que non hai un candado nunha tapa, quere dicir que están a traballar ben e que está todo ben mantido, e, sobre todo, si accederon alí é porque está limpo e ben conservado, xa que fíxose este veran, senón non podería chegar alí. Di que alégrase de que o Sr. Muradas, polo menos, recoñeza que a obra é importante e necesaria, xa que iso non o dixeron cando o grupo de goberno meteuse neste convenio, pois dicían o do subministro en alta, e que esta obra non era necesaria para Marín, o dicían todas as veces que se debatía este tema, polo tanto, alégrase de que, por fin, admitan que a obra é importante. Reitera que si os concellos limítrofes como o de Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Vilaboa, así como Marín, optan por este investimento, pensa que é porque son concellos responsables, outros, que estaban gobernando antes, non sabe se así o serían. Respecto ao que dixo a Sra. Blanco López de que eses 6 millóns os utilizaran en levar a auga aos núcleos rurais onde non chega a auga, dille que había posibilidade de investir eses 6 millóns e pico dentro deste convenio, para facer esas obras, e conseguiron 3.800.000 €, e o Concello pagou, a día de hoxe, 1.155.000 €, pero non investiron 6 millóns como di a Sra. Blanco López. Engade que para as obras que di a Sra. Blanco, tiñan un estudo e saíalles en 7 millóns e non chegouse a facer porque non había financiación por iso tiñan ese estudo o tiñan nun caixón. Indica que tamén acusaban ao grupo de goberno de que, ao facer esas obras, ía a repercutilas no recibo dos veciños e que se ían a subir os recibos, se embargo xa levan 4 ou 5 anos pagando esas obras e non se repercutiu nada, nin se incrementou absolutamente nada o recibo, polo tanto era falso o que o BNG defendían dende hai moitos anos. Indica que cos anos demostrarase que este investimento é un dos mellores que se fixeron en Marín nas últimas décadas. * Concluído o debate, a Sra Alcaldesa somete a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, en relación coa proposta do concelleiro delegado da área para a aprobación da Adenda nº 3 ao Convenio subscrito, o 21 de decembro de 2012, polos concellos de Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Marín e Vilaboa e a Sociedade Estatal Augas de las Cuencas de España S.A. para a construción e explotación da actuación “Novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría” - (Expte.: 461/17) que obtén dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3).

Ao producirse como resultado da votación un empate de votos, e de acordo co artigo 100.2 do ROF, efectúase unha nova votación co seguinte resultado: dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3).

Ao persistir o empate, decide o voto de calidade da Sra. alcaldesa-presidenta, que neste caso é a favor, en consecuencia queda aprobado o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, en relación coa proposta do concelleiro delegado da área para a aprobación da Adenda nº 3 ao Convenio subscrito, o 21 de decembro de 2012, polos concellos de Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Marín e Vilaboa e a Sociedade Estatal Augas de las Cuencas de España S.A. para a construción e explotación da actuación “Novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría” -

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

17

(Expte.: 461/08), adoptándose, en consecuencia, o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di: Primeiro: Aprobar a Adenda nº 3 ao Convenio subscrito, o 21 de decembro de 2012, polos Concellos de Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Marín e Vilaboa e a Sociedade Estatal Augas de las Cuencas de España, S. A, para a construción e explotación da actuación “NOVO ABASTECEMENTO DE AUGA A PONTEVEDRA E Á SÚA RÍA”, conforme ao texto remitido o 27 de novembro de 2017 (Rex. Ent. Nº 14940), comprometéndose o Concello de Marín a asumir as obrigas derivadas da súa sinatura.

Segundo: Modificar os compromisos económicos municipais anteriormente asumidos, e aprobar o importe da nova aportación directa que corresponde ao Concello de Marín, para o ano 2017, que é de 159.963,49 €.

Terceiro: Aprobar a previsión da compoñente fixa da tarifa a abonar polo Concello de Marín, cuxos importes, para os anos 2017 a 2062, reflíctense na táboa incorporada no anexo IV da Adenda nº 3 ao Convenio, e que ten por obxecto compensar os custos de inversión financiados con fondos propios de “AcuaEs”, os gastos xerais da Sociedade Estatal na parte proporcional que lle corresponda a esta actuación e o deterioro de valor da infraestrutura hidráulica que se puidera producicr durante a súa vida útil.

Cuarto: Manter a designación de dona María Ramallo Vázquez, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Marín, como representante municipal na Comisión de Seguimento do Convenio.

Quito: Facultar á Sra. Alcaldesa-Presidenta, dona María Ramallo Vázquez, para asinar, en representación do Concello de Marín, todos os documentos que sexan necesario para a execución deste acordo e para realizar cantas xestións sexan precisas a fin de darlle cumprimento.

Sexto: Comunicar á Sociedade Estatal Augas de las Cuencas de España, S.A., AcuaEs, o presente acordo para o seu coñecemento e oportunos efectos.

7.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, FACENDA E PERSOAL EN RELACIÓN COA PROPOSTA DO CONCELLEIRO DELEGADO DA ÁREA PARA A APROBACIÓN DA SUBSCRICIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS E O CONCELLO DE MARÍN PARA O ACONDICIONAMENTO DA PO-546 (“HUMANIZACIÓN DA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL ENTRE A ROTONDA DAS ANCLAS E A RÚA REAL DE CANTODAREA. MARÍN”) - (EXPTE.: 497/17).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, celebrada o 5 de decembro de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe. A continuación indica que a Sra. Blanco López, esta mañá, puxo de manifesto que existe un erro material nunha das cláusulas do convenio, pois hai unha incoherencia entre a cláusula undécima, relativa a súa vixencia, que di que “(...) terá vixencia dende a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2019 e financiará os gastos realizados dende o 1 de xaneiro de 2018 nas condicións establecidas na cláusula quinta”, sen embargo, na cláusula relativa á xustificación dos gastos, que é a cláusula quinta, figura, por error, que “(..) serán subvencionables os gastos de execución das obras durante o ano 2017- 2018”, cando no 2017 non se executou nada, co cal é unha incoherencia coa vixencia do convenio, no que debería figurar 2018 – 2019. Indica que se poñerá en coñecemento da Xunta para a súa retificación.

O Sr. Santos Costa expón que a Axencia Galega de Infraestruturas, da Xunta de Galicia, pretende subcribir un convenio de colaboración que permita realizar a “Humanización da rúa Concepción Arenal entre a rotondoa da Anclas e a rúa Real de Cantodarea” e a racionalización das titularidades da rede viaria mediante a transferencia da titularidade da PO-576, no treito que pasa polo núcleo urbano do Concello, o que favorece que a explotación desa infraestrutura, dende o punto de vista municipal. Indica que o obxecto é a execución das obras necesarias para modificar a configuración do espazo, dotando de maior amplitude ás beirarrúas, e facilitando o tránsito peonil, reordenase a zona para aparcar vehículos e a zona de carga e descarga, o que permite que o tráfico na calzada sexa máis fluido, renovanse servizos existentes, moi antigos, e dótase ao ámbito de actuación de novos servizos e elementos de mobiliario urbano. Informa que o novo diseño víal terá un ancho de calzada de 6,20 m, con dous carris de 3,10 m, sumándoselle 2,20 m máis na zona onde está previsto o espazo de

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

18

estacionamento e a de carga e descarga, na marxe ezquerda en sentido a Pontevedra. Os anchos das beirarrúas serán variables por mor das aliñacións de fachadas existentes, e trátase de continuar, en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas, coas actuacións de humanización e reformas de rúas do núcleo urbano que xa levaron a cabo, estes últimos anos, nas vías pública coa finalidade de priorizar a figura do peón, mediante a reorganización dos espazos e de facer así compatible e segura a convivencia do tráfico peonil e de vehículos. Indica que a obra executarase mediante dous proxectos, un, entre a rúa José Trasande e rúa Real de Cantodarea, e outro, entre as Anclas e José Trasande, representando un investimento de 1.615.000 €, dos que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financiara o 80%, o que supón 1.292.108 €, e o Concello o 20% restante, que son 323.027 €. Engade que, neste caso, a cooperación da Xunta e do Concello vai encamiñada a fomentar un investimento que mellora as condicións da accesibilidade e seguridade viaria, así como a mobilidade das persoas. Indica que ten informes favorables do servizo de Urbanismo, do de Intervención e de Secretaría, e, polo tanto, trátase de aprobar o convenio para levar a cabo esta nova infraestructura.

A Sra. Santiago Suárez anuncia que o grupo Socialista vaise a abster. Explica que están de acordo coa obra, con que esa zona hai que arranxala, mellorar todas as infraestructuras, en anchear a estrada, en que hai que quitar un carril de aparcadoiro, pois cos autobuses é unha lea esa rúa. Engade que non coñece o proxecto e non sabe se vai a quedar, máis, ou menos bonita, pero lendo o convenio ve a transferencia da titularidade vial e non entende para que o Concello quere esa estrada, xa que, agora, é da Xunta e, teoricamente, cando hai algún problema nela a responsable é a Xunta, e agora pasa para o Concello, cando o único que se é arranxar a zona, pero non a titularidade, ademais so pas un tramo, e o resto segue sendo da Xunta. Lembra que cando se intentou facer o mesmo na avenida de Ourense, que é unha estrada do Estado, si o Concello quedábase coa estrada dábanlle cartos, porque supoñíase que o Estado xa non tería que actuar nela e sería o Concello que tería que facelo. Di que entende que a Xunta queira dar esta estrada, así se esquecen dela para sempre, pero o que non entende é para que a quere o Concello, se nunca foi municipal. Respecto ao informe do arquitecto técnico, cando pregúntalles sobre as reposicións nesa estrada e demais, e di que lle parece ben porque xa o está a facer o Concello, tanto o firme como o demais. Pregunta como está arranxando o Concello algo que non de súa titularidade. Engade que pode entender que arranxen as luces, pois son servizos, pero a reposición da vía non, xa que a estrada non é do Concello. Lembra que dende o grupo municipal Socialista xa se dixo moitas vesces que o Concello non pode asumir, como se foran millonarios, as obras que son competencia da Xunta, e agora van “regalar” diñeiro, que non é un regalo, xa que están meténdolles unha estrada que non sabe para que a queren. Engade que o grupo Socialista no a quere para nada. Insiste en aclarar que o grupo Socialista está de acordo con que se humanice a zona e se arranxe, e que lles parece unha obra estupenda, pero non entende porque o convenio ten que vir neses termos. Engade que a Xunta ten un “chollo” co actual grupo de goberno.

A Sra. Blanco López solicita que o concelleiro delegado de Urbanismo aclare que é o que van a aprobar hoxe, pois entende que é un convenio para facer unha obra, pero non que estean aprobando o proxecto. Da por sentado que o que se vai a aprobar é o convenio para que se faga unha obra, pero o proxecto se aprobará neste Pleno, ou non, aínda que, polo visto, o grupo de goberno xa o ten decidido que vai a ser así. Engade que ela leu o convenio, incluso deuse conta de que tiña un erro manifesto, e non atopou por ningún lado que estean aprobando a obra, senón que están aprobando unha subvención para facer unha obra, polo tanto, nese aspecto, o grupo municipal do BNG-AA está a favor de que a Xunta de Galicia invista cartos en Marín, e ao mesmo tempo -non estando de acordo co que se acaba de dicir aquí- é lóxico que o Concello aspire a ter a competencia de todos os viais. Indica que os convenios, normalmente, cando van ligados a obras importantes, implica esa transferencia. Engade que hai que lembrar o convenio da avenida de Ourense, que ao final non se levou a cabo grazas a que a Sra. alcaldesa se levantou da mesa e non defendeu ese investimento para Marín, aínda que parece que van en camiño de ir recuperandoo pouco a pouco, pero, de aquí, ata case 6 millóns de euros, que eran, aínda queda moito por recuperar, aínda que espera que ese sexa o inicio. Reitera que ese tipo de convenio implica a transferencia e a competencia dos viais, que deberían ser todos competencia municipal, e así o defende o BNG alí onde goberna, tanto co respecto da Xunta, do Estado ou da Deputación. Pide tamén que aclaren aquí, como e cando se vai facer a tranferencia do vial, e se vai a ter que vir a Pleno, ou non, e onde está o trámite, porque vai vinculado a que se poida cumprir este convenio. Con respecto ao proxecto que acaba de defender o Sr. Santos, en lugar de defender o convenio, di que lle chama a atención, sobre todo, da falta de transparencia e de información, non só aos grupos políticos, senón ás persoas que viven nesa rúa. Opina que se o grupo de goberno barallaba

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

19

facer un proxecto nela, e ese convenio tiña que vir a Pleno para que o aprobasen todos, como mínimo, deberían informar do que se pretende facer, porque sempre se pode mellorar entre todos e, dende logo, todo o mundo ten dereiro a opinar, sen embargo parce que non o entende así e parecen decidos a que teñan que tragar co que se vai facer. Engade que, á espera de que o Sr. Santos Costa aclare todo isto, rematará a súa intervención na segunda quenda.

