16 Xul 2010 - Nº16

24
Billar: Francisco Movilla campión de España de Billar páx. 16 Número: 16 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 16 de xullo de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de AGOSTO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 ATLETISMO páx.18 Sobrado F.S. campión de campións O Sobrado F.S. foi o campión do I Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala. páx. 3-7 Entrevista ao tirador Jorge Encinas: “Participar nuns Xogos é unha meta extremadamente difícil” páx. 20 O 23 de xuño terá lugar a III carreira popular de A Ponte ARTIGO páx.21 Alfonso Vilachá: Beneficios do lecer e a recreación

description

O 23 de xuño terá lugar a III carreira popular de A Ponte Entrevista ao tirador Jorge Encinas: Francisco Movilla campión de España de Billar “Participar nuns Xogos é unha meta extremadamente difícil” Billar: BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de AGOSTO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx. 20 páx. 16

Transcript of 16 Xul 2010 - Nº16

Page 1: 16 Xul 2010 - Nº16

Billar:Francisco Movilla campión de España de Billar páx. 16

Número: 16 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 16 de xullo de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de AGOSTO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ATLETISMO páx.18

Sobrado F.S. campión de campións O Sobrado F.S. foi o campión do I Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala.

páx. 3-7

Entrevista ao tirador Jorge Encinas:

“Participar nuns Xogos é unha meta extremadamente

difícil” páx. 20

O 23 de xuño terá lugar a III carreira popular de A Ponte

ARTIGO páx.21

Alfonso Vilachá: Beneficios do lecer e a recreación

Page 2: 16 Xul 2010 - Nº16

2 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

ACTUALIDADE

Cada día son máis os que participan nas populares que teñen lugar na nosa provincia. Cada día son máis os que saen de Ourense para parti-cipar en carreiras doutras comarcas

As carreiras populares están de moda. Cada ano hai máis e as que xa le-van tempo organizándose aumentan en número de participantes con cada nova edición que se pon en marcha.

Pero a “febre” por esta actividade non só é ca-racterística de Ourense, senón que se extende por toda Galicia e o resto de España, incluso atreve-ríame a dicir que do mun-do, xa que ano tras ano é maior o número de citas deportivas deste tipo mar-cadas no calendario.

No caso dos ourensáns, cada día son máis os que participan nas popula-res que teñen lugar na nosa provincia. Cada día son máis os que saen de Ourense para participar en carreiras doutras co-marcas (as Corre con Nós e Ferreirúa de Lugo, a Vig Bay de Vigo, a media ma-ratón de A Coruña e os 10 quilómetros de Santiago de Compostela son algúns exemplos).

E cada día, tamén, son máis os que cruzan a fron-teira para participar en probas de renome (coma os maratóns de Berlín e New York, dúas das innu-merables carreiras cele-bradas no extranxeiro que contan con participación ourensá).

A nosa provincia é todo un referente neste ámbito e ao ancho da mesma te-ñen lugar un bo número de carreiras que contan

Carreiras popularesincluso co recoñecemento de profesionais e afeccio-nados de fóra, entre as que destacan as nocturnas de Xinzo e Celanova; a de Lei-ro; as de montaña de Esgos (pertencente ao Campio-nato Galego de Montaña), Tangaraño e Penedos do lobo; o maratón do Miño; os 10 quilómetros homolo-gados de Xinzo de Limia e a carreira das carreiras de Galicia: a San Martiño.

A todas elas súmanse moitas outras que se cele-bran na xeografía ourensá (Cartelle, Sandiás, Baños de Molgas, Maceda...).

Sen embargo, non es-tamos aproveitando ao máximo esta afección, xa que a cidade de Ourense ten a posibilidade de facer carreiras populares atra-intes tanto para os pro-pios veciños como para a xente doutras provincias, con todo o que iso levaría consigo (que o participan-te - un corredor popular ou semiprofesional- e os seus acompañantes pasen como mínimo unhas horas no lugar da carreira, o que posiblemente daría lugar a que se queden a comer, re-posten nalgunha gasolinei-ra e ata volten a Ourense noutra ocasión se o que lles ofrecemos lles gusta).

Toda esta reflexión débe-se a que o Consello Muni-cipal de Deportes baralla a idea de facer un circuíto de carreiras populares na nosa cidade e para com-prabar as posibilidades deste proxecto estase a le-var a cabo unha especie de simulacro de circuito, que comprende as de O Couto, A Ponte, unha na nova pis-ta de atletismo do Campus Universitario e a de A Car-balleira.

A primeira delas, cele-brada en O Couto, non tivo o éxito agardado e apenas acadou os 200 participantes, o que demostra que a idea está aínda moi verde e faltan moitas cousas por pulir.

Un bo exemplo a seguir sería o Circuíto Corre con Nós de Lugo, oito carreiras que se celebran ao longo de todo o ano na provincia veciña e nas que participan máis de 1.000 corredores por carreira de toda Ga-licia. Os seus dez anos de experiencia serían o mellor modelo para comezar a dar forma a un conxunto de ca-rreiras que moitos agarda-rían cos brazos abertos e que proporcionarían unha xenial opción de deporte activo a todos os que quixe-ran [email protected]

4EDITORIAL

R. Torres

Chegado o final do Mun-dial e case sen solución de continuidade xa empezan a rodar outras competicións (previas de trofeos euro-peos, pretempadas de equi-po, etc.), pero esas non nos tocan. En Ourense aínda hai marxe para desfrutar desta época estival e saborear o triunfo da selección espa-ñola de fútbol. Pero onde non se descansa é nos des-pachos dos clubs, e os mo-vementos para as fichaxes empezan a notarse. O Club Deportivo Ourense vai ser o primeiro dos ourensáns en comenzar a pretempora-da, concretamente o 21 de xullo, e para esas quere ter pechada a plantilla. As últi-mas contratacións do equi-po son Miguel Casal (Pelo-to), que é un interior dereito e Esteban Capelo, interior esquerdo procedentes os dous do Negreira e Lucas Sierra que fora porteiro do Celanova. A prioridade do Ourense agora é a de con-tratar a un lateral esquerdo (barallan dous nomes). Ta-mén queren facerse cos ser-vizos dun dianteiro centro ou un medio centro.

O Club Ourense Balon-cesto conta soamente con catro xogadores de cara á tempada 2010-2011. Sony Vázquez e Lucho Fernán-dez que xa estaban na an-

terior campaña e os novos Francisco Cárdenas e Jamie Jones, aínda que a tempada en baloncesto empeza máis tarde que a de fútbol, a di-rectiva do club ten que em-pezar a moverse para con-tar con máis xogadores; eso sí, o banco xa está cuberto cos renovados Paco García e Raúl Jiménez como pri-meiro e segundo adestrador respectivamente.

No Club Baloncesto Pa-bellón Ourense Feminino despois de que Marga Mar-tín deixara o seu posto de presidenta substituíndoa Carmen Limia, o equipo comenzou a moverse para traer as novas incorpora-cións; e xa teñen a contra-tación de Alicia González, ala pívot que procede do Chajeba 04. Nas próximas datas o club tentará firmar a dúas americanas que entra-rán a formar parte do equi-po xunto coas confirmadas Bárbara Lamelo, Lucía Méndez, Sira Yebra, Laura Gil, Püü, María Ángeles Vega e a recén incorporada Alicia González.

Dos dous equipos ouren-sáns de fútbol sala femini-no que militarán a próxi-ma tempada na División de Honra, quen máis está movéndose no mercado de fichaxes é o Ponte Ourense que xa ten firmadas a Ra-quel de Souza (do Burela Pescados Rubén) e Eva Ta-

mayo (Móstoles Cospu-sa), ademáis de renovar a Laura Fernández. Tamén tentarán a contratación de Sara Moreno (Sarita) que militou no Cajasur Córdo-ba, equipo co conquistou a liga de División de Honra e o subcampionato da Copa de España. Se chegan a bo porto estos fichaxes, Pon-te Ourense pode crear un equipo potente, dirixido posiblemente por Manuel del Castillo, para facer grandes cousas. O outro equipo de División de Honra, o recén ascendido Cidade de As Burgas está apostando neste momen-to por coller xogadoras novas para pulir nas súas filas. Así, as tres primeiras incorporacións son as das novas xogadoras que mil-taban no Olivo de Vigo, María Arias, Zaida Varela e Antía Piñeiro.

Descanso activo4 As plantillas descansan men-tres as directivas non paran.

Antía, Zaida e María, fi-chaxes do Cidade das Bur-gas./

Page 3: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

�I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

CUARTOS DE FINAL

Sobrado F.S. inaugurou o Torneo dos Campións vencendo ao favorito4 Lasider DyC solventou con facilidade o seu partido de cuar-tos contra o Bar Dous Tempos de Carballiño.R. Torres

O mércores �0 de xuño daba o pistoletazo de saída o I Trofeo Barrios Deporti-vo, competición que enfren-tou os líderes das principais ligas de fútbol sala da pro-vincia de Ourense, xunto a un conxunto convidado (o Muebles Andrade). Foi pre-cisamente este equipo, xun-to co campión da Copa De-putación, o Sobrado F.S., o encargado de inaugurar os cuartos de final do Torneo

dos Campións, uns partidos que se caracterizaron, sen dúbida, polos desexos de vitoria dos oito participan-tes.

O Muebles Andrade (an-tigo Hermanos Barros F.S.) leva instalado na Liga Au-tonómica de xeito estable durante as últimas tres tem-padas, despois de debutar na mesma en 2002, para re-gresar á categoría provincial no verán de 2006. O equipo chegaba ao Trofeo Barrios Deportivo co desexo de re-

matar co mal sabor de boca que deixou á súa afección a raíz dos últimos partidos desta liga. Pola súa banda, o Sobrado F.S., recén retorna-do esta tempada á Primeira División de Ourense, logo de ascender e descender da mesma en varias ocasións debido á inestabilidade que atravesou o equipo durante os pasados anos, acadou a máis que meritoria segunda posición desta clasificación e fíxose, ao mesmo tempo, coa Copa Deputación. Dous

resultados que lle propor-cionaron o ánimo preciso para afrontar en busca da vitoria o Torneo dos Cam-pións.

Facendo honra á súa po-sición nunha categoría su-perior, o Muebles Andrade dominou o encontro duran-te as primeiras tres cuartas partes, pero un Sobrado F.S. cargado de enerxía conseguiu atopar o talón de Aquiles do gran favorito, a base de constancia de cara ao marco contrario, e re-montou o 6-2 que sinalaba o marcador a apenas cinco minutos do remate, obri-gando a recurrir aos tan te-midos penaltis para decidir o vencedor.

Entre os ánimos e os ner-vios das afeccións, a sorte volveu sorrirlle ao cam-pión da Copa que, con ca-tro acertos fronte aos tan só dous do Muebles Andrade, acadou o seu pase á semi-final.

Lasider DyC golea ao Bar 2 Tempos

O campión da Primeira División de Ourense, Lasi-der DyC, e o líder da Segun-da División e a Copa de O Carballiño, Bar 2 Tempos, foron os seguintes equipos citados na cancha central de Os Remedios para disputar o segundo partido dos cuar-tos de final.

Superada unha época de inestabilidade coa axuda, entre outras cousas, da ad-quisición de novas fichaxes, o Lasider DyC chegou ao Trofeo Barrios Deportivo despois de acadar o lide-rato da Primeira División de Ourense, ansiado polo equipo durante varios anos, e co que asegurou simultá-neamente o seu ascenso, de cara á vindeira tempada, á Liga Provincial.

