19 Setembro 2013 - BD Nº 83

16
Número: 83- Ano: V - 19 de setembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 4 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. BALONCESTO Páx. 6 Partido do COB contra o Coruña en Celanova./ Ponte Ourense e Cidade As Burgas acceden ás semifinais da Copa Xunta de fútbol sala. Ponte e Cidade comezan a liga O COB, na fase final da Copa Xunta FÚTBOL SALA Páx. 8-9 [Páx. 14] Entrevista aos ximnastas Yael, Álex e Dani

description

En el número 83 del Barrios Deportivo entrevistamos a los gimnastas Alejandro Cid, Yael Campelo y Daniel Campelo. Nos hacemos eco de la primera victoria a domicilio de CD Ourense y de los resultados del Barbadás y los conjuntos ourensanos que militan en la Regional Preferente.El Club Ourense Baloncesto vence su primer partido amistoso de la pretemporada y derrota al Cambados para meterse en la fase final de la Copa Xunta.

Transcript of 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

Page 1: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

Número: 83- Ano: V - 19 de setembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 4 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

BALONCESTO Páx. 6

Partido do COB contra o Coruña en Celanova./ Ponte Ourense e Cidade As Burgas acceden ás semifinais da Copa Xunta de fútbol sala.

Ponte e Cidade comezan

a liga

O COB, na fase final da Copa Xunta

FÚTBOL SALA Páx. 8-9

[Páx. 14]

Entrevista aos ximnastas Yael, Álex

e Dani

Page 2: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

� BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

ACTUALIDADE

4 Axenda deportivaFútbol- Día �� de setembro -16.45h-. O Couto. CD Ourense - Real Oviedo. �ªB.- Día �9 de setembro. Os Carrís. UD Barbadás - Laracha. 3ª División.- Día �9 de setembro. Meliás. Meliás - Rápido Bahía. Rexional Preferente.- Día �9 de setembro. O Barco de Valdeorras. Barco - Vilalonga. Rexional Preferente.- Día �9 de setembro. Ourense. CD Ourense B - Vala-dares. Rexional Preferente.- Día �9 de setembro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Roces. División de Honra xuvenil.

Motor- Días �1 e �� de setembro. Concentración de motos e coches clásicos -Ourense Capital Termal-.

Pádel- Do 19 ao �9 de setembro. P�1 Padel Club. Copa Depu-taión de pádel. Todas as categorías. Atletismo- Día �9 de setembro. Baños de Molgas -10.00- Andaina Solidaria Baños de Molgas.- Día �9 de setembro. Campus universitario de Ourense -1�.00- Carreira zona universitaria. III Circuíto de ca-rreiras populares “Correndo por Ourense”.Fútbol sala feminino- Día �1 de setembro. Os Remedios -17.00 - Ponte Ourense - Roldán. 1ª División.- Día �8 de setembro. Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Universidad de Alicante. 1ª División.Hoquei- Día �9 de setembro (Mariñamansa) -11.00h-. Barrocás - Taburiente. División de Honra.Balonmano- Día �9 de setembro. Pavillón dos Remedios. Pabellón Balonmán Ourense - Mecalia Atlético Novás. Primeira Estatal.Tiro- Día �� de setembro - Eiroás - Liga carabina tendido e pis-tola libre.- Día �9 de setembro - Eiroás. Liga fogo central e pistola damas.Ciclismo- Día �� de setembro (Ourense) -11.45h-. 91 Gran Pre-mio Cidade de Ourense de ciclismo.Baloncesto- Día �9 de setembro -Pavillón dos Remedios-. Pabellón Ourense - Real Club Celta Selmark. Copa Xunta.

A carreira da zona universitaria será o domingo 29.

Redacción

O xadrecista Iván Sal-gado, gran mestre dende �008, vén de facerse co campionato de España, que se disputou en Lina-res (Jaén) e no que par-ticiparon un total de 95 deportistas.

Este ourensán de �� anos realizou un gran tor-neo, marcado pola regu-laridade, no que logrou 7,5 puntos de 9 posibles. E fíxose co título ao em-patar na novena e última xornada contra o madri-leño David Antón Guija-rro, e aventaxar en medio punto na clasificación a un grupo de catro xoga-dores (encabezados por

Illescas). Tras partir na competi-

ción como segundo cabeza de serie, Salgado, para o que este título nacional é o primeiro da súa historia, venceu en seis partidas, contra Francisco Gálvez, Alberto Chueca, Emilio José Villaseñor, Ángel Es-pinosa, José Manuel López Martínez e Miguel Illescas; e fixo táboas con Ismael Te-rán, Marc Narciso Dublán e David Antón. Isto implica para o ourensán subir 10 puntos de Elo FIDE.

Así, o catalán Miguel Illescas, que buscaba lograr a súa novena coroa, tívose que conformar coa segunda posición ao sumar 7 pun-tos, os mesmos que Julen

Iván Salgado, campión de España de xadrez4 Grazas a un empate na novena xornada fronte a David Antón.

Arizmendi – o gañador de �01�- , o ruso nacionaliza-do español Oleg Korneev e

David Antón.

Nacional de equiposPero non queda aí a boa

racha do ourensán. Esta fin de semana proclamouse xunto aos seus compañei-ros de equipo, o Sestao Naturgas Energía, campión nacional por equipos, supe-rando na clasificación final ao Solvay de Torrelavega.

Salgado é un dos xadrecistas ourensáns de referencia.

Redacción

Do 19 ao �9 de setembro celébrase nas instalacións do P�1 Pádel Club o Copa Deputación de pádel.

Disputaranse varias ca-tegorías. Unha primeira, na que pode participar calquera xogador, pero obrigatoriamente se os dous xogadores do equi-po están federados. Unha segunda na que como máximo un dos dous pode estar federado. E unha terceira na que os participantes non serán federados. Estas tres ca-

tegorías disputaranse para homes e para mulleres in-dependentemente.

Tamén haberá dúas ca-tegorías mixtas: veteráns

O P21 Pádel Club acolle a Copa Deputación de pádel

-maiores de 45 anos- masculina e feminina. E as novidades deste torneo serán dúas categorías en idade infantil mixto.

Todos os que o desexen poderán anotarse nunha ou dúas categorías (15 e �5 euros, respectivamen-te). E levarán unha cami-seta técnica conmemora-tiva.

Competición anterior disputada no P21 Pádel Club.

O hoquei está de voltaRedacción

Só faltan unhas sema-nas para que os amantes do hoquei volvan sentir a emoción deste depor-te. Nuns días, os equipos ourensáns masculino e fe-minino comezan as súas respectivas ligas.

Por unha banda, o Ho-quei Barrocás inicia com-petición na División de Hora masculina recibindo o vindeiro �9 de setembro (ás 11 horas) en Mariña-mansa ao Taburiente.

Por outra, as rapazas do Ourense H.C. comezarán na Primeira División femi-nina o domingo 6 de ou-tubro, visitando ás 1�.30 horas ao Barcelona.

Page 3: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

3ATLETISMO

Participantes da oitava edición de Penedos do Lobo repo-ñendo forzas nun avituallamento. /PdLAdemais da vitoria lo-

grada en Valdeorras, o atleta ourensán do New Balance tamén fixo dobre-te na fin de semana do 7 e 8 de setembro.

O sábado 7 fíxose coa décima edición da carrei-ra nocturna Concello de Vilagarcía, onde aven-taxou en �5 segundos ao segundo clasificado, Rubén Caamaño. O ter-ceiro clasificado foi outro ourensán, o atleta de Xin-zo de Limia fichado pola Sociedade Ximnástica de Pontevedra Rubén Diz.

MeañoXa o domingo 8 pola

mañá Alex volveu a calzar as zapatillas para enfron-tarse a un novo reto.

R. Torres

A menos dunha semana para que se celebre en Riba-desella (Asturias) o Campio-nato de España de 10 quiló-metros en ruta, as vitorias no palmarés de Alejandro Fernández (New Balance) medran a pasos axigantados. Un bo sinal.

No Barco, Alejandro foi o máis rápido nos 1.609 metros de proba, sendo ade-mais o primeiro ourensán que logrou a vitoria.

Pero non o tivo doado, xa que venceu por moi pouco a Víctor García (Playas de Castellón). Pola súa banda, Lolo Penas foi o terceiro clasificado.

Solange PereiraEn categoría feminina, a

atleta do Bikila Solange Pe-reira foi a vencedora absolu-ta, quen dominou a carreira en todo momento. A Solan-ge acompañárona no podio Nuria Lugueros e Blanca Fernández.

Moita participaciónO programa incluía xunto

ás probas absolutas (mascu-lina e feminina) outras moi-tas, que ían dende os 150 metros para os máis cativos ata os 1.609 metros (a mi-lla). En conxunto congrega-ron a 400 participantes.

R.T.

Despois do parón do mes de agosto, o circuí-to de carreiras populares “Correndo x Ourense” retoma a actividade coa carreira da zona universi-taria.

A cita terá lugar o do-mingo �9 de setembro a partir das 1� da mañá, mo-mento no que comezará a carreira dos “pitufos”. Ás

Redacción

A oitava edición do ma-ratón de montaña Penedos do Lobo deixou a vitoria do atleta do Vía XVIII de Maceda, José Manuel Ca-sado.