O Sr. González Dopazo di que ao grupo de Marea non lle parece tan transcendental que ese vial sexa de competencia muncipal, autonómica ou provincial, porque hai viais de competencia municipal que cando hai que arranxalos acúdese a outras administración para o seu financiamento. Di que aínda que sexa de titularidade municipal non significa que cada vez que haxa que arranxar algo se faga exclusivamente con fondos municipais. Opina que si se ten a posición de que, todo o que da gastos para fora e todo o que da ingresos para o Concello, entón, habería unha loita entre administracións moi forte. Engade que o que lle preocupa é o eufemismo que se chama “humanización”, “seguridade viaria”, pois é unha música que soa moi ben pero, ao final, aos veciños van a dicirlle que se vai humanizar ese espazo, e, polo que recolle o proxecto e polo que explicou o concelleiro delegado de Urbanismo, iso implica a eliminación de prazas para aparcar, na marxe dereita no sentido Pontevedra, entón, os veciños que disponían dunha praza pública para aparcar van a perder ese espazo. Pregunta que aparcadoiro disuasorio vaiselles a ofrecer unha vez que se eliminen esas praza para aparcar, pois, aínda que preto, na rúa Inferniño, hai un aparcadoiro disuasorio cando non está o circo ou cando non poñen contedores, logo, bastante lonxe, en Ponte Zapal, hai un terreo preto do río Lameira, e o que queda é o da Praza de España, pero se aí vaise a poñer o centro multiusos, xa vaise a minguar ese aparcadoiro, co cal, vai chegar un momento en que non haxa suficientes prazas públicas para aparcar, gratis, para os veciños, entón os veciños de Concepción Arenal diran que non se utilice o eufemismo de “humanización” pois si van a prexudicalos, entón é “deshumanización”. Engade que si vanse a restrinxir as prazas para aparcar, aínda que se mellore o vial, pois todos saben que os autobuses pasan con dificultades, pregunta que alternativas ofrécense aos veciños para poder aparcar. Comenta que se pode facer como se fixo na rúa Almuiña, que quedou moi bonita, pero, ao final, privatizouse un espazo público, porque si déixase aos establecemento hostaleiros colocar mesas e cadeiras sen control, ao final estase a privatizar un espazo público. Di que está moi ben a idea, pero non hai alternativa para poder aparcar, ou, polo menos, non dixeron nada do que pensan facer ao respecto.

O Sr. Santos Costa comenta que aquí cada un ten unha idea distinta da transferencia, ou non, das estradas doutras administracións. Opina que as que son rúas que están no casco urbano e que o Concello presta todos os servizos continuamente, a veces, por unha fochanca non se chama á Xunta para arranxalo, o fai o Concello, e para pedir licencias e permisos é mellor que sexa de competencia municipal para que as cousas sexan moito máis áxiles. Di que é unha oportunidade que non se debe rexeitar, que a Xunta achegue 1.200.000 € e que transfiran este vial, e por iso van a apoiala, claramente, porque están apostando por facer unhas obras nesa rúa. Dille á Sra. Santiago Suárez que o grupo Socialista, no seu día, fixo o arranxo dende a rúa da Roda ata a rúa Estrada, e era igualmente estradas da Xunta, e ninguén díxolles nada, sendo competencia da Xunta ese vial. Aclara á Sra. Blanco López que os proxectos os aproba a Xunta de Goberno Local, e é o que van a facer. Engade que un deles xa está en marcha, e incluso ten autorización de Patrimonio, co cal, proximamente, aprobarase, o que leva máis tempo, que é o de José Trasande ata a rúa Real de Cantodarea. Respecto ás peticións de aclaración, dille á Sra. Blanco que todo iso ven, ben claro, no informe da Sra. secretaria e non lle vai a dar máis explicación do tema. Di que neste víal habería varias posibilidades, facer un único vial e deixar as prazas para aparcar, aínda que pensa que non é viable, eliminar por esa rúa a liña de transporte de Pontevedra a Marín, pero tamén pensa que non é viable, e esta solución, que pensa que é máis equilibrada e con máis sentido común, que é o de humanizar ese vial, dar unha maior seguridade viaria, máis zonas de esparcimento para os peóns, poder montar, incluso, terrazas dos establecemento para poder dinamizar a zona e poñer en valor toda esa rúa. Opina que é un tratamento moi positivo e que se está dar valora á mobilidade, á seguridade viaria, e sobre todo ao peón, non aos vehículos, polo tanto é unha oportunidade que deben aproveitar, e subirse todos a este convenio que é moi importante para os intereses dos veciños de Cantodarea, sobre todo, pero tamen para os marinenese en xeral.

A Sra. Santiago Suárez di que supón que para decidirse por unha, ou outra, alternativa terá un informe da Policía e de Tráfico para saber que é o mellor para esa zona, pois, ao mellor, pode ser mellor un carril único, como en Ezequiel Massoni, en todo caso pensa que non deberían ser eles, profanos no tema, os que decidan como vai a ser. Con respecto ao que se dixo sobre a transferencia da titularidade

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

20

da avenida de Ourense, di que non ten nada que ver con este tema, pois, cando falouse de conseguir a transferencia desa vía, era porque se ía a soterrar a avenida de Ourense e ese espazo íase a gañar para a cidadanía e ía a deixar de ser vial para pasar a ser unha zona de parques e xardíns. Engade que foi unha pena que a Xunta botárase para atrás, pois con aqueles 6 millóns de euros que tiñan comprometidos para Marín houberase cambiado a súa fisonomía, e por iso pediuse, no seu momento, pero non para que seguira sendo un vial, sen embargo, neste caso, vai a quedar igual, pode que máis bonito e mellor, pero vai a seguir sendo un vial. Respecto a que os gobernos socialistas arranxaron zonas, di que efectivamente, case todas, pero unha cousa son servizos, como beirarrúas, o alumeado etc, e outra cousa é a seguridade vial e o firme das estradas, e se hai unha fochanca haberá que avisar a Estradas de Galicia para que o arranxe, pois é a súa competencia, e teñen cartos para facelo mentres que o Concello ten cartos para facer outras cousas. Insiste en que o grupo Socialista vaise a abster, porque parecelle fundamental a humanización desa zona, pero non ve a xustificación para que un vial tan grande e que están utilizando pase a ser de titularidad municipal pois calquera cousa que pase nel a terá que pagar, a partir de agora, o Concello.

A Sra. Blanco López di que ter as competencias sobre algo é ter a capacidade para decidir, e non é unha cuestión de negocio nin de cartos, senón que se pode decidir sen ter que pedir permiso a ninguén para, por exemplo, remodelar o tráfico ou para o que faga falta, e diso se trata, de ter as competencias a todos os niveis, agora ben, o que non é xusto é que os concellos teñan que asumir competencias que non son deles, como a Sanidade, Servizos Socias e outras, que si que lles transmiten e non son competencias municipais, pero ter competencia é ter capacidade para decidir. Manifesta que se, ao mellor, si o grupo de goberno non levara este asunto fora da orde do día á Comisión Informativa, cando teñen decidio xa, dende hai tempo, como se acaba de manifestar, non estarían neste Pleno discutindo sobre estes aspectos que tiñan que estar superados. Opina que as cousas non se fan así, pois cando se sabe que se vai a traer un convenio a Pleno para un investimento nunha zona importante de Marín, o que se debe de facer, como mínimo, é informar, porque ao grupo de goberno non lles vai nada en contra, non perden nada con informar aos veciños e aos grupos municipais, que para iso forman parte da Corporación. Engade que non é admisible ter que estar pedindo o proxecto e as cousas no último momento, hai que tratar as cousas con tempo e o grupo de goberno o tivo, e non teñen porque estar aquí decidindo se a obra é correcta ou non. O que está claro é que é un investimento para Marín. Engade que é discutible o que van a facer, pois ampliar os carris para os vehículos iso xa é discutible, pero iso é outra cuestión, porque aquí se ven a decidir un investimento importante para Marín e unha transferencia dunha competencia importante que o BNG defende, e polo tanto van a votar a favor da sinatura dun convenio que supón un investimento importante para Marín, agora ben, entende que o grupo de goberno ten a obriga de informar aos veciños e veciñas e aos grupos municipais, non se traen asuntos como estes, no último momento, sen informar á oposición, e tendo que discutir aquí aspectos que tiñan que estar xa valorados e discutidos para que, como mínimo, lles permita dar unha opinión, pero isa é a aptitude que teñen dende que gobernan, pasan absolutamente dos grupos municipais e da opinión veciñal, se non é ao seu favor.

O Sr. González Dopazo manifesta que o grupo de Marea vaise a abster, e faino en base a que é unha obra necesaria, xa que hai que humanizar e que hai que conseguir fluidez no tráfico, aínda que pódese discutir se son necesarios dous carrís ou un vial de dirección única, aínda que Marea opina que debería ser dirección única, sentido Pontevedra, e a avenida de Ourense, co ancho que ten, podería cumplimentar a entrada a Marín. Engade que a parte negativa é que deron a calada por resposta en canto ao que teñen pensado facer con respecto ao aparcadoiro disuasorio alternativo a esa perda das prazas para aparcar, agás que, o grupo de goberno, nun proxecto futuro, teñan pensado facer un aparcadoiro privado, de pago. Comenta que na anterior moción preguntou pola débeda do 16.500 € e non dixo nada, e neste tema tamén dalle a calada por resposta, non lle está dicindo que aparcadoiro disuasorio público, alternativo, vai a haber pola perda desas prazas para aparcar.

O Sr. Santos Costa responde que, respecto ás prazas para aparcar, a veces a utilización demagóxica dalgún grupo político, que ademais tamén saiu en prensa, comentando ese tema, de que se ían a quitar as prazas para aparcar de toda a liña dereita desa rúa para favorecer un aparcadoiro de pago, di que hai que ter unha mente retorcida para chegar á conclusión de querer eliminar unhas prazas de aparcamento para favorecer un aparcadoiro de pago. Sobre que non hai prazas de aparcamento, informa que cando chegou o grupo do PP ao goberno municipal dotaron de 70 prazas de aparcamento na zona da barriada de Suboficiais, chegaron a un acordo cos propietarios da finca de República

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

21

Argentina para que deixara aparcar moitos meses do ano, na zona de Ponte Zapal dotaron de 60 prazas para aparcar, nos terreos que conseguiron que cedera a Autoridade Portuaria hai máis de 120 praza, polo tanto, dende que chegaron, dotaron a Marín con, polo menos, 350 prazas para aparcar, polo tanto, que se lles diga que están favorecendo un aparcadoiro privado eliminando praza, hai que ter unha mente ben retorcida. Remata dicindo que este é un investimento moi importante para Marín que vai a favorecer a seguridade viaria e que vai a primar o peón sobre o coche.

* Concluído o debate a Sra. alcaldesa somete a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, en relación coa proposta do concelleiro delegado da área para a aprobación da subscrición dun Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Marín para o acondicionamento da PO-546 (“Humanización da rúa Concepción Arenal entre a rotonda das Anclas e a rúa Real de Cantodarea. Marín” - (Expte.: 497/17) que é aprobado con trece (13) votos a favor dos/as concelleiros/as presentes na sesión dos grupos municipais do PP (10) e do BNG-AA (3), e sete (7) abstencións dos/as concelleiros/as do grupo municipal do PSdeG-PSOE (4) e de Marea Veciñal de Marín-SON (3), adoptándose, en consecuencia, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

Primeiro.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Marín para o acondicionamento da PO-546 (“Humanización da rúa Concepción Arenal entre a rotonda das Anclas e a rúa Real de Cantodarea. Marín”), con arranxo ás estipulacións que se fan constar no documento que se adxunta a este acordo.