En busca do triplete pi-saba Os Remedios o Bar 2 Tempos (coñecido durante a maior parte da súa histo-ria como Peña Molete). Re-cente campión da Copa e a Segunda División Local de O Carballiño, vitoria que lle permitiu un novo ascenso a Primeira, este equipo optou tamén á Copa Deputación, aínda que foi eliminado tra-la primeira ronda. Pero tan bos resultados non podían máis que cargar de ánimo a este grupo de amigos para facer fronte a esta derradei-ra cita da tempada.

Lasider DyC e Bar 2 Tem-pos víanse as caras no se-gundo encontro do primeiro día de competición perse-

guindo un único obxectivo: pasar á semifinal do Torneo dos Campións. Pero iso só o podía facer un e, tras uns minutos de tensión no terreo de xogo e con alter-nancias no xogo, os carba-llineses decidiron deixar de pelexar pola vitoria a pesar de chegar ao descanso con posiblidades de entrar nas semifinais pero, unhas de-cisións arbitrais coas que non estaban dacordo, fixe-ron que o cadro carballi-nés se adicara soamente a desfrutar do que sería o seu último partido oficial deste ano. Algo que en ningún momento pasou pola mente dos xogadores do Lasider DyC que ata o derradeiro minuto loitaron con todas as súas forzas para asegurarse un oco na seguinte fase e o resultudo premiou tanto esforzo, un abultado 12-4 enviou ao campión da pri-meira División de Ourense á semifinal.

Despois desta primei-ra xornada Sobrado F.S. e Lasider DyC esperaban adversarios nas semifinais do I Trofeo Barrios Depor-tivo.Sobrado FS venceu no primeiro partido ao Muebles Andrade nos penaltis: /RAMSÉS

Lasider - Bar Dous Tempos foi o segundo partido dos cuartos. /RAMSES

Page 4: 16 Xul 2010 - Nº16

4 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Sobrado F.S. - Mc Donald´s e Lasider DyC - Outomuro foron as semifinais do I Trofeo Barrios Deportivo que elixía ao campión dos campiós da tempada

CUARTOS DE FINAL

Mc Donald´s e Outomuro, os outros semifinalistas4 Tras vencer a Fisaúde e Feás respectiva-mente.

R. Torres

Mc Donald´s, o terceiro semifinalista

1 de xullo, segundo día de competición e, polo tan-to, momento de coñecer aos dous últimos semifinalistas do I Trofeo Barrios Depor-tivo. A sorte estaba botada e os que abandonaron o pa-villón municipal ourensán a iso das once da noite eran os primeiros en coñecer aos xa só catro equipos que op-taban a ser o campión dos campións.

Primeiro foi o turno de Mc Donald´s e Fisaude, dous conxuntos máis que merecedores de acadar a semifinal. Por iso, como era previsto, o espectáculo e a emoción estiveron servidos durante todo o encontro na cancha central dos Reme-dios.

Quizáis o Mc Donald´s era o favorito, despois dun-ha impresionante tempada na que se paseou pola Se-gunda División Local de Ourense goleando aos rivais e cedendo tan só un empate en toda a liga. Os 226 goles a favor fronte ós 59 en con-tra falaban por sí sós.

Pola súa banda, Fisaude tamén foi un equipo bas-tante regular ao longo desta tempada (exceptuando as tres primeira xornadas) e acadou así o liderato da Pri-meira División de O Car-balliño, ansiado e pelexado por estes rapaces desde o seu ascenso a esta categoría catro ano atrás. Un equipo

xove e cargado de ilusión foi a garantía do éxito e con esa actitude afrontaron, precisamente, o Torneo dos Campións, a pesar de reco-ñecer que o emparellamen-to que lles tocou nos cuar-tos de final non era o máis sinxelo.

Aínda que, de entrada, todo parecía gañado para o Mc Donald´s, o Fisaude púxose á altura das circuns-tacións e obrigou ao líder da Segunda División Local ourensá a pelexar e manter a concentración durante todo o encontro. O resultado, 11-8, fixo xustiza con ambos equipos, xa que aínda que o gañador, Mc Donald´s, superou ó seu rival, non lle

foi fácil doblegar ao cam-pión carballinés durante os 40 minutos de encontro e durante todo o partido as alternancias no marcador sucedíanse cara un e outro bando brindando un gran partido de fútbol sala a to-dos os que se achegaron ata o pavillón municipal. Sexa como fose, ó remate do en-contro coñecíase o terceiro semifinalista deste torneo: Mc Donald´s Ourense.

A gran sorpresa: o Outomuro

Xa só quedaba un posto baleiro nas semifinais do Torneo dos Campións, o do equipo que se enfrontaría ao día seguinte ao Lasyder

DyC en busca dunha praza para a gran final. E dous eran os únicos conxuntos que faltaban por debutar nesta competición, Feás e Outomuro.

O Feás F.S. é un dos equi-pos máis antigos da comar-ca de O Carballiño e esta tempada converteuse no líder da Liga Provincial de Ourense, unha posición que comezou a consolidar den-

de xa a metade do curso. Por iso, se algo caracterizou aos carballinenses durante este ano foi a súa regulari-dade, a cal os converteu, a priori, noutro dos favoritos do Trofeo BD.

Enfronte estaba o Outo-muro, equipo que, xunto co Bar 2 Tempos, presentouse a este torneo co obxectivo de facer triplete esta tem-pada, tras gañar a Liga e a Copa de Celanova. Un conxunto irregular, debi-do case sempre a factores externos (como a falla de apoio económico), que que-ría demostrar as gañas e a ilusión coas que xogan ao fútbol sala.

Pero unha vez máis o deporte demostrou que as estadísticas non teñen cabi-da nunha competición des-te tipo e o que de entrada parecía un enfrontamento sinxelo para o Feás (que co-mezou gañando 2-0 xa nos primeiros minutos) conver-teuse nun duro derbi que o Outomuro rematou levando ao seu terreo, cunha axus-tadísima vitoria final de 6-5 para o líder da comarca de Celanova, e cun final de infarto cando o Feás adiantaba ao porteiro para xogar de quinto xogador,

foi nese intre cando a emo-ción instalouse na cancha e as claras ocasións do Feás sucedíanse coas ocasións a porta baleira do Outomuro que non atinaban a metela pelota na portería. Ao final, 6-5 e o Outomuro accedía ás semifinais do Trofeo Ba-rrios Deportivo.

Deste xeito, as semifinais do Torneo dos Campións xa tiñan donos. Sobrado F.S. e Mc Donald´s Ourense, por unha banda, e Lasider DyC, e Outomuro pola outra ve-ríanse as caras ao día se-guinte para continuar na lo-ita polo trofeo que pechaba a tempada 2009/2010.

Encontro entre Mc Donald´s e Fisaúde en cuartos de final. /RAMSÉS

Todos os partidos estiveron marcados pola intensidade no xogo. /RAMSÉS

Page 5: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

5I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Sobrado e Lasider chegaron á final por camiños ben distintos, o primeiro tralos penaltis e o segundo xogando tan só un partido.

SEMIFINAIS

Sobrado F.S. e Lasider DyC, finalistas do Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala4 Tras vencer a Mc Donald´s e Outomuro nas semifinais.

R. Torres

Sobrado F.S. e Lasider DyC foron os finalistas da primeira edición do Tro-feo Barrios Deportivo de fútbol sala, despois de des-facerse en semifinais de McDonald´s e Outomuro respectivamente.

Unha vez disputados os cuartos de final e coñecer aos catro supervivintes deste torneo, tocaba saber quen ía chegar ata a ansiada

final. A primeira das semifi-nais enfrontaba ao Sobrado (campión da Copa Depu-tación) e ao McDonald´s (campión de Segunda Divi-sión de Ourense). De novo un gran partido en Os Re-medios entre dous conxun-tos que foron en todo momento a pola vitoria. Durante os 40 minutos non puido haber maior igualda-de con diferenzas mínimas por parte do Sobrado que sempre eran neutralizadas

polo Mc Donald´s, quizais menos afortunado de cara ao marco contrario; ata o pitido final que se chegou con táboas no marcador (6-6). O Sobrado, outra vez chegaba á tanda de penaltis, como xa ocorrera nos cuar-tos e, de novo a sorte foille favorable deixando ás por-tas da gran final ao campión da Segunda División de Ourense. O Sobrado F.S. xa esperaba rival na gran final para coñecer ao gañador do

torneo e recoñecer ao equi-po campión dos campións de Ourense de fútbol sala.

Outomuro sen fichasAos cinco minutos de

lanzarse os penaltis da pri-meira das semifinais xa se coñecía ao equipo que ía a enfrontarse na final ao Sobrado, o Lasider DyC. E é que nesta segunda se-mifinal, o Outumuro pre-sentouse ao encontro sen fichas polo que non se pui-do xogar despois de esperar os dez minutos de cortesía e as fichas seguían sen apa-recer, polo que pasou á final sen baixarse do autobús o Lasider DyC. A pesar das queixas dos xogadores do campión de Celanova o en-

contro non se podía xogar xa que a competición rexía as normas da Delegación de Ourense de fútbol sala e éstas din que está prohibido xogar sen fichas un encon-tro. Unha mágoa o do Outo-muro, por que o día anterior nos cuartos fixo a fazaña ao dobregar ao Feás (campión de Provincial) por 6-5.

O Lasider DyC chegou á final con moito menos es-forzo que o seu rival. O pri-meiro dos partidos o gañou abultadamente (12-4) e o segundo non o tivo nin tan

sequera que xogar (�-0 por incomparecencia), mentres que o Sobrado tivo que suar nos dous encontros tendo que esgotar o tempo regu-lamentario e ir a penaltis en ambos os dous partidos, tanto de cuartos como na semifinal.

A final presentábase moi aberta xa que chegaban a ela os dous primeiros cla-sificados da Primeira Divi-sión de Ourense, o Lasider como campión de liga e o Sobrado como campión da Copa Deputación.

O partido de semifinais entre o Sobrado e o Mc Donald´s atrouxo un bo número de espec-tadores á cancha central dos Remedios. /PAULA LODEIRO

Semifinal moi disputada entre o Mc Donald´s e o Sobrado. /RAMSÉS

Page 6: 16 Xul 2010 - Nº16

6 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010 I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Campión de campións!4 O Sobrado F.S. lévase o I Trofeo Barrios De-portivo que o encumbra como o mellor equipo das competicións locais de Ourense de fútbol sala da tempada 2009-2010, tras gañar na fi-nal ao Lasider DyC por 8-5.R. Torres

O I Trofeo Barrios De-portivo de fútbol sala tivo o seu peche coa gran final disputado no pavillón dos Remedios. Na final colá-ronse os dous equipos da Primeira División da liga

local de Ourense, o Lasider que foi primeiro e o Sobra-do que entrou neste torneo tras quedar campión da Copa Diputación.

A final tivo dúas facianas ben diferenciadas. Nunha primeira parte, na que o So-brado avasallou ao contra-

rio, o Lasider, e púxose con 5-0 de ventaxa cunha pega-da na que metía todo o que tiraba, mentres que o Lasi-der non tiña a sorte de cara nas poucas ocasións das que dispuxo na primeira parte. Nembargantes, no segundo período mudou a tendencia

e quen levaba o dominio do balón e do xogo foi o La-sider que nunca lle deu as costas á final; cun gran em-puxe por parte dos xogado-res, o campión de Primeira División de Ourense em-pezou a remontar e logrou recortar a diferenza a dous goles (5-�), pero cargouse de faltas e o Sobrado dis-puxo de dobres penaltis que lle permitiron manter a dis-tancia no marcador e non pasar demasiados apuros ata o pitido final. Nos mi-nutos finais subían os goles ao marcador para un e outro conxunto ata chegar ao final

dos 40 minutos con resulta-do de 8-5 para o Sobrado proclamándose campión do I Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala, e desta ma-neira ser o mellor equipo de fútbol sala dos que partici-pan en competicións locais de Ourense.