O atleta macedán logrou a vitoria ao empregar un tempo de 3.56:�3 en facer os 4�.197 metros da pro-ba. A máis de 4 minutos, o pontevedrés Raúl Mantilla rematou en segunda po-sición (4.01:�1). Terceiro foi o vencedor das dúas úl-timas edicións, Fernando Arca (4:1�.43); problemas físicos impediron que pui-

4 Fernández tamén fixo dobrete en Vilagarcía de Arousa e Meaño

O ourensán chegou á liña de meta nun tempo de 18:45 nos que completou os 6.330 metros da proba.

Un minuto máis tarde chegaría o segundo clasi-ficado, o portugués Ricar-do Vale, e a máis de dous minutos de Alejandro re-mataba a proba o terceiro clasificado, Diego Calve-te.

Yolanda GutiérrezA atleta afincada en

Ourense Yolanda Gutié-rrez tamén está a gañar de dous en dous. Impúxose na categoría feminina das dúas probas (Vilagarcía e Meaño) nas que partici-pou. Neste intre, Yolanda estase a preparar para o Maratón de Berlín.

Alejandro Fernández vence na Milla de Valdeorras4 Fíxose con esta vitoria a só unha semana do Campionato de España.

O 29 de setembro regresa o circuíto “Correndo x Ourense”

1�.10 correrán os benxa-míns e alevíns; ás 1�.15 ho-ras os infantís e cadetes e ás 1�.30 horas será o turno da carreira absoluta. A saída e meta das catro carreiras es-tará ubicada nas pistas de atletismo da Universidade.

En cada carreira deste circuíto hai un colaborador que axuda nos labores de organización; nesta ocasión será o Club Deportivo Au-rum o que asuma dita res-

ponsabilidade. A organiza-ción, como en cada carreira, corre a cargo do Consello Municipal de Deportes.

A proba absoluta ten unha distancia de 6.400 metros, polo que deberán dar dúas voltas a un circuíto de 3.�00.

Esta carreira da zona uni-versitaria será a penúltima desta terceira edición do circuíto, que se pechará no mes de outubro coa carreira da Carballeira (domingo �7 de outubro).

InscritosPara esta carreira (a quin-

ta do circuíto) están inscri-tos máis de 1.100 atletas entre todas as categorías.

dera loitar pola vitoria.En féminas, Belén Ro-

dríguez foi a vencedora despois de seis horas, oito minutos e 13 segundos. A súa única rival, Begoña Pé-rez Sousa, viuse obrigada a

retirarse.

Resto de probasJesús Martínez (1.56:06)

e Ana Soutullo (�.43.�7) foron os vencedores na pro-ba de cross.

En BTT, Juan Carlos Váz-quez Cierna chegou primei-ro cun tempo de 3.14:49.

Na andaina non se toma-ron tempo para non facela de carácter competitivo. 116 andaríns participaron na andaina desta oitava edi-ción.

Casado logra a vitoria en Penedos4 Por diante de Raúl Manti-lla e Fernando Arca.

Alejandro Fernández nunha proba disputada en Ourense. /ARQUIVO

Page 4: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

4 BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

FÚTBOL

R. Torres

O CD Ourense logra da man de Borja Valle o pri-meiro triunfo da tempada lonxe do estadio do Couto. Do berciano foron os dous goles do Ourense contra o Sporting de Gijón B.

Na primeira metade o cadro dirixido por José Luis Míguez Luisito dis-puxo dalgunha ocasión, pero sen demasiado peri-go. Óscar Martínez (mi-nuto 17) remataba des-viado un centro de Josu e Capi cabeceaba alto un córner no minuto �6. Por parte asturiana, a falta de tres minutos para o des-canso, un saque de esqui-na paséase pola área sen que encontrase rematador. Con está ocasión acabaría a primeira metade (0-0).

Nos primeiros minutos da reanudación o Sporting B entrou con máis gañas de levar o encontro, para iso, seu era o dominio do balón. A pesar de que o equipo asturiano tiña ata seis baixas e xogou entre semana a Copa Federa-ciones buscaban a vitoria. Pola contra, os de Luisito estaban madurando o en-contro á espera de que o cansanzo fixese madeixa nos xogadores “rojibran-

Redacción

Catro xornadas e catro partidos sen perder son os que leva o Barbadás neste comezo ligueiro da Tercei-ra División no seu grupo primeiro.

O pasado domingo en-frontábase ao líder do gru-po, Arousa, no estadio dos Carrís da Valenzá. O en-contro comezou co equi-po visitante dominando a contenda o que lle levou a estrear o marcador rozan-do a primeira media hora. Xa na segunda metade o equipo local foi quen de darlle a volta ao marcador con dous goles (�-1).

Cando parecía que os tres puntos quedarían na casa, no tempo de descon-to os visitantes lograron un gol que suporía o em-pate final (2-2) e reparto

cos” e saíndo á contra; nunha delas, Juan Martínez centra despois dunha gran xogada, pero o seu centro encóntrase coas mans do porteiro local.

Momento ValleA pouco máis de 30 mi-

nutos para o final, Luisito deu entrada no campo a Borja Valle en substitución de Javi Hernández. A partir dese intre, o Ourense chega-ría á portaría contraria coas ocasións máis claras do en-contro. Pouco tempo des-pois, Borja Valle lograba o primeiro tanto do encontro e da súa conta particular ao rematar desde fóra da área un balón que o cancerbeiro nada puido facer.

Óscar Martínez cedíalle o seu sitio no campo a Gus-tavo Souto para aproveitar o cansanzo dos rivais. O Sporting B creaba perigo sobre todo nas botas de Jony, e a balón parado (Ra-chid non logrou por pouco o gol ao cabecear alto unha falta).

A 15 minutos para o final, Álex Fernández estivo a pi-ques de sentenciar a con-tienda. Borja Yebra rouba o balón en campo propio, comeza unha galopada que o leva ata metade de cam-po contrario e o seu pase a

Álex déixao só ante Den-nis, pero este desvía o tiro do mediocentro ourensán. Cando parecía que este fa-llo ía condear aos galegos a sufrir ata o final, Borja Valle lograba o segundo tanto do encontro. Iker Alegre man-da un centro que chega aos pes de Yebra, que dentro da área pequena envía o balón a Valle para que remate á rede no segundo chut. 0-� e o partido encarrilado.

Ata o final dominio do Ourense con algunha xo-gada dos locais que apenas incomodou a Pato. Final do encontro e os tres primeiros puntos da tempada como visitantes.

Con esta vitoria o CD Ourense é quinto con seis puntos.

GoleadoresAta este encontro o único

xogador ourensán que vira porta fora Iker Alegre. Con este dobrete de Borja Va-lle son os dous únicos xo-gadores “rojillos” que nas catro primeiras xornadas lograron marcar. Ambos os dous levan dous goles nes-te inicio ligueiro: Valle no partido contra o Sporting de Gijón B e Alegre contra o Compostela e contra o Racing de Ferrol (de pena máxima).

Real OviedoPara a vindeira fin de se-

mana, o CD Ourense recibe no estadio do Couto a un dos mellores conxuntos do grupo primeiro da Segunda División B, o Real Oviedo. Os asturianos ocupan a se-gunda posición da clasifi-cación con 10 puntos, em-patados a puntos co líder, o Celta B.

Na primeira xornada ven-ceron ao Burgos a domicilio por un gol a dous; na segun-do empataron en casa con-tra o Noja (�-�); na terceira venceron ao Tropezón (1-�) e na pasada xornada logra-ron a vitoria no novo Carlos Tartiere por dous goles a un contra a UD Logroñés.

O partido contra o Ovie-do terá lugar o domingo ás 16:45 horas, no estadio do Couto.

Antes, este xoves 19, o Club Deportivo Ourense estrésase na Copa Federa-cións. O encontro contra o Alondras terá lugar en Can-gas a partir das �0 horas.

de puntos. Con este em-pate o Barbadás ocupa a oitava posición con seis puntos.

Rexional PreferenteNa Rexional Preferen-

te os tres equipos ouren-sáns lograron sendos em-pates.

O Ourense B empatou a un gol contra o Vila-longa o que lle permite estar invicto na competi-ción. Con oito puntos (os mesmos que o seu rival, Vilalonga) é terceiro.

Barco e Meliás xo-garon o derbi ourensán desta xornada rematando o encontro en táboas. O Meliás golpeou primeiro cunha falta directa botada por Gele ante a que nada puido facer o porteiro local. O Barco buscou o empate, e conseguiuno á saída dun córner con Javi Recamán de goleador. Empate a un e reparto de puntos.

Con este empate o Meliás é sexto con sete puntos, mentres que o Barco é penúltimo (19º) con dous puntos e sen coñecer aínda a vitoria na competición.

TERCEIRA DIVISIóN

O Barbadás segue sen coñecer a derrota4 Empatou a dous goles nos Carrís ante o Arousa.

