17/2007 EE: Estudo sobre as características da ... · da implantación do sistema de Inspección...
Transcript of 17/2007 EE: Estudo sobre as características da ... · da implantación do sistema de Inspección...
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
EEllaabboorraa PPrroommoovvee
Estudo sobre as características da implantación do sistema de
Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista
da competencia
20 de agosto de 2007
ESTUDO SOBRE AS CARACTERÍSTICAS DA
IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE INSPECCIÓN
TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS NOS MUNICIPIOS
DE GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA
COMPETENCIA
Traballo elaborado para o TGDC por:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
2
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Índice
1. Introdución.......................................................................5
2. Metodoloxía do Estudo......................................................8
3. Delimitación do Ámbito de Estudo ..................................20
3.1. Definición da Inspección Técnica de Edificacións 20
3.2. Normativa Reguladora da ITE: As Ordenanzas Municipais 25
3.3. Os Servizos Municipais da ITE 32
4. Contextualización dos Mercados da ITE ..........................37
4.1. Análise da Demanda: Obrigados 37
4.2. Análise da Oferta: Os Profesionais Capacitados 40
4.3. Ámbito Xeográfico da ITE 52
4.4. Edificios suxeitos a inspección 56
5. Procedemento da Inspección Técnica de Edificacións.....................................................................60
5.1. Forma e Prazos da ITE 60
5.2. Resultados da inspección 68
5.3. Incumprimento do deber de realiza-la ITE en prazo e/ou forma 70
5.4. Contratación do Persoal Técnico Competente nos municipios galegos 72
5.5. Axudas para a realización da ITE 79
6. A Implantación da ITE ....................................................81
6.1. Difusión e Situación da ITE nos municipios galegos 81
6.2. A ITE en España 89
6.3. Comparativa dos municipios analizados 103
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
3
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
7. Análise da Competencia na ITE .....................................105
7.1. Introdución á Competencia 105
7.2. Órganos de Defensa da Competencia 107
7.3. Diagnóstico da Competencia no mercado da ITE: Identificación de Condutas Restritivas 109
7.4. Demandas do mercado para a mellora da Competencia 118
8. Conclusións...................................................................123
9. Bibliografía ...................................................................131
10. Anexos..........................................................................144
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
4
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Introdución
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
5
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
1. Introdución
Non fai moito, existía a conciencia cidadá de preocuparse só polo
contido e non do continente da vivenda e ambos son elementos
interdependentes. O deterioro do exterior do inmoble ao final verase
reflectido na vivenda propia de cada persoa e de cada cidade ou poboación
como identidade dos seus habitantes, ademais de levar a graves
consecuencias.
A Constitución impón á cidadanía o deber de conservación dos seus
bens en condicións de seguridade e habitabilidade, co fin de evitar danos
materias e riscos para as persoas. Neste senso, atópanse o mantemento
dos inmobles, como problema social ao que se enfrontan tódolos cidadáns
como modo de calidade de vida. Cómo mecanismo de ordenación para o
cumprimento desta obriga, nace a Inspección Técnica de Edificacións.
No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, outórgase aos
Concellos galegos a obriga de inspecciona-los edificios dos seus municipios
para a determinación do seu estado de conservación, mediante o
desenvolvemento de ordenanzas propias a cumprir polos propietarios dos
inmobles. Búscase así, mellora-la calidade do capital urbanístico no
territorio galego co fin de eleva-la calidade de vida da poboación e potencia-
lo patrimonio natural e cultural da Comunidade.
A hora de face-la inspección, o obrigado a ela poderá acudir a
calquera dos profesionais técnicos capacitados para elo. Existindo esta
liberdade de contratación dos servizos, é aquí onde cobra importancia a
situación da competencia no mercado e a posible concorrencia de
actuacións que danan o exercicio libre da mesma.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
6
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Por mor destes feitos e despois de facer unha descrición de todo o
sistema de Inspección Técnica de Edificación nos municipios galegos con
ordenanza municipal reguladora, Ideara SL, realiza no estudo unha
contextualización da competencia no mercado.
A existencia de limitacións ou barreiras á competencia pode ter
efectos negativos para a poboación e tamén para os profesionais que
operan neste mercado, repercutindo no prezo e na calidade do servizo
ofertado. Detectando e analizando estas actuacións contrarias a libre
competencia permitirá lograr un beneficio común para as partes integrantes
dun mercado, a oferta e a demanda.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
7
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Metodoloxía do Estudo
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
8
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
2. Metodoloxía do Estudo
Para o desenvolvemento deste estudo levouse acabo un plan de
avaliación/descrición coa finalidade da consecución dos seguintes
obxectivos:
Obxectivo xeral do estudo:
O obxectivo xeral deste estudo centrouse en describi-lo sistema de
Inspección Técnica de Edificacións nos municipios da Comunidade
Autónoma de Galicia dende o punto de vista da competencia para contribuír
ao benestar do mercado.
Obxectivos específicos do estudo:
� Describi-lo ámbito da Inspección Técnica de Edificacións en
Galicia e as súas características básicas.
� Realizar unha análise dos mercados definidos pola ITE.
� Coñece-lo procedemento da Inspección Técnica de Edificacións
nos municipios galegos.
� Analiza-los sistemas de contratación do persoal técnico nos
municipios galegos.
� Diagnostica-la competencia no sistema e identifica-las accións
que restrinxen a súa práctica correcta
Para elo, o estudo estruturouse en tres fases, nas que se describen os
pasos a realizar, empregando diversas metodoloxías en función dos
obxectivos a conseguir en cada unha delas, centrados basicamente na
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
9
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Validación final on-line dos resultados
FASE DE DESEÑO E PLANIFICACIÓN
FASE DE DESENVOLVEMENTO DO ESTUDO
Deseño de ferramentas e recompilación información
Descrición do sistema da Inspección Técnica de Edificacións e o seus mercados
Análises do procedemento de Inspección e os sistemas de contratación nos municipios galegos
Contextualización da competencia e identificación das accións restritivas da mesma
PMI FASE DE CONCLUSIÓN
-Fontes documentais -Entrevistas en profundidade
-Fontes documentais -Entrevistas en profundidade -Validación final on-line
Elaboración final sobre a situación do sistema da ITE e a súa competencia nos municipios galegos
-Fontes documentais -Entrevistas en profundidade
descrición do sistema de Inspección Técnica de Edificacións e a competencia
no mercado dos municipios galegos con inspección. Combínanse así
distintas fontes de recompilación de datos: primarias (técnicas cualitativas)
como secundarias (consulta de fontes documentais e arquivísticas diversas)
ESQUEMA DO ESTUDO
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
10
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
1. FASE DE DESEÑO E PLANIFICACIÓN
Consiste no punto de partida, no que primeiramente se fixo un
escrutinio sobre os municipios galegos para coñecer aqueles que contan con
Inspección Técnica de Edificacións. Para elo, realizouse unha mostraxe
polietápica sobre o total dos 315 municipios galegos (ver capítulo 4.3) e
procedeuse á configuración do proceso de recollida de información (datos
secundarios), mediante a análise do fondo documental e arquivístico.
Tamén nesta fase estruturouse o proceso de recollida de datos
primarios, obténdose a configuración do panel de profesionais e axentes a
entrevistar e o deseño dos instrumentos principais de recollida da
información.
• Configuración do proceso de recollida de datos secundarios
A esencia fundamental da metodoloxía de análise residiu na obtención
de información a través da consulta de fontes documentais e arquivísticas,
xa que permitiu coñece-lo punto de partida do desenvolvemento da
Inspección Técnica de Edificacións e a súa competencia e o deseño dos
instrumentos de recollida de datos de tipo cualitativo (guións das
entrevistas).
Partiuse da recompilación, selección e clasificación de información de
tipo documental e arquivístico específica sobre o mercado da Inspección
Técnica de Edificacións, procedendo posteriormente a análise da base de
fontes documentais. Para este estudo, as principais fontes consultadas foron
as seguintes:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
11
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Normativa estatal e
autonómica
Ordenanzas municipais
Prensa e revistas do sector
Expedientes
Colexios Profesionais
Normativa europea
FONTES CONSULTADAS
Figura 1. Fontes documentais consultadas
Fonte: elaboración propia
• Configuración do proceso de recollida de datos primarios
Estruturouse o proceso de recollida de datos primarios, obtendo así os
principais indicadores de análise, a configuración do grupo de axentes e
profesionais a entrevistar e os guións para a execución das entrevistas en
profundidade. A continuación procedeuse a realización das entrevistas, coa
finalidade de obte-la información necesaria para realiza-la análise que se
levou a cabo na fase seguinte, permitindo a determinación das
características e contidos do estudo.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
12
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Entrevistas en profundidade
Esta técnica cualitativa realizouse mediante unha conversación cara a
cara e en profundidade, cunha mostra de axentes e profesionais
relacionados coa materia de análise, mediante un contacto directo, aberto e
persoal, a través dunha serie de preguntas semiestruturadas, seguindo uns
criterios que respondían aos obxectivos de investigación, e recollendo un
apartado de observacións co fin de recompila-los aspectos non obtidos ao
longo da entrevista (ver guións no anexo 1). Estas características veñen a
definir o que se chama entrevista semiaberta, onde o entrevistado expresa
libremente a súa opinión en relación a determinadas cuestións. Isto levou a
que as respostas do entrevistado foxen de tipo subxectivo, onde o técnico
investigador tivo que analizar e interpreta-lo contraste de ditas respostas.
Coa entrevista pretendeuse contrasta-los resultados obtidos a partir
das fontes documentais e aclarar conceptos confusos, así como obter
información sobre o procedemento seguido polos axentes e profesionais do
mercado ou outro tipo de información adicional que permitirá definir novas
hipóteses. Tendo en conta o perfil das persoas a entrevistar, partiuse do
deseño de distintos tipos de entrevistas, facendo fincapé nun ou outro guión
de bloques de preguntas en función do tipo de axente ou profesional
destinatario. Unha vez deseñados os guións e antes da súa aplicación, estes
foron validados mediante a comprobación da forma e contido, coa finalidade
de adaptalo o mellor posible aos ítems de estudo.
Mediante a confección previa dunha mostra de colaboradores
(persoas a entrevistar), seleccionáronse aqueles que representaban en
maior media aos axentes do mercado da Inspección Técnica de
Edificacións e posúen experiencia neste área. Unha vez elaborado o panel
de profesionais e axentes a entrevistar, contactáronse con eles
telefonicamente co fin de informarlles sobre a presente investigación e
solicitóuselles colaboración para a mesma. Confirmase a súa colaboración
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
13
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
e establécese unha data e hora para a realización da entrevista. Deste
modo, realizáronse entrevistas, aos seguintes perfís:
- 4 Representantes dalgúns dos Concellos con Inspección Técnica de
Edificacións
- 4 Profesionais da Arquitectura (arquitectos e arquitectos técnicos
ou aparelladores)
- 1 Representante de Colexios Profesionais
- 2 Representantes da propiedade
As persoas encargadas de realizar estas entrevistas de carácter
aberto foron os técnicos de Ideara SL, responsable da elaboración do
estudo, os cales se desprazaron á localidade correspondente para realiza-la
entrevista, de forma semidirixida, de tal modo que puideron dirixir ao
entrevistado cara aqueles aspectos do estudo que necesitaban saber.
Os datos que conforman a entrevista recolléronse a través de
diversos medios:
� Guión da ferramenta
� Rexistros de audio
� Notas de campo
� Diario de investigación
� Transcrición
Ao tratarse dunha técnica cualitativa, a súa fiabilidade ven
determinada pola análise e interpretación realizada polo equipo técnico de
traballo sobre as respostas obtidas a través das entrevistas.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
14
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Tratamento da información. Metodoloxía de análise de datos
Unha vez realizada a entrevista, a primeira análise fíxose en base a
lectura como instrumento de recompilación de información: texto escrito e
gravado ou texto propio. Para a análise, empregouse un enfoque narrativo,
con interpretación do discurso, seguindo as premisas seguintes:
� Transcrición, no seu caso, da entrevista
� Lectura das transcricións de cada entrevista e codificación.
� Unha vez codificado, unión dos fragmentos de cada bloque.
� Integración local: reclasificación do material e interpretación.
� Integración final: unión de tódalas secciones de maneira coherente.
Deste modo, unificáronse as respostas en función do apartado do
estudo e tívose en conta para a elaboración posterior dos diversos informes
que caracterizan o proxecto.
2. FASE DE DESENVOLVEMENTO DO ESTUDO
Nesta fase procedeuse a análise da información recollida na fase
anterior a través da consulta de fontes documentais e das entrevistas e a
súa posterior verificación mediante a validación on-line. Esta análise
estruturouse nas seguintes cuestións:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
15
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Descrición da Inspección Técnica de Edificacións
ITEMS A ANALIZAR TÉCNICAS DE RECOLLIDA DE
DATOS
Finalidade da ITE
Características
Normativa autonómica e municipal
O papel das Áreas/Xerencias Municipais de Urbanismo
Os Rexistros de Edificios ou ITE
Fontes documentais e arquivísticas
Mercados definidos pola ITE
ITEMS A ANALIZAR TÉCNICAS DE RECOLLIDA DE
DATOS
Obrigados a realiza-la inspección
Persoal capacitado para levar a cabo a ITE
Ámbito xeográfico da ITE
Edificios suxeitos á inspección
Dimensión temporal da ITE
Fontes documentais e arquivísticas
Entrevistas en profundidade
Procedemento da Inspección Técnica de Edificacións
ITEMS A ANALIZAR TÉCNICAS DE RECOLLIDA DE
DATOS
Forma e prazos da ITE
Resultados da inspección
Incumprimento da ITE
Contratación do persoal técnico competente
Axudas para a realización da ITE
Fontes documentais e arquivísticas
Entrevistas en profundade
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
16
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Implantación da Inspección Técnica de Edificacións
ITEMS A ANALIZAR TÉCNICAS DE RECOLLIDA DE
DATOS
Difusión da ITE
Situación da ITE nos municipios galegos
A ITE en España
Fontes documentais e arquivísticas
Entrevistas en profundade
Competencia no mercado da ITE
ITEMS A ANALIZAR TÉCNICAS DE RECOLLIDA DE
DATOS
Órganos da Defensa da Competencia
Diagnóstico da competencia
Identificación de condutas restritivas da competencia
Demandas do mercado
Fontes documentais e arquivísticas
Entrevistas en profundade
Validación on-line
Validación on-line de resultados
A información obtida na investigación validouse a través da
realización dunha validación final on-line. Esta técnica cualitativa, de
carácter interno, consistiu na consulta vía Internet a unha serie de axentes
e profesionais sobre os contidos obtidos na investigación, así como para a
recollida de información complementaria derivada da súa opinión. Neste
senso, procedeuse á realización dunha validación on-line cara ao final do
estudo, para contrasta-la información obtida.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
17
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Para a aplicación desta técnica empregouse un cuestionario de
validación on-line (vía e-mail) composto por hipóteses da investigación que
se difundiron a través dunha única circulación, co obxectivo de obter varios
puntos de vista sobre os aspectos propios a debater en cada unha das fases
de análise ás que foron asignadas. Esta metodoloxía está fundamentada
teoricamente no Método Delphi, pero con importantes peculiaridades,
evitando así a complexidade que supón a aplicación literal deste método.
Neste caso fíxose unha única circulación e non varias, que é o que
caracteriza o Delphi pero si se traballa cun cuestionario que recolle
hipóteses e existe o anonimato entre os participantes.
Participaron nesta validación algúns dos axentes e profesionais
participantes nas entrevistas. Este grupo de colaboradores, composto por 7
persoas, englobou a Representantes dos Concellos e Colexios Profesionais
colaboradores e profesionais do mercado da Inspección Técnica de
Edificacións.
Tratouse dunha única circulación onde este grupo de axentes e
profesionais participaron activamente na validación, ademais de aportar
outros posibles puntos de vistas ou suxestións sobre a materia de estudo,
reforzando a información obtida co emprego da outra metodoloxía
(entrevistas). O cuestionario enviouse aos participantes, así como un
dossier cos informes parciais para a súa validación a través do cuestionario.
Tratamento da información. Metodoloxía de análise de datos
Logo de recibi-las respostas e comentarios do grupo de axentes e
profesionais partícipes na validación, realizouse a análise de contidos de
cada cuestionario retornado e elaborouse un informe final coas conclusións
desta ferramenta, para posteriormente incluí-la información obtida nos
diferentes informes que caracterizan o estudo. Asimesmo, no seu caso,
procedeuse á corrección das desviacións detectadas e comentadas polo
grupo de validación.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
18
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
3. FASE DE CONCLUSIÓNS
Terceira e última fase do estudo na que se redactou o informe final da
constextualización do sistema da ITE e a diagnose da competencia no
mesmo, mediante o deseño da ferramenta PMI (Plus, Minus, Interesting),
configurando así o principal produto do estudo.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
19
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Delimitación do Ámbito de Estudo
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
20
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
3. Delimitación do Ámbito de Estudo
3.1. Definición da Inspección Técnica de Edificacións
Tal como se recolle no artigo 47 da Constitución Española, tódolos
cidadáns teñen o dereito a dispor dunha vivenda digna e axeitada,
dándoselle autoridade aos poderes públicos para promove-las condiciones
necesarias e establecer as normas axeitadas para conseguilo.
Un dos grandes obxectivos é conseguir a concienciación cidadá neste
aspecto, conseguir que os propietarios das vivendas e construcións se
preocupen polo estado de conservación e rehabilitación das súas
propiedades. Esta cuestión é de importancia fundamental na mellora da
imaxe urbanística dunha poboación ou rexión e da súa calidade de vida.
Un dos instrumentos que contribúen a consecución deste obxectivo e
que se configura como medida de control do deber de conservación e
rehabilitación, é a Inspección Técnica de Edificacións (ITE), regulada
mediante normativa autonómica e ordenanza municipal, tal como se
describirá máis adiante. Trátase dunha inspección periódica que deben
pasar tódolos edificios, calquera que sexa o seu uso (vivendas, oficinas,
industrial, etc.), en función da súa antigüidade para comproba-las súas
condicións de seguridade, conservación e ornato público.
Esta inspección permitirá mellora-la situación dos inmobles,
acometendo as medidas correctoras para velar pola seguridade das persoas
e contribuíndo tamén a apoiar aos futuros usuarios de vivendas de certa
antigüidade ou rehabilitadas.
A ITE non está totalmente definida como actividade na Clasificación
Nacional de Actividades Económicas (CNAE-93), xa que a obrigación de
cumprila foi recollida no marco normativo das Comunidades Autónomas
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
21
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
españolas recentemente (dende o ano 2000). Polas súas características,
que se analizarán ao longo deste informe, esta actividade pode vir definida
dentro da agrupación Outras Actividades Empresariais, cos subcódigos nº
74201 e/ou 74302, ao recollerse neles, respectivamente, os servizos de
asesoría técnica de arquitectura e outros servizos de análise técnica, tales
como control técnico da construción, homologación de vehículos, plantas,
etc. (ver notas CNAE ao pé da páxina). Ademais, xunto a Outros ensaios
e análises técnicas, atópase tamén a Inspección Técnica de Vehículos,
servizo moi similar á Inspección Técnica de Edificacións.
CNAE-93 ACTIVIDADES
74 Outras Actividades Empresariais
741
Actividades xurídicas, de contabilidade, auditoría, asesoría fiscal,
estudos de mercado, etc
742 Servizos técnicos de arquitectura e enxeñería e outras
actividades relacionadas co asesoramento técnico
7420 Servizos técnicos de arquitectura e enxeñería e outras
actividades relacionadas co asesoramento técnico
74201 Servizos técnicos de arquitectura1
74202 Servizos técnicos de enxeñería
74203 Servizos técnicos de cartografía e topografía
74204 Outros servizos técnicos
Fonte: Clasificación Nacional de Actividades Económicas do INE
1 Esta subclase comprende:
− os servizos de asesoría técnica de arquitectura:
• a proxección de edificios e de plans de construción
• a supervisión da construción
• a ordenación urbana e a planificación paisaxística e de xardíns
Esta subclase non comprende a decoración de interiores (CNAE 74.841)
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
22
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
CNAE-93 ACTIVIDADES
74 Outras Actividades Empresariais (continuación)
743 Ensaios e análises técnicas
7430 Ensaios e análises técnicas
74301 Inspección técnica de vehículos
74302 Outros ensaios e análises técnicas2
744 Publicidade
745 Selección e colocación de persoal
746 Servizos de investigación e seguridade
747 Actividades industriais de limpeza
748 Actividades empresariais diversas
Fonte: Clasificación Nacional de Actividades Económicas do INE
2 Esta subclase comprende:
− a medición da pureza da auga ou aire, da radioactividade; a análise da contaminación potencial por emisión de fumes ou augas residuais, etc.
− as análises no campo da alimentación, incluídos as análises veterinarias e o control relacionado coa produción alimentaria
− os servizos de auditoría e certificación medioambiental, de riscos laborais e de xestión da calidade
− a realización de probas de resistencia de materiais e outros obxectos
− o control técnico de construción
− a homologación de barcos, aeronaves, vehículos motorizados, contenedores presurizados, plantas nucleares, etc.
Esta subclase non comprende os servizos de consultaría de riscos laborais e medioambientais (CNAE 74.141)
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
23
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� Principais Características da Inspección Técnica de
Edificacións
Como xa se expuxo, enténdese por Inspección Técnica de Edificacións
a inspección a cal deben estar sometidos tódolos edificios e construcións,
segundo unha determinada antigüidade, para velar polo seu estado de
conservación.
Este estado concretase no mantemento das condicións básicas de
seguridade, estabilidade, estanquidade e consolidación das estruturas, así
como as súas condicións de habitabilidade, en función do seu destino ou
uso, entendidas como:
- Seguridade, estabilidade e consolidación da estrutura do
inmoble, de maneira que non se produzan nel danos que
comprometan a resistencia mecánica do mesmo e a súa
estabilidade.
- Seguridade e estabilidade dos elementos construtivos do edificio
ou construción e cuxo estado poida supor un risco para a
seguridade pública (chemineas, varandas, cornixas, elementos
ornamentais, etc.).
- Estanquidade ou impermeabilidade fronte á auga na fachada,
cuberta e terreo, que poidan prexudicar a habitabilidade no
inmoble e supor a falta de seguridade na edificación.
