1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto...

594
DE GALICIA EMPRESARIOS XOÁN CARMONA BADÍA (coord.) VOLUME 2

Transcript of 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto...

Page 1: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

DE GALICIAEMPRESARIOS

XOÁN CARMONA BADÍA (coord.)

VOLUME 2

Page 2: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 3: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

EMPRESARIOSDE GALICIA VOLUME 2

Page 4: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 5: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

EMPRESARIOS DE GALICIAXOÁN CARMONA BADÍA (coord.)

VOLUME 2

Page 6: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 7: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 8: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1798-1868

LUIS DE LA RIVA BARROS

Page 9: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1 sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegertosaavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra.

Retrato de Luis de la Riva(cortesía da Real SociedadEconómica de Amigos del

País de Santiago)

UN GRANDE INDUSTRIAL E AUDAZ FINANCEIRO NA GALICIA OITOCENTISTA

Xoán Carmona Badíauniversidade de santiago de Compostela

o establecemento da industria moderna en galicia foi un fenómenodos últimos anos do século xIx, e correspóndese co desenvolvemento dasprimeiras fábricas de conservas herméticas de peixe que, dotadas de má-quinas de vapor e autoclaves para a esterilización do produto, impulsarona transformación da pesca e a aparición doutras industrias auxiliares. peroisto non quere dicir que antes non houbera intentos de erguer unha in-dustria fabril moderna, que non houbera empresarios dispostos a arrisca-ren os seus recursos no eido da industria, mesmo nun ambiente no queos incentivos levaran máis ben a ficar no comercio ou mesmo a mercarterras ou rendas forais, converténdose en propietarios máis ca en industriais.a finais do século xvIII foi antonio raimundo Ibáñez o máis significativodaqueles empresarios.1 no século seguinte, o compostelán luis de la rivabarros seguiu o seu ronsel. El foi quen de xuntar os capitais precisos paraerguer a que sería a maior empresa de galicia durante os anos centraisda centuria decimonónica e para que eses capitais se dirixisen ao mesmosector que constituíra antes a principal angueira do que xa, a título póstumo,era marqués de sargadelos. tratábase dun sector, o siderúrxico, que estaba

Page 10: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a ser noutros países líder na revolución Industrial, e que, polo tanto, tiñauns efectos de arrastre decisivos sobre outros. luis de la riva foi o impulsore director da etapa máis brillante da fundición de sargadelos, foi taméno responsable dunha das mellores xeiras da súa cerámica, e foi un dospioneiros da explotación comercial da illa da toxa. En realidade só polaprimeira destas actividades xa merecería aparecer en calquera colecciónde biografías dos máis importantes empresarios galegos da historia.

Comerciante por herdanza

luis de la riva barros naceu en santiago no ano 1798, fillo da com-postelá Francisca de barros e do camerano manuel de la riva moreno.2

24Empresarios de Galicia

2 sobre manuel de la riva véxase a biografía que, da autoría de xosé ramón barreiro,aparece tamén no volume primeiro desta obra.

Edificios da antiga fábrica de coiros de Ponte Pedriña de Arriba no ano 1995

Page 11: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a nai formaba parte dunha familia de rancio avoengo comercial da cidade,mentres que o pai —que comezara traballando como mancebo no negocioda que sería a súa sogra— era xa no momento do nacemento do seu filloluis un dos tres máis importantes comerciantes de por xunto da cidade.manuel de la riva era un dos principais importadores de galicia do liñobáltico que vendía a crédito para a súa utilización polos teares galegos, edistribuía igualmente bacallau, téxtiles e produtos coloniais; entre estesdestacaban os denominados coiros indios, procedentes da rexión do prata.aínda que moi fundamentalmente os seus negocios eran comerciais, foitamén propietario dunha fábrica de coiros situada no compostelán barrioda ponte pedriña de arriba que mercou no ano 1819.

o maior dos fillos de manuel de la riva —nicolás— estudou dereito,seguiu unha brillante carreira xurídica e política, e rematou instalándoseen madrid. santiago, o terceiro, tamén estudou a mesma carreira ca o vin-culeiro, aínda que permaneceu en Compostela; e Juan —o último dosirmáns— estableceuse en Cuntis, onde foi un dos primeiros impulsoresdos seus baños. ana —a única irmá— casou con outro avogado, JacoboFlores. luis foi, xa que logo, o único dos fillos que permaneceu ao caróndo pai e colaborou desde moi novo nos seus negocios. a súa formaciónacadémica foi, xa que logo, moi básica, e tampouco, a diferenza do queacontecía coas grandes familias comerciais coruñesas, foi enviado aoestranxeiro para se empregar en escritorios de Francia ou Inglaterra.

as primeiras responsabilidades empresariais de luis de la riva adqui-riunas cando en 1819 a firma paterna se fixo cargo da fábrica de coiros daponte pedriña. daquela, con pouco máis de vinte anos, asume a direccióndo establecemento, nun momento moi difícil xa que a perda das coloniascontinentais americanas interrompe a subministración de materias primase causa dificultades nos cobros nalgúns dos mercados tradicionais do cur-tido galego, como foi o caso de Cádiz onde os comerciantes se viron moiafectados polo peche das súas principais ramas de comercio. Foron variasas empresas compostelás do sector as que foron á creba nestes anos, maisnon foi este o caso da fábrica da ponte pedriña, que un esforzado luis dela riva conseguiu sacar adiante malia as dificultades.3

25Luis de la Riva Barros

3 unha panorámica xeral sobre a industria do coiro compostelá da época en Carmona

e FErnándEz (2003).

Page 12: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Como era habitual nestes casos, e a medida que a dilixencia do fillonos negocios vai gañando a confianza do pai, este concédelle a entradacomo socio na empresa. tal aconteceu con manuel de la riva, que lledá entrada ao seu fillo luis, o único que traballaba ao seu carón, en 1824.naquel ano fórmase a sociedade manuel de la riva e Hijo na que entraluis cun salario polo seu traballo no negocio familiar e cunha participa-ción nos beneficios da fábrica de curtumes que xestiona persoalmente.4

outro dos negocios da empresa familiar no que luis de la riva come -za a encargarse xa desde mediados dos anos vinte é o relacionado coa co-mercialización dos produtos da fábrica de fundición de sargadelos. o seupai viña sendo desde o final da invasión francesa un dos tres comerciantesde por xunto composteláns que lles adiantaban diñeiro aos herdeiros deantonio raimundo Ibáñez para que estes dispuxesen do circulante precisopara o funcionamento dos altos fornos, recibindo logo o pago en formadas típicas carradas de potes de ferro coado, que pola súa volta distribuíanentre pequenos comerciantes e vendedores ambulantes de asturias egalicia.5 pero a comezos dos vinte as outras dúas casas comerciaisatravesaran por fortes dificultades que levaran unha á creba e outra aoabandono deste tipo de contratas, de xeito que contra 1829 a de manuelde la riva e Hijo era a única que continuaba en situación de adiantarllesdiñeiro por potes aos herdeiros do marqués de sargadelos. En outubrodaquel ano xa foi luis de la riva o encargado de realizar unha daque -las contratas na que a sociedade compostelá prestaba case medio millónde reais «en oro y plata» e adquiría en troques a exclusiva dos produtos defundición dos establecementos de sargadelos,6 contrata esta que se repeti -ría catro anos máis tarde.

manuel de la riva finou o día dous de abril de 1831. para garantir acontinuación da empresa familiar ata que se fixese a partilla definitiva ea repartición correspondente, nai e fillos chegan a un convenio no quese manifesta o desinterese dos demais irmáns polos negocios herdados e se prorrogan as condicións nas que luis de la riva seguirá a se facer

26Empresarios de Galicia

4 aHus, Protocolos, sign. 9546.5 Carmona (1990).6 aHus, Protocolos, sign. 9534.

Page 13: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

cargo deles: «12.000 reales anuales por dirigir los negocios y la cuartaparte de los beneficios de la fábrica de puente pedriña».7 unha vez feitaa partilla, a nai asume en usufruto o patrimonio do seu defunto marido eforma sociedade de novo co seu fillo luis nas mesmas condicións no ano1837. dos dous e medio millóns de reais nos que se establece o capitalda sociedade, luis de la riva achega 336.000. levará a xestión dos nego-cios familiares pero queda libre de entrar noutros negocios pola súa pro -pia conta.8

Industrial por vocación: os altos fornos de Sargadelos e Carril

polas referencias que do seu pai debía ter e pola súa propia experienciana realización das contratas de subministración de potes desde a décadade 1820, luis de la riva sabía que a difícil situación económica que atra-vesaba a empresa de sargadelos non era resultado duns malos rendemen-tos da fundición senón máis ben da destemida política financeira dofundador, empeñado en establecer un emporio industrial que abrangueranon só o ferro senón o téxtil, o vidro e a cerámica. Como sabía tamén queo crecido número de fillos para repartir a herdanza era o factor que ámorte de antonio raimundo Ibáñez acabou por descapitalizar a empresa.9

En realidade, a mediados dos anos 1830, que é cando luis de la rivacomeza a trazar unha estratexia empresarial de seu, non só era que as fun-dicións de sargadelos tivesen as condicións para ser rendibles senón que,no medio da primeira guerra carlista, moitas das antigas ferrarías vascasque seguían a fornecer o ferro de primeira fundición na península esta-ban paralizadas ou tiñan dificultades para acceder aos seus mercados tra-dicionais, o que beneficiaba a fundicións como a do norte lucense.sargadelos era en realidade un negocio atractivo e a difícil situación eco-nómica dos herdeiros e os seus preitos co que fora administrador ata 1832poñían o conxunto industrial a pé feito de posibles ofertas de comprado-res ou arrendatarios.

27Luis de la Riva Barros

7 aHus, Protocolos, sign. 9537.8 Ídem.9 Carmona (1993).

Page 14: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

luis de la riva decide así no ano 1839 entrar no negocio de sargade-los. tras dalgúns tenteos con posibles socios e tras desbotar a posibilidadedunha compra que polo seu elevado importe deixaría eivados os recursospara a rehabilitación e modernización da fundición, que estaba nunhasituación de progresiva deterioración pola falta de investimentos, pro-xecta tomala en arrendamento. para estes efectos, avala un comerciantede Carril, lugar que el coñecía ben porque viña sendo desde medioséculo antes un dos lugares de asento dos negocios familiares, para quesexa el o que realice un arrendamento que logo traspasaría a unha socie-dade que se debería encargar da explotación dos altos fornos. deste xeito,foi ramón Francisco piñeiro, un exportador de millo e armador dalgúns

28Empresarios de Galicia

Detalle dun catálogo deprodutos de Sargadelos naépoca do arrendo de Luisde la Riva

Page 15: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

dos primeiros buques que conduciron a emigrantes galegos á américadurante as décadas de 1830 e 1840, o que toma en arrendamento enoutubro de 1840 o establecemento de sargadelos por un prazo de vinteanos e unha renda anual de 208.000 reais.10 ao ano seguinte, piñeiro tras-pásalle os seus dereitos a unha sociedade que se constitúe para estes efec-tos, na que luis de la riva entrará xa formalmente como socio, a caróndo propio piñeiro, do comerciante viveirense José maría muñiz e do ban-

29Luis de la Riva Barros

10 arquivo notarial de viveiro, esc. martínez, 1840, fols. 232-238, reproducido enmEIJIdE (1979: 363 e 364).

Page 16: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

queiro ribadense antonio de Casas. Cada un deles entra na sociedadecun cuarto do capital;11 a propia denominación da sociedade denunciao liderado do compostelán, Luis de la Riva y Compañía.

a entrada da nova empresa en sargadelos significaba unha mudanzaradical para a antiga fundición que establecera antonio raimundo Ibáñez.logo de corenta e cinco anos de abafos financeiros que eivaran gravementeas decisións empresariais, o arrendamento situaba a fábrica nas mans dungrupo de banqueiros e comerciantes galegos dotados de recursos e condisposición para emprender a súa modernización técnica e económica.luis de la riva e os seus socios comezaron por visitar diversas instalaciónssiderúrxicas en varios puntos de Europa para coñecer o estado da tecnoloxíae para contactar con técnicos que se puidesen desprazar a sargadelos, eampliaron moi axiña, en 1848, o capital a 4.650.000 reais para poderpoñer en práctica algúns dos avances observados.12

a nova sociedade emprenderá decontado un feixe de reformas quesituarán a sargadelos, ao dicir dalgúns contemporáneos «a la altura delos adelantos industriales del día»13. luis de la riva y Compañía ampliaronos mecanismos de captación de enerxía hidráulica, construíron dous novosfornos para a calcinación do mineral e catro novas carboeiras, tres cubilotese un reverbero para segunda fusión, estableceron un obradoiro mecánicodestinado a fabricar máquinas de vapor, instalaron dúas destas máquinaspara darlles vento aos cubilotes e fornos e para mover os tornos daquel.Igualmente reformaron e ampliaron un dos altos fornos e construíronunha estrada ao porto de san Cibrán. Con todo, o símbolo máis relevanteda actitude anovadora da nova empresa foi a modificación dos procede-mentos de inxección de aire na fundición; sargadelos pasará a contar apartir de 1846 cun sistema de inxección de aire quente nos fornos, un sis-tema que daquela só existía nas fábricas malagueñas da familia Heredia,e que representaba unha importante redución do consumo de

30Empresarios de Galicia

11 anv, esc. osorio, 1841 e martínEz, 1845, fols. 134-139.12 anv, martínEz, fols. 207-211, rep. en mEIJIdE (1979: 380-382). a ampliación sig-

nificaba a entrada na sociedade de dous comerciantes da área de santiago-Carril e do ban-queiro madrileño lorenzo abad.

13 Español (1952).

Page 17: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

combustible.14 o encargado de dirixir estas reformas sería o novo director,John newport, un técnico escocés contratado para estes efecto.

tras das reformas indicadas, a fundición de sargadelos pasa a dispo-ñer dunha capacidade de produción dunhas dúas mil toneladas anuaisde fundición. o principal problema para acadar na práctica esta cifra erao das dispoñibilidades de carbón vexetal, polo que luis de la riva, queera o director da empresa, tratou de substituír nun dos fornos o consumodaquel combustible polo de antracita. pero estes experimentos fracasaron«por desarrollarse a una excesiva temperatura, que destruía el crisol y lacamisa del horno en su parte inferior»,15 polo que o proxecto foi abando-nado e substituído por outra alternativa que permitise aumentar a produ-ción da empresa sen modificar o combustible. pensouse así en estable-cer un novo alto forno noutro punto de galicia, onde houbera unha boasubministración de carbón vexetal e economías externas para o transportede materias primas e produtos elaborados. o punto elixido foi o porto deCarril, que era daquela a saída ao mar de santiago de Compostela, noque varios dos socios da empresa tiñan negocios desde ben tempo atrás.Carril non tiña tradición siderúrxica polo que na súa redonda a defores-tación era ben inferior á existente no norte lucense, e ademais a existen-cia dun doado transporte marítimo entre ambas as beiras da ría permitíao acceso barato a zonas relativamente amplas; ofrecía tamén unha se-gunda vantaxe, a posibilidade de dispoñer duns fretes moito máis favora-bles para o transporte marítimo, xa que Carril era a mediados dos anos1840 un porto de moita máis importancia ca san Cibrán. Isto permitíaobter máis barato o carbón mineral inglés para os labores de segunda fun-dición e pagar menos polo transporte dos lingotes que se enviaban aosportos andaluces.

a Compañía de Fundición de Hierro en Carril constitúese no ano1848 como formalmente distinta da de sargadelos, aínda que os socioseran os mesmos, cun capital de 1.440.000 reais, o que implicaba que oinvestimento total do grupo no negocio siderúrxico naquela altura estaba

31Luis de la Riva Barros

14 Carmona (1993 e 1996).15 «sobre la empresa de las fábricas de fundición y loza de sargadelos», en Guía del

Minero (1848: 192-194).

Page 18: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

32Empresarios de Galicia

próximo aos seis millóns, unha cifra que máis que duplicaba o capital decalquera outra empresa existente na galicia da época.

ademais do ferro moldeado directamente en lingotes, tubos e outrosbens, luis de la riva y Compañía desenvolven tanto en sargadelos comaen Carril o moldeo en segunda fusión, con carbón mineral nos corres-pondentes fornos cilíndricos e con carbón importado de Inglaterra, algoque non se facía na época de Ibáñez. deste xeito, usaban as coadas pro-pias, ben para o moldeo directo ou para a súa venda como ferro de cali-dade, utilizando o máis barato ferro inglés ao coque para moldeo ensegunda fusión con mestura de quincallas.

Con todo, nin en sargadelos nin en Carril, realizaron luis de la rivae os seus socios ningún esforzo por produciren ferro doce utilizando a téc-nica do pudelado, tal e como xa se estaba a facer na malagueña fundicióndos Heredia ou na vasca de bolueta. si que intentou, aínda que conpouca perseveranza como xa vimos, avanzar na outra liña do progreso téc-nico da siderurxia da época: na substitución do carbón vexetal polo mine-ral. pero tras deste fugaz episodio a empresa introduciu só as mudanzastécnicas precisas para manter a competitividade nun chanzo concreto: oda produción de ferro coado ao carbón vexetal, o chanzo máis tradicio -nal da siderurxia de altos fornos, unha estratexia que para aqueles anospodería semellar obsoleta para o que estaban a ser as tendencias no sectoren Europa.

pero a mediados dos anos corenta, cando luis de la riva define a súaestratexia para sargadelos, a produción española de ferro coado reducíaseá súa e a dos fornos da empresa malagueña dos Heredia. E malia a estrei-teza do mercado siderúrxico existía unha non desprezable procura de lin-gote ao carbón vexetal, con seareiros importantes como por exemplo as

Sinatura de Luis de la Riva a carón da de Antonio deElorza, un dos enxeñeirosmilitares de mais renome daEspaña do século XIX

Page 19: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

minas de río tinto, que precisaban deste tipo de lingote para a cemen-tación artificial do cobre.16 ademais o propio modelo siderúrxico que seestaba a seguir en España ía máis orientado a modernizar os procede-mentos de obtención de ferro doce a partir do coado que os de producireste último, o que implicaba un crecemento mais rápido da procura cada produción de coado para afinación. Este desfasamento saldábase enparte co recurso ás importacións de coado inglés, pero en todo caso foronestas durante os anos corenta minguadas polo que deixaban un espazomoi folgado para empresas como a de sargadelos ou outras que na pro-dución de lingote ao carbón vexetal foran razoablemente competitivas.sargadelos vende así ata 1850 unha parte importante da súa produciónde lingote para a súa afinación na planta vasca de santa ana de bolueta,na fábrica de trubia, e nas fundicións malagueñas de giró e de Heredia,demostrando que a súa estratexia non era daquela equivocada.

Unha nova etapa para a cerámica de Sargadelos

luis de la riva y Compañía tomaron tamén en alugamento a antigafábrica de cerámica que en sargadelos establecera no seu día antonioraimundo Ibáñéz. atravesara esta ata os anos corenta diversas vicisitudese etapas, nas que tivera como directores a técnicos portugueses e italia-nos, e mesmo nas que enviara a sèvres a algún dos seus empregados, todoco obxecto de acadar unha produción non só de calidade senón acepta-blemente rendible, sen que este propósito se vise máis que moi ocasio-nalmente coroado polo éxito.17 o propio pickman, o que sería fundadorda fábrica sevillana de la Cartuja, chegou a interesarse por sargadelos,sen que finalmente entrara no seu capital nin na súa dirección. o caso éque a comezos dos corenta, os descendentes de Ibáñez estaban asociadosa un comerciante sevillano, que se ben lles proporcionara unha boaentrada no mercado daquela cidade non conseguía facer grandes progre-sos en vendas, motivo este polo que deciden arrendarlle tamén a luis dela riva a fábrica de cerámica no ano 1845.

33Luis de la Riva Barros

16 bIlbao (1988).17 Este apartado está baseado nomeadamente en Carmona (1996).

Page 20: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 34

Conscientes do problema de dirección técnica que existira semprenela, unha das primeiras decisións que toma a nova empresa é a de supliresta carencia contratando un director no mercado internacional. nacerámica de consumo era naquela altura Inglaterra o país cunha indus-tria máis desenvolvida e staffordshire a comarca que concentraba xaalgunhas das súas máis prestixiosas fábricas, entre outras a lendaria Wedg-wood. sería alí onde a empresa galega contrataría a Edwin Forrester, quesería o responsable nos anos seguintes da que sería unha das máis brillan-tes etapas da historia da nosa prestixiosa cerámica.

a fábrica foi practicamente reconstruída, duplicouse o número de for-nos, que contra 1850 eran xa nove, e establecéronse modernos obradoirosde estampado, con oito prensas de vapor destinadas a tal efecto. Estas no-vidades técnicas permitiron aumentar e diversificar notablemente a pro-dución cerámica, de xeito que a factoría norlucense pasa a fabricar, acarón da tradicional louza iluminada ou lixeiramente fileteada, louza es-tampada ao estilo inglés moi do gusto da burguesía urbana, incluíndo nelaa alcumada chinesa opaca ou semichinesa, e un novo produto, os ladrillosrefractarios, demandados para usos diversos, entre eles o recubrimento in-terno de diversos tipos de fornos. Foi esta a época máis coñecida e cele-brada da antiga louza de sargadelos na que emulaba —igual ca a sevillanade la Cartuja— os patróns do staffordshire; non en van procedía Forresterdaquela comarca inglesa. a louza de sargadelos estaba presente nestaxeira desde as mesas do arcebispo de santiago ata as da Casa real.

o crecemento da fabricación permite reducir os custos unitarios e asinnovacións de produto permiten conectar mellor cos gustos do mercadourbano español. a distribución mellora tamén substancialmente; dunhabanda porque a expansión da cerámica é paralela á da fundición, o quesignifica non só economías de escala no transporte, senón que a aperturade novos mercados para unha tamén o é, en ocasións, para a outra.durante as etapas nas que sargadelos estivera xestionado pola familia dofundador, a munición ía por mar nomeadamente con destino á Coruña,e era desde a cidade herculina que o exército a distribuía segundo as súasnecesidades, mentres que os potes se canalizaban a través do porto deCarril, ambos os dous en definitiva dentro da propia galicia. pola contra,a empresa de luis de la riva levaba o seu lingote aos portos de málaga,Huelva, avilés e bilbao; a carón de lingotes e tubos sempre van as súas

Page 21: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

18 Carmona (1990).

Luis de la Riva Barros 35

cerámicas. a mellor base financeira da empresa de luis de la riva per-mitía ademais ofrecer mellores condicións de venda; a empresa xiraba acargo dos seus clientes, que devolvían as letras aceptadas, e as que nonconseguía colocar a empresa de sargadelos, enviábanse á casa bancariacompostelá, que se encargaba de lles dar saída.

Os anos dourados de Luis de la Riva

luis de la riva casara no ano 1824 cunha xovencísima FranciscaCabello reguera, filla doutro importante comerciante da cidade, deorixe castelá, anselmo Cabello. Instalado con ela nunha das casas da rúada acibechería que foran propiedade do seu pai, tiveron sete fillos, delescatro homes. un deles avogado e outro militar, ambos os dous pasaron aresidir en madrid. só o vinculeiro, ramón abrazaría a carreira empresa-rial, colaborando co pai a partir dos anos cincuenta. o pequeno eramenor de idade aínda cando finou o industrial compostelán.

sargadelos era a angueira de máis fuste na que luis de la riva estabaocupado nos anos centrais do século xIx. pero non era a única. por esemotivo, aínda que era el o que hoxe chamariamos director xeral da empresa,o día a día destas era xestionado por dous encargados, o crego ramón Ca-yetano ramos en sargadelos e o propio ramón Francisco piñeiro enCarril, que pola súa volta tiñan baixo a súa dependencia directa a dousdirectores técnicos. por debaixo deles, o efectivo laboral das dúas locali-zacións da empresa andaba polos trescentos operarios directos.

o compostelán seguía como responsable tamén da empresa familiar,que tiña o seu escritorio na praza do pan (actual Cervantes). naquelaaltura fora retirándose dalgunhas das que foran as actividades da épocado seu pai, como por exemplo os negocios de importación de liños, quetiñan agora un alcance moi limitado pola propia decadencia do sectortéxtil rural en galicia;18 ou mesmo os de xéneros coloniais, nos que oporto de Carril perdera moito peso en termos relativos ao longo da primeirametade do século xIx. pero si continuaba na fábrica de coiros da pontepedriña, que seguía a ser unha das máis importantes de santiago de Com-

Page 22: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

postela e como administradores de diversas rendas eclesiásticas, negocioeste último no que a xestión diaria a levaba daquela o seu irmán santiago,que se convertera desde os anos corenta nun importante colaborador seu.tras da morte da nai no ano 1851 e a correspondente repartición da her-danza, formara con el no ano 1854 a sociedade riva Hermanos.19

luis de la riva tivera un papel protagonista na revitalización queexperimentou a real sociedad Económica de amigos del país de san-tiago a partir do ano 1833. Foi presidente da súa Comisión de Industria,posto desde o que emitiu informes e promoveu estudos diversos sobreeidos como o téxtil ou o coiro e amosou posicións favorables ao librecomercio.20 mesmo en cuestións agrarias amosouse partidario de refor-mas que permitisen o acceso do campesiñado á propiedade da terra, algoque non vía posible se o que se subhastaba na desamortización eran osforos. na súa opinión non podería «esta provincia florecer interín loslabradores no sean propietarios ó casi propietarios, la enagenación debienes nacionales por venta solo será constitutiva de mayor esclavitud».21

acadou a presidencia da institución que exerceu entre 1840 e 1850 e foio socio que máis tempo se mantivo no cargo entre a fundación da socie-dade e 1950. Como membro desta institución participou na primeira ten-tativa da que chegaría a ser a primeira liña ferroviaria de galicia, a desantiago de Compostela ao porto de Carril, na que estaba interesado nonsó naquel concepto senón tamén polos seus negocios na vila arousá. asprimeiras xestións para a construción daquel ferrocarril producíranse poriniciativa dun grupo de socios da real sociedad Económica, que entraranen contacto cunha empresa francesa, archen, rodon et Cía., que seencargaría da construción da liña. En setembro de 1861, nos locais doConcello compostelán, constituírase o primeiro consello de administra-ción da empresa, onde ademais dos representantes da compañía francesaestaban como vogais os que eran os seus maiores accionistas locais: o ban-queiro manuel pérez sáenz, o comerciante e industrial Jacobo de andrés

36Empresarios de Galicia

19 aHus, Protocolos, sign. 9559.20 arquivo da real sociedad Económica de amigos del país de santiago, marzo núm.

2 (1834).21 Ídem, marzo núm. 4 (1836).

Page 23: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

garcía e luis de la riva barros.22 os negativos avatares posteriores daempresa ferroviaria, que implicarían varios cambios na empresa constru-tora e adiarían a inauguración da liña ata o ano 1873, restaríanlle prota-gonismo a un industrial que, como veremos na alínea seguinte, estabacomezando a sufrir xa a comezos dos sesenta as súas primeiras dificultadesnos negocios.

luis de la riva tamén participou, nomeadamente asociado conramón Francisco piñeiro, en diversas investigacións mineiras, destinadasa maioría delas á procurar minerais de ferro e depósitos de carbón mine-ral en galicia. En ningún destes eidos conseguiron nada significativo,pero no curso das súas pescudas albiscaron as boas perspectivas de explo-tación comercial que podían ofrecer as augas da illa da toxa. naquelaaltura a única fonte coñecida era a situada na leira denominada da por-camorta, que era propiedade de ambrosio seoane e Francisco otero.Con eles estableceron unha sociedade na que estes últimos achegaban osseus dereitos sobre aquelas augas e os accionistas de sargadelos 70.000reais destinados á construción do que sería o primeiro balneario estable-cido na illa,23 e orixe do desenvolvemento posterior destes usos nela.

O abandono da actividade siderúrxica

as reformas introducidas na fundición de sargadelos durante os anoscorenta levaron ao vello núcleo industrial lucense ao momento demáximo esplendor de toda a súa historia: unha produción anual de coadoque máis que duplicaba a da época de antonio raimundo Ibáñez e unhanon desprezable produción de ferro en segunda fusión, que antes nonexistía. a rendibilidade tampouco semellaba presentar maiores proble-mas: baixos salarios e 1800 hectáreas de fragas a disposición da empresa.o resultado era que o custo do ferro coado en sargadelos era a metadedo que soportaban os altos fornos andaluces, tamén ao carbón vexetal, epracticamente o mesmo ca o dos novos altos fornos ao coque que se esta-

37Luis de la Riva Barros

22 Revista de la Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, tomo 2(1860-61: 490-492).

23 El Regional, 12/08/1900.

Page 24: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

blecen en asturias nos anos 1859 e 1860.24 nestas circunstancias é po-sible que só as persoas moi próximas ao círculo de luis de la riva recea-sen da continuidade do arrendo ao remate dos vinte anos polo que estabaestipulado. mais, contra todo prognóstico, a empresa arrendataria tiña xaá altura de 1858 tomada a decisión de abandonar sargadelos, polo quetal e como prescribía o contrato, lle comunica á familia Ibáñez a súa in -tención de devolver a fábrica en outubro do 1860.

deste xeito, a empresa arrendataria transfórmase en luis de la riva yCompañía en liquidación, e comeza o proceso de realización dos activospropios, da entrega da fábrica de sargadelos, e de traslado dunha parteda maquinaria ás instalacións de Carril, proceso que remata xa en 1862.neste último punto a compañía do industrial compostelán proponse con-tinuar o seu traballo por oito anos máis, aínda que agora desbotando aprimeira fundición e dedicándose só á fabricación de potes e outros arte-factos en segunda fundición con lingote procedente de Inglaterra. Final-mente non chegarían a boa fin estes obxectivos, e a sociedade disólveseen 1867, dous antes do previsto.25 Era o final do que foi o máis importantegrupo industrial da galicia decimonónica.

por que este abrupto remate desta singular experiencia industrial engalicia? pois probablemente pola suma de dous factores, un deles rela-tivo á evolución dos mercados siderúrxicos e outro relativo á estrutura dofinanciamento da empresa que pilotaba o proxecto. En resumo, podería-se dicir que as mudanzas que se producen na siderurxia española duranteos anos cincuenta e primeiros sesenta do século xIx forzaban a que sar-gadelos e Carril introducisen cambios tecnolóxicos importantes e custo-sos nun momento no que as finanzas da empresa estaban no peor dosmomentos posibles.

as transformacións que se estaban daquela producindo na siderurxiaespañola eran basicamente dúas. a primeira delas era o crecemento dacompetencia no mercado español de lingote —que era a principal espe-cialización da empresa de luis de la riva—, debido á posta en funciona-mento en asturias dos primeiros altos fornos que usaban o carbón mineral

38Empresarios de Galicia

24 Carmona (1993: 34).25 aHus, Protocolos, atado 10.551, fols. 454-461.

Page 25: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

e que estaban situados a carón das súas minas, coas vantaxes tecnolóxi-cas e de custos de transporte que isto implicaba; e a isto sumábase a políticaarancelaria, que se estaba a orientar cara a unha menor protección dosferros básicos ca dos elaborados, ao contrario do que acontecería poste-riormente. os dous fenómenos tiñan un efecto común, o de agudizar aconcorrencia no mercado español de coado, forzando a integración verticaldo sector.26 pero aínda era peor a perspectiva para a outra actividade áque se viña dedicando sargadelos, o moldeado en segunda fundiciónsobre lingote adquirido, que destinaba á fabricación de produtos de con-

39Luis de la Riva Barros

26 sobre os problemas xerais do sector nesta época pódense ver bIlbao (1985) e(1988); bIlbao e FErnándEz dE pInEdo (1982); FErnándEz dE pInEdo (1985); nadal

(1975) e (1992).

Peza de cerámica de Sargadelos da época do

arrendo de Luis de la Riva. Aelección do pequeno portode Carril, a carón de cidadesda importancia da Habana,como motivo decorativo

nesta época, non é casual.Débese a que naquela

cidade se atopaba un dosaltos fornos da empresa,que aparece de xeito case

imperceptible na beira esquerda do debuxo

Page 26: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

sumo doméstico no mercado do noroeste peninsular. aquí os custos fixose, polo tanto, as barreiras á entrada eran moito menores, e calquera pequenafundición urbana dotada dun cubilote e situada nun porto de máis doadoacceso ao carbón e ao lingote podía competir con sargadelos mesturan -do ferro inglés con quincallas. de feito, os dous centros urbanos máis di-námicos de galiza dispoñían nos anos cincuenta de fundicións que con-corrían na fabricación de obxectos de moldeado. tratábase da coruñesafundición de monelos, pulada desde 1844 polo enxeñeiro Joaquín galia -cho, e as viguesas de la Fundidora e la mecánica, establecidas en 1856e 1861, empresas ambas que traian de Inglaterra o carbón e o arrabio.27

Co principal consumo da época, o dos carrís, cuberto en España polasimportacións, a situación non era doada para as empresas posuidoras defornos altos. aínda que en xeral a situación era peor para as que se mantiñanco carbón vexetal, non o era para todas de igual xeito, xa que entre elasos custos do combustible eran moi diferentes, segundo fose o estado e ascondicións de acceso ás fragas máis próximas; de feito algunhas obtiñano coado a custos semellantes aos das empresas que usaban coque.28 variasdelas, as que tiñan afinaria e boas comunicacións resistiron ata a épocado aceiro. mesmo producindo máis caro ca os fornos asturianos, o lingoteao carbón vexetal seguía a ter un mercado para a fabricación de armas,folla de lata ou instrumentos agrícolas.29

sargadelos, sen carbón mineral e cun fornecemento de ferro cadavez máis afastado, só podía contar con algunhas posibilidades de subsis-tencia nos anos 1860 se establecía a afinación usando o carbón asturianoou inglés, pero isto esixía fortes mudanzas nas fábricas que factores inter-nos á empresa bloquearon. o principal deles, a negativa evolución finan-ceira da empresa e do propio luis de la riva.

40Empresarios de Galicia

27 Ídem.28 Carmona (1993).29 aínda nos anos 1860 establécense novos fornos altos ao carbón vexetal co obxectivo

posto neste tipo de usos. por exemplo, o de beasaín, que pretendía usar o coado para a fabri-cación de folla de lata. véxase bibliografía sobre esta cuestión en Carmona (1993).

Page 27: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

41Luis de la Riva Barros

Vista parcial do lugar ondeestivo un dos altos fornos de Sargadelos, co antigo edificio da factoría de máquinas de vapor

severamente transformadoá súa esquerda

O talón de Aquiles dun audaz financeiro

dos seis socios iniciais das empresas de sargadelos e Carril, o banqueiromadrileño vendera a súa parte despois da constitución da segunda;30

andrés Fariña e ramón Francisco piñeiro, socios tanto da fábrica de Carrilcoma na de sargadelos suspenderan pagos no ano 1853.31 Cos problemasdos demais socios, a familia de la riva vaise convertendo cada vez máisno único soporte da empresa. a finais de 1851 piñeiro e abalo figuran

30 aHus, Protocolos, atado 9558, fols. 94 ss.31 aHus, Protocolos, atados 9558 e 10.144.

Page 28: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

como debedores de manuel de la riva e Hijos, a empresa familiar quedirixe luis de la riva, por unha cantidade equivalente ao capital da fábricade Carril:32 na práctica e desde comezos dos anos 50 o banqueiro com-postelán representa unha cifra moi próxima ao 50% do capital total deambas as empresas. En resumo, a comezos dos sesenta, un momento noque continuar con sargadelos ía implicar a necesidade de novos investi-mentos para competir nun marco de rápidas mudanzas nos mercados si-derúrxicos, ía ser luis de la riva o que tivera que financiar calquera pro-xecto, unha situación imposible para el pola evolución que estaban tendoas súas propias e particulares fontes de financiamento.

manuel de la riva e Francisca de barros dividiran herdanza a partesiguais entre os seus cinco fillos, estipulando en todo caso que dos alma-céns de Carril e da fábrica de coiros de ponte pedriña se fixera cargoluis, «debiendo abonar a sus hermanos la parte correspondiente si resul-tase algún exceso».33 deste xeito, a herdanza que se fixo efectiva á morteda nai no ano 1851 non significou ningunha inxección de recursos líqui-dos para o empresario de sargadelos, que tivo que seguir financiándosecos seus recursos propios, que non superan naquela altura o millón dereais, e cos procedentes dunha fonte de financiamento moi particular: ossaldos da caixa da catedral compostelá, da que a familia era administra-dora xa por tradición.

a familia de la riva viña ocupando desde o ano 1804 a mordomía damesa Capitular da Catedral de santiago. Este cargo implicaba que eraneles os que levaban a administración de todos os fondos que debía xestio-nar o cabido catedralicio: desde os diversos títulos de crédito dos que acatedral dispoñía ata os dotes das mozas que, procedentes de diversas fon-tes, tiña aquela o encargo de facer efectivos, pasando polos fondos dascapelanías, do seminario de Confesores, os dividendos das accións dobanco de san Fernando e as rendas urbanas que cobraba a catedral. osxeralmente xenerosos saldos de caixa que o mordomo tiña no seu podernon xeraban ningún xuro, e a relación entre o mordomo e os catro Canó-nigos Contadores de Hacienda dos que dependía tiñan o seu alicerce na

42Empresarios de Galicia

32 aHus, Protocolos, atado 9558, fols. 13-50.33 aHus, Protocolos, atado 9557, fols. 72-73.

Page 29: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

confianza mutua, de xeito que non existía unha rendición de contasperiódica, presentándose estas só cando, por morte ou outros motivos,cambiaba a persoa do mordomo. nin á morte de manuel de la riva en1831, nin cando a súa viúva abandonou o cargo en 1841, se fixera efectivoo saldo, que daquela se achegaba xa ao millón de reais. nin sequera naseguinte rendición de contas, correspondente ao ano 1852 lle reclamaronos contadores da catedral a luis de la riva, que levaba xa daquela exer-cendo o cargo once anos, o crédito de máis de dous millóns de reais quecontra el tiñan, «por la gran confianza que el enunciado mayordomoCapitular don luis y su hermano don santiago han merecido siempre alIlustrísimo Cabildo».

a familia de la riva dispuxera así dos saldos de caixa do cabido senrender practicamente contas deles. todos os indicios deixan albiscar quenon os mantiveron inmobilizados e que, en xeral, eran superiores aos que se manifestaban nos poucos momentos nos que realizaban as liqui-dacións, circunstancia na que procuraban presentalos do xeito máis favo-rable posible. En conxunto, resulta que o Cabido compostelán estiverafinanciando gratuitamente, en especial a partir de 1841, as actividadesdos seus mordomos, entre as que resulta doado identificar naquela últimaaltura o seu forte e progresivamente maior investimento na empresa desargadelos.

pero a situación a finais dos anos cincuenta xa non era para a Igrexacompostelá a de épocas anteriores. as medidas económicas da revoluciónliberal minaran o seu poder económico; unha parte importante dosingresos que antes recibía o mordomo foran desaparecendo coa desamor-tización, e os ingresos de culto e clero axustados no Concordato dabanescasamente para pagarlles aos cóengos. a confianza no mordomo conti-nuaba, pero entre 1852 e 1868 no que morre, luis de la riva non só nonpode aumentar o saldo do seu crédito coa catedral senón que se ve for-zado a reducilo. Cando, á súa morte, o cabido lle reclame por primeiravez ao seu irmán e socio santiago a rendición de contas, advertirá conhorror que a maior parte dos dous millóns de reais que lles debía nonestaban na caixa correspondente senón en leiras, efectos, e sobre todo nosrestos da empresa de fundición e louza de sargadelos e nos fornos deCarril. Entre os obxectos da herdanza de luis de la riva dos que seincautará a catedral durante os anos seguintes houbo un moi significa-

43Luis de la Riva Barros

Page 30: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Detalle parcial dos restos dun alto forno de Sargadelos.Ao fondo no centro, paredes da carboeira; á esquerda,arco e parte da parede do forno

Page 31: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

45

tivo: a fábrica de fundición de Carril. a catedral descobre agora queestivo financiando as actividades comerciais e bancarias dos seus mordo-mos durante sesenta e seis anos.

Esta combinación de problemas xerais do sector e particulares da em-presa arrendataria foron os determinantes da renuncia á prórroga do arren-damento. a ela se refería luis de la riva na escritura de disolución daempresa de Carril:

[…] a los hermanos de la riva no les es posible seguir dando más anticiposque los ya hechos a la sociedad y constan de su cuenta; [...] que no sepuede aumentar el capital por nuevos dividendos porque solo hay cuatrosocios [...]; que se dificulta cada vez más la concurrencia de operarios, yapor el aumento de salarios a la par que los medios de sostener competenciaen la fabricación y consumo con otros establecimientos.34

o abandono da actividade siderúrxica representou un problemaimportante para a fábrica de louza de sargadelos, que deixaba de dispo-ñer das economías que nos fretes lle proporcionaba aquela. o porto desan Cibrán non tiña apenas outros tráficos que os da factoría que no seudía fundara o marqués, e a saída por terra para o interior da península erapara unha mercadoría como a louza practicamente imposible. En todocaso, e igual que acontecía coa fundición, tampouco desde o punto devista estritamente industrial era a situación tan desesperada, xa que acarón de la Cartuja era aínda a de sargadelos a máis importante fábricade cerámica de España. pero tamén como acontecía con aquela, se osproblemas de tipo xeral apertaban mais non afogaban, se a estes se enga-dían os financeiros da empresa e do seu principal axente, o afogo non tar-daría en presentarse. o cesamento de actividades foi practicamentesimultáneo.

luis de la riva finou no mes de abril de 1868 na súa casa da rúa daacibechería. só dous anos máis tarde finou tamén a súa viúva. Feitas ascontas das empresas de sargadelos e Carril resultou unha perda do 33%para os socios sobre o importe do valor nominal das súas achegas. E feitasas contas do capital inmoble do que fora o seu director, aparecía a súa

34 aHus, Protocolos, esc. Quiroga, 1867, fols. 454-461.

Page 32: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 46

«cuarta parte dos terreos, edificios e baños da isla de loujo», a súa parteda fábrica de coiros, a dos negocios de Carril, algunhas accións, foros epropiedades. pero tamén aparecía ameazante o preito emprendido polacatedral polo importe do saldo das contas da mordomía. reclamacións,hipotecas e novos preitos adiaron en case dez anos a resolución do conflito.En 1876 chegou o acordo. a catedral quedaba practicamente con todopor só 160.000 reais que lles entregaba aos herdeiros. daquela, tanto osseis fillos coma santiago, o irmán que sempre fora o íntimo colaboradorde luis de la riva, xa abandonaran a cidade. santiago e cinco dos fillosvivían en madrid e o último destes en sevilla. algúns xa marcharan candoos negocios familiares vivían bos momentos, pero outros marcharon por-que era difícil na Compostela do xIx —como en calquera outra cidadede tamaño mediano— afrontar socialmente o difícil paso do esplendor ámodestia.

para a catedral tampouco foi un trago doado. non era socialmente fa-vorable aparecer embargando os bens dun prestixioso industrial e in-fluínte membro da real sociedad Económica de amigos del país. E tam-pouco semellaba tarefa dos cóengos a de xestionar fábricas de coiros ninde ferro ou louza vindas a menos. moi axiña comezaron a vender. a fá-brica da ponte pedriña foi adquirida por José Carlos vilas patiño, un me-diano propietario local que a explotaría nos anos seguintes; as instalaciónsde Carril acabarían nas mans da viúva do John mould, contratista do Fe-rrocarril Compostelano. da viúva de mould pasarían a diversos propieta-rios, sempre elaborando produtos de ferro de segunda fundición, comopotes, balcóns, cociñas e outros durante case un século. sargadelos vol -veu aos seus propietarios, os herdeiros de Ibáñez, que trataron infrutuo-samente de procurar novos arrendatarios e que finalmente, tras dun breveintento de poñer os fornos a funcionar por parte de Carlos Ibáñez, que -dou no máis completo abandono no ano 1875. Era a fin do soño industrialde luis de la riva, un empresario que foi quen de mobilizar todos os re-cursos ao seu alcance, incluídos os da catedral compostelá, ao servizo daindustrialización de galicia.

Page 33: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

— e m.ª t. FErnándEz vázQuEz (2003):A Compostela industrial. Historia e pe-gada das fábricas de coiros no concellode Santiago, santiago de Compostela,Consorcio de santiago.

Español, C. (1952): «memoria sobre la fá-brica de fundición de hierro de sarga-delos», Boletín de la Comisión de Mo-numentos de Lugo, 37-38.

FErnándEz dE pInEdo, E. (1985): «avan-ces técnicos y consecuencias económi-cas en la siderurgia española del sigloxIx», en J. l. pEsEt (ed.): La ciencia mo-derna y el Nuevo Mundo, madrid.

mEIJIdE pardo, a. (1979): Documentos parala historia de las Reales Fábricas de Sar-gadelos, sada, Edicións do Castro.

nadal, J. (1975): El fracaso de la RevoluciónIndustrial en España, 1814-1913, barce-lona, ariel.

— (1992): Moler, tejer y fundir. Estudios dehistoria industrial, barcelona, ariel.

Luis de la Riva Barros 47

Bibliografía

bIlbao, l. m. (1988): «la primera etapa dela industrialización en el país vasco,1800-1880: cambio tecnológico y estruc-tura de la industria siderúrgica», en E.FErnándEz dE pInEdo e J. HErnándEz

marCo: La industrialización en el Nortede España, barcelona, Crítica.

— e E. FErnándEz dE pInEdo (1982):«auge y crisis de la siderometalurgia tra-dicional en el país vasco (1700-1850)»,en p. tEddE (ed.): La economía españolaal final del Antiguo Régimen. II. Manu-facturas, madrid.

Carmona badía, J. (1996): sargadelos, unaempresa diversificada en el siglo xIx»,en F. ComIn e p. martIn aCEña, (eds.):La empresa en la historia de España,madrid, Editorial Civitas.

— (1993): «sargadelos en la historia de lasiderurgia española», Revista de HistoriaIndustrial, núm. 3.

— (1994): A época de Luis de la Riva e oapo xeo da producción civil en Sargadelos,sada, Edicións do Castro.

— (1990): El atraso industrial de Galicia.Auge y liquidación de la industria textilrural, 1750-1900, barcelona, ariel.

Page 34: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

FERNANDO RUBINE FIRPO 1812-1885

Page 35: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a biografía de Fernando rubine Firpo permite trazar con detalle ahistoria da cidade da Coruña durante o século xIx. En realidade, resultacomplicado discernir quen achegou máis a quen, se a cidade a un dosseus principais promotores ou o empresario ao crecemento da súa locali-dade. naceu no seo dunha familia de humildes comerciantes de orixeforánea. o seu pai antonio rubine (circa 1759-circa 1818) —escrito enocasións como Rubin ou Rubini— emigrara desde a súa terra natal ara-gonesa ata a Coruña a finais do setecentos, co probable obxectivo de pro-curar fortuna á calor das oportunidades de negocio que ofrecía o portocoruñés.1 a entrada de galicia no tráfico marítimo colonial desde 1764,a través da compañía dos Correos marítimos, de titularidade estatal, con-verteu a cidade da Coruña nun destino atractivo para os comerciantespeninsulares.2 a posibilidade de establecer intercambios directos conCuba e nova España, e máis tarde cos portos do río da prata e coa costade terra Firme, xerou grandes expectativas de beneficios. antoniorubine estableceu unha modesta tenda de comercio polo miúdo no

Margarita Vilar Rodríguezprofesora da universidade da Coruña

O EMPRESARIO QUE FIXO CIDADE

Retrato de Fernando Rubine Firpo de 1879 (cortesía da Deputación

de A Coruña)

1 amC, 1809, caixa 1056. matrícula de veciños.2 alonso (1986: 49).

Page 36: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

3 a familia Firpo vivía na rúa san nicolás, núm. 8, en 1778. amC, 1778, caixa 1053.matrícula de estranxeiros, veciñanza, padrón.

4 amC, 1823, caixa 1062. padrón de veciños.5 alonso (1986: 236).6 amC 1811-1814, caixa 6500. Contribución extraordinaria de guerra.

Empresarios de Galicia 50

Cantón grande número 22 e botou raíces definitivas a través do seuenlace con ángela Firpo, filla dun mestre de obra prima de orixe xeno-vesa censado como estranxeiro na cidade desde 1778.3 Froito deste matri-monio naceron polo menos catro fillos que acadaron a maioría de idade:Juana (circa 1802), José (circa 1803), ana (circa 1808) e o benxamín Fer-nando (1812).4

Igual ca o resto de comerciantes, a familia rubine Firpo tivo queafrontar o difícil transo da guerra da Independencia (1808-1814), unperíodo de grande inestabilidade política e económica. a ocupación fran-cesa da Coruña durou só arredor de seis meses, desde mediados dexaneiro ata mediados de xuño de 1809. no entanto, as consecuenciasbélicas deixáronse notar durante longos anos desde diversos puntos devista. dun lado, o tráfico comercial e marítimo, vital para o devir econó-mico da cidade, quedou paralizado. doutro, na orde financeira, a xuntasuperior de galicia solicitou sucesivos prestamos para sufragar parte dosgastos en avituallamento, armas e soldadas do exército. Co fin de recadarfondos, os posuidores de terreos e leiras, industriais e comerciantes forongravados con contribucións extraordinarias proporcionais ás rendas obti-das.5 antonio rubine declarou no prego de pagos da ContribuciónExtraordinaria de guerra uns ingresos anuais derivados da súa actividadecomercial de 8000 reais en 1809 e de 6000 en 1811. Con este produtolíquido correspondeulle pagar un imposto de 350 reais no primeiro anoe de 200 no segundo, cifras modestas dentro dos contribuíntes dedicadosao comercio na cidade.6 ademais da sangría financeira ocasionada polaguerra da Independencia, os comerciantes locais tiveron que afrontarnestes anos a crise do comercio colonial. o éxito dos movementos inde-pendentistas nos territorios da américa do sur continental recortou asoportunidades de negocio a través do porto coruñés.

durante este inestable período antonio rubine adquirira en forounha vivenda de tres pisos nunha das mellores zonas da cidade, o nú -

Page 37: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

7 amC, 1823, caixa 1062. padrón de veciños.8 alonso, lindoso e vilar (2008).9 mariño (2004: 262).10 amC, 1823, caixa 1062. padrón de veciños.11 sobre estes aspectos, véxase vázquez (2000: 610-612).

Fernando Rubine Firpo 51

mero 30 da rúa acevedo —actual rúa real—. trasladouse alí coa súamuller, cos seus fillos e cunha criada e estableceu o seu negocio mercan-til na parte baixa do edificio.7 Entre os seus veciños máis próximos esta-ban algúns dos industriais e comerciantes máis relevantes da época comoas familias marchesi, pastor ou Cervigón.8 Faleceu pouco tempo despois,arredor de 1818, dunha doenza de gota, «enfermedad que le había oca-sionado muchos gastos».9 as súas breves disposicións testamentarias reve-lan a modestia da súa tenda. Compoñían o inventario diferentes xénerosdo país cun valor de taxación inferior a mil reais e cunha escasa ferra-menta doméstica. o diñeiro líquido en caixa ascendía a pouco máis de3400 reais. non se declaraban xoias nin obxectos de uso persoal valiosos.a prol da herdanza contabilizábanse créditos concedidos ao consuladopara financiar a guerra da Independencia e unha débeda do seu sogro,José Firpo, por valor de seis mil reais. a partir de entón, a súa viúva,ángela Firpo, tomou as rendas do negocio familiar.10

A formación profesional

orfo de pai desde moi temperá idade, Fernando rubine rematou ainstrución primaria e cursou os estudos de náutica na escola que man-tiña aberta o Consulado do mar na Coruña. perseguía o soño de emigrara américa co ánimo de procurar fortuna nas antillas e pensou que a titu-lación lle facilitaría o embarque nalgún dos buques que saían do portocara a ultramar. pero nesta época da Mariña romántica, cando o océanose cruzaba aínda en buques de vela, a viaxe do emigrante convertíasenunha verdadeira aventura sen garantía de éxito.11 a duración da travesíanas pequenas embarcacións de madeira, moi inseguras fronte aos emba-tes do mar, podía oscilar entre os 16 e os 100 días. a incerteza nos temposde singradura resultaba perigosa, xa que os barcos contaban con reduci-das despensas e notables incomodidades. por outro lado, o prezo das

Page 38: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

12 ao parecer Fernando rubine sempre lles narraba este feitos aos seus achegados.nota necrolóxica escrita por Fernández latorre en La Voz de Galicia, do 16/06/1885.

13 meijide pardo (1997 [1974/1975]: 119 e ss).14 sobre a evolución da industria do vidro na cidade, véxase lindoso (2006: 33 e ss).15 nota necrolóxica escrita por Fernández latorre en La Voz de Galicia, do

16/06/1885.

Empresarios de Galicia 52

pasaxes supoñía unha pequena fortuna para a maior parte das economíasdomésticas. é probable que ángela Firpo empregase argumentos pareci-dos para convencer o seu fillo de que abandonase o soño americano.12

Foi entón cando Fernando rubine cambiou o seu rumbo profesional edecidiu entrar como dependente de comercio no escritorio da primitivafábrica de cristais da cidade.

a fábrica nacera en 1828 co obxectivo de substituír as tradicionaisimportacións de cristais de ventás e botellas procedentes de alemaña porprodución nacional. Juan antonio del adalid y loredo converteuse noprincipal impulsor da iniciativa empresarial co apoio de dous socios capi-talistas, Francisco gurrea martínez e José antonio münch Fernández.13

aos tres anos de funcionamento, os tres empresarios cualificábana comoun negocio ruinoso para os seus intereses. dun lado, a fábrica ocasionabaelevados custos salariais, pola necesidade de contratar man de obra cua-lificada procedente do estranxeiro. doutro, o escaso desenvolvementourbano da rexión freaba a saída ao mercado dos seus produtos.

unha nova sociedade formada polo mencionado adalid e por tres dosmaiores comerciantes por xunto da cidade, dionisio leal, José benitoEspañol e manuel noriega Cortina, fíxose cargo do establecemento in-dustrial nos primeiros anos trinta. a inxección de capital e a nova visióndo negocio —coa venda de produtos reorientada cara aos mercados pe-ninsular e ultramarino— permitiron a recuperación da firma. a boa tra-xectoria empresarial impulsou a súa remodelación nos anos corenta cofin de aumentar a súa capacidade de produción.14 Fernando rubine tra-ballou case que unha década baixo a dirección de José benito e manuelnoriega, dous adiñeirados e influentes homes de negocios, aos que con-siderou como verdadeiros mestres na súa formación mercantil, sobre todono manexo das operacións comerciais e financeiras.15

Page 39: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

53Fernando Rubine Firpo

Letra de cambio emitida en1842 por Bonifacio López,sogro de Fernando Rubine(cortesía de Luis del Moral)

16 Inscrito na matrícula de Comerciantes da cidade, 1830. meijide pardo (1997[1972/1973]: 54).

17 amC, 1842, caixa 1639. libro de rexistro de defuncións e alonso (1986: 61 e 200).

nesta época Fernando rubine casou con Joaquina lópez Ceballos—escrito tamén Cevallos—, unha moza coruñesa da alta burguesía local.Joaquina era filla e neta de empresarios con gran prestixio na cidade.dun lado, seu pai, bonifacio lópez, un comerciante por xunto oriúndode medina de rioseco (valladolid), instalárase na Coruña nos anos finaisda guerra da Independencia.16 é probable que formase parte da vaga decomerciantes que se desprazou cara ao noroeste peninsular fuxindo doexército francés. moitas destas emigracións temporais convertéronse endefinitivas grazas ao florecemento das súas actividades mercantís na terrade adopción. o seu enlace con Joaquina Ceballos impulsouno a botarraíces e a abrir casa de comercio na cidade. doutro lado, o seu avómaterno, José Ceballos, procedía de tordesilla de Cameros (a rioxa) eestablecérase na Coruña a finais do século xvIII, a raíz da apertura do trá-fico comercial do porto coruñés coas Indias.17 Censado como comer-ciante por xunto e polo miúdo en 1778, con lonxa e tenda aberta ecargadores a Indias, acadou grande éxito como mercador, prestamista,

Page 40: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

18 amC, 1836, caixa 1690. padrón de habitantes.19 nota necrolóxica escrita por FErnándEz latorrE en La Voz de Galicia, 16/06/

1885.20 amC, 1849, caixa 1130. padrón de habitantes. Juana quedara viúva de Juan José sis-

chtka, un retallista de langenay (alemaña). aHm, 1843, caixa 1640. libro de rexistro dedefuncións.

21 aHpC. rafael nogueira, atado 8116, (1832: 69). agradézolle a Elvira lindoso as pis-tas facilitadas nas referencias notariais.

Empresarios de Galicia 54

armador de corso e industrial das salgaduras. reinvestiu boa parte dosseus beneficios na compra de propiedades urbanas e de títulos de débe -da pú blica, seguindo as pautas de investimento tradicionais na galicia daépoca. Faleceu a principios do século xIx, momento no que a súa viúvase puxo á fronte da casa de comercio.

a traxectoria profesional de Fernando rubine viuse condicionadapolo feito de que o seu sogro non contaba cun herdeiro home ao que pa-sarlle o testemuño dos seus negocios. Coa ollada posta no futuro, bonifaciolópez invitou os que se acaban de casar a instalárense na súa casa situa -da no número 27 do Cantón grande.18 pouco tempo despois, F. rubinedeixou o seu traballo na fábrica de cristais e comezou a colaborar nos ne-gocios da súa familia política como contable. Combinou esta activida-de co exercicio do título de corredor de comercio que obtivera en 1834,seguindo o consello dos seus mentores na fábrica de vidro. máis tarde, eco apoio financeiro do seu sogro, adquiriu en propiedade a corretaxe decomercio de pedro tapia, situada na cidade.19

mentres tanto, súa nai, ángela Firpo seguiu á fronte dos negociosfamiliares coa axuda do seu fillo maior José rubine. o dobre matrimoniodos irmáns José e ana rubine cos seus curmáns ángela e José sischtkaestendeu os lazos familiares ás actividades mercantís das súas respectivasnais, as irmás ángela e Juana Firpo, que rexentaban as casas mercantísdos seus defuntos maridos.20 pero a proximidade volveuse perigosa candoa casa de comercio de Juana Firpo se declarou en quebra en 1832. a des-feita financeira tivo graves consecuencias para os negocios de ángela quelle prestara importantes cantidades de diñeiro.21 José rubine acudiucomo apoderado da súa nai á xunta de acredores da quebra da devanditacasa. pero as contas quedaron nunha delicada situación. ángela Firpo

Page 41: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

22 Censouse como comerciante polo miúdo en 1835 e por xunto en 1837. meijide par -do (1997 [1972/1973]: 62 e 64).

23 boplC, 13/05/1839, núm. 76, p. 3.

José Firpo

AntonioRubine

Juana1ª

José

Ana

ÁngelaFirpo

BonifacioLópez

JoaquinaCeballos

JoséCeballos? ?

Fonte: Véxase texto

Árbore xenealóxica da familia Rubine

Fernando

Eloysa

Joaquina

Teresa

Joaquina

Josefa

Demetrio SalorioCasal

Félix González-Rodríguez Sesmero

Fernando Rubine Firpo 55

intentou que aboiasen os seus negocios combinando actividades comer-ciais polo miúdo con outras por xunto.22 os intentos resultaron baldíos.pouco tempo despois, en maio de 1839, viuse obrigada a declarar a que-bra da súa casa de comercio e a subhasta de todos os seus bens.23

ao perder todas as súas posesións e intereses mercantís, ángela Firpoquedou baixo o amparo económico do seu fillo pequeno Fernando. polasúa parte, o seu outro fillo home José rubine exerceu de escribente parasoster a familia que acababa de fundar. a perda na quebra mercantil daantiga vivenda da rúa acevedo obrigouno a mudarse coa súa muller e cos

Page 42: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

24 aHm, 1843, caixa 1640. libro de rexistro de defuncións.25 aHpC. rafael nogueira, atado 8116, (1832: 69).26 Boletín Bibliográfico Español y Extranjero, 1847, ano III, núm. 3, p. 35.27 para esta parte, véxase santos gayoso (1990).

Empresarios de Galicia 56

seus tres fillos de curta idade, Isabel, José e leopoldo, a un modesto pisono número 4 da rúa Cordelería de marzal. pero o peor estaba por chegar,xa que os nenos quedaron orfos ao pouco tempo, primeiro de nai e logode pai.24 a súa avoa materna, Juana Firpo, acolleunos na súa casa. osdous homes José e leopoldo, aínda adolescentes, emigraron á illa de Cu -ba onde fixaron a súa residencia definitiva.25

durante os anos corenta Fernando rubine combinou o seu traballocomo corredor de comercio e contable con varias iniciativas de carácterxornalístico e literario. Colaborou como columnista en diarios madrileñose traduciu obras do francés ao castelán como a titulada La Cruz de Berny(1845), novela escrita por Félix deriege.26 tamén fundou algúns xornaisde carácter local durante a rexencia de Espartero (1841-1843). pero todasas súas aventuras editoriais tiveron unha breve duración, apenas unsmeses.27 primeiro fundou o Telégrafo (1843), un xornal de corte político eliterario onde exerceu como director e redactor. na súa liña editorialdefendía ideas progresistas moderadas dentro do axitado panorama políticoque vivía España nas décadas centrais do século xIx. ao pouco tempo doseu nacemento, foi substituído por El Coruñés (1843), un diario con simi-lares tendencias ca o seu predecesor. a publicación cesou antes de remataro ano, non se sabe se pola alteración da lei de imprenta ou pola falta desubscritores. para o seu terceiro intento xornalístico buscou o apoio doutrocolaborador, Faustino domínguez, con quen editou o diario El Vigilante(1843) e o xornal bisemanal El Fomento de Galicia (1845). o primeiropretendía converterse nun xornal de talante conciliador e de defensa dasinstitucións constitucionais. Combinaba seccións de corte político connoticias xerais de galicia. o segundo presentaba unha liña editorial máisespecializada na temática comercial e financeira. nos seus artigos amosa -ba grande interese pola defensa da industria da pesca en galicia e facili-taba noticias da industria, prezos dos efectos comerciais nas principais pra-zas de Europa e américa e outros datos de interese mercantil.

Page 43: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

28 artigo de rubén vEnturEIra titulado «El cólera del fin del mundo», publicado enLa Voz de Galicia, 30/10/2004.

Fernando Rubine Firpo 57

na segunda metade dos anos corenta, as inquietudes xornalísticas deF. rubine chegaron á súa fin. varios factores puideron influír no cambiode rumbo. é posible que a fin da rexencia de Espartero e o regreso dosmoderados ao poder lle fixesen desistir da súa actividade literaria. poroutro lado, a morte do seu sogro bonifacio lópez deixouno á fronte dosnegocios familiares e aumentaron as súas responsabilidades e carga detraballo na casa de comercio. Fernando rubine Firpo aparece por pri-meira vez como cabeza de familia e comerciante establecido no número9 do Cantón de porlier no padrón de 1849. baixo a súa protección atopá-banse a súa esposa, Joaquina, a súa filla Eloysa nacida en 1843, e a súaúnica cuñada Josefa, solteira, que vivía con eles. a nova traxectoria pro-fesional do noso protagonista consolidouse de maneira definitiva en1850, momento no que se fixo cargo da casa mercantil de Juan aguirrevillaverde na cidade. a partir de entón, o literato e xornalista deixoullepaso ao home de negocios e prócer local.

O desenvolvemento en solitario

a década dos cincuenta converteuse na plataforma de desenvolve-mento profesional e de ascenso social de Fernando rubine. pero a epi-demia de cólera que sorprendeu a poboación coruñesa no mes desetembro de 1854 tamén vestiu de loito a súa vida familiar. a enfermidadeprovocou a morte en noventa días de polo menos a décima parte dos habi-tantes da cidade, sen distinción de clases sociais nin barrios. Co fin defrear o pánico, as autoridades prohibiron durante un tempo o repique dascampás nas igrexas e estableceron improvisadas ambulancias sanitarias,formadas por asilados e nenos hospicianos, para retirar os cadáveres dasrúa tras o solpor.28 a actividade económica local quedou paralizada, desdeo porto ata a Fábrica de tabacos. a poboación tratou de resistir o embateepidémico con apenas dezaseis médicos e catro hospitaliños improvisa -dos para atender os veciños con menos recursos. nunha época na que sedescoñecía por completo a causa do mal e ningunha medicina parecía

Page 44: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

29 aHm, 1854, caixa 1649. libro de rexistro de defuncións.30 gonzález Catoyra (1995: 22).31 Facal (1986: 53).

Empresarios de Galicia 58

efectiva para frear os seus síntomas, os rezos e as procesións dos devotosconvertéronse no mellor bálsamo para unha poboación vulnerable.Como consecuencia do brote colérico, Fernando rubine perdeu pri-meiro a súa filla Eloysa e logo a súa esposa Joaquina.29 o tráxico episodioatrasou a posta en marcha dalgúns dos seus proxectos mercantís. traspa-sada a barreira dos corenta anos debía afrontar un dobre desafío, o seurenacemento profesional e persoal nunha cidade magoada e ávida denovas iniciativas empresariais.

na década dos sesenta sopraron aires de cambio na Coruña baixo omandato do alcalde José maría abella (1861-1866). a cidade experimentouunha importante transformación urbanística.30 Entre outras iniciativas,demoléronse as antigas murallas e gran número de edificios, nivelouse oterreo para o futuro ensanche, pavimentáronse rúas, canalizáronse augase impulsáronse dous proxectos claves para o futuro da cidade, o enlaceferroviario e a mellora das instalacións portuarias. durante estes anos Fer-nando rubine exerceu como primeiro tenente de alcalde, o que fomentouo seu protagonismo político e lle permitiu ampliar os seus contactos em-presariais. máis tarde, en 1866, foi nomeado alcalde constitucional, cargoque exerceu durante parte do período de transición entre o cesamentode abella, que acababa de ser nomeado gobernador civil de lugo, e achegada de Federico tapia á alcaldía da cidade. acadou tamén postosde responsabilidade na comisión administrativa do teatro principal e nasxuntas de varias asociacións literarias e culturais.

no ámbito financeiro, ademais de actuar como comerciante ban-queiro a través da súa propia casa mercantil con oficina no número 81 darúa real, entrou a formar parte do accionariado do banco de la Coruña(1857) e, logo, do seu sucesor o Crédito gallego (1875). neste último asi-nou a escritura constitucional e ocupou cargo de conselleiro entre 1875e 1885.31 a pertenza ao equipo directivo destas institucións brindabamoitas vantaxes xa que lle proporcionaba información de primeira man

Page 45: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

32 amC, 1844, caixa 1076. padrón de habitantes. demetrio, nacido en 1844, era o fillopequeno do matrimonio formado polo militar Juan salorio e Inocencia Casal, veciños dacidade.

33 amC, 1856. libro de rexistro de matrimonios.34 aHpC. Francisco Chaves y alcalde, atado 8803 (1862), aHpC. Eugenio mallo,

atado 9435 (1864), aHpC. Francisco Chaves y alcalde, atado 8806 (1865).35 rey Escariz (1996: 129).

Fernando Rubine Firpo 59

sobre a situación financeira de moitos comerciantes, prestixio persoal emaiores facilidades para obter crédito. así, de maneira progresiva, conse-guiu posicionarse nas institucións claves para o goberno da cidade, ondecompartía mesa e decisións coa influente burguesía local. o aumento dasúa actividade política e a ampliación dos seus negocios obrigouno a con-tratar como dependente a demetrio salorio Casal, un mozo de familiaacomodada residente na cidade.32 mentres tanto, no ámbito persoal, Fer-nando rubine casara con Josefa lópez, irmá menor da súa primeiramuller, na parroquia de san Jorge en maio de 1856.33 Froito deste enlacenaceron dúas fillas, Joaquina e Josefa, as súas dúas únicas descendentes.

aínda que continuou co seu traballo como corredor de comercio nosanos sesenta, tamén exerceu como contratista de obras de varias estradas,rúas, edificios e porto a través da súa casa mercantil. Entre outros proxectos,participou na construción da estrada de betanzos a lalín e na de lugo aChantada.34 por outro lado, conseguiu contratas nas obras de recheo dodique do porto da Coruña en sociedade con outros empresarios da cidade.as maiores necesidades da actividade portuaria esixiron gañarlle ao marunha área considerable de terreo para establecer novos servizos. En 1869fíxose terraplén en case que setenta mil metros cadrados na fronte dasrúas da mariña e dos cantóns grande e pequeno para instalar almacéns,dependencias portuarias e, máis tarde, os xardíns de méndez núñez.35

Como complemento a estas obras proxectáronse dous peiraos embarca-doiros; un fronte ao edificio da aduana e outro na palloza. En 1870 in-augurou o peirao de ferro, destruído en 1914, que se converteu en símboloda industrialización e do progreso da cidade portuaria. pouco tempo des-pois, o Estado encomendoulles todos os asuntos relacionados cos portosa unhas novas corporacións encargadas de construíren, conservaren e vi-

Page 46: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

36 rey Escariz (1996: 305).37 El Clamor Público: Periódico del Partido Liberal, 04/05/1864 e 08/05/1864.38 nota necrolóxica escrita por Fernández latorre en La Voz de Galicia, 16/06/

1885 e Gaceta de los caminos de hierro, 24/09/1865, núm. 39.

Empresarios de Galicia 60

xiaren as obras realizadas dentro das zonas portuarias e facultadas paracobrar certos dereitos sobre as mercancías transportadas. Como conse-cuencia da nova lexislación, naceu a xunta de obras do porto da Coruñaen 1877, onde Fernando rubine ocupou o posto de vicepresidente.

F. rubine tamén representou un papel clave na construción da víaférrea que debía comunicar o porto da Coruña co resto da península. oproxecto comezara a fraguarse en 1857 da man de Juan martínez picaviae Juan Flórez.36 daquela, formouse unha comisión de enxeñeiros encar-gada de trazar os planos e calcular os presupostos que concluíu o estudonun breve prazo de tempo. un ano despois, aprobouse a lei para a cons-trución da liña de ferrocarril. pero a posta en execución das obras ralen-tizouse a causa de que as subhastas das contratas quedaron desertas envarias ocasións. tras varios intentos frustrados, a principios dos anossesenta comezou a construción do enlace entre palencia e ponferrada.para axilizar a licitación e a concesión do tramo restante, o Concello daCoruña nomeou en 1864 unha comisión xestora integrada por Juanmontero telinge, benigno rebellón e Fernando rubine.37 os tres repre-sentantes encargáronse de xestionar a axilización do proxecto cos senado-res e deputados galegos e cos alcaldes dos municipios afectados. acomisión conseguiu tamén unha subvención de corenta millóns de reaispara o ferrocarril do noroeste na Corte madrileña. malia os esforzos rea-lizados, a subhasta das obras de construción da vía férrea quedou deserta,o que desatou unha enorme decepción entre os habitantes da cidade.

temendo que a licitación do citado ferrocarril puidese quedar desertapor segunda vez, Fernando rubine depositou cun crédito persoal a can-tidade de 4,6 millóns de reais, mínimo esixido para tomar parte na puxa.a continuación presentou un prego enxeñoso cheo de artificios literarios,co consentimento do director de obras públicas saavedra meneses, ondese proclamaban as vantaxes da contrata.38 ao final, José ruiz Queve -do obtivo a licitación da obra en xuño de 1864, pero a actuación de ru-

Page 47: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

39 Estrada Catoyra (1930: 104).40 La Iberia: Diario Liberal, 01/09/1883.41 aHpC, notario José rosendo Carballo, por escritura do 22/04/1871.42 aHpC, notario ruperto suárez, atado 9719 (1867: 1197 e ss).43 aHpC, notario José rosendo Carballo, por escritura do 22/04/1871.

Fernando Rubine Firpo 61

bine catapultou a súa consideración como prócer local. tras a viaxe deregre so, a comisión xestora foi recibida na Coruña con banda de músicae fogos de artificio.39 Iluminouse a rúa Juana de vega con farois á vene-ciana como nas noites de festa e repartíronse mil libras de pan entre ospobres da cidade. Con todo, o citado ferrocarril non sería inaugurado atao mes de setembro de 1883. por entón, a popular sociedade reuniónrecreati va e Instructiva de artesanos (1847) —coñecida como Círculode artesanos—, un dos principais centros culturais e literarios da cidade,nomeou socios honoríficos os membros da comisión e obsequiounoscunha serenata.40

A empresa familiar

na década de 1870 o corredor de comercio, banqueiro, contratista epromotor local diversificou as súas actividades mercantís cara ao ámbitoindustrial.41 nesta nova etapa Fernando rubine e a súa esposa converte-ron en socio o seu antigo dependente demetrio salorio, que acababa decasar coa súa filla Joaquina.42 Como consecuencia desta decisión, naceuen 1871 a sociedade rubine y salorio cun capital social de 321.885 pese-tas, achegado polo matrimonio (303.112 pesetas) e polo seu xenro (18.772pesetas). a nova firma fíxose cargo de todos os negocios da antiga Casa deComercio de Fernando rubine.43 na escritura de constitución quedouestablecido que os socios se repartirían os beneficios en porcentaxes do70% e do 30%, respectivamente. ademais, para a cobertura dos seus gastospersoais recibirían da caixa social 15.000 pesetas anuais, no caso de Fer-nando e da súa esposa, e 3000 para demetrio salorio.

a nova sociedade adquiriu do Estado uns terreos compostos por cincosoares e unha parcela na avenida de riazor en 1872, co propósito de es-

Page 48: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

44 aHpC. ruperto suárez, atado 9734 (1872: 326).45 Coumes gay (1877: 43).46 aHpC. benito maría lores, atado 9205 (1879: 170) e aHpC. manuel devesa y

gago, atado 10120 (1883: 675). véxase tamén Coumes gay (1877) e Faginas (1890).

Envoltorio dos chocolates La Española (cortesía de Luis del Moral)

Empresarios de Galicia 62

tablecer alí varias fábricas e almacéns.44 Cinco meses deobras deron como froito un establecemento fabril que con-tiña catro tipos de industrias dotadas dos últimos avancestecnolóxicos: elaboración de chocolates, puntas chama-das de parís, resortes para mobles e moenda de fariñas detrigo do país.45 os chocolates elaborados con muíños mo-vidos de vapor vendíanse baixo a marca rexistrada la Es-pañola na península e nos territorios de ultramar. o seureclamo publicitario «las cosas claras y el chocolate laEspañola» acadou gran popularidade a un e a outro ladodo atlántico. a fábrica de puntas elaboraba cravos, puntasde cabeza chata, convexa e perdida, e cravos de forma pi-ramidal e sen cabeza. os deseños dos resortes para sofás ecadeiras, copiados de modelos procedentes de parís, aca-daron gran reputación no mercado. por último, unha rodamovida de vapor para moer trigo e o seu peneirado refinadoproducían fariñas de calidade superior para a súa vendapor xunto e para a fabricación de pan no forno do estable -cemento. máis adiante ampliouse a actividade industrialá refinación de azucre.

a sociedade rubine y salorio diversificou os seus in -vestimentos durante estes anos, ademais das novas inicia-tivas industriais, os socios mercaron accións do Crédito gallego e dobanco de España, ampliaron as operacións de banca e adquiriron títulosde débeda pública e varias leiras rústicas en santiago de Compostela eparcelas na cidade da Coruña. En paralelo, continuaron exercendocomo comerciantes de todo tipo de xéneros e obtiveron contratas en sub-hastas públicas diversas, desde o avituallamento militar ata a subministra-ción de aceite de oliva para os faros da provincia.46 En 1875 a sociedaderubine y salorio atopábase entre os vinte maiores contribuíntes ao sub-

Page 49: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

47 boplC (1875, núm. 85: 165). a sociedade tamén figuraba entre as de maior capitalda provincia da Coruña, véxase lIndoso (2006: 298).

48 aHpC. José pérez porto, atado 10178 (1885: 3467).49 Félix gonzález rodríguez sesmero era orixinario de avilés e dedicábase ao comer-

cio. Chegara á Coruña con 28 anos, arredor de 1875. amC, 1894, caixa 1417. padrón dehabitantes. é probable que Félix fose irmán de alejandro gonzález rodríguez sesmero,reputado arquitecto asturiano que asinou os proxectos do mercado municipal, do concelloe da deputación provincial de pontevedra, entre outras obras.

50 aHpC. José pérez porto, atado 10178 (1885: 3467).

Fernando Rubine Firpo 63

sidio industrial e de comercio da provincia da Coruña.47

nese ano o matrimonio rubine lópez acordou introdu-cir algunhas modificacións na escritura de constituciónda sociedade mercantil familiar. rubine, consciente deque cada vez delegaba máis responsabilidades no seuxenro, decidiu aumentar a súa participación nos benefi-cios do negocio do 30 ao 40%.48 desde o 1 de xaneiro de1875 tamén mellorou a súa retribución anual para gastosparticulares ata as 5000 pesetas, en vez das 3000 recibi-das ata o momento.

ao ano seguinte, teresa rubine casou con Félix gon-zález-rodríguez sesmero, un comerciante da cidade deorixe asturiana.49 de inmediato, o matrimonio rubineconverteu tamén a Félix en socio da empresa familiar.Con este fin, en 1876, a firma rubine y salorio transfor-mouse en rubine e Hijos, que absorbeu todos os valoresactivos e pasivos da primeira.50 a nova sociedade estabacomposta por tres socios e un capital de 521.638 pesetasrepartido do seguinte xeito: F. rubine e a súa esposa(325.000 pesetas), demetrio salorio (143.509 pesetas) eFélix rodríguez (53.129 pesetas). Quedou establecidoque o matrimonio rubine só gozaría do 30% das utilidades

anuais, mentres que os seus xenros demetrio e Félix obterían o 40% e o30% respectivamente. mentres tanto, as compensacións anuais para gastosparticulares fixáronse, seguindo a mesma orde, en 11.250, 7500 e 6000pesetas. baixo a nova razón social e cun novo socio, a compañía seguiu

Gráfico 1. Capital da casa comercial fundada por Fernando Rubine(en miles de pesetas correntes)

Fonte: AHPC. José Pérez Porto (1885, atado 10178: 3467). (*) Capital inicial no momento de constituírse a sociedade. (**) Capital da sociedade no momento da morte de Fernando Rubine.

0

300

600

900

1200

Rubine e

Hijo

s

(1885

)**

Rubine e

Hijo

s

(1876

)*

Rubine y

Salorio

(1871

)

Casa co

mercial

de Fern

ando

Rubine (

1870

)

303 322

522

1.019

Page 50: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

51 martínez barbeito (2004: 396).52 ademais desta iniciativa de carácter municipal, existiron no barrio de riazor outros

establecementos de baños propiedade de particulares durante o último cuarto de século.véxase mEIJIdE pardo (1997 [1999]: 330).

Empresarios de Galicia 64

exercendo as mesmas actividades industriais, comerciais e financeiras. ossocios veteranos deixaron nas mans dos mozos, demetrio e Félix, a res-ponsabilidade de administrar a compañía, aínda que calquera deles podíafacer uso da firma social.

despois de contribuír á remodelación urbanística da cidade, á pavi-mentación das súas rúas, á ampliación do porto e á chegada do ferrocarril,F. rubine concentrouse nos anos setenta na mellora e no acondiciona-mento da praia de riazor «para el disfrute de los habitantes de la ciudad».51

a mediados do século xIx a Coruña uníase á moda de explotar balneariosmarítimos que acadou un notable auxe en moitas poboacións españolas.52

a iniciativa, aínda que partira do concello, necesitou do financiamentoprivado por causa da escaseza dos fondos municipais. a través dunha subs-crición pública, por vía de préstamo, conseguiuse reunir a cantidade de76.000 reais achegados por 77 accionistas, case que todos comerciantes eindustriais da cidade. a esta cifra engadiuse un crédito supletorio dospropios accionistas e unha pequena subvención municipal. o diñeiro re-cadado permitiu sufragar os 113.000 reais que custou a construción danova casa de baños de mar edificada na praia de riazor en 1874.

a continuación, constituíuse unha comisión mixta, integrada porrepresentantes do concello (luis montanaro, vicente viqueira, Josélópez trigo, ramón abella e José marchesi y dalmau) e dos accionistas(pedro mayoral, melchor sastre, Juan mesa, manuel ramírez e Fer-nando rubine) que se responsabilizou de acondicionar a zona, construíras instalacións e sacar a subhasta a concesión de explotación da casa debaños. rubine liderou o proxecto ao ser designado depositario da comi-sión presidida polo alcalde da cidade. os primeiros esforzos centráronseen limpar e valar a parte da praia na que se ía establecer a zona de baños,desde a travesía do monselón ata a punta saínte da costa. dentro dorecinto construíronse casetas para vestiarios e varios barracóns destinadosa restaurante e gabinete de lectura. aos clientes ofrecíanselles todo tipo

Page 51: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

53 martínEz barbEIto (2004: 397).

Casa de Baños de Mar deRiazor a finais do século XIX.

El Eco de Galicia, 1898,núm. 245

Fernando Rubine Firpo 65

de servizos, desde parasoles, casetas de lona ou bañeiras para lavar os pésata criados que prestaban os seus servizos a cambio de pequenas propi-nas. a continuación, a comisión elaborou un regulamento de uso dazona reservada para os baños. desta maneira, a praia quedou dividida endúas partes á altura do varadoiro das embarcacións por un panel que esta-blecía a zona asignada a cada sexo. ao recinto podíase acceder en horariode catro da mañá a oito da tarde mediante o pago dun bono de 25 cénti-mos ou 50 céntimos no caso de bañarse. a todos os bañistas se lles esixíao estrito cumprimento dunha normativa de honestidade e decencia.

a praia conservou unha zona de libre disposición do público onde seesixía, non obstante, «un uso prudente de ropas al bañarse para no lasti-mar los sentimientos de la moral y de la decencia».53 pouco tempo des-pois apareceron novas casas de baños de iniciativa privada na praia deriazor como la salud ou la primitiva.

Page 52: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

54 El Imparcial: Diario Liberal, 24/11/1880 e Gaceta de los Caminos de Hierro,26/12/1880. montero telinge contaba con experiencia empresarial neste ámbito comoinvestidor do ferrocarril compostelán da infanta dona Isabel, lIndoso (2006: 301).

55 Guía oficial de España (1885: 188).56 descrición do acontecemento que realiza o seu amigo FErnándEz latorrE na

nota necrolóxica de La Voz de Galicia, 16/06/1885.

Empresarios de Galicia 66

a principios dos oitenta, Fernando rubine viuse obrigado a reducira súa actividade pública debido aos seus problemas de saúde. a pesar daslimitacións físicas, seguiu liderando numerosas iniciativas políticas.Como deputado provincial, formou parte da comisión xestora que nego-ciou a construción do enlace ferroviario entre a Coruña e santiago deCompostela, xunto co conde de san Juan e co empresario Juan monterotelinge.54 máis tarde, accedeu por elección popular ao cargo de presi-dente da deputación provincial, acompañado na vicepresidencia pormaximiliano linares rivas. o seu labor polos intereses económicos eempresariais de galicia foi premiado, primeiro coa encomenda de Isabela Católica e, en decembro de 1881, co seu nomeamento como cabaleirodas grandes Cruces Españolas da real orden de Isabel la Católica.55

Fernando rubine faleceu o 14 de xuño de 1885 no salón da deputa-ción da Coruña, cando estaban congregados numerosos veciños e distin-tas corporacións da cidade co gallo de acordar a rápida construción dolazareto de oza. Como membro da xunta de obras do porto debía darconta das negociacións do proxecto, pero non puido concluír a lecturado seu informe ao caer redondo na cadeira de brazos dun ataque ao cora-zón.56 a noticia correu como a pólvora por toda a cidade e xerou granconsternación entre os seus habitantes. a capela ardente quedou insta-lada no salón de sesións da deputación e as portas abríronse ao público«para que todos pudiesen rendir el último tributo al que fue en vida elincansable paladín de las grandezas y prosperidades de este pueblo».

a crónica xornalística que describiu o enterro revela a importanciamediática que acadou Fernando rubine na vida política, económica esocial da cidade. ao parecer, a comitiva fúnebre saíu do palacio provin-cial ás seis da tarde do día 15 de xuño acompañado de cincuenta sacer-dotes. abrían a procesión dúas filas de porteiros e mozos de todas associedades de recreo, os asilados e moitos obreiros. a continuación mar-

Page 53: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

chaban ao concello en corporación cos seus maceiros e alguacís, o gober-nador civil, o capitán xeral e representantes do colexio de corredores,industria, comercio e banca da cidade. durante todo o percorrido abanda do rexemento de murcia tocou marchas fúnebres e ao peche docortexo camiñaban a paso lento, 23 coches de respecto. o enterro perco-rreu as rúas real, santo andré, Cordonería, panadeiras, Campo da leñae a torre. a tertulia la Confianza e outras institucións puxeran nos seusbalcóns colgaduras negras. os establecementos comerciais pecharon ásseis da tarde, hora na que comezou a organizarse o enterro, e os veciñosbotáronse á rúa para amosar a súa dó. a enorme concorrencia cubría porcompleto a rúa ancha de santo andré desde a rúa nova ata a entrada darúa panadeiras.

a cidade perdera un dos principais promotores da súa modernizaciónnas últimas décadas. o mesmo ano da súa morte, o concello dedicoulleo seu nome a unha rúa, xusto aquela na que estaban situados os seus esta-blecementos mercantís e industriais. desde entón, a avenida de riazorpasou a chamarse avenida de rubine.

O legado empresarial

o inventario que se realizou en 1885 tras a morte de Fernandorubine Firpo revela que o patrimonio líquido da sociedade rubine eHijos ascendía a 1.019.012 pesetas, un dos máis importantes da provinciada Coruña na época.57 Entre os seus principais activos destacabanaccións do banco de España (12), do Crédito gallego (27), da sociedadeconstrutora da praza de touros da Coruña (10) e o préstamo concedidoá Casa de baños de riazor. unha pequena cabana de animais domésticose unha ampla variedade de mercancías coloniais localizadas nos seusalmacéns da Coruña, guayaquil e Caracas dan conta da importancia queas transaccións comerciais con américa mantiñan nos seus negocios. poroutro lado, figuraba a súa participación nas fábricas de fariñas, refinaciónde azucre, chocolate e puntas de parís, situadas nos terreos da antiga ave-

57 aHpC. José pérez porto, atado 10178 (1885: 3467).

Fernando Rubine Firpo 67

Page 54: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

nida de riazor, lugar no que se atopaba tamén situada a casa familiar. ovalor dos créditos e dos dereitos concedidos na súa actividade comocomerciante banqueiro acadaba máis do 60% do importe do activo total.por último, a familia contaba cun pequeno patrimonio rústico de leiras,soares e cunha casa de campo na parroquia do sar, preto de santiago deCompostela.

Fernando rubine declarou no seu testamento como herdeiras uni-versais a súa esposa e as súas fillas, deixoulle á primeira unha quinta partede todos os seus bens e o resto repartiuse en dúas partes iguais entre osseus dous descendentes.58 de acordo coa escritura fundacional da empresafamiliar, ningunha das herdeiras podía retirar da sociedade os haberes ad-xudicados, que ascendían ao 25% do capital total. unha vez transcorridoo prazo de cinco anos estipulado na escritura, os socios debían decidir selles conviña ou non prorrogar a sociedade. despois da repartición da her-danza Josefa lópez pasou a controlar o 39,5% do capital, demetrio salorioe Joaquina rubine o 37,1% e Félix gonzález-rodríguez sesmero e teresarubine o 23,4%. pola súa parte, a distribución de beneficios quedou es-tablecida nas seguintes porcentaxes: á viúva o 15%; a cada unha das fillas,Joaquina e teresa, o 7,5%; a demetrio o 40% e a Félix o 30%.

demetrio salorio Casal quedou como principal responsable da empresae sucesor natural do seu sogro nos negocios mercantís. Contaba coa ex-periencia de xestionar a sociedade familiar durante máis de tres décadasá beira dun excelente mestre, que lle traspasara de maneira progresivagran parte das tarefas mercantís. a súa inesperada morte o 1 de marzo de1886, con apenas 43 anos, deixou orfos non só a cinco fillos menores de idade senón tamén á empresa familiar.59 o seu cuñado, Félix gonzález,converteuse no único xerente da sociedade mercantil. de inmediatobuscou apoio no dependente da casa ricardo silveira gonzález, homede confianza e perfecto coñecedor do funcionamento interno da empre -sa.60 Cando Fernando salorio rubine, fillo maior de demetrio e Joaquina,

58 aHpC, notario Carballo, baixo testamento que xunto coa súa esposa outorgara o día22/04/1871.

59 amC, 1844, caixa 1076. padrón de habitantes.60 por escritura do 24/08/1897. rmC, libro provisional 1º de comerciantes indivi-

duais, núm. 8, fol. 19.

Empresarios de Galicia 68

Page 55: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

acadou a maioría de idade en 1897 a sociedade fa -miliar refundouse.

na nova etapa deixaron a compañía Félix ro-dríguez e a súa muller teresa rubine. así queda-ron como únicos socios Joaquina rubine, por de-reito propio e como representante legal dos seusfillos menores —teresa, demetrio, rafaela e Felisasalorio rubine—, o seu fillo maior Fernando sa-lorio rubine, comerciante xa emancipado, e ri-cardo silveira gonzález. a sociedade conservoua razón social de rubine e Hijos e fíxose cargo daexplotación de todas as actividades que rexentabaa súa predecesora. Entre os seus principais fins so-ciais estableceu as transaccións comerciais penin-sulares e coloniais, a explotación de industrias, asconsignacións de buques e as comisións e opera-cións financeiras de todo tipo. o capital social as-cendía a algo máis de 1,4 millóns de pesetas, ache-gado por Joaquina rubine (81,10%), os seus cincofillos (cada un achegaba o 2,01%) e ricardo sil-veira (8,84%).

a entrada dunha nova xeración no negociofamiliar e a excelente xestión desempeñada po -lo único socio externo, ricardo silveira gonzá -lez, garantiron a continuación de rubine e Hijos.aínda que mantivo a súa operativa tradicional noámbito da industria e do comercio, a compañíasoubo posicionarse de maneira estratéxica nas no-vas oportunidades de negocio que ofrecía o cre-cemento da Coruña ao espertar do século xx. dunlado, a sociedade investiu nas empresas máis re-

levantes relacionadas co abastecemento dos servizos de augas, iluminación,transporte e a oferta de actividades culturais e espectáculos. dentro destegrupo, atopamos a rubine e Hijos como accionista de sociedad generalgallega de Electricidad (1900), aguas de la Coruña (1903), Compañíade tranvías de la Coruña (1901) ou sociedad arrendataria del teatro

Anuncio publicitario de Rubine e Hijos, empresa

consignataria da Mala RealInglesa. Guías de Galicia.

A Coruña, 1912

Fernando Rubine Firpo 69

Page 56: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

61 lindoso (2006), apéndice. tamén investiron noutras empresas como azucareragallega (1899).

62 Esta compañía operaba desde 1839. desde 1841 estableceu unha liña entre southam -pton, brasil e río da prata. En 1842 incluíu no seu percorrido a illa de Cuba e, desde a décadade 1870, comezou a realizar escalas nos portos galegos. primeiro no porto de Carril e máistarde na Coruña. véxase vázquez (2000: 816).

63 unha análise máis polo miúdo do funcionamento da empresa durante o século xxen alonso, lindoso e vilar (2008).

Empresarios de Galicia 70

principal (1906).61 por outro lado, a firma apostou por dúas actividadesrelacionadas coa emigración, negocio moi rendible na época: a consig-nación de buques desde o porto coruñés e as remesas de emigrantes através da casa de banca. neste ámbito actuou como representante da com-pañía navieira mala real Inglesa (royal mail steam packet Company)62

desde finais do século xIx, aínda que tamén colaborou con outras compañíasinternacionais que operaban no porto coruñés. a progresiva vinculacióndos seus negocios á actividade do porto coruñés reportoulle grandes be-neficios, pero fíxoa máis vulnerable nos momentos de crise da actividadeportuaria.

despois dos moitos vaivéns superados na última centuria,63 o legadoempresarial de Fernando rubine segue presente no tecido produtivo daCoruña. a sociedade consignataria rubine e Hijos s.l., afastada herdeirada primitiva casa de comercio fundada a mediados do século xIx, conso-lídase desde o peirao de san diego como unha das principais operadorascoruñesas no sector do tráfico de cruceiros turísticos.

Abreviaturas de fontes documentais

amC: arquivo municipal da Coruña

aHpC: arquivo Histórico de protocolos nota-riais da Coruña

boplC: boletín oficial da provincia da Coruña

rmC: rexistro mercantil da Coruña

Page 57: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

alonso álvarez, l. (1986): Comercio co-lonial y crisis del Antiguo Régimen enGalicia (1778-1818), santiago de Com-postela, xunta de galicia.

— E. lindoso tato, e m. vilar rodrí-guez (2008): Construyendo empresas.La trayectoria de los emprendedores co-ruñeses en perspectiva histórica, 1717-2006, a Coruña, CEC.

Carmona, x., e J. nadal (2005): El empeñoindustrial de Galicia: 250 años de histo-ria, 1750-2000, a Coruña, Fundaciónpedro barrié de la maza.

Coumes-gay, a. (1877): Guía de La Co-ruña, a Coruña, Imprenta de puga.

Estrada Catoyra, F. (1930): Contribucióna la historia de La Coruña: La ReuniónRecreativa e Instructiva de Artesanos ensu ochenta y tres años de vida y actua-ción, a Coruña, El Ideal gallego.

Facal rodríguez, m.ª J. (1986): La bancaen Galicia durante la época de la Res-tauración: El Crédito Gallego, santiagode Compostela, universidade de san-tiago de Compostela, tese de licencia-tura inédita.

Faginas, r. (1890): Guía indicador de LaCoruña y Galicia para el año 1890-91,a Coruña, Imp. e Est. de vicente abad.

gonzález Catoyra, a. (1995): Alcaldes co-ruñeses, a Coruña, biblioteca Coruñesa-vía láctea Editorial.

lindoso tato, E. (2006): Los pioneros ga-llegos. Bases del desarrollo empresarial1820-1913, madrid, lid.

mariño bobillo, m. C. (2004): «la Co-ruña en el reinado de Fernando vII: ma-nifestaciones político-religiosas y reli-giosidad popular», Anuario Brigantino,núm. 27, pp. 243-264.

martínez barbeito, I. (2004): Notas de unarchivo: Recopilación de artículos publi-cados en La Voz de Galicia, a Coruña,arquivo municipal-alva gráfica.

meijide pardo, a. (1997 [1972/1973]):«Censo de comerciantes coruñeses enlos años de 1830 a 1845», Revista del Ins-tituto José Cornide de Estudios Coruñeses,núms. 8 e 9. reproducido tamén en mEI-JIdE pardo, a.: Temas y personajes de lahistoria coruñesa contemporánea, a Co-ruña, deputación provincial, pp. 49-70.

— (1997 [1974/1975]): «la primera indus-tria coruñesa del vidrio, 1827-1850», Re-vista del Instituto José Cornide de EstudiosCoruñeses, núms. 10 e 11. reproducidoen a. mEIJIdE pardo: Temas y personajesde la historia coruñesa contemporánea,a Coruña, deputación provincial, pp.111-162.

— (1997 [1999]): «Casas de baños de maren la Coruña del siglo xIx», La Coruña.Paraíso del turismo, verán de 1989. re-producido en a. meijide pardo: Te -mas y personajes de la historia coruñesacontemporánea, a Coruña, deputaciónprovincial, pp. 323-344.

rey Escariz, a. (1996): La historia y descrip-ción de la ciudad de La Coruña [trans-crición e estudo de s. davIña sáEnz: aCoruña, Concello da Coruña, arquivomunicipal da Coruña.

santos gayoso, E. (1990): Historia de laprensa gallega, 1800-1986, sada, Ca-dernos do seminario de sargadelos,núm. 52.

vázquez gonzález, a. (2000): La emi-gración gallega a América, 1830-1930,santiago de Compostela, tese de douto-ramento.

Fernando Rubine Firpo 71

Page 58: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1825-1891

MATÍAS LÓPEZ Y LÓPEZ

Page 59: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1 obra dos músicos v. moro, a. pérEz e J. mostazo, está cantado por Carmita bur-guEtE acompañada da orchestra molti. agradecemos a xentileza do seu tataraneto san-tiago alcalde para prestarnos diverso material orixinal do biografiado.

O PRIMEIRO GRAN FABRICANTE ESPAÑOL DE CHOCOLATE E PIONEIRO DA PUBLICIDADE MODERNA

Ricardo Gurriaránprofesor do IEs xelmírez I de santiago

o chocolate, ben de moda nos parladoiros e nas reunións de todotipo no século xIx, foi o elemento esencial para encomiar ao noso biogra-fiado. sen dúbida, matías lópez foi o máis coñecido dos fabricantes espa-ñois de chocolate daquel século. difusor dos procedementos mecánicosde fabricación e pioneiro da publicidade, a súa fábrica de El Escorial e ovalor da súa marca foron a envexa de todos os demais fabricantes. Foi ade-mais un dos impulsores da participación española nas exposicións univer-sais, empresario inmobiliario e persoeiro da vida económica capitalina daépoca; ocupou numerosos cargos de representación do estamento indus-trial e comercial. proba da popularidade que chegou a adquirir o nosohome/marca foi o feito de que, nun país no que nunca foi adoito que osempresarios desen nome a pezas musicais coñecidas, matías lópez deuo seu a un pasodobre do catálogo da casa odeón.1

Page 60: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Os primeiros pasos, a emigración como recurso e a mitificación dunha figura emerxente

matías lópez naceu en sarria (lugo) en 1825, na parroquia de santamariña. seus pais, profundamente católicos, eran pequenos propietariosque non sabían ler nin escribir, gobernaban unha familia numerosa dealcume os moreno e residían nunha casa na céntrica rúa maior ondehoxe se pode ver unha placa na súa memoria. de orixe labrega, matíasfixo os seus primeiros estudos, e únicos, na escola da súa vila natal, poriniciativa da súa nai, ás agachadas, pois seu pai quería que se dedicase aoslabores do campo.2

as fontes escritas referidas aos seus primeiros pasos á saída da escolason contraditorias, pero en todo caso, coinciden en que marchou a ma -drid. unhas indican que foi coa súa irmá ou coa súa nai, e que xa daquelacomezou a traballar como empregado nun comercio de chocolate,3 eoutras que foi reclamado por un tío seu que residía na capital, quen lleconseguiría un traballo como oficial de xastraría na rúa da abada. se -gundo unhas notas mecanografadas que deixou o propio matías lópezseica a peripecia da súa chegada a madrid estivo mais preto da segundaca da primeira versión, coa única salvidade de que o parente que o recla-mara fora non un tío senón un irmán que tiña en madrid, que era sar-xento en luchana.4

me hospedó mi hermano en casa de unos paisanos que ocupaban elpiso alto de una casa en la calle toledo, frente a san Isidro. allí meencomendaron la reforma de un pantalón de pliegues, que lo deshice ylo puse de moda. Fue el primer dinero que gané al oficio. al cabo dequince días me colocaron en un taller de sastrería en la calle de la abada5.

no mesmo documento explica matías lópez algúns detalles da viaxede sarria a madrid, que faría nun mulo alugado a medio porte a un arrieiro,

74Empresarios de Galicia

2 rodríguEz rodríguEz (2001: 46). 3 ídem (2001: 46-47).4 lópEz, Manuscrito, sen data. temos que agradecer a matías oñate, tataraneto de

matías lópez, a transcrición deste valioso documento que nos fixo chegar.5 lópEz, Manuscrito.

Page 61: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

75Matías López y López

nunha viaxe que durou doce xornadas. Igual que fixeran outras moitas fa-milias lucenses —como os besteiro, entre outras coñecidas— o feito éque matías emigrou a madrid para se gañar a vida, onde xa se asentaranparentes seus dúas xeracións atrás.

seica o sarriao —e volvemos aos seus biógrafos— non exercería pormoito tempo como xastre xa que as continuas mofas dos seus compañei-ros, polo mal que se expresaba en castelán, fixeron que abandonase parasempre este oficio. un eséxeta, cando matías lópez estaba no cumio dapopularidade, deixou descrita esta versión do seu abandono da xastraría:

tendría unos 18 años y recien llegado de la tierra, hablaba el gallegocon perfección, pero no le sucedía otro tanto con el castellano. presen-tado al maestro en presencia de tres ó cuatro sastras guapas y alegres, ledijo aquél que si sabía cortar lo dedicaría al corte.

Contestó el joven que sí y pidió: «¡las tixeiras!».oirle y soltar las sastras la carcajada todo fue uno. pero la risa de ellas

fue dolor para su alma. Calló, cortó y se fue del obrador para no volverjamás y abandonar para siempre la aguja y las tijeras.6

De xastre a fabricante de chocolate nun momento de importante cambio técnico

logo de deixar o seu primeiro labor de xastre, e de pasar por variosestablecementos comerciais como vendedor, contra 1843 matías come-zou a traballar nun comercio de chocolate e coloniais, que tiña anexo unpequeno obradoiro de fabricación, propiedade dun tal señor arnáiz.matías preocupouse non só de facer ben o seu traballo senón de mellorara súa formación, de xeito que, tal como el mesmo describe nas súas notas:

tomé un profesor de escritura y partida doble, y fue tal la estima quemerecí de mis principales, que me confiaron a los dos años el importantecargo de cajero principal y poco menos que encargado de aquel movi-miento industrial.7

6 nEIra CanCEla (1882).7 lópEz, Manuscrito.

Page 62: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

algúns autores indican que estes coñecementos se verían comple-mentados pola asistencia ás escolas nocturnas para traballadores promo-vidas polo partido demócrata, nas que aprendería francés e algunhasoutras nocións mercantís, así coma unha certa conciencia social, proba-blemente da man do seu paisano manuel becerra.

Con esta bagaxe e seis mil reais que aforrou neste o seu primeiro tra-ballo no eido do chocolate, o mozo matías decide independizarse no ano1850. así abre unha tenda deste produto e de sedas na céntrica rúa de Jaco-metrezo, moi preto de onde vivía a que logo ía ser a súa esposa. dous anosdespois, en 1852, cunha certa experiencia no negocio e cunha pequenaformación para a súa xestión, decide converterse en fabricante. Colle untraspaso na rúa tudescos, grazas a un crédito, dun muíño artesán dos quese usaban daquela para a fabricación do chocolate e despraza dous traba-lladores a galicia para montar outros dous en lugo e na Coruña.8

a entrada de matías lópez na fabricación de chocolate prodúcesenun momento de fonda transformación do sector, circunstancia que el

76Empresarios de Galicia

8 bugallal (2008).

Obxectos de proganda comercial da marca Matías López. Destacamos a cunca de porcelana Pickman (ca. 1880) co logotipo empresarial (cortesía de Santiago Alcalde)

Page 63: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

77Matías López y López

sen dúbida foi un dos primeiros en percibir en España, e iso foi proba-blemente un dos factores clave que lle achaiaron o camiño do éxito em-presarial. ata o segundo terzo do século xIx o principal consumo do cho-colate era en forma de bebida, e a súa elaboración manual, agás a fase damoenda do gran para a que existían muíños de diversos tipos. as unida -des de produción eran, xa que logo, pequenos obradoiros artesáns ou em-presas de moi pequena dimensión.

os tres avances que durante a devandita xeira transformaron o sectore deron lugar ás primeiras empresas modernas e de certo tamaño no sectorforon a substitución das moas polos cilindros para amasar e refinar,9 a in-trodución da máquina de vapor en varios dos procesos, nomeadamentena moenda, e unha importante innovación que se introduce no produtoelaborado. Esta última consistiu na utilización de nova maquinaria,destinada a extraer do cacao a súa materia graxa, un avance que permitíanon só obter un chocolate máis puro, que se podía ademais presentar enforma sólida e debidamente enriquecido coa propia manteiga de cacao,

9 nadal e taFunEll (1992).

Carta postal co anuncio dosChocolates Matías López

Page 64: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

senón tamén diversificar a produción dos establecementos que introducíana nova tecnoloxía, que podían pasar a comercializar tanto o chocolate só -lido coma a propia manteiga e o chocolate en po.10 a máis coñecida dasmáquinas destinadas a este uso foi a que comercializou o holandés vanHouten,11 que tivo unha gran difusión en Europa na altura na que matíaslópez se converteu en fabricante de seu. o conxunto destas innovaciónspermitían a introdución de economías de escala na fabricación do docee estiveron na orixe do desenvolvemento das primeiras empresas choco -lateiras de certo tamaño, como sería o caso da do sarriao.

Coñecedor probablemente da existencia dos avances indicados, via-xou matías a Francia no ano 1858 e visitou algunhas das fábricas queintroduciran aqueles. El mesmo os describe nas súas notas manuscritascomo a que segue:

sobre el año 1858 fui a hacer un viaje a Francia con mis colegas d.marcelo Fernández y d. domingo algueró. vimos fábricas y nos encan-taba el vapor como motor de aquellos aparatos y cilindros para nosotrosdesconocidos en su manejo y práctica. nos decidimos a comprar cadauno un mezclador de cilindro y una máquina de extraer [ilexible]. lasrecibimos, y yo, en cuanto estuvieron en mi poder, las monté y puse enmovimiento por medio de caballerías; destruí el antiguo sistema paraverme obligado a adoptar el nuevo [...].12

Como resultado da introdución da nova maquinaria, o pequenoobradoiro de matías lópez conseguiu acadar unha produción de máis decincocentas libras diarias13 e o seu propietario comezou a pensar nanecesidade de contar con locais máis amplos que permitisen novasampliacións da produción. no ano 1862 —ao pouco tempo de regresar

78Empresarios de Galicia

10 FItzgErald (1995); ClarEnCE-smItH (2000).11 desde o procedemento que ideara o químico holandés van HoutEn (1828), vaise

producir unha inflexión importante na fabricación do chocolate. o seu invento consistíanunha prensa hidráulica separadora que permitía a extracción da manteiga de cacao (mate-ria graxa) por un lado e o po por outro, o que facía posible producir o chocolate máis homo-xéneo e con menos custo.

12 dunha interpretación contextual, a palabra ilexible ten que se referir á manteiga docacao, que era precisamente nese momento a única que extraía algo. lópEz, Manuscrito.

13 Cando fala de libras, matías refírese á medida de peso con ese nome, que equivaleaproximadamente a medio quilogramo. de orixe romana, a libra subdividíase en onzas.

Page 65: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

79Matías López y López

dunha segunda volta ao estranxeiro— matías lópez mercou unha casade tres plantas con soto na madrileña rúa da palma alta, onde montaunha fábrica nova con maquinaria importada. Entre outras novidades,introduciu elementos para dulcificar o padal que deixaba o amargo cho-colate tradicional, a base de empregar aromas, canela, mel e cacaos mes-turados. a mecanización que paseniñamente vai introducindo xera unabaratamento dos custos, que lle permite ir poñendo o seu produto a dis-posición das clases populares. tamén conseguiu incrementar a capaci-dade de conservación, o que fixo que puidese competir cos chocolatesmáis tradicionais. En menos dun ano aumentou a venda dos seus choco-lates a máis de mil libras diarias. desta volta, matías incorporara xa ovapor á súa nacente industria:

En 1862, y fatigado por el casero de la calle tudescos con subidas dealquiler, resolví tomar casa propia, y compré la del número 31,1 de lacalle de la palma, casa vieja y pequeña. Hice en ella reformas, levantán-dola un piso, que casi la hice nueva, que me costó unos 9.000 reales.Entonces todo mi capital era unos 14.000 duros. antes de terminarlapensé en poner vapor, y me fui a parís. visite fábricas, y yo mismo ajustéuna locomóvil de la fuerza de unos cuatro caballos; la monté con los apa-ratos que tenia y empecé a trabajar.14

aos dous anos, debido á boa saída do produto, tivo de novo queampliar o negocio. mercou unha casa contigua, unha nova máquina dequince cabalos e novos aparellos de moer. E, finalmente, en 1866 estable-ceu nun terreo edificable de vinte mil pés cadrados —que equivale a milcincocentos metros cadrados— na mesma rúa da palma —no númerooito, onde estivera instalada a Cerería do real palacio—, a carón da súavella instalación, a que sería a súa primeira gran fábrica propiamente dita.tería esta tres plantas e a súa propia vivenda anexa, así coma vivendas exte-riores de dúas pezas para os traballadores, con servizos comúns, en réximede alugamento, despachos e oficinas e unha capela, e un almacén parafroitos e coloniais. a obra, baixo o proxecto do arquitecto Joaquín maríavega, tivo un custo total de medio millón de pesetas da época.

14 lópEz, Manuscrito.

Page 66: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

15 sánCHEz mECo (1996: 19-20).

En 1866 a súa industria chocolateira fabricaba máis de catro millibras diarias, con continuas quendas fabrís de día e noite. a diversifica-ción tamén foi un dos elementos cos que xogou o sarriao, pois, ademaisdo chocolate, da súa factoría saía café natural e torrefacto enlatado enbote, té, sopa, doces variados, caramelos, tapioca, napolitanas, bombóns,larpeiradas en xeral… mesmo comercializaba porcelana oriental deimportación, con venda directa.

En definitiva, introduce unha mellora dos ingredientes de elabora-ción, pon o produto ao alcance de todas as economías, mecaniza os pro-cesos produtivos, renova rapidamente o capital investido e diversifica—comeza o negocio inmobiliario—, dulcifica as condicións de traballodos seus operarios en canto a hixiene e seguridade, e inicia unha frené-tica compra de bens inmobles dos que vai dispoñer, en primeira instan-cia, para infraestrutura adicional do seu emporio chocolateiro e paravivendas dos traballadores, propiedades coas que logo vai encetar mano-bras especulativas moi salientables. son estes os principais elementos nosque vai sustentar a súa estratexia empresarial en adiante.

Contra 1870 as cifras de produción elevábanse a dez mil libras dia-rias. as súas novas instalacións fabrís da rúa da palma recoñecíanse entodo madrid pola emblemática torre cheminea de setenta metros, na súaterceira localización en tan só quince anos. neste curto espazo de tempomultiplicara por catro a produción de chocolate.