Segundo.- Comprometerse a dar cumprimento ás condicións do convenio nos termos do mesmo.

Terceiro.- Dar traslado do presente acordo á Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia e facultar á Sra. alcaldesa para a sinatura do referido Convenio e para cantos actos e trámites sexan necesarios para levar a cabo o obxecto do mesmo.

Cuarto.- Inscribir o convenio, unha vez subscribiuse, no Rexistro electrónico de órganos de cooperación e de convenios, e darlle publicidade de conformidade co previsto no artigo 8.1. letra b) da Lei de transparencia.

Quinto.- Dado que os compromisos económicos asumidos no Convenio interadministrativo de cooperación superan os 600.000 euros, que se remita electronicamente o mesmo ao Consello de Contas de Galicia.

8.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, FACENDA E PERSOAL, EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA SOBRE A EXECUCIÓN DO POLÍGONO URBANÍSTICO S.U.N.C. P-4 RECOLLIDO NO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MARÍN. (EXPTE.: 501/17).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, celebrada o 5 de decembro de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe. A continuación indica que en relación con esta moción hai presentada unha emenda do grupo municipal do PP coa seguinte proposta “Primeiro.- O Pleno da Corporación aprobará a Modificación Puntual relativa ao S.U.N.C. P-4 do Distrito 2, dando cumprimento á Resolución ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación ao recurso presentado ao PXOM contra o S.U.N.C. P-4.”

A Sra. Blanco López expón, que tal e como se valorou na Comisión Informativa de Urbanismo, o Concello de Marín tiña previsto abrir esta rúa dende hai moitísimo tempo, en principio a escusa era que non había PXOM, agora xa o hai. Logo a escusa foi que había un recurso por parte da Compañía da Caridade e ese recurso tamén está superado posto que a Xustiza non lle deu a razón. Pasou o prazo establecido para que os propietarios desenvolvesen o polígono e agora, como se sabe, o Concello está obrigado a desenvolvelo. Todo isto bastaría para que o goberno municipal estivera xa en vías, como mínimo, de elaborar un proxecto para desenvolver esa parte céntrica de Marín, que revitalizaría o centro e abriría unha nova rúa, unha cuestión pendente e obrigatoria para un Concello que queira cambiar en algo o aspecto do concello. Pasado o prazo, non hai movemento por parte do goberno local e o que se fai son só parches, acondicionando o solar que no seu día se comprou para abrir, precisamente esa rúa, algo que non soluciona absolutamente nada. O grupo municipal do BNG entende que, neste momento,

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

22

non hai ningunha escusa para empezar a traballar sobre isto e desenvolver e abrir esta rúa. Engade que reiteradamente o grupo do BNG e os demais grupos da oposición solicitaron que se constituíra a Comisión de Seguimento do PXOM, pero o grupo de goberno négase, cando ese sería un ámbito de traballo no que poderían, seguramente, ter xa moi adiantado o que é este proxecto se quixeran traballar conxuntamente, pero non queren, e por iso o grupo municipal do BNG presentou esta moción, porque o grupo de goberno está obrigado a desenvolver o PXOM, a levar a cabo o que recolle, e, por suposto, a acondicionar esta zona de Marín que está realmente decrépita. Indica que o grupo do PP presentou unha emenda á moción, que, na Comisión Informativa, quedou pendente de valorar por parte do grupo ao que representa. Considera que a emenda non ten sentido posto que a moción recolle, na súa parte dispositiva, que aprobarían solicitar os informes pertinentes e que ademais sería un traballo conxunto de todos os grupos a través da Comisión de Urbanismo posto que se negan a constituír a Comisión de Seguimento do PXOM, que sería o ámbito axeitado para tratar este tipo de cuestións. Indica que se anunciou por parte do PP, e así está ditaminada favorablemente a moción, posto que dixeron que aínda que non aceptasen a emenda votarían a favor da moción, nese sentido, amosa agradecemento, pero non pode quedar nunha simple aprobación por parte deste Pleno, xa que os acordos son para levar adiante e si se presenta a moción e porque pensan que é necesario empezar por algún lado e empezar a desenvolver o PXOM dunha vez por todas. Pensa que, ademais, é unha oportunidade para que recapaciten e constitúan de novo a comisión de seguimento do PXOM, sobre todo para tratar temas puntuais como este. Engade que non entende se o grupo do PP valora que hai que facer unha modificación e que non a teñen realizada, pois a sentenza é do ano 2015, e, dende hai dous anos, non lles consta que se movera nada, por iso urxen que se leve a cabo este acordo e que, dunha vez por todas, empecen a aplicar un documento que se aprobou por unanimidade de todos os grupos, no seu momento, e que a pesar dos intentos ninguén logrou tumbar, afortunadamente.

O Sr. Santos Costa expón que o grupo municipal do BNG-AA solicita que se inicie este proceso de execución do polígono das monxas, ou S.U.N.C. P-4, polo sistema de cooperación, por haber transcorrido xa os 14 meses dende que se aprobou o PXOM. O grupo municipal do PP xa fixo público, en varias ocasións, que esta medida da actuación non centro de Marín era prioritaria, sendo moi clara a posición de tomar a iniciativa de desenvolver urbanisticamente esta zona. Di que teñen a intención de dar os pasos necesarios para aprobar o proxecto de reparcelación, onde se faría a cesión obrigatoria dos 10% dos terreos da actuación ao Concello, e farase o reparto da edificabilidade resultante dos propietarios dos polígonos de acordo coa súa participación neste ámbito de actuación. Engade que encargarán un proxecto de urbanización para despois poder abrir un vial dende a rúa a Estrada e Fondo do Saco, e outro que vaia dende este víal ata Méndez Núñez. Indica que todos os custos de urbanización serán repercutidos aos propietarios que, non caso de non asumir os mesmos, poderanse compensar na edificabilidade que lles correspondería pola execución deste desenvolvemento. Indica que para poder iniciar ese proceso era necesario que, previamente, se aprobe unha modificación puntual, polo menos así o entende, e onde recollan, nesa modificación, a resolución ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en canto ao recurso presentado polas monxas, e por iso presentaron a emenda, relativa a aprobación da modificación puntual, pero, tamén, dixeron claramente que, en caso de non ser admitida, votarían, igualmente, a favor da moción, xa que é unha medida que tiñan preconcibida dende hai tempo.

A Sra. Santiago Suárez indica que este é o Pleno das sorpresas, e di que esta encantada de que, por fin, vexan a necesidade de quitar o PXOM do caixón e que haxa que desenvolver, polo menos, esa zona tan céntrica de Marín e necesaria. Di que espera de que por fin, pois non sabe cando van a tirar as casas xa que o expediente de ruína xa leva tempo tramitado, vaian pechando vellas feridas, pois pasan os anos e non hai maneira de saír dalgunhas cousas. Comenta que o día que o grupo municipal do BNG-AA presentou esta moción, e saíu na prensa, e xa saía contestada por vostede, explicando o que explicou agora. Espera que se arranxe da mellor forma posible, pois verase como vai a quedar a modificación puntual e se van a conseguir sacala para adiante. Engade que é unha modificación puntual como consecuencia dunha sentenza, ou polo menos é o que entendeu pola prensa. Quere deixar claro que é por unha decisión xudicial que botou abaixo ese polígono.

O Sr. González Dopazo anuncia que o grupo de Marea Veciñal de Marín vai a votar a favor. Comenta que a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza Galicia relativa á alegación feita pola orden relixiosa do Colexio da Inmaculada, estimabana parcialmente, porque o PXOM recollía ese chan privado como chan dotacional público e a sentenza di que o chan dotacional público hai que poñelo enriba dunha

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

23

leira que sexa pública, non privada. O tema é que isto obriga a metelo dentro da modificación puntual, e a modificación puntual se están enchendo porque, a parte dos erros puntuais, tras a aprobación, apareceu a modificación da Lei de costas, coas modificacións que hai que facer nos núcleos costeiros, tamén está a sentenza que estimaron aos operadores telefónicos, e todo iso da un todo que é esa modificación puntual que o grupo de goberno non a quere tratar, con “luz e taquígrafos”, nunha Comisión de Seguimento para un tema tan importante e transcendental. Indica que ese polígono que hai que desenvolver ten, actualmente, uns dez propietarios, e cre que se puxeron todos de acordo e que van a facer as limpezas das fincas e que van a derrubar as fachadas das casas. Engade que o inconcibible, a estas alturas, é que o equipo de goberno do PP non haxa reunido a todos eses propietarios para falar con eles, e expoñerlles onde vai a ir esa zona verde de chan dotacional público, duns 400 m/2. Indica que o grupo do PP vai a votar a favor desta moción do BNG, e preguntase cando o van a facer, porque non o din. Engade que será cando pase xa tempo e a modificación puntual estea feita e máis que feita. Opina que se o grupo de goberno fose responsable debería falar cos propietarios e facer unha redistribución desa área, porque xa van para 5 anos e medios dende que se aprobou o PXOM, pero está metido no caixón. Engade que non se reuniron con eses propietarios para tratar un tema tan transcendental e para dicir por onde vai a ir esa redistribución que hai que facer, xa que isto é igual que cando se fai unha concentración parcelaria, que a fai un organismo público, que neste caso sería o Concello, e despois se redistribúe, e iso é o deber que teñen pendente. Remata dicindo o grupo do PP estarán de acordo en votar a favor, pero logo quedará nun caixón, como tantas cousas que se aprobaron neste Pleno.

A Sra. Blanco López manifesta que, polas declaracións que se levan facendo aquí, cada vez fai máis falta a Comisión de Seguimento do PXOM. Indica que as “Hijas de la Caridad” pedían tres cousas no seu recurso: que se anulara o polígono, un polígono que se delimitou por unanimidade de todos os grupos, como todo o que foi dentro do PXOM, e que se declarase “solo urbano consolidado” en lugar de “dotacional privado”, o Concello non recorre a sentenza, pero o xuíz o que di é que o polígono está ben delimitado e a iso non lle afecta a sentenza, o que é a execución do polígono. Engade que o que di, e está recollido na ficha do PXOM, é que hai un exceso de zonas verdes dentro do distrito onde está o polígono e un defecto de zona dotacional, e iso é no único no que lle da a razón, pero non é dentro dese polígono, senón dentro de todo o distrito, un distrito amplísimo, onde hai máis de 7.000 m/2 de exceso de zona verde onde se poderían emprazar eses 400 m/2 que hai en defecto de zona dotacional. Engade que, por non sabe que razón, o grupo de goberno do PP está empeñado en facer unha modificación dentro dese polígono para emprazar eses 400 m/2 alí, e é, niso, non que o grupo municipal do BNG non está de acordo. Opina que vale a pena facer unha Comisión de Seguimento para valorar todos estes aspectos, de feito, o equipo redactor, na única comisión que se fixo, extraordinaria, sobre este tema, a unha pregunta que se lle fixo, respondeu que non era obrigatorio delimitar eses 400 m/2 dentro do polígono, polo tanto, neste momento, non hai nada que impida que se desenvolva, o único que o impide é unha opinión política a favor de facer aí esa modificación, pero están en condicións de desenvolver o PXOM e de abrir esa rúa. Engade que actuar sobre as ruínas non vai a solucionar nada, xa que se actuará sobre as ruínas, se volverá a pechar e quedará, outra vez, aí, unha finca onde volverán a crecer as silvas en lugar de ter unha zona céntrica de Marín para desfrutes dos veciños e onde se poda, por fin, executar o que se aprobou xa hai demasiado tempo, como para non mover nada e non desenvolvelo dunha vez. O que espera é que isto non quede en simplemente un “si”, que por outra parte non tería sentido que fora doutra maneira porque é o que está aprobado por todos e é o que se debe facer, desenvolver este PXOM e que se empecen a dar pasos. Reitera a necesidade de traballar todos xuntos para que se leve a cabo.

