1BAC HMC 0 o Antigo Rexime

2
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO TEMA 0 1º BACHARELATO O Antigo Réxime. Características e transformacións 1 O Antigo Réxime Elemento Antigo Réxime R. FRANCESA (1789) R. INDUSTRIAL (me- diados s. XVIII) Transformacións no s. XIX Política Absolutismo Liberalismo Sociedade Sociedade estamental Sociedade de clases Economía Economía arcaica ou preindustrial Revolución industrial - Capitalismo O ANTIGO RÉXIME, CARACTERÍSTICAS. TRANSFORMACIÓNS DAS ESTRUTU- RAS ECONÓMICAS, POLÍTICAS E SOCIAIS. O termo ‘Antigo Réxime’ foi empregado por primeira vez na Revolución Francesa a finais do s. XVIII para referirse ao conxunto de institucións pre revolucionarias que era necesario suprimir. Por extensión, na actualidade, designa a todos os elementos característicos das sociedades europeas anteriores á Revolución Francesa, e que van desaparecendo ao longo do s. XIX. Características Monarquía absoluta de dereito divino. O sistema político predominante en Europa era a monarquía absoluta e centralizada, na que se produce unha forte concentración de poderes na persoa do rei. Xustificábase na consideración de que o poder lle era delegado pola vontade de Deus. Isto terá unha aplicación diferente segundo os lugares; así, haberá réximes autocráticos como Rusia ou Prusia, onde o poder real era bastante efectivo e estaba apoiado por un exército potente e a burocracia. Na meirande parte dos países (como Francia e España), o seu poder quedaba limitado. As principais transformacións produciranse en Gran Bretaña, onde se transfiren parte das atribucións ao parlamento (monarquía parlamentaria ), e nalgúns países que aplicaban os principios ilustrados do s. XVIII. Economía arcaica. Atopámonos ante economías de subsistencia, nas que se dependía dos produtos agrícolas (cereais). As malas colleitas provocaban escaseza e carestía, o que xeraba as temidas secuelas de fame e morte (cri- ses de subsistencia). Era unha agricultura tradicional, que salvo en países como o Reino Unido ou Prehistoria 2 millóns a.C. Homo Habilis Historia Antiga 3000 a.C. Aparición dos primeiros documentos escritos Historia Medieval 476 Caída do Imperio Romano de Occidente Historia Moderna 1453 Era dos descubrimentos Historia Contemporánea 1789 Revolución Francesa 0

description

hmc0 loe

Transcript of 1BAC HMC 0 o Antigo Rexime

Page 1: 1BAC HMC 0 o Antigo Rexime

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO TEMA 0 1º BACHARELATO O Antigo Réxime. Características e transformacións

1

O Antigo Réxime

Elemento Antigo Réxime

R. FRANCESA (1789)

R. INDUSTRIAL (me-

diados s. XVIII)

Transformacións no s.

XIX

Política Absolutismo Liberalismo

Sociedade Sociedade estamental Sociedade de clases

Economía Economía arcaica ou

preindustrial

Revolución industrial -

Capitalismo

O ANTIGO RÉXIME, CARACTERÍSTICAS. TRANSFORMACIÓNS DAS ESTRUTU-

RAS ECONÓMICAS, POLÍTICAS E SOCIAIS.

O termo ‘Antigo Réxime’ foi empregado por primeira vez na Revolución Francesa a finais do s. XVIII para

referirse ao conxunto de institucións pre revolucionarias que era necesario suprimir. Por extensión, na

actualidade, designa a todos os elementos característicos das sociedades europeas anteriores á

Revolución Francesa, e que van desaparecendo ao longo do s. XIX.

Características

Monarquía absoluta de dereito divino.

O sistema político predominante en Europa era a monarquía absoluta e centralizada, na que se produce

unha forte concentración de poderes na persoa do rei. Xustificábase na consideración de que o poder lle

era delegado pola vontade de Deus. Isto terá unha aplicación diferente segundo os lugares; así, haberá

réximes autocráticos como Rusia ou Prusia, onde o poder real era bastante efectivo e estaba apoiado

por un exército potente e a burocracia. Na meirande parte dos países (como Francia e España), o seu

poder quedaba limitado. As principais transformacións produciranse en Gran Bretaña, onde se transfiren

parte das atribucións ao parlamento (monarquía parlamentaria), e nalgúns países que aplicaban os

principios ilustrados do s. XVIII.

Economía arcaica.

Atopámonos ante economías de subsistencia, nas que se dependía dos produtos agrícolas (cereais). As

malas colleitas provocaban escaseza e carestía, o que xeraba as temidas secuelas de fame e morte (cri-

ses de subsistencia). Era unha agricultura tradicional, que salvo en países como o Reino Unido ou

Prehistoria

• 2 millóns a.C.

• Homo Habilis

Historia Antiga

• 3000 a.C.

• Aparición dos primeiros documentos escritos

Historia Medieval

• 476

• Caída do Imperio Romano de Occidente

Historia Moderna

• 1453

• Era dos descubrimentos

Historia Contemporánea

• 1789

• Revolución Francesa

0

Page 2: 1BAC HMC 0 o Antigo Rexime

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO TEMA 0 1º BACHARELATO O Antigo Réxime. Características e transformacións

2

Países Baixos, presentaban escasas innovacións. Boa parte da terra seguía baixo réxime señorial. O

80% da poboación traballaba no sector agrícola. A actividade artesanal experimentou poucos avances, e

seguía controlada polos gremios, de orixe medieval. O comercio marítimo era a actividade máis dinámi-

ca, creando unha rica burguesía nas zonas portuarias.

Sociedade estamental.

As sociedades do s. XVIII eran de tipo aristocrático, é dicir, que unha minoría (a nobreza e o alto clero),

exercía unha enorme influencia sobre a vida dos demais (a xente do común); ben como gobernantes,

maxistrados, grandes propietarios; ben monopolizando os altos cargos do exército, a Igrexa ou o Estado.

A sociedade compúñase de tres ordes ou estamentos: clero, nobreza e terceiro estado ou xente do co-

mún. Cada estamento tiña unha condición xurídica diferente, polo que atopamos unha desigualda-

de social e legal que se transmite por herdanza.

Transformacións no s. XIX

Políticas

Aparición do Estado liberal e desaparición do Antigo Réxime. A Revolución Francesa marcou o inicio da

loita por romper as vellas estruturas e reivindicar os principios políticos que constitúen a base do

liberalismo político: a división de poderes, o recoñecemento da soberanía nacional e a existencia

dunha Constitución na que quedasen reflectidos a forma de Estado e os dereitos e deberes dos

cidadáns. Estas son as características principais do estado liberal, e aínda hoxe constitúen os

principios básicos da organización política dos estados democráticos.

Económicas

Os cambios comezan na 2ª metade do s. XVIII, rompendo coa organización social feudal. Os primeiros

signos aparecen na Inglaterra de 1750, coa chamada Revolución Agrícola e demográfica, bases da Revo-

lución Industrial, que dará lugar a un novo sistema económico: o capitalismo. O crecemento económico

que trae consigo a industrialización constitúe a base do sistema capitalista que perdura ata os nosos

días. O capitalismo defende a liberdade económica e foi o principio fundamental do liberalismo

económico.

Sociais

Os cambios económicos e políticos conformaron unha nova sociedade de clases, que substituíu á so-

ciedade estamental, e consolidou á burguesía como clase dirixente. Por outro lado, a explotación da clase

traballadora levou á toma de conciencia dos obreiros, que se organiza para defenderse. Apareceron os

sindicatos e o pensamento anarquista e socialista, que critica o capitalismo.