- Estanquidade e correcto funcionamento das redes de fontanería
e saneamento.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
24
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
En conclusión, os aspectos ou elementos nos que se centra a
inspección técnica son basicamente os seguintes:
a) Estado xeral da estrutura e cimentación
b) Estado xeral das fachadas interiores, exteriores, medianeiras e
outros paramentos, en especial os elementos que poidan supor un
perigo para a vía pública (petos de terrazas ou placas, etc.), así
como as patoloxías que poden afectar á integridade da edificación
(fisuras, humidades…)
c) Estado xeral de conservación de cubertas e azoteas.
d) Estado das redes xerais de electricidade, fontanería e saneamento
do edificio ou construción.
e) Situación urbanística do inmoble en relación co Plan Xeral de
Urbanismo do Municipio (PXOM).
f) Elementos comúns: portais, escaleiras, …
Esta inspección periódica deberá permitir coñecer se as edificacións
están sendo correctamente conservadas ou se presentan certos síntomas
claros que indiquen unha certa perigosidade nas mesmas. Configurase así
nun medio preventivo e de fomento, evitando riscos innecesarios e
mellorando a identidade urbana dun municipio.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
25
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
3.2. Normativa Reguladora da ITE: As Ordenanzas
Municipais
A Inspección Técnica de Edificacións configurase basicamente na
normativa urbanística autonómica e nas ordenanzas municipais, como
ferramentas para impulsar a prevención e conservación do patrimonio
arquitectónico dunha poboación. Sen embargo, tamén na normativa estatal
se concreta o deber de conservación.
Deste modo, no artigo 9 da Ley 8/2007 de 28 de mayo, del suelo (nº
128, Boletín Oficial del Estado del 29 mayo de 2007), que modifica a Ley
6/98, exponse que o dereito de propiedade do solo comprende o deber de
conservalo en condicións de seguridade, salubridade e accesibilidade,
acometendo traballos de mellora e rehabilitación se é necesario para a súa
conservación. Tamén noutras lexislacións, como a que regula a Comunidade
de Propietarios (Ley 49/1960, de 21 de julio, de Propiedad Horizontal, coas
modificacións introducidas pola Ley 8/1999, de 6 de abril) e a Ley 38/1999,
de 5 de noviembre, de Ordenación de la Edificación (LOE), entre outras,
expresan esta obriga.
Para a regulación autonómica da Inspección Técnica de Edificacións
pódese remitir a Ley 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación
Urbanística e protección do medio rural de Galicia (Diario Oficial de Galicia
do 31 de decembro de 2002)3, onde no artigo 9 recollese a obriga dos
propietarios dos terreos, construcións, edificios e instalacións de mantelos
en condicións de funcionabilidade, seguridade, salubridade, ornato público e
habitabilidade. Tamén no artigo 199 se recorda este deber de conservación
dos propietarios e a obriga dos Concellos de ordenar, de oficio ou a
instancia do interesado, a execución de obras necesarias para a
conservación das mesmas.
3 En adiante LOUGA
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
26
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Por outro lado, o artigo 200 reflicta o deber dos Concellos galegos de
regular mediante ordenanza municipal a obriga de inspección periódica das
edificacións para determina-lo seu estado de conservación. Sen embargo,
non se expón ningún prazo concreto para o cumprimento deste compromiso
e segundo as fontes consultadas por Ideara S.L. á Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, tampouco se
realiza por parte da Administración Autonómica ningún tipo de control da
súa consecución. Dun modo xeral e segundo a Consellería, a comprobación
do acatamento destas normas compete ás Administración Locais.
Nesta normativa establécese que estas ordenanzas municipais
albergarán as edificacións que están suxeitas á ITE en función da súa
antigüidade, incluíndo sempre aquelas catalogadas ou de antigüidade
superior a 50 anos. Asimesmo, recollerán os prazos e as condicións nas que
se realizará a ITE e o tipo de profesionais facultados para levala a cabo.
Tamén englóbase neste artigo, modificado pola Ley 15/2004, do 29 de
decembro, de modificación da Ley 9/2002, do 30 de decembro, de
Ordenación Urbanística e protección do medio rural de Galicia (páx. 18.533,
nº 254, Diario Oficial de Galicia do 31 de decembro de 2004), que o
facultativo consigne os resultados da inspección nun certificado, con copia
ao Concello e ao Colexio Profesional correspondente, onde describirá os
estragos apreciados no inmoble, as súas posibles causas e as medidas
recomendadas para asegura-la estabilidade e seguridade da edificación ou
as súas condicións de habitabilidade.
No caso do incumprimento da inspección periódica polo obrigado, o
Concello a realizará subsidiariamente ou mediante execución forzosa coa
imposición de multas de 300 a 6.000 euros, como describe o artigo
220.1.a) da LOUGA.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
27
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� As Ordenanzas Municipais
A LOUGA recolle o deber dos Concellos galegos de regular mediante
ordenanza municipal a obriga de inspección periódica das edificacións. Ata
este momento, soamente existen en Galicia catro Concellos que recollen
nunha ordenanza municipal o regulamento da ITE. Estes Concellos son os
de Lugo, A Coruña, Vigo e Cangas de Morrazo, estes dous últimos na
provincia de Pontevedra. Atopamos que o Concello de Santiago de
Compostela, nas datas de elaboración deste informe, está inmerso na fase
de redacción da ordenanza municipal conducente a regulación desta obriga.
En Pontevedra existe unha inspección parcial dos inmobles, regulada
pola Ordenanza municipal reguladora das Medidas de Conservación e de
Seguridade nos Elementos Exteriores das Edificacións (páxs. 9-13, nº 246,
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 27 de decembro de 1999),
afectando soamente os seus elementos exteriores (cuberta e fachada), de
igual modo que acontece no Concello de Barcelona. Analizando a ordenanza
pontevedresa pódese concluír que non é en realidade unha ITE senón outro
tipo de inspección, xa que non cumpre o relatado no artigo 200 da LOUGA
sobre as ordenanzas reguladoras da ITE.
“Esta ordenanza establecerá as edificacións suxeitas a esta obriga en
función da súa antigüidade e en todo caso, incluirán tódalas
edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta
anos...” (art. 200.1)
“Dito facultativo consignará (...) as medidas prioritarias recomendables
para asegurar a súa estabilidade, seguridade, estanquidade e
consolidación estruturais ou para manter ou rehabilitar as súas
dependencias en condicións de habitabilidade ou uso efectivo...” (art.
200.2)
En Pontevedra a inspección das fachadas e cubertas afecta soamente
aos edificios ou construcións con elementos á vía pública e con
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
28
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
independencia da súa antigüidade. Asimesmo, esta inspección ao revisar
soamente os elementos exteriores non asegura as condicións de
habitabilidade do inmoble. Estas características non se adaptan ao relatado
no artigo 200.
• A Ordenanza do Concello de A Coruña
En A Coruña, a iniciativa parte no ano 2002 da Sección de Ruínas da
Área de Urbanismo, que despois de moitos anos de experiencia sobre as
deficiencias dos inmobles e tras coñecer o acontecido coa primeira
ordenanza de Madrid (derrogada por falta de respaldo legal a nivel
autonómico ao tratarse dunha obriga onerosa imposta aos propietarios),
propuxo á Área de Urbanismo a necesidade de implantar a ITE, con
cobertura xurídica, para controlar e previr eses danos nos edificios e
construcións antes que actuar cando sexan xa un problema.
Con esta finalidade e realizándose naquel momento as reunións para a
elaboración da lei autonómica do solo, propúxose esta iniciativa mediante o
representante que o Concello de A Coruña tiña nesas reunións. Deste modo
esta proposta quedaría reflectida na lexislación autonómica como base
xurídica para podela aplicar.
Polo tanto, a partir da revisión das ITEs de varios Concellos españois,
en marzo de 2004 aprobouse a Ordenanza sobre Conservación de Edificios e
Ruínas (Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do 15 de marzo de 2004),
que regulaba a ITE no seu Título II, tal e como explicaba na entrevista un
dos representantes entrevistados da Área de Urbanismo coruñesa sobre a
elaboración da normativa.
“ …baseándonos en varias ITES de España, casos ya aplicados como
Zaragoza, Madrid, Alcobendas, Valencia, (…) recogímos lo interesante
para nuestras circunstancias de ciudad”.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
29
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Esta ordenanza expoñía a obriga de realiza-la ITE, na primeira fase,
por parte dos propietarios das edificacións englobadas no PEPRI4. No
municipio de A Coruña o PEPRI facía referencia soamente aos ámbitos da
Cidade Vella e Pescadería.
Sen embargo, no ano 2006 declaráronse tres novas áreas de
rehabilitación preferente (Sagrada Familia, Grupo de Vivendas do Carmen e
Fernández Latorre), unha das razóns que fixo necesaria a modificación e
derrogación da ordenanza anterior a través da aprobación da Ordenanza de
Conservación e Rehabilitación de Inmobles, de 30 de outubro de 2006 (nº
264, Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do 17 de novembro de 2006),
regulando a ITE no seu Título III.
• A Ordenanza do Concello de Lugo
Despois da celebración dunha serie de reunións con diferentes
colectivos afectados polo regulamento (colexios profesionais, asociacións de
construtores, asociacións de veciños, etc.) para obter un texto co máximo
consenso, o 3 de marzo de 2003 o Concello de Lugo aprobou a Ordenanza
sobre conservación, rehabilitación e estado ruinoso das edificacións (nº 231,
Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 8 de outubro de 2003), regulando a
ITE no capítulo 3 do Título I.
O Concello lugués e en concreto, a Oficina Municipal de Rehabilitación
e o Servizo Municipal de Urbanismo, vendo o estado do patrimonio
arquitectónico e urbano que caracteriza a cidade de Lugo, con numerosos
edificios catalogados e suxeitos ao entorno da Muralla (declarada Patrimonio
da Humanidade), tivo unha importante preocupación pola conservación
destes valores e do resto das edificacións do municipio. Por este motivo e
en cumprimento do disposto polo artigo 200 da LOUGA procedeu a
elaboración deste texto a partir da revisión das ordenanzas publicadas
noutros Concellos. Asimesmo, aproveitou unha iniciativa da Unión Europea
4 Plan Especial de Protección e Reforma Interior
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
30
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Ordenanza sobre Conservación, Rehabilitación e Estado Ruinoso Edificacións de
Lugo
Marzo 2003
Ordenanza sobre Conservación e Rehabilitación de Inmobles de A Coruña
Outubro 2006
Ordenanza sobre Conservación de Edificios e Ruinas de A Coruña
Marzo 2004
Ordenanza Municipal
Reguladora da ITE de Vigo
Abril 2005
Ordenanza de ITE de Cangas
Febreiro 2006
para proceder ao estudo do despoboamento das cidades con monumentos
declarados Patrimonio da Humanidade, sendo preciso para face-lo referido
estudo efectua-las inspeccións técnicas dos edificios establecidos na area a
estudar, tendo como conclusión poder realizar estas inspeccións de forma
gratuíta, sen gasto para os obrigados.
• A Ordenanza do Concello de Vigo e Cangas de Morrazo
O Concello de Vigo acolléndose o artigo 200 da LOUGA, o 1 de abril de
2005 aprobou a Ordenanza Municipal reguladora da Inspección Técnica de
Edificacións (ITE) (nº 93, Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 16
de maio de 2005), con entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2006. Neste
caso, todo o articulado fai referencia íntegra a este tipo de inspección, como
no caso do Concello de Cangas, quen aprobou o 25 de febreiro de 2006 a
Ordenanza de Inspección Técnica de Edificacións (nº 126, Boletín Oficial da
Provincia de Pontevedra do 3 de xullo de 2006).
Figura 2. Calendario Ordenanzas Municipais
Fonte: elaboración propia
Cada unha destas ordenanzas municipais engloban, respecto o
regulamento da ITE, as seguintes cuestións que se desenvolverán con máis
detalle máis adiante:
- Obrigados a realiza-la ITE
- Edificios suxeitos a inspección
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
31
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
- Capacitados para realizar a inspección
- O Informe de Inspección Técnica: contido, forma e prazo de
presentación
- Rexistro da ITE e outros documentos relacionados coa ITE
- Consecuencias do incumprimento da inspección, informe
desfavorable e réxime sancionador
- A inspección subsidiaria do Concello
- Axudas destinadas a esta obriga
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
32
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
3.3. Os Servizos Municipais da ITE
Para o cumprimento destas ordenanzas municipais aprobadas nos
municipios, é función dos Concellos utiliza-los mecanismos xurídicos e os
medios máis idóneos, tanto para forzar aos propietarios como para
incentivar este cumprimento, colaborando cos obrigados nas tarefas máis
difíciles.
Para elo, creáronse dentro do Concello, ou ben uns servizos municipais
específicos para controla-lo cumprimento desta inspección ou definíronse
unhas competencias concretas, levándose a cabo nalgún dos servizos
municipais xa existentes.
No primeiro caso, temos por exemplo,
no Concello de Vigo, o Servizo de Inspección
Técnica de Edificacións, como órgano público
de ámbito local e dependente da Xerencia
Municipal de Urbanismo. Para este Concello,
a supervisión da ITE facía necesario dispor
de maiores recursos materiais e humanos, o
que levou a creación deste novo órgano
administrativo.
Sen embargo, e partindo de organizacións municipais xa existentes,
son a Sección de Ruínas e a Oficina Municipal de Rehabilitación e o Servizo
de Disciplina Urbanística da Área de Urbanismo dos Concellos de A Coruña e
de Lugo respectivamente, os que asumen estas novas tarefas relacionadas
coa ITE, prescindindo da creación de novos órganos administrativos. No
caso do Concello de Cangas, por mor do seu tamaño máis reducido, é
directamente a Área de Urbanismo mediante os seus arquitectos
municipais, a encargada de supervisa-la inspección.
Oficina ITE. Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
33
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
O tamaño do equipo que conforman estes Servizos varía dun Concello
a outro, quedando patente na maior ou menor axilidade dos traballos. De
tódolos modos, o equipo ven composto esencialmente por un profesional do
ámbito da Construción (Arquitecto, Arquitecto técnico ou Aparellador
Municipal) e un Xurídico.
Entre as funcións principais destes Servizos encontramos as seguintes:
- Preparación da base de datos de edificacións suxeitas á ITE.
- Supervisión e tramitación de cada un dos Informes de ITE
presentados.
- Validación de cada Informe, incluíndo a data de presentación do
mesmo e da Ficha Técnica e o seu contido no Rexistro de ITE.
- Control do incumprimento de presentación do Informe ITE no
seu prazo, procedendo o seu requirimento previo e a
tramitación, de selo caso, da sanción por incumprimento da
presentación correspondente.
- Verificación da realización de obras, no caso de informes
desfavorables.
- No caso de incumprimento de realización de ditas obras,
realización do requirimento previo e tramitación, no seu caso,
dos expedientes de orde de execución forzosa da obra polo
incumprimento.
- Realización da inspección subsidiaria de oficio, a custo dos
obrigados, por incumprimento do seu deber de realiza-la ITE.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
34
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� O Rexistro de ITE ou Rexistro de Edificios
O Rexistro de ITE, ou Rexistro de Edificios nos Concellos de A
Coruña e Lugo, trátase dun rexistro informático centralizado, dependente da
Área/Xerencia de Urbanismo de cada Concello, dos edificios e construcións
suxeitos á inspección técnica, coa finalidade de realizar o control do
cumprimento da obriga.
Neste rexistro recompílase a data de presentación e contido de cada
un dos Informes ITE presentados e as súas correspondentes Fichas Técnicas
de Edificación, este último documento soamente existente como tal nos
Concellos de Vigo, Cangas e Lugo.
A información a recoller neste Rexistro ven sendo xeralmente:
a) Emprazamento, características e nivel de protección do inmoble, no
seu caso.
b) Data de construción ou, en defecto, ano aproximado.
c) ITEs realizadas e o seu resultado, figurando a subsanación das
deficiencias atopadas.
d) Descrición das ordes de execución ditadas.
e) Reportaxe fotográfica do estado do edificio (Lugo).
Etc.
Hai que destaca-lo caso do Rexistro de Edificios do Concello de A
Coruña, que a ordenanza divide en dúas seccións. A primeira faría
referencia soamente os datos de aquelas edificacións que obtiveran informe
favorable da inspección realizada, así como os que executaran obras como
resultado dun informe ITE desfavorable. Na sección segunda, recolleríase
datos dos edificios que tiveran un resultado desfavorable ou aqueles que
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
35
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
non presenten en tempo ou forma o informe ITE. Na actualidade o Concello
funde as dúas seccións en unha soa.
Os datos que se acumulan no Rexistro serán de carácter público aos
efectos estatísticos e informativos, respectando o recollido na normativa de
protección de datos de carácter persoal e do procedemento administrativo
común5. A información pública sobre os edificios recollidos neste Rexistro fai
referencia os datos da edificación da que o solicitante é parte interesada
(propietario, comunidade de veciños…), respectándose, desde modo, a
protección de datos de carácter persoal. Segundo confirmación dos
representantes dos Concellos entrevistados soamente ás partes interesadas
poderáselle aportar información sobre o expediente do inmoble suxeito a
inspección.
5 Ley Orgánica 15/1999, del 13 de diciembre, de Protección de datos de carácter personal y Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
36
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Contextualización dos mercados da ITE
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
37
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4. Contextualización dos Mercados da ITE
4.1. Análise da Demanda: Obrigados
Segundo as ordenanzas municipais, os obrigados a realiza-la
inspección son os propietarios, persoas físicas ou xurídicas, titulares de
calquera tipo de edificacións situadas no termo municipal correspondente a
ordenanza, con independencia do seu uso ou destino final (vivenda,
oficinas, industrial, comercial, etc). Exceptúanse as edificacións con
declaración firme de ruína e tamén as que están sometidas a expediente
contraditorio de ruína a espera de resolución firme. Na situación de existir
herdeiros, a obriga corresponde a comunidade hereditaria, que é a que se
constitúe mentres non exista a partición correspondente. Inclúense tamén
as administracións públicas, sempre e cando sexan titulares do inmoble.
Cando as vivendas ou locais estean integrados nunha comunidade de
propietarios, o deber de inspección corresponde a propia comunidade. No
Concello de Cangas, de non facelo a comunidade, responderán
subsidiariamente cada un dos propietarios na parte proporcional á cota que
teñan na comunidade.
Na ordenanza de Lugo, clarifícase que en defecto de que os
propietarios non cumpran coa súa obriga poden presenta-la inspección
calquera outro titular lexítimo dun dereito sobre a edificación (arrendatario,
usufructurario, etc.) no prazo dun ano, no caso de incumprimento do prazo
xeral, e no prazo de 6 meses no caso de incumprimento do prazo específico.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
38
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Esta obrigatoriedade aos propietarios ten, como se expuxo no capítulo
3, por un lado, a finalidade de establecer na cidadanía unha preocupación
pola conservación da propiedade e por outro lado, unha finalidade
preventiva que procura evitar:
- posibles anomalías ou deficiencias nas estruturas dos inmobles que
poidan supoñer un perigo para os inquilinos, residentes e propietarios
dos mesmos, así como para os transeúntes.
- reparacións máis complexas e custosas se estas se demoran.
� A Obriga Subsidiaria dos Concellos
No caso de incumprimento da obriga de realiza-la ITE por parte do
propietario da edificación, ou titular lexítimo dun dereito sobre a mesma no
Concello de Lugo, no prazo ou forma establecidos, e despois de ser
requirido polo Concello, este poderá efectuala de oficio e a costa do
obrigado, ademais de emprender unha sanción sobre el pola súa infracción.
Neste caso, o Concello comunicará ao obrigado a identidade do técnico ou
Colexio (Lugo), que realizará a inspección e o custe estimado da súa
intervención.
Para a execución da inspección subsidiaria as ordenanzas recollen que
os Concellos poderán concertar ou non convenios cos Colexios Profesionais
para que estes realicen a inspección técnica, como se analizará no capítulo
5. A posibilidade de establecer convenios de colaboración cos Colexios é
unha opción que xa ven recollida no artigo 7.3. da Lei 11/2001, do 18 de
setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (nº
253, Diario Oficial de Galicia do 22 de outubro de 2001), no que di que a
Administración
“...poderá subscribir convenios de colaboración cos Colexios
Profesionais para a realización de actividades de interese común e para
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
39
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
a promoción de actuacións orientadas á defensa do interese público e,
en especial, dos usuarios dos servizos profesionais dos colexiados”.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
40
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.2. Análise da Oferta: Os Profesionais Capacitados
Esta inspección periódica debe levarse a cabo por profesionais titulados
e legalmente facultados para a realización desta inspección e no caso de A
Coruña, pódese tamén contratar a unha entidade de inspección técnica
rexistrada e homologada pola Consellería competente en materia de
ordenación urbanística (no momento de facer esta consulta ao Concello, na
Xunta aínda non existe esta homologación)
A competencia legal do profesional para efectua-la ITE ven recollido na
Ley 38/1999, de 5 de noviembre, de Ordenación de la Edificación
(LOE)(Boletín Oficial del Estado de 6 de noviembre de 1999) e acreditase
mediante o visado colexial do Informe da ITE por parte do Colexio
Profesional do técnico facultativo (ver procedemento da Inspección Técnica
de Edificacións no capítulo 5). Como se pode concluír, é requisito
imprescindible do profesional estar colexiado nun Colexio Profesional pero
en ningún momento se especifica na normativa a territorialidade do
profesional ou Colexio.
Segundo regulamento dos Colexios Profesionais, estes soamente
poden visa-los traballos realizados no ámbito territorial onde teñen
competencia. Polo tanto están facultados para a realización da ITE os
profesionais dos Colexios con competencias nos territorios onde existe
ordenanza municipal (competencia autonómica ou provincial), que se
explicará máis adiante, pero tamén os profesionais doutros Colexios do
país, o abeiro do artigo 2.3. da Lei 11/2001 de colexios profesionais da
Comunidade Autónoma de Galicia.
“...Cando unha profesión se organice por Colexios territoriais, bastará
a incorporación a un só deles, que será o do domicilio profesional único
ou principal, sen que poidan esixi-los Colexios nos que no seu ámbito
territorial non radique o dito domicilio habilitación ningunha nin o
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
41
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
pagamento de contraprestacións económicas distintas daquelas que
esixan habitualmente aos seus colexiados pola prestación dos servizos
dos que sexan beneficiarios e que non se atopen cubertos pola cuona
colexial...”
Neste senso, os propietarios das edificacións, ou o Concello de forma
subsidiaria, deben acometerlle a un técnico competente na materia, ou no
caso de A Coruña a unha entidade de inspección técnica, a realización da
ITE dirixida a determina-lo estado de conservación do inmoble ou as obras
de conservación ou, de selo caso, de rehabilitación que fosen precisas.