Entrega trofeosDepois da final os equi-

pos gañadores das ligas recibiron as copas que os acreditaban como vencedo-res das súas competicións e tamén deuse os trofeos a todos os participantes des-te primeiro Torneo Barrios

Deportivo.Co éxito desta primeira

edición, pénsase no 2º Tro-feo Barrios Deportivo que xa conta cun participante, o Sobrado F.S. quen terá que defender o título por ser o campión deste primeiro tor-neo. Os outros equipos par-ticipantes terán que loitar moito nas súas ligas se que-ren repetir participación.

Sobrado F.S. é dobre campión: Copa Deputación e Trofeo BD

Page 7: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

7I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

4 Resultados I Trofeo Barrios Deportivo

Cuartos de finalMuebles Andrade 6 (2) - Sobrado FS 6 (4)Lasider DyC 12 - Bar 2 tempos 4Mc Donald´s Ourense 11 - Fisaúde F.S. 8Outomuro F.S. 6 - Feás F.S. 5

SemifinaisSobrado FS 6 (4)- Mc Donald´s 6 (3)Lasider DyC 3 - Outomuro F.S. 0

FinalSobrado F.S. 8 - Lasider DyC 5

Cadro finalCampión.- Sobrado F.S.Subcampión- Lasider DyC3º clasificado- Mc Donald´s4º clasificado- Outomuro5º clasificado- Muebles Andrade6º clasificado- Feás F.S.7º clasificado- Fisaúde F.S. 8º clasificado- Bar Dous Tempos

A plantilla do lasider DyC celebrando o campionato do Trofeo BD. /PAULA LODEIRO

Arriba, abaixo e abaixo a esquerda, momentos da final entre o Sobrado F.S. e o Lasider DyC. //RAMSÉS

Page 8: 16 Xul 2010 - Nº16

8 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010 NATACIÓN

Dez clubs de Galicia e Castela e León participaron no XXXIX Trofeo Pedro Escudero.

Laura Pimentel foi a vencedora do Trofeo Pedro Escudero

Dobre sesión de natación na piscina Rosario Dueñas4 Celebráronse o XXXIX Trofeo Pedro Escudero (VI Memorial) e a Copa Deputación de Ourense.

Redacción

A piscina Rosario Due-ñas de 50 metros do pavi-llón municipal de Ourense acolleu nunha mesma xor-nada dúas competicións. Por unha banda e en sesión de mañá o XXXIX Trofeo Pedro Escudero (VI Me-morial) e pola outra a Copa Deputación de Ourense.

Podios da Copa Diputación de Ourense:50 libres MaculinoOURO Miguel Alvarez GonzalezPRATA Anxo Vigo GonzalezBRONCE Santiago Gutierrez Mariño 50 libres FemininoOURO Uxia Sequeiros RegueiroPRATA Fatima Iglesias RodriguezBRONCE Aida Iglesias Gonzalez 100 libres Feminino AlevínOURO Miguel Pimentel PerezPRATA Luis Bello IglesiasBRONCE Aleixo Fernandez Rodriguez 100 libres Masculino AlevínOURO Ana Karina Oballa AlvarezPRATA Paula Blanco PerezBRONCE Uxia Gomez Novoa 100 libres Masculino BenxamínOURO Jose Moure DovalPRATA Anton Rodriguez RodriguezBRONCE Mateo Alonzo Gonzalez

100 libres Feminino AlevínOURO Tatiana Rodriguez Pinto

100 libres Femínino PromesasOURO Noelia Rodriguez FerreiraPRATA Helena Da Costa Sanmartin

100 costas Masculino AlevínOURO Miguel Pimente PerezPRATA Luis Bello IglesiasBRONCE Jorge Guede Garcia 100 costas Feminino Alevín OURO Claudia Alvarez GonzalezPRATA Uxia Gomez Novoa 100 costas Masculino BenxamínOURO Hector Alvarez AlvarezPRATA David Gonzalez GarciaBRONCE Noel Quiroga Ramos 100 costas Feminino BenxamínOURO Victoria Arias Fernandez

100 braza Feminino AlevínOURO Ana Karina Oballa AlvarezPRATA Andrea Bello ArmadaBRONCE Paula Blanco Seara

No trofeo Pedro Escudero participaron nadadores dos clubs: Real Club Nautico de Vigo, Club Natación Ponteareas, Club Nautico Redondela, Club Natación Ponferrada, Club Natación Pontevedra, Club Natación Soriano, Club Deportivo Natación Zamora, Club Natación León, Club Nata-ción Gimnastico Valladolid y Club Natación Pabellón Ourense. As actuacións máis destacadas do Club

Natación Pabellón foro o ouro e o bronce de María Isabel Raña Ruíz e Paula García Otero respectiva-mente nos 100 libres femi-nino, o ouro de Estefanía Lippo de la Torre nos 100 braza feminino, a prata de Alberto Taboada Vila nos 400 libres masculino, os ouro e prata nos 400 libres Femenino de Laura Pimen-

tel Pérez e Esther Alvarez Alvarez, os tripletes en 200 estilos masculino por parte de Marcos Vila Cid (ouro), Alvaro Rodríguez Ferro (prata) e Pablo Roi Balsa Pérez (bronce) e nos 100 bolboreta feminino de Iria Alvarez Liz (ouro), Laura Blanco Seara (prata) e Ana María Santiso Prado (bron-ce), Iria Alvarez Liz foi ouro en 200 estilos femi-nino e Laura Blanco Seara bronce na mesma distancia,

Noel Blanco Fernández foi prata en 100 bolboreta mas-culino, Alvaro Rodriguez Ferro en 100 costas mas-culino, Sandra Presas Pé-rez en 100 costas feminino, Marcos Vila Cid e Mario Suárez García ouro e prata nos 400 estilos masculino e Laura Pimentel Pérez e María Isabel Raña Ruíz, ouro e prata nos 400 estilos

feminino.Tamén Laura Pimentel

Pérez (CNP) foi a vence-dora en categoría feminina do Trofeo Pedro Escudero mentres que en categoría masculina foi o nadador do Club Natación Zamora, José Antonio Alonso Te-llez o vencedor masculino. Por clubs, o Club Natación Pabellón foi o vencedor do Trofeo Pedro Escudero, seguido do RC Nautico de Vigo e en terceira posición

quedou o CN Ponteareas.Copa DeputaciónOs máis pequenos do pa-

bellón participaron na Copa Deputación que tivo o mes-mo marco que o Trofeo Pedro Escudero, a piscina Rosario Dueñas dos Reme-dios. Na columna da dereita están os resultados dos na-dadores que participaron no evento.

Participantes dunha das probas da Copa Deputación que se celebrou na piscina Rosario Dueñas de Ourense. /RAMSÉS

Page 9: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

9NATACIÓN

Club Natación Pabellón, campión galego infantil masculino4 Tamén foi segundo na clasificación xeneral.

Redacción

O Club Natación Pabe-llón proclamouse campión galego infantil na piscina Javier Gómez Noya de Fe-rrol e segundo na clasifi-cación xeral no torneo no que particparon 24 clubs de toda Galicia e 20� nadado-res, poñendo así fin a tem-pada galega.

O CNPO enviou a 17 participantes cos cales aca-daron sete ouros, 14 pratas e 10 bronces facendo un total de �1 metais, ademais de conseguir mínimas para o Campionato de España de Natación. Con estes resul-tados o CN Pabellón pro-clamouse campión en cate-goría masculina e oitavo na femenina, na que soamente

participaron catro nadado-ras do club ourensán. Na clasificación conxunta, o Pabellón alcanzou a segun-da posición.

Durante a primeira xor-nada do Campionato Ga-lego Infantil de Natación de verano que se celebrou en Ferrol, o CN Pabellón ocupaba a primeira posi-ción na categoría masculi-na e a cuarta na feminina conseguindo catro ouros, sete pratas e seis bronces, ademais de facer cinco mí-nimas individuais e unha no relevo 4x200 libres para os Campionatos de España de verán. Na segunda xornada tres medallas máis de ouro, sete pratas e tres bronces, así como novas mínimas para o campionato de Espa-

ña de verán.

Campionato de nata-ción absoluto e júnior

Nestas datas celebrouse o campionato de natación Absoluto e júnior na psi-cina de 50 metros Rías do Sur onde o Pabellón levou a más de dúas ducias de na-dadores. Na primeira xor-nada acadouse dous cam-pionatos galegos absolutos (Iria Alvarez Liz en 200 bolboreta e Marcos Vila Cid en 400 estilos), tres subcampionatos (Isabel Raña Ruiz en 200 libres, Sandra Presas Pérez en 50 costas e Laura Pimentel Pérez en 400 estilos) e un bronce no relevo 4x100 libres feminino. En cate-goría júnior, Noel Blanco

Fernández foi campión galego júnior en 50 cos-tas, o relevo 4x200 libres masculino foi subcampión e Alvaro Rodríguez Ferro foi terceiro en 200 libres. Nesta primeira xornada os júnior eran segundos e os sénior terceiros.

Na segunda xornada as cousas foron mellor indivi-dualmente a pesar de man-ter as posicións por equipos tanto en júnior como en sé-nior; Mario Súarez Garcías (100 costas), Noel Blanco Fernández (50 libres) e o relevo 4x100 libres mascu-linos foron ouro nesta xor-nada, Sandra Presas Pérez (100 costas), Iria Álvarez Liz (100 bolboreta), Alber-to Taboada Vila (400 libres) e Laura Pimentel Pérez (400 libres) foron as catro pratas do día e Alvaro Ro-dríguez Ferro en 100 costas foi bronce.

Na terceira e última das xornadas do Campionato Galego de Natación os na-dadores do CN Pabellón seguirían colleitando éxitos e faríanse con dous ouros máis por parte de Alberto Taboda Vila en 200 costas e Laura Blanco Seara en 200 estilos júnior, catro pratas por parte de Sandra Presas (200 costas), Marcos Vila Cid (200 estilos), o relevo 4x100 estilo masculino jú-

nior e o tamén júnior Noel Blanco Fernández en 100 libres, e nove bronces de Noel Blanco Fernández e Mª Isables Raña Ruíz en 100 libres, Estefanía Lip-po de la Torre en 50 braza, Iria Álvarez Liz en 50 bol-boreta, Mario Súarez Gar-cía en 200 costas absoluto e júnior, Alberto Taboada Vila en 200 estilos, Laura Pimentel Pérez en 800 li-bres e o relevo 4x100 esti-los feminino.

O CN Pabellón trouxo para Ourense ademais destas medallas, os sub-camionatos galegos en ca-tegoría masculina júnior e absoluta e o terceiro posto na conxunta absoluta.

Outras novasAta o 18 de xullo vaise

disputar en Palma de Ma-llorca o XXXII campio-nato de España infantil de verán ao que acudirán sete nadadores do Club Nata-ción Pabellón e o adestra-dor Daniel Toro.

Por outra banda, Laura Pimentel como nadadora e Santi Escudero como técnico partiron cara a Turquía co combinado na-cional para participar na copa LEN que terá lugar o 18 de xullo. Laura partici-pará nas probas de 5 qui-lómetros e no �x�.000.

Dobre scull, alevín prataRedacción

O dobre scull alevín do Náutico Castrelo de Miño dos remeiros Lucas Her-mida e Joel Fernández acadaron a primeira prata da tempada para o club no campionato galego de Outriggers organizado pola Federación Galega de Remo e o Club Náutico Castrelo de Miño. O éxito destes dous rapaces remei-ros (apenas contan con 10 anos) na proba galega é maior se temos en conta que soamente levan un mes adestrando xuntos.