(Durante o transcurso do debate deste asunto ausentouse do salón de sesión a concelleira do grupo municipal do PP, dona María José de Pazo Allaríz).

* Sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, en relación coa moción do grupo municipal do BNG-AA sobre a execución do polígono urbanístico S.U.N.C. P-4 recollido no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Marín - (Expte.: 501/17), que é aprobado con dezanove (19) votos a favor dos/as concelleiros/as presentes nese momento na sesión dos grupos municipais do PP (9), de Marea Veciñal de Marín-SON (3), do BNG-AA (3) e do PSdeG-PSOE (4), e unha (1) abstención, da Sra. de Pazo Allaríz ao ausentarse a citada concelleira do salón de sesións unha vez iniciada a deliberación deste asunto e non estar presente no momento da votación (Art.100.1 do R.O.F), adoptándose, en consecuencia, por

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

24

maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

Primeiro.- O Pleno do Concello de Marín acorda iniciar o proceso de execución do polígono urbanístico S.U.N.C. P-4 recollido no PXOM.

Segundo.- O Pleno da Corporación insta á Concellaría de Urbanismo a elaborar, no prazo de dous meses, un cronograma de actuación, e con carácter inmediato, a solicitar os informes técnicos e xurídicos necesarios para a execución do polígono urbanístico S.U.N.C. P-4 recollido no PXOM.

Terceiro.- O Pleno da Corporación encargará á Comisión de Urbanismo o seguimento do cumprimento do presente acordo.

9.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE DEPORTES E XUVENTUDE, EN RELACIÓN

COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON, PARA INICIAR A REMUNICIPALIZACIÓN DA XESTIÓN PÚBLICA DA PISCINA MUNICIPAL. (EXPTE.: 499/17).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame desfavorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, celebrada o 5 de decembro de 2017, en relación coa moción que se sinala no epígrafe que, na súa parte dispositivo, propón a adopción do seguinte acordo:

“O goberno municipal elaborará un estudo que teña como finalidade recuperar a xestión pública da piscina co obxectivo de acadar:

• Eficiencia económica. • Redución xeneralizara de tarifas. • Bonos para xente desempregada e xubilada. • Renovación dos equipos, reordenación e remodelación do espazo físico. • Posibilidade de establecer novos servizos tales como fisioterapia, masaxe, solarium e cafetería.”

O Sr. Franco Outón manifesta que a piscina foi unha das infraestruturas máis agardadas pola veciñanza de Marín, incluso por aqueles que, naquel intre, eran adolescentes imberbes, alá polo ano 2004, e na súa posta en funcionamento, a súa xestión, foi privatizada, automaticamente, poñendo en mans alleas algo que foi pagado por todos e por todas. Engade que como ben sabe a veciñanza de Marín e todos os grupos da Corporación, a Marea, xa no seu programa, defendía a recuperación da xestión pública naqueles servizos que foran postos en mans alleas, provocando, este feito, que as empresas non estean tan preocupadas en dar un servizo eficiente ao cidadán como si de estar pendentes da procura do beneficio empresarial. Malia a isto, dende Marea Marín non son alleos ás dificultades que moitas veces entrañan os procesos de remunicipalización de determinados servizos, e, de feito, os seus compañeiros do goberno municipal de Cangas están traballando a reo para recuperar a xestión pública dun ben tan básico como a auga, que foi privatizado, no seu momento, polo PP, porque hai unha maraña administrativa, lexislativa, institucional que pon moitos atrancos, por que non deixan de ser as institucións do inimigo, deseñadas polo inimigo para iso. Indica que en Marín se daban circunstancias máis favorables para a remunicipalización, como foi, por exemplo, o que aconteceu coa recollida do lixo, que se podería ter recuperado, xa que as cifras daban e a maquinaria volvía ao Concello e ao ser un servizo tan básico, é das poucas cousas que a lexislación vixente abre a porta a recuperar esa xestión, pero non o fixeron, deixaron o servizo en mans privadas, unha vez máis, e, agora, están vendo os resultados “marabillosos” -enténdase a ironía- desa decisión. Engade que o mesmo acontece coa piscina, neste caso o proceso que se lle vai dando, é que a Marea, na Comisión Informativa de Deportes, leva pedindo números respecto dese servizo, durante tres meses, e os números non aparecían, ata o punto de que, incluso, descubriron que se está incumprindo o prego actual, porque hai unha cláusula que obrigaba á empresa concesionaria a presentar un informe no Concello, cada seis meses, dando contas da xestión do servizo e das finanzas e eses informes non apareceron. Engade que, casualmente, cando a Marea, este mes, presenta a moción aparecen unha serie da balances na Comisión Informativa nos que din que dan perdas. Opina que sería interesante saber é si esas contas están auditadas, se son fidedignas as contas que a empresa lle deu ao Concello. Di que Marea defende a xestión pública por motivos varios, porque consideran que o público non se pode vender, porque cren

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

25

que a mellor forma de garantir a correcta execución dos servizos, porque procúrase a eficiencia económica por riba de calquera outro tipo de modelo de xestión, non se paga IVE, elimínase absolutamente o beneficio empresarial, se garanten os dereitos laborais e, no caso da piscina, permitiría facer políticas innovadoras para asinar convenios cos centros educativos, para a utilización das infraestruturas, para establecer convenios coas escolas deportivas e a utilización da mesma infraestrutura, para ter un modelo deportivo en condicións, pero, para iso hai que ter un modelo, e hai que ter un modelo de vila, un bo modelo para facer que Marín sexa algo diferente, pero o grupo de goberno do PP está dando probas, cada vez máis pronunciadas, de que non teñen ese modelo, de que están nun ciclo que se pecha, do que lles queda un ano e medio. Respecto ao informe do Sr. Interventor, di que falaron con el sobre ese informe, e o que transmite é que non hai impedimento algún para aprobar esta moción para elaborar o estudo, senón, ao contrario, o Sr. Interventor, precisamente, o que está a dicir é que hai que elaborar un estudo para ver se a opción da remunicipalización é viable para encaixar os números e cumprir o Plan de axuste da “lei Montoro”, que estaba feita, entre outras cousas, para evitar que os concellos recuperaran a xestión dos servizos, co cal non habería impedimento para que se aprobara esta moción, para que se elabore o estudo e ver a viabilidade de que a piscina retorne ao municipal. O Sr. Traba Miñones anuncia que o grupo do PP non vai a apoiar a moción, e remítelle ao informe de Intervención, que, aínda que o Sr. Franco di que é viable, non o é, senón que aconsella que non se faga, pois di “hai que considerar as limitacións esixidas polo Plan da axuste municipal”, e un tema como este non encadraría dentro dun Plan de axuste, principalmente no referente ao capítulo 1. Comenta que na Comisión Informativa dixo que a xestión privada desta piscina municipal funciona, pois non houbo problemas neste 13 anos, ou, polo menos, nos últimos 6 anos durante os que tivo contacto regular coa empresa que xestiona ese servizo. Indica que a moción comenza dicindo que “no ano 2004 foi privatizada a xestión da piscina, pública ata aquel intre”, engade que o Sr. Franco pouco preparou a moción porque a piscina antes do 2004 non existía, entón, pouco hai que remunicipalizar, pois sería pública mentres non houbo actividade. Respecto a que se quere recuperar a xestión pública para garantir unha correcta execución do servizo, dille que durante 13 anos houbo unha correcta execución do servizo. Sobre procurar a eficiencia económica para a veciñanza, dille que máis eficiencia económica que ter un bo servizo a custe cero. Engade que na moción tamén se di que a remunicipalización permitiría unha redución nos custos de mantemento da instalación, e dille, novamente, que pouco preparou a moción, porque o Concello non asume custos de mantemento neste servizo, mentres que si se municipalizara ese servizo tería que asumir eses custos de mantemento e como non hai persoal especializado para facer ese mantemento, en tema de cloro, caldeiras, etc. habería que contratar eses mantementos, habería que pagar o IVE e, ademais de todo isto, habería que sumar o investimento inicial que habería que facer en maquinaria de fitness, elementos do vaso da piscina, e ese tema da redución das tarifas que persigue coa redución dos custos de mantemento non cadra. Engade que, ademais, as tarifas da piscina municipal de Marín son as máis baixas da súa contorna, comparándoas coa de Pontevedra e a de Cangas. Respecto as cotas para parados, xubilados e estudantes, dille que xa existen, chámase “abono especial”, e, cos novos pregos, o que queren é que segan asequibles, porque seguen sendo as máis baixas da contorna, e, ademais, que os novos usuarios aforren a cota de matrícula inicial. Tamén fala de convenios con centros educativos pero xa existen, aínda que non estaban contemplados nos pregos anteriores, pero si existen, por exemplo co Colexio Carballal. Indica que cos novos pregos pretende que existan máis convenios cos centros educativos, e, ademais, ter disposición na piscina municipal para as escolas municipais, como natación, waterpolo ou tríatlon, que non estaba contemplado nos pregos e hai que pagalo, e cos novos pregos pretende que iso non pase. Por último, fala de que ten medo de que se a empresa quebra haxa que rescatar a concesión, e dille que no 2004 privatizouse a concesión e non tiveron ese medo, pasaron 13 anos, e, agora, Marea, de repente, di que hai que ter medo. Dille ao Sr. Franco Outón que non se preocupe que, estea quen estea no Concello, serán o suficientemente áxiles para sacar unha nova concesión. Engade que é como se municipalizaran, e, de repente, morreran dous funcionarios no servizo de socorrista, pois habería que quitar esas prazas de novo a concurso. Di que ese modelo de xestión, tal e como está agora, funciona e é eficiente dende o punto de vista económico e entende que non é necesario cambialo. A Sra. Santiago Suárez anuncia que o grupo Socialista vai a votar que non á esta proposta, primeiro, por coherencia, pois foron eles os que, no 2004, decidiron, despois de construír a piscina, facer uns pregos e concesionar o servizo. Engade que, sen que serva de precedente, está practicamente de