Queda de manifesto, unha falta de
concreción nesta cuestión, xa que en ningún
momento se deixa especificado cales son en
realidade os profesionais capacitados para a
realización da ITE. Normalmente, esta inspección
ven sendo desenvolvida polos profesionais do
ámbito da Arquitectura (arquitecto e arquitecto técnico ou aparellador). Sen
embargo, tamén os enxeñeiros superiores ou enxeñeiros técnicos industriais
poden realizala, especialmente naqueles ámbitos da súa actividade (naves,
construcións industriais, instalacións metálicas...), tal como se recolle no
art.2 da LOE.
Dende o seu comezo, nos Concellos de A Coruña, Lugo e Vigo soen ser
os arquitectos e arquitectos técnicos ou aparelladores os que realizan a ITE
ao abeiro do tipo de construcións suxeitas a inspección ata o momento
(edificios catalogados6, edificacións construídas antes de 1940). Asimesmo,
estes profesionais teñen un ámbito de actividade maior que o enxeñeiro
superior ou enxeñeiro técnico industrial, razón pola que é este tipo de
profesional ao que se acude xeralmente para a realización da ITE. Por este
motivo, neste informe, analizarase en maior profundidade estas dúas
profesións.
6 Neste Concellos non hai naves e construcións de uso industrial catalogados
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
42
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Segundo o artigo 1.3. da Ley 53/1984, del 26 de diciembre, de
incompatibilidades del personal al servicio de las Administraciones Públicas.
(nº 4, Boletín Oficial del Estado de 4 de enero de 1985), no caso dos
profesionais municipais (arquitecto ou arquitecto técnico/aparellador
municipal) existe unha clara incompatibilidade para o exercicio desta
actividade cara os propietarios. Están exercendo no ámbito privado unha
actividade que se está controlando dende o ámbito público. Sen embargo, si
poden en caso de excedencia, xa que desta forma o profesional xa non
traballa para o Concello durante ese período. Asimesmo, no caso da
inspección subsidiaria a ordenanza do Concello de Cangas outorga a
posibilidade de que esta poda ser efectuada polos técnicos do Concello, que
neste caso si é posible xa que non vulnera a lei.
En canto a responsabilidade civil ou penal dos profesionais no exercicio
desta actividade, actualmente non está nada definido. Existe tamén un
baldío nesta cuestión. Segundo o traballo de campo, estes profesionais
contan cun seguro de responsabilidade civil para o exercicio da súa
profesión. Sen embargo, a ITE faise normalmente de modo visual, como se
explica no capítulo do procedemento da ITE, sen estudos máis específicos, o
suficientemente apoiados con métodos técnicos, o que leva non poder
asegurar que o diagnóstico da inspección é totalmente fiable. Trátase dun
tema moi delicado, no que aínda non se determinou ata onde chega a
responsabilidade dos técnicos.
• O Arquitecto
O Arquitecto é un dos profesionais encargados de planificar, deseñar e
supervisar a construción de edificios en base ás necesidades urbanísticas e
dos usuarios. Dada a relevancia que supoñen as decisións que debe tomar
este profesional e as implicacións económicas, técnicas e de seguridade que
leva, nalgúns países esta profesión está regulada legalmente. Para acceder
a esta profesión é necesario superar uns estudos especializados de 5 anos
nas Escolas Técnicas Superiores de Arquitectura (en Galicia, soamente en A
Coruña) e unha formación práctica.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
43
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Os arquitectos deseñan unha gran variedade de construcións
(vivendas, oficinas, centros comerciais, universidades, hospitais, etc),
dende as instalacións (acondicionamento, rede eléctrica, prevención
incendios...) ata o equipamento interno. Esta profesión tamén pode ser
desenvolvida na Administración Pública (Goberno Central, Autonómico ou
Municipal) como autónomo, como membro dun estudio de arquitectura ou
nunha empresa construtora.
• O Arquitecto técnico ou Aparellador
O título de Arquitecto técnico obtense despois de cursar a carreira
correspondente, de ciclo único de tres anos, nas Escolas Universitarias de
Arquitectura Técnica, en Galicia soamente sita na cidade de A Coruña.
A configuración da anterior profesión de aparellador xurdiu no ano
1935 co Decreto de Atribuciones, de 16 de julio, establecendo a
intervención obrigatoria desta figura en tódalas obras de arquitectura, como
axudante técnico das mesmas. Por outro lado, a Ley de Enseñanzas
Técnicas, de 20 de julio de 1957 configurou os estudos conducentes a esta
profesión, establecendo as especialidades de urbanismo, organización de
obras e instalacións.
A denominación do título de Arquitecto Técnico en execución de
obras, apareceu en España a partir da Ley de Reordenación de las
Enseñanzas Técnicas, de 29 de abril de 1964, integrándose os estudos na
Universidade a partir da Ley 14/1970, de 14 de agosto, e constituíndose as
Escolas Universitarias de Arquitectura técnica por decreto no ano 1972. En
virtude do Real Decreto 927/1992, de 17 de julio, estableceuse o título
universitario de Arquitecto técnico, sen a “coletilla”, e a aprobación das
Directrices xerais dos plans de estudos hoxe vixentes e conducentes a el.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
44
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Figura 3. Evolución da Profesión de Arquitecto técnico
Fonte: elaboración propia
Como se recolle no gráfico 1, nos últimos anos existiu unha evolución
positiva do número de arquitectos técnicos titulados na Comunidade de
Galicia, o que albisca un futuro positivo para esta profesión.
Gráfico 1. Evolución nº arquitectos técnicos titulados en Galicia
Fonte: elaboración propia a partir de datos da revista Deplano nº 9 do COAATAC
Na LOE estipúlanse as intervencións na edificación desta profesión,
onde se deixa claro o importante papel do arquitecto técnico ou aparellador
no sector da Construción, xa que intervén tanto no deseño e aplicación das
técnicas construtivas como no asesoramento na contratación e na selección
e compra de materiais, produtos e instalacións, obtención de autorizacións,
realización de estudos, medicións, control de calidade, etc. Asimesmo, leva
a cabo peritacións e valoracións de inmobles, levantamento de planos e
Aparece denominación titulación Arquitecto Técnico
en execución de obras
Configuración profesión Aparellador
Anos 30 Anos 70 Anos 90 Anos 50 Anos 60
Configuración estudos da profesión
Integración estudos na Universidade e constitución da
Escola Universitaria de Arquitectura
Técnica
Establecemento do Título de Arquitecto
técnico e as directrices do plan de
estudos universitarios vixente
166
140156
199
2002 2003 2004 2005
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
45
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
elaboración de informes sobre o estado de conservación e uso dos edificios,
onde incluímos á ITE.
Cabe subliña-lo destacado papel que xoga esta profesión nas
administracións públicas, xa que na maior parte das Comunidades
Autónomas e dos municipios españois e galegos, os servizos técnicos están
desempeñados por un arquitecto técnico ou aparellador.
� Os Colexios Profesionais
Trátanse de corporacións de dereito público con personalidade xurídica
propia que agrupa a determinados profesionais para defender os seus
intereses e para ordenar e velar pola actividade profesional correspondente
na sociedade. Os Colexios Profesionais involucrados na actividade da ITE
son xeralmente o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) e o Colexio de
Aparelladores e Arquitectos Técnicos (COAAT).
O seu papel na ITE é fundamental, xa que en moitos dos municipios
con ordenanza municipal os Colexios Profesionais convértense en
impulsores da inspección de edificacións mediante a súa proposta aos
Concellos e a realización de xornadas de difusións da mesma á poboación
e/ou aos profesionais.
Asimesmo, participan no procedemento da ITE de dúas formas.
Realizado o Informe ITE polo técnico competente, o seu Colexio Profesional
encárgase de visar o mesmo antes da súa entrega no Concello. A
determinación de que Colexio debe visar estes documentos ven definida
pola competencia territorial do Colexio. Neste senso, no caso do COAG, este
ten un ámbito de actuación a nivel autonómico (con delegacións nas
principais cidades galegas) polo que calquera arquitecto da Comunidade
Autónoma de Galicia podería realiza-la ITE en calquera destes municipios
galegos e obter o visado dixital, de caracter centralizado. Sen embargo, no
caso do COAAT a competencia territorial é a nivel provincial, polo que
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
46
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
soamente o Colexio da provincia do municipio con ITE pode visar estes
documentos.
Para que un profesional poida realiza-la ITE fora do ámbito territorial
do seu Colexio terá que comunicarlle ao Colexio correspondente a súa
actuación no seu ámbito territorial. Por exemplo, un profesional colexiado
en Asturias poderá realiza-la ITE en Galicia prevía comunicación aos
Colexios galegos implicados.
Por outro lado, no caso de que o Concello teña que realiza-la
inspección de oficio este pode concertar convenios cos Colexios Profesionais
para a realización da mesma. Xeralmente, si se fan, concértanse cos
Colexios do municipio, xa que segundo os representantes dos Concellos
entrevistados o máis lóxico é facelo cos Colexios que operan nese territorio
pola súa comodidade.
• O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG)
Na busca dunha actividade de maior vinculación co seu territorio, no
ano 1973 creouse o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG),
mediante a súa separación do antigo Colexio de León, Asturias e Galicia.
Actualmente, o COAG ten a súa sede en Santiago de Compostela e conta
con 7 delegacións no territorio galego: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo,
Ourense, Pontevedra e Vigo.
As súas funcións e competencias, así como as bases da súa
organización, veñen reguladas nos estatutos aprobados polo Decreto
293/1999 de 28 de outubro, da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia de
16 de novembro de 1999) e a Lei 11/2001, de 18 de setembro, de Colexios
Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia
de 28 de setembro de 2001).
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
47
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Dende a súa creación, o COAG
desenrola no territorio galego unha
labor de servizo aos colexiados
(asesoramento xurídico e tecnolóxico,
formación, recursos de apoio ao
exercicio profesional, etc.) e á
Arquitectura, defendendo a súa práctica
como profesión e como actividade
vinculada á cultura e ás necesidades da
sociedade.
No COAG funcionan dúas agrupacións profesionais sectoriais: a
Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses e a Agrupación de Arquitectos
ao Servizo das Administracións Públicas en Galicia. Os seus órganos de
goberno encóntranse na Xunta de Goberno, para a xestión directiva do
COAG, e nas Xuntas Directivas, para rexer as delegacións territoriais, cada
unha das cales son apoiadas por tres comisións colexiais. Por outro lado, o
Consejo Superior de los Colegios Profesionales de Arquitectura de España
(CSCAE) representa aos Colexios e aos profesionais ante as corporacións
públicas e privadas e ante os organismos internacionais.
Sede COAG en Santiago
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
48
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Figura 4. Órganos de Goberno do COAG
Fonte: elaboración propia
ESTRUTURA ORGANIZATIVA XERAL
XUNTA DIRECTIVA
Presidente Tesoureiro Secretario
ESTRUCTURA ORGANIZATIVA TERRITORIAL
XUNTA DE GOBERNO
Decano Presidente e Representante do COAG no CSCAE
Tesoureiro-Contador Secretario 5 Vogais
Presidentes das Delegacións do COAG
COMISIÓN DE CULTURA
COMISIÓN DE ASESORAMENTO TECNOLÓXICO
COMISIÓN DE PLANEAMENTO E MEDIO
AMBENTE
COMISIÓN DE CULTURA COMISIÓN DE ASESORAMENTO TECNOLÓXICO
COMISIÓN DE PLANEAMENTO E MEDIO
AMBENTE
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
49
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
• O Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos (COAAT)
Os COAATs, de ámbito provincial (un en cada provincia galega), son
corporacións de dereito público e forman parte do Consejo General de la
Arquitectura Técnica de España, con sede en Madrid e de ámbito nacional.
Os Colexios provinciais galegos a súa vez poden ter delegacións nas
principais cidades da provincia. A súa organización profesional está
representada por tres organismos:
Figura 5. Organización Profesional do COAAT
Fonte: elaboración propia
CONSEJO GENERAL DE LA ARQUITECTURA TÉCNICA DE ESPAÑA
Coordina e representa a profesión a nivel nacional e internacional
Participa en institucións de normalización, acreditación ou calidade
Participa en institucións internacionais relacionadas coa construción ou profesión
CONSEJOS AUTONÓMICOS
COAATs
Coordina a actividade dos seus Colexios e os representan na
Comunidade Autónoma
CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS DE
APARELLADORES E ARQUITECTOS TÉCNICOS
COAAT Lugo
COAAT A Coruña
COAAT Ourense
COAAT Pontevedra
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
50
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Cada Colexio encárgase de ordenar e
velar polo exercicio da profesión (ordenación
do exercicio, representación e defensa dos
intereses da profesión), asegurando que esta
contribúa ao progreso da sociedade. Por
outro lado, ocupase do visado dos traballos e
das documentacións técnicas, xestión de
honorarios, formación, asesoramento e apoio
xurídico e técnico, entre outros, dos seus
colexiados (Arquitectos técnicos e
Aparelladores que exercen a profesión no
ámbito provincial do Colexio).
En Galicia existen máis de 2.500 colexiados, atopándose o 80 % dos
mesmos nas provincias de A Coruña e Pontevedra (ver gráfico 2). O
Colexio de A Coruña alberga máis da metade dos colexiados galegos.
Gráfico 2. Distribución colexiados COAAT nas provincias galegas. Ano 2006
Fonte: elaboración propia a partir de datos da revista Deplano nº 9 do COAATAC
As súas funcións e competencias, así como as bases da súa
organización, veñen reguladas nos estatutos aprobados polo Real Decreto
542/2001, de 18 de mayo de 2001 (Boletín Oficial do Estado, nº 135 de 6
de julio de 2001) e na Lei 11/2001 de Colexios Profesionais.
Colexio de A Coruña
Lugo; 10,99%
Ourense; 9,05%
Pontevedra; 27,44%
A Coruña; 52,52%
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
51
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Os seus órganos de goberno encóntranse na Xunta de Goberno, tal
como se expón a continuación:
Figura 6. Órganos de Goberno do COAAT
Fonte: elaboración propia
XUNTA DE GOBERNO
Presidente/a Secretario/a Tesoureiro/a Contador/a Vogais
COMISIÓNS E GRUPOS DE TRABALLO
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
52
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.3. Ámbito Xeográfico da ITE
Para detecta-lo grao de aplicación da normativa de Inspección Técnica
de Edificacións nos Concellos de Galicia, realizouse unha mostraxe
polietápica sobre o total dos 315 municipios galegos, que conta, por tanto,
con varias fases diferenciadas.
Coa falta de estatísticas oficiais que informen e resuman o nivel de
antigüidade das edificacións existentes en tódolos Concellos de Galicia
utilizouse, como criterio para a elección das unidades mostrais, o número
de edificacións existentes no Concello.
Considerouse que o número de edificacións era un criterio moito máis
axeitado que o de habitantes ou o de vivendas xa que así tratábase por
igual as primeiras residencias e as edificacións habituais ou ocasionalmente
baleiras. Ademais, grazas a este rexistro tamén se tiveron en conta as
edificacións de uso non residencial e que polo tanto, non estaban incluídas
no rexistro de vivendas do Instituto Galego de Estatística (IGE). En concreto
a base de datos do universo manexado está baseada nos datos publicados
polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en base ao censo de poboación e
vivenda do ano 2001, data do último censo realizado.
Aplicáronse dous tipos de mostraxe:
En primeiro lugar seleccionouse ao 20% dos Concellos galegos con
maior número de edificacións para detecta-la aplicación da ITE,
conseguindo unha primeira submostra. Ao seleccionar este 20% (65 dos
315 Concellos) obtívose que os Concellos cun número de edificacións igual
ou superior ao de Allariz (3.063 edificacións) autorepresentábanse na
mostra, polo que o contacto fíxose con todos.
O resto da mostra (42 Concellos, 16 % do total) foi seleccionada ao
chou entre os restantes Concellos galegos de menor volume edificado ao
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
53
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
antes descrito (menos de 3.063 edificacións). Ante a pouca implantación da
normativa da ITE nos Concellos galegos determinouse que este era un
número suficiente para concluír, cunha gran fiabilidade, o número total de
Concellos con ordenanza. En concreto, a marxe de erro para esta mostra
aleatoria foi do 7,89% para un nivel de confianza do 95,5%. (unha mostra
de 107 Concellos ante a poboación de 315).
Este traballo de campo efectuouse, nos meses de xuño e xullo,
consultando aos responsables das Áreas de Urbanismo de cada un dos
Concellos seleccionados, vía telefónica, fax ou correo electrónico e ao
persoal dalgún dos Colexios Profesionais existentes na Comunidade galega
(COAG e COAAT).
Mediante esta prospección, atopáronse que soamente se aprobaron
ordenanzas municipais reguladoras da Inspección Técnica de Edificacións en
catro municipios, polo tanto son os propietarios das edificacións dos
municipios de A Coruña, Lugo, Vigo e Cangas os únicos que están
obrigados a realizar esta inspección, estando en Santiago de Compostela en
proceso de elaboración. Do resto de Concellos consultados e dos que se
obtivo resposta (ao redor dun 90 %), non existe ordenanza reguladora da
ITE no seu municipio.
En vista do escasísimo número de casos en que se está a desenvolve-
la Inspección Técnica de Edificios e que ademais só se realiza na práctica de
forma plena en municipios de gran tamaño, considerouse que a mostra
seleccionada era a adecuada para os obxectivos do estudo e que o criterio
do número de edificacións axudaba a aumenta-la fiabilidade da mostra.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
54
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Figura 7. Municipios galegos con ordenanza municipal da ITE
Fonte: elaboración propia
A continuación exponse a relación dos Concellos contactados con
inexistencia de ordenanza reguladora da ITE:
Lugo
Cangas
Vigo
A Coruña
Santiago
ITE
en proceso ITE
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
55
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
MUNICIPIOS SIN ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA ITE
A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA
Ames Arteixo Bergondo Betanzos Boiro Camariñas Cambre Carballo Corcubión Culleredo Fene Ferrol Frades Laracha (A) Mazaricos Melide Muros Narón Noia Oleiros Ordes Ortigueira Outes Pobra do Caramiñal (A) Ponteceso As Pontes de García Rodríguez Rianxo Ribeira Sada Santa Comba Teo Valdoviño Vedra Zas
Abadín Begonte Foz Monforte de Lemos Pontenova (A) Samos Rábade Trabada Valadouro (O) Vilalba Burela Monforte de Lemos
Allariz Arnoia (A) Avión Beade Beariz Carballiño (O) Coles Entrimo Esgos Xinzo de Limia Leiro Merca (A) Montederramo Ourense Pereiro de Aguiar (O) Piñor Ribadavia Toén Verín Vilar de Barrio
Baiona Caldas de Reis Cambados Campo Lameiro Cangas Estrada (A) Gondomar Grove (O) Guarda (A) Lalín Marín Moaña Moraña Mos Nigrán Poio Ponteareas Ponte Caldelas Redondela Salvaterra de Miño Silleda Soutomaior Tomiño Tui Vilagarcía de Arousa Vilanova de Arousa
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
56
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.4. Edificios suxeitos a inspección
Na LOUGA manifestase que as ordenanzas municipais establecerán os
edificios e construcións que quedan suxeitos a esta obriga en función da súa
antigüidade, incluíndo sempre as edificacións catalogadas ou de antigüidade
superior aos 50 anos.
Neste senso e segundo a
normativa municipal de cada
Concello, están suxeitos a inspección
tódolos inmobles inscritos no
Rexistro de Edificacións ou ITE, que a
corto e longo prazo englobará ás
edificacións incluídas no Plan Especial
de Protección, Rehabilitación e
Reforma Interior (PEPRI), no Plan
Xeral de Ordenación Municipal
(PXOM) e/ou aquelas que superen certa antigüidade dende a súa
construción ou obra de rehabilitación equivalente. Esta antigüidade
corresponde a idade de edificación, entendendo esta como o tempo
transcorrido dende a data de terminación total da súa construción.
En conclusión, as edificacións suxeitas a ITE cada ano segundo as súas
respectivas ordenanzas son as seguintes:
Edificio vigués do 1900
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
57
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Edificacións obrigadas segundo antigüidade
A Coruña Lugo Vigo Cangas
2004 Catalogados, declarados e inventariados segundo art.
24 LPCG7
2005
Catalogados en PEPRI situados na Cidade Vella e Pescadería
Catalogados en PEPRI do centro histórico, agás
anteriores, que teñen > 10 anos o día de aprobación
da ordenanza8
2006 Resto de inmobles catalogados en
PXOM Resto de inmobles de
<1940
≤1919
2007
Situados na Cidade Vella e
Pescadería con > 40 anos
Resto de inmobles de 1952-1939
1920-1939 ≤1939
2008 Resto de inmobles do municipio con
> 40 anos
Resto de inmobles de 1959-1965 1940-1949 1940-1949
2009 Resto de inmobles de 1966-1973
1950-1959 1950-1959
2010 1960-1969 1960-1969
2011 1970-1980 1970-1980
2012
1981 1981
7 Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia
“Art. 24.2. O patrimonio cultural de Galicia, con arranxo ao disposto no título anterior, se clasifica en:
a. Bens declarados, que serán aqueles que se consideren como bens de interese cultural, previa incoación do oportuno expediente.
b. Bens catalogados, aqueles que se incorporen ao Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.
c. Bens inventariados, aqueles que, sen estar incluídos entre os anteriores, merezan ser conservados e se inclúan no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.”
8 Os edificios do PEPRI que teñen <10 anos o día da aprobación da ordenanza deberán pasa-la ITE dentro dos 5 anos seguintes á data nos que cumpran esa antigüidade.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
58
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Os demais edificios e construcións deberán pasa-la ITE dentro do ano
seguinte a aquel no que a edificación cumpra a seguinte antigüidade dende
a súa construción ou obra de rehabilitación equivalente:
Antigüidade da edificación a partir da cal realiza-la ITE
A Coruña Lugo Vigo Cangas
40 anos 30 anos
Segundo a opinión dos profesionais do mercado da ITE consultados, o
criterio de antigüidade ou idade de edificación seguido polos Concellos para
determina-los inmobles suxeitos á inspección ten un pequeno inconveniente
ou defecto. Os Concellos a hora de elabora-los censos de edificios e
construcións obrigados a realiza-la ITE empregan datos catastrais, no cal se
recolle o ano de construción da edificación pero non o de ocupación,
rehabilitación ou reforma. Esta fonte leva a que algúns dos inmobles que
foron reformados ou rehabilitados totalmente teñan tamén que realiza-la
ITE como consecuencia do seu ano de construción, obtendo loxicamente un
resultado favorable. Sen embargo, este problema subsánase mediante a
acreditación da idade da edificación de acordo cunha serie de documentos
(certificado final de obras, licenza de ocupación, licenza de obras ...) á hora
de contradici-la data que consta no catastro como de construción do
inmoble. Deste modo, o ano a tomar de referencia para o computo do prazo
da ITE será o ano da súa rehabilitación, que ten un carácter equivalente por
afectar profundamente ao conxunto do edificio.
