19 Decembro 2013 - BD Nº 89

16
Número: 89- Ano: V - 20 de decembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. UN ANO DE DEPORTE EN IMAXES Páx. 8-9

description

O número 89 do Barrios Deportivo trae a portada numerosas fotos do deporte ourensán durante o ano 2013. Nas páxinas centrais, máis fotos reflexan o que foi o ano deportivo en imaxes. O Torneo de Nadal de ximnasia e o Salón da Xuventude "Megaxove" tamén sob outras das novas máis destacadas deste número.

Transcript of 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

Page 1: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

Número: 89- Ano: V - 20 de decembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

UN ANO DE DEPORTE EN IMAXES Páx. 8-9

Page 2: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

� BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

MEGAXOVE

A recollida de alimentos da Operación Quilo estivo presente por segundo ano

Os inchables foron do máis demandado en Megaxove./M. REJO

10.000 persoas elexiron Megaxove na ponte da Constitución4 Máis de 40 entidades de asociacións xuvenís e clubes de-portivos participaron nesta edición, a 14ª.Redacción

Máis de 10.000 visitantes elexiron Megaxove como a mellor alternativa para toda a familia durante a ponte da Constitución. Máis de 40 entidades de asociacións xuvenís e clubes deporti-vos participaron nesta 14ª edición.

Catro días de intensa actividade converteu a Megaxove -celebrado en Expourense- na mellor al-ternativa para as familias galegas durante a ponte de decembro xa que as máis de 10.000 persoas que se achegaron ao Salón da Xu-ventude procedían de toda a comunidade.

Megaxove ofreceu máis de 1�0 actividades diferen-tes, un programa completo que conseguiu entreter, di-vertir e formar a miles de nenos e nenas de todas as idades.

EscaparateMegaxove é un bo esca-

parate para moitas asocia-cións e clubs que ao longo do ano non teñen moita presenza. No Salón apro-veitaron para dar a coñecer as actividades que realizan ao longo do ano ou para convocar os seus alumnos organizando torneos e pro-bas deportivas.

Deportes coma atletismo, o street hoquei ou o judo,

así como outras actividades lúdicas como o escaléxtric estiveron presentes neste evento. A Fundación Cipri Gómes impartiu clases co-lectivas e organizou exhibi-cións de distintas discipli-nas de defensa persoal.

O karaoke volveu ser outra das actividades máis demandadas, con centos de nenos participantes que elixiron as cancións do mo-mento (Juanes, Efecto Pa-sillo, Chino y Nacho, Juan

Magan...) sen esquecer os clásicos dos Paiasos da Tele que soaron moitas veces ao longo dos catro días.

NovidadesOs obradoiros de quiro-

masaxe, a proxección de vídeos sobre naturopatía ou vida animal, os obradoi-ros de pinturas mandalas, o obradoiro de nós da Arma-da de Ferrol, ou a pista de aplicación da Brilat foron algunhas das actividades que xeraron maior paticipa-ción por parte dos mozos e mozas que acudiron a Me-gaxove.

Operación QuiloPor segundo ano consecu-

tivo Megaxove, da man de Amencer, puxo en marcha unha “Operación Quilo” que recolleu alimentos en-tre os visitantes ao recinto feiral que serán entregados ás familias máis desfavore-cidas. Outra das actividades que xerou maior interese

foron as exposicións da Secretaría Xeral para o De-porte e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntaria-do: “Educación, Deporte e Valores” e outra relaciona-da cos xogos populares.

Por outra banda, as acti-vidades promovidas pola Concellería de Xuventude de Ourense, tiveron unha gran acollida por parte do público. Entre elas, des-tacaron as exhibicións de graffiteiros, os espectáculos de maxia, o campionato de escaléxtric, os concertos de rap, as actividades de “mi-

cro aberto”, as exhibicións de hip-hop e breakdance ou os simuladores de condu-ción.

O wushu estivo presente en Megaxove coa celebración dunha Copa. O judo, fiel á cita do Salón de Ocio.

O atletismo foi o protagonista do derradeiro día do Salón.

Megaxove é un bo escaparate para moitas asociacións e clubs

Page 3: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

3ACTUALIDADE

O público foi fiel á cita e encheu as bancadas da cancha central do pavillón dos Remedios animando a todos os ximnastas

Dúas ximnastas realizando un exercicio co seu grupo.

Redacción

O VII Torneo de Nadal de Ximnasia tivo un enor-me éxito de participación e público. Máis de 500 ximnastas acudiron a esta sétima edición e o público encheu as gradas da can-cha central do pavillón dos Remedios o pasado 6 de decembro.

En total foron 537 os ximnastas de Galicia e Asturias que participaron neste evento.

O carácter lúdico deste torneo quítalle a presión da competición a ximnas-

Éxito de participación e público no Torneo de Nadal de Ximnasia4 Máis de 500 ximnastas participaron nesta sétima edición.

tas e sérvelles de adestra-mento. Participaron nenos e nenas desde os dous anos ata os 18 con exercicios de gran creatividade.

ExerciciosOs máis pequeniños fixe-

ron gozar aos asistentes cun tímido exercicio no que se desenvolveron sorprenden-temente a pesares da súa curta idade. Os conxuntos de rítmica amosaron que a rítmica galega mellora cada ano a súa calidade técnica. E pola súa banda, os nenos e nenas de trampolín sor-prenderon cos seus saltos,

desde os mais pequenos ate os máis veteranos como é o caso do mundialista Eduar-do Novelle que sorprendeu a todo o mundo cos seus saltos en dobre minitramp (DMT) e en trampolín (TR).

Redacción

Fútbol e baloncesto esta-rán presentes na programa-ción de Nadal do Concello de Ourense. Os Remedios será o epicentro das activi-dades deportivas, e o Pom-peo será outra das sedes.

O Campus Cativo de Na-dal de fútbol celebrarase os días �3, �6, �7 e 30 de de-cembro e os días � e 3 de xaneiro, de cinco a seis da tarde no pavillón municipal dos Remedios.

O ABO organiza o seu

Fútbol e baloncesto na programación de Nadal 4 Os Remedios será o epicentro das activida-des deportivas. Tamén o Pompeo terá o seu protagonismo.

campus de baloncesto no anexo dos Remedios de 10 a 14 horas os días �6, �7 e �8 de decembro; o mesmo �8 o club celebrará o seu torneo infantil (de 10 a �0 horas no anexo).