Outros resultados de compoñentes do Club Náutico Castrelo de Miño é o cuarto posto de Adrián Hermida e Lucas Tabarés, que entraron en cuarta po-sición no doble Scull in-fantil non lonxe dos postos de podio. Borja Desaá, foi sétimo en skiff en catego-ría infantil. Un total de 15 clubes de remo de toda a xeografía galega déronse cita en augas do río Miño para esta competición.

Actividades en Castre-lo de Miño

Noutra orde cousas, o Concello de Castrelo de Miño organiza para este verán varias actividades relacionadas coa natación. Un curso de natación de luns a venres e ximauga é unha actividade dirixi-da ás persoas maiores. Os cursos serán na piscina municipal.Foto de familia da base do CN Pabellón Ourense. /ARQUIVO

Page 10: 16 Xul 2010 - Nº16

10 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

MUNDIAL DE SUDÁFRICA

R. Torres

Miles de ourensáns cele-braron o triunfo da “Roja” no Mundial de Fútbol de Sudáfrica 2010. Tras 116 minutos de suspense -como na mellor película de Hit-chcock- chegaría un centro ao área holandesa de Fer-nando Torres, que despexa Van der Vaart, para que chegue aos pes de Cesc, que, en décimas de segun-do, ve a Andrés Iniesta libre de marcaxe dentro da área dándolle un pase que con-trola o albaceteño e rompe o Jabulani contra as mallas do marco rival, empuxado pola forza da súa perna dereita e do corazón de mi-llóns de españois. Histeria colectiva dun país que ne-cesitaba dunha alegría así, e catro minutos máis de su-frimento ata que o colexia-lo pita o final do encontro e as bágoas que percorren as meixelas de millóns dos seareiros da selección es-pañola de fútbol. O deus do fútbol aliouse co mellor equipo, cos mellores xo-gares, co mellor adestra-dor (con permiso de Pep) e, por suposto coa mellor afección do mundo.

Despois diso “festa na-cional”. As prazas de to-dos os rincóns do país fes-texando un fito histórico no deporte do balonmpé español. Ourense, como non podía ser menos, uníu-se a festa da celebración do título conquistado, da es-trela na elástica da “roja”, e saíu en masa a praza de Concepción Arenal ata al-tas horas da madrugada para celebrar que en fútbol non hai ninguén mellor ca nós.

Armouse a “mundial” en Ourense4 Miles de ourensáns celebraron o triunfo de España no Mundial de Sudáfrica.

Centos de ourensáns seguiron o partido nunha gran pantalla desde a praza Maior. /IÑAKI OSORIO.

Impresionante aspecto da praza Maior vestida cos cores da “roja”. /J.B.

Dous afeccionados animando á selección española./IÑAKI OSORIO.

A tolemia desatouse na praza Concepción Arenal./PAULA LODEIRO.

Page 11: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

11

O Club Ourense Baloncesto ten de momento soamente catro xogadores para a próxima campaña ademais do adestrador e o seu segundo

BALONCESTO

O Club Ourense Baloncesto prepara a segunda tempada na Adecco LEB Ouro4 Empeza o movemento de xogadores.

Redacción

O Club Ourense Balon-cesto prepara a segunda tempada consecutiva na LEB Ouro e para iso em-peza o movemento de xo-gadores.

A primeiro das fichaxes dos ourensáns foi a do pívot norteamericán Jamie Jones. Jones naceu en El Segun-do (California) e procede do Portland State (NCAA) onde a pasada campaña foi titular promediando 1�,8 puntos, 7,7 rebotes e 2,� tapóns por partido. O pívot, de 22 anos, é zurdo e mide 2,0� m. e as súas mellores cualidades son ser un bo re-boteador e anotador, sobre todo de gancho. Jamie estu-diou Criminoloxía. Para o

adestrador do COB, Jamie Jones é un bo proxecto de xogador.

Outra das fichaxes do Club Ourense Baloncesto é a do base Francisco Cár-denas. Con tan só 19 anos provén do Qlat Cajasol de Sevilla, que militou a campaña pasada na Adec-co Leb Prata promediando 8,7 puntos (50,4 % tiros de dos, 4�,4 % triples e 79,7 % en tiros libres), 2,2 rebotes, �,6 asistencias e un 10,� de valoración nos 28 minutos promediados en cada en-contro.

Cárdenas é un xoven base de 19 anos que na-ceu en Huelva e se formou como xogador nas catego-rías inferiores do equipo da Palma del Condado. Con

1� anos, e aínda en idade infantil, chegou á canteira do equipo sevillano do Caja San Fernando. No seu pri-meiro ano de júnior fixo o seu debut no circuito sub 20 quedando subcampión de España despois de xogar a final contra o FC Barcelo-na. Con 16 anos debutou na liga EBA co Écija-Caja San Fernando e ese mesmo ano co equipo júnior disputou novamente o Campionato de España, quedando en terceiro lugar.

Para Paco García, o seu novo entrenador no Club Ourense Baloncesto, “Fran-cisco Cárdenas é un xoga-dor de gran proxección e encaixa perfectamente na filososfía do club”. Destaca o técnico pucelano do seu novo pupilo que “é un xo-gador moi habilidoso, con bo dominio do balón e con gran facilidade para ler os partidos; posúe gran imaxi-nación, visión de xogo e un bo tiro exterior”. Paco García considera que esta nova fichaxe poderá ser un complemento ideal para dar relevos ao base titular que terá o equipo ourensán du-rante a próxima tempada.

Lucho Fernández renovaEn canto ás renovacións,

o Club Ourense Balonces-to anunciou a continuidade do seu xogador Lucho Fer-nández por unha tempada máis.

José Luís Fernández Six-to “Lucho”, que naceu en Ferrol fai �4 anos, conver-

teuse a pasada tempada no xogador referente do COB e peza fundamental para lograr a salvación na liga Leb Ouro, a pesar de chegar ás últimas xorna-das sen forzas.

Lucho é un xogador po-livalente con 2,00 metros de estatura e que pode desenvolver o seu xogo como alero alto ou falso pívot; ademais conta cun excelente tiro de media e longa distancia e prome-diou 12 puntos por partido a campaña pasada. Tamén foi o xogador que alcan-zou maior valoración nas súas estadísticas acumula-das ao longo da competi-ción.

Á renovación de Lucho Fernández e ás dúas novas fichaxes, hai que engadir a continuidade de Sony Vázquez e do segundo adestrador Raúl Jiménez.

Por outra banda, o COB xa formalizou a documen-tación necesaria para a súa inscrición na próxima liga Adecco LEB Ouro.

Francisco Cárdenas, novo base do COB.

Marga Martín abandona a presidencia do Club Baloncesto Pabellón4 Substituiraa Carmen Limia.R. Torres

Despois de oito anos a fronte da presidencia do Clube Baloncesto Femini-no Pabellón Marga Martín cede o cargo a Carmen Limia. Segundo asegurou a tamén concelleira de Be-nestar Social de Ourense trátase dunha decisión to-talmente persoal que bus-ca cambiar a imaxe máis visible do clube.

De todos os xeitos, Mar-ga Martín non se desvin-cula por completo da en-tidade, senón que pasará a exercer de directora, pon-do así un punto e seguido na historia dun clube que a “fixo sentir sempre moi orgullosa, a raiz de todos os éxitos acadados po-los centos de rapazas que teñen sido formadas no mesmo, así como grazas a logros tan significativos como a participación do equipo estrela nun cam-pionato nacional, conver-téndose no primeiro clube de baloncesto feminino de Ourense que acada unha posición tan importante”.

A nova presidencia, enca-bezada por Carmen Limia, comparte coa anterior o obxectivo de que o primeiro equipo se manteña na Liga Feminina 2, unha categoría cada vez máis profesional. Pero sen deixar de prestar-lle atención á canteira base, da que ano tras ano emer-xen grandes xogadoras de baloncesto que alimentan tanto o C.B. F. Pabellón como a outros conxuntos de toda a provincia.

Por último, no ámbito económico, tanto Martín como Limia quixeron apro-veitar a oportunidade para destacar o incondicional apoio que recibiu sempre o clube das institucións públi-cas, fronte ás escasas apor-tacións económicas realiza-das por parte das empresas privadas.

FichaxesA ala-pívot, Alicia Gon-

zález, é o primeiro reforzo do equipo ourensán de cara a próxima tempada. Chega procedente do Chajeba 04. Agora búscase a contrata-ción de dúas americanas.

Marga martín deixa a presidencia do CB Pabellón femini-no despois de oito anos ao frente do club. /ARQUIVO

Page 12: 16 Xul 2010 - Nº16

12 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

especial RALLI CLÁSICO

A CONCELLEIRA DE TURISMO, ANA GARzA, PRESENTOU O VEhíCULO qUE LEVARá A MARCA “OURENSE, CAPITAL TERMAL” AO TROFEO DE ESPAñA DE RALLIE DE VEhíCULOS CLáSICOS

Ourense promociónase no circuíto dos rallies de vehículos históricos4 O coche, un Ford Scort RS2000, está pilotado por Ricardo e Jose Luis González, de Escudería Ourense.

A Concellería de Turismo abre unha nova vía de pro-moción da marca “Ourense Capital Termal” a través da presenza no circuito de rallies de vehículos históri-cos. A edil nacionalista Ana Garza vén de presentar no entorno do Campo da Feira o coche clásico que leva-rá o nome de Ourense por toda a xeografía española nas diversas competicións do torneo estatal desta dis-ciplina. Trátase dun Ford Scort RS2000 do ano 1974 pilotado por Jose Luis Gon-zález e Ricardo González, ambos membros da Escu-dería Ourense. O equipo é o único galego participan-te no Trofeo de España de Rallies de Regularidade de Vehículos Clásicos, e no seu debut na primeira das probas, o Legend Historic celebrado o 25 e 26 de xuño en Cantabria, quedaron no oitavo posto, por riba de va-rios equipos habituais des-tes certames. “Fixemos un oitavo posto no noso debut co cal viñemos realmente contentos porque había un nivel importante”, indicou o copiloto, José Luis Gon-zález.

A concelleira de Turismo e Termalismo, Ana Garza, explicou que con esta ac-ción “abrimos unha expe-riencia máis de promoción moi novidosa en Ourense e en Galiza, na liña de tra-ballo que levamos desen-volvendo nos últimos anos de pór o nome de Ourense no mapa identificándonos a través do termalismo”. “Levamos case tres anos dunha labor intensa de dar a coñecer Ourense capital termal, neste sentido fomos apostando por uns métodos tradicionais como acudir a feiras; como puido ser no seu momento apostar pola

gravación do Padre Casa-res na cidade, como den-tro da liña dos Bolechas de destinos turísticos que aparecera tamén Ourense; hoxe non é un patrocinio, o que fixemos foi tunear todo un coche da Escudería de Ourense”, engadiu a con-celleira.

Garza felicitou os pilo-tos tanto pola sua arriscada aposta como por ter conta-do coa Concellería de Tu-rismo nesta experiencia e aplaudiu a “sensibilidade” amosada desde ambas par-tes. Pola súa banda, piloto e copiloto agradeceron a Garza a colaboración pres-tada e comentaron detalles sobre o vehículo, verdadei-ro protagonista, que foi res-taurado nos meses de dec-embro a xuño para abordar a tempada.

Despois da experiencia en terras cántabras, o obxecti-vo é realizar catro probas máis do Trofeo de España, ademais de participar no Ralli de Portugal Histórico, un evento de trascendencia no país veciño e un referen-te internacional: cinco días percorrendo Portugal nun-ha ruta de máis de 2.000 quilómetros.