De Madrid a El Escorial: a maior fábrica de chocolate de España

mais nun momento no que o consumo de chocolate estaba a aumen-tar, por mor do crecemento da poboación urbana e dos niveis de renda,a fábrica da rúa da palma axiña se lle quedou pequena. o sarriao recorreuao seu amigo o banqueiro Francisco Casalduero como intermediario naprocura dunha nova localización para unha nova e maior factoría choco-lateira. Casalduero ofreceulle os locais dunha fábrica de refinado de azu-cre, de tres naves, situada en El Escorial, que levaba mais dunha déca -da —desde a súa fundación— atravesando problemas económicos (laalianza Industrial), unha oferta que matías aceptou decontado.15

Empresarios de Galicia 80

Page 67: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 68: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 82

o terreo edificable onde estaba situada a fábrica tiña unha superficiede pouco máis dunha hectárea, aínda que logo anexionaría outros terreoscircundantes. Estaba situada a poucos metros da estación de ferrocarril.Esta obra —que culminou á metade dos anos setenta— tivo un investi-mento de máis dun millón de pesetas da época; nela figuraba un importede dous millóns de francos en maquinaria importada (refinadoras, mes-turadoras, torradoras, trituradoras, separadoras, cintas transportadoras,caldeiras…). asemade introduce unha plataforma de carga e descarga,con peiraos, para que entren os vagóns do ferrocarril na nave central dafábrica. nestas novas instalacións completaría o ciclo produtivo con obra-doiros metalúrxicos e de vidro para os envases e empaquetadoras, coainnovación tecnolóxica máis moderna do momento.

a adaptación e as reformas duraron un ano e en 1876 xa estaba fun-cionando no seu novo uso. En pouco tempo acadou unha produción dedezaoito mil libras diarias, cunha facturación dun millón e medio de pe -setas anuais. para poñela en funcionamento trouxo a técnicos británicos,como o mestre chocolateiro Charles bavit (londres), logo de traballar enFrancia, ao enxeñeiro James allford (sheffield) e a man de obra especia-lizada doutros territorios de España. tamén enviou o seu fillo matías a formarse nos mellores centros chocolateiros europeos. Este dirixiría afábrica ata a súa prematura morte acontecida nunha explosión de gas quetivo lugar no complexo escurialense en xaneiro de 1891, cando contabacon vinte e oito anos. o noso biografiado falecería poucos meses despois.na década dos oitenta, a fábrica escurialense acadou unha producióndiaria de máis de sete mil quilos de chocolate. só en madrid abastecía amáis de mil establecementos. En canto ás materias primas, o cacao eraimportado de Cuba, venezuela e Filipinas; a canela chegaba tamén destaúltima e o azucre viña da illa de granada. Entre os principais lugares deexportación figuraban as colonias españolas en américa, Italia, Francia,austria, portugal e Filipinas.

matías lópez concibiu a nova fábrica de acordo coas preocupaciónssociais adquiridas na súa mocidade e coas tendencias máis avanzadas daépoca. deste xeito, fixo que aquela contase con vivendas («aireadas y conventanas») e economatos para os traballadores, en réxime de cooperativa,rodeado de xardíns, iniciativa pouco usual naquel tempo onde o urba-

Page 69: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

16 Converteu en xardíns a antiga Fonte da auga, construída no seu tempo por Filipe II(sánCHEz mECo, 1996: 4). Estes rodeaban a fábrica e dábanlle unha unidade construtiva:barrio obreiro, fábrica e casa do empresario. moi semellante ao modelo endoxenista deHoward. En canto á sociedade cooperativa que puxera en marcha na fábrica de El Escorial,o contido da súa escritura de fundación pode verse na Gaceta de Madrid, núm. 91, do 1 deabril de 1886, páxs. 10 e 11 —fora escriturada perante notario un ano antes—.

Matías López y López 83

nismo moderno tipo cidade xardín escaseaba en España,16 construíuescolas de nenos e nenas con biblioteca, tafona, un café casino e un postoda garda Civil. a escola —financiada polo propietario— contaba conximnasio e biblioteca, e estaba dotada con material didáctico avanzado.dentro da dimensión de preocupación polo social, promoveu plans depensións e un sistema de cobertura sanitaria e farmacéutica para os seusoperarios, ao mesmo tempo que lles aseguraba a metade do soldo no casode baixa; mentres a outra parte era cuberta por unha sociedade de soco-rros mutuos xestionada polos traballadores. o empresario galego sempretratou de que os beneficios indirectos tivesen un papel perceptivo impor-tante. deste xeito, mesmo chegou a habilitar un órgano mixto para reco-ller as reivindicacións obreiras.

destacamos os rótulos que presidían a gran sala de máquinas dafábrica, con lemas poéticos referidos á educación, ao estudo e ao domi-nio da vontade, e os dous mercurios en bronce asentados neste lugar, queadornan un quiosco. a educación como elemento fundamental de pro-greso social foi unha das teimas do sarriao ao longo de toda a súa vida, omesmo que a hixiene e as condicións de salubridade dos seus operarios,nunha liña de capitalismo doce non exento de certas doses de paterna-lismo social.

Entre postos directos e indirectos, nos que se inclúen os representan-tes comerciais, as industrias de matías lópez chegaron a contar con máisde tres mil traballadores e traballadoras, segundo as cifras que citan os xor-nais da época. tan só na fábrica de El Escorial eran cincocentos traballa-dores e traballadoras. unha vez postas en marcha estas novas instalacións,matías lópez conservaba a anterior sede da rúa da palma para os labo -res administrativos, ao mesmo tempo que mercara un edificio para alma-cén na céntrica rúa de montera, onde tamén tiña tenda, a carón da portado sol.

Page 70: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

84Empresarios de Galicia

daquela, matías lópez era o maior fabricante de choco-late de España, a certa distancia dos que eran desde tempoatrás os seus competidores en madrid, os irmáns mèric, ban-queiros de procedencia francesa, que tamén trasladaran a súafábrica primitiva de madrid cara á redonda da capital, nolugar de pinto, e que tiñan como marca la Colonial.

Matías López, pioneiro da mercadotecnia en España. A publicidade e a asistencia ás exposicións universais

no descansaba en hacer innovaciones, en buscar mediosde llamar la atención ya en la forma de presentar los objetosya en el género.17

no aspecto comercial, foi un dos primeiros en utilizar apropaganda gráfica de deseño co fin de darse a coñecer paraxerar demanda do seu produto. os carteis sobre cartón co lemaAntes de tomar chocolate Matías López... después, y los que lotoman dos veces al día, mostrando imaxes de como, logo da in-xestión do anunciado alimento, a esvelteza e a robustez pre-dominaban nas figuras, pulularon por toda a península, cunhaampla gama cromática, con debuxos satíricos moi rechamantese cunha linguaxe sinxela e orixinal. aproveitou a sensibilidadeestética da época, na que nos seus canons predominaba a gor-dura como símbolo de saúde e fermosura. os populares «gordose fracos» do seu emblemático e artístico affiche encheron astendas de toda a xeografía española e decoraron tamén moitasparedes de fogares. mesmo chegou a facer variacións transpa-rentes para pegar en vitrinas de comercios e tranvías. matíaslópez foi quen de gañar a batalla da comunicación no mercado,dirixida aos vendedores e aos consumidores, nos que espertouunha especial atracción sobre os seus produtos, mediante atransmisión oral e escrita (gráfica).

17 lópEz, Manuscrito.

O famoso cartel dos gordos e osfracos (ca. 1875), da autoría de

Ortego y Vereda

Page 71: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

85Matías López y López

Page 72: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

aínda ata non hai moito tempo se escoitaba que matías lópez, oualgún enviado, chegaba a unha vila ou cidade e o primeiro que facía eradar lles unha propina aos rapaces para que fosen polas tendas para pedirChocolates matías lópez. logo pasaría el ou os seus viaxantes polos co-mercios antes pisados polos nenos para, de xeito desenfadado, encher acarteira de pedidos daquel chocolate tan demandado pola infancia dolugar. tamén, froito da transmisión oral de xeracións, se dicía que eratan austero que durmía debaixo do mostrador da súa tenda, nos seus inicioscomo empresario, co fin de fortalecer vagamente a súa aureola de aforroe laboriosidade. mitificación aplicable a boa parte dos emprendedores detempos pasados con escaseza de pegadas, como é o caso.

outro dos importantes labores de difusión que levou a cabo foi apublicación periódica dunha revista que levaba por título La Industria,con contido propagandístico comercial, que era difundida gratuitamentee cada quince días desde 1879 entre os seus clientes, tendeiros e distri-buidores. de cando en vez, tamén editaba opúsculos sobre as materiasque comercializaba, como Sucinta reseña y observaciones acerca del cho-colate y su fabricación (1864, e tres edicións máis), El chocolate. Su ori-gen, su fabricación y su utilidad (1875) e Breve narración y apuntes acercade la utilidad y preparación del café (1870).18 velaí, xa que logo, comomatías lópez daba moita importancia á propaganda como elementocomplementario, base para abrir mercado. Foi un dos seus principaisreclamos modernos para introducir os seus produtos nas novas capas deconsumo, dando mostras de coñecer os principais rudimentos do quemáis adiante se denominaría mercadotecnia. dado o alto índice de anal-fabetismo, máis do setenta por cento en 1875, e con ánimo de chegar eatraer a todo posible comprador e consumidor, utilizaba edicións congran profusión de debuxos que substituían a escritura, tanto nas publica-cións e nos carteis publicitarios coma nas cubertas que cubrían as envol-turas dos produtos. Este elemento diferenciador singularizaba o produtoe atraía o cliente, á vez que evitaba falsificacións.19

86Empresarios de Galicia

18 En 1871 fixo unha doazón de cen exemplares das súas publicacións ás bibliotecaspopulares, segundo consta na Gazeta de Madrid.

19 En 1874 rexistrou a marca con certificado de propiedade. levaba un debuxo dunmercurio rodeado cunha elipse.

Page 73: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

desde 1875, o seu principal colaborador no deseño foi o pintor, de-buxante satírico e gran caricaturista Francisco ortego y vereda (madrid,1833-parís, 1881). Foi o autor do cartel dos «gordos e os fracos», a quen,probablemente, coñecera no obradoiro de litografía de n. gonzález, ondeacudían moitos debuxantes.20 o citado cartel —segundo algúns especialis -tas na historia do deseño gráfico— é o primeiro panel publicitario edita -do en España.21 matías lópez foi un dos primeiros empresarios españoisque utilizaron a publicidade externa mediante o cartel, entre outras for -mas. tamén empregou diferentes elementos gráficos complementariosque viñan nos seus produtos, como os calendarios, os recortables e os ál -bums de cromos con contidos culturais (estampas da natureza, de historiaou de El Quijote). ao mesmo tempo, e dando mostras de certo filantropismoinstrutivo, á parte de regalarlles lapis aos nenos cun rótulo propagandístico,nos seus folletos utilizaba frases indutivas á lectura, como base do coñe-cemento: «siempre hay que estudiar porque nunca se sabe lo bastante».22

nas súas instalacións de El Escorial chegou a ter obradoiros propios deimpresión policromada e litografado, tanto para producir propaganda co-mercial coma para o envasado dos produtos.

observamos que a diversificación tamén entrara na súa estratexiacomercial, como xa dixemos, pois entre outros produtos, introducira ele-mentos de consumo de moda como o tan desexado café, que a pasos axi-gantados ía penetrando, de xeito extensivo, na sociedade española doúltimo terzo do século xIx. Entre outros elementos propagandísticos parapropiciar o consumo, matías lópez encargoulle á coñecida fábrica deporcelanas pickman o deseño dunha cunca de café e outra de chocolateco seu logotipo empresarial, que repartían os seus representantes entre aclientela fina; neste terreo, tamén fixo unhas figuras en porcelana querepresentaban «os gordos e os fracos», que se situaban nos estantes dosestablecementos comerciais. Contra a década dos oitenta contaba cunharede de dous mil distribuidores correspondentes por toda a xeografíapeninsular e moitas sucursais asentadas nas principais dozarías das cida-

87Matías López y López

20 rubIo (1994: 65-91).21 bozal (1979: 101-105).22 En El chocolate. Su origen, su fabricación y su utilidad (1875).

Page 74: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

des. tamén foi quen de montar a competencia en prazas tradicional-mente chocolateiras, como astorga e Cádiz, con sucursais propias,23 edous grandes depósitos de distribución en sevilla e barcelona.

matías decatouse axiña da importancia que tiñan as exposicións uni-versais, tanto como escaparate dos avances tecnolóxicos coma na súa ver-tente publicista, pois naquela altura as medallas conseguidas naquelaseran unha importante arma publicitaria empregada polas empresas queas recibían.24 Comezou por asistir á Exposición de londres de 1862 e pa -sou a partir dese momento a asistir continuadamente á maioría das grandesexposicións nacionais e internacionais: baiona (1864), bordeaux (1864),porto (1865). na Exposición universal de parís de 1867 acadaría a medallade prata. a súa industria tamén foi premiada pola academia nacional degran bretaña. a partir destas distincións o triunfo dos Chocolates matías

88Empresarios de Galicia

23 En astorga contra 1900 había case medio cento de fábricas, boa parte delas de fun-cionamento manual.

24 «En el propio año del 62 había obtenido en londres un premio medalla, y fue tal elánimo y valor que me inspiró que empecé a anunciar en grande. pronto vi asegurada unaventa de 500 libras diarias. me entabló pleito la Compañía Colonial por el bombo que yodaba a mi premio, llamándola medalla de Honor (los industriales de la competencia nega-ban que hubiese obtenido dicha medalla); lo sostuve en los tribunales y en la prensa y,antes del año, mi venta era de 1.500 libras diarias. tuve que traer más aparatos, y al pocotiempo otra máquina horizontal, de 15 Cv, con otra caldera, que situé en la casa nº 32,2,que asimismo compré». lópEz, Manuscrito.

Page 75: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

lópez nas exposicións internacionais foi imparable. así conseguiu meda -llas de ouro nas de nápoles en 1871, londres en 1873, parís en 1878, naque lle é concedida a medalla de Cabaleiro da lexión de Honra. dentrodas españolas cómpre salientar o seu éxito na Exposición universal debarcelona de 1888, onde acadou catro medallas de ouro. ao longo da súatraxectoria empresarial tivo un total de vinte e dúas distincións.

o seu coñecemento do tema e os seus dotes emprendedores e orga-nizativos levárono a presidir o Comité Español da Exposición universalde parís de 1889, co seu fillo matías que actuaba de secretario, de notableéxito para os expositores españois,25 onde traballaron máis de sete meses.Isto contrastaba co desinterese e co escaso compromiso da oficialidadeespañola naquel evento. daquela coñeceu a gustave Eiffel, do que reci-biu parabéns pola súa intervención xestora, con quen logo trabou ami-zade, e o seu paisano, o músico pascual veiga, quen acudira a aquelimportante evento que tan ben describira Emilia pardo bazán:

no se distingue España por su exhibición industrial. Caldos, aceites,chocolates, pasas, naranjas, almendras, tabacos…; en eso si nos llevamosla palma.26

do seu labor á fronte deste comité recolléronse importantes froitos:a creación dunha sociedade, a unión Hispano-americana, para fomentaro mercado dos productos españois en latinoamérica, e viceversa.

Matías López propietario: a política e o asociacionismo como medio de intervención

Empecé a pensar surtir y expender a tiendas, y pensé hacerme repar-tidor del gremio, y después síndico, todo con el fin de darme a conocer yhacer relaciones [...].27

matías lópez tamén fixo o seu paso pola política, sen demasiadaambición pero si con ánimo de mellorar os seus intereses comerciais e

89Matías López y López

25 valEro (1900), p. 16.26 pardo bazán (1889: 140).27 Ibídem.

Page 76: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

favorecer a revalorización das súas propiedades. Escolleu un dos momen-tos máis dinámicos en canto a cambios: o sexenio revolucionario. repre-sentou o seu distrito natal, sarria, como deputado na lexislatura de1872-73. militara no republicanismo a carón do seu paisano e amigomanuel becerra. antes, ambos, fixérano no partido demócrata. despoisestivo cos radicais de ruíz zorrilla, con quen acadou acta no Congreso.logo do «convulso período» —tras unha desaparición momentánea dapolítica—, xa na restauración, e despois dun proceso de reconversiónrápido cara ao alfonsinismo, foi elixido deputado da cámara baixa, denovo (1876-79), tamén por sarria, esta vez nas ringleiras de Cánovas, parao que tería que renunciar do cargo electo que tiña de deputado provin-cial por madrid. ao mesmo tempo, en 1877 presentouse como senador eacadou acta pola circunscrición de lugo, á que renunciou para seguircomo deputado.

no seu paso polo Congreso dos deputados formou parte dalgunhascomisións e presentou unha proposición de lei para fixar regras contribu-tivas proporcionais para o sostemento das cargas do Estado.28 tamén pro-nunciou algunha intervención de tipo económico e fiscal para defendero seu gremio. de xeito progresivo, convertérase nun liberal morno quedefendía a «liberdade con orde». Católico practicante, de fortes convic-cións, tiña un oratorio na súa casa. partidario do sufraxio censatario, nonapoiou o sufraxio universal, ao pensar que este podería conducir á anar-quía.29 tamén defendía a privatización dos bens públicos e a libre com-petencia de mercado; en definitiva, un liberal.

En 1883 matías foi nomeado senador vitalicio do reino por afonsoxII. Entendemos que esta regalía respondeu aos servizos prestados ácoroa —anunciábase como provedor da Casa real—, e á corresponden-cia de profesar un situacionismo de readaptación monárquica, unido ágrande fortuna que tiña e en virtude da súa participación fiscal, pois eraun dos maiores contribuíntes ao Estado. Chegou a pagarlles ás arcas doEstado máis dun millón de pesetas ao ano, contra 1890. no senado coin-cidiu co que logo ía ser o seu consogro, José oñate ruíz (marqués de

90Empresarios de Galicia

28 Diario de Sesiones do 24/05/1877.29 barrEIro (2001, vol.1: 364).

Page 77: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ugena). daquela, no senado, defendeu a abolición dos foros vascos e asupresión do proteccionismo económico co fin de liberalizar as exporta-cións de xéneros básicos para favorecer a súa produción. o chocolateirogalego tamén pertenceu ao Consello Consultivo de aranceis.

o movemento asociativo comercial como medio de presión colectivacollera pulo logo da instalación do Estado liberal. a súa expansión comezana década dos sesenta, grazas á lei de ampliación do dereito de asociación(1868), cando madrid xa estaba consolidada como capital financeira doEstado.30 os cinco gremios e o Código de comercio xa quedaban moiatrás. axiña se foron constituíndo diferentes asociacións de comerciantese de industriais (produtores), nun primeiro momento nun plano de con-frontación por indefinición profesional destes sectores. matías lópez, quepertencía aos dous ramos, meteuse de cheo no societarismo mercantil,con ánimo integrador. presidiu varias sociedades económicas en madride participou na creación da Cámara de Comercio e Industria (1887) eda súa entidade precursora, o Círculo da unión mercantil Industrial dacapital (1856), das que foi vicepresidente. desde estas corporacións de-fendeu a rebaixa dos aranceis aduaneiros para a materia prima que lledeu sona e poderío económico, o cacao. daquela, a estratexia dos comer-ciantes era acceder aos postos políticos para, deste xeito, poder influír nasgrandes decisións que lles podían afectar aos seus intereses económicos.son varios os comerciantes e banqueiros que seguen as pautas marcadasdesde o asociacionismo empresarial madrileño do contorno do Círculoda unión mercantil —mesmo chegaban a presentar candidaturas políticasespecíficas de comerciantes e industriais (1887)—, como os urquijo eurrutia, ruíz de velasco, gonzález arroyo...31 mais matías —precursoren moitos terreos— xa tomara esa decisión desde tempo atrás, pola súaconta. Entrara no Concello de madrid como concelleiro e deputado pro-vincial (1868), e logo, como xa dixeramos, foi deputado e senador.

91Matías López y López

30 baHamondE e toro (1978: 22).31 baHamondE, martínEz e dEl rEy (1998: 100-101). Estes autores consideran que

matías lópez era un dos empresarios madrileños que formaba parte das escalas superioresmercantís. tamén lembran a súa intervención no senado para acelerar os trámites de cons-titución da Cámara de Comercio: «remover las dificultades», na sesión do 05/04/1887.

Page 78: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

92Empresarios de Galicia

mediados os anos oitenta, logo de trasladar a súa empresa a El Escoriale de poñer a un fillo ao seu mando, retomou os movementos especulativosurbanísticos cos moitos soares e casas da súa propiedade. Era este un mo-mento de auxe construtivo no centro de madrid, onde tiña a maior partedos seus predios. nesta actividade investiría boa parte dos excedentes pro-cedentes do seu emporio industrial, agora dun xeito máis específico.

Este labor veríase favorecido polo seu paso como concelleiro noConcello de madrid e deputado provincial, desde 1868. poucos anosdespois vanse iniciar os movementos expansivos máis importantes da cons-trución na capital, onde a burguesía adquire especial relevancia coa comprade bens inmobles e co alugamento de vivendas da súa propiedade, ondeo sarriao, coa información privilexiada de que dispoñía desde o seu pos -to de concelleiro, se fixo cun espazo significativo na compravenda de pro-piedades urbanas e na promoción urbanística. Chegou a presidir a

Vista exterior da fábrica de chocolates de Matías López sitúada no Escorial

Page 79: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

asociación de propietarios de leiras urbanas de madrid e a súa zona deEnsanche (1869). a actividade desta asociación estaba encamiñada á re-valorización das leiras mediante a presión ao Concello de madrid paraque mellorase as infraestruturas do solo e á rebaixa das cargas fiscais. Enpalabras de bahamonde e toro, «la fuerza que como grupo de presióntenia ante las instancias municipales le venia dada al estar representadaen el ayuntamiento a través de varios socios concejales.»32 axio, espe -culación e negocio conformaban as accións dos propietarios que acumu -laran aceleradamente.

daquela, matías lópez comeza a derrubar vellas casas que mercarapara dar paso a novas edificacións de catro plantas con vivendas, co fin

93Matías López y López

32 baHamondE e toro (1978: p. 69).

Vista interior da fábrica,visitada por SS. MM.

(debuxo de D. G. Meléndez)

Page 80: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

de ser alugadas.33 no seu expediente do senado consta que tiña oito casase «varios solares», cifras que, posiblemente, quedasen curtas coa propiedadereal que posuía, á vista da documentación que se coñece. os principaispuntos de compra situábanse nos arredores da súa fábrica de san bernardo(rúa da palma), na zona de atocha e no barrio de salamanca, que formabaparte do novo ensanche de madrid, onde o seu fillo fixo construír unchalé nunha leira de máis de media hectárea que mercara o seu pai.34

o documento coa descrición dos seus bens ocupa seiscentos folios.35

logo, formou parte da xunta de asociados do Concello de El Escorial,onde desenvolveu o cargo de depositario. nos arredores deste concello,segundo sánchez meco, mercou máis de mil pequenas propiedades agrí-colas e gandeiras de maneira que se converteu no principal latifundista da veciña provincia de segovia.36 tamén foi prestamista, actividade quelevou a cabo con empresarios. Concretamente, cónstanos que algúns viti-vinicultores valdeorreses recibiron préstamos de matías lópez cando a filo-xera arrasou os viñedos galegos, contra 1880. Con sona de honesto e traba-llador, neira Cancela, que cita ao seu biógrafo martínez ginesta, comentaque rexeitou a gran Cruz de Isabel a Católica, coa súa Encomenda, ofre-cida por un ministro ao ter que pagar pola prezada distinción.

94Empresarios de Galicia

33 segundo as táboas que amosan baHamondE e toro (1978), o máximo momentode expedición de licenzas para reformar e construír vivendas en madrid dáse entre 1872 e1882.

34 unha completa descrición das transformacións urbanísticas na época en ruíz palo-mEQuE, paloma (1989: 92 e ss.). o anteproxecto de Ensanche de madrid aprobárase en1860. a crise económica de 1866 e o retraemento dos investidores no sexenio foron superadosaxiña polo contexto favorable de seguridade para investidores e propietarios que deu oprimeiro período da restauración. Isto favoreceu as expectativas inmobiliarias e, consecuen-temente, o movemento construtivo de inmobles na zona vella de madrid. a consecuenciado forte incremento de poboación, nun contexto sociopolítico favorable, a demanda devivenda en madrid comezou a medrar un 50% a partir de 1877. o auxe construtivo foi pordiante do ritmo de crecemento poboacional desde os últimos anos da década dos setenta. aconfianza no réxime canovista foi fundamental para reactivar os proxectos urbanísticos.

35 rodríguEz rodríguEz (2001: 155).36 sánCHEz mECo (1996:. 22).

Page 81: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

As pegadas materiais e inmateriais en Sarria

Casara en 1853 con andrea de andrés y sánchez cando esta contabacon dezaoito anos. Con ela tivo tres fillas que superaron a morte do seupai: rosa, Carmen e asunción; aínda que tivo algúns fillos e fillas máisque morreron novos. seu fillo matías, o primoxénito, morreu de acci-dente, como xa dixemos, e pablo, que era enxeñeiro industrial, morreuen 1890 de enfermidade. En tan só un ano a saga dos lópez quedou sendescendencia masculina. tamén tivo algún fillo fóra do matrimonio,práctica heterodoxa para os católicos, pero non por iso inhabitual entreos podentes ou poderosos; os seus tataranetos extra matrimoniais, devarias pólas, viven en galicia.

matías lópez, por medio do casamento dunha das súas fillas co mar-qués de ugena emparentou coa aristocracia española. á súa dona andreaconcedéuselle o título de marquesa de Casa-lópez, logo do pasamentodo industrial, a finais do século pasado (1896), título de orixe pontificiaoutorgado pola santa sé, concretamente por león xIII, en gratitude polaobra caritativa do seu marido. a súa filla asunción foi quen herdou estadistinción.

En sarria aínda se pode ver a súa residencia de verán de estilo afran-cesado, de nome villa-andrea, en homenaxe á súa esposa. os seus xar-díns, hoxe de titularidade municipal, están convertidos en praza públicacon parque. desde que se consolidara como industrial na capital madri-leña viña pasar todos os veráns a sarria. tamén na vila luguesa, a descen-dencia de matías lópez, continuando o exercicio filantrópico deste, logode morrer, e con cargo á súa testamentaría, construíron un complexoescolar de importancia, con proxecto de luis bellido (1896), senlleiro naépoca, que hoxe é Casa da Cultura da vila; un hospital para pobres, o danosa señora do Carme, e un asilo. En varias ocasións o vello matíastamén doou cartos para obras públicas e relixiosas.37

na súa memoria púxoselle o seu nome a unha das principais rúas desarria (1888), e outra ao seu neto matías oñate lópez (1958), familiar-

95Matías López y López

37 para as escolas citadas, matías lópez deixara unha manda de cento dez mil pesetasno seu testamento. tamén financiou as vidreiras frontais da nova igrexa de santa mariña,coas imaxes de san matías e santo andré.

Page 82: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 96

mente chamado Matiítas, quen está soterrado no cemiterio da vila ondenacera. ambos foron nomeados fillos predilectos de sarria, o mesmo ca asúa esposa e nai, respectivamente, quen tamén posúe unha rúa na que seindica o seu título nobiliario. no salón de plenos do Concello de sarriaestá colocado un retrato de matías oñate lópez, que forma parte da gale-ría de Fillos Ilustres. tamén queremos destacar que é moi habitual onome de matías pola comarca sarriá. Isto é o que queda do notable empre-sario na súa vila natal. tamén queda a súa pegada na Cámara de Comer-cio de madrid, onde un retrato seu forma parte dunha galería de no tablesque promoveran aquela institución. o pazo que alberga esta entidade,situado na rúa Hortas, fora propiedade do marqués de ugena, xenro dematías lópez.

o noso biografiado morreu en madrid en 1891, vítima dunha doenzaestomacal —estenose duodenal—, que padecía desde había tempo. oseu multitudinario enterro —que foi amplamente recollido pola prensa,nomeadamente a republicana— estaba encabezado polos seus traballa-dores e polas súas traballadoras con crespón negro, a carón da súa familiae do seu íntimo amigo o ex-ministro manuel becerra, lucense coma el.un total de trescentos dezaseis coches formaron a comitiva fúnebre,segundo os xornais.

Finados previamente os seus fillos homes, sería o seu xenro —o mar-qués de torrelaguna, casado coa súa filla Carmen— quen pasaría a pre-sidir durante moito tempo o consello de administración da empresa, baixoa razón social de sociedad anónima de la viuda e Hijos de matías lópez.sucederíao o seu sobriño, e neto de matías lópez, matías oñate ló -pez (sarria, 1895-1971), ata o peche definitivo da fábrica.

Page 83: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

nadal, J., e x. taFunEll (1992): SantMartí de Provençals, pulmó industrial de Barcelona (1847-1992), barcelona,Columna.

nEIra CanCEla, J. (1882): «don matíaslópez», La Ilustración Cantábrica, 28de xullo de 1882, tomo Iv, núm. 21,madrid.

pardo bazán, E. (1889): «Cartas sobre laexposición», La España Moderna, xu-llo-outubro, madrid.

rodríguEz rodríguEz, l. (2001): MatíasLópez y López. Espejo de empresarios, aCoruña, la voz de galicia.

rubIo, J. (1994): «En torno a la autoría y laprimera difusión de: los borbones enpelota», El Gnomo 3, Boletín de Estu-dios Becquerianos, zaragoza.

sánCHEz mECo, g. (1996): Cuando El Es-corial olía a chocolate, madrid, ayun -tamiento de El Escorial e Cámara deCo mercio de madrid.

valEro dE tornos, J. (1900): España enParís en la Exposición Universal de 1900,madrid, mariano núñez samper.

Matías López y López 97

Bibliografía

baHamondE magro, á., e J. toro mérIda

(1978): Burguesía, especulación y cues-tión social en el Madrid del siglo XIX,madrid, siglo xxI.

baHamondE magro, á., J. martínEz mar-tín, e F. dEl rEy rEguIllo (1998): LaCámara de Comercio e Industria deMadrid 1887-1987. Historia de una ins-titución centenaria, madrid, Cámara deComercio e Industria de madrid.

barrEIro FErnándEz, x. r. (2001): Parla-mentarios de Galicia. Biografías de de-putados e senadores (1810-2001), san-tiago de Compostela, parlamento degalicia e real academia galega.

bozal, v. (1979): La Ilustración gráfica delsiglo XIX en España, madrid, Comuni-cación.

bugallal, I. (2008): «El rey del chocolate»,La Opinión, 11 de marzo, a Coruña.

ClarEnCE-smItH, W. g. (2000): Cocoa andChocolate, 1765-1914, londres, rou-tledge.

FItzgErald, r. (1995): Rowntree and theMarketing Revolution, 1862-1969, Cam-bridge, Cambridge u.p.

Page 84: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

RAMÓN SANTAMARINA1827-1904

Page 85: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ramón santamarina foi un inmigrante galego que arribou ao río daprata en 1840 sen máis capital ca os seus brazos. Isto non lle impediuchegar a posuír unha das fortunas máis importantes de arxentina a finaisdo século xIx. Esta fortuna estivo composta, na súa maior parte, por unpatrimonio territorial de 33 estancias, o que en superficie equivale a281.727 hectáreas das mellores terras de la pampa, distribuídas en dife-rentes partidos da provincia de bos aires, seis casas de comercio en di -ferentes partidos da mesma provincia, máis outros establecementos agro-pecuarios nas provincias de santiago del Estero e río negro; vinte e seisinmobles na cidade de tandil e outra trintena na cidade de bos aires;dez quintas (46 ha) e vinte e dúas chacras2 (532 ha) no eixido de tandil,ademais doutras quintas e chacras noutros eixidos bonaerenses; capital eoutros activos na firma comercial santamarina e Hijos, empresa familiarque fundou en 1890 e na que a súa esposa e os seus trece fillos tiveronactiva participación.

Andrea Reguerauniversidad nacional del Centro de la provincia de buenos aires (unCpba) e Consejo nacional de Investigaciones Científicas y técnicas (ConICEt), arxentina

UN GRANDE ESTANCIEIRO1GALEGO EN LA PAMPA

1 En américa unha estancia é a medida agraria equivalente a 780 ha.2 leira agrícola desa extensión.

Page 86: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

A chegada a Río da Prata

ramón santamarina chegou a río da prata en 1840 cando tiña 13anos de idade e engrosou así o grupo dos chamados inmigrantes temperáns.segundo os relatos consultados, a súa infancia en galicia estivo marcadapor un destino familiar tráxico. Cales foron esas dramáticas circunstanciasque converteron un infante de familia nobre e distinguida nun inmigranteorfo, solitario e economicamente vido a menos? da súa historia en terraespañola, pouco é o que se sabe agás que naceu un 25 de febreiro de 1827en ourense (España), baixo o nome de ramón Joaquín manuel Cesariosantamarina. Fillo do xentilhome de cámara e capitán xeral da garda deCorps do rei Fernando vII, cabaleiro da orde militar de san Fernando,José garcía santamarina y varela3 e de manuela valcárcel y pereyra,4con morgado en monforte de lemos e membros de dúas liñaxes orixi-narias de galicia. o matrimonio santamarina tiña ademais unha filla me-nor, dolores.5

a vida da familia santamarina transcorrería no anonimato se o seupai —segundo contan os relatos— non perdese boa parte da súa fortunae prestixio por causa da súa paixón polo xogo e dun renomeado romanceque mantivo, segundo daniel pérez (1990), coa irmá solteira da condesade priegue e —segundo marcos Estrada (1968)— cunha distinguidaseñora casada cun personaxe influente da corte. Isto motivaría, a instanciasda súa sogra, que lle fose aplicada una severa sanción disciplinaria: a co-minación a renunciar ás súas funcións militares no pazo, o cal o levou aun profundo estado depresivo que rematou coa súa vida.

E aquí novamente as versións contrapóñense. así, mentres pérez(1990) sinala que don José santamarina, acompañado polo seu fillo

100Empresarios de Galicia

3 Fillo de don Joaquín garcía santamarina, delegado das reales rentas de ourense,cabaleiro da real orden de san Hermenegildo, xuíz e xustiza da vila de vigo e da súa xuris-dición e de dona teresa varela rubio y saavedra, veciños da vila de padrón. Cfr. Estrada

(1968)4 Filla de don ramón maría valcárcel e dona maría luisa lópez pereyra, veciños da

vila de monforte de lemos. pola rama dos varcárcel, descendía da liña do condado do valde oselle e do marquesado de atalaya bermejo.

5 segundo información achegada por ramón santamarina nelson, os fillos foron tres:ramón, o maior, un segundo fillo home, Francisco Javier —co que se distancia e no man-tén ningunha relación— e dolores, coa que mantivo unha estreita vinculación.

Page 87: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ramón, de 8 anos, concorreu á Coruña, capital das provincias galegas esede da capitanía, ao chamado do capitán xeneral para recibir a súa repri-menda, Estrada (1968) indica que —cando estaba coa súa familia nestacapital galega— invita o seu fillo a dar un paseo ao faro da torre de Hér-cules, na punta Herminia; e alí rematou coa súa vida. a versión de Julioa. Costa (1929) especifica que, ao tratarse das vacacións de Ramoncito, oinvita a realizar unha excursión dacabalo e, ao desmontar, na explanadada torre, o capitán saca a súa pistola e pégase un tiro na sen, diante doseu fillo, non sen antes facerlle xurar, «por dios y la cruz de su espada»,que restauraría a fortuna da súa nai e coidaría do seu benestar e do da súairmá. a súa nai, manuela valcárcel, morre semanas máis tarde.

aquí comeza a historia dun orfo. os relatos amosan o pequeno ramóntraballando no porto da Coruña na carga e descarga da equipaxe dos pa-saxeiros. logo, os seus tíos valcárcel, intérnano nun orfanato para nenospobres en santiago de Compostela e a súa irmá dolores sería recollidapola súa avoa materna. despois de cinco anos de estudo nese internado,santamarina escapa do asilo axudado por un sacerdote, que concertaríacun amigo —capitán dun veleiro contrabandista que partía cara ao por-to de bos aires— o seu refuxio como grumete. o porqué do escape despoisde cinco anos, o porqué da axuda e protección dese sacerdote, o porquédo embarco nun veleiro cun destino tan afastado e incerto... son cuestiónsimposibles de desvelar ante a falta de comprobación directa e que lle da-rían a esta historia o carácter dunha real aventura.

sen cartas de recomendación, sen parentes nin amigos, sen previocoñecemento destas terras, «con tan solo una moneda de oro de cincoduros», segundo a simboloxía dos relatos, obsequio dese sacerdote ao par-tir, ramón santamarina desembarcou no porto de bos aires un día cal-quera de 1840.

segundo parece, o primeiro traballo que realizou ramón santama-rina en río da prata foi pasar bois con carretas dun lado ao outro do Ria-chuelo, para o cal se necesitaba duna gran fortaleza física. o seu fillo,antonio santamarina, describe en que consistiu esta dura proeza do seupai: «Cruzaba el Riachuelo a nado, con una soga atada a la muñeca, paraconducir a los bueyes que tiraban de las carretas encargadas de llevar pro-visiones a la capital. solía permanecer muchas horas en el agua sin dartregua a su trabajo».

101Ramón Santamarina

Page 88: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

nas súas horas libres, continúan os relatos, ensináballes como mestrede escola a ler e a escribir aos rapaces do barrio de barracas, onde se esta-bleceu inicialmente. pouco despois —non se sabe con certeza en quedata— empregouse nun Café-Hotel, o de las Cuatro naciones, situadono mercado viejo e, polo tanto, asiduamente frecuentado polos poboa-dores do sur da provincia de bos aires. aquí tamén se requiría dunhagran fortaleza física xa que as longas xornadas de traballo que esixía aatención dun comercio só lle deixaba poucas horas de descanso, polo cal,despois duns meses, o cansazo e a fatiga eran tales que lle foi imposibleproseguir con esta tarefa.

nas súas continuas viaxes á praza Constitución —punto de concen-tración das carretas que, provenientes do sur da provincia de bos aires,transportaban persoas e os chamados froitos do país, ao levar e traer aequipaxe dos pasaxeiros-hóspedes— o mozo santamarina entraría en

102Empresarios de Galicia

Carreta conservada na estancia Bella Vista (Tandil)

Page 89: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

contacto con algún carreteiro que o empregou como boieiro nunha tropade carretas e, deste xeito, chegaría a tandil en 1844.

non se sabe se foi ao chou ou unha decisión persoal o que motivouque santamarina se enganchase nesa tropa de carretas, rumbo ás serrasdo tandil e do volcán, e conseguira o seu primeiro traballo en terrasmontañesas como peón de campo na estancia san Ciriaco de ramóngómez. En 1844, tandil —fundada como forte de avanzada da fronteiraen 1823 por martín rodríguez— tiña 300 habitantes. a descrición quefixo Juan Fugl (1973: 35) —un inmigrante de orixe danés— á súa che-gada en 1848, fala de seu: «me habían dicho que el pueblo de tandiltenía unas pocas casas y que lo vería recién cuando estuviera en mediode la plaza. así fue, en realidad. Como el campo es ondulado, reciéncuando subí la última loma cercana al pueblo lo vi al pie de una sierra.Entre el escaso caserío resultaba tan preponderante el fuerte que el pue-blo parecía más una estancia que un pueblo».

nestas terras de fronteira, todo estaba por facerse. nelas vemos taménun proceso de expansión económica con ocupación, apropiación e incor-poración destas novas terras ao proceso produtivo e comercial, mobili-dade social con continuos desprazamentos e asentamento de poboacióne organización política que implicaba o paso de forte de fronteira a xuris-dición administrativa.

ata aquí, os feitos-relatos describiron o caso dun inmigrante comúnque fixo o que todo inmigrante facía ao chegar a un lugar descoñecido eincerto: buscar traballo entre as varias alternativas posibles e comezar asía custosa aprendizaxe da diferenciación.

despois do seu traballo como peón (e supoñendo que lograse uncerto aforro e adquirise os coñecementos necesarios sobre os traballos decampo), iníciase no comercio de coiros de xeito que chegou a ter baixoo seu cargo corenta homes que despezaban de 200 a 300 reses diarias. acarne estaba destinada ao abastecemento das tropas do xeneral E. díazvélez na fronteira en loita contra o indio e os coiros eran destinados á exportación.6 pero, como sinala o seu fillo ramón santamarina na súa

103Ramón Santamarina

6 Estrada (1968).

Page 90: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

biografía,7 «tandil quedaba muy lejos de buenos aires y los peligrosabundaban».

tandil distaba 60 leguas do mercado de bos aires e, ata a chegadado ferrocarril en 1883, a comunicación dependeu do servizo de chasquis,8carretas e galeras. En 1846, santamarina adquiriu unha carreta e estableceuasí o primeiro servizo de carretas tandil-bos aires-tandil. Comezou conunha pero a empresa chegou a ter un total de 24, e «[se] convirtió en unacaravana famosa que fue vehículo de todo».9

durante longo tempo, santamarina realizou coas súas carretas con-tinuas viaxes á capital nas que traía toda clase de mercadorías para abas-tecer os almacéns de campaña e prover de armas, municións, uniformese comestibles as forzas defensoras da zona, a cargo do coronel benitomachado.10 Isto debeuse a que desde 1852 (derrota de rosas en Caseros)e ata 1879 (conquista do deserto), as vilas e estancias do sur bonaerensevolveron experimentar a ferocidade das incursións indias. os tratados depaz que rosas asinara durante o seu goberno, e que os mantivo afastadosdurante un tempo, quedaron sen efecto e rexistráronse novamente malo-nes11 con importantes perdas económicas e de vidas, o que produciu unmomentáneo despoboamento dos campos. por estas dilixencias, dise querecibiu en pago documentos a cargo do goberno da provincia de bosaires que logo transformaría en terras ás que foi poboando de facenda einstalando os seus propios almacéns de campaña.12 o pago en bonos dogoberno que se podían trocar por terras é tanto mito coma realidade, xaque, máis alá de todo, houbo un proceso de acumulación de capital ini-ciado no comercio e posibilitado polas vantaxes e concesións que obtivoe recibiu do Estado (municipal e provincial).

104Empresarios de Galicia

7 santamarIna (1909: 177).8 mensaxeiros ou correos.9 santamarIna (f) (1909: 178).10 Fontana (1947), menciona que santamarina lle fixo concesións á municipalidade

e que aceptaba obrigas de pagamento sen termo fixo nin ningún xuro.11 ataques ou incursións de indios.12 dElpECH (1944: 141); suárEz martínEz (1943: 78).

Page 91: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

O comezo da fortuna en Tandil

Cando santamarina chegou a tandil en 1844, a terra xa estaba repar-tida e xa se formaran as primeiras grandes estancias do partido e da zo-na; pero isto non impediu que lograse acceder á propiedade da terra eque acumulase un importante patrimonio. o patrimonio de ramón san-tamarina foi, fundamentalmente, un patrimonio territorial constituído—segundo o seu xuízo de sucesión— por un total de 33 estancias (281.727ha) na provincia de bos aires, 163.914 ha na provincia de santiago delEstero, 2024 ha na provincia de río negro, 26 soares urbanos na cidadede tandil, 10 quintas (46 ha) e 22 chacras (532 ha) no eixido de tandil,un terreo no partido de almirante brown (provincia de bos aires), 6 cha-cras (252 ha) no eixido de tres arroyos, unha trintena de propiedades nacidade de bos aires, unha propiedade rural no partido de san vicente(provincia de bos aires) de 765 ha e unha casa-quinta en san Fernan-do (provincia de bos aires) no lugar chamado punta Chica.13

Como fixo santamarina para formar semellante patrimonio? Este foiun longo proceso que abrangueu a metade do seu ciclo de vida xa quesantamarina comezou a adquirir terras despois de 23 anos da súa chega -da a arxentina, en 1863, cando tiña 36 anos de idade e ata a súa morte, en1904 aos 77 anos, non deixou de mercar terras nin bens. se considera -mos que tiña 13 anos cando chegou a río da prata e 17 cando chegou atandil, que dan 19 anos de acumulación e capitalización do traballo queo converteron nun dos máis grandes propietarios de finais do século xIx.

as 33 estancias da provincia de bos aires estaban diseminadas en 13partidos diferentes, isto é:

1) tres arroyos: 7 estancias cun total de 49.102 ha (dos anas de16.199 ha en 1873; san Jorge de 13.023 ha e la sarita de 4049 ha en1891; la Elena de 2699 ha en 1892; la laurita de 5399 ha en 1895;las mercedes de 5211 ha en 1898 e El lucero de 2522 ha en 1900).

2) laprida: 3 estancias cun total de 48.597 ha (la gloria de 32.399ha en 1871; las Hermanas de 10.799 ha en 1878 e las saladas de5399 ha en 1899).

105Ramón Santamarina

13 os datos están tomados do archivo Histórico de la dirección de geodesia de la pro-vincia de buenos aires [en adiante aHpba]. Catálogo general de duplicados de mensurase Expediente 2786, que corresponde á sucesión de ramón santamarina [en adiante srs].

Page 92: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

3) necochea: 3 estancias cun total de 35.118 ha (san alberto de15.622 ha en 1872; arroyo seco de 6749 ha e El Carmen de 12.747ha en 1899).

4) Coronel dorrego: 3 estancias cun total de 33.280 ha (Quequénsalado de 18.898 ha; Quequén salado de 6958 ha en 1900 e uncampo de 7424 ha en 1909).

5) Juárez: 4 estancias cun total de 27.881 ha (san ramón de 3511 ha;san José de 8100 ha; la Elvira de 5400 ha e la providencia de10.870 ha en 1892 e 1895).

106Empresarios de Galicia

Partidos da provincia de Bos Aires

Page 93: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

6) tandil: 3 estancias cun total de 24.288 ha (dos Hermanos de10.367 ha —adquirida en distintas fraccións entre 1863 e 1899, ana-lizarémola máis adiante; los ángeles de 11.555 ha en 1869 e laClaudina de 2366 ha en 1903).

7) pehuajó: 3 estancias cun total de 19.204 ha (Curarú de 9204 ha en1900; paysandú de 5000 ha e la anselma de 5000 ha en 1903).

8) Coronel vidal: 1 estancia, medaland, de 17.492 ha en 1900.

9) lamadrid: 1 estancia, san arturo, de 8100 ha en 1879.

10) magdalena: 1 estancia, maría teresa, de 8099 ha en 1895.

11) patagones: 1 campo de 2024 ha.

12) Carmen de areco: 1 estancia, la Elvira, de 4493 ha en 1901.

13) bahía blanca: 2 estancias cun total de 4048 ha (bajo Hondo de2024 ha e arroyo parejas de 2024 ha en 1874).14

o total de hectáreas adquiridas foi de 281.727 ha. se intentásemosfacer unha ordenación espacial e temporal destas adquisicións, en prin-cipio veriamos que a orde na que os campos foron adquiridos non tivoque ver nin cunha lóxica espacial nin cunha lóxica temporal senón coascaracterísticas que asumiu o proceso histórico desta rexión ao longo doséculo xIx. as compras fóronse facendo segundo as oportunidades quebrindaba o mercado, as dispoñibilidades de capital e as conveniencias deinvestimento.

de todos os xeitos, o agrupamento espacial que presentamos, unhaordenación por partidos, de maior a menor, segundo a cantidade de hec-táreas reunidas en cada un deles, permítenos ver unha gran concentra-ción territorial nos partidos do sueste pampeano e relativamente poucashectáreas nos partidos do norte da provincia de bos aires como magda-lena ou Carmen de areco.

as compras comezaron en tandil, o seu lugar para establecerse, en1863 (1575 ha) e 1869 (11.555 ha), suman un total de 13.130 ha. nesesanos tamén adquiriu 3 soares urbanos en tandil. En 1853, a Comisióndistribuidora de la municipalidad de tandil, comezara a distribución

107Ramón Santamarina

14 para máis datos, consúltese rEguEra (2006).

Page 94: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 108

dun gran número de soares e sortes de chacras suxeitas ao pago dunimposto e á obriga de poboalas nun termo perentorio (levantar unhavivenda e/ou cultivar o terreo). santamarina viuse favorecido por estapolítica distributiva e en 1864 logrou a súa primeira adquisición. para1869 xa figuraba no registro de la Contribución directa como un dospropietarios máis importantes.

En 1880, santamarina decidiu instalarse, cos seus 53 anos e coa súafamilia, na cidade de bos aires, e fundou, en 1890, aos 63 anos, a socie-dad Comercial santamarina & Cía. que pasará logo a chamarse, en 1902,santamarina e Hijos. a baixa na compra de terras compénsase cun maiorinvestimento noutros bens: soares urbanos, quintas, chacras e una trintenade inmobles na cidade de bos aires.

é evidente que para participar dun mercado de bens cómpre que seacu mulase previamente capital. daquela, a pregunta é saber como foi acu -mulado ese capital. Como se deu ao seu acceso e de que dependeu? unhadas formas de acceder ao capital foi o crédito que proviña de diferen tes fontes: unhas, formais e directas —a través do sistema bancario—, e outras,informais e indirectas —a través de prestamistas e intermediarios. a dis -poñibilidade de diñeiro por parte do crédito bancario explícase pola che-gada de capitais do exterior. a gran dispoñibilidade de capitais facilitou oofrecemento de diferentes formas de crédito por parte dos bancos. á marxedo circuíto bancario institucional, existía toda unha serie de instancias noninstitucionais que facilitaban o acceso ao crédito, isto é: casas de impor -tación-exportación, almacéns de campaña, comerciantes, prestamistas eata os mesmos estancieiros. o caso santamarina foi el mesmo un comer-ciante que se beneficiou das vantaxes e das concesións que recibiu e outor-gou o Estado.

para esa primeira época non temos posibilidades de corroborar se tivoacceso ao crédito formal ou informal, malia que cremos que, debido ápolítica distributiva e concesionaria deste Estado en formación e ásmodalidades de venda, ben puido encarnar un proceso de autofinancia-mento. ao ser comerciante tivo que obter mercadorías (produtos alimen-ticios, ferramentas, utensilios e implementos de produción e todo tipo deencargos) en consignación, en casas de comerciantes por xunto de bosaires, que logo vendía na campaña, a través das súas casas de comercio,á fronte das cales colocaba socios-encargados locais, a cambio dos cha-

Page 95: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Ramón Santamarina 109

mados froitos do país. abofé que prestaría cartos, ou vendería a conta oupor adianto de xeito que xeraría débedas que, logo, moi posiblemente,cobraría en terras. de feito, obter e outorgar crédito foi un dos puntos doobxecto social dos estatutos da súa sociedade comercial, a de actuar comocasa bancaria.

as vendas de terras facíanse por subhasta pública ou en forma privadacon fixación de prezo e facilidades de pago. Este último podía ser unhaparte ao contado e o resto en cotas anuais con hipoteca, ou todo ao con-tado con desconto, ou efectuarse o pago en reses. seguramente que san-tamarina empregaría estas distintas formas para acceder á propiedade daterra xa que non nos esquezamos de que el acumula no comercio e pasaao investimento de terras en grande escala.

as compras fixéronse a través de sucesivas adquisicións de diferentesextensións (campos de estancia, terreos de estancia ou sortes de estanciaque podían ter os máis diversos tamaños) ou fraccións, froito da fragmen-tación (por venda –estatal ou privada– ou herdanza) doutras propiedades,indivisas. todas as terras adquiridas por ramón santamarina por si, baixoo seu propio nome, e logo a través da sociedad Comercial santamarinae Hijos en diversos partidos da provincia de bos aires, foron por comprasfeitas a particulares (174.056 ha) e ao goberno da provincia (107.671ha). trátase de extensións que recoñecían un movemento inmobiliarioprevio, froito de subdivisións de antigas enfiteuses ou de antigas propie-dades. a variedade de situacións que presentan as transaccións de terrasé bastante ampla. santamarina merca terras nun momento no que o Es -tado lle transfire terras de dominio público ao privado pero tamén nunmomento no que esa mesma terra experimenta continuos traspasos entreparticulares. xa sexa por transferencia de dereitos de enfiteuse, compradirecta, testamentarías ou litixios, el reúne un total de 281.727 ha dasmellores terras de la pampa. a gran concentración de terras é posibleconstatala non só pola cantidade de establecementos adquiridos senóntamén pola cantidade de hectáreas que concentrou por partido e por ano.

respecto da adquisición de soares, quintas e chacras no partido detandil, vemos que entre 1864 e 1902 santamarina beneficiouse da políti -ca de distribución de terras feita polo Estado ao exercer, independente-mente, unha política constante de investimento en inmobles e en pe que -nas e grandes extensións mercadas a particulares. as transferencias de

Page 96: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 110

propiedade fixéronse nun contexto moi particular. é evidente que nonhabía límites para o outorgamento de soares aos solicitantes xa que dototal de 26, 24 corresponderon a soares adquiridos ao goberno e só 2 aparticulares. o mecanismo para adquirir terreos fiscais foi —como sinala -mos—, o pago dun imposto para regular a propiedade e a obriga de poboare edificar. para o caso das adquisicións a particulares, compra, malia quedescoñecemos as súas modalidades.

respecto dos investimentos urbanos, cómpre distinguir aquelas dacidade de tandil, daquelas da cidade de bos aires. obviamente, os primei-ros investimentos corresponden á cidade de tandil. a primeira adquisi-ción, correspondente á casa familiar, data de 1864. as compras continua-ron ata 1889, nove anos despois da instalación da familia na cidade de bosaires. a primeira adquisición efectuada nesa cidade data de 1878, dousanos antes de instalarse nesta cidade. é obvio que os investimentos urbanostiveron que ver cun interese mercantil para a obtención de renda.

Cal foi a dinámica para a formación de semellante capital? Cal alóxica destes investimentos tan diversificados? por que santamarina mer-cou terras en diferentes partidos da provincia de bos aires e mesmo nou-tras provincias? lóxica dun Estado en formación, lóxica dun mercadoimperfecto ou lóxica empresarial dun home arriscado e oportuno? riscodun home que soubo ver e aproveitar as oportunidades que ofrecía omercado. pero, para iso, debíase contar con capital e información sufi-cientes para estar no lugar axeitado e no momento xusto.

A formación da familia/empresa

En 1840 chegou só un home a río da prata, ramón santamarina.Hoxe, os membros da familia santamarina suman máis de mil ao longode toda a arxentina. E isto debeuse non só á decisión e aos intereses dunhome senón tamén ás súas posibilidades económicas de ter e manterunha gran familia.

Cando santamarina chegou a tandil en 1844, dixemos, xa se formaranas primeiras e grandes estancias da zona. se ben a súa primeira inserciónlaboral foi traballar como peón na estancia dos gómez, será a través docomercio coas súas carretas e do acceso ao crédito que logrará acumularun importante capital e consolidar a súa fortuna coa compra de grandes

Page 97: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Familia Santamarina

Ramón Santamarina 111

extensións de terra. pero a medida que mercaba estancias e diversificabainvestimentos, tiña fillos.

En 1860, con 33 anos, casou con ángela alduncin gaspui, prove-niente dunha familia de orixe vasca. tiveron cinco fillos nacidos en tan-dil: maría Elena (falecida aos 4 anos), ramón, José, ángela e maríaJosefa (que morre aos poucos días de nacer e que provocaría a morte dasúa nai). logo do falecemento da súa muller en 1866, santamarina vol-veu casar, esta vez, cunha sobriña da súa falecida esposa, ana Irasustaalduncin. Esta deulle trece fillos máis: ana, Enrique, Josefa, nemesia(falecida de nena), dolores, maría, Elena, antonio, Elvira, arturo,adolfo –primeiro– (tamén falecido de neno), Jorge e adolfo –segundo–(igualmente falecido de neno).

santamarina instálase con esta numerosa descendencia, seis homes esete mulleres, en 1880 en bos aires e tempo despois, en 1890, funda unhaempresa comercial-familiar, santamarina & Cía. a firma atendía o ramobancario, comisións e consignacións de froitos do país, explotacións indus-

Page 98: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

triais e rurais, explotación de axencias, casas de comercio e comanditas,compravenda de bens raíces, administración e arrendamento de propieda-des en todo o país (en especial nas provincias de Córdoba, bos aires, san-tiago del Estero, santa Fe e territorios nacionais), préstamos de diñeiro congarantía hipotecaria, participación en sociedades de calquera clase e todaoperación por conta propia e allea (La Nación,1810-1910: 298). aquícomeza a diversificación da súa empresa: produción-comercio e finanzas.

En 1902 asina unha acta de familia, pola cal se constituía a sociedadComercial santamarina e Hijos en comandita por accións cun capital de11.200.000 $ m/n dividido en 1120 accións de 10.000 $ cada unha libe-radas. para formar esta sociedade, santamarina dooulle a cada un dos seusfillos a suma de 500.000 $ m/n coa cal ingresaron como socios comandi-tarios.15 El e a súa esposa conservaban a comandancia da empresa e osseus fillos ingresaban como socios dela. nesa acta de familia, santamarinadeclara que «[…] esta unión, esta recíproca tolerancia a través de todaslas situaciones de familia, cualesquiera fueran las vicisitudes que el azarles depare sea empeñosamente conservada, porque sólo por la unión lafamilia será grande y fuerte, como yo lo deseo para siempre para ver acre-centada su prosperidad y perpetuado su buen nombre y ejemplo [...]»(srs). nestas palabras, santamarina non só resume a súa concepción defamilia/empresa senón que deixa un mandato explícito como o que elrecibiu: manter a familia, acrecentar a prosperidade e perpetuar o nome,a continuidade. Hai dous intereses que aparecen moi claros, o social e oeconómico. o social, que significa a perpetuación do seu sangue a travésda institución social da familia; e o económico, que significa a perpetua-ción da prosperidade e da súa lóxica organizativa a través da institucióneconómica da empresa (familiar). no seu seo, cada membro debía parti-cipar do seu manexo e da súa continuidade. para perpetuar ambas as ins-titucións era necesario sortear toda clase de dificultades e preservar, antesca nada, a unión entre os membros.

112Empresarios de Galicia

15 o capital quedou conformado do seguinte xeito: socios comanditarios 5.000.000 $m/n e ramón santamarina e ana Irasusta, a súa esposa, con 3.000.000 $ m/n, ramón san-tamarina (f) con 1.450.000 $ m/n (950.000 $ máis a doazón do seu pai de 500.000 $), Josésantamarina con 1.250.000 $ m/n (750.000 $ máis a doazón do seu pai de 500.000 $) eEnrique santamarina con 500.000 $ m/n como socios colectivos (srs).

Page 99: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Sucesión e transmisión do patrimonio

o 17 de decembro de 1902, ramón santamarina outorgou, por actopúblico ante escribán, o seu testamento. nel nomea como únicos e uni-versais herdeiros os seus fillos ramón, José e ángela santamarina y al -duncin, e ana, Enrique, Josefa, dolores, maría, Elena, antonio, Elvira,arturo e Jorge santamarina e Irasusta. E como testamenteira, a súa esposae os seus fillos ramón, José e Enrique (srs). os herdeiros recibiron, baixoconcepto testamentario, os seus respectivos legados en bens raíces (estan-cias, chacras, quintas e propiedades urbanas) e valores (accións e títulos,préstamos e garantías, saldos en contas bancarias e parte do capital dasociedade comercial), produto do enorme patrimonio acumulado po -lo seu fundador. para iso, debeu realizarse un inventario xeral de todos osseus bens. separando os que tiñan o carácter de propios, fixou os consi-derados gananciais (os bens adquiridos durante a súa primeira sociedadeconxugal e os adquiridos na segunda) e estableceu para cada un dos seusfillos a cota parte de herdanza que lles correspondía co cargo de ingresarco seu importe e valor na sociedad Comercial santamarina e Hijos.

En 1904, a sociedade comercial foi parcialmente liquidada debido aofalecemento do seu fundador, ramón santamarina. nese ano, constituíu -se a nova sociedad Colectiva santamarina e Hijos formada polos sociosana Irasusta de santamarina e ramón, José, Enrique e antonio santama-rina. o 1 de febreiro de 1909, ao falecer o dr. ramón santamarina (f),constitúese a seguinte sociedade con maría gastañaga de santamarinapola sucesión do seu esposo e Enrique –como xefe e administrador prin-cipal da Casa–, José e antonio santamarina (La Nación, 1810-1910: 298).Feito o balance os 30 de xuño de cada ano, e deducidas as amortizaciónse os gastos xerais, repartíase un beneficio líquido do 5% entre todos os seusmembros.

a liquidación parcial da sociedade comercial fíxose sobre a base daentrega aos socios comanditarios do capital e utilidades que por balancedo 30 de outubro de 1904 lles correspondeu. Quedaron co activo e copasivo social os socios solidarios ana Irasusta de santamarina, ramónsantamarina (f), José e Enrique santamarina. a entrega dos haberes dossocios saíntes fíxose na súa máxima parte en bens raíces e pagouse endiñeiro os saldos, se os había. E deixáronse as sumas que lles correspon-desen en proporción aos seus capitais. se ben a cada herdeiro, por lei, lle

113Ramón Santamarina

Page 100: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

correspondeu unha parte do capital, a liquidación parcial tivo por ob -xecto seguir preservando a unidade da empresa familiar e respectar a von-tade do seu fundador.

na taxación e partición final dos bens testamentarios de ramón san-tamarina obtívose un valor total de 12.462.635,80 $, produto de:

1) o seu capital na sociedad Comercial santamarina e Hijos (balancedo 30/06/1902) de 5.103.608,31 $2) o seu saldo en conta corrente (ata o 30/09/1902) de 124.299,89 $3) os seus bens raíces16 de 7.234.727,60 $

tamén houbo unha partición complementaria sobre un total de921.861,45 $ produto de:

1) liquidación de saldo: 769.653,47 $a) saldo de conta bancaria: 241.241,55 $b) accións e títulos: 10.603,54 $17

c) dividendos e reservas: 517.808,38 $18

2) bens:19 147.133,34 $3) bens mobiliarios da súa casa 5.075,00 $20

114Empresarios de Galicia

16 Constituídos por: estancias 6.005.320,90 $; propiedades en tandil 216.800,00 $;chacras en tres arroyos 12.606,70 $ e propiedades en bos aires 1.000.000,00 $ (srs).

17 32 accións da Compañía sansinena de 100 $ ouro-selada cada unha, estimadas en135% e ao tipo de cambio: 9.818,18 $; 500 cédulas do banco Hipotecario de la provin -cia, se rie m estimadas en 17%: 85,18 $ e 100 accións da Franco platense 14% pagadas:700,18 $ (srs).

18 5% anual segundo o seu capital de 3.000.000 $ en 8 meses, segundo o balance do30/06/1903: 100.000,00 $; 4% en 12 meses segundo balance do 30/06/1904: 141.810,91 $;5% anual en 4 meses segundo balance do 31/10/1904: 50.000,00 $; 15% sobre 350.184,08 $,metade dos fondos de reserva antes do balance do 31/10: 52.527,61 $; 15% sobre 1.489.799,05$, metade do fondo de reserva creado do resto das utilidades, despois do último balance do31/10: 223.469,86 $. o total foi de 567.808,38 $ ao cal se lle descontaron 50.000 $ en adiantodos dividendos que hai que deducir (srs).

19 unha tumba no Cementerio norte (2.800 $); unha casa-quinta en san Fernando(110.000 $); un terreo en almirante brown (1.000 $) e un terzo dunha propiedade en sanvicente (33.333,34 $). Estes bens constituíronse nunha herdanza que hai que diferir (srs).

20 do total de 921.861,45 $ descontáronse 42.208,34 $, produto da suma dos valorescorrespondentes á bóveda, ao terreo en almirante brown, aos mobles da súa casa e ao terzoda propiedade en san vicente, considerados de escaso valor como para ser repartidos. ototal que quedou foi de 879.653,11 $. Esta suma dividiuse en dúas de maneira que quedaron439.926,56 $ e, á súa vez, a súa parte dividiuse en 13 e así correspóndelle a cada un dos seusfillos 33.832,81 $ (srs).

Page 101: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

unha vez definida a repartición, elaborouse unha conta final queestableceu e determinou os haberes de todos os herdeiros, baixo con-cepto testamentario, e liquidación parcial da sociedade comercial; asídéixase un fondo de 2.300.000 $ para a marcha ulterior dos negocios.21

Cada un dos seus fillos recibiu o legado que lle correspondía, segundo odetalle dos haberes e das adxudicacións.

un balance dos datos presentados revela, por un lado, a diversidadedos investimentos malia que a maior porcentaxe do capital foi investidaen bens raíces; isto non impediu que outros campos de investimentos,como accións, títulos, préstamos e bens urbanos, fosen tamén importan-tes para a reprodución do capital. pero foi a formación dun gran patrimo-nio territorial o maior suceso de santamarina. vimos que este patrimonioestivo formado por sucesivas compras de diferentes fraccións ou exten-sións froito da fragmentación de grandes propiedades. é a partir destafragmentación que santamarina logra a gran concentración de terras, amaior parte na provincia de bos aires. despois da morte de santamarina,e más aínda despois da morte da súa segunda esposa, ana Irasusta, a frag-mentación volve gañar terreo debido á liquidación dos bens do patrimo-nio familiar. Este proceso de concentración e fragmentación non é máisca a proba da capacidade empresarial dun home pero tamén da propiadinámica familiar e mercantil da constitución e desmembramento daspropiedades.

por outro lado, os datos amosan unha transmisión igualitaria, senexcluídos. todos os irmáns, homes e mulleres, recibiron un total de adxu-dicacións en valores equivalentes. E se ben isto fragmentou o gran patri-monio familiar xa que fixo nacer novos patrimonios territoriais, estes vansever acrecentados aínda máis cunha nova transmisión de herdanza aomorrer ana Irasusta de santamarina; este falecemento tivo lugar en paríso 20 de novembro de 1921.

115Ramón Santamarina

21 as partidas do activo foron as seguintes: contas que hai que liquidar (295.864,78 $);préstamos e garantías (1.259.250,37 $); accións e títulos (78.301,82 $); obrigas que hai quecobrar (16.193,72 $); colonias de tres arroyos (13.381,00 $); colonias de Curarú (6.411,30$); debedores por arrendamentos (97.590,54 $); sociedad anónima azucarera del norte(533.006,47 $) (srs).

Page 102: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 116

A continuidade familiar e comercial

asegurar a unión da familia, a prosperidade dos negocios e a conti-nuidade do seu bo nome e exemplo, foron os expresos pedidos de ramónsantamarina aos seus fillos. para isto precisaba deixar non só unha empresaen marcha senón un forte investimento en capital simbólico, produtodunha coidada e esmerada educación en colexios, universidades, viaxese relacións.

ao morrer o segundo xefe, ramón santamarina (f), sucédeo, comoxefe e administrador principal da casa comercial, o seu irmán Enriquesantamarina Irasusta, quen debeu acatar o que o seu irmán deixara expre-samente solicitado no seu testamento:

a mi esposa y a mis hermanos les pido que concurran a que mis hijosse conduzcan por el camino del honor y se eduquen en el ejemplo del tra-bajo, siendo mi deseo que a los varones, cuando alcancen una edad con-veniente, se les de ingreso en la firma santamarina e Hijos en calidad dehabilitados, socios o simples empleados, si su edad no permite otra cosa,a fin de que bajo la vigilancia de sus tíos y otros miembros de sus familiaspuedan perpetuar la institución que su abuelo supo cimentar.santamarina (f), (1909: 50).

segue aparecendo a continuidade da institución familiar e comercialpor vía masculina; cómpre asumir o rol de «guía, consejero de la familia,el probo defensor de los intereses de todos [...]» santamarina (f), (1909:39). a sociedade comercial xoga así o rol de filtro para a selección e for-mación da xeración seguinte.

se ben o patrimonio familiar se fragmentou cando morreu o seu fun-dador e logo cando o fixo a súa esposa, a «unión de la familia», que signifi-caba a supervivencia da empresa, non. mentres os xefes da familia/empresaasumían o seu liderado, os outros fillos exercían outra clase de funcións.por exemplo, José santamarina alduncin, segundo fillo de ramón santa-marina, foi o encargado da administración das estancias de tandil. osoutros fillos homes tamén tiveron, xunto cunha temperá vida empresaria,unha intensa vida política. En canto ás fillas mulleres, a excepción deángela que se radicou en España, as outras fillas, que recibiron os seuslegados e partes de herdanza correspondentes, dedicáronse a formar as súaspropias familias ao casaren con membros de tradicionais familias porteñas.

Page 103: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Estancia Bella Vista

Ramón Santamarina 117

o investimento de capitais, feito por ramón santamarina para deixarllesaos seus fillos unha sólida fortuna e unha férrea educación, resultou nareprodución dun modelo ocupacional e social que el lograra xa que osseus trece fillos tiveron unha participación activa nos negocios familiares.ademais é importante salientar o complexo xogo de alianzas familia-res xerado a través dos vínculos do matrimonio, xa que os seus fillos casaroncon membros de importantes familias de bos aires. a gran rede socio-pa-

Page 104: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 118

rental que se teceu fixo posible a conservación e expansión da situacióneconómica e a consolidación e cohesión do grupo social. un grupo queparticipaba activamente do bos aires social de principios do século xx.

obviamente, con tan intensas vidas políticas e sociais o funcionamen -to das explotacións dos novos propietarios das vellas estancias de ramónsantamarina quedou nas mans de administradores e arrendatarios. Isto éo que amosan as guías rurais correspondentes ás propiedades do parti -do de tandil. podemos supoñer que o feito de participar de certas instan-cias de poder político —banco nación, Central, provincia e outros ban-cos, lexislatura municipal, provincial e nacional, bolsa de Comercio, Cajade Conversión, sociedad rural e ata a vicepresidencia da nación— esocial —Jockey Club, academia de bellas artes, Club social—, lles per-mitiría manexar un capital informativo e relacional que axudou a asegurare fortalecer a posición herdada. xustamente, as décadas de 1890 e 1900foron décadas de grande expansión económica e diversificación de inves-timentos para a sociedad Comercial santamarina e Hijos. Contraria-mente aos seus fillos, ramón santamarina se ben tivo certa participaciónna vida política da comunidade, esta foi máis simbólica ca real xa que assúas enerxías estiveron orientadas a cimentar unha sólida fortuna que lledeu poder económico e prestixio social.

Conclusións

despois da morte de ramón santamarina, moitos terreos na cidadede tandil —onde se levantou o Colegio san José de la Congregación dela sagrada Familia, a capela Don Bosco, Santa Gema e Santa Ana, oHospital municipal ramón santamarina (con edificio e mobiliario), apraza de xogos Hipólito Irigoyen, 25 de mayo, das artes e a praciña dr.José santamarina, o Hogar agrícola Femenino dr. ramón santamarina(logo doado ao goberno nacional e transformado en escola granxa e hoxeEscuela agrotécnica dr. ramón santamarina), o Club e bibliotecaramón santamarina, o terreo onde se atopaba a piedra movediza, oterreo que hoxe ocupa a sede administrativa da universidad nacional delCentro, o terreo no que logo se levantou o edificio da Cruz roja argen-tina, a capela san ramón e a escola ramón II (logo doados ao arcebis-pado da prata) na estancia ramón I—, edificios, mobiliarios, coleccións

Page 105: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Ramón Santamarina 119

de arte e de pinturas, etc., foron doados por diversos membros da familiasantamarina e hoxe forman parte indiscutible dela. a trama históricadesta cidade foise tecendo coa forte presenza desta familia. Incluso, unhaavenida en tandil leva o seu nome e en bos aires existe pasaje santama-rina, nun barrio que foi orixinalmente un dos principais centros das súasadquisicións urbanas.

o principal mentor destas doazóns foi o propio ramón santamarinacando, en 1902, ao asinar a acta de familia, lle doa a cada un dos seus fi -llos unha suma de diñeiro para que entrasen como socios comanditariosna sociedade comercial que el fundara. ana Irasusta continuou coas doa -zóns ao interior da familia. o 25 de maio de 1910 decide festexar o cen-tenario da independencia arxentina e doa un lote de terreo, dun quinteiroque tiña na cidade de mar do prata, a cada un dos seus 10 fillos que foronadxudicados por sorteo. no seu legado testamentario tamén figura a doazónde 4506 ha, na provincia de santiago del Estero, á persoa que o serviudurante 25 anos, e un terreo na cidade de tandil ao seu medio irmán,andrés gastañaga.

os seus fillos continuaron con esta política de doazóns e así déronlleao goberno da provincia de bos aires, terras que lles corresponderan enherdanza, co fin de levantar vilas e colonias no seu interior. por exemplo,en 1905, a testamentaría de ramón santamarina adxudícalle a ángelasantamarina de temes a estancia las mercedes (tres arroyos), de 5211ha, en división parcial. Esta, que vivía en España, solicítalle ao goberno daprovincia de bos aires a formación da vila de Orense, situada sobre o ramaldo Ferrocarril do sur (FCs), no partido de tres arroyos; en 1907, a firmasantamarina e Hijos destina 2440 ha das 32.399 ha que orixinalmente for-maran a estancia la gloria (laprida), a ensanchar o eixido da vila delaprida e formar 66 chacras que foron vendidas con facilidades de pago aquen quixese mercalas; en 1910, a firma vólvelle solicitar permiso aogoberno da provincia para a formación da vila ramón santamarina, nopartido de necochea (cuartel Iv, ramal do FCs), sobre campo de propie-dade da familia denominado arroyo seco, de 6749 ha, que lle correspon-dera a ana Irasusta por herdanza do seu marido; e en 1912, volven nova-mente solicitar autorización para fundar un centro de poboación, a vila deoriente, no partido de Coronel dorrego, sobre o ramal do FCs, en campoda súa propiedade, de 7424 ha. o total das doazóns foi de 21.824 ha.

Page 106: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a figura de ramón santamarina aparece como o pioneer da fronteiraamericana. Que enfronta riscos e asume o rol de benfeitor nunha socie-dade que privilexia os valores da tradición xudeocristiá: familia e traballo.dous piares que requirían recoñecemento social. poderiamos considerarque os seus descendentes asumiron a demanda expresa do seu fundador?se temos en conta a participación política dalgúns dos seus membros, seanalizamos as súas alianzas matrimoniais que os vincularon a outros gru-pos familiares de prestixio e poder, e se examinamos as doazóns efectua-das, poderiamos dicir que tiñan plena conciencia do legado recibido edas condicións necesarias para acrecentar e utilizar a posición socialadquirida.

é inútil recalcar a preponderancia que comezou a ter o nome deramón santamarina na comunidade de tandil e na zona. Instalado, apartir de 1880, na cidade de bos aires, desde onde manexaba todos osseus intereses comerciais e realizaba viaxes periódicas ás súas estancias detandil, con 77 anos de idade e dono dunha inmensa fortuna e dun pres-tixioso nome, santamarina advirte os primeiros síntomas da quebra dasúa saúde e, quen sabe se perseguido polos traumáticos recordos da súainfancia, cae en depresión e suicídase o 23 de agosto de 1904. así pechacon el non só un ciclo de vida senón un pasado de expansión e concen-tración. os seguintes versos escritos polo propio santamarina ilustran beneses recordos:

Llevóle su padre que a orillas del Plataal sitio fatal de la éuropa vapara allí sumirle para ser vendidoen triste orfandad. después de adeudarEn un barco luego Aquél huérfano humildese pudo embarcar es hoy un señory allí le hacinaron y al honrado trabajocomo vil costal debe tal posición.22

120Empresarios de Galicia

22 Este documento foi atopado por antonio santamarina alduncin na caixa forte doseu pai (Estrada, 1968). transcrito tamén por alCalá (1990: 110).

Page 107: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

121Ramón Santamarina

Bibliografía

alCalá, x. (1990): Arxentina, galicia, xerais.

Costa, J. a. (1929): Hojas de mi diario, bue-nos aires, librería del Colegio.

dElpECH, E. (1944): Una vida en la granArgentina. Relatos desde 1869 hasta1944, buenos aires, Impresoras peuser.

Estrada, m.: «ramón santamarina. reali-dad y mito», La Prensa, 09/06/1968.

Fontana, o. (1947): Historia de Tandil,tandil, talleres gráficos vitullo.

Fugl, J. (1959): Abriendo Surcos, buenosaires, altamira, 1973 (1ª ed. en castelán)(ed. consultada).

gorraIz bEloQuI, r. (1958): Tandil a travésde un siglo, buenos aires, talleres grá-ficos J. H. matera.

núñEz sEIxas, x. m. (2001): La GaliciaAustral. La inmigración gallega en la Ar-gentina, buenos aires, biblos.

pérEz, d. (1990): Ramón Santamarina. Suvida y su época, tandil, unCpba.

rEguEra, a. (2006): Patrón de estancias. Ra-món Santamarina: una biografía de for-tuna y poder en La Pampa, buenos aires,Eudeba.

santamarIna (f), r. (1909): El Dr. RamónSantamarina. Su vida y su obra, buenosaires, Eva.

santamarIna ColombrEs, E., e r. santa-marIna nElson (1993): Ramón San -tamarina y Valcárcel: homenaje en el sesquicentenario de su llegada a la Repú -blica Argentina, buenos aires.

suárEz martínEz, m. (1943): Apuntes au-tobiográficos, buenos aires.

Page 108: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1834-1909

MANUEL BÁRCENA FRANCO

Page 109: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

CONDE DE TORRE-CEDEIRA, BANQUEIRO E GRAN PROPIETARIO URBANO

María Jesús Facal Rodríguezprofesora titular da universidade de vigo

son poucas as familias que poden gabarse de contar con dous dosseus membros que lle dean nome a cadansúa rúa viguesa. a dos bárcenaé unha delas. o conde de torre-Cedeira, ao que vigo dedicou unha dassúas máis populares rúas era manuel bárcena Franco, alcalde e fundadorda Caixa de aforros e da Cámara de Comercio; a condesa de Casa bár-cena, que conta con outra, era a súa cuñada, a esposa do seu irmánaugusto. a toponimia recoñece neste caso a pegada que esta familia deempresarios deixaron na configuración do vigo moderno, pois, só porcitar algúns, foron eles os promotores de edificios como o antigo Hotelmoderno (na porta do sol) ou o actual Centro social de Caixanova (narúa policarpo sanz), dúas das mellores pezas do patrimonio arquitectó-nico da cidade olívica, que foron deseñadas por michel pacewicz eJenaro de la Fuente respectivamente. ou a contribución de augusto ácultura local, pois o pequeno dos irmáns bárcena Franco foi un impor-tante coleccionista de obras de arte e impulsor do que sería Cine tam-berlick a través dunha sociedade fundada en 1897 (bárcena, martínez ypérez), da que el era o xerente. Finalmente, manuel bárcena de andrés,fillo de manuel, foi un dos fundadores e primeiro presidente do realClub Celta de vigo

Page 110: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Os primeiros empresarios da familia: Bernardo Bárcena de la Concha (1743-1819) e Manuel Bárcena y Bustillo (1792-1861)

manuel e augusto bárcena Franco non foron en todo caso os primeirosempresarios da familia. Formaban parte dunha longa saga que arribara agalicia no ano 1736, coa instalación en bouzas, como administrador darenta de tabacos, de gaspar bárcena y de la Concha.1 gaspar, nacidoen 1711 no cántabro val de Carriedo,2 casou na igrexa de san miguel deCoia en segundas nupcias con bernarda Isabel arizmendi y Caamaño en1742. o su vinculeiro, o boucense bernardo bárcena de la Concha, nacidoao ano seguinte, sería o primeiro membro da familia que adquiriría rele-vancia no mundo empresarial.

bernardo bárcena de la Concha arizmendi (1743-1819) exerceucomo retallista e comerciante por xunto, como prestamista e como na-vieiro no vigo do derradeiro cuarto do século xvIII. o seu ascenso nesteeido estivo asociado como era adoito naquela altura, ás súas relacións fa-miliares e de procedencia, pois non só era curmán dun dos máis impor-tantes armadores e mercadores da cidade, manuel antonio lópez bár -cena, senón que ademais casaría coa súa cuñada, Francisca del bustillo,un e outra tamén naturais do mesmo val cántabro ca o seu pai. Estivo aso-ciado ao seu curmán e a outros comerciantes da cidade, como Josef an-tonio Cayro, en diversas empresas. unha delas foi lópez, bárcena yCairo,3 que, establecida en 1792, foi unha das principais importadoras deliño de rusia polos portos de vigo e Carril e exportadora de lenzos galegose importados con destino a américa, así coma introdutora de xéneros co-loniais con destino a outros portos españois e europeos. bernardo bárcenafoi tamén armador de buques e prestamista, actividade na que deixabaavultadas cantidades de diñeiro a algunhas das casas mercantís máis im-portantes da cidade. abriu así unha liña de negocio na que destacaríanalgúns dos seus sucesores.

124Empresarios de Galicia

1 agradézolles a Felipe bárcena y varela de limia, a luis bárcena de Castro e a Juliasanz angulo as facilidades que me deron para consultar a documentación relativa á familiabárcena.

2 arquivo Conde de torre-Cedeira (en adiante aCtC), árbore xenealóxica; arquivoda deputación de pontevedra (en adiante adp), Fondo Bárcena Saracho.

3 aHppo, Protocolos, lópez varela, 01/12/1792 e 17/06/1796.

Page 111: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a comezos do século xIx bernardo era xa un dos principais mercado-res da cidade. Como tal tiña casa con tenda e bodega na rúa da Faixa(actual rúa real), onde vivían os máis importantes dos seus compañeirosde profesión, tales como os marcó del pont, os Cayro, a viúva de lópez,pedro de la Fuente ou mathias pascual Coca; tiña outra na limítrofe rúado outeiro, que era onde residía coa súa familia.

manuel bárcena bustillo (1792-1861) foi o único fillo superviventede bernardo, e tomou as rendas dos seus negocios logo do seu pasamentoen 1819. naquela altura, o panorama económico era completamente dis-tinto do dos anos finais do século anterior nos que o seu pai desenvolveraos seus negocios. o comercio de importación e exportación ocupabaagora un lugar marxinal no negocio local e manuel bárcena diríxese,como outros tantos, aos investimentos urbanos e as actividades de inter-mediación no mercado local de capitais. pero, sobre todo, o mais salien-table da súa actividade empresarial foi a súa implicación nas actividadesmanufactureiras, pois de toda a saga dos bárcena foi este manuel bár-cena bustillo o máis directamente implicado na industria.

Curiosamente, a actividade industrial de manuel bárcena bustillo foimoi representativa do que foi este eido na galicia do século xIx, pois estivocentrada precisamente nas que foron as súas practicamente únicas dúasespecializacións manufactureiras: a salgadura da sardiña e o traballo docoiro. no primeiro destes ámbitos, a súa implicación foi máis ocasional,pois estivo limitada a súa participación nas sociedades que entre os anos1823 e 1830 xestionaron dúas fábricas de salgadura, unha delas na portela(santo andré de Cedeira), preto de redondela, e a outra na viguesa rúada vitoria.4 tras dunha excelente costeira no ano 1828, a ralentizacióndeste negocio empurrouno a abandonalo. deste xeito, centrouse na outraindustria na que mantiña intereses, a do coiro. bárcena mercara unhafábrica de coiros coñecida como a da Coutada nova, situada en lavadores,a un prezo moi reducido nunha subhasta xudicial no ano 1823, e empren-dera a súa explotación en sociedade coa súa tía materna maría Isabelbustillo, a viúva de manuel a. lópez, que achegara a metade do capital.

125Manuel Bárcena Franco

4 aHppo, Protocolos, martínez, 14/05/1823 e 02/11/1830.

Page 112: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

5 aHppo, Protocolos, martínez, 08/07/1825.6 taboada lEal (1840: 120).7 alonso álvarEz (1986).

De pé Manuel BárcenaFranco e as súas irmáns Concepción e Ángela. Sentados están AugustoBárcena Franco e a súa muller (ADP, Fondo Saracho)

Empresarios de Galicia 126

manuel actuaría como director efectivo da fábrica, en troques dunha re-muneración do 2,5% das vendas de becerros, baquetas e solas,5 que foronas especialidades que traballaron nos anos seguintes. bárcena, que á mortede Isabel, quedaría coa plena propiedade das instalacións, deulles un puloque as transformou en pouco tempo nunha das máis importantes de Españado seu ramo. dela diría nicolás taboada leal no ano 1840 que:

[...] tiene muchísimo surtido, está perfectamente dirigida y sus manufac-turas merecen el mejor crédito en el interior del reino, para donde salencontinuas remesas de toda clase de curtidos.6

o propietario e director da fábrica de lavadores casou dúas veces, nasdúas ocasións con mulleres dunha familia de comerciantes asturianos es-tablecida en vigo, a dos menéndez. pola súa transcendencia empresarial,o matrimonio máis importante foi o segundo, o que tivo lugar en 1824con pilar Franco menéndez, tras unha corta viuvez da súa primeira esposa.pilar era filla de Clementa menéndez Colwell, que o era á súa vez de lo-renza Colwell taboada e Francisco menéndez de montes, un dosprincipais navieiros e empresarios do corso vigueses de finais do séculoxvIII, a carón de marcó del pont e velázquez moreno.7 o seu pai era JoséJacinto Franco andino, coronel cabaleiro da orde real e militar de sanluís e cabaleiro da lexión de Honor, que ao remate da guerra do francésfixara a súa residencia en parís. Clementa e a súa filla pilar pasaron, trasda fuxida do seu marido e pai, a vivir na casa de leopoldo menéndez, queera irmán de Clementa e pilar converteuse nunha máis das súas fillas.

Como marido de pilar, manuel bárcena foi gañando a confianza doseu tío político leopoldo menéndez Colwell (1780-1841), de xeito queen 1828 este deulle participación na xestión dos seus negocios, mesmopara o substituír nas súas funcións como vicecónsul de Inglaterra. ámorte deste último, manuel pasaría a ser depositario e administrador dafortuna da herdanza, que pertencía ás fillas do finado e á súa propiaesposa, pilar Franco menéndez, que pola súa volta, e ao pasamento da

Page 113: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 114: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

súas primas, remataría por ser a herdeira universal dos bens do seu tíoleopoldo.8 por esta vía, os patrimonios das dúas familias quedaban uni-dos no matrimonio entre manuel bárcena e pilar menéndez.

Menéndez y Bárcena, fusión e continuidade de dúas importantesempresas familiares

Como na maioría das empresas familiares dedicadas ao comerciodurante todo o século xIx, o circulante representaba o maior dos compo-ñentes do capital. para evitar a súa dispersión, a fórmula que elixiron asherdeiras de leopoldo menéndez foi a de constituír unha sociedade regu-lar colectiva, á que aquel se incorporaría e que adoptaría a denominaciónde menéndez y bárcena. o marido de pilar Franco menéndez entraríacomo socio industrial, e pasaría a se encargar da administración. non sópor ter experiencia nos negocios senón tamén porque a ampla discrimi-nación que o Código civil establecía para as actividades empresariais dasmulleres, especialmente as casadas, non deixaba practicamente outraposibilidade. de feito, cando catro anos máis tarde a sociedade se trans-formou en comanditaria, a única muller que se puido incorporar aoequipo xestor foi Isabel menéndez, que estaba solteira.9

as actividades de manuel bárcena bustillo bifurcaranse a partir daconstitución de menéndez y bárcena, pois deberá atender simultanea-mente á dirección da súa fábrica de coiros de lavadores e aos negociosda nova sociedade familiar. nesta última e libre da tutela do seu tío polí-tico, ampliará as súas tradicionais actividades comerciais e navieiras e en-trará en negocios novos. no primeiro destes sentidos, bárcena pasará aparticipar como armador no daquela nacente do transporte de emigrantesa américa e reforzará a súa actividade crediticia, especialmente nos prés-tamos para o financiamento de expedicións marítimas. Entre os negociosnovos nos que a firma entraría baixo a dirección de manuel, un dos máisrelevantes sería o da exportación de gando vacún a Inglaterra, unha acti-vidade que tivo moita importancia na galicia de mediados do século xIx.

128Empresarios de Galicia

8 aHppo, Protocolos, lago, 07/05/1828.; ídem, blein 01/06/1841 e 27/02/1841.9 aHppo, Protocolos, blein, 03/09/1845.

Page 115: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

nesta actividade, menéndez y bárcena, foi non só unha das pioneiras se-nón tamén a segunda máis importante das que operaron nos portos galegosentre 1842 e 1860. no seu posicionamento nesta actividade tivo sen dú-bida moito que ver, como tamén o tivo no caso da obtención do negociodo abastecemento de carbón aos barcos de vapor que recalaban no portovigués e que consegue pouco máis tarde, o feito de que os bárcena-me-néndez ocupasen o viceconsulado inglés en vigo desde 1770.10

a carón da súa actividade mercantil ocupou cargos políticos, como ode alcalde segundo e o de membro da deputación provincial de vigo nobreve período no que a cidade foi capital provincial; exerceu cargos dearbitraxe entre a profesión comercial como os de prior, viceprior e cónsulno tribunal de Comercio de vigo, que exerceu entre 1839 e 1859. E final-mente —por citar só un exemplo da súa participación na vida social dacidade— foi un dos impulsores en 1847 do Círculo recreativo de vigo.11

manuel bárcena bustillo e pilar Franco tiveron oito fillos, tres homese cinco mulleres. xa maior e con vistas a preparar a sucesión, manuel ce-lebrou no ano 1857 un convenio cos tres primeiros. na súa virtude, a ad-ministración de todos os bens familiares, incluída a sociedade menéndezy barcena, pasaba a mans dos dous maiores, leopoldo e manuel bárcenaFranco. leopoldo amosou pouco interese polo negocio, ao deixar axiñade acudir polo escritorio, polo que o seu pai revogou o convenio, e quedoumanuel —que daquela tiña 24 anos— como único director ata a maioríade idade do terceiro irmán, augusto.12 Eles dous serían, xa que logo, ossucesores, pois para iso foran educados, mesmo semella que manuel cur-sara estudos en Inglaterra.13 pola súa banda as mulleres foran, como eraadoito na época, educadas para o matrimonio, o que supoñía un investi-mento moi inferior ao realizado nos irmáns, unha discriminación que

129Manuel Bárcena Franco

10 a concesión en Gaceta de Madrid, 19/02/1850. para estes efectos bárcena alugaríaen 1859 dous almacéns no areal. Cfr. aHppo, Protocolos, graña, 12/02/1859.

11 aCtC; mEIJIdE pardo (1973).12 leopoldo finou poucos meses máis tarde, e a súa descendencia trasladouse a madrid,

polo que apenas exerceu outra influencia na evolución da empresa familiar ca a derivadado cobro da súa parte da herdanza.

13 public record office, Foreign Office, atado 72/740.

Page 116: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

mesmo o pai recoñeceu no seu testamento.14 todas elas ca-saron con membros do comercio ou da pequena nobreza etodas se mantiveron afastadas da xestión do negocio familiar.Con todo, dous dos seus matrimonios destacaron pola súatranscendencia posterior. Concepción casou con Joaquínotero mariño, e un dos seus fillos foi Joaquín otero bárcena,que se convertería en director-propietario do xornal Faro deVigo e importante empresario durante o século seguinte. án-gela casou con Eduardo Jáudenes, e do seu matrimonio na-cería o banqueiro manuel Jáudenes bárcena.

Co pasamento no ano 1860 de manuel bárcena bustillo,pilar Franco concentraba na súa persoa a titularidade dosbens das dúas pólas familiares. do capital de menéndez ybárcena herdaba o cuarto que pertencía ao seu defunto ma-rido, pero tamén, como xa vimos, os outros tres cuartos queforan do seu tío. a fábrica de curtidos da Coutada nova e asleiras e os dereitos propiedade dos bárcena pasaban tamén aela e aos fillos por herdanza de manuel. só concorrían outrosdereitos sobre o conxunto do novo patrimonio, os dos seus fi-llos. pilar entregoulles algo máis de dous millóns de reais enefectivo, e en troques pasaba a concentrar na súa persoa tantoos bens procedentes dos menéndez coma dos bárcena.15

pouco máis tarde transformaría a sociedade menéndez y bár-cena e daríalle entrada ao seu fillo maior, manuel —augustoera aínda menor de idade— como socio industrial; a súa contribuciónsería toda de capital.16

a década de 1860 foi unha xeira favorable para a refundada empresaque acumulaba xa dúas décadas de vida e que agora dirixía o mozomanuel bárcena Franco. Continuaron co negocio das pasaxes a amé-

130Empresarios de Galicia

14 «Cos meus fillos homes gastei todo o que foi preciso para a súa esmerada educacióne que con iso cometín moitos máis dispendios ca coas súas irmáns», aHppo, Protocolos,graña, 17/02/1860.

15 aCtC. tamén aHppo, Protocolos, álvarez del Quintanal 16/04/1862 e gonzálezFebrero 18/06/1874.

16 aHppo, Protocolos, álvarez del Quintanal, 07/05/1871.

Page 117: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

rica, agora como consignatarios da pacific steam navigation Company,de a. lópez y Compañía, e doutras de entre as máis importantes compa-ñías que tocaban nos portos galegos.17 Continuaron tamén coa actividadebancaria: negociación de letras de cambio, diñeiro a premio, préstamospara diversos efectos. E co depósito de carbón, que agora vía medrar o seumovemento a medida que o vapor substituía a vela como aquel de trac-ción para os barcos que frecuentaban a ría. E coa exportación de gando,que tivo precisamente nos anos 1860 a súa década de ouro. neste últimoeido os bárcena foron un dos grupos comerciais que participaron no cár-tel da exportación de gando galego a Inglaterra, un negocio no que unfeixe de compradores, ao que pertencían tamén o compostelán manuelpérez sáenz e os coruñeses augusto José de vila e os irmáns Carricarte,se distribuían as zonas de compra co obxectivo de evitaren a competen-cia.18 pola súa banda, a fábrica de curtidos debeu ter durante os anossesenta unha evolución favorable, pois unha avaliación de peritos corres-pondente a 1871 dáballe un valor superior aos dous millóns de reais, oque a seguía a situar como unha das máis importantes polo valor dos seusactivos en galicia. xa na metade da década, contra 1864, a sociedademenéndez y bárcena era a primeira contribuínte en concepto de comer-cio de por xunto de toda a provincia de pontevedra.

o pasamento da propietaria do capital familiar, pilar Franco menéndezno ano 1872 tampouco alterou a continuidade do negocio. os dous irmánsbárcena Franco cambiaron a razón social pola de manuel bárcena y Her-mano e seguiron adiante.19 o importe do traspaso achegouse aos sete mi-llóns de reais, dos que os dous terzos lle correspondían á fábrica de cur-tidos.20 manuel e augusto mantivéronse asociados durante os dez anosseguintes, pero cada vez actuando máis pola súa propia conta, polo queen xuño de 1881 decidiron liquidar a empresa familiar. manuel quedou

131Manuel Bárcena Franco

17 vázQuEz (1999: 786).18 Carta de manuel pérez sáenz a John Hall and Company do 02/11/1863, en arquivo

do banco gallego, fondo manuel pérez sáenz, libros maiores e correspondencia de mpsentre 1860-1880.

19 datos extraídos da Escritura ante Eugenio domínguez gonzález o 28/05/1881.adp, Fondo Saracho.

20 aHppo, Protocolos, gonzález Fernández, 14/12/1873.

Page 118: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

coa fábrica de curtidos e cos activos e pasivos daquela, mentres que augustorecibiu a liquidación pola parte achegada á sociedade e polas utilidadescorrespondentes a aqueles anos.21 agora si que era, despois de corentaanos, o final de menéndez y bárcena.

a partir da liquidación da sociedade, os irmáns bárcena Franco segui-ron cada un o seu propio camiño, aínda que os eidos percorridos non foronmoi distintos. ocupáronse ambos os dous no negocio bancario, na consig-nación de buques e nos asuntos portuarios e inmobiliarios. ambos os dousocuparon diversas representacións consulares e interviñeron na políticalocal, chegando un e outro a ser alcaldes da cidade, augusto durante unsmeses no ano 1879 e manuel durante os dous anos seguintes. Formaronparte do consello de administración da sucursal viguesa do banco deEspaña, entre os anos 1884-1887 manuel e desde aquela ata 1909 augusto,e da directiva da Cámara de Comercio, da que manuel foi fundador e pri-meiro presidente.22 Finalmente, ambos acadaron títulos nobiliarios, poismanuel foi nomeado no ano 1891 conde de torre-Cedeira e augusto en1906 adquiriu o de conde de Casa bárcena23. En todo caso, e malia esteselementos comúns no percorrido dos irmáns bárcena Franco, as súas tra-xectorias tiveron un peso e unha orientación diferentes dentro da vida eco-nómica viguesa, máis virada ao mundo da cultura no caso do menor emáis cara ao da política e a empresa no caso de manuel.

deste xeito, e aínda que augusto bárcena Franco (1839-1910) taménse dedicou ao comercio de importación-exportación, especialmente dobacallau e á consignación de buques —asociado primeiro con segundotorres e logo aos coruñeses irmáns Carricarte— e aínda que foi o solici-tante dalgunha liña de tranvías, augusto pasaría á posteridade máis ca porestas actividades por outras relacionadas coa educación e coa cultura.achegou os terreos, que el herdara, nos que a sociedade bárcena, martínezy pérez, construíu o teatro-circo, que logo sería tamberlik e presidiu noano 1885 a comisión que impulsou a creación da Escola de artes e ofi-

132Empresarios de Galicia

21 «presentación de cuentas de manuel bárcena Franco a su hermano augusto el 13de abril de 1882», en adp, Fondo Bárcena Saracho.

22 gonzálEz martín (1986).23 adp, Fondo Bárcena Saracho.

Page 119: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

cios, que tivo nun edificio da súa propiedade a súa primeira sé.24 Casadocon maría del Carmen saracho spínola en 1881,25 tivo dous fillos, au -gusto (1883-1977) e margarita (1886-1909). ao seu pasamento en 1910, asúa viúva e os seus fillos formaron a sociedade regular colectiva viuda eHijos de augusto bárcena, para darlles continuidade aos negocios decomercio e consignacións, pero xa cun capital moi minguado, o de cincomil pesetas. a actividade desta sociedade sería breve, pois o fillo, augustobárcena saracho, malia licenciarse en dereito en madrid e comezar estu-dos de comercio en barcelona, optou por consolidar a súa vocación artís-tica que o levaría a se converter nun importante compositor de música dearraigo galego.26

Manuel Bárcena Franco e a expansión urbana do Vigo oitocentista

Cando no ano 1881 manuel bárcena Franco se independiza do seuirmán, acumulaba xa sobre as súas costas unha amplísima traxectoria em-presarial, pois actuara como xerente practicamente único de sociedadefamiliar durante máis de vinte anos. pero ademais diso, tamén desenvolverade seu diversas actividades. Entre elas, unha das de máis transcendenciafora a súa participación na construción e na urbanización dos recheos dazona do porto, na que entrara na xeira na que estaba asociado con augusto,e que no momento da separación aínda non rematara. aquelas obras e oseu resultado —que foi o primeiro ensanche vigués e as súas primeirasinstalacións portuarias modernas— formaban parte dun conxunto de ac-tuacións que configuraron a fasquía do vigo da época da primeira indus-trialización e que comezaran co derrubamento das murallas da cidadeantiga e co proxecto de «nueva población» e continuaran coa chegadado ferrocarril e co trazado das que se converterían en principais arteriasda cidade. o futuro conde de torre-Cedeira albiscara moi axiña as posi-

133Manuel Bárcena Franco

24 amv, caixa urb-11, núm. 141 (ano 1885).25 maría saracho, era pontevedresa, nacida no ano 1865 e filla do delegado provincial

de Facenda. muller de fonda relixiosidade, foi a principal impulsora dos xoves Eucarísticosen vigo. o Concello dedicoulle unha rúa co gallo do cincuentenario destes últimos.

26 gonzálEz martín (2005).

Page 120: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

bilidades do negocio urbanístico e tomaría unha participación moi activana configuración do urbanismo vigués contemporáneo, do que sería undous principais facedores, tanto pola súa participación no movemento desoares e construcións coma porque desde os postos políticos que ocupouexerceu unha enorme influencia nesta cuestión.

para desenvolver o proxecto de saneamento dos terreos da parte occi-dental do areal e da construción dos peiraos situados na zona da laxe —que presentaran garcía olloqui e vázquez varela no ministerio deFomento no ano 1870— formouse tres anos despois a denominada Com-pañía de los terrenos y muelles del puerto de vigo.27 a cambio das obrasque debía realizar, a empresa recibiría os terreos saneados dos que se des-contaría un espazo que se destinaría a paseo público. os autores do proxectoentraron como accionistas da empresa, a carón do capitalista madrileñoJuan Callejón villelgas e dun feixe de empresarios locais, que eran Félixvilloch, Juan tapias Ferrer, Fernando Carreras, alejandro buenaga e opropio manuel bárcena Franco. a eles in-corporaríase axiña simeón de oya. agás opropio garcía olloqui, os demais eran todossocios capitalistas e achegaron un total dedous millóns de reais.28 bárcena ocuparíao cargo de xerente durante os dous primeirosanos da empresa e en tal concepto foi quenlle presentou o proxecto de urbanizacióndo novo barrio ao concello de vigo.29

tal como estaba estipulado, ao rematedas obras, a sociedade recibiu as obras e opeirao de madeira; os terreos convertéronseen soares que ocupaban o que actualmente son os bloques comprendidosentre as rúas Carral, garcía olloqui e Concepción arenal, limitadas aosur pola alameda e ao norte por montero ríos.30 a continuación liquidouse

134Empresarios de Galicia

27 Gaceta de Madrid do 28/12/1870 e do 09/10/1873.28 aHppo, Protocolos, gonzález Febrero, 23/09/1873 e 31/11/1873.29 amv, caixa urb-6.30 sobre a historia do recheo véxase pErEIro alonso (1981).

Page 121: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

135Manuel Bárcena Franco

e disolveuse a sociedade de forma quese valoraron os bens e se lles entregarona cada socio os terreos que lles corres-ponderan en función da súa contribu-ción de capital. a bárcena correspon-déronlle doce soares por un valor de168.674 pesetas, o que supoñía un be-neficio de case que un 40% xa antesde comezar a súa venda.

os doce soares do recheo engrosa-ron o patrimonio inmoble que manuelbárcena adquirira por herdanza, poispilar Franco reunira no seu día unhaboa presada de leiras. pero houbo aíndaunha terceira fonte de engrandece-mento das propiedades do antigo xe-rente de menéndez y bárcena, que foia propia compra que el mesmo viña fa-cendo, e que continuaría ata os derra-deiros anos da súa vida.31 o conde detorre-Cedeira mercou especialmenteen zonas como a actual rúa de poli-carpo sanz, a de Carral, Caños, areal,guixar, victoria, roupeiro e urzáiz,así coma tamén edificios na zona vella.Finalmente, mercaría xa no ano 1894soares máis afastados do centro en lu-

gares como peniche e Coia. alí mercou, por exemplo, dúas leiras que to-talizaban unha extensión de media hectárea, entre as actuais rúas detomás alonso e paz, moi ben dotadas de auga, que utilizaría posteriormentepara augada dos buques.32 En realidade, xa antes destas últimas comprasde soares e edificios, xa no ano 1889 manuel bárcena convertérase no

31 souto (1990: 84-92).32 rexistro da propiedade de vigo (en adiante rpv), leiras núm. 3272 e 3275.

Page 122: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

principal propietario urbano da cidade de vigo, algo que continuaríasendo ata o seu pasamento.33

manuel bárcena pode ser considerado un verdadeiro empresarioinmobiliario, que actuou coa racionalidade de tal, probablemente o máisimportante da galicia da súa época. na súa política de compras estivo enmoitas ocasións a perspectiva de agrupar leiras, aumentar o seu valormediante a concentración e vender ou edificar por conta propia, en moi-tos casos para alugar e obter rendas.34 a xénese do coñecido como edifi-cio bárcena —que ocupa a esquina entre as actuais rúas de policarposanz e velázquez moreno— é un bo exemplo do que estamos a dicir.bárcena dispoñía dunha leira na Fervenza, que era o nome que anterior-mente tiña aquel lugar; no ano 1878 mercou seis leiras estremeiras (dúascualificadas como rústicas e catro como urbanas) por un valor de 43.229pesetas.35 sobre parte do predio resultante o Concello abriu no ano 1888unha rúa que comunicaba a rúa do príncipe coa actual de policarposanz. daquela, o noso empresario construíu alí un edificio valorado en446.933 pesetas, onde hoxe se sitúa o centro social dunha coñecida enti-dade financeira.

Cómpre ter en conta que naquela altura —anos 1870 a 1900— a dis-persión da propiedade fóra da zona vella era elevada e que a competenciapola compra de leiras no seu contorno era forte. ademais de bárcenaoutros importantes investidores neste tipo de bens eran naqueles anos osbarreras, os Curbera, os Curty ou os tapias, polo que resulta pouco pro-bable que manuel bárcena puidese concentrar alén do que o fixo.

manuel bárcena Franco non se limitou a facer unha contribuciónimportante á configuración do urbanismo moderno en vigo senóntamén á súa estética, pois entre os edificios que promoveu atópansealgúns dos que aínda hoxe resultan distintivos da cidade, tal como por

136Empresarios de Galicia

33 lista dos maiores contribuíntes de vigo en souto (1990: 86-89).34 non é esta a opinión por exemplo de souto, para o que «a ausencia de concen-

tración das propiedades, agás no caso do ensanche de garcía olloqui, e a correspondenteurbanización, implica unha escasa actuación empresarial no eido inmobiliario, o que con-trasta coas numerosas propiedades pola cidade…». Cfr. souto (1990: 92).

35 as vendedoras eran sobre todo mulleres de certa idade, que herdaran as leiras dosseus pais ou como gananciais. rpv, leiras núm. 2083, 2101, 2102, 2112; 2157.

Page 123: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

exemplo o xa citado da esquina entre policarpo sanz e velázquez mo -reno ou o antigo Hotel moderno na porta do sol.

manuel bárcena tamén mercou fóra de vigo distintas leiras noutrasbisbarras da provincia. xa antes de casar adquirira unha na parroquiaredondelá de Cedeira, que posteriormente pasaría a denominarse torre-Cedeira, á que acudirían frecuentemente políticos madrileños e outrospersoeiros ao seu paso por vigo. as súas compras na zona do salnés e doCondado manifestaron axiña o seu interese polo mundo da viticultura. no

ano 1884, xa casado, mercou por 140.000pesetas, unha gran leira denominada Filla-boa, que ocupaba 37 hectáreas e que lin-daba coa desembocadura no miño do ríotea.36 Era esta unha espectacular propie-dade da duquesa de Híjar, dedicada a cereal,viñedo, que incluía unha importante carba-lleira e piñeiral, que bárcena mercou a cam-bio do pago a varios banqueiros madrileñospara saldar algunhas débedas que a grava-ban. a Fillaboa foi empregada primeiro co -mo segunda residencia á que tamén acu -dían persoas relevantes ao seu paso por vigopero axiña pasou a ter como uso principal aprodución comercial de uva para vinifica-

ción baixo a marca la Fillaboa e a indicación de orixe do Condado. oconde de torre-Cedeira actuou nesta ocasión como un verdadeiro empre-sario agrario, pois tivo que realizar un importante investimento na renova-ción das cepas, e fixo un esforzo moi relevante por situar o seu viño —tintoe branco— nun segmento alto do mercado, como viño de calidade, desti-nado ao consumo en actos de importancia social en España, pero sobretodo a ser consumido polo estrato máis abastado da emigración galega en

137Manuel Bárcena Franco

36 «además de una casa con bodega, tres lagares con sus correspondientes maderas yvasijas, tres casas más subalternas, dos corrales o cuadras, pegadas a la principal con treshórreos y una barca para paso de jornaleros», rexistro da propiedade de ponteareas. tomo140 de salvaterra, leira núm. 1267, inscrición núm. 6, fol. 133.

Etiqueta vino de La Fillaboa

Page 124: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

américa. deste xeito, o Fillaboa xa se exportaba a Cuba e arxentina contrao ano 1900 e aparecía, a carón do champaña da viúva de Clicot, nos me -nús das vodas do Hotel suízo de vigo ou dos máis importantes actos so -ciais dos balnearios da toxa e de mondariz.37

polo conxunto das súas propiedades o matrimonio bárcena-Francofoi no cuarto de século anterior á primeira gran guerra non só o primeirocontribuínte por urbana da súa cidade, senón tamén un dos primeirospor territorial na provincia.

Manuel Bárcena Franco, banqueiro e empresario portuario

a carón da urbanística, as outras dúas grandes orientacións empresa-riais de manuel bárcena Franco foron a bancaria e a dos servizos maríti-mos. Cara a elas foi aos poucos orientándose o conde, ao mesmo tempoque, desde o momento da disolución da empresa familiar, se desentendíada súa outrora gran fábrica de coiros ou de calquera investimento nasnovas industrias que estaban a se desenvolver no seu contorno inmediato,tales como a conserva e as súas afíns ou como a eléctrica.38 resulta espe-cialmente indicativo da súa pouca propensión ao investimento industrialo feito de ser o único banqueiro galego das dúas décadas finais do xIx eprimeira do xx que non tomara parte na creación de ningunha empresahidroeléctrica nin tranviaria, malia as estreitas relacións que mantiña comarqués de riestra e con laureano salgado, que se contaron entre osprincipais impulsores do sector, e que, sen dúbida, o tentaron a partici-par. En realidade, nin sequera se debeu preocupar moito pola súa fábricade curtumes de lavadores porque os investimentos que nela fixo foronmáis en ampliacións do seu perímetro ca en instalacións produtivas.

Con trinta anos e aínda na súa época de menéndez y bárcena, o pro-pietario vigués fora no ano 1863 un dos impulsores do proxecto de crea-ción dun banco de Emisión e desconto en vigo, acubillado á lexislaciónbancaria de 1856, que permitía a formación de institucións locais concapacidade de emisión de billetes e de realizar descontos bancarios. En

138Empresarios de Galicia

37 Gaceta de Galicia, 30/09/1903 e 30/03/1909.38 Carmona e nadal (2005).

Page 125: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

galicia existía xa un banco emisor desde 1857 na Coruña, e estaba enmarcha en santiago de Compostela unha iniciativa semellante.39 os pri-meiros pasos deste proxecto déraos un banqueiro cántabro —Juanabarca— que a través da casa coruñesa de pastor Hermanos reunira unamplo grupo de comerciantes industriais e vigueses, que serían, a carónde coruñeses e cántabros os primeiros subscritores de accións. a aquelaxuntanza asistira manuel bárcena e no seu curso subscribira cincuentaaccións, unha cantidade significativa, porque era a mínima precisa parapoder exercer o cargo de director. bárcena incorporouse decontado ácomisión xestora e desde ese momento foi un dos seus principais impul-sores. mais o proxecto foi rexeitado polo Consello de Estado, que, entreoutras cousas, considerou excesivamente longo o prazo proposto para odesconto de obrigas de pagamento e préstamos, que era de seis meses,cando o común era a noventa días, e porque nas garantías de sinaturaspara desconto só se esixían dúas, cando o uso xeral era de tres.40

á marxe da súa frustrada participación nesta sociedade anónima ban-caria, bárcena continuou como banqueiro individual, o máis importantedos existentes en vigo, coa dinámica herdada de menéndez y bárcena:admisión de diñeiro a depósito pagando un 1% de xuro, concesión dediñeiro a préstamo, operación esta na que esixía adoito garantías hipote -carias ou de papel comercial, aceptación de obrigas de pagamento, aper-tura de contas de crédito, etc. dispoñía dunha ampla rede de correspon-dentes e os seus seareiros acadaban toda a área sur da provincia. moitos dosmovementos nas contas destes últimos estaban relacionados coa compra e coa venda de débeda pública española e latinoamericana, coa compra ecobro de cupóns e coa distribución das remesas procedentes da emigra-ción, liña esta na que manuel bárcena era, xunto con tapias, o seu prin-cipal canalizador no sur da provincia, tal e como indica o gobernador civilnun coñecido informe do ano 1888.41

aínda que tal e como xa dixemos, manuel bárcena non se involucroudirectamente nas industrias daquela nacentes en galicia, si que partici -

139Manuel Bárcena Franco

39 FaCal (2003). «banco de Emisión y descuento de santiago 1863-1871» (ms.)40 aHn, Hacienda, atado 434.41 sartHou (1888: 27).