4 Dous goles asinados polo berciano dan a primeira vitoria ao CDO como visitante esta tempada.

Borja Valle dá o triunfo ao Ourense

O 22 de setembro o CD Ourense recibe no Couto ao Real Oviedo, segundo na xeralRafita co balón. /ARQUIVO

O Barbadás ocupa a 8ª posición

Page 5: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

5BALONCESTO

Redacción

O primeiro equipo da Asociacion Basket Ouren-se (ABO) militará na liga EBA por sexta tempada consecutiva. O seu debut neste curso �013-�014 será o vindeiro �6 de ou-tubro, cando reciba nos Remedios ao Aquimisa Laboratorios CB Tormes de Salamanca.

Pero antes, o ABO quentará motores e porase a punto nos adestramentos e encontros de pretempa-da, que xa comezou o pa-sado 9 de setembro.

O bancoO equipo deste ano será

dirixido polo técnico Juan Norat e estará composto por tres xogadores ven-cellados co Club Ourense Baloncesto: Diego Mallou (base) provinte da Funda-

Redacción

O Pabellón Ourense pe-chou, coa fichaxe da pívot finlandesa Laura Saarinen, o seu banco para a tempada �013-�014. Renovaron o contrato as xogadoras Ma-ría Álvarez, Mirian Bolívar e Arantxa Mallou. Pola súa banda, entre as novas fi-chaxes atópanse tamén Flo-rence Glen, aleiro de �1 anos procedente da Universidade de Durham; a paraguaia Claudia Ponte; Nerea Nie-to, que chega do Carmelitas Ourense; e as xogadoras do equipo filial Olga Álvarez e Laura Pateu.

Unha vez con todo o banco completo, o equipo ourensán comezou a prepa-

ción Baloncesto León de liga EBA, Cristian Iglesias (aleiro) do Universitario Campus Ourense de 1ª Di-visión Senior Masculina, e Francisco de Asís “Xisco” Gómez (escolta-aleiro) do Wifi Baleares Mallorca Basquet de liga EBA.

Así mesmo, defenderán as cores do ABO Rubén Pernas (base-escolta), que procede do Basket Glo-balcaja Quintanar de liga EBA; Luís Otero (ala-pí-vot) do Baloncesto Naron; David Sánchez (base) da 1ª Division sénior masculina de Cataluña; Pablo Sánchez (pívot) da Cruz Alta da �ª División sénior masculina; David Placer (alero) pro-cedente do Universitario Campus Ourense de 1ª Di-visión sénior masculina; e Héctor Cid (alero) das cate-gorías inferiores da Asocia-ción Basket Ourense.

O ABO prepárase para o arranque da liga EBA

ración da tempada o pasado luns 16 de setembro, coa intención de disputar todos os amigables da pretempo-rada nas vilas da provincia, incluíndo actividades com-plementarias.

Visión do novo técnicoPara o novo adestrador,

Benjamín Rodríguez, “é un equipo con moitas xoga-doras novas e teremos que traballar moito ao longo da pretempada. Dentro das no-

sas posibilidades económi-cas creo que realizamos un equipo competitivo para non pasar apuros e manter a categoría”.

Copa XuntaAntes de que comece

a liga regular (a finais de outubro) o Pabellón debe-rá xogar a Copa Xunta, na que comparte grupo con Celta e Arxil. Estes tres conxuntos enfrontaranse os días 6 e 13 de outubro, e os dous vencedores pasa-rán á fase final, que se dis-putará o 18 e 19 de outubro en Ferrol.

O Pabellón Ourense completa equipo cunha pívot finlandesa 4 O equipo, que dirixirá esta tempada Benja-mín Rodríguez, xa comezou a pretemporada.

O Pabellón Ourense comezou a pretempada o 16 de setembro./IÑAKI OSORIO

Page 6: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

6 BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

COB

Jonathan Kale 24 horas de chegar a Ourense tras 15 horas de viaxe fixo un partido máis que aceptable

R.Torres

O Club Ourense Balon-cesto venceu ao Conser-vas Cambados e verase as caras na semifinal da Copa Xunta contra o Río Natura Monbus.

O COB tivo que sufrir moito para poder acceder á final a catro que se dispu-tará esta fin de semana no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Composte-la. O resultado final foi un apretado 65-68 o que dá mostras da igualdade do choque, no que os locais chegaron a ter rendas de 10 puntos de vantaxe. E é que o Cambados, a pesar de estar en LEB Prata ten un equipo moi ambicioso con xogadores de contrastada calidade; de aí a igualdade vista no parqué.

A primeira metade foi a máis igualada. Chegouse ao final dos primeiros dez minutos cun punto arriba para os ourensáns (17-18); e finalizou a primeira metade cun punto arriba os pontevedreses (�9-�8).

Na reanudación, chegou o momento máis delicado para os homes de Gonzalo García de Vitoria que vían coma a diferenza mar-chaba ata os dez puntos (40-30). Nembargantes, o COB foi quen de remontar e porse un punto por dian-te. Pero outros arreóns dos locais facían que mar-charan novamente ata os dez puntos no electrónico (54-44); o terceiro cuar-

Na fase final da Copa Xunta con sufrimento4 Disputará a semifinal con-tra o Río Natura Monbus.

to remataría 54-46. Nese momento os xogadores dirixidos por de Vitoria ti-raron de casta e lograron, cunha boa defensa, encau-zar a eliminatoria e darlle a volta ao partido vencen-do por 65-68, logrando o acceso á fase final da Copa Xunta.

Kale e Rivero foron os máximos anotadores por parte ourensá con 17 e 13 puntos respectivamente. Aziz N´Diaye disputou os seus primeiros minutos como xogador do COB.

Copa XuntaO escenario para o

xogo desta fase final será o Multiusos Fontes do Sar, disputándose o sába-do 21 as dúas semifinais, e a gran final na xornada dominical do domingo ��. Rio Natura Monbus e Club Ourense Baloncesto protagonizarán a primeira das semifinais ás 18 horas, e Básquet Coruña e C.B. Breogán a segunda ás �0 horas. Finalmente, o do-mingo �� (1�.30h), será a final entre os vencedores de ambas semifinais.

O palmarés da Copa Galicia agarda así sumar un novo nome a unha lista que, entre os actuais con-tendentes, encabeza C.B. Breogán con once títulos, seguido de Club Ouren-se Baloncesto con sete, e Obradoiro CAB con tres, conseguidos estes últimos de xeito consecutivo nas últimas edicións.

Redacción

O Club Ourense Balon-cesto logra a vitoria no se-gundo encontro de pretem-pada e con Jonathan Kale -recén aterrizado en Ouren-se- coma un dos xogadores máis destacados.

Poucas conclusións son as que se poden sacar deste encontro típico de pretem-pada. Os dous conxuntos en pleno rodaxe, con moi-tas lagoas tanto defensivas coma ofensivas, propias das primeiras semanas de adestramentos.

Na primeira metade o Coruña foi superior e estivo en todo momento por dian-te do marcador. Os xoga-dores ourensáns, apoiados pola bancada de Celanova, non eran quen de facer un xogo fluido. Ao descanso �9-34 para os herculinos e con Morentín e Edu Mar-

O COB vence no segundo partido de pretempada4 Ante o Leyma Coruña por 60-56.

tínez coma os mellores do COB. O base Pedro Rivero descansou por precaución e iso notouse no xogo dos ourensáns.

Na segunda metade o Ourense subiu un peldaño a intensidade, e Morentín e Kale facíanse fortes nas dúas canastras, o que fixo que o COB se adiantara no marcador ao remate do ter-ceiro cuarto (51-47).

Final de partidoO último cuarto, cansos

xa os xogadores de ambos os dous conxuntos, foi o máis olvidable. Fallaron os cobistas nos primei-ros cinco minutos nos que non anotaron nin unha soa canastra (o que supuxo o empate do Coruña); apare-ceron de novo, nos instan-tes finais, Morentín e Kale, para darlle a renda suficien-te ao COB para que sumara

a primeira vitoria da pre-tempada.

Partido para correxir erros e pouco máis para un equipo no que Jona-than Kale ten moi boa pinta; despois de chegar a Ourense tras 15 horas de viaxe e sen adestrar cos seus novos compañeiros foi un dos máis destaca-dos na cancha do pavillón municipal de Celanova. Tamén foi o máis aplau-dido.

Rafa Huertas entra a canastra coa axuda de Jonathan Kale no partido disputado en Celanova contra o Leyma Coruña./RAMSÉS

Campaña de captación de sociosRedacción

O Club Ourense Balon-cesto presentou a campa-ña de socios para a tem-pada �013-�014. O abono sénior terá un custo de 85 euros ao que hai que en-gadir 15 euros máis para o que queira reservar o asen-to. Para os pensionistas o abono será de 40 euros, igual que para os que te-ñan unha idade compren-dida entre os 16 e os �5 anos. Os menores de 15 anos pagarán 10. Tamén haberá abonos familiares, paquetes para empresas e outras iniciativas. Prezos que se manteñen con res-pecto ao ano pasado.

Os prezos indicados se-rán para a fase regular e non serán efectivos nun hipotético play off.

Debút de N´DiayeRedacción

O pívot senegalés N’Diaye, que ocupará praza de cotonú (non es-tranxeiro), disputou os seus primeiros minutos co COB contra o Conservas Cambados.

N´Diaye anotou dous puntos e estivo intimida-torio baixo o aro. Aínda que lle falta moito para coller a forma física xa deu mostras na Copa Xun-ta do que pode achegar a este equipo. Centímetros e intimidación son as vir-tudes deste cinco puro que basea o seu xogo sobre todo na defensa.