CaracterísticasO Ford Escort RS2000,

explicaron os membros do equipo, foi un habitual nos rallies máis importantes do mundo durante a déca-da dos 70, e “moitos dos grandes pilotos mundiais conduciron este modelo nalgún momento da súa ca-rreira profesional.”

A próxima cita na que se poderá contemplar o vehí-culo rotulado co “Ouren-se capital termal” será en Galicia, concretamente en Melide o 17 e 18 de setem-bro.

O Ford Escort RS2000 de Ricardo e José Luis González é o único coche

galego no Trofeo de España de Rallis de Velocidade de vehículos históricos; levará o nome de Ourense por todas

as cidades nas que participe

O Ford Escort RS2000 pilotado por Ricardo González fixo a súa presentación no Campo da Feira de Ourense.

A concelleira de Turismo e Termalismo, Ana Garza, xunto ao piloto e ao copiloto da Escudería Ourense Ri-cardo e José Luis González.

Page 13: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

1�RALLI CLÁSICO especial

A CONCELLEIRA DE TURISMO, ANA GARzA, PRESENTOU O VEhíCULO qUE LEVARá A MARCA “OURENSE, CAPITAL TERMAL” AO TROFEO DE ESPAñA DE RALLIE DE VEhíCULOS CLáSICOS

Ourense promociónase no circuíto dos rallies de vehículos históricos4 O coche, un Ford Scort RS2000, está pilotado por Ricardo e Jose Luis González, de Escudería Ourense.

4 Calendario de competicións da Copa de España - Legend Historic: 25-26 de Xuño de 2010. Can-tabria: 8ª posición para o equipo ourensán- Avilés: 9-10 de xullo de 2010. Asturias: sextos na clasificación final. - Galicia Histórico. 17-18 de setembro. Melide - España Histórico. 8-9 de outubro. Madrid- Montes Universales: 2�-24 de outubro. Cáce-res- Vasco-Navarro: 19-20 de novembro. País Vasco-Navarra

O Ford Escort RS2000 pilotado por Ricardo González fixo a súa presentación no Campo da Feira de Ourense.

O equipo formado por Ricrado González, ao volante, e José Luis González, de copiloto, levarán o nome de “Ourense, capital termal” rotulado no seu coche por España adiante.

Ana Garza, concelleira de Turismo de Ourense: “Apostar por experiencias novidosas coma esta é par-te da nosa liña estratéxica de promoción da cidade. Temos que levar o nome de Ourense e a marca “Ca-pital Termal” a todos os recunchos do Estado”.

4 Os protagonistas

José Luis González, copiloto: “Fainos unha ilusión tremenda partici-par e intentalo facer o me-llor posible e despois levar con orgullo, como cremos que debe ser, a cidade de Ourense por toda a xeo-grafía nacional”.

Ricardo González, pi-loto: “A mediados de se-tembro temos unha cita os amantes do motor e dos clásicos por terras galegas (Melide)”.

4 Sextos en AvilésO recén estreado Ford

Scort RS2000 “Ourense ca-pital termal” vén de partici-par na �4 edición do Rali de Avilés acadando unha máis que meritoria sexta praza final no trofeo de España de regularidade de vehícu-los históricos, sendo esta a segunda participación do equipo ourensán nunha pro-ba deste tipo. A posición é máis que meritoria se temos en conta que empezaron o rali cun erro no primeiro tramo, relegándoos a última posición da proba. A partir de aí tocou remontar nos sete tramos seguintes ata acadar a sexta praza final que soupo a gloria, “tralo erro do primeiro tramo to-counos remontar ata a sexta posición que conseguimos ao final”, explicaba Ricardo González, o piloto do Ford Scort RS2000. Grazas a esta sexta praza, os ourensáns ocupan a cuarta posición no Trofeo de España de Ralis de vehículos históricos trala disputa de dúas probas.

A seguinte cita na que participarán é a de “Galicia Histórico” en Melide, os días 17 e 18 de setembro, no que é a única proba pun-tuable deste campionato que se celebra en Galicia polo que se pode dicir que correrán en casa.

Page 14: 16 Xul 2010 - Nº16

14 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

TAI CHI

A partir do día 19, o tai chi trásladase ao contorno das piscinas de Oira, de 20 a 21 horas

Os ourensáns, adictos ao tai chi4 Máis de 200 persoas reúnense no Posío para practicar este deporte.Redacción

Máis de 200 persoas acu-diron este mes ao xardín do Posío de luns a venres, ás 8 da mañá, para participar no curso de tai chi que se im-partiu como cada verán na nosa cidade dende hai xa 26 anos con exercicios sua-ves e relaxantes. Para José Gago, este curso é unha cita ineludible no mes de xullo para moitos ourensán que non queren perderse este curso ningún verán.

A partir do lun, 19 de xullo, o curso trasladarase polas tardes a Oira, ao ca-rón das piscinas públicas, tamén de luns a venres, pero nesta ocasión de 20 a 21 horas.

Durante o curso fixéronse exercicios básicos de con-trol da respiración e da pos-tura correcta das cadeiras e a columna vertebral, para eliminar tensións de costas xeneradas normalmente por unha posición incorrecta

nos movementos habituais, e continuouse con exerci-cios con abanos que requi-ren unha maior concentra-ción e coordinación.

Curso especial de tai chi con abano

O Consello de Deportes nesta ocasión patrocinou a adquisición de abanos que se repartiron aos asistentes e serán moi útiles non só para os exercicios do cur-so de tai chi senon ademais para aplacar a calor destes días. Outro agasallo para os asistentes foi unha camiseta para ter a equipación com-pleta para realizar os suaves exercicios do curso.

A forma de tai chi con abano realizase tamén de forma lenta e suave, pero ten algúns movementos nos que o abano ábrese ou péchase cun movemen-to rápido, con cambios de ritmo que dan unha gran elegancia e vistosidade. É unha serie moi entretida, e

relaxante, seguro que todos os participantes se diverti-ron moito aprendéndoa.

O curso sigue en Oira atendido con toda garan-tía por catro profesores, o Director Jose Gago e tres profesores titulados polo departamento de Wushu da Federación Galega de Judo.

Tamén en O Couto habe-rá tai chi este verán, da man da Asociación de Comer-ciantes, que ofrecen ains-crición gratuita no curso con cada compra. As clases son no novo parque Avilés de Taramancos”, os martes e xoves de 8 a 9 da mañá, ata finais de agosto.

O mestre José Gago dando o curso de Taichi con abanico.

Numerosos participantes do curso de Taichi no xardín de o Posío.

Os comerciantes do Couto ofrecen tai chi aos seus clientes

Con cada compra, inscri-ción gratuita nun curso de tai chi. Esta é a oferta que fai este verán a Asociación de Comerciantes do Couto aos seus clientes, unha pro-posta coa que intentan, se-gundo o seu presidente, Julio Prol, “reactivar o comercio e aproveitar o novo parque Avilés de Taramancos”.

As sesións de tai chi des-envolveranse durante xullo e agosto no novo parque ao carón do Barbaña, cada martes e xoves de 8 a 9 da mañá. Ademais de tai chi, tamén se darán clases de chi kung, en definitiva, “dúas terapias chinas sua-ves e asequibles para todo o mundo”, explica Aaron Blanco, do ximnasio Artai, responsable da actividade. Como resaltaba o conce-lleiro de Deportes, Fernan-do Varela, ao presentar esta campaña, o tahi chi é unha modalidade que “reduce a dor e o estrés, é beneficioso par atodas as idades e non hai mellor maneira de em-pezar os días”.

A única condición para participar nas clases é rea-lizar unha compra, por pe-quena que sexa, nalgún dos 120 establecementos aso-ciados, e dirixirse logo co ticket ao local de atención ao socio (rúa Ervedelo) para inscribirse. Os participantes recibirán unha camiseta de agasallo.

Aaron Blanco, Fernando Varela e Julio Prol, na presenta-ción da actividade de tai chi no Couto./P.LODEIRO.

Page 15: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

15FÚTBOL SALA

Movementos no Ponte Ourense4 Os movementos do club empezan para perfilar a plantilla 2010-2011.

Raquel de Souza (coa camiseta do Burela) é unha das fichaxes do Ponte Ourense 2010-2011. /ARQUIVO

Ramsés Torres

O equipo ourensán do Ponte Ourense da División de Honra feminina xa conta coas dúas primeiras fichaxes para a tempada 2010-2011; trátase da xogadora brasi-leira, Raquel de Souza, que provén do Burela, equipo que milita tamén na Divi-sión de Honra, e da porteiro

internacional española, Eva González Tamayo, proce-dente do Móstoles Cospusa co que gañou a Copa de Es-paña nesta campaña, dispu-tada en Ourense.

A estas fichaxes hai que engadir a renovación da xogadora Laura Fernández Redondo, que disputará a súa terceira tempada no cadro pontino. Laura Fer-

nández é internacional por España no fútbol sala femi-nino. Outras xogadoras que continuarán na disciplina do club son Sara, Anita, Yesi e Loli, ademais doutras coas que se está a negociar.

Outro caso desta pretem-pada vai ser o de Bea Sei-jas; a capitana ten as portas abertas do club para facer o que considere mellor tanto

para ela como para o club, ben sexa como xogadora ou participar no club desde fóra das canchas. Hai que recor-dar que Bea xogou máis de �0 minutos por partido nes-ta pasada campaña ao máis alto nivel competitivo e con grandes resultados.

Dende a directiva se está a traballar nestes días para integrar máis xogadoras na plantilla de cara á próxima tempada aínda que preten-den manter a gran parte das xogadoras do ano anterior. Nesa liña membros da di-rectiva de Ponte Ourense desprazáronse ata Córdoba para tratar de pechar a fi-chaxe da internacional por España Sarita, aínda que non está nada pechado, e desde a directiva móstranse cautos ata unha resolución satisfactoria da contrata-ción da pívot, que podería ser que non viñera soa.

En canto ás baixas, Sil-via e Yenys non formarán parte do cadro pontino por deixar a práctica deportiva de elite.

Cambio de adestradorO adestrador, Isidro Gre-

la será outro que causará baixa de cara a tempada 2010-2011. Para substituir a Grela, o club xa anda con negociacións para traer ao banco pontino a Manuel

del Castillo, adestrador do Amarelle de División de prata. Con este cambio no banco, a directiva preten-de dar un plus ao equipo que, a pesar de facer ben as cousas o anterior inqui-lino, pensan que se poden mellorar.

O preparador físico Fran Formoso Calvo retorna á disciplina do Ponte Ouren-se. Formoso xa estivera na época de Morenín.

Eva Tamayo, do Mostoles, reforzará a portería do Ponte Ourense a próxima tempada. /ARQUIVO

Page 16: 16 Xul 2010 - Nº16

16 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

BILLAR

Movilla, campión de España de Billar

R. Torres

O xogador do Club de Billar Ourense, Francisco Movilla, proclamouse en Vigo campión de España de Billar ao impoñerse na final ao xogador canario Sergio Santana por un contundente 6-0.

No torneo polo campio-nato de España participaban os mellores xogadores de España desta especialidade, e para chegar á final o ouren-sán tivo que enfrontarse cos favoritos desde as primeiras rondas. Deste xeito venceu a Joaquín Señoráns por un 5-�, en segunda ronda a Víctor Teixeira tamén por 5-�, para chegar a oitavos de final, onde se impoñía ao xogador vigués Tino García

por un marcador de 6-4. En cuartos de final esperábao un dos favoritos ao título, Lino Iglesias, ao que acabou derrotando por un axustado 6-5 nun longo partido cheo de estratexia por parte de ambos contendentes.

