165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

20
LOMCE EN RESUMO SECUNDARIA ESO BACHARELATO

Transcript of 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

Page 1: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

lomceen resumo

Se queres descargar este caderno(en galego ou en castelán)

entra en

www.smeducacion.com/LOMCE

secunDArIA esoBAcHArelATo

16

52

21

Page 2: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

Real Decreto 1105/2014, de 26 de decembro (BOE, n.º 3, de 3 de xaneiro de 2015), polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato.

Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (BOE, n.º 295, de 10 de decembro de 2013).

Page 3: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

NDICE LOMCE e currículo ............................................................................  2 • Currículo e competencias

Educación Secundaria Obrigatoria .................................................. 3 • Principais cambios • Materias en Educación Secundaria Obrigatoria • Atención á diversidade e organización flexible das ensinanzas

- Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) - Ciclos de Formación Profesional Básica (FPB)

• A avaliación

Bacharelato .......................................................................................  8 • Principais cambios • Materias en Bacharelato • A avaliación

Competencias no sistema educativo ............................................... 13

Etapas educativas. Principais cambios ........................................... 14

Calendario de implantación ............................................................. 15

Estrutura do sistema educativo ....................................................... 16

´

Page 4: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

Os cambios propostos perseguen u nha simplificación do currículo e un reforzo das aprendizaxes instrumen-tais.

1 Novo conceptoAos efectos do disposto na LOMCE, enténdese por cu-rrículo a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensinanza e aprendizaxe para cada u nha das etapas educativas.

2 Elementos que o integran

a) Os obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa.

b) As competencias, ou capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensi-nanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de pro-blemas complexos.

c) Os contidos, ou conxuntos de coñecementos, habili-dades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa e á adquisición de competencias.

Os contidos ordénanse en materias, que se clasifican en áreas, ámbitos e módulos en función das ensi-nanzas, as etapas educativas ou os programas en que participen os alumnos.

d) A metodoloxía didáctica, que comprende tanto a descrición das prácticas docentes como a organiza-ción do traballo do profesorado.

e) Os criterios de avaliación do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos de cada en-sinanza e etapa educativa.

f) Os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables.

3 Novo elemento do currículo:estándares de aprendizaxe avaliablesEspecificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados de aprendizaxe, e que concretan o que o alumno debe saber, comprender e facer en cada materia (nivel de adquisición das competencias clave). Deben ser observables, medibles e avaliables, e permi-tir graduar o rendemento ou logro alcanzado. A súa for-mulación debe contribuír e facilitar o deseño de probas estandarizadas e comparables.

LOMCE E CURRÍCULO

LOMCE | 2

CurríCulo e CompetenCias

GOBERNO MECd CCAA CENTROS

MATERiAS TRONCAiS

Contidos comúnsEstándares de aprendizaxeHorario mínimo(*)Criterios de avaliación

Complementar bloque de contidosHorario lectivo máximoComplementar criterios de avaliaciónRecomendacións de metodoloxía didáctica

Complementar contidosConfigurar a súa oferta formativaImplantar e deseñar metodoloxías propiasDeterminar carga horaria

MATERiAS ESPECÍFiCAS

Estándares de aprendizaxeCriterios de avaliación

ContidosHorarioComplementar criterios de avaliaciónRecomendacións de metodoloxía didáctica

Complementar contidosConfigurar oferta formativaImplantar e deseñar metodoloxías propiasDeterminar carga horaria

MATERiAS dE LiBRE

CONFiGURACiÓN

Contidos HorarioCriterios de avaliaciónEstándares de aprendizaxeRecomendacións de metodoloxía didáctica

Complementar contidosConfigurar oferta formativaImplantar e deseñar metodoloxías propiasDeterminar carga horaria

AvALiACiÓNS dE FiNAL

dE ETAPA

Educación Primaria: Criterios de avaliaciónCaracterísticas das probas

ESO e Bacharelato:Criterios de avaliaciónCaracterísticas das probas Deseño e contido das probas

(*) Non inferior ao 50% do horario lectivo fixado polas comunidades autónomas.

Page 5: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

educaciónsecundaria obrigatoriaPrinciPais cambios

currículo

▪ Introdúcese o elemento estándar de aprendizaxe. ▪ As Competencias básicas son denominadas Competencias clave. ▪ A LOMCE establece os obxectivos a nivel da etapa. Non se fixan obxectivos para as materias.

organización

▪ A etapa de Educación Secundaria Obrigatoria comprende dous ciclos, o primeiro de tres cursos escolares e o segundo dun.