Page 126: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

pou no financiamento dalgunhas, nomeadamente das de carácter maríti -mo. no vigo de finais de século, e ata a creación do banco de vigo noano 1900 os empresarios tiveron moi poucas oportunidades de contar conliñas estables de crédito bancario. pois ben, a casa bárcena foi nestesentido, a máis implicada nesta actividade. Entre os clientes que dispuxeronde préstamos relevantes ou de liñas de crédito máis elevadas contáronseindustriais como benigno barreras (fabricante de conservas), antoniosanjurjo badía (fundidor e fabricante de caldeiraría), león valverde (ar-mador), laureano salgado (turismo e xeración de electricidade) ou román

140Empresarios de Galicia

rodríguez (empresario de baiona). neste sentido, pódese dicir que noperíodo anterior á creación do banco de vigo, manuel bárcena Francofoi —na medida na que lle foi posible— o banqueiro da primeira indus-trialización viguesa.

no eido dos negocios marítimos, bárcena foi ampliando os seus activosdestinados á mellora da loxística do fornecemento de carbón aos buquesde vapor que chegaban ao porto, non así os destinados ás exportacións degando, pois foi este un negocio que rematou a comezos dos anos 1880por mor das prohibicións sanitarias inglesas. tamén foi mercando barcos,de xeito que no ano 1891 inscribira ao seu nome unha corveta, unhafragata de ferro, un remolcador de vapor e seis gabarras, ademais dun de-

Page 127: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

pósito flotante de carbón.42 o remolcador proporcionáballes aos vaporesde auga, aceite, velas, chalecos salvavidas, carbón, remolques, servizos delimpeza de caldeiras e reparacións; algúns destes servizos prestábanse coacolaboración dos talleres de troncoso y santodomingo. as actividadesportuarias eran durante os primeiros anos do século vinte a principal víade ingresos da casa bárcena, pois representaba o 57% da facturación. asegunda vía en importancia era a bancaria; dentro desta última as principaispartidas eran os xuros, as comisións e especialmente os ingresos por dife-rencial nos cambios e cupóns. as consignacións e os servizos de axenciadas compañías armadoras para as que traballaban eran a terceira vía deingresos.

naquela altura —primeira década do século xx— a casa bárcena con-taba con oito empregados de oficina, dos que dous desenvolvían tarefasde responsabilidade. Eran ramón menacho e perfecto pino. Cun amplocoñecemento do mundo dos servizos portuarios, estes dous últimos aso-ciáronse, á morte do conde de torre-Cedeira, con sobrinos de José pas-tor e cos irmáns tapias para formar en a Compañía de Carbones de vigo,unha importante empresa de compravenda de carbón a buques a travésde depósitos flotantes.43

o peso do conde de torre-Cedeira na sociedade viguesa do últimoterzo do xIx levouno a ocupar diversos postos significativos nas instituciónseconómicas locais. Comezou sendo cónsul do tribunal de Comercionos anos 1865-1866, daquela como representante da empresa familiar;foi fundador e presidente da liga de Contribuyentes a mediados dos anossetenta e impulsor e primeiro presidente da Cámara de Comercio, cargoeste último que ocupou entre 1886 e 1893. participou tamén en instituciónscomo a sociedade recreativa la tertulia.

no eido da política manuel bárcena y Franco continuou e amplioua actividade dos seus devanceiros. Comezou como presidente da Juntarevolucionaria local no ano 1868; de aí pasou á deputación en repre-sentación do partido radical nos anos 1871-187244 e ao senado. En se -

141Manuel Bárcena Franco

42 abrEu (1983); aCtC, Libros Auxiliares.43 rexistro mercantil de pontevedra (en adiante rmp), Sociedades, tomo 8, núm. 12.44 taboada mourE (1987).

Page 128: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tembro do ano 1879 foi elixido alcalde de vigo, cargo no que se mantivoata maio do 1881. a súa foi unha das alcaldías con mais frenesí urbanísti -co de toda a historia da cidade. naquela altura era xa membro do partidoConservador de Cánovas del Castillo, que na provincia representabaElduayen e, como tal, repetiu de senador durante cinco lexislaturas máis.Cómpre salienta-las súas intervencións naquel foro en temas como adefensa das admisións temporais de materias primas destinadas á súaincorporación a produtos exportables, algo que demandaban os conser-veiros vigueses para a folla de lata, ou como a construción ou mellora decategoría de varios dos portos galegos.

baixo a alcaldía de manuel bárcena Franco aprobáronse os primeirosproxectos de urbanización extra muros, entre os que se contaron os dasactuais rúas de Carral, Elduayen, afonso xIII ou lepanto. El mesmo ocu-pouse, en moitos casos, de convencer e organizar os propietarios de leirassituadas en lugares que debían atravesar as novas rúas, para efectuar acesión ou permuta, tal como aconteceu na zona da antiga rúa de Circun-valación (hoxe policarpo sanz) ou de intervir en temas conflitivos comoo contencioso entre o Concello e a Compañía de los terrenos y muellesdel puerto de vigo sobre os terreos que hoxe conforman a alameda.45

tamén durante a súa alcaldía se expuxo o plan xeral elaborado por manuelFernández soler, no que se establecían as liñas das novas rúas. bárcena—como bo coñecedor que era da situación urbanística e dos problemaseconómicos do Concello— para os levar adiante propuxo e conseguiu aaprobación de diversas medidas destinadas a financiar obras municipais,como por exemplo melloras na recadación dos gravames sobre edificación,emisión de empréstitos e outras que permitiron construír catro casas escola,un mercado aberto e unha peixaría, así coma reformar a alameda. Contodo, de entre todas as súas iniciativas como alcalde, pola que quedoumáis presente na memoria local non foi unha medida urbanística, senónfinanceiro-benéfica: a creación da Caja de ahorros municipal de vigo,da que foi o seu primeiro presidente, un cargo no que estaría pouco tempopor estar ligado á ocupación da alcaldía, e primeiro impositor.

142Empresarios de Galicia

45 souto (1990), amv, urb.

Page 129: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Morte e sucesión do conde de Torre-Cedeira

manuel bárcena Franco casara no ano 1874 coa compostelá doloresde andrés y lópez —filla e neta de empresarios daquela cidade— coaque tivera tres fillos (manuel, Fernando e Carlos) e outras tres fillas (En -riqueta, dolores e pilar).46 destas últimas, a primeira morreu nova; dasoutras dúas, casou unha delas cun industrial vigués, administrador dasociedade león valverde y Compañía, e outra cun militar irmán da mar-quesa de riestra. á súa morte, acaecida no ano 1909, o valor dos ganan-ciais cuadriplicaba o achegado polos dous cónxuxes ao matrimonio, unindicador do pulo empresarial que o conde tivera.47

mais co pasamento do conde de torre-Cedeira rompeuse a continui-dade de cinco xeracións da empresa familiar. Inicialmente dous dos fillos,Fernando e Carlos bárcena de andrés formaron unha sociedade colectiva,á que logo incorporaron a súa nai e o seu irmán manuel. Esta sociedadeque trataba de ser un recurso para a continuidade do negocio —como noseu día menéndez y bárcena— agrupaba a todos os activos non inmobi-liarios da familia. tivo unha vida curta xa que se disolveu no ano 1916 eCarlos quedou co negocio máis rendible que era o dos carbóns.

nos anos seguintes fóronse segregando os distintos negocios que com-poñían a casa mercantil. a fábrica de coiros quedou nas mans de Fernandobárcena, as consignacións e o consulado inglés nas de manuel, os depósitosde carbóns e o patrimonio flotante nas de Carlos; o patrimonio urbano erural distribuíuse entre fillos e fillas, agás a leira da Fillaboa e, xa que lo -go, a elaboración de viño, que por vontade do conde foi excluída dedivisión, e que quedou nas mans da viúva e logo das dúas fillas.48 ningúndos fillos quixo saber nada da división bancaria e foi un sobriño, manuelJáudenes bárcena, corredor de comercio, o que se fixo cargo do negocio,transformándoo na que sería casa banca Jáudenes bárcena.49

143Manuel Bárcena Franco

46 sobre a familia de andrés garcía véxase barrEIro FErnándEz (1988).47 o matrimonio comezara cun millón trescentas mil pesetas e cos gananciais; á morte

de bárcena superaban os cinco. aCtC, «partilla da herdanza de manuel bárcena Franco».48 a familia mantivo a leira da Fillaboa ata 1955 na que foi adquirida polos descen-

dentes de Federico barreras massó e pasou logo por compra das partes dos seus irmáns acoñecido enxeñeiro vigués alejandro barreras barret, que a convertería nun dos emblemasdo nova denominación de orixe rías baixas.

49 rmp, libro 17, fol. 1.

Page 130: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a orientación e a sorte dos herdeiros foi moi distinta nos anos seguin-tes. manuel, o vinculeiro, segundo conde de torre-Cedeira, compaxinouos negocios urbanísticos cos portuarios. mercou no ano 1910 unha granpropiedade no areal de Coia, coñecida como alambique, que era conti-nuación dunha herdada do seu pai, e que ocupaba desde a actual tomásalonso ata o areal devandito, todo ao longo da actual rúa da paz. no ano1913 presentoulle ao Concello unha proposta de urbanización de toda azona situada entre aquela e peniche, distribuíndo en soares edificables eabrindo unha «calle particular», que remataría por ser a actual rúa detorrecedeira.50 nestas e noutras moitas actuacións urbanísticas manuelfoi o principal continuador da política do seu pai, e tivo unha importanteinfluencia, como el sobre a paisaxe viguesa do século xx.

no outro eido, o dos negocios portuarios, entrou manuel en dous im-portantes negocios, sempre asociado con león valverde. o primeiro delesfoi a sociedade establecida no ano 1912 para subministrar augada, salva-mentos e outros servizos portuarios baixo a razón social de molins, val-verde y Compañía.51 bárcena achegou o manancial de auga potable quetiña no seu soar de peniche, que a carón dos que achegaron os outros so-cios nas zonas do areal e de meira, os alxibes da familia Carrera e os co-ruñeses de Hijos de thomas guyatt, déronlle vida a unha empresa quese mantería funcionando ata 1999.52 a outra iniciativa na que tomou partefoi a fábrica de xeo león valverde y Compañía, constituída en 1918 a ca-rón doutros trinta e cinco empresarios da zona, entre os que se contabanJosé Cardama ou benigno montenegro. bárcena era —a carón de val-verde e ramón lojo— un dos principais accionistas desta fábrica que en1923 ampliaría capital para absorber a outras dúas que existían na ría,unha delas a do seu curmán manuel otero bárcena.53

manuel bárcena de andrés casara con obdulia de Castro montene-gro, coa que tivo catro fillas e nove fillos, menores de idade aínda candofinou en 1927. o maior, manuel, herdou o título nobiliario, que, ao mo-

144Empresarios de Galicia

50 amv, Actas, 25/10/1913 e urb-79.51 rmp, libro 8, fol. 181.52 a sociedade transformouse en aljibes de vigo s.l. en outubro do ano 1986 e dis-

olveuse no ano 1999. Cfr. rmp, libro 596, fol. 105.53 rmp, libro 11, fol. 158.

Page 131: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

rrer sen descendencia pasaría ao seu irmán Felipe, e del ao actual condede torre-Cedeira, Felipe bárcena varela de limia.

Carlos bárcena de andrés, casado con margarita Conde pascual, foiprotagonista dunha importante e fugaz aventura empresarial no mundoda construción naval. ao fío do auxe dos anos da primeira guerra mundialno sector dos estaleiros54 entrou a formar parte en 1917 —a carón de Josémaeztú novoa— dunha sociedade destinada «a la construcción y compraventa de cascos, máquinas y calderas de vapores pesqueros». a compañía,J. maeztú y Compañía, facíase cargo da carteira de contratos de caldeirase buques pesqueiros que tiña o seu socio, así coma das garantías de en-trega;55 Carlos, pola súa banda mercou dous soares na zona do Cruceirovello de bouzas nos que se estableceu o estaleiro que pasaría a dirixirmaeztú. a empresa construíu e montou máis de corenta pesqueiros entre1919 e 1922 e pasou así a ser o cuarto estaleiro da ría por número de bu-ques entregados durante eses anos.56 mais o medio desfavorable do finalda guerra mundial e a propia e deficiente xestión do negocio levárono ácreba e a unha desafortunada sucesión de obrigas que remataron por forzara intervención da viúva do conde de torre-Cedeira e por repercutir gra-vosamente sobre o patrimonio familiar dos bárcena.

Finalmente, Fernando bárcena de andrés herdou a fábrica de coirosde lavadores nun momento no que esta actividade estaba xa en galiciaen completa decadencia. Continuou a traballar solas e becerro ata 1934mais proba da súa mala marcha foi o feito de que Fernando se viu for-zado a hipotecala catro veces, tería que enfrontarse a un embargo, e final-mente, faríase con ela no ano mencionado a Caja de ahorros municipalde vigo que fundara precisamente o seu pai. a Caja subhastouna e foimercada por un cidadán portugués que a transformaría nunha fábrica degoma.

Cando no ano 1928 finou dolores de andrés, condesa viúva de torre-Cedeira, os bens que lles deixou aos seus herdeiros non representaron nino dez por cento dos que quedaran no momento do pasamento do seu

145Manuel Bárcena Franco

54 Carmona e nadal (2005: 156-160).55 aCtC, Correspondencia.56 abrEu (1983).

Page 132: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 146

marido dezanove anos antes. dunha banda, porque moito fora xa repar-tido e estaba espallado entre a descendencia. doutra, porque ela mesmativera que responder ante as débedas do estaleiro de bouzas, de maneiraque tivera que poñer o máis emblemático edificio da familia, a popular-mente coñecida como Casa bárcena, da esquina policarpo sanz-veláz-quez moreno, nas mans da Caja de ahorros de vigo. unha vez tododividido, ningún dos fillos, que contaron en todo caso cun amplo patri-monio inmobiliario, desenvolveu unha carreira empresarial semellante ádos seus devanceiros. Con numerosas familias e cunha nova repartición,o patrimonio foise esvaecendo segundo avanzaba o século xx. E é queunha dinastía empresarial, a dos menéndez e dos bárcena, coa quintaxeración, tocaba á súa fin.

Bibliografía

abrEu FErnándEz, F. (1983): La formaciónde capital en la ría de Vigo 1888-1940.El sector naval y la industria conservera,tese de doutoramento inédita, universi-dade de santiago de Compostela.

alonso álvarEz, l. (1986): Comercio co-lonial y crisis del Antiguo Régimen enGalicia (1778-1818), a Coruña.

bárCEna guzmán, J. m. (2007): Los condesde Casa Bárcena. Memorias de una fa-milia viguesa, transcrición e redaccióndo manuscrito por Julia sáez-angulo.

barrEIro FErnándEz, J. r. (1988): «la bur-guesía compostelana: la familia de an-drés garcía (1760-1815)», en r. vIlla-rEs (coord.): La ciudad y el mundourbano en la historia de Galicia, santiagode Compostela, tórculo.

Carmona, x. (1982): «sobre as orixes daorientación exportadora na producciónbovina galega. as exportacións a Ingla-terra na segunda metade do século xIx»,Grial, anexo 1, pp. 169-206.

— e m.ª t. FErnándEz (2003): A Compos-tela industrial. Historia e pegada das fá-bricas de coiros no Concello de Santia -go, santiago de Compostela, Consorciode santiago.

— e J. nadal (2005): El empeño industrialde Galicia. 250 años de historia, 1750-2000, a Coruña, Fundación pedro ba-rrié de la maza.

FaCal, m.ª J. (2003): El efecto de las leyesbancarias de 1856 en Galicia: el caso delBanco de Emisión de la Coruña 1857-1875, tese de doutoramento, universidadede santiago de Compostela.

FarIña Jamardo, x., e m. pErEIra FIguE-roa (1986): A Diputación de Pontevedra1836-1986, pontevedra, deputación depontevedra.

garCía lópEz, a. (2003): La actividad ban-caria en Galicia desde el Catastro delmarqués de la Ensenada a la ley Cambó,valladolid, lex nova.

Page 133: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

gIráldEz lomba, a. (2005): Recordando lostranvías de Vigo, pontevedra, deputa-ción provincial de pontevedra.

gonzálEz martín, g. (1986): Cien añosde interés por Vigo, vigo, Cámara de Co-mercio, Industria y navegación.

— (2005): «augusto bárcena saracho, mú-sico vigués con amplia obra gallega»,Glaucopis, Boletín del Instituto de Estu-dios Vigueses, núm. 11.

mEIJIdE pardo, a. (1973): «apuntes para laHistoria de vigo y su consulado de Co-mercio 1820-1826», Boletín de la RealAcademia Gallega lxvI, tomo xxxI,núm. 355.

taboada lEal, n. (1840): Descripción to-pográfica-histórica de la ciudad de Vigo,su ría y alrededores, vigo.

pErEIro alonso, J. l. (1981): Desarrollo ydeterioro urbano de la ciudad de Vigo,vigo, C.o.a.g.

rodríguEz Elías, a. (1930): El cincuente-nario de la Caja de Ahorros de Vigo. Elfundador y su obra, vigo, Faro de Vigo.

sartHou, r. (1888): Memoria redactada encumplimiento del art. 26 de la Ley Pro-vincial vigente, pontevedra.

souto gonzálEz, x. m. (1990): Vigo: Cenanos de historia urbana (1880-1980),vigo, xerais.

taboada mourE, p. (1987): Las elites y elpoder político. Elecciones provinciales enPontevedra (1836-1923), pontevedra, de-putación provincial de pontevedra.

vázQuEz gonzálEz, a. (1999): La emigra-ción gallega a América 1830-1930, vol.II, tese de doutoramento inédita, uni-versidade de santiago de Compostela.

Manuel Bárcena Franco 147

Page 134: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1837-1922

ANTONIO SANJURJO BADÍA

Page 135: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

* agradezo a axuda prestada por manuel e Enrique sanjurjo blein, así como a xosé r.barreiro Fernández polas facilidades de que dispuxen para a consulta do Fondo sanjurjobadía na real academía galega.

1 malia que se ignora a data exacta na que antonio sanjurjo abriu o seu obradoiro, nunrexistro de 1867 aparecen unicamente el e primo ortega vaamonde como fundidores esta-blecidos en vigo. ademais, contamos cunha listaxe de empregados, cuxa data máis temperáé de febreiro de 1865. Cfr. rexistro mercantil de pontevedra, matrícula xeral de Comerciantes,1867, folla 6 e real academia galega (en adiante rag), Fondo sanjurjo badía (en adianteFsb), Carpetas de xornais de sanjurjo, 1865-1866.

2 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de manuel sanjurjo badía do 18/11/1887e rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de manuel martínez do 28/02/1898.

A SEGUNDA LIÑA DAINDUSTRIALIZACIÓN VIGUESA*

Joseba Lebrancón Nieto Investigador do IdEga

a mediados da década de 1860 abriuse en vigo un novo obradoiro defundición.1 Este establecemento pertencía a antonio sanjurjo, un mozoindustrial nacido en sada que proviña dunha familia de ferreiros. o seupai posuía o seu propio obradoiro de fundición, caldeiraría e reloxaría, eanos despois o seu irmán miguel chegaría a rexentar un establecementometalúrxico similar na vila coruñesa.2 antonio sanjurjo badía naceu en1837; tras traballar no obradoiro de reloxaría e na fragua da súa fami -lia, emigrou a Cuba, previo paso por santiago de Compostela. nesta illa —asociado cun dos seus irmáns e cun gaditano— parece que levou a ca -bo a súa primeira experiencia empresarial. Estes e outros datos da biogra -

Page 136: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

3 rodríguez Elías, avelino: El homenaje a D. Antonio Sanjurjo Badía, vigo, 1921.4 Entre as referencias posteriores pódense citar as de ruíz aldereguía e ollero

marín (1982: 84-95), e gonzález martín (1993: 95-120).5 Carmona badía (1985).6 Carmona badía e nadal i oller (2005: 163-164).7 rag, Fsb, Carpetas de xornais de Ortega Vaamonde, 1861-1863, e rag, Fsb, Carpe-

tas de xornais de Sanjurjo, 1865-1866.8 rag, Fsb, Carpetas de xornais de Sanjurjo, 1865-1866 e 1868-1875.9 rag, Fsb, Carpetas de xornais de Sanjurjo, 1868-1875 e xaneiro-xuño de 1895.10 a factoría dividiuse en dous obradoiros de fundición, un de potes e outro de pezas,

unha fragua, unha caldeiraría, unha carpintaría, os tornos e dous postos de axuste, a parteda peonaxe. rag, Fsb, Carpetas de xornais de Sanjurjo, xaneiro-xuño de 1895.

11 a construción desta factoría foi financiada por un crédito concedido por manuelbárcena a antonio sanjurjo. rodríguez Elías (1921: 10) e arquivo provincial de ponteve-dra, Protocolos, atado 17.453, folio 690.

Empresarios de Galicia 150

fía de sanjurjo aparecen no opúsculo de avelino rodríguez Elías, publi-cado en 1921,3 que é unha das poucas referencias existentes da figura dedon antonio e a única realizada en vida deste sobresaliente empresario emecánico.4

tras volver de Cuba, decidiu instalarse no porto vigués. daquela, acidade olívica era unha pequena vila mariñeira.5 no seu obradoiro, san-jurjo empregou algúns operarios formados na fundición de ortega vaa-monde, sucesora do establecemento pioneiro en vigo, la Fundidora delelabourier.6 dos doce traballadores identificados nas dúas empresas,manuel gonzález e antonio rodríguez, que foran aprendices conortega, chegaron a ser encargados con sanjurjo.7 nos anos seguintes oobradoiro de sanjurjo non fixo senón medrar. En apenas dez anos pasoude algo menos de trinta operarios a ocupar a máis de sesenta.8 logo daparéntese provocada pola crise política de 1873, a actividade recuperousee acadou os setenta empregados en 1875, vinte anos despois9 superaría oscento cincuenta. Este crecemento veu canda un cambio na estruturainterna da fábrica. dos dous obradoiros iniciais de fundición e ferraríapasouse ás oito divisións presentes a mediados da década de 1890.10 ocrecemento da empresa deixou pequena a instalación primitiva do areale obrigou a abrir unha factoría maior, la Industriosa, na avenida doduque de la victoria en 1880, actualmente garcía barbón.11

Page 137: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

12 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de narciso Feijoo do 25/10/1903.13 En maio e xuño de 1904 están datadas 47 cartas e en xullo de 1887 fórono 24. En

setembro e outubro deste último ano rexistráronse 19 pedidos, en xullo e agosto de 1897outros 20. nos meses de marzo e outubro de 1903, respectivamente, catorce e once encar-gos. rag, Fsb, Carpetas de correspondencia.

Antonio Sanjurjo Badía 151

antonio sanjurjo dispoñía de catálogos nos que detallaba os diferen-tes produtos, modelos e variantes que lle ofrecía ao posible comprador.12

pero, lamentablemente, esas referencias comerciais non se conservaron.ante a imposibilidade de dirixirse directamente ao empresario, moitosclientes facíanlle chegar por carta os seus pedidos a sanjurjo. algunhasdelas consérvanse no Fondo sanjurjo badía custodiado pola real acade-mia galega. a través desta correspondencia podémonos achegar á com-posición da actividade desta factoría. non obstante, convén ter presenteas súas limitacións. primeiro, o seu carácter tardío; as misivas máis tem-perás son posteriores en más de vinte anos á posta en funcionamento daempresa. segundo, constitúen un rexistro un tanto aleatorio; as carpetasconservadas, que non son todas as que no seu momento deberon de exis-tir, conteñen cartas ordenadas por data, o que lles confire aos pedidosunha forte concentración temporal. dos 226 encargos consultados entre1887 e 1908, case o 70% están datados en once meses.13 En todo casoconstitúen unha mostra relevante dabondo como para achegármonos ádedicación produtiva de la Industriosa.

Táboa 1. Estrutura dos pedidos remitidos a Antonio Sanjurjo, en porcentaxe

1887-1890 1896-1901 1902-1904 Total

maquinaria e as súas pezas 44,6 34,5 43,5 41,4

materiais de construción 25,0 27,6 23,1 24,8

Caldeiras, fornos e cociñas 10,7 17,2 16,7 15,3

potes e outros elementos de ferraxaría 12,5 17,2 12,0 13,5

Elementos de fundición 7,1 3,4 4,6 5,0

total 100,0 100,0 100,0 100,0

número total de pedidos 56 58 108 222

Fonte: elaboración propia a partir de rag, Fondo sanjurjo badía, Carpetas de correspondencia.

Page 138: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

14 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de la Iberia do 22/03/1897, de altosHornos de bilbao do 05/10/1897, de tubos Forjados do 24/03/1899, de duro y Cía. do28/03/1899, duro y Cía. do 23/06/1899 e de moreda y gijón do 17/10/1899.

15 no verán de 1887 o rapaz Miguel instalou o servizo dun pozo de auga, montando abomba, a tubaxe, o depósito e a manga de goma; rag, Fsb, Carpetas de correspondencia,carta de baltasar reigosa do 05/07/1887.

16 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de Ignacio garcía do 03/08/189 e dedámaso areal do 27/05/1904.

17 «[...] le mandé [...] dos cajas que contienen un modelo de pié y tapa para lamáquina trompo, como este modelo se hizo en Coruña y me lo mandan aquí por un carre-tero para que lo viese no se si le falta alguna pieza pues los carreteros tratan bastante mal losbultos y no sé si se perdería alguna pieza por lo mismo examínelo y si ve que le falta algohaga favor de arreglarlo [...] me hace mucha falta pues ha de servir para machembrar cajasde embases para las fábricas de escabeche [...]», rag, Fsb, Carpetas de correspondencia,carta de Escudero e Hijos do 29/10/1902.

Empresarios de Galicia 152

Esta fábrica situábase entre a produción siderometalúrxica de base etoda sorte de consumidores finais de artigos metálicos. o obradoirovigués mercaba lingote, pranchas, perfís, tubos, chapas e arame a firmascomo altos Hornos de bilbao, ás asturianas duro Felguera y moreda, oula Iberia e tubos Forjados, da capital bizkaína.14 En la Industriosa estesprodutos básicos transformábanse en bens destinados a ser empregadosdirectamente polos seus compradores, xa fosen cazolas ou máquinas. oprincipal grupo de mercancías encargadas foi precisamente o englobadobaixo o rótulo de maquinaria e as súas pezas. Esta rúbrica compoñíase enboa medida de bombas de succión, empregadas xeralmente en pozos.sanjurjo non só vendía o aparello, senón que tamén enviaba a algún dosseus operarios para que se encargase da súa instalación e posta en mar-cha.15 menor importancia tiñan os muíños fariñeiros, as trituradoras deuva e, xa a comezos do novecentos, as serras para os serradoiros mecáni-cos. só nalgunha ocasión se trataba da venda dunha máquina com-pleta.16 Era máis habitual que o interesado solicitase algún traballo demantemento ou pezas de recambio, como rodicios, chumaceiras, cilin-dros e aínda algún parafuso.17

o segundo grupo de artigos que se lle solicitaban a sanjurjo eran osmateriais de construción. Estes eran fundamentalmente canos, tubaxes echemineas, ademais de balaústres, varandas, balcóns e galerías. tamén

Autoclave para a industria conserveira fabricado por Sanjurjo

Page 139: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 140: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

154Empresarios de Galicia

18 rara vez os pedidos eran desatendidos. Isto non impediu que se producisen atrasosque ocasionaron a queixa dalgún cliente; rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta deJesús bal do 20/01/1898.

19 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de Ezequiel mera do 16/06/1887, do06/07/1887, do 22/07/1887 e do 28/07/1887.

20 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de luís pérez piñeiro do 17/08/1897e de Joaquín vicente trigo do 18/08/1902.

21 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de rafael álvarez do 17/10/1887 e«[...] 4 jardineras iguales a las que hace tiempo confeccionaron en esa fábrica para la ala-meda de pontevedra [...]»; rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de antonio alem-parte do 08/07/1897.

22 Carmona badía, xoán, e Jordi nadal i oller: El empeño industrial de Galicia:250 años de historia, 1750-2000, Fundación pedro barrié de la maza, a Coruña, 2005, pp.93-95.

23 arquivo provincial de pontevedra, Protocolos, atado 17.471, folios 1384 e 1392.

se dedicaba sanjurjo a fabricar portas e ventás metálicas. algo máis afas-tadas se situaban as caldeiras, os fornos e, sobre todo, as cociñas econó-micas.18 tanto estas como os elementos de construción adoitaban serpedidos por particulares que estaban construíndo unha casa ou refor-mando a súa vivenda.19 os potes tiñan case tanto peso como este últimogrupo e mesmo fora maior a finais da década de 1880. Ferraxeiros de todagalicia pedíanlle a sanjurjo pucheiros e outros moitos elementos dequincalla para despois vendelos nas súas tendas.20 por último, vasos ecolumnas ornamentais, cruces para sepulturas e campás de igrexa com-poñían os outros elementos de fundición que completaban a produciónde sanjurjo.21 a campá maior da colexiata viguesa no ano 1876 foi pre-cisamente unha das obras da fundición que tiveron máis eco público.

o interese de antonio sanjurjo polas máquinas e a súa capacidadepara canto tivese que ver coa mecánica animárono a participar nun pro-xecto papeleiro, la Cristina. Esta constituíu un dos poucos intentos daindustria galega por protagonizar o salto do papel manual á produción depapel continuo.22 tras unha primeira experiencia baldía a comezos dadécada de 1860, a empresa foi mercada a mediados do decenio seguintepor manuel lafuente, anteriormente un accionista minoritario, asociadocon antonio lópez de neira, basilio gonzález besada e co propio san-jurjo badía.23 nos anos seguintes e ata a adquisición da papeleira porlópez de neira, que lla vendeu máis tarde a José Curbera, antonio san-

Máquina para o descado de troncos fabricada porSanjurjo

Page 141: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 142: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

24 rodríguez Elías, avelino: El homenaje a D. Antonio Sanjurjo Badía, vigo, 1921,pp. 10.

Empresarios de Galicia 156

jurjo encargouse da dirección técnica da fábrica.24 neste labor non só erao encargado, directo ou por delegación, de facer funcionar as máquinas,senón que facía uso da súa fundición para subministrarlle a la Cristinaas pezas de recambio precisas.

a fundición de sanjurjo ofreceulles, xa que logo, unha ampla gamade produtos metálicos ao consumo doméstico, á construción, ao sectornaval e a todo o conxunto da economía do seu contorno. pero hai unhaliña do seu negocio, transversal á clasificación que aparece na táboa, naque probablemente se plasma o máis relevante da contribución do fun-didor e mecánico sadense ao desenvolvemento económico de galicia.trátase do conxunto de produtos e servizos dos que na área de vigo apenashabía oferta e que só la Industriosa durante algúns anos e posteriormenteel e un pequeno grupo de obradoiros, estiveron en condicións de operar.o medio século no que sanjurjo dirixiu a súa empresa viguesa, foi a épocana que se instalou na cidade a industria moderna, en forma de fabricaciónhermética de conservas, e foi a época na que se transformou radicalmentea tradicional actividade pesqueira, de xeito que pasou da vela ao vapor.os dous fenómenos, que marcaron o nacemento do vigo moderno, nonserían posibles se non fose pola existencia dunha mínima infraestruturatécnica, todo o rudimentaria que se queira, que ofrecera reparacións paraas máquinas e que ofrecera algúns elementos de fundición e, mesmo, quefabricase algunhas máquinas sinxelas. no obradoiro de sanjurjo fabricá-ronse grellas para o procesado da sardiña, prensas para o traballo dos en-vases de lata, autoclaves e torradores para a súa elaboración previa aoenvase. Fábricas punteiras como a noiesa de alejandro Carreño ou as dúasmaiores empresas conserveiras da época, massó e Curbera, contáronseentre os seus clientes para este tipo de produtos. abofé que só cubriu unhaparte pequena das demandas da industria, pero tamén é seguro que a in-dustria viguesa —e non só a viguesa— recorreu acotío a sanjurjo para re-parar unha máquina ou para a elaboración dalgunha peza necesaria pa -ra non deter por semanas o funcionamento dunha fábrica ou a saída aomar dun vapor de pesca. sen dúbida, sanjurjo foi a referencia mecánica

Page 143: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Antonio Sanjurjo Badía 157

do novo sector industrial e pesqueiro vigués dos anos 1865 a 1892, unhareferencia práctica, resultado da formación no propio obradoiro. En de-finitiva, a segunda liña da fronte nas primeiras escaramuzas da batalla vi-guesa pola industralización. o regreso de José barreras massó a comezosda década de 1890, xa como enxeñeiro formado na Escola de Enxeñeirosde barcelona significaba unha oferta diferente, a da cualificación técnicabaseada nos estudos académicos. pero, con todo, o establecemento dosestaleiros Hijos de J. barreras en 1892 e dos obradoiros mecánicos anexosnon lle fixo perder importancia ao obradoiro de sanjurjo, pois a demandamedraba nuns anos como foron os vinte e cinco anteriores ao estalido daprimeira gran guerra, nos que a pesca e as fábricas de conservas se multi-plicaron como nunca.Estaleiro La Industriosa

Page 144: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

En todo caso, a que foi principal limitación de sanjurjo tamén lleafectou a barreras. o industrial sadense fabricou máquinas de todo tipo,incluídas as de vapor —díxose que el foi o primeiro fabricante privadoque as fixo en galicia—,25 pero endexamais conseguiu especializarsecomo construtor mecánico. mesmo nos anos da guerra mundial seguíafabricando un pouco de todo, cociñas económicas, baixantes para oscanos, bombas e prensas. o problema de sanjurjo foi o mesmo que lleafectou ao conxunto da industria española de construcións mecánicas poresta época. uns aranceis elevados para os aceiros necesarios para a caldei-raría e a maquinaria e reducidos para esta última facía que fose máis ren-dible importar a maquinaria que construíla aquí. as empresas españolasfabricaron máquinas de diversos tipos, pero entre a propia limitación domercado interno e o problema arancelario, para sobrevivir tiveron queaceptar pedidos de todo tipo, fundamentalmente de fundición.26 destaforma, non existiu antes da primeira gran guerra unha industria especia-lizada de construcións mecánicas en España.

nalgunha ocasión sanjurjo podía equipar por completo unha em -presa que se estivera establecendo. así, en 1904, cando un empresario deribadavia decidiu mecanizar o seu serradoiro, mercoulle a la Industriosatodo o necesario. Eixes, chumaceiras, unha cinta e, por suposto, a serra.27

pero a tarefa máis cotiá era a de manter, reparar e fabricar as pezas de re-cambio necesarias para eses aparatos. Este cometido abranguía desde proporcionar parafusos e utensilios en cantidade modesta,28 ata fabri -car vagonetas para o transporte da madeira ou revisións xerais das instala-cións a firmas como la Concepción de laraño, preto de Compostela.29

tamén se encargaban toldos e o aparato necesario para a súa extensión eprego. tendeiros preocupados polos elementos «[...] pues como el sol es

25 rodríguez Elías (1921: 10).26 nadal oller (1992: 149-151).27 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de ambrosio vázquez do 25/04/1904.28 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de Juan Haz do 26/01/1898 e de

ramón valverde do 27/10/1903.29 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de Escudero e Hijos do 12/10/1903 e

de Ezequiel mera do 15/04/1904.

Empresarios de Galicia 158

Page 145: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

30 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de telmo parada do 25/05/1887, deulpiano nogueira do 25/05/1904 e de José vilas do 26/05/1904.

31 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de Juan lomba do 31/07/1897.32 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de José pazo martínez do 29/09/1887

e de Francisco álvarez do 03/09/1900.33 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de diego sueiro do 13/04/1890.34 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de dámaso areal do 27/05/1904.35 para unha información máis polo miúdo do submarino, véxase ruíz aldErEguía,

Francisco José, e Juan José ollero marín: «El submarino portaminas antonio sanjurjo»,Revista General de Marina (08-09/1982: 89-93).

36 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de plácido Castro do 29/03/1904 e deplácido Castro do 19/04/1905. giráldez rivero (1996).

Antonio Sanjurjo Badía 159

tan fuerte se me están echando a perder los géneros», interesábanse nunartefacto que prometía abeirar os seus establecementos da intemperie.30

moitas outras construcións mecánicas non acadaban tanta complexi-dade coma as prensas de liño,31 que aínda se solicitaban, ou as triturado-ras de uva. a fabricación ou reparación destas adoitaba estar acompañadada présa por atender o rogo dun usuario inquedo pola proximidade davendima.32 Había pedidos que lle chegaban a sanjurjo pola difusión oraldas calidades das súas máquinas. un veciño de Cuntis, informado por unamigo seu da Estrada, encargoulle un muíño de millo igual ao que unsanos antes os operarios de la Industriosa lle instalaran a este último.33 ásveces, a fama ocasionaba situacións chocantes. un viticultor de pontea-reas, interesado en adquirir unha sulfatadora para as súas viñas, pediulleao industrial vigués que, sabendo elixir a mellor, lle mercara e enviaraunha máquina.34

outra anécdota abofé curiosa exemplificou a capacidade técnica desanjurjo. En 1898, ao estalar a guerra cos Estados unidos, temendo a in-vasión pola armada inimiga, ideou un somerxible. En apenas dous meses,en agosto dese ano, estivo preparado para facer as probas de mar. o batiscafonavegou, mergullouse e, sobre todo, puido volver á superficie con donantonio ondeando un pendón vermello e amarelo, bordado pola súa mu-ller, no que se podía ler a lenda «por España».35 alén deste capítulo, omantemento de barcos estaba entre as tarefas habituais da factoría. moitasembarcacións precisaban axustes ou recambios nos motores de vapor queparte deles comezaban a incorporar.36 outras necesitaban reparar hélices

Fotografía das páxinas seguintes: Obradoiro de

montaxe

Page 146: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 160

Page 147: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

37 o caso do torpedeiro francés foi descrito polo biógrafo orixinal de sanjurjo; rodrí-guez Elías (1921), p. 12. máis correntes debían ser outra clase de reparacións máis modes-tas, moito menos aparatosas; rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de Elisardorodríguez do 27/05/1904.

38 real orde do 12 de abril de 1913, Gaceta de Madrid (18/04/1913: 174-175).39 Vigo Marítimo, núm. 23, febreiro de 1913.40 La Voz de Galicia, 17/05/1918.

Antonio Sanjurjo Badía 161

danadas ou revisar os cascos, como o torpedeiro francés. Este chegou aporto cunha vía de auga que puido ser reparada sen contar cun diqueseco.37 Finalmente no ano 1911, sanjurjo abriu o seu propio estaleiro evaradoiro, situado no areal vigués, onde case medio século antes se situarao seu primeiro obradoiro de fundición38 e onde agora estaban traballandodous estaleiros, o de Hijos de José barreras e o de Ernesto garcía, este úl-timo de moi inferior dimensión ca o primeiro. traballando xa con nor-malidade ao ano seguinte, sanjurjo construíu en 1912 nove vapores depesca cun total de 340 toneladas de arqueo, o que significaba que xa noseu primeiro ano superara os cinco vapores dun dos seus veciños, maliaque aínda se atopara moi lonxe de barreras, que naquel ano botou 25 va-pores e superou as 1400 toneladas. os seus clientes estiveron en vigo,Cangas, ribeira, marín, gijón e alacant.39

malia que en ocasións sanjurjo, igual ca barreras, montaba maquinariapropia, na maior parte dos casos o que facían era importala e adaptala aoscascos, non poucas veces construídos por carpinteiros de ribeira de santoadrián de Cobres ou do Freixo. neste sentido, as dificultades para a im-portación de maquinaria que implicou a primeira gran guerra supuxeronun importante estímulo para a fabricación propia da maquinaria naval epara o aumento da dimensión das instalacións. En 1918 sanjurjo construíunos seus obradoiros máquinas de vapor de 100, 300 e 500 Cv para buquesde armadores de toda España,40 aínda que segundo un informe militardo ano 1918, o problema estaba sobre todo na caldeiraría,

[…] pues aún los talleres de sanjurjo y los de barreras, ambos de vigo,que hacen alguna se surten del resto en donde la encuentran, general-mente de valencia y utilizan recomponiéndola mucha desechada porinútil e incluso algunas calderas de buques naufragados [….[. En ningún

Page 148: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

41 «memoria presentada como consecuencia do percorrido verificado polas catro pro-vincias de galicia, 1918-1919», pp. 42-43 (archivo general militar, segovia, terceira sec-ción, división primeira, atado 32).

Omnibus de La Regional

taller tienen material para calderería, alo sumo punzonadoras y remachadoras,alguna que otra para curvar plancha depoco espesor que en general lo hacen amano.41

ao rematar a guerra as instalacións desanjurjo ampliáranse para tratar de satis-facer a demanda ocasionada por ela, e con-taba con dúas bancadas preparadas paraconstruír barcos de entre 50 e 100 toneladasde arqueo, así coma dúas vías ou carros va-radoiros en rampla destinados a subir asembarcacións. o estaleiro dáballes traballoa uns cincuenta operarios, entre carpintei-ros de ribeira, carpinteiros de branco, calafates, serradores e outros oficiose fabricaba exclusivamente embarcacións de madeira, o mesmo que facíandaquela os seus veciños, aos que no momento de rematar a guerra se en-gadira un novo estaleiro, o de troncoso e santodomingo.

a proliferación de constructores navais na ría de vigo durante o con-flito, e a crise posterior ocasionada pola desaparición da demanda de gue-rra, así coma o falecemento de antonio sanjurjo en 1922, golpearon onegocio do areal. En 1923, o seu fillo manuel sanjurjo estableceu unhasociedade con Francisco Cardama godoy, un carpinteiro de ribeira quemontara durante a guerra un pequeno estaleiro na punta de san grego-rio, ao final do veciño barrio de guixar. Cardama encargaríase de dirixirtamén o dos sanjurjo ata que a finais da década o recheo do areal forzouo desprazamento da maior parte da industria que alí se aloxaba cara aobarrio de Coia, onde Cardama —igual ca os demais construtores navaisque non sucumbiran á crise do sector pesqueiro de mediados dos vinte—se estableceu daquela de forma independente.

162Empresarios de Galicia

Page 149: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Táboa 2. Distribución xeográfica dos pedidos, en porcentaxe

1887-1890 1896-1901 1902-1904 Total

sur de pontevedra e provincia de ourense 42,9 41,4 38,9 40,5

norte de pontevedra, interior da Coruña e lugo 19,6 15,5 25,0 21,2

vigo, ría e comarca 14,3 25,9 17,6 18,9

Costa e litoral de pontevedra e da Coruña 19,6 15,5 17,6 17,6

resto de España 3,6 1,7 0,9 1,8

total 100,0 100,0 100,0 100,0

número total de pedidos 56 58 108 222

Fonte: elaboración propia a partir de rag, Fondo sanjurjo badía, Carpetas de correspondencia.

se volvemos ao conxunto do negocio do obradoiro de fundición,cómpre sinalar que, das cartas consultadas, a case que totalidade dos pedi-dos procedían de galicia. de madrid, por exemplo, só chegaron dousencargos, un de vasos ornamentais e outro de balcóns.42 vigo e a súacomarca, desde baiona ata redondela ou o veciño porto de Cangas,remitiran apenas un quinto dos encargos. a maior parte da produciónencamiñábase polo sur da provincia, cara á guarda, a tui, ponteareas ouá Cañiza, ata chegar ao Carballiño e a ourense. outra parte importantedos envíos distribuíanse polo resto da rexión, xa dirixíndose ao norte porterra, camiño de pontevedra, santiago de Compostela ou mesmo lugo,xa por mar cara a muros, noia, Corcubión ou a Coruña. Estes últimosdestinos, así coma os portos da ría de vigo, tiñan a vantaxe de dispoñerdunha comunicación directa e relativamente barata coa cidade olívica.algún cliente non deixou de recalcar a conveniencia de transportar asmercancías por barco, e mesmo o intercambio de pedidos e obrigas depagamento.43

42 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de rafael álvarez do 17/10/1887 e deantonio ron varela do 11/06/1902.

43 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de José lago Quintela do 04/01/1898.

Fotografía da páxina seguinte: Sección de

calderería

163Antonio Sanjurjo Badía

Page 150: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

44 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de teixeira e Hijo do 28/07/1897.45 para facer chegar unha cociña económica a mondoñedo parece máis doado enviala

por mar ata ribadeo e logo transportala en carro os 34 quilómetros que separan as dúaslocalidades; a outra opción era percorrer os non menos de 50 quilómetros que, en liñarecta, median entre a sé episcopal e lugo, ata onde chegaría por ferrocarril; rag, Fsb, Car-petas de correspondencia, carta de aquilino rodríguez Fernández do 11/01/1898, deramón santiago do 14/01/1898.

46 a comezos de setembro de 1900, coa vendima próxima, un cliente do rosal solici-toulle a sanjurjo que lle enviase por ferrocarril os piñóns que precisaba para reparar a súatrituradora de uva; o rosal atópase a uns 15 quilómetros de tui, a estación máis próxima.rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de Francisco álvarez do 03/09/1900.

Empresarios de Galicia 164

Táboa 3. Comunicación de Vigo cos núcleos orixe dos pedidos, en porcentaxe

1887-1890 1896-1901 1902-1904 Total

núcleos con porto de mar 20,4 18,6 17,6 18,6

núcleos con estación de ferrocarril 50,0 35,6 45,4 43,9

núcleos comunicados por estrada ou camiño 29,6 45,8 37,0 37,6

distancia media á estación máis próxima (en quilómetros)

13,3 17,6 17,8 16,9

total 100,0 100,0 100,0 100,0

número total de pedidos 56 58 108 222

Fonte: elaboración propia a partir de rag, Fondo sanjurjo badía, Carpetas de correspondencia.

pero máis do 80% dos pedidos tíñanse que enviar por transporte te-rrestre. Case a metade das localidades desde onde chegaban os encargosdispoñían dunha estación que as conectaba por ferrocarril con vigo. Istopermitíalles transportar de forma rápida os vultos enviados por sanjurjo.pero non sempre resultaba barato. ás tarifas do ferrocarril sumábaselle oelevado peso dos artigos adquiridos, como cociñas, caldeiras, balcóns oubombas de auga. En moitas ocasións os interesados debían sinalarlle asanjurjo que enviase os vultos en pequena velocidade, para reducir ocusto do transporte.44 ademais, un terzo longo dos pedidos procedían delocalidades que non dispoñían de comunicación directa por ferrocarril.aos compradores quedábanlles tres opcións. primeira, podían decidircombinar o transporte terrestre coa navegación de cabotaxe.45 segunda,unha vez chegados os paquetes por ferrocarril á estación, só quedabasubilos a unha carreta ou ao lombo dunha mula ata o seu destino.46 a

Page 151: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Antonio Sanjurjo Badía 165

Page 152: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

47 Fernández prieto (1992).48 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de miguel pereira do 03/07/1887, de

Ezequiel mera do 22/07/1887, de domingo lamela do 14/07/1897, do 07/06/1904, de Juanpantaleón do 08/06/1904 e de miguel pérez do 08/06/1904.

49 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de piñeiro e gómez do 29/03/1901.50 La Energía Eléctrica, do 10/04/1902.51 Gaceta de Galicia, 03/09/1903.

Empresarios de Galicia 166

distancia media destes núcleos ata a estación máis próxima andaba polos17 quilómetros e a súa tendencia foi crecente. Esta circunstancia talvezfose síntoma da difusión das máquinas polo interior de galicia, desde co-mezos do século xx,47 e do paulatino desprazamento das fraguas ruraispolas modernas fundicións industriais. a terceira opción consistía en con-fiarlle integramente a trasfega a un carreteiro. ao longo de todo o períodoconsultado non faltan exemplos con encargos realizados desde a Cañiza,a Estrada, lamosa, a guarda, baiona ou salceda de Caselas. xeralmen -te esta decisión obedecía a criterios de custo, por considerar excesivamentecaro o transporte por ferrocarril.48 a tardía conexión ferroviaria coa meseta,o tortuoso trazado existente en galicia e a alta dispersión do poboamentoconferíanlle unha gran relevancia á rede de camiños e ao transporte demercancías e pasaxeiros por eles. Esta circunstancia concernía directamentea sanjurjo, xa que durante anos tivo que enviar por estrada boa parte dasúa produción. nun primeiro momento la Industriosa ocupouse en sub-ministrar armazóns, buxas e outros compoñentes a construtores de ca-rruaxes.49 máis tarde, cando apareceu o automóbil, a curiosidade mecánicade don antonio axudoulle a introducirse na nova tecnoloxía.

En 1903 adquiriu automóviles Compostelanos, unha empresa crea-da en santiago de Compostela no ano 1900 para realizar o transporte deviaxeiros entre esta cidade e a Coruña. a empresa compostelá adquiriracinco vehículos da marca dion bouton, de 22 prazas cada un, movidospor un motor de carbón, que tardaban cinco horas no seu percorrido.50

nun contexto de forte descontinuidade tecnolóxica no ámbito dos novostransportes mecánicos, onde coexistían aínda varias alternativas para estetipo de tracción, a aposta polo vapor ou pola bencina/gasolina era igual-mente arriscada, e o feito é que a empresa foi á quebra no ano 1903.51

Como eran poucos os posibles interesados que se sentían seguros coa tec-

Page 153: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

noloxía do vapor, sanjurjo mercou na subhasta por 6500 pesetas os cincovehículos que a automóviles Compostelanos lle custaran 30.000 e dispú-xose a entrar no negocio do transporte por estrada; estableceu na cidadedo apóstolo a xestión, as cocheiras e os obradoiros desta nova rama da súaactividade.

sanjurjo restableceu axiña o servizo coas mesmas carruaxes, e come-zou a pensar na súa substitución por outros de gasolina xa no ano 1907,no que encargou un da alemá marca sag e outro á francesa dion bou-ton.52 o pésimo resultado do primeiro deles atrasou a transición, deforma que só en 1912 sanjurjo puido contar cunha frota composta maio-ritariamente por vehículos de combustible líquido. ademais de homolo-gar a vella empresa de transporte do vapor aos motores de combustióninterna, o empresario sadense conseguiu reducir as avarías e reparalasmáis rapidamente, así coma reducir substancialmente o tempo do tra-xecto, que pasou a facerse en menos de tres horas. Isto permitiulle cubriro percorrido orixinal de santiago de Compostela á Coruña con só dousvehículos de maneira que liberou os demais para outras rutas. destaforma, e baixo a nova denominación de la regional, puido pasar a ofre-cer o transporte de pasaxeiros, de paquetaría e o servizo de correos entrevigo, pontevedra, a Estrada, santiago de Compostela e a Coruña.53

Entraba así, no tramo sur dos seus servizos, en competencia co ferrocarrilao mesmo tempo que establecía unha nova intermodalidade co trans-porte carreteiro tradicional. a importancia deste novo xeito de transportenon pasou desapercibida para os seus coetáneos. En 1905, plácido Cas-tro, un consignatario de Corcubión que, ademais de axente de variascasas financeiras, concesionario dun depósito flotante de carbón e pro-pietario dunha fábrica de salga, estaba interesado en puxar polo servizode correos. dentro do seu ofrecemento prometía unha mellor e máisrápida comunicación coa Coruña. para logralo non dubidou en solicitar-lle a don antonio a apertura dunha nova liña de autobuses entre a capitale a vila costeira.54

52 archivo barro Chavín, Copiadores Correspondencia, carta do 11/08/1911 de barroa H. gallet de puteaux.

53 Gaceta de Galicia, 09/09/1913 e rodríguez Elías (1921: 12).54 rag, Fsb, Carpetas de correspondencia, carta de plácido Castro do 19/04/1905.

Antonio Sanjurjo Badía 167

Fotografía das páxinas seguintes: Talleres e persoal

Page 154: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 155: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 156: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

antonio sanjurjo, casado con Concepción otero garcía, tivo cincofillos, tres deles homes. para completar a formación destes e preparar asucesión nos seus negocios, igual ca outras familias da burguesía industrialviguesa de finais do oitocentos, don antonio enviounos ao estranxeiro acursar estudos universitarios. os tres se converteron en enxeñeiros; omaior, antonio, en Inglaterra, manuel en alemaña e Fernando, o pequeno,en bélxica. Este, especializado en química e encargado seguramente deampliar a gama de coñecementos e produtos da empresa familiar, desa-pareceu moi novo, en 1903.55

a sucesión de don antonio á fronte da empresa iniciouse no primeirodecenio do novo século. o primoxénito, especializado en mecánica,acompañouno en vigo, primeiro na fundición e máis adiante no esta-leiro.56 Contra finais desa década e antes do estalido da guerra europea,malia que o vello industrial continuaba sendo a cabeza visible de laIndustriosa, a súa dirección cotiá recaía xa en antonio sanjurjo otero.neses mesmos anos manuel —enxeñeiro industrial— facíase cargo dosnegocios de santiago de Compostela, principalmente de la regional.nos seus anos na cidade coruñesa, adquiriu os servizos da central telefó-nica do ferrocarril e —xunto co seu parente manuel otero bárcena—fíxose cargo da liña de teléfono da estación de Cornes, que comunicabasantiago de Compostela con Carril.57 Igual ca o pai,58 os dous irmánsdesenvolveron unha intensa vida pública, cada un na súa respectiva resi-dencia, como concelleiros e membros destacados das forzas vivas do seutempo. ademais de comisións varias e verbenas de carácter benéfico,manuel foi concelleiro do concello compostelán durante varios gober-nos, ademais de formar parte da xunta arcebispal.59

170Empresarios de Galicia

55 gonzálEz martín (1993: 113).56 gonzález martín (1993: 115).57 Gaceta de Galicia, 09/07/1913; Diario de Galicia, 27/12/1913 e 08/01/1914.58 antonio sanjurjo badía foi concelleiro de vigo, membro da xunta directiva da

Cámara de Comercio e da xunta de obras do porto, e perito mecánico do porto; rodrí-guez Elías, a.: El homenaje a D. Antonio Sanjurjo Badía, vigo (1921: 14-15). ademaisestivo presente no padroado que, pouco antes do estalido da primeira guerra mundial,intentou establecer unha universidad Industrial Hispanoamericana; El Noticiero de Vigo(20/06/1913).

59 El Correo de Galicia, 23/08/1909, 10/01/1910, 12/01/1910 e 13/11/1914; Gaceta deGalicia, 19/06/1916; e El Correo de Galicia, 25/01/1917.

Page 157: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

171Antonio Sanjurjo Badía

a temperá desaparición de antonio en 1918 e a moi avanzada idadedo fundador, que superaba xa os oitenta anos, obrigaron a manuel san-jurjo otero a trasladarse a vigo. puido facerse cargo de la Fundidora edas súas distintas divisións, pero non ocorreu o mesmo coas empresas diri-xidas desde santiago de Compostela. la regional foi traspasada a outroempresario compostelán do transporte, que coa compra dos vehículos desanjurjo convertíase no máis importante do sector en galicia, un postono que se mantería el e os seus sucesores durante máis de setenta e cincoanos. o seu nome era Evaristo Castromil.60

antonio sanjurjo badía faleceu en xaneiro de 1922. tras de si deixouunha empresa a pleno rendemento tras seis décadas de funcionamento.Iso de seu xa é mérito dabondo para figurar na xenealoxía da formacióndo tecido industrial vigués e galego. á parte quedan os enxeños, as habi-lidades e a ampla gama de produtos, servizos e negocios nos que logrouestar presente.

Bibliografía

Carmona badía, x.: «la formación de laindustria conservera gallega», Papeles deEconomía Española (galicia) (1985)núm. 3; serie Economía de las Comu-nidades autónomas.

— e J. nadal i oller (2005): El empeñoindustrial de Galicia: 250 años de histo-ria, 1750-2000, a Coruña, Fundaciónpedro barrié de la maza.

Fernández prieto, l. (1992): Labregos conciencia: Estado, sociedade e innovacióntecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939, vigo, xerais.

giráldez rivero, x. (1996): Crecimientoy transformación del sector pesquero ga-

llego (1880-1936), madrid, ministeriode agricultura.

gonzález martín, g. (1993): El orgullode ejercer de vigués, vigo.

nadal i oller, J. (1992): Moler, tejer y fundir: Estudios de historia industrial,barcelona.

rodríguez Elías, a. (1921): El homenajea D. Antonio Sanjurjo Badía, vigo.

ruíz aldereguía, F. J., e J. J. ollero ma-rín (agosto-setembro de 1982): «El sub-marino portaminas antonio sanjurjo»,Revista General de Marina.

60 a biografía pode verse no vol. I desta obra.

Page 158: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

MARCELINO ETCHEVERRÍA VILA1844-1914

DOMINGO ETCHEVERRÍA NAVEYRA 1889-1987

Page 159: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Introdución

a finais do século xvIII e principios do xIx

galicia recibiu un fluxo de emigrantes cualitati-vamente importante polo seu impacto en deter-minadas iniciativas empresariais. moitos deles acudían ao reclamo dunterritorio particularmente dotado nalgúns recursos naturais. Esta é a orixedo asentamento en galicia dunha pléiade de familias cameranas, catalás,castelán-leonesas e do país vasco francés que se estableceron en diferen-tes sectores da actividade económica galega. aínda que foi singularmentena salgadura de peixe e nos curtidos onde obtiveron notable éxito.

a abundancia e tradición da pesca en galicia atraeu os chamadosfomentadores cataláns, empresarios que aplicaron novas técnicas na sal-gadura, especialmente da sardiña, suxeita a unha forte demanda por partedos centros urbanos do mediterráneo español.1 outro tanto aconteceucoa industria do curtido de peles. galicia estaba especialmente dotada

J. Carles Maixé-Altésprofesor titular da universidade da Coruña

DE INDUSTRIAIS DO CURTIDO A BANQUEIROS: UNHA SAGASECULAR DE EMPRESARIOS*

* agradezo as entrevistas que puiden manter con Javier Etcheverría de la muela que,en certo modo, permitiron rectificar as dificultades derivadas da escaseza de documenta-ción patrimonial verbo da familia.

1 alonso álvarEz (1986).

Fotografía superior:Marcelino Etchevarría Vila

Fotografía inferior:Domingo Etchevarría

Naveyra

Page 160: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

dalgúns insumos básicos desta industria, como a casca de carballo, cursosde auga abundante e coiros. a gandaría autóctona e os coiros das coloniasamericanas foron un acicate para o desenvolvemento dunha florecenteindustria do curtido, mentres que o aumento da demanda extrarrexionale o crecemento do arsenal de Ferrol fixeron o resto.2

precisamente no marco do desenvolvemento dos curtidoiros galegosé no que se sitúa o establecemento de dominique Etcheverry y Harriague(domingo Etcheverría, 1812-1873) na década de 1830 na cidade debetanzos, na Coruña. procedía da localidade vasco-francesa de bonlocna provincia de labourd no sur da aquitania francesa. domingo Etche-verría nacera no seo dunha familia de curtidores moi arraigada na rexión.o seu bisavó Jean de Etcheverry foi un agricultor, pertencente á pequenanobreza local, establecido a finais do século xvII na vila de Hasparren.Esta localidade era centro comercial e capital da industria do curtidodunha área que agrupaba unha ducia de poboacións, entre as que se ato-paba bonloc, ao pé do pireneo vasco francés. por conseguinte, non resultaestraño que o mozo domingo Etcheverría emigrase a galicia, había dúasboas razóns para iso. En primeiro lugar a súa vila natal —bonloc— eraun punto tradicional de paso e etapa no camiño francés de santiago deCompostela, en xeral toda a comarca era a porta de acceso ao camiño de santiago de Compostela. ademais, existía unha relación comercial tra-dicional entre o porto francés de baiona e o de Ferrol, que se incremen-tara coa apertura do porto da Coruña á importación de coiros americanosprocedentes do río da prata. polo tanto, as xentes de labourd gozaranhistoricamente de certa información sobre as terras galegas. En segundotermo, domingo Etcheverría, fillo dun curtidor e membro dunha familiade oito irmáns, decidiuse a emigrar na procura de novos horizontes.Coñecía ben o oficio e abofé que chegou aos seus oídos o auxe que estabaa experimentar a industria do curtido galego no primeiro terzo do séculoxIx.3 En efecto, xa a finais do século xvIII o real decreto de Estranxei -

2 Carmona e FErnándEz (2003: 26-30).3 arquivo da familia Etcheverría (aFE), papeis diversos. Entre os Etcheverría sempre

se mantiveron firmes os recordos das súas orixes vasco-francesas. de feito, na corresponden-cia cos seus parentes en Francia seguían mantendo na segunda e terceira xeración o uso dofrancés.

Empresarios de Galicia 174

Page 161: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ría impulsara a instalación de curtidores vascos en galicia, e os sucesivoscambios arancelarios e rebaixas fiscais establecidos pola monarquía fa-voreceran a devandita industria. a principios do século xIx o bloqueo dos portos franceses durante as guerras napoleónicas interrompeu a en -trada de peles americanas; isto afectoulle á industria francesa do curtido.Estas circunstancias animaron o mozo domingo a procurar fortuna engalicia.

os primeiros curtidoiros establecéranse na área de betanzos e ponte-deume, a medio camiño dos portos da Coruña e de Ferrol, no últimoterzo do século xvIII. Co cambio de século e tras a guerra con Francia es -ta industria continuou a súa expansión. antes de acadar o ecuador doséculo xIx, o coiro galego representaba a cuarta parte da produción nacio-nal e case que a metade das fábricas de curtido españolas situábanse naprovincia da Coruña.4 sen dúbida, o mozo domingo Etcheverría acudiuao reclamo dun sector en auxe no cal tiña sobrada experiencia familiar.Cando domingo Etcheverría chegou a betanzos, sobre un censo de máisde setenta empresarios do curtido activos en toda galicia, polo menosunha ducia eran de orixe vasco-francesa.5

antes de facer os trinta anos, domingo Etcheverría casou coa lucensetomasa da vila y Castro, coa que tivo once fillos. tres deles foron os quecon maior intensidade continuaron o negocio familiar, marcelino, germáne manuela. os dous homes encargáronse da xestión dos negocios familia -res. ambos, igual ca o seu pai, continuaron coa fábrica de curtidos, perosen deixar de practicar unha sólida actividade bancaria ao estilo dos co-merciantes banqueiros decimonónicos. marcelino Etcheverría vila, nacidoen 1844, casou coa brigantina Josefa naveyra pato e púxose á fronte donegocio familiar que corría baixo a razón social Hijos de domin go Et-cheverría. o seu irmán germán —enxeñeiro industrial— fíxose car go dadirección técnica da fábrica de curtidos. En 1906 faleceu germán e en1914, marcelino. Eran os anos da gran guerra e foi o fillo deste último,domingo Etcheverría naveyra —de 25 anos—, o que pasou a dedicarseexclusivamente ao negocio bancario e aproveitou o auxe económico que

4 Carmona e FErnándEz (2003: 14).5 FErnándEz vázQuEz (2002: 132 e 133).

Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 175

Page 162: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 176

a neutralidade bélica trouxo aos negocios españois. En 1919 pechou de-finitivamente a fábrica de curtidos de betanzos.

domingo Etcheverrría naveyra, casado con asunción de la muela,desenvolveu o negocio de banca familiar no período de entreguerras,especialmente no ámbito local. a banca Etcheve-rría continuou a súa andaina despois da guerra civile en 1962 consolidou a súa posición ao transfor-marse en sociedade anónima. anos antes incorpo-rárase ao banco familiar Javier Etcheverría de lamuela, actual presidente do banco Etcheverría,que casara en 1941 coa coruñesa Fuencisla mar-chesi. pouco despois tamén se incorporou á xestióndo banco o seu irmán domingo. Javier Etcheverríaencabeza a cuarta xeración da familia en terrasgalegas e está dando paso á quinta que da man deFrancisco botas —o seu xenro e conselleiro dele-gado do banco— se está facendo cargo do futuro daempresa familiar.

o banco mantivo a súa tradición secular no te-rreo da banca comercial, cunha clientela que requireun asesoramento personalizado e profesional. nonobstante, o tremendo dinamismo do sector bancariono último cambio de século introduciu novidadesna traxectoria dun banco tan tradicional coma o Et-cheverría. Esta é a razón da alianza estratéxica conCaixa galicia, unha entidade líder na rexión quetomou unha importante participación no banco Etcheverría. o bancomáis antigo de galicia, xunto co banco pastor, e o único entre a pequenabanca española que permaneceu independente vendeulle un 37,12% doseu capital á entidade de aforro en 2002. deste xeito, introduciuse unsocio financeiro de envergadura que estabiliza o futuro do goberno cor-porativo desta empresa familiar e favorece a expansión do modelo debanca persoal patrocinado polo banco Etcheverría. Isto significou asentara súa posición en galicia e abrir novas oficinas fóra da comunidade au-tónoma, madrid e valladolid especialmente, para acadar un horizontede medio centenar de oficinas nos próximos anos.

Escudo do Banco Etchevarría

Page 163: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Marcelino Etcheverría Vila e a fábrica de curtidos da Madalena en Betanzos (1844-1914)

os primeiros curtidoiros nas rías altas establecéronse a principios dadécada de 1770 na zona de maniños (Ferrol). Estas instalacións foroncreadas baixo a iniciativa de empresarios independentes que puxeron enmarcha un modelo de factoría centralizado. non se produciron grandescambios técnicos, pero baixo o punto de vista organizativo introduciuseo capital privado e o emprego asalariado. os novos curtidoiros xa nontiñan carácter descentralizado nin estaban sometidos ao control gremial,senón que respondían a un modelo de xestión empresarial.

En 1770 dous comerciantes cataláns, Juan pablo genovés e migueldaubanch, abriron un curtidoiro na ría de Ferrol. tamén por esas datasse estableceu en pontedeume outro comerciante catalán, thadeo robe-res.6 da mesma época son as primeiras fábricas brigantinas, a primeiraque se creou en betanzos data de 1772 e foi construída polo comercianterioxano Juan del muro pastor en montellos.7 tras esas primeiras inicia-tivas, o número de fábricas de curtidos na área comprendida entre as ríasde Ferrol e de betanzos foi en aumento. na década de 1780 iniciouse aexpansión do fenómeno a toda galicia. practicamente a finais do séculoxvIII e principios do xIx o modelo de curtidoiro centralizado estendérasepolas catro provincias galegas. Cando domingo Etcheverría chegou abetanzos, o sector do curtido galego agrupábase arredor de catro grandescentros. o máis importante era o situado na área compostelá, que amediados do século se convertería no centro de curtidos máis importantede España; seguíalle a zona Ferrol-betanzos e, ao sur da provincia daCoruña, o núcleo arredor da ría de noia. na provincia de ourense situá-base outro núcleo moi importante pola súa concentración e porque per-sistiu ata a década de 1970, os curtidoiros de allariz. Finalmente, enpontevedra destacaban os de vigo, tui, Carril e pontevedra.8

o auxe que experimentaron as fábricas de curtidos de betanzos unhavez que rematou a guerra con Francia fíxose en boa medida aproveitando

Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 177

6 núñEz barros (1994).7 mEIJIdE (1986: 27-43).8 FErnándEz vázQuEz (2002: 132 e 133).

Page 164: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 178

os vellos establecementos setecentistas. Este foi o caso de valerio Cade-nas y sobrino e lissarrague y Compañía, cuxas instalacións se situaronsobre a antiga fábrica de curtidos do Carregal que en 1799 creara Fran-cisco san martín.9 outras fábricas, como a de ramón maría rodríguezy Compañía, recuperáronse a partir de vellos curtidoiros establecidos naparroquia de san pedro das viñas. a factoría de arias y lago e a de luismaría de bolívar y Compañía constituíronse sobre o que foran as instala-cións de ángel arias de acal, que xa en 1812 exercía a súa actividade pro-dutiva na zona. precisamente a fábrica dos Etcheverría situouse no barrioda madalena, xunto a algunhas das xa citadas. de feito, foi unha das últi-mas en cesar a súa actividade e mantivo a súa produción ata que rematoua primeira guerra mundial.10

Cinco anos despois do falecemento de domingo Etecheverría yHarriague —en 1878—, os seus fillos marcelino, germán e manuelacrearon a sociedade Hijos de domingo Etcheverría srC co obxectivo decontinuar os negocios do seu pai.11 o capital de constitución da novasociedade colectiva era de 426. 250 pesetas, do cal o 35,5% achegábanoen efectivo os irmáns e o resto eran efectos de comercio e créditos proce-dentes da actividade anterior. o socio maioritario era o irmán maior,marcelino Etcheverría vila, que achegaba o 78,9%. En realidade, tratá-base de continuar os negocios do seu pai, malia que, en termos de capitalhumano, marcelino Etcheverría incorporaba os seus coñecementoscomerciais, mentres que o seu irmán menor, germán, proporcionaba osseus como enxeñeiro. Cómpre sinalar o nivel técnico-profesional destesempresarios, que combinaban a experiencia e tradición nos negocioscunha sólida formación. marcelino Etcheverría, na práctica, exerceucomo cabeza dos negocios familiares, gozaba de enorme prestixio nosámbitos locais e a súa actividade como fabricante e banqueiro era depo-sitaria da confianza e da solvencia que gañara o seu pai na área brigan-

9 lIndoso (2006: 88 e 89).10 aFE, miscelánea. non obstante, boa parte da información deste período perdeuse

durante a guerra civil.11 arquivo notarial da Coruña (aHpC), notario público de betanzos, m. devesa

gago, 31/05/1871 (véxase tamén garCía lópEz (2003: 124).

Page 165: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tina. de feito, en 1878, o rei afonso xII distinguiuno co título de Caba-leiro da orde de Carlos III, un aspecto máis da consolidación social dosEtcheverría en terras galegas.

se deixamos a unha beira as sociedades anónimas financeiras, Hijosde domingo Etcheverría estaba entre as empresas industriais máis impor-tantes da provincia da Coruña no período 1840-1889. destacaba a carónda fábrica de vidro de braña, vila e atocha da Coruña e a fábrica de teci-dos de algodón de pablo Collado y Compañía de san pedro de anca. nosector do curtido atopábase entre as maiores fábricas de galicia, xunto ariva Hermanos e arguindey Hermanos de santiago de Compostela. res-pecto do negocio bancario desenvolvían unha actividade moi intensa elocalizada en betanzos, malia que de menor envergadura ca a realizadanaquelas datas por outras casas de gran reputación en galicia, como eran

Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 179

Fábrica de curtidos La Macdalena

Page 166: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 167: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José pastor y Compañía e braña, abella y Compañía da Coruña, xunto asimeón garcía y Compañía de santiago de Compostela.12

nestes anos o negocio bancario de Hijos de domingo Etcheverríacontinuaba a tradición que establecera o seu pai e consistía especialmenteen servizos de pagos e transferencias. a fábrica da madalena nutríase deabundante coiro americano, que normalmente arribaba a terras galegassinxelamente salgado para evitar a súa descomposición orgánica. daquela,a fábrica debía desalgalo e iniciar o proceso de curtido e elaboración paraobter pezas en condicións. a importación da materia prima básica destaindustria implicaba un fluxo de pagos, cuxo soporte básico era a letra decambio. Este fluxo de papel que se realizaba contra banqueiros locais,pero que normalmente se sustentaba nun circuíto exterior que tiña o seuvértice en londres ou parís, servía en moitas ocasións como soporte a nu-merosas transferencias da inmigración galega transoceánica. os Etcheverría,neste sentido, estaban consolidando unha forte confianza no ámbito mo-netario e crediticio local, que os facía situarse nunha boa posición entreos seus veciños e os negocios de betanzos. nunhas datas nas que a bancagalega era estritamente de ámbito local, a casa Etcheverría gozaba dunhavantaxe comparativa respecto dos pastor na Coruña ou dos simeón garcíay Compañía de santiago de Compostela, o seu forte arraigamento en be-tanzos. a actividade bancaria dos Etcheverría foi sempre moi local, defeito, ata rematar a década de 1960 non comezaron a abrir oficinas fórada súa cidade de orixe.

durante o período de vixencia da razón social Hijos de domingoEtcheverría, o motor da actividade económica familiar foi a fábrica decurtidos, mentres que a súa actividade bancaria era subsidiaria. non obs-tante, o exercicio bancario permitiulles coñecer o negocio e establecer oscontactos cos banqueiros de área coruñesa, así como manter unha redede correspondentes fóra de galicia que frutificaría no futuro. porén,neste terreo o factor clave foi a confianza que xeraron na rede informalcrediticia e de pagos local, grazas á súa intermediación no fluxo de reme-sas americanas. os Etcheverría, nos seus contactos con importadores decoiros americanos e cos exportadores en orixe, tiñan acceso a numerosos

Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 181

12 lIndoso (2006: 298). Cabaleiro da orde de

Carlos III, 1878

Page 168: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

13 garCía lópEz (1992) e maIxé-altés e IglEsIas (2009).14 aHpC, notario público de betanzos, luis sánchez miramontes, 02/07/1907 e gar-

Cía lópEz (2003: 124).

Empresarios de Galicia 182

correspondentes que contactaban con emigrantes galegos de betanzos.Estas familias brigantinas emigradas procuraban o sistema de remitirllesos seus aforros aos seus parentes en galicia. o fabricante de betanzos, nasúa vertente como banqueiro, encargábase de pagar as remesas en des-tino, mentres que se reembolsaba o importe mediante letras de cambiosobre diferentes prazas nacionais e estranxeiras, que negociaba segundoa situación do mercado. Esta práctica xeraba tamén lazos económicoscon pequenos empresarios locais aos que subministraba servizos de pagose crédito.13

a situación do curtido galego comezou a decaer contra a década de1880, especialmente polas novas técnicas que a industrialización estabaachegando e que favoreceron o desenvolvemento e competitividade dasfábricas catalás. no entanto, a fábrica dos Etcheverría continuou funcio-nando, igual que outras espalladas pola xeografía galega, ata a primeiraguerra mundial. Co falecemento de germán Etcheverría en 1906, a fá-brica pasou ás mans do seu irmán, que concentrou o negocio industriale o bancario. o haber líquido da empresa familiar cando se liquidou Hijosde domingo Etcheverría era de 1.409.366 pesetas, do cal se desagregaronos dereitos para os herdeiros de germán; o resto destinouse integramen-te á actividade corrente do negocio familiar.14 a partir de aí a fábrica damadalena continuou baixo a xestión de marcelino ata a súa morte en vés-peras da gran guerra.

Domingo Etcheverría Naveyra e o Banco Etcheverría (1889-1987)

Cando morreu marcelino Etcheverría, o seu fillo domingo Etcheve-rría naveyra tiña 25 anos e atopouse coa fábrica absolutamente desbor-dada por enormes stocks de coiros, como consecuencia da política queseguira o seu pai nos últimos tempos. En efecto, marcelino Etcheverría,en vésperas do estalido da guerra, estivera retendo xénero nos seus alma-céns, esperando unha mellora dos prezos e unha recuperación do mer-

Page 169: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 183

cado. a acumulación de stocks fora tan extraordinaria que mesmo tiveronque habilitar almacéns improvisados no propio betanzos. nesa conxun-tura faleceu marcelino Etcheverría e, inmediatamente despois, iniciouseo conflito bélico internacional. é dicir, a morte sorprendeuno antes deque a conxuntura económica cambiase.

a fábrica da madalena, igual que moitas das fábricas que aínda fun-cionaban en galicia, viuse favorecida pola guerra e pola neutralidade es-pañola. o fillo maior de marcelino administrou os negocios familiaresdurante a conxuntura bélica. a fábrica continuou producindo durante aguerra, período no cal o volume de vendas foi extraordinario. a demandade botas, correaxes, arreos para cabalarías e outros artigos derivados docoiro experimentou un crecemento inusitado como consecuencia do con-flito que devastaba Europa e á marxe do cal se atopaba España. os bene-ficios extraordinarios obtidos foron a base da capitalización do banco Et-cheverría tras a guerra. unha vez que rematou o conflicto, o primoxénitodos Etcheverría tomou algunhas decisións. domingo Etcheverría eraconsciente de que o sector en galicia perdera o tren do progreso técnicodentro da industria do curtido. Había demasiado tempo que as empresasgalegas só eran competitivas nun subsector, o da sola. daquela, ante asdificultades inherentes a unha posible diversificación, os elevados custosda modernización e o desinterese dos seus irmáns polo negocio, optoupor abandonar o curtido e especializarse na actividade bancaria. os oitofillos de marcelino Etcheverría liquidaron o capital industrial da familiae só quedou a cargo do negocio de banca como único propietario o maior,domingo Etcheverría naveyra.

a filosofía empresarial de domingo Etcheverría era clara, continuarna liña que xa desenvolveran anteriormente o seu pai e o seu avó. é dicir,banca local e banca comercial desenvolvida segundo a ortodoxia máis es-trita. Esta filosofía marcaría substancialmente a marcha do banco Etche-verría durante boa parte do século xx. o seu pai ocupárase de transmitirlleao seu fillo maior un bo coñecemento do negocio bancario e coidara asúa formación. domingo estudou o bacharelato no Colexio da nosaseñora da antiga de monforte (tamén chamado Colexio da Compañía,fundado a finais do século xvI polos xesuítas). nas datas en que estudoudomingo, rexentábano os escolapios e convertérase nun dos referenteseducativos da burguesía galega. posteriormente, cursou estudos universi-

Page 170: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tarios en lyon, na Escola superior de Comercio. unha vez rematada asúa formación, incorporouse aos negocios familiares en betanzos.

a tradición filofrancesa dos Etcheverría mantívose coa nova xeraciónde banqueiros. a terceira xeración da familia Etcheverría en galicia con-tinuou cultivando a lingua francesa e mantiñan correspondencia cos seusfamiliares nas localidades do sur de Francia. neste sentido desenvolveronun perfil ilustrado e liberal que lles permitiu un forte arraigamento enbetanzos. varios membros da familia Etcheverría desempeñaron activi-dade política e mantiveron posicións liberais e demócratas. domingoEtcheverría naveyra foi alcalde de betanzos en dúas ocasións, na últimapresentou a súa dimisión, adiantándose á decisión do xeneral primo derivera que ordenou por decreto o cesamento das corporacións munici-pais en toda España. posteriormente, un membro da familia —salvadorEtcheverría brañas, curmán de domingo Etcheverría— fiel ao gobernoda república, exiliouse en Cuba e méxico. En 1939 participou nesteúltimo país na fundación da alianza nacional galega e en 1955 insta-louse definitivamente en parís, onde foi secretario do Consello de minis-tros do goberno republicano no exilio.15

Empresarios de Galicia 184

15 EtCHEvErría brañas (1979).

Letra de cambio de principios do século XX

Page 171: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

185Dionisio Tejero PérezMarcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 185

o negocio bancario que se desenvolveu no período de entreguerrastivo uns fundamentos estritamente locais, limitado a betanzos e á súaárea de influencia. a actividade do banco reducíase á intermediación fi -nanceira, seguindo a práctica anterior da familia Etcheverría. Case nonexistía actividade investidora dirixida á industria. nos anos de entregue-rras betanzos era considerada unha praza importante no ámbito coruñés.os establecementos financeiros de orixe local reducíanse a dúas casas debanca, a de domingo Etcheverría e Hijos de antonio núñez. Esta últimasociedade constituíuse en 1903, o seu obxecto era continuar os negociosque a familia núñez emprendera en betanzos tras o seu regreso de mon-tevideo no último terzo do século xIx. a súa actividade como comercian-tes de tecidos e outros bens de consumo completábase co exercicio dabanca na localidade.16 o banco de la Coruña, creado en 1917, tras aguerra abriu tamén unha sucursal en betanzos. o mesmo fixo en 1918 a Caja de ahorros y monte de piedad de la Coruña, e foi nesta locali-dade onde inaugurou a súa primeira sucursal. Esta última centrou prac-ticamente toda a súa actividade atendendo ao pequeno aforro por mediode cartillas a prazo.17

o banco Etcheverría soubo aclimatarse ás circunstancias da economíabrigantina de entreguerras. as actividades agropecuarias tradicionais dacomarca mantivéronse dentro das súas vías habituais. no entanto, houbocerta reactivación económica, especialmente no sector da madeira. obanco traballou activamente cos serradoiros e cos tratantes e exportadoresde madeira establecidos na zona. betanzos exportaba madeira a toda Es-paña, e ese fluxo exportador xeraba unha notable actividade comercial,na cal os bancos locais estaban involucrados. xunto ás pequenas empresasde madeira, había algunhas máis capitalizadas, como la Industria de lamadera s. l. nas que participaban familias de betanzos como os muíños,os beccaría e a banca núñez. no entanto, os Etcheverría conseguironacceder a unha pléiade de madeireiros, a maioría deles pequenos empre-sarios aos cales proporcionaba financiamento e crédito a curto prazo. a

16 Eran correspondentes do banco de España, a actividade desta casa de banca conti-nuou tras a guerra civil, ata que en 1959 o banco Central mercou a banca núñez, véxasegarCía lópEz (2003).

17 maIxE et al. (2003: 109).

Page 172: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 186

súa actividade crediticia estaba moi centrada no desconto de efectos. Estespequenos empresarios eran clientes do banco, o cal tamén lles ofrecía osservizos de pagos necesarios para que as transferencias das súas vendas demadeira en toda España puidesen ser reembolsadas axeitadamente.

Este trato cos madeireiros tivo tamén un efecto de arrastre que au-mentou a clientela do banco. os novos clientes eran os campesiños e pro-dutores aos cales os serradoiros e os madeireiros compraban a mercancía.o pago das pequenas partidas compradas polos comerciantes por xuntoéranlles reembolsadas polo banco aos pequenos produtores. Habitualmenteestes cobraban o importe das súas vendas na oficina do banco. Esta situaciónpermitía que as familias destes produtores abrisen unha conta na entidade,unha cartilla, nos termos da época. Con estes ingresos, a casa Etcheverríacomezou a captar novo pasivo procedente das comarcas brigantinas e fi-

Page 173: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

delizou unha nova clientela. Este aforro habitualmente depositábase encontas a prazo que o banco remuneraba con xuros atractivos para os seusclientes. domingo Etcheverría soubo atraer a confianza dos seus conci-dadáns, cos que tiña unha relación moi directa. o éxito desta casa de

banca foi precisamente o seu localismo e o trato directo co cliente. oca-sionalmente o banco interesouse nalgunhas iniciativas industriais, comoa participación nalgún serradoiro ou na construción do matadoiro de be-tanzos. non obstante, este tipo de iniciativas foi máis ben testemuñal einscribíase na órbita das relacións de amizade e confianza cos promotores,habitualmente clientes do banco. de feito, na tradición da familia Etche-verría as participacións industriais, cando as houbo, foron por iniciativapatrimonial familiar, independente da empresa bancaria. así sucedeu conalgúns investimentos no sector inmobiliario e na pesca tras a guerra civil.

Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 187

A cidade de Betanzos a comezos do século XX

Page 174: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

marcelino Etcheverría, nos anos de entreguerras, desenvolveu taménunha acusada actividade como correspondente bancario. desde a crea-ción do Consejo superior bancario en 1921 estaba inscrito no registrode bancos y banqueros, así mesmo os presidentes do banco foron conse-lleiros da asociación Española de la banca en diferentes ocasións.18 Estaactividade como correspondentes dos bancos foráneos foi moi útil para odesenvolvemento dos servizos de pagos ofertados polo banco. Especial-mente para o mantemento do labor que xa desenvolveran anteriormentedomingo Etcheverría y Harriague e Hijos de domingo Etcheverría naárea da inmigración e das transferencias de capitais de procedencia ame-ricana. o banco repatriaba as remesas procedentes da emigración enarxentina, uruguai e Cuba. neste sentido actuouse como corresponden-tes do banco Español del río de la plata, moi vinculado a galicia, e dobanco de galicia en bos aires.

En vésperas da guerra civil, o banco tiña un balance próximo aosdous millóns de pesetas, unha cifra que naquelas datas situaba o bancoEtcheverría a certa distancia aínda do outro banco local, Hijos de anto-nio núñez, o cal tiña un volume de balance de oito millóns de pesetas(cadro 1).19 as características da casa de banca de domingo Etcheverríaeran a prudencia e un negocio sen estridencias, moi pegado ao terreo ebaseado na confianza dos seus paisanos. naquelas datas a actividade cre-diticia retraérase enormemente. de feito, a carteira de valores era catroveces e media superior á actividade crediticia. ademais o desconto, quefora unha actividade habitual do banco, supoñía soamente o 14% do con-xunto da actividade crediticia (cadro 1).

unha vez rematada a guerra civil o banco reiniciou a súa actividadedentro do que institucionalmente se denominou statu quo bancario. oréxime político saído da guerra civil instaurou un sistema no cal era moidifícil emprender procesos de expansión bancaria xa que a consecuciónde novas fichas bancarias nas diferentes prazas españolas debía facerse a forza das preexistentes. ata finais dos anos sesenta a política bancariado réxime non comezou a cambiar neste terreo. a banca local, neste sen-

18 rexistrado co número 112 dentro da banca local.19 véxase garCía lópEz (2003: 132).

Empresarios de Galicia 188

Page 175: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Cadro 1. Balances do Banco Etcheverría, 1933-1990(en miles de pesetas)

1933 1948 1953 1958 1963 1968 1973 1978 1980 1985 1990ACTIVO

Caixa e banco de España 129 121 109 1.125 1.018 4.637 32.796 131.015 239.460 1.057.472 1.112.134

activos monetarios - - - - - - - - - 1.939.000 2.795.100

Entidades de crédito 23 6 222 177 1.353 15.412 56.578 246.881 299.466 552.077 2.294.856

Carteira de efectos 22 1.262 4.911 11.972 18.587 83.269 306.680 1.236.261 1.235.050 - -

Carteira de valores 700 4.844 2.708 5.341 10.475 38.136 60.329 271.395 397.607 872.766 657.966

Créditos 136 5.065 6.418 10.184 2.371 49.504 35.415 709.835 1.097.205 3.907.445 5.046.578

activos materiais e inmateriais 322 41 18 49 14 365 2.626 17.966 32.223 72.841 202.216

outros debedores 89 - - - - 1.446 3.258 19.532 196.413 207.521 234.402

Contas diversas e de orde 484 113 91 18 7 7 77.761 847.511 10.422 129.364 188.132

PASIVO 

recursos propios 322 500 500 500 500 13.866 26.027 186.182 177.128 356.682 534.380

Entidades de crédito - 7.134 1.436 5.212 842 4.473 18.560 14.885 74.317 349.500 328.556

acredores 1.372 3.779 12.472 23.090 32.364 168.834 437.400 2.264.417 3.005.985 7.479.965 10.878.344

outros acredores 97 31 37 29 58 1.782 5.134 37.374 77.097 252.692 283.252

Contas diversas e de orde 114 8 4 - - 1.588 84.311 917.108 122.620 270.931 401.395

resultados - - 28 35 61 2.233 4.011 60.430 50.700 28.716 105.457

total do balance 1.905 11.452 14.477 28.866 33.825 192.776 575.443 3.480.396 3.507.846 8.738.486 12.531.385

Fontes: balances do banco Etcheverría e Anuario Estadístico de la Banca en España.

Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 189

tido, mantívose moi estable debido á ausencia dunha competencia novaen praza.

o banco, tras a guerra, continuou practicando o seu tradicional nego-cio de banca comercial dentro da ortodoxia máis estrita. non potenciouexcesivamente a carteira de valores, malia que os excesos de tesouraría sedirixían maioritariamente ás emisións de títulos públicos. Estas emisións,que se realizaban con prima, eran beneficiosas para os bancos, que adoita-ban acudir a elas. pola súa parte o goberno recorría a novas emisións den-tro da súa política de financiamento e control do crédito. a actividade cre-diticia ata 1964, ano no cal o banco se converteu en sociedade anónima,estivo fortemente dirixida ao desconto. o peso da carteira de efectos no cré-dito foi aumentando paulatinamente. a principios dos cincuenta era xa o43%, a finais da década ascendía ao 54% e en vésperas de converterse ensociedade anónima chegou ao 88,7% da actividade crediticia (cadro 1).

Page 176: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

20 aHpC, notario público de betanzos, Julián marcos alonso, 22/12/1964.

a mediados da década de 1950 produciuse a incorporación de JavierEtcheverría de la muela ao banco. rematara os seus estudos de dereitona universidade de madrid e durante un tempo desenvolvera prácticas deavogacía nun despacho coruñés. os seus primeiros pasos no banco levá-rono por todas as dependencias deste, desde o traballo no portelo ata ocobro de letras polos comercios. pouco a pouco foi tomando posiciónsexecutivas na entidade presidida polo seu pai, que a finais da década facíasetenta anos. a actividade do banco recuperárase nos anos centrais da dé-cada dos cincuenta con taxas de crecemento medio anual do balance dearredor do 15% en termos nominais. o crédito evolucionara en parecidasproporcións. durante os anos do plan de Estabilización da economía es-pañola e nos primeiros sesenta, reducíronse as súas taxas de crecemento,o gran salto produciríase nos anos seguintes.

En 1964 o banco Etcheverría converteuse en sociedade anónima.20

a necesaria estabilidade do negocio, a inseguridade dun réxime societariobaseado nas persoas físicas e o custo das sucesións patrimoniais nestascondicións aconsellaban a creación dunha sociedade con este réxime.Con este motivo produciuse un aumento de capital, que pasou do mediomillón de pesetas da inmediata posguerra a un novo capital de dez millóns(gráfico 1). as achegas foron realizadas exclusivamente pola familia, co -mo acontecería coas posteriores ampliacións de capital, ata a entrada deCaixa galicia na sociedade en 2002.

o panorama bancario de betanzos non experimentara grandes cam-bios, salvo a entrada de banco Central a través da compra de Hijos de an-tonio núñez. no entanto, os bancos locais estaban protexidos pola poucamobilidade do sistema de fichas bancarias. de feito, naqueles anos os ban-cos locais estaban moi solicitados polos grandes bancos españois con dese-xos de expandirse, que só podían recorrer á compra para abrir novasoficinas. a partir de 1968 o horizonte abriuse lixeiramente grazas aos plansde expansión bancaria que autorizaban de maneira controlada novas aper-turas. baixo esta política, a banca local tiña preferencia de apertura de no-vas sucursais. o banco Etcheverría soubo aproveitar a nova actitudegobernamental para iniciar unha discreta expansión. a primeira sucursal

190Empresarios de Galicia

Page 177: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Gráfico 1: Capital do Banco Etcheverría trasas sucesivas ampliacións, 1933-1992

0

150

300

450

600

750

1992outubro1989

febreiro1989

1986197719761974196419451933

Fonte: Balances do Banco Etcheverría.

En millóns de pesetas

0,32 0,5030 50

70

190

285323

750

10

abriuse en Fene, en 1968. nesta ocasión o banco Etcheverría tivo prefe-rencia fronte ao banco pastor, tamén moi interesado nesta sucursal, grazasás mencionadas vantaxes que tiña a banca local. a sucursal de Feneabriuse nun momento no cal estaba en todo o seu esplendor a actividadedos estaleiros próximos a Ferrol. o banco Etcheverría presentou unha es-tratexia que lle ía permitir acceder a unha ampla constelación de pequenase medianas empresas. En definitiva, talleres que eran subcontratados porastano e outras compañías para realizar obras no sector naval. de feito aoficina non se creou en Fene propiamente, senón en santo Estevo de per-lío, parroquia ao norte do concello de Fene, onde se concentraba toda aactividade daquelas empresas. os servizos de banca comercial que ofertabao Etcheverría procuráronlle unha abundante clientela na zona.

Entre 1968 e 1971 abríronse un total de seis oficinas, todas nas zonasde influencia tradicionais do banco. a segunda foi a oficina da Coruña,aberta o mesmo ano 1968. neste caso disputoulla ao banco de santander,moi interesado en situarse na Coruña. de novo, o banco Etcheverríapuido tomar a dianteira ao ter trato preferente como banco local. nos tresanos seguintes puxéronse en marcha a oficina de sada, unha segunda ofi-cina na Coruña, outra en Carral e, por último, en lugo. ata 1975 non se

191Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila

Page 178: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

volvería abrir unha nova sucursal, neste caso en santiago de Compostela.a partir de aí produciuse unha forte estabilización que rematou a partir de1992, cando se iniciou a expansión territorial do banco por toda galicia.

Este plan de expansión tivo notable incidencia nos balances do banco.as taxas de crecemento disparáronse en termos nominais. Entre 1963 e1968 a taxa de crecemento media anual do balance foi do 41,6%, mentresque o crédito medrou a un ritmo medio anual do 44,6%. durante os cincoanos seguintes o crecemento mantívose, mais cun ritmo menor, o 24,5%para o balance e o 20,8% para o crédito. neste marco a actividade de des-conto seguiu tendo un papel determinante. o modelo bancario que desen -volveu o banco sustentouno relativamente protexido dos avatares das crisesde mediados dos setenta. En realidade entre 1973 e 1978 as taxas de medrado balance e dos créditos volveron recuperarse cuns crecementos mediosanuais por enriba do 40%.

o banco Etcheverría estivo suxeito ás vicisitudes do conxunto dosbancos españois nos sesenta e nos setenta. o xustillo, que significaba aregulación do sistema bancario imposta polo réxime, favoreceu que orecurso aos extratipos se aplicase tanto na gran banca coma na pequenabanca. a competencia para captar novos clientes movíase con escasosniveis de transparencia. a outra cuestión que tamén lle afectou á bancanas décadas do franquismo foron os investimentos obrigatorios. o bancoEtcheverría, dado o seu tamaño e o maior peso do desconto comercialrespecto do crédito a medio e longo prazo, viuse afectado só relativa-mente polos excesos do regulador. En 1980 o financiamento dos investi-mentos obrigatorios representaba en termos do balance da entidade o11,4% dos créditos do banco, sen incluír o desconto de efectos. nadécada anterior esta proporción fora superior ao 20%. por último, as pres-tacións do crédito agrícola e do crédito marítimo e pesqueiro tiveronsempre escasa importancia no banco, xa que lle afectaban relativamentepouco á marcha da súa actividade crediticia. Estes créditos eran transfe-rencias realizadas desde a administración na maioría dos casos.

o punto de inflexión en termos de negocio produciuse a finais dadécada dos setenta, o parón da actividade en sectores críticos da actividadeda economía de galicia frearon os fortes crecementos que —dentro damodestia do seu tamaño— experimentara o banco con anterioridade. si-multaneamente, a crise bancaria, que se estivera xermolando nos últimos

192Empresarios de Galicia

Page 179: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

21 maIxé et al. (2002: 270 e ss).

anos da década de 1970, estalou a principios dos oitenta e os primeirosdamnificados foron os bancos locais.

o banco Etcheverría puido esquivar en boa medida a inestabilidadedo momento. En realidade a extrema ortodoxia de banco, que en ningúnmomento se aventurara en políticas arriscadas, nin sobrevalorara a súa ac-tividade máis alá das súas posibilidades, foi a garantía que lle permitiu va-dear as crises dignamente. non obstante, a paralización dos balancesdurante o cambio de década puxeron de relevo os duros axustes econó-micos que se estaban a producir na economía coruñesa e galega. no en-tanto, o banco Etcheverría non sucumbiu, permaneceu firme na súaindependencia e sostivo un tipo de negocio moi pouco propenso a em-prender accións arriscadas. os resultados foron favorables pois entre 1980e 1985 as taxas de crecemento volveron situarse arredor do 20% en termosnominais. En certo modo ese axuste mantivo o banco á marxe dos proce -sos de peche, fusións e adquisicións experimentados pola banca local nosoitenta. moitos foron os damnificados neste proceso de reconversión ban-caria, ata o punto de que o banco Etcheverría quedou como un dos pou-quísimos representantes da pequena banca familiar malia que, ata entón,estes bancos foran numerosos en toda España.

para o banco Etcheverría o proceso de axuste máis forte produciuse nasegunda metade dos oitenta. Este proceso orixinouse como consecuenciada vontade do regulador, que xa a mediados da década, tras a traumáticaexperiencia da crise e a reconversión bancaria, regulou sobre coeficientesde investimento e recursos propios das entidades de depósito. a políticafinanceira emprendida tras a reforma de Fuentes Quintana de 1977 ralen-tizárase debido á escaseza relativa de medios financeiros e ao encarece-mento do custo do crédito. as desvalorizacións de 1977 e o déficit públicofrearon o proceso de liberalización, especialmente nos aspectos relaciona-dos cos coeficientes de investimento obrigatorios de bancos e caixas.21 deaí que, unha vez superados os desaxustes da crise e a reconversión banca-ria, o goberno se decidise a lexislar sobre a materia. a lei 13/1985, do 25 de maio, sobre coeficientes de investimento, recursos propios e obrigasde información dos intermediarios financeiros, xunto co real decreto

193Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila

Page 180: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 194

1370/1985 do 1 de agosto sobre recursos propios das entidades de depósito,puxeron baixo o control do banco de España a solvencia das entidadesfinanceiras. a crise bancaria obrigou a reforzar as garantías do sistema e osrecursos propios dos bancos, a regulación tamén estableceu diferentesniveis de protección segundo o risco dos investimentos das entidades.

a nova regulación e a proverbial cautela dos xestores do banco Etche-verría explican unha nova ampliación dos recursos propios. En setembrode 1986 produciuse unha ampliación que elevou o capital do banco a 120millóns de pesetas, dous anos despois —en febreiro e outubro de 1989—volveuse realizar cadanseu aumento de capital (gráfico 1). Esta políticaadecuou a marcha do banco ás novas condicións de sistema financeiro esentou as bases da recuperación que se produciu a partir de 1992.

domingo Etcheverría naveyra falecera pouco antes —en 1987, aos98 anos de idade—, xusto cando o banco Etcheverría estaba a piques deiniciar unha nova andaina, sen dúbida a máis ambiciosa da súa historia.En efecto, en 1992 produciuse unha ampliación de capital que situou obanco dentro dos parámetros que lle correspondían (750 millóns de pese-tas). simultaneamente, emprendeuse a expansión que había de levar porprimeira vez na súa historia o banco por toda galicia, a un ritmo de máisde dúas oficinas por ano. a última fase desta nova singradura iniciouse en2001, cun capital reconvertido a 4,5 millóns de euros. En 2002 produciusea entrada de Caixa galicia no accionariado do banco; a correspondenteampliación de capital efectuouse en marzo de 2003. deste xeito, elevábasea 13,2 millóns de euros o capital deste banco centenario, que conta noseu haber con máis de cento setenta e cinco anos de historia.

Page 181: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

garCía lópEz, J. r. (1992): «remesas ytransferencias de capital de los emigran-tes españoles a américa», en Pasado, pre-sente y futuro de la emigración españolaa Iberoamérica, Colombres, EdicionesJucar-archivo de Indianos.

lIndoso, E. (2006): Los pioneros gallegos:Bases del desarrollo empresarial, 1820-1913, madrid, lId.

maIxé-altés, J. C. (dir.), m. vIlar, e E. lIn-doso (2002): El ahorro de los gallegos.Orígenes e historia de Caixa Galicia (1876-2002), santiago de Compostela, Funda-ción Caixa galicia.

maIxE-altés, J. C., e E. IglEsIas (2009):«domestic monetary transfers and theinland bill of exchange markets in spain(1775-1885)», Journal of InternationalMoney and Finance, June 2009 issue (noprelo).

núñEz barros, r. (1994): «a industria docurtido en pontedeume», Cátedra. Re-vista Eumesa de Estudios, núm. 1.

Marcelino Etcheverría e Domingo Etcheverría Naveyra Vila 195

Bibliografía

alonso álvarEz , l. (1986): Comercio co-lonial y crisis del antiguo régimen en Ga-licia (1778-1818), a Coruña, xunta degalicia.

Carmona badía, x., e m.ª t. FErnándEz

vázQuEz (2003): A Compostela indus-trial. Historia e pegada das fábricas decoiros no concello de Santiago, a Coruña,Consorcio de santiago de Compostela.

EtCHEvErría brañas, s. (1979): Eclipse enEspaña: Apuntes del diario íntimo de un diplomático del gobierno de la repú-blica española, a Coruña, Edicións do Castro.

FErnándEz vázQuEz, m. t. (2002): La in-dustria del curtido en la Galicia contem-poránea, tese de doutoramento, univer-sidade de santiago de Compostela.

garCía lópEz, a. (2003): La actividad ban-caria en Galicia desde el catastro del mar-qués de la Ensenada a la Lei Cambó, va-lladolid, lex nova.

Page 182: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

LAUREANO SALGADO 1847-1930

Page 183: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

A DESIGUAL SORTE DUN GRAN PROMOTOR INDUSTRIAL

laureano salgado rodríguez, nacido en Caldas no ano 1847, foi undos máis destacados impulsores da electrificación de galicia e un dosmáis importantes empresarios que esta tivo durante os anos finais doséculo xIx e o primeiro terzo do xx.1 Fillo dun modesto carpinteiro da fre-guesía de san tomé de Caldas, estudou —o mesmo ca os seus tresirmáns— no seminario de santiago e adquiriu coñecementos de comer-cio, que lle permitiron comezar a súa actividade empresarial contra o ano1868 como almacenista de produtos téxtiles na súa vila natal.

durante os quince anos seguintes nada semellaba agoirar a que pos-teriormente sería escintilante carreira empresarial do mozo caldense; defeito, aínda en 1886, xa con corenta anos, cando varios comerciantes davila quixeron argumentar a capacidade económica de laureano para xus-tificar agravios comparativos nas cantidades que eles deberían pagar

Raúl Soutelouniversidade de vigo

1 agradecemos a xenerosidade de José Casal porto e de maximino rodríguez buján,que nos permitiron consultar os artigos de prensa e as fotos dos seus arquivos particulares,así coma as valiosas orientacións do profesor xoán Carmona verbo das versións anterioresdeste traballo. tamén queremos expresarlle o noso agradecemento ao persoal da autori-dade portuaria de vilagarcía, e do arquivo Histórico provincial de pontevedra, neste últimocaso nas seccións protocolos e delegación de Hacienda, onde atopamos a maior parte dosdocumentos que obviamos citar para non recargar máis o texto.

Page 184: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

nunha repartición de contribucións, o único que puideron alegar era queaquel era «administrador de rentas, comerciante de paños y lienzos,almacenista de papel y fósforos, agente de vapores» e que «en un solo añodiese a préstamo cinco o seis mil duros».2 En definitiva, que o antigoalmacenista de tecidos era contra aquel ano un máis dos membros daelite económica local dunha pequena vila como Caldas, ocupado comoa maioría dos seus membros en negocios de distribución, de préstamos ede intermediación na emigración a américa.3

Primeiro a rede, logo os negocios

non obstante, o comercio non era a única ocupación á que o antigoseminarista estivera a dedicar o seu tempo entre o seu vinte e corentacabodano. logo de formar parte da xunta local da revolución de 1868,unha época na que segundo dixeron os seus posteriores inimigos políticos«se desgañitaba gritando en las calles consignas revolucionarias»,4 pasoua integrarse no partido de sagasta e mantivo durante toda a restauraciónunha importante actividade política e social no eido local e provincial,que lle foi permitindo acadar posicións, contactos e influencia, que cons-tituíron a rede social que sería a base do posterior crecemento empresa-rial dunha persoa de orixe humilde, á que os seus inimigos políticosalcumaban como O Cesteiro e posteriormente O Trompetas.

dúas foron as claves na formación dunha tal rede social: a familia ea amizade política. no primeiro dos sentidos, o ascenso político de lau-reano formou parte do ascenso dun grupo familiar sólido e cohesionado,onde un tío cura (benito salgado) fai posible que os catro irmáns se for-men no seminario, e onde os outros tres irmáns xogan tamén un impor-tante papel. antonio graduouse en dereito e exerceu como rexistrador dapropiedade en vigo mentres que José, que tamén era avogado, estable-ceu bufete en pontevedra e participou activamente na política provincial

Empresarios de Galicia 198

2 El Umia, núm. 12 (17/08/1886).3 soutElo (2005 e 2007).4 La Democracia, núm. 92 (23/09/1906), núm. 325 (28/05/1911) e núm. 327 (11/06/

1911).

Page 185: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

xa que foi deputado entre 1878 e 1894 polo distrito de Caldas de reis elogo gobernador civil da provincia. José casou cunha irmá do comer-ciante e banqueiro local de orixe camerana José ramón de la riva, quepasaría a formar parte tamén da armazón familiar dos salgado. Final-mente, Jesús desenvolveu unha andaina profesional e vital máis discretaao agarimo de José e de laureano, que o converteron en secretario doConcello de Caldas de reis e procuraron empregos para o seu fillo.5

5 Jesús salgado rexentaba un estanco e posuía muíños fariñeiros en segade (santoandré de César) cando o nomearon secretario municipal en 1905. tratábase dun posto benretribuído e desde o que favoreceu os negocios de embarque de emigrantes do seu irmánlaureano pois dependía do Concello a expedición da documentación necesaria para emi-grar legalmente.

Laureano Salgado 199

Benito Salgado Fariña(párroco en Sto. André de Cesar,

Caldas de Reis)

& Rita Rodríguez Pego (+ 02/09/1895)

Antonio Salgado . F.(carpinteiro, 09/07/1873)

Aurora de la Riva & & María Demetria García Torres

(+04/05/1931)

& María Seijo Salgado(07/11/1966)

M.ª Luisa Salgado Seijo

Luisa María Legerén Salgado

Pilar Antonio(dono de curtidoiros en Caldas de Reis)

Demetria & Jesús Torres Villar(veterinario)

& Moisés Legerén

Antoniorexistrador da propiedade en Vigo: +

José S. de la Rivaempregado en

Electra polo seu tíoLaureano

Jesús S. de la Rivaredactor de Fray

Prudencio o El Mirlo Blanco

Antonio S. García(21/08/1939): dirixiu a muiñeira

eléctrica e a fábrica de zocos do seu tío Laureano.

Alcalde de Caldas durante aditadura de Primo de Rivera

Laureano Salgado de

la Riva

Jesús(1856/+ 08/01/1923)

secretario do concello

Concepción (+)

& (1º: X-1868)Josefa Carou Mareque

(+16/10/1910)

& (2º: V-1912)Elisa Peña

(+25/10/1918)

Joséavogado, bobernadorcivil de Lugo, alcalde

de Caldas de Reis

Fonte: Elaboración propia a partir da prensa da época, das informacións orais de Pilar Salgado e da súa %lla Luisa María Legerén e das actas de defunción nos libros 6º e 8º de defuntos de San Tomé de Caldas de Reis.

Figura 1: A rede familiar dos irmáns Salgado Rodríguez de Caldas de Reis

Laureano (1847/1930)promotor, axente de

embarque e cacique do distrito de Caldas

de Reis

Page 186: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

os irmáns salgado rodríguez puxeron a súa rede familiar e social ádisposición da familia sagasta no distrito electoral de Caldas de reisdurante toda a restauración e remataron por se converter nos seus repre-sentantes políticos locais. pedro mateo sagasta, que era irmán de práxedesmateo sagasta, o cabeza do partido liberal e figura política central daalternancia política daquela época en España, chegara a pontevedra comoenxeñeiro de montes destinado na deputación provincial, casou cunhafilla da caldense familia Echeverría e comezou axiña unha carreira políticaque o levaría a ser o representante en Cortes do distrito durante catro lexis-laturas (entre 1869 e 1891). os irmáns salgado traballaron arreo en apoiodo enxeñeiro e, posto que este pasou axiña a residir en madrid, converté-ronse daquela nos seus axentes no distrito. a pedro mateo sagasta suce-deuno o seu fillo, bernardo mateo sagasta Echevarría, que foi deputadoata 1923, desenvolveu a súa carreira política tamén na capital e deixou aadministración dos seus intereses na provincia de pontevedra a cargo dossalgado e do seu curmán José Echeverría Harguindey, que se repartiron,entre outros postos, o da representación política do distrito na deputaciónprovincial nada menos que entre 1878 e 1923.6 a concentración do poderlocal nas mans do grupo fíxose aínda mais visible a partir de 1905 candoJosé salgado rodríguez pasou a ocupar a alcaldía de Caldas de reis,nomeou secretario municipal o seu irmán Jesús e pasou a distribuír os car-gos municipais retribuídos entre os seus parentes e clientes.

Esta monopolización do poder local por parte dos salgado nunca foidesautorizada polos sagasta, o que provocou que se sentiran marxinadosos restantes membros da facción sagastina que xurdira en Caldas de reisda revolución de 1868 e provocou a secesión dun grupo deles dirixidopor Elisardo domínguez e adolfo mosquera. aínda que estes dousindustriais nunca conseguiron desprazar o grupo do antigo comerciantede tecidos, non deixarían de causarlle problemas. unha das manifesta-cións máis interesantes desta rivalidade entre os salgado e os dous indus-triais citados deuse no eido da prensa, pois unha vila de tamaño reducidocomo era Caldas de reis chegou a ter simultaneamente nos primeirosanos do século xx dous xornais políticos, que representaban a aquelas

6 barrEIro FErnándEz (2001).

Empresarios de Galicia 200

Page 187: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

dúas faccións. laureano salgado editaba Fray Prudencio e os seus inimi-gos El Demócrata.

os salgado controlaron así a política municipal e os resultados elec-torais do distrito de Caldas en prol dos sagasta e do seu parente JoséEcheverría ata 1923. o seu éxito estivo non só na creación de redes clien-telares nas que tiveron sempre un lugar os médicos, farmacéuticos e vete-rinarios e outros profesionais que non refugaban visitar as aldeas conlaureano cando chegaban as eleccións, senón tamén en adiantarse ásposibles ameazas ao seu liderado local. deste xeito integraron na súa redeos retornados da emigración que arelaban protagonismo político e reco-ñecemento social, pactaron coas emerxentes sociedades agrarias, coopta-ron os seus líderes ou fundaron outras novas para dividir a mobilizacióncampesiña local evitando que desafiasen con éxito o cacicato familiar.

Contra 1885 laureano salgado seguía a ser, como xa indicamos, unmembro máis da pequena burguesía dunha vila mediana como era daque-la Caldas de reis. a súa influencia política era, xa que logo, moi superiorao seu peso económico. E aínda que semellaba que os seus case vinteanos de actividade política paralela aos seus pequenos negocios o mantive -ran distraído da súa carreira empresarial, o tempo demostraría que aque -la dedicación tampouco fora desde este punto de vista unha perda detempo. moi pola contra, foi a vía que lle permitiu pasar de modesto alma-cenista local de tecidos a un dos máis importantes empresarios galegos.

A cabeceira do xornal FrayPrudencio editado por

Laureano Salgado contén oseu ideario ou estratexia deprogreso empresarial para acomarca: o ferrocarril queatravesaba as veigas de Almorzar cara á azucreira de Portas (na parte inferior

do debuxo aos pés do frade) coa vila de Caldasde Reis e a hidroeléctrica de Segade detrás. Consér-vanse varios números destapublicación no Fondo dePrensa Local da BibliotecaPública de Caldas de Reis

Laureano Salgado 201

Page 188: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

De almacenista local de tecidos a empresario de sona

no ano 1886 laureano salgado establece, xunto cos seus dousirmáns José e Jesús e outros sete veciños da zona de Caldas de reis, unhadas que serían primeiras compañías de seguros mutuos para o gando, aIniciativa Caldense, aínda que en realidade baixo esta denominación oque había era máis unha empresa destinada á introdución de insumosindustriais na bisbarra ca, estritamente, unha mutua gandeira. a caróndos salgado estaban nela comerciantes e industriais locais como Faustinotrapote, que era comerciante de tecidos ou Fermín mosquera, que erafabricante de coiros.7 a constitución desta empresa pecha un ciclo navida empresarial de laureano salgado caracterizada pola limitación aoámbito local e a capitais moi limitados. ao seguinte, 1887, comezaríaoutra xeira dos seus negocios completamente distinta, ambiciosa desde opunto de vista dos capitais comprometidos e moi baseada no aproveita-mento de recursos naturais que debían ser obxecto de concesión admi-nistrativa, o que valorizaba extraordinariamente o conxunto das relaciónsadquiridas no eido da política durante os anos precedentes.