Xa en semifinais outro dos favoritos, Manuel Cas-tro, puxo as cousas difíciles a Movilla nas primeiras partidas, pero Francisco Movilla empezou a desen-volver o seu xogo e logrou unha grande vitoria por un claro 6-2. Na final agarda-ba o varias veces campión, o canario Sergio Santana, e aquí foi cando grazas a unha gran estratexia de Movilla, logrou unha apabullante vi-toria, por un contundente 6-0 que non deixaba lugar ás

Francisco Movilla golpeando co taco a bola branca. /RAMSÉS

Movilla na sede do Club de Billar Ourense. /RAMSÉS

dúbidas, proclamándose así campión de España Sénior 2010.

Con este resultado, cul-mina así unha tempada pragada de éxitos para este xogador xa que, ademais, conseguiu tamén o subcam-pionato de España por equi-pos e ser campión galego, ademais do quinto posto en snooker, disciplina esta na que apenas leva un mes competindo. En snooker chegou a cuartos de final, onde se mediu ao inglés Mark Pollit, actual número un de España, sendo á pos-tre o vencedor do torneo. Movilla antes de caer ante Mark Pollit desfixose de xogadores de gran renome a nivel nacional, dando a sorpresa despois de ter sido convocado como invitado a esta final nacional.

Cita en HolandaAgora Movilla ten como

obxectivo facer un bo resul-

tado no Europeo que se vai celebrar en Holanda do 7 ao 14 de agosto para poder acceder ao mundial que se disputa en Filipinas a partir do 10 de outubro, aínda que o terá moi complicado por que competirá con xente profesional e semiprofesio-nal.

Este ourensán participou oito veces no campionato mundial que se celebra cada ano en Las Vegas conse-guindo un noveno e un de-cimoterceiro como mellores resultados, enfrontándose a 2.000 participantes.

4 Francisco MovillaFrancisco Movilla ten

41 anos e xa leva logra-do numerosos títulos no mundo do billar; entre os que destacan un campio-nato nacional, dous cam-pionatos galegos, un 9º e un 1�º posto no mundial de Las Vegas e o recente 5º posto do Snooker.

Francisco Movilla vai crear a partir de setem-bro unha escola de billar para rapaces na Casa da Xuventude de Barbadás co fin de dar a coñecer este deporte.

4 Francisco Movilla procla-mouse campión en Vigo e quinto de Snooker en Madrid.

O próximo obxectivo de Movilla é facer un bo campionato europeo en holanda para poder participar no mundial de Filipinas

Francisco Movilla leva xogados oito anos no mundial que se celebra en Las Vegas

Page 17: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

17ATLETISMO

Leiro, a máis popu-lar do Ribeiro4 A carreira do Ribeiro cada ano conta cun gran número de fieis.

R. Torres

Se hai unha carreira popular no Ribeiro cun gran número de adeptos, esa é sen ningunha dúbida a de Leiro, que este ano chegou á súa 27ª edición. Esta carreira popular de Leiro celébrase no mes de xullo e desde hai varios anos supera con creces os 500 participantes entre todas as categorías. Este ano o número de chegados a mete foi de 617 atletas. O gañador da proba ab-soluta foi Anovar Dabad, de Madrid; na segunda posición chegou Robertas Geralavicius, de Santiago de Compostela, e a tercei-ra posición foi para Akka Essadaqui de Salceda de Caselas. Por parte femini-na, o podio estivo ocupado por María Jesús Gestido, de Cangas do Morrazo en primeira posición; Chus

Valiño de Lugo de segunda e Iria Fernández de Ouren-se, corredora do Atletismo Academia Postal, terceira .

TangarañoOutra carreira que ten lu-

gar nestas datas, é a do Tan-garaño, que este ano chegou a súa cuarta edición. Cun percorrido de 10.800 me-tros por montaña é unha das máis duras de cantas se dis-putan en Ourense. Este ano o número de participantes superou os 100, chegando á meta na carreira absoluta 91 corredores. O primeiro en chegar á meta foi Elpidio Gómez (Ourense), seguido de Antonio Iglesias (Vigo) e de Manuel Prieto (Ouren-se). Na categoría feminina a primeira foi Rosario Fi-gueroa, de Bueu; Rosa María Pérez, de Ponteve-dra e en terceira posición entraría Begoña Pérez, de Ourense.

4 A carreira nocturna de Ce-lanova reuniu a máis de 500 participantes.

R. Torres

Cada ano que pasa a noc-turna de Celanova supérase tanto no número de parti-cipantes como na organi-zación do evento, e todos os atletas que a corren a cualifican de excepcional. Culpa deste éxito a teñen os compoñentes do Club Pato Blanco de Celanova que cada ano supéranse, e de iso dá fe o salto cuantitati-vo que teñen ano a ano no que se refire ao número de participantes. Fai dous anos os corredores non chega-ban aos 200, o ano pasado a cifra xa aumentou ata os 416 e este ano, na sétima edición, o número de che-gados á meta entre todas as categorías foi de 528. Todo un éxito para esta carreira

popular que ten lugar polas rúas de Celanova e cun per-corrido de auténtico rompe-pernas -subidas e baixadas- sobre unha distancia de máis de 7.000 metros pero que o ambiente que se pode ver nas rúas faina máis le-vadeira do que é, con xente animando por todo o perco-rrido da proba e con banda de música incluída. Todo o que participa nesta carreira, vaise con gañas de repetir ao ano seguinte e marca cunha “X” no calendario esta proba que ten lugar cara a finais do mes de xuño pola noite.

Ademais de ser unha ca-rreira dura -pero moi boni-ta- o trato ao atleta popular é exquisito; ademais dunha camiseta técnica e dunha boa ducha no polideportivo

municipal tamén se lle ofre-ce unha cea para repoñer forzas despois da carreira a base de bocadillo, ensalada de pasta e froita do tempo, augas e bebidas isotónicas.

Esta carreira conta co patrocinio do Inorde, insti-tución que está moi involu-crada neste tipo de eventos deportivos cos que colabora ao longo e ancho da xeo-grafía ourensá durante todo

o ano.O gañador absoluto este

ano foi Iván Docampo (Ribadavia), seguido de Francisco J. Serra (Fries-tas) e en terceira posición Cristian Díaz (Ourense); en canto ás mulleres Iria Fernández (Ourense) foi a primeira en atravesar a liña de meta seguida de Isabel Díaz (Ourense) e Verónica Mon (Lalín).

Efrén Domínguez xunto co seu pai Tito. /RAMSÉS

Superándose ano a ano

Os gañadores no Tangaraño. /RAMSÉS

Page 18: 16 Xul 2010 - Nº16

18 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

ATLETISMO

R. Torres

O próximo venres, 2� de xullo, celébrase a terceira edición da Carreira Popu-lar de A Ponte que como cada ano ten lugar durante as festas deste barrio ouren-sán. Esta carreira conta coa organización do Ourense Atletismo Academia Pos-tal e será controlada pola Federación Galega de Atle-tismo; Championchipnorte levará o cronometraxe da mesma.

A proba comenzará ás 21 horas coa carreira de pi-tufos os cales percorrerán

400 metros. Ás 21.10 ho-ras, correrán os benxamíns, alevíns, infantís e cadetes sobre unha distancia de 1.000 metros. E sobre as 21.25 horas chegará o turno da carreira absoluta na que participarán corredores das categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns e terán que dar tres voltas a un circuíto duns 2.000 metros para completar os 6.000 metros dos que com-poñese a proba.

A inscrición está aberta ata o mércores 21 de xullo ás 20 horas e poderá facerse na páxina web champion-

CARREIRA POPULAR

Os atletas percorrerán 6.000 metros nun circuito por A Ponte 4 Dentro das festas de Santiago, o 23 de xullo celebrarase a III Carreira Popular de A Ponte. Redacción

A Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII de Maceda organiza para o sábado, 14 de agosto, a partir das 21 horas, unha carreira solidaria e unha andaina (ás 21.05 horas) en prol de Haití. Este ano, Vía XVIII quere aportar o seu gran de area á xente dese país caribeño, que quedou asolado tralo te-rremoto sufrido hai uns meses e do que aínda non se recuperou. E para iso, a todos os que queiran parti-cipar na carreira ou na an-daina pídeselles un donati-vo de � euros (quen queira pode dar máis cantidade de diñeiro) que irá desti-nado a Cruz Vermella Es-paña. O donativo terá que estar efectuado á hora de recoller o dorsal e poderá facerse en Caixanova ou en Caixa Galicia poñendo de titular a Cruz Vermella España. O resgardo habe-rá que entregalo á hora de recoller o dorsal.

A proba disputarase sobre un recorrido de 7 quilómetros aproximada-mente que percorre as dis-tintas rúas da vila. A saída e a chegada terá lugar na praza das Toldas, pasan-do polas inmediacións do Castelo de Maceda para baixar posteriormente ata o fermoso paseo fluvial e completar unha parte do seu percorrido.

Os participantes terán á súa disposición os servi-zos de ducha e vestuarios do Pavillón Municipal dos

Deportes.

Baños de Molgas A terceira edición da

Carreira Popular de Baños de Molgas, o sábado 31 de xullo, na honra de San Salvador, caracterizase por desenvolverse ao longo dun circuito que recorre o pobo, mostrando os lugares de maior interese turístico, e desafiando o potencial físi-co dos atletas participantes.

Tres carreiras haberá nes-ta edición; a primeira de-las para os máis cativos ás 19.15 horas cunha distancia de 170 metros, ás 19.�0 ho-ras, darán unha volta a un circuíto de 2.200 metros os alevíns e benxamíns e ás 20 horas tocaralle o tur-no á carreira absoluta, que dará tres voltas ao circuíto percorrendo preto de 7.000 metros.

As inscricións poderanse facer por tres vías distintas: no correo electrónico [email protected], no Bar Bugallo, en Redonet ou no teléfono 670 496 698 e os datos que se precisan dar son o nome, apelidos, data de nacemento e DNI.

chipnorte.com ou acudindo ao pavillón municipal de Os Remedios (Av. Pardo de Cela, 2) ou na Sociedad Ar-tística La Troya (Ribeira De Canedo, 2). Ao peche desta edición do Barrios Depor-tivo o número de inscritos ascendía aos preto de �00 atletas.

Voluntarios para a carreiraPara a terceira edición

da carreira de A Ponte pa-trocinado pola Cncellería de Deportes do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes, estase animando, desde o

Voluntariado do Concello de Ourense, a que a xente participe como voluntario na organización da ca-rreira. Se estás interesado chama ao teléfono 988 �88 154.

Ao peche desta edición, o número de inscritos nesta popular chegaba aos 300 atletas

Daranse tres voltas a un circuito de 2.000 metros

Organizadores da carreira, xunto ao concelleiro de Deporte e a raíña e as súas damas das festas de A Ponte./RAMSÉS.

Carreira e andaina de Maceda solidaria4 O sábado 14 de agosto é o día elexido para disputar a proba.

Cartel da carreira/andaina de Maceda.

Page 19: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

19especial INORDE

O xerente do Inorde reclamou a declaración de parque natural para A Veiga para dinamizar economicamente esta

comarca do oriente ourensán

Trevenatio, a gran festa da natureza en A Veiga4 O Inorde organiza este encontro de ocio, conservación e natureza neste municipio do oriente ourensán, que terá lugar os días 16, 17 e 18 de xullo.