▪ No primeiro ciclo, co fin de facilitar o tránsito do alumnado entre a Educación Primaria e o primeiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria, as administracións educativas e, no seu caso, os centros docentes, poderán agrupar as materias do primeiro curso en ámbitos de coñecemento.

▪ O segundo ciclo, ou cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria, terá un carácter fundamentalmente propedéutico.

materias

▪ As materias agrúpanse en tres bloques: materias troncais, materias específicas e materias de libre configura-ción autonómica. Cada un destes bloques inclúe as materias de etapa.

▪ A distribución das materias en bloques non obedece á importancia ou ao carácter instrumental ou fundamental destas, senón á distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

▪ Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgu nhas das materias do ciclo, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a educación cívica e constitucional traballaranse en todas as materias.

▪ Proponse a elección entre Relixión ou Valores Éticos. ▪ Desaparecen as materias Educación para a Cidadanía e Educación Ético Cívica.

atención á diversidade e organización flexible das ensinanzas

Entre outras medidas encontramos: ▪ Os Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento nos cursos de 2.º e 3.º da etapa substitúen os Programas de Diversificación Curricular (medida de atención á diversidade establecida pola LOE nos cursos de 3.º e 4.º da ESO).

▪ Establécense Programas de Reforzo para o alumnado que promocione con materias non superadas. ▪ Os pais, nais ou titores legais ou, no seu caso, os alumnos poderán escoller como materia de opción, no bloque de materias troncais no terceiro curso da etapa, Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas, ou ben Mate-máticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.

▪ Os pais ou titores legais ou, no seu caso, os alumnos poderán escoller cursar o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria por u nha das dúas seguintes opcións:

a) Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato. b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional

▪ As Administracións educativas e, no seu caso, os centros poderán elaborar itinerarios para orientar os alumnos na elección das materias troncais de opción.

▪ Establécese un novo nivel da Formación Profesional, a Formación Profesional Básica. Proponse o acceso a es-tas ensinanzas aos alumnos con quince anos que cursen o primeiro ciclo da ESO ou, excepcionalmente, tras cursar o curso 2.º da ESO. (Substitúe Programas de Cualificación Profesional inicial, PCPI).

LOMCE | 3

Page 6: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

LOMCE | 4

Avaliación

▪ Introdúcese a avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria, cuxa superación é necesaria para conseguir o título de Graduado de Educación Secundaria Obrigatoria. Os alumnos poderán realizar a avalia-ción por calquera das dúas opcións de ensinanzas académicas ou de ensinanzas aplicadas, con independencia da opción cursada en cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, ou por ambas as opcións na mesma ocasión.

▪ Suprímese a Avaliación de Diagnóstico establecida pola LOE ao finalizar o segundo curso da etapa. ▪ A avaliación positiva de todas as materias da etapa, sen superar a avaliación final, non permite o acceso nin ás ensinanzas de Bacharelato nin ás ensinanzas de Formación Profesional de Grao Medio.

▪ A repetición de curso considerarase u nha medida de carácter excepcional e tomarase tras esgotar o resto de medidas ordinarias de reforzo e apoio para solventar as dificultades de aprendizaxe do alumno.

MAteriAs en educAción secundAriA ObrigAtOriA

Primeiro, segundo e terceiro

Primeiro ciclo Primeiro segundo Terceiro

materias troncais(O horario lectivo mínimo de todas as materias troncais non será inferior ao 50% do total do horario)

Bioloxía e XeoloxíaXeografía e HistoriaLengua Castellana y LiteraturaMatemáticasPrimeira Lingua Estranxeira

Física e QuímicaXeografía e HistoriaLengua Castellana y LiteraturaMatemáticasPrimeira Lingua Estranxeira

Bioloxía e XeoloxíaFísica e QuímicaXeografía e HistoriaLengua Castellana y LiteraturaPrimeira Lingua EstranxeiraMateria de opción:

Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas AcadémicasMatemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas

materias específicas(En cada un dos cursos)

Educación FísicaRelixión ou Valores ÉticosUn mínimo de 1 e un máximo de 4 das seguintes (que poderán ser diferentes en cada un dos cursos):

Cultura ClásicaIniciación á Actividade Emprendedora e EmpresarialMúsica

Tecnoloxía Educación Plástica, Visual e AudiovisualSegunda Lingua Estranxeira

Se os pais ou titores legais, ou no seu caso o alumno, non a escolleron anteriormente:RelixiónValores Éticos

materias de libre configuración

Lingua Galega e Literatura (recibirá un tratamento análogo ao da área de Lengua Castellana y Literaura).Algu nha materia máis, que poderá ser diferente en cada un dos cursos:Materias do bloque de materias específicas non cursadas Materias por determinar polas administracións educativas ou polos propios centros