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

26

acordo en todo co que dixo o concelleiro delegado de Deportes, aínda que non en todo. Opina que durante estes anos deu un bo servizo, un servizo que non existía, pero é certo que o edificio non envelleceu ben, pois os materiais que se utilizaron no seu momento, malia que foi un hito urbanístico e un edificio premiado, non envelleceron ben e necesita unha volta. Engade que o servizo, ultimamente, ao mellor, porque se acerca o final da concesión, perdeu a calidade que tiña ao principio, pois fai anos funcionaba moi ben, era económica e tiña moitos servizos. Di que, neste momento, se se vai a sacar un prego para unha nova concesión, o importante é que están a tempo de facer un bo prego, e modernizar e meter novos servizos. Di que supón que o Concello terá que poñer a punto o edificio, antes de sacar a concesión. Considera que o aparato do Concello non da para asumir ese servizo, no seu momento non o deu, e pensa que agora tampouco, xa que, máis ou menos, funciona igual, por iso non están de acordo con esta moción. O Sr. Fernández Pose manifesta que o grupo municipal do BNG vai a apoiar a moción, dado que están a favor da xestión pública de todos os servizos que ofrece o Concello. Indica que esta moción só pide que se elabore un estudo para intentar conseguir o uso público da piscina, pois é máis rendible que esta infraestrutura sexa xestionada publicamente que en mans privadas. Di que non lle estraña que o grupo do PP non apoie a moción, pois xa, co tema da recollida de lixo, dixeron que, se por eles fora, privatizarían todos os servizos do Concello. Engade que non entende que non se apoie a moción pois so pide realizar un estudo, e si están tan seguros de que é máis rendible en mans privadas que en mans públicas, non pasa nada, fase o estudo, demostrase que non é rendible e ségase coa concesión privada, a non ser que, polo contrario, teñan medo a que salga, nese estudo, que é máis rendible prestalo publicamente que en mans privadas. Comparte coa Sra. Santiago Suárez que tamén hai que ver o estado no que se atopa a piscina, pois a infraestrutura está bastante deteriorada, e ver como se atopa o ximnasio, xa que, para o volume de usuario que ten, queda pequeno e habería que ver a posibilidade de ampliar esa zona, dotalo de máquinas máis modernas e adaptadas a este momento, porque algunhas están deterioradas ou obsoletas. O Sr. Franco Outón responde ao Sr. Traba que o que non preparou hoxe a intervención foi el. Sinala que, tanto o Sr. Traba como a Sra. Santiago, dixeron: correcta execución e o servizo é bo, pero el dilles que falen cos usuarios, e que lle conten. Dille ao Sr. Traba que non diga que o Concello non asume custos de mantemento, pois debería asumilos, e, ao mellor, se non os asume, é polos tratos que fai, bordeando, moitas veces, a legalidade. Pregúntalle se lle soa de algo o tema do aire acondicionado, que tiña que asumir o Concello o custe da reparación, o ano pasado, e non o fixo. Pregunta a cambio de que, e di que sería interesante que respondera a iso. Respecto a que hai que adquirir maquinaria, dille ao Sr. Traba que non leu o prego, pois a maquinaria da piscina, cando acabe a concesión, vai a mans municipais. Respecto aos convenios con centros educativos, dille que hai só un, que é a excepción que confirma a regra. Di que o raro é que non tiveran que rescatar a concesión cos números que presentaron o outro día, a non ser que á empresa lle guste perder cartos, ou, senón, que pasa coas contas, para que a empresa estea feliz de perder 12.000 anuais. Dille ao Sr. Traba que resolva as dúbidas. O Sr. Traba Miñones responde ao Sr. Franco que perder cartos non é sinónimo de que non queiran ter a concesión, pois hai un tema de imaxe, de marca, de presencia na zona etc., cousa económicas que tamén hai que ter en conta. Dille ao Sr. Franco que se contradí co que di o Sr. Fernández Pose, pois di que non hai que renovar a maquinaria e que queda a que xa está alí, pero o Sr. Fernández acaba de dicir que está deteriorada, entón, haberá que cambiala e pagala. Dille que o tema do aire acondicionado é un tema de infraestrutura, que non ten nada que ver con custos de mantemento, e foi pagada a medias entre a concesionaria e o Concello, a cambio de ter aire acondicionado. Engade que, efectivamente, o edificio está cunha calidade que hai que mellorar, e xa fixeron un repaso das cousas que hai que mellorar e sacarán os pregos nas condicións nas que están falando, con melloras nos convenios cos centros escolares, mellores servizos, abonos especiais para deportistas de alto nivel etc. Engade que xa dixo na Comisión Informativa da semana pasada que cando teñan un borrador o pasará. A Sra. Santiago Suárez comenta que se é no mes de marzo cando remata a concesión, no mes de xaneiro xa debería ter o borrador para ir vendo algo.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

27

O Sr. Franco Outón dille ao Sr. Traba que á pregunta ¿a cambio de que?, non a responda, a cambio do aire acondicionado, que o diga, que si o sabe. Respecto á maquinaria e ao investimento na infraestrutura, iso, evidentemente, se o Concello quere remunicipalizalo, terá que facer un plan plurianual de investimentos para xestionar o servizo, outra cousa é que teñan gañas de facelo. A Sra. alcaldesa formula unha cuestión de orde, e pregunta ao Sr. Franco se ten algunha cuestión persoal, neste asunto, que lle faga absterse. A continuación chama ao orde ao Sr. Franco, e dille, para que conste en acta, que ela non lle consinte que a chame “miserable”. Dille que ela preguntoulle rigorosamente, a través dunha cuestión de orden, “se ten un interese directo nesta cuestión”. Seguidamente, por segunda vez, chama ao orde ao Sr. Franco, e dille que debe comportarse e que, neste momento, a súa quenda terminou. Dille que se calme e se tranquilice. (Durante o transcurso do debate deste asunto, incorporouse ao salón de sesións a concelleira do grupo municipal do PP, dona Mª José de Pazo Allaríz.) * A continuación a Sra. alcaldesa da paso á votación do contido da moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON, para iniciar a remunicipalización da xestión pública da piscina municipal - (EXPTE.: 499/17) que é rexeitada ao obter seis (6) votos a favor dos/as concelleiros/as do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON (3) e BNG-AA (3),e catorce (14) votos a favor dos/as concelleiros/as presentes na sesións dos grupo municipais do PP (10) e do do PSdeG-PSOE (4). 10.- MOCIÓN URXENTE DO DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA CONTRA A SUBIDA DE PEAXES NA AP-9. (EXPTE.: 525/17).

A Sra. secretaria informa que, ao vir sen ditaminar, haberá que ratificar a inclusión desta proposición na orde do día, e da lectura á parte dispositiva da moción que se sinala no epígrafe, na que se solicita ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte acordo:

1. Manifestar o rexeitamento á subida das peaxes na AP-9, instando á Xunta de Galiza a que demande a súa supresión.

2. Instar á Xunta de Galiza a que cumpra os acordos do Parlamento galego e demande do Goberno do Estado. • A transferencia da AP-9 á Administración galega. • A supresión da peaxe no treito da AP-9 Vigo-Rande.

3. Trasladar o presente acordo aos grupos parlamentares do Parlamento de Galiza, presidente da Xunta de Galiza e presidente do Goberno do Estado.

A Sra. Santos Omil expón que non é a primeira vez que nesta Corporación municipal solicitan a transferencia da AP-9 á Administración galega. Todos e todas os que están aquí son coñecedores das peaxes abusivas dos tramos da AP-9. O goberno do Estado acaba de autorizar a Audasa unha subida, para primeiros de anos, das peaxes da AP-9 que aumentarán case un 4% mais do prezo actual, cando xa as autoestradas galegas son un 60% máis cara da media estatal, por isto Galicia pode presumir de ter as peaxes máis caras e tamén os salarios e pensións máis baixas do Estado español. Isto supón un auténtico escándalo. Dende o ano 2003, no que a AP-9 pasou a mans dun fondo especulativo norteamericano, levan recadando grandes beneficios económicos, beneficios que non son repercutidos na mellora do servizo da autoestrada. Engade que non hai redución da tarifa en tramos en obras, cando se rexistran retencións quilométricas nin abren a autoestrada libre de peaxe, nin reciben sancións por dar un mal servizo, e isto ocorre en demasiadas ocasións en datas sinaladas, tampouco hai mellora na iluminación e no asfaltado, e, ademais de todo isto, reduciron drasticamente postos de traballo nas cabinas de pago. Dende a posta en marcha das peaxes na AP-9 os cartos recadados ascenden a máis de 2.500 millóns de euros e o beneficio de Audasa é de máis de 900 millóns. Tan só no ano 2016 a recadación foi de máis de 45.000 millóns de euros. Indica que un estudo realizado pola Federación Galega de Transportes de Mercancías reflicte que os transportistas que fan todo o trazado de ida e volta gastan máis en peaxes que en combustible. Isto, o que é, é un roubo consentido, un roubo no que son cómplices Mariano Rajoy, que é o presidente do Estado español, Ana Pastor, que non se pode esquecer

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

28

que é deputada polos votos de Pontevedra, e, por suposto, coa complicidade do presidente da Xunta. Sinala que o Sr. Feijoo anunciou no ano 2016 un acordo co goberno español para que as decisións relativas á AP-9 foran coparticipadas entre Fomento e a Xunta, pero o Sr. Rajoy e Ana Pastor vetaron a transferencia a Galicia, e o que fixo o Sr. Feijoo foi calar e aceptar, traizoando ás galegas e galegos, pero iso si, para rescatar as radiais madrileñas si dispoñen de cartos, 4.000 millóns de euros, mentres que en Galicia hai que pagar máis, negándonos o dereito a xestionar o que é noso. Queren impedir este roubo consentido, polo que pide o apoio no Pleno aos puntos da moción que antes se nomearon. A Sra. alcaldesa indica que este non é un tema novo, é un tema xa debatido neste Pleno e en moitísimos sitios, no Congreso dos Deputado, proposicións non de lei, e ademais, agora, no propio Parlamento de Galicia, cuns acordos acadados. Di que o grupo municipal do PP non tería ningún problema en entrar non fondo da moción, pero non hai que facer demasiada demagoxia sabendo de onde proveñen as cousas, pois, prometer que se transfiren a AP-9 a Galicia vai a estar exenta de peaxe, non se sostén, nin dende o punto de vista económico, nin dende o punto de vista legal. Pensa que hai que ser serios dende o principio e deslindar moi ben as cousas. Indica que hai un acordo no Parlamento de Galicia para que se transfira a AP-9 á Administración galega, pero a ninguén se lle esquece de que hai un contrato de concesión que todo o mundo, incluído o BNG cando tiña representación no Congreso dos Deputados e cando presentaba as proposicións non de lei, dicía claramente, a cambio de que se fixeron, se están facendo e rematando as obras de ampliación da ponte de Rande, e as obras co terceiro carril en Santiago, e outras obras, e se foron dando pasos dende o principio, como a supresión do Peaxe para o Morrazo, aínda que poden entrar no fondo da cuestión, como quen pagaba eses millóns e euros que custou a supresión da peaxe polo Morrazo e quen as paga agora, xa que, agora, non os paga a Xunta de Galicia, os pagaron durante moitos anos, pero o que non se lles pode contar á xente é que si se transfire a AP-9 vai a estar exenta de peaxe, porque iso non é unha realidade. Engade que a peaxe sube pola concesión que ten, pero subiu durante moitísimos anos. Di que ela non está de acordo co prezo da peaxe, pois parécelle moi caro, pero tamén hai que poñer en valor, que, dende hai uns anos, nos días laborables a volta sae gratuíto cruzar a ponte de Rande, e estase a traballar, hai unha Comisión no Parlamento, para tratar de que sexa gratuíta, igual que se conseguiu a do Morrazo, o tramo de Vigo a Redondela, e vaise a traballar nese asunto. Indica que o grupo municipal do PP dea o apoio a esta moción, pensando e facendo pensar á xente que si se transfire a AP-9 a Galicia vai a estar exenta de peaxe, non é unha realidade, porque vai a ter peaxe. Comenta que o BNG, no ano 2010, presentou unha proposición non de lei, e acordaron todos os grupos con representación no Congreso, o PSOE, que naquel momento gobernaba, acordou o PP e o BNG, que a defendeu o Sr. Jorquera, porque tiñan claro que ía a ter peaxe, acordaron o seguinte texto: “evitar a ampliación da concesión da explotación da autoestrada da AP-9 en Galicia de modo que se manteña a data de 2048 para a reversión ao Estado desta importante infraestrutura”, iso o dixo o BNG no ano 2010. Engade que pasaron moitas cousas, renovouse a concesión en novembro de 2011 a cambio de facer as obras de ampliación da ponte de Rande. Engade que todo se pode valorar pero hai que poñer moito diñeiro enriba da mesa porque as obras haberá que pagalas. Di que sen afondar máis, porque non é materia deste Pleno, e sobre todo porque hai unha Comisión no Parlamento de Galicia na que están representados todos os grupos políticos desta Corporación, que é o foro axeitado, pois é onde teñen moitísimos máis datos económicos dos que pode ter ela agora, así como o resto dos grupos. Indica que o gruo municipal do PP podería apoiar o segundo punto, porque están traballando todos os grupos no Parlamento nesa dirección, pedindo a transferencia da AP-9 e instando á supresión da peaxe de Vigo Rande, dirección Redondela, igual que no seu momento conseguiuse a do Morrazo, pero o primeiro punto, “manifestar o rexeitamento á subida da peaxe”, por suposto, pero que lles pareza mal non quere dicir que non vaia a ser, e non vai ser porque é unha concesión, e é unha concesión que obriga, e, agás que se revise, non se pode dicir que vai a ser gratuíta. Dille á Sra. Santos Omil que se accede á esa proposta o grupo municipal do PP podería apoiala, senón, co primeiro punto, non pode ter ese discurso cando non pode ser real nin posible. O Sr. Pastoriza Pazos comparte coa Sra. alcaldesa que hai problemas, e reclaman tamén que a autoestrada pase a ser competencia autonómica, sendo esta unha infraestrutura fundamental para a Comunidade Autónoma, así como que non se produza a subida da peaxe. Supón que todos estarán de acordo en que a subida da peaxe é unha mingua para o cidadán, tanto de Vigo, de Marín, de Canga, para a economía, para a ampliación das propias cidades... Di que a el non lle gustaría levar os termo do pasado, pensa que sempre hai que levalo a termos de futuro, e, moitas veces, hai cousas que se pensa que son imposibles, e, ao final, acabase chegando, e, de feito, si a Sra. alcaldesa ten un rexeitamento