O venres �7 de decembro na central dos Remedios disputarase, a partir das �0 horas, o tradicional partido de fútbol sala benéfico en-tre autoridades e medios de comunicación.

En categorías prebenxa-mín e benxamín, o XXI Torneo de Nadal de fútbol 8

xogarase o �7, �8 e �9 de decembro e o 4 de xaneiro de 10 a �0 horas, no cam-po Miguel Ángel.

Memorial de balonces-to no Pompeo

Os días �9 de decem-bro, 4, 5 e 6 de xaneiro, a cancha O Pompeo do IES Otero Pedraio será a sede do torneo de balonces-to feminino “I Memorial Alejandra González Ro-dríguez”. O evento dispu-tarase de 10 a �0 horas.

Representantes dos equipos que participarán no Torneo Solidario de fútbol sala.

Torneo benéfico de fútbol salaO vindeiro venres �7 de decembro a cancha central do pavillón municipal dos Re-

medios de Ourense será novamente a sede do tradicional torneo benéfico de fútbol sala entre autoridades e medios de comunicación. Este ano, ademais de Concello, Deputación e prensa, únese un cuarto grupo que intentará lograr a vitoria: a Xunta de Galicia.

A partir das oito da tarde comezarán as semifinais. A primeira delas disputarana os representantes do Concello e da Deputación. Tras coñecer ao primeiro dos finalistas xogarase o encontro entre os medios de comunicación e a Xunta de Galicia. Os per-dedores xogarán entre eles polo terceiro e cuarto posto. Despois terá lugar a gran final para dilucidar ao vencedor dun evento que de seguro estará moi disputado.

Os encontros terán unha duración de �0 minutos a tempo corrido.Os que queiran ver este torneo deberán abonar tres euros ou levar comida non pere-

cedoira. O que se recade, tanto de cartos coma de alimentos, irá destinado ao Banco de Alimentos.

Page 4: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

4 BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

BALONCESTO

Rafa Huertas lanzando a canastra. /RAMSÉS

María Álvarez foi unha das xogadoras do Pabellón que permaneceu todo o encontro ante o Ferrol sen descanso.

S.N.

Xogar 6 contra 9 converte ata o encontro máis sinxelo nun reto costa arriba, pero se ademais o rival que tes en-fronte é o líder do teu grupo e un dos mellores equipos de toda a categoría a histo-ria semella aínda peor. Este panorama foi o que se ato-pou o Pabellón Ourense na súa visita a Ferrol a pasada xornada. As lesións merma-ron un banco xa de por si inferior ao coruñés e, deste xeito, non houbo posibilida-de de ningunha sorpresa.

O Ferrol xogaba coa tran-quilidade de saberse supe-rior e así o demostrou na cancha. Un primeiro parcial de 15-7 xa demostraba que ao Pabellón só lle queda pasar o trámite e manter o tipo. Con Tudanca e Mén-dez encargándose do labor anotadora, o conxunto co-ruñés acadou o descanso cunha cómoda vantaxe de 18 puntos (35-17). Enfronte estaba Claudia Aponte, que non deixaba escapar, como adoita ser habitual nela, ningunha oportunidade de lanzar a aro e de sumar pun-tos para o equipo ourensán, pero os seus esforzos non foron suficientes para do-bregar a semellante titán.

O terceiro período foi moi semellante aos dous anteriores, o Ferrol sumou ata �4 puntos en 10 minutos e só a insistencia de Aponte e o bo facer de María Álva-rez frearon algo a súa impa-rable racha. 59-�6 era o re-sultado quedando o último tempo por desputar.

Foi nos dez derradeiros minutos de xogo cando o Pabellón puido medirse con algo máis de igualdade

co Ferrol, e un parcial de 13-14 fixo que o conxun-to de Benjamín Rodríguez puidese gozar dun respiro neste agónico partido. Pero o desgaste das súas xogado-ras engadido aos deberes xa feitos do conxunto univer-sitario dende o primeiro mi-nuto fixeron que nada vale-se para mellorar a situación. 70-42 foi o resultado final do choque, que deixou ao Ferrol de primeiro e ao Pa-bellón de penúltimo, a pi-ques de medirse con outro dos grandes da cateogoría, o Ensino (terceiro clasifica-do).

Protagonistas a tempo completo

Claudia Aponte está a ser, sen dúbida, a xogadora pro-

O líder somete ao Pabellón4 O Universitario Ferrol vence ao conxunto ourensán por 72-40.

tagonista do Pabellón, e de todos os encontros que o equipo ourensán leva disputado no que vai de liga. Nesta ocasión, leva-ron a súa sinatura �� dos 40 puntos do conxunto pa-villonista e acadou un 11 de valoración.

Pero o seu talento e as numerosas baixas fan que Claudia non descanse entre o minuto 0 e o 40. Xunto a ela, Álvarez e Saarinen tamén permane-ceron todo este encontro na cancha.

O Pabellón recibe este sábado 21 nos Remedios, ás 20 horas, ao Ensino

R. Torres

O Ourense Termal (Club Ourense Balonces-to) atópase ante o reto de vencer no Paco Paz por primeira vez desde que comezou a tempada �013-�014. O venres �0 recibe a partir das 21 horas ao filial do FC Barcelona. Equipo con idéntica dinámica que os ourensáns.

Dúas vitorias e nove de-rrotas é a bagaxe de gale-gos e cataláns nas 11 pri-meiras xornadas de Liga. A diferenza entre os dous conxuntos é que o COB leva unha racha de seis perdidos sen coñecer a vi-toria, e o Barça B tan só tres. Aínda así, o Ourense Termal marcha por diante do equipo filial, pero ago-ra o conxunto local está obrigado a dar unha ale-gría á súa bancada e poder respirar tranquilo despois dun inicio ligueiro lonxe das expectativas creadas durante a pretempada.

Para o adestrador Gon-zalo García de Vitoria non hai excusas para non ga-ñar neste encontro. “Cada partido de aquí a final de tempada será o máis im-portante, pero neste non temos excusa, debemos gañar”, sentenciaba un técnico que non quere perder e baixar a última posición da clasificación. García poderá contar cun cada vez máis recuperado Pedro Rivero, quen xa deu mostras de melloría contra Oviedo. “Pedro está moito mellor tanto física como animicamente. Ao saber que dolencia ten está máis tranquilo e iso notarase”,

O Ourense Termal, ante o reto de vencer no Paco Paz4 Recibe ao Barça B o venres ás 21 horas.

explica o adestrador.