Page 7: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

Cuarto

segundo ciclo ou 4.º eso

ensinanzas académicas(iniciación ao bacharelato)

ensinanzas aplicadas(iniciación á formac. profesional)

materiastroncais(O horario lectivo mínimo de todas as materias troncais non será inferior ao 50% do total do horario)

materias xeraisXeografía e Historia

Lengua Castellana y Literatura Primeira Lingua Estranxeira

Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas

Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas

materias de opciónPolo menos 2 para elixir entre as seguintes:

Biología e Xeoloxía Economía Física e Química Latín

Polo menos 2 para elixir entre as seguintes:Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial Tecnoloxía

materias específicas

Educación FísicaRelixión ou Valores ÉticosUn mínimo de 1 e un máximo de 4 das seguintes:

Artes Escénicas e Danza Cultura CientíficaCultura ClásicaFilosofíaMúsica

Tecnoloxías da Información e a Comunicación Segunda Lingua EstranxeiraEducación Plástica, Visual e Audiovisual

U nha materia do bloque de materias troncais non cursadaU nha materia de ampliación dalgu nha materia do bloque de materias troncais

Se os pais ou titores legais, ou no seu caso o alumno, non a escolleron anteriormente:RelixiónValores Éticos

materias de libre configuración

Lingua Galega e Literatura (recibirá un tratamento análogo ao da área de Lengua Castellana y Literatura).Algu nha materia máis que poderá ser:Materias específicas non cursadasMaterias por determinar polas administracións educativas ou polos propios centrosMaterias de ampliación dos contidos dalgu nha das materias dos bloques de materias troncais ou específicas

Atención á diversidAde e orgAnizAción flexible dAs ensinAnzAs

▪ As medidas organizativas e curriculares para a atención á diversidade e a organización flexible das ensinanzas contemplarán as adaptacións do currículo, a integración de materias en ámbitos, os agrupamentos flexibles, o apoio en grupos ordinarios, os desdobramentos de grupos, a oferta de materias específicas, os Programas de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento, e outros programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Programas de Mellora da Aprendizaxe e do rendemento (PMAr) ▪ Dirixidos, preferentemente, a aqueles alumnos que presenten dificultades relevantes de aprendizaxe non imputables a falta de estudo ou esforzo.

▪ Proporase para aqueles alumnos que repetisen polo menos un curso en calquera etapa, e que u nha vez cursado o primeiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria non estean en condicións de promocionar ao segundo curso, ou que u nha vez cursado segundo curso non estean en condicións de promocionar ao terceiro.

▪ O programa desenvolverase ao longo dos cursos 2.º e 3.º no primeiro suposto, ou só en 3.º no segundo supos-to. Poderán incorporarse excepcionalmente a un Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento para repetir 3.º

▪ As administracións educativas poderán optar por organizar estes programas: - En grupos ordinarios, de forma integrada, cu nha proposta curricular específica. - En grupos específicos, con materias diferentes ás establecidas con carácter xeral (ámbito lingüístico e social, científico e matemático, linguas estranxeiras).

LOMCE | 5

Page 8: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

LOMCE | 6

Ciclos de Formación Profesional Básica (FPB)

▪ Dirixidos aos alumnos que cumpran simultaneamente as seguintes condicións:a) Ter feitos os quince anos, ou facelos durante o ano natural en curso, e non superar os dezasete anos de

idade no momento do acceso ou durante o ano natural en curso.b) Ter cursado o primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o

segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria.c) Ter proposto o equipo docente aos pais ou titores legais a incorporación do alumno a un ciclo de Formación

Profesional Básica. ▪ Garantirán polo menos a formación necesaria para obter u nha cualificación de nivel 1 do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais a que se refire o artigo 7 da Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional.

▪ Os criterios pedagóxicos cos que se desenvolverán os programas formativos destes ciclos adaptaranse ás características específicas do alumnado e fomentarán o traballo en equipo. Así mesmo, a titoría e a orientación educativa e profesional terán u nha especial consideración.

▪ Os ciclos terán dous anos de duración, e serán implantados nos centros que determinen as administracións educativas.

▪ Poderán permanecer cursando un ciclo de Formación Profesional Básica durante un máximo de catro anos. ▪ A superación do ciclo de FPB conduce á obtención do título Profesional Básico, que permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio da Formación Profesional do sistema educativo

▪ Os alumnos co título Profesional Básico poderán obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria por calquera das dúas opcións previstas na LOMCE, mediante a superación da avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria en relación coas materias do bloque de materias troncais que como mínimo se deban cursar na opción que escolla o alumno.