7 la Iniciadora Caldense (1886). Fermín mosquera (1833-1921) era dono dun obra-doiro de curtidos na beira dereita do río bermaña, tradicionalista reconvertido ao socialca-tolicismo financiou a construción das Escolas Cristianas de san Fermín para a educacióndos nenos caldenses e mantivo múltiples negocios e excelentes relacións con laureano sal-gado. así ambos participaron na azucreira de portas.

Empresarios de Galicia 202

La Concha de Arosa, balneario dos Salgado en Vilagarcía de Arousa

Page 189: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

o primeiro sector que protagonizou a nova xeira de expansión dosnegocios de laureano salgado foi o do turismo balneario, un sector noque o comerciante caldense foi en galicia un dos principais pioneiros. olugar elixido para a súa primeira iniciativa foi o de vilagarcía de arousa,onde o seu irmán José acadou en 1886 unha concesión municipal para

establecer un balneario de praia queocupaba unha franxa de terreo naestrada de Chapa a Carril, no lugardenominado Entrerríos. alí construí -ron unha casa de baños, co aquel dasque estaban tan de moda nos lugaresde veraneo máis elegantes, denomi-nada la Concha de arosa.8 na cons-trución do que sería un popular bal-neario, laureano asociouse non sóco seu irmán José senón con variosem presarios de vigo entre os que secontaba o banqueiro manuel bárcenaFranco, o conde de torrecedeira, unapoio que lle sería de extrema utili-dade pois este último era o delegadoen galicia dunha das máis importan-tes navieiras inglesas que transporta -ban emigrantes a américa, a pacificsteam navigation Company, da queaxiña pasou laureano a ser consig-natario en vilagarcía de arousa. En1895 queda, canda o farmacéutico vi -gués Eudoro pardo labarta, comoúnico propietario do balneario arou-

sán, asemade que consegue a concesión para construír establecementossemellantes nas praias viguesas de san Francisco e Coia, que finalmentelles cederá a empresarios locais.

8 abuín duro (1993).

Anuncio da Pacific Steam Navigation, da que Laureano foi consignatario

Laureano Salgado 203

Page 190: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 204

porén, a máis notable das súas aventuras neste eido industrial foi asúa participación na constitución no ano 1903 da sociedad anónima latoja, a empresa destinada á explotación das augas e dos aloxamentos dailla coñecida como de louxo ou a toxa. salgado mercara meses antes—coa axuda do farmacéutico asturiano Fernando rodríguez porrero—unha parte dos mananciais e das modestas instalacións que existían naquelailla, unha operación que foi posible grazas á boa relación que mantiñacon Jaime solá mestre —xornalista sempre agradecido cos anunciantesxenerosos na súa revista Vida Gallega, que actuou como apoderado dasúa nai na venda das propiedades que esta herdara alí.9 Esta compra per-mitiulle un achegamento ao marqués de riestra, que se viña facendotamén desde varios anos atrás con propiedades na illa, de xeito que entreambos os dous xuntaron a maioría dos dereitos existentes sobre ela. a novasociedade, na que salgado e riestra resultaban ser puntais principais ocu-paríase tanto de construír o gran Hotel e de colocar a illa como un doscentros de veraneo máis elegante da España da época como de establecerena fábrica de xabóns que acadaría unha enorme sona.

laureano salgado puxo en práctica no negocio da toxa algúns dosmecanismos financeiros que utilizaría acotío durante os anos do seu cénitempresarial e que lle permitirían mobilizar empresas e capitais cunhacontribución propia ben reducida. os seus dereitos sobre a illa foran ad-quiridos pagando con accións da Electra popular de vigo y redondela,unha empresa que se acababa de formar, que tiña como obxecto social ode vender luz e forza na área de vigo. pero resulta que el non tivera quedesembolsar nada por estas accións porque as recibira liberadas en con-trapartida á achega que lle fixera a esta empresa da concesión dun saltode auga sobre o río verdugo. deste xeito, no último dos chanzos da cadea,o importantísimo paquete de accións liberadas que laureano salgado re-cibe da nova sociedad anónima la toja foi a contrapartida duns dereitossobre a illa que pagara con accións liberadas dunha eléctrica, que polasúa volta recibira en troques da achega da concesión dun salto de auga.unha vez a empresa en marcha, e como sería tamén común na maiorparte das iniciativas do caldense, salgado iría retirándose paseniñamente

9 aHpp, delegación de Facenda, atado g. 20328, núm. 28.

Page 191: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Laureano Salgado 205

do accionariado de la toja, de xeito que en vésperas da primeira granguerra xa non ocupa ningún cargo relevante nela. a empresa queda asínas mans da casa bancaria pontevedresa dos riestra.

Esta primeira década do século xx foi o período no que laureano sal-gado brillou con luz propia no panorama dos negocios de galicia, xa nonsó no ámbito do turismo senón tamén no propiamente industrial, no daconstrución de infraestruturas portuarias ou no dos transportes. Cronolo-xicamente a primeira das súas grandes iniciativas industriais, xa catro anosantes da constitución de la toja, fora a da construción da fábrica de azu-cre de portas, un dos maiores proxectos industriais da galicia da época.o contexto económico era claramente favorable, pois a independen-cia da illa de Cuba deixara a España desabastecida do prezado azucre decana antillano. ademais, o ministerio de Facenda gravou a súa importa-ción cun arancel de 0,85 pesetas por quilo en 1899 para fomentar a pro-dución de remolacha e a instalación de fábricas azucreiras. o resultadofoi unha expansión descontrolada dese cultivo e do número de refinarías,das que dúas se situaron en galicia. unha en Iria (padrón) —financia -da por un grupo de capitalistas madrileños— e outra na veiga de portas —na redonda de Caldas de reis. Como era de agardar, laureano salga -do estaba nesta última, apadriñada entre outros polo ministro raimundoFernández villaverde, co que mantiñan unha excelente relación desdeos tempos da primeira república, nos que a familia caldense o apoiaracando se presentou a deputado polo distrito de Caldas de reis no 1872.a azucarera gallega fundouse na Coruña no ano 1899 cun capital de tresmillóns e medio de pesetas; os seus socios eran ademais de laureano sal-gado, o coruñés Evaristo babé, que impulsara na Coruña e en vigo dúaspequenas refinarías de petróleo, e dúas casas bancarias coruñesas —a demarchesi e a de sobrinos de José pastor, representada esta última poloseu presidente ricardo rodríguez pastor. para esta casa bancaria, a súaentrada na azucreira a carón dun laureano salgado, que estaba denun-ciando naquel intre os saltos de auga con mellores perspectivas de explo-tación en galicia, era —como sinalaron Carmona e nadal—10 o comezodun xiro industrialista que tería unha importancia decisiva na historiaindustrial da galicia contemporánea.

10 Carmona e nadal (2005)

Page 192: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a fábrica de portas, así coma outra semellante que se estableceu casesimultaneamente en padrón e coa que compartiu o seu pouco afortunadodestino, fornecían unha interesante oportunidade de especializaciónagroindustrial e activaron a economía da comarca coa construción dosedificios que darían emprego a 350 homes cando funcionasen. Fracasaronrapidamente por dúas razóns principais. a primeira foi a incapacidade dese forneceren de remolacha na comarca pois só a fábrica de por-tas tiña capacidade para procesar 500 toneladas métricasde azucre e precisaba que un mínimo de 250 explo-tacións lle dedicasen parte do seu terreo máisfértil (entre cinco e oito ferrados) á producióndese tubérculo. laureano salgado e Fermínmosquera, que tamén participaba na em-presa, planificaron a expansión do seu cul-tivo e desenvolveron unha campaña paraconvencer os paisanos dos beneficios queacadarían sementando remolacha nas vei-gas que destinaban ao millo e ás patacas, queeran a base do autoconsumo familiar e dos seusgandos. Contrataron a dous agrónomos asturianose salgado utilizou o seu semanario Fray Prudenciopara defender o cultivo do novo tubérculo a través dunhacolumna titulada «paliques na beira do adro», ao mesmo tempo quelles ofrecía aos cultivadores a semente de remolacha, adubos industriaise millo importado de gran bretaña a prezo inferior ao do mercado paraque puidesen alimentar as súas familias durante o período de transiciónao novo cultivo. Con todo, estendeuse este moi devagar polas veigas deCambados, ribeira e da pobra, porque os solos ácidos e o propio tamañodas explotacións limitaban as posibilidades de expansión dunha produciónque nunca abondou para abastecer as refinarías de portas e padrón.11

Técnicos e empregados da azucreira de Portas no ano 1900 (Arquivo da familia Monteagudo)

Empresarios de Galicia 206

11 as supostas coaccións exercidas sobre os paisanos para que sementasen a remolacha(«Funestos» nos números 103 a 106 de La Democracia, 09/12/1906 e 30/12/1906), servironde pouco ante o medo destes a que o novo cultivo arruinase de vez as súas terras. non seenfrontaron abertamente aos poderosos salgado pois abondaba con ferver a semente deremolacha e non coidar a pouca que nacese para estragar a colleita. despois xa botaban omillo ou as patacas na terra que adubaran co mineral facilitado por aqueles.

Page 193: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

para o fracaso destas dúas fábricas foi aínda máis determinante a evo-lución do mercado español, pois fora tal o engado que para esta industriasupuxo en España a perda das subministracións de azucre de cana cubanoque se multiplicaron as fábricas e a produción superou a demanda. Istoocasionou que baixasen os prezos e todo o sector se situou en númerosvermellos. En 1903 había xa en España 31 empresas que cultivaban120.000 hectáreas, empregaban a 20.000 obreiros e producían 200.000 tcunhas perdas de 5 pesetas por cada 100 quilos de azucre. o banco Es -pañol de Crédito —amplamente interesado no sector— ofreceulles ásempresas a posibilidade de entrar nun trust que reorganizase aquel; asípechou varias das plantas e concentrou a produción nun feixe delas. aazucarera gallega integrouse nese trust azucreiro por decisión da xuntade accionistas do 15 de decembro de 190312 e a súa fábrica foi xa unhadas vinte que pecharon ao ano seguinte, case simultaneamente coa deIria, a pesar de que como denunciou repetidamente La Democracia,ambas estaban entre as cinco maiores de España.13 a súa maquinaria des-montouse no ano 1911 para ser trasladada á outra fábrica da sociedadgeneral azucarera situada preto de zaragoza e o edificio utilizouse comoalmacén dunha explotación agraria durante os anos da posguerra.14

Como extensión lóxica dos seus negocios de balnearios de praia econsignacións marítimas aparece a que sería outra das especializaciónsde salgado durante a década de ouro que para el foi a súa cincuentena,a da construción e explotación de infraestruturas portuarias. En plena ex-pansión do porto de vilagarcía de arousa, que está a suplantar o tradicionalde Carril como principal porto comercial da ría, salgado obtén en 1901as correspondentes concesións para a construción do que sería peirao doramal, que dotará con modernos guindastres de vapor e cunha conexiónpor vía férrea coa estación do ferrocarril que conectaba vilagarcía dearousa con santiago e con pontevedra. a construción e xestión posteriorda nova infraestrutura sería desenvolvida a través da sociedade villagarcíaIndustrial, que se constituiría en 1903 e que sería dirixida polo propio

12 Fray Prudencio, núm. 296, ano vI, 06/12/1903.13 La Democracia (núm. 108, 13/01/1907).14 domínguEz (2002).

Laureano Salgado 207

Page 194: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

salgado. outro dos seus proxectos neste eido foi o do peirao de santauxía de ribeira que presentou no mesmo ano a nome dun sindicato His-pano americano de dubidosa existencia legal. pretendía gañarlle terreosao mar mediante recheos nas praias de vilagarcía de arousa, Carril e vi-laxoán co obxectivo de urbanizalos para aproveitar o posible aumento dademanda urbanística desa zona costeira derivado da posible conversiónda illa de Cortegada en residencia de verán dos borbóns. salgado, interesadoevidentemente nesta posibilidade da que —polos seus intereses en vila-garcía de arousa sería un dos principais beneficiarios— foi un dos artíficesda campaña para cederlle a afonso xIII aquela illa e como tal encabezouen 1909 a Comisión para la donación de la isla de Cortegada, da que for-maron parte tanto altos dignatarios da época coma bugallal, Eduardo gas-set, gonzález besada, montero ríos e o marqués de riestra, como em-presarios de vigo e arousa, entre os que se contaron lucas de la riva,José barreras massó ou mesmo Elisardo domínguez rozados, propietariodun dos balnearios caldenses e inimigo político dos salgado.

aínda que a campaña para conseguir doazóns coas que pagarlles aospropietarios de Cortegada tivo uns magros resultados, a illa foi finalmenteadquirida e cedida ao monarca, que en realidade nunca se interesou porconstruír nela residencia ningunha e así deixou os promotores cunha nonpequena débeda bancaria. para salgado tampouco rematou ben a aven-tura da Villagarcía Industrial, porque o porto arousán non tivo en reali-dade, desaparecido o tráfico da azucarera e afectado pola crise pesqueirade 1909-1912, o crecemento que tanto el coma lucas de la riva e os seussocios agardaban. a empresa disolveríase en 1915 e as súas instalaciónsforon vendidas. E o mesmo aconteceu coa aventura do sindicato, na queparticipaban tamén máximo de la riva e o banqueiro vilagarcián Epifaniodeza,15 pois a oposición popular e a competencia doutros interesados daforza do empresario vigués José barreras massó levou ás autoridades go-bernamentais a rexeitar o seu plan de ambiciosos recheos.16

máis proveitoso foi, en todo caso, o resultado da súa participación nonegocio das canteiras de arxila. no mesmo ano no que se constituíu latoja, salgado mercara as fábricas de tella cos correspondentes dereitos

15 abuín duro (1993)16 as autoridades rexeitaron os dous proxectos por r.o. do 11/07/1926.

Empresarios de Galicia 208

Page 195: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

sobre a canteira de arxila adxacente que tiña o duque de patiño no lugarda Fianteira, parroquia de vilalonga do concello de sanxenxo.17 Era estaunha importante fonte de aprovisionamento deste material da que, entreoutras, se fornecía a pontevedresa fábrica que o marqués de riestra tiñaen pontevedra, e laureano solicita ademais a concesión dun peirao paraservizo das instalacións. nunha operación semellante á da illa busca oapoio técnico e o capital preciso para a explotación a grande escala desterecurso natural. para estes efectos forma en 1910 a sociedade Guisasolay Cía. na que entraría o enxeñeiro asturiano Justo guisasola con amplaexperiencia neste negocio, o capitalista vigués tomás mirambell e ascasas bancarias de olimpio pérez e simeón garcia. salgado consegueque a súa contribución que consiste nas leiras adquiridas en 1903 sevalore en 100.000 pesetas; recibe así un 75% en metálico e o resto enaccións da empresa que nace cun capital de 215.000. unha vez en mar-cha a fábrica —que axiña se convertería nunha das máis importantes etecnicamente pioneiras do sector en galicia—, o caldense vende a súaparticipación e pasa a ocupar o seu lugar na empresa José ruibal, un adi-

17 Gaceta de Galicia, 13/10/1903.

Restos de Azucarera Gallega de Portas contra 1960

Laureano Salgado 209

Page 196: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ñeirado emigrante caldense que se integrou na rede política e empresa-rial de salgado cando regresou de arxentina, e que mesmo chegaría a seralcalde da vila como membro daquela.

se o negocio das canteiras foi ben proveitoso para o caldense, as outraspólas da minaría non lle foron tan favorables. neste sector, e canda os seussocios habituais, participou nun intento de explotación de minas de piritana zona de gondomar así coma noutro de piritas de ferro cobreado nazona de Compostela. Con este último fin constituíu a sociedade anónimaminas del sar, unha vez máis cos banqueiros riestra e olimpio pérez noano 1903; contan tamén coa participación do enxeñeiro de minas rafaelsáenz-díez e co empresario antonio sierra. ningunha delas pasou dafase de ensaios.

O rei dos saltos de auga

Con todo, foi o sector eléctrico o que mereceu probablemente máisa atención e proporcionou mais notoriedade a laureano salgado. oempresario caldense, que chegou a recibir o apelativo de «rey de los sal-tos de agua»,18 foi concesionario de diversos aproveitamentos hidráulicose liñas de tranvías e tivo un papel decisivo na formación das dúas maiorescompañías de capital galego da época.

laureano salgado entrou no sector eléctrico da man dun enxeñeirosuízo —Ernesto presser— e dun distribuidor de material eléctrico arago-nés —nicolás palacios— que nas súas andainas á procura de negocio con-seguiran unha concesión hidráulica no río umia e lugar de segade asícoma os contratos para iluminación pública cos concellos da zona nosanos 1898 e 1899.19 salgado decatouse axiña da potencialidade do negociodas concesións e ademais de entrar canda os citados —como fundador daque sería sociedad general gallega de Electricidad— foi estudando coaaxuda doutro caldense —José lago loureiro— a obtención de diversasconcesións xa directamente xa por adquisición a concesionarios previos.unha vez conseguidas estas foi buscando socios para construír e explotar

18 solá, J., «El rey de los saltos de agua», Vida Gallega, núm. 29 (xuño 1911).19 pEna EspInHa (1986); Carmona e nadal (2005).

Empresarios de Galicia 210

Page 197: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Laureano Salgado 211

as centrais correspondentes entre os emigrantes enriquecidos e os ban-queiros de vigo, santiago de Compostela e pontevedra. Faríase así coaconcesión do salto de ponte Inferno, no río verdugo, que daría lugar áconstitución da Electra popular de vigo y redondela (1902), da que seríaprimeiro presidente, coas de almofrei (Cotobade) e pego negro (gondo-mar), que darían lugar á la Hulla blanca (1909) e coa do cuntiense ríoda patela que daría lugar posteriormente á Electrica Cuntiense. na máisimportante destas empresas, a Electra popular, salgado recibiu en troquesda súa achega da concesión hidráulica 450.000 pesetas, case que o 25%dos dous millóns que constituían o capital fundacional.

na constitución de todas estas empresas —agás na primeira delas, asociedad general gallega de Electricidad— salgado achegou a conce-sión previamente adquirida, a cambio dunha parte do capital, que, igualca noutros negocios, lle foi paseniñamente cedendo a outros socios.neste sentido, salgado exerceu unha importante función de intermedia-ción para que os capitais da banca local e dos emigrantes retornadosentrasen, ben como cofundadores ou posteriormente como adquirentesdas súas participacións, no nacente sector eléctrico. non só o xa citadoJosé ruibal, senón outros indianos enriquecidos como Concepto lópez,manuel losada ou narciso nores contribuíron ao financiamento da

Banquete de inauguraciónda central de Pego Negroen 1911. Laureano Salgado(3º pola dereita) aparecesentado cunha man no

xeonllo e mirando cara á cámara a carón do padre

Eijo Garay, de Ángel Urzáiz,do deputado Bernardo

Mateo Sagasta Echevarría (á dereita do que ten un som-breiro claro de aba ancha) e de Emilio Gradín, un em-pregado de Salgado queestá bebendo da botella eque foi o que identificou os

restantes personaxes(Arquivo de Maximino

Rodríguez Buján)

Page 198: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 212

industria galega da época —non só das empresas eléctricas—guiados po -la man de laureano salgado.

Efecto do protagonismo que tivo laureano salgado na fundación dosector eléctrico galego foi o feito de que dúas das máis importantes empresasdo sector, a Electra popular de vigo y redondela e la Hulla blanca foronescrituradas en Caldas de reis e tiveron alí a súa sede social durante osprimeiros tempos da súa existencia. a importancia da pegada do capitalistacaldense neste mesmo sector tamén queda de manifesto se consideramos

Central hidroeléctrica de Ponte Inferno, no río Verdugo,de Electra Popular de Vigo y Redondela

Page 199: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

que das tres empresas que en 1923 entraron na fusión que deu lugar aunha renovada sociedad general gallega de Electricidad, que sería ogromo do que nacería Fenosa, el fora fundador de dúas, as devanditas so-ciedad general gallega de Electricidad e Electra popular.20

laureano salgado foi consciente desde un principio de que o sectoreléctrico tiña non só que construír saltos de auga e tendidos de cablesenón tamén que se criar un mercado de seu, e que nesta actividade exis-tían tamén excelentes oportunidades de negocio. neste sentido, foi unentusiasta da substitución de enerxías tradicionais pola nova que estaba apromover, e nisto aplicouse para demostrar as posibilidades deste tipo demotores no eido da muiñaría. Con este fin puxo en Caldas de reis e enbaiona —en predios da súa propiedade— varios muíños eléctricos paraque tivesen un efecto de demostración que inducise á electrificación damoenda.

o outro aspecto do consumo eléctrico ao que dedicou a súa aten-ción, neste caso menos anecdótica, foi o dos tranvías. neste eido salgadofoi un dos principais solicitantes de autorizacións de estudos para estetipo de transporte durante a primeira década do século xx. Comezou porobter en 1903 a concesión para o estudo dun feixe de liñas que dabansaída ao mar ou ao ferrocarril convencional para varios dos seus negocios:de pontevedra ao grove pasando por sanxenxo; de vigo a porriño porredondela; das minas do sar a vilagarcía de arousa, finalmente de Cal-das de reis a Cambados pasando pola mesma vilagarcía de arousa.21 En1907 renova algunhas das concesións de 1903 e obtén un fantasmagóricoabano de autorizacións para o estudo de liñas nas provincias de ourensee pontevedra, que incluía entre outras as de ourense a vigo, a santiagode Compostela e a Chaves, ou outra da ponte internacional de tui aoporriño.22 a maior parte destes estudos nunca se levaron a cabo. o seucarácter meramente especulativo levou a un xornal de Cambados, ElUmia, a indicar que:

al ver tamaño chaparrón de tranvías [...] en estudio, nos quedamosestupefactos; más enterados de que el autorizado para llevarlos á cabo es

20 Carmona e nadal (2005).21 Gaceta de Madrid, 22/03/1903.22 Gaceta de Madrid, 13/04/1907.

Laureano Salgado 213

Page 200: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

23 El Umia, 21/04/1907 (citado por sEIJas llErEna, 2005).24 Gaceta de Madrid 09/10/1906.25 arquivo Histórico da universidade de santiago de Compostela, Fondo Curbera,

Libro copiador de correspondencia, núm. 173, fol. 195.26 Gaceta de Madrid, 03/03/1907.

Empresarios de Galicia 214

d. laureano salgado, todo nos lo explicamos. milagro será que en otraconcesión (porque estamos seguros que no faltarán) no figure el estudiode un tranvía submarino de la circunvalación de la ría de arosa.23

o único caso dentro do ámbito dos tranvías no que as cousas foronalgo máis lonxe da obtención da autorización para o estudo previo foi odo tranvía urbano de vigo, e a secuencia posterior resulta un claro exem-plo do que foi a actuación de salgado nesta cuestión. En 1906 mércallea álvaro lópez mora a concesión que este tiña para a realización dosestudos dun tranvía urbano na cidade olívica.24 logo escríbelles a variosposibles interesados ofrecéndolles a posibilidade de establecer unhasociedade para a súa construción e explotación. nestas cartas explicabaas condicións do proxecto, que representaba unha lonxitude de seis qui-lómetros e medio, cun orzamento de construción de 400.000 pesetas;reservábase o dereito de tenteo o propio laureano por «ser gerente e inte-resado en la Electra popular de vigo y redondela», que evidentementedebería ser a súa fornecedora de enerxía. o prezo ao que o propoñentecedería a concesión era o de 50.000 pesetas, metade en accións e metadeen efectivo, ademais do depósito constituído. salgado encargaríase do trá-mite da subhasta.25 tras conseguir o acordo do industrial vigués Joséramón Curbera a nome da empresa belga Societé Anonyme des Tram-ways Electriques de la Galice, salgado concorre á subhasta, da que resultaadxudicatario, feito que se plasma na r.o. do 23 de febreiro de 1907.26 odía 15 de marzo ten lugar a escritura pública de venda da concesión ádevandita empresa belga. desavinzas entre esta última e o industrial vi -gués situarían o proxecto nun punto morto ata que en vésperas da pri-meira gran guerra foi este retomado por un grupo de capitalistas locais.

En resumo, os máis dos negocios de laureano salgado responderona un patrón común, aínda que este presentase variantes como no casodos tranvías vigueses. obtención de dereitos sobre monopolios naturais,

Page 201: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ou aínda mais adoito, de recursos naturais, tales como as praias, barreirasou cursos de auga para a súa posterior venda a empresas que se ocuparíanda súa explotación, nas que el achegaba a concesión xa adquirida, quecedía en troques dunha cantidade en efectivo e doutra en forma de accións.Con estes recursos adquiriría novas concesións para as que volvería pro-mover empresas que as explotasen. buscaba socios entre a banca local eos emigrantes enriquecidos; tamén incorporaba algún político influentedo bando sagastino.

Estas estratexias de captación de capital e de favores administrativosnon foron exclusivas dos seus negocios eléctricos. no caso dos banqueirosque acudiron ao son da súa trompeta, contáronse especialmente olimpiopérez, que ademais de participar na azucarera gallega e mais en variashidroeléctricas, mantívolle abertas importantes liñas de crédito, participouna fundación da empresa de la toja, de minas del sar e achegou o 25%do capital de la Hulla blanca. simeón garcía entrou na Electra popularen 1903 influenciado polos irmáns acisclo e ángel saénz díaz. a bancariestra entrou en la toja, na Electra popular e nas minas del sar. Final-mente sobrinos de José pastor participou na fundación e no desenvol -vemento da sociedad general gallega de Electricidad e da azucareragallega.27

outro dos trazos típicos da estratexia do caldense foi a de facer que seinteresasen nas empresas que trataba de constituír a políticos próximos,moi nomeadamente do círculo dos sagasta. na empresa que erguería ogran Hotel da toxa foi bernardo mateo sagasta, que tamén formouparte do consello de administración da sociedad general gallega deElectricidad, igualmente a carón de laureano; Clemente mateo sagastaestivo no consello da Electra popular de vigo y redondela, mentres queen varios proxectos mineiros participaron tanto pedro mateo sagastacoma o seu sobriño José Echeverría, para os que Clemente axilizou asconcesións precisas.28

nalgunhas das súas sociedades mantívose durante un tempo máis oumenos longo pero na maior parte delas a súa estratexia consistía en non

Laureano Salgado 215

27 FaCal (2005 e 2006); Carmona e nadal (2005)28 La Democracia, núm. 168 (05/04/1908) e 173 (10/05/1908).

Page 202: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Laureano Salgado saudando a Afonso XIII no ano 1927

se implicar na xestión cotiá e abandonalas nun prazo relativamente curtode maneira que investía as ganancias noutras iniciativas novas. Esta estra-texia —que tivo un importante éxito no sector eléctrico— bateu conimportantes tropezos en empresas como a azucarera gallega, na que per-deu unha cantidade importante, ou como no caso dos negocios portua-rios de vilagarcía de arousa que acabaron coa disolución en 1915 davillagarcía Industrial e coa negativa das autoridades gobernamentais aosproxectos do sindicato Hispano americano, do que xa falamos. nos anosvinte, esta implicación nos negocios portuarios de vilagarcía de arousa enomeadamente coa casa bancaria de Hijos de Francisco deza, que que-brou en 1921, ocasionáronlle perdas considerables. logo destas últimas,un laureano salgado que pasaba dos setenta anos e que non dispoñía desucesión nin de socios que lles desen un último pulo aos seus negocios,foi perdendo peso dentro do mundo empresarial galego.

Empresarios de Galicia 216

Page 203: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

29 no incendio do asilo de anciáns de Caldas de reis —en xullo de 1889— salvou daslapas o altar da capela manexando unha sulfatadora. por este motivo recibiu a Cruz dabeneficencia (La Democracia, núm. 234, 11/07/1909). En agosto de 1909 ofreceulle 50camas do seu balneario la Concha de arosa e un médico para atender os feridos da guerra

Filántropo e bon vivant: a vertente humana do empresario

maximino rodríguez buján recolleu as lembranzas de varias persoasque traballaron para laureano salgado. transmiten a imaxe dun homeemprendedor, pero disperso, amante da mesa farta e da compaña íntimadas mozas que traballaban na súa casa, galegofalante e disposto sempre abotar man dos seus amigos para que os partes dos médicos que atendesenos feridos nas pelexas das festas non chegasen ao xulgado ou para que osgardas municipais ceibasen os pícaros que pillasen roubando na froita.Empregou a moitos veciños de Caldas de reis e agardaba deles a xustacontraprestación electoral. Era, ao cabo, o gran cacique da bisbarra poiscontaba coa amizade de martínez anido, buhigas, Cervera, gonzálezbesada, basilio álvarez, portela valladares ou do propio xeneral primode rivera. todos eles o visitaban cando ían veranear a Cuntis ou a mon-dariz. a transformación urbanística, que experimentou a vila de Caldasde reis no derradeiro cuarto do século xIx, ofreceulle unha boa ocasiónpara amosar a eficacia da súa mediación ante persoeiros tan importantescoma os sagasta e o arcebispo compostelán. a construción da igrexa desan tomé e das escolas unitarias, a compra da leira na que plantaron asárbores da fermosa alameda e a desaparición da torre medieval de donaurraca foron o símbolo desa modernidade. E laureano salgado púxoseá fronte dos seus veciños como testemuñan as lousas conmemorativas dointerior da igrexa parroquial de san tomé.

nos anos do seu cénit laureano salgado non reparou en gastos parafomentar a sona de filántropo xeneroso, ben relacionado co poder polí-tico dinástico pero con fondas inquedanzas sociais. publicou xornaislocais en Caldas de reis e vilagarcía de arousa para defender os seusintereses políticos e empresariais (La Concha de Arosa, Fray Prudencio,El Mirlo Blanco…). pagou propaganda en revistas tan coñecidas comaVida Gallega e aproveitou as situacións de infortunio máis dispares parademostrar a súa xenerosidade e dala a coñecer co obxectivo de acadarréditos electorais entre os diversos colectivos sociais aos que axudou.29

Laureano Salgado 217

Page 204: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

unha das súas actividades filantrópicas de maior transcendencia alongo prazo foi a da construción do monumento da virxe da rocha.Encargoulle o proxecto ao arquitecto antonio palacios, a quen coñeceradurante as obras de electrificación do porriño.30 Esta iniciativa era,dunha banda, unha excelente oportunidade para poñerse a ben cos sec-tores máis conservadores do distrito electoral de Caldas de reis candoarrizaba a oposición dos agrarios e dos republicanos locais contra o caci-cado familiar dos salgado, e, asemade, de consolidar a súa posición naboa sociedade pontevedresa. a prensa da época gabou arreo os desvelosde don laureano nesa empresa e a súa axuda xenerosa ao nacente move-mento socialcatólico.31 Que el mesmo organizase un festival e unha fun-ción de teatro en Caldas de reis para recadar fondos cos que construír odevandito santuario da virxe da rocha só demostraba o aggiornamentodo vello emprendedor e a súa capacidade para manexar a conxunturasocial e política a prol dos seus intereses e negocios. doutra banda, aconstrución da virxe da rocha foi tamén unha estratexia para adquirirarraigamento en baiona, lugar onde construíra unha casa chalé no lugarda palma, que adquiriría notoriedade polo brillo das festas e da vidasocial que alí se desenvolvía durante as tempadas que salgado residía alí.

todo iso facía del un personaxe habitual nas páxinas de Vida Gallega,que daba eco ás homenaxes que recibiu polas súas iniciativas empresariaise aos importantes convidados —como sofía Casanova e os sagasta— queveraneaban na casa de laureano salgado en Caldas de reis ou asistían ássúas festas en baiona. o concello da súa vila natal nomeouno fillo predi-lecto o 24 de xuño de 1928 e solicitoulle ao ministerio de traballo que lleconcedesen a medalla ao traballo de primeira categoría. posteriormente,

218Empresarios de Galicia

colonial de marrocos ao propio rei afonso xIII a través do industrial massó... e espalloudebidamente esta nova a través do xornal Galicia Nueva de vilagarcía de arousa, segundoLa Democracia (núm. 240, 22/08/1909).

30 IglEsIas vEIga (1993). 31 laureano salgado pagoulles do seu peto aos propagandistas católicos que acudiron

a Caldas de reis na semana santa de 1910 e en maio do ano seguinte. presidiu a comisiónque os recibiu na estación ferroviaria de portas, hospedounos na súa casa e el mesmo asistiuá misa diaria na vila, coa conseguinte sorpresa e escándalo de cantos lembraban o activismopolítico dos salgado na xunta revolucionaria local en 1868 (La Democracia, núm. 325 do28/05/1911 e núm. 327 do 11/06/1911).

Fotografía da páxina seguinte:Estatua de homenaxe dos peritos industriais a Laureano Salgado na Alameda de Caldas de Reis

Page 205: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

219Laureano Salgado

Page 206: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tanto este concello coma o de baiona daríanlle o seu nome a unha rúa decada vila. Cando finou o 5 de maio de 1930, a piques de facer 83 anos deaproveitada vida, o seu patrimonio, case na ruína, non era nin sombra doque fora. as festas na palma cesaran e o propio Jaime solá refire o aban-dono da maior parte dos seus amigos de antano. Cita só dúas excepciónsde antigos socios empresariais que mantiveran a súa lealdade e que o segui-ran visitando na súa casa de baiona, na que cada vez residía máis tempo:ricardo rodríguez pastor e marcelino blanco de la peña. non casual-mente eran os cabezas dos dous principais bancos galegos do momento, opastor e Hijos de olimpio pérez. o propio editor de Vida Gallega resumiua súa andaina vital dun xeito —como era de agardar del— moi gráfico:

[...] ningún hombre realizó una obra de iniciación tan grande en galiciacomo don laureano salgado. él denunció saltos de agua, fundó empre-sas, dirigió personalmente obras enormes, iluminó pueblos, montó indus-trias, estimuló al receloso capital gallego a interesarse en ellas y guardótan poco para si que después de haber movilizado muchísimos milloneshubo de pasar verdaderos momentos de amargura... Fue el primero denuestros enxebres, el gallego más castizamente gallego de estos últimoscincuenta años.32

220Empresarios de Galicia

32 Citamos textualmente do artigo «Ha muerto un gran hombre en galicia: d. laureanosalgado rodríguez» (Vida Gallega, núm. 448, xuño de 1930: 9). a mesma nota obituariasalienta que nos días finais da súa vida «nos llamaba a su casa de bayona ya en la soledadcuando le habían vuelto la espalda sus amigos».

Bibliografía

abuín duro, m. (1993): Villagarcía y elmar. Vocación y consolidación portuaria(1880-1936), pontevedra, Junta del puertode vilagarcía.

barrEIro FErnándEz, x. r. (coord.) (2001):Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2001), san-

tiago de Compostela, parlamento de ga-licia-real academia galega.

Carmona badía, J., e J. nadal (2005): Elempeño industrial de Galicia. 250 añosde historia, 1750-2000, a Coruña, Fun-dación pedro barrié de la maza.

Page 207: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Castro pérEz, F. (2002): En torno al el-duayenismo: reflexións sobre a políticaclientelista na provincia de Pontevedra. 1856-1879. documentos de traballo doIdEga, Historia 13, santiago de Com-postela, usC.

domato Castro, x. m. (1996): Caldas deReis a través do tempo, Concello de Cal-das de reis.

domínguEz pErEIra, J. (2002): «El largoverano del 47», pr. ms. (crónica do ve-raneo de toda a familia domínguez noHotel balneario acuña en 1947, consul-tada por xentileza de Carlos sesto).

FaCal rodríguEz, m.ª J.: «los orígenes delbanco simeón: evolución de los nego-cios de simeón gardía de olalla y de lariva (1857-1983)», comunicación pre-sentada no VIII Congreso da AsociaciónEspañola de Historia Económica, san-tiago de Compostela, setembro de 2005.(www.usc.es/estaticos/congresos/histec05/

— «olimpio pérez rodríguez (1841-1915)»,en x. Carmona badía (coord.): Empre-sarios de Galicia, santiago de Compos-tela, Fundación Caixa galicia, 2006, pp.140-161.

IglEsIas vEIga, x. r. (1993): Antonio Pala-cios, arquitecto. De O Porriño a Galicia,pontevedra, deputación provincial.

la InICIadora CaldEnsE. Compañía dE

sEguros mutuos Contra la mortalI-dad dEl ganado (1886): reglamento,pontevedra.

pEna EspIña, x. (1986): A formación do sec-tor eléctrico en Galiza (1900-1925) e So-ciedad General Gallega de Electricidad,tese de licenciatura inédita, santiago deCompostela, pr. ms..

sEIJas llErEna, d.: «un caso de demogra-fía industrial de principios del siglo xx: las comarcas de Caldas y o ullánpontevedrés entre los años 1899 y 1921»,comunicación presentada presentada no VIII Congreso da Asociación Espa-ñola de Historia Económica, santiago

221Laureano Salgado

de Compostela, setembro de 2005.(www.usc.es/estaticos/congresos/histec05/)

soutElo vázQuEz, r. (2006): «a memoriada emigración contemporánea en Caldasde reis», en xoán Carlos domínguEz

albErtE e, raúl soutElo (coords.): Oano da memoria na escola, Concello deCaldas de reis–Consellaría de Culturada xunta de galicia, pp. 75-109.

— (2007): «dende as terras do umia ao ríoda prata: unha proposta de microhistoriadas migracións para a galicia rural e vi-lega», en x. m. CId et alii (coords.): Mi-gracións na Galicia contemporánea.Desa fíos para a sociedade actual, san-tiago de Compostela, sotelo blanco.

taboada mourE, p. (1987): Las elites y elpoder político. Elecciones provinciales enPontevedra (1836-1923), pontevedra.

Prensa local coetánea

— Fondo de prensa local na bibliote-ca pública de Caldas de reis: semana-rios El Umia, La Democracia e FrayPrudencio.

— arquivo particular de José Casal porto:El Bólido: Órgano de las SociedadesAgrarias del Partido de Caldas de Reyes.

Page 208: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1850-1918

ANSELMO VILLAR AMIGO

Page 209: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

* Este traballo forma parte dos seguintes proxectos de investigación: ubaCyt s 830(programación científica 2006-2009), da universidad de buenos aires e pICt 2006, códigonúm. 1641, da agencia nacional de promoción Científica y tecnológica. agradézolle áprofesora agustina veronelli a colaboración prestada para a súa elaboración.

1 «obituario de anselmo villar», La Nación, bs. as., 11/05/1918. 2 yáñez gallardo (1988: 126-129).

Fotografía de Anselmo Villar Amigo, cando eramembro da Comisión

Municipal (Archivo General de la Nación, Bos Aires,

Arxentina, Departamento deDocumentos Fotográficos)

UN MALPICÁN NA POLÍTICA ENA EMPRESA RIOPRATENSE*

Nadia Andrea de Cristóforisuniversidad de buenos airesConsejo nacional de Investigaciones Científicas y técnicas, arxentina

d. villar […] fue argentinosin dejar de ser español.1

anselmo villar amigo formou parte dos temperáns fluxos migratoriosque se dirixiron desde galicia cara ao río da prata, a partir da década de1840. Chegou a bos aires en 1862, aos doce anos de idade. nacera enmalpica (provincia da Coruña) en 1850. Contra mediados do século xIx

o territorio que posteriormente se recoñecería como arxentina disputabacon Cuba o papel de principal ámbito receptor da emigración galega. sea illa era un destino predominante no caso dos fluxos que partían das pro-vincias da Coruña, de lugo ou ourense, arxentina érao daqueles queprocedían de pontevedra, aínda que con importantes excepcións e mati-ces, a un nivel municipal ou parroquial.2

Page 210: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

3 Eiras roel (1991: 17-39); Carmona badía (1990: 200); vázquez gonzález, vol. I,(1999: 240-243, 246-249 e 290-315).

Empresarios de Galicia 224

Como suxeriron os contemporáneos dos desprazamentos ultramari-nos, e como contribuíu a constatar a historiografía máis recente, nas dé -cadas centrais do oitocentos as emigracións transoceánicas galegas mo -tiváronse por diversos factores socioeconómicos (a pauperización doslabradores por rendementos decrecentes da agricultura, a desindustrializa-ción da galicia rural, as crises agrícolas da década de 1850, a resistencia docampesiñado a cumprir coas pesadas cargas do servizo militar, entre ou -tros) e demográficos (a presión da sobrepoboación sobre espazos produti-vos reducidos).3

no entanto, para comprender como se conformaron as correntes quese dirixiron a bos aires en particular, ademais dos aspectos mencionados,debemos prestarlle atención á cuestión de como se difundían as informa-cións sobre as oportunidades de migrar, que estimulaban a elección domencionado destino. Existían variadas vías ou axentes de transmisión dasnoticias sobre a cidade do prata: as cartas, os retornados, os capitáns debuque, os armadores, os familiares e amigos dos que xa migraran, entreoutros. En especial, as áreas costeiras, como a comarca de bergantiños, de onde procedía anselmo villar amigo, foron os espazos privilexiados dedifusión da información sobre a américa austral e as súas potenciais van-taxes, como ámbito de acollida.

ademais, as correntes cara á cidade porteña estiveron impulsadaspolas alentadoras condicións socioeconómicas que prevalecían nela eque facilitaron a instalación e integración dos que acababan de chegar.Estes últimos podían iniciar cadeas migratorias ou ampliar as xa existen-tes e contribuír nos dous casos á expansión dos fluxos con dirección a ríoda prata.

ao longo deste traballo deterémonos na análise dunha traxectoriaemigratoria particular: a de anselmo villar amigo en bos aires. Intenta-remos poñer de relevo a complexa e versátil inserción deste galego e asdistintas vinculacións que estableceu con membros da sociedade derecepción, tanto inmigrantes coma nativos.

Page 211: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Gráfico 1: entradas e saídas de españois polo porto de Bos Aires, vía ultramar (1957-1880)

0

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

8000

9000

10000

1879

1877

1875

1873

1871

1869

1867

1865

1863

1861

1859

1857

Fonte: Elaboración propia a partir de Dirección General de Inmigración, Resumen estadístico del movimiento migratorio en la República Argentina, años 1857-1924, Bs. As., Talleres Grá;cos del Ministerio de Agricultura de la Nación, 1925, p. 9.

4 massé, vol. III, (1992: 328-329).

Anselmo Villar Amigo 225

Bos Aires como destino da temperá emigración galega

logo das guerras de independencia e unha vez recuperada certa es-tabilidade económica e política na rexión riopratense, os fluxos de españoiscara a américa do sur comezaron a incrementarse. segundo a informaciónprovista polo censo de bos aires de 1855, a reactivación destas correntesproduciríase entre finais da década de 1830 e principios da seguinte, dexeito similar ao ocorrido no caso dos fluxos italianos.4

as cifras recollidas no Resumen estadístico del movimiento migratorioen la República Argentina, años 1857-1924 permiten comprobar que osingresos de españois polo porto de bos aires experimentaron un progre-sivo aumento entre 1857 e 1868, con saldos migratorios sempre positivos(véxase o gráfico 1). a partir do ano mencionado, e ata 1880, os fluxos encuestión presentaron certas oscilacións, cun pico máximo de entradascontra 1873 (con 9185 persoas arribadas). o feito de que entre 1857 e1880 os ingresos sempre superasen amplamente as saídas, constitúe aexpresión da existencia de condicións favorables para a chegada e perma-

Page 212: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

5 archivo general de la nación (bs. as., argentina), Censos y padrones, Censo debuenos aires de 1855, vols. 1390-1402; massé, vol. III (1992: 334 e 335).

6 Fernández (1991: 66-67).

Empresarios de Galicia 226

nencia destes peninsulares na área riopratense, fenómeno que se modifi-caría en determinadas conxunturas do século xx, como, por exemplo, aolongo da primeira guerra mundial (cando se intensificaron os movemen-tos de retorno cara á terra de orixe).

segundo as cifras brindadas polo censo de bos aires de 1855, ascorrentes galegas intensificaríanse nos primeiros quinquenios das décadasde 1840 e 1850, cun ritmo bastante similar ás de andaluces e cataláns,outros dous grupos de grande importancia numérica na cidade porteña,para ese momento.5 o crecemento das correntesprocedentes do noroeste hispánico cara a este úl -timo destino sería continuo e bastante intenso, talcomo as estimacións de alejandro vázquez gon-zález buscaron poñer de manifesto. segundo esteúltimo historiador, a emigración galega cara aonoso país acadou importantes dimensións, mesmoantes do seu desenvolvemento masivo a finais doséculo xIx, como se pode apreciar no cadro 1.

anselmo villar amigo chegou a bos aires nocontexto sinalado, de importante incremento dascorrentes españolas —e galegas en particular—cara a arxentina. Este aumento das migraciónspeninsulares traduciuse na expansión das comu-nidades hispánicas instaladas na cidade porteña, un dos principais desti-nos destes fluxos. En efecto, como puxeron de relevo os estudos dealejandro Fernández, se en 1869 os españois instalados en bos airesrepresentaban o 7,8% da poboación en xeral, en 1914 chegaran ao 19,5%desta. mentres na primeira data constituían o 15,8% dos estranxeiros, nasegunda, chegaron a representar o 39,4% deste grupo.6 dentro do con-xunto peninsular, os galegos conservarían sempre a preeminencia, a unnivel rexional. En 1855 chegaban ao 26% ou ao 38% (segundo diferentescontabilizacións) do total dos españois establecidos na cidade de bos

Cadro 1: Estimación por defecto da emigración galega a Arxentina (1835-1886)

Período Núm. de emigrantes Media anual

1835-1846 2.004 167

1847-1851 2.070 414

1852-1861 6.828 683

1862-1871 15.857 1.586

1872-1877 20.844 3.474

1878-1885 21.079 2.635

Fonte: vázQuEz gonzálEz, alejandro: La emigración gallega a América,1830-1930, memoria de doutoramento, Facultade de Ciencias Económi-cas e Empresariais, universidade de santiago de Compostela, santiago deCompostela, 1999, vol. I, páx. 339.

Page 213: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Peirao de pasaxeiros da cidade de Bos Aires, construído en 1855. Ata este momento,

o desembarco das persoasrealizábase en carros

arrastrados por animais,que conducían os que acababan de chegar

desde as naves ata a costa(Archivo General

de la Nación, Bos Aires, Arxentina, Departamento deDocumentos Fotográficos)

7 para as porcentaxes correspondentes a 1855, cfr. moya (2004: 28) e de Cristóforis(2008, no prelo). as cifras correspondentes a 1878-1884 e 1900-1910 son provisorias, xa queas fontes que serviron de base para estes cálculos non comprendían a todos os peninsularesestablecidos en bos aires. véxase moya (2004: 28).

Anselmo Villar Amigo 227

aires, durante o período que se estendeu de 1878 a 1884 representaríanaproximadamente o 54% destes, e na etapa comprendida entre 1900 e1910, arredor do 48%.7

nas décadas centrais do século xIx, a inmigración que arribaba ámarxe occidental do río da prata atopaba unha cidade que en parte erasimilar á de comezos de século e en parte, diferente. asemellábase á colo-nial pola súa fisionomía chata e pouco graciosa, que desencantaba aalgúns viaxeiros; pola presenza dunha poboación negra e mestiza, quetendía a situarse de xeito crecente nos barrios periféricos; pola existencia

Page 214: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

8 Hadeld (1943: 112); bECk-bErnard (1935: 60 e 76).9 HadFIEld (1943: 112 e 116): «las dos riberas del plata–montevideo–buenos aires–

rivera–rosas (continuación)», La Gaceta Mercantil (bos aires), núm. 5972, 24/08/1843.

Empresarios de Galicia 228

dun mundo rural que se fusionaba co urbano nunha infinidade de pastei -ros, currais e gauchos. En especial, o desembarco continuaba sendo moidificultoso, tanto para os pasaxeiros coma para as mercancías. En 1853 oviaxeiro William Hadfield cualificábao de calamitoso e a escritora alsacia -na lina beck-bernard, catro anos máis tarde, consideraba que seguía re -sultando «molesto y hasta peligroso».8

no entanto, e alén da persistencia de certas características da cidadecolonial, o crecemento económico experimentado por bos aires e os seusarredores preanunciaba progresivos cambios: algunhas novidades enmateria edilicia, un certo refinamento na cultura de determinados gru-pos sociais, unha maior conexión cos mercados europeos, entre outrascuestións. os contemporáneos recoñecían, con gran beneplácito, que onúcleo urbano ofrecía algunhas arestas positivas: as súas rúas «bien pavi-mentadas», as súas casas «plenas de lujo y confort», e a súa «vitalidad», o«carácter hospitalario de sus habitantes», a «abundancia de alimento».9a poboación estranxeira tendía a inserirse en determinados «nichos labo-rales», ou ocupacións, en función da súa procedencia. Isto conferíallesunha certa visibilidade e contribuía a distinguilos do compoñente nativo.a cidade porteña —cosmopolita e en constante expansión— presentá-base como un destino atractivo para os que acababan de chegar, que nontardaban en cifrar nela as súas esperanzas de benestar e progreso social.

Transitando os camiños do ascenso socioeconómico

Cando anselmo villar amigo arribou a bos aires, un tío seu, Fran-cisco villar, cura da parroquia de El socorro, acolleuno e axudouno ainserirse na sociedade riopratense. anselmo entrou a traballar comodependente, na casa comercial da familia Hueyo, unha empresa deimportación e exportación no ramo de tecidos e roupaxe que contabacun importante local de vendas, na rúa moreno, esquina buen orden.axiña se multiplicaron as súas operacións, en parte grazas ao empeño dos

Page 215: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

seus empregados, pero tamén, debido á existencia dunha conxunturaeconómica que favorecía este tipo de actividade, en momentos nos queos lazos mercantís entre a américa do sur e Europa se consolidaban pro-gresiva e sostidamente.

o xornal La Nación ocupouse de describir a traxectoria de villaramigo na empresa Hueyo ao identificar e describir con ricas imaxes asdiferentes etapas que atravesou dentro dela:

Ese comienzo fue duro, de contracción severa a las obligacionesaceptadas, de economía estricta, acaso de privaciones, sin acordar nada alplacer, ni a los esparcimientos juveniles, pero la compensación no se hizoesperar. El empleado modelo fue subiendo en grado y sueldo, merecióbien pronto la confianza y el favor de sus patrones, y habilitado primero,muy luego, con el producto del método ahorrativo pudo incorporar unpequeño capital a la casa, de la que con el tiempo llegó a ser asociado,figurando por fin con su nombre en la razón social, una de las más acre-ditadas y firmes de la plaza.10

ademais de remarcarse o esforzo, traballo e tesón deste galego, taménse comentaba de que xeito lograra ascender de posición dentro da men-cionada entidade. primeiro granxeándose a confianza dos seus patróns,logo sendo habilitado por eles e, máis tarde, asociándose á firma, uncamiño que seguiron moitos paisanos seus, desde que os fluxos do noroestehispánico comezaron a dirixirse a bos aires, a finais do século xvIII. Enefecto, xa desde tempos coloniais a habilitación era un mecanismo quefacilitaba os procesos de mobilidade social ascendente dos que acababande chegar, tanto en ámbitos urbanos coma rurais.11 Esta institución im-plicaba a conformación dunha sociedade comercial, en virtude da cal seestablecían dereitos e obrigas recíprocos entre as partes, por certo tempoe baixo condicións estipuladas de antemán. as utilidades eran divididasentre o patrón e os antigos mozos, malia que estes últimos moitas vecesachegaban tan só a súa «industria y trabajo», á nova sociedade.

Cando un dos dous irmáns titulares da firma Hueyo (José Hueyo)faleceu nun tráxico accidente, villar amigo quedou asociado a esta.

10 «obituario de anselmo villar», La Nación (bos aires), 11/05/1918.11 de Cristóforis (2008, no prelo).

Anselmo Villar Amigo 229

Page 216: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

230Empresarios de Galicia

daquela, o sobrevivente, belisario, impulsou o mozo galego a integrarsemáis plenamente na empresa, a cal comezou a recoñecerse como Hueyoy villar e deste xeito se mantivo en actividade ata 1898.12

a inicial traxectoria de villar amigo foi compartida posteriormentepor moitos outros peninsulares, ata tal punto que o comercio porteñorematou quedando asociado a estes inmigrantes e ás súas estratexias deascenso social. Como versaba un artigo xornalístico publicado contra1910:

[…] los españoles proveen el interminable ejército de dependientes ovendedores de tiendas de la Capital, para lo que demuestran aptitudesespeciales, gracias a su verbosidad y a sus buenos modales, y de ese ejér-cito salen generalmente los que, siendo más listos, más activos y más inte-ligentes, llegan a ser fuertes comerciantes o industriales poderosos […].13

tras avanzar na súa primeira etapa de integración no ámbito de aco-llida, villar amigo contraeu matrimonio cunha porteña de boa posicióneconómica, luisa bernal, coa que tivo unha filla, adela villar. Esteenlace reflectiu dalgún modo o interese do oriúndo de malpica por estrei-tar os seus vínculos con membros da sociedade local, actitude que foracaracterística doutros emigrantes do noroeste hispánico, arribados na pri-meira metade do século xix. o feito de que as correntes galegas estivesencompostas maioritariamente por homes, nestas temperás etapas das migra-cións cara a américa austral, alentaba os fenómenos de exogamia matri-monial, como o protagonizado por villar amigo.

a súa posterior inserción na vida económica arxentina foi múltiple,de maneira que chegou a acadar unha particular relevancia no ámbitoindustrial, comercial e financeiro. a principios do século xx era recoñecidocomo un destacado industrial dentro da comunidade española residenteen bos aires. Compartía este lugar con outros peninsulares: os irmánsdurán, manuel méndez de andés, gómez e manuel garcía Fernández.14

12 Finanzas, comercio é [sic] industria en la República Argentina (bos aires), núm. 2,(1899: 11).

13 latino, a.: «la inmigración y su influencia en los destinos de la república argen-tina», suplemento especial de La Nación (bos aires), 1810 (s./d., 25/05/1910: 126).

14 art. cit.

Page 217: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

sete décadas despois, sería lembrado como un dos españois que sobresaírana banca e no comercio riopratense.15 o seu crédito e a súa boa reputaciónmotivábanse na habilidade coa que despregou distintas actividades, nomedio que o acolleu. Conque, vexamos en que consistiron estas últimas.

a exitosa pasaxe de villar amigo pola firma Hueyo constituíu un bopunto de partida para que a súa figura se proxectase nas altas esferas doámbito mercantil, de maneira que chegou a integrar a Cámara de Comer-cio de la bolsa, primeiro como membro titular (1894) e logo ocupandoo cargo de presidente (1895). Incluso, a mesma cámara o designou comosíndico para intervir nos casos de quebras que se producisen nos anos1897 e 1898, co cal se reforzou a confianza que a primeira depositara envillar amigo, tras manifestarse como un decidido defensor dos interesescorporativos dos comerciantes do país.16

de entre as actuacións do malpicán á fronte da Cámara de Comer-cio, destacaremos a súa decisiva intervención no debate de 1895 verbo da reforma da lexislación de quebras, no que foi un dos organizadores daresistencia a esta última; así conseguiu que os síndicos daquelas conti-nuasen sendo comerciantes e non avogados, como propoñía a reforma encuestión.17

Integrante destacado dos círculos mercantís riopratenses, villaramigo non tardou en incorporarse á vida financeira da cidade porteña,no seo dunha institución que acadou un particular prestixio: o bancoEspañol del río de la plata. o natural de malpica foi accionista destaúltima entidade e chegou a formar parte do seu directorio, como vogal,entre agosto de 1905 e agosto de 1906. ao longo deste período, exercerono cargo de xerente e segundo sub-xerente augusto Coelho e Jorge mit-chell, respectivamente. ademais, o directorio quedou constituído polasseguintes persoas: polledo, José Caride, pedro Fernández, Carlos Carlés,Juan salaberry, pedro maría moreno e antonio laclaustra. villar amigo

15 álvarez (1985: 59).16 Memorias de la Cámara de Comercio de la Bolsa, correspondentes aos anos 1894,

1895, 1896 e 1897, bs. as., 1895, 1896, 1897 e 1898, respectivamente.17 villar, a., e m. maldonado: «nota al poder Ejecutivo y a la Cámara de senado-

res», bs. as., 11/09/1895, Memoria de la Cámara de Comercio de la Bolsa, correspondenteao ano 1895, bs. as. (1896: 19).

231Anselmo Villar Amigo

Page 218: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

18 «acta de la trigésima sexta asamblea general ordinaria, 07/08/1905», BancoEspañol del Río de la Plata. Actas del Directorio y de las Asambleas Generales, núm. 5, pp.66 e 67.

19 Fernández (1912: 13-14); banco Español (1986: 39 e 40).20 posada (1912: 214).21 «banco Español del río de la plata. balance general. Casa matriz y sucursales.

30/06/1906», Banco Español del Río de la Plata. Memorias y Balances, anos 1887-1921.

Empresarios de Galicia 232

foi electo membro do directorio polos accionistas do banco, na asembleaxeral que tivo lugar o 7 de agosto de 1905, por unha cantidade importan -te de votos (307).18

o banco Español del río de la plata abriu as súas portas en 1877 e acomezos do século xx experimentou unha singular etapa de expansión econsolidación. Isto púxose de manifesto no aumento do volume das súasoperacións, no incremento sostido das súas reservas e na apertura de su-cursais no interior do país, na cidade de bos aires e no exterior. o bancodeu o maior pulo ás súas relacións con Europa, organizando preferente-mente o servizo de correspondentes en España, por ser esta a nación naque a maioría da clientela tiña as súas vinculacións de sangue, amizadee negocios. En 1903 inaugurouse a sucursal en madrid; en 1909, en bar-celona; en 1911, en vigo e en 1912, na Coruña, bilbao, donostia e va-lencia. no tránsito do século xIx ao xx incrementouse notoriamente oseu capital social, ao pasar de 20.000.000 $ en 1894, a 50.000.000 $ en1907 e a 100.000.000 $, en 1911. para 1910 a participación do banco Es-pañol del río de la plata no sistema bancario arxentino acadaba o 16%.polo volume dos seus préstamos e depósitos situábase en segundo lugar,logo do banco nación.19 o éxito da institución en cuestión apoiábasenos depósitos dos comerciantes prósperos, pero tamén, como fixera notaro xurista e sociólogo ovetense adolfo posada, «en el flujo continuo de lospequeños ahorros de nuestros compatriotas inmigrantes: sirvientes, lecheros,empleados y cocheros».20

o ano no que villar amigo formou parte do directorio, o informefinal deste último era altamente optimista, con respecto á evolución dainstitución. ao parecer, o crecemento desta vírase favorecido «por la con-fianza y el crédito que el público y el comercio le dispensan y al que hanconcurrido todas las sucursales, cuya marcha es cada día más próspera».21

Page 219: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

En vistas das expectativas de expansión vindeiras, o directorio tomou variasdecisións tendentes a mellorar e ampliar as instalacións do banco: a ad-quisición dun terreo lindeiro á casa central e doutro estremeiro á sucursalde rosario, e a compra do edificio que ocupaba a sucursal once de sep-tiembre (en bos aires). así mesmo, algúns banqueiros europeos manifes-taron o seu interese en investir na praza porteña, en especial, debido ásalentadoras condicións que ofrecía o banco Español del río de la plata.22

tal como puxo de relevo o historiador José moya, o banco Españoldel río de la plata, e outros que xurdiron posteriormente en relación coscapitais peninsulares (o banco de España y américa, o Hispano sudame-ricano, o de galicia y buenos aires, o basko-asturiano, o santander, ode madrid y buenos aires, entre outros) estableceron estreitas vinculaciónscoas institucións da comunidade hispánica instalada na américa austral.as asociacións voluntarias adoitaban depositar os seus fondos nos men-cionados bancos e estes, á súa vez, doábanlles unha pequena porcentaxe

Sede central do Banco Español del Río de la Plata,localizada na rúa Recon-quista, esquina Cangallo

(hoxe Tte. Gral. J. D. Perón),da cidade de Bos Aires

(Archivo General de la Nación,Bos Aires, Arxentina, Departa-

mento de DocumentosFotográficos)

22 Ibídem.

Anselmo Villar Amigo 233

Page 220: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Título representativo da primeira emisión do capital social do Banco Español del Río de la Plata(Banco Español. Una memoriade 100 años, Bs. As., 1986, p. 11)

23 moya (2004: 299).24 «banco Español del río de la plata. balance general. Casa matriz y sucursales.

30/06/1906», cit.25 «acta de directorio (en adiante, ad), 03/07/1906», Banco Español del Río de la

Plata. Actas…, cit., p. 162.26 moya (2004: 299).27 véxanse, por exemplo, as súas intervencións en Banco Español del Río de la Plata,

«ad, 22/08/1905 y 29/08/1905»; «ad, 18/05/1906, 29/05/1906 y 26/06/1906».

Empresarios de Galicia 234

das súas ganancias ás principais asociacións, ao concederllespréstamos hipotecarios e doutro tipo para a expansión dassúas instalacións.23 na época na que anselmo villar amigose integrou ao directorio do banco Español del río de laplata, por exemplo, o saldo das utilidades foi distribuído entreos accionistas (80%), o fondo de reserva (12%), o directorioe síndicos (3%), o fondo de auxilio de empregados (3%), oHospital Español (1%) e a sociedad de beneficencia española(1%).24 o banco concedeu ademais por estes anos diversasaxudas de carácter puntual como por exemplo a que en 1906destinou ao Hospital asilo Español de montevideo.25

Esta estreita relación entre banca e institucións relacio-nadas coa inmigración española explicábase en gran parte porque osbancos citados compartían a miúdo os dirixentes coas asociacións da co-munidade. por exemplo, dos once membros do directorio do banco Es-pañol y del río de la plata en 1887, sete pertencían ao directorio da so-ciedad Españo la de beneficencia, que administraba o Hospital Espa ñol.26

o propio anselmo villar amigo, ademais de pertencer ao directorio dobanco Español del río de la plata, tamén integrou o da asociación Es-pañola de socorros mutuos, como imos ver máis adiante.

ademais de preocuparse por estar presente en todas as sesións dodirectorio, villar amigo asumiu con compromiso as responsabilidades outarefas que se lle asignaban no seo deste órgano. xestionou diversasadquisicións de terreos, ocupouse da transmisión de accións do banco, econtribuíu de forma activa á toma de moitas das decisións de investi-mento da época.27

Page 221: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

28 la Cantábrica: «discurso pronunciado por el presidente del directorio de laCantábrica», 1941.

29 Álbum de la industria argentina (1923: 49).30 rougier (2006: 387); ídem (2007: 135).

Anselmo Villar Amigo 235

no ámbito industrial, anselmo villar amigo xogou un importantepapel na condución de dúas fábricas: la Cantábrica e la primitiva. o 12de xuño de 1902, xunto cun grupo de homes de negocios, participou nafundación dunha sociedade anónima que se denominou la Cantábricae que se especializou na fundición e na laminación de ferros e aceiros.villar amigo incorporouse ao directorio, que foi presidido por antoniosaralegui e estivo conformado por antonio aróstegui, Ciriaco morea,José drysdale, vicente sánchez e manuel magdalena.28 o mencionadoestablecemento, que traballaba con materia prima importada (como oresto dos do seu ramo), cumpriu un destacado rol na súa época, ao proverprodutos indispensables para a infraestrutura de distintos sectores da eco-nomía. Como afirmaran anos despois os seus directivos: «El hierro,cuando se convierte en arados, instrumentos de labranza, máquinas, etc.,fecunda y vivifica la nación. Fomentar y amparar la industria del hierro,base de otras importantísimas, es aportar elementos insustituibles para lapropia redención económica; es combatir por el progreso material delpaís; es trabajar por la patria».29

para formármonos unha idea da centralidade acadada por la Cantá-brica, deberiamos ter presente que a comezos do século xx existían enarxentina arredor de tres mil establecementos dedicados á produciónmetalúrxica (caldeirarías, fundicións, carpintarías mecánicas, entreoutros), pero tan só algunhas fábricas instaladas na cidade de bos aires(rezzonico, otonello y Cía., la acero platense, pedro vasena e Hijos,pedro merlini, gibelli y Cía. e la Cantábrica), concentraban máis dametade da produción nacional.30

la Cantábrica comezou as súas actividades como continuación dunpequeno obradoiro, denominado El Carmen, situado en barracas. pormoitos anos foi o único establecemento na rexión pampeana, dedicado álaminación. Como sostivo marcelo rougier, a empresa expandiuse rapi-damente, a pesar de experimentar un conxunto de dificultades que foroncomúns ás firmas do seu ramo, durante o período de predominio da eco-

Page 222: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

31 rougier (2006: 388).32 moorne (1893: 118-126).33 «sociedad anónima la primitiva de bolsas», suplemento especial de La Nación

(bos aires), 1810 (25 de mayo de 1910), p. 192.

O xeneral Bartolomé Mitre, no seu domicilio, acompañado polos señores Villar Amigo, Cañás e Unzué (Archivo General de la Nación, Bos Aires, Arxentina, Departamento de Documentos Fotográficos)

Empresarios de Galicia 236

nomía agraria-exportadora: a competencia dos produtos estranxeiros, oscustos dos insumos importados, a libre exportación de chatarra e a intensaconflitividade obreira da época.31 a etapa iniciada tras a fin da primeiraguerra mundial abriu novas incertezas (deri-vadas en moitos casos da evolución dos con-textos produtivos nacionais e internacionais),pero malia isto, a empresa logrou perdurardeica principios dos anos noventa e exhibiufases de notable crecemento.

En 1910 villar amigo chegou a ser pre-sidente de la primitiva, unha fábrica queproducía bolsas para cereais e fariñas, toldospara parvas, carpas e lenzos para la, todos ar-tigos estreitamente ligados á economía agro-exportadora que se estaba consolidando nopaís. xurdida pola fusión de tres fábricas debolsas, fundadas por estranxeiros, la primiti -va coñeceu unha primeira etapa de apoxeoa comezos da década de 1890. Contra 1893esta ba dividida en catro seccións e contabacon arredor de 140 máquinas e 350 empre-gados. tamén mantiña unha sucursal en ro-sario, que ocupaba unha extensión dun quin-teiro (unha cuadra cadrada), con vivendaspara os operarios. Confeccionaba unhas100.000 bolsas diarias, o que a colocaba nunlugar destacado, dentro da incipiente estrutura industrial arxentina.32 para1910 —cando villar amigo ocupou o directorio— a fábrica emprega -ba a uns 1000 obreiros e os dividendos anuais eran de 20 $ por acción,un valor elevado, se o comparamos co correspondente a 1902 (de 8 $ poracción).33

Page 223: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

A actividade política de Villar Amigo: entre Bos Aires e Madrid

Co paso dos anos, anselmo villar amigo tamén comezou a ser reco-ñecido dentro da vida social e política arxentina. segundo o seu biógrafode El Diario Español, algunhas accións heroicas permitiríanlle comezara gañar unha certa respectabilidade, dentro do ámbito de acollida. Candoaínda era mozo, e xunto con outros emigrantes españois e italianos, asis-tiu voluntariamente os feridos do exército arxentino, durante a guerra deparaguai (1865-1870). tempo despois salvou unha persoa que estaba aafogar nas augas do río da prata, sen aceptar ningunha recompensa polasúa nobre acción.34 ao parecer, estes feitos contribuíron a cimentar unincipiente prestixio, que non tardou en consolidarse, mercé a outras acti-vidades ou estratexias políticas despregadas por anselmo villar amigo.

o oriúndo de malpica axiña simpatizou coas ideas do partido nacio-nalista de bartolomé mitre, quen chegou a ser presidente da nación entre1862 e 1868. o xeneral mitre era defensor do liberalismo e da unidadenacional. tamén buscaba favorecer a expansión do capitalismo dentro dopaís e a súa integración no escenario europeo, en consonancia coa divi-sión internacional do traballo que se estaba afianzando a nivel mundial,entre países produtores de materias primas e nacións provedoras demanufacturas. as agrupacións políticas da época que tiñan cohesión arre-dor dun liderado persoal, como o que exercía mitre, é dicir, tiñan unforte carácter personalista. os dirixentes políticos tiñan unha base electo-ral reducida e dependían do apoio dos seus seguidores persoais e incon-dicionais. no seo desta alianza de notables xurdían as ideas e os plans deacción, nos que colaboraban os círculos de amigos. anselmo villaramigo formou parte da esfera social do partido nacionalista. En 1874participou nas forzas auxiliares da revolución mitrista, que intentouderrocar sen éxito o presidente electo, sucesor de mitre, nicolás avella-neda. posteriormente, e xa como membro da Comisión municipal dacidade de bos aires, seguiu a manifestar actitudes de lealdade cara áfigura de mitre, como imos sinalar máis adiante.

villar amigo tamén mantivo estreitos vínculos de amizade con roquesáenz peña, que chegou a exercer a presidencia da nación entre 1910 e

34 El Diario Español (bos aires), 28/11/1912, citado por garCía sEbastIanI (2005: 153).

Anselmo Villar Amigo 237

Page 224: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

35 art. cit., p. 156.36 academia nacional de la Historia (bs. as., arxentina), archivo roque sáenz

peña, caixa núm. 20, ff. 260-261.

Carta de Anselmo VillarAmigo a Roque Sáenz Peña,a través da cal se percibenos lazos de amizade que osunían (1908) (Academia Nacional de la Historia, BosAires, Arxentina, ArchivoRoque Sáenz Peña, caixa núm. 20, f. 260)

Empresarios de Galicia 238

1914, propiciando a sanción da lei electoral que estableceu o voto uni-versal masculino, secreto e obrigatorio en arxentina. Como puxo derelevo marcela garcía sebastiani, «el nombre de roque sáenz peña seimponía entre las elites de la colectividad española, a la hora de hablarde los políticos e intelectuales argentinos que se mostraban dispuestos aencauzar unas relaciones más estrechas entre ambos países».35 sáenzpeña e villar amigo compartían ademais amizades, como a de augustoCoelho ou Justo lópez de gomara. Estes últimos, xunto con outros diri-xentes da colectividade española —entre os que se atopaba o natural demalpica—, levaron a cabo unha campaña a prol da candidatura presiden-cial de roque sáenz peña, considerándoo un interlocutor válido entre asautoridades nacionais e as elites das comunidades inmigrantes.36 Cremosque o aprecio e respecto mutuo que unían a villar amigo, Coelho e

Page 225: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Anselmo Villar Amigo 239

sáenz peña puideron impulsar os dous primeiros a ofrecer a casa cuartodo banco Español del río de la plata en madrid (situada en alcalá, 23)a sáenz peña, en momentos nos que este último axiña ía realizar unhaviaxe a España por motivos laborais.37

a principios do século xx, a traxectoria política de anselmo villaramigo nas filas do liberalismo e o seu crecemento económico comoempresario industrial, convertérono nunha figura atractiva para ocupardiferentes cargos públicos. logo de traballar como membro do ConsejoEscolar e da Comisión de Higiene de distintas xurisdicións porteñas, foinomeado membro da Comisión municipal de bos aires (29 de maio de1905), polo presidente da nación, manuel Quintana, co previo acordodo senado nacional.38 Esta última designación constituía a manifesta-ción da confianza que os grupos dirixentes depositaran na súa persoa, aoimpulsar a súa participación no órgano lexislativo da cidade capital dopaís, xunto a outros vinte e un veciños, tamén elixidos polo presidente danación.39 o seu nomeamento foi recibido con gran satisfacción por dousxornais de importancia na época: El Diario Español e La Nación. Esteúltimo consideraba que a elección de manuel Quintana resultaba moiatinada. as suxestivas palabras do influente órgano xornalístico poñían aodescuberto o elevado grao de integración que acadara o natural de mal-pica, a esta altura da súa traxectoria en terras sudamericanas:

Es una excelente designación. El sr. villar, que es uno de los espa-ñoles más vinculados y de más larga residencia en nuestro país, llevará ala Comisión municipal, junto con las simpatías de su colectividad, losprestigios de la consideración personal que en todos los círculos le rodea.[…] su incorporación a ese cuerpo es una justa recompensa para los sen-

37 ad, 08/05/1906, Banco Español del Río de la Plata. Actas…, cit., p. 147.38 «decreto nombrando un miembro de la Comisión municipal de la Capital», Regis-

tro Nacional de la República Argentina, Año 1905, bs. as., (1905: 59).39 paga a pena aclarar que a Comisión municipal substituíu transitoriamente o Con-

cejo deliberante municipal, que entrara nunha fase institucional crítica (posta de mani-festo na renuncia de moitos dos seus integrantes e no aumento descontrolado da débeda dacomuna); deste xeito, foi suplantado pola primeira institución mencionada, pola lei núm.4029. Cfr. Actas del Concejo Deliberante de la Ciudad de Buenos Aires, correspondentes aoano de 1901 (en adiante, aCd), bos aires (1902: 233, 245 e 256).

Page 226: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

40 «Comisionado municipal», La Nación (bos aires), 18/05/1905.41 Revista Municipal (bos aires), ano III, núm. 105, (22/01/1906); El Comisionado

Municipal de la Ciudad de Buenos Aires Sr. D. Anselmo Villar. Sus proyectos de ordenanzas,s./d., p. 3.

Empresarios de Galicia 240

timientos de afecto que el sr. villar ha demostrado en todos los momen-tos hacia nuestro país y que seguirá poniendo de manifiesto en el cargohonorífico que se le confía.40

Inicialmente, o mandato de villar amigo era de sete meses (porquesubstituía a Cecilio lópez bouchardo, que renunciara), pero o 25 dedecembro de 1905 o poder Executivo nacional reelixiuno por un termoregulamentario de dous anos. En primeiro lugar incorporouse á subco-misión edilicia; a partir de outubro de 1905, á de presuposto e en 1906,á de facenda. desde abril de 1907 pediu licenza por motivos de saúde e por iso se perdeu a súa participación directa dentro da institución enconsideración.41

ao longo do seu mandato dentro da Comisión municipal, anselmovillar amigo promoveu diferentes medidas. son de particular interese asque concibiu como integrante das subcomisións de presuposto e facenda.algunhas das súas iniciativas estiveron encamiñadas a honrar e reivindicarfiguras e acontecementos estreitamente ligados á evolución da historiariopratense e á consolidación da nación que o acollera. outras parecenestar motivadas polo seu desexo de satisfacer necesidades da comunidadeespañola, da que se sentía parte e voceiro. Finalmente, outras vinculá-ronse cos ideais modernizadores da época, tendentes a emular as modas,os costumes e hábitos europeos, como instrumento ou medio para acadaro suposto progreso do país.

Consideramos que no fondo, as medidas propostas por villar amigoestaban orientadas a satisfacer distintos obxectivos, relacionados co logrodo benestar xeral da poboación (incluída a española radicada na cidade),pero tamén, coa lexitimación da súa figura, ante os poderes públicoslocais e ante outros líderes da colectividade hispánica, instalados dun edoutro lado do océano.

por outro lado, en xaneiro de 1907 villar amigo foi nomeado depu-tado en Cortes polo distrito de Corcubión (a Coruña), polo partido libe-

Page 227: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Anselmo Villar Amigo vestido de alpinista, nunhadas súas viaxes a Europa,cando visitou Suíza (1904)

(Archivo General de la Nación,Bos Aires, Arxentina, Departa-

mento de Documentos Fotográficos)

42 garcía sebastiani (2005: 160).43 Ibídem.

Anselmo Villar Amigo 241

ral. Esta elección foi facilitada pola relación que o na -tural de malpica mantiña co político e xurista Eugeniomontero ríos, que impulsou a súa candidatura e que seapoiou no importante control que exercía sobre os distri-tos electorais de santiago de Compostela e da Coruña.Como suxeriu marcela garcía sebastiani, os dous gale-gos ventaban a conveniencia mutua do nomeamento enCortes: para villar amigo implicaba o recoñecemento ea coroación do éxito socioeconómico logrado no río daprata, e para o xa experimentado e maduro monteroríos, a posibilidade de aproveitar a capacidade econó-mica do rico emigrado, para proxectos rexeneracionistasna súa vila natal e para campañas políticas.42 o oriúndode malpica viaxou a madrid con motivo do seu nomea-mento, pero segundo parece, non tanto para ocupar oseu escano, senón para reunirse con destacados políticosdinásticos da época, como o conservador antonio mauraou o propio rei afonso xIII.43 En 1910 anselmo villaramigo foi reelixido como deputado en Cortes, esta vezpolo distrito de muros (a Coruña), malia que aparente-

mente, nesta ocasión, a súa participación na devandita institución nonlogrou transcender.

os lazos que o unían coa monarquía española tiveron a oportuni-dade de reforzarse por causa da visita da infanta Isabel —tía do rei afonsoxIII— a arxentina, en 1910, co gallo dos festexos do centenario da revo-lución de maio. as celebracións públicas deste acontecemento duraronvarios días e a elas asistiron múltiples personalidades do ámbito nacionale internacional. durante unha semana a cidade de bos aires cambiou asúa fisionomía: a poboación expresou nas rúas e nos desfiles públicos unparticular sentimento de patriotismo que parecía conciliar os destinos danova nación cos da nai patria, que por moito tempo permaneceran dis-

Page 228: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

44 «la Infanta Isabel. El banquete de la embajada española», La Nación (bos aires),25/05/1910, p. 10.

Empresarios de Galicia 242

tanciados. a chegada da infanta Isabel marcou un fito importante narecomposición das relacións entre España e a arxentina e confirmou unachegamento que se iniciara traballosamente no último terzo do séculoxIx e que se fora afianzando progresivamente, ao compás da reactivacióndos vínculos comerciais e diplomáticos entre os dous países.

anselmo villar amigo estivo presente nun dos máis importantesactos de recepción, cos que a colectividade peninsular agasallou a infantaIsabel: un banquete organizado pola Embaixada española, no Club Espa-ñol de buenos aires (institución que como veremos máis adiante, presi-dira). a esta reunión asistiron máis de cincocentas persoas, entre as quese atoparon as figuras políticas máis destacadas da comunidade hispánicainstalada no río da prata.44

As accións orientadas á colectividade española e á súa patria chica

anselmo villar amigo chegou a presidir dúas importantes institu-cións representativas da colectividade peninsular en bos aires: a socie-dad Española de socorros mutuos e o Club Español —que actualmentemantén a súa actividade—. a primeira entidade naceu en 1857 e o seuobxectivo inicial foi solucionarlles a asistencia médica, farmacéutica e oauxilio pecuniario aos seus afiliados no caso de enfermidade, a través dunfondo de reserva reunido mediante o pago de cotas mensuais. Co tempofoi ampliando o abano de prestacións, incluíndo pensións a viúvas eorfos, seguros de vida e invalidez, panteón social, asesoría xurídica, repa-triación de asociados sen recursos e os denominados socorros en metálico,un tipo de subsidios de desemprego por prazos curtos. a asociación Espa-ñola de socorros mutuos foi unha institución aberta a todos os peninsu-lares, máis alá da súa procedencia rexional o local. de alí que moitosemigrantes do noroeste hispánico se integrasen progresivamente nela.segundo os estudos de alejandro Fernández, entre 1890 e 1930 os gale-gos chegaron a ser o grupo rexional máis importante dentro da entidadeen consideración. tanto é así que representaron máis do 40% dos penin-

Page 229: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

45 Fernández (2001: 143 e 144).46 «redacción. asociación patriótica Española», El Correo Español (bos aires), ano

xxvI, núm. 8648 (19/04/1896).47 Fernández (1987: 2979).48 garCía (1998: 210).

Anselmo Villar Amigo 243

sulares que solicitaron o seu ingreso a ela no período mencionado.45 osgalegos tamén formaron parte da súa xunta directiva, como é o caso devillar amigo.

En 1896, como presidente da asociación Española de socorrosmutuos, o oriúndo de malpica subscribiu a acta de fundación da asocia-ción patriótica Española e contribuíu inicialmente con ela, cunha sumade 2.000 $.46 a asociación patriótica foi creada na conxuntura da guerrahispano-norteamericana, entre outros fins, para canalizar a axuda dacomunidade inmigrante á nai patria en guerra. no entanto, e como sos-tivo alejandro Fernández, desde os seus inicios formulou ademais outrosobxectivos, de distinta índole: patrióticos (defensa do bo nome español,fomento da confraternidade con arxentina), asistenciais (repatriación depobres, apoio ao inmigrante), culturais (creación de bibliotecas e escolas,fomento da difusión das ciencias e artes españolas) e os relacionados cologro dunha maior cohesión interna (vinculación entre as distintas asocia-cións peninsulares de arxentina). no que atinxe a esta última meta, debe-mos ter presente que a asociación patriótica recrutaba a vinte e unhasociedades mutuais, recreativas, rexionalistas e localistas, á prensa da co -lectividade e a algunhas das personalidades máis relevantes desta.47

a asociación patriótica Española mercoulle a España o Río de laPlata, un buque acoirazado de 1775 toneladas e doou unha cantidadeque representa aproximadamente o 35% de todo o que recolleu a Comi-sión de suscripción nacional que encabezou a raíña rexente en madrid,para gastos da guerra cos Estados unidos en 1898.48 Como presidente daasociación Española de socorros mutuos, villar amigo traballou activa-mente para aumentar os fondos das dúas colectas, xa fose achegandovoluntariamente importantes sumas a estas xa xestionando persoalmenteas doazóns dos seus conxéneres. En maio de 1898, mesmo chegou a sos-ter a necesidade de que a asociación Española de socorros mutuos des-tinase a metade do fondo de reserva (15.000 $) á suscripción nacional.

Page 230: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

49 moya (2004: 296-297).50 garCía sEbastIanI (2005: 152).51 «ad, 29/09/1905 y 19/01/1906», Banco Español del Río de la Plata. Actas …, cit.,

pp.. 82-83 e 116, respectivamente.

Empresarios de Galicia 244

a comezos do século xx anselmo villar chegou a ser presidente doClub Español, unha institución que xurdiu como continuación da salaEspañola de Comercio (1852-1857) e que se converteu en centro de co -hesión da elite da comunidade emigrada. Como comprobou José mo ya,as súas cotas mensuais eran cinco veces máis altas ca as correspondentesás sociedades de socorros mutuos e equivalían ao salario dunha sema - na de calquera traballador, o que excluía a participación dos peninsularesde medios ou baixos recursos. o elitismo da entidade non era ben vistopor unha parte importante da comunidade española establecida en bosaires. porén, o club contribuíu a delinear moitos dos seus liderados por-que funcionaba como un ámbito de sociabilidade privilexiado para forxarlazos persoais e institucionais, que servían para organizar o conxunto dosemigrados.49

villar amigo tamén propiciou a publicación dos órganos de pren-sa da comunidade hispánica, en especial, a de El Diario Español, xor-nal que aspiraba a representar os inmigrantes peninsulares no río da pratae que estaba dirixido polo seu amigo Justo lópez de gomara. o naturalde malpica contribuíu coa compra dunha máquina rotativa que lle permitiuao mencionado medio de prensa prescindir dos obradoiros de imprentaque lles alugaba a outros diarios porteños e ampliar a distribución dosseus exemplares.50 lembremos que especialmente nos seus comezos, ElDiario Español dispuxo de limitados medios financeiros para o seu man-temento, de aí que fose frecuente que o seu dono e director recorrese aoscréditos do banco Español del río de la plata e á publicación de diversosavisos publicitarios (entre os que se atopaban os do devandito banco),como estratexias para garantir a súa supervivencia.51

Contra finais de 1911, villar amigo tamén adquiriu parte das acciónsque se derivaron da venda de El Diario Español, cando el mesmo pasouda propiedade de lópez de gomara á dunha sociedade anónima, que que-dou integrada, ademais de polo oriúndo de galicia, por outros membros

Page 231: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

52 garCía sEbastIanI (2004: 541).53 vIllar y amIgo (1914).

Anselmo Villar Amigo 245

destacados da colectividade española en arxentina (entre outros: rafaelCalzada, avelino gutiérrez, Félix ortiz e san pelayo, manuel llamazares,gonzalo sáenz, Jorge mitchell, gómez, león durán ou vicente blascoIbáñez). Como mantivo garcía sebastiani, este traspaso constituía a expre-sión das dificultades económicas que estaba atravesando este xornal nunmomento no que nin as subscricións dos lectores nin a publicidade de avi-sos comerciais lograban cubrir os custos da súa aparición.52 grazas á com-pra de El Diario Español por parte dos mencionados representantes dacomunidade peninsular, este puido subsistir sen interrupcións ata entradosos anos corenta do século xx, de maneira que se converteu nun referentedos emigrados e incluso, de boa parte da elite política arxentina.

porén, paga a pena sinalar que as vinculacións de villar amigo comundo das letras non se esgotaron nas accións comentadas, senón quechegaron a involucrar a produción literaria persoal, como autor dunhaobra que reivindicaba as accións levadas a cabo por Camilo garcía pola-vieja e del Castillo negrete, capitán xeneral do exército, marqués depolavieja. o libro describía as fazañas militares deste soldado español eos seus múltiples servizos á patria.53

ademais de constituírse en representante e voceiro da comunidadeespañola en xeral, villar amigo tamén lle ofreceu a súa axuda a paisanosdun e doutro lado do atlántico. no río da prata, e segundo o xornal por-teño La Prensa, prestoulles unha importante asistencia aos inmigrantesgalegos que acababan de chegar. Como afirmaba este órgano periodís-tico, nunha nota necrolóxica que enaltecía a súa figura:

los jóvenes que llegaban de su país natal, de su buena tierra gallega,encontraban en don anselmo firme apoyo en sus primeros pasos por laargentina. a la ayuda práctica se unía el consejo sano; y unas palabrasásperas de todo excelentes de intención: «Hay que trabajar y ser honradoy bueno y acordarse de los que han quedado por allá». y luego los colabasegún sus aptitudes, subviniendo a sus primeras y más perentorias necesi-dades con la solicitud de un verdadero padre de los aldeanos de la tierra.El comercio de la campaña está lleno de muchachos colocados por donanselmo villar. y no pocos han llegado a la fortuna, gracias al primer

Page 232: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

54 «obituario de anselmo villar», La Prensa (bos aires) 11/05/1918, p. 8.55 CEmEntErIo dE la rEColEta (bs. as., arxentina), registro de Inhumaciones, f. 19.56 rICo dE santIago, a.: «Contribución a los progresos de España por sus hijos radi-

cados en la argentina», El Diario Español (bos aires) 12/10/1922.

Empresarios de Galicia 246

apoyo del viejo coterráneo, que sabía unir las condiciones de excelentementor y eficaz mecenas.54

Pai substituto, mentor, mecenas, son algúns dos termos que lle permi-tían a este xornal describir o papel xogado por villar amigo con respectoaos seus paisanos, rol que contribuía a erixilo en líder dos membros dasúa patria chica. outro tipo de accións, que poderiamos caracterizar agrandes trazos como filantrópicas, propiciaron a consolidación do seuprestixio na súa terra natal. mellorou as condicións hixiénicas da súa vilade orixe e facilitou a extensión da rede de auga potable; contribuíu cofinanciamento dunha fonte pública, cunha rampla, cunha escola, coasobras do peirao e do porto, da praza de abastos, cun reloxo público etamén axudou economicamente os máis necesitados, con doazóns mone-tarias ou de obxectos (por exemplo, máquinas de coser para mulleres demoi escasos recursos).

Notas finais

o galego anselmo villar amigo faleceu o 10 de maio de 1918, en bosaires, aos 67 anos de idade. aparentemente, o motivo da súa morte foi aartrite crónica que padecía.55 os seus restos foron enterrados no Cemen-terio del norte (hoxe da recoleta), en presenza dunha gran cantidade deamigos e coñecidos, entre os que se atoparon destacadas figuras, comopablo soler e guardiola, o embaixador español en bos aires, lorenzoruiz e Justo lópez de gomara. as principais institucións nas que parti-cipara activamente (o Club Español, a Cámara de la bolsa de Comercio,os establecementos industriais la primitiva e la Cantábrica, a asociaciónEspañola de socorros mutuos) dedicáronlle sentidas palabras, en avisosque foron publicados nos principais órganos de prensa da cidade. ao pare-cer, no seu testamento deixou unha respectable suma de diñeiro para osocorro dos máis necesitados, na súa vila de orixe.56 En agradecemento á

Page 233: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Anselmo Villar Amigo 247

súa obra benfeitora, o concello que o viu nacer decidiu colocar o seunome na rúa principal da vila e contribuír así a perpetuar o seu recordona memoria dos seus paisanos. En arxentina, outros organismos se ocu-paron de manter vivo o seu espírito: El Diario Español, por exemplo, co -locou unha placa no seu honor, no panteón onde está sepultado, entestemuño do recoñecemento á súa persoa.

villar amigo foi un dos moitos inmigrantes españois que deixou undestacado legado no país que o acolleu. a súa actuación no ámbito eco-nómico, político, social e cultural destacou por ser sumamente diversa erica; ademais foi particularmente notable a súa capacidade de liderado edirección. Esta última condición permitiulle despregar un rol particular,en tanto representante da comunidade española e como dirixente duncolectivo máis amplo: o pobo da cidade de bos aires.

podería suxerirse que o seu dinamismo e a súa visibilidade no ámbitocolectivo constituíu un punto de partida para construír a súa lexitimidadede cara ás dirixencias da sociedade receptora. pero, dalgún modo, taménfoi certo o contrario: o seu protagonismo no ámbito municipal porteño—onde desempeñou distintos cargos públicos— proporcionoulle unhaposición mellor para desenvolver a súa carreira política na península. asímesmo, as actividades e vinculacións políticas eran consecuencia, e ase-made, condición, para o seu éxito económico. o ascenso social destegalego non foi lineal, pero exhibiu no longo prazo unha tendencia moipositiva. Isto non só se motivou nos dotes persoais do natural de malpica,senón tamén nunha estrutura de oportunidades favorables: unha socie-dade en expansión, bastante aberta á integración dos estranxeiros (polomenos, na vida económica da rexión) e caracterizada por un crecentecosmopolitismo. Claro está que a traxectoria de villar amigo non foi ade todos os seus paisanos: moitos deles non chegaron a cumprir os seusdesexos de mellora ou progreso social. no entanto, a historia de vida dooriúndo de malpica permite que nos acheguemos a algunhas das clavesque facilitaron o seu desenvolvemento económico e político: o traballoperseverante, o espírito emprendedor e a inserción en redes sociais capa-ces de abrirlle oportunidades de crecemento e promoción, entre moitasoutras.

Page 234: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

álvarez, gerardo (1985): «El aporte espa-ñol a la vida económica del país», engerardo álvarez (coord.): Los españo-les de la Argentina, bs. as., manriquezago, pp. 56-59.

Banco Español. Una memoria de 100 años(1986), bos aires.

beck-bernard, lina (1935): Cinco años enla confederación argentina. 1857-1862,bos aires, El ateneo.

Carmona badía, Joán (1990): El atraso in-dustrial de Galicia. Auge y liquidaciónde las manufacturas textiles (1750-1900),barcelona, ariel.

Cristóforis, nadia de (2008): Proa al Pla-ta: las migraciones de gallegos y asturia-nos a Buenos Aires (fines del siglo XVIII ycomienzos del XIX), madrid, CsIC (Co-lección américa) (no prelo).

Eiras roel, antonio (1991): «la emigra-ción gallega a américa. panorama ge-neral», en antonio Eiras roel (ed.): Laemigración española a Ultramar, 1492-1914, madrid, tabapress, pp. 17-39.

Fernández, alejandro (2001): «los gallegosdentro de la colectividad y las asociacio-nes españolas en el primer tercio delsiglo xx», en xosé núñEz sEIxas (ed.):La Galicia Austral. La inmigración ga-llega en la Argentina, bos aires, biblos(Colección la argentina plural), pp.139-160.

— (1991) «los españoles de buenos airesy sus asociaciones en la época de inmi-gración masiva», en Hebe Clementi(comp.): Inmigración española en la Ar-gentina, bos aires, pp. 59-83.

— (1987) «patria y cultura. aspectos de laacción de la elite española de buenosaires (1890-1920)», Estudios MigratoriosLatinoamericanos (bos aires), ano 2,núm. 6-7, pp. 291-307.

FErnándEz, J. a. (1912): La banca argen-tina, su actuación y desarrollo, t. I: ElBanco Español del Río de la Plata, bosaires, garcía & passo.

Finanzas, comercio é [sic] industria en la República Argentina (1899), núm. 2, bosaires.

garcía sebastiani, marcela (2005): «laeficacia de las redes y los resultados delos vínculos: las elites de los emigrantesespañoles en la argentina (1862-1923)»,Revista Complutense de Historia de Amé-rica (madrid), vol. 31, pp. 147-176.

— (2004) «Crear identidades y proyectarpolíticas de España en la argentina entiempos de transformación del libera-lismo. El Diario Español de buenos aires(1905-1912)», Estudios Migratorios La-tinoamericanos, ano 18, núm. 55, pp.525-553.

garcía, Ignacio (1998): «…y a sus plantasrendido un león: xenofobia antiespañolaen argentina, 1890-1900», Estudios Mi-gratorios Latinoamericanos (bos aires),ano 13, núm. 39, pp. 195-221.

Hadeld, William (1943): El Brasil, el Ríode la Plata y el Paraguay, (Colección via-jeros en el plata), bos aires, difusam.

la CantábrICa (1941): Contribución al pro-greso del país.

massé, gladys m. (1992): Reinterpretacióndel fenómeno migratorio y su incidenciaen la conformación socio-demográfica dela ciudad de Buenos Aires a mediados delsiglo XIX, tese de magíster en demografíasocial, universidad nacional de luján,3 vols.

moorne (1893): Las industrias fabriles enBuenos Aires, bos aires, Imprenta sanmartín.

moya, José (2004): Primos y extranjeros. Lainmigración española en Buenos Aires,1850-1930, bos aires, Emecé.

Empresarios de Galicia 248

Page 235: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

posada, adolfo (1912): La República Argen-tina: Impresiones y comentarios, madrid,victoriano suárez.

rougier, marcelo (2007): «Expansión y cri-sis de la Cantábrica (1940-1990)», ídem(dir.), Políticas de promoción y estrategiasempresariales en la industria argentina,1950-1980, bos aires, Cooperativas, pp.133-173.

— (2006) «un largo y sinuoso camino: au-ge y decadencia de una empresa sidero-metalúrgica argentina, la Cantábri-ca 1902-1992», Desarrollo Económico,núm. 183, vol. 46, pp. 385-417.

vázquez gonzález, alejandro (1999): Laemigración gallega a América, 1830-1930,memoria de doutoramento, Facultadede Ciencias Económicas e Empresariais,universidade de santiago de Composte-la, santiago de Compostela, 2 vols.

villar y amigo, anselmo (1914): In Me-moriam. Homenaje póstumo dedicado alglorioso soldado español Marqués de Po-lavieja, madrid.

yáñez gallardo, César (1988): «Cataluña:un caso de emigración temprana», ennicolás sánchez-albornoz (comp.):Españoles hacia América. La emigraciónen masa, 1880-1930, madrid, alianza,pp. 123-142.

Anselmo Villar Amigo 249

Page 236: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

JOSÉ RIESTRA LÓPEZ, MARQUÉS DE RIESTRA

1852-1923

Page 237: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

antonio maura, político conservador e cinco veces presidente doconsello de ministros, chegou a dicir que España tiña 48 provincias por-que a número 49 —que era pontevedra— era do marqués de riestra. EJulio Camba que «en pontevedra y su provincia puede afirmarse que dosy dos no llegan a ser definitivamente cuatro mientras el marqués de ries-tra no autorice la suma». Comentarios como estes ou como os da litera-tura agrarista e galeguista dos derradeiros anos do século xIx e primeirosdo xx presentaron unha imaxe da familia pontevedresa dos riestra que aconvertía no arquetipo do caciquismo da restauración na provincia. Estaimaxe de José riestra lópez, o elemento máis controvertido e poderosoda familia, eclipsou un aspecto da súa personalidade e da súa obra, tantoou máis importante do que a súa actividade política. porque o primeiromarqués de riestra foi tamén un dos máis importantes empresarios gale-gos da época, banqueiro e industrial innovador, introdutor da luz eléc-trica e dos fornos cerámicos continuos en galicia e principal responsabledo agromar dunha das máis elegantes estampas da nosa historia contem-poránea, a do balneario e os produtos la toja.

María Jesús Facal Rodríguez e Xoán Carmona Badíauniversidades de vigo e de santiago de Compostela

ASCENSIÓN E CAÍDA DA CASA RIESTRA

Page 238: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Un administrador de rendas públicas hábil e emprendedor

Francisco antonio riestra vallaure naceu en oviedo no ano 1815. asprimeiras novas da súa actividade en galicia sitúano en 1844 en santaEulalia de silleda, na parroquia do Foxo (actual municipio da Estrada),como administrador de rendas estancadas. un ano máis tarde debeuse tras-ladar á cidade de pontevedra, onde casou con micaela lópez Fernández,filla dun comerciante de panos que, oriúndo da lucense localidade desarria, era xa daquela un dos maiores contribuíntes da cidade do teucro.1

o asturiano exerceu nos anos seguintes como inspector de contribu-cións e como garda almacén de efectos estancados da administración depontevedra; algo máis tarde sería nomeado comisario provincial de agri-cultura, Industria e Comercio.2 a súa carreira como xestor de rendaspúblicas completaríase en 1869, cando o banco de España o nomeoudelegado principal na provincia de pontevedra para a recadación dascontribucións directas.3 o ovetense convertíase así no encargado docobro na provincia dos principais impostos que gravaban naquela alturao cultivo e a gandaría, o comercio e a industria. a cambio pasaba a recibirunha comisión de entre o 2 e o 2,5% do recadado.4 para poder desenvol-ver esta actividade Francisco riestra estableceu —como era habitual nes-tes casos— unha estrutura de axentes recadadores nas diferentes vilas daprovincia, que pola súa volta recibían unha comisión que andaba poloun por cento.5 daquela, o exercicio desta delegación supúxolle a riestranon só uns ingresos interesantes senón tamén a disposición dunha amplarede de correspondentes —e persoas que, dalgún xeito, dependían del—susceptible de ser utilizada de maneira clientelar en apoio dunha posiblecarreira política ou mesmo empresarial. E isto foi o que Francisco a.riestra e os seus sucesores farían con particular mestría.6

1 arquivo Histórico provincial de pontevedra (en adiante aHppo), Municipal, atado71 (100); artIaga (1991: 158).

2 aHppo, Protocolos, José b. Esperón, 1850, fol. 15 e Ignacio rey vázquez, 1853, fol.65; Gaceta de Madrid, 21/12/1882.

3 Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, 14/04/1869.4 archivo Histórico del banco de España, Secretaria, atado 1535.5 aHppo, Protocolos, lázaro y sánchez, anos 1869 a 1875 e garcía Escudero, 1869.6 taboada (1987); Castro (2002).

Empresarios de Galicia 252

Page 239: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José Riestra López, marqués de Riestra 253

(Fondo Gráfico do Arquivo daExcma. Deputación Provincial

de Pontevedra)

Page 240: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

no curso do seu traballo riestra relacionouse axiña con pedro Fer-nández villaverde, deputado en Cortes polo distrito de pontecaldelasentre 1837 e 1853 e pai do que posteriormente sería ministro de Facenda,raimundo Fernández villaverde, co que comezou a colaborar ata o puntode que se converteu no seu apoderado e home de confianza para diversosnegocios xa desde 1846. da súa man emprendería tamén a súa propia ca-rreira política. Foi deputado provincial durante o bienio progresista (1854-1856),7 deputado en Cortes pola unión liberal (1858-63, na lexislaturade 1866 e na de 1869-1870) e senador conservador (1872 e 1876-77); en1877 foi nomeado senador vitalicio. Francisco riestra contaría na Cortenon só co apoio dos Fernández villaverde senón tamén co do seu irmánJovito riestra, que fixo carreira na administración do Estado e que ocupoudiversos cargos na capital. uns e outros deberon proporcionarlle vía directaa moitos despachos da administración madrileña.

254Empresarios de Galicia

7 aHdpp, Libro de actas, anos correspondentes.

Page 241: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

255José Riestra López, marqués de Riestra

dotado de vantaxes de información polo exercicio das súas activida-des ao servizo da Facenda pública e polas súas boas relacións políticas, econ algúns recursos para iso, foi paseniñamente acudindo ás subhastas dadesamortización. primeiro, e modestamente, mercaría entre 1844 e 1847algúns foros e terras procedentes do Convento das monxas de san paiode santiago e do mosteiro de san martiño pinario. xa na desamortiza-ción de madoz, que como é sabido comezou no ano 1855, formou parteao seu comezo da Junta provincial de ventas, posto ao que renuncioutras pouco máis dun ano de exercicio. sería entre 1873 e 1876 cando des-tacaría, ao mercar nada menos ca 27 devesas e piñeirais por valor de831.668 reais, como o segundo máis importante comprador de montesdesamortizados da provincia.8 Como moitas das compras foran de bens erendas forais fóra da cidade, Francisco riestra precisou de representantese administradores nos que tivo que delegar a percepción de diñeiro eespecies, o que contribuíu a engrosar a súa rede social.

o probablemente máis importante e, andando o tempo coñecido,dos soares adquiridos polo fundador da saga dos riestra foi o da Caeira.neste soar reservou unha parte para residencia propia e outra arrendoullaá deputación, que entre os anos 1873 e 1886 estableceu alí unha granxamodelo, destinada a que se impartisen coñecementos prácticos de «agri-cultura, horticultura, arboricultura e industria pecuaria».9 Foi nestesterreos, abandonados pola institución provincial en 1886, onde poucomáis tarde establecería o seu fillo, José riestra lópez a que sería coñecidafábrica de cerámica la Caeyra.

En todo caso, o primeiro dos riestra establecido en pontevedra nonmercou só montes e leiras rústicas na desamortización. xa no ano 1847comezou tamén a que sería unha importante xeira investidora en bensinmobles e terreos urbanos, adquiridos tanto ao Estado coma a particula-res. as súas primeiras compras foron de varias casas no centro de ponte-vedra, varias delas axiña derrubadas para dar paso a novas edificacións.Esta actividade ampliouse notablemente durante a década de 1860 na

8 artIaga (1991: 159).9 arquivo Histórico da deputación de pontevedra (en adiante aHdp), atado 1078/3 e

aHppo, Protocolos, garcía Escudero, escritura do 01/04/1873. por esta leira riestra pagabaun foro que redime en 1874. aHppo, Protocolos, garcía Escudero, 25/02/1874.

Page 242: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 256

Page 243: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José Riestra López, marqués de Riestra 257

que, a partir de varias compras de terreo na área da actual rúa michelena,construíu catorce edificios que foron os que deron a súa primeira fasquíaá que hoxe é popular rúa pontevedresa.10

En conxunto, o primeiro dos riestra realizou un forte investimentoen inmobles, en construción urbana e en bens desamortizados, nomea-damente devesas e piñeirais na redonda da capital provincial. o outroeido dos seus investimentos foi nestes anos o dos valores da débeda pú-blica e as accións de estradas e ferrocarrís, que lle serían de moita utilidadepara o seu uso como fianzas e depósitos destinados a avalar as actividadesrelacionadas coa administración, nomeadamente o desempeño de cargose contratas de obras públicas, tanto propias coma dos seus coñecidos eclientes, caso este último que lle fornecía beneficios adicionais tanto eco-nómicos coma políticos. para el mesmo tivo esta función de garantía moitaimportancia durante a segunda metade dos cincuenta, na que o atopamoscomo contratista de varias obras públicas: o peirao de Ferrrol, o cárceredo Carballiño, o porto de Carril ou varios tramos da estrada de vigo águarda.

Como outros moitos administradores de rendas públicas riestra dis-pón dunha certa liquidez que lle permite actuar en ocasións como pres-tamista, unha actividade na que é doado atopalo xa desde finais dos anoscorenta, e que se irá incrementando nas dúas décadas seguintes. no ano1863 foi nomeado vogal do banco de préstamos de pontevedra e algomáis tarde membro da Comisión provincial de Estadística,11 e mantivofrecuentes contactos coa sociedad de Crédito Comercial e coa Junta Ins-pectora do montepío universal, que era unha compañía de segurosmutuos sobre a vida.12 Estes serían os antecedentes da súa conversión enbanqueiro, unha actividade na que entra coincidindo co seu nomea-mento como delegado do banco de España na recadación de contribu-cións no ano 1868. destes anos finais da década dos sesenta proceden asprimeiras mencións de Francisco antonio riestra como correspondentebancario nas contabilidades de banqueiros como o compostelán olimpio

10 aHppo, Protocolos, garcía Escudero, 14/10/1863 e 30/08/1899.11 aHdpp, Libro de actas.12 artIaga (1991: 159).

Fotografía das páxinas seguintes: Pontes da Barca(Fondo Gráfico do Arquivo daExcma. Deputación Provincial

de Pontevedra)

Page 244: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

pérez ou como endosatario de letras dos ban-queiros madrileños león lafitte e alejandrobarcqué.

Francisco antonio riestra finou en ma-drid no ano 1880 e deixou un amplo patri-monio en terreos urbanos e rústicos, especial-mente montes, a administración de variasrendas públicas e unha pequena casa bancariade carácter local. a propia definición que elmesmo facía de si nos documentos que asi-naba era a de «senador vitalicio, hacendadoy banquero».

José Riestra López e a segunda xeración dos Riestra

o primeiro dos riestra deixou dous fillose tres fillas. de resultas da vida política e socialexercida en madrid polo pai, dúas destas úl-timas casaron e aveciñaron na capital de xeitoque quedou só a terceira na vila do teucro.os dous fillos, José e Francisco, ficaron enpontevedra e seguiron o ronsel do pai. o vin-culeiro, José, foi non só «hacendado y ban-quero» como aquel, senón tamén un impor-tante empresario industrial e turístico, un dosmáis destacados na galicia da súa época. noeido da política, os dous irmáns melloraronata tal punto a rede clientelar do pai e a súapresenza social, que a Caeira pasou a se con-verter na referencia política obrigada na pro-vincia, só nunha medida comparable ao pazode montero ríos en lourizán.

José riestra lópez nacera en pontevedrano ano 1852. Comezou a colaborar na casade banca do seu pai en 1874 e dispuxo xa a

258Empresarios de Galicia

Page 245: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

259José Riestra López, marqués de Riestra

Page 246: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

partir de entón de poderes para levar a correspondencia, realizar operaciónscomerciais, xirar, cobrar, e mesmo exercer a súa representación.13 á mortedo seu principal, o negocio familiar continuará sen ningún tipo de divisiónbaixo a denominación de Francisco antonio riestra. daquela, asumiráJosé a dirección da actividade bancaria mentres que o seu irmán Franciscopasará a ocuparse da administración de contribucións.14

E será efectivamente durante estes primeiros anos posteriores á mortedo fundador, cando o futuro marqués de riestra dedicará os seus princi-pais esforzos empresariais ao negocio bancario. asistirá diariamente á súaoficina sempre que outras actividades non o requiran fóra de pontevedrae acudirá persoalmente en numerosas ocasións el mesmo a realizar osprotestos de letras aos domicilios dos morosos. José ampliará a nómina deempregados e, sobre todo, a de correspondentes, nun momento no queas remesas dos emigrantes galegos en américa comezan a representarcantidades substanciosas. o resultado deste esforzo inicial dá axiña resul-tado, pois segundo unha estatística de 1887, a casa riestra canaliza xa aterceira parte das remesas que ingresa a provincia de pontevedra en con-cepto de xiros procedentes de américa do sur, moi por diante de cal-quera outra.15

paralelamente, o futuro marqués comeza a súa carreira política noano 1879; así sucede o seu pai como deputado polo Concello da Estradadurante once anos. José riestra lópez formará parte do partido liberal eco seu talante ecléctico e conciliador actuará acotío como árbitro nas re-gueifas internas do propio partido. así aconteceu por exemplo en 1885cando conseguiu selar a unificación das tres familias liberais da provincianunha reunión que tivo lugar no seu pazo da Caeira á que asistiron mon-tero ríos e o marqués de la vega de armijo.16 mercé a este talante e ásúa actividade no partido, José iría gañando peso no seu interior e con-verteríase en persoa escoitada e influente na política madrileña. En 1913,por exemplo, foi o propio conde de romanones —daquela presidente do

Empresarios de Galicia 260

13 aHppo, Protocolos, lázaro y sánchez, 09/02/1874.14 aHppo, Protocolos, garcía Escudero, 04/10/1898 e 30/08/1899.15 sartHou (1888: 27).16 durán (1977: 87-88).

Page 247: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

consello de ministros— o que lle encargou que mediase con monteroríos para evitar que este interviñese na súa pugna co conde de alhucemas—tamén amigo do propio riestra— co gallo de esquivar a división internano seo do partido liberal.17 pero o fresco completo da actitude políticade José riestra lópez, que recibiría o título de marqués en 1893, nonquedaría completo se non indicásemos que tamén mantiña excelentesrelacións persoais con moitos elementos destacados do partido Conservadorcomo, por exemplo, coa xa citada familia Fernández villaverde ou conaugusto gonzález besada, íntimo amigo seu ao que lle presta diñeiro endiferentes ocasións, e que chegaría a ministro de Fomento en 1903.

as relacións familiares foron outro dos elementos que reforzaron arede social e o peso político de riestra. un dos seus cuñados, o enxeñeiroFrancisco de Federico sería ministro de Fomento. outro deles, alejandromon y landa, ademais de ocupar diversos cargos políticos sería un dosseus máis estreitos colaboradores nos seus negocios. o seu matrimonioen 1882 con maría Calderón ozores, filla do conde de san Juan, quefora deputado en varias lexislaturas nos anos cincuenta e sesenta e senadorposteriormente, e neta por parte materna dos señores de rubiáns e mar-queses de aranda e guimarei, tamén contribúe a situalo na política ma-drileña. un dos seus fillos, vicente, casará con Isidora peinador —fillade ramón peinador vela, un dos fundadores do complexo de monda-riz— e será el mesmo tamén deputado. outro dos seus fillos, raimundo,sería tamén deputado e chegaría a ser subsecretario da presidencia doconsello de ministros.