BaixasPara este partido o ades-

trador do Ourense Termal, Gonzalo García de Vitoria, non poderá contar nin con Roberto Morentín nin con Julio González. O primei-ro ten rotura parcial do li-gamento lateral interno do xeonllo esquerdo, produci-da durante o partido contra o Oviedo; o pivot estará de baixa arredor de seis sema-nas. Pola súa banda, Gon-zález sofre unha rotura de isquiotibiais do muslo de-reito e a súa convalecencia será de aproximadamente catro semanas; o alero xa

non participou no encontro disputado en terras asturia-nas. Dúas baixas sensibles que os seus compañeiros deberán facer olvidar.

Peche na CoruñaO Ourense Termal pecha

a primeira volta e o ano en terras herculinas. O encon-tro terá lugar o domingo �9 ás 19 horas. O Básquet Co-ruña é quinto con oito vito-rias e tres derrotas.

O Ourense Termal aínda non coñece a vitoria no Paco Paz no que vai de tempada

Page 5: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

5BALONCESTO / FÚTBOL

R. Torres

O CD Ourense superou o mércores 18 de decem-bro dous trámites ben dis-tintos.

Por unha banda goleou ao Laredo (4-0), polo que xa está clasificado para oitavos de final da Copa Federación; e pola outra, aprobáronse as contas para o exercicio �013-�014 na asamblea anual de accionistas.

Copa FederaciónDespois do partido de

ida no que os rojillos ven-ceron por 0-1 chegaba o partido de volta. Nunha noite desapacible Luisito

Dous trámites superados para o Club Deportivo Ourense4 Vence con claridade ao Laredo e aproba as contas da pre-sente campaña.

formou cun 11 ben distin-to ao dos domingos, dando cabida aos menos habituais. Estes responderon da mellor maneira posible: goleando ao rival. Souto, Iker Alegre e Capi en dous ocasións facían 4-0 que poñía un contunden-te 5-0 no cómputo global da eliminatoria, e clasificación aos oitavos de final.

AsambleaO outro trámite que ti-

veron que sacar adiante os directivos de CD Ourense foi a asamblea xeral de ac-cionistas onde se rendían as contas do club. Se en pri-meira convocatoria (martes 17 de decembro) non se che-gou ao quorum para realizar dita asamblea (concurriron un 1�% de accións cando tiñan que estar polo menos o �5%), en segunda convoca-toria a cousa foi ben distinta. Con moito menos asistencia a porcentaxe de accións su-perou o �5%, chegando ao �7%.

As contas reflexaron unha débeda de dous millóns de euros e aprobaron por una-nimidade un presuposto lixeiramente superior aos 900.000 euros. En canto aos gastos deste ano estímanse

Na asamblea previron acadar uns beneficios en 2014 de 200.000 mil euros, para recurtar débeda

en 697.000 euros, o que su-pón un beneficio de 205.000 euros, que se destinarán a recurtar a débeda cos acre-dores.

LogroñésO Club Deportivo Ouren-

se pecha o ano o vindeiro domingo �� de decembro en Logroño. Medirase nas Gaunas á SD Logroñés. Os logroñeses son décimos con �� puntos a seis dos ouren-sáns. Unha vitoria do equipo da vella Auria suporía rema-tar o ano, e a primeira volta, nos postos de arriba.

Moisés interceptando unha xogada do Laredo./M.R.

A directiva do CD Purense durante a asamblea celebrada este 18 de decembro./R.T.

CDO goleou ao Laredo por 4-0 e clasificouse así para os oitavos de final da Copa Federación

O Ourense Termal buscará un reforzo4 Será despois do encontro contra o Barça B.R.T.

Despois do encontro que enfronte ao Ourense Ter-mal contra o filial do FC Barcelona, o adestrador do Club Ourense Baloncesto (Ourense Termal) sondeará o mercado na procura dun xogador que axude a su-plir as baixas de Roberto Morentin e Julio Gonzá-lez, dous xogadores cunha baixa de media duración (máis dun mes estarán no dique seco).

García de Vitoria busca-rá, en principio un xogador, pero se encontra algo ase-quible non descarta realizar dúas fichaxes. En canto ao posto o que máis necesi-tan é suplir a ausencia de Morentin, polo que, en

principio, tentarán asinar cun home alto, pero sen descartar unha posible fi-chaxe dun home exterior. O técnico o que pretende é atopar un xogador que sume e que dea calidade aos ades-tramentos. Entre as dúas baixas, o proceso gripal de Kale e o xeonllo de Huertas, o grupo non poido realizar un adestra-mento de calidade a me-diados de semana.

Os xogadores terán cinco días de vacacións despois do encontro deste venres, e é neses días can-do o club pretende pechar a nova incorporación.

García de Vitoria buscará no mercado a un xogador que axude a suplir as baixas de Morentin e de González

Convenio COB - CDO4 Repiten a acción da tem-pada pasada.Redacción

O xoves 19 de decembro no Centro Comercial Ponte Vella, Club Ourense Ba-loncesto (Ourense Termal) e Club Deportivo Ourense rubricaron un convenio de colaboración que é a répli-ca do que xa asinaran o ano pasado.

Entre as vantaxes deste convenio está a de ter un desconto (do �0%) os so-

cios de cada un dos clubs que queiran acudir a cal-quera encontro do outro club. Tamén, dentro do convenio está o intercam-bio de invitacións de am-bas directivas para acudir aos partidos. Na firma do convenio estiveron os dous presidentes das dúas entidades e unha represen-tación de xogadores tanto de CDO coma do Ourense Termal.

Morentin estará de baixa varias semanas. /RAMSÉS

Page 6: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

6 BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013 POLIDEPORTIVO

Redacción

O Galmédica Ourense Tenis de Mesa acadou unha importante vitoria na Ter-ceira División Nacional de tenis de mesa.

Os ourensáns lograron unha clara vitoria no Paco Paz diante do AD Vincios Const. M. Tapia por 5-�. No equipo de Gondomar compite o xogador con me-llor ránking do grupo sur da liga, Andrés Gregorio, quen demostrou a súa calidade con detalles ao alcance de moi poucos.

Por parte dos xogadores locais, Diego Gómez con-seguíu os dous puntos que

Vitoria do Galmédica para finalizar o ano4 Con esta vitoria o Galmédi-co é segundo.

disputou. Rodrigo Álvarez e Emilio Diéguez lograron un e medio cada un deles.