▪ O título profesional básico terá os mesmos efectos laborais que o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para o acceso a empregos públicos e privados.

a avaliaCión

Carácter da avaliación

▪ A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria será continua, formativa e integradora.

▪ As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa, serán adoptadas de forma colexiada polo conxunto de profesores do alumno respectivo, atendendo ao logro dos obxectivos e ao grao de adquisición das competencias correspondentes.

▪ Os alumnos promocionarán de curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas se son Lingua Galega e Literatura, Lengua Castellana y Literatura e Matemáticas de forma simultánea.

▪ O alumno poderá repetir o mesmo curso u nha soa vez, e dúas veces como máximo dentro da etapa. ▪ Só se computarán a efectos de promoción as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos bloques da etapa.

▪ O título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permitirá acceder ás ensinanzas postobrigatorias recollidas no artigo 3.4 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de acordo cos requisitos que se establecen para cada ensinanza.

▪ Tales ensinanzas son: o bacharelato, a formación profesional de grao medio, as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio, e as ensinanzas deportivas de grao medio.

Page 9: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

LOMCE | 7

Avaliación final da Educación Secundaria ObrigatoriaA avaliación externa de fin de etapa constitúe u nha das principais novidades da LOMCE.

Para que serve?Debe servir para garantir que todos os alumnos alcancen os niveis de aprendizaxe adecuados para o normal desenvolvemento da vida persoal e profesional conforme ao título pretendido, e ademais debe permitir orientar os alumnos nas súas decisións escolares de acordo cos coñecementos e competencias que realmente posúan.Por outra banda, estas probas normalizan os estándares de titulación en toda España, indicando de forma clara ao conxunto da comunidade educativa cales son os niveis de esixencia requiridos e introducindo elementos de certeza, obxectividade e comparabilidade de resultados.

De que materias? - Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais, agás Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química, das que o alumno será avaliado se as escolle entre as materias de opción.

- Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en cuarto curso. - U nha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física nin Relixión, ou Valores Éticos.

Os alumnos poderán realizar a avaliación por calquera das dúas opcións de ensinanzas académicas ou de ensinanzas aplicadas, con independencia da opción cursada en cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, ou por ambas as opcións na mesma ocasión.

Que alumnos poden presentarse?Aqueles alumnos que obtivesen avaliación positiva en todas as materias, ou negativa nun máximo de dúas materias sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura, Lengua Castellana y Literatura e Matemáticas.

Competencias para o deseño?O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, previa consulta coas comunidades autónomas, establecerá para todo o sistema educativo español os criterios de avaliación e as características da proba, e deseñará e establecerá o seu contido para cada convocatoria.

Quen aplica a proba?A proba será aplicada e cualificada por profesorado do sistema educativo español externo ao centro.

Como se supera a proba?A superación desta avaliación requirirá u nha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

É necesaria a súa aprobación para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria?Si será necesaria a superación da avaliación final,

Como se deducirá a cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria?Deducirase da seguinte ponderación:- Cun peso do 70%, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada u nha das materias cursadas en

Educación Secundaria Obrigatoria.- Cun peso do 30%, a nota obtida na avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria.

Obtense algu nha titulación sen aprobar a proba final?Os alumnos que cursen a Educación Secundaria Obrigatoria e non obteñan o título recibirán u nha certificación oficial na que constará o número de anos cursados, así como o grao de logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes.

Pode repetirse a avaliación?Os alumnos que non superen esta avaliación, ou que desexen elevar a súa cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria, poderán repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, previa solicitude.Tomarase en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias ás que se concorrese. Celebraranse polo menos dúas convocatorias anuais, u nha ordinaria e outra extraordinariaAs administracións educativas poderán establecer medidas de atención personalizada dirixidas a alumnos que, tras superar todas as materias de Educación Secundaria Obrigatoria, non obtivesen o título por non superar a avaliación final.

Page 10: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

bacharelatoPrinciPais cambios

currículo

▪ Introdúcese o elemento estándar de aprendizaxe. ▪ As Competencias básicas son denominadas Competencias clave. ▪ A LOMCE establece os obxectivos a nivel da etapa. Non se fixan obxectivos para as materias.

acceso

▪ O acceso ao Bacharelato require, de maneira xeral, o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria con superación da avaliación final desa etapa pola opción de ensinanzas académicas.

organización

▪ Mantéñense as modalidades de Artes e de Humanidades e Ciencias Sociais. A modalidade de Ciencias e Tecnoloxía queda como Ciencias.