O Concello pode esixir de modo expreso e motivado a realización da
ITE, aínda sendo aos propietarios de inmobles non suxeitos, cando as
circunstancias o fagan necesario, como regulan as ordenanzas.
A inspección ten unha renovación periódica, de modo que as seguintes
ITEs realizaranse dentro do ano seguinte a aquel no que se cumpran 10
anos da última ITE. O Concello comunicará ou enviará ao propietario do
inmoble unha carta recordatorio da súa obriga.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
59
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Procedemento da Inspección Técnica de Edificacións
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
60
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
5. Procedemento da Inspección Técnica de
Edificacións
5.1. Forma e Prazos da ITE
O cumprimento do deber de efectua-la inspección cúmprese mediante
a presentación da documentación da ITE esixida en cada Concello por parte
do técnico facultativo e por conta e cargo do propietario do edificio ou
construción, ou titular lexítimo dun dereito sobre o inmoble no Concello de
Lugo, segundo modelos oficiais (ver documentos ITE no anexo 2), nalgúns
Concellos recollidos nas súas ordenanzas municipais ou webs:
Documentos da ITE
A Coruña Lugo Vigo Cangas
Informe ITE
Acta ITE
Acta ITE
Ficha Técnica de Edificación
No Informe ITE exponse mediante documentación escrita e gráfica
tódalas circunstancias observadas na revisión das edificacións e no que se
reflectirán tódalas deficiencias patolóxicas atopadas. Asimesmo, exprésase
a opinión do técnico sobre o Informe. Nos Concellos de Lugo, Vigo e
Cangas, este Informe conforma xunto co Ditame de Actuacións o Acta de
Inspección Técnica de Edificios (AITE). No Ditame determinase se o
resultado é favorable ou desfavorable. Estes documentos van acompañados,
nestes municipios, da Ficha Técnica de Edificación, que recompila
información sobre a situación xurídica, arquitectónica, urbanística e o
réxime de propiedade e ocupación do inmoble.
No Concello de A Coruña, sen embargo, contase por un lado, co
Informe ITE e por outro, coa Acta ITE, onde se recompila información sobre
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
61
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
o edificio, o propietario e o técnico, así como sobre o ditame do Informe de
inspección.
Algúns dos técnicos entrevistados manifestan certo inconveniente no
formulario do Informe ITE. A súa estrutura, baseada no modelo doutro
municipio seguido como referencia, limita de certa maneira o contido do
Informe ou da inspección. Isto supón a adhesión ao Informe dun documento
complementario coas inspeccións adicionais non recollidas no formulario
oficial (instalacións eléctricas, ascensores, calefacción…).
“... si tu no envías una ITE con un informe complementario que diga
como está la instalación eléctrica no pasa, porque aunque la ordenanza
no dice que hagas una inspección de la instalación, si te dice que la
vivienda tiene que cumplir unas condiciones de habitalidad (...) pero
no hay ninguna ficha para la inspección de la instalación eléctrica (...)
Además, en el formulario sólo cabe un nombre en la firma (...) Espero
que mejore y se realicen modificiones.” (profesional entrevistada)
Dende o mercado demandase unha adaptación do modelo ás
características da inspección e da Comunidade de Galicia, así como maior
amplitude no espazo da firma do Informe para poder ser firmado con
comodidade por tódolos técnicos participantes na inspección.
En función dos Concellos, o prazo para a elaboración do Informe, é:
- Dentro do ano seguinte a aquel no que o edificio cumpre a idade de
edificación correspondente (Lugo, Vigo e Cangas) ou,
- Dun ano contado a partir do día seguinte a aquel no que o obrigado
reciba a notificación na que se lle require a presentación dos
documentos da ITE (A Coruña)
ou dentro do prazo específico cando o propietario é requirido a facelo
de forma motivada pola Administración Municipal:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
62
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Prazo para a realización do informe ITE se é requirido polo Concello
A Coruña Lugo Vigo Cangas
6 meses 3 meses
En Lugo, no suposto de que os anteriores prazos se esgoten, a
ordenanza prevé uns novos prazos de un ano e seis meses respectivamente
para que este sexa presentado por calquera outro titular lexítimo dun
dereito sobre a edificación (arrendatario, usufrutuario, etc.).
Se antes do vencemento do prazo de presentación do Informe ITE o
propietario ten que realizar obras de reparación no edificio ou construción,
estas levaranse a cabo, coa previa obtención da licenza correspondente.
Neste caso, o prazo previsto para a presentación do informe técnico queda
interrompido dende o momento de petición de licenza ata a finalización das
obras de reparación. Se existise orden de execución de obras, a paralización
do prazo será durante o tempo outorgado pola licenza para a realización
das mesmas.
Normalmente, a maneira máis segura é facer a inspección mediante
métodos, pero segundo profesionais consultados, o seu maior custe e a
solicitude do propietario leva a que esta se faga de maneira visual. Coñecer
con seguridade se a totalidade de elementos do inmoble se atopan en
correcto estado supón desmonta-lo edificio para analiza-los seus elementos,
o que implica unha tarefa imposible por parte do técnico tendo en conta as
anteriores cuestións.
“...puedes encontrarte una viga de madera que no ves. Dile tu a un
señor que le tienes que picar el techo para ver la viga de madera (...)
Entonces, la técnica visual es muy relativa...” (profesional
entrevistada).
Polo tanto, o técnico ten que deduci-lo estado do inmoble mediante os
síntomas que presenta visualmente o edificio (fisuras, filtracións). Isto fai
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
63
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
que a responsabilidade do técnico sexa menor pero a posibilidade de que se
produzan incidentes ou erros sexa maior. Por elo, débese axuntar ao
Informe o maior número de probas posibles para corroboralo e non
repercutir en responsabilidades. Moitos dos profesionais engaden a maiores,
xunto co Informe, un documento anexo co resultado da súa inspección e as
súas alegacións como proba.
“...Nuestra responsabilidad es a tipo informativo y yo en el informe me
cuido mucho. Incluyo un informe escrito por mi además de las
fichas...”. (profesional entrevistado)
Para que a obriga se entenda por cumprida de forma efectiva, unha
vez elaborados os documentos da ITE e firmados polo técnico facultativo e a
propiedade, debe presentarse copia dos mesmos
no Colexio Profesional do técnico que os elaborou
para o seu visado. Despois entréganse no
Rexistro de Edificios ou ITE, ou en A Coruña en
calquera Rexistro do Concello, podéndoos
presentar os propietarios das edificacións, os
presidentes das comunidades de propietarios,
terceiros interesados titulares lexítimos de
dereitos sobre a edificación (Lugo) ou o
administrador do inmoble correspondente (Vigo e
Cangas).
No caso das edificacións pertencentes a Administración Pública, os
documentos poden ser conformados polos seus servizos técnicos
competentes.
Edificio lugués
Cumprimento obriga= elaboración documentos ITE + firmas
técnico e propietario + visado colexial + presentación no
Rexistro Concello
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
64
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
As copias que acreditan a
presentación no Rexistro do primeiro e
sucesivos Informes ITE e resto de
documentos correspondentes, de se-lo
caso, deben axuntarse ao Libro do
Edificio ou a falta da súa existencia, á
documentación técnica do mesmo,
debendo ser conservados polos
propietarios das edificacións e transmitidas
aos novos titulares da propiedade. O Libro do edificio ou da Edificación ven
a asegurar a adecuada construción e conservación dos inmobles e xurdiu de
man das Administracións Públicas en maio do 2000. Componse de varios
volumes que recollen a información que a lei obriga en base os datos
principais do edificio (dende os iniciais ata cada ampliación, reforma ou
rehabilitación), converténdose nunha ferramenta moi útil para os
propietarios finais da construción e para os profesionais do ámbito da
mesma.
� Contido do Informe
Co Informe preténdese comprobar se a edificación reúne as condicións
básicas de seguridade, estabilidade, estanquidade e consolidación
estruturais requiridas na ordenanza municipal para obter un contexto de
habitabilidade correcto. Para elo o Informe recolle o estado de conservación
dos seguintes aspectos:
- Estrutura e cimentación.
- Fachadas interiores, exteriores, medianeiras e outros paramentos,
sobre todo os que poidan supoñer un perigo para os transeúntes
mediante os seus desprendementos.
- Cubertas e azoteas.
- Redes xerais de fontanería e saneamento do edificio.
Edificio coruñés
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
65
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
- Elementos comúns do inmoble (escaleiras, portais, patios, etc).
Aínda que non ven recollido expresamente nas partes que compoñen
o Informe ITE oficial, os técnicos aclaran que na ITE inspeccionarase tamén
as instalacións eléctricas, entre outras (ascensores, calefacción…), xa que
na ordenanza exponse que o inmoble ten que cumprir condicións de
habitabilidade. Sen embargo, como xa se explicou, o Informe non ten no
seu interior un apartado dedicado a esta cuestión.
Este informe deberá ir acompañado, ademais da Ficha Técnica da
Edificación nos Concellos de Lugo, Vigo e Cangas, dunha reportaxe
fotográfica do exterior e interior do inmoble e do plano de situación do
mesmo, recolléndose nalgunha das ordenanzas a escala requirida para o
plano parcelario da edificación.
Senón se acada o estado de conservación requirido dos elementos
anteriores, o Informe debe recoller esta circunstancia (resultado
desfavorable da inspección) e sinalar as posibles causas desa situación e as
obras necesarias a realizar para subsanalas, xunto co prazo estimado para
as mesmas. En caso de existir situacións de perigo para os residentes,
colindantes ou transeúntes, deben indicarse as medidas inmediatas de
seguridade.
No caso das inspeccións periódicas, deixarase tamén constancia do
grao de realización das recomendacións recollidas na anterior inspección
periódica, de selo caso.
� Visado do Colexio Profesional
O visado é unha función, atribuída pola Lei 2/74 de Colexios
Profesionais, que levan a cabo os Colexios para controla-la actividade dos
seus profesionais. Tódalas intervencións profesionais que realizan os
facultativos están suxeitas ao visado colexial, agás os formulados polas
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
66
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Administracións Públicas a través dos seus funcionarios. Consiste
basicamente no control de tres aspectos:
- Identidade e habilitación facultativa do profesional que realiza o
traballo e o firma, é dicir, corroborar que se trata dun técnico
titulado e colexiado e que se encontra legalmente autorizado para
o exercicio da profesión.
- Comprobación da documentación dos traballos realizados e
firmados polos técnicos, garantindo a súa viabilidade. Revísase o
contido dos informes entregados para ver se falta algún
documento, existe defecto de forma, etc.
- Vixilancia dos regulamentos e acordos colexiais sobre o exercicio
da profesión.
En definitiva co visado trátase de obter
a viabilidade da inspección técnica realizada
polo profesional, ver se falta algo. O visado
pode ser outorgado ou denegado e soamente
mediante o pago previo pola realización do
mesmo ao Colexio o interesado pode retira-
la documentación presentada a dito trámite.
Actualmente, nalgúns Colexios, pódese levar a cabo o visado dixital.
Deste modo, vísanse os traballos a través da web do Colexio ao mesmo
tempo que pódese comproba-lo estado dos mesmos e se se produce algún
tipo de incidencia. Unha vez visado o traballo e efectuado o pago do
trámite, o profesional pode descarga-lo traballo dende a web co selo e a
firma dixital do Colexio.
O visado dixital axiliza os trámites e resulta tamén máis cómodo para
os profesionais. Para a utilización deste servizo solicítanse unha serie de
Visado Colexial
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
67
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
requisitos (creación da firma dixital do técnico, asistencia a un curso,
tarxeta colexial para o pago, etc).
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
68
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
5.2. Resultados da inspección
No momento de realiza-la inspección poden darse 2 situacións: que o
informe sexa favorable ou desfavorable, anotándose ese ditame no Rexistro
de Edificios ou ITE do concello. Soamente, no caso de ditame favorable
entendese a ITE como superada.
Cando sexa desfavorable, efectuase polos servizos municipais
competentes o correspondente informe, ordenando o que proceda. O
Concello incoará de oficio un expediente contraditorio de deficiencias, tendo
que acomete-la propiedade as correspondentes obras e de apreciar no
inmoble a incursión dun suposto legal de ruína, un expediente contraditorio
de ruína, segundo os artigos 199 e 201 da Lei 9/02 respectivamente. Cando
sexan necesarias obras, a propiedade debe solicitar e obter licenza
municipal e, de ser necesario, as oportunas autorizacións para a execucións
das obras. Se estas non son de carácter urxente, a propiedade dispón, nos
Concello de Lugo, Vigo e Cangas, de 2 meses para a solicitude de dita
licenza.
Unha vez finalizadas as actuacións requiridas, presentase no Concello
unha copia do certificado final das obras, de selo caso, ou un certificado de
idoneidade firmado polo técnico responsable da súa execución e visado polo
Colexio Profesional correspondente. En xeral, fora da ITE, as obras menores
non requiren dun certificado final de obras, sen embargo, se estas obras se
tramitan para a subsanación das deficiencias atopadas coa inspección
(informe desfavorable) este certificado final de obras si é requirido pola
ordenanza, implicando a realización dun estudo técnico e dun estudo de
seguridade tamén para as obras menores (por exemplo, fixación de
varandas), repercutindo nun custe adicional á propiedade e a demora nos
prazos, complicando innecesariamente a tramitación deste tipo de obras. O
Concello reservase o dereito de realizar unha inspección final do inmoble
antes da súa inclusión no Rexistro coa subsanación das deficiencias
atopadas.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
69
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
En caso de incumprimento da realización de obras, o Concello inicia o
procedemento para dita-la orde de execución das mesmas ou de selo caso,
declaración de ruína, aplicando a correspondente sanción ao propietario.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
70
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
5.3. Incumprimento do deber de realiza-la ITE en prazo
e/ou forma
Se transcorrido o prazo para efectua-la inspección por parte da
propiedade, ou dos terceiros lexitimados no Concello de Lugo, esta non a
realiza ou o informe resulta incompleto (defecto de forma), o Concello
ordénalle a súa realización ou subsanación dos defectos atopados na
documentación no prazo de 3 meses, con advertencia de realizala no seu
defecto o Concello a costa do propietario mediante execución subsidiaria.
De existir danos que impliquen perigo para persoas ou bens, o concello
pode actuar de forma urxente e como proceda.
De non subsana-la deficiencia do informe ou realiza-la ITE, a
Administración Municipal pode aplicar o correspondente procedemento
sancionador por infracción urbanística leve de 300 a 6.000 euros, así como
a realización por parte do concello da inspección de forma subsidiaria e a
cargo do propietario da edificación.
A modo de resumen, recollese na figura 8 o procedemento para a
realización da ITE e as actuacións ante os distintos resultados que se poden
presentar:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
71
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Figura 8. Procedemento da ITE
Fonte: elaboración propia
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
72
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
5.4. Contratación do Persoal Técnico Competente nos
municipios galegos
� Por parte da Propiedade
Para a realización da ITE os propietarios poden contratar libremente
aos técnicos competentes e o custe será o libremente pactado con eles.
Normalmente o servizo realizase baixo factura ou contrato por obra.
Polo xeral, segundo os entrevistados, moitos dos obrigados non teñen
coñecemento de cales son os técnicos capacitados para a realización da
inspección (recórdese a falta de concreción clara nas ordenanzas analizada
no capítulo 4.2. deste informe) e descoñecendo profesional algún para a
elaboración do Informe, soen acudir á unidade competente do Concello a
preguntar sobre esta cuestión.
“... en la comunicación al propietario dicen un técnico cualificado (...)
Yo no sabía si la persona competente tenía que ser un ingeniero, un
arquitecto o un que, entonces llamé al ayuntamiento pidiendo que me
informen...” (representante da propiedade entrevistada)
Nesta asesoráselles sobre este tema, dirixíndoos aos Colexios
Profesionais pertinentes ou ofrecéndolles unha lista cos nomes e datos de
contacto de profesionais facultados para á ITE entregada polos Colexios ao
Concello, como por exemplo no caso de Vigo. O propietario, en caso de
dispor da lista, elixe libremente ao profesional que quere para realiza-la
inspección.
Asimesmo, no tema da búsquea do profesional por parte do propietario
“...las que direccionan mucho son las comunidades de vecinos y las
asociaciones vecinales, que son las que dirigen a la gente...”
(profesional entrevistado)
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
73
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Os Colexios fan unhas recomendacións ou orientacións para o cálculo
dos honorarios dos profesionais (función que alberga o artigo 5 da Ley 7/97
de Colexios Profesionais), recomendando uns baremos en función da altura,
antigüidade, volume e estrutura da edificación e un prezo mínimo do que
non baixar pero o prezo é libremente pactado entre o profesional e a
propiedade. Este prezo verá definido polo tipo de inspección a realizar,
xeralmente de tipo visual, que poderá variar no caso de que existan obras,
medicións, levantamento de planos, etc.
� Por parte do Concello
O Concello para realiza-la ITE de oficio pode concertar convenios cos
Colexios Profesionais para que leven a cabo eles a inspección. Deste modo,
a designación do colexiado a fará o Colexio designado segundo normativa
interna, limitándose o Concello soamente a decidir, mediante procedemento
rotatorio, cal é o Colexio Profesional, dos que firmaron o convenio, que ten
que seleccionar técnico a medida que xurdan incumprimentos desta obriga.
Segundo representantes dos Servizos Municipais entrevistados
“..este es el mecanismo más cómodo para los Ayuntamientos, ya que
de no existir convenio se tendría que estar tratando con un profesional
u otro y sería bastante complicado”.
De non celebrarse convenio, na maioría das ordenanzas recóllese a
posibilidade de organizar unha quenda á que poden acceder tódolos
titulados colexiados que reúnan os requisitos de capacitación técnica
esixibles. A súa designación farase de forma rotatoria por orde de
antigüidade na lista.
Das entrevistas recompílase que o prezo a cobrar de forma subsidiaria
é sempre algo maior que o que se cobra por parte dos profesionais que
realizan a ITE de forma particular aos propietarios, xa que neste último caso
o prezo o determina o mercado. Con este prezo búscase
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
74
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
“..obligar a los propietarios a realizar la inspección por su cuenta y no
por cuenta del Ayuntamiento. Asimismo, se pretende evitar cobros
abusivos por parte de los técnicos que realicen la ITE para el
Ayuntamiento y que la inspección resulte demasiado gravosa”
(representante de Concello entrevistado)
En definitiva, búscase a equidade, un prezo que estimule aos
propietarios a ser responsables da ITE e a súa vez unha tarifa non
demasiado alta.
• A Inspección Subsidiaria no Concello de A Coruña
En Galicia, soamente o Concello de A Coruña mantén un Convenio co
Colexio de Arquitectos de Galicia, delegación de A Coruña e o
Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da provincia de A
Coruña (ver anexo 3), firmado en xullo de 2004, para a realización da
inspección subsidiaria e encomendándolles a eles a elección dos técnicos.
Para a súa elaboración tomouse como referencia o de outro municipio e se
adaptou para A Coruña, como apuntan os representantes do Concello
entrevistados.
“…Como ejemplo se tuvo el de Madrid, adaptándolo con cosas de aquí
que hacían falta…”
O Concello a medida que xurdan inspeccións de oficio chamará a un
destes Colexios alternativamente.
Nestes Colexios esíxense uns requisitos específicos para estar
capacitados para a realización da ITE subsidiaria: experiencia mínima de 5
anos e ter superado un curso de formación impartido ao efecto, co fin de
acreditar esa capacitación e seguir uns criterios homoxéneos. A partir
destes requisitos confeccionase unha lista cos profesionais autorizados para
a realización desta ITE subsidiaria, co obxecto de poder realiza-la selección
do técnico de forma aleatoria. Para elo, faise unha convocatoria mediante
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
75
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
H = 288,50 x Código Antigüidade x Código Altura x Código
Volume x Código Estrutura do Edificio x (1 + IPC)
circular para que nun prazo establecido (10-15 días) poidan anotarse os
colexiado que reunindo estas condicións desexen realiza-la ITE. É parecido
as listas de peritos xudiciais que utilizan os Xulgados. Ademais, ven
seguíndose un mecanismo tamén recollido na ordenanza, onde se expoñía a
utilización de listas no caso de non celebrar convenio.
Esta lista ten unha duración anual, de modo que o ano seguinte
realízase unha nova lista cos profesionais anotados nesa quenda para a súa
actualización. A partir desta lista o Colexio seleccionará cada ano, por
sorteo, unha letra do alfabeto dos apelidos dos inscritos para comeza-lo
nomeamento e a medida que o técnico realiza unha ITE pasa ao final da
lista e rota ao seguinte técnico.
No Convenio recóllese tamén os honorarios a percibir polo técnico
designado, tal como se expoñen na ordenanza, e que serán comunicados,
xunto coa identidade do profesional, ao propietario por parte do Concello.
Estes honorarios foron establecidos pola Administración Municipal a partires
das actuacións levadas a cabo noutros Concellos e son fixados en base a
uns taboleiros elaborados a partir de certos criterios: idade do inmoble,
altura, volume e estrutura do inmoble, así como o IPC dese ano.
Este Convenio ten unha vixencia de dous anos, prorrogable salvo
denuncia na súa contra. De todos modos, representantes do Concello
deixan claro que dito Convenio está ás beiras dunha revisión para adaptarse
ás modificacións recollidas coa nova ordenanza municipal publicada no ano
2006 e ver se incorporar novas modificacións.
“El convenio estaba bien por aquel entonces (…) Ahora evidentemente
se van a incorporar casas homologadas. También habrá que ver bien
con quien, qué colegios, se firma ese convenio...”
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
76
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Como na actualidade o Concello de A Coruña está analizando os
resultados da ITE dos anos anteriores, como se analiza no capítulo 6, de
momento non se realizou ningunha inspección de oficio por parte do
Concello e polo tanto tampouco houbo aplicación deste Convenio.