Despois de prolongarse os problemas co visado, o pivot xa está a disposición do adestrador.

Page 7: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

7ACTUALIDADE

Árbitros e oficiais de mesa de baloncesto no “stage” de pretempada celebrado no campus universitario de Ourense.

O Pabellón Balonmán buscará a permanencia na Liga Es-tatal. /ARQUIVO.

Redacción

O Pabellón Balonmán Ourense comeza esta fin de semana a súa andadura na Primeira Estatal Mas-culina. Despois de ascen-der este ano por cambios nas estruturas das diferen-tes competicións, o Pabe-llón afronta este novo reto con moita ilusión.

Sabedores da dificulta-de que atañe manter a ca-tegoría este ano, os homes dirixidos por Alejandro Arias “Zarra” comezaron en xullo a pretempada para lograr o complicado obxectivo da permanen-cia.

Estrea na Primeira división estatal4 O Pabellón Balonmán co-meza esta fin de semana a súa andadura na Primeira Estatal Masculina.

O primeiro rival nes-ta primeira xornada é o conxunto de Redondela SAR Plastic Omnium.

En casaOs de Zarra terán a súa

sede novamente no anexo do pavillón municipal dos Remedios. O primei-ro partido en casa será na segunda xornada contra o Mecalia Atlético No-vás, conxunto afincado en Pontevedra.

Redacción

O Comité Ourensán de Árbitros de Baloncesto ce-lebrou este sábado 14 de setembro en Ourense, co Pavillón do Campus Uni-versitario como escenario, o seu “stage” de pretempa-da, cita anual na que reuniu a todo o colectivo formado polos árbitros e oficiais de mesa para dar comezo á nova tempada e marcar as pautas de traballo a seguir durante todo o ano.

A realización de probas físicas, exame teórico de regulamento, presentacións sobre mecánica arbitral, criterio e control de parti-do, traballo dos oficiais de mesa e cambios no regu-lamento marcaron o trans-curso dunha intensa mañá

Os árbitros ourensáns preparan a tempada4 Participaron nun “stage” celebrado no cam-pus universitario.

de traballo na que destacou a presenza do árbitro inter-nacional FIBA e director técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez; así como do técnico do Grupo � FEB, Jose Luís Estévez Camiña.

O Clínic cumpriu coas expectativas. Luís Miguel Estévez, o seu coordinador técnico, non dubidou en re-saltar o positivo desta cita na que “a práctica totalida-de do colectivo superou as probas e ademais leváronse a cabo excelentes presenta-cións por parte dos técnicos que marcarán as pautas a seguir durante toda a tem-pada”

Estévez aproveitou á súa vez para animar a todos os interesados en achegarse á arbitraxe, “unha actividade

deportiva na que se pode facer carreira e nunca é tarde para entrar, desde a cal vívese o baloncesto desde unha perspectiva diferente e moi entretida” a que acudan á Delega-ción Zonal da FGB a in-formase.

Programación 2013-2014

O traballo do Comité Ourensán de Árbitros con-tinuará ao longo da tempa-da �013 - �014 co obxec-tivo de realizar diferentes actividades de formación, adestramentos, progra-mar charlas para expoñer temáticas relacionadas co deporte e a arbitraxe, ademais de realizar unha campaña de captación de novos membros.

Curso de árbitro aspirante de balonmánRedacción

O Cómite Galego de Árbitros organiza xunto á Escola Galega de Ár-bitros, e en colaboración coa Delegación provincial de Ourense un curso de árbitro aspirante.

O curso, que terá tres días non sucesivos de ce-lebración, comezará o sá-bado �1 de setembro en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a �0.30 horas; o domingo �� o horario será só de mañá (de 9.30 a 13.30); e rematará o sába-do �8 en horario de mañá e de tarde (9.30 a 13.30 e de 16.30 a �0.30 horas).

O lugar de celebración será na aula do polide-portivo do instituto Otero Pedraio.

Para poder participar neste curso é requisito ser maior de 15 anos e ter os estudos primarios.

[Inscricións no teléfono 988 47 1� 95, no fax 988

47 04 77 ou no correo electrónico del.ourense@

fgbalonman.com]

Viña Costeira en Primeira GalegaRedacción

O conxunto de balon-mán Viña Costeira con-tinúa un ano máis na Pri-meira División Galega de Balonmán.

O equipo de Ribadavia será o único representante nesta competición tralo ascenso do Pabellón Balo-nmán Ourense á Primeira División Estatal.

O primeiro partido en casa, contra o Mecalia Atlético Novás

Page 8: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

8 BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

FÚTBOL SALA

Con esta goleada o Cidade acada a fase final da Copa Xunta./RAMSÉS.

O Cidade As Burgas comeza a liga visitando na Coruña ao Viaxes Amarelle. Será o 21 de setembro

Redacción

Cómoda vitoria do Ci-dade As Burgas diante do Funeraria Apóstol Santia-go ao que venceu con sol-vencia por un contundente dez a un.

O conxunto composte-lán non foi quen de inco-modar en ningún momen-to ás ourensás, a pesar de que Iria Saeta estaba na bancada vendo o choque (uns problemas muscu-lares fixeron que Codeso non arriscara coa xogadora ante o inminente inicio li-gueiro). Tampouco xogaría a xogadora ascendida do filial, Candela Soria.

Na primeira parte, María Romero tomou a responsa-bilidade de ser a goleadora,

e dous goles seus e un de “Figo” deixaba en fran-quicia o encontro.

Se na primeira metade o dominio foi das franxi-verdes, na segunda meta-de aínda o foi máis. Ma-ría José en propia porta establecía o 4-0. Despois chegaría o gol da honra das santiaguesas, pero sen tempo a reacción, Romero facía o quinto (“hat trick” da xogadora de Verín), e Nerea poñía o seis a un. Os dobretes de Zaida e de Vanessa So-telo deixaban o marcador no definitivo 10-1. Go-leada que permite, outro ano máis, acceder á fase final da Copa da Xunta ao conxunto dirixido por Manolo Codeso.

Redacción

O Poio, recén ascendi-do á Primeira División do fútbol sala feminino, vén de demostrar no encontro amistoso disputado ante o Cidade As Burgas –no que se xogaban a segunda edi-ción do trofeo que leva o nome do conxunto ouren-sán- que a súa estrea na máxima categoría vai ser, como mínimo, promete-dor.

O Poio comezou marcan-do o ritmo e adiantándose no luminoso xa no minuto 4 ao meter Nerea o balón na súa propia porta, pero as ourensás reaccionaron e un pao de María Romero deixaba entrever que non

R. Torres

O Cidade As Burgas afronta a súa cuarta tem-pada na elite do fútbol sala xunto cos mellores equipos nacionais da dis-ciplina.

O equipo ourensán vol-ve a ser un dos conxuntos cunha das plantillas máis novas da competición, pero este ano buscarán non pasar os apuros que acostumen sufrir cando chegan ao tramo final da competición.

Como cada ano o equipo dirixido por Manolo Co-deso nútrese de xogadoras galegas. Ás xa habituais

Redacción

O Atlético de Madrid venceu na Supercopa ao Burela a dobre partido.

Antes de que arranque a Liga �013-�014 dispu-touse a Supercopa entre o vencedor da liga (Bu-rela) e o segundo clasifi-cado (At. de Madrid) da tempada pasada. Ao ser o Burela dobre campión de liga e Copa, foi o se-gundo clasificado da liga o que disputou a Super-

O Cidade golea na Copa Xunta4 Vence 10-1 ao Funeraria Apóstol Santiago.

ían baixar os brazos. A continuación Vanessa

Sotelo contou con dúas oca-sións claras para darlle for-ma ao empate, pero o acerto da porteira visitante impe-diuno. Finalmente, e grazas á insistencia do Cidade, o empate chegou no minuto 17 cun tanto de Romero.

Segunda metadeCo comezo da segunda

metade o Poio voltou do-minar o encontro, e esta vez non cedeu. Ante os ataques das rapazas de Marcio Si-meao, novamente Nerea in-troduce na súa propia porta un intento de despexe, o que facía que as visitantes se colocasen por diante.

A visitante Ceci nos mi-

O trofeo Cidade das Burgas marcha para Poio4 As rapazas de Manolo Codeso foron supe-radas por 5 goles a 1.

nutos �7 e 30 poría terra de por medio con sendos goles

para colocar o 1-4 no mar-cador. Yoli, no 3�, redon-dearía a goleada que fixo que o Poio levase para casa o segundo trofeo Cidade das Burgas.

A extensa pretempada do Poio, que está a lograr un equipo moi compacto e coordinado, fixo que o conxunto fose moi superior ao aínda inestable Cidade.

de pasadas tempadas (me-nos Raquel que marchou cara o Viaxes Amarelle), este ano contan con tres no-vas incorporacións: a subi-da do filial, Candela Peña; e as repescadas do Ponte Ourense, Vanessa Sotelo e Noelia Palacios.