▪ As administracións educativas e, no seu caso, os centros poderán elaborar itinerarios para orientar os alumnos na elección das materias troncais de opción.

materias

▪ De materias comúns, de modalidade e optativas, do Bacharelato establecido na Lei Orgánica de Educación (LOE, 2006), pásase aos bloques de materias troncais (con materias xerais e materias de opción), específicas e de libre configuración autonómica, cu nha distribución de competencias para o seu deseño e desenvolvemento. Establéce-nse por cursos.

▪ A distribución das materias en bloques non obedece á importancia ou ao carácter instrumental ou fundamental destas, senón á distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

▪ Desaparece a materia común de Bacharelato LOE materia Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

atención á diversidade

▪ Na organización dos estudos de Bacharelato prestarase especial atención aos alumnos con necesidade específica de apoio educativo.

▪ Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado con necesidades educativas especiais.

avaliación

▪ Introdúcese a avaliación final de Bacharelato, cuxa superación é necesaria para conseguir o título de Bacharel. ▪ Desaparece a Proba de Acceso á Universidade e a admisión realízase, directamente, co criterio da cualificación final obtida no Bacharelato (que se pondera nun 60% coa media das cualificacións das materias cursadas e nun 40% coa cualificación da avaliación final de Bacharelato). Porén, as universidades poderán fixar outros procede-mentos complementarios de admisión, de acordo coa normativa básica que estableza o Goberno.

LOMCE | 8

Page 11: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

Materias en bacharelato

Primeiro curso

Modalidades

CieNCiashuMaNidades e CC soCiais

aRTeshumanidades Ciencias sociais

MaT

eRia

s

Materias troncais(O horario lectivo mínimo de todas as materias troncais non será inferior ao 50% do total do horario)

Materias xeraisFilosofía Lengua Castellana y Literatura IMatemáticas IPrimeira Lingua Estranxeira I

FilosofíaLengua Castellana y Literatura IPrimeira Lingua Estranxeira I

FilosofíaFundamentos da Arte ILengua Castellana y Literatura IPrimeira Lingua Estranxeira I

Latín I Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I

Materias de opciónPolo menos 2 das seguintes:

Bioloxía e Xeoloxía Debuxo Técnico IFísica e Química

Polo menos 2 das seguintes:EconomíaGrego IHistoria do Mundo ContemporáneoLiteratura Universal

Polo menos 2 das seguintes:

Cultura Audiovisual IHistoria do Mundo Contemporáneo Literatura Universal

Materias específicas

Educación FísicaUn mínimo de 2 e un máximo de 3 de entre as seguintes:

Análise Musical ISegunda Lingua Estranxeira IAnatomía AplicadaTecnoloxía Industrial ICultura CientíficaTecnoloxías da Información e a Comunicación I

Debuxo Artístico IVolumeDebuxo Técnico I (*)Linguaxe e Práctica MusicalRelixiónU nha materia do bloque de materias troncais non cursada polo alumno

libre configuración

Lingua Galega e LiteraturaAlgu nha materia máis que poderá ser:Materias do bloque de materias específicas non cursadasMaterias de ampliación dos contidos dalgu nha das materias dos bloques de materias troncais ou específicasMaterias por determinar polas administracións educativas ou polos propios centros

(*) Salvo que os pais ou titores legais ou o alumno xa escollesen Debuxo Técnico I como materia de opción dentro do bloque de materias troncais.

LOMCE | 9

Page 12: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

LOMCE | 10

Segundo curso

Modalidades

CieNCiasHUMaNidades e CC soCiais

aRTesHumanidades Ciencias sociais

MaT

eRia

s

Materias troncais(O horario lectivo mínimo de todas as materias troncais non será inferior ao 50% do total do horario)

Materias xeraisHistoria de EspañaLengua Castellana y Literatura IIMatemáticas IIPrimeira Lingua Estranxeira II

Historia de EspañaLengua Castellana y Literatura IIPrimeira Lingua Estranxeira II

Historia de EspañaFundamentos da Arte IILengua Castellana y Literatura IIPrimeira Lingua Estranxeira IILatín II Matemáticas

Aplicadas ás Ciencias Sociais II

Materias de opciónPolo menos 2 das seguintes:Bioloxía Debuxo Técnico IIXeoloxíaFísica Química

Polo menos 2 das seguintes:Economía da EmpresaGrego IIHistoria da ArteHistoria da FilosofíaXeografía