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

29

coa subida da peaxe, o partido Socialista, en Santiago, xa propuxo unha solución, son 330 millóns de euros, para evitar a subida da peaxe da AP-9 repercutira directamente sobre os petos dos usuarios, falaron coa Xunta para que abrira unha negociación directa con Fomento a través da cal o Estado se fixera cargo, tanto das obras que Audasa está a levar a cabo na ponte de Rande e na circunvalación de Santiago, e, así, a compañía quedarían sen unha das principais razóns para esa subida, e no imputaría aos condutores o aumento do 1% nas tarifas, sen contar a variación do IPC. Destaca que chegan a esta circunstancia porque o Sr. Núñez Feijoo non foi capaz de levar a cabo o que se lle pediu, non foi capaz de desbloquear o veto á transferencia que se levou ao goberno central, quen volveu a vetar, xa hai uns meses, que se poida tramitar no Congreso a proposición de lei aprobada por unanimidade de todos os grupos políticos e remitida dende Galicia, a través da cal se reclamaba o traspaso da autoestrada da AP-9 á Xunta. Di que non acaba de comprender cales son as afinidades que ten o Sr. Núñez Feijoo co goberno central, pero, dende logo, moitas cousas para Galicia, en temos de infraestruturas, parece que non está a conseguir. Cre que non viría mal que dende Marín se presionara un pouco ao Sr. Núñez Feijoo, á Xunta, para que melloren a vida dos pontevedreses, dos marinenses e de todos os galegos, que agora mesmo non o está a facer. O Sr. Franco Outón di que todo o que rodea a esta infraestrutura é bastante miserento, primeiro, porque o xestiona un “fondo voitre” americano; segundo, porque aquí, o Sr. Núñez Feijoo, da a cara e di que quere a infraestrutura, pero, despois, resulta que, o PP de Galicia que é o mesmo que ten deputados en Madrid, esas mesmas persoas impiden a transferencia. Di que non sabe moi ben para que queren a transferencia, pois se é para xestionar unha infraestrutura privada, unha vez máis, non interesa. Opina que interesa a transferencia da AP-9 para, automaticamente, nacionalizala e expropiar a concesión, pero de inmediato, e, sen ningún tipo de dúbida, pois é unha infraestrutura que está amortizada dende o ano 2012. Di que non sabe se ao mellor -xa que está de moda- hai algún interese detrás de algún persoeiros do PP, porque parece. Pregunta se eran necesarias as obras de ampliación en Rande, pois hai moita xente que din que non, moítisimos colectivos din que non, e, ao mellor, esa era a xustificación para prorrogar e cobrar as peaxes que van enriba da xente que traballa noutros concellos e que ten que utilizar ese investimento e que, ao final, é salario que perde. Alude a que fai pouco botaban aquí os número, e unha persoa que traballa en Vilagarcía perde 8 euros diarios do seu salario. A Sra. Santos Omil di que non fan demagoxia, senón que esixen o que é xusto, a transferencia da AP-9 para Galicia, e piden a supresión da peaxe no treito da AP-9 en Vigo, porque é unha reivindicación histórica dos usuarios. Pregunta porque o Estado español non pode poñer cartos para as autoestradas galegas e si para as madrileñas. Engade que, como dixo o seu compañeiro da Marea, esas obras están xa máis que amortizadas, e as obras da ampliación de Rande foron moi cuestionadas. Manifesta que os puntos que se solicitan na moción son totalmente asumibles, de feito, hai un ano, o presidente da Xunta si se manifestaba a favor da transferencia, e no Parlamento galego chegouse a un acordo que foi vetado no Congreso, e o Sr. Núñez Feijoo non fixo absolutamente nada. Di que a primeiros de ano vai a ser aplicada a subida do 3,1%, durante os tres próximos anos, nos tramos da AP-9, esta medida afecta á veciñanza de todos os concellos, incluído o de Marín, toda a veciñanza que utiliza a autoestrada. Opina que este tema non leva consigo un gran análise que xustifique poñerse a favor ou en contra, a única postura que cabe é estar a favor da transferencia á Xunta de Galicia, ou estar a favor de aumentar os ingresos dunha empresa privada. A Sra. alcaldesa pregunta se admite retirar o punto primeiro. Responde a Sra. Santos Omil que non. O Sr. González Dopazo respecto ao tema de cantos anos levou amortizar a autoestrada, lembra que tiña el 8 ou 9 anos, iso foi no ano 1973, e daquela acordouse que tardarían uns 40 anos en amortizarse, rematndo no ano 2012, e, nese ano é cando tiña que pasar a titularidade pública e deixar de estar en mans dunha empresa, que era pública, no seu momento, e que o Sr. Aznar a privatizou, e ese foi o gran erro que fai que segan pagando a peaxe outros 40 anos máis. * Ao non haber máis intervencións, a Sra. alcaldesa somete a votación a ratificación da inclusión do asunto na orde do día, por non estar ditaminado, que é aprobada por unanimidade dos 20 membros presentes, dos 21 que compoñen a Corporación.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

30

* A continuación, a Sra. Alcaldesa somete a votación ordinaria a moción do grupo municipal do BNG-AA contra a subida de peaxes na AP-9. (EXPTE.: 525/17) que obtén dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3).

Ao producirse como resultado da votación un empate de votos, e de acordo co artigo 100.2 do ROF, efectúase unha nova votación co seguinte resultado: dez (10) votos en contra dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PP, e dez (10) votos a favor dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3).

Ao persistir o empate, decide o voto de calidade da Sra. alcaldesa-presidenta, que, neste caso é en contra, en consecuencia queda rexeitada a moción do grupo municipal do BNG-AA contra a subida de peaxes na AP-9. (EXPTE.: 525/17)

B) ACTIVIDADE DE CONTROL DO PLENO:

11.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DAS RESOLUCIÓNS DITADAS NOS MESES DE OUTUBRO E NOVEMBRO DE 2017.

A Sra. secretaria da conta das Resolucións da Alcaldía ditadas durante o mes de outubro, que van do número 1.808 ao 2.036, e de novembro, que van do número 2.037 ata 2.239.

O Pleno queda sabedor. 12.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DO INFORME DE

INTERVENCIÓN SOBRE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA CONTRARIAS AOS REPAROS DO MES DE OUTUBRO DE 2017.

A Sra. secretaria informa que, en cumprimento do establecido no art. 218 do Texto refundido da Lei de Facendas Locais, na redacción dada por la Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, elévase ao Pleno da Corporación a información sobre as resolucións de Alcaldía contrarias aos reparos formulados no mes de outubro de 2017 polos motivos de discrepancia que figuran en dita resolución.

O Pleno queda sabedor.

13.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DO INFORME DE INTERVENCIÓN DE AVALIACIÓN DO PLAN DE AXUSTE 3º TRIMESTRE DE 2017.

A Sra. secretaria informa que, en cumprimento do disposto no artigo 10 do Real Decreto-Lei 7/2012, de 9 de marzo, polo que se crea o Fondo para o financiamento dos pagos a provedores, dáse conta ao Pleno da Corporación do informe sobre a execución do Plan de axuste correspondente ao 3º trimestre de 2017.

O Pleno queda sabedor.

14.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DO INFORME DE INTERVENCIÓN EN RELACIÓN COA REMISIÓN DE INFORMACIÓN SOBRE A EXECUCIÓN PRESUPOSTARIA – 3º TRIMESTRE DE 2017.

A Sra. secretaria da conta da información a execución trimestral do orzamento correspondente ao 3º trimestre do 2017, de acordo cos datos que figuran no expediente que estivo a disposición dos corporativos dende o momento da convocatoria do Pleno.

O Pleno queda sabedor. 15.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DA RESOLUCIÓN DA

ALCALDÍA NA QUE SE APROBA A DETERMINACIÓN DO CÁLCULO DO CUSTE EFECTIVO DO SERVIZO, CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2016.

A Sra. secretaria da conta da Resolución da Alcaldía, de data 9 de novembro de 2017, pola que se aproba a determinación do cálculo efectivo do servizo 2016, segundo os Anexos do Estudo de Custos que consta no expediente.

O Pleno queda sabedor.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

31

16.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DOS ACORDOS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE APROBACIÓN DAS SOLICITUDES DE SUBVENCIÓN CON CARGO AO “PLAN CONCELLOS 2017” DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, EN CUMPRIMENTO DA BASE 10ª DO REFERIDO PLAN - (EXPTE.: 671/16).

A Sra. secretaria informa que, en cumprimento da base décima do Plan Concellos 2017, dáse conta ao Pleno da Corporación dos acordos da Xunta de Goberno Local de aprobación das solicitudes de subvención con cargo ao “Plan Concellos 2017” da Deputación de Pontevedra, que de seguido se indican:

• Expte.: 671/16 (A).- Solicitude de subvención destinada á contratación de persoal para o “Servizo de apoio a obras públicas e conserxería”, por importe de 156.181, 94 €, sendo a achega municipal de 3.428,78 €. • Expte.: 671/16 (B).- Solicitude de subvención con cargo á Liña 1 do Plan de Obras e Servizos (PLAN CONCELLOS) 2017, para o investimento denominado “Pavimentación da rúa Recamán”, por importe de 77.282,68 €, sen que o Concello comprometa achega algunha para colaborar no seu financiamento. • Expte.: 671/16 (C).- Solicitude de subvención con cargo á Liña 1 do Plan de Obras e Servizos (PLAN CONCELLOS) 2017, para o investimento denominado “Humanización da rúa Concepción Arenal, entre a rúa Jaime Janer e a rúa da Roda”, por importe de 237.153,03 €, sendo a achega municipal de 4.454,98 €. • Expte.: 671/16 (D).- Solicitude de subvención para o investimento “Mellora da accesibilidade á piscina municipal de Marín” con cargo á Liña 1 do PLAN CONCELLOS 2017, por importe de 142.404,96 €, sen que o Concello comprometa achega algunha para colaborar no seu financiamento. • Expte.: 671/16 (E).- Solicitude de subvención para o investimento “Reposición de pavimentos no rural de Marín 2017” con cargo á Liña 1 do PLAN CONCELLOS 2017, por importe de 190.271,40 €, sen que o Concello comprometa achega algunha para colaborar no seu financiamento. • Expte.: 671/16 (F).- Solicitude de subvención para o investimento “Mellora do alumeado público exterior EP 1203 Ruanova a Pardavila” con cargo á Liña 1 do PLAN CONCELLOS 2017, por importe de 45.919,11 €, sen que o Concello comprometa achega algunha para colaborar no seu financiamento. • Expte.: 671/16 (G).- Solicitude de subvención para o investimento “Mellora e pavimentación do camiño de acceso á Igrexa de Santa María do Campo” con cargo á Liña 1 do PLAN CONCELLOS 2017, por importe de 67.392,43 €, sen que o Concello comprometa achega algunha para colaborar no seu financiamento. • Expte.: 671/16 (H).- Solicitude de subvención para o investimento “Mellora do comportamento hidráulico do río Lameira. Fase II” con cargo á Liña 1 do PLAN CONCELLOS 2017, por importe de 114.276,38 €, sen que o Concello comprometa achega algunha para colaborar no seu financiamento.