Viaxes AmarelleAs franxiverdes comezan

a liga en terras herculinas o �1 de setembro. O Cidade visitará a cancha do Viaxes Amarelle, que este ano se reforzou con respecto ao pasado curso. Así, a xa cita-da Raquel e a outra ouren-sá Lucía Nespereira -ex do Burela- chegan A Coruña,

Cuarto ano na elite do fútbol sala feminino

xunto con outra integrante do Burela gañador da pa-sada Liga, Dolo, para re-forzar a un equipo moito máis ambicioso que o ano pasado.

O conxunto herculino descendera a pasada cam-paña pero mantívose na categoría ao volver aos 16 equipos en vez dos 15 que había o ano pasado. O Amarelle foi o elexido para cubrir esa praza logo de renunciar varios equi-pos da Segunda División á mesma.

A Supercopa rematou en mans do Atlético de Madrid4 O segundo na liga, o Atlético, derrotou ao gañador da liga, o Burela.

A súa extensa e completa pretempada fixo que o Poio fose moi superior ao Cidade./R.T.

Page 9: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

9FÚTBOL SALA

O Burela venceu este último encontro por 2 a 0, pero a suma total de 5 a 3 na eliminatoria deulle o título ao Atlético de Madrid As xogadoras do Atlético de Madrid presumiron de trofeos.

Redacción

O Ponte Ourense recibía no pavillón dos Remedios ao Leis de Pontevedra no enfrontamento da Copa Xunta.

O campión da Copa do ano pasado non pasou ape-nas apuros e logrou unha cómoda vitoria diante do conxunto pontevedrés.

R.Torres

O �1 de setembro a es-pera chega ao seu fin e dá comezo unha tempada máis a Primeira División de fútbol sala feminino.

O Ponte Ourense xoga nesta primeira xornada contra o equipo murcia-no do Roldán. Será na cancha central do pavi-llón dos Remedios a par-tir das cinco da tarde.

As murcianas remata-ron a pasada campaña na décimo segunda posición con �8 puntos, a seis das ourensás.

Este ano o Roldán re-forzouse coas incorpo-racións de Inma Sojo

A Supercopa rematou en mans do Atlético de Madrid4 O segundo na liga, o Atlético, derrotou ao gañador da liga, o Burela.

copa.No primeiro encontro

disputado en Madrid, o Atlético non tivo rival e caeron as lucenses por un contundente 5-1. No parti-do de volta, as locais non llo ían poñer sinxelo ás campioas da Copa a pe-sar de que a renda era moi grande.

Malia o emocionante do choque, a primeira parte remataría sen goles. Xa na segunda metade o Burela adiantaríase aos dous mi-

nutos con gol de Peque.Na metade deste se-

gundo acto, Quico Otero, adestrador do Burela, op-tou polo xogo de cinco e en breve materializaríase a superioridade co gol de Maite. �-0 no marcador e 5-3 no global da elimina-toria.

As laranxas tentáron-no de todas as maneiras, mentres que as visitantes buscaban contemporizar o partido con longas pose-sións. Ao final o marcador xa non se movería e o dous a cero foi insuficiente para a remontada das galegas que quedaban sen alzar a súa primeira Supercopa de España.

Terceira SupercopaAs roxibrancas suman

a súa terceira Supercopa de España, a segunda de forma consecutiva tras a do ano pasado acadada na Coruña.

-procede do Valladolid FS- e de Sonia Bernal -do Universidad de Alicante-. Tanto Sojo coma Bernal acumulan moitos títulos nas súas carreiras. Inma, dúas ligas co Cajasur Cór-doba, e Sonia, 11 títulos nacionais, amais de acadar o subcampionato do mun-do en Brasil coa selección española. Unha boa oca-sión para medir as opcións do Ponte Ourense nunha liga na que pretende loi-tar ata as últimas xornadas por conquistala.

Este ano a liga volve contar con 16 equipos (o ano pasado foron 15), dos cales seis son da comuni-dade galega.

O Roldán será o primeiro rival do Ponte na liga4 As ourensás comezan a tempada en casa.

Ana, Drica e Rosángela poñían o tres a un ao remate dos primeiros �0 minutos de encontro; o gol visitante foi obra de Paola.

Na reanudación, o Ponte Ourense relaxouse e non foi ata superada a metade deste período cando o marcador voltaría moverse. Cristina facía o 4-1. Pouco despois, Drica convertía o seu segun-

4 Venceu nos Remedios por 7-1 ao Leis de Pontevedra.do gol logrando o quinto do Ponte.

De aquí ao final o dominio local foi absoluto e Cristina lograba o sexto -segundo da súa conta persoal-. Laura de volea lograba o definitivo sete a un para pechar o en-contro. De aquí ata o final, Vaz probou con todas as súas xogadoras dando saída ás subidas do filial, Noa e

Dana. O Ponte xa está clasifi-

cado para a fase final da Copa Xunta na que busca-rá revalidar o título acada-do o ano pasado diante do Cidade As Burgas.

O Ponte busca revalidar a Copa Xunta

Esta vitoria deulle ao Ponte o pase á fase final

Page 10: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

10 BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

MOTOR

Redacción

Os días �1 e �� de setem-bro celebrarase en Ourense unha concentración de mo-tos e coches clásicos. Coin-cidindo con Termatalia, os organizadores, Escudería de Clásicos de Ourense e o Club Vespa-Lambretta, queren darlle un carácter termal ao evento.

Con esta concentración preténdese dar a coñecer a moita afección que hai en Ourense aos coches e mo-tos clásicas, amais de mos-trar as virtudes termais da cidade.

O sábado terá lugar o pa-seo das motos pola ribeira do Miño ata chegar a Outa-riz. Á noite organizarase unha cea e unha festa nun local da zona de viños da cidade.

O domingo serán as ves-

Os clásico invadirán Ourense4 Os días 21 e 22 de setembro celebrarase unha concentración de motos e coches clási-cos “Ourense capital termal”.

pas e lambrettas e os coches clásicos os que invadan as rúas ourensás. Motocicle-tas e automóbiles estarán expostos na praza Maior desde as 10 da mañá ata as 1� do mediodía para que os

curiosos que se acheguen poidan contemplar estas xoias.

Despois darase outro paseo e rematará a “escu-terada” no Campo da Feira onde se realizará un xantar

com fin de festa. Espérase que participen uns 50 co-ches e máis de 100 motos e que �50 comensais asis-tan á comida.

O prezo desta concentra-ción para os participantes en motos será de 15 euros para os dous días, mentres que os participantes que vaian en coche terán que abonar sete euros. A dife-renza está nos dous días de concentración das motos polo único día da de co-ches.

Organizadores xunto con coches e motos que participarán na concentración./RAMSES.

Redacción

Os pilotos ourensán Jor-ge González “Rantur” e Luis Aragonés remataron na segunda e terceira po-sición respectivamente na “Challenge Renault Twin-go R�” do 50º Rali Prínci-pe de Asturias.

O podio estivo caro polo que tanto Luis Aragonés coma Jorge González non se puideron relaxar en ningún tramo da compe-tición. Unha competición que tivo unhas condicións meteorolóxicas moi cam-biantes e cun asfalto es-varadío que dificultaba a conducción dos pilotos.

Rantur loitou ata o final pola vitoria pero finalmen-

González e Aragonés fan podio en Asturias4 Remataron na segunda e terceira posición na “Challen-ge Renault Twingo R2”.

te tívose que conformar coa segunda praza. Mentres que Aragonés estivo lonxe das dúas primeiras posicións.

Tras esta proba os ouren-sáns ocupan a mesma po-sición na clasificación pro-visional do Campionato de España.

Sierra MorenaA seguinte cita do cam-

pionato trasládase o mes que vén a Serra Morena; nela Aragonés e Bañobre tentarán resistir na terceira posición. Por detrás, Mar-cos Canedo encóntrase a 13 puntos de diferenza (�� por 35 do ourensán), men-tres que a segunda posición ocúpaa Jorge González con 48 puntos.

Page 11: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

11POLIDEPORTIVO

P.Lodeiro

Manuel Somoza é toda unha institución no Club de Tiro Eiroás. Durante �0 anos exerceu como secreta-rio e durante outros 30 anos, de presidente; na actualida-de sigue competindo e, xa fora de cargos directivos, encárgase de ensinar aos que empezan neste deporte.

Nun momento no que o número de tiradores decre-ce, quizais debido á crise ou ás esixencias da Garda

Civil para os que manexan armas, apunta Somoza, o veterano tirador recomen-da iniciarse neste deporte a través do aire comprimido. De feito, as modalidades de aire son as que máis se practican nun club con �80 socios.

Aos ‘novatos’ Somoza recoméndalles “moita te-nacidade e moita pacien-cia”. “Hai xente que chega e pensa que os primeiros días vai facer maravillas, que non se desanimen se os

primeiros días non se fan boas puntuacións, este é un deporte de cabeza, non de músculo”, recalca.

El, á súa avanzada idade, continúa a disparar en case todas as modalidades de pistola, agás a pistola velo-cidade. A máis difícil ao seu ver, a pistola libre, proba na que se executan 60 tiros con pistola de �� mm a un bran-co situado a 50 metros.