Polo menos 2 das seguintes:Cultura Audiovisual IIArtes EscénicasDeseño

Materias específicas

Un mínimo de 2 e un máximo de 3 de entre as seguintes:Análise Musical IICiencias da Terra e do Medio AmbienteDebuxo Artístico IIDebuxo Técnico II (*)Fundamentos de Administración e XestiónRelixiónHistoria da Música e a DanzaImaxe e Son

PsicoloxíaTécnicas de Expresión Gráfico-plásticaSegunda Lingua Estranxeira IITecnoloxía Industrial IITecnoloxías da Información e a Comunicación II Historia da Filosofía (*)U nha materia do bloque de materias troncais non cursada polo alumno

libre configuración

Lingua Galega e LiteraturaAlgu nha materia máis, que poderá ser:Educación FísicaMaterias do bloque de materias específicas non cursadasMaterias de ampliación dos contidos dalgu nha das materias dos bloques de materias troncais ou específicasMaterias por determinar polas administracións educativas ou polos propios centros

(*) Salvo que os pais ou titores legais ou o alumno xa a escollesen como materia de opción dentro do bloque de materias troncais.

Page 13: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

A AvAliAción

carácter da avaliación

▪ A avaliación da aprendizaxe dos alumnos será continua e diferenciada segundo as distintas materias. O profesor de cada materia decidirá, ao termo do curso, se o alumno logrou os obxectivos e alcanzou o adecuado grao de adquisición das competencias correspondentes.

▪ Os alumnos promocionarán de primeiro a segundo de Bacharelato cando superen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro. Os centros docentes deberán organizar as conseguintes actividades de recupera-ción e a avaliación das materias pendentes.

▪ Sen superar o prazo máximo para cursar o Bacharelato (catro anos), os alumnos poderán repetir cada un dos cursos de Bacharelato u nha soa vez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos u nha segunda vez, previo informe favorable do equipo docente.

Avaliación final de BacharelatoQue se avalía? De que materias?Os alumnos realizarán u nha avaliación individualizada ao finalizar Bacharelato, na que se comprobará o logro dos obxectivos desta etapa e o grao de adquisición das competencias correspondentes en relación coas seguintes materias:

- Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais (*). - Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos cursos (*). - U nha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física nin Relixión.

(*) No suposto de materias que impliquen continuidade, terase en conta só a materia cursada en 2.º curso.

Que alumnos poden presentarse?Só poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos que obtivesen avaliación positiva en todas as materias.

Aos efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos bloques. Ademais, en relación con aqueles alumnos que cursen Lingua Galega e Literatura, só se computará u nha materia no bloque de materias de libre configuración autonómica, con independencia de que os alumnos poidan cursar máis materias deste bloque.

competencias para o deseño?O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, previa consulta ás comunidades autónomas, establecerá para todo o sistema educativo español os criterios de avaliación e as características da proba, e deseñará e establecerá o seu contido para cada convocatoria.

como se supera a proba?A superación desta avaliación requirirá u nha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

É necesaria a súa aprobación para obter o título de Bacharel?Si será necesaria a superación da avaliación final, así como u nha cualificación final.

como se deducirá a cualificación final de Bacharelato?A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación: - Cun peso do 60%, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada u nha das materias cursadas en Bacharelato.

- Cun peso do 40%, a nota obtida na avaliación final de Bacharelato.O título de Bacharel facultará para acceder ás distintas ensinanzas que constitúen a educación superior, polo que desaparece a actual Proba de Acceso á Universidade.

LOMCE | 11

Page 14: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

Obtense algu nha titulación sen aprobar a avaliación final?A avaliación positiva en todas as materias sen superar a avaliación final desta etapa dará dereito ao alumno a obter un certificado con efectos laborais e académicos (acceso aos ciclos de grao medio, de grao superior, ao grao superior das ensinanzas deportivas se se dispón do título de Técnico deportivo, grao medio).

Tomarase en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias ás que se concorrese. Celebraranse polo menos dúas convocatorias anuais, u nha ordinaria e outra extraordinaria.

Pode repetirse a avaliación?Os alumnos que non superen esta avaliación, ou que desexen elevar a súa cualificación final de Bacharelato, poderán repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, previa solicitude.

LOMCE | 12

Page 15: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

COMPETENCIAS NO SISTEMA EDUCATIvO

▪ Capacidades para activar e aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.

▪ A competencia supón u nha combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións, e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr u nha acción eficaz.

▪ As competencias, por tanto, conceptualízanse como un "saber facer" que se aplica a u nha diversidade de con-textos académicos, sociais e profesionais.