4 ProgramaVenres 16 de xullo- 18:�0 h. - Inauguración - Carpa principal recinto praia dos Franceses- Cetrería - Tarde - Praia dos Franceses- Piragüismo e Kajak - Todo o día - Praia dos Franceses- Cata de viños -11 h - Car-pa principal recinto feiralSábado 17 de xullo- Pregón a cargo de Mon-cho Borrajo - 11 h. - Praza do Concello- Cata de viños - 11h . - Carpa principal recinto- Piragüismo e Kajak - Praia dos Franceses- Probas de pesca - Desde o sábado á mañá - Encoro de Prada e río Xares- Exposición de cetrería - Todo o día - Praia dos Franceses- Exhibición de cans de mostra - Desde as 8 horas - Couto de caza intensiva de Vilanova- Exposición de rehalas - En Xares (xardíns hotel El Ciervo ou pista polidepor-tiva) e en Vilanova- I Marcha cicloturista Senda Verde do Xarés - 16:�0 h. - Saída praza do Concello, chegada praia dos Franceses- Tiro con arco - Mañá e tarde - Praia dos Franceses- Mushing - Mañá e tardi-ña - Senda do encoro de Prada- Deporte rural vasco - Mañá e tarde - Praia dos Franceses- I Camiñata Vereas de A Veiga - 9:�0 h. - Saída pobo de Xares- Actividades infantis- Todo o día - Praia dos Franceses-Actuación de Mutenrohi - 2�:45 h. - Praza do Con-cello- Senda do Sabor - Todo o día - Establecementos asociados - A VeigaDomingo 18 de xullo- Espectáculo ecuestre - Todo o día - Praia dos Franceses- Piragüismo e Kajak - Todo o día - Praia dos Franceses- Chave - Todo o día - Praia dos Franceses

O Concello de A Veiga ultima os detalles dunha das citas imprescindibles cada ano: Trevenatio, que este ano márcase como obxectivo o convertirse na gran festa da natureza. Esta nova edición de Trevenatio destaca polo seu carácter in-tegrador, conservacionista e a favor do medio ambiente nunha das paraxes máis es-pectaculares da xeografía galega.

O deporte e as activida-des ao aire libre serán os protagonistas os días 16, 17 e 18 de xullo no municipio de A Veiga. Piragüismo, ciclismo, ecoturismo, rutas de orientación, xogos tradi-cionais, exhibicións de pes-ca e cetrería son algúns dos exemplos do que poderán gozar os que ata alí se ache-guen. A praia dos Franceses será o punto de encontro da celebración, e nela se ins-talarán stands de entidades e colaboradores. Máis de 1.500 metros cadrados de exposición onde o medio ambiente e a conservación serán protagonistas.

Cita multidisciplinarDurante tres xornadas,

o chamado teito de Gali-cia, Pena Trevinca, será testemuña dun sinfín de actividades para todos os públicos e idades. As ac-tividades, nas que se prevé que participen máis de 600 deportistas e afeccionados, desenvolveranse en dife-rentes ubicacións do muni-cipio ourensán. Pesca, rutas en bicicleta, actividades ecuestres, sendeirismo, tiro con arco ou piragüismo son só algunha das posibilida-des. E é que a extensión do concello e as múltiples po-sibilidades que ofrece, des-de a alta montaña ata a praia dos Franceses, convirten A Veiga no lugar idóneo para unha cita multidisciplinar que aúna deporte, medio ambiente e stands.

Trevenatio 2010 está or-ganizado polo Inorde e a Deputación de Ourense, que reorientan a súa política de promoción turística “de patrocinios a eventos que fixan territorios na memoria do consumidor”, indicaba o

O presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e o alcalde de A Veiga, Edesio Yáñez, na presentación de Trevenatio 2010.

xerente do Inorde, José Ma-nuel Rodríguez. Rodríguez reclamou a declaración de parque natural para A Vei-ga, que podería ser “o motor económico” desta comarca, cunha estimación de entre �0 e 40.000 visitas anuais.

Pola súa banda, o alcal-de da localidade, Edesio Yáñez amosábase moi ledo ante esta nova edición de Trevenatio. “Non renun-ciamos nin esquecemos as anteriores edicións pero sí pretendemos darlle un xiro á deste ano”, sinalaba o rexidor de A Veiga.

A cita conta co apoio da Xunta de Galicia a través das Consellería de Presi-dencia, Medio Rural, In-dustria e Cultura. Será pre-cisamente un representante da Xunta, a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, quen, xunto ao presidente da Deputación Provincial, José Luis Baltar, inaugu-ren Trevenatio o venres 16, ás 18:�0 horas, cun perco-rrido polo recinto na praia dos Franceses. O pregón lerao nesta ocasión o hu-morista ourensán Moncho Borrajo o sábado 17, ás 1� horas, na praza do Conce-llo de A Veiga. O concerto de Mutenrohi, o sábado ás 2�:45 horas na praza do Concello, complementará musicalmente Trevenatio. Trala actuación do grupo folk, seguirá a festa cunha verbena popular.

Unha das novidades desta edición é a celebra-ción do I Concurso de Fo-tografía Ambiental Treve-natio, que premiará con 500, �00 e 150 euros as mellores instantáneas so-bre o entorno e a natureza do municipio de A Veiga. As fotografías partici-pantes estarán expostas durante a celebración do encontro, no que tamén se entregarán os premios.

Para coñecer mellor es-tas terras Altas de Trevin-ca proponse a I Marcha Cicloturista Senda Verde do Xares, con saída ás 16:�0 horas do sábado 17 desde a praza do Conce-llo. Os cicloturistas co-ñecerán a Senda Verde, camiño que percorre todo o contorno do encoro de Prada, uns �0 quilóme-tros de aventura. Todos os participantes terán un recordo conmemorativo da proba e ao remate, terán unha cea de confra-ternidade. A inscrición é gratuita.

Quen prefira coñecer este municipio a pé, pode

participar na I Camiñata “Vereas da Veiga”. A cita para os afeccionados á montaña e ao sendeirismo terá a saída ás 9:�0 horas do sábado no núcleo de Xares. Percorrerán unha distancia de 11,1 quilóme-tros nun tempo aproxima-do de tres horas. Durante o percorrido ofreceranse explicacións sobre a topo-nimia dos diversos lugares polos que se pasa, conta-ranse lendas de A Veiga e apuntes sobre a súa natu-reza e a súa arquitectura popular.

Nenos e gastronomíaOutro dos puntos fortes

do programa de 2010 é a participación infantil. A organización quere que os nenos sexan protagonistas no medio rural e para iso instalarán tirolinas, pontes monos- haberá contacon-tos, obradoiros de maxia, actividades de orientación e diversos talleres.

Potenciar a gastronomía galega e en especial a das terras de A Veiga é outra das prioridades da organi-

zación. Por iso, o Conce-llo repite colaboración coa Asociación de Hostaleiros para desenvolver “Senda do sabor”, una iniciativa que leva colleitando gran éxito edición tras edición. Durante a xornada do sá-bado poderase mercar un ticket por sete euros para realizar unha ruta gastro-nómica polos establece-mentos de A Veiga, ofre-cendo cada un deles un pincho diferente.

A segunda iniciativa neste eido é “Sabores en Trevinca” que consiste na preparación dun menú especial para Trevenatio, que se poderá degustar dende a noite do venres 16 ata o domingo 18 de xullo, en catro establece-mentos hostaleiros de A Veiga.

Ademais, durante as mañás dos días 16 e 17 terán lugar varias catas de viños das denominacións de orixe galegas, da man da Estación de Viticulu-tra e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e do Grupo Ga-licia Gourmand.

Tres días de oferta lúdica para todos os gustos e as idades

Page 20: 16 Xul 2010 - Nº16

20 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

POLIDEPORTIVO

P. Lodeiro

Ves de quedar sexto na final de 3x40 da Copa do Rei, en Madrid, como va-loras este resultado?

Jorge Encinas: “A valo-ración é moi positiva, dado que estivera máis de dez anos sen participar en com-peticións nacionais e nes-ta, que era a miña segunda participación na Copa do Rei despois de todos estes anos, conseguín volver a entrar nunha final, dándo-se ademais a circunstancia de que os cinco deportistas que quedaron por diante de min na final son membros da selección nacional”.

Imaxino que este bo re-sultado darache ás para afrontar o que queda de tempada con boas expec-tativas, cales son as próxi-mas citas e con que obxec-tivo vas?

J.E.: “A próxima cita é o Campionato de España en Barcelona en setembro, e é certo que este resulta-do anímame e dame moral para participar, pero tamén supón unha maior carga de responsabilidade e de pre-sión á hora de competir, dado que sempre queres mellorar o resultado ante-rior, o cal a estes niveis é cada vez máis difícil”.

Veste na selección nacio-nal, volvendo a participar en competicíons interna-cionais e incluso optando a participar nas Olimpia-das de Londres?

J.E.: “Participar nuns xo-gos olímpicos é unha meta extremadamente difícil de alcanzar pero constitúe un soño para min que me moti-va e que por difícil que sexa non quero renunciar. Por outra parte, formar parte da selección é actualmente igual de complicado que fai anos, cando eu estiven no equipo (durante seis anos

ininterrumpidos, entre 1986 e 1992 en categoría júnior e sénior). Para ser selecciona-do no equipo hai que facer unhas marcas mínimas que fixa a Federación Española e repetila no mesmo ano; eu fixen xa unha delas este ano, alcanzando 592 puntos sobre 600 en carabina mat-ch (a mínima era 591)”.

O tiro olímpico é unha disciplina pouco coñeci-da, como presentarías este deporte á xente que non o coñece?

J.E.: “O tiro é deporte olímpico desde os primei-ros Xogos da era moderna, é un deporte que conta en España con máis de 50.000 licenzas federativas, e aín-da que é pouco coñecido para o gran público, está

entre os máis practicados en Europa, o que implica que non é espectacular pero si moi atractivo para o que o practica.

Basicamente hai tres es-pecialidades no tiro olímpi-co: a carabina, a pistola e o tiro ao prato; eu practico as tres modalidades de carabi-na olímpicas, e no Campeo-nato de España en setembro partiparei na modalidade de carabina match (tendido) e carabina �x40”.

Cal é a práctica deste deporte en Ourense?

J.E.: “Ourense dispón dunhas moi boas instala-cións para a práctica do tiro no Club de Tiro Eiroás, que conta ademais con varios centos de socios, aínda que en carabina �x40 e carabina

match eu son o único prac-ticante”.

E esto a que pensas que se debe?

J.E.: “Supoño que a mo-dalidade de �x40 que só eu practico en Ourense aínda que é moi atractiva e grati-ficante é tamén a máis sa-crificada”.

Como ti mesmo dis, as modalidades de carabina son moi esixentes física-mente, que tipo de entre-namento precisan?

J.E.: “Dado que a compe-tición de carabina �x40 ten unha duración dunhas catro horas, fanse series de dispa-ros en posición de tumbado, de pé e de xeonllos, cun ri-fle duns sete quilos, por iso é preciso realizar unha pre-paración física ademais da

técnica e da psicolóxica. En canto a a esta última, dicir que tes que estar concentra-do durante esas catro horas, abstraéndote ademais do contorno, do cansazo físi-co provocado pola propia competición e da propia presión do resultado”.

Recibes algún tipo de apoio das institucións?

J.E.: “Este ano recibín unha beca para deportistas da Deputación, institución a que lle agradezco o apoio económico e tamen o moral que estas axudas supoñen. Saber que o teu esforzo e dedicación non pasa inad-vertido é moi de agrade-cer”.

Queres engadir algo máis?

J.E.: “Só agradecer a Ba-

Jorge Encinas, durante unha competición de tendido.

rrios Deportivo que preste atención a este deporte e a outros que non sendo tan seguidos como o fútbol ou o baloncesto, tamén teñen a súa importancia”.