SegundosCon esta vitoria os ouren-

sáns seguen segundos cla-sificados na xeral do grupo sur da Terceira División Nacional, a catro puntos do líder, o Helios Car Lu-nas. A Liga terá un parón nestas datas de Nadal, e a competición volverá o 11 de xaneiro. Ese día disputa-rase a xornada número 10, cando o Galmédica visite a cancha do A.D. Vincios - A Pasaxe, equipo que marcha na terceira posición, a dous puntos dos ourensáns. Integrantes do Galmédica Tenis de Mesa.

I Torneo Isa Bertos DeluxePreto de 50 mulleres competiron durante varios días

nas dúas categorías do I Torneo Isab Bertos Deluxe dis-putado no P�1 Pádel Club: 1ª categoría, aberta a todas as xogadoras, e �ª categoría, restrinxida a federadas.

Na final de 1ª categoría impúxose a parella formada por Julia Soto e Ali diante de María Murias e Lorena Reverter, mentres que en 2ª categoría a final foi gañada por Susi Durán e Gladys, que derrotaron nun maratonia-no partido á parella formada por Emma e Lucía.

Unha parella recibindo o seu premio do I torneo Isa Ber-tos da man dos organizadores e patrocinadores.

P.L.

Os nosos tiradores re-gresan a casa cuns máis que aceptables resultados na súa participación no Campionato de España de Aire Comprimido celebra-do en Madrid do 5 ao 7 de decembro.

A provincia estivo repre-sentada por dous homes, Jorge Encinas e Enrique do Río, e dúas mulleres,

Paula Fernández e Nuria Mera. Foron elas ás que mellor lles foi. Mera entrou na final de pistola damas en sétima posición (con 37� puntos) e rematou quinta; Paula Fernández entrou polos pelos na final – foi oitava, con 360 puntos- e subiu ata a cuarta posición no resultado final.

Pola súa banda, Encinas quedou ás portas da final de carabina sénior de aire

Bos resultados dos tiradores ourensáns no Campionato de España de Aire Comprimido4 Disputado en Madrid.

comprimido, sendo déci-mo con 605,� puntos (en carabina as competicións disputáronse contando dé-cimas). Mentres, Enrique Do Río foi oitavo en pis-tola veteranos sénior (con 534 puntos), categoría na que non se disputaba fi-nal.

4 Open de pádel solidario

Entre o �8 de decembro e o 4 de xaneiro, as insta-lacións de Serviocio Pádel Oira acollerán o I Open Volvo de Pádel solidario a beneficio de Cruz Verme-lla Ourense.

O recadado irá destina-do á campaña ‘Agora + que nunca’ que atende a persoas afectadas pola cri-se. A cota de inscrición é de 15 euros, e irá integra-mente a esta acción soli-daria da Cruz Vermella.

4 Resultados das ligas anuais

Van finalizando as ligas anuais no club de tiro de Eiroás: a �5ª Copa Ouren-se de armas neumáticas, fogo central, e a 6ª Copa Cidade das Burgas de ca-rabina lixeira, match e pistola libre, cuxos resul-tados poden consultarse en www.clubdetiroeiroas.com.

O club remata o ano coa Tirada de Nadal este do-mingo �� de decembro en pistola e carabina, a par-tir das 10 da mañá, e coa última tirada da Liga de pistola de 9 mm o �9 de decembro.

EN BREVE

A júnior Paula Fernández quedou cuarta

Final de pistola damas, coa tiradora ourensá Nuria Mera á dereita. /P.LODEIRO.

Page 7: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

7PUBLICIDADE

Page 8: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

8 BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

UN ANO DE DEPORTE EN IMAXES

O 2013 estivo cheo de momentos deportivos moi emocionantes en Ourense, esta é só unha pequena escolma deles

Page 9: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

9UN ANO DE DEPORTE EN IMAXES

O 2013 estivo cheo de momentos deportivos moi emocionantes en Ourense, esta é só unha pequena escolma deles

Page 10: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

10 BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

FÚTBOL SALA

Primeira División FSF - 9ª xornada

Posto Equipo Puntos1º At. Madrid 31 �º Burela �8 3º Alcorcón �84º Gironella �05ºAlicante 196º Roldán 167º Amarelle 158º Rioja 159º Ponte Ourense 1410º Poio 1411º Móstoles 1� 12º Cidade As Burgas 1113º Orvina 914º Soto del Real 815º Ferrol 8 16º Vallirana 3

4 Xornada 12 - 21 de decembroAt. de Madrid - MóstolesCidade As Burgas - OrvinaRioja - Ponte OurenseSoto del Real - Viaxes AmarelleBurela - PoioAlicante - GinorellaFerrol - AlcorcónVallirana - Roldán

4 Xornada 13 - 11 de xaneiroOrvina - AlicanteGironella - BurelaPonte Ourense - At. de MadridSoto del Real - FerrolAlcorcón - Cidade As BurgasPoio - ValliranaRoldán - RiojaAmarelle - MóstolesIria Saeta está prácticamente recuparada da súa lesión

muscular./RAMSÉS

R. Torres

O Cidade As Burgas dis-putará o último encontro da Liga contra o Lacturale Orvina. O encontro será o sábado �1 de decembro ás 17 horas na cancha central dos Remedios.

As ourensás tentarán lo-grar unha vitoria diante da súa afección que lles dea tranquilidade de cara ao parón navideño. As franxi-verdes levan tres puntos máis que o Soto del Real e o Ferrol, que ocupan postos de descenso a Segunda Di-

Lacturale Orvina, último escollo do ano4 O Cidade As Burgas buscará a vitoria ante un rival directo.

visión; 11 puntos teñen as ourensás por oito as ferro-lás e madrileñas.

Tanto Cidade coma Orvi-na veñen de encaixar sen-das derrotas na pasada xor-nada. O Cidade caeu contra o Gironella pola mínima (�-1) nun partido que pui-do correr mellor sorte; pola contra, o Orvina perdía en casa contra o Ferrol. As na-varras vían como deixaban escapar unha renda de tres a un (na segunda metade) para rematar perdendo 6-8, o que lles complica a clasi-ficación.

CidadeO parón de dúas semanas

polo Torneo Internacional de fútbol sala supuxo para o Cidade poder recuperar fisicamente a Iria Saeta, que arrastra desde comezos de tempada unha lesión que fixo que disputara poucos encontros no que vai de Liga. Recuperar a Iria é unha boa nova para sumar unha xogadora máis nas ro-tacións do equipo dirixido por Manolo Codeso, amais de tratarse dunha das xoga-doras máis determinantes do plantel ourensán.