Consolidada a casa bancaria e a rede política e económica, riestracomezará unha importante xeira de iniciativas industriais para o quebotará man non só dos recursos da casa senón tamén, como veremos, dosdalgunhas institucións que conseguiu situar baixo o seu control, nomea-damente a sucursal de pontevedra do banco de España. a primeira destasiniciativas terá un carácter pioneiro, pois a empresa por el promovida seríaa primeira eléctrica da historia de galicia e faría de pontevedra a segundacidade española, por detrás de girona, que dispoñería de iluminaciónpública por electricidade.18

José Riestra López, marqués de Riestra 261

17 La Vanguardia, 20/10/1913 e 21/10/1913.18 landín tobío (1949); Carmona E nadal (2005).

Page 248: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Os primeiros negocios industriais. José Riestra López, pioneiro da electricidade en Galicia

o 26 de xuño de 1888 luciron os primeiros arcos voltaicos nas rúasda oliva e de michelena, rúa esta última na que viviría e morrería Josériestra lópez. a historia desta empresa comezara o ano anterior, candoJosé lle merca ao enxeñeiro xixonés victoriano alvargonzález —aíndabaixo o paraugas da antiga compañía Francisco a. riestra—unha patentede invención por vinte anos de «un sistema especial de montaje demáquinas de vapor y de dinamos para instalación de alumbrado eléc-trico» e impulsa unha sociedade privada —que nunca se inscribiría norexistro mercantil— para, mediante a explotación daquela patente e damaquinaria axeitada, dotar de luz eléctrica a cidade de pontevedra. nasociedade aparecían a carón do propio riestra os enxeñeiros Francisco deFederico e Enrique picó, alejandro mon y landa, que ademais de avo-gado e político era tamén cuñado do banqueiro, o tamén avogado Josélino martínez, e, finalmente prudencio otero, Joaquín a. piñeiro eaquilino prieto, propietario, médico e fotógrafo respectivamente. deles,os que non formaban parte da súa familia en sentido propio, formabanparte da súa familia política.

a empresa, que acadou a concesión da iluminación pública nacidade e moi axiña comezou a ofrecerlles o servizo aos particulares, adop-tou a razón social de aquilino prieto y Compañía. o nome da empresadestacaba así a figura do fotógrafo pontevedrés que se convertería no seuprimeiro xerente despois de marchar alvargonzález. riestra quedaba nunmáis que discreto segundo plano, aínda que todo o mundo en ponteve-dra sabía da súa man nesta iniciativa que situou a súa central de vapor natradicional praza da verdura e que ofrecía unha corrente continua quepouco despois orixinaría diversas queixas. para mellorar o servizo, e sobretodo para evitar os elevadísimos custos da central de vapor, os enxeñeirosque rodeaban a riestra, entre os que figuraba Francisco de Federico,casado coa súa irmá teresa, propuxeron a construción dunha centralhidroeléctrica nalgún río veciño, o que finalmente se concretaría na con-cesión dun caudal de 3000 litros de auga no lugar da ponte das brañas,na parroquia de san xurxo de sacos do concello de Cotobade. a conce-sión obteríaa no ano 1899 luis de la peña, un enxeñeiro da casa Falcó,

Empresarios de Galicia 262

Page 249: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Hermida y peña, que adquirira xa certa sona no estudo de aproveitamen-tos hidroeléctricos, e que o fixo a nome de aquilino prieto. o salto desan xurxo de sacos comezaría a funcionar ao ano seguinte e forneceríade luz non só a pontevedra senón tamén a vila de marín.

mesmo tras do inicio da subministración desde o novo salto de sacos,a empresa seguiu a se manter rexida por un contrato privado. sería só en1916 cando se constituiría formalmente baixo a razón social de sociedadanónima alumbrado de pontevedra y marín; como era de agardar Josériestra lópez si que ocupaba agora a presidencia do consello de admi-nistración. a evolución desta sociedade resulta precursora do posteriorproceder do marqués nos negocios industriais: colocaba algún home depalla á fronte da empresa e contaba con garantías sobre a súa propieda -de por medio de documentos privados. aquilino prieto, por exemplo, quecesou como xerente en 1903 e que finaría en 1907, recoñecía no ano1905, mesmo perante notario, que

[...] por mucho que las concesiones de salto de agua, tendido de línea […] figuren a su nombre y en nombre propio también haya figurado laprimitiva instalación a vapor y la adquisición de maquinaria y demás ma-teriales hoy existentes […] semejantes hechos en manera alguna acreditaránsu propiedad exclusiva, sino que por el contrario siempre deberá entenderseque solicitó y obtuvo dichas concesiones y ejecutó los demás actos antesrelacionados para sí y para los demás señores comparecientes…19

pero riestra sería non só un dos iniciadores da industria eléctrica engalicia senón tamén un dos seus principais investidores durante os anosdo cambio de século, a carón do caldense laureano salgado e das casasbancarias dos pastor e de olimpio pérez. no mesmo ano no que aempresa pontevedresa adquiría a concesión do salto de sacos, riestra par-ticipaba tamén noutra iniciativa relacionada co sector, a creación da pri-meira empresa galega dedicada á fabricación de carburo de calcio:laforet y Compañía.20 outro enxeñeiro, o vigués ramón laforet Civida-nes, conseguira en 1898 a concesión de 2500 litros/segundo no río ver-dugo con destino á fabricación de carburo de calcio nas instalacións que

José Riestra López, marqués de Riestra 263

19 aHppo, Protocolos, Fidel gonzález, escritura do 26/09/1905.20 aHppo, Delegación de Hacienda, varios atados; Carmona e nadal (2005).

Fotografía das páxinas seguintes: Pontevedra,

antiga praza da Verdura. Aofondo pódese ver a centraleléctrica fundada por Riestra

(a fotografía de Zagala está tomada de Portfolio Galicia,

A Coruña, Pedro Ferrer editor, 1904)

Page 250: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 251: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 252: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ía construír en arcade. Incapaz de dispoñer dos recursos precisos, laforetrecorre aos banqueiros galegos e consegue a entrada no negocio do com-postelán olimpio pérez e do que desde o ano 1893 era xa marqués deriestra.

En 1897 entraría tamén na Eléctrica de la puebla, empresa quecomezaría a fornecer a nova enerxía, con medios hidráulicos, na pobrado Caramiñal dous anos despois e en ribeira desde 1904,21 e que tiñacomo titular a prudencio otero, un dos seus clásicos colaboradores. ries-tra só aparecería en escena cando en 1909, ante as carencias do servizodurante a tempada da estiaxe, houbo que solicitar a autorización paraunha central auxiliar de vapor que se situaría na praia da Freixa, no propioconcello da pobra.

aínda un chisco máis tarde —e esta vez directamente a instancia doseu cuñado Francisco de Federico— entraría o banqueiro pontevedrésna Compañía de Electricidad del arnoya.22 Esta empresa foi constituídaen madrid no ano 1901 por Francisco de Federico e por outro xa nestaaltura coñecido, luis de la peña, que serían respectivamente primeiropresidente e secretario do consello de administración. riestra entra naempresa pouco despois da súa fundación e provoca un cambio de domi-cilio cara a pontevedra para pasar finalmente a presidir o seu consello ámorte do seu cuñado, que se produce no ano 1910, logo de ser ministrode Fomento e xefe provincial do mesmo ramo en madrid.

ademais dos negocios eléctricos, José riestra entra durante os anosnoventa, nos que aínda continúa actuando como xestor da sociedadefamiliar, noutros negocios industriais. En 1892 merca un antigo almacénno barrio pontevedrés da moureira a través dos seu apoderado EulogioFonseca e establece unha fábrica de serra e carpintaría de vapor que seconverterá nunha das máis importantes industrias da madeira galegas daépoca (en 1898 ten dúas serras alternativas, 1 de cinta e 2 circulares). afábrica, que moi axiña pasará a coñecerse como fábrica da barca, incor-poraba non só, como era común neste primeiro feixe de serradoirosmecánicos que se espallan pola beiramar galega desde os anos 1880, os

21 Gaceta de Galicia, 25/11/1903.22 Carmona e EspInHa (1989).

Empresarios de Galicia 266

Page 253: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

labores de corte e preparado de táboa e táboa pequena senón tamén asegunda transformación da madeira; se a isto lle engadimos que os ries-tra eran propietarios de amplas extensións de monte de madeira, estaaposta significaba que o negocio madeireiro do que axiña sería marquésera o máis integrado de cantos existían en galicia.

a terceira actividade industrial na que entraría José riestra sería a dafabricación de ladrillos e tellas para a construción. a fábrica de cerámicada Caeira comezaría a funcionar no ano 1895 e salientaría moi axiñapolo seu esforzo en utilizar os medios mecánicos precisos para competircos produtores valencianos que dominaban este mercado. á fronte dafábrica —que contaba cunha maxestosa cheminea de 40 metros— situouaxiña o enxeñeiro Enrique de rojas que patentou dous fornos continuosque contra 1915 eran quen de cocer 2500 pezas por hora, unha canti-dade sobresaínte para aquel momento. as materias primas, arxilas e cao-lín, chegaban por mar desde noalla e dena. naquela altura, cando unhacomisión de enxeñeiros militares percorreu galicia para estudar as súaspotencialidades como fornecedora industrial no caso dunha posiblemobilización militar, referíronse á fábrica da Caeira como a única engalicia «que merece citarse por la perfección de su maquinaria y dispo-ner de elementos que le permiten la competencia con los productoresvalencianos»23. a fábrica da Caeira foi tamén a primeira en producir engalicia ladrillos refractarios desde o peche dos fornos de sargadelos nadécada de 1870.

dentro dos negocios non industriais riestra estenderá os seus tentáculoscara ás actividades marítimas e cara á mellora do transporte na beira daría pontevedresa. na primeira destas liñas entraría no negocio do transportede emigrantes galegos a américa. así converterase en 1889 en axente paramarín e pontevedra da Compagnie Française des messageries maritimes.E dentro tamén dos negocios marítimos formará parte en 1896 do lloydgallego, unha compañía aseguradora, que concedía hipotecas navaissobre os buques de pesca que se comprometeran a se aseguraren nela.nesta empresa participaban tamén José barreras massó, os irmáns gaspar

23 «memoria presentada como consecuencia del recorrido verificado por las cuatroprovincias de galicia . 1918-1919», en archivo general militar. segovia, terceira sección,división primeira, atado 32, p. 66.

José Riestra López, marqués de Riestra 267

Fotografía das páxinas seguintes: A Caeira (FondoGráfico do Arquivo da Excma.

Deputación Provincial de Pontevedra)

Page 254: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 268

e salvador massó, os consignatarios vi-gueses Fernando e antonio Conde, e Es-tanislao durán. o lloyd tería unha vidacurta e cesaría na súa actividade en 1899.

Igualmente participou riestra naconstrución do tranvía de vapor entrepontevedra e marín que adquiriron porconcesión no ano 1887 prudencio oteroe Carlos gastañaduy. do mesmo xeitoque aconteceu con outros dos negociosde riestra, este non apareceu formal-mente ata vinte anos despois, cando pru-dencio e os herdeiros de gastañaduy llestransfiren a concesión a el mesmo, a ale-jandro mon y landa e ao fabricante deconservas de bueu gaspar massó Ferrer,co que o marqués tiña unha estreita re-lación. a sociedade entre os riestra e osmassó manterá durante outros dez anosen funcionamento o lentísimo tranvíaque mereceu caricaturas de Castelao ecomentarios choqueiros de WenceslaoFernández Flórez.

Finalmente, e nos anos noventa,riestra participará en dous grandes pro-xectos industriais en sectores completa-mente diferentes, que recolleron idénticofracaso. o primeiro deles foi no ano 1897o de la molinera gallega, unha especta -cular fábrica de fariñas situada na actualrúa viguesa de sanjurjo badía. riestrafoi —a carón de Eugenio montero ríos,raimundo Fernández villaverde, gasparmassó e os herdeiros de tapias— un dosprincipais accionistas, que baixo a direc-ción de Ceferino l. maestú, promoveron

Page 255: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José Riestra López, marqués de Riestra 269

Page 256: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

24 aHbE, atado 27-29.

Empresarios de Galicia 270

esta empresa que acabaría pechando no ano 1909 tras unha importanteacumulación de perdas.

o segundo proxecto fracasado foi o da sociedade anónima azucareragallega, unha das dúas empresas que trataron de establecer en galicia afabricación de azucre de remolacha e á que se fai ampla referencia nabiografía de laureano salgado neste mesmo volume. riestra foi un dospromotores da idea pero finalmente non aparece entre os seus accionis-tas, sen que sexa posible saber se é que realmente non está alí ou se estáa través do capitalista —e ás veces home de palla— caldense.

nestes últimos negocios José riestra lópez actuaba xa en nome pro-pio, e non a nome da antiga sociedade familiar Francisco a. riestra, poiso pasamento da súa nai, micaela lópez, no ano 1898 provocara a distri-bución da herdanza. de resultas desta división, Francisco quedara coadelegación provincial para o cobro das contribucións, e en xeral, cos nego-cios máis relacionados coa xestión das rendas pública, mentres que Josécontinuaría coa casa de banca e cos negocios industriais que el mesmoemprendera nos anos anteriores a nome da sociedade. Francisco desem-peñaría ademais o cargo de director da sucursal do banco de España envigo (1887-1890), en ourense (1891-1893) e, finalmente, en pontevedra(1893-1908).24 deste xeito, e a partir de 1893, os irmáns riestra non sócontrolaban a principal casa bancaria pontevedresa, senón tamén a sucur-sal do banco de España. tiñan, xa que logo, o práctico monopolio daactividade bancaria.

O marqués de Riestra e A Toxa

unha das máis coñecidas actividades empresariais de José riestra foia súa implicación na promoción do complexo balneario da toxa. odaquela xa marqués de riestra foi non só un dos fundadores da sociedadeanónima que modernizou o balneario e construíu o gran Hotel e a fábricade xabóns senón que mantivo o cargo de presidente do seu consello deadministración durante case vinte anos, o que é dicir desde practicamenteo comezo das actividades da empresa ata o seu pasamento en 1923.

Page 257: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José Riestra López, marqués de Riestra 271

a explotación comercial das augas da toxa comezara xa contra o ano1841, cando dous importantes empresarios da área de santiago de Com-postela e vilagarcía de arousa —luis de la riva e ramón Francisco pi-ñeiro— formaron sociedade cos propietarios do soar da porca morta (Fran-cisco otero e ambrosio seoane), onde estaban situados os mananciaisque daquela se utilizaban. os dous propietarios achegaban o terreo e oscapitalistas os 70.000 reais precisos para a construción do balneario quese ergueu nos anos seguintes. á morte dos propietarios e dos socios capi-talistas foise dividindo a propiedade, o que unido aos diversos preitos quesobre ela se estableceron, provocou a deterioración das instalacións, que foron quedando semiabandonadas ata que en 1880 un dos parceiros—luis mestre— arrendou en subhasta xudicial os dereitos dos outros pro-pietarios e púxose á fronte do antigo balneario.25

malia o esforzo de mestre, o balneario seguiu a ter una cativa impor-tancia fronte ás que seguían a ser as principais estacións balnearias galegas,isto é, as tradicionais de Cuntis, Caldelas de tui, Caldas de reis e a emer-xente de mondariz. no ano 1887 o gobernador civil de pontevedra publicaunhas estatísticas dos enfermos que asistían a cada un dos balnearios daprovincia. a toxa fora naquel ano visitada por só 140 enfermos fronte aoscase 1700 da primeira das citadas, ou os 996 de mondariz.26 parte impor-tante deste pequeno número de visitas explicábase pola falta de instalaciónse polo escaso coidado que se lle prestaba á hixiene daquelas. as autoridadestrataron de forzar melloras nas instalacións en varias ocasións, o que seviu impedido pola falta de acordo entre os copropietarios, situación querematou con incautación por parte do gobernador civil do balneario e detodas as súas dependencias por orde do 23/07/1899.27

Esta incautación deu lugar a moita polémica xa que algúns xornaisacusaron o gobernador de incautar o balneario precipitadamente sen seaxustar a dereito co obxectivo de favorecer a transmisión dunha «propie-dad codiciada por muchos, principalmente por el caciquismo»,28 nunhaclara alusión ao marqués de riestra.

25 El Regional, 12/08/1900.26 sartHou (1888: 16).27 pErEIra (2005).28 El Regional, 11/08/1900 e 12/08/1900.

Page 258: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Foi no medio desta confusión posesoria na que o marqués de riestradexergou a posibilidade de converter a toxa nun centro balneario de ele-vada categoría, que combinase a actividade hostaleira co embotellado dassúas augas, tal como se estaba xa a facer en mondariz, onde en 1898 foraxa inaugurado un gran Hotel, que estaba a transformar o perfil dos sea-reiros das súas augas. riestra encargaralle ao seu apoderado xeral —Eulo-gio Fonseca— que inicie a compra duns terreos nos que se localizabanmananciais ata aquela non utilizados. para estes efectos trataría con aque-les que se alegaban propietarios, unha tarefa que o fiel Fonseca comezaxa no ano 1898, coa compra a manuel botana da leira denominada xun-cal de louxo, na que existían dous deles, e que continuará durante osdous anos seguintes. unha vez pechadas as compras, Fonseca presentaráa finais do mesmo ano un proxecto de balneario moderno que incluía unhotel e diversos elementos adxectivos; esta petición ía acompañada da soli-citude de expropiación dun perímetro de 450.000 m2, así coma da am -pliación da tempada de baños para garantir unha mellor amortizacióndos investimentos. a proposta de Fonseca será aprobada na maioría dosseus extremos por ro do 26 de febreiro de 1902, incluíndo a construcióndo novo e fastoso balneario.

pero Fonseca e riestra non eran os únicos que tiñan plans para a toxa. o capitalista caldense laureano salgado, aliado co farmacéuticoFernando rodríguez porrero, comezaron tamén xestións para partici -par no futuro da illa. valéndose da excelente relación que salgado tiñacon Jaime solá mestre, editor de Vida Gallega, os dous socios mercaran-lle á nai deste último, as pertenzas —igualmente polémicas— herdadasde luis mestre sobre os mananciais situados en porca morta, así comaalgunhas outras propiedades limítrofes. salgado pagará en varios casoscon accións da Electra popular de vigo y redondela e dunha futura so -ciedade anónima la toja. deste xeito, no ano 1903 aparecen dúas em -presas distintas que tratarán de mellorar e facer rendible a explotación dopotencial turístico da illa, a dirixida por laureano salgado e o seu sociofarmacéutico, denominada simplemente la toja, xa que viña a explotaro xa tradicional balneario e instalacións do lugar de porca morta; e outraque adoptou a denominación de nueva toja, nas mans do marqués deriestra, que no xuncal de louxo pretendía erguer un novo e luxoso bal-neario e hotel.

272Empresarios de Galicia

Page 259: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

273José Riestra López, marqués de Riestra

Estes dous grupos empresariais deciden finalmente asociarse e consti-túen no mesmo ano 1903 a que sería sociedade anónima la toja,29 com-pañía que protagonizaría unha nova xeira que convertería a illa nun centro

29 aHppo, Protocolos, garcía Escudero, 07/04/ 1903.

(Fondo Gráfico do Arquivo daExcma. Deputación Provincial

de Pontevedra)

Page 260: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

turístico selecto e elegante. laureano salgado e rodríguez porrero ache-gan á nova sociedade anónima «los manantiales, edificio y terrenos corres-pondientes al balneario actualmente en explotación» a cambio do quereciben 1.550.000 pesetas en accións liberadas, mentres que a contribu-ción de Eulogio Fonseca dos «manantiales nuevamente alumbrados» évalorada en duascentas mil pesetas menos. o resto do capital ata os seismillóns no que se establece este debería ser desembolsado en metálico; e aprimeira emisión sería de 1.100.000 pesetas. Eulogio Fonseca, que se com-prometía a subscribir e a desembolsar o importe desta primeira emisión,facíao coa garantía do que pasaba a se converter no home forte da empresa,e que aparecía por vez primeira con nome e apelidos no proceso: José ries-tra lópez. a suma das súas accións liberadas e as desembolsadas dában -lle ao marqués o control da empresa, da que moi axiña, tras un breve perío-do inicial no que o cargo foi ocupado polo capitalista coruñés Juan mesa,pasaría a ser presidente, un cargo que mantería ata o final da súa vida.30

a nova empresa ocupouse axiña de levar a cabo o proxecto do granHotel, cousa que fixo con fondos alleos na súa maior parte fornecidospola rede bancaria dos riestra. a súa escintilante inauguración no ano1908 fixo evidente a necesidade dunha ponte que lles permitiría acadara illa con comodidade aos futuros seareiros das instalacións, un avanceeste último que foi aberto ao público no ano 1910.31

a carón da actividade turística, a empresa incluía nos seus plans aconstrución dunha fábrica de xabón e sales de baño que comezaría a fun-cionar no ano 1905, cun propósito netamente exportador.32 Con este fina empresa negocia diversas concesións en exclusiva para Inglaterra, ar-xentina e outros países latinoamericanos, e comeza unha importante cam-paña publicitaria tanto nestes destinos coma no propio mercado interior.la toja, como en xeral as empresas do sector de coidados persoais noutraslatitudes, foi unha das pioneiras no deseño publicitario en galicia.

30 s.a. la toja, Memorias.31 moitos destes eventos aos que nos referimos poden ser seguidos pola prensa da

época dixitalizada na páxina web do Centro superior bibliotecario de galicia, polo queomitimos a maior parte das citas e nos remitimos a aquela fonte.

32 s.a. la toja, Memorias.

Empresarios de Galicia 274

Page 261: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José Riestra López, marqués de Riestra 275

os resultados económicos do complexo de la toja nunca responde-ron ás expectativas dos socios e o capital social nunca se chegou a desem-bolsar na súa totalidade, de xeito que en 1914, nunha situación moidifícil polo efecto negativo que tiveron nas cifras de visitantes a epidemiade tifo que se deu nese ano en vigo e o estouro da primeira gran guerra,foi preciso reducir o capital ás cifras subscritas no momento da constitu-ción da empresa. dito doutro xeito, o único que puxera diñeiro metálicoen la toja fora José riestra lópez. Que por outra parte era o que submi-nistraba crédito a través da súa propia casa bancaria e da sucursal dobanco de España en pontevedra.33 la toja foi, xa que logo, unha apostapersoal e económica do marqués de riestra, que, tras do glamour dasilustres personalidades visitantes, non lle causou máis ca problemas.Comprometido el e os seus sucesores na supervivencia do complexo dailla, remataría por ser este compromiso unha das causas da caída da casaa comezos dos anos 1930.

é posible que os resultados turísticos de la toja fosen outros se a illapuidese contar co apoio promocional dunha das iniciativas coas queriestra e outros interesados trataron de reforzar naqueles anos o turismode toda a beiramar das rías baixas: a cesión ao rei afonso xIII da illa deCortegada co obxectivo de que este establecese alí un palacio destinadoao gozo dos seus ocios estivais. un grupo de prohomes da provincia, entreos que se contaban daniel poyán, laureano salgado e o propio riestra,promoveron no ano 1907 unha campaña de recadación de fondos para aadquisición da illa, que logo lle sería cedida ao soberano. pero nin oscidadáns pontevedreses pensaron que o veraneo do monarca fora cousaque deberan financiar eles nin os propietarios da illa tampouco. Conqueo custo da adquisición se disparaba e as expectativas de achegar recursospara a compra esvaíanse. o marqués de riestra adiantou o diñeiro, enparte con recursos propios e noutra cos da sucursal do banco de Españaen pontevedra, da que era director o seu irmán Francisco. En xullo de1910 asinouse finalmente o contrato de cesión da illa á Casa real, pre-

33 a finais de 1914, e sobre un balance que ascendía a 4,6 millóns de pesetas, o saldodebedor coa casa bancaria dos riestra superaba o millón, mentres que o que tiña coa sucur-sal do banco de España era de 750.000 pesetas. Cfr. s. a. la toja, Memoria 1914.

Page 262: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 276

sentábanse como testemuñas o ministro de Facenda e os marqueses deviana e de riestra. daquela xa estaban claros todos os detalles do futurode Cortegada: a ponte que uniría a illa co porto de Carril estaba proxec-tada desde 1907, as canteiras do monte xiabre fornecerían o perpiaño, oarquitecto ripollés deseñaría o palacio. o único que faltaba era a von-tade do monarca de distraer alí os seus ocios. mágoa que polo camiño secruzase unha oferta desde santander, a do palacio situado na penínsulada magdalena. nin salgado —que tiña un fastoso proxecto de urbaniza-ción de toda a beiramar de Carril a vilagarcía de arousa— nin riestraque contaba con que a residencia estival do rei lle dera pulo ao negocioda toxa, puideron ver cumpridos os seus soños. para este último máisben o soño mudou nun pesadelo que se mantivo nos seus balances, e nosda sucursal pontevedresa do banco de España, durante varios lustros.

o compromiso con la toja e a súa intensa dedicación política mode-raron a partir daquel momento a entrada de riestra en novos negocios emesmo o inclinaron a irlles cedendo protagonismo aos seus fillos. aúltima e importante iniciativa industrial na que el mesmo estivo involu-crado foi a adquisición dunha fábrica de conservas situada en Cantoarea-marín, que quebrara durante a crise sardiñeira de 1909-1912. nesteúltimo ano faise cargo riestra dela e sitúa á súa fronte ao seu fillo vicente,que era enxeñeiro industrial, e mais a remigio Hevia, antigo fabrican -te, que se encargaba da parte comercial.34 riestra achega o capital preci-so para o seu relanzamento de xeito que no verán daquel ano empregabaxa 200 mulleres e 80 homes e, baixo a nova denominación de Conservasla Caeyra, e coas marcas la Caeyra, riestra, El Carro e puente sampayo,comezaba de novo a súa andaina exportadora. nos anos da primeira gue-rra mundial a fábrica marinense estaba xa situada no grupo das cincomaiores conserveiras galegas.

34 La Libertad, 25/07/1912.

Page 263: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Morte e sucesión do señor da Caeira

dos sete fillos que tivera con maría Calderón y ozores, tres desapa-receran antes ca el. a única muller, maría do Carmo, morrera xa de nenano ano 1910. a gripe deu cabo con santiago, o descendente destinado ase ocupar da póla bancaria do negocio familiar, finado no mes de decembrode 1919, cando pasaba unha tempada na residencia madrileña dos seuspais, situada na avenida de peñalver, na que estes últimos demoraban da-quela algunhas tempadas. José luis finou aos poucos meses do seu irmánsantiago. dos catro restantes, raimundo, vicente, Francisco e Ignacio,os dous primeiros, avogado e enxeñeiro respectivamente, xa comezarantamén en vida do pai a seguir as súas pegadas na política e na empresa.ambos foran xa deputados e, ademais de participar nos negocios da familia,actuaran tamén algunhas veces por conta propia nalgúns outros nos eidosda madeira, da navegación ou das contratas de ferrocarrís.

baixo o efecto do suicidio do seu sobriño José riestra mon, fillo doseu irmán Francisco, e da morte de santiago, o marqués de riestra decideaos poucos días deste último suceso, en xaneiro do ano 1920, realizar tes-tamento. simultaneamente decide converter a casa de banca nunha so-ciedade colectiva na que participarían os seus catro fillos daquela maioresde idade e que adoptaría a denominación de riestra y Compañía. o restodos bens quedarían simplemente como parte da herdanza e suxeitos ásdisposicións do propio testamento.

o marqués de riestra finou na súa casa da rúa michelena o día 17 dexaneiro de 1923. deixaba un amplo patrimonio inmobiliario e un impor-tante emporio empresarial. pero finaba precisamente no momento noque a súa pervivencia precisaba máis da súa experiencia e do seu mundode relacións e influencias. porque o señor da Caeira desaparecía nunmomento moi difícil, o da crise dos negocios bancarios e navieiros e deinestabilidade monetaria dos primeiros anos vinte, que nos meses ante-riores ao seu pasamento xa arrastrara á quebra a tres casas bancarias gale-gas, a ourensá de pedro romero y Hermanos, a compostelá de pérez y deandrés e a de Hijos de Francisco deza, de vilagarcía de arousa.

a casa bancaria dos riestra, que tivera unha menor participación nosnegocios especulativos da xeira da primeira guerra mundial do que astres citadas, saíu relativamente airosa da crise, pero aos problemas desta

José Riestra López, marqués de Riestra 277

Page 264: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

sumáronse moi axiña outros, como por exemplo o xa crónico da empresala toja, que se convertería nunha das probablemente máis importantescausas do devalo da casa familiar. raimundo, o vinculeiro e herdeiro dotítulo nobiliario, e o seu irmán vicente, continuaron a tradición paternade compromiso coa promoción da illa. pero á morte de José riestra ascousas estaban na toxa non moi avanzadas en relación co momento noque se reducira o capital. nesta situación, o xerente da empresa, que eradaquela o enxeñeiro vigués rafael sáenz díez, e os irmáns raimundo evicente desenvolveron contra 1926 un ambicioso plan de ampliación dafábrica de sales e xabóns e de mellora das instalacións balnearias, para oque comezaron por reestruturar e consolidar a débeda da empresa asícoma a emitir obrigas hipotecarias por un importe que máis que triplicabao capital desembolsado. o resultado desta emisión debería permitir nonsó a devandita reestruturación senón tamén financiar as ampliacións. oresultado da emisión foi unha vez máis decepcionante e así os pontevedre -ses víronse forzados a subscribir a maior parte da nova débeda de maneiraque aumentou aínda máis a implicación dos riestra en la toja.35

pero a situación nos mercados da empresa non foi canda os plans daterceira xeración dos riestra. as vendas de xabóns no seu principal mercado,que era o arxentino, derrubáronse nos anos seguintes. dunha banda porproblemas cos seus distribuidores; doutra porque ata mediados dos anosvinte la toja era practicamente o único xabón de toucador de certa ca-lidade a un prezo accesible que se distribuía no país latinoamericano.pero foi precisamente daquela, cando entraron no mercado arxentino di-versos xabóns ingleses e norteamericanos de características semellantes ea prezo moi inferior. axiña chegaría a crise económica internacional e asuspensión dos envíos. a casa riestra trata de cambiar de estratexia, dechegar a acordos para fabricar os seus produtos (xabóns, sales de baño...)en arxentina, en méxico e mesmo en Inglaterra, xunto con socios locais.pero todo resulta en van. no ano 1930 a sociedade presenta enormesstocks, importantes problemas de liquidez e un forte endebedamento.

a mesma actitude de salto cara adiante que adoptaron os sucesoresverbo da la toja, tomárona tamén co problema do tranvía de pontevedra

278Empresarios de Galicia

35 s. a. la toja, Memorias.

Page 265: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a marín. ante a penosa situación do tranvía de vapor, vicente riestra,que era enxeñeiro industrial, presentara xa en 1917 un proxecto de elec-trificación da liña, que se adiara indefinidamente. precisamente en 1922,cando xa a crise bancaria levara por diante algunhas casas galegas, os ries-tra animan a constitución da Compañía de tranvías Eléctricos de pon-tevedra, na que participan tamén gaspar massó, secundino rocafort,benito Corbal, Estanislao durán, narciso nores e outros. a nova em -presa, encargaríase do tendido e da explotación do novo tranvía eléctrico,que, ademais da tradicional conexión con marín, incluirá un percorridopola cidade do lérez.36 o novo tranvía comezaría a funcionar no ano1925, con vicente riestra á fronte do consello de administración, preci-samente nun momento no que a desaparición da sardiña nas rías estabaeivando a actividade e os resultados dos negocios de peixe, conservas emadeira, que eran os que deberían alimentar o tráfico entre marín e acidade do teucro.

a ampliación de la toja e a transformación do tranvía non foron entodo caso as únicas actividades novas nas que se embarcaron os irmánsdurante a difícil situación dos anos vinte. raimundo entrara na constru-ción das plataformas dos peiraos de mercadorías da estación de Canfrance noutras obras públicas e vicente, por exemplo, nunha vangardistasociedade anónima destinada á fabricación de lámpadas incandescentesestablecida en Iria Flavia baixo a dirección de Estanislao pérez artime,que tivo nos anos finais dos vinte unha xeira de fortes perdas.

Cuns negocios tradicionais que non xeraban recursos, pois a conserveirade marín, a fábrica da barca e a cerámica atravesaban unha situacióndifícil, embarcados en ampliacións e novos investimentos e fortementeendebedados, a crise de 1929, que afogou o capital das remesas da emi-gración, foi o último contratempo para o imperio económico dos sucesoresdo señor da Caeira.

para evitar unha situación comprometida, os riestra manteñen nego-ciacións co banco pastor, unhas negociacións que conducirán a un acor -do asinado en xullo de 1932, polo que a entidade coruñesa pasará a in -tervir os seus negocios. pedro barrié de la maza faise cargo da execución,

279José Riestra López, marqués de Riestra

36 tranvías Eléctricos de pontevedra, Memorias.

Page 266: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 280

organizada e discreta, do que en realidade era unha cesión dos principaisactivos industriais da casa pontevedresa. riestra y Compañía abandona a actividade bancaria xa no propio ano 1932. raimundo riestra dimiteda presidencia do consello de administración de la toja na xunta xeralde accionistas de 1933 e é substituído xa na mesma sesión no seu cargopolo daquela novo financeiro coruñés. poucos meses máis tarde, o día 4de decembro de 1933, os riestra agrupan os seus principais negociosindustriais, a fábrica de cerámica da Caeira e a fábrica de conservas demarín, nun hólding denominado Industrias gallegas. pero cando dousdías despois se forme o primeiro consello de administración, o presidentexa non é ningún deles, senón o propio pedro barrié de la maza, que sefacía co control dunha plataforma que se convertería pouco despoisnunha peza mestra da súa posterior estratexia industrial.

os irmáns riestra continuarán a partir daquel momento con carrei-ras políticas e administrativas e manterán algunhas posicións no sectoreléctrico, como resultado da absorción en 1928 —mediante un inter-cambio de accións— da Eléctrica de pontevedra-marín pola sociedadgeneral gallega de Electricidad. Como consecuencia desa absorción,vicente ocupará un posto no consello da que sería a principal eléctricagalega. Igualmente manterán a presidencia de tranvías de pontevedra epostos de relevancia en Industrias gallegas e nalgunhas outras empresas.ademais volverán administrar rendas públicas, desfacendo en certo sen-tido o camiño andado polo seu pai de tránsito desde as rendas públicascara á industria, e mesmo seguirán mantendo unha presenza pública esocial importante na pontevedra da primeira posguerra civil, onde porexemplo apoian decisivamente o museo de pontevedra. pero desde queen 1932 comeza o desmantelamento dos negocios que erguera o pri-meiro marqués de riestra xa ninguén volvería dicir que a provincia depontevedra non era de España senón do señor da Caeira.

Page 267: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

FarIña Jamardo, x., e m. pErEIra FIguE-roa (1986): A deputación de Pontevedra1836-1986. pontevedra, Excma. depu-tación provincial de pontevedra.

landín tobío, p. (1949): De mi viejo car-net, vol. I, pontevedra.

pErEIra FErnándEz, x. m. (2005): «latoja, desde finales del siglo xIx, hastasu constitución en sociedad anónima,según la prensa», Nodales.

rIEstra dEl moral, a. (1968): «la familiariestra en la vida pontevedresa», Museode Pontevedra, xxII, p. 41-48.

sartHou, r. (1888): Memoria redactada encumplimiento del art. 26 de la Ley Pro-vincial vigente, pontevedra.

taboada mourE, p. (1987): Las elites y elpoder político. Elecciones en Pontevedra(1836-1923), pontevedra, Excma. de-putación provincial de pontevedra.

José Riestra López, marqués de Riestra 281

Bibliografía

artIaga rEgo, a. (1891): A desamortizaciónna provincia de Pontevedra (1855-1900),pontevedra, Excma. deputación provin-cial de pontevedra.

Carmona, x., e J. pEna EspInHa (1989): «asorigens do sector elèctrico na galiza,1888-1936», Quatro estudos de històriaeconòmica de Galiza, monogràfico núm.2 da revista Agàlia.

Carmona, x., e J. nadal (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de histo-ria, a Coruña, Fundación pedro barriéde la maza.

Castro, F. (2002): En torno ó elduaye-nismo: Reflexións sobre a política cliente-lista na provincia de Pontevedra. 1856-1879, santiago de Compostela, Institutouniversitario de Estudos e desenvolve-mento de galicia (IdEga).

durán, J. a. (1977): Agrarismo y moviliza-ción campesina en el país gallego (1875-1912), madrid, siglo xxI.

Page 268: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1854-1940

CASIMIRO GÓMEZ COBAS

Page 269: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1 lEvI (1989).

FEITO EN COIRO. O MITO DO INDIANO QUE CHEGOU A TER A MAIOR EMPRESA CURTIDORA DO MUNDO

Graciela Blancouniversidad nacional del ComahueConsejo nacional de Investigaciones Científicas y técnicas, arxentina

Esta é sen dúbida unha historia singular, a dun inmigrante galegoque chegou a arxentina na segunda metade do século xIx sen recursos eacadou o éxito económico e social en poucos anos. pero é tamén, ase-made, a historia dun país en pleno proceso de organización nacional, deconformación e consolidación das súas institucións e de desenvolve-mento dunha economía de carácter esencialmente agropecuario, cunhaindustria incipiente. daquela, trátase dunha primeira aproximación ábiografía dun individuo e á súa vez á do contexto económico e social noque interactúa.1

moitos parecen ser os ámbitos nos cales a participación de Casimirogómez adquiriu relevancia. porén, pouco é o que se coñece. unha vezdespexadas as xeneralidades que os breves textos verbo da súa vida repro-ducen unha e outra vez, o intento por afondar en cada un dos aspectosdesta volveuse particularmente difícil. segundo se avanzou na procura,moitas foron as interrogantes abertas e limitadas as respostas acadadas. épor iso que este estudo brinda unha imaxe aínda fragmentaria —peronon por iso menos rica— da traxectoria deste inmigrante e empresariogalego.

Page 270: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

2 Castro lópEz (1898); raonE (2004).3 sabato (1998).

Empresarios de Galicia 284

A temperá partida cara a un mundo de promesas

Casimiro gómez Cobas naceu en viascón, parroquia de Cotobade,provincia de pontevedra, no ano 1854, en momentos nos que galicia eraescenario dun dos frecuentes períodos de fame que a desolaban. Fillodunha familia de labregos que sobrevivían con esforzo e sacrificio nomarco dunha economía basicamente agraria, Casimiro sentiu admira-ción desde moi cedo polo seu tío Fidel —irmán do seu pai benito— queemigrara a américa. sen dúbida, esas afastadas terras espertaban a imaxi-nación do mozo Casimiro e levárono a tomar unha importante decisión:a de emigrar. En 1867 e con só 13 anos, partiu con rumbo ao sur do con-tinente americano. segundo algunhas fontes dirixiuse primeiro a brasil,en tanto outras afirman que chegou a montevideo, en uruguai, onde tra-ballou en distintos comercios. sexa como for, a súa intención parece quefoi a de chegar a arxentina, onde residía o seu parente.2

Eran eses anos de intensa efervescencia política e económica no país.Estaba chegando á súa fin o goberno de bartolomé mitre e preanunciá-base a candidatura á presidencia de domingo Faustino sarmiento. áresistencia dalgúns caudillos do interior ao proceso de organización doEstado central baixo a hexemonía porteña iniciado uns anos antes, sumá-base a longa e sanguenta guerra co paraguai. a cidade de bos aires come-zaba a ser escenario dun intenso desenvolvemento da vida pública e daactividade asociativa, que incluía desde clubs de inmigrantes e socieda-des de axuda mutua —como a sociedad Española de socorros mutuoscreada en 1857— ata núcleos políticos e asembleas masónicas, xerándoseunha importante rede de relacións e unha cultura da mobilización,como formas colectivas de presión e expresión da sociedade porteña.3

así mesmo, o proceso de expansión capitalista de arxentina atopá-base transitando a súa plenitude. a rexión pampeana —centralmente asprovincias de bos aires, Córdoba e santa Fe— era o epicentro da produ-ción gandeira, ovina e vacúa, e dunha incipiente agricultura cerealeira.varias correntes migratorias atopaban no ámbito rural e na cidade por-

Page 271: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

teña o espazo no cal se asentar, dando lugar a unha poboación heteroxé-nea, dinámica e en continua transformación. Era, en síntese, un períodode fortes tensións, inestabilidade e incerteza, pero tamén de oportunida-des, con importantes posibilidades de mobilidade social ascendente nuncontexto de crecemento económico e de modernización.

nese contexto, Casimiro gómez iniciou as súas actividades nacidade de bos aires como mozo nunha modesta tenda de talabartaría pro-piedade do catalán agustín palmés, na que axiña comezaría a aprendi-zaxe do oficio. Esta actividade —que usaba insumos gandeiros— eraunha rama da industria que xa contaba para a segunda metade do séculoxIx cun importante desenvolvemento polo cal os establecementos —simi-lares aos europeos— lograron desprazar as importacións. os curtidoi -ros, en cambio, chegaron a abastecer a maior parte da demanda interna,malia que non contaban coa tecnoloxía necesaria para producir bens demaior calidade, que competisen cos coiros finos importados.

o mundo de promesas polo que Casimiro deixara a súa galicia natal,transformaríase axiña en realidade. Casado cunha filla do seu patrón, do-lores palmés, converteuse no seu home de confianza no negocio e poucomáis tarde en dono da fábrica da rúa buen orden.4 Con 21 anos comezaráun proceso de crecemento e modernización da talabartaría ao convertelanunha gran casa comercial que bautizaría como la nacional.

A talabartaría e curtidoiro La Nacional

os escritorios e almacéns de venda da talabartaría e albardaría la na-cional comezaron a funcionar en 1878 no centro da cidade, na rúa buenorden, do 143 ao 169 —logo bernardo de Irigoyen—, seguindo a lóxicaespacial doutras industrias que tendían a privilexiar na súa situación a pro-ximidade ao mercado e aos circuítos comerciais. a firma ofrecía os artigosxerais do ramo a «precios infinitamente más baratos que en ninguna otracasa», segundo rezaba unha propaganda do establecemento, ao mesmotempo que se anunciaba como «la casa más importante de sud-américa».a talabartaría ofrecía artigos de viaxe e sport, confeccións de coiro e guantes,

4 vallE pérEz (1997).

Casimiro Gómez Cobas 285

Page 272: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

5 Castro lópEz (1898); Boletín de la Unión Industrial Argentina, ano 1, núm. 1,marzo de 1887.

6 ugarteche (1927: 62).

Empresarios de Galicia 286

correas de sola impermeables para máquinas, unha variada colección enbastos, coroas, recados, sobrepostos, tiradores e todo o concernente a al-bardaría en xeral; así coma confeccións especiais de equipos militares,especialmente monturas regulamentarias para o exército.5

Isto último resulta un dato significativo, por canto o rol da firma comoprincipal provedora do exército nacional e da policía parece que poten-ciou considerablemente as posibilidades do seu crecemento. de feito, aprosperidade de certos establecementos deberíase en gran medida, poreses anos, á súa ligazón co Estado en tanto destinatario dunha porciónsignificativa da produción de talabartarías e curtidoiros. un exército, ade-mais, que en 1878 se preparaba baixo a condución do xeneral Julio argen-tino roca para emprender a campaña contra o deserto, acometida militarcontra ese espazo caracterizado como baleiro de civilización, que no nor-dés do país e no territorio patagónico era habitado polas sociedades indí-xenas que serían desaloxadas —e en gran medida exterminadas— detrásdo tan ansiado progreso.

Foi precisamente a potencialidade que o negocio ofrecía, o que levoua Casimiro gómez a adquirir unha fracción de terra nos suburbios de bosaires para instalar un establecemento de curtido que provese de insumosa talabartaría. axiña, o curtidoiro situado en parque patricios —zona demaior localización destas industrias pola súa proximidade aos matadoirosonde eran sacrificadas as reses para o consumo— transformaríase no máisimportante de bos aires. nel realizábase o curtido dos coiros en bombosmovidos por máquinas de vapor, ao mesmo tempo que se incorporabanas novas técnicas do curtido mineral —a base de sales de cromo sobretodo— que revolucionaría a industria ao permitir un curtido máis rápidoca o realizado con elementos vexetais como o quebracho e, polo tanto,incrementar notablemente as posibilidades de produción.6

segundo a estatística de talleres industriais da cidade de bos aireslevantada no ano 1889 pola unión Industrial argentina, a talabartaría deCasimiro gómez tiña un capital social de 200.000 pesos, utilizaba ao ano

Page 273: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Casimiro Gómez Cobas 287

Sección de remates da fábrica de coiros de

Casimiro Gómez, ca. 1920(cortesía da Biblioteca

Prebisch, Banco Central de la República Argentina)

Page 274: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

7 Boletín Unión Industrial Argentina, ano III, núm. 115, (05/06/1889: 2).8 rocchi (2006: 23).9 rocchi (1994: 51).

Empresarios de Galicia 288

como insumos 180.000 peles/coiros do país —do seu propio curtidoi-ro—, 440.000 kg de serraduras de quebracho, 150.000 kg de cal e 5000kg de graxa e aceite; tiña unha máquina de vapor cun motor de 4 cabalos,contaba con 120 operarios e elaboraba ao ano artigos por un valor devenda de 400.000 pesos.7 o curtidoiro, así mesmo, ía incursionar porentón na obtención de rebezos elaborados transformándose no primeiroestablecemento do país dedicado ao beneficio dese produto, cuxa prepa-ración se achegaba máis ás técnicas da peletaría fina ca ás do curtido dou-tras peles. Contra 1895 os traballadores do complexo industrial de Ca-simiro gómez eran xa 550, o que o convertía en termos de emprego naprimeira empresa arxentina do sector e unha das cinco primeiras indus-trias do país.8

para o ano 1919, bos aires transformárase de maneira impresionante.a poboación cuadriplicárase respecto de 1887 e acadara os 1.700.000habitantes; a cidade amosaba unha actividade febril que abraiaba a estran-xeiros e propios. a extensión do sistema de tranvías facilitara as comuni-cacións e con iso a expansión da cidade, coa aparición de numerososbarrios. para entón desenvolvéranse outras industrias liviás e o curtidoiro,se ben conservaba a súa importancia, non puidera incorporar a tecnoloxíanecesaria para mellorar a calidade da súa produción. En parque patricioso maior curtidoiro de bos aires continuaba sendo o de Casimiro gómez,que empregaba daquela entre 1000 e 2000 traballadores. tamén a súa ta -labartaría continuaba sendo o único establecemento grande e represen-taba un negocio ao parecer máis rendible ca o curtidoiro, sobre todo porcontar entre os seus clientes co propio Estado. a provisión ao exército eá policía de campaña facía que os produtos da firma se atopasen nasrexións máis afastadas do país, ao mesmo tempo que incidía fortemente,como se dixo, na rendibilidade da empresa.9

numerosas foron as exposicións e feiras nas que a empresa de Casi-miro gómez participou cos seus produtos ao longo da súa historia eimportantes os premios obtidos: na Exposición rural argentina e na

Page 275: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

10 Boletín de la Unión Industrial Argentina, 20 de xullo de 1903.11 ugarteche (1927: 102).

Casimiro Gómez Cobas 289

Continental de 1882; na Exposición universal de parís en 1889 e de Chi-cago en 1893; na Exposición Industrial do Centenario en 1910 e a Indus-trial de Higiene dese ano; na de roubaix en 1911, entre outras. no ano1902, por exemplo, presentouse ao evento organizado pola sociedadrural argentina —entidade corporativa creada en 1866 e representantedos intereses dos máis importantes produtores agropecuarios do país—,quen ese ano incorporou o concurso de peles, solas e charóns curtidos aotanino o con produtos minerais. a empresa, con máis de dúas décadas deexperiencia no ramo, presentouse con solas de xovenco curtidas e cilin-dradas para calzado, en cores marrón, brunido e london; monturas; estri-beiras; coiros crus, sobados e afeitados para gornicións; coiros de vaca,cervo e carpincho desflorados para sobrepostos de recados; unha colec-ción de vaquetas marroquinadas e cuadriculadas; becerros rebezos e decor e os curtidos ao cromo de cor e negro, produtos cos que obtivo variospremios e mencións.

En 1903, na súa memoria á asamblea general ordinaria de la uniónIndustrial argentina, Casimiro gómez salientaba, na súa condición depresidente da entidade, a importancia da industria de curtidos que no país«cuenta con 190 establecimientos, 6000 operarios y más de 10.000.000 depesos de capital, produce artículos al año por un valor de 20.000.000 de pesos y exporta parte de su producción».10

durante a primeira guerra mundial a firma proveu de correas e equi-pos os exércitos de Inglaterra, Francia e bélxica, ademais do exército arxentino. para mediados da década de 1920 a empresa de Casimiro gómez estaba nas mans dos seus fillos. posuía un grande edificio no nú-mero 2350 da rúa 24 de novembro da cidade de bos aires, cunha super-ficie de 20.000 m2. Fronte a este, noutro local que ocupaba un cuarto derueiro, situábanse os obradoiros de talabartaría nos que se fabricaban des -de as máis complexas correas ata artigos adaptables ás máis refinadas esi-xencias do confort, os que eran recoñecidos pola súa resistencia e po -las súas artísticas combinacións. para entón empregaban arredor de 2000traballadores.11

Page 276: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 290

Do club á Unión Industrial: a busca dunha representación colectiva

ao longo destas décadas e simultaneamente co crecemento da súaempresa, Casimiro gómez amosou unha clara intención por atopar naunidade con outros industriais o camiño para a defensa colectiva dos seusintereses. moi cedo, o 29 de agosto de 1875, uniuse a un grupo de per-soas con ideas e preocupacións semellantes que decidiron constituír oClub Industrial argentino en bos aires. Este xurdía co interese de inter-vir no debate que a crise económica de 1873 comezara a formular verboda posibilidade do progreso fabril, nunha economía marcada polo libre-cambio e polo modelo agroexportador, debate que, no entanto, perderíaintensidade coa pronta recuperación da economía arxentina. o paísentraba neses momentos nun auxe económico sen precedentes e o puloexportador condicionaría a industria, que comezaría a progresar por uncamiño de seu en función do notable crecemento do mercado local.

o club —segundo Jorge schvarzer— tiña lazos con dirixentes políti-cos, con membros do goberno e coa propia sociedad rural. os seus pri-meiros esforzos orientáronse á publicación dun boletín —El Industrial—e á preparación dunha exposición para dar a coñecer as súas ideas. axiñaas diferenzas nas tendencias políticas dos que formaban parte del levarona unha escisión e á constitución en 1878, por parte de empresarios críti-cos da condución do club, do que se denominou o Centro Industrial.Este último —do que Casimiro gómez foi socio fundador e vicepresi-dente— iniciou un plan de conxunto para publicitar a industria nacionale participou na Exposición Internacional de parís, ao mesmo tempo quexestionou ante o banco nacional e o banco de la provincia de buenosaires o outorgamento de créditos aos industriais. logo dalgúns anos decoexistencia e disputa polo espazo de representación, ambas as entidadesse fusionaron en 1887 dando lugar á creación da unión Industrial argen-tina, da que Casimiro gómez foi socio, membro da Comisión perma-nente de Industria en 1878, vogal do consello de administración anosmáis tarde e presidente entre 1901 e 1903.

a crise política e económica desencadeada en 1890, fixo dos anos queseguiron un tempo no que o réxime político debeu procurar os mecanis-mos para sobrepoñerse á crise de lexitimidade e o congreso nacional re-

Page 277: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

12 rocchi (1998: 123).

Casimiro Gómez Cobas 291

formulou o seu rol. nese contexto, a protección industrial xurdiu nova-mente como tema de debate, impulsada fortemente polos deputados demendoza e tucumán —rexións do interior arxentino nas que se desen-volveran as agroindustrias vitivinícola e azucreira— e de bos aires —ondeo crecemento das fábricas era notorio. no senado, pola súa parte, o pro-teccionismo da industria atopou un importante número de voceiros quenon respondían necesariamente a situacións rexionais.

Como membro e directivo da uIa, Casimiro gómez participou dasiniciativas para realizar un censo de establecementos industriais no anoda súa creación, da organización de varias exposicións e do debate arre-dor das medidas arancelarias formuladas polo goberno nacional. Istoúltimo levou a que en 1899, fronte á campaña instaurada polos defenso-res do librecambio, a central fabril organizara unha xuntanza coa partici-pación de miles de persoas que lles comunicou ao daquela presidenteJulio argentino roca e ao Congreso nacional a necesidade de soster aprotección da industria que se viña aplicando nos últimos quince anos.nese sentido, os gobernos arxentinos adoptaron unha posición que secoñeceu como de proteccionismo racional, idea que implicaba, nunhaactitude pragmática, a defensa de certas actividades industriais asemadeque a aceptación dos límites da economía arxentina para soster unha pro-funda industrialización no sentido dos países máis desenvolvidos.12

Como ademais de ser industrial era comerciante, gómez foi asímesmo «socio cooperador» do comité nacional de Comercio. Contra oano 1920 produciríase un feito xudicial que o involucrou —respecto doque aínda non se coñecen máis datos—, e provocou que o comité escri-bise un artigo titulado «Casimiro gómez en el Comercio, la Industria yla sociedad», co que se procuraban salientar os méritos e dar fe da vida edo comportamento deste empresario nun contexto no cal, ao parecer, secalumniaba. nese sentido, o artigo desenvolvía ao longo de varias páxinasa traxectoria seguida por Casimiro gómez desde a súa chegada ao paísen 1867 e sinalaba o seu rol de industrial progresista, comerciante ave-zado, produtor gandeiro en campos da súa propiedade, partícipe denumerosas e variadas sociedades importadoras, exportadoras, xornalísti-

Page 278: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 292

cas, inmobiliarias e industriais; ao mesmo tempo que salientaba o carác-ter filantrópico que o levou a fundar vilas, colaborar co Hospital Español,co patronato de la Infancia, entre outras institucións benéficas.

tamén —e para os efectos de dar conta do amplo mundo de relaciónsque o empresario soubo construír— se menciona a súa participación eninstitucións como a sociedad rural argentina, a unión Industrial argen-tina, a bolsa de Comercio, o Jockey Club, a sociedad Española de socorrosmutuos, o Centro gallego, o Club del progreso, a bolsa de Cereales,entre outras. sobre o final do documento incorpóranse decenas de teste-muños escritos a prol de Casimiro gómez, estendidos por entidades ban-carias, consignatarios, importadores, provedores, compañías de seguros emoitas outras firmas coas que mantiña ou mantivera relacións comerciais.

respecto disto último, cómpre sinalar que o empresario tivo actua-ción como socio e/ou membro dos estamentos directivos de empresas domáis diverso teor, o que sen dúbida incrementaba as súas ganancias perotamén os seus vínculos de relacións, e potenciaba as súas posibilidadespara facer medrar o patrimonio que construíra. Entre elas: la Fármacoargentina s. a. —fundada en 1905 en bos aires para a fabricación de pro-dutos medicinais, veterinarios e de hixiene persoal—; a sociedad anó-nima Importadora y Exportadora de la patagonia —creada en 1906 nosur do país e dedicada ao comercio retallista—, de capitais maiorita-riamente chilenos; El Diario Español; a compañía de seguros la positiva—fundada en 1896—; a Compañía nacional de transportes; a Coope-rativa telefónica; e o banco Español do río da prata, do que foi un dosseus fundadores.

A adquisición de terras e o investimento produtivo

a aprendizaxe do oficio de talabarteiro durante oito anos proporcio-noulle ao mozo Casimiro o sustento básico para a posta en marcha doobradoiro e do comercio de artigos de albardaría e talabartaría, que enpouco tempo acadaría notoria relevancia no mercado interno e externo.logo viría a incorporación do curtidoiro que proporcionaría os coiros,insumo básico para a elaboración dos artigos no obradoiro. simultánea epaulatinamente, estas actividades virían canda a adquisición de terras nasque criar o gando propio para prover de animais o curtidoiro. a diversi -

Page 279: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Casimiro Gómez Cobas 293

ficación de actividades, pero á súa vez a integración daqueles elos quecompletaban a cadea de produción, industrialización e comercializa-ción, guiaron sen dúbida o accionar empresario de Casimiro gómez.

para 1919-1920, segundo o Anuario Industrial de la Nación Argentinaeditado pola agencia bovés-benet de bos aires, o empresario talabarteiroera propietario de varias estancias: la nacional, la delicia, los prados,la marga, rincón las perlas e Chamaico. a adquisición das terras sobreas que se formaron eses establecementos foi sen dúbida un proceso gra-dual que Casimiro gómez parece que realizou maioritariamente nasdécadas de 1880-1890, en momentos nos que a expansión da fronteiraprodutiva e o réxime xurídico liberal que privilexiou o individuo e o de -reito de propiedade outorgaron o marco propicio para adquirir importan-tes extensións de terra, antes de que se producise a forte valorización eespeculación posterior.

o avance militar sobre as fronteiras internas ao comezar a década de1880 librou da presenza indíxena a zona do Chaco no norte, ao sur dasprovincias de Córdoba, san luis e mendoza, e os territorios patagónicosno sur arxentino. Consolidouse así a soberanía do Estado central sobreeses espazos. puxo así mesmo baixo o dominio fiscal millóns de hectáreaspotencialmente produtivas, que en poucos anos foron privatizadas e in-corporadas á produción baixo diversas modalidades, formas de tenza eposesión. sen dúbida, a extensa rede de relacións que Casimiro gómezconstruíra nos múltiples espazos nos que actuou —especialmente o Estado,do que era provedor— permitíronlle, igual ca a moitos outros financeiros,comerciantes, gandeiros, industriais e funcionarios políticos, contar coacceso á información —e seguramente ao crédito— para aproveitar asoportunidades que ofrecía a dispoñibilidade de terras nas mans do Estadonacional. dese xeito, gómez e moitos outros puideron converterse nesesanos en propietarios de importantes superficies a baixo prezo.

da disposición no espazo pampeano das estancias propiedade deCasimiro gómez, pode deducirse a lóxica produtiva e comercial coa queforon adquiridas. o establecemento la nacional —que tiña unha exten-sión de 25.000 hectáreas— situábase no suroeste da provincia de Córdoba,sobre a liña do ferrocarril de bos aires ao pacífico —hoxe general sanmartín—, que partía de bos aires e que se dirixía cara ao oeste, atravesabaCórdoba e chegaba a san Juan na área andina. o campo Chamaico, no

Page 280: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 294

nordeste da provincia da pampa, estaba asentado na liña do Ferrocarriloeste de bos aires —hoxe general sarmiento—, que une bos aires conCórdoba, a pampa, san luis e mendoza na área andina. na mesma li-ña, pero dentro da provincia de san luis, situábanse os establecemen-tos las delicias —40.000 hectáreas—, los prados —15.000 hectáreas—e la marga.

En todas estas estancias desenvolvéronse iniciativas produtivas destina -das basicamente á cría de gando vacún para prover o curtidoiro e comercia -lizar a carne, actividade que se complementaba co cultivo sobre todo dealfalfa para a alimentación dos animais, e en menor medida cereais comotrigo, liño e millo. a importante aptitude gandeira desas terras —dentrodo que constitúe a pampa Húmeda— e a súa localización en proximidadesde liñas férreas que facilitaban a comunicación coa capital do país na calestaban radicadas a talabartaría e o curtidoiro, así coma o mercadocentral para a comercializaciónda carne vacúa, resultaban sen dú -bida factores estratéxicos para odesenvolvemento do negocio.

así mesmo, e como parte deseproceso, Casimiro gómez dooudistintas superficies para fundarvilas e construír edificios públicosnas áreas onde se situaban as súasestancias. deste xeito, creáronseas vilas la nacional e Ingenieromalman no suroeste de Córdoba;Chamaico no noroeste da pam -pa; e nueva galia, Casimiro gó-mez, la maroma e unión no surde san luis.

Page 281: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

13 blanco (2002), cap. Iv.

Casimiro Gómez Cobas 295

O negocio inmobiliario en Neuquén

tratamento separado require a superficie que Casimiro gómez ad-quiriu no territorio de neuquén, no norte da patagonia e na liña do Fe-rrocarril sud —hoxe general roca— que une a rexión con bos aires.Esas terras no vértice oriental de neuquén —logo de ser desaloxada a so-ciedade indíxena que as habitaba— foron postas á venda polo Estado na-cional en 1885 mediante a modalidade de remate público, co fin de des-tinalas ao pastoreo e ao cultivo.

privatizáronse por ese mecanismo máis de quiñentas mil hectáreasentre só setenta e tres propietarios, que concorreron ao remate que se reali-zou na cidade de bos aires, a máis de mil douscentos quilómetros darexión e en momentos nos que o ferrocarril aínda non arribara a ela. o des-coñecemento dos terreos rematados —situados nunha área de meseta con

poucas chuvias e escasas aptitudespastorís— fixo que para finais doséculo xIx só un 5% dos lotes rema-tados se ocupasen. xusto despois da chegada do ferrocarril en 1902,do traslado da capital do territoriodesde Chos malal a neuquén en1904 e do desenvolvemento de ca -miños e obras de regadío, produci -ríase a valorización desas terras e o aumento da súa demanda. moi-tos dos lotes orixinalmente adquiri-dos fóronlles transferidos a outroscompradores, xeralmente radicadosna capital federal, entre os que se ato-paba Casimiro gómez que se con -verteu en propietario de 11.250 hec-táreas, estremeiras en gran parte coasvías férreas.13

Page 282: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

o territorio de neuquén, desde a súa creación xurídica en 1884, tiñapor capital a cidade de Chos malal no seu extremo norte. Esa situacióntivo orixinalmente un sentido estratéxico, por canto a poboación existentenese momento —maioritariamente rural— se asentaba nas áreas andinase limítrofes con Chile e mantiña vínculos comerciais estreitos con esepaís e non coas áreas máis poboadas de arxentina, basicamente polas insu-perables dificultades que xeraba a falta dun axeitado sistema de comuni-cacións. as autoridades eran designadas polo poder central e mantiñanestreitos vínculos coa elite política de entón. no entanto, a capital cam-biaría a súa localización pouco despois.

En 1903, o novo gobernador Carlos bouquet roldán, cordobés ecuñado de Figueroa alcorta —que en 1906 sería presidente do país—comezou a planear o traslado da capital desde o norte cara ao centro-les-te do territorio, exactamente ao punto ao que un ano antes chegaran asvías do Ferrocarril sud; así iniciaríase unha lenta e gradual reorientacióndas relacións comerciais cara á área bonaerense. bouquet roldán tomoucontacto en bos aires con Casimiro gómez, amador villa abrille, eramón lópez lecube, os tres propietarios das terras situadas na confluenciados ríos neuquén e limay, onde se quería situar a nova capital. sendúbida, o máis importante deles era Casimiro gómez, que aceptou doarlleao goberno nacional unha fracción de terra para a situación da nova vila,decisión que foi imitada polos outros dous propietarios. o 12 de setembrode 1904 inaugurouse oficialmente co nome de neuquén, nun acto noque participaron o ministro do Interior Joaquín v. gonzález, o gobernadorbouquet roldán e o propio Casimiro gómez coa súa esposa, coa súa fillae co seu xenro. a complexa trama relacional que vincula estes personaxescomplétase se se ten en conta que, como membros —na súa maioría—da masonaría arxentina neses anos, compartían a mesma visión liberal eprogresista. no caso de Casimiro gómez, fora iniciado na Logia Constan -cia, núm. 7, do 26 de xuño de 1878.

dado que estas terras foran adquiridas polos mencionados propietariosalgúns anos antes e xa se coñecían as escasas condicións que presentabanpara transformarse nunha área agrícola-gandeira rendible, o camiño dasúa valorización parece ser a estratexia máis viable para recuperar o in-vestimento. neste sentido, o ferrocarril xa contribuíra a isto e a instalacióndas autoridades nacionais e da administración do territorio nese lugar au-

296Empresarios de Galicia

Page 283: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

297Casimiro Gómez Cobas

14 La Prensa, diario nacional, 20 de maio de 1904.15 Informe del jefe de la Comisión Inspectora de Tierras Domingo Castro, archivo His-

tórico provincial, neuquén, libro Copiador a, núm. 2, tomo I, 1920. a terra venderíase a 1$ antes de 1904 e a 500 $ logo desa data.

guraba un futuro promisorio. a decisión política do traslado xerou, no en-tanto, duras críticas que aludían basicamente a que se buscaba encubririntereses particulares baixo o manto do ben público.14 os propietariosdoa ron un 20% da terra —sinalaría un funcionario estatal anos máis tar -de— e conservaron o 80% restante libre de gastos de medida, coas super-ficies repartidas en lotes e considerablemente valorizadas.15

o certo é que, ademais de doar varios lotes antes e despoisdo traslado da capital para a instalación de exército, da co-misaría e do correo, Casimiro gómez organizou con lópezlecube e villa abrille a sociedad anónima nueva España,que nos anos seguintes se ocuparía da venda de lotes nosarredores da nova cidade. o seu representante na rexiónsería a firma varela, linares e Cía., integrada por Jesúsvarela —asociado de gómez noutros negocios— e manuellinares —pontevedrés, comerciante da rexión. En 1907 Ca-simiro gómez e a súa esposa doaron o terreo para a cons-trución da capela da nosa señora das dores, así nomeada

en homenaxe á esposa de Casimiro. En 1918 o directorio resolveu liquidara sociedade nueva España, situación xurídica que se alongou por corentaanos ata que en 1958, transformado o territorio neuquino en provincia, ogoberno municipal adquiriulle á sociedade as terras aínda no seu poderpara deseñar un plan de urbanización.

O retorno ao punto de partida: os investimentos en Pontevedra

unha vez que acadou o éxito económico e o prestixio social en ar-xentina, nos primeiros anos do século xx Casimiro gómez xestionou através do seu amigo e asesor persoal, o marqués de riestra, a adquisiciónno ano 1900 dunha leira en monte porreiro. Cunhas setenta hectáreas, aleira recibiu o nome de villa buenos aires e nas súas terras desenvolveuse

Page 284: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 298

Sección de remates da fábrica de coiros de Casimiro Gómez, ca. 1920 (cortesía da Biblioteca Prebisch, Banco Central de la República Argentina)

Sección de bombas da fábrica de coiros de Casimiro Gómez, ca. 1920(cortesía da Biblioteca Prebisch, Banco Central de la República Argentina)

Page 285: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Casimiro Gómez Cobas 299

unha explotación agropecuaria na que se cultivaron viñedos e froiteiras,ademais de criar gando. Casimiro e a súa familia non se limitaron a pasaralí os seus períodos vacacionais, senón que estableceron unha granxa ex-perimental, co obxectivo de contribuír á difusión dos avances agrícolas epecuarios en galicia. ao cargo desta actividade estivo primeiro o seucuñado José palmés, que foi destacado fundador da liga antigermánicapontevedresa en 1917, e desde o seu falecemento en 1924 o seu xenro

Francisco Hermida, casado con Isi-dora gómez. a granxa de monteporreiro especializaríase desde me-diados dos anos 1920 na venda deaves de razas selectas e ovos paraincubar, incubadoras, fariñas depeixe e outros elementos necesariospara o desenvolvemento de avicul-tura. a granxa de monte porreiroactuou tamén como viveiro de se-mente seleccionada de piñeiros eeucaliptos e contribuíu así ás repo-boacións forestais da primeira es-pecie indicada que se estaban rea-lizando daquela na provincia.

dentro da mesma propiedadeproxectou tamén Casimiro a crea-ción dun balneario na marxe es-querda do río lérez. En 1904 ob-

tivo a declaración de utilidade pública que necesitaba para poñer enmarcha a iniciativa, reorganizou toda a leira, abriu varias vías de comu-nicación para mellorar os seus accesos e realizou diversas obras de embe-lecemento para converter o novo balneario do lérez nun dos principaisde galicia. Inaugurado en 1906, axiña se convertería en centro de reunióndun importante círculo de homes ligados á política, e entre os seus visitantesestarían nos anos seguintes Canalejas ou a infanta Isabel. pero como asposibilidades de facer negocios non remataban alí, decidiu encarar o em-botellado da auga do río lérez, con propiedades minerais e medicinaisque a facían apta para o consumo. Impulsou a súa comercialización a

Page 286: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 300

través das súas empresas en bos aires, da presentación do produto a im-portantes exposicións españolas e arxentinas, e dunha intensa e enxeñosacampaña publicitaria nos medios da prensa galega na capital arxentina ena propia pontevedra, que se completaría desde 1908 coa edición dunharevista propia denominada Lérez. un deses anuncios publicitarios rezaba:«la mejor agua mineral natural de mesa recomendada por la ciencia.10.000 voltios de radiactividad, agradable, higiénica, tónica, estimulante».o efecto sobre o público consumidor foi sen dúbida o desexado, en vistasdo considerable éxito de vendas que parecía ter o produto no mercadoarxentino e galego.

resulta curioso que Casimiro gómez, que en arxentina foi funda-mentalmente un grande industrial centrase as súas actividades na demos-tración avícola ou na actividade balnearia e de embotellado, e aínda máis,porque o sector no que alí destacara máis, o curtido, tiña en galicia unhaampla tradición e mantiña nos primeiros anos do vinte unha importantepresenza. si que xogou un importante papel na fundación e no desenvol-vemento da Compañía de tranvías de pontevedra, na que entrou da mandos sucesores do que fora o seu amigo e apoderado, o primeiro marquésde riestra. a Compañía de tranvías fundouse en 1922 para substituír porun tranvía eléctrico o antigo tranvía de vapor que facía o traxecto de pon-tevedra ao porto de marín; Casimiro converterase desde o principio nundos principais investidores, a través do seu xenro Estanislao durán. Esteacadou posteriormente a vicepresidencia e en 1930 a presidencia do con-sello de administración, cando os irmáns riestra comezaron a atravesarproblemas económicos.

o seu rol de empresario foi acompañado na súa galicia natal, igualca en bos aires, pola colaboración que expresou con distintas entidadeslocais vinculadas á beneficencia, ao coidado de menores orfos e á saúdepública, asemade que tamén doou propiedades e/ou cartos para a cons-trución de obras públicas como a Escola de artes e oficios e o cuartel dagarda Civil, entre outras. a imaxe que a prensa da época dá das visitas deCasimiro gómez a pontevedra durante as dúas primeiras décadas doséculo é o máis próximo á da chegada dos reis magos. unha vez insta-lado en monte porreiro, Casimiro gómez converteuse nunha especie deconcello alternativo ao que acudían os veciños dunha rúa para que llesfinanciase o lastrado que o verdadeiro concello non podía pagar ou os

Page 287: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

16 Vida Gallega, núm. 38, 1912.

Casimiro Gómez Cobas 301

funcionarios do cárcere para pedirlle as mantas que as prisións nonpodían subministrar. no ámbito local, Casimiro gómez foi un dos quemáis contribuíron a xerar o estereotipo do indiano enriquecido favorece-dor da súa vila ou cidade de orixe.

tamén interveu Casimiro de forma filantrópica en todos os sucesosde transcendencia pública, como por exemplo cando en 1909 lle entre-gou cincuenta mil pesetas ao goberno español para auxiliar as familiasde reservistas dese país que loitaban na guerra de melilla; e colaboroutamén con quince mil botellas de auga lérez enviadas a xefes, oficiais esoldados do exército español en marrocos.

por estas accións mereceu do goberno español a Cruz do mérito erecibiu a condecoración de Isabel a Católica no grao de comendador.todo isto foi engrandecendo a súa imaxe de empresario e home de éxitoe triunfador. nunha publicación de Vida Gallega, por exemplo, incluí-ronse baixo o título «los potentados gallegos, el Excmo. sr. d. Casimirogómez en buenos aires», un conxunto de fotografías do empresario, dasúa esposa, do seu palacio na capital arxentina, do banquete que lle pro-porcionou ao propietario da revista e do último automóbil adquirido. asímesmo, nunha nota titulada «los gallegos de los millones. d. Casimirogómez en buenos aires», o cronista afirmaba que «medio buenos aires»era do empresario galego; e malia que logo recoñecía que esaxerara, rela-taba deseguido o que denominaba «la obra de adueñamiento realizadaallí por los gallegos», ao mesmo tempo que describía a la nacionalcomo «la fábrica de curtidos de talabartería mayor y mejor que hay en elmundo», nunha clara exaltación de sentimento nacionalista.16

alén da exaltación coa que o cronista describiu o camiño seguido porCasimiro gómez desde os seus inicios, cando era mozo e carecía derecursos partiu do fermoso recuncho pontevedrés para acadar o éxito conesforzo, perspicacia e clara visión do porvir de arxentina, estes últimosatributos resultan innegables. sen dúbida, Casimiro debeu deixar o seulugar natal a tan temperá idade coa firme intención de superar a reali-dade que o rodeaba. unha vez en arxentina, combinou a predisposición

Page 288: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

para aprender e a constancia no traballo, cunha particular habilidade pa-ra descifrar as oportunidades que o país poñía ao seu alcance neses anose levar adiante as accións necesarias para capitalizalas, no seu beneficio.Iso incluíu a integración de actividades relacionadas, pero tamén a diver-sificación dos seus investimentos, así coma a construción dunha ampla ecomplexa rede de relacións de carácter étnico, corporativo e político. ofeito de considerar todos eses factores e a forma na que se foron articu-lando, é o que permite achegarse a unha imaxe menos estereotipada emáis real do éxito deste empresario en particular.

pola metade da década de 1920, Casimiro gómez deixou os seusnegocios en arxentina nas mans dos fillos que continuaban alí e trasla-douse a vivir a villa buenos aires. a súa filla máis vella, dolores, residíaen vigo, xa que casara con Estanislao durán david, o consignatario daroyal mail steam packet, popularmente coñecida como a mala realInglesa, e cabeza dunha importante saga empresarial viguesa. En vigofalecería no ano 1940 Casimiro gómez, aos 86 anos de idade.

Empresarios de Galicia 302

Page 289: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

Anuario Industrial de la Nación Argentina1919-1920 (1920): bos aires, agenciabovés-benet Editores.

blanco, graciela (2002): Tierra, ganado yempresas en Neuquén. Poder público einversores privados, tese de doutoramen-to, universidad nacional de la plata,inédita.

Castro lópez, manuel (dir.) (1898): Al -manaque Gallego para 1898, ano 1, to-mo 1, bos aires, imprenta de El CorreoEspañol.

Comité nacional del Comercio: «Casi-miro gómez en el comercio, la industriay la sociedad», s/d., biblioteca prebisch,bCra.

Chueco, manuel (1886): Los pioneers de laindustria nacional, bos aires, J. peuser,dous tomos.

levi, giovanni (1989): «les usages de la bio-graphie», Annales, núm. 6, parís, EHEss,novembro e decembro.

raone, Juan mario (2004): «gómez, Casi-miro. terrateniente, industrial, dueñode la nueva España», en Elisa bECErra,(dir.): Cien actores sociales que hicieronla historia, neuquén, pp. 165-167.

rocchi, Fernando (1994): «la armonía delos opuestos: industria, importaciones yla construcción urbana de buenos airesen el período 1880-1920» en Entrepasa -dos, ano Iv, núm. 7, pp. 43-66.

— (1998): «El imperio del pragmatismo:Intereses, ideas e imágenes en la políticaindustrial del orden conservador», Anua-rio IEHS, núm. 13, pp. 99-144.

— (2006): Chimneys in the desert: indus-trialization in Argentina during the ex-port boom years, 1870-1930, stanford,stanford university press.

sabato, Hilda (1998): La política en las ca-lles. Entre el voto y la movilización. Bue-nos Aires, 1862-1880, bos aires, sudame-ricana.

schvarzer, Jorge (1996): La industria quesupimos conseguir. Una historia político-social de la industria argentina, bos aires,planeta.

ugarteche, Félix de (1927): Las industriasdel cuero en la República Argentina, ta-lleres gráficos de roberto Canals, bosaires.

valle pérez, José Carlos (coord.) (1997):O Balneario do Lérez: Memoria gráfi-ca dunha época, pontevedra, museo depontevedra.

Casimiro Gómez Cobas 303

Page 290: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

MANUEL LÓPEZ VALEIRAS1868-1940

BAUTISTA LÓPEZ VALEIRAS1873-1961

JOSEFINO LÓPEZ VALEIRAS1880-1944

Page 291: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

dacón é unha pequena localidade do concello de maside que contabano ano 1900 con 608 habitantes e pasou a ter 778 en 1930, segundo osrespectivos nomenclátores de poboación. pese a esta reducida dimensión,chegou a ter moita sona en galicia porque de dacón e dos seus arredoresprocedían unha pequena lexión de tratantes e arrieiros que percorrían asfeiras para adquirir xamóns e outros produtos vendidos polos campesiños.En 1921, o goberno concedeulle o título de vila «por el creciente desarrollode su agricultura, industria y comercio, y por su constante adhesión a lamonarquía».1 dez anos máis tarde, aproximadamente, na Geografíageneral del reino de Galicia, vicente risco salientaba, con admiración, asúa singularidade:

Es uno de los pueblos más ricos de la provincia, una villa en forma-ción, como tantas otras, a lo largo de la carretera. una calle ancha decasas casi todas nuevas, algunas magníficas; sus almacenes y estableci-mientos comerciales, sus aceras, sus acacias de bola, su abundante alum-brado eléctrico, cafés, tráfico de automóviles, le dan un aspecto urbano

Ángel I. Fernández Gonzálezprofesor titular da universidade de santiago de Compostela

OS LÓPEZ VALEIRAS, EXPORTADORES DE PRODUTOS DO PAÍS*

* Querería agradecer a Juan bautista lópez valeiras, ángel Fernández Iglesias, Efige-nio oujo dios, ángel gonzález novoa e pepe ríos a axuda prestada para a elaboracióndeste traballo.

1 boletín oficial do Estado (boE), 13/03/1921.

Bautista López Valeiras

Page 292: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

2 CarrEras (1936: 462 e 464).

Empresarios de Galicia 306

completo, aunque sea en pequeño, pues aún no llega a los 300 edificios.[...] la principal riqueza del país consiste en el comercio de exportaciónde géneros de la tierra, especialmente jamones y carnes saladas, huevos ycornezuelo de centeno. maside y dacón acaparan el de casi toda la pro-vincia y aun el de fuera. desde tiempo inmemorial, los masidaus, recono-cibles por su invariable chaleco de picote o bayeta escarlata con mangas,practicaban el tráfico de jamones, yendo caballeros en magníficosmachos o con carromatos por las ferias y por las aldeas comprando jamo-nes para exportar, o practicando la arriería. Este tráfico los ha enrique-cido y ha hecho crecer considerablemente las villas de dacón y maside,especialmente la primera, que ofrece hoy un rico y activo comercio quesostiene relaciones directas con norte américa, el Canadá y otros paíseslejanos donde las firmas comerciales de maside y dacón son bien cono-cidas y gozan de gran crédito. [...] [un] intenso comercio, más digno demención y de encomio porque es creador de riqueza, pues se basa en laexportación de productos del país, cuando el de tantas otras villas es prin-cipalmente importador y parasitario.2

Esta especialización no tráfico de xamóns que lles deu fama aos seuscomerciantes, aínda era recoñecida nos anos 1960 nas conclusións doConsello Económico sindical de ourense de 1962:

si grande es la importancia de la ganadería en todas sus facetas parala provincia de orense [...] hemos de destacar la industria del jamón. Envarias ocasiones hemos aludido a la importancia financiera que paraorense tiene la Bolsa del jamón. desde tiempo inmemorial fue nuestracapital la sede del comercio regional jamonero, y fue dacón la mayordefensa de jamones, quizá de todo el norte de España.

Entre os máis afamados comerciantes que dirixían este tráfico estive-ron os nosos protagonistas, a familia lópez valeiras. non podemos certi-ficar si xa exercían esta actividade a mediados do século xvIII, cando seelaborou o Catastro de Ensenada, pero quizais non resulte casual que osprincipais comerciantes da zona fosen manuel lópez e manuel valeiras,«vecinos del lugar de dacón, tratantes y comerciantes por maior deazeite Jabon pescado, y otros generos en su casa», aos que se lles impu-taba uns beneficios ou utilidades anuais de 1600 reais a cada un. na

Page 293: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

3 unha visión xeral en artIaga rEgo e FErnándEz gonzálEz (1997).4 CarrEras (1936: 465).

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 307

mesma comarca, o catastro estimáballes 200 reais de utilidade a outrosdez veciños «como traficantes con caballerías de una parte a otra en géne-ros de pan vino pescado y otros [productos, por] ocuparse en ello la mitaddel año y la otra mitad en cultibar su hacienda como labradores». E enCamporredondo (ribadavia) eran 18 os labradores que «compran porarrobas el aceite y lo ban a vender por lugares y puestos al por menor».Quere isto dicir que mentres os dous primeiros eran comerciantes atempo completo con casa aberta ao público, os restantes eran definidoscomo «tratantes arrieros con Caballerías» ou como meros revendedoresa pé. teñamos en conta, para apreciar na súa xusta medida esta diferenza,que daquela e ata ben entrado o século xx, gran parte do comercio era iti-nerante, de feira en feira, sen locais permanentemente abertos ao público.non eran moitos os veciños que no medio rural dispoñían dun almacéncomo o dos valeiras.

as razóns desta notable presenza de traficantes e arrieiros no orienteourensán xa foron sinaladas por varios autores.3 tanto dacón coma asvilas veciñas de maside e do Carballiño atópanse na confluencia devarias rutas tradicionais de tráfico mercantil: as que unían o ribeiroourensán coas rías baixas e, pasando por santiago de Compostela, coasrías altas, é dicir, coas áreas de maior densidade demográfica de galicia.

os arrieiros da zona encargábanse de levar produtos do interior —viño, sobre todo— e traían de volta sal, peixe, e mercancías chegadaspor mar ata os portos galegos. E debeu ser esta función tradicional deintermediación entre a costa e o interior a que explica a aparición nestabisbarra de negocios moi relacionados coa asistencia regular ás feiras.pensemos, por exemplo, nas panadeiras de Cea; nos tratantes de gandode garabás (maside), que desenvolvían un «importante comercio con lasganaderías por toda galicia, recorriendo más de cien garabaneses todaslas ferias y mercados importantes con la compra y venta de ganadovacuno y de cerda»;4 ou nas polbeiras do Carballiño, que xa a mediadosdo xvIII son citadas polo catastro en arcos, e que debían ser clientes tantodos lópez coma dos valeiras que comerciaban con aceite e peixe.

Page 294: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 308

Este foi o substrato do que partiu a traxectoria comercial e industrialdos lópez valeiras, unha familia que desde finais do século xIx ampliouos seus negocios tradicionais de comercio de produtos do país e estable-ceu filiais en puntos estratéxicos próximos ás rías baixas para exportar aoresto da península e sobre todo a américa, á Galicia exterior. Igual ca paraoutros veciños, o eixe central do seu negocio foran os xamóns, e comonegociante destes figuraba na matrícula Industrial de maside o patriarcada familia, José maría lópez salgado. os xamóns eran adquiridos nas fei-ras para ser posteriormente curados nos almacéns desde os que partían aomercado. Como dispoñían dunha rede de compradores e dos coñece-mentos necesarios para tratar nas feiras, resultaba natural que estendeseno negocio a outras producións vendidas polos campesiños, como castañas,fabas, noces, ovos, e outros produtos cada vez máis demandados. Introdu-círonse tamén no comercio e na elaboración de viños e conservas de peixee así completaron o seu amplo catálogo de produtos non perecedoiros. E,como prolongación destas actividades, no transporte de mercancías e via-xeiros por estrada, imprescindible nun territorio cunha rede ferroviariatan pouco desenvolvida.

varios factores influíron na expansión experimentada polo tráficocomercial ao que se dedicaban os masidaos no derradeiro cuarto doséculo xIx. Factores de oferta e factores de demanda. de oferta porque ocampesiñado pasou a ter maior necesidade de dispoñer de numerario apartir da abolición dos décimos —que se pagaban en especie— e da súasubstitución por contribucións que se debían satisfacer en efectivo desdeos anos 1850. a perda dos ingresos que procedían da manufactura téxtildoméstica, incapaz de competir coas teas da industria fabril algodoeira,acentuou aínda máis a necesidade de poñer no mercado aqueles produtosde maior aceptación. pero tamén a demanda crecente de alimentosdunha poboación urbana en aumento —nos países europeos industriali-zados primeiro, e despois na propia península ou en latinoamérica—unida á mellora dos transportes, crearon as condicións axeitadas para acti-var as vendas do sector primario. a exportación de bois cebados a granbretaña, moi intensa desde os anos 1860 a principios dos 1890, ou de sar-diña salgada, son boa proba do cambio de circunstancias. xatos, mulas,aves, ovos, xamóns e lacóns, viños e licores, froitos secos, fabas ou cebolas,e por suposto peixe fresco e conservado, foron gañando peso na compo-

Page 295: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

5 Gaceta de Galicia, 06/06/1891.

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 309

sición das exportacións. unha breve nota dun diario madrileño en 1891daba conta da incipiente penetración no mercado da capital dalgúns des-tes produtos, así coma das oportunidades que se lles presentaban a outros:

se expende en madrid el vino del rivero y el pan de Cea. las indus-trias y los productos gallegos van domiciliándose aquí. Consumidos yapescados, carnes, jamones y huevos de galicia, pronto consumiremos fru-tas y legumbres. ¿por qué los fabricantes de aguardiente de uva no envíana la corte sus productos? baste decir que una pipa de aguardiente deorense, excelentemente preparada, se vendió como cognac en madridpor su diafanidad y por su riqueza alcohólica.5

de maneira que tanto os xamóns coma os ovos ou as castañas tiñanagora unha demanda crecente favorecida pola culminación dunha redeferroviaria que, coas súas limitacións, conectaba os ourensáns co interiorpeninsular e tamén cos principais portos galegos. todas estas transforma-cións asentadas a finais do século xIx fixeron máis fácil a expansión docomercio agropecuario. os caldos que antes tiñan que levar traballosa-mente os arrieiros ata os centros de consumo urbanos da galicia atlán-tica, os xamóns que marchaban de igual xeito a madrid ou aos portos condestino a andalucía ou ao levante, podían agora enviarse en vagóns detren a menor custo. os valeiras —e outros como eles— souberon apre-ciar estas novas oportunidades de negocio e emprenderon a principios doxx un proceso de expansión xeográfica e de diversificación das súas acti-vidades que se vería recompensado polo incremento da demanda doperíodo 1900-1930 tanto en España coma nos países americanos conforte presenza galega.

A 1ª etapa expansiva (1898-1910): de Dacón a Santiago de Compos-tela e Vigo, do comercio á elaboración de viños e conservas de peixe

a figura inicial da saga da nosa historia foi José maría lópez salgado,que casou con rosa valeiras e tivo 4 fillos. os tres homes —manuel(1868-1940), bautista (1873-1961) e Josefino (1880-1944)— serían os

Page 296: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

6 lópEz valEIras (2008); gonzálEz martín (1998).7 Gaceta de Galicia, 21/08/1903.

Restos da fábrica de conservas de Ribeira da familia López Valeiras no 1989

Empresarios de Galicia 310

encargados de proxectar os negocios familiares. o maior contraeríamatrimonio en 1894 con aurora bernárdez gonzález, natural de lago(maside), e que tiña irmáns asentados en vigo e arxentina. bautista fíxoocon aurora souto alanis en 1897, filla dos propietarios dun pequenohotel no Carballiño. E Josefino casou en 1912 conmaría puga lastre, dunha familia procedente demaside establecida en vigo e dedicada á exporta-ción de peixe.6

a gran casa-almacén familiar en dacón foi re-matada en 1902, e nela permaneceu ata o seu fale-cemento o maior dos irmáns, manuel. o primeiropaso da expansión empresarial deuno bautista candoestableceu en 1898 un almacén en santiago deCompostela, próximo á estación ferroviaria de Cor-nes. na matrícula Industrial cotizaba como comer-ciante de ovos e aves pero sabemos por outras fontesque o seu repertorio de produtos era moito máis va-riado. as noticias de prensa sobre o incendio quesofre en 1903 recollen a existencia de xamóns noalmacén, pero tamén de «800 pieles de cabra, mu-chos sacos de maíz, seis millares de huevos y variosfardos de tejidos».7 participou así mesmo na sub-ministración de víveres aos establecementos de be-neficencia da provincia da Coruña. a cidade xaco-bea —un dos destinos tradicionais dos caldos doribeiro— foi pois a primeira fronte da expansiónterritorial dos negocios dos valeiras. E a elecciónnon debeu de ser casual, pois santiago era o centroredistribuidor «[...] de una vasta comarca [que] abarca los partidos judicialesde noya, padrón, Corcubión, muros, negreira, ordenes, una parte deCarballo y arzúa, con los cuales mantiene relaciones comerciales que

Page 297: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

8 Gaceta de Galicia, 17/01/1893.9 Gaceta de Galicia, 23/05/1914.

resultarían en mayor escala si las vías de comunicación fuesen mejores[...]».8 lembremos que daquela non existía conexión por ferrocarril entresantiago de Compostela e a Coruña, de maneira que, a santiaguesa eraa derradeira estación ferroviaria das liñas que, procedentes de ourense,atravesaban as rías baixas e constituía o nó que atraía e enviaba produ -tos e viaxeiros ás áreas da provincia da Coruña máis distantes da cidadeherculina.

Con todo, sería o negocio dos ovos o que máis sona lle proporciona-ría a bautista lópez valeiras nesta época. de aí os eloxios dun xornal san-tiagués cando se fai eco dos premios outorgados aos seus produtos naExposición Internacional de barcelona de 1914:

El que conozca a bautista valeiras, su espíritu eminentemente mer-cantil, su honradez, sus grandes simpatías en Compostela y en todo gali-cia, no le llamará este triunfo la atención. El fue quien implantó en estepueblo el negocio al por mayor de la venta y exportación de huevos [y]quien formó el movimiento comercial en gran escala, llevando la anima-ción, la vida al mercado de artículos variadísimos y animando el tráficoen ferias y lonjas, bolsas de contratación popular, y balanza del créditopúblico.9

non tardou moito bautista en establecer unha liña de transporte porestrada para ampliar o raio de acción das súas operacións mercantís. xaen 1907 ofrecía na prensa servizos de transporte de mercadorías ata Curtis,a estación ferroviaria da liña do norte máis próxima a santiago. E será en1910 cando inicie a súa actividade la Emprendedora, impulsada polopropio bautista en sociedade coa súa cuñada áurea souto alanis —quecursara estudos de maxisterio— e con agustín pereira pérez, que posuíaen noia un establecemento de viños. a primeira ruta que explotaron foiprecisamente a de santiago-noia, ampliada a comezos de 1914 coa denoia á pobra do Caramiñal.

Cómpre mencionar que foi tamén bautista na súa etapa santiaguesa oque facilitou os primeiros pasos do que acabaría sendo o maior empresariode espectáculos cinematográficos de galicia: Isaac Fraga. Este —natural

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 311

Page 298: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

10 lópEz valEIras (2008) e Folgar dE la CallE (1987).11 sobre este importante empresario, véxase gurrIarán, r. en Carmona, x. (coord.)

(2006: 236-257).

Empresarios de Galicia 312

de san xoán de arcos, o centro polbeiro do Carballiño— emigrou aarxentina e retornou en 1908, con 20 anos, para dedicarse á exhibiciónambulante de películas, actividade que o leva a santiago para facer omesmo nunha das carpas instaladas na alameda con motivo da Exposiciónregional gallega de 1909. na cidade compostelá é bautista quen o acollena súa vivenda e quen lle solicita ao concello o permiso de instalación.andando o tempo Fraga pasaría a alugar o teatro principal e o salón apolo,e desenvolvería unha exitosa carreira no sector.10

vigo converteuse na segunda fronte da expansión territorial e dadiversificación dos negocios dos valeiras, unha poboación que se estabaa erixir no principal centro pesqueiro, conserveiro e comercial do litoralgalego, e en escala obrigada do tráfico marítimo con américa. do pro-greso vigués e das posibilidades de negocio que ofrecía tiñan que estarben ao tanto os valeiras por medio da familia política de manuel, os ber-nárdez. porque xa en 1884 Cayetano bernárdez, que sería o seu cuñado,fundara na cidade olívica unha ferraxaría que chegou a adquirir conside-rable importancia. E será outro bernárdez, Francisco, o representantedos seus produtos en bos aires, destino migratorio de gran número demasidaos.

non obstante, a presenza empresarial dos valeiras na cidade olívicafoi inicialmente da man doutro veciño, ramón Heredia pazos, que en1904 constituíu r. Heredia y Cía., dedicada ao comercio de viño e con-servas, con outro grande empresario ourensán de valdeorras, marcelinosuárez.11 a empresa arrendou en 1905 o negocio de molins y rodríguez—vinícola gallega, compañía fundada en 1891 por Francisco molins,importante comerciante e empresario vigués, e por rodrigo rodríguez,farmacéutico militar, e situada moi preto da estación de ferrocarril e dopeirao. dedicados ao comercio de viños desde 1889, en 1891 molins erodríguez montan adega propia e establecen puntos de venda en san-tiago de Compostela, na Coruña e en madrid. o seu propósito era ofre-cer viños de calidade, extremo este eloxiado en La Gaceta de Galicia que

Page 299: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

12 Gaceta de Galicia, 17/01/1893 e 08/07/1894. Coupage é o termo francés «quedefine la práctica de mezclar vinos de la misma o de diferente partida o cosecha con el finde unificar sus cualidades o complementar con las cualidades de unos los defectos deotros», en http://www.diccionariodelvino.com.

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 313

defendía a importancia de que os viños do ribeiro «vengan al mercadopuros y sin las sofisticaciones que los mismos cosecheros y traficantes vie-nen haciendo con ellos, durante largo tiempo. prueba de nuestro asertoson los depósitos que los señores molins y rodríguez han establecido yaen muchas poblaciones de galicia, los cuales cuentan con una bienmontada fábrica en vigo, donde los vinos son sometidos a un cocimientoque los clarifica y los gradua convenientemente.» un ano despois nomesmo xornal santiagués afirmábase que «molins y rodríguez [...] esuna de las primeras casas de España que ha instalado la elaboración devinos Coupage [...]».12

tratábase, xa que logo, de crear imaxe de marca, de diferenciar pro -dutos que como o viño eran obxecto de adulteracións, e de colocarse nagama alta do sector, para o que tamén era importante vendelos embote-llados. a estratexia foi calando, e nos banquetes da alta sociedade dos quea propia prensa dá conta, son viños da vinícola ou da leira Fillaboa doconde de torre-Cedeira en salvaterra, os que comparten mantel coscaldos franceses ou cos xa prestixiados rioxas, oportos ou xereces. é taménnos primeiros anos de século cando a prensa arxentina dirixida á colecti-vidade galega rexistra anuncios destes viños con marca, tostados, enve -llecidos. debeu de ser precisamente o auxe que estaba a coller a exporta -ción a arxentina de produtos alimenticios típicos de galicia o que impulsoua ramón Heredia a introducirse no negocio. así se deduce da propia ins-crición da compañía no rexistro mercantil, na que se especificaba que«la índole de los negocios a que va a dedicarse la presente sociedad exigeque el sr. Heredia haga frecuentes viajes a américa».

non durou moito esta asociación Heredia-suárez, e en 1906 o pri-meiro asóciase aos seus paisanos manuel e bautista lópez valeiras comesmo fin —a elaboración e venda de viños e conservas— e mantendoa denominación social anterior —vinícola gallega—. a fabricación deconservas de peixe, que xa estaba en marcha en 1907, encaixaba perfec-tamente nun modelo de negocio como o que viñan practicando os valei-

Page 300: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Anuncio da firma Ramón Heredia, en Almanaque Gallego (1912: 175)

Empresarios de Galicia 314

Page 301: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

13 Carmona e nadal (2005: 136, 140-141).

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 315

ras, baseado nos produtos non perecedoiros. non só iso: a conservaciónen envases herméticos de folla de lata servía tamén para prolongar a vidadoutros produtos de interese comercial, como o unto ou o caruncho decenteo, como máis adiante comprobaremos.

de modo que tras un breve período comercializando conservas alleas,a firma de Heredia e os valeiras non tardou moito en pasarse á fabricación.na Estadística de Pesca de 1908 figuraba a fábrica de vigo con 35 operariose unha produción anual de 70 t de latas de sardiña, lonxe aínda doutrascomo as de José r. Curbera ou antonio alonso, que daban emprego a300 traballadores.

o paso á fabricación de conservas tivo lugar nun momento especial.dous anos despois, en 1909, a folla de lata —case toda importada— foiincluída na lei de admisións temporais, o que supuxo un trato arancelariomoito máis favorable que reduciu considerablemente o custo dos enva-ses. E, en segundo lugar, porque xusto entre 1910 e 1912 houbo unhagrave escaseza de sardiña que disparou os custos da materia prima e obri-gou a pechar a gran número de fábricas por falta de rendibilidade.13 gra-zas, seguramente, a que a empresa tiña outras fontes de ingresos e a queo capital investido era unha suma modesta, os valeiras mantivéronse nonegocio á espera de mellores tempos.

non sucedeu o mesmo con Heredia, que en 1910 se estableceu enbos aires como importador de alimentos e bebidas; un contacto máispara os valeiras no puxante mercado da república do prata. nesemesmo ano constitúese a firma lópez valeiras Hermanos, que absorbeos negocios da anterior compañía con ramón Heredia e na que xa parti-cipa como socio Josefino, o terceiro dos irmáns.

A época dourada (1910-1935): ampliación da rede comercial e división dos negocios conserveiro e vitícola

temos, pois, que contra 1910 os valeiras configuraran un negocioque, a vista de paxaro, formaba un triángulo case equilátero entre dacón,santiago de Compostela e vigo. unha plataforma loxística en forma defunil que tiña o seu vértice interior en dacón e a súa saída na liña cos-

Page 302: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

14 Carmona e nadal (2005: 143-145).15 El Ideal Gallego, 18/11/1917.

Empresarios de Galicia 316

teira máis dinámica da galicia do momento, as rías baixas. E cun abanode produtos alimenticios orientado a satisfacer a demanda dos estratos dapoboación con certo poder adquisitivo, ben fose no mercado interior ouben nas repúblicas americanas.

ao pouco tempo, o estalido da primeira guerra mundial contribuiría aimpulsar os negocios dos irmáns de dacón. porque a da guerra europea foiunha etapa de beneficios sen precedentes para moitas conserveiras maliaas dificultades de abastecemento de folla de lata.14 E foi tamén moi favo-rable para as vendas doutros alimentos non perecedoiros, polo que non éde estrañar que as iniciativas empresariais dos valeiras se multiplicasen.

o triángulo converteuse en cuadrilátero cando, en plena guerra, bau-tista lópez valeiras decidiu establecer negocios en vilagarcía de arousa,quizais o segundo maior núcleo comercial das rías baixas, comunicadopor ferrocarril con santiago de Compostela e vigo, e porto principal daría de arousa. á marxe da súa asociación a importantes consignatarios vi-gueses no establecemento da sociedade marítima de vigo (1916), dedicadaá «adquisición y explotación de buques», o primeiro paso relevante foi aparticipación xunto coa súa cuñada áurea souto e agustín pereira Fer-nández en manuel del oro y Cía. unión Huevera (1917). a sociedadequedará baixo control do grupo de bautista en 1922, e seguirá en activoata 1940. En cambio, tivo curta vida a que crearon no mesmo 1917 e cosmesmos socios —mercantil de arosa—, dedicada á exportación por xuntode «granos, legumbres y demás frutos del país». tratábase, nos dous casos,do traslado á ría de arousa dos negocios que viñan practicando en santiago,dacón ou vigo, e debeu de responder, como dixemos, ás circunstanciasexcepcionais creadas pola guerra, tal como reflectía a prensa da época.así, ao longo de 1917, ante as protestas polo desabastecemento que orixi-naba a súa saída cara ás principais cidades españolas, os comerciantes deovos argumentaban que: «la exportación no es de ahora; solamente queaumentó desde la guerra europea, al faltar los huevos que venían de mar-sella y de áfrica [al mercado español]».15

Page 303: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Anuncio de Gran ChampánGalicia, en Catálogo deVigo (1922-1923), PPKO

Engadiuse unha peza máis ao quebracabezas cando o propio bautistaparticipa en 1919 na fundación de Manuel Costas y Compañía. nas súasadegas da ramallosa (nigrán), a empresa foi a primeira fabricante galegade viño espumoso baixo a marca Champán galicia. os dous socios prin-cipais eran manuel Costas —responsable da fabricación— e bautistalópez valeiras, encargado da xestión comercial. no entanto, en 1925 asociedade disolveuse, seguramente pola mala saúde do primeiro, quefalecería en maio de 1927.

morto o patriarca José m.ª lópez salgado en 1916, e ante a crecentecomplexidade dos negocios que estaban a emprender en distintos luga-res, os valeiras deciden reorganizalos e acometen unha división das súassociedades. En 1921 bautista abandona o accionariado de lópez valeiras

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 317

Page 304: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Anuncio de La Emprendedora,en El Compostelano(21/08/1923)

Empresarios de Galicia 318

Hermanos e queda cos negocios da vinícola gallega, co que as conservaspasan a mans de manuel e Josefino lópez valeiras. E cada un por se-parado segue a atender os seus negocios propios: manuel en dacón —comercio, emigración, máis adiante serradoiros— e Josefino en vigo—exportación de peixe xunto co seusogro José benito puga—.

a reorganización de principios dosanos vinte culmina cando os negociosde bautista en santiago pasan a dúassociedades creadas en 1922: souto ypereira —ovos e demais produtos— esouto, lópez y pereira —transportesla Emprendedora—. é cando en vi-lagarcía de arousa, coa permanentecompañía da súa cuñada áurea soutoe de agustín pereira, consegue facerseno mesmo ano co control da uniónHuevera, nome comercial da coman-ditaria bautista lópez valeiras y Cía.

o interese de bautista en dispoñerdunha empresa propia de transportespor estrada tivo que xurdir de xeitonatural para alguén que por tradiciónfamiliar e por propia experiencia persoal coñecía as dificultades de con-ducir desde as feiras os excedentes campesiños cara aos puntos de venda.Era este un problema que a rede ferroviaria aliviara pero en absolutoresolvera pola súa escasa capilaridade e pola súa ineficacia.

de aí que la Emprendedora inaugurase en 1923 un «servicio ultra-rrápido» a Coruña-santiago-vigo, que se engadiría ás liñas xa existentesentre santiago e tres vilas coruñesas: noia, a pobra do Caramiñal ebetanzos. unha expansión semellante á que acometía a empresa Castro-mil co claro obxectivo de conectar as principais vilas e cidades da fachadaatlántica. a real orde do 4 de xullo de 1924, que estableceu un réximede exclusivas para o transporte de viaxeiros por estrada, inclinaría abalanza a prol de Castromil e forzaría a disolución de la Emprendedora.a finais de 1927, esta paraliza as súas actividades, sabedora de que a con-

Page 305: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

16 En vigo no II Congreso Nacional del Comercio Exterior en Ultramar (1929: 100) een El Correo de Galicia (bos aires), varias datas.

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 319

cesión da ruta entre a Coruña e vigo iría parar a Castromil, como asísucedeu en 1928, e en agosto de 1929 os socios acordaron a súa disolu-ción, porque «dicha Compañía fracasó totalmente en sus negocios, ha -biendo perdido por completo todo su capital».

Fracasados o negocio do champaña en 1925 e o dos transportes porestrada en 1927, bautista e o seu irmán manuel, en sociedade co concu-ñado do primeiro, o médico Francisco bustelo, constitúen en 1928 bautistalópez valeiras limitada, á que subministraron «activo y pasivo de la casacomercial que venía girando a sólo su nombre [bautista], integrado porsu negocio de vinos, vinagres, material de bodega y jamones». acto seguido,o propio Francisco bustelo participa na fundación en 1929 de IndustrialFrigorífica, unha das seis compañías viguesas que nese mesmo ano figu-raban dedicadas á «Exportación de pescados frescos a ultramar», actividadeda que temos constancia xa desde principios dos anos 1920, e inclusoantes, a través dos anuncios de firmas bonaerenses como la pescadorauniversal de marcelino leiro y Cía., ou la victoria —Compañía Hispanoargentina de alimentación—.16 unha nova iniciativa que non chegou abo porto, pero que pon de manifesto a febril actividade desenvolvida nestadécada nos negocios de exportación de alimentos.

pola súa banda, manuel, ademais da súa participación, con Josefino,na firma lópez valeiras Hermanos (1921) e en bautista lópez valeirasltda. (1928), segue en dacón coas actividades comerciais, que comple-mentaría co tráfico de emigrantes, coa recadación de contribucións e máisadiante con varios serradoiros de madeira en dacón, no Carballiño e enCrecente. a boa conxuntura que nos anos 1920 debía atravesar o produtoestrela da casa, o xamón, queda de relevo no establecemento en 1921 dungravame á súa exportación para garantir o abastecemento do mercadointerior —0,25 pesetas por kg—, gravame que non foi suprimido ata 1929.E isto sucedía mentres o censo de porcino aumentara a un ritmo notableen galicia desde principios dos anos 1910, cando andaba polo mediomillón de cabezas, ata cifras próximas ao millón nos anos vinte.

Page 306: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

17 gonzálEz martín (1998), Estadística de Pesca (1933), e romEro e alFEIrán

(2000: 114). as cifras non inclúen o fabricado en setúbal.18 Carmona e nadal (2005: 145).

Empresarios de Galicia 320

non foi o único negocio dos valeiras que experimentou uns felicesanos 1920. as vendas de alimentos e bebidas aumentaban non só polo in-cremento dos residentes en vigo e na súa bisbarra ou na galicia exterior;tamén polo consumo da marea humana que facía escala na cidade indoou volvendo de américa e polas compras de víveres dos buques que rea-lizaban o traxecto, é dicir, pola Galicia en tránsito.

da importancia adquirida pola vinícola gallega dá idea o feito deque «algunas de las enormes cubas que empleaban tenían hasta 30.000hectólitros de capacidad». da acadada pola produción de conservastemos datos nas Estadísticas de pesca. se a de 1908, rexistraba 35 traba-lladores e 70 t fabricadas na industria que se acababa de instalar en 1932eran xa 241 empregados e 1023 t de peixe elaborado; en 1935 a cifra foide case 1500 t, o que situaba a firma no décimo posto das conserveirasgalegas por volume de produción.17

unha expansión nas conservas que se sustentou no establecementode novos centros produtivos, ademais de na introdución de maquinariamáis eficiente para o peche das latas, como as sertidoras.18 Contra 1922lópez valeiras Hermanos adquiriu unha fábrica na Illa de arousa, quese sumaba á que xa posuían en vigo e a outra establecida pouco antes enbaiona. a Illa, ademais de estar preto de vilagarcía de arousa, era unhalocalización ben coñecida polos comerciantes do Carballiño e de maside,por tratarse dun dos máis importantes centros desde o que se abastecíande polbo. baiona —pola súa parte— era un dos lugares nos que tiña ne-gocios a familia puga, naturais de maside e á que pertencía a muller deJosefino. unha das ramas desta —a de manuel puga gonzález— levabadécadas establecida na guarda, con comercio de viños e empresa de trans-portes; e a outra, a de José benito puga —sogro de Josefino—, dedicábaseá exportación de peixe na ribeira do berbés, como xa vimos.

a rede de fábricas ampliouse con posterioridade, seguramente a con-secuencia dos niveis mínimos que acadaron as capturas de sardiña envigo nos anos 1925-26. debeu de ser nesta conxuntura cando lópez

Page 307: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

19 Carmona e nadal (2005: 146).20 El Pueblo Gallego, 07/08/1926.

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 321

valeiras Hermanos estableceu fábrica en setúbal, ao igual que xa fixeranfabricantes como antonio alonso ou gándara y Haz.19 E completaronesta estratexia de expansión xeográfica, orientada a asegurarse o abastece-mento de peixe, de maneira que adquiriron contra 1928 a fábrica de ni -mo, otero y Hermano, en santa uxía de ribeira, propiedade dos ote robárcena.

todo induce a pensar que nesta expansión do negocio conserveiro,igual que na dos demais produtos, contaron coa vantaxe da súa ben esta-blecida rede comercial con arxentina xusto cando este mercado gañabaen importancia respecto dos tradicionais de Francia ou Italia. a traxecto-ria conserveira dos valeiras encaixaría, pois, coa que ofrecía o publicistaangel bernárdez en 1926: a primeira guerra mundial puxera remate ápráctica habitual de que as conservas fabricadas en galicia fosen reven-didas por franceses e alemáns coas súas propias marcas, e os conserveirosgalegos explotaron con máis intensidade o mercado arxentino que, notrienio 1922-1924, chegou a absorber o 41% da conserva exportada porvigo; nos anos 1925-1926 a escaseza de sardiña obrigou a envasar outrospeixes, non tan apreciados polo consumidor de alá, e resultou que:

Como los grandes bancos de este pez se hallan hoy en la costa portu-guesa, los fuertes conserveros gallegos que tienen marcas acreditadas deantiguo en la argentina han montado nuevas fábricas en portugal. y así,al mismo tiempo desde galicia y desde portugal son gallegos casi exclusi-vamente los fabricantes que envían a la argentina verdadera sardina.Hay, es cierto, fabricantes portugueses que hacen a buenos aires envíosaislados; pero la mayor parte de los conserveros portugueses, o casi todos,tienen sus mercados abiertos en gran bretaña, Estados unidos, Extremooriente y territorios africanos. su mercado en la argentina no ha sidohasta ahora fijo, seguro, constante, sino accidental. y en virtud de ellopodemos hacer una rotunda observación: el mercado conservero argen-tino está en la actualidad abastecido en un 90 o en un 95% por los indus-triales gallegos. y he ahí otra prueba de como los intereses creados entregalicia y la república argentina son más fuertes y numerosos de los quecreíamos argentinos y gallegos [...].20

Page 308: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Anuncio de Bautista López Valeiras, en Catálogo de Vigo (1922-1923), PPKO

Empresarios de Galicia 322

Page 309: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

21 Gaceta de Galicia, 23/05/1914.22 Wast (1929: 36).

Anuncio López Valeiras Hermanos, en Almanaque

Gallego (1918: II)

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 323

Que isto era así no caso dos valeiras, e ademais desde os seus inicios,compróbase nas crónicas xornalísticas ou na frecuente publicidade querealizaban na prensa destinada aos naturais de galicia. así, a reportaxedo Faro de Vigo sobre os premios recibidos pola firma en 1914 na Expo-

sición Internacional de barcelona describía: «uno delos ramos del negocio de los señores lópez valeirasHermanos es el de las conservas alimenticias y en elhan logrado envidiable fama, por las esquisitas clasesque fabrican, por su variedad y por la pureza de todoslos componentes. la exportación que hacen a toda laamérica es grande».21 E Hugo Wast, na súa crónicada viaxe que desde arxentina fixeran en 1929 ramónHeredia e o bispo andrea para inaugurar a igrexa queo primeiro custeara en dacón, aludía a que os arxen-tinos coñecían moi ben a marca lópez valeiras: «lahabrán visto mil veces en millones de cajas de sardi-nas, anchoas, angulas, berberechos, calamares en sutinta, etc.».22

unha radiografía das empresas propias ou partici-padas polos valeiras na década de 1920 certifica aampliación do seu ámbito territorial ata arxentina, asícoma a especialización nas principais producións nonperecedoiras do agro e do mar e en negocios comple-mentarios como o transporte ou os transformados damadeira, para dispoñeren das caixas e da lasca preci-sas para a embalaxe.