• A Inspección Subsidiaria no Concello de Lugo
No Concello de Lugo, como se explicou no capítulo 3, as inspeccións
iniciais foron levadas a cabo polo Concello e por conta gratuíta do
propietario, xa que tiñan subvencións europeas enmarcadas no Proxecto
ATLANTE, dentro da iniciativa comunitaria INTERREG-III B, orientado á
mellora das cidades atlánticas Patrimonio da Humanidade. Para realizar esta
tarefa, o Concello de Lugo subscribiu no ano 2005 e dentro dos prazos de
entrada en practica do contido da ordenanza, un Convenio co Colexio de
Arquitectos de Galicia, delegación de Lugo, coa finalidade, entre
outras, de facer un análise do estado de conservación dos edificios sitos no
entorno do PEPRI de Lugo e de realizar tódolos traballos. Para elo,
nomearon a un número determinado de arquitectos, que se encargarían
dunha zona concreta, en función do presuposto ofertado polo Concello e o
número de edificacións a revisar.
Este Convenio xa non ten vixencia ao remata-la tarefa para a que foi
asinado. Por parte do Concello intentouse chegar a un acordo pero o non
concretarse deixouse aberta de momento esta cuestión. Unha vez finalizada
a revisión das ITEs feitas ata o momento e a elaboración do censo de
edificacións suxeitas a ITE para os seguintes anos, como se explica en
puntos posteriores do informe, o Concello estudará máis afondo como
contrata-la inspección subsidiaria.
• A Inspección Subsidiaria no Concello de Vigo
Nun comezo, para a realización da inspección subsidiaria en Vigo, a
principios do ano 2006 concertouse un Convenio co Colexio de
Arquitectos de Galicia, delegación de Vigo e o Colexio de
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
77
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Aparelladores e Arquitectos Técnicos da provincia de Pontevedra,
recollendo tamén os honorarios a percibir polos técnicos a través duns
baremos. Segundo a representante do Concello entrevistada, estes Colexios
puxéronse en contacto co Concello para o establecemento deste Convenio e
comprometéndose a realización duns cursos formativos para os
profesionais. O Concello tamén púxose en contacto con outros Colexios para
esta cuestión, sen obter interese algunha pola súa parte.
“...No seu día, comunicóuselle ao Colexio de Enxeñeiros a tramitación
do Convenio e estes dixeron que estaban interesados (...) volveuse a
falar máis adiante con eles pero ao final o Colexio de Enxeñeiros non
deu resposta...”.
Neste Convenio recollíase a elaboración de dous rexistros:
- Un rexistro de colexiados a disposición dos propietarios e na que se
inscribirían os profesionais voluntariamente para a realización da
ITE, figurando a antigüidade de colexiación.
- Un rexistro de colexiados especializados, en función da súa
experiencia, capacitación e idoneidade técnica. Para elo
elaboraríase un baremo para cuantificar a experiencia, formación e
dedicación, tanto específica como xeral, necesaria. Nesta lista
soamente poderían apuntarse os profesionais que reuniran estes
requisitos mínimos e cumpriran a puntuación fixada no baremo.
Deste rexistro, alternando as listas dun Colexio ou do outro,
designaríase o técnico de oficio.
No Convenio recollíase tamén os honorarios a percibir polo técnico
designado, que serían comunicados, xunto coa identidade do profesional, ao
propietario por parte do Concello. Estes honorarios determinaríanse en base
a uns taboleiros elaborados a partir dos criterios tidos tamén en conta no de
A Coruña:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
78
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
H = 360,61 x Código Antigüidade x Código Altura x Código
Volume x Código Estrutura do Edificio x (1 + IPC)
Sen embargo, este Convenio
foi presentado ao Tribunal Galego de
Defensa da Competencia (TGDC), da
Consellería de Economía e Facenda
da Xunta de Galicia, para a súa
aprobación, xa que segundo a
Representante da Xerencia Municipal
de Urbanismo, a fixación destes
prezos levou o Concello a
comunicarllo ao TGDC para a súa revisión. O TGDC estimou derrogalo por
vulnera-la liberdade da competencia no mercado da ITE ao fixar uns
baremos para os profesionais e uns honorarios fixos (ver resolución do
expediente do TGDC no anexo 4).
Como na actualidade estase a revisa-las ITEs realizadas o ano anterior,
de momento non se realizou ningunha inspección subsidiaria. Sen embargo,
para o futuro e como este Convenio está parado, o Concello manifesta que
estar pensando eliminar certas cuestións e buscar como mellora-lo
Convenio.
• A Inspección Subsidiaria no Concello de Cangas de
Morrazo
No Concello de Cangas están cos preparativos para comeza-la
aplicación desta normativa. Sen embargo, hai que destacar na ordenanza
municipal deste Concello, que para a realización da ITE subsidiaria o
Concello poderá utilizar a un técnico municipal capacitado, contratar a un
técnico externo ou celebrar convenios cos Colexios profesionais.
Edificio vigués
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
79
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
5.5. Axudas para a realización da ITE
Nas ordenanzas englobase a posibilidade de outorgar axudas aos
propietarios que acrediten fidedignamente a carencia de recursos
económicos suficientes ou ben para a realización da ITE ou para levar a
cabo as obras recomendadas. Estas axudas poden consistir nunha redución
da taxa polo outorgamento das licenzas de obras ou bonificacións sinaladas
na ordenanza reguladora do Imposto sobre construción, instalacións e
obras.
Non se poderán conceder axudas municipais á rehabilitación total ou
parcial ás edificacións que non cumpriran en prazo coa obriga de realización
da ITE.
En A Coruña subvenciónanse as obras de rehabilitación realizadas nos
edificios con máis de 50 anos de idade, os que teñen ordes de execución de
obras como consecuencia da ITE e as encamiñadas a mellora-las condicións
de accesibilidade do inmoble para discapacitados. Estas axudas varían en
función da área á que pertenza o inmoble e se son elementos comúns do
edificio, elementos privativos da vivenda ou locais e establecementos
comerciais. Sen embargo, non existen aínda ningún tipo de axudas para a
realización da ITE.
No resto de Concellos con requirimento da obriga da ITE, segundo
representantes dos Concellos entrevistados, non están aprobadas axudas
para esta cuestión (realización da ITE e execución de obras). Sen embargo,
se está a traballar sobre este tema para aprobalas nun futuro próximo.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
80
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
A Implantación da ITE
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
81
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
6. A Implantación da ITE
6.1. Difusión e Situación da ITE nos municipios galegos
Como se constatou anteriormente, a Inspección Técnica de Edificacións
é unha práctica moi recente nos municipios galegos polo que a situación ou
fase na que se atopa varía duns Concellos a outros.
No momento da súa aprobación, na maioría dos Concellos galegos con
ordenanza municipal reguladora desta obriga realizouse unha campaña
divulgativa á cidadanía, a través da prensa, presentando o que era a ITE, os
obrigados a realiza-la e o seu procedemento básico, entre outras cuestións.
Asimesmo, a través dalgúns dos Colexios Profesionais dos técnicos
capacitados para a realización da ITE realizáronse unha serie de xornadas
divulgativas e cursos de preparación orientados aos profesionais
capacitados para a súa execución. Por exemplo: Colexios de Arquitectos e
Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.
Para a comunicación da obriga aos propietarios, faise dende o Concello
unha notificación postal (ver anexo 5) ou mediante bando municipal, onde
se lles informa sobre:
- A súa obriga e as posibles excepcións (declaración de ruína ou
obras de reforma xeral do edificio)
- O prazo para a presentación do Informe ITE
- A necesidade de contratar a un técnico capacitado para a súa
realización
- A sanción en caso de incumprimento da obriga
- Os datos de contacto para calquera aclaración ou consulta
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
82
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Asimesmo, nos servizos municipais
encargados da ITE existen uns folletos
informativos sobre a ITE (dípticos, trípticos…) a
disposición de calquera interesado e realízanse
periodicamente cursos dirixidos aos
profesionais, por parte dos Colexios Profesionais
e pola Universidade (existe un curso de
especialización ITE, de 60 horas, na
Universidade de A Coruña).
Na actualidade, xa non se fai unha difusión masiva da ITE á poboación.
Segundo o traballo de campo, a sensación que se respira no mercado segue
sendo de certo descoñecemento da ITE entre a poboación, o que xera a
aparición de certos “timos” ou desvirtuacións entorno deste mercado. A
xente non sabe o que é, por qué teñen que facela e cal é a súa finalidade, o
que leva en moitos dos casos, a converter ao profesional na persoa
encargada de explica-lo funcionamento da ITE á propiedade.
“...existe un desconocimiento en la gente, de que significa la ITE y
porque tienen que hacerla y para que se hace. Entonces, tienes que
hacer una labor de información lo primero...” (profesional
entrevistado)
“...yo creo que hay poca información (...) deberían informar un poco a
los propietarios porque tú hablas por ahí de la inspección técnica y la
gente no sabe lo que es (...) falta información para el público en
general y a través de los ayuntamientos o de la Consellería se debería
hacer algo...” (representante da propiedade entrevistada)
Polo tanto, faise necesario levar a cabo de novo esta difusión, unha
campaña de sensibilización, así como empregar outro tipo de mecanismos
para que a información chegue ao público en xeral como vallas publicitarias,
cuñas de radio, divulgación entre os administradores de fincas, etc.,
ademais de a través da prensa.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
83
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
A continuación procédese a analizar a situación de cada Concello.
• A ITE no Concello de A Coruña
Cunha antigüidade de aplicación da ITE de pouco máis de dous anos,
nas datas de esta investigación no Concello de A Coruña atópanse
analizando os resultados das inspeccións realizadas ata o momento e que
corresponde os edificios e construcións situados na Cidade Vella e
Pescadería (catalogados no PEPRI e PXOM e resto de inmobles de máis de
40 anos desas zoas). Segundo fontes documentais, a cifra a data de xuño
de 2007 corresponde a 1.181 expedientes de ITE.
Como se pode ver no gráfico 3, ata o momento presentáronse 337
ITEs (28,53 % do total), sendo entorno a metade visadas polo COAG e a
outra metade polo COAATC e das que 275 ITEs foron tramitados polo
Concello despois da súa revisión. Para o resto hai requirimentos de
documentación, alegacións, etc. Das ITEs aprobadas, ao redor dun 86 %
son favorables.
Gráfico 3. Estatística da ITE en A Coruña
Fonte: elaboración propia a partir de fontes documentais
*datos de xaneiro a xuño
337 188
667
326
0
100
200
300
400
500
600
700
800
2005 2006 2007*
ITEs presentadas Inmobles suxeitos á ITE
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
84
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Existen 75 expedientes de ITE pendentes da realización da inspección
subsidiaria e cumpríndose o prazo dos 3 meses de prórroga para as
edificacións que non realizaron a ITE (220 expedientes).
En opinión dos representantes da Sección de Ruínas da Área de
Urbanismo do Concello, atopáronse cunha resposta cidadá bastante boa, en
comparación co acontecido noutros municipios españois (por exemplo,
Sevilla, como se analizará máis adiante). En xeral houbo bastante
concienciación cidadá, aparecendo algunhas reticencias ao principio como
apuntan os representantes municipais.
“En el fondo los problemas reales con los que nos encontramos son
dos: 1. Los edificios catalogados que han sido rehabilitados. Alguna
gente no entiende que la tengan que pasar. 2. Las comunidades de
propietarios que son conflictivas entre ellas. En la medida que hay un
propietario que no deja acceder a su vivienda y demás, causa
dificultades para la inspección de ese inmueble…”
Neste ano, tamén estase realizando a ITE das edificacións catalogadas
fora da zona PEPRI. Para o cumprimento desta obriga, o Concello asesora
aos interesados sobre tódalas cuestións propostas, contando cun tríptico
informativo da ITE á disposición da cidadanía (ver anexo 6).
• A ITE no Concello de Lugo
No caso de Lugo, realizouse a inspección dos edificios e construcións
enmarcados no PEPRI9, correspondendo basicamente á parte vella da
cidade. Polo tanto tamén neste Concello estase a revisar os resultados
desas ITEs e vendo as posibles subvencións antes de da-las ordes de
execución de obras.
9 Edificios e construcións enmarcados no ámbito do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior do Recinto Amurallado e a súa Área de Influencia (PEPRI)
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
85
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
En Lugo, como se sinalou no
capítulo 3, para a realización da ITE
dos edificios e construcións
enmarcados no PEPRI, aproveitouse
unha iniciativa da Unión Europea para
axudar ás cidades con recursos
declarados Patrimonio da Humanidade.
Deste modo, o Concello encargouse da
realización da inspección destas
edificacións, sendo de forma gratuíta
para os obrigados. Para elo, comunicouse previamente esta tarefa aos
propietarios mediante anuncio no taboleiro do Concello da relación de
edificacións suxeitas a inspección e mediante bando municipal publicado na
prensa, avisándoos sobre o inicio das inspeccións por parte do Concello coa
visita dun profesional contratado pola Administración municipal e o seu
carácter gratuíto (ver capítulo 5.4. de Contratación do Persoal Técnico
Competente nos municipios galegos).
Destacar que dos inmobles enmarcados no PEPRI fíxose a ITE
practicamente a todos (867 ITEs, segundo datos municipais), excepto a un
pequeno porcentaxe dos mesmos debido, entre outros motivos, a
imposibilidade de localización dos seus propietarios ou a imposibilidade de
acceso aos mesmos.
Tamén na actualidade estase elaborando a relación de propietarios do
resto de edificacións a efectos de obter unha listaxe dos edificios, dos
propietarios dos mesmos e do ano de construción co fin de fixa-lo ano que
lle corresponde para realiza-la ITE. Polo tanto, a obriga da ITE non existirá
mentres que o censo non estea finalizado. Neste caso, xa non será de forma
gratuíta para os propietarios e comunicaráselles a súa obriga mediante
publicación no taboleiro do Concello e bando municipal na prensa. Esta
modificación de calendario ven derivada da carga de traballo atopada, ao
principio da posta en marcha da ordenanza, na elaboración do censo de
propietarios dos inmobles enmarcados no PEPRI, xa que o tratarse de
Edificio lugués
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
86
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
edificacións moi antigas atopáronse dificultades engadidas na identificación
dos propietarios, xa que moitos resultaron ser herdeiros de herdeiros,
engadindo a este a súa dificultosa localización.
• A ITE no Concello de Vigo
No Concello de Vigo, cun ano e
medio de vida da ITE, tamén se está a
revisar os resultados da ITE do ano
anterior. No ano 2006 requiríase a ITE
das edificacións construídas antes do
ano 1920. Para elo, ademais da
comunicación pública en prensa e vía
carta aos propietarios obrigados, o
Concello realizou unha xornada divulgativa na Federación de Veciños
Eduardo Chao, co fin de dar a coñecer esta obriga entre os veciños dos
barrios e parroquias das asociacións veciñais que forman parte desta
Federación, a máis representativa da cidade. Con referencia a comunicación
postal da obriga, dende o mercado demandase que esta comunicación se
realice con maior anterioridade, a principios de ano e non na metade, para
obter máis tempo os obrigados para planificar e realiza-la inspección.
Asimesmo, realizouse ao principio, e tamén faise con periodicidade, cursos
específicos por parte dos Colexios Profesionais dirixidos aos profesionais.
Dende o Concello tamén asesorase aos interesados sobre tódalas
cuestións propostas, contando cun tríptico informativo da ITE á disposición
do visitante (ver anexo 7) e dunha relación de arquitectos e arquitectos
técnicos ou aparelladores proporcionados
polos Colexios Profesionais do municipio.
Tamén xurdiu a iniciativa de entregarlle ao
propietario do inmoble, unha vez realizada
a ITE, unha tarxeta a modo simbólico, onde
se marca a ITE realizada (por exemplo, 1ª
Edificio vigués do 1910
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
87
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
ITE 2006) e cando pasar a seguinte revisión. Tratase dun tarxeta de tipo
similar as entregadas aos donos dos automóbiles a hora de pasa-la ITV.
A impresión por parte da Responsable da Oficina ITE da Xerencia
Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo sobre a resposta cidadá é
bastante boa. Segundo o Concello e fontes documentais, no ano 2006
pasaron a ITE ao redor do 68 % dos inmobles suxeitos (ver gráfico 4).
Gráfico 4. Estatística da ITE en Vigo
Fonte: elaboración propia
N.D.: no hai datos
Entorno o 44 % das ITEs presentadas foron visadas polo COAAT,
correspondendo o resto o COAG. Non se pode precisar ata o momento,
segundo a representante do Concello, o total de incumprimentos no
municipio, porque aínda se están revisando algúns informes do ano pasado
e introducindo datos pero se pode avanzar que existiron ao redor de 1.200
incumprimentos desta obriga. Polo tanto de momento non se realizou
ningún tipo de inspección subsidiaria por parte do Concello.
Dende a Oficina ITE municipal tense a intención de establecer un
programa que permita realizar a ITE de forma dixital, de modo que o
2.600
N.D.
3.400
3.800
0
500
1.000
1.500
2.000
2.500
3.000
3.500
4.000
2006 2007
ITEs presentadas Inmobles suxeitos á ITE
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
88
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
técnico introduciría os datos no programa e automaticamente quedaría toda
a documentación arquivada.
• A ITE no Concello de Cangas de Morrazo
No caso de Cangas, coa ordenanza aprobada o
ano pasado, na actualidade estase aínda na fase
previa de preparación para a súa posta en marcha. De
feito, segundo datos municipais aínda non se realizou
ningún tipo de difusión ou comunicación á cidadanía
sobre esta obriga.
Edificio cangués
A modo de comparativa, na taboleiro seguinte plásmase a situación
destes Concellos:
Situación da ITE nos Concellos galegos segundo ano da obriga de inspección
2004 2005 2006 2007 A Coruña Fora de prazo Prórroga Executándose Lugo Fora de prazo Elaborándose censo Vigo Prórroga Executándose Cangas
Preparándose
posta en marcha
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
89
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
6.2. A ITE en España
Barcelona foi a primeira en impoñer unha revisión obrigatoria das
edificacións, dende o punto de vista das fachadas e elementos exteriores
dos edificios (como no caso de Pontevedra), coa finalidade de adecenta-los
seus inmobles de cara ás olimpíadas de 1992, definíndose como unha
especie de ITE parcial. Sen embargo, foi o Concello de Madrid, a principios
do ano 1999, o pioneiro en España no establecemento dunha completa ITE,
converténdose a súa ordenanza no modelo a seguir polo resto de Concellos
españois a hora de elaborar as súas propias ordenanzas reguladoras.
Na actualidade, en practicamente tódalas Comunidades Autónomas do
país existe unha lei autonómica que esixe o deber de conservación das
persoas e na que se fundamentan as ordenanzas reguladoras da ITE dalgún
dos seus Concellos.
Procedese a examina-las características básicas da ordenanza
municipal do Concello de Madrid e doutras cidades españolas, como Sevilla
e Cádiz, como primeiras cunha ordenanza reguladora da ITE, en
comparativa cos municipios galegos analizados.
� A ordenanza ITE do Concello de Madrid
O 28 de enero de 1999, o Concello de Madrid aprobou a Ordenanza
sobre Conservación, Rehabilitación y Estado Ruinoso de las Edificaciones
(Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid, nº 45, del 23 de febrero de
1999), regulando a ITE no capítulo 3 do Título I. Para a realización desta
tarefa partiuse dos Colexios Profesionais existentes e creouse o Rexistro de
Edificios, dependente da Gerencia Municipal de Urbanismo.
Pero dita ordenanza necesitaba a adaptación da ITE aos preceptos que
sobre a mesma recolle o artigo 169 da Ley 9/2001, del 17 de julio, del
Suelo de la Comunidad de Madrid. Para elo, no ano 2003 fíxose necesario a
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
90
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
modificación e derrogación da ordenanza anterior a través da aprobación da
Ordenanza de Conservación, Rehabilitación y Estado Ruinoso de las
Edificaciones, de 22 de diciembre de 2003 (Boletín Oficial de la Comunidad
de Madrid, nº 37, de 13 de febrero 2004).
Cun procedemento na mesma liña que as ordenanzas galegas, a
continuación recóllense as súas principais características:
Características Ordenanza Municipal
Obrigados Propietarios dos inmobles de antigüidade
igual ou superior aos 30 anos
Capacitados para a ITE -Profesionais titulados legalmente
competentes
-Entidades de ITE homologadas e reguladas
na Ley del Suelo de la Comunidad de Madrid
Prazo realización ITE Dentro do ano seguinte a aquel no que o
edificio cumpra os 30 anos. Seguinte ITE aos
10 anos
Medios informatizados - Rexistro de edificios que inclúe os edificios
con Informes ITE favorables e os edificios
que tiveran obras como resultado de ITE
desfavorable
- Censo de ITE, que inclúe edificios con
Informe ITE desfavorable
Contido inspeccións -Estado xeral estrutura e cimentación
-Estado xeral fachas interiores, exteriores e
medianeiras
-Estado xeral cubertas e azoteas
-Estado xeral fontanería e rede saneamento
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
91
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Características Ordenanza Municipal
Documentos da ITE Modelo oficial de cuestionario de inspección
aprobado polo Consejo de Gerencia
Prazo requirimento ITE 3 meses
Inspección subsidiaria -Posibilidade de concertar convenios cos
Colexios Profesionais correspondentes para
que se responsabilicen da ITE. A designación
do colexiado se fará segundo normativa
interna e o Colexio determinará os
honorarios.
- A falta de convenio, organizarase unha
quenda rotatoria de colexiados por orde de
antigüidade na lista
Existencia de Convenio Si, co COAAT e o Colegio Oficial de
Arquitectos de Madrid e o Colegio de
Ingenieros Caminos, Canales y Puertos,
Demarcación de Madrid
En comparativa coas ordenanzas dos municipios
galegos, cabe destacar que os obrigados a realiza-la ITE
corresponde aos propietarios dos inmobles de
antigüidade igual ou superior aos 30 anos, igual que no
caso de Lugo, Vigo e Cangas. Coa nova ordenanza
madrileña, inclúense agora as edificacións de
titularidade pública, que na anterior ordenanza estaban
excluídos.
En canto a capacitación para a inspección, nesta ordenanza tamén se
recalca que se realizará por entidades de inspección homologadas, como
acontece tamén na ordenanza do Concello de A Coruña. De igual forma, na
ordenanza coruñesa defínense dous apartados no Rexistro de Edificios (na
Edificio madrileño
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
92
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
actualidade fundidos nun só) segundo o informe sexa favorable ou non,
emulando o exposto na regulación de Madrid. De feito, xa na entrevista, os
representantes do Concello destacaron esta ordenanza como a base na que
fundamentaron a elaboración da súa propia regulamentación.