• Expte.: 671/16 (I) (antes 64/16) - PLAN CONCELLOS 2017. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA - Solicitude de autorización para a aplicación de parte da baixa de 27.172,59 €, xerada no investimento “Pavimentación da rúa Recamán”, por importe de 23.183,20 €, no financiamento do investimento denominado “Pavimentación do estacionamento para o Estadio de Fútbol de San Pedro”, cun orzamento polo mesmo importe remitido á Deputación, sen que o Concello comprometa achega algunha para colaborar no seu financiamento. O Pleno queda sabedor. 17.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DOS ACORDOS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DE ADXUDICACIÓN DE CONTRATOS FINANCIADOS COAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS CON CARGO AO “PLAN CONCELLOS 2017” DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, EN CUMPRIMENTO DA BASE 15ª DO REFERIDO PLAN - [EXPTE.: 671/16 (A), (B), (C) E (F)]. A Sra. secretaria informa que en cumprimento da base 15ª do Plan Concellos 2017, dáse conta ao Pleno da Corporación das Resolucións da Alcaldía e o acordo da Xunta de Goberno Local, polas

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

32

cales adxudicáronse os contratos que afectan a expedientes de subvención concedidas con cargo ao Plan Concellos 2017 que se refiren á realización de tres actuacións:

• “Contratación de traballadores para o servizo de apoio a vías e obras”, para 24 persoas desempregadas. Resolución da Alcaldía de 30 de marzo de 2017.

• “Pavimentación da rúa Recamán” que foi adxudicado, por acordo de Xunta de Goberno Loal de 28 de xuño de 2017, á empresa “Construciones Obras e Viais S.A.” por importe de 50.110,9 € (IVE incluído).

• “Alumeado público exterior EP- 1203 Ruanova-Pardavila” que foi adxudicado, mediante Resolución da Alcaldía de 27 de novembro de 2017, á empresada “Servicios Eléctricos Abelmar S.L.”, por importe de 45.620,61 € (IVE incluído).

O Pleno queda sabedor. 18.- ROGOS E PREGUNTAS. * A Sra. Santiago Suárez di “quen houbera tido esa Deputación hai uns anos”, a continuación formula os seguintes rogos: - Indica que na rúa Camiño Vello de Seixo estiveron onte sen luz, sendo bastante habitual os cortes no subministro eléctrico. Informa de que, nesa rúa, hai dous farois que non teñen bombilla. - Sinala que hai hai que saír á estrada para poder tirar o lixo nos contedores que están diante da Biblioteca, sobre todo no de orgánico, que é o máis utilizado e o que está máis lonxe, que, ademais, como é moi difícil levantar a tapa pola parte de fora, ao final, a xente vai pola parte do xardín para acceder á palanca de apertura. Roga que se estude como se poden colocar, porque é un perigo, sendo, ademais, unha zona, pola noite, con pouca luz. - Gustaríalle que se actualice o “lazo violeta” que hai na entrada da Casa Consistorial, ou senón que se retire. - Indica que no convenio para a humanización da rúa Concepción Arenal, na segunda páxina, hai un erro nunha palabra, tiña que poñer “aliñacións” e pon “alienacións”. A Sra. alcaldesa responde que o tema do lazo violeta se corrixirá, pero, o que pasa, é que o borran constantemente. * O Sr. Muradas Ramos formula os seguintes rogos e preguntas: - Di que, menos mal que pasou un mes sen rogos e preguntas, pois, senón, no pleno pasado, o faría con máis énfases. Di que queda moi feo, cando alguén fai, aquí, un rogo ou unha pregunta que afecta a un particular ir a “chivarse”, e aquí hai moita “chivatita”. Aclara que cando referiuse á terraza do “Lelé” coa “A´Devesa”, a quen se refería, que estaba obstruíndo o tráfico, era á “A´Devesa”, que é a última. A do “Lelé” é a terraza máis antiga que hai en Marín, e, neste momento, está en perfecta aliñación co “Farola”. Considera que se pasaron dando unha autorización de 24 mesas, que cando se expanden, en festas, queda moi difícil circular por alí. Insiste en que queda moi feo ir a “chivarse” alí, pois, despois do rogo, pasa un por alí e resulta que do bar empézanlle a saír piropos por todos os lados. Recomenda a toda a oposición que teñan coidado cos rogos e preguntas que afecten a particulares. - Agradece o cambio de testos da rúa Real, así como que hoxe os colocaran ben. - Indica que o reloxo do Concello adianta, pero aínda debe de estar en garantía a reparación. Di que de tamén poderían dar un repaso ás ventás que están aos lados. - Xa quitaron, por fin, os semáforos no cruce de Calvo Sotelo, pero o cadro de semáforos, precisamente, non adornan moito na praza aquela. Roga, que se poden, retíreno, pois non ten sentido ningún. - As alfombras de nadal, di que deben invocar á chuvia, porque coa sequía que houbo, é, xusto, regalar as alfombras e empeza a chover. Pide que digan aos comerciantes que as retiren cando chova e cando é noite, pois daba pena velas, todas arrugadas e incluso a xente tropezando, dando un aspecto lamentable. - Ao lado da palmeira, na Alameda, puxéron unha iluminación que non estivo conectado nunca e non ten electricidade, a non ser que se poña para adorno diúrno. Engade que alí, aínda que se levante un pouco o céspede, tendo en conta que este verán púxose unha terraza, pois, aínda que se metar un surco, non pasa nada.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

33

- A bola de adorno que púxose no farol, queda moi bonita pero habería que experimentar como quedaría de bonito mantendo a iluminación do farol, xa que o entorno queda bastante escuro. Engade que non sabe se poden convivir as dúas iluminacións. - Indica que como o que vai a dicir ten risco de “chivatazo”, vai adiantar que calquera solución parécelle boa, pero ten un amigo, veciño de Marín, que ten a curiosidade de saber se o arco de Carlos I, quen o puxo, se o Concello ou a Escola Naval. Insiste que calquera das dúas solucións parécelle ben, a ver se lle van a botar á Armada enriba. A Sra. alcaldesa responde: - Respecto aos “chivatazos” lémbralle que as sesións dos plenos son públicas, entón os/as concelleiros/as ten que coidar, se quere, facer os rogos e as preguntas dunha determinada maneira. Engade que, como son públicos, teñen publicidade, non son secretos, nin están aquí para non contalos. Dille que ten que falar de “chivatos e de chivatas” e que vaia practicando. - Indícalle que non se pode encender, á vez, o farol e a iluminación da bola. - Sobre o alumeado do arco da porta de Carlos I, di que pagouna o Concello, ao igual que o seu alumeado. * A Sra. González Recamán formula os seguinte rogos e preguntas: - Indica que a árbore de Nada que hai na rotonda de Ardán está esnaquizado polo temporal. - Comenta que no lavadoiro que hai na rúa Francisco Landín faise “botellón” habitualmente, agora mesmo, destes días festivos, está cheo de vasos de plástico, botellas ..., di que terá que limpalo o servizo municipal. Engade que hai unhas mulleres que utilizan o lavadoiro para lavar e soen recoller, pero neste momento está bastante sucio. - Indica que hai tempo que leva falado co concelleiro, Sr. Estévez Salazar, sobre o tema do tráfico nesa rúa, pois hai unha zona de carga e descarga onde aparca, indiscriminadamente, todo o mundo sen risco a ser multado, de mañá ou de tarde, indiferentemente. O camión que descarga no supermercado Día aparca, sempre, en dobre fila, ocupando o carril. Engade que ten unha foto na que se ve que a zona de carga e descarga está baleira e, el, igualmente, estivo hora e media parado na rúa, ocupando todo o carril. Indica que o sinal que prohibe dar a volta tamén é ignorado, completamente, podese virar cara abaixo -dirección ao lavadoiro- e toparse cun coche que ven de fronte, e iso pasa a diario. Aclara que non veñen do cruce de arriba, senón que baixan, xiran no centro de saúde, ata a zona de urxencias, e volven, se non atopan onde aparcar. Comenta que a “zona privilexiada” para facer o cambio de sentido é o paso de peóns, e di que tamén ten unhas fotos nas que se ve a coches facendo o cambio de sentido, diante da sinal que o prohibe, enriba do paso de peóns que da acceso ao centro de saúde. Di que é habitual que os usuarios do centro de saúde circulen pola marxe da estrada que non ten beirarrúas. Opina que hai que estudar a posibilidade de ampliar as beirarrúas nas dúas marxes da rúa, xa que é unha rúa principal, que da acceso a un centro de saúde, e ten que ter dúas beirarrúas. - Indica que, nesa mesma rúa, os contedores de recollida de lixo puxeronse coa palanca de apertura contra o muro da barriada Virxe do Carme, polo que é imposible utilizar a palanca, e polo outro lado é moi difícil abrilo, entón, esta semana, xa había moitas bolsas de lixo apoiadas no contedor. Insiste no rogo para que se vixíe e se multe, e se apliquen as normas, pois si hai unha sinal de carga e descarga que prohibe aparcar pola tarde, a quen aparque pola tarde terán que multalo, e a quen circule en dirección contraria tamén, ou a quen fai un cambio de sentido no paso de peóns. Engade que un camión -esa non é a única rúa cun supermercado de todo Marín- ocupe todos os días, durante polo menos, hora e media, o carril, durante un ano, é vergonzoso. Insiste en que leva un ano dicíndollo ao concelleiro delegado de Tráfico, pero fai caso omiso, polo que ten que vir aquí, á queda de rogos e preguntas, para que quede constancia. Pide que se tomen medias, porque un día van a ter un susto nesa rúa. - A árbore de Nadal que está na cancha de baloncesto do parque Eguren, é moi bonito, pero está colocado de maneira moi pouco acertada, pois impide que os nenos xoguen nesa cancha de baloncesto. Indica que, ademais, xogan igual, e van a golpear o árbore co risco que iso leva. Roga que se vexa ben a situación dese árbore. A Sra. alcaldesa responde: - Que recolle o rogo respecto da árbore de Nadal e dille que colocouse alí por error e que vaise a cambiar a próxima semana. - Toma nota dos rogos da rúa Francisco Landín Pazos.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

34

- Respecto do “botellón” no lavadoiro, di que non tiña constancia de que o houbera, pero o lavadoiro é municipal e teñen que limpalo os servizos municipais. - Respecto a iluminación da rotonda de Ardán, dille que despois do temporal hai moitos arcos e zonas que hai que revisar. * O Sr. Pastoriza Pazos formula os seguintes rogos e preguntas: - Hoxe, durante o debate sobre os incendios, a Sra. Sanmartín comentou que Marín estaba inscrito nun parque comarcal de bombeiros. Pregunta se isto é así, si pódenllo confirmar. A Sra. alcaldesa responde que llo confirma, pois fai anos fíxose unha solicitude para estar dentro do Consorcio Provincial de Bombeiros, que depende da Deputación de Pontevedra. * A Sra. Blanco López formula os seguintes rogos e preguntas: - Pregunta porque o Concello permite que se acumule o lixo nas parcelas do Cemiterio Municipal da Raña, que están sen construír ou sen rematar. Pregunta porque non o retira, ou porque non ordea aos propietarios desas parcelas que as manteña limpas. Di que lle consta que, reiteradamente, se fixo esta solicitude ao Concello e a diversos concelleiros da Corporación pero non se fai nada. Engade que, polo que lle contan, está en bastante mal estado, e a xente que vai alí a visistar aos seus falecidos pasa un mal trago mirando como está todo aquilo sen limpar. - Pregunta cal é, exactamente, a situación actual da xefatura de Urbanismo e que se pretende no futuro. - Como é sabido o Concello de Marín ven de concesionar a recollida de lixo a unha empresa e, ao mesmo tempo, permitiulle que non teña nave, nin terreo, en Marín para facer as súas xestións, pero estase a utilizar unha finca, que é aparcadoiro unha veces si e outras non, para acumular alí os contedores, lavalos e facer todo tipo de actividades que se terían que facer nunha parcela con autorización para iso. Gustaríalle que lle dixera que tipo de autorización ten a empresa, por parte do Concello, para facelo e porqué se permite facer iso. - Nesas mesmas inmediacións, enriba do río, se ven de facer unha obra de contención. Pregunta se a realizou o Concello ou non, e, se foi así, que tipo de autorizacións ten para ocupar parte da canle. Engade que pode ser que augas de Galicia permita utilizar a canle, o cal sería bastante grave, pero quere sabelo porque llo piden veciños que viven alí. - Roga que, dunha vez por todas, se retiren os cristais e colóquense os cristais da marquesiña de autobuses que utilizan os nenos da barriada de Mogor, pois aínda está na mesma situación. - Propón, dado que hai un problema coa árbore de Nadal do parque Eguren, propón que a leven para Mogor, posto que debe ser a única parroquia á que non chegou o Nadal. Di que non sabe se é que fixeron algo os veciños de Mogor, ou se é culpa dela, pero que non os castiguen por culpa dela. Engade que a árbore esa quedaría moi bonita en calquera lugar da parroquia. A Sra. alcaldesa responde: - Que revisarase a limpeza das parcelas do cemiterio da Raña, e limparansen. - Dille que, neste momento, a xefatura do servizo de Urbanismo está ocupada por unha comisión de servizos, pero sacarase a praza, tal e como figura na oferta de emprego público. - Respecto a que autorización ten a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, para onde están acumulando e montando os contedores, responde que por parte do Concello ningunha. - En canto ao muro de contención na zona do Inferniño, di que existe un expediente, autorizado por Augas de Galicia, e realizouse a obra coa supervisión do técnico municipal. - Indica que toma nota do rogo da marquesiña. - Sobre a árbore do parque Eguren dille que non hai ningún problema, senón que foi unha falta de entendemento onde se colocou, pero vaise a recolocar. Engade que tampouco hai ningún problema coa árbore de Mogor, pois se vai a colocar como todos os anos. * O Sr. Fernández Pose formula os seguintes rogos e preguntas: - Na última Comisión Informativa de Deportes, falaron do tema das subvencións, que había uns puntos que estaban mal dados e que se ían a repartir eses cartos entre todos os clubes. Pregunta se ese reparto xa está feito, si pódenlles dar traslado dese novo reparto e si déuselle aos clubs ese novo reparto de cartos