Certifica tamén que a súa estrutura organizativafoi típica da época, baseada nas relacións de paren-

tesco e amizade, con negocios a título individual e sociedades mestura-dos. non estivo deseñada para facilitar unha xestión centralizada de tantafábrica, almacén, adega ou garaxes en tantos sitios distintos, algo que qui-zais sería máis doado cunha empresa tipo holding. Hai que ter en conta,

Page 310: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

324Empresarios de Galicia

Page 311: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

325Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras

non obstante, que o primeiro holding galego foi o impulsado por barriéde la maza baixo a denominación de Industrias gallegas e non se cons-tituíu ata 1933.

xa vimos que o seu catálogo de produtos do país incluía os clásicosxamóns e lacóns, unto, viños e licores, castañas, noces, fabas, ovos, polboseco, e as duradeiras conservas de peixe. tamén un subproduto do centeo,o fungo Claviceps purpúrea —cornizó, dentón, caruncho— de demandacrecente polas súas propiedades medicinais, e que xa se exportaba contra1890 por comerciantes-banqueiros como os moreno de santiago ou ospereiro de ourense.23 a súa comercialización organizábase de xeito seme-llante á dos demais produtos:

En galicia, su recolección se hace por mujeres y niños poco antes dela siega del centeno, desprendiendo a mano, uno a uno, los esclerociosdel hongo que nos ocupa. tanto en el norte de portugal como en galiciaes bien sabido que la propiedad es minifundista, lo que hace que las cose-chas individuales sean pequeñas, por lo que los almacenistas o sus agen-tes acuden a las ferias de los pueblos donde van adquiriendo pequeñaspartidas que los aldeanos llevan para venderes. los comerciantes almace-nistas, que en su mayor parte son exportadores, lo desecan al aire libre endías secos y soleados y luego lo envasan en sacos dobles de yute o en cajasde hojadelata, procedimiento éste más ventajoso, pues se puede cerrar elenvase herméticamente, lo que hace que se conserve hasta años sin per-der sus propiedades.24

pola contra, non tiveron presenza os valeiras nunha das máis impor-tantes exportacións do sector agrario do período: a de gando vivo. milese miles de cabezas de vacún e de aves saían todos os anos por ferrocarrilcara a barcelona, madrid e outras cidades da península. por que este de-sinterese? a explicación é doada: a adquisición, mantemento e envío pos-terior de animais vivos aos mercados de destino esixía rapidez —paraevitar a perda de peso destes—, recintos apropiados para acomodalos, eforraxes. o gando vivo discorría por un circuíto comercial propio, cunhaloxística moi diferente en ritmos e instalacións a aquela que dominabanos valeiras.

23 garCía lópEz (2003: 397).24 aguIrrE (1945: 61-62).

Anuncio de produtos deLópez Valeiras Hermanos, en

El Correo de Galicia (Bos Aires), 22/04/1922

Page 312: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 326

non cabe dúbida de que foi a súa experiencia como coordinadoresdunha rede de compras a pequena escala por feiras e adegas a que llespermitiu canalizar os excedentes dunha agricultura de pequenos cultiva-dores dispersos que producían unha ampla gama de produtos. Con obs-táculos insuperables para acadar economías de escala, as economías dediversificación foron a clave. E tratándose de produtos de tan diferentesprocedencias, unha presentación uniforme destes e unha denominaciónde orixe tanto rexional coma de firma eran tamén esenciais. de aí que osvaleiras se esforzasen en darlles unha preparación final e unhas embala-xes axeitadas, curando e enfundando os xamóns, facendo coupage cosviños, embotellándoos e mallándoos, enlatando o unto, e que asignasenunha marca comercial a cada un deles para diferenciarse dos competido-res. o mellor reflexo deste enfoque atopámolo no anuncio inserido en1923 no xornal El Correo de Galicia, de bos aires, que reproducimos.

Como pode apreciarse, os nomes escollidos para as marcas dos pro-dutos susceptibles de diferenciación case sempre son galegos ou fan alu-sión a galicia: así sucede coas conservas (la trainera, maruxa, valeiras),cos viños e licores (viños rivero e peares, champaña galicia, anís e pon-che Celta, coñac Cerradiña) e incluso cos xamóns e lacóns (maruxa) ouco unto (Cuatro Escudos, correspondentes aos das catro provincias). osvaleiras foron, sen dúbida, pioneiros en servir unha ampla gama de pro-dutos co selo de made in galicia. non os únicos, pero se cadra os quemáis e mellor o fixeron.

E para fomentar as súas marcas recorreron con frecuencia á publicida -de, tanto en galicia coma en américa, e asistiron a concursos, exposiciónse feiras de mostras. o resultado destes esforzos foi a concesión de diversosgalardóns: na Exposición Internacional de barcelona de 1914, xa citada,ou en feiras estranxeiras como a de san remo de 1921, na que se premioutanto o champaña galicia coma os caldos da vinícola. o cronista doevento en El Correo de Galicia de bos aires non aforrou en eloxios:

no nos extraña este nuevo triunfo que acaba de obtener el Champángalicia [por] la importancia que tiene el que sea un jurado extranjero,imparcial en la materia y formado por personas técnicas y competentes,quien solemnemente se lo adjudique [...]. análogos motivos nos impul-san a considerar como un resonante éxito el triunfo obtenido por la viní-cola gallega, de vigo, con sus vinos de mesa, tinto fino, blanco topacio y

Page 313: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

25 El Correo de Galicia, 06/11/1921.26 unha análise detallada destas cuestións no caso das conservas en Carmona e nadal

(2005: 146-148).

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 327

tostado del rivero, pues, en lo tocante a ellos, el fallo del jurado es mássignificativo, si cabe, ya que no debe olvidarse que los italianos son pro-ductores de tipos similares y, por consecuencia, competidores nuestros,especialmente en los mercados de américa donde tenazmente nos dispu-tan el favor del público y donde cuentan los exquisitos caldos del señorvaleiras con una clientela que es mayor cada día.25

Como é sabido, a crise económica dos anos 1930 tróuxolles proble-mas aos exportadores. o desemprego medrou e caeu o poder adquisitivotanto en norteamérica coma en Europa, que reduciron drasticamente assúas importacións. os desequilibrios nas balanzas de pagos trataron decorrixirse cunha espiral de medidas cambiarias e arancelarias que entor-peceron aínda máis o comercio exterior e os pagos internacionais. a eco-nomía arxentina, sen o mercado británico para as súas exportacións decarne, cereais ou la, entrou en recesión, e peor aínda o pasou a cubanacando o arsenal proteccionista estadounidense reduciu ao mínimo ascompras do seu azucre.26 a clientela da Galicia exterior, tan receptiva aosesmerados produtos dos valeiras, tivo que apertar a bolsa. E outro tantosucedeu coa Galicia en tránsito, xa que as saídas de emigrantes caeron enpicado a partir de 1930. Eran os primeiros sinais dos tempos duros que selles aveciñaban aos exportadores de produtos do país.

1936-1960: as dificultades dun negocio baseado na exportación e nos alimentos de calidade

a acumulación de obstáculos ás exportacións que se sucederon despoisdunha guerra civil que deu paso a outra mundial, e por causa do illamentointernacional experimentado pola economía española ata ben avanzadaa década de 1950, creou sen dúbida serias dificultades ao modelo de ne-gocio que tan traballosamente construíran os valeiras desde 1910. Istonon quere dicir que durante os case dez anos de guerras, desde o 1936ata o 1945, a máquina de produción e comercio dos nosos protagonistas

Page 314: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

27 Carmona e nadal (2005: 246); aguIrrE (1945: 187).

Empresarios de Galicia 328

permanecese parada. pola contra, a súa condición de oferentes de alimen-tos non perecedoiros encaixaba perfectamente no papel que lle tocou xo-gar a galicia como despensa da cruzada e provedora de divisas. é certoque probablemente obtiveron beneficios extraordinarios coas vendas deconservas, xamóns, ovos ou caruncho, pero tamén é verdade que a medioprazo o arredamento exterior de España e a caída do poder de compra dapoboación impedíronlles seguir polo camiño das exportacións e dos ali-mentos de calidade. a solución á caída das exportacións sería, por suposto,reconducir as vendas ao mercado interior español, como tantos tiveronque facer. pero os produtos estrela dos valeiras estaban pensados para con-sumidores de certo nivel de ingresos que apreciaban o sabor do made inGalicia e que non tiñan fácil acceso a produtos substitutivos. non era omesmo vender viño tostado do ribeiro ou latas de sardiñas recheas de xa-món á extensa comunidade galega de bos aires e cunha marca xa acre-ditada que facelo en madrid ou barcelona.

de todos os xeitos, as conservas galegas viviron un boom de vendas a causa da súa gran demanda durante a guerra civil, con destino tanto ás tropas coma á poboación civil da zona nacional, e grazas así mesmo ásconsiderables exportacións, que acadaban un máximo en 1937 —case22.000 t—. pero o auxe exportador foi efémero: as vendas ao exterior re -ducíronse á metade no ano seguinte, caeron en picado no ano 1939, consó 1765 t, e non se recuperaron en moitos anos.27 mentres os sublevadostiveron interese en obter produtos arxentinos e alemáns, autorizaron asexportacións, pero en 1939 xa non foi así, tanto pola falta de folla de latacoma polo cambio de prioridades do goberno, que quixo asegurar o abas-tecemento interior.

a segunda guerra mundial creou oportunidades únicas á exportacióndoutros produtos nos que galicia tiña excedentes. ao boom das exporta-cións de volframio, ben coñecido, sumouse o doutros produtos. luis deaguirre explicaba o sucedido co caruncho:

[...] antes del alzamiento nacional, si se recolectaba en España, porejemplo, alrededor de las 80 o 100 toneladas de cornezuelo de centeno,sólo quedaba para utilizarse en el territorio nacional de 1000 a 1500 kilos

Page 315: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

28 aguIrrE (1945: 69-73).29 Carmona (2006): «de lugo a Capetón: a traxectoria empresarial do grupo Fernán-

dez», en Carmona badía (coord.) (2006: 446). E web da empresa (www.zeltia.com).

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 329

aproximadamente. [...] durante nuestra guerra de liberación, se presen-taron para el cornezuelo de centeno posibilidades muy ventajosas aprove-chadas por los exportadores de este producto. [...] antes del movimientoel precio del kilo [...] oscilaba entre las 6, 8, 10 y algunas veces, muy raras,12 pesetas. Hoy podríamos decir que su tipo más bajo está cerca de las 24y el más alto casi en consonancia con los precios de exportación, entre las30 y 35 pesetas el kilo. algunos rumores aseguran (nunca se ha podidoprobar oficialmente) que durante el movimiento nacional se han lle-gado a pagar 200 pesetas por un kilo.28

Establecido o control do seu comercio pola Comisaría de abasteci-mientos y transportes, a demanda interior tomou o relevo das vendas dofungo ao exterior. E foi precisamente a empresa zeltia do porriño —a quí-mico-farmacéutica impulsada polos Fernández lópez— fundada en agostode 1939 e dedicada nos seus inicios ao «aproveitamento de glándulas eoutros subproductos dos matadoiros do porriño e de mérida así como daflora medicinal de galicia (caruncho do centeo, beladona, efedra) paraa elaboración de medicamentos e especialidades veterinarias», unha dasprincipais consumidoras, o que a levou a destacar «rápidamente comoprimera productora nacional de alcaloides del cornezuelo de centeno».29

o férreo control da posguerra sobre o comercio, con prezos de vendafixados pola administración, permisos e licenzas, etc, unido á interrup-ción das exportacións e ao declive do consumo de alimentos non básicosforon factores que se sumaron á idade avanzada dos tres irmáns e á pos-terior desaparición de manuel (1940) e logo de Josefino (1944), paracomplicar a continuidade dos negocios da familia. tivo lugar, destexeito, un proceso inverso ao acontecido na época dourada de preguerra:os valeiras abandonan paso a paso as súas posicións en santiago e vila-garcía, logo en dacón e máis tarde en vigo; en paralelo, vaise reducindoo seu catálogo de produtos do país, ata quedar limitado aos viños e licorese ás conservas de peixe.

Page 316: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

30 aguIrrE (1945: 49-50).

Empresarios de Galicia 330

nos negocios fundados por bautista dedicados ao comercio de ovostomou o relevo agustín pereira quen, tras a disolución da unión Hueveraen 1940 e de souto y pereira, pasou a ser socio da distribuidora de Hue -vos (vigo) e da Central Huevera (santiago de Compostela). tamén seguiuimplicado no transporte por estrada na bisbarra próxima a vilagarcía dearousa, orixe da aínda existente transportes pereira. subsistiu unica men -te, pois, a vinícola gallega. En 1945, luis de aguirre, delegado rexio -nal de Comercio en vigo, bo coñecedor do comercio exterior galego, in-cluíaa entre as principais casas exportadoras viguesas de viños e licores daposguerra:

En la zona viguesa tenemos casas tan importantes como la de lago yCostas ltda que [...] distribuye en el interior de la península y exporta aCuba y brasil. En 1943, el valor de sus exportaciones llegaba a cerca delmillón de pesetas. la firma Julio vila Costas, con la marca única bode-gas monje, hace sus envíos en bocoyes y barriles a Cuba, [y otros países]también en gran cantidad. bautista lópez valeiras dispone de grannúmero de marcas, cuales son peares, rosiña, blanco topacio, tostado,Escudos, Especial para mariscos, Quinado Celta, Cerradiña y algunoslicores, entre ellos el anís, muy apreciado en américa del sur. surte mer-cados como la argentina, Cuba, méjico, puerto rico, uruguay, brasil y,en épocas anteriores al actual conflicto bélico, también a algunos paíseseuropeos, aunque en menor escala. sus exportaciones, algo disminuidaspor las dificultades que la guerra ocasiona, son tan apreciables como lasanteriormente señaladas [...].30

pero non tardaron moito en atoparen obstáculos estas exportacións aamérica. xa se complicaran as cousas nos anos trinta e debeu ser por isoque a vinícola empezara a traer mostos tintorera do levante que anun-ciaba con regularidade na prensa para os adegueiros que lles querían darcorpo aos seus tintos, destinados ao consumo popular. nos anos 1940 e1950 foi esta a maneira de manter as vendas: ofrecendo viños e licoresdirixidos a consumidores cun poder adquisitivo limitado.

bautista faleceu en 1960, e pouco despois desaparecería a propiaempresa. aos atrancos á exportación que impuxeron os sucesivos gober-

Page 317: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

31 lópEz valEIras (2008).32 boE, 16/10/1963.

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 331

nos arxentinos, sumáronse os establecidos despois da revolución cubanade 1959, de forma que se afundiron as vendas da vinícola na illa cari-beña. Foi o primeiro dunha serie de tropezos que acabarían coa firmaviguesa. o esforzo de reorientar a exportación cara á poboación cubanaresidente nos Estados unidos non deu os froitos apetecidos.31 o despres-tixio e o correspondente descenso das vendas no mercado interior porcausa das intoxicacións provocadas polo emprego de alcohol metílico naelaboración de diferentes licores, en 1963, deulle o golpe de graza, igualque sucedeu con outros almacenistas ou fabricantes por toda galicia. deaí que xa en outubro de 1963, o goberno lles concedese unha moratoriafiscal aos afectados porque «a consecuencia de anomalías cometidas enalgún caso concreto en la elaboración y fabricación de vinos, aguardien-tes compuestos y licores, se ha producido un colapso de graves conse-cuencias en el tráfico mercantil de los citados géneros, principalmenteen las cuatro provincias gallegas, con una fortísima disminución de laventa de aquéllos por los industriales y comerciantes dedicados a esa acti-vidad».32 unha pequena axuda que non salvou a compañía fundada en1891 por molins e rodríguez.

o falecemento de manuel en 1940 deixou sen continuidade en poucosanos a rama mercantil ourensá dos valeiras, porque os seus herdeiros pre-feriron orientarse ao negocio das conservas despois da morte de Josefinoen 1944. as fábricas de lópez valeiras Hermanos foron repartidas; a devigo pasou aos descendentes de Josefino e a de ribeira aos de manuel,que en 1945 crearon a firma manuel lópez valeiras Hijos s.l.

tanto unha coma outra contaron coa vantaxe inicial de que o siste -ma de cotas que estivo en vigor nos anos corenta e parte dos cincuentapara a subministración de folla de lata, aceite, estaño e outras materiasprimas escasas baseouse na cantidade de peixe traballada por cadaempresa xusto antes da guerra civil. Isto supuxo que os lópez valeiraspuideran seguir producindo sen excesivos problemas, dado que en 1935foran a décima do ranking dun total de 76 fabricantes de conservas. do

Page 318: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

33 argumentación e cita en Carmona e nadal (2005: 261-268).34 protagonismo feminino que tamén tivera áurea souto nos negocios santiagueses de

bautista, segundo lembra lópEz valEIras (2008).

Empresarios de Galicia 332

que non se libraron foi das dificultades ás que se enfrontou o conxuntodo sector no primeiro franquismo:

los años 1946 a 1955 registran en las rías gallegas la peor y más pro-longada caída en los desembarcos de sardina de todo el siglo xx y sitúan ala industria al borde de la parálisis. [...] El aislamiento de la economíaespañola al final de la contienda, el premioso y burocrático régimen deintervención del cambio monetario que se consolidó entonces y la fuertesobrevaloración de la peseta [...] se convirtieron en un obstáculo mástanto para la recuperación de las exportaciones como para la renovacióndel equipo capital de las empresas. la ausencia de las conserva gallega delos mercados internacionales durante casi dos décadas dejó el campolibre a otros países productores [...].33

de modo que a fábrica viguesa foi tirando en mans dos sucesores deJosefino, pero cesou as súas actividades a finais da década de 1960. a de ribeira tratou de adaptarse aos novos tempos e conseguiu sobrevivirunha década máis. Foi unha das que practicou estratexias de integraciónvertical ao participar na fundación de ConrEsa —dedicada á elaboraciónde fariñas e aceites de peixe— e de tErsa —fabricante de envases delata—, ambas na propia ribeira. E mantívose como unha das importantesda ría de arousa baixo a xestión de tres dos fillos de manuel: Ernesto eluis lópez-valeiras bernárdez, encargados da sección de compras depeixe e análise de custos respectivamente; e dolores, profesora mercantil,que desde vigo levaba os aspectos comerciais e financeiros, un caso ex-cepcional de protagonismo feminino na dirección empresarial daquelestempos.34 pero xa non contaban nos anos cincuenta e sesenta coa imaxede marca e co acceso fluído aos mercados americanos de preguerra. asvendas en Cuba sufriron a mesma sorte ca os licores da vinícola. En 1968as cifras oficiais atribuíanlle 109 empregados e un consumo de materiasprimas de 2500 t.

Page 319: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Folgar dE la CallE, José m.ª (1987): Apro-ximación a la historia del espectáculo ci-nematográfico en Galicia (1896-1920),santiago de Compostela, universidadede santiago de Compostela.

garCía lópEz, alfonso (2003): La actividadbancaria en Galicia. Desde el catastrodel marqués de la Ensenada a la ley Cam-bó, valladolid, lex nova.

gonzálEz martín, gerardo: «lópez va-leiras, empresarios e importantes expor-tadores de productos gallegos», Faro deVigo, 24/01/1998, p. 10.

lópEz valEIras, Juan b. (2008): Entrevistapersoal, vigo.

romEro, ana, e xosé alFEIrán: Salgadei -ras e conserveiras de pescado en Galicia,ugt galicia.

Wast, Hugo (1929): 15 días sacristán y otrosrelatos, bos aires, Editores de Hugo Wast.

a crise económica dos anos setenta, que outras firmas superaron espe-cializándose na elaboración de conservas de atún, sumada á falta de no-vos membros da familia desexosos de tomar o relevo, levou os fillos demanuel lópez valeiras a venderlle a sociedade a un grupo de investidoreslocais en 1978. remataba así a traxectoria empresarial dunha saga familiarque foi pioneira na posta en valor dos produtos do país. Houbo que agar-dar ás derradeiras décadas do século xx para que un cada vez máis nume-roso grupo de empresas do sector alimentario volvesen diferenciar os seusprodutos co selo de calidade do feito en Galicia.

Manuel, Bautista e Josefino López Valeiras 333

Bibliografía

aguIrrE FanaIQuE, luis de (1945): Los pro-ductos gallegos de exportación: problemas,historia, folklore, madrid, ministerio deIndustria y Comercio.

artIaga rEgo, aurora, ángel I. FErnándEz

gonzálEz (1997): «labradores, gan-deiros, artesáns e traficantes. unha apro-ximación espacial ás actividades pro-ductivas da poboación rural en galicia 1750-1900», Semata. Ciencias Sociais eHumanidades, núm. 9, pp. 307-341.

Carmona badía, xoán (coord.) (2006): Em-presarios de Galicia, santiago de Com-postela, Fundación Caixa galicia.

Carmona badía, xoán, Jordi nadal ollEr

(2005): El empeño industrial de Gali-cia. 250 años de historia (1750-2000), aCoruña, Fundación pedro barrié de lamaza.

CarrEras CandI, Francisco (dir.) (1936):Geografía general del reino de Gali-cia-Orense, barcelona, Editorial albertomartín.

Page 320: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1879-1971

EUGENIO FADRIQUE GONZÁLEZ

Page 321: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

* desexo agradecerlle a m.ª de las mercedes (Cucuta) Fadrique del río a súa xentilezapara orientarme en diversos aspectos da vida do seu pai, Eugenio Fadrique gonzález, e nasreviravoltas familiares. tamén quero deixar constancia do meu agradecemento a Fernandoe Javier romero Fadrique pola confianza que me amosaron ao permitirme acceder aos ar-quivos de la artística-alonarti, polas informacións verbais que me achegaron e, sobre todo,pola súa atención e polo seu trato sempre amigable. Finalmente, teño que recoñecer a ama-bilidade e total dispoñibilidade de José luis ojea e Juan Ferradáns á hora de consultar o di-verso material gráfico e documental da empresa.

A CAPACIDADE PARA OS NEGOCIOS*

Xesús Giráldezprofesor titular da universidade de santiago de Compostela

Da cidade, da empresa e do home

Eugenio Fadrique gonzález naceu o 3 de outubro de 1879. medrounun tempo finisecular no que vigo, en vertixinoso crecemento, respirabaprosperidade. ao carón das tradicionais loxas de salga de sardiña, prolife-raban as empresas de escabeches, as de conservas de peixe, as que fabricabanenvases de folla de lata, as que serraban madeira para as embalaxes, asque destilaban gas, refinaban petróleo ou producían xabón, as que trenzabanfíos para artes e aparellos de pesca e as que construían lanchas xeiteiras,faluchos, galeóns, balandras, vapores..., as que montaban caldeiras efundían pezas para máquinas de vapor, cociñas económicas, balcóns oubombas de auga. os axentes marítimos, os representantes das casas de se-guros e os consignatarios das grandes empresas de navegación facían lu-

Page 322: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 336

crativos negocios cun tráfico de mercadorías e cun fluxo de emigrantesque aumentaba día a día. En moitos casos eles mesmos posuían os depósitosflotantes de carbón, os remolcadores, as gabarras, as barcazas nas que sedescargaba o bacallau, o coque ou o sal, e os botes que cargaban os pasa-xeiros e as equipaxes nos enormes transatlánticos fondeados na badía.

vigo establecía conexións máis intensas coa economía internacionalca co mercado interior español. de feito, a ansiada comunicación ferro-viaria coa meseta houbo de esperar ata 1885, cando xa levaba dez anosfuncionando o enlace telegráfico por cable submarino con Inglaterra, pio-neiro na península. só desde entón se puido exportar o peixe en fresco edesenvolver esta actividade. multiplicábanse os almacéns de efectosnavais e os negocios que vendían xéneros por xunto e polo miúdo, as ten-das dedicadas á confección de roupas, chapeus e calzados. Comerciábasecon ultramarinos, materiais de construción ou ferraxaría. os emigrantes,viaxeiros, transeúntes e mariñeiros dábanlles pulo aos hoteis, ás fondas,aos teatros, cafés, billares, ás tabernas e tamén ás casas onde «o pecadomortal andaba barato». Creábanse imprentas, xornais e revistas, socieda-des recreativas e deportivas, escolas laicas e colexios relixiosos. se os car-tiños dos menos favorecidos procuraban a caixa de aforros, os seus apuros,o monte de piedade. as variadas operacións comerciais eran atendidaspolas sucursais dos grandes bancos latinoamericanos, algunhas casas debanca menores e numerosos prestamistas privados. a expansión urbanaalimentábase co desenvolvemento económico de vigo, aínda que as súasrúas coñecían máis o barro ca a empedrada, xa que carecía dos servizospúblicos propios dunha capital. E no ano no que nacía o novo século, unfato dos empresarios locais máis sobranceiros, moitos deles con cargos noconcello, na Cámara de Comercio ou na xunta de obras do porto deci-diron constituír o banco de vigo, para promover a industria, o comercio,as necesidades de transporte, auga potable ou electricidade. a finais doséculo xIx vigo aínda estaba demográfica e urbanisticamente moi lonxeda Coruña, principal cidade do noroeste, pero xa xurdía como o seu con-trapunto no sur de galicia, empurrado polas forzas expansivas da econo-mía internacional. nesta atmosfera medrou Eugenio Fadrique gonzález,pero os vencellos co mundo dos negocios víñanlle de familia.

aínda que os datos son escasos, sabemos que o seu pai, Eugenio Fa-drique barreno, fillo de Feliciano e maría, nacido en 1847, en trujillo

Page 323: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Un novo Eugenio Fadrique

Eugenio Fadrique González 337

(Cáceres), participou desde mozo na actividade comercial. En 1870, fi-guraba como apoderado da sociedade mercantil en comandita que xirabaen madrid como Herrero, Fadrique, Fabra y Cía. de seguro unha empresadedicada á venda por xunto de tecidos de algodón, procedentes en exclusiva

da fábrica que un dos socios tiña enCataluña e que nas verbas de xoánCarmona, foron, como outras socie-dades semellantes, os «vehículos dapenetración» dos tecidos do princi-pado en galicia. sete anos máis tar-de aparece xa establecido como co-merciante particular na cidade deourense, pero foi en vigo onde ca-sou con Isolina gonzález gimeno,tamén pertencente a unha familia decomerciantes.

Era algo común nestas empresasdiversificar os esforzos entre variasprazas; de feito foi na Coruña ondenaceu o seu primoxénito, EugenioFadrique gonzález, aínda que a súainscrición se fixera en vigo. Isto con-firmouse en 1883, ao constituír nacidade herculina a sociedade Fadri-que Hermanos, composta por Euge-nio e santiago Fadrique barreno. aempresa nacía cun capital de 20.000pesetas, achegadas a partes iguais, ecunha duración estimada de cinco

anos, co obxecto de dedicarse á «representación de casas estranxeiras edo país, compravenda de mercancías por conta propia ou en comisión,consignación de buques e despachos de aduanas». de forma moi signifi-cativa fíxose constar na escritura que o enderezo e o domicilio socialestarían na Coruña, aínda que xiraría tamén na cidade de vigo. ademaisindicábase que Eugenio se establecería aquí «para emprender os negociosaos que se dedica esta sociedade» e o seu irmán santiago quedaría na Co-

Page 324: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1 agradézolle a Elvira lindoso tato e a xoán Carmona badía as referencias proporcio-nadas sobre estas sociedades, xa que axilizaron a fatigosa consulta dos voluminosos protocolosnotariais e contribuíron a un mellor coñecemento do protagonista desta biografía.

Empresarios de Galicia 338

ruña. descoñecemos as causas polas que dous anos máis tarde, e maliateren beneficios, disolveron a sociedade.1

Quizais foi para montar unha tenda de roupas de augas xa confeccio-nadas na rúa da gamboa. de feito, tras a temperá morte de Eugenio Fa-drique y barreno, en 1892, a súa viúva, con catro fillos menores de idadeao seu cargo (Eugenio, Wenceslao, Isolina e alberto Fadrique gonzález),fíxose cargo do comercio, polo que seguiu pagando matrícula industrialata 1901. aínda que a adolescencia e primeira xuventude do empresarioaparece totalmente velada, podemos supoñer que foron tempos dedicadosá súa formación nas reviravoltas dos negocios e de desenvolvemento deafeccións, concretamente, a fotografía, na que destacaría, como en xuñode 1900 constatou a Ilustración Gallega y Asturiana, e a pesca de cana,que practicou ao longo da súa vida e foi directivo da súa federación enmáis dunha ocasión.

por informacións familiares sabemos que Eugenio Fadrique se des-prazou á cidade herculina e que alí comezou os seus traballos en laartística, fábrica da sociedade germán suárez y salgado. Esta empresafora fundada en 1890 por José e germán suárez pumariega pero as nece-sidades financeiras forzaron a súa asociación, en 1899, con manuel sal-gado, emigrante retornado de Cuba. as súas principais actividades erana explotación da industria da litografía de cor, destinada a estampar follade lata e papel, e a construción de envases metálicos para todo tipo deconservas. aínda que puidese parecer unha actividade secundaria, ametalgrafía tiña unha importancia decisiva para a industria conserveira,pois era a que incorporaba aos envases tanto a decoración (debuxos, corese tipografía) coma a información sobre o produto (calidade, orixe, etc.).Esta permitía que o consumidor final identificase tanto o propio produtocoma a marca, elementos intanxibles pero fundamentais para diferen-ciarse da competencia. E a impresión directa sobre a folla de lata propor-cionaba unha seguridade e permanencia para transmitir a informaciónque non tardou en asociarse ás mesmas conservas de peixe.

Page 325: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Enlace de Josefa del RíoGutiérrez y Eugenio

Fadrique González 1909(foto de José Gil)

Eugenio Fadrique González 339

o despegue de vigo como principal centro conserveiro peninsularfoi o que animou a José suárez pumariega a instalarse nesta cidade en1900 e a constituír, xunto cun grupo de conserveiros, unha empresaanáloga, la metalúrgica s. a. pero o seu mal funcionamento provocouaxiña a súa ruptura e a marcha de varios accionistas, entre eles o mesmoJosé suárez, que ocupaba tarefas de xerente, e que abriría en 1903 o seupropio establecemento. Con todo, a expansión da industria conserveiraseguía a premer sobre a demanda de litografía. Incapaz de darlle respostaá crecente morea de pedidos, la artística viuse forzada a crear, a finaisde 1906, outra empresa en vigo, «a modo de sucursal». dedicada exclu-

Page 326: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 340

sivamente á explotación da industria cromolitográfica sobre folla de lata,xiraba baixo a razón de germán suárez, salgado y Fadrique, cun capitalde 40.000 pesetas, subministrado nun 80% pola casa matriz e o restante20% por Eugenio Fadrique, o cal quedaba ao cargo da súa administración.desde entón residiría definitivamente en vigo.

a poboación era aínda de porto e peirao, espallada na beiramar, pero,como dixo otero pedrayo, «tornándose encosta para disfroite do seu novohorizonte». a urbanización converteuse nun importante negocio e as pro-piedades inmobles en valores seguros. E a esa cidade que medraba chei-rando a peixe e marusía chegaron nos anos de entre séculos moitos emi-grantes enriquecidos que animaron o investimento. Foi o caso de José delrío, mariñeiro de Combarro retornado con fortuna da illa de Cuba, e dasúa muller, maría gutiérrez aguirre, que adquiriron unha importantepropiedade no novo ensanche; propiedade que, en 1910, situaba a viúvade del río no cuarto lugar no pago da contribución urbana, por diante desobranceiros propietarios tradicionais. nela instalouse a primeira pista de tenis da cidade, deporte no que a filla do matrimonio Josefa del ríogutiérrez foi sempre unha destra practicante. unha cancha que axiña seconverteu en todo un referente nos costumes cosmopolitas no vigo do pri-meiro terzo do século xx, ao ser moi frecuentada polos apostos louros docable inglés (Eastern telegraph Company). Elites, saúde e exercicio fí -sico; unha relación ateigada de novas formas de sociabilidade e protago-nista da modernidade. precisamente, con Josefa del río gutiérrez haberíade contraer matrimonio Eugenio Fadrique gonzález en 1909.

nuns tempos nos que o número de fumarentas chemineas era sinó-nimo de dinamismo económico e difusión de novas técnicas, a multipli-cación das oportunidades de negocio xeraba un ambiente de crecenteempresarialidade. a promoción de novas iniciativas á beira dos requiri-mentos financeiros e as necesidades de administradores e xestores favorecíanas carreiras empresariais, aguilloando ambicións persoais, competenciase cooperacións.

porén, a economía viguesa comezou neses anos a amosar certas debi-lidades. a crise sardiñeira iniciada en 1909 e alongada ata 1913 trasladouas dificultades das empresas conserveiras ás contas de resultados das me -talgráficas, xa inquedas por unha lei de admisións temporais que amea-zaba o seu mercado reservado pola posibilidade de importar folla de lata

Page 327: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eugenio Fadrique González

A bordo do cepelín Saschen, nunha viaxe de Leipzig a Berlín (marzo de 1914)

341

iluminada do próximo portugal, país cunha industria conserveira en for -te proceso de expansión. Isto e a morte de manuel salgado animou osirmáns suárez pumariega a fusionar as súas empresas de vigo e crear unnovo establecemento litográfico en porto. desta forma, a finais de 1910,constituíuse a sociedade regular colectiva Hermanos suárez, salgado yFadrique. Esta xiraría baixo a razón social de la artística manufacturasde Hoja de lata e a xerencia recaería de novo sobre Eugenio Fadrique.o apoderado de Clotilde medialdea, viúva de salgado, era Estanis-lao núñez barrio, que exercía na fábrica da Coruña. o capital achegáro-no a partes iguais a sociedade suárez, salgado y Fadrique e José suárezpumariega.

Page 328: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 342

a nova sociedade concentrou as súas actividades no barrio de Coia eampliou as instalacións mercando novas parcelas, moderna maquinariae construíndo varios edificios para as seccións de litografía, fabricaciónde envases e aneis másticos, básicos para os novos envases de conservas,que ao substituíren a soldadura manual polo peche mecánico precisabandunha goma para conseguiren a hermeticidade da lata. as necesidadesde capital —que ata 1914 ascenderon a case medio millón de pesetas—foron cubertas con recursos de seu e mediante varias pólizas de crédito,contraídas por Eugenio Fadrique co banco de vigo e co banco del ríode la plata e garantidas persoalmente pola súa muller, Josefa del río gu-tiérrez, a súa sogra, maría gutiérrez, e a súa cuñada, maría del río, viúvacon importantes propiedades na illa de Cuba. durante toda a súa vidaEugenio Fadrique gardaría estas pólizas prendidas cunha nota aclaratoria:«consérvanse estes documentos para xustificar como a nosa sociedade re-solveu os problemas de crédito, xa que os demais socios endexamais nosauxiliaron en tal sentido».

Este proceso de capitalización fixo que en vésperas da primeira gue-rra mundial os seus activos case duplicasen os da metalúrgica s. a. pre-cisamente, a presenza maioritaria dos mesmos accionistas en la artísticada Coruña, de vigo e porto, permitiulles exercer un dominio do espazobásico na súa estratexia de obter un poder case que absoluto no mercadoconserveiro galego e introducirse no do norte de portugal. mercados eterritorios organizados non espontaneamente, senón pola man perfecta-mente visible de arriscados capitáns de industria.

o inicio da primeira guerra mundial alterou a conxuntura económicaao desartellar os mercados. as metalgráficas, o mesmo ca a industria con-serveira, víronse afectadas gravemente polos problemas derivados da acusada escaseza e do forte aumento dos prezos do estaño e da folla de lata,pero sen que chegasen a constituír un atranco insuperable. pola contra, acaída da calidade dos principais inputs (folla de lata, tintas, lacas e verni-ces) fixo que se resentise decontado a dos traballos litográficos. Con todo,o aumento da demanda de litografía e envases pola industria conserveira,nun momento de intenso aumento de prezos, permitiu o incremento dafacturación e a acumulación duns beneficios empresariais sen precedentes.

E foi nestes anos da gran guerra cando se puxo de manifesto a sensi-bilidade de Eugenio Fadrique cara aos traballadores. o brusco aumento

Page 329: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eugenio Fadrique González 343

do custo da vida por mor do conflito bélico non correu parello a un au -mento dos salarios, xerando unha grave crise de subsistencias en vigo queacabou derivando en diversos motíns populares. porén, os traballadoresde la artística puideron contar desde 1916 cunha cooperativa que pro-porcionaba, ao contado ou ao fiado, diversos produtos a prezos de custo.tiña unha gran variedade de alimentos básicos, como fariña, millo, ba-callau, sardiñas salgadas, patacas, arroz, etc., pero tamén manteigadas,café, chocolate, turrón, etc., o que nos fala da existencia de certos luxosna dieta obreira. un singular economato que desapareceu a comezos dosanos vinte ao normalizárense os prezos.

En boa medida, os beneficios extraordinarios obtidos durante os anosdo conflito foron reinvestidos na ampliación e na mellora da capacidadeprodutiva. todas as seccións de la artística incrementaron as súas dimen-sións, principalmente a de construción de envases. o encarecemento e aescaseza de estaño polo conflito bélico contribuíu á difusión do sistemade construción de latas mediante sertido. as empresas conserveiras de me-nores dimensións evitaron incorrer nos elevados custos fixos derivados dacompra da nova maquinaria e desprazaron a produción de latas cara ásmetalgráficas, que se viron favorecidas polo brusco aumento da deman-da. de feito, en 1918, la artística, producía 35 toneladas de xuntas her-méticas para botes e obtiña uns beneficios que cuadriplicaban os de dousanos antes.

por outra banda, a dificultade de importación de maquinaria para aindustria conserveira, por mor da guerra, xerou un intenso proceso desubstitución de importacións. xa en 1916, la artística iniciou a fabrica-ción dunha gran variedade de maquinaria: sertidoras, engomadoras, esta-ñadoras, etc., que levou, en 1921, á creación dunha nova empresa: talleresmecánicos alonarti s. a. Esta dedicábase exclusivamente á fabricaciónde maquinaria e figuraba inscrita cun capital de 300.000 pesetas que seampliou a 500.000 pesetas ao ano seguinte. porén, o retardo nos traballospreparatorios fixo que comezara a súa andaina nunha difícil conxuntura,xusto cando declinaba a demanda de maquinaria pola industria conser-veira e se intensificaba a competencia da empresa norueguesa somme &sundt, asentada desde 1915 en bilbao e cuxa maquinaria se empregabadesde había tempo nas conserveiras galegas. ademais a falta de man deobra especializada e as dificultades derivadas dunha organización co -

Page 330: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

2 segundo informacións familiares, a morte dos fillos anteriores do matrimonio queformaba a parella de Josefa del río e Eugenio Fadrique fixo que se adoptaran todos os posi-bles coidados cos novos. así, cando os nenos acudían á praia de Coia, uns veciños quentabanun gran balde con auga para bañar o pequeno Eugenio e logo preguntábanlle ao pícaro:«Está a gusto o neno?» e parece que el respondía «a guto, a guto». E xa lle quedou Agutopara sempre.

Eugenio Fadrique e ungrupo de directivos da empresa (s. d.)

mercial embrionaria remataron por quebrar as expectativas coas que na -cera alonarti.

tampouco desde o punto de vista persoal eran bos anos para EugenioFadrique: á morte apenas con dez anos do seu fillo maior sumóuselle adoutro de curta idade. soamente o nacemento das súas fillas, Josefina(Nenina) e maría de las mercedes (Cucuta), e do seu fillo, Eugenio, co-ñecido sempre como Aguto, aliviaron ese «peso no corazón imposible decompartir».2 neses anos de dificultades persoais e profesionais, candoalonarti s. a. botaba a andar, producíronse diversos cambios no controle no goberno da empresa. Estanislao núñez barrio, que sen dúbida par-ticipara dos beneficios extraordinarios obtidos durante a guerra, creou en1921 a súa propia empresa, «trastornando o negocio por completo» aoconverterse nun novo competidor. tamén ese mesmo ano, a morte de Jo -sé suárez pumariega, levou o seu irmán germán a valorar o abandonoda sociedade.

Eugenio Fadrique gonzález, nunha carta que lle envía a maría vi-llafranca villegas, viúva de José suárez, deixou constancia das discrepanciasexistentes dentro da sociedade: «se d. germán considera que os negociosdas dúas casas [da Coruña e de vigo] son incompatibles ben está, pero seson eu o que estorba, díxenlles sinceramente que deixaba o meu posto.Estou desgustado e nervioso...». sen dúbida, unha carta escrita baixo apresión da recesión económica, da sucesión de José suárez á fronte daempresa e das necesidades financeiras esixidas pola creación de alonartis. a. precisamente, para evitar acudir aos bancos cubríronse de novocunha póliza de crédito subscrita en 1922 co banco del río de la plata eavalada por maría gutiérrez e Josefa del río gutiérrez. o ano seguintela artística converteuse en sociedade limitada; o capital social aumentouata un millón de pesetas e germán suárez asumiu o goberno da empresa.Con todo, a súa morte en 1924 e a de Clotilde medialdea en 1925, levaron

Empresarios de Galicia 344

Page 331: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eugenio Fadrique González 345

Page 332: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 346

a maría villafranca villegas á presidencia do consello de administraciónde la artística-alonarti, mentres que daniel suárez gonzález ocupabaa vicepresidencia e os vogais eran Eugenio Fadrique e abelardo Hermidaastray, marido de maría teresa pérez medialdea.

nestes anos Eugenio Fadrique administraba e atendía a xestión diariada empresa, o que lle permitía —como socio minoritario— vixiar o ren-demento do capital que achegara, propio e prestado. unha función xe-rencial que compaxinaba coa de promotor de iniciativas estratéxicas, poloseu fondo coñecemento tanto da industria e dos mercados coma das téc-nicas existentes. visitante anual da feira de maquinaria de leipzig, erapública a súa afección aos catálogos de maquinaria estranxeira. na brevedescrición biográfica que del fixo ppko (José Cao moure) salientou ami-gablemente que «hai quen calcula en máis de 7000 o número deses vo-lumes que o noso home estuda con fruición». E non dubidou en cualificalocomo un home de gran mérito e sorte: «de mérito porque as súas iniciativasá fronte da fábrica que dirixe lles valeron aos seus accionistas gananciasfabulosas; e, de sorte, porque encontrou apoio e asistencia por parte dossocios capitalistas, que lle confiaron os seus intereses». as verbas de schum-peter axústanse ao respecto oportunamente: «a capacidade para os nego -cios, a administración eficiente, a decisión rápida... superar con éxito assituacións difíciles e aproveitarse con éxito das situacións favorables, noné simplemente cuestión de sorte».

nos anos seguintes imprimiu claramente a súa pegada á marcha daempresa. la artística mellorou a súa sección de litografía con nova ma-quinaria, aumentou a mecanización na construción de envases e diversi-ficou as producións cara á fabricación de tapóns coroa para botellas,caixiñas para produtos de farmacia e toucador, etc. asemade, e para paliara forte crise sardiñeira de mediados dos anos vinte, ampliou os seus mer-cados de litografía e botes, e penetrou nas áreas españolas de conservasvexetais, así como os de aneis másticos, de xeito que procurou unha posi-ción dominante en portugal. desta forma, en 1927, cando este país elevouata niveis prohibitivos os gravames arancelarios á importación de aros degoma, crearon unha nova sociedade, la artística limitada de valença-manufactura de borracha, que se estableceu en valença do minho. Estadecisión foi necesaria para manter unha vantaxe competitiva que la ar-tística ostentaba desde a guerra europea. unha posición que se consolidou

Page 333: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

nos anos trinta, tras impoñerse por lei o peche mediante sertido e logo deasinar un convenio coa Fábrica de borracha luso-belga, pola que esta li-mitaba a súa produción a cambio dunha indemnización.

mentres, a creación da asociación metalgráfica, o 14 de decembro de1927, que agrupaba as empresas españolas transformadoras de folla de latae presidida durante moitos anos por luis suárez-pumariega, permitiu quecristalizasen organicamente diversos acordos de tipo colusivo que funcio-naban desde había tempo a nivel rexional e que, daquela, se estenderon aoconxunto do Estado. os convenios sobre prezos para a litografía ampliá-ronse en 1934 aos tapóns coroa e tamén se unificaron as tarifas para os for-matos máis usuais dos envases de folla de lata. porén, a ruptura dos acordosentre os produtores de aneis hermetizantes levou a unha dura competenciaalongada ata 1932, cando la artística mercou as instalacións do seu prin-cipal competidor, vda. e Hijos de Juan somme e os indemnizou «paraque non poidan fabricar en 20 anos». tratábase, nas propias verbas deEugenio Fadrique, de «rozar o camiño de competidores».

pola súa banda, as fortes eivas competitivas que amosou alonarti s.a. ao longo da década dos vinte fixeron reformular a estratexia inicial eanimáronos a instalar unha sección dedicada á fabricación de tubos com-primibles para pasta, pomadas, etc., actividade apenas iniciada en España.a súa experiencia no traballo co estaño e a estreita relación de la artísticacos laboratorios farmacéuticos, coas perfumarías, etc., foron claves nestadecisión. En 1934 comezou a funcionar cun éxito tan notable que ao anoseguinte tiveron que ampliar as instalacións con nova maquinaria. taméncomezaron a producir arame de soldadura para a industria conserveira.E, co gallo de paliar a falta de competitividade do taller mecánico, asina-ron un contrato coa empresa francesa J. J. Carnaud y Forges de basseIndre, pola que se lle concedía a alonarti s. a. a fabricación exclusiva dassúas máquinas para España y portugal; un acordo que non só lles permitíadispoñer das patentes dun competidor que os estaba desprazando dos mer-cados, senón tamén acceder ás novas tecnoloxías que se estaban a desen-volver. por iso non debe estrañar que, en vésperas da guerra civil, laartística de vigo formase parte das maiores cincuenta empresas nonfinanceiras de galicia, cunhas dimensións por activos netos de tresmillóns de pesetas, que a equiparaban coas restantes metalgráficas galegaspor xunto: la artística-suárez pumariega da Coruña, la metalúrgica s.

Eugenio Fadrique González 347

Page 334: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a. e a pequena de Estanislao nuñez en vigo. o seu crecemento nos anosseguintes distanciaríaa aínda máis.

nestes anos Eugenio Fadrique amósasenos como un claro represen-tante da elite viguesa de antes da guerra; viaxeira, cosmopolita e compro-metida coa modernidade. afeccionada ás novidades adopta as pautasestéticas da época, atributos de progreso e de riqueza. adquiren os pri-meiros automóbiles, practican os deportes de moda e gústanlles a fotografíae o cine. antes xa indicamos que Fadrique gonzález destacara cando co-mezaba o século como fotógrafo afeccionado. sen dúbida, unha afecciónpola que seguramente trabou amizade con José gil, fotógrafo de sona envigo e que en 1909 deixaría constancia da súa voda. por isto non é raroque, en 1928, lle encargase un noticiario publicitario sobre la artística-alonarti, onde se debullaban devagar todos os procesos de produción exis-tentes nas distintas seccións da empresa. tamén sabemos por gasparmassó que foi el un dos primeiros que dispuxo en vigo dun Ford-t, marcada que José gil era representante desde 1914. o relato do conserveiro éde primeira man: «Entraba eu nun dos seus almacéns en Coia sen queme vira. Estaba absorto ante unha enorme caixa aberta que contiña undos primeiros modelos que se estreaban e que viñan totalmente despe -zados para aforrar portes. Fadrique non podía estar indiferente ante os primeiros balbucidos automobilísticos. «acabo de recibilo…», díxome,«pero asústame montar tal cantidade de pezas; o máis práctico é que teentreteñas ti en facelo. Cédoche todo no seu exacto custo de 3222 ptas.».«o certo é que a min me ocorre o mesmo», contesteille. E así foi que oflamante Ford-t vendeullo en iguais condicións a un amigo noso conmáis paciencia ca nós». porén, non tardou en mercar outro igual, peroxa montado, que sería protagonista dunha corrida de becerros na prazade pontevedra, onde os picadores ían montados en dous Ford-t en vez decaba los. brincadeira que foi rodada por José gil e enviada a Henry Ford,que a gabaría nunha extensa misiva.

o relato tamén deixa entrever que durante moito tempo as empresasde vigo estiveron conectadas por redes persoais que encheron de socia-bilidade as relacións empresariais. redes, conexións e vínculos que máisdunha vez se converteron en enlaces familiares e reforzaron os lazos eco-nómicos. é dicir, unha elite conectada mediante redes empresariais queateigaron de relacións económicas as súas condutas sociais e crearon unha

Empresarios de Galicia 348

Page 335: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eugenio Fadrique González 349

atmosfera na que se valoraban os comportamentos creadoresde reputacións e merecedores de confianza. a honradez, aresponsabilidade, a ponderación, a discreción, etc., eran ca-lidades persoais encomiables, pero tamén activos que ase-guraban expectativas, incentivaban negocios e reducíanriscos. un ambiente amalgamado que forzaba a asunciónde compromisos públicos cando certas actitudes oportunis-tas ou deshonestas dalgúns sectores da propia elite facíanperigar os procesos económicos de acumulación aos queestaba destinada a cidade. E nos anos vinte factores comoa crise posbélica, a crise pesqueira ou a quebra do bancode vigo contribuíron a estender un clima económico decrecente pesimismo, ao cal se lle engadía na esfera políticaa presión abafante das hostes de urzáiz, dominantes en to-das as institucións locais (concello, Cámara de Comercio,xunta de obras do porto, etc.). proxectos clave como a re-forma do porto ou a comunicación directa a madrid por fe-rrocarril e estrada adiábanse ano tras ano pola falta de in- vestimentos, mentres que as corruptelas caciquís levaban oconcello a unha lamentable descomposición. todo parecíaconfirmar o estado de parálise, incluso de atraso da cidade.por iso non debe estrañar a decidida participación de Eu-genio Fadrique nos diversos movementos rexeneracionistasque cristalizaron nestes anos. ademais, a mutua admiraciónque se profesaban Eugenio Fadrique e primo de rivera —amigo íntimo da súa cuñada, a viúva maría del río—,sen dúbida, animouno a participar na liga de defensoresde vigo, xunto cun amplo abano de sectores sociais agra -rios, socialistas ou empresarios sobranceiros, como José

Curbera. Con ela accedería en 1923 ao concello como tenente de alcaldena prestixiosa corporación Espino onde destacou polo seu traballo na co-misión de ensino.

posteriormente participaría na unión de Entidades viguesas, da calsería tesoureiro. E dado que a construción de cidades ten un forte carácterde colaboración, non foi visto como algo raro a súa presenza na Juntalocal de aguas, na sociedad stadium balaídos, no padroado da Casa de

Lembranza de Santa Luzía-Viana (Portugal). Pedro Nieto Antúnez, o

gobernador de Pontevedra,Javier Sensat, Gaspar

Massó, Antonio Alfageme,Eugenio Fadrique e Rafael

Romero (19-II-1959)

Page 336: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 350

Caridad, na directiva da Caja regional del retiro obrero, no Jurado deEstimación de utilidades, no consello de administración da Caja de aho-rros de vigo ou no depósito Franco, nin tampouco a súa estreita coope-ración coa Escuela de artes y oficios, onde se formaban algúns latoeirose soldadores, pero tamén boa parte dos debuxantes litógrafos da cidade.

as súas múltiples actividades ocasionábanlle unha continua falta detempo e máis dunha vez se queixou de que estaban a perigar «as miñasobrigas primordiais na xerencia de la artística [...] que como deixo dito,vou abandonando devagar con grave perigo dos meus propios intereses».pero non lle impediron ser un dos fundadores do rotary Club de vigo,que reunía os membros máis destacados dos sectores económicos locais.unha sociedade na que estaría na compaña de bos amigos como gasparmassó, Javier sensat, gómez román, daniel de la sota, manuel san-jurjo, antonio valcárcel e un longo etcétera. un club empresarial, perotamén un club social, do que maría de las mercedes Fadrique del ríoaínda lembra as chamadas veladas rotarias e os seus deliciosos bailes noCasino de vigo. E tampouco por falta de tempo eludiu en 1930 a presi-dencia da Cámara de Comercio, cargo que ocupou ata 1947.

precisamente, como representante desta entidade, e ao lado do con-serveiro ventura Cerqueira, participou na reunión que o 3 de xullo de1932 tivo lugar en santiago de Compostela co gallo de nomear unhacomisión redactora do anteproxecto de Estatuto de galicia. a súa posturaera coincidente coa de boa parte dos empresarios e políticos de vigo,incluída a do propio concello, e oposta, tal como deixou constancia encarta a Castelao, á «disgregación da unidade nacional ou idiomática,aceptando tan só a autonomía administrativa, sempre que saibamos res-ponder dela e que non leve aparellado sair d’un souto pra meternos n’ou-tro». E, en 1933, aínda participaría no partido republicano Conservador,presidido por miguel maura, á beira de manuel Canella tapias, EduardoCabello ou bernardo bernárdez, aquí revelaba un talante democrático eliberal proclive ás reformas e simpatizante dos cambios, pero conservadornas tradicións e fondamente preocupado pola orde. por esta formaciónsería, en abril de 1936, candidato nas eleccións a compromisarios parapresidente da república.

E nestes anos de grisú republicanos, cando a crise económica mun-dial dificultaba a marcha das empresas, limitaba os mercados e multipli-

Page 337: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eugenio Fadrique González 351

caba o desemprego, la artística incrementou o fondo de accidentes esocorros dos traballadores. así, e aínda a forza de reducir beneficios,rexeitou calquera despedimento de persoal ou redución de xornada.unha política laboral que lle permitiu evitar conflitos laborais ou folgasnas fábricas que dirixía, cunha soa excepción, cando os obreiros de laartística-alonarti pararon en solidariedade co resto dos seus compañeirosdo metal de vigo. unha mostra máis da sensibilidade de Eugenio Fadri-que cara aos problemas dos traballadores; sen dúbida, influída polasinquedanzas sociais e pola doutrina moral católica, relixión da que foisempre un fondo convencido e asiduo practicante.

Da guerra, da posguerra e dunha fecunda vellez

o inicio da guerra civil significou unha nova conxuntura para aindustria galega. os talleres de la artística-alonarti foron militarizadosinmediatamente para a fabricación de material bélico, concretamente degranadas lafitte, coñecidas tamén como petardos thevenot. a produciónmilitar foi tan intensa que forzou á realización de quendas continuadasdía e noite. unha prolongación da xornada laboral que levou a xerenciaa instalar unha cantina, posteriormente comedor, e unha casa-berce,cunha enfermeira titular e varias auxiliares, «para atender e alimentardurante o traballo os fillos das obreiras en período de lactación». dúasinstitucións que se manterían no tempo e serían consideradas non só algoemblemático de la artística, senón tamén un bo reflexo da proteccióndo traballo exercida sempre pola empresa.

da mesma forma, a sección de tubos de alonarti beneficiouse dunsmercados en expansión, pois era a única fábrica de tubos comprimiblesexistente na zona franquista, e do incremento da demanda para fins far-macéuticos; de feito, xa en 1937 a produción duplicou a de antes do con-flito. asemade puideron aproveitar o aumento da demanda de soldadurade estaño pola industria conserveira, da que se converteu no seu princi-pal fornecedor, substituíndo as importacións procedentes de Inglaterra.os beneficios obtidos durante a guerra civil —dos maiores da súa histo-ria— foron destinados a unha maior retribución aos accionistas, á com-pra de diversas propiedades inmobles «agora que todo é inseguro», e,sobre todo, ao reinvestimento na ampliación da capacidade produtiva das

Page 338: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 352

propias empresas: la artística aumentou en máis dun 50% os seus activose alonarti s. a. gañou peso dentro da casa matriz e representou ao finaldo conflito case que o 70% dos desta.

agora ben, se para os negocios foron anos excelentes, para EugenioFadrique, persoalmente, non o foron tanto. na espera de que acougase asituación, desprazou ata o mes de setembro as súas fillas a portugal, onde,desde 1932, estudaba o seu fillo Eugenio, xunto con boa parte dos seuscompañeiros de colexio dos expulsados xesuítas. ademais, o inicio da re-belión militar, en xullo de 1936, abriu a porta a un réxime de terror xe-neralizado e incontrolado. tempos nos que os asuntos persoais e as en-vexas se converteron en políticos.

nin tan sequera Eugenio Fadrique escapou completamente a elas, apesar de participar na comisión xestora provisoria que se constituíu o 22 dexullo para dirixir o Concello de vigo, como encargado da sección defacenda, e ser nomeado en 1938 membro do Consejo nacional de Cré-dito. de feito, tivo que recorrer ás influencias dos bispos de valladolid,anteriormente da diocese de tui-vigo, d. antonio garcía garcía, e o demadrid-alcalá, o tan sinistro como podente d. leopoldo Eijo garay. polascartas dos dous prelados sabemos que sufriu desde os primeiros momentosda rebelión un acoso «manexado por industriais e persoas de autoridadepolítica encirrada por aqueles». asemade subliñarán o seu pasado de per-soa de orde, as súas fortes crenzas católicas e a política social mantida polaempresa, «polo que foi obxecto de duras censuras, cualificándoo de masóne outros denominativos que endexamais puideron probarse», indicandoque a súa pertenza ao rotary Club non é nada estraño, pois a el «perten-ceron todos os elementos de dereitas e industriais da provincia».

E non lle debeu de axudar moito a súa intervención para evitar os fu-silamentos do alcalde Emilio martínez garrido, dos deputados socialistasantonio bibaltúa zubeldía e Ignacio seoane Fernández, do histórico lídersocialista Enrique Heraclio botana, do presidente da Casa do pobo apo-linar torres, do médico ubaldo gil santóstegui, do exalcalde de lavado-res, de José antelo Conde ou do funcionario da Casa do pobo ramóngonzález brunet. nin tampouco que Enrique blein budiño, primeiroalcalde republicano de vigo, no seu leito de morte no hospital municipalo nomease, xunto con alejandro viana, titor dos seus sete fillos menoresde idade. de feito, os problemas continuaron. a comezos de 1940, e coa

Page 339: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

empresa aínda militarizada, tivo que dirixirse ao delegado provincial detraballo para protestar por unha decisión que só lles permite aos traba-lladores «ir ao retrete unha vez cada día», facendo responsable a «algúnelemento que preside as manifestacións patrióticas» e indicando que «sealgún canalla está agora incomodado por que nas súas contas correntesnon se ingrese mensualmente o que durante 1936 (parte), 1937, 38 e 39(parte), que se amole que xa lle chegou».

Co final da guerra civil cambiou o clima empresarial. a política seguidapolo novo réxime fixo desaparecer o mercado baixo un manto de inter-vencionismo e burocracia que abrangueu todos os aspectos da actividadeeconómica, producindo continuos trámites, eternas demoras e grande ar-bitrariedade nas resolucións administrativas. as industrias de bens de con-sumo, incluíndo a industria conserveira, víronse discriminadas fronte ásde bens intermedios, produtos químicos ou produtos militares. o buro-crático xigantismo sindical absorbeu as vellas organizacións corporativas,mentres que a necesidade de eludir a discrecional trama intervencionistalle fixo gañar importancia á proximidade aos novos centros de poder fran-quista. as boas relacións substituíron a capacidade resolutiva dos xerentese os lazos familiares ou as amizades, o talento dos homes de negocios. asenerxías empresariais perdéronse en evitar a trama intervencionista e re-mataron por diluírense na procura de vantaxes individuais.

por outra banda, o inicio da segunda guerra mundial e o aliñamentode España coas potencias do eixe, situou o país no peor dos campos paradispoñer de materias primas, mentres a política de illamento internacio-nal imposta polo goberno bloqueaba as importacións. o fornecementodos inputs quedou nas mans da limitada oferta nacional, incapaz decubrir a demanda e sometida ás cotas e aos prezos establecidos por diver-sos organismos. a escaseza de materias primas converteuse en endémica;a chapa negra substituíu a folla de lata e ocasionoulle graves problemas áindustria conserveira; e o mesmo sucedeu co caucho, co cobre, cos ver-nices, coas tintas, etcétera. o sucedáneo elevouse a paradigma. E ás difi-cultades derivadas do intervencionismo e á falta de materias primasengadíronse as carencias enerxéticas.

a falta de carbón, gas e electricidade foi tan intensa que os soldadoresen la artística remataron por empregar carbón vexetal. ademais a empresaatopou numerosas dificultades para ampliar a capacidade produtiva pro-

Eugenio Fadrique González

Fotografía das páxinas seguintes: Eugenio

Fadrique cun grupo de traballadores (s. d.)

353

Page 340: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 341: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 342: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 356

xectada ao final do conflito. a nova nave non estivo disposta ata 1944, omesmo que as obras de ampliación de alonarti. así tivo que enfrontarseaos problemas derivados do continuo retardo na renovación da súa ma-quinaría pola denegación dos permisos administrativos. a isto engadíuselle,desde 1946, a crise sardiñeira que derrubou a produción de conservas atamediados dos anos cincuenta e arrastrou a dependente demanda da em-presa, tanto de litografía coma de envases e xuntas de goma.

tamén alonarti s. a. acusou as dificultades derivadas da falta de ma-terias primas e as continuas restricións enerxéticas. xa a comezos dos anoscorenta, a sección de tubos comprimibles tivo que comezar a producilosde chumbo estañado, de peor calidade e substancialmente máis baratos,aínda que a produción de maquinaria se puido beneficiar do ciclo expansivoda industria conserveira e do illamento internacional de España, que es-timularon un certo proceso de substitución de importacións lastrado polosproblemas de falta de aceiros, rodamentos, enerxía, etc.

na segunda metade da década, e especialmente desde 1947, a situa-ción agravouse pola crise conserveira que paralizou a demanda. un con-xunto de problemas que fixo escribir a Eugenio Fadrique en 1947: esteano «foi unha das etapas mais difíciles da nosa dilatada vida industrial».nos anos seguintes o lamento sería constante. porén, en 1950, a pesar dadifícil situación e dos cambios acaecidos na estrutura produtiva galega,la artística de vigo era a única metalgráfica que seguía a manterse poractivos netos dentro do ránking das cincuenta primeiras empresas nonfinanceiras de galicia.

os anos corenta pasaron ao imaxinario colectivo dos españois comoos anos da fame, xa que o precario e mísero racionamento non asegurabanin as necesidades básicas da poboación. precisamente, la artística, paraaliviar a gravidade da situación, construíu cociñas e comedores, para queos obreiros puidesen «comer por un módico prezo». E ao agravárense osproblemas de fornecemento de alimentos, acometeron o cultivo de patacas,millo, cenorias, fabas, etc. nas súas propias terras e tamén a cría e engordede porcos e crearon un economato para a venda de alimentos básicos eoutros artigos de consumo. Cantina, comedores e economatos onde osobreiros pagaban coas propias moedas cuñadas na empresa.

pola contra, a escola modelo, con gardarías, comedores, ximnasio,etc., proxectada en 1934, para todos os nenos do barrio de Coia, e para o

Page 343: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eugenio Fadrique González 357

que xa contaban con planos e terreos, adiouse indefinidamente polamala situación económica do país e da empresa; aínda que, andando otempo, se cederon os terreos para a construción dun grupo escolar. Contodo, xa en 1940 foron nomeados como entidade colaboradora de la Cajanacional de subsidios Familiares en el régimen obligatorio, o que llespermitía realizar directamente todas as operacións de cobro e pago decotas, e tamén lle daba grandes facilidades a todo o persoal. unha activi-dade que sería recoñecida en 1961 ao ser cualificada como empresamodelo polo Instituto nacional de previsión.

precisamente, esta sensibilidade cara aos obreiros explica por que undía, a comezos do verán de 1943, aló pola tardiña, se puidesen ver du-cias de homes, mulleres e mozos avanzar pola estrada de baiona nunbarullo de cancións, música de gaitas e estralos de foguetes. o seu des-tino era a parroquia de Canido, lugar de veraneo de Eugenio Fadrique eonde descansaba tras unha delicada intervención cirúrxica realizada enmadrid, que remataba con anos de continuas molestias. unha mostra deafecto dos traballadores á que non tardou en corresponder. o 18 de xullo,ofreceulle unha espléndida comida a todo o persoal da empresa, querecibiu a súa chegada con bombas e aplausos, e, despois de emocionadosdiscursos, o lanzamento dun globo de papel e logo cancións, con músicae baile ata case que a noite.

se durante os anos cincuenta un cúmulo de problemas lastrou asactividades tradicionais de la artística, non foi quen de impedir queEugenio Fadrique traballara arreo na procura do aumento da súa capa-cidade competitiva e da rendibilidade da empresa. desta forma, come-zou a participar da man de gaspar massó e Javier sensat Curbera endiversas iniciativas pesqueiras. o acertado da decisión permitiulle dicir,en 1960, que «os barcos seguen a producir beneficios de consideración,maiores que se se efectuasen outra clase de investimentos». ademais, en1953, agardando pola próxima normalización da oferta de materias pri-mas e coa axuda de gaspar massó, adquiriu en portugal tres trens fran-ceses da marca Lubin, cunha produción anual de máis de dez millóns delatas a decollage. tamén potenciou a fabricación de tubos comprimibles,substituíndo os vellos de chumbo estañado polos de aluminio e mon-tando unha sección para a súa produción en portugal.

precisamente foi neste país onde, xa na primeira metade dos anos cin-cuenta, se deixou sentir a presenza dos novos produtos hermetizantes da

Page 344: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 358

man das empresas americanas. as vantaxes da chamada goma líquida eransubstanciais para os conserveiros, pois permitían mecanizar o proceso deengomado das latas, co conseguinte aumento da produtividade e co aforrode man de obra. la artística non tardou en ver ameazada a súa posiciónprivilexiada nos mercados peninsulares, pero a produción de goma líquidaera radicalmente distinta e moito máis complexa ca a dos aneis másticos;unha dispersión coloidal de caucho nun medio acuoso, posteriormenteestabilizada, fronte a unha simple mestura mecánica de caucho naturalsen vulcanizar cunha carga inorgánica.

porén, Eugenio Fadrique, de avanzada idade, carecía de forzas paraexecutar a transformación, de aí que a tarefa recaese no seu fillo EugenioFadrique del río, Aguto, moi ben dotado para as relacións públicas e for-temente conectado con certos círculos da sociedade norteamericana,cunha axenda que faría as delicias das revistas do corazón. non sabemosos métodos que empregou o sedutor Aguto para obter a fórmula da gomalíquida, pero si que a inexistencia en España do material de laboratoriopreciso e calquera experiencia na dispersión de caucho en auga conver-tían a súa produción nunha tarefa nada doada. un préstamo concedidopola empresa a Aguto permitiu desenvolver os traballos iniciais. En 1956,venancio lópez lorenzo, químico militar e xefe do laboratorio daempresa, puido efectuar con éxito no national College of rubber tech-nology de londres as primeiras probas de dispersión de caucho en auga.dous anos máis tarde, solucionados os atrancos para a obtención damaquinaria precisa, la artística comezou a vender goma líquida. asmáquinas necesarias para a súa aplicación polos conserveiros desenvol-veríanse en alonarti s. a.

se nesta década se asentaron as bases das futuras vantaxes competitivasde la artística, tamén se produciron cambios decisivos no seu accionariadoe no seu goberno. En 1953, «para evitar problemas de sucesións», con-verteuse en sociedade anónima na que se inscribiu un capital de oito mi-llóns de pesetas, distribuído entre maría suárez-pumariega villafranca(40%), Eugenio Fadrique gonzález (25%), rosa Candeira suárez e fillos(17,5%) e maría teresa pérez medialdea (17,5%). unha transformaciónesixida pola reiterada vontade de maría suárez-pumariega, viúva sen her-deiros directos, de transferirlles as súas accións aos socios restantes, espe-cialmente a Eugenio Fadrique e aos seus herdeiros «pola súa brillante

Page 345: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eugenio Fadrique e GasparMassó (anos cincuenta)

Eugenio Fadrique González 359

xestión á fronte da sociedade», por isolle daba «preferencia e exclusividade»á hora de adquirir as accións necesariaspara obter a maioría na empresa. así,tras o seu pasamento en 1957, co pro-xectado cambio accionarial, EugenioFadrique accedeu á presidencia do con-sello de administración. sen dúbida, oremate dunha traxectoria que permitecaptar o sentido máis pleno do conceptode capacidade empresarial, recuperadopor schumpeter, e que alude a unhaaptitude de administración eficiente e

a un talento especial para asegurar resultados positivos nun mundo comoo dos negocios, cheo de riscos e incertezas, e con recompensas distintasaos intereses rendidos polo capital achegado ou ao salario correspondenteá dirección.

de feito, esta capacidade xa fora recoñecida había tempo nos mediosempresariais, o que o forzara malia o seu «continuo afán por escure-cerse», a unha intensa actividade pública en diversos organismos e insti-tucións; así, foi presidente da asociación metalgráfica, da cal seríanomeado presidente honorario en 1963; vogal polo Estado no Consorcioda zona Franca entre 1947 e 1968, membro do consello de administra-ción de FEnosa e seguiu colaborando coa Escola de artes e oficios,aínda que sempre preferiu o padroado da súa querida Casa de Caridade.

Eugenio Fadrique, de avanzada idade, puido ver como a finais dosanos cincuenta a economía española entraba nunha nova etapa na quecomezaba a desaparecer o imperante regulamento económico, na que seeliminaban cotas e licenzas, se abría ao exterior e se estimulaba o inves-timento estranxeiro. unha nova situación de competencia que incidiuinmediatamente en la artística. xa en 1960, un grupo dos principais con-serveiros vigueses asociouse coa empresa francesa Carnaud, para mon -tar en vigo unha planta de produción de envases metálicos, que nontardou en facerse con boa parte do mercado das latas estándar para conser -vas de peixe; en 1961, estableceuse a metalgráfica malagueña en vilagar -cía de arousa e, pouco despois, en 1966, a metalgráfica látex na Coruña.

Page 346: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eugenio Fadrique de avanzada idade, traballando no seu despacho (anos sesenta)

Empresarios de Galicia 360

tamén neses primeiros anos sesenta a súa principal com -petidora na produción de goma líquida, a americanadEWalCo, iniciaba a súa produción en España.

Estas ameazas producíanse nun momento no queEugenio Fadrique comezaba a abandonar a actividadecotiá na empresa, aínda que, tal como escribiu en 1966o seu fillo aguto, «seguía ao pé do canón». a súa sucesiónproduciuse de xeito asisado e paseniño; acudía diaria-mente á fábrica e mantívose na presidencia da sociedadeata 1970 pero cedendo responsabilidades de forma pro-gresiva. de feito, moitas das decisións estratéxicas tomadasnesta etapa levan claramente a súa pegada. así, fíxoseun plan de renovación dos equipos de produción aoabeiro do polo de desenvolvemento, que se centrou na litografía e na fa-bricación de envases de formatos especiais; ampliou os seus mercadoscara á industria cárnica, láctea, etc. se aceptou a idea de participar entersa (talleres de Envases reunidos), empresa fabricante de botes, creadaen 1963 por algúns conserveiros da ría de arousa, con domicilio en santauxía de ribeira, pero «de forma que non apareza o noso nome», co finde asegurarse a totalidade do litografado da folla de lata.

un claro precedente do acordo estratéxico que daría lugar a artiscars. a., sociedade conxunta constituída en 1970, entre la artística y Car-naud-Forges de basse Indre pola cal esta se comprometía a mantelacomo única fornecedora de litografía a cambio da exclusividade da súaprodución. do mesmo xeito, en 1963, comezou a participar en agridesa(agrupación de Industrias de desestaño s. a.) para aproveitar o estañoprocedente dos recortes da folla de lata.

tamén se fixo realidade a súa vella idea de ter unha planta en madriddedicada á fabricación de tubos de aluminio, para acceder mellor aosmercados da meseta, o que se produciu en 1966 coa compra dunha par-ticipación maioritaria en Idalsa (Industrial derivados del aluminio s. a.).E aínda puido ver como a goma líquida de alonarti comezaba a ser com-petitiva nos mercados de conservas vexetais e de peixe españois, da mandas estratexias do seu fillo aguto. Este, pouco a pouco, ao longo dos anossesenta foi ocupando diferentes postos de responsabilidade nas empresase nos seus consellos de administración, e aínda que Eugenio Fadrique se

Page 347: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

Carmona, x., e J. nadal (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de histo-ria, 1750-2000, a Coruña, Fundaciónpedro barrié de la maza.

FErnándEz gonzálEz, m. (2005): La di-námica sociopolítica en Vigo durante laSegunda República, tese de doutora-mento, santiago de Compostela, usC -Facultade de xeografía e Historia, de-partamento de Historia Contemporáneae de américa, (formato electrónico).

massó, g. (1972): «Eugenio Fadrique»,Anuario de Vigo, p. 31.

gIráldEz rIvEro, x.: La Artística (1906-2006), vigo, la artística productos Quí-micos sau, 2006.

gIráldEz rIvEro, x. (2007): «Fabricantesdo intanxible, o efémero e o ínfimo: asempresas metalgráficas en galicia (1900-1936)», ADRA, 2, pp. 87-101.

gonzálEz martín, g. (1986): Cien añosde interés por Vigo, vigo, Cámara de Co-mercio Industria y navegación.

gonzálEz martín, g.: «Eugenio Fadrique:presidiendo más de 15 años la Cámarade Comercio», La Voz de Galicia (ed.vigo) (31/09/1993).

lEbranCón nIEto, J. (2008): El consorciode la zona franca de Vigo. Industria, co-mercio y desarrollo urbano, vigo, Con-sorcio de la zona Franca.

lIndoso tato, E. (2006): Los pioneros ga-llegos. Bases del desarrollo empresarial(1820-1913), madrid, lId.

vEIga, m. (20059: O réxime de Primo de Ri-vera en Vigo e na provincia de Pontevedra:da esperanza á desilusión, http://pdf.de-pontevedra.es/ga/104/filwQaJlJb.pdf.

Eugenio Fadrique González 361

cadra non entendía moito os novos métodos de dirección implantadospolo seu fillo, máis ocupado das relacións públicas ca da xestión cotiá,agora nas mans dun xerente asalariado, non os cuestionaba. la artística-alonarti comezaba a superar unha das súas etapas máis difíciles.

o pasamento de Eugenio Fadrique gonzález tivo lugar o 15 de setem-bro de 1971, dous anos despois do falecemento da súa muller, Josefa delrío gutiérrez. aínda que nos días posteriores se escribiron diversas necro-lóxicas laudatorias, os seus mellores retratos fixéranse en vida, había xamoito tempo. todos eles concordaban na súa modestia recalcitrante, pro-verbial, pero o seu trazo máis salientado foi o común aprecio daqueles cosque se relacionaba. se en 1927 bernardo bernárdez preguntaba: «Haialgunha persoa en vigo que puidese rifar con don Eugenio Fadrique?»,corenta e catro anos despois o seu amigo gaspar massó daba fe de que fora«unha persoa que non coñeceu inimigos e sempre foi bo a carta cabal».

Page 348: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1881-1959

ELOY DOMÍNGUEZ VEIGA

Page 349: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

UN DOS GRANDES DA INDUSTRIA CERÁMICA EN ESPAÑA*

Ángel I. Fernández Gonzálezprofesor titular da universidade de santiago de Compostela

En xullo de 1936, cando estalou a guerra civil, Eloy domínguez pa -saba as súas vacacións na guarda. daquela, era o maior empresario doazulexo en España, con fábricas en manises, onda e sant vicent del ras-peig. Contaba 53 anos e instalárase había máis de trinta en valencia, pro-cedente do seu Camposancos natal, na desembocadura do miño, terra detelleiros e canteiros e pioneira na introdución dos serradoiros mecánicosde madeira. rematada a guerra e despois de tres anos afastado das súasfactorías azulexeiras levantinas, volveu erguer o seu pequeno imperiocerámico e conseguiu establecer en Catoira unha das máis importantesempresas do sector en galicia, que bautizou co nome de Cerámicadomínguez del noroeste s. a. (Cedonosa).

a súa foi unha traxectoria empresarial singular se a comparamos coados máis destacados empresarios galegos do seu tempo. En primeiro lugar,porque ao longo da primeira metade do século xx foron maioría os indus-triais que basearon os seus negocios na transformación daqueles produtosprimarios nos que galicia, polos seus recursos naturais ou pola súa estru-tura produtiva, gozaba de vantaxes comparativas. tales foron os casos da

* o meu agradecemento a basilio moreira Carrero, a Fernando pérez sierra, a manueldomínguez gómez, aos irmáns guillán e a ana longo Fernández e aos colegas de FErro-grés polas informacións facilitadas para esta biografía.

Page 350: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

gandaría e dos seus derivados, da pesca e das conservas, da madeira, daconstrución naval, da minaría, da hidroelectricidade, etc. En segundolugar, porque se dedicaron a actividades do sector servizos, como o comer-cio, o transporte e a banca, sempre coa finalidade, agás raras excepcións,de atender o mercado rexional. E singular tamén, en terceiro lugar, por-que unha parte considerable da clase empresarial galega atopou asento econsolidación en latinoamérica, sen realizar investimentos produtivosna súa terra natal.

a historia de Eloy domínguez discorreu nos seus inicios por ambos osdous camiños, pois pertencía a unha familia con negocios comerciais enamérica que establecera un serradoiro mecánico en galicia. porén, nontardou moito en cambiar de rumbo para se converter nun dos poucos gale-gos do seu tempo que se aventuraron e acadaron éxito empresarial noutrasrexións de España. a diferenza de moitos dos seus paisanos, Eloy perma-neceu deste lado do atlántico e acabou triunfando no mediterráneo.

O ambiente familiar, a patria chica e a aventura exterior (1881-1912). Do Atlántico ao Mediterráneo

Eloy domínguez veiga naceu en Camposancos (a guarda) o 15 denovembro de 1881 e foi o máis novo dos seis fillos —tres homes e tresmulleres— de Celestino domínguez pérez e Isabel veiga vicente, veciñosda localidade. a súa familia máis próxima combinaba dous tipos de acti-vidades: a construción e o comercio en puerto rico. o seu pai era con-tratista de obras e temos constancia de que se encargou de realizar ocamiño de acceso á ponte ferroviaria que comunicaba tui con valençado minho (portugal), inaugurada en 1886. tamén de que, en sociedadeco seu parente, o mestre de obras da mesma localidade, teodoro sabarizpérez, edificou a nova igrexa parroquial de ponteareas, cuxas obras —ad-xudicadas en 1880 a Celestino por 117.099 pesetas— concluíron en 1885.1morto o seu pai, o negocio sería mantido polo o seu irmán maior manuel,

364Empresarios de Galicia

1 teodoro exercía as funcións de aparellador e Celestino encargábase da administra-ción. martínez tamuxe, x. (1991); sánchez bargiela, r. (2005: 87-89). arquivo Histó-rico provincial de pontevedra (aHppo), protocolos, porto y garcía 1890, núm. 117.

Page 351: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

que se adxudica en 1904 a construción do novo Instituto técnico provincialde pontevedra, e polos seus tíos valentín e domingo.2 outro piar dos in-gresos familiares era o comercio en puerto rico. Foron varios os domín-guez dedicados a actividades mercantís na illa caribeña como facían nu-merosos guardeses, e entre os máis activos figuraba sen dúbida o tío epadriño de domínguez veiga, valentín domínguez pérez, quen á súavez tiña ao xa citado teodoro como persoa da súa máxima confianza.3

naceu, pois, Eloy, nun ambiente familiar relativamente acomodadoe fiel reflexo da vida económica das localidades da franxa litoral do baixomiño que, ademais de na agricultura e na pesca, estaba baseada tanto naconstrución coma na elaboración dos seus materiais e na emigración aamérica, maioritariamente a puerto rico e brasil.

tras o falecemento do seu pai en novembro de 1890, Eloy domín-guez seguiu o camiño habitual de familiares e veciños e ensaiou a aven-tura americana ao marchar a santo domingo en 1897, con 15 anos, paratraballar como empregado nun comercio. non se trataba, por suposto,dun salto ao baleiro, pois contaba coa experiencia e co apoio dos seus tíospaternos, do seu irmán manuel e dun personaxe que xogaría un papeldestacado nos inicios da súa experiencia empresarial no sector cerámico:Celestino trigo pérez. orixinario da veciña parroquia de tabagón (orosal), tiña negocios e notables contactos tanto en puerto rico coma narepública dominicana —da que foi, entre os anos 1910 e 1920, cónsulhonorario en valencia—, e cabe pensar que este foi o motivo que levoua Eloy a santo domingo e non a puerto rico, destino principal dos guar-deses que emigraban ás antillas.4

365Eloy Domínguez Veiga

2 valentín —comerciante— encargouse de dar fianza en madrid para esta obra edomingo recibiu poder do seu sobriño manuel para executala. aHppo, protocolos, ávila yarines, núms. 171 e 226. Como aparellador actuou teodoro sabariz (martínez tamuxe,1991).

3 do que é proba o poder mutuo que se confiren en 1895 «para administrar y ejerceractos de dominio tanto respecto de los bienes comunes como de los privativos de cada uno deellos, y para enjuiciar [...] [y para entre ellos] tomar parte en subastas de servicios y obras públi-cas del Estado, provinciales o municipales [...]». aHppo, protocolos, ávila y arines, núm. 38.

4 o propio Celestino trigo foi o que recomendou un veciño seu, luis baquero alonso,para traballar nunha reputada casa comercial de santo domingo, en 1902. luis baquerocasaría en 1920 cunha curmá de Eloy domínguez, e a sociedade comercial baquero Hermanoschegou a ser das máis importantes da illa (villa álvarez, 1997: 27-39).

Page 352: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Vista aérea de Camposancos,anos sesenta, co serradoiro dosCandeira en primeiro termo. Á súa beira estivo o serradoirodos Domínguez

Mapa da Guarda (Gran Enciclopedia Gallega)

Page 353: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

non botou máis de dous anos na illa caribeña, pois con 17 —en1899— estaba xa de volta, ben por non atopar alí perspectivas de mellora,ben por fuxir da guerra que tras a explosión do Maine en febreiro de 1898enfrontaría a España cos Estados unidos, ou ben —o máis probable—porque a familia estaba a piques de establecer unha industria en Campo-sancos á que podería incorporarse. porque, en efecto, ao pouco tempo doseu regreso, Eloy pasou a participar nun negocio fundado polo seu irmánmanuel e outros familiares: un serradoiro mecánico e uns fornos de cal.En agosto de 1900 constitúese a sociedade regular en Comandita ma-nuel domínguez y Cía. cun capital de 200.000 pesetas, das que o irmánmaior dos domínguez achegaba o 77,5%, teodoro sabariz o 7,5% e o so-cio comanditario basilio santiago —casado con maría, irmán de Eloy—o 15% restante. nunha das cláusulas especificábase: «El socio d. manueldomínguez vega hace presente en este acto que de las 155.000 pesetasque aporta como capital a la sociedad regala o cede 5000 pesetas, enprueba de cariño, a su hermano d. Eloy domínguez vega, a quien deseainteresar en los negocios de la compañía [...]».5 o novo serradoiro insta-louse no lugar da pasaxe, xusto ao lado do que os irmáns Candeira esta-bleceran en 1884, e a escasa distancia do que anos antes —contra 1881—fundaran os irmáns parís morla, valencianos de dénia.6

os domínguez sumábanse así a un negocio, o da elaboración mecá-nica de táboas grosas e finas de madeira, que medrara en galicia desde adécada 1880 en resposta á crecente demanda de envases para transportartanto a froita que desde o levante español se exportaba a diversos paísesde Europa coma a sardiña salgada galega; este negocio abastecería taméncon posterioridade a construción naval e a industria conserveira autócto-nas.7 a comarca do baixo miño reunía condicións ideais para ser pio-neira neste, grazas á dispoñibilidade de piñeiros nas dúas beiras do río,

5 aHppo, protocolos, ávila y arines, 1900, núm. 129.6 garcía lago (1998: 160 e 188), menciona que xa en 1855 manuel antonio Can-

deira tiña un serradoiro manual na pasaxe e que o serradoiro mecánico o establecera Cons-tantino Candeira en decembro de 1884, extremo confirmado no xornal la Integridad(06/12/1924) cando dá conta da celebración do corenta aniversario da fundación dafábrica. o dos irmáns parís establecérase en 1881 (lucena, 2006: 136).

7 Carmona (2005: 166-170).

367Eloy Domínguez Veiga

Page 354: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

española e portuguesa, e grazas igualmente ás facilidades de transporteque concedían tanto o propio curso fluvial coma a proximidade ao mar.

así pois, a traxectoria inicial de Eloy domínguez encaixou por unhabanda na tradición migratoria que desde principios do xIx conducira amoitos dos seus paisanos a américa e, por outra banda, na máis recenteexpansión do aproveitamento industrial da madeira. pero hai que subli-ñar tamén que estaba a seguir os pasos dunha especialización con grandearraigamento local: a dos oficios da construción. En tempos do Catastrode Ensenada, a mediados do xvIII, a zona do baixo miño concentraba ungran número de artesáns da pedra —canteiros e cachoteiros— que igualca os seus numerosos colegas do resto da provincia de pontevedra exer-cían o traballo da pedra por toda a península.8 E algo semellante aconte-cía no ámbito da fabricación de tellas ou ladrillos, xa que no século xIx

—e aínda durante boa parte do xx— eran moitos os que desde o extremosudoeste de galicia saían todos os anos a elaboralas nos meses do verán ecomezos do outono por diversas rexións de España. tanto era así, queaínda en 1958 se seguían desprazando os telleiros, tal como narraba ocorrespondente na guarda de El Pueblo Gallego (09/10/1958):

tras unos meses de constante trabajo en distintas cerámicas instala-das por todo el solar hispano se va notando la llegada de gran número detejeros, que retornan a sus casas después de haber cumplido con el con-trato establecido anteriormente. Cientos de hombres anualmente se des-plazan a distintos pueblos, muy en especial de la provincia de valladolid,zamora, zaragoza, orense, etc., para ocuparse allí durante una tempo-rada de la construcción de tejas y ladrillos.

Escenas que resultaban moi familiares para Eloy, como sinalabavalentín paz andrade:

de su mismo pueblo, acurrucado al abrigo del monte de santatecla, el muchacho viera partir todas las primaveras la migración de lostelleireiros. rudos artesanos del barro, que salen en busca del sol de Cas-

368Empresarios de Galicia

8 no citado catastro figuraban no couto de Camposancos 14 veciños co oficio de can-teiros e 53 co de canteiros cachoteiros; 18 e 53 respectivamente na parroquia do rosal; 8 e 51 na guarda; e 17 e 244 na de salcidos (Respuestas Generales en http://pares.mcu.es/Catastro).

Page 355: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tilla para fabricar el adobe, la teja, el ladrillo..., sobre los propios yaci-mientos de arcilla [pero] Eloy domínguez veiga no naciera para tellei-reiro estacional y migrador.9

Co inicio do século xx, a esta produción artesanal —local ou itine-rante— sumouse unha instalación fabril cando en 1900 se estableceu nolugar das Cachadas, da freguesía de salcidos, a fábrica de cerámica e ola-ría J. lomba y Cía., a 3 quilómetros do serradoiro familiar.

de maneira que ata a súa marcha a valencia en 1905, con 24 anos,Eloy domínguez medrou nunha atmosfera industrial cun denominadorcomún: a elaboración de materiais de construción (pedra, madeira,tellas, ladrillos e cal). puido, xa que logo, familiarizarse tanto coa formade traballar dos contratistas de obras coma coas novas técnicas que esta-ban a aplicarse na industria, no transporte e nas comunicacións. Cos pro-cedementos de cocción (os fornos de cal da empresa familiar, os fornoscerámicos de lomba) que tanto empregaría nas súas propias empresas;coas caldeiras de vapor dos serradoiros de parís Hermanos, de Candeiraou da familia; cos barcos de vapor que con crecente frecuencia acompa-ñaban os veleiros que recalaban no miño; co teléfono, instalado a finaisda década de 1880 no serradoiro dos Candeira.10 E estivo en contacto, asímesmo, cunha atmosfera comercial que enlazaba américa, galicia e olitoral mediterráneo, co mundo da emigración e do comercio atlántico,co activo tráfico mercantil entre as costas galegas e o levante.

o capital conseguido pola familia nos negocios caribeños xunto aoacumulado na construción e a madeira serviron, cabe supoñer, para queos irmáns domínguez desen un paso que se revelaría decisivo na posteriorvida de Eloy. En 1904 constituíron unha nova sociedade, domínguezHermano y trigo, presumiblemente continuadora da anterior, con 500.000pesetas de capital subministradas a partes iguais polo seu irmán manuel,por el mesmo e polo xa mencionado Celestino.11 E así, en 1905, comoxa sinalamos, o menor dos domínguez desprazouse a valencia onde, á

369Eloy Domínguez Veiga

9 no prólogo a gonzález luengo (1963: 10).10 garcía lago (1998: 169).11 Información fornecida por uris guisantes, José a., en www.galiciasuroeste.in-

fo/varios/xesuitas2.htm.

Page 356: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

parte de atender os negocios do serradoiro familiar, se ocuparía, xuntocon Celestino, das demais actividades ás que se dedicou a nova empresa.Isto é: comercialización de azulexos, conservas vexetais e cítricos.12

por que valencia? non dispoñemos de fontes que nos esclarezan osmotivos de tal decisión, pero cabe pensar que esta tivo que ver cos fortesvencellos que unían a súa localidade natal con levante. unha relaciónexplicada polo miúdo no recente traballo de lucena (2006), quen sinalaque desde mediados do xIx a localidade de dénia se convertera nun dosprincipais centros de elaboración e exportación de pasas moscatel. E de aíxurdiría o establecemento de serradoiros e almacéns de madeiras deempresarios levantinos como o dos xa citados Hermanos parís en Campo-sancos ou o fundado en tui polas casas viuda e Hijos de riera vallalta eJosé domenech domenech, coa denominación social J. salort y Cía.,crea da na localidade alacantina en 1901 por José salort domenech —parente dos riera— e Juan bautista domenech domenech.

segundo a escritura de constitución, esta sociedade debía enviar pormetade ás dúas casas de dénia «las maderas que en forma de tabla otablón compre en galicia y portugal [...] 100.000 parejas de coronas paracajas de naranjas fitadas, ó sea clavadas, y además empaquetadas, [...] y lamitad de los testeros de caja de pasa que resulten a cada una de dichascasas de denia enviándolos empaquetados [...]». da importancia destetráfico dá idea a afirmación sostida en 1906 por viriato oliver, directordo xornal El Amigo del Pueblo, de que as entradas de madeiras de galiciaen dénia «hoy casi han perdido el carácter de importación, pues másbien parecen el traslado de materiales aquí de dependencias de fabrican-tes de nuestra plaza».13 un negocio no que participaban, por suposto, osdemais serradoiros da zona, tal e como pon de manifesto a compra con-xunta dun vapor por parte dos parís e dos Candeira:

Ha sido botado al agua en Cádiz el hermoso vapor la guardia cons-truido recientemente en aquel astillero y propiedad de los acreditadosfabricantes de Camposancos sres. Candeira y parís. El nuevo vapor serádestinado por sus dueños a transportar maderas de los puertos gallegos alos del mediterráneo. (La Integridad, 30/11/1900.)

370Empresarios de Galicia

12 gonzález luengo (1963: 23).13 Calvo puig (2001: 1621).

Page 357: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

daquela, non resulta estraño que o menor dos domínguez fose enviadoen funcións comerciais desde o serradoiro familiar ao principal mercadodos seus produtos. non por iso deixou de exercer funcións de xestión nel,xa que foi Eloy o que lles solicitou ás autoridades —cun proxecto defebreiro de 1910— a substitución do peirao de madeira que lle daba accesoao miño por outro de cachotería.14

seis anos despois de se establecer en valencia, concretamente en1911, Eloy domínguez desprazouse a londres onde pasou un ano noque atendeu os outros negocios de exportación da empresa. na capitalbritánica «venderá naranjas y conservas vegetales. [...] adquiere unanueva y valiosa experiencia comercial [...] y estudia el comercio exterior.[...] y no olvida la cerámica. En Inglaterra observa la construcción ypiensa en el azulejo como elemento apropiado para ser incluido en lasedificaciones. [...] al año de gestión en Inglaterra, regresa a valencia.Corre el año 1912».15 neste ano de 1912 a empresa está xa introducidana produción de azulexos, tal e como testemuña o Anuario General deEspaña de 1913, no que figura a firma domínguez Hermano y trigocomo «comerciantes, comisionistas y fabricantes de azulejos», en valen-cia, rúa d. Juan de austria, 21, o mesmo enderezo que consta no seucatálogo editado contra 1918.16

De emigrante no Caribe a importante home de negocios en Valencia. O ascenso de Eloy Domínguez como fabricante de azulexos (1912-1936)

xa vimos que o desprazamento a valencia non fora algo casual. doque non temos constancia, en cambio, é das razóns que levaron a empresados domínguez e de Celestino trigo a introducirse no sector dos azulexos,pero cabe imaxinar que os contactos previos de ambos co mundo da ce-

371Eloy Domínguez Veiga

14 boE (28/08/1911: 555).15 gonzález luengo (1963: 24).16 Anuario General de España (1913, tomo II: 4057 e 4111). outra fonte que confirma

a data de 1912 é o Anuario Financieiro de 1968-1969: 314 no que figuran os datos de Cedo-lesa (Cerámica domínguez de levante s. a.) e especifícase que se fundou nese ano. Estáclaro que se refiren ao inicio da produción de azulexos da súa antecesora, domínguez Her-mano y trigo.

Page 358: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

rámica —tradición local da patria chica— ou dos azulexos —tradicióndos veciños portugueses e tamén moi empregados no Caribe— provocaríancerto interese polo negocio, á marxe de que puidesen chegar a coñecelopor tratarse dunha industria que consumía madeira de embalaxe. En cal-quera caso, residir en valencia e interesarse polo azulexo debeu de resultarnatural para unha persoa afeccionada á construción. o domicilio inicialda empresa en valencia (na rúa Juan de austria) estaba situado a escasadistancia de destacados edificios da cidade do turia revestidos con azulexo.a non moito máis de cincocentos metros, construírase entre 1906 e 1917a Estación Ferroviaria do norte, e a menos distancia aínda erguíase o im-presionante mercado de Colón, levantado entre 1914 e 1916.

deste xeito —despois de dedicarse ao seu comercio na cidade de va-lencia— domínguez Hermano y trigo emprendeu a produción de azu-lexos en 1912 nunha fábrica situada en manises, un dos máis importantescentros da cerámica de España que acollería en 1914 unha Escola prácticade Cerámica de carácter municipal e que en 1916 pasou a ser financiadapolo Estado.

a principios de febreiro de 1915, un tráxico suceso deixou claro quea futura carreira de Eloy tería que desenvolverse en terras levantinas; o serradoiro familiar sufriu un importante sinistro: «ayer por la mañanaocurrió en la guardia una sensible desgracia. al dar comienzo al trabajoen la fábrica de aserrar maderas que en Camposancos tienen los señoresdomínguez hizo explosión la caldera, reduciendo a escombros el pabellónde la fábrica en que está instalada la maquinaria. bajo los escombros que-daron casi todos los obreros, quedando unos muertos y otros heridos[...]».17 a desgraza reflectiuse de xeito inmediato na matrícula Industrialda guarda do mesmo ano, na que figura a anotación «baja en marzo» acarón das epígrafes correspondentes ás sete serras e ao almacén de madei -ra polos que a compañía contribuía; en anos sucesivos, a empresa conser-varía a súa actividade como almacenista de madeiras, despois de traspasaras serras ao veciño serradoiro de Candeira.18

372Empresarios de Galicia

17 El Noticiero de Vigo (05/02/1915). non descoñecía Eloy domínguez o perigo dotraballo nas fábricas de serrar, pois el mesmo perdera o dedo índice da man dereita candotraballaba nunha das serras (pérez sierra, 2008).

18 aHppo, matrícula Industrial, g-8704 e seguintes.

Page 359: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Foron estes anos importantes tamén na vida persoal de Eloy porquecontra 1915 contraeu matrimonio con manuela lópez Cabezudo, coaque tivo cinco fillos. os vencellos caribeños dos miñotos volvéronse poñerde manifesto neste caso, xa que a súa dona procedía dunha familia instaladaen puerto rico desde o século xIx. o pai de manuela —benigno lópezgonzález— era natural da guarda e casara en 1888 con Josefa marcolinaCabezudo, filla á súa vez dun santiagués que emigrara á illa en 1833.19

tamén foron anos relevantes no tocante á traxectoria empresarial, aconsecuencia dos efectos da primeira guerra mundial (1914-1918). ésabido que houbo moitas industrias e moitas empresas dos estados neu-trais que aumentaron as súas vendas tanto nos países belixerantes comanos mercados desabastecidos por estes. España foi un deles, e grazas ásubstitución de importacións, a industria, a minaría ou a mariña mer-cante obtiveron substanciosos beneficios durante o conflito bélico. noné fácil, de todos os xeitos, calibrar como se desenvolveu a empresa dosmiñotos neste período. a oportunidade para vender máis conservas vexe-tais na Europa en conflito e na propia España debeu de ser inmellorablementres non faltou a folla de lata e mentres non se dispararon os fretes.

pero os azulexos non tiveron maior demanda, senón todo o contrario,e a única forma de sacar partido da conflagración era exportar a ondedaquela non chegaban os produtos dos competidores. porén, os datos dis-poñibles indican que as exportacións de azulexo polo porto de valenciadescenderon: avaliadas en 1,4 millóns de pesetas en 1913, estiveron entre800 mil e 1,15 millóns entre os anos 1914 e 1917, e pasaron a algo máisde medio millón en 1918 e 1919.20 E se atendemos á terceira das liñas denegocio da empresa —a exportación de cítricos— as cousas foron aíndapeores, porque sufriron unha estrepitosa diminución durante a guerra.

Fose cal fose a traxectoria particular da firma, os seus socios non agar-daron ao remate da guerra para retomar con novos folgos a súa actividadee acordaron iniciar camiños separados. Contra 1918 publicaron un catá-

373Eloy Domínguez Veiga

19 Cifre de loubriel (1989: 205 e 290).20 Cifras en soler (1984: 44), que ofrece unha visión xeral sobre a evolución da

industria cerámica valenciana durante a guerra.

Page 360: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

21 pérez Camps (2006: 125). os estudosos do sector cerámico adoitan citar 1920como a data aproximada de edición deste catálogo, pero debe de ser anterior se temos enconta que a empresa domínguez Hermano y trigo se disolveu o 8 de abril de 1918 (rexis-tro mercantil de valencia, folla 9493, Cedolesa).

374Empresarios de Galicia

logo ilustrado para a difusión dos produtos de domínguez Hermano ytrigo, algo que moi poucas empresas fixeran ata o momento.21

En abril dese mesmo ano, os domínguez e trigo decidiron seguircamiños separados e disolveron a sociedade; esqueceron os cítricos eCelestino dedicouse á fabricación de conservas vexetais, mentres queEloy e o seu irmán manuel se concentraron no azulexo. as dúas empre-sas chegarían a colocarse entre as máis importantes da rexión levantinanas décadas previas á guerra civil. a boa marcha ou a ambición do nego-cio conserveiro queda de relevo na cantidade de folla de lata que se lleoutorgou a Celestino trigo en agosto de 1918, por un montante de máisde 444 toneladas e que aumentou en case que outras 87 con posteriori-

Catálogo de DomínguezHermano y Trigo, ca. 1918 (Pérez Camps,2006: 139-140)

Page 361: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

dade; esta cifra é moi superior ás dos demais solicitantes do sector conserveiro.22 En 1920 constituíuse Conservastrigo s. a., cun capital de 5 millóns de pesetas; a quinta em presa das tres provincias da actual Comunidade va-lenciana con maior capital nominal, segundo o AnuarioFinanciero y de Sociedades Anónimas de 1922.23

pola súa banda, Eloy mercoulle a manuel en marzode 1924 o 50% da súa participación na fábrica de manises.xa como propietario único, a segunda metade dos anosvinte foi de constante expansión para as súas manufacturasde azulexo. mercou unha fábrica en onda (Castelló) en1925, xusto o ano no que se crea alí a Escola provincial deCerámica; adquiriu terreos en manises e comprou unhafábrica na mesma localidade en 1929 e dúas máis en 1930.24

arredor de 1930 Eloy domínguez converteuse nun dosmáis importantes empresarios do azulexo de España. sónas fábricas de manises contaba con máis de cincocentostraballadores,25 e o catálogo da empresa editado a princi-pios dos anos 1930 cifraba a produción nas dúas localida -

des —manises e onda— en 24 millóns de pezas. da importancia destevolume de produto dá boa conta o feito de que en 1924 a fábrica máisimportante de onda lanzaba ao mercado catro millóns de azulexos, tresmillóns a segunda e dous a terceira; en 1936, tras a difusión dos novosfornos de pasaxes, a industria ondense fabricaba 37 millóns de pezas.26

Cales foron as razóns do imparable ascenso de Eloy domínguez comoempresario da cerámica? En primeiro lugar, cómpre destacar un factor

375Eloy Domínguez Veiga

22 boE (09/08/1918 e 26/09/1918). o segundo concesionario do ramo de conservasvexetais, sala navarro y verdú (novelda), solicita 236,7 toneladas —que quedaron, porrenuncia posterior, en 180—, e a conserveira de peixe que máis recibiu foi José r. Curbera(vigo) —un total de 341,3 toneladas—, ás que posteriormente renunciaría.

23 En 1931 eran só 15 as que o superaban. vidal olivares, J. (2006: 62-63).24 Informacións obtidas no rexistro mercantil de valencia, folla 9493 (Cedolesa), no

boE e en pérez guillén (2004: 369).25 pérez guillén (2004: 369).26 bádenes (1965: 173-174).

Page 362: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

que xogou a prol de todo o sector: o forte crecemento da construción enEspaña. os anos vinte foron de expansión económica e de crecementourbano, e cidades como madrid, barcelona ou valencia incorporaron oazulexo como revestimento das novas vivendas. o número de vivendasurbanas das tres cidades era de 566.000 en 1920 e pasou a 774.000 en1930. En madrid, o stock de edificios pasou de algo máis de 16.000 en1920 a case 23.000 dez anos despois, e a máis de 25.000 en 1935.27 unhademanda interna en crecemento á que se sumou a procedente dos paíseslatinoamericanos e, en menor medida, a dos estados meridionais dos Es-tados unidos —os felices anos vinte—, que tamén estaban a experimentarun auxe da construción. gonzález luengo comentaba na súa biografíade domínguez veiga que:

por los años 1918-19, Estados unidos importa las creaciones de donEloy. así numerosos chalets de Florida y California al construirse vencómo sus paredes se revisten de azulejos fabricados en la fábrica del guar-dés en manises. y ocurre otro tanto con las construcciones que en esaépoca se realizan en méjico y en Cuba. […] el representante de don Eloyen Cuba hacía turismo en España durante tres meses con el producto delas ventas realizadas en la isla.28

a referencia ao mercado cubano non era anecdótica, pois absorbíaen 1922 o 36% das exportacións españolas de azulexos (que ascenderona 4457 toneladas e 1,83 millóns de pesetas) e case a metade en 1926,cando se situaron en 8358 toneladas e 4,76 millóns.

Con todo, non poderiamos explicar os bos resultados da empresa deEloy se non existise detrás un notable esforzo por ofrecer e fomentar unproduto de calidade a custos competitivos. En ambos os dous aspectos —produción e comercialización— as informacións dispoñibles presén-tannolo como un dos precursores na renovación técnica e na introduciónde maquinaria aforradora de man de obra e combustible entre os fabrican -tes valencianos, como prensas semiautomáticas e fornos de pasaxe. as pri-meiras reducían considerablemente o tempo necesario para prensar apasta de arxila coa que se elaboraban as pezas destinadas á primeira cocción

376Empresarios de Galicia

27 Estadísticas históricas de España (2005) e gómez mendoza (1986: 71).28 gonzález luengo (1963: 28-29).

Page 363: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

na que se obtiña o chamado biscoito. E o forno de pasaxe substituía ostradicionais fornos árabes, de xeito que a segunda cocción da cuberta deesmalte sobre o biscoito da que saía o azulexo vitrificado pasaba a ser con-tinua en vez de intermitente, o que permitía un recorte substancial detem po e combustible.29 En calquera caso, eran tecnoloxías apropiadaspara empresas orientadas á produción, senón a grande escala, si polo me -nos a unha escala superior á da típica empresa azulexeira de carácter fa-miliar. En palabras de gonzález luengo:

desterró de su fábrica los hornos árabes. El tradicionalismo lo apartóde su obra y lo enterró para siempre. Era preciso ofrecer azulejos en can-tidades que abrieran las puertas a la demanda. se hacía necesario, a laidea de don Eloy, producir más [..]. y entonces sustituyó los hornos secu-lares por hornos continuos de pasajes. logra transformar la industria. pro-duce más. ya necesita almacenes para atesorar el esfuerzo de cada día.ahora faltaba otro eslabón en la cadena de su creación: la salida de susazulejos.30

non sabemos abofé cando as fábricas de Eloy domínguez incorporaronas dúas innovacións porque hai discrepancias entre os distintos autoresque mencionan a cuestión. segundo o rexistrado no boE —que publicabapuntualmente as autorizacións de novas industrias ou as ampliacións con-cedidas polo Comité regulador de la producción Industrial— Eloy do-mínguez recibiu en abril de 1927 «autorización para instalar en manisesun horno de 200 pasajes o tubos para la cochura continua del azulejo».31

por moito que tardase en instalalo, non cabe dúbida de que estivo entreos primeiros en tomar a decisión. E non estamos falando de técnicas que

377Eloy Domínguez Veiga

29 para unha descrición das súas características, véxase mEmbrado (2000: 492).30 gonzález luengo (1963: 26-27).31 boE (20/04/1927, p. 497). Juan bautista segarra —de onda— fora, un pouco antes,

autorizado a realizar a ampliación «de una fábrica de azulejos con cinco hornos antiguos,denominados moros o valencianos, poniendo 80 pasajes en el horno de cocción en vez decuatro que actualmente tiene» (boE 03/02/1927: p. 749). un mes despois ramón piñónCastelló, tamén de onda, recíbea para instalar «un horno de 24 pasajes o tubo para la coc-ción del azulejo barnizado» (boE 27/05/1927: p. 1273); pero en abril de 1928 solicita tresmeses de prórroga para instalalo. E a empresa Hijos de J. vilar sociedad en Comandita(valencia) consíguea «para instalar en manises un horno de cien pasajes o tubos para lacocción continua del azulejo» (boE 28/07/1927: 588).

Page 364: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

32 gómez lópez (1999: 87-88).33 Feliú (2005: 175 e 176). o mesmo autor sinalaba en 2002: 654 que o devandito

catálogo fora «fuente de inspiración y copia para todas las fábricas californianas».

Empresarios de Galicia 378

se acababan de descubrir senón da incorporación ou adaptación destas aunha industria que ata os anos vinte mantivo un carácter artesanal. xanun artigo publicado en 1925 —cando Eloy se establece en onda— noHeraldo de Castellón, o industrial azulexeiro ondense Fernando diago«explicaba las ventajas del horno de pasajes alimentado con carbón envez de la tradicional leña [que] reduciría en tiempo el proceso de cocciónlo que posibilitaría reducir sustancialmente el precio del producto final».32

o que parece evidente é que a idea da estandarización do proceso produtivopara obter economías de escala debeu de ser un principio que Eloy do-mínguez tivo moi en conta e de aí o seu interese nas tecnoloxías citadas:tratábase de fabricar simultaneamente azulexo estándar e azulexo decora -do, produto barato e produto caro.

a comercialización, a mercadotecnia, foi o outro ámbito ao que pres-tou grande atención por medio da elaboración e da distribución de catá-logos ilustrados cos seus produtos. non foi o primeiro que adoptou esteprocedemento, como xa sinalamos, pero si parece que o fixo con gran for-tuna, porque malia o descenso xeral das exportacións de azulexo español—e incremento do procedente dos Estados unidos— á área do Caribetras a perda das colonias e logo coa primeira guerra mundial, non todasas empresas se viron afectadas por igual, de modo que «la presencia espa-ñola se quedó reducida a Eloy domínguez veiga [...] cuyo catálogo de1920 fue uno de los más copiados por las empresas californianas [y a] lasmanufacturas de triana de José laffite y mensaque, rodríguez y Cía.».33

non é probable que fose a beleza dos azulexos artísticos amosados nosseus catálogos a clave da superioridade da firma de Eloy nos mercadosamericanos, senón máis ben unha rede comercial perfectamente engra-xada grazas ás boas conexións miñoto-caribeñas. as vacacións do veráneran un bo momento para refrescalas, para intercambiar información oupara pechar contratos, tal como cabe imaxinar a partir da escena deagosto de 1929 na guarda recollida na prensa:

Page 365: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

34 vicent balaguer (2006: 92). a folga, na que se demandaban mellores condiciónslaborais, non durou máis de tres días e quedou solucionada cando Eloy domínguez lle deuorde telegráfica ao encargado da fábrica de aceptar as peticións dos traballadores.

Portada do catálogo de Eloy Domínguez

Veiga, ca. 1927

Eloy Domínguez Veiga 379

procedente de san Juan de puerto rico en-cuéntrase en ésta [villa], en visita a sus familiares,don laureano álvarez sobrino, de la comercialroque gonzález y Cía, sucesores [...].— Envisita a sus familiares, hemos saludado de vueltade la Habana a nuestro amigo el joven manolomartín rey.— [...] procedente de madrid, há-llase en su residencia del Coruto, don Eloy do-mínguez y familia.— son esperados de santodomingo don luis baquero, señora [que eracurmá de Eloy] e hijo, que pasarán la temporadaen su residencia de tabagón.— se halla en estavilla nuestro amigo don domingo domínguezpérez [tío de Eloy], importante elemento delcomercio de santo domingo y hermano denuestro también distinguido amigo don valentín(El Correo de Galicia, 11/08/1929).

os acontecementos dos anos trinta non pa-rece que freasen a actividade das fábricas de Eloydomínguez. a crise económica golpeou dura-mente as economías de norteamérica e do Ca-ribe; o crecente proteccionismo e a desorde mo-netaria tiveron necesariamente que frear as vendas

de produtos cerámicos españois naqueles mercados. E tamén no ámbitointerior, por canto a política económica da segunda república se esforzouen mellorar as condicións dos traballadores, ao mesmo tempo que mantivoou ampliou medidas anteriores de protección a sectores básicos da indus -tria española. neste contexto hai que situar a folga que os operarios da fá-brica de onda declararon xa en xuño de 193134 ou a decisión goberna-mental de aplicarlle ao sector cerámico (boE 05/05/1932) —seguindopautas da etapa de primo de rivera— a obriga de consumir carbón na-cional. as empresas que se mecanizaron puideron compensar a suba doscustos laborais ou enerxéticos e afrontar a caída nas vendas, pero outras

Page 366: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

35 gómez (1999: 90). lembremos que en 1929 a produción desta provincia supoñía o71% do total español (membrado, 2000: 190).

36 boE (10/06/1936: 2224; 23/06/1936: 2609). o estalido da guerra debeu de impe-dir a publicación dos datos correspondentes ás fábricas de manises, que eran as de maiorprodución.

Empresarios de Galicia 380

quedaron no camiño, de xeito que «de las 53 industrias [azulejeras] con-tabilizadas en la provincia de Castellón en 1931, en el posterior quinqueniose reducirían a 23».35

En calquera caso, Eloy completa a súa expansión empresarial en outu-bro de 1934 ao adquirir unha fábrica de cerámica en sant vicent del ras-peig (alacant), que dedicaría á produción de tellas e ladrillos. un síntoma,se cadra, da contracción que estaba a sufrir o mercado do azulexo. a únicainformación estatística dispoñible sobre a situación das súas empresas nes-tes anos previos á guerra civil é a fornecida polos Certificados de produtornacional que, en 1936, lle atribuían á fábrica de onda unha capacidademáxima de produción de 1,7 millóns de azulexos e pezas complementariase á de sant vicent del raspeig, pola súa banda que elaboraba «tejas planas,tejas de canal, ladrillos huecos y ladrillos macizos, todo ello de arcillacocida ordinaria [...] una capacidad de producción normal anual de 3millones de piezas de todas clases, con un peso de unas 5000 toneladas,siendo la capacidad de producción máxima de 4 millones de piezas detodas clases, con un peso de unas 6000 toneladas anuales».36 a guerra civilfreou en seco un camiño de case que vinte e cinco anos de fabricacióncerámica e Eloy domínguez tivo que emprender daquela a súa particulartravesía no deserto.