En canto o calendario de execución da ITE, tense o seguinte:
Edificacións obrigadas en Madrid segundo antigüidade
2000 Edificios catalogados cos niveis 1,2 e 3 de > 20 anos de titularidade privada
2001 Edificios do Centro Histórico e os cascos Históricos Periféricos dos artigos 4.3.17 e
4.3.12 do PGOM de Madrid de > 20 anos de titularidade privada
2002 Resto de inmobles de <1940
2003 Inmobles de 1940-1952
Aprobación nova Ordenanza
2004 Inmobles de 1953-1958
2005 Inmobles de 1959-1961
Edificios catalogados cos niveis 1,2 e 3 de 30 ou máis anos de titularidade pública
2006
Inmobles de 1962-1965
Edificios do Centro Histórico e os cascos Históricos Periféricos dos artigos 4.3.17 e 4.3.12 do PGOM de Madrid de 30 ou máis anos de titularidade pública
2007 Inmobles de 1966-1969
Resto inmobles de titularidade pública de 30 ou máis anos
2008 Inmobles de 1970-1974
2009 Inmobles de 1975-1978
2010 Inmobles de 1979 ou posterior
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
93
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Fonte: elaboración propia
A partir do ano 2010 estarán obrigados os edificios que cumpran 30
anos dende a súa fecha de finalización.
Cando o informe é desfavorable os propietarios deben acomete-las
correspondentes obras. Para elo, na ordenanza madrileña mencionase a
posibilidade de outorgar distintas subvencións a fondo perdido aos
propietarios que carezan de recursos suficientes para a reparación, podendo
oscilar entre ata o 50 % de dito custe e o 75 % do mesmo, para aquelas
persoas cun nivel de ingresos máis baixo. Tamén atópanse axudas por parte
de entidades bancarias.
No caso de incumprimento de efectua-la inspección, en Madrid
establécese máis dunha prórroga, a diferenza do que acontece nos
municipios galegos e tamén se poden establecer máis dunha multa, non
podendo exceder de tres. Deste modo, o procedemento sería o seguinte:
Figura 9. Procedemento do requirimento da ITE en Madrid
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
94
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Outra cuestión a destacar e que non sucede no caso dos municipios
galegos, é a existencia de dous modelos de Informe ITE, en función de se a
inspección é favorable ou non. Sen embargo, si se recolle tamén a
posibilidade de concertar convenios cos Colexios Profesionais para a
realización da inspección subsidiaria.
Neste caso, o Concello de Madrid en 1999
firmou un Convenio para a realización do ITE de
oficio co COAAT e o Colegio Oficial de Arquitectos
de Madrid e no 2002 un Convenio co Colegio de
Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos,
Demarcación de Madrid. Estes Convenios
determinan que os Colexios encargaranse da
difusión da ordenanza e da formación dos
profesionais. Asimesmo, realizarán a designación
dos colexiados, sinalando anualmente a letra do
alfabeto correspondente ao apelido dos inscritos en virtude dun sorteo e
designándose sucesivamente conforme a chegada de solicitudes ao
Concello. Para elo, confeccionarase unha lista á que se poden inscribi-los
colexiados que posúan unha antigüidade de ao menos 5 anos ou acredite
unha formación específica no coñecemento de patoloxías. En canto os
honorarios a percibir por estes técnicos, no Convenio tamén se recolle o seu
calculo en función dunhas táboas en base a uns códigos, de igual modo que
acontece no caso da ordenanza coruñesa.
Asimesmo, destaca-la existencia no departamento da ITE do Concello
de Madrid de catro seccións técnicas e dous xurídicas dotadas con 31
funcionarios municipais, ademais de 3 persoas dedicadas exclusivamente a
informar á cidadanía. Neste servizo existe un programa dixital dende o
Concello (programa MAITE) para face-las ITEs dixitalmente.
En canto a súa implantación, moitos dos madrileños xa están
concienciados sobre a ITE, levando a non existir actualmente unha campaña
divulgativa por parte do Concello. Por exemplo, extraese de fontes
Edificio madrileño
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
95
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
28.847
7.1916.725
18.00015.000
0
5.000
10.000
15.000
20.000
25.000
30.000
35.000
2000 2001 2002 2003*
ITEs presentadas Inmobles suxeitos á ITE
documentais que ata o ano 2003 había 46.916 edificacións a pasar a ITE,
das cales ata abril dese ano pasaron a inspección ao redor do 61 % (28.847
edificios), como se reflexa no gráfico seguinte:
Gráfico 5. Estatística da ITE en Madrid
Fonte: elaboración propia
*datos ata abril
Das ITEs presentadas, 26.550 ITEs foron tramitados polo Concello
despois da súa revisión, para o resto atopáronse errores. Destas ITEs
aprobadas, o redor dun 53 % son favorables. Xa nos primeiros dous anos
da ITE a resposta foi de máis do 41 %.
Sen embargo, como se recompila de fontes documentais, é destacable,
ao longo dos anos, a diminución do número de ITEs realizadas neste
municipio. Segundo profesionais do mercado madrileño, esta situación é
debida a que ata o momento non se fixo efectiva ningunha sanción, o que
leva a relaxación dos propietarios no cumprimento da súa obriga. Ademais,
as prórrogas dos prazos iniciais marcados estase a converter na norma da
capital de España.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
96
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� A ordenanza ITE do Concello de Cádiz
En Cádiz, segunda cidade pioneira, o Concello aprobou o 5 de febreiro
de 1999 a Ordenanza sobre Conservación y Rehabilitación del Casco
Antiguo (nº 50, Boletín Oficial de la Provincia de Cádiz del 3 de marzo de
1999), regulando a ITE no capítulo 3 do Título I e con modificacións
posteriores do artigo 17 e 30 (BOP de Cádiz de 30 de agosto de 2000) e do
artigo 26.1 (BOP de Cádiz de 4 de xuño de 2003), este último para a
adecuación da ordenanza a Ley 7/2002, de 17 de diciembre, de Ordenación
Urbanística de Andalucía, cambiando a antigüidade dos edificios suxeitos á
ITE de 40 a 50 anos. As súas principais características son as seguintes:
Características Ordenanza Municipal
Obrigados Propietarios dos inmobles de antigüidade
igual ou superior aos 50 anos
Capacitados para a ITE Profesionais titulados legalmente
competentes
Prazo realización ITE Dentro do ano seguinte a aquel no o edificio
cumpra os 50 anos. Seguinte ITE aos 10
anos
Medios informatizados Rexistro de edificios
Contido inspeccións -Estado xeral estrutura e cimentación
-Estado xeral fachas interiores, exteriores e
medianeiras
-Estado xeral cubertas e azoteas
-Estado xeral fontanería e rede saneamento
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
97
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Características Ordenanza Municipal
Documentos da ITE Ficha ITE
Prazo requirimento ITE 3 meses 1º requirimento, 15 días sucesivos
requirimentos
Inspección subsidiaria -Posibilidade de concertar convenios cos
Colexios Profesionais correspondentes para
que se responsabilicen da ITE.
- A falta de convenio, organizarase unha
quenda rotatoria de colexiados por orde de
antigüidade na lista
Existencia de Convenio Sí, co COAAT de Cádiz y Ceuta e o Colegio
Oficial de Arquitectos de Andalucía
Occidental, Demarcación de Cádiz
Neste Concello atopase que a obriga de realiza-la ITE corresponde aos
propietarios dos inmobles de antigüidade igual ou superior aos 50 anos, a
diferenza dos Concellos galegos. O contido da ordenanza é bastante
reducido, de feito non se plasma ningún calendario sobre os edificios
suxeitos á ITE, como acontece nas ordenanzas implantadas en Galicia.
Tampouco se fai mención algunha de axudas sobre esta cuestión.
No caso de incumprimento de efectua-la inspección, en Cádiz de igual
modo que en Madrid, establécese máis dunha prórroga (neste municipio a
segunda e sucesivas de 15 días) e tamén se poden establecer máis dunha
multa, non podendo exceder de tres. Deste modo, o procedemento sería o
seguinte:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
98
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Figura 10. Procedemento do requirimento da ITE en Cádiz
Fonte: elaboración propia
Para a aplicación da ITE,
o Concello de Cádiz subscribiu
en 2000 un Convenio de
Colaboración co COAAT de
Cádiz y Ceuta e o Colegio
Oficial de Arquitectos de
Andalucía Occidental,
Demarcación de Cádiz. Este
Convenio determina que estes
Colexios elaboraran unha ficha
técnica específica que servirá de base para os profesionais que realicen a
Vista aérea de Cádiz
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
99
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
66,60 € inicio traballos + 100,00 € por cada vivenda, local ou
dependencia da finca + 16,00 € por dereitos colexiais + 16% I.V.E.
MÍNIMO A COBRAR: 430 EUROS
inspección e que o Concello deberá asumir no procedemento da ITE. Esta
ficha será cuberta por un equipo técnico composto por un arquitecto e un
arquitecto técnico. Para elo, confeccionarase un listado con tódolos equipos
formados e que desexen participar neste proceso e aos que o Concello
ofertará a realización da inspección mediante quenda rotatoria. De existir
outros equipos ou profesionais que queiran participar, deberán pedir
solicitude á Administración Municipal. En canto os honorarios a percibir por
estes técnicos, no Convenio fíxanse os prezos a desembolsar para a
inspección da seguinte maneira:
Para realiza-la inspección a propiedade pode contratar libremente ao
profesional ou ben solicitar por escrito ao Concello a asignación dun dos
equipos técnicos da lista elaborada. No primeiro ano, a ITE foi de carácter
voluntario para os propietarios e onde os Colexios facilitaron ao Concello
esta lista para entregar a cidadanía que a demandase, designando un
destes equipos de modo voluntario.
En canto a súa implantación, do total de inmobles suxeitos á
inspección (algo máis de 3.500), antes dos dous primeiros anos foron
revisados ao redor do 20 %.
� A ordenanza ITE do Concello de Sevilla
O 25 de maio de 2000, o Concello de Sevilla aprobou a Ordenanza de
Inspección Técnica de la Edificación (Boletín Oficial de la Provincia de
Sevilla, nº 143, del 22 de junio de 2000). Sen embargo, esta ordenanza
necesitaba a súa adaptación ao artigo 155 da Ley 7/2002, de 17 de
diciembre, de Ordenación Urbanística de Andalucía. Para elo, o 20 de maio
de 2004 modificouse e derrogouse a ordenanza anterior a través da
aprobación da Ordenanza de Inspección Técnica de la Edificación, de 20 de
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
100
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
maio de 2004 (Boletín Oficial de la Provincia de Sevilla, nº 139, del 17 de
xuño de 2004).
As súas principais características son as seguintes:
Características Ordenanza Municipal
Obrigados Propietarios dos inmobles de antigüidade
igual ou superior aos 20 anos
Capacitados para a ITE Técnicos competentes
Prazo realización ITE Dentro do ano seguinte a aquel no o edificio
cumpra os 20 anos. Seguinte ITE aos 15
anos para edificios de <50 anos e 10 anos
para edificios de ≥ 50 anos
Rexistros informatizados Rexistro de ITE
Contido inspeccións -Estado xeral estrutura e cimentación
-Estado xeral fachas interiores, exteriores e
medianeiras
-Estado xeral conservación cubertas e
azoteas
-Estado xeral fontanería, rede saneamento e
electricidade do edificio
Documentos da ITE Informe ITE e Ficha Técnica en modelo
oficial e soporte informático
Prazo requirimento ITE 6 meses
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
101
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
En comparativa cas ordenanzas
dos municipios galegos cabe destacar
como diferenzas, que os obrigados a
realiza-la ITE corresponde aos
propietarios dos inmobles de
antigüidade igual ou superior aos 20
anos e no tema do Informe da ITE, si
se detalla como parte do mesmo a
inspección do estado xeral da rede de
electricidade do edificio.
Outras das desigualdades, é que na Ordenanza da capital andaluza non
se recolle ningunha mención á inspección subsidiaria e polo tanto a
posibilidade de concertar convenios cos Colexios Profesionais para a súa
execución. Soamente se expón que no caso de incumprimento do
propietario da súa obriga en tempo e forma, a inspección realizarase pola
vía ordinaria da policía edificatoria con aplicación de sancións.
O prazo de execución da ITE, contado dende a data da entrada en
vigor da ordenanza, é o seguinte:
Edificacións obrigadas en Sevilla segundo antigüidade e prazo
1 ano Edificios catalogados no PGOU e edificios > 100 anos
2 anos Inmobles de 75-100 anos
5 anos Inmobles de 50-75 anos
7 anos Inmobles de 25-50 anos
10 anos Inmobles de 10-25 anos
Edificio sevillano
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
102
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Para as edificacións con menos de 10 anos de antigüidade, deberán
presenta-lo Informe da ITE dentro do ano seguinte a aquel no que cumpra
20 anos.
Neste Concello, as axudas para este tema non soamente teñen unha
regulación propia mediante a Ordenanza reguladora de las Ayudas a la
Rehabilitación, Conservación e Inspección Técnica de las Edificaciones
(Boletín Oficial de la Provincia de Sevilla, nº 275, del 26 de noviembre de
2004), senón que non se someten a convocatoria anual.
Analizando os resultados dos dous primeiros anos da ITE no municipio,
as fontes documentais reflictan unha resposta do redor do 16 % dos
inmobles suxeitos a inspección nesas primeiras datas (máis de 6.500
inmobles), o que mostra unha resposta pequena en comparativa co resto de
municipios estudados.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
103
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
6.3. Comparativa dos municipios analizados
Despois das análises realizadas, conclúese que tamén as ordenanzas
municipais españolas reguladoras da ITE estudadas presentan as principais
características atopadas neste informe nas ordenanzas galegas:
- Falta dunha definición clara dos profesionais capacitados para
realiza-la ITE
- Inspeccións realizadas xeralmente por arquitectos ou
arquitectos técnicos/aparelladores
- Fixación de Convenios de Colaboración cos Colexios Profesionais
para a realización da ITE subsidiaria, con fixación de prezos e
requisitos aos profesionais.
- Divulgación da ITE ao comezo da aplicación da ordenanza.
- Falta de experiencia na aplicación da ITE subsidiaria.
A modo de resume, exponse no taboleiro seguinte algunha das
variables que definen as ordenanzas descritas e onde se pode ver a boa
implantación que a ITE tivo nos municipios galegos en comparación co resto
de municipios españois analizados:
Madrid Cádiz Sevilla Lugo Coruña Vigo Cangas
Data Ordenanza
Xaneiro 1999
Febreiro 1999
Maio 2000
Marzo 2003
Marzo 2004
Abril 2005
Xullo 2006
Antigüidade edificios suxeitos
30 ou máis anos
50 ou máis anos
20 ou máis anos
30 ou máis anos
40 ou máis anos
30 ou máis anos
30 ou máis anos
Existencia Convenio
SI SI N.D. NON SI NON NON
% realización da ITE nos primeiros dous anos
41 % 20 % 16 % 99 % 28 % 68 % Non se aplicou de
momento
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
104
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Análise da Competencia na ITE
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
105
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
7. Análise da Competencia na ITE
7.1. Introdución á Competencia
Pódese entender por competencia a rivalidade dos produtores
(empresas, profesionais...) dun mercado por conseguir o maior número de
clientes. Canto maior sexa esta rivalidade ou loita (en termos de prezo,
calidade do produto ou servizo, innovación, etc.) máis eficiente será o
mercado e mellor beneficio obterán os consumidores finais, os produtores e
a economía en xeral. Pero esta competencia debe darse en condicións de
liberdade para o funcionamento correcto de calquera economía de mercado
e que todos os axentes económicos saian beneficiados. A existencia dunha
competencia suficiente e a protección e axuda contra toda práctica que
atente contra a liberdade da mesma (barreiras de entrada, fixación de
prezos, concentracións, etc.) convértese en tarefa fundamental.
O cumprimento desta meta perséguese dende tódalas esferas políticas,
tanto a nivel autonómico, nacional coma supranacional, mediante a
aprobación de mecanismos ou medidas de defensa da competencia, xa que
nela asentase a prosperidade e xeración de riqueza da economía dun país
ou rexión. Na actualidade, sobre este aspecto, a Política da Competencia na
Unión Europea está regulada mediante o Reglamento Nº 1/2003 del
Consejo, de 16 de diciembre de 2002 (Diario Oficial de las Comunidades
Europeas de 4 de enero de 2003), para garanti-la aplicación efectiva das
normas comunitarias da competencia, basicamente os artigos 81 e 82 do
Tratado Constitutivo de la Comunidad Europea (Diario Oficial de las
Comunidades Europeas del 24 de diciembre de 2002), que no seu capitulo 1
do Título VI, fai referencia ás normas sobre Competencia. Estes dous artigos
deben ser cumpridos polas autoridades responsables da competencia nos
Estados membros na súa aplicación da lexislación nacional de competencia.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
106
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
No ámbito do estado español, este compromiso xa ven establecido no
artigo 38 da Constitución Española
“Se reconoce la libertad de empresa en el marco de la economía de
mercado. Los poderes públicos garantizan y protegen su ejercicio y la
defensa de la productividad, de acuerdo con las exigencias de la
economía general y, en su caso, de la planificación.”
Con este obxectivo aprobouse a Ley 16/1989, de 17 de julio, de
Defensa de la Competencia10 (nº 170, Boletín Oficial del Estado de 18 de
julio de 1989), de ámbito estatal, onde se establece un control dos acordos
que limitan a competencia, as prácticas unilaterais capaces de prexudicala
e as concentracións económicas, entre outras cuestións, a cargo de dous
órganos administrativos (describiranse no punto seguinte) e a Ley 1/2002,
de 21 de febrero, de coordinación de las competencias del Estado y las
Comunidades Autónomas en materia de defensa de la competencia. Dende
a súa entrada en vigor, producíronse unha serie de modificacións da mesma
e promulgáronse diversas normas de desenvolvemento, así como unha
importante reforma do marco comunitario da defensa da competencia.
Coa finalidade de adapta-lo regulamento nacional a estes cambios
acontecidos o seu redor, este ano aprobouse a Ley 15/2007, de 3 de julio,
de Defensa de la Competencia (Boletín Oficial del Estado, nº 159, de 4 de
julio de 2007), con entrada en vigor o 1 de setembro de 2007.
10 En adiante LDC
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
107
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
7.2. Órganos de Defensa da Competencia
As principias institucións europeas encargadas da aplicación e revisión
das normas comunitarias sobre a competencia son a Comisión Europea, o
Tribunal Europeo de Primeira Instancia e o Tribunal de Xustiza da Unión
Europea.
Cando as restricións á competencia se centran nun Estado membro, a
aplicación das normas comunitarias de competencia corresponde
principalmente ás autoridades nacionais, actuando a Comisión Europea
soamente cando sexa necesario.
No caso español, a Ley 16/1989 encomenda ao Tribunal de Defensa
de la Competencia (TDC) e ao Servicio de Defensa de la Competencia
(SDC) as funcións de resolución e, no seu caso, de proposta sobre asuntos
relacionados coa competencia no territorio español, no primeiro e da
instrución de expedientes no segundo. A nivel autonómico, en Galicia a
defensa da competencia tamén se delega noutros órganos administrativos
de igual propósito, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia
(TGDC) e o Servizo Galego de Defensa da Competencia (SGDC).
É así, como o sistema de defensa da competencia queda establecido
do seguinte modo, en función do seu ámbito de aplicación:
Ámbito Territorial Órgano Regulador competente
Unión Europea Comisión Europea
España TDC e SDC
Galicia TGDC e SGDC
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
108
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� O Tribunal Galego de Defensa da Competencia e o
Servizo Galego de Defensa da Competencia
O Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC), pertencente a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, foi creado en base
a Lei 6/2004, de 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da
competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (nº 141, Diario Oficial de
Galicia, do 22 de xullo de 2004), normativa desenvolvida mediante o
Decreto 20/2005, do 3 de febreiro.
A súa finalidade é velar pola libre competencia nos mercados galegos.
Con tal propósito, leva a cabo tres tipos de funcións:
1. Función resolutoria e sancionadora sobre as condutas que lesionan
a competencia.
2. Función consultiva e de arbitraxe.
3. Función de promoción e difusión na sociedade dos méritos da
competencia a través da realización de estudos en materia de
competencia.
Para o desenvolvemento das súas funcións, o TGDC ven rexido polo
Pleno, conformado por un Presidente e dous vogais e serán apoiados por un
Secretario. O nomeamento do Presidente e dos vogais ten unha vixencia de
cinco anos, coa posibilidade da renovación dunha soa vez.
Na súa actividade de vixilancia da competencia e do cumprimento da
LDC, o TGDC delega sobre o SGDC a detección das condutas contrarias á
competencia e a instrución dos expedientes. Este órgano componse da
Subdirectora Xeral e o Xefe de Negociado.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
109
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
7.3. Diagnóstico da Competencia no mercado da ITE:
Identificación de Condutas Restritivas
Como se conclúe ao longo deste informe, a Inspección Técnica de
Edificacións será realizada por profesionais cunha formación especial
relacionada co Edificio (arquitecto, arquitecto técnico ou aparellador,
enxeñeiros superiores e técnicos industriais). Estas profesións liberais11,
xunto con outras como avogado, notario, contable, etc. englóbanse dentro
da actividade de Servizos Profesionais, mercado caracterizado por un alto
nivel de regulamento da profesión, tanto por parte de normativas nacionais
como da autorregulación das organizacións profesionais. Esta actividade
xoga un papel moi importante na economía de calquera nación, en termos
de emprego e volume de negocio.
Por este motivo e coa finalidade de entender mellor o regulamento das
profesións liberais, dende a Comisión Europea, no ano 2004, elaborouse un
diagnóstico sobre a competencia nos servizos profesionais12. Nesta análise,
identifícanse 5 categorías de regulacións restritivas da actividade dos
profesionais liberais, que se pode xeneralizar ao mercado da ITE:
- Fixación de Prezos (honorarios a cobrar, tarifas permitidas...)