Saeta, que foi das máis destacadas do ano pasado, está recuperada case que ao 100% da lesión muscular que a afastou das canchas durante as primeiras xorna-das da Liga. Iria xogou os seus primeiros minutos na xornada sete contra o Mós-toles e desde aí foi collendo a forma pouco a pouco. A chispa do ano pasado aínda non a obtivo pero este pa-rón e o vindeiro polo Na-dal serán unha boa ocasión para recuperar todas as sen-sacións e estar totalmente recuperada.

OrvinaEnfronte estará un Lactu-

ra Orvina vido a menos con respecto á tempada pasada, na que rematou na sexta po-sición, o que lle deu dereito a xogar a Copa de España. Este ano as cousas non lle están indo tan ben ás na-varras. Décimo terceiras na clasificación xeral con tan só un punto de marxe

con respecto aos postos de descenso; nove puntos ten o Orvina por oito do Soto del Real, equipo que ocupa praza de descenso.

Por enriba do Orvina, o Cidade con dous puntos máis (11 puntos). Isto fai que o encontro sexa vital para as dúas escadras que buscarán unha vitoria que lles faga respirar tranquilas durante o parón de Nadal.

Sotelo - GardeUn dos duelos máis des-

tacados que poderemos ver nos Remedios durante este

encontro será o de artillei-ras. Polo lado das Burgas, Vanessa Sotelo, e polo do Orvina, Maite Garde. Va-nessa leva no que vai de campaña 11 goles, sendo a quinta máxima realizadora do torneo. Un pouco máis abaixo na clasificación de goleadoras, na novena posi-ción, Maite, con nove. Dúas xogadores que ven con faci-lidade a portaría contraria, o que as fará determinantes neste enfrontamento.

AninovoDespois do encontro con-

tra o Orvina, a Liga volve vivir un novo descanso ata o ano que vén.

A xornada número 13 será a primeira de �014, e nela o Cidade terá que vi-sitar a cancha do terceiro clasificado, o Alcorcón.

Ana despexa unha falta botada por Ceci, do Poio./RAMSÉS

O Cidade pecha o ano xogando o sábado 21 de decembro (17 horas) contra o Orvina na central dos Remedios

Page 11: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

11FÚTBOL SALA

R. Torres

Despois da goleada, e de-but na casa de Óscar Vivián ao fronte do equipo, contra o pechacancelas Vallirana, o Ponte Ourense visita a cancha do Rioja na última xornada do ano na Primeira División de fútbol sala.

O encontro xogarase en Logroño, e as ourensás te-rán unha oportunidade de demostrar que van cara a arriba desde a chegada de Vivián ao banco pontino.

O cadro ourensá ocupa a novena posición con 14 puntos, un menos que o seu rival do último partido do ano -o Rioja ten 15 puntos e é oitavo-.

Por parte pontina, Raquel de Souza é a xogadora que está nun mellor estado de forma xunto coa porteira Vanessa Barberá, que está a xogar coa selección espa-ñola o Torneo Internacional. Amais delas dúas, Laura Fernández está totalmente recuperada da súa lesión e vai collendo o ton.

Con Óscar Vivián cam-biarán cousas no esquema táctico, polo que este parón chega no momento idóneo para que as xogadoras asi-milen o que o adestrador quere de cada unha delas. Despois deste partido, a Liga vólvese parar dúas se-manas ata o próximo ano.

A primeira cita do �014 será o 11 de xaneiro e terán como rival ao todopoderoso Atlético de Madrid, actual líder. Será unha boa ocasión

Ponte Ourense, a escalar postos na clasificación4 Visita a cancha do Rioja coa posibilidade de adiantalo na clasificación.

para medir as posibilidades reais de si o Ponte Ourense pode aspirar aos primeiros postos, ou se terá que con-formarse con estar na zona tranquila da táboa.

Diferenza de golesA pesar de que o Rioja

está diante na tábaoa cla-sificatoria, o certo é que o Ponte é máis efectivo na portaría contraria; en canto aos goles en contra, a cousa anda máis parella.

As albinegras levar 37

goles a favor, 18 máis que as vermellas que levan 19. En canto aos goles encaixa-dos, as galegas levan �9, mentres que as logroñesas �4.

En canto ás goleadoras de cada equipo, Raquel de Souza é para as pontinas a máxima goleadora con 14 dianas (segunda goleadora da competición). Por parte do Rioja, a xaponesa Shiori é a máis efectiva, con sete, a metade de goles que a brasileira.

Perigo rioxanoO Rioja rematou a tem-

pada anterior na novena posición, un posto e un punto por enriba do Pon-te Ourense, xusto a mes-ma diferenza que levan este ano a estas alturas de Liga.

O perigo das vermellas pasa, sobre todo, polas botas de tres xogadoras. Eva Ortega, Bea Martín e Shiori son a medular do conxunto logroñés. Ortega foi internacional coa selección española, o mesmo que o é Shiori coa xaponesa. A española é hábil no regate, mentres que a xogadora da terra do sol nacente é contundente cando encara o marco ri-val. Pola súa banda, Bea Martín é unha gran distri-buidora de xogo.

O Rioja leva nove tem-padas na máxima catego-ría, e delas, catro clasifi-couse para disputar a Copa de España. Fai tres anos, en Burela, proclamouse subcampioa de Copa ao perder na final contra o Móstoles. Nese equipo xogaban as xogadoras do Burela, Maite e Peque, e a xogadora do Ponte, Drica, quen fora unha das xo-gadoras máis destacadas dese torneo.

O Ponte Ourense vista a cancha do Rioja para pechar o ano

Laura Fernández no último encontro disputado nos Reme-dios contra o Vallirana./RAMSÉS

España, na final4 Do Torneo Internacional de fútbol sala. Participa a ouren-sá Lucía Nespereira.R.T.

O venres �0 de decem-bro disputarase en Ciudad Real a final do Torneo Internacional de fútbol sala feminino. Devandita final xogarase ás 20 horas entre España e Brasil. A xogadora ourensá Lucía Nespereira participa nes-te torneo. No partido de semifinais contra Rusia sufriu un esguince de no-cello, pero espera poder estar lista para a final.

Na fase de grupos Espa-ña venceu a Xapón (�-0) e a Costa Rica (5-3). No último partido xogábase contra Portugal o ser pri-meira de grupo; o parti-do decantouse do lado da Roja por 5-3.