ModalidadesEn Eiroás compítese en

“O tiro é un deporte de cabeza, non de músculo”

4 O veterano Manuel Somoza encárgase de ensinar esta práctica deportiva aos que come-zan.

practicamente todas as mo-dalidades de tiro, tanto as olímpicas (pistola e cara-bina de aire comprimido, pistola deportiva, pistola velocidade, pistola libre, carabina tres posicións e carabina tendido) como as

Somoza practicando o tiro con pistola de aire comprimido na galería de Eiroás./P.L.

que non o son (pistola es-tándar, pistola fogo central, pistola de 9mm., carabina lixeira, armas históricas, tiro ao prato –minifoso-, e percorridos de tiro).

Cada fin de semana teñen lugar no club ourensán as

competicións das diferen-tes ligas anuais: o día 15 de setembro, por exemplo, ha-berá liga de pistola veloci-dade, o día ��, de carabina tendido e pistola libre, e o �9, de fogo central e pistola damas.

Redacción

Jesús Rodríguez León e Miguel Castañón reva-lidan o seu título de cam-pións de K� no Descenso do Sil. Pola súa banda, o medallista olímpico Da-vid Cal disputou no Barco a súa primeira regata en España desta tempada.

Un total de 4�5 pa-deeiros de todos os clubs galegos, e tamén de As-turias, León e Portugal, participaron o sábado 14 de setembro no Descenso do Sil, na que foi a súa convocatoria máis multi-tudinaria nos seus case 50 anos de historia. Entre os que afrontaron o reto en-tre a ponte de Sobradelo e o malecón do Barco esta-ba David Cal, medallista olímpico en Atenas, Pe-quín e Londres (cinco me-dallas en total o converten no español con máis pre-seas olímpicas).

O Descenso tivo como vencedores a Jesús Ro-dríguez León e Miguel Fernández Castañón. Os locais do club fluvial Bar-co lograban a vitoria na

categoría de K�, revali-dando o título que logra-ron hai un ano na que era a súa primeira incursión xuntos. Rodríguez León pasou entón a competir en parella, despois de acu-mular un palmarés de 10 vitorias consecutivas en K1. O cambio non o apea do podio.

David CalO palista español máis

internacional reencontrá-base co río, xa que esta foi a súa única regata en España nesta tempada (en 10 días regresa a Brasil, onde se instalou para pre-parar os Xogos Olímpicos de Brasil �016); e tamén no Sil, onde xa compe-tira anos atrás. Ao termo da regata comentou que as correntes lle xogaron unha mala pasada, polo que esta vez o campión olímpico non fixo podio.

DESCENSO DO SIL

León e Castañón revalidan o seu título de k2 4 Participou o olímpico Da-vid Cal.

David Cal non logrou o podio debido á intensidade das correntes do Sil

Redacción

O pasado sábado ce-lebrouse en Vilanova de Arousa (Pontevedra) a úl-tima regata de piragüismo para as categorías alevín e benxamín.

Disputada en kayaks in-dividuais sobre unha dis-tancia de 1.500 metros, e na cal estaban inscritos 501 deportistas (31� nenos e

PIRAGüISMO

Paula Segura, terceira en Vilanova de Arousa

189 nenas) de toda a xeo-grafía galega.

Por clubs, o Club Flu-vial de Allariz rematou na novena posición. O outro club ourensán participante (Avión) finalizou na posi-ción número ��.

Á cita ponteve-dresa acudiron 500 deportistas

Redacción

As escolas deportivas municipais do Concello de Xinzo de Lima veñen de abrir as inscricións para as distintas disciplinas depor-tivas. Baloncesto, fútbol sala, cachibol, ximnasia de mantemento e iniciación deportiva son algunhas das opcións.

Na piscina climatizada poderase anotar a aeróbic, aquagim, pilates, natación e matronación.

Pero non quedan aí as ofertas. Fútbol, e fútbol 8,

Oferta deportiva do Concello de Xinzo4 Abríuse o período de inscri-ción o 17 de setembro.

sendeirismo, kárate, kic-kboxing, atletismo, tenis, ximnasia rítmica bádmin-ton, kárate e equitación son as outras alternativas para que todos os rapa-ces da Limia teñan onde elexir entre toda a ampla variedade deportiva.

As inscricións están abertas desde o 17 de set-embro. Para máis informa-ción chamar ao teléfono 988 46 10 �0, no pavillón de deportes de Xinzo ou mandando un correo elec-trónico a [email protected].

Page 12: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

1� BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

POLIDEPORTIVO

Torneo de Golf Cruz Vermella - VI Memorial Lalo4 Celébrase os días 27 e 28 de setembro no Montealegre Club de Golf.Redacción

Os días �7 e �8 de se-tembro celebrarase no Montealegre Club de Golf o Torneo de Golf Cruz Vermella – VI Memorial Lalo, cuxa recadación destinarse a actuacións a favor dos colectivos máis vulnerables da sociedade.

Este campionato foi unha iniciativa de Aurelio López Moura “Lalo”, an-terior presidente da enti-dade benéfica en Ourense. Tras o seu falecemento, a idea foi retomada por un grupo de amizades e pola actual presidenta de Cruz Vermella Ourense, Teresa Rodríguez Babarro. O des-envolvemento do evento é posible grazas a un nutri-do grupo de colaborado-res, entre os que se atopan as empresas que achegan unha contía económica

ou en especie, ademais do equipo técnico e voluntario de Cruz Vermella.

A modalidade de xogo será “stableford” a 18 foxos, segundo o hándicap de cada competidor: primeira cate-goría (até hándicap de xogo 11), segunda categoría (de 1� a 18) e terceira categoría (de hándicap 19 a 30).

O deseño do trofeo é obra do artista ourensán Xavier Riomao e recibirano os dous primeiros clasifica-dos de cada categoría, así como os especiais ao me-llor “scratch”, “approach” e “drive”.

A inscrición para parti-cipar no torneo será de 30 euros e poderá realizarse nas oficinas do Monteale-gre Club de Golf até o ven-res �7 de setembro. Tamén se pode colaborar a través da fila cero: 2080 5260 79 304007906�.

Open de hoquei veteranosOs días 6, 7 e 8 de setembro celebrouse na cancha

de Mariñamansa a oitava edición do OHF “Octopus Hockey Festival”, un open de hoquei para deportistas veteranos. Tras tres días de competición, finalmente o equipo de Los Reserva alzouse co campionato en cate-goría masculina, seguido de Sport e CD Open, segundo e terceiro respectivamente. Cuarto foi o ATHC, quinto o Open Vigo e sexto o Vilanovense.

En categoría feminina o CD Open alzouse coa vitoria por diante do Team Galicia e do Oranginas; en cuarta posición rematou o Maatjes.

Ademais do espectáculo do stick tamén se celebra-ron outras actividades coma unha visita ás termas e un xantar popular para todos os participantes do “Octopus Hockey Festival” que organiza o Club Deportivo Open Ourense co obxectivo de gozar deste deporte desde unha perspectiva máis social que competitiva.

Foto de familia dos participantes no Open de hoquei de veteranos “Octopus Hockey Festival”. /CD OPEN.

Comeza a tempada de nataciónRedacción

O Club Natación Pa-bellón Ourense comeza a tempada �013-�014. De-bido ás obras que se están a realizar na piscina Rosa-rio Dueñas dos Remedios, os integrantes do club en categoría absoluta e jú-nior desenvolven os seus adestramentos na piscina Pedro Escudero e no club náutico de Castrelo de Miño.

Jesús Barros, vicepresidente provincial de Cruz Verme-lla, Pablo López Moura, organizador do torneo, e Carlos Criado, presidente do Comité de Competición do Mon-tealegre Club de Golf, presentaron o torneo benéfico.

Page 13: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

13POLIDEPORTIVO

Iván Feijoo.

Redacción

Humberto Silva, do Benfica, foi o vencedor dos primeiros Xogos Mundiais de Ciclismo que se disputaron o domingo 15 de setembro en Pereiro de Aguiar, ao imporse ao seu compañeiro de fuga Enrique Salgueiro do Rías Baixas.

A proba disputouse no tradicional circuíto da área recreativa de Loñoá, o cal ten unha lonxitude de 6,98 km ao que os 89 participantes presentes na liña de saída tiveron que dar 10 voltas, percorrendo finalmente 69,8 quilóme-tros.

Ao paso por Cebreiros, na segunda volta, tivo lugar unha escapada in-tegrada por sete corredo-res, cunha diferenza que nunca chegou ao minuto. Nembargantes, o pelotón non logrou darlles alcan-ce. Con esta dinámica su-cedéronse as voltas e na última, de novo na subida

Redacción

A localidade ponteve-dresa de Mos acolleu o campionato galego de Mini BTT, organizado pola Fun-dación Óscar Pereiro e que congregou a 175 corredo-res.

Nesta proba os bikers

de Cebreiros, adiantáronse Humberto Silva e Enrique Salgueiro, que lograron unha mínima distancia de non máis de 10 segundos, pero que foi suficientes para xogarse entre eles a vitoria final.

Os demais postos de hon-ra foron disputados nun apretado sprint do pelotón, encabezado por Francisco Javier Iglesias, que se fixo co terceiro posto da xeral.

En toda a proba foi cha-mativa a competitividade entre os participantes, que pedalearon a unha media de 4� km por hora.

Proba infantilParalelamente, a Esco-

la de Ciclismo de Pereiro de Aguiar organizou outra proba destinada aos seus alumnos máis pequenos, que reuniu a máis de 40 ne-nos.