- Prezos recomendados
- Regulación da publicidade
- Requisitos de entrada (nº de profesionais exercentes da
profesión) e actividades reservadas aos profesionais
- Normativas reguladoras da estrutura empresarial e prácticas
multidisciplinares
11 Denominase profesión liberal a aquela actividade persoal na que impera o aporte intelectual, o coñecemento e a técnica. 12 Informe sobre la competencia en los servizos profesionales. Comisión de las Comunidades Europeas. Bruselas, 2004
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
110
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
A Comisión Europea consideraba que a existencia de certa regulación
pode estar xustificada para mante-la calidade dos servizos e protexer aos
consumidores da neglixencia profesional, en base a tres razóns:
1. “Asimetría da información” entre prestadores do servizo e clientes.
Os profesionais teñen un nivel de coñecemento técnico do que
poden carece-los consumidores, existindo unha desigualdade sobre
a información.
2. “Externalidades”. Algunhas veces a prestación do servizo, ademais
de no cliente, repercute sobre terceiros. Exemplo: unha ITE mal
realizada pode por en perigo a seguridade dos residentes ou da
seguridade pública.
3. “Bens públicos”. Certos servizos producen bens públicos que son
valiosos para a sociedade. Por ex.: a realización da ITE
correctamente tradúcese en beneficio para os cidadáns do Concello
correspondente ao mellorar o aspecto dos inmobles da cidade.
Sen embargo, unha regulación demasiado excesiva ou antiga pode
ter efectos negativos para todos. Pode eliminar ou limita-la competencia
entre os profesionais, diminuíndo por tanto os incentivos destes en base a
relación coste-eficacia, a posibilidade de obter prezos menores, mellor
calidade ou a oferta de servizos máis innovadores. No Parlamento Europeo
concluíuse a necesidade destas normas sempre e cando non restrinxan a
competencia. Neste senso, a detección dos regulamentos abusivos e outras
prácticas restritivas á competencia, convértese en obxectivo primordial para
asegura-lo benestar do mercado.
Esta análise realizarase en función das regulacións características do
servizo da ITE e da existencia doutro tipo de barreiras á competencia. Para
elo, faise necesario distinguir dous tipos de mercados:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
111
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
- O mercado da inspección privada, que é aquela ITE realizada polos
profesionais por encargo da propiedade.
- O mercado da inspección subsidiaria, que engloba as ITEs
realizadas polos técnicos facultativos para o cumprimento da
obriga de oficio que teñen que cumpri-los Concellos no caso do
incumprimento dos propietarios.
a) Fixación de Prezos
No mercado de inspección privada, os honorarios facturados polos
profesionais se negocian libremente entre os técnicos e os clientes
(propietarios). Os oferentes do servizo participan de modo libre no proceso
de selección, polo que o prezo de realiza-la inspección podería alcanzar o
menor prezo posible, beneficiando ao propietario.
Para a inspección subsidiaria, como aínda non se executou en ningún
Concello, a súa análise dende o punto de vista da competencia soamente se
pode realizar sobre os acordos, decisións ou demais actuacións realizadas
para a súa planificación. Analizando as características do Convenio firmado
entre o Concello de A Coruña e dous Colexios Profesionais (remitirse a
capítulo 5.4.), a determinación do prezo pola interacción da oferta
(Colexios Profesionais, en representación dos profesionais capacitados para
a inspección) e a demanda (Concello de A Coruña, en representación e a
cargo dos propietarios dos inmobles suxeitos á ITE) non existe. O prezo ven
fixado por uns baremos establecidos no Convenio para a execución da ITE
de oficio, cuxo caracter de obriga administrativa e desembolso a cargo do
propietario ten unha repercusión directa sobre este último. Tratase dun
mercado especial, onde se concerta un servizo entre os técnicos que
realizan a ITE e o Concello, converténdose os propietarios en afectados por
este acordo ao ter que ser eles os que teñen que desembolsa-los honorarios
do profesional.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
112
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Esta práctica de determinación dos prezos nun Convenio tamén
prodúcese noutros Concellos españois, como se viu por exemplo, na análise
dos Concellos de Madrid e Cádiz.
Na Resolución do Expediente A/2006 Inspección Técnica de
Edificacións II (remitirse ao anexo 4), efectuada no ano 2006 polo TGDC
sobre o Convenio de Colaboración para realiza-la ITE de oficio entre o
Concello de Vigo e o COAG, delegación de Vigo e o COAAT da provincia de
Pontevedra, este órgano ditaminaba que a fixación de tarifas incumpría o
artigo 1.1., letra a) da LDC (sen posibilidades de ser autorizado en base o
disposto no artigo 1.3.), onde se expón que
“Se prohíbe todo acuerdo, decisión o recomendación colectiva, o
práctica concertada o conscientemente paralela, que tenga por objeto,
produzca o pueda producir el efecto de impedir, restringir, o falsear la
competencia en todo o parte del mercado nacional y, en particular, los
que consistan en:
a) La fijación, de forma directa ou indirecta, de precios ...”
Asimesmo, na resolución do Expediente 374/96 de Aparejadores de
Valencia y Alicante do ano 2005, o Tribunal de Defensa de la Competencia,
con actuación no territorio nacional, declaraba tamén a fixación de prezos
como unha práctica que limita o artigo anterior.
Xa no artigo 5 da Ley 7/1997, del 14 de abril, de Medidas
liberalizadoras en materia de suelo y de Colegios Profesionales (Boletín
Oficial del Estado de 15 de abril de 1997), que modifica a Ley 2/74, de
Colegios Profesionales, de ámbito estatal, se sinala que os acordos,
decisións e recomendacións con transcendencia económica dos Colexios
deberán cumprir este artigo 1 da LDC. Asimesmo, o regulamento
autonómico dos mesmos, mediante o artigo 2.2. da Lei 11/2001 de colexios
profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia estable que
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
113
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
“O exercicio das profesións colexiadas realizarase en réxime de libre
competencia e estará suxeito, en canto á oferta de servizos e á
fixación da súa remuneración, á Lei sobre defensa da competencia...”
Os axentes entrevistados da oferta e demanda deste mercado
(profesionais e representantes dos Concellos), postúlanse como defensores
do establecemento deste baremo, xa que con el garantirase un prezo non
demasiado gravoso para o propietario (ao limitarse a subida dese prezo) e o
mesmo tempo que non poida ser un prezo demasiado baixo que faga que o
obrigado se desentenda da súa responsabilidade. Asimesmo ese prezo
representa unha certa calidade do servizo a prestar por parte do profesional
e do que responde o Colexio como encargado de realiza-la inspección
encomendada polo Concello.
Por outro lado, os propietarios consultados tamén apoian esta medida.
Consideran que para obte-las vantaxes dun mercado libre tense a
oportunidade de realiza-la inspección no seu prazo e aqueles que non o fan
terán que responder polo seu incumprimento. Consideran que
“..se o propietario que ten esta obriga non a cumpre ten que aterse ás
consecuencias e pagar un prezo maior que os cidadáns que cumpriron
no seu prazo”.
Aínda que o Convenio facilita a realización subsidiaria da ITE polo
Concello, poderíase optar por outro mecanismo para o cumprimento da súa
obriga sen necesidade de chegar á fixación de prezos, que ven sendo unha
das restricións á competencia máis reprochadas polos órganos encargados
da súa defensa.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
114
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
b) Prezos recomendados
Nos Colexios Profesionais dos técnicos capacitados para elabora-lo
Informe ITE existen uns prezos recomendados ou unha orientación para o
seu cálculo, función que poden realiza-los Colexios segundo o artigo 9 da
Lei 11/2001 de Colexios Profesionais na Comunidade de Galicia. Segundo o
estudo realizado pola Comisión Europea sobre a competencia dos servizos
profesionais, comentado neste capítulo, de igual modo que cos prezos fixos,
a Comisión Europea opina que as tarifas recomendas poden ter efectos
negativos sobre a competencia ao facilita-la regulación da política de
prezos, é dicir, pode producir efectos negativos sobre o mercado da ITE
onde a prestación do servizo ao propietario é libre (mercado privado da
ITE).
Para a Comisión Europea, si ben os prezos recomendados non sempre
limitan automaticamente a competencia, existen outros mecanismos máis
favorables a esta que favorezan aos consumidores e aos profesionais. Por
exemplo, a recompilación e publicación de información sobre prezos obtidos
a partir de estudos realizados por organismos independentes (consultoras,
organizacións de consumidores, etc.).
Na Resolución do Expediente COMP/38.2549 da Comisión Europea
(remitirse ao anexo 8), efectuada no ano 2004 pola Comisión Europea
sobre a recomendación de prezos efectuada pola Asociación de Arquitectos
belga, este órgano ditaminaba que a fixación dun baremo de honorarios
mínimos recomendados vulnera as normas comunitarias en materia de
competencia, xa que poden facilita-la coordinación da política de prezos do
mercado. Na súa resolución, a Comisión decidiu multar á Asociación de
Arquitectos belgas con 100.000 euros.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
115
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
c) Regulación da publicidade
No mercado da ITE ou no exercicio das
actividades das profesións que realizan esta
inspección, non existe unha regulación sectorial de
publicidade que restrinxa a mesma. Os Colexios
Profesionais están a favor da publicidade sen ningún
tipo de limitacións. A publicidade é boa para calquera
mercado, xa que fomenta a competencia ao informar
aos consumidores sobre os distintos produtos. Nos
mercados de libre competencia, os axentes coñecen
os prezos e as distintas alternativas existentes, onde os consumidores
elixirán a mellor opción. Para elo, a información debe ser alta para que o
consumidor poida toma-la decisión correcta.
Unha das alternativas que atopan os profesionais para dar a coñece-los
seus servizos á cidadanía é mediante o envío de publicidade. Para elo o
mellor mecanismo para poder realizar esta actividade é coñece-los edificios
e construcións que están obrigados a pasa-la ITE. Esta información, como
se explicou ao principio do informe, atópase no Rexistro ITE ou de Edificios
de cada Concello. Nas ordenanzas municipais inclúese que os datos que
constan no Rexistro de ITE ou Edificios
“serán públicos aos únicos efectos informativos e estatísticos,
verificándose o acceso ao mesmo de acordo co previsto no artigo 37
da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das
Administracións públicas e do procedemento administrativo común e
na Lei Ordinaria 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos
de carácter persoal”
Sen embargo, segundo profesionais entrevistados está información
non é publica para todos. Soamente no Concello de A Coruña aparece
publicado na web os expedientes ata o ano 2006.
Edificio vigués
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
116
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
d) Requisitos de entrada no mercado da ITE
No mercado da ITE encargada polo particular ao técnico, en xeral na
Comunidade Autónoma de Galicia existe un mercado libre. O propietario
obrigado a realiza-la inspección ten total liberdade para a selección do
técnico que realizará a ITE, buscando pola súa conta o profesional ou
acudindo ao Concello ou aos Colexios para que lle asesoren. Mencionar que
dende o COAG, delegación de Vigo e o COAAT da provincia de Pontevedra,
elaborase anualmente unha lista de profesionais para realiza-la ITE no
municipio de Vigo, con revisión anual, para por a disposición de calquera
particular, comunidade, empresa ou administración que o solicite ao Colexio
ou ao Concello de Vigo. Esta lista é cedida polos Colexios ao Concello a
modo informativo, entregándoa aos propietarios que piden asesoramento
sobre algún profesional á Oficina ITE Municipal. Non é necesario estar na
lista para a realización da ITE, a súa inscrición é voluntaria e comunícase
mediante circular.
Para a inspección subsidiaria, cada Concello actuará en base as
opcións propostas nas súas ordenanzas, mediante unha quenda a que
poderán acceder tódolos profesionais competentes ou a concertación de
Convenios de Colaboración cos Colexios Profesionais, encargados da
selección do técnico. No Convenio firmado entre o Concello de A Coruña e o
COAG, delegación de A Coruña e o COAAT da provincia, establecese que a
selección do técnico que realizará a inspección se efectuará a partir dunha
lista de profesionais que reunindo unha serie de requisitos (antigüidade
mínima de 5 anos no exercicio profesional e haber superado un curso de
formación impartido para esta cuestión) se inscriban nela, asegurando así a
calidade do servizo encomendado aos Colexios. Polo tanto, implica que
soamente os técnicos que reúnen estas condicións poderán inscribirse neste
rexistro para efectua-la ITE de oficio para o Concello, limitando o acceso
dalgúns profesionais no mercado da ITE subsidiaria.
Na Resolución do Expediente A/2006 do Convenio de Vigo, sobre o
“Rexistro de Profesionais Especializados” e o sistema de baremación
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
117
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
empregado para cuantificar a experiencia, formación e dedicación necesaria
do profesional para poderse inscribir na lista, o TGDC considerou que esta
práctica incumpría tamén o artigo 1.1., letra a) da LDC que prohibe
“... todo acuerdo, decisión o recomendación colectiva, ... que tenga
por objeto, produzca o pueda producir el efecto de impedir, restringir,
o falsear la competencia ... que consistan en:
a) La fijación, de forma directa ou indirecta, ... de otras
condiciones comerciales o de servicio.”
En ningún momento, nas ordenanzas municipais recóllese mención
algunha sobre algún requisito concreto de formación ou experiencia do
técnico. Simplemente, especifícase que este terá que ser competente,
condición que a LOE outorga claramente a este tipo de profesionais.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
118
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
7.4. Demandas do mercado para a mellora da
Competencia
Detectadas as distintas limitacións á competencia no mercado da ITE e
consultados aos axentes e profesionais que operan nel, estes demandan
unha serie de melloras para obter beneficios para todos.
1. Mellora das listas de Profesionais
Como se explicou no punto anterior, o COAG, delegación de Vigo e o
COAAT da provincia de Pontevedra, elaboran anualmente unha lista de
profesionais para realiza-la ITE no municipio de Vigo, con revisión anual.
Para os profesionais, a elaboración das listas está ben sempre e cando sexa
aberta a súa inscrición, para darse de alta e baixa cando se queira e non
soamente unha única ocasión anual para inscribirse, pechando o mercado.
“Si tu llegas tarde para inscribirte en esa lista ya no tienes oportunidad
...porque esas listas se cierran...Y si tú de repente quieres hacer
inspecciones ¿ya estas fuera del mercado? Cierran una fecha y ya no
hay opción de entrar en esa lista que tiene el Ayuntamiento, que es la
que se da a toda la gente que va al Ayuntamiento a informarse”
(profesional entrevistado)
Asimesmo, na lista figura cada profesional co seu ano de colexiación.
Esta información pódese entender como un dato para demostra-la
experiencia do técnico, sen embargo, un profesional pode traballar no
sector da Construción, non estando colexiado nese tempo. En termos de
competencia estaría así en inferioridade, xa que pode ter incluso máis anos
de experiencia que outros dos integrantes da lista. Para a mellora das listas,
proponse dende o mercado substituír o ano de colexiación polo ano de
finalización dos estudos.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
119
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
2. Fixación dun prezo mínimo
Dende moitos dos profesionais entrevistados demandase a fixación
dun prezo mínimo, para non romper o mercado e protexer tamén a calidade
do servizo ofrecido, aínda que esta fixación non impedirá que algúns
profesionais segan ofertando servizos de escasa calidade.
Existen profesionais que traballan a un prezo moi baixo, ao que non
poden facer fronte o resto de técnicos, xa que este prezo non cubre nin
sequera os gastos habituais que leva realiza-la inspección (visado,
desprazamentos, medicións, dossier fotográfico,...). Este prezo por debaixo
das posibilidades presume a existencia de inspeccións de baixa calidade. Por
mor desto, os técnicos demandan a fixación dun prezo que cubra como
mínimo estes gastos.
“La profesión no puede medirse en dinero, tienes una responsabilidad
y al final (...) es formación, es tiempo (...) o sea, la calidad es tiempo.
Lo del precio es bueno, ayuda a que la competencia se equilibre, sin
duda...” (profesional entrevistado)
Sen embargo e xa como se viu, a fixación dun prezo mínimo incumpre
a LDC. Haberá que buscar uns mecanismos menos restritivos da
competencia e que permitan mante-la calidade da inspección e protexer aos
consumidores.
3. Definición clara dos profesionais capacitados
Nas ordenanzas municipais sinálanse aos profesionais capacitados
como os facultados para realiza-la ITE, sen facer unha concreción máis clara
sobre algunha profesión específica. Dende o Concello remiten ao estipulado
na LOE como profesionais capacitados, sen embargo, nin nas ordenanzas
municipais nin na LOUGA faise mención algunha a LOE como fonte que
define aos profesionais facultados para realiza-la ITE.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
120
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Pídese dende os profesionais e propietarios dos inmobles unha maior
concreción sobre os profesionais que están capacitados para pasa-la
inspección.
4. Maior sensibilización sobre a ITE
Os profesionais entrevistados denuncian a existencia de certos “timos”
ou desvirtuacións do mercado, no que se introduciron empresas
construtoras que realizan a ITE a prezos “irrisorios” e incluso gratis, coa
finalidade de ditaminar un informe desfavorable e logo eles acomete-las
obras, prexudicando así ao propietario.
“...de rebote hubo empresas constructoras (...) que se metieron a
hacer inspecciones ¿qué era lo que hacían? Pues ellos cobraban 80 €.
Hubo una a 70 incluso. Y lo que hacían era materialmente imposible
(...) Reflejaban el mayor número de deficiencias posibles que había en
la vivienda para hacer ellos la obra...” (profesional entrevistado)
Tamén atopáronse profesionais que se presentan á propiedade como
técnicos municipais, de forma que o propietario facía as inspeccións con
eles porque así non terían problemas.
Estas actuacións veñen a viola-lo artigo 7 da Ley 3/1991, de 10 de
enero, de Competencia Desleal (nº 10, Boletín Oficial del Estado de 11 de
enero de 1991), que di que
“Se considera desleal la utilización o difusión de indicaciones
incorrectas o falsas, la omisión de las verdaderas y cualquier otro tipo
de práctica que, por las circunstancias en que tenga lugar, sea
susceptible de inducir a error a las personas a las que se dirige o
alcanza, sobre la naturaleza, modo de fabricación o distribución,
características, aptitud en el empleo, calidad y cantidad de los
productos y, en general, sobre las ventajas realmente ofrecidas”
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
121
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Demandase polo tanto unha maior sensibilización da ITE á cidadanía,
unha maior campaña de divulgación da mesma para o seu mellor
coñecemento entre a poboación e evitar ou polo menos minorar estes
enganos.
5. Acceso ao Rexistro ITE ou de Edificios
Demandase dende o mercado o acceso libre a información sobre as
edificacións suxeitas á ITE, datos recollidos no Rexistre ITE ou de Edificios
da Área/Xerencia de Urbanismo de cada Concello.
Noutras cidades españolas cunha dilatada experiencia no
desenvolvemento da ITE (Madrid, Sevilla...) figura na web do Concello o
listado de edificacións suxeitas á ITE cada ano. Así, calquera propietario
pode consultar se ten que pasa-la ITE sen necesidade de desprazamentos
ou chamadas e o mesmo tempo os profesionais poden enviar publicidade
sobre os seus servizos, beneficiando aos propietarios ao obter maior
información do mercado e dos prezos.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
122
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Conclusións
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
123
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
8. Conclusións
Despois de finaliza-la descrición do mercado da Inspección Técnica
de Edificacións e a diagnose da súa competencia, preséntanse máis
claramente as distintas conclusións do estudo mediante a ferramenta
denominada P.M.I. (Plus, Minus, Interesting), onde no “PLUS” recóllense
os aspectos positivos atopados, no “MINUS” os aspectos negativos que se
deben mellorar e, por último, co “INTERESTING” exprésanse os aspectos
destacables do ámbito da ITE.
Desta forma realízase unha exposición visual das principais
características que definen este mercado.
PLUS MINUS INTERESTING
� Conservación do patrimonio arquitectónico/ estado dos inmobles urbanísticos
� Seguridade dos inquilinos ou usuarios dos inmobles
� Seguridade dos transeúntes
� Mellora da calidade de vida das persoas
� Descoñecemento da ITE entre a poboación
� Ausencia de campañas periódicas divulgativas sobre a ITE
� Lentitude administrativa
� Atrasos na aplicación das ordenanzas
� Falta de concreción do perfil dos profesionais capacitados
� Medida de control do deber de conservación e rehabilitación
� Medida preventiva
� Obriga dos propietarios dos inmobles e subsidiaria da Administración Municipal
� Regulamento por parte da Área/Xerencia de Urbanismo de cada Concello
� Administracións Municipais responsables do cumprimento
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
124
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
PLUS MINUS INTERESTING
� Inspección visual. Existencia de risco no ditame da ITE
� Carencia de axudas á propiedade para realiza-la ITE
� Fixación de prezos e requisitos aos profesionais na inspección subsidiaria dalgún Concello
� Existencia de “timos” ou desvirtuacións no mercado da ITE
� Inspección periódica
� Traballos visados polos Colexios Profesionais
� Madrid, Concello pioneiro da ITE (1999)
� Concienciación cidadá. Resposta positiva
� Responsabilidade Civil dos profesionais
� Comunicación da obriga vía carta ou bando municipal
� Inspección visual, carencia de métodos específicos que elevarían o custe
� Liberdade de contratación do propietario
� Existencia de convenios para a inspección subsidiaria nalgún Concello
� Formación periódica dos profesionais da ITE
� Existencia de barreiras á competencia na ITE subsidiaria dalgún Concello e pola falta de coñecemento do mercado pola poboación
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
125
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Tras haber analizado os puntos fortes e débiles mediante a
ferramenta P.M.I., a continuación descríbense as principais conclusións
do estudo en base aos obxectivos propostos ao inicio da investigación.
1. Descrición do ámbito da ITE
Coa implantación da Inspección Técnica de Edificacións buscase
obter unha medida de control do deber de conservación e
rehabilitación dos inmobles propiedade da cidadanía, conseguindo
unha mellor imaxe urbanística do municipio e da calidade de vida,
ademais da seguridade da poboación. Esta actividade céntrase na
revisión dos aspectos de estabilidade, habitabilidade e ornato público,
entre outros, do inmoble.
A súa regulación ven establecida dende o ámbito autonómico e
municipal (LOUGA e ordenanzas municipais), correspondendo aos
Concellos, a través dos seus propios servizos, a labor de comproba-lo
cumprimento do deber de conservación e rehabilitación por parte da
propiedade das edificacións.
2. Mercados da ITE
Na actualidade, soamente existen catro Concellos galegos coa
implantación da ITE: A Coruña, Lugo, Vigo e Cangas, sendo aprobadas
as súas respectivas ordenanzas municipais no período 2003-2006.