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

35

- A Sra. alcaldesa da a palabra ao Sr. Traba Miñones que responde que está feita a modificación pola alegación do Club de Vela de Aguete, está feita a rectificación e Resolución, asinada pola Sra. alcaldesa, da que se dará traslado aos clubs. * A Sra. Santos Omil formula os seguintes rogos e preguntas: - Indica que, hai cousa de mes ou mes e medio, houbo unha avaría, na rúa do Grupo Escolar de Seixo, dunha cañaría de auga, e os asfaltado segue sen rematar e seguen as vallas alí colocadas, roga que se remate esa obra. - Di que trasladou, polo menos, en dúas ocasións á Comisión Informativa de Rural o rogo para que se fagan unhas bases para suxeitar os contedores na zona do rural, sobre todo para os que están no lado da estrada, porque, cada vez que hai vento forte, os contedores acaban tirados no medio da estrada. - Indica que na entrada da parcela da canteira, en Pardavila, onde tamén se depositan contedores, hai un cartel de información co teléfono de recollida de bultos grandes, pero ese teléfono é o da anterior empresa, polo que roga que se actualice. A Sra. alcaldesa responde: - Sobre o teléfono da recollida de bultos grandes di que se corrixirá. - En canto a avaría da rúa do Grupo Escolar, di que están pendentes as brigadas municipais, que son as que arranxaron a rotura, de rematar, este mes, os traballos, en todo caso se fará á maior brevidade posible. - Toma nota respecto dos contedores. * A Sra. Pesqueira Pérez formula os seguintes rogos e preguntas: - Indica que o Plan de Protección do Patrimonio foi aprobado a principios de ano, e, como xa pasou case un ano, gustaríalle saber cales foron as xestión realizadas, durante estes meses, para iniciar ese Plan, e, en caso de que xa estea iniciado, se hai expertos na materia elaborando ese Plan, quen son, e si hai algo feito cando llo van a trasladar, si van a participar os colectivos dese Plan e cando os van a chamar. - Informa que o pasado luns, 11 de decembro, no Centro de Saúde de Marín, no servizo de tarde, non había ningún médico no servizo habitual de citas, os únicos médicos que había eran os do PAC, do servizo de urxencias, esta anomalía, que é un feito habitual, supuxo que o único médico e enfermeiro tivera que estar atendendo as citas dos outros médicos, porque estaban de baixa, e malia que se lle comunicou á persoa responsable do Sergas, desta problemática, non mandaron a ningún substituto ou substituta. Engade que ademais ese médico e ese enfermeiro de urxencias tiveron unha saída por un atragantamento, co cal, o Centro de Saúde de Marín quedou sen ningún médico durante toda a tarde, 25.000 habitantes estiveron sen médico o luns, 11 de decembro. Engade que, ademais, ese médico e ese enfermeiro atenderon a máis de 60 asistencias, a parte de saír fora. Di que, ademais, e de 8 a 10 da noite, todas as tardes, só hai un médico e un enfermeiro en urxencia. Pregunta que pasaría si no momento en que ese persoal está en San Xulián ocorrera un infarto, pois non habería ni un médico no Centro de Saúde de Marín. Pregunta se a Sra. alcaldesa é coñecedora desta situación, se sabe que isto non é un feito puntual, e, xa que agora é coñecedora, e se non as tomou, que medidas pensa tomar ao respecto. Nunha cuestión tan importante, como é a saúde da veciñanza, que non merece isto, xa non merece o da ambulancia, pero, non ter médico ou médica, xa parécelle bastante máis grave, porque necesitan ir cara á calidade asistencial, pois de nada sérvelles ter un edificio moi bonito se despois non hai xente que poda atendelo. - Indica que hai unha finca, entre a travesía República Arxentina e o Inferniño, que está chea de maleza. Pensa que tamén era un polígono a desenvolver polo PXOM, entón os veciños e veciñas da zona piden, por favor, que se limpe esa finca. - Di que sabe que están con algún proxecto para a canteira da Laxe, tan reclamada polo grupo da Marea por todo o tema de limpeza, xa que está bastante lamentable esa zona. - Di que ten a mesma inquedanza co amigo do Sr. Muradas, sobre o tema das luces da Escola Naval, e aínda que a Sra. alcaldesa xa contestou á pregunta, tamén gustaríalle saber que criterio utilizaron para subvencionar unhas luces na Escola Naval e non en calquera outro edificio da Administración. - Insiste no rogo do emprego do uso da lingua galega neste Pleno. Engade que só pide que se intente.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

36

A Sra. alcaldesa responde: - Sobre o Plan de protección do patrimonio da a palabra á concelleira Sra. de Pazo Allaríz que di que aempresa que o está a estudar é “Antas de Moura”, que se vai a reunir cos técnicos das Comunidades de Montes para achegarse aos punto de máis necesidade. Indica que os colectivos que se van a unir son os que dixo na Comisión, os presidentes das comunidades de montes cos técnicos que teñan, despois, unha vez que se chegue a pechar ese borrador, presentarano na Comisión e logo seguiran avanzando. Di que non cre que dea tempo para a próxima Comisión pero, que en canto o teña, o fará saber. De todas as maneiras opina que é moi importante esa unión coas comunidades de montes, pois é moi importante para facer achegas a ese traballo do técnico. - Respecto as preguntas sobre o Centro de Saúde, responde a Sra. alcaldesa que non é coñecedora, e que pedirá información, ao Sergas, da situación. - Toma nota da limpeza da finca de República Arxentina e da zona da canteira. - Sobre os criterios para poñer as luces no arco da Escola Naval di que pedíronlle se podía o Concello colaborar na iluminación e puxeron un arco como o da avenida de Ourense. Indica que estes últimos anos o facían eles. - Sobre o rogo para o uso da lingua galega, responde que ela intenta facelo. * O Sr. Franco Outón formula os seguintes rogos e preguntas: - Indica que asume como propio o rogo que fixo o Sr. Muradas, cos “trae e leva” que fan, porque o problema non é que os Plenos sexa públicos, senón, que é cando se contan mentiras, e cando vostedes van a unha empresa desta vila a dicir que nós dixemos algo que, en ningún momento, aquí, díxose, entón moi coidado con iso e coas “linguas bífidas”. - Reitera unha pregunta e un rogo que se fixo na Comisión Informativa de Tráfico sobre as estadas desmontadas que están ocupando praza para aparcar durante días e días. Pregunta que se está a facer ao respecto, porque a xente está bastante farta deste asunto. - Respecto á concesión do servizo de Recollida de Lixo, di (ironicamente) que os colectores que están colocados á beira do parque infantil quedaron “estupendos”, e que a xente está tamén “moi contenta” cos colectores de plástico e coa “facilidade” para introducir as bolsas en ditos colectores, así como co “horario de recollida do lixo”, ás 3 e ás 4 da tarde. - Pregunta porqué motivo os semáforos que cruzan a avenida de Ourense están intermitentes ao longo do día de hoxe. Responde a Sra. alcaldesa que toma nota dos rogos. pois non sabe de que mentiras fala, e que, como di que se todo o mundo está contento cos colectores á beira do parque infantil, pois perfecto. Respecto do semáforo da avenida de Ourense non llo pode dicir, parece que se debe a unha avaría. - Respecto das estadas di que estase a tomar nota para facer unha revisión dos permisos, das taxas pagadas e demais. * O Sr. González Dopazo formula os seguintes rogos e preguntas: - Dar os parabéns por cambiar de lugar os colectores de lixo que estaban diante do “K-nove” e que se trasladaron ao lugar menos malo, aínda que se reduciu as prazas para aparcar retiraronse de diante de dous establecementos de alimentación. - Indica que tamén están dicindo que Delpogar esta facendo as cousas ben, que se lles surte de material, pero ultimamente quedaron sen existencias, pero non quixeron explicarlle que tipo de material precisaban. - Indica que no aparcadoiro do Cemiterio do Campo debe ser unha especie de multiusos, porque alí van os cativos a practicar karting ou motorismo, serve de aparcadoiro, serve de provisión dos camións, e tamén serve para que a empresa contratada polo Concello deposite alí unha fila longa de colectores de cor verde. Engade que non sabe se ese é o sitio máis axeitado, e se ten as condicións ou os permisos para colocar alí eses colectores, nin sabe canto tempo van a botar alí. Gustaríalle que lle respondera. - Con relación ao vial de praias, di que non sabe, si cando se conceden as bandeiras azuis é polo estado da auga, e da area, porque o estado da calzada, paralela á praia de Aguete, é lamentable. Gustaríalle saber se a Deputación podería financiar, dunha vez, porque dende que se construíu, a principios dos anos 70, logo cando meteuse o saneamento, rompeuse e quedou así, como está, a marxe dereita en sentido Aguete-Marín está esnaquizada. Entón, vai sendo hora de que se actúe aí.

ILTMO. AYUNTAMIENTO DE MARIN Avda. de Ourense, s/n Telef. 986880300- Fax 986882015 ILTMO. CONCELLO DE MARIN 36900 MARIN (Pontevedra)

37

- Houbo unha rotura dunha cañaría na rúa Grupo Escolar de Seixo, arranxouse pero aínda segue o valado no medio da estrada. A Sra. alcaldesa responde que toma nota dos rogos. - Di que non lle consta que a Deporgal lle falte nada. - Sobre o tema dos colectores di que ata, practicamente, finais de xaneiro vaise a estar co cambio de colectores de lixo. Engade que están perfectamente colocados na zona do Cemiterio do Campo, ocupan pouco espazo e parece un sitio adecuado, ata que a finais de xaneiro estea realizado o cambio completo. - Sobre Deporgal non lle consta que lles faltara nada. - Respecto do vial de praias dille que están facendo un proxecto para a zona que está peor, en Portocelo, e despois farán esa zona de Aguete que indicou. A Sra. alcaldesa antes de levantar a sesión, felicita a todos e todas as festas, e informa que, como ven sendo tradicional, o viño de Nadal con todos/as os/as empregados/as do Concello terá lugar o vindeiro venres, 22, ás 13 horas. Engade que estes últimos anos, aproveitan para convidar, tamén, aos que se xubilaron. A Sra. Alcaldesa da por rematada a sesión ás cero horas e catro minutos do día 15 de decembro de 2017, do que como secretaria dou fe

A ALCALDESA-PRESIDENTE

Asdo.: María Ramallo Vázquez

A SECRETARIA

Asdo.: Paula Costas Romero