▪ Para que a transferencia a distintos contextos sexa posible resulta indispensable u nha comprensión do coñece-mento presente nas competencias, e a vinculación deste coas habilidades prácticas ou destrezas que as integran.

▪ A aprendizaxe por competencias favorece os procesos e a motivación para aprender, debido á forte interrelación entre os seus compoñentes. O concepto apréndese de forma conxunta ao procedemento.

▪ O papel do docente é fundamental, pois debe ser capaz de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas, a aplicación dos coñecementos aprendidos e a promoción da actividade dos estudantes.

▪ A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carác-ter integral.

▪ O proceso de ensinanza-aprendizaxe competencial debe abordarse desde todas a áreas de coñecemento, e por parte de todas as instancias que conforman a comunidade educativa.

▪ O dinamismo da aprendizaxe por competencias alude a que estas non se adquiren en determinado momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento mediante o cal os individuos van adquirindo maiores niveis de desempeño no uso destas.

▪ Adóptase a denominación de “competencias clave” formulada pola Unión Europea. En tal sentido, "as competen-cias clave son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego". (Recomendación 2006/962/EC, do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de decembro de 2006, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente).

As COMPETENCIAs NO sIsTEMA EDUCATIVO

LOE (2006) LOMCE (2013)

Competencia lingüística Competencia lingüística

Competencia matemáticaCompetencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxíaCompetencia no coñecemento e na interacción

co medio físico

Tratamento da información e competencia dixital Competencia dixital

Competencia social e cidadá Competencias sociais e cívicas

Competencia cultural e artística Conciencia e expresións culturais

Competencia para aprender a aprender Aprender a aprender

Autonomía e iniciativa persoal Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

LOMCE | 13

Page 16: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

etapas educativas. principais cambios

PARA TODAS AS ETAPAS

▪ Establecemento de estándares de aprendizaxe: os referentes para a avaliación dos obxectivos e contidos e o nivel de adquisi-ción das competencias.

▪ Organización das materias en troncais, específicas e de libre configuración autonómica.

EDucAción infAnTil ▪ O Goberno fixará os obxectivos, competencia, contidos, criterios de avaliación do currículo básico, que requirirán o 55% dos horarios escolares para as co-munidades autónomas que teñan lingua cooficial e o 65% para aquelas que non a teñan.

PRim

ARiA

1.º ▪ Organización por cursos, non por ciclos. ▪ Desagregación da área de Coñecemento do Medio natural, social e cultural en Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.

▪ Desaparece Educación para a Cidadanía e Dereitos Humanos. ▪ Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgu nhas das áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a edu-cación cívica e constitucional traballaranse en todas as áreas.

▪ Levaranse a cabo dúas avaliacións de etapa: ao finalizar 3.º e 6.º de Educación Primaria, respectivamente.

2.º

3.º AvAliAción

4.º

5.º

6.º

AvAliAción finAl DE EP

ESO

1.º

PRimEiRO ciclO

▪ O primeiro ciclo comprende os cursos de 1.º a 3.º. ▪ O segundo ciclo refírese ao 4.º curso. ▪ Os Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento substitúen os Pro-gramas de diversificación curricular.

▪ Obrigación de cursar 4.º, a través du nha das opcións: Ensinanzas Académi-cas para a Iniciación ao Bacharelato e Ensinanzas Aplicadas para a Iniciación á Formación Profesional.

▪ Para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria será ne-cesaria a superación da avaliación final da etapa.

2.º

3.º

4.º EAiB EAifP

AvAliAción finAl DE ESO

TíTulO DE gRADuADO En ESO

BAch

AREl

ATO 1.º ciencias

humanidades e ciencias Sociais

Artes

▪ Para obter o título de Bacharel será necesaria a superación da avaliación final de Bacharelato.

▪ O título de Bacharel facultará para acceder ás distintas ensinanzas que cons-titúen a educación superior, polo que desaparece a actual Proba de Acceso á Universidade.

▪ Tales ensinanzas son: a ensinanza universitaria, as ensinanzas artísticas superiores, a formación profesional de grao superior, as ensinanzas profesio-nais de artes plásticas e deseño de grao superior, e as ensinanzas deportivas de grao superior.

2.º

AvAliAción finAl DE BAch.