En semifinais esperaba Rusia, equipo que rema-tara segundo no grupo B. A pesar do dominio das españolas, as rusas adian-táronse no marcador, 1-0. Na reanudación, a presión

A ourensá Lucía Nespereira, dorsal número 4, celebrando un gol coas súas compañeiras.

do cadro adestrado por Ve-nancio López fixo darlle a volta ao marcador, e con goles de Ampi, por partida dobre, Ceci e Anita Luján, foron quen de darlle a vol-ta ao electrónico e plantar-se na final. Anteriormente Brasil impuxérase a Portu-gal por 5-1.

A final España - Brasil está servida. Brasil é a ac-tual campioa do Torneo e máxima favorita a reter o título. Pero España non o porá nada sinxelo e moito menos os afeccionados, que estiveron ao carón das xo-gadoras españolas animán-doas durante todo o evento.

Lucía NespereiraAos poucos minutos

de iniciarse a semifinal a ourensá, nun balón dividido, chocou cunha rival sufrindo un esguince de nocello. Esta a ser tratada polos fisios da selección, e ela está conven-cida de que estará lista para xogar a final.

Page 12: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

1� BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013 ATLETISMO

Unha edición anterior da carreira popular San Silvestre de Castrelo de Miño.

O torneo XOGADE da Xunta volverá a Ourense no mes de xaneiro.

Redacción

Xa está aberto o prazo de inscrición para a XV San Silvestre de Castrelo de Miño, que se pechará o �6 de decembro. Organizada polo Concello de Castrelo de Miño o vindeiro 31 de decembro ás 16:30 horas a XV Edición da San Silves-tre terá lugar no contorno do Parque Náutico, cun percorrido similar ao do pa-sado ano.

InscriciónA inscrición realízase a

traves da web www.castre-lo.org e ten un custo de 4 euros. Todos os participan-tes recibirán unha camiseta conmemorativa de agasallo, así como o xa tradicional chocolate quente ao rema-te da proba. Os deportistas

Aberto o prazo de inscrición para a XV San Silvestre de Castrelo de Miño4 Os atletas pódense inscri-bir ata o 26 de decembro.

contarán tamén con ser-vizo de cronometraxe con chip, que estará incluído dentro do prezo da inscri-ción.

Carácter solidarioEste ano será tamén

unha carreira solidaria, xa que contará coa parti-cipación e a colaboración da Cruz Vermella, que terá un posto permanente na proba no que todos os participantes ou público asistente poderán cola-borar donando un quilo-gramo ou un litro de ali-mentos non perecedeiros. O recadadod destínase ao proxecto da Cruz Verme-lla “Agora máis que nun-ca”, co que se dá cobertu-ra a todas aquelas persoas da comarca con escasos recursos económicos.

Redacción

A Delegación Provincial da Federación Galega de Atletismo (FGA) reuníuse cos diferentes estamentos atléticos provinciais para comezar a dar forma ao ca-lendario de competicións que se levarán a cabo en Ourense durante a tempa-da de inverno. Esta primei-ra toma de contacto é un borrador de cara a confir-

Calendario provincial de inverno4A Delegación Provincial de Atletismo ten o borrador do calendario de probas da pro-vincia.

mar definitivamente as datas e as probas que se realizarán na provincia.

O domingo �� de de-cembro celebrarase a XII Carreira Pedestre do Nadal (San Cibrao das Viñas); o sábado �8 terá lugar no mó-dulo pechado dos Remedios a primeira xornada da Copa Diputación. O ano pechara-se coa XV Carreira Popular San Silvestre (Castrelo de Miño).

Para xaneiro e febreiro quedan o Campionato Pro-vincial Absoluto de Cross (Ribadavia, 1� de xaneiro); a �ª xornada da Copa Di-putación, no módulo dos Remedios o 11 de xaneiro; o 18 de xaneiro celebrarase en Monterrei a fase previa escolar de cross XOGADE; o 19 de xaneiro a 3ª xornada Copa Diputación, na pista da universidade; a fase co-marcal escolar de cross XO-GADE quedará para o 1 de febreiro en Monterrei e o �� do mesmo mes haberá unha xornada de promoción esco-lar e federada na universida-de e en Monterrei.

Outras competiciónsAs xornadas da serie mu-

nicipal de inverno disputa-ranse en Vigo (�9 de decem-bro e 5 de xaneiro); mentres que os Campionatos Gale-gos de cross curto e o cadete e xuvenil individual e por

equipos de cross, que se dis-putarán conxuntamente co Memorial Alejandro Loren-zo de Cross, serán o �6 de xaneiro, en lugar a designar.

Máis tarde correranse os distintos campionato gale-gos de pista cuberta, ainda por determinar as súas datas e as súas sedes.

O borrador do calendario está a espera de confirmación oficial

Redacción

O Concello da Rúa coa colaboración da Asocia-ción Deportiva Amigos do Deporte Ourensán, a Delegación da F.G.A en Valdeorras, e o Clube ADAS-Proinor, organiza a II carreira e andaina po-pular do Nadal, que terá lugar o vindeiro domingo �� de decembro. A ca-rreira terá o seu epicentro (saída, chegada, recolida de dorsais, etc.) na praza da Estación.

SolidariedadeNo momento da retirada

Andaina e carreira solidaria na Rúa4 O domingo 22 de decem-bro na praza da Estación.

do dorsal (antes das carrei-ras) da carreira absoluta os

participantes e acompañan-tes poderán facer entrega dun quilogramo de alimen-tos non perecedoiros. Todo o recollido será donado a Cáritas.

CarreirasA primeira proba que se

celebrará será a andaina que comezará ás 11:30 horas.

Os andaríns percorrerán unha distancia de oito qui-lómetros. A mesma distan-cia (8km) pero a partir das 1� horas terán que percorrer os atletas que participen na carreira absoluta tanto en categoría masculina coma feminina.

Ás 13:15h tocaralle o tur-no aos cadetes que corre-rán 1.500 metros; á mesma hora, os infantís terán que completar unha distancia de 1.000 metros; ás 13:�5h, os alevíns disputarán unha carreira de 500 metros; ás 13:30h, os benxamíns cu-brirán unha distacia de 300 metros e pecharán a xorna-da os prebenxamíns cunha proba de 150 metros.

A andaina comezará ás 11,30 e a carreira absoluta ás 12Cartel anunciador da carreira da Rúa.