A conmoción da guerra civil. On The Road Again: reconstrución e expansión dos negocios cerámicos (1936-1959)

mantiña Eloy domínguez o costume de acudir todos os anos a galicianas etapas de menos traballo nas fábricas levantinas ou simplemente parapasar as vacacións coa familia e cos seus paisanos. E foi nunha desasestadías na terra natal cando o estalido da guerra civil o deixou illado esen capacidade para administrar unha empresa cuxas instalacións produtivasquedaran na zona republicana. «ahora, entre el hombre y las empresas,

Page 367: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

37 ramos (1972: 339).38 Información facilitada por xoán Carmona.39 Carmona e nadal (2005: 242-249).40 navas (2006: 324-326).

Eloy Domínguez Veiga 381

estaban las líneas de fuego», resumía paz andrade. as súas fábricas levan-tinas quedaron abandonadas ou foron colectivizadas e xestionadas polossindicatos, como consta que sucedeu coa de raspeig cando en febreirode 1937 quedou baixo o control da Cnt.37 domínguez veiga intentounon quedarse cruzado de brazos e chegou a solicitar en 1938 o arrenda-mento da fábrica de cerámica da Caeira, en pontevedra, solicitude quenon chegou a bo porto.38

Confirmouse, así, que as guerras non se lles deron ben aos domín-guez, imposibilitados para pescar en río revolto. lembremos que a explo-sión sufrida polo seu serradoiro ao medio ano de iniciarse a primeiraguerra mundial privounos de aproveitar unha conxuntura excepcionalpara o negocio da madeira. agora, na guerra civil, sucedeu algo semellantee Eloy domínguez quedou nunha peculiar posición entre os empresariosgalegos, porque a maioría tiñan o seu negocio ou as súas instalacións pro-dutivas en galicia e puideron aproveitar as oportunidades de abastecertanto as tropas franquistas coma unha zona nacional en constante expan-sión e sen acceso aos produtos da España republicana, máis industriali-zada. oportunidades aproveitadas polos fabricantes de conservas de peixe,de curtidos, de vestiario e calzado, polas manufacturas reorientadas á pro-dución de armamento ou polos exportadores de gando.39

o caso da empresa de Eloy domínguez foi xusto o contrario dodaquela que acabaría sendo a máis importante firma galega do sector eincluso de España nos anos cincuenta e sesenta: manuel álvarez e Hijoss. l. os álvarez, que empezaran a guerra con 77 empregados nos seusobradoiros de decoración de louza e porcelana, xa daban emprego ennovembro de 1938 a 462 operarios que producían vidro, louza ou xogue-tes, manufacturas que antes da guerra saían de fábricas localizadas maio-ritariamente na zona republicana.40

de maneira que, tras o impacto da guerra civil, Eloy domínguez tivoque reconstruír a súa empresa, agora xa coa participación dos seus fillos.

Page 368: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Catálogo de CEDOLESA de principios dos anos cincuenta (cortesía de BasilioMoreira)

41 segundo recolle a sentenza do tribunal supremo do 23/03/1943 en Jurisprudenciacivil: colección completa de las resoluciones dictadas por el Tribunal Supremo...,1943, vol. I,p. 181.

42 villa álvarez (1999: 177-178).

Empresarios de Galicia 382

o primeiro paso foi tratar de cobrar as débedas depreguerra e recuperar e poñer en funcionamento asfábricas levantinas. unha vez que dispuxo de instala-cións, de know how, de man de obra e de materiasprimas e combustibles de oferta local (barro, leña,etc.), o esencial era abastecerse daqueles insumosque non se podían obter en España. E foi neste pun-to cando domínguez veiga volveu contar cunhavantaxe sobre os seus competidores: as redes de con-tactos que no Caribe lle deron acceso aos produtosnorteamericanos e aos dólares precisos para pagalos.un ano despois da fin da guerra, o 3 de maio de1940, conseguira xa embarcar desde nova york «condestino a España, valencia, vía vigo [...] 109 bultosde arsénico blanco, ácido bórico, etc.».41 a expedi-ción fora remitida por padín brothers, filial nos Esta-dos unidos da importante firma comercial de puertorico gonzález padín & Co. Inc., propiedade deemigrantes orixinarios da zona da guarda.42 as fac-torías de manises, onda e raspeig volvían funcionar.

o segundo paso consistiu no establecementodunha fábrica de cerámica en galicia, un procesoque se estendeu ao longo da difícil década dos corenta.En 1941 contaba xa co seu proxecto técnico e en maiode 1942 conseguiu permiso para instalar «en Catoira (pontevedra) unaindustria de fabricación de azulejos y piezas similares en pasta de porcelana,utilizando para su elaboración materias exclusivamente nacionales». Enxuño do mesmo ano confirmouse a autorización para «construir unafábrica de cerámica y rampa-embarcadero para servicio de la misma, apro-vechando terrenos de la zona marítimo-terrestre y otros de su propiedad

Page 369: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

43 boE (04/06/1942: 4015; 24/08/1942: 6433).44 nacido en Cesures (valga) en 1896, diéguez fixera o bacharelato precisamente

nun colexio de relixiosos da guarda, cabe supoñer que nos xesuítas de Camposancos. E,despois de cursar estudos de Farmacia e Química en santiago de Compostela, viaxou alevante nos anos vinte para coñecer as fábricas de cerámica. tivo tamén a empresa Calerasdel ulla, en actividade desde 1923 (guitián, 1999: 32-34). non sería, pois, estraño que xacoñecese a Eloy domínguez bastante antes da guerra civil.

Eloy Domínguez Veiga 383

en Catoira».43 Este foi o inicio da empresa que se trans-formaría en 1955 en sociedade anónima baixo a deno-minación de Cerámicas domínguez del noroeste s. a.(Cedonosa).

por suposto, a localización en Catoira non foi deci-dida ao chou, senón que respondeu a varios factores. Enprimeiro lugar, á existencia de depósitos próximos dearxila e caolín, acumulados na desembocadura do ríoulla, o que explica que esta zona fose un núcleo tradicio-nal de elaboración de tellas e ladrillos; en 1923 chegara aestablecerse na veciña localidade de pontecesures a fá -brica de cerámica Escuredo y Cía., que co nome deCerámica Celta pasou a mans de ramón diéguez Carlésen 1926, home no que confiou Eloy «para a posta enmarcha do seu proxecto [porque era] unha persoa conexperiencia organizativa e con coñecementos do sec-tor».44 En segundo lugar, á nutrida presenza de serradoi-ros e almacéns de madeiras na bisbarra circundante, oque aseguraba unha subministración axeitada tanto deleña para os fornos coma de táboas finas para as embala-xes dos produtos rematados. o feito de estar á beiradunha corrente fluvial garantía a dispoñibilidade de augadoce, esencial así mesmo para os labores da producióncerámica. E tamén, por último e non menos importante,

tiveron que ser decisivas as boas comunicacións coas que contaba o empra-zamento, con saída á ría de arousa desde o peirao co que se dotou afábrica, con estación ferroviaria e moi cerca dun porto comercial de enti-dade como era o de vilagarcía de arousa. non debeu de ser difícil para

Page 370: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 371: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 372: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 386

Eloy domínguez decatarse das boas condicións que ofrecía Catoira para afabricación de produtos cerámicos. pola súa experiencia como fabricantede azulexos desde a década de 1910 na fábrica do barranquet en manises,sabía ben o importante que era estar á beira do río turia, preto das arxilasda zona e das leñas das serras próximas, ben comunicado co porto devalencia e con man de obra familiarizada co mundo da cerámica.

non obstante, dadas as limitacións e restricións características dosanos corenta, con gran parte da poboación preocupada por alimentarse evestirse e coa construción paralizada, con obstáculos case insalvables para

Page 373: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Na páxina anterior: Fábricas de Alcudia e Raspeig. CEDOLESA, ca. 1950 (cortesía de

Basilio Moreira)

Nas páxinas seguintes: Vista aérea da fábrica de Catoira, anos sesenta

(cortesía de CEDONOSA)

45 Información facilitada por xoán Carmona.46 aHppo, matrícula Industrial, 8730; pérEz sIErra (2008).

Eloy Domínguez Veiga 387

importar maquinaria, e ao non ser o cerámico un sector prioritario parao réxime, non é de estrañar que a erección da fábrica de Catoira resultaselenta e laboriosa. Co proxecto técnico rematado en outubro de 1941,como vimos, Eloy domínguez figura por primeira vez na matrículaIndustrial de Catoira en 1947, pero só como comercializador de azulexose cemento, igual que acontecería en 1948. na guía Comercial de gali-cia de 1947-1948 si figura con fábrica de cerámica, louza e sanitarios.Que a fábrica estaba en funcionamento pero non completamente rema-tada, amósase no informe do Consejo de Industria de 1947:

Eloy domínguez veiga posee en Catoira una industria cerámica. Hasido autorizada en 1947 la puesta en marcha de parte de sus instalacio-nes, para que puedan realizarse los ensayos y trabajos preliminares nece-sarios. se proyecta el aprovechamiento de yacimientos de arcillas, caoli-nes y demás tierras inaprovechadas actualmente en el término municipalpara la fabricación de productos cerámicos, especialmente azulejos. tie-nen en proyecto la instalación de secciones complementarias para fabri-car también materiales sanitarios, refractario y gres, ladrillos y tejas. Elcapital es de 3 millones de pesetas.45

Co fin da década finaliza tamén a construción da factoría. na matrí-cula Industrial de 1949, Eloy domínguez xa paga contribución industrialpor fábrica de gres, fábrica de lousas, obradoiro, soldadura autóxena eserra circular. a gran cheminea que coroou a fábrica ata hai poucotempo levaba a inscrición de 1950.46

ao mesmo tempo que poñía a andar as fábricas levantinas e sacabaadiante a de Catoira, Eloy domínguez impulsou tamén a fundación demoreira y Cía. s. l., domiciliada en vigo, en 1942. tratábase da forma-lización dunha relación establecida antes da guerra con varios veciños daguarda aos que introducira na comercialización dos seus azulexos, osmesmos que anos despois participarían como accionistas na constituciónde Cedolesa. xa en 1934 nos anuncios da prensa local, agustín moreira—un construtor que fixera reformas na quinta que Eloy posuía na

Page 374: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 375: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 376: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

47 La Integridad (11/02/1934).48 os seus problemas de saúde viñan de mediados dos anos vinte, cando empezou a

padecer crises asmáticas que o obrigaran a afastarse das fábricas e a residir en godella pri-meiro e logo en madrid. nos anos cincuenta, recibía en Catoira a visita diaria dun practi-cante para tratar a doenza.

Empresarios de Galicia 390

guarda— publicitaba a súa «fábrica de mosaicos de todas clases» e a súacondición de «representante de los azulejos de la Fábrica domínguez devalencia».47

os socios fundadores da nova firma, constituída o 18/03/1942, eranos irmáns agustín e serafín moreira portela —de Camposancos— e Joséluis rodríguez sousa —de vigo—, e o ob-xecto desta era a «explotación industrialdel negocio de materiales de construcción,fabricación de baldosas y toda clase de cons-trucciones de obras». Que Eloy domín-guez estaba detrás da iniciativa quedaba ávista en dúas das cláusulas da constituciónda empresa: tiña dereito preferente de subs-crición no caso de incremento do capital,e as diverxencias entre os socios «serán de-cididas y resueltas con carácter transacionaly por tanto en forma inapelable por la de-cisión de don Eloy domínguez veiga».En 1948 a empresa amplía capital e dá en-trada como novos socios, cun 26% do ca-pital entre ambos, a Eloy domínguez e aoseu cuñado manuel alonso sobrino —ca-sado con marcolina lópez Cabezudo—,tamén guardés e que fora un dos socios daempresa alonso sobrino Hermanos, im-portante almacén de téxtiles e ferraxaría ensan Juan de puerto rico. En 1950 Eloy«se separa voluntariamente y en atención a su estado de salud de la Com-pañía» e cédelle a súa participación á súa muller.48

Pequeno mapa de Catoira(escaneo do mapa do Instituto Xeográfico)

Page 377: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Anuncio no Anuario Generalde España de 1957

don Eloy domínguez veiga», cun capital de 12,5 millóns de pesetas, o63,6% nas mans do fundador, unha participación simbólica dos 5 fillos(250.000 pesetas) e o restante 34,3% subministrado polos tres socios cosque fundara moreira y Cía. un novo centro produtor en Catoira paraobter produtos de gres e materiais refractarios que funcionaba pleno ren-demento contra 1950. E unha empresa comercializadora en galicia,dirixida polos socios guardeses e que, a diferenza da rede de vendas cre-ada polos irmáns álvarez de vigo, se dedicaba á venda xeral de materiaisde construción e non ofrecía en exclusiva os produtos cerámicos dos

Eloy Domínguez Veiga 391

Con posterioridade, os domínguez establecerían unha empresa pro-pia de comercio de materiais de construción e abandonarían a participa-ción en moreira y Cía. Esta, pola súa parte, conseguiría facerse un ocona distribución de materiais de construción —en especial de produtospara o baño—, crearía sucursais na Coruña, en ourense e en vilagarcíade arousa, e os seus propietarios fundarían en 1958 unha nova firma enmadrid, suministros la guardia s. a., que lles permitiría ampliar o seuraio de acción alén de galicia.

por conseguinte, foron tres os piares das iniciativas empresariais deEloy domínguez durante os anos corenta. a posta en marcha das fábricasdo levante, que retomaron a fabricación de azulexos, tellas planas, ladri-llos e outros produtos e que pasaron a formar parte da sociedade anónimaCerámica domínguez de levante (Cedolesa), constituída en 1949«mediante la absorción del negocio que venía explotando el mencionado

Page 378: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Cabeceira de CEDONOSA,anos setenta (cortesía da empresa)

domínguez. a fabricación e a comercialización de produtos destinadosá construción volvían ser o denominador común dos negocios de Eloydomínguez. E para xestionar as súas empresas escolleu o modelo tradi-cional e puxo ao seu cargo a familiares e paisanos. deste xeito, reprodu-cía o que fora a práctica habitual nos negocios dos guardeses en américae de tantos outros, baseados nas relacións de parentesco e veciñanza. dadirección das principais fábricas de valencia encargáronse dous dosfillos, Celestino en onda e Eloy en manises, e o fillo maior —manuel—quedou a cargo da de Catoira.

por moito que o sector de produtos cerámicos atravesase un períododifícil nos anos corenta, co mercado interior deprimido e con difícilescondicións para importar ou exportar, todo induce a pensar que os alicer-ces fixados polo empresario guardés acabarían rendendo froitos nos anoscincuenta. a recuperación da demanda española de revestimentos grazasaos plans de vivendas oficiais financiadas polo goberno, e grazas a que o

Empresarios de Galicia 392

Page 379: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

49 tapias (1958: 316).

Eloy Domínguez Veiga 393

acordo cos Estados unidos de 1953 abriu o importante mercado nortea-mericano ás exportacións de produtos cerámicos, creou unha nova e fa-vorable conxuntura. azulexos en manises e onda, tellas e ladrillos enraspeig, e baldosas pequenas na nova fábrica instalada en alcúdia de Cres-pins, constituíron o repertorio de produtos de Cedolesa que —segundo ocatálogo de principios dos cincuenta— producía anualmente corenta mi-llóns de pezas.

Catoira, pola súa parte, especializouse nunha gama de produtos dife-rente á das fábricas levantinas: tubaxes, mosaicos e refractarios de gres. ogres era un tipo de cerámica que se obtiña a partir da cocción dunhapasta de caolín a temperaturas superiores ás do azulexo —arredor de1200º C— o que a facía extremadamente resistente e de moi baixa poro-sidade. Esta especialización respondía a causas de índole comercial, poisnon existía unha imaxe de marca para azulexos made in Galicia, perotamén a razóns puramente técnicas: as materias primas dispoñibles engalicia posuían características diferentes ás usadas para o azulexo nolevante, faltaba unha industria auxiliar fornecedora de esmaltes oucores, o gres non requiría da dobre cocción necesaria para o azulexo, etc.Cando as canalizacións de gres destinadas ao saneamento de vivendassufriron a competencia das elaboradas con uralita —máis porosa, peromáis barata—, a produción orientaríase aos mosaicos para revestimentos.a medida que as vendas foron medrando, a empresa tivo que ampliar assúas fontes de abastecemento e obtivo concesións para a extracción decaolín en vicedo —na costa lucense— e noutros lugares.

a fábrica de Catoira foi, sen dúbida, a nena mimada da etapa final davida do empresario guardés. no nadal de 1955 converteuse en sociedadeanónima, con 7,5 millóns de capital dos que Eloy subscribiu 6,5 e os seuscinco fillos, o millón restante. á altura de 1958, Cedonosa tiña unhacapacidade de produción de 100.000 m3 de mosaico de gres porcelánico—equivalentes a 60 millóns de unidades— e de 8000 toneladas de refrac-tario, e consumía «10 toneladas al año de colorantes de procedenciaextranjera para mosaico de gres y 11.600 toneladas de arcilla, caolines,cuarzos y feldespatos de procedencia regional».49

Page 380: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

50 roselló (1961: 171).51 garcía lago (1998: 239).

Empresarios de Galicia 394

no anuncio publicado no Anuario de 1957, a produción conxuntadas fábricas do levante e de Catoira cifrábase en 70 millóns de pezas concentros de distribución en nove cidades españolas. nese mesmo ano de1957, como xa mencionamos, crea unha sociedade anónima de seu paraa comercialización xeral de materiais de construción chamada ImECa,acrónimo dos nomes dos cinco fillos (Isabel, manuel, Eloy, Celestino ealicia). Contra 1960, «sobre toda la industria de manises destaca lafábrica del barranquet, tanto por el número de sus obreros como por elvolumen de su producción y el grado de mecanización [...]».50

o fundador non chegou, en cambio, a ver culminado o proxecto deinstalar unha nova fábrica na súa localidade de orixe, á beira do miño,onde estivera establecido o serradoiro dos valencianos irmáns parís. oproxecto arrincou en xaneiro de 1956, constituída xa Cedonosa, cando«Cerámica de levante s. a. [...] representada por d. dionisio ameal por-tela» recibe en arrendamento da Comisión do Couto de Camposancos«una parcela de terreno comunal en el paraje de armona de unos 1200m2 de superficie que linda al norte con terreno de d. Eloy domínguezveiga; al sur, río miño [...] que se destinará exclusivamente a industriacerámica [...]».51 a fábrica empezou a súa actividade nos anos sesenta,pero tivo curta vida.

tampouco chegaría a ser testemuña da bonanza económica dos anossesenta. o auxe da construción de vivendas e establecementos turísticosdeses anos dourados impulsou o sector de revestimentos cerámicos.Cedonosa ampliaría a súa produción de refractarios cunha nova fábricaen Cuntis para abastecer tanto á industria cerámica coma á siderúrxica,que experimentaban un auténtico boom. asemade, introduciuse na pro-dución de Ferrogres, unha imitación do gres de Artois de menor calidadeca o gres auténtico pero con máis baixos custos de fabricación e moi axei-tado para pavimentos e revestimentos. a demanda de azulexos, pavimen-tos, tellas e ladrillos medrou sen parar, algo que se reflectiu nas propiascifras de emprego das empresas que promovera:

Page 381: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Cedolesa-Cedonosa - Número de empregados e produtos (1961-1972)

1961 1972

alacant-raspeig 80 tellas e ladrillos 67 tellas e ladrillos

Castelló-onda 190 azulexos 304 azulexos

pontevedra-Catoira 249 ladrillos ordinarios, mosaico de 411 refractarios e gres gres e material refractario

valencia-alcúdia 59 baldosa vermella 56 azulexos

valencia-manises 355 azulexos 570 azulexos

valencia-valencia — 123 azulexos

Total 933 1.531

Fontes: servicio sindical de Estatística (entre 1961 e 1972). directorio de empresas con máis de cincuenta produtores.

o longo itinerario vital de Eloy domínguez, iniciado onde o miñose une ao océano, rematou en xuño de 1959 noutra desembocadura, nado río ulla, en Catoira, aos 77 anos. o verbo de valentín paz andrade,amigo persoal, co que compartía galeguismo e espírito emprendedor, re-colleu con emoción os momentos finais da súa vida:

murió, como en acto de servicio, al pie de la fábrica cuya construc-ción y puesta a punto consumiera sus mayores desvelos. [...] pocos díasantes del tránsito, sentado aún frente a la mesa de trabajo, me confió supostrer encargo: «Quero facer nun mural de mosaico o mapa da nosaterra. busca un bon exemprar antigo do reino de galiza, e mándamo».pero la muerte llegó antes. pocos amaron tanto a su tierra. nadie sostuvocon más firmeza en los labios la lengua de su cuna».52

52 gonzález luengo (1963: 14-15).

Eloy Domínguez Veiga 395

Page 382: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

396Empresarios de Galicia

Bibliografía

bádEnEs gor, m.ª C. (1965): «la industriacerámica de onda», Cuadernos de Ge-ografía, núm. 2, pp. 167-205.

Calvo puIg, J. (2001): Dénia en el siglo XIX.Evolución socioeconómica durante el es-plendor pasero, tese de doutoramento,universidade de alacant, en http://www.pdtE.

Carmona badía, x. (2005): El empeño in-dustrial de Galicia. 250 años de historia,1750-2000, a Coruña, Fundación pedrobarrié de la maza.

— (coord.) (2006): Empresarios de Galicia,a Coruña, Fundación Caixa galicia.

CIFrE dE loubrIEl, E. (1989): La forma-ción del pueblo puertorriqueño. Contri-bución de los gallegos, asturianos ysantanderinos, san Juan, Editorial de launiversidad de puerto rico.

domínguEz gómEz, m. (2008): Entrevistapersoal, vilagarcía de arousa.

FElIu FranCH, J. (2002): «la parálisis delcomercio cerámico español en 1898»,en brosEta, s. et al. (eds.): Las ciudadesy la guerra, 1750-1898, alacant, univer-sitat Jaume I, pp. 645-660.

— (2005) Dinero azul cobalto. El negocioamericano de la cerámica de la provinciade Castellón en el siglo XIX, alacant, uni-versitat Jaume I.

garCía lago, a. (1998): Crónica biográficade Camposancos y su entorno, Campo-sancos, Comunidad de montes de Cam-posancos.

gómEz lópEz, J. d. (1999): Las baldosascerámicas en Castellón. El impacto de laglobalización en una industria tradicio-nal, alacant, universidad de alacant.

gómEz mEndoza, a. (1986): «la industriade la construcción residencial en ma-drid, 1820/1935», Moneda y Crédito,núm. 177, pp. 53-81.

gonzálEz CudIllEro, m. (1982): «la in-dustria azulejera valenciana», Informa-ción Comercial Española, núm. 586, pp.103-109.

gonzálEz luEngo, J. m. (1963): Biografía.Eloy Domínguez Veiga, vigo, Faro deVigo.

guItIán, x. (1999): A Cerámica Celta e oseu tempo, sada, Ediciós do Castro.

luCEna gIraldo, m. (2006): «la presènciade dénia a Camposancos (a guarda-pontevedra), en els anys 1880-1929»,Aguaits: Revista d’Investigació i Assaig,núm. 23, pp. 123-138.

martínEz tamuxE, x. (1991): «un guardéstrabajó en la erección de la iglesia parro-quial», Pregón, sen paxinar.

morEIra CarrEro, b. (2008): Entrevistapersoal, Camposancos.

navas novas, a. m.ª (2006): «manuel ál-varez pérez (1873-1938) e moisés álva-rez o’Farrill (1904-1975). a grandeempresa galega do vidro e da cerámica»,en x. Carmona badía (coord.): Empre-sarios de Galicia, santiago de Compos-tela, Fundación Caixa galicia, pp.318-343.

pérEz Camps, J. (2006): «El modernismoen la periferia. azulejería postmoder-nista de manises en el norte de áfrica:El caso de melilla y tetuán», en Tradi-ción y modernidad: la cerámica en el Mo-dernismo, barcelona, universitat debarcelona, pp.123-140.

pérEz guIllén, I. (2004): Las azulejeríasde La Habana: cerámica arquitectónicaespañola en América, valencia, univer-sitat de valència.

pérEz sIErra, F. (2008): Entrevista persoal,vilagarcía de arousa.

ramos, v. (1972): La Guerra Civil (1936-1939) en la provincia de Alicante, ala-cant, biblioteca alicantina.

Page 383: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

397Eloy Domínguez Veiga

rossElló vErgEr, v. m. (1961): «manises,ciudad de la cerámica. Estudio de geo-grafía humana», Saitabi, vol. 11, pp. 145-190.

— (1966): «la industria azulejera en Espa-ña», Estudios Geográficos, núm. 104, pp.433-450.

sánCHEz bargIEla, r. (coord.) (2005): Per-corrido pola historia de Ponteareas, pon-tevedra, deputación de pontevedra.

solEr marCo, v. (1984): Guerra i expan -sió industrial: País Valencià (1914-1923),valencia, Institució alfons el mag nànim.

tapIas martín, J. (1958): «las industriascerámicas, del vidrio y tierras industriales»,Revista Industrial y Fabril, vol. xIII-vI,pp. 315-319.

vICEnt balaguEr, m. (2006): Conflicto yrevolución en las comarcas de Caste-lló, 1931-1938, alacant, universitat Jau-me I.

vIdal olIvarEs, J. (2006): «Empresas yempresarios en el país valenciano (1890-2000)», en J. l. garCía ruIz, e C. ma-nEra (dirs.): Historia empresarial deEspaña. Un enfoque regional en profun-didad, madrid, lid Editorial.

vIlla álvarEz, J. (1997): «d. luis baqueroalonso y familia: la presencia de sanJuan de tabagón en la república domi-nicana», en San Juan de Tabagón, his-toria, fiesta y cultura, Comisión de Fiestasde tabagón, pp. 27-39.

— (1999): «a actividade comercial guardesaen puerto rico, (1880-1930)», en p. Ca-gIao (comp.): Galegos en América e ame-ricanos en Galicia: As colectividades inmi-grantes en América e a súa impronta nasociedade galega, séculos XIX-XX, santiagode Compostela, xunta de galicia, pp.163-190.

Page 384: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1892-1981

ENRIQUE LORENZO DOCAMPO

Page 385: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

* o noso agradecemento a gerardo soaje e a maría teresa Font. sen a súa axuda estetraballo simplemente non existiría. Igualmente estamos en débeda pola axuda prestada conJesús giráldez e José antonio martínez Fuentes, bibliotecario da Cámara de Comercio devigo.

UN VIGUÉS DE ACEIRO*

Joseba Lebrancón Nieto e Xoán Carmona Badíauniversidade de santiago de Compostela

unha vez ao ano abríanse as portas do chalé do Castro no que hoxeten a súa sede o real Club Celta de vigo. veciños e curiosos en xeralpodían, por un día, pasear polos xardíns da que era residencia de Enriquelorenzo docampo. na cancela, recibíaos un mordomo dos de antes, que aderezaba este momento cunhas galas que xa daquela non eran moifrecuentes. abaixo, polas rúas de vigo, discorría unha edición máis dorallye das rías baixas.

Un rapaz do Canadelo ao que lle gustaban as locomotoras

Enrique lorenzo docampo nacera no vigués barrio do Canadelo en1892. Fillo e neto de ferroviarios, o seu avó fora gardaagullas na estaciónde tui e o pai traballaba na de vigo da que chegou a ser xefe, asistiu ataos catorce anos á casa de varios escolantes do seu barrio. pasou logo áescola pública municipal do areal e axiña ao Colexio de maría auxilia-dora da rúa garcía barbón, que andando o tempo sería o Colexio mez-

Page 386: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

quita. na súa época da escola do areal comezou a asistir polas noites áEscola de artes e oficios, onde durante tres anos recibiu clases de gramá-tica, aritmética, francés e contabilidade.

segundo o mesmo Enrique lorenzo relata nuns apuntamentos bio-gráficos que redactaría posteriormente,1 a súa principal afección infantilforon os trens. Co seu pai estudaba os mecanismos das manobras ferro-viarias e cada vez que chegaba unha locomotora nova preguntáballes aosmaquinistas polas novidades técnicas que incorporaba. mais non foi noferrocarril —como era tradición familiar— onde atoparía o seu primeirotraballo o futuro industrial vigués, senón na refinaría de petróleo que enguixar tiña a empresa babé y Compañía, na que comezou a traballarcomo meritorio aos dezaseis anos.

ante as cativas posibilidades de promoción que viu nesta ocupación,decide marchar para arxentina a probar fortuna, como daquela facíantantos outros rapaces da súa idade. En 1911 embarca no vapor Amazon eatopa á súa chegada a bos aires o seu primeiro emprego nunha tenda decalzado, da que pasaría axiña a outra de confección e a unha fábrica taménde calzado, todo iso en poucos meses. Finalmente —e tras acudir ao re-clamo dun anuncio dun xornal no que se pedía un contable— comezoua traballar nunha importante empresa dedicada á fabricación e á distri-bución de elementos de óptica, cirurxía e enxeñaría. En lutz, Ferrandoy Compañía estivo encargado durante tres anos de todo o relacionado coaxestión bancaria ata que no mes do novembro de 1915 —ao facer os 23anos— decide regresar a galicia para facer o servizo militar.

despois do seu paso como soldado de cota polo rexemento de artillaríade Ferrol, regresaría a vigo onde grazas á formación e á experiencia con-table da que dispoñía entrou a traballar como tal no estaleiro e no tallermecánico de troncoso y santodomingo, un dos que —a carón de barrerase sanjurjo— existían naquela altura no areal.2 naquel establecemento —no que chegou a acadar o posto de xefe de contabilidade— coñeceu aun técnico francés, que traballaba na sección de caldeiraría, co que decide

400Empresarios de Galicia

1 «memorias de Enrique lorenzo docampo, vigo, febrero 1969», documento me-canografado (en adiante Memorias).

2 Carmona e nadal (2005).

Page 387: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

401Enrique Lorenzo Docampo

Enrique Lorenzo no Ferrol,01-03-1916 (cortesía de

María Teresa Font)

Page 388: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

3 rexistro mercantil de pontevedra (en adiante rmp), libro 11, fols. 50-51.

abandonar a empresa para formar outra distintaentre ambos os dous. Corría o ano 1919 e Enriquelorenzo e ludovic morlon, forman así a sociedadeEnrique lorenzo y Compañía, destinada á repa-ración e á fabricación de caldeiras,3 un negociocon enorme demanda naquel momento e para oque os demais talleres vigueses tiñan unha ma-quinaria moi cativa. a caldeiraría era a especiali-dade de morlon e a Enrique lorenzo tampoucolle resultaba allea, polo menos a ferroviaria.

o primeiro taller de lorenzo e de morlon es-tivo situado no antigo asilo de golfos, na rúa depolicarpo sanz, onde logo pasaría a estar o bancode España. tiñan un único traballador e unhamaquinaria que consistía nun equipo de forxa desegunda man, un torno mecánico, un trade e al-gúns outros trebellos menores. os recursos iniciaisda empresa non daban para máis xa que entre oscativos aforros do mozo do Canadelo e un créditodo banco Español del río de la plata garantidopor un seu tío, non pasaban das 25.000 pesetas,que eran precisas na súa maior parte para financiaro circulante.

pero os cálculos que fixeran lorenzo e morlonsobre a potencial demanda para o seu negocionon estiveran errados, e a medida que ían tendoencargos foron conseguindo crédito, mellorandoo equipo e ampliando o taller. En pouco máis dunano o local quedáballes estreito e trasladáronse aCanceleiro, onde ao rematar o ano 1920 tiñan xacorenta operarios. o taller do Canceleiro situárasenunha leira de rafael tapias, moi preto do lugaronde un familiar deste último tivera algúns anos

Empresarios de Galicia

Visita á factoría de altos cargos de RENFE (cortesía de María Teresa Font)

Page 389: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 390: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

antes unha fundición denominada la vulcano. Este foi o motivo poloque o novo taller de Enrique lorenzo comezou a ser coñecido popular-mente non pola súa razón social senón pola da antiga fundición de tapias:la vulcano ou simplemente vulcano, unha denominación que xa apa-recería na publicidade da empresa a mediados dos anos vinte, aínda quenon se oficializara ata despois da guerra civil.

nos anos vinte combinan os traballos de caldeiraría cos de fundicióne construcións metálicas. nos primeiros traballan fundamentalmente parabuques de pesca e conseguen estender a súa clientela ata os portos de vi-lagarcía de arousa e da Coruña, dos que reciben multitude de encargos.mais a carón das caldeiras para pesqueiros comezan xa a mediados dosvinte a traballar tamén para as compañías ferroviarias de medina delCampo-zamora-ourense-vigo (mzov) e Ferrocarriles del oeste. así re-paran locomotoras e tenden pontes metálicas como, por exemplo, a dorío Cabe, na redonda de monforte.4 será neste eido das construcións me-tálicas onde conseguirán nesta época os seus contratos máis substanciosos,dos que cómpre salientar un deles polo seu volume e outro pola súa trans-cendencia posterior. polo primeiro destes conceptos, o da construción das1800 torres metálicas de oito metros de altura cada unha para a liña dealta tensión que debería fornecer a vigo da enerxía procedente do saltodo río tambre. Este traballo —no que a empresa viguesa se ocupou du-rante os anos 1925 e 1926— fora encargado pola sociedad general ga-llega de Electricidad á madrileña sociedad Española de montajesIndustriales, que, pola súa volta, llo subcontratou a Enrique lorenzo. oempresario do Canceleiro foi consciente de que esta posición de subcon-tratista se ía traducir nuns lucros reducidos pero que para os efectos demellorar a imaxe da empresa —nomeadamente fronte aos bancos— re-sultaba importantísimo. pola influencia que tería no curso da posteriorespecialización do estaleiro cómpre citar a aceptación en 1927 dun en-cargo da bilbaína sociedad general de obras y Construcciones, para cons-truír unha gabarra romperrochas con casco de aceiro, a primeira que seconstruía en España, que sería botada por Enrique lorenzo y Compañía

404Empresarios de Galicia

4 El Pueblo Gallego, 20/08/1942; gonzálEz martín (2007).

Page 391: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

en febreiro do 1928 no areal.5 Este tipo de construción consistía esencial-mente nun traballo de remachado de pranchas de aceiro e iso era o quefacían eles coas caldeiras. E aínda que non estaba destinada á pesca niná navegación como tal, era un artefacto flotante de certa complexidademecánica, e significaba a entrada da factoría do Canceleiro no mundo daconstrución naval.

para poder atender os crecentes encargos, tiveron antes que mellorarnotablemente a súa dotación de maquinaria, de xeito que a mediados dosvinte contaba xa cun grande e moderno taller de caldeiraría, co maior doscubilotes existentes en vigo e cunha xenerosa dotación de fontes de ener-xía, tanto de vapor coma eléctrica. En paralelo aumentara o capital ini-cial, das cinco mil iniciais ás cen mil que tiña a finais dos vinte, aíndaque en todo caso os recursos propios seguían a significar moi pouco nopasivo da empresa, pois o recurso ao crédito seguía sendo a principalfonte de financiamento.

mentres os seus negocios medraban, Enrique lorenzo casou en dúasocasións. a primeira delas, practicamente ao rematar o seu servizo militar,en 1918, con aurora Fernández, coa que compartiu mesa e mantel durantedez anos, ata o seu pasamento por causa da gripe no ano 1928. Casaríade novo dous anos despois coa redondelá maruxa Feijóo alfaya, coa quetería tres fillos, dúas rapazas, genoveva e gloria, e un rapaz, Enrique.Ela sería a responsable do fondo vencello que a partir de entón tivo sempreo industrial vigués con redondela; no pazo da familia da súa mullerpasaría moito do seu pouco tempo libre e mesmo instalaría unha pequenagranxa avícola e porcina.

A factoría de Espiñeiro: contratos ferroviarios e salto á construción naval

á altura de 1930 o taller de Canceleiro era xa unha camisa de ferropara o crecemento do que xa se podía chamar factoría de lorenzo emorlon, polo que o industrial vigués, pois o francés era só socio industrial,decide buscar unha nova localización para o negocio na praia de Espiñeiro,

405Enrique Lorenzo Docampo

5 El Pueblo Gallego, 26/02/1928.

Fotografía das páxinas seguintes: Espiñeiro, ca. 1932 (cortesía de

María Teresa Font)

Page 392: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 393: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 394: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

no barrio de teis, onde planea construír non só un taller mecánico demáis dimensións senón tamén un varadoiro para poder ampliar o seu tra-ballo de reparación e montaxe de buques de pequeno porte. tras conseguira correspondente concesión administrativa, negociar cos cento sesentapropietarios das minúsculas leiras situadas na veciñanza da praia onde secontaba con erguer os talleres, e superar a oposición dos mariñeiros quenela largaban as súas xávegas, comezaron a tender as bases e as vías paraos correspondentes carros, que comezaron a utilizarse xa en 1931 para asprimeiras carenas de embarcacións de menos de cen toneladas.

Enrique lorenzo ampliaba así —sen abandonar os seus traballos paraos ferrocarrís— a súa actividade cara á construción naval, igual que fixe-ran antes barreras, sanjurjo ou troncoso e santodomingo. Isto é, pasa de reparar e montar caldeiras e/ou máquinas de vapor nos pesqueiros demadeira, a construír tamén os seus cascos. En todo caso, o industrial do

408Empresarios de Galicia

Talleres Vulcano (E. Lorenzo),Vigo, ano 1948 (ArquivoPacheco)

Page 395: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Canceleiro tratará de buscar —á vista do éxito da súa primeira gabarra deaceiro— unha certa especialización distinta á dos outros construtoresnavais, a das embarcacións e guindastres para construción e servizos por-tuarios, de xeito que durante a primeira metade dos trinta, as gabarras eos guindastres flotantes terán un peso importante na súa actividade e seránen certo sentido a marca da casa. o primeiro encargo que recibiron foi oda construción doutras dúas gabarras para a bilbaína sociedad generalde obras y Construcciones, unha delas era outro romperrochas, que foiseguido do de tres pontóns que representaban unha elevada carga detraballo. logo foron diversas embarcacións tamén para traballos portuarioscomo as cabrias (guindastres flotantes) e guindastres escavadores desti -nados á tamén bilbaína puertos y pantanos, s.a.6 todo isto, unido á cargade traballo nos eidos máis tradicionais de traballo da empresa, entre osque nestes primeiros anos trinta cómpre salientar a construción dos dousgasómetros para as fábricas de gas da Coruña e de vigo, permitiu aumentaro cadro de persoal, que en 1935 andaba xa polos cincocentos traballadores,e convertía a Enrique lorenzo y Compañía nunha das máis importan -tes empresas da cidade. o empresario vigués, interesado nos problemastécnicos da caldeiraría, e preocupado por darlles respostas aos proble-mas que se lles presentan aos seus seareiros, investiga con varios técnicossobre os problemas relacionados co desprazamento que se estaba a producirnos buques desde os propulsores de vapor aos motores diésel. Fronte a ba-rreras, que decidira xa daquela entrar na fabricación de motores diéselcon licenza dunha empresa holandesa, Enrique lorenzo opta por unhavía máis de acordo coas súas posibilidades, e máis accesible á maioría dosarmadores galegos: a de fabricar queimadores que permitisen empregarcombustible líquido sen necesidade de substituír a máquina de vapor. odono do taller de Espiñeiro obterá así en 1932 dúas patentes, «de un equipode mechero de doble efecto a presión y aire comprimido para quemarcombustibles líquidos», e para a súa explotación constitúe unha empresafilial da principal, baixo a denominación de Empsa (Equipos mecherosde petróleo, s.a.).7 Estes queimadores foron aplicados por primeira vez

409Enrique Lorenzo Docampo

6 El Pueblo Gallego, 20/08/1942.7 rmp, libro 28, fols. 158-172.

Fotografía das páxinas seguintes: Talleres Vulcano(E. Lorenzo) Vigo. Caldeirapara locomotora fabricada

en Vulcano, ca. 1950 (Arquivo Pacheco)

Page 396: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

410Empresarios de Galicia

8 El Pueblo Gallego, 15/05/1932.9 lavandEIra (1992); Carmona e nadal (2005).10 gIráldEz (1996).

en España por Enrique lorenzo ás cabrias construídas para puertos y pan-tanos e acadaron un importante éxito.8

é de admirar a decisión e a coraxe deste Enrique lorenzo, que nosanos da gran depresión, cando vigo atravesaba unha difícil situacióneconómica pola falta de pagamento dos clientes latinoamericanos dos fa-bricantes de conservas, e pola recuada dos encargos do sector pesqueiroaos estaleiros, decide emprender novas ampliacións do negocio.9 E, sobretodo, porque en gran parte o fixo descansando moi pouco nos recursospropios da empresa. Enrique lorenzo seguiu confiando durante a primeirametade dos trinta no crédito de bancos, provedores e seareiros como prin-cipal fonte de financiamento da súa actividade. E iso levouno a afrontarproblemas de liquidez en non poucas ocasións ata o punto de que duranteese período chegou a sufrir nada menos que trece embargos, aínda quetodos eles de pequena contía. a situación máis crítica foi probablementea acontecida no ano 1933, na que ante a ameaza dunha pronta suspensiónde pagos chegou a verse forzado a convocar unha xunta de acredores, áque conseguiu finalmente convencer para que adiasen os vencementos.

En todo caso, os problemas dos primeiros anos trinta non foron exclu-sivos da empresa de Espiñeiro, senón de todos os talleres mecánicos e esta-leiros de vigo. os lucros dos armadores reducíronse por uns aumentosnos prezos do carbón, aparellos, salarios e outros elementos da súa estru-tura de custos que non se viron correspondidos nin polos rendementospesqueiros nin polos prezos obtidos;10 en tales circunstancias a caída dosencargos tanto de cascos coma de máquinas e caldeiras derrubouse. defeito, a comezos de 1936 todo o sector metalúrxico vigués estaba a piquesde suspender pagos.

a sublevación militar de xullo de 1936 e a guerra posterior levou ámilitarización e á posta de todo o sector ao servizo do esforzo militar dobando insurrecto. a factoría de Espiñeiro, como as de Coia e bouzas, que-daron baixo o control do xefe de mobilización local, que pola súa voltalle rendía contas ao de valladolid e, finalmente, á Junta de defensa de

Page 397: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

411Enrique Lorenzo Docampo

Page 398: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

burgos. os embargos pendentes foron suspendidos decontado, reforzáronseos talleres e o propio Enrique lorenzo converteuse en tenente coronel deartillaría como director dun establecemento de cincicentos operarios.Como barreras, Freire, sanjurjo ou la artística, Enrique lorenzo y Com-pañía artillou buques de pesca e vehículos de transporte; construíu estruturasmetálicas para pontes e estacións ferroviarias e fixo munición diversa. tra-ballaba en tres quendas diarias ata o esgotamento da maquinaria corres-pondente.11 se a especialidade de la artística eran as granadas, a de

412Empresarios de Galicia

Talleres Vulcano (E. Lorenzo)Vigo. Buque Barcelona engradas de Vulcano, ca. 1950(Arquivo Pacheco)

11 Carmona e nadal (2005); gIráldEz (2006).

Page 399: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

413Enrique Lorenzo Docampo

barreras as bombas de aviación e a de Freire a dos proxectís de morteiro,a factoría de Espiñeiro estaba especializada nos proxectís de pequenocalibre, vulgarmente coñecidos como de tipo lexionario (calibre 11,7). osbeneficios obtidos durante a guerra servíronlle —como á maioría dos me-talúrxicos vigueses— para pagar as débedas da preguerra e capitalizar aempresa con vistas a posibles ampliacións nos anos seguintes.

A consolidación de Vulcano como estaleiro (1939-1958)

a nacionalización da rede ferroviaria e a constitución de renfe no ano1941, que concentrou todo o conxunto das liñas ata daquela pertencentesás empresas privadas, non lle sentou mal á empresa de Enrique lorenzo,que conseguiu en exclusiva o contrato de reparación para as caldeiras,vagóns e outros equipos da nova empresa pública en toda a zona noroeste,así coma varias series de encargos de caldeiras novas para o conxunto darede española. a factoría de Espiñeiro tiña a capacidade para fabricar atavinte e cinco deste tipo de artefactos nun ano. o efecto destes contratos foital que durante os anos corenta esta partida chegou a representar o 80% dafacturación de vulcano, e que contra 1948 o taller vigués era responsabledo 60% das reparacións de caldeiras-locomotoras que se lle encargaban áindustria privada en España.12 rEnFE externalizaba a maioría destes tra-ballos e vulcano era posiblemente o principal beneficiario.

no seu outro eido de traballo, o da construción naval, a factoría deEspiñeiro dispoñía contra 1941 de catro bancadas e estaba ampliando emellorando o taller de fundición para poder fabricar hélices e outros ele-mentos de navegación. podía construír buques de ata dúas mil toneladase tiña unha capacidade de produción de corenta caldeiras mariñas parabuques de ata tres mil toneladas.

Enrique lorenzo albiscou moi axiña as boas perspectivas que abríapara o sector da construción naval o interese do réxime no desenvolve-mento da pesca como fonte de proteínas baratas nunha época de escasezae racionamento como a que se estaba comezando a vivir. Este interese xa

12 archivo Histórico nacional, Fondos contemporáneos. Hacienda, serie general, atado4.5842.

Page 400: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

se manifestara na promulgación da lei de Crédito naval destinada a favo-recer a reconstrución e ampliación da frota mercante, na que se incluíatamén a dedicada á pesca.13 a lei permitía obter créditos do Instituto deCrédito para la reconstrucción nacional para construír pesqueiros cunprazo de devolución de vinte anos a un tipo de xuro do 2% e por unimporte de ata un 60% do valor do buque, que mesmo en certas hipótesespodía acadar ata un 80%. a norma tamén establecía a posibilidade definanciar obras de ampliación nos estaleiros, polo que Enrique lorenzonon tardaría en presentar un proxecto no que solicitaba o crédito corres-pondente, tal como fixeron barreras e os demais construtores navais vigue-ses. En maio de 1942 comezou os trámites precisos para solicitarlle uncrédito destinado á ampliación ao Instituto de Crédito para la recons-trucción nacional,14 que non conseguiría ingresar ata 1947. Este créditooficial e outros varios do sector privado, así coma as propias ampliaciónsde capital financiaron as adquisicións de equipo e melloras nas instala-

414Empresarios de Galicia

13 lei do 02/06/1939 na que se institúe un sistema de crédito naval (boE do 07/06/1939); decreto do 15/03/1940 polo que se aproba o regulamento para aplicar a lei do02/06/1939 (boE 22/03/1940). sobre este tema pódese ver portas e balsEIro (1944).

14 archivo Histórico nacional, Fondos contemporáneos. Hacienda, serie general, atado4.5842; aHpp, Administración de Hacienda, delegación de vigo, atado 11.320.

Logo Enrique Lorenzo

Page 401: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

415Enrique Lorenzo Docampo

cións que permitiron que contra 1950 a factoría de Espiñeiro puidesecomezar unha xeira na que a construción naval en aceiro se podería con-verter, de ser preciso, na principal liña de actividade, por riba se fose pre-ciso do propio negocio ferroviario.

previamente Enrique lorenzo tivo que proceder ao aumento dos re-cursos propios da empresa, pois era esta unha das esixencias para accederao crédito oficial. En 1941 decide así converter a antiga sociedade regularcolectiva nunha anónima e proceder paralelamente a unha forte ampliaciónde capital que pasaría das 350.000 aos 2.100.000 pesetas, que se repetiríanos anos seguintes noutras dúas ocasións, de xeito que en 1951 o capitalsocial era xa de dez millóns de pesetas.15 a empresa seguía, en todo caso,sendo completamente familiar, xa que, agás na primeira destas ampliaciónsna que entraran a formar parte do capital os irmáns rubio Escuredo, apresenza destes foise diluíndo nas seguintes, de maneira que Enrique lo-renzo sempre mantivo o control da empresa, e situou no consello de ad-ministración os seus familiares e persoas de confianza.

a media de construción de embarcacións estivo durante os anoscorenta nas dúas ou tres anuais, a maior parte delas de madeira; e non porfalta de capacidade para facelo en aceiro, pois as gabarras e os pontónsque construíra na preguerra fórano dese material e porque en 1943 botouun cargueiro en aceiro, o vulcano,16 senón máis ben polas dificultadesque existían nestes anos para a subministración de aceiros laminados epola cativa demanda de tales enxeños, dos que os armadores non remata-ban de ver as súas vantaxes.17 deste xeito, as carenas e reparacións —entendendo entre estas últimas a instalación dos queimadores paracombustible líquido nos pesqueiros de vapor antigos— mantiveron unhagrande importancia neste período.18 Co gallo de se fornecer directa-mente da madeira precisa para as novas construcións que neste material

15 Íbidem.16 La Vanguardia, 17/09/1943.17 FErnándEz muñoz (1944).18 tal e como poñen de manifesto sIndE, dIéguEz e guEImondE (2005) e sIndE

(2008) foi esta unha fase intermedia, anterior á adopción dos motores diésel na pesca, moitípica dunha situación de escaseza e illamento como foron os anos corenta.

Fotografía das páxinas seguintes: Vulcano, ca. 1955 (cortesía de

María Teresa Font)

Page 402: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 403: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 404: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

se ían emprender, Enrique lorenzo, adquirirá contra 1942 un serradoirono redondelán lugar de reboreda, que pasará a traballar para vulcano,aínda que non exclusivamente.

nos anos cincuenta, e a medida que as subministracións de aceirolaminado comezaron a mellorar, e sobre todo a partir de 1956 —ano noque se revitaliza a concesión de créditos para a construción naval— come-zará a cobrar importancia a construción en aceiro no estaleiro de Espi-ñeiro. ata 1958 estas construcións foron moi limitadas, pois entre 1951 e1957 entregáronse só —ademais de tres pequenos cargueiros de 400 trbe algún artefacto para servizos portuarios— catorce arrastreiros, a dous porano. os seus principais clientes eran o armador coruñés andrés soto Carneiro e a pesquera vasco-gallega.19 aínda que algúns dos buquesconstruí dos tiveron que se inscribir a nome do propietario da factoría oudalgún dos seus familiares, porque foron construídos sen encargo previo,Enrique lorenzo non se propuxo máis que moi excepcionalmente conver-terse en armador, tal como fixeron Freire ou barreras. tivera unha brevee desafortunada experiencia neste sentido cun cargueiro de aceiro a come-zos dos corenta, o vulcano, que acabara indo a pique, e tomaría posterior-mente parte en dúas sociedades pesqueiras pero nunca con funcións exe-cutivas nelas. Foron estas dúas sociedades a pesquera atlántica, fundadaen 1950 co conserveiro e fabricante de artigos de goma vigués manuel reye con varios armadores de bouzas entre os que se atopaba Juan rodal;Enrique lorenzo proporcionoulle a esta compañía unha parella de pes-queiros con casco de aceiro, construídos en Inglaterra nos anos vinte e queforan reformados en vulcano.20 a outra experiencia pesqueira do indus-trial de Espiñeiro foi na constitución da guipuzcoana pesqueira alquiza.21

nunha economía caracterizada pola escaseza das subministraciónsindustriais e pola ríxida intervención sobre a súa distribución como era ada España dos anos corenta e, nalgunha menor medida, a dos cincuenta,os industriais víanse acotío forzados a interromper a produción por faltade materias primas, ao mesmo tempo que tiñan enormes dificultades para

418Empresarios de Galicia

19 Factorías vulcano, Listado de buques construídos.20 rmp, libro 56, fols. 46-57 v.21 rmp, libro 84, fol. 106 v. e libro 81, fol. 92 v.

Page 405: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

planificar o traballo das súas factorías. no caso concreto dos estaleiros edos talleres mecánicos, ademais do problema dos apagóns, o principalatranco para o seu desenvolvemento foi a falta de aceiros laminados. nonfoi infrecuente que os estaleiros visen eternizarse nas bancadas buquespor falta de algún elemento que non daba chegado. Enrique lorenzotivo un destacado papel nunha das iniciativas destinadas a lidar co problemada escaseza de subministracións para todo o conxunto do sector metal-mecánico en galicia, tal como foi a sociedade sumnsa.

a comezos do ano 1942, un ano despois de que o sector se converteraen preferente a efectos de subministracións de materias primas intervidas,22

sen que iso mellorase moito as dificultades para conseguilas, un grupo deempresarios vigueses constituíron suministros metalúrgicos navalessociedade anónima (sumnsa).23 os impulsores do proxecto eran a maio-ría dos construtores navais vigueses (luis Iglesias, Freire, troncoso y san-todomingo, armada, etc. ), das fundicións e construcións metálicas (san-jurjo, ponte y Ferrín, etc.), dos construtores de envases (la artística, lametalúrgica...) e outros interesados. o obxecto da empresa era o de mercarprimeiras materias para a súa distribución entre os accionistas, importarmaquinaria, mercar patentes, establecer calquera actividade complemen-taria da metalurxia naval e —moi importante— servir de ponte para asrelacións cos poderes públicos. Este último foi un dos labores prioritariosde sumnsa, pola importancia que tiña nestes anos o feito de dispoñer deintermediarios e persoas ben relacionadas na administración, nomeada-mente en madrid, para conseguir cotas, permisos, licenzas e toda a para-fernalia administrativa precisa naqueles anos para exercer a actividadeindustrial. o primeiro presidente de sumnsa foi luis Iglesias, un constru-tor naval que tiña as súas instalacións na ribeira viguesa —preto do con-vento de san Francisco— e xa daquela entrou Enrique lorenzo comovicepresidente. pero tanto a presidencia de Iglesias coma a do que sería oseu sucesor —o boucense manuel Freire— serían moi breves. En 1944 foi

419Enrique Lorenzo Docampo

22 lei do 24/10/1939 (boE 25/10/1939), orde do 13/03/1941 (boE 18/03/1941);gIráldEz (2005).

23 a descrición das actividades de sumnsa está baseada en Informes anuales, ministe-rio de Industria. Consejo superior de Industria, de varios anos; revista Industrias Pesqueras,varios números, sobre todo, os números 745 e 746 de 1958.

Page 406: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

xa elixido para ocupar o cargo Enrique lorenzo, que continuaría neldurante máis de vinte anos.

sumnsa ocupouse durante os anos corenta e primeiros cincuentanomeadamente da provisión de insumos, tarefa na que logrou centralizarunha parte importante das subministracións metálicas para o sector. a par-tir de 1955 —cando a escaseza xa non era tan preocupante— trataría decomplementar as funcións distribuidoras coa provisión doutros servizos,máis de carácter técnico ou económico-administrativo. En 1955 sumnsadotaríase dunha oficina técnica que —dirixida por un enxeñeiro naval—lles ofrecería asesoramento técnico aos estaleiros e mesmo elaboraría pro-xectos de buques por encargo dos seus asociados. Este servizo —que ato-pou unha importante demanda e foi precursora doutras oficinas técnicasposteriores— conseguiu ofrecer colectivamente un servizo ao que moitosdos seus clientes non podían acceder individualmente.

Finalmente, sumnsa mercou en 1957 aceros de galicia, s.a., unhafundición eléctrica establecida pouco antes por un grupo de empresarioscataláns no barrio do troncal —que estaba moi preto da subestación detransformación eléctrica— coa intención de utilizala para a elaboraciónde pezas especiais de aceiro moldeado para rizóns, hélices, guindastres,máquinas de vapor e outras que puidesen demandar os seus socios e clien-tes. na práctica, aceros de galicia —que presidía tamén Enrique lo -renzo— especializouse sobre todo na fabricación de rodas e codastes, quevendeu durante os anos seguintes á maioría das empresas do sector de todaEspaña.24

O adeus ao ferrocarril, a especialización naval e a entrada no sector conserveiro

a finais dos anos cincuenta a política intervencionista e autárquicaestaba conducindo a economía española a un camiño sen saída que for-zou a aprobación dun conxunto de medidas coñecidas como plan deEstabilización, que constituíron o preámbulo da posterior liberalizacióne apertura. dentro deste marco no que moitas cousas mudaron, renfe

420Empresarios de Galicia

24 Industrias Pesqueras, números 697-698 (1956), e 745-746 (1958).

Page 407: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tamén o fixo, e no eido das reparacións abandonou a política de conti-nuismo respecto do que facían as empresas das que era herdeira e come-zou paseniñamente a homoxeneizar e a internalizar as reparacións quealgunhas daquelas facían en talleres externos. dentro desta política refor-zou a finais dos cincuenta e comezos dos sesenta o seu taller de repara-cións de monforte de lemos, que se converteu na primeira industrialocal, e algúns dos encargos que antes realizaba Enrique lorenzo y Com-pañía foron transferíndose á vila do Cabe. a apertura podía igualmentesignificar o comezo das importacións de caldeiras novas, especialmen -te dos modelos máis sofisticados que non se fabricaban en España, poloque o industrial vigués buscou acordos de licenza con dúas innovadorasempresas de caldeiraría, a escocesa John thompson e a alemá Erk. a

421Enrique Lorenzo Docampo

Cesáreo González, Enrique Lorenzo e Luis

Iglesias, ca.1955 (cortesíade María Teresa Font)

Page 408: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

factoría de Espiñeiro comezou así contra 1958 a fabricar baixo licenzadestas empresas caldeiras pirotubulares e acutubulares respectivamente,cun relativo éxito en ámbitos industriais. así forneceu nos anos seguintesa fábricas de conservas, de madeiras, téxtiles ou de cervexa.

Consciente en todo caso Enrique lorenzo de que a reparación decaldeiras ferroviarias tiña os seus días contados e de que a súa fabricaciónía resultar cando menos suxeita a unha forte competencia, foi orientandoxa desde mediados da década os labores da factoría de Espiñeiro cara áconstrución naval e foi buscando outros negocios cos que manter unhacerta diversificación da súa actividade. E non se equivocou porque osencargos da compañía ferroviaria remataron contra 1965.

dentro desta estratexia entraría Enrique lorenzo no ano 1956 nunsector como era o de fabricación de conservas de peixe, dunha gran tradi-ción en galicia pero que tras vinte anos de ríxida intervención tiña unhadimensión media ben reducida e sufría un forte proceso de descapitaliza-ción. Enrique lorenzo mercaríalle en xaneiro daquel ano a outro veciñode Espiñeiro —manuel vaqueiro— a fábrica que este tiña no propiobarrio, e que vendera coas marcas de la ribereña e la Colombiana desdemediados dos anos vinte.25 á fronte da conserveira púxose un dos xenrosdo industrial de Canceleiro, o ferrolán Cristóbal antón, que contratou aun vilagarcián con experiencia nas fábricas francesas de agadir para dirixira produción e introducir un sistema de empacado distinto do tradicionalonde o peixe se colocaría en cru na lata —e non fritido ou cocido comoera común en galicia— de maneira que á cocción e á esterilización selevarían a cabo posteriormente.26 Esta modificación dos procesos deberíaaforrar man de obra, especialmente ao suprimir o engrellado; isto traduci-ríase non só en aforros de custos senón nun produto máis do gusto dos paí-ses que estaban afeitos a consumir peixe empacado en cru, vantaxe estaúltima ben axeitada para entrar nos mercados exteriores.

as antigas instalacións de vaqueiro amosáronse axiña pouco axeitadaspara as novidades e a escala á que a familia lorenzo pretendía acceder.

422Empresarios de Galicia

25 arquivo da asociación nacional de Fabricantes de Conservas, Asociados, caixanúm. 58.

26 Informes anuales, ministerio de Industria. Consejo superior de Industria, ano 1959,fol. 173.

Page 409: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

En 1959 transforman a empresa en sociedade anónima, aínda que manteríaun estrito carácter familiar no accionariado. trasladan a fabricación a unestablecemento de nova construción en meira (moaña) e converten Con-servas la guía nunha das máis modernas fábricas españolas do sector.En 1962 tiña xa 213 operarios que a situaban por este concepto comounha das dez primeiras empresas conserveiras galegas. da orientación ex-portadora desta empresa pode dar unha idea o feito de que contra 1968era a cuarta exportadora. os principais destinos das súas vendas eran portoscomo os de amberes ou Hamburgo, o que antes da guerra se contaranentre os principais receptores de conservas galegas, e outros como o desavona, na liguria italiana, menos habitual naquela altura.

Enrique lorenzo emprendeu a finais dos cincuenta unha novaampliación do estaleiro, a maior das acometidas ata aquel momento, des-tinada a competir na fabricación de buques de aceiro de maior tamañodestinados a pescar en mares máis afastados ca os daquela xa tradicionaisdo gran sol. bacallaeiros e arrastreiros convencionais primeiro e con -xeladores e arrastreiros por popa xa a partir de 1965 serían as tipoloxíasmáis significativas neste sentido. o proxecto —que moi axiña se levou acabo— incluía a ampliación das gradas cubertas e a construción duntaller de trazado, cortado e formado de chapas, a ampliación do parquede materiais, un novo taller de ferreiros de ribeira e un novo peirao dearmamento.27 no ano 1961, vulcano tiña dúas bancadas en funcio-namento con capacidade de construción de buques de ata tres mil tone-ladas de rexistro bruto e catro vías de varadoiro preparadas para carenar ereparar embarcacións de ata mil cincocentas toneladas; dos seis guin-dastres dos que dispoñía o maior deles podía levantar ata trinta tonela-das. no estaleiro traballaban 780 persoas, das que 42 eran técnicos e 98administrativos.28

a ampliación do estaleiro viuse correspondida durante a década dossesenta por unha forte ampliación do número de buques construídos, tale como se pode ver na táboa 1. vulcano recorreu, como todos os estaleirosda época, ao Crédito naval como forma de financiar as construcións, tal

423Enrique Lorenzo Docampo

27 Industrias Pesqueras, números 745 e 746 (1958).28 ForCano (1961).

Page 410: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

e como xa fixera desde a década anterior, unha fonte que puido comple-mentar nesta xeira dos sesenta co recurso a unha nova vía do créditooficial, o crédito á exportación, do que tamén faría uso.

ata o ano 1965 a maior parte dos buques construídos son arrastreirosconvencionais para armadores fundamentalmente galegos e vascos, entreos que destaca como cliente a finais dos cincuenta e comezos dos sesenta,José molares. dentro dos pesqueiros cómpre tamén salientar os catrobacallaeiros entregados a motopesqueros de altura reunidos (mar), edentro dos poucos buques destinados a outros usos, un pequeno feixe deremolcadores.

En 1966 entregaríase o marcelina de Ciriza, o primeiro conxeladorcon arrastre por popa entregado por vulcano, e co que esta factoría entrabana construción deste segmento de buques que marcou a pauta dos novosdesenvolvementos pesqueiros daquela década. o marcelino de Ciriza re-presentaba en todo caso para vulcano un éxito moi especial; tratábasedun dos primeiros buques superfactoría construídos en España, que com-binaba a actividade extractiva cunha gran capacidade de almacenaxe (istoevitaba ter que recorrer a buques correo para remitir periodicamente opeixe conxelado ao mercado de destino) e, finalmente, a actividade trans-formadora, pois era ao mesmo tempo fábrica de fariña. a pesquera vascogallega encargara o casco nos bilbaínos astilleros de Cadagua, pero de-bido á complexidade de moitos dos seus elementos tivo que rematar envulcano os traballos construtivos.

424Empresarios de Galicia

Táboa 1.Construción de buques nos estaleiros Vulcano, 1951-1974

Buques Buques Buques construídos TRB construídos TRB construídos TRB

1951 3 845,00 1959 10 2.417,00 1967 13 3.740,98

1952 1 n.d. 1960 10 2.402,00 1968 7 2.164,11

1953 0 0,00 1961 5 1.363,00 1969 4 2.415,12

1954 1 219,00 1962 5 1.282,96 1970 5 6.640,92

1955 0 0,00 1963 4 710,53 1971 9 3.050,54

1956 7 1.685,00 1964 11 3.107,45 1972 6 14.771,80

1957 8 1.632,00 1965 6 1.966,04 1973 7 5.165,70

1958 6 1.412,00 1966 9 8.278,16 1974 6 3.078,61

Fonte: Elaboración propia a partir de Factorías vulcano, Relación de buques construidos.

Page 411: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

na mesma altura na que o estaleiro de Espiñeiro entregaba o marce-lina de Ciriza substituía definitivamente na súa factoría naval o remachepola soldadura como xeito de ensamblaxe da chapa dos cascos. Enriquelorenzo y Compañía, que comezara como unha empresa de caldeiraría,unha actividade na que a calidade do remachado resultaba un factor decompetitividade que dera á empresa un importante prestixio, rematabaunha xeira da súa historia, case tamén ao mesmo tempo no que abando-naba o traballo para renfe. na segunda metade dos sesenta vulcano é xafundamentalmente un estaleiro especializado, como barreras ou ascónna fabricación de grandes arrastreiros de aceiro, aínda que na súa carteirade pedidos inclúe en maior medida ca aqueles remolcadores, cargueirose artefactos destinados a traballos portuarios.

nin as sucesivas ampliacións da factoría de Espiñeiro, nin a súa novaespecialización, nin a entrada no mundo da conserva, alteraran o carác-ter familiar de Enrique lorenzo y Compañía. Como é habitual neste tipode sociedades a confianza é un activo fundamental e, neste sentido, Enri-que lorenzo soubera construír un edificio de delegacións e división dotraballo no que un pequeno grupo de persoas moi próximas colaborabanbaixo a súa supervisión na marcha da empresa. sobre todo eran familia-res pero tamén había algúns técnicos da máxima confianza que protago-nizaron o devir de vulcano nos anos da autarquía e na primeira aperturados sesenta.

o máis antigo dos seus homes de confianza era o seu irmán José, queentrara na factoría de Espiñeiro durante a guerra civil e desde aquelalevaba as finanzas da empresa. logo chegarían Florencio garcía martínezde la riva, un enxeñeiro compostelán, que se ocupaba da dirección técnicada empresa e que se encargaba das difíciles negociacións dos proxectoscos armadores, e José maría Herrero, un intendente mercantil que se ocu-paba da parte administrativa, incluída a tramitación do Crédito naval enmadrid, e que nos anos cincuenta e sesenta convencía os armadores danecesidade de abandonar os cascos de madeira e pasar aos de aceiro coapromesa de fornecerlles o proxecto xa feito. E finalmente, dentro dos di-rectivos asalariados, o director do estaleiro, o enxeñeiro naval ferrolán ma-nuel lópez garrido. nos anos cincuenta chegaran tamén os dous xenrosde Enrique lorenzo, o ferrolán Cristóbal antón e o enxeñeiro agrónomomenorquino rosendo Fernández Ferré, con experiencia este último en

425Enrique Lorenzo Docampo

Page 412: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

temas de organización científica do traballo en empresas de madrid. oúltimo en chegar foi o propio fillo de Enrique lorenzo, que tras estudarperitaxe mercantil e industrial marchara a glasgow onde durante dousanos estudaría e traballaría en prácticas nunha das fábricas de caldeirasdas que vulcano era concesionaria dunha licenza.

dentro deste pequeno grupo, Enrique lorenzo, que era un empresariodecidido e de carácter, cunha personalidade forte do estilo dos grandescapitáns de empresa da época, delegaba funcións con relativa facilidadenos seus máis antigos e fieis colaboradores. Isto é, no seu propio irmán,en Florencio garcía e José maría Herrero, todos eles cunha ampla auto-nomía de actuación.

Unha intensa vida social e unha sucesión empresarial pouco afortunada

a mediados dos anos sesenta, cando andaba xa polos setenta anos,Enrique lorenzo era en vigo moito máis ca un simple industrial. aolongo daquel tempo ocupara todo tipo de cargos de relevancia social nacidade e gozaba dun amplo recoñecemento neste eido. Comezara noantigo ximnasio xa antes da guerra civil. posteriormente presidiu o Cen-tro de Hijos de vigo, a entidade que sucedeu a popular sociedade recre-ativa, e que sería a promotora da celebración local da festa da reconquistae doutras moitas reivindicacións de carácter vigués.29

probablemente por este interese en reivindicar a cidade, era dos quepensaban que vigo debía dotarse dunha banca propia, e formou parte doconsello de administración do banco de vigo, unha entidade que resultouda conversión en 1957 da casa de banca viñas aranda nunha sociedadeanónima, que en realidade tería un éxito cativo no que atinxe a aquel ob-xectivo. Fora fundador e presidente do aeroclub de vigo. Esta entidadenacera en 1950 e foi presidida polo aviador Iglesias braxe, o seu obxectivoera fomentar a aviación civil e adquirir un importante papel na reclamaciónpara o comezo das obras do aeroporto de peinador. Fora tamén vogal evicepresidente primeiro da Cámara de Comercio de vigo desde o ano

426Empresarios de Galicia

29 gonzálEz martín (2007).

Page 413: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1931, e representante desta entidade no Consorcio da zona Franca, poucodespois de que esta institución comezara a súa andaina. participou ademaisnas xestións para a instalación de Citroën na cidade.30 Finalmente, entrarana deputación provincial no ano 1960 e ocupou a presidencia desta ins-titución entre 1963 e 1970.

Enrique lorenzo xogou un activo papel como presidente da depu-tación provincial, o que o forzaba a acudir case que todos os días a pon-tevedra, polo que durante os anos sesenta comezou a afastarse do día adía da empresa que delegaba nos seus colaboradores máis directos, no-meadamente Florencio garcía, aínda que tamén todos os días acudía áfactoría de Espiñeiro.

Cando era presidente da deputación, contra 1968 —e nun momentono que vulcano estaba embarcado, como os demais estaleiros da ría, naconstrución de grandes arrastreiros, moitos deles de arrastre por popa—produciríase o que sería a primeira crise do sector pesqueiro conxelador.asentada a fortísima expansión da frota na pesca practicamente dunhaúnica especie —a pescada— e engadida a competencia dunhas importa-cións autorizadas para estabilizar prezos, o mercado español acadou a sa-turación contra o ano 1968, coa conseguinte derruba dos beneficiosempresariais e caída dos encargos aos estaleiros.31 a crise afectaríalle ámaior parte dos estaleiros da ría pero especialmente aos que se especiali-zaran nos pesqueiros de maior porte, todos eles cun forte endebedamento.baixo o paraugas da denominada acción Concertada e do pulo do propioministerio de Industria comezan no ano 1968 as negociacións para a fu-sión dos tres tradicionalmente maiores estaleiros da ría, barreras, Freiree vulcano, unha fusión á que Enrique lorenzo era en principio favorable,pero que finalmente fracasaría polas elevadas esixencias do ministerio noque atinxía a tamaño e pola propia evolución negativa do mercado dospesqueiros e buques de pequeno porte durante aqueles anos.32

Enrique lorenzo rozaba xa daquela os oitenta anos e comezaban aagromar os problemas dunha sucesión aínda non resolta, na que, como

427Enrique Lorenzo Docampo

30 lEbranCón (2008).31 gIráldEz (2008).32 garCía rEvuElta (1970).

Page 414: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

na maioría dos casos de iniciadores de forte personalidade que prolonganmáis do prudente a súa intervención na dirección do negocio, aparecenproblemas de liderado e de conflitos entre familiares e executivos. maismalia tal acumulación de problemas, vulcano foi quen de sobrevivir du-rante os anos seguintes á tormenta que sacudiu o sector e que remataríapor levar ás mans do Instituto nacional de Industria aos dous máis im-portantes estaleiros privados galegos, astano (1971) e barreras (1976), aomesmo tempo que o terceiro, ascón, ía cara á suspensión de pagos.33

Enrique lorenzo e os seus colaboradores buscaron unha saída para acrise de finais dos sesenta que se podía considerar máis conservadora caa dos dous maiores construtores navais galegos, que trataron de se orientarencara aos buques e artefactos petroleiros, unha orientación que recibiu ungolpe ben duro nos anos seguintes por mor da desvalorización do dólarna que se denominaban os contratos para este tipo de artefactos e pola

Empresarios de Galicia

33 Carmona e nadal (2005).

Vulcano, maio de 1977.Nuria del Mar e Lucía delMar, para Equimar

Page 415: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

propia crise do petróleo. vulcano procurou unha solución máis conser-vadora —e ao final de máis éxito— que foi a de tratar de tirar partido dasúa experiencia na construción de remolcadores e doutros buques espe-cializados, así coma a de participar nos acordos Estado-Estado para a ex-portación de buques —pesqueiros e outros— construídos con cargo a cré-ditos concedidos a países menos desenvolvidos. vulcano conseguiu así aadxudicación de cinco dos dez pesqueiros que España debería cons-truír para a office national de péches tunesina como consecuencia dunacordo con aquel país de marzo de 1969,34 así coma un contrato coa Faopara a construción de dous arrastreiros para fins de investigación e expe-rimentais. Foron estes buques, xunto cos remolcadores, os que mantiveronunha parte importante da carga de traballo e salvaron o estaleiro de Espi-ñeiro durante os anos seguintes. de feito, sería contra 1970 cando vulcanoacadaría as súas maiores cifras de emprego, 850 traballadores nos anos1971-1972.

Con todo, a evolución do sector nos anos setenta, caracterizada polacaída xeral dos encargos derivada da crise do petróleo e moi en especialno eido dos pesqueiros conxeladores, por mor tanto da extensión daszonas económicas exclusivas coma polo aumento dos custos operativosna pesca derivado do aumento do prezo do ouro negro, tiña que afectar-lle ao estaleiro de Espiñeiro. En vulcano o problema notouse especial-mente a partir de 1975; entre ese ano e 1986 apenas se botaron vinte eoito buques, tantos coma os construídos nos tres anos anteriores. dentrodeste período houbo sete anos nos que ningún pesqueiro saíu das gradasde vulcano, e no total do seu transcurso só saíron seis. vulcano oriéntaseagora decididamente cara a novos tipos de buque, tales como os destina-dos ao transporte de carga rodada (roll-on/roll-off), ou os portacolectores.En todo caso mantén a súa especialización en remolcadores e en formasevolucionadas de buques pesqueiros (atuneiros conxeladores, etc.).

Enrique lorenzo docampo finou no ano 1981. Conservas la guíaseguía daquela a ser unha importante empresa do sector, aínda que ascontas seica non cadraban. Factorías vulcano continuaba a traballarmalia que se atopaba máis endebedada ca nunca e cuns resultados no

429Enrique Lorenzo Docampo

34 La Vanguardia, 08/03/1969.

Page 416: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 430

estaleiro moito máis problemáticos ca na sección de caldeiraría. maisEnrique lorenzo docampo xa non estaba para lidar cos bancos e paraconvencer os poderes públicos. tras do seu pasamento acumuláronse osproblemas financeiros cos da sucesión aos que xa nos referimos.

En 1986 o arquitecto naval Fernando santodomingo e o armador Car-los molares mercaron o estaleiro e a conserveira que foran do industrial doCanadelo. Curiosamente, facíase coa factoría de Espiñeiro un neto do pro-pietario do estaleiro para o que traballara Enrique lorenzo setenta anosatrás. a nova dirección chegaba cun programa de viabilidade debaixo dobrazo, que incluía unha intensa reforma da xestión e da produción, unaxuste laboral e un amplo crédito. o programa incluía a especializaciónnunha panoplia de buques de mediano porte como quimiqueiros, ocea-nográficos, cementeiros, artefactos offshore e novos tipos de pesqueiros quenon só permitiu a supervivencia da empresa senón mesmo o seu crece-mento, pois recentemente absorbeu a Juliana —a antiga construtora navalxixonesa— que pertencera nos últimos anos ao sector público. Conservasla guía tería peor sorte e sería unha das moitas empresas galegas deste sec-tor que caería durante os anos seguintes.

Enrique lorenzo foi un deses personaxes á americana, un self-mademan, que chegou dun barrio de vigo ao cumio da empresa e da política.un personaxe que cadra mal co mito de que os galegos non son empren-dedores ou de que si o son, pero só cando traballan lonxe da súa terra.Foi un home dos máis representativos —senón o que máis— da segundaxeración de empresarios industriais vigueses, dos que naceron cando a ci-dade olívica tiña xa chemineas no areal e en guixar. de entre eles foi omáis vinculado coa metalurxia do aceiro na cidade, do que podiamoschamar as construcións metálicas. un home que como el mesmo repetíanon escapaba de ser, cando facía falta, un remachador máis, un máis dosque ao aturar o sufridor —unha ferramenta usada para remachar enquente— apañaba coas correspondentes queimaduras que acotío producía.E un empresario que contaba coa decisión e co carácter —unha vez máiso aceiro— como algunhas das súas calidades fundamentais, tanto para adefensa dos seus negocios coma para o do que el consideraba interesesda cidade. En definitiva, un vigués de aceiro. E un dos máis importantesempresarios galegos do século xx.

Page 417: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

Carmona, x., e J. nadal (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de histo-ria industrial, a Coruña, Fundaciónpedro barrrié de la maza.

FErnándEz gonzálEz, a. (2005): «de laroca a la cuerda. orígenes y desarrollode la industria mejillonera en galicia(1946-2005)», en VIII Congreso de laAEHE, santiago de Compostela.

FErnándEz muñoz, l. (1944): «Construc-ción naval», en I Consejo EconómicoSindical de Pontevedra, pontevedra.

ForCano, F. (1962): «Construcción naval»,en Consejo Económico Sindical Provin-cial, vigo.

garCía rEvuElta, F. (1970): «la acciónconcertada en el sector de industrias nava-les», Economía Industrial, núm. 74.

gIráldEz, J. (1996): Crecimiento y transfor-maciones de la pesca en Galicia (1880-1936), madrid, ministerio de agricul-tura, pesca y alimentación.

— (2005): «El bulto y la sombra: la finan-ciación del sector pesquero y la hipotecanaval (1900-1959)», en VIII Congreso dela AEHE, santiago de Compostela.

— (2008): «revisitando el nudo gordiano:el desarrollo de la congelación en lapesca gallega (1960-1970)», Áreas, RevistaInternacional de Ciencias Sociales; un si-glo de pesca en España: nuevas perspec-tivas, nuevas aportaciones, núm. 27.

gonzálEz martín, g. (2007): Titanes delviguismo en una ciudad discriminada:1887-1981, vigo, Instituto de Estudiosvigueses.

labandEIra, F. x. (1992): «Construçom ereparaçom naval na ría de vigo a come-ços do século xx (1900-1936)», Agália,núm. 30.

lEbranCón nIEto, J. (2008): El consorciode la zona franca de Vigo. Industria, co-mercio y desarrollo urbano, vigo, CzFv.

oJEa portas, p., e F. balsEIro (1944): Lamarina y el crédito naval, madrid.

outEs ruso, J. l. (1990): La crisis del sectornaval y su repercusión en Galicia, a Co-ruña, Fundación Caixa galicia.

sIndE, a. I. (2008): «Expansión y moderni-zación de la flota pesquera española trasla guerra Civil», Áreas: Revista Interna-cional de Ciencias Sociales; Un siglo depesca en España: Nuevas perspectivas,nuevas aportaciones, núm. 27, pp. 58-67.

— m. I. dIéguEz, e a. gEImondE (2005):«Factores condicionantes de la difusiónde las nuevas tecnologías en el sectorpesquero español, 1931-1971», en «vIIICongreso de la aEHE», santiago deCompostela.

Enrique Lorenzo Docampo 431

Page 418: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1897-1980

LUIS CALVO SANZ

Page 419: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

O RENOVADOR DA INDUSTRIACONSERVEIRA*

Xan Fraga Rodríguezprofesor de Ensino medio

Cando a principios da década de 1990 se produce a caída das outroragrandes empresas conserveiras españolas (massó, Curbera, etc.) foronmoitos os que se sorprenderon de que a desaparición daquelas fora caseparalela ao rápido crecemento dun grupo de novos líderes que pasaban aconcentrar nas súas mans porcentaxes da produción do sector moi superioresás que tiveran nunca as primeiras. Estes novos líderes, que baseaban a súaprodución nun tipo de atún que non era tradicional nas nosas pescaríase que lanzaran desde finais dos anos setenta importantes campañas pu-blicitarias, comezaban daquela a establecer ou mercar fábricas noutroscontinentes, adquirindo así un carácter de multinacionais que nunca che-garan a ter os que foran líderes históricos do sector. o mais sorprendenteera, con todo, que un destes tres novos líderes, que ademais era o propietarioda marca máis coñecida e valorada, Calvo, procedía dunha vila como eraCarballo de bergantiños, situada a 18 quilómetros do porto mais próximo.ademais diso, e contra o que era adoito no sector, o fundador da empresanon tiña ningunha tradición familiar na pesca nin na industria conserveira.

* agradecemos a colaboración de dolores (Chicha), José luis (Chicho) e luciano(Chano) Calvo pumpido que nos facilitaron documentación, fotografías, informaciónsdiversas e, sobre todo, a súa amabilidade e simpatía.

Page 420: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 434

o paso dun pequeno almacén de coloniais de Carballo a unha multina-cional conserveira, é a historia —e o mérito— de luis Calvo sanz e dosseus fillos, que foron quen de sentar as bases da que hoxe é primeira con-serveira española e quinta mundial con 3500 traballadores directos ecunha facturación de 407 millóns de euros.

Maragatos en Carballo: orixes familiares e formación dun empresario industrial

a comezos do século xx Carballo era unha pequena vila comercial eagrícola, capital da comarca de bergantiños, na provincia da Coruña.Esta comarca está formada por sete concellos, todos con saída ao mar,agás o de Coristanco. os outros seis concellos son: a laracha (co portode Caión), ponteceso (Corme), laxe, Cabana e, claro está, Carballo (ra -zo-baldaio). a poboación da capital de bergantiños estaba daquelamedrando, singularmente pola puxanza dos seus balnearios e, sobre todo,por ser o centro dunha importante comarca agrícola-gandeira na que seasentaban unhas moi concorridas feiras, que tiñan lugar mesmo alén dasterras de Eduardo pondal. ben situada xeograficamente, nun cruzamen -to de camiños cara á Coruña, a santiago de Compostela, a Fisterra e aCosta da morte, o estado das infraestruturas de comunicación terrestreera unha das súas principais eivas. o proxecto do que algúns chamabano tren da riqueza ou dos tres ces, que uniría a Coruña-Carballo e Corcu-bión, co seu ramal de Carballo a santiago de Compostela, que foi a gran -de aspiración de Carballo no primeiro terzo do século, non pasou nuncade proxecto.

o auxe económico e demográfico de Carballo fai que a nivel arquitec-tónico e urbanístico destaquen os proxectos levados a cabo por dous dosarquitectos máis importantes do momento, xulio galán —que realiza oedificio do Concello— e Eduardo rodríguez losada —que planifica eexecuta os edificios do mercado municipal (sete pavillóns), Escola deside-rio varela así coma o matadoiro, praza da liberdade e o parque alamedaCentral coñecido popularmente como o xardín. Carballo en palabras deCarré aldao tiña unha estrutura urbanística moderna e modélica.

Este auxe da vila atraerá durante a primeira metade do século xx dúascontribucións demográficas importantes, que instalarán establecementos

Page 421: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

comerciais e hostaleiros: os ourensáns —sinaladamente do ribeiro— e osmaragatos. un destes maragatos sería José Calvo pérez.

no século xIx, José Calvo pérez, natural de santa mariña de somozana maragatería leonesa proba fortuna como tantos emigrantes en Cuba.alí coincide coa guerra independentista dos dez anos (1868-1878) e volvepara a península, madrid, onde colle o traspaso dunha panadaría na rúa de san bernardo 14, esquina coa gran vía. Chegou a ter seis sucursais devenda de pan; mais a construción dun pozo de auga levouno a un litixioque perdeu e axiña regresa á Perla do Caribe onde se atopará coa guerrahispano-cubana-norteamericana (1895-98), a guerra definitiva que diríaJosé martí, e de novo colle o camiño de volta.

a finais do xIx está na Coruña, casado con Josefa sanz torcal, ondeos seus compañeiros maragatos, como os irmáns nieto, lle aconsellan quemarche para Carballo que está sen tanta competencia. E así vénse para acapital de bergantiños, enfermo de asma, onde monta un establecementode coloniais (aceite, viño, bacallau, etc.) na rúa Camiño novo. tivo tresfillos: José, oliva e luis Calvo sanz, nacido este último o 19 de xullo de1897. José Calvo pérez morría en 1902 aos 52 anos. o seu fillo José quedacun almacén de coloniais que tiñan en lugo (onde falecerá no ano 1934),e a súa viúva (que morrerá en 1916) cos outros fillos, oliva e luis, co nego-cio de Carballo.

luis Calvo estudou interno nos Escolapios en monforte de lemos,despois pasou a estudar o bacharelato na Coruña no Colexio dequidt etamén a carreira de profesor mercantil. Importancia posterior na súa vidaterá a amizade que fixo con Emilio gonzález lópez, ao que coñece noano 1928 no balneario de guitiriz. posiblemente alí comece a madurara súa ideoloxía republicana e progresista de xeito que se afilia á organi-zación republicana gallega autónoma (orga) e se converte nun dosmellores amigos do que sería importante home na república e catedrá-tico nos EE.uu. durante o exilio, despois da guerra civil.

no almacén de coloniais de Carballo e baixo a denominación deHijo de J. Calvo, comeza axiña e exportar fabas, que era un dos recursostradicionais da comarca, e casa en 1934 con maría dolores pumpido.Cómpre facer aquí un pequeno inciso —xa que terá moita importanciaposteriormente— para dicir que maría dolores pumpido, de Carballo,era filla de Herminia Esperante e manuel pumpido puga, primo carnal

Luis Calvo Sanz 435

Page 422: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

436Empresarios de Galicia

Page 423: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

de manuel maría puga Picadillo, á súa vez fillo do avogado lucianopuga que defendera o escritor Curros Enríquez (1851-1908) no seupreito coa Igrexa.

Coa chegada da segunda república (1931-36), luis Calvo participaactivamente na política local. así foi concelleiro e primeiro síndico porIzquierda republicana de manuel azaña, nos sucesivos mandatos de al-calde de Francisco bolón e José monteagudo. o triunfo dos sublevadoscontra a lexitimidade republicana de xullo de 1936, co seu ronsel de re-presión sobre todo aquel que profesase ideas democráticas, afectou ao al-macenista e concelleiro carballés. Con outros varios republicanos da vilafoi procesado e enviado ao cárcere da Coruña, o que, paradoxalmente,lle permitiu escapar de peores represalias da man dos falanxistas locais. aeste favorable desenlace non foi alleo luciano Conde pumpido, xeneralauditor do tribunal de Justicia militar (valladolid), emparentado coa súadona. malia ser absolto no conseguinte consello de guerra, con todo, que-daría marcado durante anos como desafecto ao réxime, circunstancia quelle causaría unha morea de problemas posteriores coas autoridades fran-quistas cada vez que precisaba dalgunha autorización administrativa.

ao rematar a guerra ocupouse do transporte de fabas cara á famentacidade de madrid, onde puido comprobar a grande escaseza que alí ha -bía dun produto que en galicia resultaba relativamente abundante, acarne, o que permitía enormes marxes entre o prezo de compra nestaúltima e o de venda na capital. o propio luis Calvo contou na súa últimaentrevista como:

nunha das viaxes a madrid transportando fabas a finais de 1939, unamigo faloume das ventaxas da venta de carne na capital. para o transportenon había outra solución que o enlatado. Comprabase en orixe a setepesetas e colocabase no mercado central a 39. o negocio era redondo.1

durante a guerra algúns industriais do sur de galicia enlataran carnepara o exército con moi bos resultados económicos, o que levou o nosoprotagonista a pensar que este podía ser o xeito de conducir a carne galegaa madrid, polo que decide emprender esta fabricación no ano 1940. pero

437Luis Calvo Sanz

1 «Entrevista con luis Calvo sanz, bergantiñán do ano 1980», na revista Mensaje,1980.

Na páxina anterior: Luis Calvo Sanz diante doalmacén de ultramarinos,

ca. 1925 (cortesía da familia Calvo)

Page 424: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

438Empresarios de Galicia

ás dificultades típicas dunha economía sometida a unha ríxida intervención,onde calquera nova industria precisaba dun auténtico rosario de autori-zacións e permisos, así coma as presións dos poderosos tratantes e asenta-dores de carne fresca de galicia e madrid, obviamente contrarios ao trans-porte de carne previamente sacrificada, ben fora refrixerada ou enlatada,bloquearon esta primeira orientación fabril do comerciante carballés. In-tentouno logo co mesmo éxito con outro produto que el coñecía moi bene que era abundante en bergantiños: as fabas. sería, xa que logo, o terceirointento, o de enlatar peixe, o que convertería finalmente en fabricante deconservas a luis Calvo sanz. tal e como indica o propio interesado nadevandita entrevista:

unha serie de prohibicións para o enlatado de carnes e os consellosdun industrial vigués animaronme a orientar o traballo á conserva depeixe, aínda que para elo non contaba nin con experiencia nin con per-soal cualificado […]. Cunhas poucas persoas comezouse unha pequenaindustria familiar. a miña muller dirixía a preparación dos productospara o enlatado; os fillos alternaban estudios e descarga de camións, e eubregaba polas lonxas.

A fábrica da rúa da Ponte e a vocación innovadora de Luis Calvo Sanz (1940-1964)

Fronte á importante tradición de salga e conserveira da maior partedas rías, bergantiños e a Costa da morte contaran desde sempre cunhaimplantación ben inferior neste tipo de industrias. Cataláns como os Car-bonell, domenech, paget ou romaní tiveran un feixe de almacéns desalga nesta bisbarra pero a evolución cara á industria de conserva hermé-tica practicamente non se producira, pois nas vésperas da guerra Civil oúnico establecemento dedicado a ela era a fábrica de Camariñas deandrés Cerdeiras, que tiña tamén salga en Corcubión.

a falta de experiencia do propio Calvo e a escasa tradición na bisbarraforzaron así a buscar axuda técnica nas rías baixas para entrar no sectordas conservas de peixe. para iso tirou dos seus coñecidos de vigo, cidadeá que ía con certa frecuencia a fornecerse de diversos produtos. a fábricade cervexas la barxa e a conserveira de Figueroa y Compañía eran daqueladous dos seus máis asiduos anfitrións e nunha destas visitas foi na que

Page 425: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José Figueroa —que non era outro o industrial vigués ao que se refire ocarballés nas devanditas declaracións— o animaría a entrar na fabricaciónde conservas de peixe. Figueroa, a quen Calvo mercara conservas xa tempoatrás, non só lle deu bos consellos, senón que lle enviou tres operarios há-biles na elaboración de escabeches e un antigo encargado dunha fábricade conservas para que axudara na montaxe da planta de Carballo. taménen vigo atoparía Calvo o apoio de Eugenio Fadrique —cabeza de la ar-

439Luis Calvo Sanz

Almacén de coloniais da familia Calvo, ca. 1927

(cortesía da familia Calvo)

Page 426: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tística— importante empresa dedicada á pro-dución de envases, de maquinaria e doutroselementos auxiliares de fabricación de con-servas, quen o asesoraría para o establece-mento do obradoiro de envases.

Con esta axuda viguesa comezaría a tra-ballar en 1941 a que sería primeira e pequenafábrica de luis Calvo situada na carballesarúa da ponte, que enlaza a vila coa estradaxeral que conduce a malpica de bergantiñose á Costa da morte, a zona da que deberíachegar o peixe destinado ao enlatado. a fá-brica da rúa da ponte era unha instalaciónmodesta, onde a maquinaria era practica-mente toda de segunda man. dúas cocedorasantigas, unha caldeira, tres pechadoras Iberiae algunhas máquinas somme, mercadas á fá-brica coruñesa de Cervigón eran a dotaciónde maquinaria da fábrica, na que traballabanuns 25 operarios, a maior parte deles mulleres,como era común na industria conserveira,agás na tempada de maio a setembro, ondea maior diversidade de especies enlatadas per-mitía contratar ata 60 persoas. o empacado facíase a man, e un luisCalvo, que era tan obreiro coma empresario, supervisaba o proceso entodas as súas fases: desde a descarga da materia prima ata a esterilización,pasando polo descabezado e eviscerado, pías da salmoira, engrellado encarros para a cocedora, empacado, aceitado e peche hermético.

a materia prima chegaba desde os portos de malpica, Caión, Fisterrae outros próximos, onde Calvo dispoñía de boas relacións por mor da súaocupación previa como almacenista. ademais de mercar o peixe pasou aalugar un par de fabriquíns para salgar o peixe nos propios portos, e mesmochegou a ser propietario dun deles en malpica. para os labores de carrexoe estivado nos fabriquíns contratou naqueles portos a diversas mulleres,nomeadamente no primeiro dos portos citados. o transporte realizábasenalgún camión propio, posto a funcionar con gasóxeno pola escaseza e

440Empresarios de Galicia

Page 427: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

polo racionamento da gasolina, e mais noutros alugados a transportistasde Carballo. o produto traballado era nestes primeiros momentos da fá-brica da rúa da ponte moi diverso: sardiña, xurelo, berberecho, xarda eanchoa. para poñer en práctica os procesos de anchoado Calvo contrataría,tamén en vigo, a un experto siciliano, José Carducci, que pasaría a traballaren Carballo para dirixir durante os meses de xuño a agosto nos que sepresentaba o bocarte na Costa da morte, a elaboración deste peixe. deCarducci tomou a idea da utilización dun barril, o siciliano, que para en-vasar a anchoa, era de 80-90 kg, máis doado para a estiba e desestiba queo utilizado pola maioría de conserveiros: o barril petroleiro. tiñan diversoscompradores de peixe en asturias, en Cantabria e no país vasco. ademaisde ribeira alugara unha cámara frigorífica no porto da Coruña para podertraballar no inverno ata que chegase a nova tempada.

441Luis Calvo Sanz

Sección de enlatado da primitiva fábrica de Carballo, ca. 1948

(cortesía da familia Calvo)

Page 428: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

442Empresarios de Galicia

a España destes primeiros anos corenta é a da escaseza e a do racio-namento. E o sector de fabricación de conservas sofre a falta de lata eaceite como dúas lousas que eivan o seu desenvolvemento. o réxime fran-quista crea unha manchea de organismos de intervención, que teorica-mente deberían resolver o problema, pero que en realidade o que fan écomplicalo. o Comité sindical da lata e do Estaño e a Comisión regu-ladora de aceites e graxas vexetais son os encargados de regular a distri-bución das dúas materias citadas, e posto que o seu descoñecemento dosector conserveiro é absoluto vense forzados a esixir a colaboración daunión de Fabricantes de Conservas para buscar criterios de distribución

Empregadas da fábrica no camión da empresa na procesión de San Cristovodo ano 1954

Page 429: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

das existencias daqueles produtos.2 na conserva —como noutros sectoresse fixera xa antes— comeza a aplicarse un sistema de cotas de repartición,que terá como criterio o da proporcionalidade respecto do peso adquiridopor cada fábrica en lonxa durante o último exercicio considerado normal,é dicir, o último anterior á guerra civil. ás empresas creadas logo de 1935outorgábaselles unha cota igual á menor das anteriores.3 posto que esteera o caso de luis Calvo sanz, cando en maio de 1941 consegue o quesería a súa primeira cota de materias primas, esta situaríase no máis baixoda escala. Este foi un problema que eivou o seu desenvolvemento durantebastantes anos. para dármonos unha idea desta cuestión, pode dicirse queno ano 1941 a cota destas materias coa que contaba Calvo era aproxima-damente corenta veces menor ca a de massó, que era a que contaba cunhacota maior, ou 25 veces menor ca o da segunda, que era Curbera.4 peroé que ademais as cotas movéronse moi pouco, de xeito que, aínda en 1959Calvo seguía sendo unha das cincentas do sector no que a obtención dasmaterias indicadas atinxe: as súa cotas representaban o 0,13% do total es-pañol, fronte ao 4,6 de massó, ou as cifras superiores ao 1% de Curbera,albo, Cerqueira, portanet, alfageme, gándara y Haz, etc.5

a carencia de lata e aceite forzou a Calvo a centrarse en elaboraciónsque minimizasen as súas esixencias destes materiais. Este foi o motivo poloque durante os primeiros anos da fábrica da rúa da ponte a anchoa e osescabeches tiveron un peso moi importante sobre o total producido e, deque os formatos de envase fosen na maioría dos casos os de grandes la -tóns e non os tradicionais dun cuarto ou dun oitavo. ou o motivo polo quetivo tamén importancia a tradicional sardiña salgada e prensada en tabaisde madeira. Con estas estratexias foi conseguindo luis Calvo acadar pro-ducións superiores ás doutras empresas que tiñan coma el a cota mínima,así coma reducir custos. deste xeito, cando no ano 1945 o cónsul nortea-mericano en vigo lle envía un informe ao departamento de Estado sobre

443Luis Calvo Sanz

2 Carmona(2001 e 2005).3 Carmona (2004).4 «sobre coeficientes de cupos para repartos de materias primas. año 1941», en

arquivo anfaco, Colección Circulares, núm. 53.5 arquivo anfaco, Colección Circulares, 1959, núm. 25-g.

Page 430: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a capacidade de produción da industria conserveira española, sitúa a Cal -vo a unha enorme distancia das primeiras do sector, pero por riba da maio-ría das fábricas que comezaran a traballar logo do ano 1935.6

os comezos dos anos cincuenta foron difíciles para o sector conser-veiro galego, non só pola continuación de illamento internacional daeconomía española e pola persistencia do forte intervencionismo senóntamén pola desaparición da sardiña das súas costas, un fenómeno que seproduciu entre 1946 e 1956 e que lles afectou especialmente aos fabri-cantes da ría de vigo, tradicionalmente moi orientados a esta especie.Calvo, o mesmo ca os conserveiros arousáns, zafou mellor da difícil situa-ción, pois a súa dependencia do cupleido era inferior. ademais houbooutra circunstancia que favoreceu a saída dos produtos da conserveiracarballesa cara a outros mercados como foi a apertura no ano 1950 dos34 quilómetros da liña de trolebuses a Coruña-Carballo, da que foronimpulsores Enrique sánchez e pedro barrié de la maza. a estación detrolebuses de Carballo pasou a funcionar oficialmente como despachoauxiliar de rEnFE, contando cun factor da compañía ferroviaria, o quepermitía que os trolebuses levasen remolques que logo, na Coruña, seincorporaban aos trens que se dirixían ao interior de España, un servizoeste que pasou a ser moi empregado pola conserveira carballesa.7

no contexto de falta de sardiña da segunda metade dos corenta e pri-meira dos cincuenta, foron varios os fabricantes, especialmente vigueses,que trataron de substituír aquela especie polo bonito. Empresas como asviguesas ribas, gándara & Haz ou Cerqueira, interesáronse axiña polaposibilidade de utilizar máquinas automáticas de empacado deste peixe,tal como se estaba facendo xa para os túnidos nos Estados unidos. as difi-cultades para conseguir as licenzas de importación para tal tipo demaquinaria move os fabricantes que contan con obradoiros de seu a seesforzaren por desenvolver prototipos propios ou inspirados nos que exis-ten noutros países. ribas presenta xa en 1950 un modelo construído nosseus obradoiros, que non tería moito éxito, e durante os anos seguintesasístese a algunhas demostracións en vigo promovidas pola unión de

444Empresarios de Galicia

6 CoWlEs (1945).7 Fraga (2000).

Page 431: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

445Luis Calvo Sanz

Fabricantes de Conservas nas que fabricantes estranxeiros presentan osseus modelos de empacadoras. a unha destas, dunha máquina francesa,acudirá luis Calvo sanz , que, á vista do deficiente resultado do sistemade corte que aquela presentaba, decide el mesmo desenvolver un proto-tipo propio sobre a base dalgúns dos principios observados naquela.

de volta para Carballo, luis Calvo traballou cos mecánicos da fábricana mellora do modelo que observara en vigo. Con elementos tan disparescomo unha peza dunha torradora de café e un proxectil baleirado, cons-truíron un prototipo que funcionaba e que foi inscrito na oficina de paten-tes y marcas o 13 de setembro de 1956.8 tratábase dun cilindro de ferroprovisto de bisagra para abrir en dúas metades. unha vez cheo de filetes de

No grupo de tres adultosLuis Calvo é o primeiro pola

esquerda, ca. 1923 (cortesía da familia Calvo)

8 patente núm. 230908.

Page 432: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

atún, un émbolo introducíase no molde por medio dunha cremalleiradentada, na que cada dente enlataba unha porción. para cortar as porciónsdunha forma exacta utilizou primeiro a corda prima dunha guitarra, axeito de coitela. despois fíxose unha coitela dun anaco de serra de cortara madeira, sacáronlle os dentes, puírona e afiouse como un coitelo e xacortaba ben. unha vez construído o prototipo e conseguida a patente, luisCalvo encargará a construción das primeiras series do modelo industrial aun taller mecánico que estaba situado a poucos metros da conserveira eque era propiedade de José Fraga. no mesmo ano introduce melloras namáquina e presenta nova patente (230909) coa incorporación dun motorde 1 Cv para accionar o eixe de levas e tamén un sistema de dobre cargano portamoldes.

a máquina deseñada por Calvo representaba un importante aforro deman de obra no labor de empacado de túnidos, pero tamén permitíareducir a proporción de migas e ofrecer unha mellor presentación doproduto, máis uniforme en peso, contido e fasquía. a máquina foi ade-mais incorporando paseniñamente sucesivas melloras, de xeito que se nasúa versión inicial permitía facer na xornada de oito horas 17.000 latas,cinco mais tarde chegaba xa ás 50.000.

o éxito da empacadora foi grande, de xeito que non só se introduciuna fábrica carballesa, senón que comezou a venderse a outras fábricas dosector. nos primeiros anos a máquina facíase no obradoiro de Fraga,aínda que a partir de 1961 pasaría a facerse noutro obradoiro taménsituado en Carballo, o de ricardo méndez, no que continuaría fabricán-dose ata 1972. Fraga continuaría traballando tamén nun modelo seme-llante, que sería a base da súa conversión en Herfraga, unha empresa quesegue a ser referencia na fabricación de maquinaria para o sector.9

a empacadora de Calvo foi un fito dentro da historia do sector galegode fabricación de maquinaria para conserva de xeito que se chegaron avender máis de 400 empacadoras, das que un bo feixe delas o foron paraa exportación a Francia, Italia e latinoamérica nun intre no que eranben raros os casos de vendas exteriores por parte dos fabricantes demaquinaria españois. para Calvo a invención da empacadora permitiulle

446Empresarios de Galicia

9 Fraga (1997).

Page 433: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

aumentar a produtividade e reducir custos nunha das súas producións,algo que en todo caso debeu ter unha influencia limitada nun marcoaínda de escaseza de materias primas e regulación cuartelaria da econo-mía. tamén representou unha non desprezable fonte de negocio para aempresa.10 pero, sobre todo, foi importante porque representou un pulodecisivo nunha orientación que sería a que levaría posteriormente aoéxito a empresa. En primeiro lugar, porque lle permitiu a luis Calvo eao seu fillo José luis, que adoito viaxaba coa máquina para atender a súainstalación, coñecer moi ben o sector conserveiro doutros países, o quelle serviría para constatar as que eran principais tendencias do sector noeido internacional. E sobre todo porque focalizou a atención do empre-

447Luis Calvo Sanz

Luis Calvo Sanz, no centro,flanqueado polos seus cuñados Manuel e TitoPumpido, ano 1935

(cortesía da familia Calvo)

10 o modelo que se comercializaba a finais dos cincuenta custaba aproximadamenteunhas 120.000 pesetas.

Page 434: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

sario sobre o produto mais susceptible de romper a tradicional estaciona-lidade do sector, os túnidos, e sobre a problemática da mecanización dosseus procesos.

Co atún claro en solitario: a temperá opción pola especialización (1964-1975)

despois da liberalización do sistema de cotas e da tímida aperturaexterior que representaba o arancel de 1960, o sector conserveiro enfron-tase de novo á competencia, practicamente secuestrada pola regulacióncuartelaria da economía española durante as dúas décadas anteriores. aimaxe do sector non podía ser mais negativa; unha dimensión media daempresa inferior á que existía antes da guerra civil, unha dotación deequipos en gran parte obsoleta e un traballo concentrado nuns poucosmeses do ano, que bloqueaba calquera incentivo para o investimentonunhas innovacións técnicas que resultaban escasamente rendibles polaescasa utilización dos equipos.11

autores como paz andrade levaban xa anos clamando pola necesi-dade de utilizar o atún tropical como forma de suprimir as paradas esta-cionais da produción que eran comúns no sector, e a propia unión deFabricantes de Conservas na súa memoria de 1961 solicitaba do minis-terio de Comercio a libre importación «del pescado refrigerado y conge-lado, destinado a la industria conservera», de xeito que «nuestra industriapodrá estar abastecida de pescado, especialmente de túnidos, en los mesesdel año en que las campañas de atún y de sardina se han extinguido, evi-tando así el paro estacional que por carencia de estas especies se producey que las demás que en ese periodo se trabajan, por su pequeña aportaciónno son capaces de suprimir».12 o atún presentábase ademais como unhaposibilidade de relanzar as exportacións, pola forte demanda que del exis-tía no mercado norteamericano no que podería substituír ás pequenasexportacións de bonito que se viñan facendo desde os anos cincuenta.

pero, a pesar de todo, os elevadísimos impostos de importación, eivabancalquera estratexia de importación de atún tropical, a non ser que se ex-

448Empresarios de Galicia

11 Carmona e FErnándEz (2001); Carmona (2001).12 unión de Fabricantes de Conservas de galicia. memoria (1961: 5).

Page 435: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

plorasen dúas posibilidades. a primeira delas era a da compra do atún aarmadores nacionais; pero a realidade era que esta posibilidade non co-mezou a facerse posible ata comezos dos anos sesenta, porque ata aquelintre simplemente non había armadores españois dedicados á pesca detúnidos distintos dos tradicionais na pesca española, o que é dicir o bonitodo norte e o atún do Estreito. os primeiros armadores españois que se di-rixiron á procura do atún tropical foron os bermeanos, que no ano 1957comezaron a pescar ao sur da dakar, con destino á venda primeiro aosconserveiros canarios, logo a compañías norteamericanas, e, finalmente,a partir de 1962 a enviarlles partidas de atún conxelado aos portos penin-sulares. a frota vasca, que utilizaba nesta pesca o tradicional sistema docebo vivo, comezará a partir deste momento a construír os primeiros cer-queiros conxeladores xa a partir do ano seguinte. Comezaba así o desen-volvemento dunha nova frota pesqueira que tería unha influencia decisi-va no futuro da industria conserveira. a outra posibilidade era a da comprano mercado internacional, logo de solicitar a admisión temporal, xustifi-cando a posterior exportación da conserva elaborada. Esta última opcióncomezaron a exercela os conserveiros galegos no ano 1962, pero o lentocrecemento das exportacións e a parafernalia administrativa á que estabasometida, limitaba o seu uso, polo que non podía esta vía constituírse naprincipal fonte de subministración.

a nova deriva que se presentaba para o sector debeu resultar especial-mente atractiva para luis Calvo sanz, tendo en conta a súa experienciano tratamento do bonito, que se lles podía aplicar a outros túnidos. Entre1960 e 1963, o principal produto elaborado pola fábrica carballesa foi aanchoa, seguida do bonito, da sardiña e do polbo.13 En 1964 mercou enCádiz unha partida de listado, unha das especies de atún tropical que,xunto co rabil ou atún de aleta amarela, se viñan utilizando para o enlatadodesde tempo atrás en países como Estados unidos, Francia ou Italia.14 Eaínda que esta primeira partida non se puido utilizar por problemas naconxelación valeulle a Calvo para confirmar as posibilidades que os atúnsprocedentes de augas afastadas podían ofrecerlle á conserva galega. nos

449Luis Calvo Sanz

13 arquivo Calvo, caderno azul, núm. 1.14 WolFF (1980).

Page 436: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

anos seguintes continuou comprando algunhas partidas de listado e co-mezou a mercar outras de rabil (Thunnus albacares), o atún de aletaamarela (segundo a tradución literal da súa denominación inglesa yellow-finn). Este último iría cobrando rápidamente un acusado protagonismonos subministros da planta carballesa, ata o punto de que, contra 1968,era xa o produto maioritario na produción da fábrica. a partir dese mo-mento, o atún tropical, e máis en concreto o de aleta amarela, pasará aser o principal protagonista dunha expansión da planta dos Calvo quemultiplicaría por cinco a cantidade de peixe en-latado xa nos catro anos seguintes.15 durante estesprimeiros anos de tenteo, luis Calvo merca o atúnamarelo en Cádiz, procedente das remesas que,conxeladas, enviaban os armadores bermeanos enbuques de transporte desde dakar ou las palmas,pero moi axiña, a medida que a especializaciónatuneira se consolida na planta carballesa pasa amercarlle directamente ao armador vasco Jon zu-lueta arechavala, que fora un dos primeiros pro-pietarios dun cerqueiro conxelador en España.tratábase do albóndiga, construído pola marítimado musel16 e entregado ao que sería fornecedorda fábrica de Carballo no ano 1964. Co novo sis-tema de compras, o atún amarelo pasa a desembarcarse xa directamenteen vilagarcía de arousa, e moi logo na Coruña.

a planta de Carballo pasaría a estar, xa que logo, especializada desdeunha data moi temperá, en case un único produto, algo que era naquelintre arriscado e practicamente un caso único en España. pero é que ade-mais a especialización desenvolvíase sobre un produto novo, unha varie-dade do atún, o atún de aleta amarela, que ninguén utilizaba en España.Cómpre lembrar aquí que a sardiña foi ata 1977 o produto principal ela-borado pola industria conserveira galega e española, e que, dentro dos túni-dos era o bonito, e en todo caso o listado, o peixe que aquí se utilizaba para

450Empresarios de Galicia

Evolución da produción da primeira fábrica de Carballo

250.000

200.000

150.000

100.000

50.000

–1961 1963 1965 1967 1969 1971

Núm. de caixas de atún

1973 1975

Núm. total de caixas

15 arquivo Calvo, caderno azul, núm. 1.16 lista oficial de buques (1970). antes que a zulueta compráranselle algunhas partidas

de atún procedente da costa africana a Florencio villanueva, armador do buque Algeciras.