TíTulO DE BAchAREl

univERSiDADE

LOMCE | 14

Page 17: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

calendariode implantación

2014-2015 2015-2016 2016-2017*

InfantIlPrimeiro ciclo 0-3 anos (1)

Segundo ciclo 3-6 anos (1)

PrImarIa non hai ciclos

Primeiro

Segundo

terceiro Proba de avaliación

Cuarto

Quinto

Sexto Proba final de etapa

ESOPrimeiro ciclo

Primeiro

Segundo

terceiro

Segundo ciclo Cuarto Proba final de etapa (2)

BaCharElatO Sen ciclosPrimeiro

Segundo Proba final de etapa (3)

fOrmaCIón PrOfESIOnal

BáSICa

1.º (4)

2.º

▪ (1) Os dous ciclos de Educación Infantil non teñen cambios organizativos nin curriculares. ▪ (2) A avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria correspondente á convocatoria que se realice no ano 2017 non terá efectos académicos. Neste curso haberá u nha única convocatoria.

▪ (3) A avaliación final de Bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen no ano 2017 unicamente se terá en conta para o acceso á Universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de Bacharel.

▪ (4) Os ciclos formativos de Formación Profesional Básica substituirán progresivamente os Programas de Cualificación Pro-fesional Inicial (PCPI).

* As modificacións introducidas nas condicións de acceso e admisión ás ensinanzas reguladas na LOMCE serán de aplicación no curso escolar 2016-2017.

Aceso á universidadeO acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao realizarase da seguinte forma polos alumnos que obtivesen o título de Bacharel ou equivalente:

▪ Quen acceda con anterioridade ao curso escolar 2017-2018 deberá ter superada a Proba de Acceso á Universida-de que establecía o artigo 38 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, ou as probas establecidas en normativas anteriores con obxecto similar.

▪ Quen acceda no curso escolar 2017-2018 ou en cursos posteriores deberá cumprir os requisitos indicados no novo artigo 38 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio.

LOMCE | 15

Page 18: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

ESTRUTURA Do SISTEMA EDUCATIVo

Grao

Med

io d

e FP

Tïtulo de Técnico

Ciclos formativos

de Grao Medio de

FP

Grao Medio de

Artes Plásticas e Deseño

Técnico deportivo de Grao Medio

Ensinanza gratuíta

Ensinanzas de idiomas

Formación Profesional

Ensinanzas artísticas

Ensinanzas deportivas

Acceso sen Título de Bacharel

Probas de final de etapa

Probas de acceso

C1 / C2

Nivel Avanzado

B1 / B2

Nivel Medio

A1 / A2

Nivel Básico

Educ

ació

n su

pEri

orEd

ucac

ión

sEcu

ndar

iaEd

ucac

ión

infa

ntil

Educ

ació

n pr

imar

ia

Ensi

nanz

as A

rtís

ticas

Su

perio

res

Título superiorMúsica e danza

Arte dramática

Conservación e restauración

de bens culturais

Artes plásticas

Deseño

Título profesional

Ensi

nanz

as p

rofe

sion

ais

de m

úsic

a e

danz

a

6.º

5.º

4.º

3.º

2.º

1.º

Ensi

nanz

as e

lem

enta

is

de m

úsic

a e

danz

a

Ensi

nanz

a Un

iver

sita

ria

Títulos de Doutor

Estudos de Doutoramento

Título de Máster

Estudos de posgrao

Título de Grao

Estudos de grao

Bach

arel

ato

(16-

18 a

nos)

Título de Bacharel

Arte

sCi

enci

asHu

man

idad

es e

CCS

S

2.º

1.º

Educ

ació

n In

fant

il 2.o ciclo(3-6 anos)

1.o ciclo(0-3 anos)

FP b

ásic

a Título Profesional Básico2.º

1.º

Grao

Sup

erio

r de

FP

Título de Técnico Superior

Ciclos formativos

de Grao Superior

de FP

Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño

Técnico deportivo de Grao Superior

Educ

ació

n Pr

imar

ia(6

-12

anos

)

6.º5.º4.º3.º2.º1.º

ESO

(12-

16 a

nos)

Título Graduado en ESO

2.o ciclo

4.º Ensinanzas

Académicas4.º Ensinanzas

Aplicadas

1.o ciclo

3.º Programa de mellora

2.º Programa de mellora

1.º

Page 19: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

Real Decreto 1105/2014, de 26 de decembro (BOE, n.º 3, de 3 de xaneiro de 2015), polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato.

Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (BOE, n.º 295, de 10 de decembro de 2013).

Page 20: 165221_CUADERNO_LOMCE_GAL.pdf

lomceen resumo

Se queres descargar este caderno(en galego ou en castelán)

entra en

www.smeducacion.com/LOMCE

secunDArIA esoBAcHArelATo

16

52

21