Page 13: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

13POLIDEPORTIVO

Redacción

O Club Salvour presén-tase á terceira xornada da Liga Galega de augas pe-chadas con optimismo e ganas de manterse entre os postos sétimo e oitavo da

NATACIóN AUGAS PEChADAS

Optimismo no Salvour de cara á terceira xornada4 Buscarán permanecer entre a sétima e a oitava posición da clasificación.

clasificación.A terceira xornada dispu-

tarase o vindeiro �� de de-cembro na piscina munici-pal de Cerceda.

Os representantes do club ourensán que acudirán a Cerceda son: Pablo Serra- Uxía Conde e Lucía Serrano do club Salvour de Ourense.

Natación másterO domingo 15 de decembro, desprazáronse ata Carballo sete nadadores do Pabellón

Ourense máster (catro féminas e tres homes) para participar na segunda xornada da Liga de natación máster. Entre os sete nadaron 14 probas individuais e un relevo mixto (+�00 anos).

Os desprazados a Carballo foron Manuel García Colomo, Cristina García Colomo, Ana Pereira, Carlos Boo, Manuel G. Sousa, Alba Dopereiro e Amalia Pumar.

Conseguíronse varios primeiros postos, incluido o relevo, con varias melloras de mar-cas individuais.

As próximas competicións de natación máster chegarán en �014. En xaneiro, o festi-val de estilos e en febrero as competicións máis importantes da tempada de inverno. O Campionato Galego en Ponteareas e o de España en Palma de Mallorca.

no, Xián Breogán Rodrí-guez, Carla Rodríguez e David Paredes, que partici-parán nos 50 obstáculos en categoría infantil; Samuel Quintas e Uxía Conde, en �5 metros rescate de mani-quí infantil e Lucía Serrano

e Álvaro Rodríguez Delga-do, en 75 metros combina-da cadete.

Probas absolutasNas probas absolutas par-

ticiparÁn Cecilia Martínez, Cristina García Colomo, Julio Iglesias Fernández e Jesús Carlos Quintas Ba-rros, que disputarán as pro-bas de �00 metros obstácu-los, 100 rescate con aletas e 100 metros combinada. Ademais de intentar facer un bo papel, os ourensáns tratarán de lograr marcas mínimas para acceder ao Campionato Galego.

Integrantes do natación máster do pavillón Ourense.

Redacción

O venres 6 de decembro por motivo da ponte da Constitución-Inmaculada, a comisión de promoción deportiva da asociación xuvenil Amencer en cola-boración coa Asociación Deportiva Bosco organi-zou un torneo lóstrego de fútbol sala nunha única categoría.

En total foron 15 os equipos participantes que se dividiron en cinco gru-pos de tres equipos xogan-do todos contra todos. Os gañadores de cada grupo pasaron a unha seguinte rolda eliminatoria que-dando exento un dos cinco primeiros. Os outros catro xogaron para que dous

Atlético Limóns, vencedor do torneo lóstrego de fútbol sala4 Participaron un total de 15 equipos.

deles se clasificaran para a fase final (último triangu-lar) na que se uniría o equi-po exento.

Os clasificados foron: Atlético Limóns, Gunners e Aston Birra. O vencedor deste triangular e, por ende, do torneo foi o Atlético Li-móns.

Operación QuiloNeste torneo recadáronse

a nada despreciable cifra de 300 quilos de alimentos para a Operación Quilo

O próximo torneo que ce-lebrará Amencer será o dos días �6 e �7 de decembro, o clásico de Nadal de fútbol sala �4 horas.

Xogadores do Atlético Limóns.

Page 14: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

14 BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

POLIDEPORTIVO

Redacción

O sábado 14 de decembro nas inmediacións do caste-lo de Maceda celebrouse o VI Ciclocross Castelo de Maceda, proba do calen-dario galego. As vitorias dos ciclistas locais do Club Ciclista Maceda correron a cargo de Xiana Conde e Iván Feijoo, que se mos-traron intratables na súas carreiras. O Actyon Merida Academia logrou un total de seis podios.

Á cita acudiron preto de 150 participantes chegados de Galicia, Asturias, Zamo-ra e Portugal, repartidos nas diferentes categorias.

O vencedor da carreira absoluta foi Paulo Gonzá-lez (CC Salvaterra), men-tres que entre as mozas a vencedora foi Chus Barros (CC Spol).

En júniors, Xiana Conde alzouse coa vitoria afian-zándose coma líder do rán-king galego de ciclocross; o mesmo que Iván Feijoo en categoría cadete. Os dous ourensáns están realizando unha fantástica tempada na que contan con moitas vito-rias no circuíto galego.

Outros podiosPor parte dos ciclistas

locais, amais das vitorias de Xiana e Iván, acadáron-

Xiana Conde e Iván Feijoo, intratables na súa casa4 Lograron a vitoria en júnior e cadete respec-tivamente no VI Ciclocross Castelo de Maceda.

se catro podios máis. Raúl González foi segundo en júniors; e Román Saa (ca-dete), Xulio Conde (máster 40) e José Manuel Gonzá-lez (máster 50) remataron na terceira posición.

Outras vitoriasO venres 6 de decembro

disputábase en Boiro unha nova edición do Ciclocross da localidade, cunha abun-dante participación. En ca-detes, Iván Feijoo, que con-ta as súas participacións en probas galegas por vitorias, vencía con autoridade, nun-ha carreira que dominaba desde a segunda volta.

En júniors, Xiana Conde tamén impúñase na súa ca-tegoría sendo a terceira na xeral absoluta de mulleres.

Entre os mozos júnior, Raúl González era �º, e subía ao podium.

Na matinal do domin-go, celebrábase a segunda proba da fin de semana, na coñecida como catedral do Ciclocross Galego, na localidade porriñesa de Mosende. Un circuíto que xa albergou campionatos de España, e que este ano chegaba á 37ª edición.

Varios participantes ti-veron que abandonar a proba, acusando as baixas temperaturas, que en mo-mentos do comezo da ca-rreira estaban baixo cero. Iván Feijoo volvíase facer coa vitoria en cadetes, do mesmo xeito que a súa compañeira de equipo, a júnior Xiana Conde.

Iván Feijoo (centro) e Román Saa (dereita) no podio cade-te do VI Ciclocross Castelo de Maceda.