Pereiro de Aguiar, sede dos I Xogos Mundiais de Ciclismo4 Humberto Silva, do Benfica de Portugal, foi o vencedor absoluto.

Iván Feijoo e Aída González vencen no Mini BTT de Mos

da Escola de Ciclismo JA Hermida colleitaron un total de 5 podios. Así, entre os infantís vencía Iván Feijoo; en alevíns, Aída González, e a súa compañeira de equipo Noela Saa rematou en tercei-ro lugar. E en principiantes, Breogán Diz foi segundo e Martín González terceiro.

Humberto Silva, Enrique Salgueiro e Francisco Javier Iglesias foron os tres primeiros clasificados.

Celebrouse no Algarve portugués a VIII Loulé Cup Internacional na que o Club Ximnasia Pavillón acadou dous podios; con Lucas Domuro como cam-pión de dobre mini-tramp sub-13 e o equipo sub-15 (Daniel Fernández, Nico-lás Cid, Lucas Domuro e Diego Feijó) como terceiro clasificado en trampolín. Este conxunto que tamén rematou en cuarta posición en dobre mini-tramp.

Esta é a terceira edición da copa na que participa o club ourensán, que neste

Redacción

Durante a fin de semana do 13 e 14 de setembro tivo lugar en Valladolid a «�013 Trampoline World Cup» e o «Torneo Internacio-nal Ciudad de Valladolid», que acolleron aos mellores saltadores do mundo, pro-cedentes de Australia, Aus-tria, Argentina, Azerbaiján, Bélxica, Bielorrusia, Bul-garia, China, Georgia, Es-paña, Japón, México, Paí-ses Bajos, Portugal, Nueva Zelanda, Rusia, Suiza, Es-tados Unidos e Uzbekistán.

Club Ximnasia Pavillón participou no torneo inter-nacional con oito ximnastas de nivel, acadando grandes resultados. Por unha ban-da, lograron o pase á final Daniel Fernández (en tram-polín e dobre mini-tramp), Nicolás Cid (en trampolín), Lucas Domuro (en dobre mini-tramp), María Salas (en dobre mini-tramp) e Eduardo Novelle (en dobre mini-tramp).

Catro podiosDeles, obtiveron podio

Catro podios para o Ximnasia Pavillón no Internacional de Valladolid4 A capital castelá acolleu tamén a «2013 Trampoline World Cup».

en sincronismo Eduardo Novelle e Iago Sousa (que se fixeron co terceiro posto da categoría 15-16 anos) e Lucas Domuro e Daniel Fernández (que tamén lo-graron un bronce, esta vez entre os participantes de 13-14 anos).

Así mesmo, en dobre mini-tramp, María Salas

foi terceira na categoría de 11-1� anos, e Lucas Domuro, segundo na de 13-14.

Ademais, Eduardo No-velle e Daniel Fernández acadaron un 4º posto en dobre mini-tramp, nas súas respectivas catego-rías, en finais moi igua-ladas.

4 Dúas medallas na Loulé Cup Internacional do Algarve

caso logrou coarse en ata sete finais.

Nelas, ademais destas dúas preseas, destacaron as actuacións de Nicolás Cid, que foi 5º en trampo-lín individual sub-13; Noa Puente, 9ª en DMT e 6ª en trampolín sub-13; Daniel Fernández, 5º en DMT individual sub-13; Diego Feijóo, 7º en DMT indi-vidual 13-14 anos; Eduar-do Novelle, que foi 8º en DMT individual 15-16 anos; e Marta Rodríguez Dopazo, 13ª en DMT indi-vidual na categoría open.

Page 14: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

14 BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

ENTREVISTA

Yael Campelo.

Alejandro Cid: “Aos meus amigos gustaríalles saber facer mortais”

4 O Club de Ximnasia Burgas leva a tres destacadas promesas ao Mundial en Bulgaria: Daniel Pérez, Yael Campelo e Alejandro Cid. óscar Blanco

O próximo Mundial de ximnasia de Bulgaria con-tará con tres representantes do Club Ximnasia Burgas: Yael Campelo, Daniel Pé-rez e Alejandro Cid. Os palmarés destes tres mozos ximnastas son impresio-nantes.

Daniel Pérez é campión de España de dobre mini-tramp e 3º en trampolín (modalidade olímpica), 5º de Europa en dobre mini-tramp e 6º nos últimos World Games (olimpíada dos deportes non olímpicos) todo en categoría absoluta. Único ximnasta español pertencente á selección es-pañola absoluta na súa mo-dalidade deportiva, sendo o mellor ximnasta español na súa modalidade e reco-ñecido entre os mellores do mundo neste momento.

Yael Campelo foi a pri-meira ximnasta españo-la que con só 1� anos, en �010, obtivo o subcam-pionato de Europa coa se-lección nacional júnior e a máis moza do Europeo nese momento. Leva sendo cam-pioa de España na súa cate-goría en dobre mini-tramp polo menos os últimos 3 anos así como campioa da Copa de España ademais de

ser tamén este ano subcam-pioa de España de trampo-lín (modalidade olímpica). A nivel internacional este ano gañou tres das compe-ticións internacionais máis importantes: Scalabis Cup, Louleé Cup e Internacional de Valladolid o pasado fin de semana, é neste momen-to a mellor ximnasta espa-ñola en Dobre Mini-tramp.

Alejandro Cid Masid cumpriu 13 anos e xa foi campión de España en va-rias ocasións en dobre mini-tramp ademais de ser este ano tamén sub-campión de España en trampolín, e xa a segunda vez que se clasifi-ca a un Mundial por idades. Vén de quedar segundo en sincronismo (con Anxo Corcoba) e terceiro en do-bre mini no Internacional de Valladolid; desde logo unha promesa do deporte ourensán se pode seguir adestrando a bo ritmo.

Dende cando practica-des ximnasia?

Daniel Pérez (D.P.): “Dende os 10 anos”.

Alejandro Cid (A.C): “Dende fai 4 anos”.

Yael Campelo (Y.C): “Practico ximnasia dende que teño 5 anos”.

Canto tempo adestra-des?

D.P: “5 días á semana dúas horas e media”.

A.C: “18 horas á sema-na”.

Y.C: “Todos os días agás o domingo 3 horas diarias”.

Como é a vosa rutina de adestramento?

D.P: “Pois un quecemen-to especifico de 20 minutos máis ou menos, despois adestro os exercicios que teño planeado facer na competición máis próxima e na parte final realizo os saltos que aínda non domi-no e quero chegar a contro-lar para poder facelos en futuras competicións”.

A.C: “Eu paso media hora de estiramentos e dúas horas e media saltando”

Y.C: “Nada máis che-gar quento e logo reparto o tempo entre o dobre e a cama”.

Tendes algunha persoa

ximnasta como referen-cia?

D.P: “Fai anos tiña como referencia ao ruso Kirill Ivanov porque é un ximnas-ta que fai saltos de moita dificultade e ademais fainos tecnicamente moi correc-tos. Agora fíxome mais no portugués André Lico que foi bicampión do mundo e porque coincidimos en moitas competicións e nos levamos moi ben”.

A.C: “Eu teño como re-ferencia ao meu compañei-ro Dani Pérez”.

Y.C: “O ximnasta chi-

no Dong Dong, campión Olímpico”.

Yael, es a única xim-nasta española que gañou todas as competicións as que te presentaches, é iso unha maior responsabili-dade?

Y.C: “O que máis me motiva en competición é fa-celo o mellor que sei e non fallar, facelo ben é sempre unha responsabilidade que aumenta a presión”.

Tendes máis ximnastas ou deportistas na vosa fa-milia?

D.P: “O meu irmán maior practicou taekwondo a bas-tante bo nivel”.

A.C: “Si, teño unha pri-ma en natación sincroniza-da, un curmán en fútbol e unha curmá en fútbol sala”.

Y.C: “A miña irmá Dana xoga ao fútbol dende moi pequena, agora xoga no Ponte de Ourense”.

Gústanvos outros de-portes aparte da ximna-sia?

D.P: “Gústame o balon-cesto”.

A.C: “A pesca e o balon-cesto”.

Y.C: “Gústame moito o esquí a patinaxe artística e tamén o salto de trampo-lín”.

Que actuación agarda-des acadar no Mundial de novembro?

D.P: “Agardo pasar a rolda preliminar cuns exer-cicios de dificultade media pero moi ben executados, e logo na final vou facer os saltos de maior dificultade que poida para tentar subir-me ao podio”.

A.C: “A min gustaríame

ser finalista”.Y.C: “Quero facelo ben,

despois xa veremos”.É a vosa primeira parti-

cipación internacional? D.P: “Non, a miña pri-

meira participación inter-nacional foi nun torneo en Coimbra no ano �007. E desde o ano �008 partici-pei ininterrompidamente en todos os campionatos de Europa e do Mundo como membro oficial da selec-ción nacional”.

A.C: “Non, xa estiven no Mundial de Birminghan e en varias Copas do Mun-do”.

Y.C: “Non, para min xa é o terceiro mundial ao que vou”.

Que din os vosos amigos do que facedes?

D.P: “A maioría dinme que é incrible o que fago e que lle dedico demasia-do tempo xa que non podo quedar con eles sempre que queira por mor dos adestra-mentos”.