ENTREVISTA A JORGE ENCINAS ARNAU:

“Participar nuns xogos olímpicos é unha meta extremadamente difícil de alcanzar

pero constitúe un soño para min”4 O tirador olímpico ourensán vén de acadar un sexto posto na final de 3x40 da Copa do Rei, a súa mellor clasificación desde que retomara a competición en 2008.

“Este resultado anímame e dame moral para participar, pero tamén supón unha maior carga de responsabilidade e de presión á hora de competir”

“A modalidade de 3x40 que só eu practico en Ourense aínda que é moi atrac-tiva e gratificante é tamén a máis sacrificada”

4 TraxectoriaJorge Encinas Arnau

(Madrid, 1969) é o vixen-te campeón galego en carabina �x40 e carabina match, competicións nas que ten o récord galego, ao igual que en carabina aire comprimido e carabi-na match.

Esta tempada foi sexto clasificado (diploma) na Copa do Rei de carabina �x40, copa que ten gañado en categoría júnior en va-rias ocasións, ao igual que o campionato de España. Na súa etapa como júnior tamén tivo o récord de Es-paña en carabina tendido e carabina tres posicións.

PreolímpicoEncinas Arnau foi inte-

grante da selección nacio-nal de tiro entre os anos 1986 e 1992, tanto como júnior como na selección absoluta. Como tal, parti-cipou en campionatos do Mundo e Campionatos de Europa. Foi preolímpico en Barcelona 1992 e foi considerado como mellor deportista de Ourense en 1987, con tan só 18 anos.

Jorge Encinas. /ARQUIVO.

Page 21: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

21POLIDEPORTIVO

“O lecer e a recreación como un proceso de acción participativa e dinámica que facilitan entender a vida como unha vivencia de goce, creacións, liber-dade e como mejoramien-to da calidade de vida in-dividual e social mediante a práctica das actividades físicas, intelectuais e de esparexemento, resultan xeradores de beneficios múltiples para as persoas da terceira idade” (Dio-nisio F. Zaldívar Pérez). Entre eles mencionamos os seguintes:

- Dinamizar a creativi-dade e a capacidade artís-tica e estética.

- Contribuír ao mante-mento da psicomotricida-de.

- Favorecer os contac-tos interpersoais e a inte-gración social.

- Manter, en certo nivel, as capacidades produti-vas.

- Facer fronte ás dimi-nucións e limitacións físi-cas.

- Manter equilibrio, fle-xibilidade e expresividade corporal.

- Favorecer a autoesti-ma e o sentimento de uti-lidade.

- Diminuír a tensión e as tensións.

- Fomentar a creativi-

4O RINCÓN DO MESTRE

Beneficios do lecer e a recreación

Redacción

Victorias ourensáns na tirada do mes de xullo da Copa Deputación de Ourense de armas neumá-ticas, na modalidade de pistola, disputada no Club de Tiro Eiroás. En catego-ría sénior gañou Manuel Martínez, con 573 puntos. En categoría femenina a vencedora foi Nuria Mera, que fixo 363 puntos. Artu-ro Rodríguez e José Pra-da obtiveron o primeiro posto en veteráns A e Ve-teráns B, con 528 e 551 puntos respectivamente. A Copa Deputación dis-pútase cada primeiro fin de semana de mes no club ourensán. A final de ano, faise media coas catro mellores puntuacións para

dade e produtividade no uso do tempo libre.

- Desenvolver a capaci-dade de goce lúdico.

- Favorecer o benestar e a satisfacción persoal.

- Fomentar a comunica-ción, a amizade e as rela-cións interpersoais.

As clases de recreación han de estar sempre aber-tas á libre elección. As dife-rentes clases de recreación teñen como obxectivo man-ter, desenvolver e recuperar as habilidades diversas, estimular a creatividade, contribuír ao benestar e autoestima dos participan-tes, fomentar as relacións interpersoais e a integra-ción social das persoas. En fin, o que se pretende é que estas actividades de lecer e recreación favorezan a saú-de e benestar nas persoas maiores, e fágalles crecer a autonomía persoal e a inte-gración na vida comunita-ria e social. Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e entrena-

dor nacional de fútbol

4 ClasificaciónsXXII Copa Exma. Diputación Ourense Pistola sénior masculino1.Manuel Martínez 573 2.Juan C. Ferreño 569 �.Ginés Trenza 552 4.Juan José Conde 541 5.Miguel Jácome 532 6.José Otero 471 Pistola damas sénior1.Nuria Mera 3632.Nuria García �48Veteráns A1.Arturo Rodríguez 5282.José A. Cortés 526�.Pedro Bermejo 515Veteráns B1.José Prada 5512.Enrique Barreiro 5413.Manuel Somoza 438Xuvenil feminino1.Ivette Dobarro ��1Xuvenil masculino1.Javier Gago 555Carabina miras pechadas cadete masculino1.Dominick Fdez. 285Carabina miras abertascadete masculino 1.Cristian Ferreño �1�

3º Copa Cidade das Bur-gas carabina lixeira ten-dido Séniors1.Miguel Jácome 590 2.Sinesio Vergas 588 3.Juan M. Colomé 578 4.José A. Carballo 576 5.José M. Álvarez 550 6.Ángel García-Paz 536 71.Manuel D. Cid 505 8.Miguel Á. de la Cruz 514 Veteráns A e B1.Manuel Somoza 5722.José M. Iglesias 538

Resultados das últimas probas no Club de Tiro Eiroás4 Os días 17, 18 e 25 de xullo, novas com-peticións de pistola estándar, foso universal, pistola e carabina.

elixir o gañador. Neste mes de xullo tamén

se disputou a 3ª Copa Cida-de das Burgas de carabina lixeira tendido. Gañou en séniors Miguel Jácome con 590 puntos; e Manuel So-moza en veteráns con 572 puntos.

Próximas probasEsta fin de semana terá

lugar a final do Campionato Autonómico de percorri-dos de tiro, o día 17, e o 2º Torneo Auriense de Pistola stándard o día 18. Xa o día 25, é a cita para o Memo-rial Algemiro Rodríguez de foso universal e nesa mes-ma xornada dispútase o cla-sificatorio para o campiona-to autonómico de pistola e carabina en séniors, donas, veteráns e júniors.

Tiradores de pistola no Club de Tiro Eiroás. /ARQUIVO.

Verín, de festa coa Batucada de verán

Outro verán máis, e xa van sete, a vila de Verín non falta a súa cita coa “festa da auga”, a batu-cada. O carnaval de verán dará comezo o venres �0 de xullo, a partir das 16 horas, na praia fluvial de Verín. Haberá xogos po-pulares e festa reggae para a cargo de MR.ISI.

Pola noite, ás 22 horas comezará o gran espectá-culo ‘Lume’ da compañía de teatro de rúa Troula, que rematará na praza García Barbón.

Ás 23:30 h., na praza Gar-cía Barbón, estarán Zenzar, Machina e Carlinhos Gende Beat (beadbox) en concerto. Haberá troula ata altas horas da madrugada.

Xornada do sábadoA animación reiníciase

de novo a partir das catro da tarde do sábado �1, na praza da Alameda, coa Festa da Auga e da Escu-ma. Ás 19 horas, percorri-do polas rúas da vila ame-nizado polas charangas e batucadas Grupo de Ca-poeira Arte Nosa, Xituma Batuke, Pan de Azúcar, Támega e Batucada do Concello de Verín.

Ás 22.30 horas, na pra-za García Barbón, está previsto o Rock na Raia 2010, festival no que ac-tuarán Miguel Costas, Krápulas e João Luzio, banda gañadora do Rock Chaves Festival 2010.

A 01.�0 horas incorpo-ranse á festa as charangas e batucadas Grupo de Ca-poeira Arte Nosa, Xituma Batuke, Pan de Azúcar, Támega e Batucada do Concello de Verín.

Para rematar, ás 0�.00 horas, entrega de premios na praza do Carboeiro.

“As clases de recreación teñen como obxectivo manter as habilidades, estimular a creatividade (...)”

Page 22: 16 Xul 2010 - Nº16

22 BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

POLIDEPORTIVO

Lista de espera neste campamento de verán que organiza a Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Oira Futuro; máis de 1.000 nenos queren participar nel

4 80 nenos de toda Galicia participan no campamento de ve-rán que organiza a Xunta de Galicia durante o período estival desde fai cinco anos.Redacción

O campamento Oira Fu-turo ten lugar en Ourense durante as tres primeiras semanas de xullo (do 1 ao 21). Este ano, o quinto con-secutivo do campamento, reúne a 80 nenos de entre 12 e 14 anos de toda Gali-cia. As actividades que se realizan neste campamento son as de adestramento no campo municipal de Oira na xornada matutina, e pola tarde nas instalacións da Universidade Laboral, onde tamén practican outros de-portes como o balonmán ou o voleibol. Ademais parti-

cipan en varios obradoiros (de coiro, pizarra, fíos, etc.) e en múltiples xogos de ocio e tempo de lecer. Outras actividades que te-ñen os rapaces que partici-pan neste campamento son a recepción aos nenos por parte das institucións lo-cais, unha visita á cidade, unha visita nocturna á zona termal de Outariz e xorna-das lúdicas no complexo de Monterrei.

A Fundación Oira Fu-turo ten por obxecto, con carácter xeral, o fomento e promoción do deporte e a difusión da cultura depor-tiva, posibilitando un maior

achegamento ao deporte a todos os cidadáns. Esta Fundación, que preside Plácido Díaz, organiza por quinto ano consecutivo o Campamento de Fútbol de Galicia dentro da campaña de verán 2010. O interese por participar nel é enorme: máis de mil nenos quedaron la lista de espera.

Nenos adestrando no campo de fútbol de Oira. /RAMSÉS

Os nenos deste campamento de verán adestran polas mañás no campo de Oira e polas tardes na Universidade Laboral. /RAMSÉS

Visita institucionalO presidente da Deputa-

ción de Ourense, José Luis Baltar, recibiu aos nenos deste campamento de ve-rán.

O presidente provincial comprometeuse a costear o transporte dos nenos duran-te estes días e ofreceulles a posibilidade de facer algun-ha excursión.

Nenos de toda Galicia no campamento de verán Oira Futuro

Page 23: 16 Xul 2010 - Nº16

BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010

2�

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-�2.�2�.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - �2004 Ourense. Tel: 988 2�9 6�4. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº16 - Ano: II - 16 de xullo 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 2�9 6�4.

A PREGUNTA DO MES

Onde viches o partido de España e como o celebraches?

José Luis Gonzá-lez:

“Vino na terraza dun bar cos ami-gos. Ao rematar ce-lebrámolo na mes-ma terraza”.

Begoña Carnicero:“Vímolo na miña

casa coas amigas. Despois do beso de Iker e Carbonero baixamos á fonte a celebralo”.

Fernando, Iván e Fernando:“Vímolo en casa con outro ca-

tro amigos. Para celebrar que ga-ñou o Mundial saímos ata as 8 da mañá”.

María e Pablo:María: “Vino en casa e tirei pe-

tardos para celebralo”.Pablo: “Vino na casa e despois

fun dormir”.

Nuria e Eva:“Vímolo nun bar cos amigos e

despois baixamos a fonte para ce-lebralo con todo o mundo”.

Susana:“Vímolo nunha

cafetería con dous amigos e ao gañar o Mundial fomos cear fóra para cele-brálo”.

Julio Basteiro:“Vino na Praza

Maior coa miña moza e tres ami-gos. Ao rematar subímonos na parte de atrás do coche de bombeiros e fomos á fonte para celebralo”.

Raúl Varela:“Temos un local

alquilado os meus amigos e vímolo alí. Para celebralo fomos á fonte dos xulgados”.

Page 24: 16 Xul 2010 - Nº16

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO16 de xullo de 2010