Redacción

A piques de dar a sor-presa estivo o Balonmán Pabellón na casa contra o segundo clasificado da Primeira Nacional, o Lu-ceros de Cangas. Despois de dous partidos na casa con malas sensacións, os pavillonistas tiraron de orgullo ante o equipo do Morrazo, que tivo que agardar ata os derradeiros minutos pola vitoria.

Os xogadores que dirixe

O Pabellón Balonmán, ás portas da sorpresa4 Os de Zarra estiveron a punto de vencer ao Luceros.

Zarra levantáronse dun mal inicio de encontro, con moi-tas imprecisións e algúns erros no tiro. O Luceros adquiriu distancias de ata seis goles (4-10). Todo pa-recía indicar que ían trans-correr as cousas como nos anteriores encontros, pero os ourensáns melloraron a defensa e a contribución na portería de David Neves, co que se enchufaron de novo no encontro. Ao descanso, marchaban cunha diferenza de catro goles (9-13), pero

con mellores sensacións.Tralo tempo de descanso

os pavillonistas prosegui-ron coa súa escalada no marcador e no xogo, o que lles fixo empatar a conten-da a cinco minutos do final (�1-�1).

Final disputadoNun final de partido dis-

putado de ti a ti, a vitoria foise ao traste cun erro nos sete metros, e un contragol-pe de Julio Marí que non puido batir ao gardamallas visitante. Ao final, 22-24, sendo o acerto visitante o que desequilibrou o resul-tado nun partido con nulo botín para os ourensáns.

DescansoA competición regresa o

11 de xaneiro, con partido en casa contra o SAR de Redondela.

Todo listo para o Aninovo de Xadrez4 IV Memorial Manuel Villar.R.T.

O xoves 19 presentouse no pavillón dos Remedios o XXIX Aberto Interna-cional Aninovo Barrocás de xadrez. Este ano celé-brase o IV Memorial Ma-nuel Villar.

O torneo, como é habi-tual, celebrarase no local da Asociación de Veciños de Barrocás. Disputarase do �6 ao �9 de decembro -ás �0 horas agás o �9 que dará comezo ás 17 horas-, Presentación do Torneo de Xadrez Aninovo. /RAMSÉS

e do 3 ao 5 de xaneiro -co mesmo horario, excepto o día 5 que comeza ás 16

horas e farase entrega dos premios contra as �0 horas- O día 4 terá lugar o torneo sub 10 e sub 8 e o día 5 o sub 1�.

En total serán uns �00 xadrecistas os que parti-ciparán nesta �9ª edición. Estarán presentes campións galegos de distintas catego-rías.

Page 15: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013

15ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José A. Santos

Nº89- Ano: V - �0 de decembro de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

Un dos taekwondistas ourensáns no máis alto caixón do podio.

4 JudoO Ximnasio Marbel par-

ticipou no décimo cuarto Salón da Xuventude “Me-gaxove”, con actividades relacionadas co judo, jiu jitsu e a defensa persoal, en categoría -75 quilos e especial.

O domingo 8 disputouse o torneo de categoría in-fantil “Megaxove”, pisto-letazo de saída da tempada �013-�014 nas categorías de formación. �0 judokas ourensáns participaron no campionato, competindo por parellas pero sen su-mar os resultados.

4 WushuO wushu tamén estivo

presente en Megaxove coa Copa que leva o nome do Salón da Xuventude e na que participaron máis de 100 mozos galegos.

En wushu moderno sé-nior destacaron Ezequiel Gago, en tai chi, con � ouros e Brais Ansia, con � ouros en nan quan e nan gun, do Dinamic, e José Manuel Ferreira, do Arco de Verín, que obtivo unha prata en nan quan.

En wushu tradicional Diego Rego foi ouro en arma curta e prata en es-tilos tradicionais; Manuel García, ouro en estilos tradicionais e prata en arma curta; Saúl Blanco, bronce en estilos tradicio-nais man baleira e arma curta; Loreto Rodríguez ouro en arma longa; e Irene Villanueva prata en arma longa.

EN BREVE

Redacción

Neste mes celebráronse dous eventos de taekwondo a nivel galego -Copa Xun-ta e o galego absoluto-. Os ourensáns lograron varias medallas, alzándose Ni-colás Pérez co absoluto na categoría de menos de 63 quilos.

Copa XuntaO 7 de decembro dispu-

touse a Copa Xunta de Ga-licia de técnica, fase rexio-nal, nas Pontes (A Coruña). Para o taekwondo ourensán foi un gran torneo. O Tae-bek de Carballiño acadou unha prata e 3 bronces; o

O taekwondo ourensán triunfa en Galicia4 Nicolás Pérez logra o cam-pionato galego absoluto en menos de 63 quilos.

Olimpia do Carballiño, tres ouros, tres platas e tres bronces; e o Club Couto, seis ouros, tres pratas e seis bronces, sen-do este un dos clubs con maior número de ouros xunto coa Escola Lucense e o Tao de Vigo.

Galego absolutoNo Campionato Gale-

go absoluto (celebrado en Sada) o Taebek do Carba-lliño logrou dous bronces, de Janet Diéguez (-6� Kg) e Sandra Senra (-73 Kg), mentres que o Couto fíxo-se co ouro de Nicolás Pé-rez (-63 Kg), con tan só 17 anos de idade.

Laura Valdés, Bronce na Copa de España de judoA judoka do Ximnasio Marbel logrou a medalla de Bronce na categoría de -57 quilos

na Copa de España de judo sénior, o chamado “Torneo Internacional de Arteixo”, dis-putado na localidade coruñesa o pasado sábado 7 de decembro. A ourensá rematou por baixo das tamén galegas Laura Baixo e Tecla Cadilla.

A judoka ourensá Laura Valdés, á dereita, no podio da Copa de España.

Primeiro Curso técnico de sanda e qingdaO pasado sábado 14 de decembro, celebrouse o I Curso técnico de sanda e qingda

para alumnos e profesores nas instalacións do Artai Ximnasio. O mestre encargado de impartir o curso foi Aarón Branco, director do club Escolas Deportivas Artai.

Houbo �3 participantes de toda Galicia, en categorías cadete, júnior e sénior (mas-culino e feminino). No curso explicáronse tanto técnicas de base como técnicas de alta competición. Desde os golpeos básicos de puño e perna até as proxeccións máis complexas para competidores de elite.

Foto dos participantes do curso cos seus diplomas.

Page 16: 19 Decembro 2013 - BD Nº 89

BARRIOS DEPORTIVO�0 de decembro de �013