Corresponde aos propietarios ou comunidades de propietarios dos
inmobles (catalogados ou de 30 ou 40 anos de antigüidade), ou outros
titulares lexitimados con dereito sobre a edificación no Concello de
Lugo, a realización da ITE, respondendo subsidiariamente a
Administración Municipal en caso de incumprimento desta obriga. Nas
ordenanzas non se concreta claramente o perfil dos profesionais
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
126
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
capacitados para a realización da inspección pero segundo as
características desta actividade repercute basicamente aos profesionais
da Arquitectura (arquitecto, arquitecto técnico ou aparellador,
enxeñeiro superior ou técnico industrial).
3. Procedemento da ITE
A obriga enténdese cumprida coa presentación dos documentos
oficiais da ITE no Rexistro de Edificios ou ITE, ou en A Coruña en
calquera outro rexistro, na forma establecida e dentro do ano seguinte
a aquel no que o edificio cumpre a antigüidade correspondente ou en A
Coruña nun ano contado a partir da comunicación do Concello á
propiedade. En caso de incumprimento en forma ou prazo, a
presentación dos documentos prorrógase 3 meses. Estes documentos
da inspección son visados polos Colexios Profesionais para comproba-
la profesionalidade do técnico responsable da inspección e o contido
dos documentos. En caso de ditame desfavorable o Concello
determinará as actuacións oportunas (declaración de ruína ou
realización de obras no inmoble).
4. Sistemas de Contratación do Persoal Técnico na ITE
Analizando o mercado, obsérvase que existe liberdade de
contratación dos técnicos capacitados por parte da propiedade. Para a
inspección subsidiaria dos Concellos as ordenanzas recollen a
posibilidade de concertar Convenios de Colaboración cos Colexios
Profesionais ou organizar unha quenda a que poidan optar tódolos
profesionais que reúnan os requisitos esixidos. O Concello de A Coruña
é o único que na actualidade ten un Convenio subscrito. O existente en
Vigo, subscrito no ano 2006, non foi autorizado polo Tribunal Galego
de Defensa da Competencia.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
127
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4. Implantación da ITE nos Concellos galegos e forma de
contratación da inspección
No momento de realización do estudo, nos Concellos galegos
estase a revisa-las inspección realizadas ata este ano, sen existir aínda
ITEs subsidiarias dos Concellos. En España, xeralmente existe unha
escasa ou falta de aplicación da ITE subsidiaria, o que leva a
inexistencia aínda de respostas ou alegacións dos axentes do mercado
ante os requisitos tipificados nos Convenios de Colaboración firmados
entre os Concellos e os Colexios Profesionais, que caracterizan o
mercado da ITE.
En xeral, na ITE ditaminase unha resposta positiva da xente (en
Lugo e Vigo con máis do 65 % de ITEs efectuadas). Pouco a pouco
conséguese a concienciación da poboación. Sen embargo, segue
habendo un descoñecemento xeral da normativa ITE e da súa
finalidade. A pesar do asesoramento que se ofrece dende os Concellos,
faise necesario unha maior campaña divulgativa.
5. Diagnóstico da competencia no mercado da ITE
A defensa da competencia convértese en tarefa fundamental a
seguir dende tódalas esferas gobernamentais, xa que a libre
competencia define toda economía de mercado.
Analizando a competencia no mercado da ITE, atopáronse unha
serie de barreiras ou limitacións á libre competencia, como son:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
128
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Barreiras á Competencia
A fixación de honorarios dos profesionais
Recomendación de prezos para o exercicio da actividade da ITE
Limitacións ao acceso de información do Rexistro de Edificios ou ITE
Requisitos esixidos aos técnicos para realiza-la ITE de oficio
Segundo a Resolución do TGDC sobre o Expediente do Convenio
de Vigo, este foi denegado por conte-la fixación dos honorarios dos
profesionais e un sistema de baremación mediante uns requisitos para
poder face-los técnicos a ITE subsidiaria. Estas limitacións exiten
tamén no Convenio de A Coruña firmado con dous Colexios
Profesionais (Colexio Oficial de Arquitectos e Colexio de Aparelladores
e Arquitectos Técnicos).
Finalmente comprobouse, que por parte dos axentes do mercado
da ITE demándanse unha serie de cuestións, coa finalidade de mellora-
la competencia do mercado da ITE e o desempeño da profesión, como
son:
Demandas do mercado
Mellora na confección das listas de profesionais entregadas a modo
informativo
Fixación dun prezo mínimo no mercado
Definición clara dos profesionais capacitados para realiza-la ITE
Maior información e sensibilización sobre a ITE
Acceso á lista de edificacións suxeitas á ITE
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
129
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Aínda que coa fixación dun prezo mínimo, os profesionais buscan
protexe-la calidade da inspección, esta medida vulnera a competencia.
Sen embargo, o resto de peticións si supoñen o perfeccionamento do
mercado da ITE, outorgando beneficios aos axentes que operan nel.
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
130
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Bibliografía
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
131
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
9. Bibliografía
MONOGRAFÍAS, ARTÍGOS E OUTROS DOCUMENTOS
� Guías, Anuarios, Estudos de mercado e Outras Fontes
� COMMISSION decision of 24 June 2004 relating to a proceeding under
Article 81 of the EC Treaty. Commission of the European
Communities. Bruselas, 2004. Dispoñible en:
http://ec.europa.eu/comm/competition/antitrust/cases/decisions/385
49/en.pdf
� CONVENIO de Colaboración entre el Excmo. Ayuntamiento de Cádiz,
el Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Cádiz y
Ceuta y la Demarcación de Cádiz del Colegio Oficial de Arquitectos de
Andalucía Occidental. Cádiz, 2000. Dispoñible en:
http://www.arquitectosdecadiz.com/index.asp?p=318&c=432aca3a1e
345e339f35a30c8f65edce
� CONVENIO de Colaboración entre el Excmo. Ayuntamiento de Madrid,
el Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid y el Colegio Oficial de
Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Madrid. Madrid, 2001.
Dispoñible en:
http://www.coaatm.es/detalle.aspx?CodContenido=324&tipo=16
� CONVENIO de Colaboración entre el Excmo. Ayuntamiento de Madrid
y el Colegio Oficial de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de
Madrid. Madrid, 2002. Dispoñible en: http://www.ciccp.es
� CONVENIO para a Inspección Técnica de Edificios subscrito entre o
Concello de A Coruña e o Colexio Oficial de Aparelladores e
Arquitectos Técnicos de A Coruña. A Coruña, 2004. Dispoñible en:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
132
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
http://www.coaatac.org/5_gabinete_tecnico/5_3_ite_y_mantenimien
to/ite_inspeccion_tecnica_de_edificios/7_convenio
� INFORME sobre a situación da competencia en Galicia no ano 2005.
Tribunal Galego de Defensa da Competencia. Santiago de
Compostela. Dispoñible en:
http://www.tgdcompetencia.org/informes/situacion_competencia_gali
cia_2005.pdf
� INFORME sobre la competencia en los servicios profesionales.
Comisión de las Comunidades Europeas. Bruxelas (Bélxica), 2004.
Dispoñible en: http://eur-
lex.europa.eu/LexUriServ/site/es/com/2004/com2004_0083es01.pdf
� RESOLUCIÓN Expte. A 2/2006 Inspección Técnica de Edificacións II.
Tribunal Galego de Defensa da Competencia. Santiago de
Compostela. 2006. Dispoñible en: http://www.tgdcompetencia.org
� RESOLUCIÓN Expte. 374/96 Aparejadores de Valencia y Alicante.
Tribunal de Defensa de la Competencia.Madrid. Xaneiro de 2005.
Dispoñible en:
http://www.tdcompetencia.es/PDFs/resoluciones/2005/1996.pdf
� Artigos de Publicacións Periódicas
� AGRAFOJO, N. Más del 45 % de las fincas del casco histórico ya están
rehabilitadas. En: La vozdigital.es. Cádiz. Dispoñible en:
http://www.lavozdigital.es/jerez/prensa/20061111/cadiz/fincas-
casco-historico-esta_20061111.html
� Aprobada unha campaña para dar a coñecer a Inspección Técnica de
Edificios. En: Xornal Vigo. Concello de Vigo. 8 de xuño de 2006. Vigo.
Dispoñible en:
http://xornal.vigo.org/xnnotsemana.php?lang=gal¬icia=6350
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
133
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� BLASCO, P. La inspección de edificios no examina instalaciones
eléctricas. En: El Mundo. 17 de abril de 2000. Madrid. Dispoñible en:
http://www.elmundo.es/2000/04/17/madrid/17N0029.html
� CIFUENTES, A. Repaso a la Inspección. Dispoñible en:
http://www.arquitectura-tecnica.com/ARTCERCH62-2.htm
� El Ayuntamiento detecta problemas en las estructuras de 38 edificios
de más de 40 años. En: La Voz de Galicia.es. A Coruña. 6 de agosto
de 2007. Dispoñible en:
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2007/08/06/003_6039963.htm
� Evolución del nº de A.T. en Galicia 2001-2005. En: Deplano, nº 9,
páx. 19-21. Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de
A Coruña. Abril 2006. A Coruña. Dispoñible en:
http://www.coaatac.com/10_revista_deplano/ano_2006/deplano_n1_
9
� FELIPE, A. La ITE cae en el olvido con miles de edificios precarios. En:
Su Vivienda, nº 423. El Mundo. 23 de decembro de 2005. Dispoñible
en:http://www.elmundo.es/suplementos/suvivienda/2005/423/11352
92412.html
� FELIPE, A. La responsabilidad de los técnicos de la ITE “en el aire”.
En: Su Vivienda, nº 200. El Mundo. 6 de abril de 2001. Dispoñible en:
http://www.elmundo.es/suvivienda/2001/SV200/SV200-03.html
� GÁMEZ, R. ITE: Algo más que una simple inspección. En: Su
Vivienda, nº 204. El Mundo. 4 de maio de 2001. Dispoñible en:
http://www.elmundo.es/suvivienda/2001/SV204/SV204-04.html
� ITE: para evitar derrumbamientos. En: Expocasa.com. 2001.
Dispoñible en:
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
134
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
http://www.expocasa.com/reportajes/index.cfm?pagina=reportajes_
vivienda_005_005
� La falta de seguridad en los edificios de Cangas se penará con multas.
En: Edición Digital, nº 2549. Faro de Vigo. 23 de febreiro de 2006.
Vigo. Dispoñible en:
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2549
&pIdSeccion=18&pIdNoticia=48304
� La financiación llega a las obras de la ITE. En: Su Vivienda, nº 237. El
Mundo. 25 de xaneiro de 2002. Dispoñible en:
http://www.elmundo.es/suvivienda/2002/237/1011943310.html
� La ITE costará cara a los madrileños. En: Expocasa.com. 2001.
Dispoñible en:
http://www.expocasa.com/reportajes/index.cfm?pagina=reportajes_
vivienda_013_013
� PARDO, J. La universidad formará a los inspectores de la ITE
coruñesa. En: Edición Coruña. El Ideal Gallego. A Coruña. Dispoñible
en:
http://www.elidealgallego.com/servlet/ContentServer?pagename=Op
enMarket/Xcelerate/Render&inifile=futuretense.ini&c=CSINoticias&cid
=1110357333725&t=NoticiaCompleta&edicionnav=1028218396342&
arglink=nolink
� Pasar la Inspección. 1999. Dispoñible en: http://www.arquitectura-
tecnica.com/ARTICULO3.htm
� QUIAN, C. Las ayudas para rehabilitar viviendas llegan al 80 % del
coste de la obra. En: La Voz de Galicia, nº 200. A Coruña. 15 de
octubre de 2006. Dispoñible en: http://www.lavozdegalicia.es
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
135
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� Un año de ITE. En: Deplano, nº 10, páx. 22-24. Colegio Oficial de
Aparejadores y Arquitectos Técnicos de A Coruña. Xuño/setembro
2006. A Coruña. Dispoñible en:
http://www.coaatac.org/10_revista_deplano/ano_2006/deplano_n1_
10
� VOCENTO/VMT. El ayuntamiento de Barcelona, a diferencia del de
Madrid, renuncia al control integral de los edificios. En: Terra
Actualidad. Dispoñible en:
http://actualidad.terra.es/provincias/barcelona/articulo/ayuntamiento
_barcelona_madrid_791579.htm
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
136
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
LEXISLACIÓN
� Ámbito Comunitario
� REGLAMENTO Nº 1/2003 del Consejo, de 16 de diciembre de 2002.
(Diario Oficial de las Comunidades Europeas de 4 de enero de 2003).
Dispoñible en:
http://europa.eu/eur-
lex/pri/en/oj/dat/2003/l_001/l_00120030104en00010025.pdf
� TRATADO Constitutivo de la Comunidad Europea. (Diario Oficial de las
Comunidades Europeas de 24 de diciembre de 2002). Dispoñible en:
http://eur-lex.europa.eu/es/treaties/dat/12002E/pdf/12002E_ES.pdf
� Ámbito Estatal
� LEY 53/1984, del 26 de diciembre, de incompatibilidades del personal
al servicio de las Administraciones Públicas. (nº 4, Boletín Oficial del
Estado de 4 de enero de 1985). Dispoñible en:
http://webs.uvigo.es/cigatins/lexislacion/promocionC/persoal/lei%20
53-1984%20incompatibilidades.pdf
� LEY 16/1989, del 17 de julio, de Defensa de la Competencia. (nº 170,
Boletín Oficial del Estado de 18 de julio de 1989). Dispoñible en:
http://www.dgdc.meh.es/legislacion/legislacion_16_89.htm
� LEY 3/1991, del 10 de enero, de Competencia Desleal (nº 10, Boletín
Oficial del Estado de 11 de enero de 1991). Dispoñible en:
http://www.uam.es/personal_pdi/derecho/bbagooria/LCD%203-
1991.pdf
� LEY 7/1997, del 14 de abril, de Medidas liberalizadoras en materia de
suelo y de Colegios Profesionales (Boletín Oficial del Estado de 15 de
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
137
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
abril de 1997). Dispoñible en:
http://www.coag.es/normativa/archivos/17/17.pdf
� LEY 38/1999, de 5 de noviembre, de Ordenación de la Edificación
(Boletín Oficial del Estado de 6 de noviembre de 1999). Disponible
en: http://www.coag.es/normativa/archivos/233/233.pdf
� LEY 15/2007, de 3 de julio, de Defensa de la Competencia. (nº 159,
Boletín Oficial del Estado de 4 de julio de 2007). Dispoñible en:
http://www.dgdc.meh.es/Informes/LEY%2015-
2007%20DEFENSA%20COMPETENCIA.pdf
� Ámbito Autonómico
� LEI 11/2001, do 18 de setembro, de Colexios Profesionais da
Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia de 28 de
setembro de 2001). Dispoñible en:
http://www.coag.es/normativa/archivos/267/267.pdf
� LEI 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e
protección do medio rural de Galicia. (Diario Oficial de Galicia do 31
de decembro de 2002). Dispoñible en:
http://www.coag.es/normativa/archivos/325/325.pdf
� LEI 6/2004, de 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da
competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (nº 141, Diario
Oficial de Galicia do 22 de xullo de 2004). Dispoñible en:
http://www.tgdcompetencia.org/normativa/Lei_6_2004_gl.pdf
� LEI 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do
30 decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural
de Galicia. (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2004).
Dispoñible en: http://www.coag.es/normativa/archivos/395/395.pdf
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
138
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� DECRETO 20/2005, do 3 de febreiro, de desenvolvemento da Lei
6/2004, de 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da
competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (nº 32, Diario
Oficial de Galicia do 16 de febreiro de 2005). Dispoñible en:
http://www.tgdcompetencia.org/normativa/Decreto_20_2005_gl.pdf
� Ámbito Municipal
� ORDENANZA de conservación e rehabilitación del Casco Antiguo del
Ayuntamiento de Cádiz. (Capítulo 3, Título I, nº 50, Boletín Oficial de
la Provincia de Cádiz de 3 de marzo de 1999). Dispoñible en:
http://www.arquitectosdecadiz.com/index.asp?p=318&c=432aca3a1e
345e339f35a30c8f65edce
� ORDENANZA de conservación e rehabilitación de inmobles do
Concello de A Coruña (rex. 12779-x). (Título III, nº 264, Boletín
Oficial da Provincia de A Coruña do 17 de novembro de 2006).
Dispoñible en: http://www.dicoruna.es/bop/2006/11/17/12779-
x.htm
� ORDENANZA de Inspección Técnica de Edificaciones (nº 139, Boletín
Oficial de la Provincia de Sevilla de 17 de junio de 2004). Dispoñible
en: http://www.coaat-
se.es/varios/ficheros_normativa/ordenanza%2020-5-04(ite).pdf
� ORDENANZA de Inspección Técnica de Edificacións do Concello de
Cangas. (páxs. 10-22, nº 126, Boletín Oficial da Provincia de
Pontevedra do 3 de xullo de 2006).
� ORDENANZA municipal reguladora da inspección técnica de
edificacións do Concello de Vigo (exp.936/400). (páx. 59-72, nº 93,
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 16 de maio de 2005).
Dispoñible en: http://www.coag.es/vigo/varios/Vigo-OM-ITE.pdf
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
139
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� ORDENANZA municipal reguladora das Medidas de Conservación e de
Seguridade nos Elementos Exteriores das Edificacións do Concello de
Pontevedra. (páxs. 9-13, nº 246, Boletín Oficial da Provincia de
Pontevedra do 27 de decembro de 1999).
� ORDENANZA sobre la Conservación de los Edificios y Ruínas. (Título
II. Boletín Oficial da Provincia de A Coruña de 15 de marzo de 2004).
Dispoñible en:
http://www.coruna.es/especiales/ite/pdf/normativa.pdf
� ORDENANZA sobre Conservación, Rehabilitación y Estado Ruinoso de
las Edificaciones del Ayuntamiento de Madrid. (Capítulo 3, Título I, nº
45, Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid de 23 de febrero de
1999). Dispoñible en:
http://www.fidas.org/usuarios/evaristoucedo/madrid/ord_mad.PDF
� ORDENANZA sobre Conservación, Rehabilitación y Estado Ruinoso de
las Edificaciones del Ayuntamiento de Madrid. (Capítulo 3, Título I, nº
37, Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid de 13 de febrero de
2004). Dispoñible en:
http://www.coam.org/pls/portal/docs/PAGE/COAM/COAM_AYUDA_PR
OFESIONAL/HTML/CAT12981.HTML
� ORDENANZA sobre Conservación, Rehabilitación e Estado Ruinoso das
Edificacións do Concello de Lugo. (Capítulo 3, Título I, nº 231,
Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 8 de outubro de 2003).
Dispoñible en:
http://www.Concellodelugo.org/Concello/docs/ordenanzas/2003-10-
8_04772.pdf
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
140
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
PÁXINAS WEB
� Asociación Española para la Defensa de la Competencia
http://www.aedc.es
� Colegio de Arquitectos de Cádiz
http://www.arquitectosdecadiz.com
� Colegio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia
http://www.coafga.org
� Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
www.coag.es
� Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de A Coruña.
http://www.coaatac.org/5_gabinete_tecnico/5_3_ite_y_mantenimiento/i
te_inspeccion_tecnica_de_edificios
� Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Pontevedra.
http://www.coaatpo.es
� Consejo Superior de los Colegios Oficiales de Arquitectos de España
www.cscae.com
� Consejo General de la Arquitectura Técnica de España
www.arquitectura-tecnica.com
� Constructora Digital
http://www.enllave.es
� Dirección General de la Competencia de la Comisión Europea
http://ec.europa.eu/comm/competition/index_es.html
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
141
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda. Consellería de
Vivenda e Solo (IGVS)
www.igvs.xunta.es
� Dirección Xeral de Urbanismo. Consellería de Política Territorial,
Obras Públicas e Transportes (CPTOP).
www.cptopt.xunta.es
� Federación Galega de Municipios e Provincias
www.fegamp.es
� Gerencia de Urbanismo del Ayuntamiento de Cádiz
http://www.cadiz.es/Category/Urbanismo/Inspeccion_Tecnica_de_Edifici
os/617
� Gerencia de Urbanismo del Ayuntamiento de Madrid
http://www.munimadrid.es/portal/site/munimadrid/menuitem.9d9e646a
0a81b0aa7d245f019fc08a0c/?vgnextoid=e6c9a2d6cdc5f010VgnVCM200
0000c205a0aRCRD&vgnextchannel=8dba171c30036010VgnVCM100000
dc0ca8c0RCRD
� Gerencia de Urbanismo del Ayuntamiento de Sevilla
www.sevilla.org/urbanismo
� Información ITE do Concello de A Coruña
http://www.coruna.es/especiales/ite/
� Información sobre a ITE
www.ite.biz
� Ministerio de Fomento
www.fomento.es
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
142
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
� Organización de Consumidores y Usuarios
www.ocu.org
� Planeamento urbanístico de Galicia (Colaboración entre a CPTOP e
COAG)
www.planteamentourbanistico.xunta.es
� Portal dos Concellos de Galicia
www.eidolocal.com
� Servicio de Defensa de la Competencia
www.dgdc.meh.es
� Tribunal de Defensa de la
www.tdcompetencia.es
� Tribunal Galego de Defensa da Competencia
www.tgdcompetencia.org
� Universidade da Coruña
www.udc.es
� Xerencia Municipal de Urbanismo. Concello de A Coruña
www.coruna.es
� Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo4.php?lang=gal.
� Xunta de Galicia.
www.xunta.es
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
143
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Anexos
Estudo sobre as características da implantación do sistema de Inspección Técnica de Edificacións nos municipios de Galicia dende o punto de vista da competencia
144
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
10. Anexos
Anexo 1 Guións das entrevistas
Anexo 2. Modelos oficiais dos documentos ITEs dos Concellos de Vigo,
Cangas e A Coruña
Anexo 3. Convenio de Colaboración entre o Concello de A Coruña, o
COAG, delegación de A Coruña e o COAAT da provincia de A
Coruña
Anexo 4. Resolución do Expediente A 2/2006 Inspección Técnica de
Edificacións II do Servizo Galego de Defensa da Competencia
Anexo 5. Carta de comunicación obriga da ITE do Concello de Vigo
Anexo 6. Tríptico informativo da ITE no Concello de A Coruña
Anexo 7. Tríptico informativo da ITE no Concello de Vigo
Anexo 8. Resolución do Expediente COMP/38.2549 de la Comisión
Europea sobre a recomendación de prezos da Asociación de
Arquitectos belgas
Anexo 9. Ordenanzas Municipais galegas consultadas
Anexo 10. Ordenanzas Municipais e Convenios de Colaboración españois
consultados
Anexo 11. Resto normativa consultada