A.C: “Aos meus amigos lles gustaría saber facer

mortais”.Y.C: “Pregúntanme e fe-

licítanme cando gaño”.Queredes dedicarvos a

este deporte de maiores?A.C: “Si, pero é difícil”.Y.C: “É moi difícil vi-

vir da ximnasia, pero non me gustaría desvincularme deste deporte”

Cal pensades que é a disciplina que tendes que mellorar ou traballar máis?

D.P: “Teño que mellorar a capacidade de controlar mellor as miñas emocións tanto ao adestrar como nas competicións. Normalmen-te son bastante esixente ao saltar e cando algo non me sae como quero voume ca-breando ou frustrando máis e iso fai que a miña concen-tración se disperse e non se centra no que teño que facer nese momento”.

A.C: “Os estiramentos”.Y.C: “Teño que traballar

moitísimo e gañar confian-za en trampolín”.

Cando estás competin-do, que sentides?

D.P: “Sinto os nervios habituais de calquera de-porte á hora de competir, pero ademais sinto un su-bidón de adrenalina xusto antes de saltar e unhas ga-nas tolas de poñerme a pro-ba a min mesmo e ensinar á xente o que son capaz de facer”.

A.C: “Igual que Daniel, un subidón de adrenalina”.

Y.C: “Antes de compe-tir nervios, no momento da competición non sinto nada, só me concentro ao máximo”.

Qué supón a ximnasia para vós?

A.C: “É algo que me dá moitas satisfaccións e do que gozo moito”.

Y.C: “Hoxe é a miña vida”.

É un deporte duro?

Onde atopades a motiva-ción para continuar?

D.P: “É moi duro tanto a nivel físico como emo-cional, xa que sempre es-tás competindo contra ti mesmo, tentando superarse e iso non é doado, porque non todos os días son bos nin estás a tope. Para quen o toma tan en serio coma min é moi frustrante. A miña principal motivación é a xente que recoñece e va-lora o bo traballo e esforzo que estou a facer e o meu obxectivo persoal de conse-guir subirme ao podio nun campionato do mundo”.

A.C: “Si, porque hai que dedicarlle moitas horas e a motivacion atópoa nos compañeiros e sobre todo nos meus adestradores Isaura Hermida e Pablo Hi-nojar”.

Y.C: “Gústame moitísimo este deporte, e aínda que ás veces quítache tempo para outras cousas, e algúns días acabas esgotada, cada vez que salto e as cousas saen ben compensa o demais”.

Como se compaxina o deporte e as notas escola-res?

A.C: “Con moito esfor-zo”.

Y.C: “Cústame un pouco compaxinar ambas cousas, as competicións rouban días de clases e as tardes son enteiras para adestrar, inténtoo levar o mellor que podo, e este ultimo ano os profesores botáronme unha man”.

Deixade unha mensaxe aos nosos lectores:

A.C: “Pois un apoio de-cidido á ximnasia e non só moral senón tamén econó-mico, é dicir, que o deporte non só é fútbol.”

Y.C: “Cando che gusta algo e loitas polo que que-res cun pouco de sorte po-des chegar onde desexes”.

Alejandro Cid.

Daniel Pérez.

Page 15: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013

15 ARTIGOS / ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº83- Ano: V - 19 de setembro de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 21. A actitude mental do deportista

No fútbol actual o fut-bolista durante a tempa-da atópase ameazado por múltiples situacións, por iso, é moi importante que as afronte de maneira po-sitiva. A tempada, na súa maioría, vai depender da actitude mental positiva dos xogadores e do equipo.

A implicación, o compro-miso do equipo leva:

1º.- Que o xogador:- Se implique, se com-

prometa e acepte o seu rol dentro do grupo.

2º.- O xogador ha de des-empeñar o seu papel:

- Ao límite das súas ca-pacidades físicas, técnicas, tácticas e psicolóxicas, des-ta maneira será un xogador eficaz e de rendemento.

3º.- Xogar colectivamen-te, é a mellor forma de xo-gar:

- Gardar unha orde in-terna no traballo, nas po-sicións e nas zonas de tra-ballo, as cales deben ser o máis estable e equilibradas posibles.

- Dialogar e comunicar-se.

- Axudar e colaborar.- Ser participativo e tole-

rante.- Altruísmo, compañeiris-

mo, respecto.4º.- Confianza e seguri-

dade: - Se cremos firmemente no

que somos capaces de facer e no que sabemos facer, fa-rémolo con facilidade.

- Non nos importa saber se somos os mellores ou non. O realmente certo é

que a un partido podemos gañar a calquera.

- A confianza e a segu-ridade son o primeiro se-gredo do éxito.

5º.- Máxima atención e tensión no desenvolve-mento do xogo:

- Os xogadores han de estar a pensar e razoando constantemente.

- Comunicación positi-va entre os xogadores.

- Aburrir ao opoñente, presionándoo e aburrín-doo.

- Evitar as présas, son malas conselleiras.

6º.- Utilizar a forza mental:

- Confianza en si mesmo e nos demais.

- Agresividade, valentía, decisión, altruísmo.

- Desexo de triunfo.- Respecto, pero nunca

medo.7º.- O fútbol é ida e vol-

ta:- Os xogadores han de

concienciarse desta situa-ción futbolística.

8º.- Rendemento:- Para render de forma

eficaz, ademais doutros factores, é necesario pen-sar de maneira positiva.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de

Ourense e entrenador

Deporte e realidade (XXII)

“A tempada, na súa maioría, vai depender da actitude men-tal positiva dos xogadores e do equipo”

Alfonso Vilachá.

La Purísima volve á cargaEste mércores 18 de setembro o colexio La Purísima presentou no Centro Cultural

Marcos Valcárcel da Deputación o que será o seu novo ano en materia deportiva. Vol-verán dar que falar ao longo da xeografía ourensá e galega en disciplinas como o fútbol sala, volei, minibasket, danza creativa, baile moderno, ou mesmo o atletismo. Este ano moitos dos pais e das nais atreveranse a participar nalgunha proba de carreiras popula-res acompañando aos seus fillos. Quen o fará mellor?

Outras novidades para esta tempada son patinaxe artística e ioga.

Montse Estévez e David e Ángel Valcárcel presentaron as actividades do club deporti-vo La Purisima. /RAMSÉS.

Toyota Ourense, galardoado co Premio europeo de Satisfacción do Cliente

Toyota Ourense, con sede no Polígono Barreiros, é un dos tres concesionarios es-pañois de Toyota e un dos 4� de toda Europa que recibe este ano o Premio europeo de Satisfacción do Cliente Ichiban. O concesionario ourensán foi recoñecido polos seus excepcionais resultados en satisfacción dos clientes, tanto na área de vendas como de postvenda.

A entrega do galardón a Toyota Ourense contou coa presenza de varios directivos de Toyota españa, entre eles o seu presidente, Jacques Pieraerts; o director executivo, Tomoya Akita; o coordinador, Minori Kurata; o director de vendas, Francisco Lanillos, ademais do xerente do concesionario ourensán, José Cortegoso, e o xefe de vendas, Pablo Pérez.

Ichiban é unha palabra xaponesa que significa “o cliente é o primeiro”. Desde que en �007 empezaron a outorgarse estes premios, os resultados de satisfacción do cliente dos concesionarios de Toyota melloraron ao redor do 43% en vendas e o 34% en pos-tvenda.

Directivos de Toyota España entregan o premio Ichiban aos responsables do concesio-nario ourensán./M.REJO.

Inscrición nas escolas deportivas do Paco PazRedacción

Ata o día �7 de setem-bro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas do Pazo dos Deportes Paco Paz da Deputación de Ourense. Fútbol sala, baile, psico-motricidade, iniciación á actividade física e danza acrobática, baloncesto e voleibol son as opcións dispoñibles. En todos os casos as prazas son limi-tadas e a cota trimestral ascende a �3,60 euros.

A escola de fútbol sala contará con dous niveis: un para menores de 5 a 8 anos, os luns e mércores, e outro para rapaces de 8 a 14 anos, martes e xoves.

De baile haberá catro niveis: de 5 a 8 anos o ni-vel un, os luns e mércores. O nivel dous, de 9 a 1� anos, os luns e mércores. O nivel tres, de 1� a 14 anos os venres, e o nivel catro para mozos de 14 a 18 anos, tamén os venres.

A escola de psicomotri-cidade está dirixida a ca-tivos de 3 a 6 anos, para que melloren, a través do xogo, a coordinación, orientación e flexibilida-de. Será martes e xoves.

A iniciación ao balon-cesto terá lugar nunha escola para nenos e nenas de entre 7 e 14 anos, e un programa específico de tecnificación para rapaces de entre 1� e 17 anos.

Antes de incorporarse a unha escola específica, os nenos aprenderán con iniciación á actividade fí-sica e danza acrobática a familiarizarse co traballo en equipo, a coordinación e a flexibilidade. Terá lu-gar os martes e xoves para menores a partir de 6 anos.

A escola de voleibol está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos e terá lugar os martes e xoves.[+ info no 988 �47 0�1 e en

www.pazopacopaz.es]

Page 16: 19 Setembro 2013 - BD Nº 83

BARRIOS DEPORTIVO19 de setembro de �013