Page 437: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a conserva.17 Esta especialización nun produto novo esixía un importanteesforzo de mercadotecnia para situalo no mercado. E esta foi a segundacuestión na que Calvo desenvolvería unha estratexia tamén precursora.

ao abeiro dunha resolución da direción xeral de Comercio do ano1967 pola que se admitía que na rotulación do atún de aleta amarela apa-recera a expresión «carne clara o atún claro»,18 Calvo adopta a segundadestas denominacións para designar o seu produto xa desde comezos doano 1969. o adxectivo de claro tiña unha connotación positiva desde o

451Luis Calvo Sanz

Luis Calvo coa máquina deempacar nos Talleres Méndez, ano 1968

(cortesía da famillia calvo)

17 Carmona (2001).18 arquivo anfaco, uFaCo, xunta reitora, fol. 4 (26/04/67).

Page 438: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 439: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 440: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

punto de vista da demanda, pois evocaba unha das características dunproduto prestixiado e caro por escaso —que non por unha cuestión decalidade— como era o bonito. E ademais respondía plenamente ao queun consumidor medio podía observar na realidade, porque o yellowfinnse distinguía perfectamente do listado, que era o tipo de atún que estabandaquela introducindo outros fabricantes, e que era máis escuro. Calvodesenvolvería ademais unha segunda novidade na mercadotecnia do pro-duto, demostrando unha vez máis con iso a agudeza da súa percepciónsobre as oportunidades que xeran os cambios no medio: a introducióndun envase ata aquel intre non utilizado en España, como distintivo donovo produto, de xeito que se completara a identificación innovadora decontido coa do continente.

a escaseza de folla lata e o seu racionamento durante dúas décadasimplicara unha preferencia por parte de moitas empresas cara aos envasesgrandes, nos que a relación entre o peso da lata e o do contido fora o máisreducida posible. a mellora das condicións de subministración interna quese produce a finais dos anos cincuenta, coa apertura de Ensidesa, e o finaldo sistema de cotas, liberaba relativamente aquela restrición, e abría aporta á introdución de novos formatos de menor tamaño. Calvo foi o pri-meiro que, tirando partido desta posibilidade, tomou a decisión de fabricarun envase pequeno, de tamaño aínda inferior aos tradicionais ¼ oval ou ¼rectangular, e de forma redonda, unha forma esta última que ofrecía ade-mais a vantaxe da existencia no mercado de máquinas pechadoras máisrápidas do que as existentes para outros formatos. Este formato, o ro-100comeza a utilizarse na fábrica da rúa da ponte en marzo de 1969, asociadoao xa denominado «atún claro», de xeito que o conxunto de atún claroenvasado no formato r-100 pasará moi logo a se constituír na producióninmensamente maioritaria daquel establecemento.19

o fabricante carballés dispón, xa que logo, contra 1968 dun produtonovo, o atún de aleta amarela ou atún claro, que enlata nun formato novo,pequeno e redondo. precisábase dunha marca diferenciada das tradicio-nais da casa (lucal, pilariña, raiola, maricha). nace así a marca Calvo.novo produto, novo envase, nova marca.

454Empresarios de Galicia

19 arquivo Calvo, caderno azul, núm. 1.

Fotografía das páxinas anteriores: Familia Calvo Pumpido en 1979 (cortesía da familia Calvo)

Page 441: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

o conxunto destas innovacións permitía que a fábrica de Carballodistribuíse o traballo ao longo do ano mellor que a competencia, co quepermitiría unha mellor taxa de utilización dos equipos. pero é que ademaisa súa especialización e a súa estratexia de mercadotecnia permitía unhamaior velocidade na produción e unhas maiores economías de escala. E,finalmente e non de desprezar, a comezos dos anos setenta a súa locali-zación nunha área de menos tradición industrial e sindical ca a das ríasbaixas onde se localizaban as maiores fábricas galegas ou, xa non digamos,das vascas ou asturianas, era un factor favorable.

o éxito da nova orientación produtiva da fábrica de Carballo permiteuns excelentes resultados económicos, que a venda de empacadorasreforza nos primeiros momentos. a empresa non precisa endebedarse e oseu rápido crecemento nos anos seguintes vai ser no fundamental resul-tado do autofinanciamento. os 60 empregados do ano 1961 son xa 157 en1975. o forte aumento da produtividade (pasa de 109 caixas por empre-gado no primeiro dos anos citados a 1514 no segundo) consecuencia dasestratexias devanditas, acompañado dun crecemento do emprego, permi -te un forte aumento da produción, que se reflicte no gráfico, o que permiteque a empresa comece a escalar posicións dentro do conxunto da industriaconserveira. Cando a finais daquel último ano, 1975, a unión de Fabrican-tes de Conservas, elabora unha clasificación das empresas asociadas, paraos efectos de establecer a súa contribución ás necesidades da asociación,fórmanse catro grupos. no primeiro, aínda están seis das grandes de sem-pre, das que mantiveran as maiores cotas de lata e aceite durante o pri-meiro franquismo e foran fundadas antes da guerra Civil. no segundogrupo, son 23, aparece xa Calvo, claramente por diante das outras 95 queconstitúen o terceiro e cuarto grupo de asociados da unión. Calvo adquirexa un protagonismo que a sitúa entre as trinta primeiras do sector enEspaña.

Atún claro Calvo. Publicidade e integración vertical no camiño da multinacionalización

a comezos dos setenta Calvo xa non é aquela pequena empresa localque con maquinaria de segunda man elaboraba o que podía coa mínimacota de aceite e lata da que dispoñía. Cumpría adaptar as instalacións

455Luis Calvo Sanz

Page 442: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

produtivas e a organización da empresa para poder tirar partido das inno-vacións de produto e de mercadotecnia introducidas nos anos anteriores.

a partir de 1972, ano no que a vella empresa individual luis Calvosanz pasa a converterse en sociedade limitada, luis Calvo comeza a tras-pasar paseniñamente as decisións aos seus fillos, nomeadamente ao vin-culeiro, José luis. En realidade, José luis Calvo pumpido,que comezara a traballar co pai xa no afastado 1952, omesmo ca a súa irmá maría dolores, que o faría pouco máistarde, levaba xa moitos anos contribuíndo á toma de decisiónsna empresa. tanto un coma o outro pasaran por todos ostraballos dela e tiñan un coñecemento práctico e próximode todos os produtos e procesos, que o primeiro completabaademais naquela altura cunha extraordinaria experiencianos mercados internacionais do atún e da conserva. luciano(Chano), pola súa banda, comezaría encargándose da divi-sión de vendas e iría percorrendo diferentes postos directivosata acadar o de conselleiro delegado. posteriormente incor-poraríanse ao equipo da empresa, manuel e luciano, trasestudar Química e Economía respectivamente, e adquiriro primeiro deles unha experiencia publicitaria en madrid,que resultaría unha contribución importante para o desen-volvemento da popular conserveira. maría luisa e Herminia,as dúas irmás que completarían a descendencia do matri-monio entre luis Calvo e maruja pumpido, participarontamén na empresa, aínda que non en posicións tan rele-vantes. Calvo continuará a ser unha empresa de capital fa-miliar, pero incorporará ao seu equipo directivo por estesanos de mediados dos setenta a algúns elementos externosá familia como o italiano antonio piva, cunha importante experiencia enfábricas italianas, que pasará a ser director de produción, e Jaime vázquez,que pasará a ser o director financeiro da empresa.

paralelamente á reorganización da empresa proxéctase a construcióndunha nova e moderna fábrica, que se instalará no lugar da revolta (mon-tecelo), ao comezo da estrada de Carballo a Fisterra. a apertura destaúltima no ano 1976 significará un forte salto no emprego e na produciónda empresa familiar, ata o punto de que en só tres anos converte a Calvo

456Empresarios de Galicia

Primeira máquina empacadora deatún patentada por Luis Calvo, ano1956 (cortesía da familia Calvo)

Page 443: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

na terceira empresa española do sector por orde de facturación, deixandoxa atrás a moitas das clásicas do sector. o salto definitivo ao liderado daindustria conserveira española produciríase precisamente por eses anos, afinais dos setenta, e combinaría tres elementos: a innovación, o cambioorganizativo e un radical cambio de estratexia no ámbito da publicidade.o conxunto dos tres farían que no momento do pasamento do fundador,en 1980, a empresa estivera dando aquel salto definitivo.

a innovación, foi neste caso, a introdución do pack de tres latas, queCalvo comeza a vender no ano 1978. José luis Calvo observara nunhavisita a unha feira de maquinaria que tiña lugar na cidade italiana deparma unha máquina que embalaba un pack de tres botellas de cervexa,e propúxolles aos seus fabricantes a posibilidade de construír unha seme-llante para facer o propio coas latas de atún. o resultado foi positivo enese mesmo ano Calvo comezou a comercialización do devandito packcun éxito espectacular. a este éxito fixo, en todo caso, unha contribucióndecisiva a nova estratexia de publicidade que a empresa adoptou ao anoseguinte.

para unha empresa familiar e pequena como era a conserveira deluis Calvo sanz nos anos corenta e cincuenta, situada nun país de fron-teiras pechadas e mercado intervido, a publicidade quedaba fóra da súaaxenda diaria, pouco menos que reducida aos soltos que se podían inserirnos programas das festas da vila. pero para a empresa propietaria da novafábrica da revolta, cunhas elevadas economías de escala e cunha produ-ción que a situaba como a terceira empresa conserveira española e pri-meira especializada en atún, as cousas eran completamente diferentes.manuel Calvo pumpido, que tiña experiencia en madrid no mundo dapublicidade, propúxolle ao seu pai no ano 1979 a realización dunhamasiva campaña de prensa e televisión, que incorporaría un gasto inicialde setenta millóns de pesetas, unha cantidade que podía parecer dispara-tada no cuartel xeral de Carballo, contratando a dous coñecidos persona-xes do mundo da televisión. o fundador e o resto dos irmáns tiveron aaudacia de aceptar, non sen retesías iniciais, o plan. o anuncio televisivodeseñado por ricardo pérez, no que aparecían Jesús puente e Juanjomenéndez foi un éxito extraordinario, tanto desde o punto de vista dospremios que recibiu como, sobre todo, da súa influencia no coñece-mento da marca, que pasou dun 20 a un 95% en só vinte días. o éxito

457Luis Calvo Sanz

Page 444: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 458

deste primeiro anuncio, levou a empresa a destinar desde aquela unhaelevada cantidade anual a investimentos en publicidade, de xeito quedesde entón xa foron varias as campañas de Calvo que se contan entre asmáis celebradas da historia da publicidade española.

a terceira pata do gran salto dos anos 1979-1980 foi un cambio naorganización da subministración do atún. a finais dos setenta, non só oscustos do combustible, afectados pola segunda crise petrolífera, encare-cen os custos operativos da frota atuneira, senón que ademais o atún claro—e os túnidos, en xeral— pescados na costa occidental de áfrica come-zan a escasear, co conseguinte aumento dos prezos, que en 1980 caseque cuadriplican os de 1976. José luis Calvo busca primeiro nas costaspanameñas e logo nas venezolanas a solución para o problema da submi-nistración. pero para estas augas moito máis afastadas non existía unharede de vendas como a que existía para a costa africana; isto forza a pro-curar alianzas e a estudar a posibilidade de integrar verticalmente a acti-vidade extractiva dentro da cadea de valor da empresa. a primeiraexperiencia directa no sector da pesca de atún, desenvolveuna Calvo en1979, asociándose coa familia borrás para o armamento dun cerqueiroconxelador, o montecelo, que faría a súa primeira expedición nos anosseguintes. a partir de aí irían consolidando unha frota propia, que distin-guiría a Calvo como unha empresa verticalmente integrada, algo nonmoi común en España, onde as empresas da competencia optarían nesaaltura na maioría dos casos pola constitución de empresas conxuntas.manuel Calvo, que xa desde antes de 1979 defendera a disposicióndunha frota propia como unha opción estratéxica, situouse á súa cabezadesde os comezos ata o seu pasamento no ano 2007.

luis Calvo sanz finou no ano 1980 e á súa morte fíxose evidente a quefora unha das súas principais habilidades como empresario, a de ser quende ir escoitando as iniciativas e con iso motivando os seus sucesores. defeito, moitas das grandes decisións dos anos anteriores foran a iniciativa de José luis, de manuel, dos irmáns en xeral. logo foi cedendo a capaci-dade de decisión. deste xeito, a implicación da segunda xeración no nego-cio garantiu unha continuidade ordenada, ao mesmo tempo que todas asáreas funcionais da empresa estaban debidamente cubertas no momentodo seu pasamento, ben polos fillos ou ben polo staff asalariado. a sucesiónfoi así un dos grandes éxitos empresariais de luis Calvo sanz.

Page 445: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

Carmona badía, x. (2001): «la industriade conservas de pescado en Españadurante el siglo xx», congreso, «las indus-trias alimentarias en España e Italia»,alacant.

— e J. nadal ollEr (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de histo-ria, a Coruña, Fundación barrié de lamaza.

— e a. FErnándEz gonzálEz (2001): De-mografía y estructura empresarial en laindustria gallega de conservas de pescadodel siglo XX, comunicación presentadano, «vII Congreso da asociación Espa-ñola de Historia Económica», zaragoza.

— (2004): «desarrollo industrial y asocia-cionismo empresarial en la historia del

sector conservero gallego», en 100 añosde Unión Conservera, anFaCo, vigo.

CoWlEs, l. l. (1945): «the spanish FishingIndustry», U.S. Consular Reports, 1943-1950, vigo.

Fraga, x.: Crónicas de Carballo, 1997, volI. Carballo, a. C. lumieira.

Fraga, x. (2000): Trolebús, Carballo, a. C.lumieira.

núñEz gamallo, r. (2006): «as empresasconserveiras e o mercado mundial doatún», Revista Galega de Economía, vol.15, número 1.

WolFF, t. (1980): In Pursuit of Tuna: TheExpansion of a Fishing Industry and itsinternational ramifications-The End of anEra, tempe, arizona state university.

Luis Calvo Sanz 459

a historia posterior resulta xa moi coñecida. é a historia da multina-cionalización da empresa. En 1981 Calvo é a primeira conserveira espa-ñola en construír unha planta para a elaboración dos lombos de atún condestino ao seu envío a España, tal como foi a fábrica de guanta (vene-zuela). En 1986 ábrese outra nova e moderna fábrica en Esteiro (muros).En 1993 Calvo merca a firma italiana nostromo, unha das grandes firmastradicionais do país transalpino. En 1995 convértese na primeira conser-veira española. En 2004 establece unha planta en El salvador, co obxec-tivo de preparar o asalto ao mercado norteamericano e merca a conserveiragomes da Costa, a maior de latinoamérica, situada na localidade de Ita-jai, no Estado de santa Catarina. a súa frota actual conta con once grandesatuneiros, distribuídos por tres océanos, o pacífico, o índico e o atlántico.En conxunto, Calvo é a primeira empresa conserveira española e quintado mundo. Hoxe a empresa que fundara luis Calvo sanz en Carballo debergantiños en 1940, que pon no mercado cada ano 900 millóns de latas,está facendo o relevo xeracional. a terceira xeración con manuel Calvogarcía benavides á cabeza está na dirección da empresa xunto con Joséluis, dolores, Chano e os demais irmáns da segunda, intentando seguir oexemplo do patriarca: traballo, innovación e humildade.

Page 446: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1897-1985

JESÚS CANABAL FUENTES

Page 447: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1 losa rocha (2007: 11).

Jesús Canabal,Montevideo, 1977

O GRANDE EMPRESARIO DO SECTOR PAPELEIRO URUGUAIO

Pilar Cagiao Vilaprofesora titular da universidade de santiago de Compostela

Jesús Canabal Fuentes (o pino, 1897-montevideo, 1985), sen dúbidaunha das figuras máis importantes da colectividade galega de montevideono século xx, foi un home sumamente versátil que destacou en numerososaspectos durante a súa longa experiencia desenvolvida na emigración. dasúa ampla traxectoria vital, que se traduciu nun elevado nivel de compro-miso tanto no público coma no privado, queremos destacar aquí sobre todoo que atinxe á súa actividade empresarial relativa a dúas iniciativas. a pri-meira delas, de tipo particular, plasmouse na creación da Industria pape-lera uruguaya s. a. (Ipusa), mentres que a segunda tivo un carácter máiscolectivo e cristalizou na creación do banco de galicia de montevideo.

En 1910, Jesús Canabal partiu de vigo para bos aires cando tiña soa -mente trece anos. Que un adolescente como el tomase o camiño de amé-rica —como subliñou o seu biógrafo manuel losa1— non tiña entón, enplena efervescencia dunha emigración que adoptara tan masivo compor-tamento no país galego, moito de extraordinario. de feito, o seu pai xafixera ese camiño sen que por certo o éxito o acompañase. E tampoucoera extraordinario que tomase esa decisión a unha idade tan temperá por-

Page 448: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

que, ao dicir do seu amigo e compañeiro na iniciativa do banco de galiciade montevideo, o empresario miñorano marcelino pérez alonso, que ta-mén emigrou de neno, «a esa edad ya eramos hombres...2».

á súa chegada á capital arxentina, Jesús Canabal foi recibido por unparente do seu pai que o acolleu durante un tempo na súa casa de ave-llaneda e que lle conseguiu un primeiro emprego como repartidor dotípico almacén de comestibles porteño. Foi tamén ese parente o que lleproporcionou o contacto co empresario de ascendencia vasca, José Itu-rrat, propietario de varias casas de comercio e dunha acreditada fábricade sobres, á vez que importador de material de papelaría e embalaxe dediverso tipo e representante dalgunhas das fábricas de papel que daquelaexistían en arxentina como la andino e la Industrial. así pois, en CasaIturrat, Canabal deu os primeiros pasos dun longo camiño percorrido noramo da industria papeleira dentro do cal remataría fundando a súa pro-pia empresa.

Comezou modestamente, desde abaixo, primeiro como mozo dosrecados do seu patrón e titor que o foi iniciando no coñecemento dunnegocio do que tivo que aprender absolutamente todo. pero a boa sinto-nía establecida desde o principio entre ambos, e indubidablemente osdotes do mozo Jesús para gañarse rapidamente a confianza de Iturrat, per-mitíronlle unha rápida aprendizaxe non só nos labores de reparticiónsenón tamén na súa adaptación á vida urbana de bos aires. tanto foi así,que o empresario decidiu destinalo á sucursal que Casa Iturrat abrira narúa general urquiza 1273 de rosario de santa Fe. naquela praza á beirado paraná, aos poucos meses da súa chegada a arxentina, aprenderíaCanabal moitos dos segredos do negocio como persoa de confianza doxerente da sucursal. para iso puxo non só o mellor do seu empeño per-soal, senón que comezou a combinar a súa actividade laboral comorepartidor e axudante de comercio co inicio dos seus estudos de contabi-lidade e práctica mercantil no Colegio Comercial íbero argentinodaquela cidade, o que lle supoñía aboar do seu soldo dez pesos mensuais.

462Empresarios de Galicia

2 Entrevista realizada pola autora a marcelino pérez alonso (gondomar, 1889-monte-video, ?) en montevideo, decembro de 1983. Fondo Historga, núm. 928. unidade de patri-monio documental e oral Contemporáneo. departamento de Historia Contemporánea ede américa (usC).

Page 449: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

463Jesús Canabal Fuentes

Jesús Canabal, nos seus primeiros anos en Rosariode Santa Fe (Arxentina)

(cortesía da familia Canabal)

Page 450: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 464

non pasaran tres anos, e Canabal aínda non cumprira os dezaseis,cando José Iturrat o reclamou de novo ao seu carón á casa central de bosaires, malia que durante ese ano de 1913 e o seguinte continuou viaxandoasiduamente a rosario onde de feito continuaba afiliado á sociedad debeneficencia del Hospital Español. a partir de 1915, as súas tarefas labo-rais, cada vez con maiores cotas de responsabilidade, desenvolvéronseexclusivamente na capital arxentina. daquela, o seu coñecemento donegocio xa aumentara considerablemente, sobre todo en todo o relativo ásvendas e á fabricación de sobres. ademais da experiencia que ía acumu-lando, o mozo Canabal puido reunir os aforros suficientes para iniciar ospreparativos de levar ao seu carón os seus irmáns homes. José CanabalFuentes, con dezaseis anos, foi o primeiro. Chegou a arxentina en setem-bro de 1914 e o seu irmán Jesús levouno a vivir con el á peza que alugabaentón na rúa alsina pola que aboaba daquela doce pesos mensuais.

neses anos, Canabal combinaba traballo —e por suposto aforro—con diversas actividades de formación persoal e anacos de lecer nos quefrecuentaba o prolífico asociacionismo galego e español que por entónexistía en bos aires. pero cando xa estaba totalmente afeito á vida por-teña, José Iturrat propúxolle o seu traslado a montevideo para ocupar axerencia da nova sucursal que a firma abría na capital uruguaia. ogalego, que xa tiña certa experiencia na venda dos produtos de Iturratnesa praza, aceptou o reto sen imaxinar aínda por entón o determinanteque sería para o seu futuro persoal e profesional.

no ano 1918, pasados oito da súa chegada a arxentina, Canabal ins-talouse en montevideo á fronte da sucursal de Casa Iturrat aberta enpleno centro da cidade. no entanto, aos poucos meses e por causa dacrise producida tras a primeira guerra mundial, a firma viuse obrigada apechar as súas dependencias montevideanas e Canabal a tomar decisiónsde moita importancia. a súa visión empresarial permitiulle intuír quesuperada a crítica situación económica daquel momento, uruguai ofre-cía moitas posibilidades para o desenvolvemento da industria papeleiracuxa produción nacional era daquela bastante precaria en cantidade ecalidade. de feito, só existía entón en uruguai unha fábrica de papel deimportancia —a Fábrica nacional de papel— que fora fundada en 1898e estaba situada no puerto del sauce, departamento de Colonia, maliaque tiña a súa casa central en montevideo.

Page 451: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Jesús Canabal Fuentes 465

Inicialmente, e co fin de evitar a desaparición da representación deIturrat en uruguai, antes do seu peche, Jesús Canabal xa lle propuxeraao seu patrón a posibilidade de asociarse. E aínda que aquel proxecto nonchegou a callar, a amizade entre o empresario e o seu empregado non seviu afectada por iso. así, cando Canabal decidiu independizarse e quedaren montevideo, José Iturrat regaloulle a máquina de facer sobres, entóna única que existía no país, para que o galego puidera iniciarse só nomesmo negocio no que se formara xunto a el. Jesús Canabal non perdeuo tempo. Chamou o seu irmán José para que desde bos aires se trasladasea montevideo e xuntos alugaron un local na rúa yaguarón onde coamodesta máquina a pedal de Iturrat comezaron a fabricar sobres e outrosartigos de papelaría. as vendas marchaban ben polo aumento da deman -da producida ao compás da repunta da crise económica e xuntos come-zaron a fraguar a idea de reclamar de España o terceiro dos irmáns homes—andrés Canabal Fuentes— que estaba a piques de ser chamado a filasen plena guerra de marrocos.

a mediados de 1919, Jesús Canabal inscribiu formalmente a súa pri-meira empresa situada na montevideana rúa de piedra alta; deste xeito,aparecía no rexistro mercantil como único propietario. no entanto, xa en1921, ano no que chegou andrés a montevideo, os seus irmáns menoresfiguraban nela como socios habilitados na empresa que xiraba baixo arazón social Jesús Canabal y Hnos. Fábrica de sobres e cuxa mercancíasaía á venda baixo a marca suevia, en clara referencia á orixe galega dosseus donos. os tres irmáns dividiron as tarefas: Jesús, pola súa maior expe-riencia encargábase principalmente da administración, da adquisiciónde materiais e das vendas; José, do traballo no obradoiro no que incorpo-raran unha nova máquina de elaboración automática de sobres que lleadquiriran ao antigo patrón de Jesús en bos aires, José Iturrat, ademaisdunha máquina de raiar papel; e o irmán menor, andrés, ocupábase delevar a cabo as reparticións. porén, calquera dos tres podía asumir as fun-cións do outro se era necesario pero axiña, o ritmo de traballo impostopolo aumento dos encargos requiriu a contratación dos primeiros empre-gados con soldo.

En 1922, Jesús Canabal invita o seu pai, don José Canabal alonso aviaxar a montevideo. Esa decisión incluía ademais o proxecto de acom-pañalo na viaxe de regreso, coa esperanza de animar posteriormente a

Page 452: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

toda a familia a trasladarse ao prata. Contaba para iso con suficientesrecursos económicos reportados polos escasos catro anos de intenso tra-ballo en uruguai. durante os meses de estancia do seu pai en montevi-deo, Canabal comeza a preparar a súa propia viaxe: acode ao Consuladode España para obter a cédula de nacionalidade e o pasaporte, así comapara asegurarse de que se atopa libre das obrigas militares que ata entónlle impedían viaxar a España; solicita os permisos policiais de saída eregreso e merca dúas pasaxes para partir en abril de 1923.

os actos de despedida que os seus coterráneos lle brindan en mon-tevideo, acreditados pola aparición de diferentes noticias na prensa autóc-tona dese mes, dan fe do prestixio que xa por entón gozaba na colectividadegalega da capital oriental. Casa de galicia, a primeira sociedade galegaá que Canabal se afiliara cando acababa de chegar a montevideo apenasun ano máis tarde da súa fundación —e onde coñeceu á que logo seríaa súa esposa—, organizou parte destes actos xa que, a esas alturas, Jesúsera na institución algo máis ca un simple asociado. de feito, nese momento

466Empresarios de Galicia

Jesús, Andrés e José Canabal en Montevideo(s/d) (cortesía da familia Canabal)

Page 453: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

xa exercía como prosecretario da mutualista á que estaría estreitamentevinculado durante toda a súa vida e nela exercería diferentes cargos deimportancia.

nesa primeira viaxe, logo de trece anos en américa, Canabal perma-nece en galicia, na súa aldea do amenal, ata finais de novembro de 1923e cando regresa a montevideo faino acompañado doutros catro irmáns,tres mulleres —pilar, virtudes e maría— e o home máis novo, manuel.agás a pequena virtudes, que aínda non fixera os dez anos, todos os irmánsarrimaron o ombreiro na tarefa de sacar adiante a empresa e os froitosdese esforzo, ademais do creto do que xa gozaba no mundo comercialmontevideano, foron axiña visibles. Canabal y Hnos. foi medrando rapi-damente en volume de actividade e de empregados, sobre todo despoisda adquisición da antiga papelaría de Jaime bech, dotada de equipos pro-pios. En 1925 a empresa contabilizaba a cifra de corenta traballadoresentre os cales, e en consonancia coa política de fomento de emprego fe-minino que entón imperaba en uruguai grazas ao avanzado da súa lexis-lación social, destacaba un grupo numeroso de obreiras especializadasnos labores de engomado, corte e empaquetado.

nese ano, El Libro del Centenario Uruguayo —unha publicaciónpropagandística dedicada á conmemoración da independencia do país—dedicaba unha das súas páxinas á Fábrica de sobres, taller de rayados yartículos de papelería de Jesús Canabal y Hnos. en cuxo texto, acompa-ñado de varias fotografías onde se reproducían algunhas das actividadeslaborais máis importantes así coma a maquinaria utilizada, glosábase aactividade empresarial do galego. Estaba entón a fábrica situada nun edi-ficio de dúas plantas da céntrica rúa uruguay 1213-1215 de montevideo.a primeira planta contiña a maquinaria pesada, mentres que na segundase situaban os despachos ao público e as seccións destinadas á fabricacióndaqueles artigos de papelaría para os que non se requirían elementosmecánicos. das dez máquinas coas que entón contaba a empresa, cincoestaban dedicadas exclusivamente á fabricación de sobres de diferentesclases, desde os máis correntes para uso comercial, ata os máis sofistica-dos con forro interior elaborado en papel seda.

por outro lado, unha das máquinas máis modernas era a destinada áfabricación de papel raiado para a elaboración de follas de facturación ecadernos de contabilidade, dotada dunha guillotina xigante que se accio-

467Jesús Canabal Fuentes

Page 454: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

naba polo sistema de balancín. o resto da maquinaria estaba destinada áelaboración do máis variado elenco de modelos de tarxetaría, ademais daque permitía a fabricación de sobres de fantasía, unha das máis innova-doras do seu tipo naquel momento en toda sudamérica.

o volume de fabricación de sobres, cando se traballaba a pleno ren-demento, podía acadar entón as corenta mil unidades por hora de activi-dade, malia que a media de produción diaria tras unha xornada de oitohoras era de cento cincuenta mil sobres e case sesenta mil produtos depapelaría doutros tipos. a empresa presumía entón de que «si las exigen-cias del consumo así lo requirieran, puede llegarse a una producción deun cuarto de millón de sobres diarios».3

o buque insignia da empresa continuaba sendo a marca suevia encuxo anagrama gráfico figuraba a catedral compostelá debuxada sobre asilueta da cruz de santiago. Era esta imaxe propagandística a que come-zaba a aparecer por entón nos avisadores comerciais da prensa da colec-tividade galega. Centro Gallego, a revista da sociedade decana dos galegosde uruguai de nome homónimo fundada en 1879, foi unha das primeirasás que acudiu Canabal. o seu anuncio apareceu no número extraordina-rio publicado pola institución en xullo de 19254 co gallo da inauguraciónda súa suntuosa sede social na céntrica rúa san José 870 da capital uru-guaia na que aínda continúa funcionando na actualidade. dous anosmáis tarde, o mozo empresario ingresaría como socio de número destaentidade —daquela en pleno apoxeo e cuxa presidencia ostentaba ne -se momento o seu amigo Constantino sánchez mosquera—, na que, pos-teriormente, tería un notable protagonismo por diversas razóns. nesemesmo ano, Canabal era ademais secretario da xunta directiva da mutua-lista Casa galicia.

respecto desta cuestión, convén apuntar que máis alá do espíritovoluntarioso e solidario que caracterizou a Jesús Canabal, patente nou-tros moitos compromisos adquiridos ao longo de toda a súa vida, no aso-ciacionismo étnico desenvolvido polos galegos en américa, como no dos

468Empresarios de Galicia

3 El Libro del centenario uruguayo (1925: 845).4 Centro Gallego. Órgano de la colectividad Gallega en Uruguay, núm. extraordinario,

ano vII, 103, montevideo, (1925: 136).

Page 455: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

469Jesús Canabal Fuentes

Fachada da fábrica de sobres SUEVIA, rúa

Uruguay, 1213, Montevideo(s/d) (cortesía da familia

Canabal)

inmigrantes doutras procedencias, foi máis que frecuente que os mem-bros das elites económicas ou os que tiñan visos de incorporarse a elas,accedesen a cargos importantes nas xuntas directivas das devanditas aso-ciacións. Con iso, os membros destas elites atopaban vías para acadarmaior prestixio social no seo da colectividade e en contrapartida, as aso-ciacións víanse favorecidas polo feito de contar nas súas directivas conpersoas ben consideradas noutros ámbitos alleos a elas.

seguramente por iso non se trata dunha casualidade que entre os in-tegrantes da directiva de 1927 da Casa de galicia de montevideo, fundadaapenas dez anos antes, estivese non só o novo e puxante empresario JesúsCanabal, senón tamén o bergantiñán José añón Canedo, presidente desde

Page 456: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

o ano anterior do Centro de propietarios de ómnibus —antecedentedirecto do que sería a máis importante empresa de transporte municipalCutCsa creada en 1937—, que estaba dando moito que falar non sóentre a colectividade galega senón tamén entre a sociedade montevideanaen xeral pola loita aberta que viña mantendo en contra da sociedad Co-mercial de montevideo, de capital e directorio británico, ata entón mo-nopolista do transporte urbano.5

En 1928, ano no que Jesús Canabal contrae matrimonio con mara-villa pérez pampín, unha moza nacida na Habana filla de galegos quedesde Cuba reemigraron a uruguai, os asuntos empresariais marchabanvento en popa. na Exposición Industrial que tivo lugar en montevideonese ano, os produtos fabricados por Canabal y Hnos., obtiñan varios pre-mios importantes en recoñecemento da súa calidade. pero ademais dasostensibles melloras logradas nunha produción cada vez máis diversifi-cada, boa parte do éxito da política empresarial seguida por Canabal deri-vou da sucesiva adquisición de negocios vinculados ao ramo da industriapapeleira co fin de ampliar locais e capital permanentemente.

así, a comezos da década dos trinta, a sociedade Canabal y Hnos.,despois de fusionarse coa firma Ferro y romaní, contaba xa con catrolocais en distintos lugares de montevideo. tras a compra doutra firmadenominada lettiere y bengoa, a empresa transformouse en Canabal yHnos. y Carluccio. ante o incremento constante do negocio, e malia queas distintas adquisicións seguisen funcionando un tanto independente-mente, naceu a necesidade dunha formulación industrial nova que seconcretou na instalación dunha fábrica de papel común a todas elas concapacidade suficiente para subministralas. adquirirase ademais a antigapapelería oriental da firma Cuesta y Cía., que fora fundada en 1914 eque se dedicaba á importación a grande escala de artigos de papelaríapara oficina e á fabricación de cadernos.

Cando en 1934 tivo lugar en montevideo a celebración da Exposi-ción nacional de Industria, no Stand del Sobre, a empresa facía a súa pre-sentación nela co seguinte slogan: «ayer esta industria tuvo un iniciador,Jesús Canabal, 1919; hoy está formada por Ferro, romaní y Cía., 1933;

470Empresarios de Galicia

5 CagIao vIla e núñEz sEIxas, x. m. (2007: 188-194).

Page 457: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

mañana proyectamos constituirla en sociedad anónima Industria pape-lera uruguaya». Efectivamente, en 1937 fundábase en montevideo aIndustria papelera uruguaya sociedad anónima (Ipusa) e á fronte doseu primeiro directorio situábase Jesús Canabal como presidente e prin-cipal accionista. Figuraban como socios, alfonso Carluccio, de nacio -nalidade italiana, e o seu fillo Carlos Carluccio, o arxentino Ernestoro mani e o uruguaio bolívar machado, ademais dos seus dous irmáns,José e andrés.

manuel Canabal, pola súa parte, o irmán máis novo que retornara aEspaña en 1927, ao seu regreso a montevideo en 1935 constituíu a súa

471Jesús Canabal Fuentes

Persoal feminino deJesús Canabal y Hnos.,

Montevideo, 1934(cortesía da familia Canabal)

Page 458: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

propia sociedade denominada Canabal y Cía., situada no antigo local deCanabal y Hnos. da rúa uruguay,6 que operaba como distribuidora pri-meiro desta e posteriormente de Ipusa. pero o funcionamento indepen-dente do menor dos irmáns desde o punto de vista empresarial nonimpedía en absoluto a súa estreitísima relación con Jesús noutras facetas

472Empresarios de Galicia

6 Anuario de El Siglo, montevideo, 1942.

Furgoneta de IPUSA,Montevideo, 1951(cortesía da familia Canabal)

Page 459: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

da vida pública de ambos. Coincidían, por exemplo, na intensa activi-dade política que por entón tiña lugar na colectividade galega de mon-tevideo, tanto pola súa militancia galeguista coma pola súa filiaciónrepublicana.

malia que a actuación de Jesús Canabal neste campo, que o levou ainvolucrarse en numerosas iniciativas antes, durante e despois da guerracivil española, excede o propósito destas páxinas, paga a pena salientarque a súa fidelidade á república tivo unha repercusión non desprezableen termos puramente empresariais que se traduciu en promover a crea-ción dunha Cámara oficial de Comercio Española durante os anos doconflito bélico. Esta corporación opoñíase á tradicional Cámara Espa-ñola de Industria, Comercio y navegación de uruguay, existente desde1888, cuxa directiva adherira a Junta de burgos.

Con esa iniciativa, Canabal pretendía orientar o comercio exterioruruguaio, sobre todo aquel que estaba integrado por empresas nas que exis-tían intereses de inmigrantes españois, a través dun intercambio que privi-lexiase as necesidades do goberno republicano. semellante conduta, queimplicaba un compromiso máis alá da retórica —parafraseando a expre-sión empregada polo historiador uruguaio Carlos zubillaga barrera ao glo-sar a súa figura—, denotou unha coherencia entre a súa posición políticae o seu proceder empresarial que non pasou inadvertida para a diplomaciafranquista empregada a fondo en exercer un control absoluto sobre todosos quefaceres da colectividade española asentada no país. de aí, os comen-tarios sarcásticos sobre Canabal expresados polo ministro de España enmontevideo ao poñer en coñecemento das autoridades de madrid o feitode que o empresario presidía case desde a súa fundación en 1941 o Centrorepublicano Español.7

En idéntico sentido, uns anos máis tarde, o encargado de negociosde España en montevideo, ao informar o ministerio de asuntos Exterio-res acerca dos «dirigentes republicanos y socialistas» da colectividade,emitía este xuízo sobre Jesús Canabal: «propietario de la papelera lla-mada Ipusa. Es un republicano moderado, pero persona influyente y de

473Jesús Canabal Fuentes

7 archivo general de la administración (aga). (10)089.000 54/10083. despachodatado o 26/06/1942.

Page 460: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

posición que ayuda al sostenimiento de la campaña [antifranquista]».8En honor á verdade, pouco se equivocaba o representante diplomáticoespañol porque non houbo iniciativa contra o réxime de Franco, non sóde carácter político senón tamén de índole cultural —como a audiciónradial sempre en galiza (1950) ou o patronato da Cultura galega (1964),sobre as que exerceu un verdadeiro labor de mecenado— na que JesúsCanabal non participase.

En 1945, por exemplo, actuou como un dos principais anfitriónsdurante a estancia en montevideo de Castelao e doutros membros doConsello de galiza —constituído formalmente o ano anterior precisa-mente na capital uruguaia—, e exerceu non só como vicepresidente deCasa de galicia e membro do directorio do Centro republicano Español—presidido nese momento polo seu amigo José añón—, senón taméncomo empresario comprometido con galicia.

da visita efectuada entón polos ilustres visitantes á fábrica de Ipusa,un dos órganos de prensa galega de bos aires, voceiro de Irmandadegalega, deixou o testemuño seguinte:

despois da comida na casa do lúculo galego, foron invitados os mem-bros do Consello, a visitar a gran fábrica de papel que os irmáns Canabalposeen nas aforas de montevideo. E un establecimento industrial mode -lo, que pon de manifesto a capacidade creadora dos galegos, e o que seríaa nosa terra, se houbera libertade nela para que os seus fillos poiderandesen rolar todas as súas enerxías e iniciativas, tendo que emigrar parapoder demostrar a sua capacidade, enriquecendo, así, os países donde emi-gran. os Canabal, dinastía de galegos do uruguai, que gozan de moitoprestixio i estimazón, entre propios e alleos, polo seu don de xentes e polasua xenerosidade, fixeron de cicerones mostrando todalas instalacións,vendo o proceso da fabricazón do papel desde o máis simple o máis com-plexo. despois de recorrida a fábrica que ocupa máis dunha mazán deterreo, e sendo entre lusco e fusco regresouse ao centro da cidade, pra visi-tar o centro republicano.9

474Empresarios de Galicia

8 aga (10)089.000 54/10098. despacho datado o 27/08/1949.9 «visita a unha fabrica, orgulo da industria uruguaya», A Nosa Terra, bos aires, (xullo

de 1945: 10).

Page 461: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Contra 1948, uruguai experimentou un período de crecemento eco-nómico derivado dos efectos da guerra, no que o proceso de substituciónde importacións orixinou un notable aumento de demanda na industriapapeleira. Canabal, cuxa empresa Ipusa practicamente cubría xa o abas-tecemento nacional, decidiu entón acometer na cidade de pando, depar-tamento de Canelones, a construción dunha nova fábrica que inicialmenteocupou a máis de cen operarios e significou un investimento de máis decatro millóns de pesos dese ano.

Esta nova iniciativa contribuíu non só a descentralizar as fábricas deIpusa en montevideo, situadas no barrio de la Chacarita, senón quetamén repercutiu considerablemente no desenvolvemento industrial destacidade do interior xa que nela se empregaron numerosos obreiros da zona.a eles se engadiron bastantes inmigrantes galegos que acababan de chegare recorrían a Canabal na procura de emprego. José luis villaverde, unemigrante compostelán que arribou a montevideo en 1954 e que estivo

475Jesús Canabal Fuentes

Reunión da Cámara de Comercio Republicana,

Montevideo, 12-04-1956.Aparecen de esquerda adereita: Jesús Rodríguez,Dr. José Cancela Freijo, Manuel Canabal (tres

persoas sen identificar), M. Amarelle, Juan Vilarnovo

(sen identificar), Jesús Canabal e Jesús Figueiras(cortesía da familia Canabal)

Page 462: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

moi vinculado a Canabal durante a súa experiencia uruguaia de case quetrinta anos, describía así a súa chegada ao complexo industrial:

[…] un señor en el Centro gallego me dijo que me iba a buscar algo y locomentó con el dueño de Ipusa. Este me dijo que fuera por la fábrica yque si me interesaba trabajar con ellos. la fábrica era grande, pero la másimportante la tenía en pando y su idea era mandarme a pando para el con-trol de producción y existencias y todo eso… Esta fábrica estaba a catorcekilómetros de montevideo y tenía que levantarme todos los días a las cuatroy media de la mañana porque entrábamos a las seis....10

Jesús Canabal actuou como secretario desde a súa fundación en 1951da asociación de Fabricantes de papel de uruguay na que pasou en 1956a ostentar a presidencia. daquela, a produción da industria papeleira dopaís medrara extraordinariamente por causa da maior capacidade adqui-sitiva do mercado interno. Este feito provocou no empresario galego aambiciosa idea de creación dunha nova planta industrial para a fabrica-ción de celulosa no país que ata entón se importaba do exterior. xa en1959 —e por iniciativa de Ipusa—, creouse a sociedad de Celulosas deuruguay s. l., da que Canabal foi presidente.

tres anos antes, en 1956, Jesús Canabal iniciara a segunda aventuraempresarial á que ao principio destas páxinas nos referiamos e que supuxoa creación dunha entidade financeira que por espazo de case dez anos foimotivo de orgullo da colectividade galega de uruguay: o banco de gali-cia de montevideo. Esta iniciativa, da que Canabal foi o principal impul-sor, tivo os seus antecedentes máis directos na adquisición por parte dosempresarios galegos máis destacados e de maior solidez económica demontevideo da carteira de valores do banco Español del río de la plata,cando esta entidade se retirou de uruguai, coa intención de crear outranova.

realmente, o novo banco de galicia respondía ao desenvolvementodo sector de máis éxito da colectividade en termos económicos que seconvertera practicamente en empregador de gran parte do resto, senón

476Empresarios de Galicia

10 Entrevista que lle realizou a autora a José luis villaverde (santiago de Compostela,1930-vigo 199?) en vigo, xullo de 1983. Fondo Historga, núm. 874. unidade de patrimo-nio documental e oral Contemporáneo. departamento de Historia Contemporánea e deamérica (usC).

Page 463: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

de xeito directo, polo menos indirectamente, ao financiar de maneira pri-vada a ampliación de distintos negocios comerciais ou a creación doutrosnovos. de feito, ademais de Canabal que foi o seu presidente, outrosimportantes promotores do banco foron: José añón, presidente e princi-pal accionista da empresa de transportes CutCsa, que actuou comosecretario; marcelino pérez alonso, un galego de gondomar propietariodesde 1944 da empresa Queserías nacionales s. a., que foi o seu tesou-reiro; Juan e alberto rodríguez lópez, ambos galegos de segunda xera-

477Jesús Canabal Fuentes

I Congreso da EmigraciónGalega en Bos Aires (xullo,

1956). De esquerda a dereita: Antón Alonso Ríos,

Manuel Puente, Jesús Canabal, Daniel Calzado,

sen identificar, José Veloso e José Rodríguez (cortesía

da familia Canabal)

Page 464: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ción foron designados respectivamente vicepresidente e xerente xeral,mentres que o fabricante de tabacos Constantino sánchez, actuabacomo vogal.

xunto a eles, outros membros connotados da colectividade, ou quechegarían a selo e non sempre por razóns non exclusivamente económi-cas, integraban o consello consultivo ou eran colaboradores de confianzado banco que iniciou a súa andaina con dezasete empregados. abriu assúas portas na rúa 25 de mayo, na zona vella de montevideo, o 26 de xullode 1956, xusto na mesma data na que en bos aires tiña lugar o primeiroCongreso da Emigración galega, presidido precisamente polo infatigableJesús Canabal que neses días fixo especial dispendio de esforzo para aten-der os seus compromisos nas dúas beiras do prata. Este congreso, cuxatranscendencia foi conmemorada recentemente, foi posible grazas aoempeño dunha dinámica comisión organizadora baixo a batuta de ma -

478Empresarios de Galicia

nuel puente, residente en bos aires, pero tamén grazas ao altruísmo e áxenerosidade dos que integraron o seu cadro de honor e entre os cales secontaba por suposto Jesús Canabal e ademais, a pesar de non ser galego,o que fora o seu antigo patrón e protector durante os seus primeiros anosna inmigración, o empresario José Iturrat.

Xuntanza do directorio doBanco de Galicia: AlbertoRodríguez López, ManuelFernández Vázquez, Dr.Juan Rodríguez López,Jesús Canabal, José AñónCanedo, Marcelino Pérez,Montevideo (23/07/1960)(cortesía da familia Canabal)

Page 465: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

479Jesús Canabal Fuentes

o día anterior á inauguración oficial do banco, o seu vicepresidente,o dr. Juan rodríguez lópez, presentaba na Comisión F do mencionadocongreso, dedicada a analizar a emigración galega na vida económica, unrelatorio no que se poñían de manifesto as intencións da nova entidade eno que se subliñaba, entre outras cousas:

El banco de galicia es un homenaje que al uruguay rinde la inmi-gración gallega [...]; será un banco popular, con las puertas abiertas a loshombres que quieran progresar con el trabajo fecundo y honrado, un bancoen el que se reflejen las actividades económicas de la colonia, desde lasmodestas cuentas de ahorro hasta el financiamiento de las grandes opera-ciones de inversión; un banco dispuesto a honrar las excelsas tradicionesgallegas y a reafirmar la vitalidad económica de la colectividad.11

para a captación de capital, inicialmente emitíronse accións que foronsubscritas na súa maioría —malia que non exclusivamente— por membrosda colectividade galega, en xeral por pequenos comerciantes e propieta -rios. a través de campañas de propaganda, o banco ofrecíase para actuarde vínculo entre os inmigrantes radicados no país e os seus familiares engalicia, co obxecto de canalizar as remesas, así coma administrar os bensdos seus clientes tanto en galicia coma en uruguai e ser, en definitiva, oconselleiro económico da colectividade. deste xeito, o banco foi evolu-cionando rapidamente e na memoria correspondente ao primeiro exerciciodo banco, con data do 31 de xaneiro de 1957, dicíase: «a los seis mesesde abiertas las puertas del banco de galicia se han superado todas las ex-pectativas. la colonia respondió entusiastamente. los registros de accio -nistas se fueron cubriendo, asegurando así el capital inicial […]. la realidadcolmó las previsiones […]». ademais do labor exclusivamente financeiro,o banco ocupouse desde o primeiro momento doutras actividades de tiposocial, ademais de crearlles un servizo de auxilio aos inmigrantes galegosque acababan de chegar que por estas datas aínda continuaban ingresandoen uruguai.

a primeira sucursal foi inaugurada a finais de xaneiro de 1958 na prin-cipal arteria de montevideo, a avenida 18 de Julio, coa presenza dos direc-tivos da maioría das sociedades galegas de uruguai. no discurso inaugural,

11 Primeiro Congreso da Emigración Galega (1956: 137-139).

Page 466: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 480

Jesús Canabal, embargado pola emoción, declarou: «non é común sentirno curso da vida, unha satisfacción da natureza que se experimenta ó inter-vir nun acto da trascendencia e significado que ten éste». Contaba entóno banco —segundo afirmou o propio Canabal, cun capital que superabaalgo máis de cinco millóns de pesos uruguaios da época—. desde esa da -ta, fóronse abrindo sucesivamente outras sucursais con nomes alusivos agalicia que chegaron a contabilizar en 1964, dous anos antes da súa desa -parición, oito oficinas e case que trescentos empregados.

durante o tempo que o banco de galicia permaneceu en funciona-mento desenvolveu un extraordinario labor cultural en relación con ga-licia e destinou para isto unha porcentaxe das súas ganancias, sen que poriso obtivese ningún tipo de exención fiscal que a lei uruguaia non con-templaba. baixo a orientación de Canabal, a promoción e difusión da cul-tura galega, tanto da emigración coma a do interior, convertéronse nundos obxectivos do banco, en ocasións de maneira explícita, publicitada;outras, de xeito máis cauteloso, para poder sortear os posibles inconve-nientes da censura exercida desde a Embajada Española en montevideo,sempre atenta a calquera desafección ao réxime franquista. Concursos li-terarios, conferencias, edición de libros, exposicións bibliográficas e defotografías sobre galicia, entre outras iniciativas, foron unha constante aolongo dunha década.

por todo iso, en 1962, o mesmo ano no que por impulso do banco selogrou impoñer a unha escola pública de montevideo o nome de Escuelagalicia á que continuou desde entón apoiando economicamente, o Con-sello de galiza outorgoulle á entidade financeira o premio Castelao. En1966 o patronato da Cultura galega —unha institución de carácter culturalcreada apenas dous anos antes e á que varios dos membros do directorioe dos empregados do banco se atopaban moi ligados por razóns ideolóxi-cas— concedeulle a súa vieira de prata, como recoñecemento do laborde mecenado da entidade financeira en prol da cultura galega e do seufomento, tanto en uruguai coma na propia galicia. tratábase, sen dúbida,dun agradecemento simbólico ao seu quefacer cultural pero case quetamén dun acto de verdadeira despedida xa que ese mesmo ano o bancode galicia pechaba as súas portas como entidade independente. a revistaGuieiro, voceiro do mencionado patronato da Cultura galega, recollíadeste xeito en novembro de 1966 a noticia da súa desaparición:

Page 467: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Inauguración da escola Galicia en Montevideo(28/07/1962) (cortesía da

familia Canabal)

Jesús Canabal Fuentes 481

[…] circunstancias que no fue posible superar, porque estaban enraiza-das en la situación económica que vive el país, ha sido la causa de que lainstitución que durante diez años prestara tan invalorable apoyo a la difu-sión de la cultura gallega y del conocimiento de galicia debiera fusio-narse con otra institución bancaria, el banco de trabajo Italo-ameri-cano. Este prestigioso banco es representativo de una numerosa coloniade emigrantes, que como los gallegos, han dado lo mejor de sí para edifi-car este pequeño país que es uruguay.

algúns testemuños obtidos entre o persoal do banco insisten en que,posiblemente, máis que de fusión haxa que falar de venda ante unha si-tuación que o directorio do momento creu desesperada á vista do informeque o profesor pellegrini, presidente da Italo-americano, presentou anteo ministerio de Hacienda de la república coa proposta de adquirir obanco de galicia, no que se presentaba como incobrada, entre outras dé-bedas, a do Centro gallego. a fusión non foi excesivamente ben recibida

Page 468: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

pola clientela galega do banco, que ante os feitos consumados, solicitouque polo menos se conservase o nome de banco de galicia para a novainstitución, o que tampouco foi posible.

Efectivamente a crise económica do país sumido nun proceso de in-flación galopante —escaseza de recursos monetarios e depreciación dopeso—, que segundo recoñecían as propias memorias do banco xa se viñamanifestando desde comezos da década dos sesenta, debeu incidir nasrazóns, aínda non moi claras, que provocaron a desaparición desta enti -dade na que Canabal puxera tantasilusións. porén, algúns testemuñosdos que viviron nesa época vincula -dos á institución insinúan taménoutro tipo de razóns de índole polí -tica e ideolóxica estritamente rela-cionadas coa propia colectividade.

ademais das repercusións eco-nómicas, a desaparición do bancosupuxo un golpe moral extraordina-rio para os seus impulsores e, moiparticularmente, para Jesús Canabalque fora o seu presidente. daquela,puxo todo o seu empeño, ademaisde en Ipusa, no patronato de Cul-tura galega —en cuxa directiva exercía como tesoureiro desde a súa fun-dación en 1965 e como vicepresidente desde 1966— co que mantivo unnivel de compromiso extraordinario; así foi o seu presidente honoríficoata a fin dos seus días. para termar desta sociedade, xunto co Hogar Españolde ancianos de montevideo do que tamén foi un asiduo colaborador asícoma para a audición radial sempre en galiza que contribuíra a fundaren 1950, Jesús Canabal decidiu constituír un fondo patrimonial sobreparte das súas accións en Ipusa do que estas entidades poderían dispoñercando se producise o seu falecemento. Era entón 1984. naquel momento,a empresa facturaba, ademais do obtido nas vendas nacionais, un millónde dólares mensuais en concepto de fabricación propia e de exportaciónsa outros países do Cono sur. Case que un ano e medio máis tarde, apenasdous meses despois de recibir en santiago de Compostela a medalla Cas-

482Empresarios de Galicia

Jesús Canabal e a súa dona,Maravilla Pérez, coas súas netas en Punta del Este(1980) (cortesía da familia Canabal)

Page 469: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tealo da xunta galicia, o infatigable empresario galego falecía en mon-tevideo despois de máis de setenta anos na emigración dedicados á acti-vidade na industria papeleira e case cincuenta á fronte do directorio deIpusa.

En xuño de 2006, moi pouco antes de que moitos dos antigos empre-gados do banco de galicia se reunisen para conmemorar o cincuentena-rio da súa fundación, o historiador uruguaio de orixe galega, Carloszubillaga, que tamén traballou naquela entidade e compartiu moitas dasiniciativas nas que Jesús Canabal participaba, resumía como poucos sou-beron facelo o seu comportamento na vida pública cunha entrañablelembranza cara á súa persoa: «gesto cordial, decir pausado, mano franca,decisión firme y conducta generosa».

483Jesús Canabal Fuentes

Bibliografía

CagIao vIla, p. (1989): «Empresas de in-migrantes gallegos en uruguay en el sigloxx», en Actas de las Primeras Jornadasde la Presencia de España en América:Aportación gallega, deimos, madrid.

— (1990): Participación económico-socialde la inmigración gallega en Montevideo,1900-1970, tese de doutoramento, uni-versidad Complutense de madrid.

— (1990): «Inmigración y cambio en lassociedades latinoamericanas: El caso delos gallegos en uruguay», en Xornadasde Historia de Galicia, ourense.

CagIao vIla, p., e x. m. núñEz sEIxas

(2007): Os galegos de ultramar: os gale-gos e o Río da Prata, t. x., vol. 2, a Co-ruña, arrecife Edicións galegas.

El libro del centenario uruguayo: montevi-deo, 1925.

losa roCHa, m. (2007): Don Xesús Cana-bal Fuentes. Fillo predilecto de O Pino,montevideo, losa Ediciones.

Primeiro Congreso da Emigración Galega,(1956): buenos aires. Editorial nós.

Page 470: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1898-1975

JOSÉ AÑÓN

Page 471: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

* agradézolle a d. manuel graña ribeiro a súa axuda inestimable na elaboracióndeste traballo.

A ALMA DE CUTCSA, UNHA COOPERATIVA DE INMIGRANTES LÍDER DO TRANSPORTE URBANO EN URUGUAI*

Pilar Cagiao Vilaprofesora titular da universidade de santiago de Compostela

a Compañía uruguaya de transportes Colectivos s. a., unha empresaque aínda existe na actualidade en uruguay, afunde as súas raíces históricasno primeiro cuarto do século xx cando un grupo de inmigrantes —na súamaioría chegados de Italia e galicia—, se lanzaron á aventura de enfron-tárense a unha poderosa compañía británica —a sociedad Comercial demontevideo— filial uruguaia da Electric tramways con directorio enlondres presidido por un barón inglés, sir george tuch. Esta sociedade,que absorbera as primitivas empresas de tracción a sangue e desde 1907explotaba —xunto con la trasatlántica, de capital alemán— o servizo detransporte de pasaxeiros a través de tranvías eléctricos na capital uruguaia,obtivo para isto unha concesión de setenta anos de vixencia en verdadeiroréxime de monopolio.

é por iso que —ao noso entender— o termo empresa ao que alude otítulo destas páxinas, ten neste caso unha dobre connotación, non só nasúa acepción netamente económica, senón tamén polo seu significadocomo iniciativa protagonizada por persoas da máis modesta orixe en evi-dente desigualdade de condicións para levalo a cabo. dalgunha maneira

Page 472: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

foi, ao dicir de quen ocupou durante longo tempo a subxerencia indus-trial e comercial da Planta José Añón da CutCsa: «como si un pequeñodavid luchase contra un poderoso goliat».1 a súa historia corre paralelaá da propia evolución do desenvolvemento urbano de montevideo e, endefinitiva, á do propio país. E aínda que se tratou, como dicimos, dunhainiciativa de carácter colectivo, houbo sen ningunha dúbida un perso-naxe que pola súa visión empresarial destacou sobre o resto.

Este home, que como tantos galegos —e especialmente berganti-ñáns— emigrou un día a montevideo, foi José añón Canedo (vilaño–alaracha, 1898–montevideo, 1975). daquela tiña só trece anos e partiuseguindo o ronsel dos seus irmáns maiores gerardo e Francisco añónCanedo —o cuarto irmán, lino, emigrara a Cuba— que en uruguai seiniciaran no ramo da produción e repartición de leite onde José obtivo oseu primeiro emprego. mentres que Francisco se dedicou permanente-mente á explotación dos tambos, gerardo combinou esa actividade coado negocio do transporte, en estreita relación co seu irmán menor José.

a notable contribución que CutCsa lle supuxo ao proceso deexpansión urbana e modernizadora da cidade de montevideo comezoua tomar corpo contra 1924 cando —desaparecidos definitivamente os tra-dicionais tranvías a caballito, que funcionaban desde 1868— os servizosde transporte eléctrico da compañía británica resultaban evidentementeinsuficientes para cubrir as necesidades da capital uruguaia. as negativasreiteradas da empresa de tranvías ás demandas municipais que lle esixíanestender as liñas,2 así coma ofertar servizos de locomoción máis moder-nos como os que entón comezaban a circular noutros lugares grazas á uti-lización dos novos pavimentos de formigón e asfalto, propiciaron unha

486Empresarios de Galicia

1 Entrevista realizada pola autora a Hugo mutarelli en montevideo, decembro de1985. Fondo Historga, núm. 943. unidade de patrimonio documental e oral Contempo-ráneo. departamento de Historia Contemporánea e de américa (usC).

2 Que o municipio non era quen de solucionar o problema, quedara claro xa en 1912e logo en 1917, cando por iniciativa estatal se intentaran suplir as deficiencias dos tranvíasimportando autobuses europeos. o fracaso destas experiencias debeuse en parte ao precarioestado dos pavimentos e á falta de investimentos necesarios, ademais de ter que facerllesfronte ás reclamacións da sociedad Comercial, que alegaba o seu carácter de concesiona-ria e esixía que o servizo de tranvías fose declarado o único capacitado para poder circularpolas rúas de montevideo.

Page 473: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

situación que soubo ser aproveitada por xentes con iniciativa e, desdelogo, con extraordinario valor.

daquela, algúns inmigrantes dedicados ao transporte de maneira in-dividual —ex-cocheiros, motormanes, condutores de taxímetros...— co-mezaron a realizar varias reunións co gallo de intentar unha unión quelles permitise converterse en alternativa e competir cos tranvías ingleses.a falta do capital necesario, do que evidentemente non dispoñían, frustroupolo momento calquera posibilidade nesa dirección. non obstante, osprimeiros servizos de ómnibus foron realizados en 1926 por varios parti-culares de maneira individual e utilizaron para iso vehículos non demasiadoaxeitados pero que eran moi ben recibidos pola poboación que se sentía

487José Añón

Tranvías da Sociedad Comercial de Montevideo

(Arquivo da Emigración Galega, Consello da

Cultura Galega)

Page 474: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 488

Page 475: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

3 Trans-Bus: Periódico Quincenal Defensor del Sistema de Trans-porte de Ómnibus y sus Concesionarios de la Ciudad de Montevideo,montevideo (31/10/1942: 3).

José Añón 489

máis desatendida por transporte tranviario. Entre esespioneiros, foi especialmente célebre o traxecto realizadopor un tal pedro reyno que cun coche de chasis lanciaimportado, ao que se coñecía popularmente co nomede el baúl pola estrambótica forma da súa carrozaría, cu-bría o traxecto existente entre a praza Independencia nolímite da zona vella, ata a avenida 8 de octubre no en-sanche de montevideo. reyno —descendente de gale-gos— tivo ademais a afouteza de rotulalo coa pomposainscrición de Compañía uruguaya de ómnibus.

a Intendencia municipal de montevideo incentivouinicialmente este tipo de iniciativas e concedeu permisosde circulación de forma particular, que custaban 1,50pesos da época, e mellorou os accesos rodados. así o ex-poñía anos máis tarde o xornal Trans-Bus: «en esta primeraépoca del servicio de ómnibus, contó éste con el apoyode los concejales de entonces, que sancionaron la pavi-mentación de las calles de la ciudad».3 grazas a este tipode facilidades, inmediatamente, outros inmigrantes ga-legos e algúns italianos empadroaron os seus vehículosrEo, Ford t, thornicroft..., que lles adquirían a prazosás diferentes casas importadoras, imitando a reyno. Estesprimeiros coches foron empadroados con nomes tan cu-riosos e orixinais —entre outros moitos— como Frigidaire,propiedade de sánchez e novo; Libertad, de Felipe oteroe manuel mosquera; Hispano Uruguaya, de vicenteCampo; Nelson, de José Finoquio; ou Río Uruguay, degerardo añón, o irmán de José, introducido de formatemperá no mundo do transporte desde que en 1907 ob-tivera o permiso como para exercer de motorman. noutroscasos, os propietarios dos autobuses utilizaron denomi-

Page 476: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

nacións de clara evocación étnica que reflectían a diversidade da súa pro-cedencia: Cabo Finisterre, Bete Aurerra, Pamplona, Nôtre Dame, Asturias,La Liguria ou Valle Miñor. non faltou quen, en consonancia cos acon-tecementos máis célebres daqueles tempos, bautizase o seu coche conome de Plus Ultra, propiedade dos irmáns galegos José maría e Cons-tantino Freitas en honor ao seu paisano ramón Franco, cuxa fazañarecente tanta relación tivera co río da prata.

moitos destes pioneiros, como os galegos Clodomiro Iglesias (propie-tario do Río de la Plata); abelardo suárez (Constitución); José varela(Gandiola), Calixto Hernández ou manuel pombo, xunto con José añón—que obtivo a súa licenza pouco máis tarde para o seu primeiro auto -bús, o Río Uruguay que lle adquiriu ao seu irmán gerardo despois de queeste o explotase primeiro só e logo con outro paisano larachés —nicolássande— serían os que, xunto con outros pequenos empresarios, finalmen -te constituirían a CutCsa.

os novos ómnibus chegaban a onde non o facían os tranvías de laComercial e la trasatlántica, e ofertábanlles oportunidades aos habitan-tes de moitos barrios afastados nos que se revalorizaron os prezos dosterreos grazas á extensión das liñas.4 ao principio funcionaban demaneira un tanto anárquica xa que cada vehículo intentaba facer a maiorcantidade de viaxes posible, o que derivou en moitas ocasións en nonpoucos conflitos polo monopolio das liñas, as frecuencias e os horarios.pero o feito que a todos os unía era establecer unha competencia visible,e factible, coa sociedad Comercial.

ante as protestas efectuadas pola compañía británica, que estabaabraiada do éxito das liñas particulares aducía os seus dereitos como con-cesionaria e reclamaba para si a explotación dos ómnibus que poucoantes se negaba a poñer en funcionamento, os particulares comezaron aorganizarse de forma colectiva; así enxergouse un principio de organiza-

490Empresarios de Galicia

4 «[…] el papel del ómnibus en montevideo facilitó al hombre modesto construirse sucasita en las afueras de la ciudad para reclamar luego servicios de luz, agua y saneamientos[…]. por otro lado, la reducción del costo del transporte complementó la subida en el costode la vivienda, lo cual significó mucho para la masa de obreros, que en gran medida secomponían de inmigrantes que antes debían pagar demasiado por el transporte, hasta un20% del jornal» en rIal (1985).

Fotografía das páxinas anteriores: Tranvías de caballito en la calle 25 de Mayo, Montevideo (Uruguai) (Arquivo da Emigración Galega, Conselloda Cultura Galega)

Page 477: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ción entre os propietarios que explotaban cada unha das liñas. xurdiu asío Centro de propietarios de ómnibus en setembro de 1926 para asumira representación de todo o gremio no que se aglutinaban non só os quexa eran propietarios senón tamén os que contraeran compromisos paraadquirilos. na xunta directiva aprobada no mes de novembro, que refor-mulaba a fundacional, atopábase gerardo añón Canedo, o irmán de Joséañón, que un ano máis tarde ocuparía a vicepresidencia e desde 1928 apresidencia da entidade gremial.

no seo do centro, co fin de evitar a competencia entre os diversospropietarios xorden as primeiras cooperativas de liña e en 1931 organizá-ronse as de abastecemento de produtos (cubertas, combustibles, gomas,repostos...) dando orixe aos almacéns de insumos que tanto éxito teríanno futuro. nese mesmo ano, a economía uruguaia viuse violentamenteafectada pola crise económica mundial. a industria do ómnibus tam-pouco puido escapar aos seus efectos, como todas aquelas que carecíande recursos propios e ademais necesitaban importar artigos estranxeirospara o seu desenvolvemento. neste momento, o Centro de propietariosde ómnibus obtén a través de numerosas presións a exoneración doimposto sobre a gasolina e dos dereitos de aduana sobre a importación depneumáticos. tratábase dun novo logro que consolidaba cada día máis asúa situación e ampliaba as súas posibilidades para establecer a compe-tencia coa sociedad Comercial. E, malia que cada cooperativa tiña a súapropia dirección, José añón entregou todo o seu empeño en fomentar aunión de todas elas baixo a asesoría do dr. Francisco panizza, outro dospuntais da futura CutCsa.

Como líder indiscutible do sector, añón, no nome do centro, mantivounha guerra aberta cos tranvías ingleses, e argumentou ademais —encontra das acusacións de la Comercial— que se na súa maioría eran es-tranxeiros por orixe, constituían «un verdadero capital nacional, invirtiendoen el país, viviendo en él y pagando impuestos y patentes…», segundo seafirmaba no seu primeiro órgano de expresión El Ómnibus, aparecido en1929. os acontecementos ocorridos en 1933, ano da crise institucionalno que o presidente gabriel terra asumiu ditatorialmente a presidenciada república, tiveron importancia vital para o novo servizo de ómnibus.

unha compañía británica, a atlas Electric and general trust, pro-pietaria das accións da sociedad Comercial de montevideo que en 1928

491José Añón

Page 478: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

se fusionara con la trasatlántica co que ampliaba o seu monopolio,5facilitoulle ao goberno uruguaio un préstamo dun millón de dólares coacondición de que este resolvería nun prazo de noventa días os problemaspendentes coas compañías de tranvías, na forma máis favorable a estasque fose posible. En realidade, con esta actuación, laComercial quería forzar os propietarios á venda dos ómni-bus e ofreceulles altos prezos pola absorción. para iso em -pregou a máis diplomática das formas, dirixiuse a cada undeles nos seguintes termos: «…tengo el agrado de comuni-car a vd. que si los propietarios de ómnibus están dispuestosa venderlos a esta compañía, la sociedad Comercial demontevideo, estudiaría las propuestas que al respecto se leformulasen para considerarlas de inmediato…».6

En abril de 1933 unha comisión do centro, encabezadapor José añón, visitaba o propio presidente terra para expo-ñerlle a súa situación e comunicarlle que non só queríanque non se lles obrigase a vender, senón que «no se les per-mitiese hacerlo, para no hipotecar el capital de tantos ciu-dadanos uruguayos o radicados desde hace tiempo en elpaís». moi habilmente, os integrantes do Centro de propie-tarios de ómnibus tomaron como arma unha actitude pa -triótica e nunha asemblea presidida por añón, emulando afrase do prócer uruguaio José gervasio artigas: «no vende-remos el patrimonio de los orientales al precio de la necesidad», co -municaron a través do seu órgano de expresión que, «por su honor»,tampouco eles cederían a súa propiedade a ningún prezo e que ademaisestaban dispostos a colaborar co municipio e co Estado para formar ouintegrar o capital necesario co fin de nacionalizar o servizo de tranvías nasmans estranxeiras.

492Empresarios de Galicia

5 a mediados dos anos vinte, estas dúas compañías ocupaban a numerosos traballa-dores nas súas oficinas, instalacións industriais, talleres e transportes; chegaron a 2600 no caso de la Comercial e a 2300 no de la trasatlántica. En Libro del centenario uruguayo (1925: 740).

6 Trans-Bus, montevideo (18/05/1943: 12).

Folleto redactado por José Añón

Page 479: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

493José Añón

pola súa parte, o municipio, decidido a apoiar as pretensións británi-cas, designou unha comisión encargada de estudar os problemas formu-lados e primeiros de outubro de 1933 convocou unha reunión á que foiinvitado un delegado do Centro de propietarios de ómnibus. sobra dicirque, por suposto, o designado foi José añón. a habilidade coa que alíactuou despexaba calquera dúbida verbo da súa capacidade de liderado.a atrevida actitude dos propietarios de autobuses fronte ás autoridadesinstitucionais en plena ditadura terrista recibiu a adhesión de varios gre-mios comerciais e de servizos nos que a presenza de inmigrantes galegosera por certo moi numerosa.

a prensa oficialista contraatacou cunha ofensiva a través da cal se acu-saba os propietarios dos autobuses pola súa condición de estranxeiros e,sobre todo, de opositores ao réxime político vixente. moitos deles foron

ameazados con ser deportados do país ou foron declaradas persoas nongratas. En 1934, José añón foi acusado de subversión ao réxime políticoterrista. o Centro de propietarios de ómnibus —reunido en asembleaen xaneiro dese ano— organizou aos poucos días un acto de solidariedadeco seu presidente e a súa defensa dos intereses do gremio que recibiu nu-merosas adhesións. E, lonxe de arredarse, añón continuou traballandonon só na defensa dos intereses do centro, senón tamén noutra iniciativade organización do transporte interdepartamental, na que así mesmo par-ticipaba o seu irmán gerardo. Esta rematou por callar na creación deonda (organización nacional de autobuses) e ambos pertenceron á súaprimeira xunta directiva de 1935 como vogais.

a loita do centro por conservar os seus dereitos en canto á circulaciónde autobuses culminou coa promulgación entre 1935 e 1936 dunha serie

Anuncio propagandístico de CUTCSA, 1942

Page 480: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

de decretos por parte do municipio, que obrigaban no prazodun ano á formación dunha sociedade con personalidadexurídica e representación gremial, que fose propietaria do75% dos ómnibus que circulaban na capital ou, chegado ocaso, procederíase á conseguinte anulación dos permisos decirculación dos autobuses particulares. todo parece indicarque a verdadeira intención que subxacía nos decretos muni-cipais era demostrar que os condutores de ómnibus non erancapaces de organizárense. a habilidade de añón —unida aoímpeto corporativo logrado no centro— conseguiría en brevetempo concitar os esforzos necesarios para facerlles fronte ásesixencias municipais nun prazo tan perentorio. por outrolado, non está de máis engadir que a súa capacidade de traba-llo, fóra de toda dúbida, facía posible que naquel mesmomomento, o bergantiñán ostentase a presidencia da mutua-lista galega Casa de galicia7 na que, acabada de iniciar a gue-rra civil española, se loitaba ousadamente polo fomento deactividades de apoio á segunda república.

lograda a unión, o que evidentemente non esperaba amunicipalidade, naceu a Cooperativa uruguaya de transportesColectivos s. a. (posteriormente Compañía). o total apoiodo que José añón gozaba pode deducirse da súa acta funda-cional: «En montevideo a 13 de mayo de 1937, siendo la hora18 y 30, se reunieron en asamblea convocada al efecto, en ellocal del Centro propietarios de ómnibus del uruguay, calle Juncal nº1276 bis, estando presente el dr. Francisco panizza, los señores José añóny […], quienes luego de deliberar resolvieron fundar la Cooperativa uru-guaya de transportes Colectivos, sociedad anónima, la que se regirá porlos estatutos que se transcriben a continuación, y que fueron aprobadosen la misma asamblea [...]. se procede a votar para el cargo de presidente:el sr. José varela, por el sr. José añón; el sr. venancio pombo, por elsr. José añón; el sr. rogelio sande, por el sr. José añón; el sr. José añón,

494Empresarios de Galicia

7 José añón permaneceu durante toda a súa vida estreitamente vinculado a esta entidade,verdadeiro bastión antifranquista, cuxa presidencia volveu ocupar no período 1972-1973.

Convocatoria de xunta de accionistas de CUTCSA, 1943

Page 481: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

por el sr. alfredo lois; el sr. pedro saviotti, por el sr. José añón; el sr.Eladio suárez, por el sr. José añón; el sr. alfredo lois, por el sr. Joséañón […]. En consecuencia con la votación registrada precedentemente,el directorio queda constituido en la siguiente forma: presidente: sr. Joséañón; vice-presidente: sr. alfredo lois; secretario: sr. rogelio sande;tesorero: sr. José varela; vocales: sr. venancio pombo, sr. pedro saviottiy sr. Eladio suárez».8 dos 237 asinantes da acta fundacional da empresa,a inmensa maioría eran españois —maioritariamente galegos—, seguidos

495José Añón

8 Libro de actas de fundación de la Cooperativa Uruguaya de Transportes Colectivos,Sociedad Anónima. libro núm. 1, documento núm. 1.

José Añón (o primeiro pola dereita) no primeiro Congreso da Emigración Galega. Bos Aires, 1956 (Arquivo da Emigración

Galega, Consello da Cultura Galega, doazón familia

Canabal)

Page 482: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

496Empresarios de Galicia

de italianos, malia que tamén participaban individuos doutras nacionali-dades (franceses, polacos, sirio-libaneses) e algúns uruguaios.

recibida a aprobación dos seus primeiros estatutos o 30 de xuñoseguinte, apenas un ano máis tarde CutCsa obtiña a concesión paraexplotar o transporte de montevideo durante dezaseis anos. no primeirodirectorio elixido entre todos os accionistas tras a conce-sión de 1938, reiterouse a José añón como presidentementres que do resto dos seus titulares todos eran galegos,agás pedro saviotti, que era italiano e foi o seu primeiroxerente. añón mantívose case que permanentemente napresidencia deica a súa morte en setembro de 1975 e soa-mente alternou este cargo co letrado Francisco panizza(falecido en 1965) e excepcionalmente, en 1965 e 1968-1969, co seu parente Jesús Canedo.

a partir da súa creación formal, que obrigou a que osautobuses adoptasen o mesmo aspecto físico en canto a co-res e rotulación e a que os condutores e os gardas vestisenun idéntico uniforme, a empresa sufriu varias modifica-cións no seu desenvolvemento e na súa organización in-terna. nos anos posteriores á súa creación, e a pesar de queconseguira unha concesión por parte do municipio, esteoutorgoulle permisos a outras empresas que máis tarde, en1947, se fusionarían baixo propiedade municipal dandolugar a amdEt. Entón, prodúcese unha nova loita entreCutCsa e o municipio e a empresa chega a perder a con-cesión de xeito que ten que saír a traballar con permisosprecarios, ata o punto de que, coincidindo coa crise producida pola se-gunda guerra mundial, se declara lock-out patronal e corre, mesmo, orisco de desaparecer.

Entre 1948 e 1955 as autoridades de montevideo realizaron variosintentos co fin de municipalizar todos os servizos de transporte que final-mente cristalizaron nunha ordenanza que CutCsa conseguiu recorrerante a asemblea xeral, unha vez reunidas 120.000 sinaturas de apoioentre a poboación de montevideo, e obtivo así a súa anulación. Coincideademais este período coa chegada da nova vaga de inmigrantes galegos,dos cales moitos recalaron en CutCsa, reclamados por parentes ou ami-

Estatutos de CUTCSA,1957

Page 483: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

gos que xa formaban parte da empresa e que lles puideron ofrecer aosseus paisanos un tipo de seguridade laboral que noutros sectores non eratan factible. desta presenza dominante na empresa popularizouse poreses anos, a célebre anécdota —non sabemos se totalmente real— acercadun inmigrante galego que ao embarcar no porto de vigo lle pregunta-ron que a onde se dirixía referíndose ao país, e el contestou que «iba aCutCsa».

En 1955, calculábanse na empresa presidida por añón máis de catromil obreiros e empregados. porén, esta responsabilidade non lle impedíaparticipar noutras iniciativas da colectividade española do uruguai detoda índole. nese mesmo ano, por exemplo, e ata 1958, presidiu a aso-ciación Española primera de socorros mutuos, chamada precisamenteasí por ser a pioneira no seu xénero de toda américa latina. tamén en1955 e ata 1961 foi presidente do club de fútbol decano no uruguai, olendario nacional de montevideo, a cuxa directiva pertencía xa desde1941, e no que investía o tempo que precisamente o bo funcionamentoda empresa transportista lle deixaba libre.

En 1956, participa ademais nunha das iniciativas económicas máisemblemáticas da colectividade galega en montevideo, o banco de gali-cia, xunto co seu entrañable amigo, compañeiro de militancia republi-cana9 e tamén empresario en montevideo, Jesús Canabal Fuentes (opino, 1897–montevideo, 1985), do que foi secretario ata que pechou assúas portas en 1966. a data da inauguración do banco coincidiu coa cele-bración en bos aires do I Congreso da Emigración galega presidido pre-cisamente por Canabal. alí, añón, nun relatorio titulado «la influenciade los gallegos en el desarrollo del transporte en uruguay», subliñaba aorixinalidade de CutCsa en canto «sociedad de tipo cooperativo conuna parte de capital propio de forma anónima y a la vez administradoray organizadora de los servicios que se prestaban con vehículos de perte-nencia de los integrantes de la sociedad».10 porque o éxito de CutCsa

497José Añón

9 En 1945 José añón foi o presidente do Centro republicano Español de montevideo.pola súa parte, en máis dunha ocasión, e pola súa iniciativa, os autobuses de CutCsa foronpostos a disposición para o transporte de persoas aos diferentes actos de afirmación republi-cana de maneira gratuíta. En CagIao vIla e núñEz sEIxas (2007: 215).

10 I Congreso da Emigración Galega (1956: 80-83).

Page 484: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

estribou no carácter da súa organización interna xa que —polo menos ataos anos oitenta— o servizo de transporte de pasaxeiros era realizado polospropietarios individualmente. a propiedade de cada coche era individualpero toda a recadación obtida se consagraba en fondo común de horastraballadas dependendo do tempo traballado por cada unidade de trans-porte. do cociente obtido ou dividendo/hora, distribuído entre todos osautobuses en función das horas traballadas, retíñase unha porcentaxepara o pago da administración, licenzas, fondo de auxilio, etc… por outrolado, cando un propietario adquiría parte dun autobús, obtiña tamén odereito a que os membros da súa familia puidesen traballar na empresa,como condutores, auxiliares ou gardas ata que estes puidesen ter algúncoche, ou parte dun, en propiedade. deste xeito, o que nos seus comezosfora un proceso en cadea, típico por outro lado do sistema de busca deemprego por parte dos inmigrantes, pasou, neste caso, a ser un dereitoinstitucionalizado. E ademais de percibir un salario, os traballadores deCutCsa comezaron a gozar de beneficios de asistencia social, primaspor antigüidade, fondo de vivenda e fogar de vacacións na localidade depiriápolis para afiliados e familiares.

respecto da forma de propiedade, ao principio e ata a década dossesenta, predominaba a de autobuses enteiros, ás veces varios nas mansdunha mesma persoa. daquela, o traballo era moi familiar xa que o per-soal da empresa e a súa familia se sentían moi apegados a ela. Era habi-tual presenciar a escena da muller e dos fillos do propietario lavando oupintando o coche. posteriormente, o sistema orixinal foise modificando,así coma tamén foi cambiando o réxime de propiedade, que chegou aestar moi dividida, resultando moi frecuente que un propietario chegasea ter, por exemplo, un cuarto da propiedade dun coche e a metade dou-tro, multiplicándose esta posibilidade ata onde acadase a súa capacidadede investimento. Este feito, ademais de atender a razóns fiscais fixo posi-ble que moitos mantivesen un negocio paralelo fóra do transporte.

no que atinxe aos cargos do directorio —elixidos democraticamentepor todos os accionistas— desde os comezos da empresa foron e son ocu-pados por persoas que ascenderon desde as categorías máis humildes(ordenanzas, gardas, mensaxeiros…), o que posibilitou para todos os tra-balladores o ascenso social. deste modo, o que comezara como ensaiodunha organización naquel Centro e propietarios de ómnibus en 1931,

498Empresarios de Galicia

Page 485: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

499José Añón

José Añón (o primeiro pola esquerda)con outros persoeiros galegos do Ríoda Prata

Page 486: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

converteríase en 1978, tres anos máis tarde do falecemento do galego quefundara a empresa —José añón Caneda— nunha das compañías priva-das más importantes do país, con máis de 5000 traballadores no seu cadrode persoal. En 1985, o directorio estaba composto por tres uruguaiosfillos de galegos, seis españois, dos que catro eran galegos, e un italiano.o seu presidente era entón, Carlos lago Facal, nacido en montevideode pai larachés, como José añón, que foi tamén un dos fundadores daempresa. a masa de asociados botaba aínda unha porcentaxe elevadísimade españois (46,4%), maioritariamente galegos, dun total de 2249 propie-tarios.11 nese mesmo ano, un inmigrante galego, que aínda reside moiancián en montevideo desde 1951, accionista xunto cos seus tres fillos deCutCsa, comentaba con sinxeleza pero con evidente vehemencia, a súaimpresión sobre a empresa cando dicía que: «según los viejos, que yo novi eso, empezaron los gallegos a trabajar […]. gallegos de la parte depontevedra, de Carballo y todo por ahí […] los que iniciaron esto, porque la CutCsa es pionera, porque aquí, antes de venir la CutCsa erancarros de caballos que llevaban a la gente […]. y entonces, esos gallegos,más inteligentes que los mismos criollos que había aquí, ordenaron deformar una sociedad entre ellos y empezaron a comprar coches a Europa,de Inglaterra, de ahí vinieron los primeros ómnibus para empezarCutCsa a trabajar. así que los gallegos fueron pioneros y están pionerostodavía, porque si faltan los gallegos… CutCsa es la pionera, es la quetriunfa y va a triunfar siempre».12

500Empresarios de Galicia

11 Co gallo de extraer estes datos a empresa elaborou un informe para o noso uso noque non se tivo en conta a cidadanía legal dos asociados senón a nacionalidade natural.Facemos esta advertencia ante a imposibilidade de considerar cantos dos 1069 uruguaiosasociados eran fillos de galegos.

12 testemuño de pedro valiño Cagiao (montevideo, 1985).

Page 487: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

añón, J. (1943): Breve reseña histórica delservicio de ómnibus en Montevideo, mon-tevideo. tip. Industrial.

CagIao vIla, p. (1989): «Empresas de in-migrantes gallegos en uruguay en el sigloxx», en Actas de las Primeras Jornadasde la Presencia de España en América:Aportación Gallega, madrid, deimos.

— (1990): Participación económico-socialde la inmigración gallega en Montevideo,1900-1970, tese de doutoramento, uni-versidad Complutense de madrid.

— (1990): «Inmigración y cambio en lassociedades latinoamericanas: El caso delos gallegos en uruguay», en Xornadasde Historia de Galicia, ourense.

CagIao vIla, p., e x. m. núñEz sEIxas

(2007): Os galegos de ultramar: Os gale-gos e o Río da Prata, t. x, vol. 2, a Co-ruña, arrecife Edicións galegas.

501José Añón

El libro del centenario uruguayo (1925):montevideo, agencia de publicidad Ca-purro y Cía.

I Congreso da Emigración Galega (1956):bos aires. Editorial nós.

rIal, J. (1985): Inmigración y urbanizaciónen el Río de la Plata, con especial refe-rencia a la corriente española y al casode Montevideo, montevideo, CIEsu.

— Del recuerdo a la memoria colectiva: Per-fil primario de una biografía colectiva deinmigrantes gallegos en Montevideo(1985): montevideo, CIEsu.

Trans-Bus, Periódico Quincenal Defensor delSistema de Transporte de Ómnibus y susConcesionarios de la Ciudad de Monte-video, montevideo, 1942-1944.

Page 488: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1900-1993

JOSÉ REGOJO RODRÍGUEZ

Page 489: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1 agradezo a información oral proporcionada amablemente por rita e pedro regojo,que me axudou a precisar algúns detalles da biografía do seu pai.

A INDUSTRIA DE REDONDELA

Xoán Carmona BadíaCatedrático da usC

Cando na última década do século xx o fenómeno da moda galegacomezou a representar un papel relevante na nosa economía e na nosaimaxe e mesmo chegou a acadar unha importante proxección internacio-nal, non foron poucos os que se sorprenderon e chamaron a atenciónsobre aquel agromar dun sector que —dicían— non tiña tradición entrenós. E probablemente era certo que a moda con pretensión de tal, na súaversión máis elitista, non a tiña. pero si a confección como industria, daque hoxe a moda na súa concepción máis democratizada non se podeafastar. unha destas empresas dedicada a ela, a que fundou en redondelaJosé regojo rodríguez, foi durante os trinta anos centrais do século undos tres principais fabricantes de España de produtos de confección enserie, e nalgún momento o primeiro.1

Page 490: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Un longo camiño de Pontevedra a Redondela

José regojo rodríguez naceu en pontevedra o día 13 de novembrodo ano 1900.2 o seu pai dedicábase ao comercio ambulante de puntillase encaixes, unha profesión bastante habitual entre os nacidos na zamoranalocalidade de Fermoselle, situada a 80 quilómetros de salamanca e fron-teiriza con portugal. a da viña era a principal ocupación dos seus habi-tantes, pero non poucos deles, no mes de marzo, ao remate dos laboresde poda e cava, abandonaban a vila e mantíñanse negociando por Españae portugal ata as vésperas do nadal que era cando regresaban ás súas casas.levaban —como foi típico durante séculos neste tipo de comercio entoda Europa— unha ou dúas mulas e ían vendendo e mercando por vilase campos de xeito que percorrían centos de quilómetros.

ao casar con Concha rodríguez labrador, angel regojo decide darpor rematada a súa actividade ambulante e establecerse cunha pequenatenda de produtos da súa especialidade en pontevedra, un dos lugaresonde acotío realizaban negocio e que coñecía ben. durante o breveperíodo de tempo no que ambos viviron na capital do teucro naceu Joséregojo, que sería un dos seis fillos da parella. tal e como o propio Jo-sé recoñecía nas súas memorias nunca soubo por que o seu pai decidiuvolver a Fermoselle cando el tiña só dezaoito meses e comezar outra vezcomo vendedor ambulante.

o que sería grande industrial de redondela asistiu á escola para rea-lizar estudos de primaria. aos once anos deixouna para comezar a traba-llar co seu pai, acompañándoo no seu periplo comercial anual, cousaque fixo ata os quince. nesta xeira o destino das súas viaxes era sobre todoportugal e, a carón de puntillas e encaixes levaban tamén calcetíns,medias e roupa interior feminina. Cando José regojo fai os quince anos,o seu pai decide quedar definitivamente en Fermoselle para dedicarse aocultivo da terra, algo que non resulta moi do gusto do fillo. é daquelacando este decide independizarse.

504Empresarios de Galicia

2 Esta alínea está moi baseada na biografía publicada polo propio José regojo no ano1990, vid. rEgoJo (1990). a este libro remitimos cando non se explicitan outras fontes.

Page 491: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

situada Fermoselle na fronteira portuguesa e coa experiencia de pasodunha á outra beira da fronteira sen maiores formalidades, José dedicouseunha tempada a pasar ouro de portugal para a España, aproveitando queno país veciño —que dispoñía de colonias en áfrica que o producían—era este metal máis barato e con máis quilates ca no segundo. o mesmoregojo conta nas súas memorias que este negocio lle fixo gañar moito di-ñeiro pero que o introduciu en círculos non demasiado recomendablespolo que seguindo o consello dos pais e dalgúns amigos decidiu racharcon eles e tratar de establecerse en lisboa, onde existía unha colonia denaturais de Fermoselle que poderían botarlle unha man para comezaroutra vez no comercio.

José regojo trasládase así a lisboa cun feixe de cartas de presentaciónpara varios conveciños e coñecidos e unha carta do seu pai avalándoo atacen pesos. Con estes minguados recursos e investido o importe de todo oseu crédito comezaría de novo a vender bordados, puntillas e encaixes,moitos deles de Camariñas,3 polas rúas de lisboa. tras dous anos en lis-boa —e aproveitando modestamente a conxuntura inflacionista da pri-meira gran guerra— conseguiu o maior dos regojo os seus primeirosaforros, que animaron xa en 1919 o seu irmán antonio a se desprazartamén á capital portuguesa. En 1919, con ángel lozano, outro vendedorambulante do mesmo ramo e cun parente seu, José gonzález, ben rela-cionado con algúns dos que lle deixaran mercadorías a crédito a Joséregojo cando chegara a lisboa, constitúe unha sociedade co obxecto deestablecer un almacén e abandonar definitivamente a ambulancia. trasda marcha de ángel, quedarían no negocio os outros dous socios, incor-porándose tamén antonio regojo. Este último e gonzález traballaríanno almacén mentres que José desenvolvería as funcións de viaxante aovisitar os clientes de lisboa e provincias.

Contra o ano 1922 José regojo establécese só por primeira vez alu-gando un almacén na céntrica rúa da palma. alí comezaría a traballar coseu irmán e no mesmo ramo de sempre. moi axiña chegarían tamén alisboa outros tres irmáns que se instalaron a vivir e traballar con José e

505José Regojo Rodríguez

3 Entrevista a José regojo aparecida en La Voz de Galicia, 08/07/1990.

Page 492: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

con antonio: ángel, manuel e ascensión. Comezaba así modestamentea saga comercial dos regojo en portugal.

nos anos vinte aínda na península Ibérica a confección en serie redu-cíase a moi poucos produtos, porque a maior parte da roupa se facíaaínda de encargo. as camisas estaban daquela converténdose na excep-ción e a súa produción comezaba a industrializarse. Impresionado Joséregojo polo interese que manifestaban os retallistas lisboetas polas cami-sas elaboradas en serie concibiu a idea de montar unha fábrica e unhatenda para vendelas. asociado coa familia ucha —galegos igualmenteinstalados en lisboa— comezaría así en pequena escala a fabricación decamisas, que logo continuaría baixo a razón social de «t. pendras & J. r.rodríguez. manufactura de camisas y boinas».4 a omisión do primeiroapelido que utilizou sempre José regojo en portugal debíase tanto ámáis doada pronuncia en portugués do segundo, coma ao feito de utili-zaren alí primeiro o apelido materno.

José regojo frecuentaba os círculos da numerosa colonia galega ins-talada en lisboa, e entre os seus amigos contáronse a mediados dos vintepersoeiros como manuel Cordo boullosa, un avogado un par de anos me-nor ca el, que estaba a se abrir camiño nos negocios, ou como a familiaContreras, emparentada cun coñecido xinecólogo e profesor socialista deredondela, alejandro otero, que chegaría a ser reitor da universidadede granada. nunha das visitas deste a lisboa, acompañado da súa irmárita, coñecería regojo á que moi axiña, no ano 1927, sería a súa muller,e persoa que influiría decisivamente no curso dos seus negocios.

A instalación en Redondela e a guerra civil

ao ano seguinte, 1928, influído sen dúbida pola súa esposa, poloscomentarios favorables dalgúns alcaldes da zona e polo ambiente expan-sivo dos anos centrais da década dos vinte en España, José regojo decideabandonar lisboa e instalarse como industrial camiseiro en redondela.tras cederlles a súa participación no negocio portugués aos seus irmáns,que si quedaron en lisboa, en troques de 300.000 pesetas, e sen «ningún

506Empresarios de Galicia

4 arquivo Histórico do reino de galicia (aHrg), sección audiencia, atado 606/10.

Page 493: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

estudio sobre la situación del mercado español» nin preocuparse «dema-siado por el precio medio al que se vendían aquí las camisas»5 establecea industria nun pequeno baixo de cen metros cadrados, con oito traballa-doras, cinco máquinas de coser, unha de poñer ollais e dúas mesas, unhapara cortar e a outra para pasar o ferro.

a falta daquel estudo do que falaba o propio regojo pasoulle facturaao camiseiro de Fermoselle, pois mesmo a pequena escala da produción,unhas seis ducias de camisas diarias, non daba atopado saída. tratábasede camisas finas, cunha relación calidade/prezo moi pouco favorable encomparación con outras que se vendían no mercado español, e que, paraser destinadas aos segmentos superiores do mercado carecían dunha marcaou procedencia recoñecida. regojo tivo que reorientar rapidamente o ne-gocio cara a segmentos inferiores do mercado que se puidesen vender aprezos mais accesibles. tras dun par de anos difíciles consegue abaratarestes últimos e converterse en fabricante de camisas populares. no mediochegaría a utilizar recursos bastante choqueiros para darlles saída ás súasprimeiras producións, como por exemplo o de enviar a produción a ma -drid, e distribuíla desde a capital como fabricada alí, mesmo enviandoparte dela de novo a galicia.6

nas vésperas da guerra civil o negocio de regojo medrara e contabaxa cun centenar da persoas traballando para el, unha parte delas dentroda fábrica e outras a domicilio, o que permitía abaratar custos para untipo de camisas que debían estar ao alcance de todos. a crecente cantidadede tecido que empregaba a empresa redondelá procedía das fábricascatalás, tradicionais provedoras destas materias primas. ao mesmo tempo,distribúe tamén produtos como camisetas, boinas e camisas de percal pro-cedentes de portugal, da firma «t. pendras & J. r. regojo», na que seguea manter a súa participación.7 regojo é pois fabricante mais tamén alma-cenista de por xunto de produtos téxtiles, e non exclusivamente dos seus.

o estouro da guerra Civil significou a división de España en dúaszonas incomunicadas economicamente entre si. as zonas máis industria-

507José Regojo Rodríguez

5 rEgoJo (1990: 51).6 El Pueblo Gallego, 05/05/1929.7 aHrg, atado citado.

Page 494: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

lizadas quedaron maioritariamente no bando fiel á legalidade republi-cana mentres que as subministradoras de produtos agrícolas, gandeiros epesqueiros fixérono nas dos sublevados. nunha e noutra zona as autori-dades tiveron que se empregar a fondo en desfacer o proceso de especia-lización rexional que se consolidara o século anterior co tendido da redeferroviaria, tratando de lograr a máxima autosuficiencia ao servizo doesforzo de guerra.8 regojo viuse afectado en dous sentidos por esta novadivisión do territorio e en ambos favorablemente.

o primeiro efecto que se percibiu en galicia dunha tal división foi ainterrupción dos pagos das mercadorías que anteriormente lles vendía ásrexións da zona republicana, algo que lles afectou negativamente a tra-tantes de gando ou conserveiros. pero esta interrupción dos pagos funcio-nou para outros industriais en sentido contrario. regojo, por exemplo,que tiña vencementos graduais nos meses seguintes a favor de variosfabricantes cataláns de téxtiles dos que se subministraba, viuse relevadodas súas obrigas de realizar estes pagos, e puido dispoñer de tales recursospara outros efectos, como a ampliación do seu xiro para satisfacer o cre-cemento da demanda dun produto como era a confección, que procedía—como todo o ramo— dunha Cataluña que se declarara republicana.localizada a maior parte das fábricas téxtiles e de confección naquelarexión, agromaba unha inmensa oportunidade para a creación ou para ocrecemento das factorías deste sector que xa existían na zona franquista.Especialmente para estas últimas. daquela, o acerto estratéxico deregojo foi o de se orientar ao eido no que a demanda de confección eramáis inapelable nunha situación de guerra: os uniformes e equipamentodos combatentes. para isto cumpría ser o primeiro e cumpría ter os con-tactos precisos. pero este non era para José regojo ningún problema.

En efecto, o industrial de redondela, que, como dixemos, continuaraacudindo con frecuencia a lisboa logo da súa instalación en redondela,e que mantiña alí os seus irmáns e mesmo intereses propios, trabara todoao longo da súa traxectoria un feixe de amizades que lle serían de enormeutilidade, como tamén o serían algunhas outras adquiridas xa en galicia,para acceder aos responsables da subministración de uniformes e calzado

508Empresarios de Galicia

8 Catalán(2006); Carmona e nadal (2005).

Page 495: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

para o exército de Franco. por exemplo, o seu antigo amigo manuel Cordoboullosa, era xa daquela un home clave nun sector estratéxico desde opunto de vista militar como era o petróleo; outro amigo, o antigo galeguistaasdrúbal Ferreiro, foi un dos homes máis próximos a andrés amado, quedesde outubro de 1936 presidiu a Comisión de Facenda da xunta técnicado Estado, que viña sendo o consello de ministros do bando franquista.9E mesmo o propio xeneral sanjurjo, monárquico como el, a quen trataradurante o exilio que este mantivo en portugal tras do intento de golpe deestado de agosto de 1932. sanjurjo finaría, como é ben sabido, nun acci-

509José Regojo Rodríguez

9 rEgoJo (1983).

Panorámica da fábrica decamisas Regojo de

Redondela contra 1945 (cortesía do Concello de Vigo, Arquivo Pacheco)

Page 496: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

dente de aviación o día 20 de agosto de 1936, cando ía poñerse á fronteda sublevación; pois ben, cando rematada a guerra, en agosto do 1939, serealiza o traslado desde lisboa dos restos do xeneral, entre todo o balbordode coroas oficiais que ían canda aquel no tren que o trae da capital por-tuguesa só hai tres dos «amigos del general sanjurjo»; unha delas é a deJosé regojo.10

descoñecemos a importancia ordinal que tiveron estes contactos naconsecución do que sería o principal factor que o converteu nun dos máisimportantes confeccionistas españois, e se cadra foi en realidade a sumade todos eles, mais o certo é que a finais de xullo de 1936 José regojo pui -do comezar rapidamente os contactos para conseguir a contrata de sub-ministración de uniformes e calzado militar para o exército de Franco,logo dunha entrevista en burgos co intendente xeneral do exército, mi -guel gallego ramos.

mais non abondaba con conseguir a contrata, cumpría poder acadaras enormes cantidades de tecidos e de pel necesarias para a súa transfor-mación en uniformes, botas e cartucheiras e ademais era preciso organi-zar a fabricación. E regojo estaba, unha vez máis, nunha posiciónestratéxica. Cortadas as subministracións de Cataluña, na España deFranco resultaba moi difícil dispoñer dos tecidos precisos para os unifor-mes, pero unha boa alternativa, a máis próxima de todas, resultaba por-tugal. a menos de douscentos quilómetros de redondela estaba vilanova de Famaliçao, o principal centro téxtil portugués, e regojo acadoumoi axiña a través dos seus amigos de portugal, o crédito preciso da fami-lia Ferreira, que tiña no lugar de riba d’ave unha das máis importantesfábricas de tecidos de algodón de portugal, con 700 teares mecánicos emáis de 1300 empregados, así coma participacións noutras varias empre-sas do sector.11 o propio regojo recoñece nas súas memorias que:

510Empresarios de Galicia

10 El Pueblo Gallego, 20/10/1939; La Vanguardia, 20/10/1939.11 FErnandEs (2003). narciso Ferreira fora o fundador da saga, e na altura na que

estoura a guerra Civil española o cabeza do grupo empresarial era o seu fillo delfim, que foidurante a última etapa da súa vida o propietario da portuense quinta de serralves onde hoxese atopa o coñecido museo.

Page 497: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tuve siempre durante la guerra grandes facilidades para la importación,pues me las daban las autoridades de nuestra zona, por ser proveedor delEjército (….) como era conocido y gozaba de buen crédito en la industriatextil de aquel país y muy en especial con el grupo Ferreira, tuve mas opor-tunidades para la adquisición de mercancías que cualquier otra empresacompetidora. a decir verdad, el gobierno de Franco llegó a deber al grupoFerreira muchos millones de pesetas, de las cuales era yo, como mediador,responsable subsidiario. no es de extrañar, por todo esto, que, al términode la guerra, fuera la mía una de las empresas textiles más importantes deEspaña.12

no que atinxe á maquinaria, no eido da confección, como noutrosmoitos, a intendencia incautouse de toda a que puidera ser posta ao servi -zo do esforzo da guerra, o que quere dicir que regojo contou non só coamaquinaria propia e a que de seu puido conseguir senón que contoutamén coa proporcionada pola intendencia militar procedente de incau-tacións. E no que atinxe á organización da fabricación, regojo amosouunha enorme habilidade para chegar a acordos con outros fabricantes epara establecer unha ampla rede de talleres en zonas próximas a redondelaque permitiran non só externalizar algunhas fases do proceso senón taménactuar como talleres para o proceso completo de fabricación.

outra das estratexias desenvolvidas por regojo durante a guerra foi ade avanzar na integración vertical da súa industria, comezando a producirel mesmo os tecidos que logo convertería en camisas e outros produtos.a primeira das iniciativas neste sentido foi a adquisición dunha pequenafábrica de tecidos en zamora a un industrial catalán, manuel torresCanals, que sería a súa primeira punta de lanza en zamora, que ampliaríaposteriormente coa adquisición da fábrica situada no antigo convento desan Jerónimo. a segunda sería a constitución dunha sociedade cun fa-bricante de tecidos de fío e algodón de padrón —gerardo roa lago—de xeito que daría entrada tamén a un técnico en téxtiles, baixo a deno-minación de textil gallega, unha empresa que aínda que de pequenadimensión sobreviviría á guerra Civil.13

511José Regojo Rodríguez

12 rEgoJo (1990: 55).13 rexistro mercantil da Coruña, Sociedades, ano 1938.

Page 498: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a oferta de pel para a elaboración de botas e cartucheiras tamén llesorría a regojo fronte a posibles competidores, pois galicia era aíndaunha importante produtora de coiros.14 ben era certo que perdera o lide-rado fronte a Cataluña algúns anos antes, pero agora coas fábricas deIgualada no outro bando da guerra, galicia representaba a maior concen-tración de establecementos de curtumes aos que podían recorrer os aspi-rantes a prover o exército de Franco. regojo arrendou dúas fábricas decoiros, unha en pontedeume e outra en pontevedra, no lugar de pontebora, e finalmente estableceu outra nova de calzado na propia redon-dela. ademais disto mercoulles no curso da contenda os seus produtos aoutros curtidores de diversos puntos de galicia.

512Empresarios de Galicia

14 Carmona e FErnándEz (2003).

José Regojo (mans no peto) na fábrica de máquinas decoser Refrey de Bouzas, ca.1950 (cortesía do Concello de Vigo, Arquivo Pacheco)

Page 499: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

o resultado de toda esta actividade foi que José regojo forneceu oexército de Franco non só de uniformes senón de calzóns, botas, cartu-cheiras, cintos, mantas, sabas e todo o que tivera que ver co universo doequipamento non armamentístico dos combatentes. E que para istomobilizou non só multitude de pequenos talleres da comarca ou simple-mente costureiras senón que tamén contou co traballo de poboaciónsreclusas como as que estaban confinadas por motivos políticos nos penaisde san simón e Figueirido, onde máis de cincocentas persoas traballaronpara el durante a guerra; finalmente tamén contou cos talleres de cos-tura organizados pola sección Feminina. mais de 6000 persoas traballa-ban para regojo ao servizo do esforzo de guerra.

Da guerra á autarquía: Regojo entre 1939 e 1959

ao remate da guerra Civil, regojo é o principal fabricante de roupafeita de España. pero ten unha debilidade fundamental, a súa dependenciadas contratas do exército, que evidentemente non se van manter nos niveisda guerra. a estratexia do industrial redondelán é a de reconverter o seunegocio á economía da paz, aínda que se trate dunha paz moi especial,a paz da autarquía, unha época como será a dos primeiros vinte anos dogoberno de Franco, caracterizada pola aguda intervención da economía,pola escaseza de alimentos e materias primas e polo illamento internacional,que se traducirá nunhas enormes eivas para conseguir maquinaria, paraimportar elementos de fabricación e materias primas ou para exportarprodutos manufacturados.

a primeira orientación que preside a nova estratexia de José regojoé a de ir abandonando as actividades no sector da pel. tratábase dun sectorno que non tiña unha especial capacitación e que, ademais, presentabaunhas pobres perspectivas de éxito na paz, pois agora volvían funcionaras fábricas catalás, que eran máis modernas e que dispoñían de máis eco-nomías externas, pois estaban máis próximas ás de materiais curtidores eaos principais centros de consumo.15 deste xeito, regojo abandona primeiro

513José Regojo Rodríguez

15 Carmona e FErnándEz (2003); Carmona e nadal (2005).

Page 500: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a fábrica de pontedeume, e ao remate da segunda guerra mundial, a deponte bora e a de calzado de redondela.

a segunda será a de asumir o proxecto político da autarquía no eidoda empresa. así tratará de fabricar dentro do seu interior todo o precisopara o ciclo de vida dos produtos de confección. deste xeito, tratará deaumentar a súa presenza no sector de elaboración de tecidos para o quemerca en zamora unha fábrica de máis dimensión, dedicada a fiados etecidos, que pasará a dirixir manuel regojo e que estará destinada afornecer a factoría de redondela.16 regojo chega a concibir o proxectode adquirir leiras en Estremadura dedicadas á plantación de algodón paraevitar a dependencia de provedores externos, pero finalmente desbota estaposibilidade, ante o pouco éxito doutras iniciativas no sur de España.posto que a maquinaria téxtil, e fundamentalmente os teares, apenas sefabricaban naquel momento en España, regojo decide que na fábrica defundición anexa de que dispón a factoría zamorana se instale unha fábricade teares. a fundición zamorana subministraralles teares ás empresas deregojo, e mesmo para non manter as instalacións infrautilizadas venderallesa outras empresas.

dentro do proxecto de autosuficiencia empresarial do industrial re-dondelán nace tamén a súa implicación no sector da construción. as su-cesivas ampliacións das súas instalacións foron a partir de 1950 desenvolvidaspor un José regojo convertido no que el mesmo chama «contratista deobras».17 Comezaría coas últimas naves da fábrica de redondela naquelano e de aí pasaría a «aceptar encargos y concurrir a licitaciones»: cons-trución da nave de pepsi Cola en vigo, contratas no concello de redondelae diversas construcións especialmente na cidade olívica, entre as que cóm-pre salientar as numerosas realizadas na actual travesía de vigo, estas úl-timas xa na década seguinte.

Contra 1945 o imperio regojo ten, xa que logo, dúas pólas princi-pais. dunha banda, a zamorana, onde conta coa fábrica de fiados e teci-dos e coa de fundición para teares e repostos de maquinaria téxtil. daoutra, a de redondela, que se dedica á confección de cabaleiro, nomea-

514Empresarios de Galicia

16 a.a.v.v. (2003: 108 e 142).17 rEgoJo (1990).

Page 501: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

damente camisas, e que incorpora tamén unha importante sección detinturas e estampados. dispoñía naquela altura de tres máquinas de serra,oito tesoiras eléctricas, 105 máquinas de coser industriais, 25 ferros depasar eléctricos e 18 máquinas de facer ollais. a súa capacidade de pro-dución, no caso de fabricar un só artigo era dun millón de camisas, douse medio de calzóns, 350.000 fundas e 300.000 uniformes do exército.18

na fábrica traballarían segundo un informe do Consello de Industria 251traballadores, na súa maioría mulleres.

na Curtidora gallega, que era esta a razón social do negocio de coiroe calzado, traballaban en redondela 102 operarias, o que representa unben importante tamaño para unha fábrica deste tipo na época e podíaproducir simultaneamente nun ano 45.000 pares de botas ou zapatos,450.000 unidades de correaxes, 300.000 de cartucheiras e 150.000 paresde polainas. En definitiva, que as fábricas de redondela, que en 1945mantiñan a capacidade da época da guerra podían vestir nun ano a apro-ximadamente 300.000 soldados.

no que atinxe á política de produto, nunha época como era a autar-quía, de escaseza e miseria, a fabricación da empresa redondelá, se que-ría ser en serie, tiña por forza que se manter nos mesmos patróns dapreguerra, os dun produto barato e de alcance popular. En todo caso, epaseniñamente, fóronse introducindo algúns produtos de maior calidade,para os que se utilizaban non os tecidos procedentes da zamora Indus-trial, senón das fábricas catalás. a distribución realizábase por medio deviaxantes, que visitaban os retallistas das principais cidades españolas;curiosamente José regojo nunca se decidiu a distribuír directamente osseus produtos mediante a integración de puntos de venda propios.

a mediados dos anos cincuenta, cando a competencia comeza aarrancar no sector, regojo decide establecer tamén a fabricación de fia-dos e tecidos en redondela,19 e realiza importantes esforzos cos seus fi-llos e co que era encargado xeral da empresa —Juan Ipiña otero— paradesenvolver procedementos propios de mecanización de diversas fases doproceso produtivo. o resultado sería un feixe de patentes rexistradas entre

515José Regojo Rodríguez

18 ConsEJo dE IndustrIa (1945).19 ConsEJo dE IndustrIa. Informes anuales. ano 1955. provincia de pontevedra.

Page 502: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1955 e 1960 en máquinas para pasarlles o ferro aos puños, para corte dosfíos de pezas de vestir xa rematadas, para dobrar, para fiar, etc., das quealgunhas chegaron a ser construídas na fundición de zamora e instaladasna fábrica daquela cidade e na de redondela.20 neste eido da maquina-ria cómpre salientar o papel positivo que xogaron os regojo no primeirodesenvolvemento da fábrica boucense de máquinas de coser refrey. paraesta importantísima empresa —fundada pola familia Freire— unha dasdúas únicas que fabricaban en España este tipo de produto mecánico,regojo era o banco de probas onde se experimentaban algúns dos seusmodelos, así coma un dos seus primeiros e máis importantes clientes.

o industrial redondelán tivo coa súa esposa rita otero, sete fillos.Catro mulleres e tres homes. das mulleres, destaca o caso da maior, rita,nacida en 1929 e que, seguindo a tradición letrada da familia da súa nai,estudou peritaxe en vigo e profesorado mercantil na Coruña. Integrousena empresa contra 1947 e desempeñou un papel moi destacado na súaxestión xa que exercía como directora financeira e durante anos foi só ela—e José evidentemente—, quen tiña sinatura nela. dos tres homes, Juanángel, José e pedro, nacidos respectivamente en 1933, 1936 e 1939, dousdeles estudaron enxeñaría téxtil en barcelona e o terceiro, José, peritaxemercantil, e pasaron tamén ao remataren as súas carreiras a se incorpora-ren á empresa.21

durante toda esta xeira o grupo empresarial de José regojo manténa forma de empresa individual, e só no ano 1958, adopta a forma desociedade. nese ano aparece por primeira vez no rexistro mercantil,como unha compañía dedicada á «compraventa de tejidos, cualquierotro negocio relacionado con dicho ramo, incluso confección de prendasy cualquier otro lícito». os seus socios son ademais de José regojo rodrí-guez, o veterinario gabriel sánchez mateos e a dentista teresa ocampootero. o capital é de 200.000 pesetas, das que 160.000 lle correspondenao industrial.22 pero o mantemento dunha empresa do tamaño da redon-delá como empresa individual non semella que desentoase con algunhas

516Empresarios de Galicia

20 oFICIna dE patEntEs y marCas, patentes núm. 19.249, 25.709, 34.623, 34.625, etc.21 a.a.v.v. (2006: 145 e 146).22 rExIstro mErCantIl dE pontEvEdra, Sociedades, libro 52, fol. 192.

Page 503: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Traballadoras da fábrica de camisas Regojo contra 1965

outras formas do personalista aquel de dirixir a empresa que tiña Joséregojo, que se gababa de elixir os seus empregados mirándolles aos ollosou de non levar os libros oficiais de contabilidade.23

Os cambios económicos e sociais dos anos sesenta e setenta e as dificultades de adaptación do imperio Regojo

o comezo da liberalización económica de finais dos anos 1950 e orápido crecemento económico e apertura ao turismo que se produce enEspaña na década seguinte provocaron importantes cambios nos hábitosde consumo de produtos téxtiles. o aumento do nivel de vida implicaba

517José Regojo Rodríguez

23 Entrevista en la Voz de Galicia, 08/07/1990; a.a.v.v (2006: 168).

Page 504: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

unha orientación da demanda cara a produtos de maior calidade e pre-sentación; o turismo representaba hábitos e influencias novas no vestido;a propia transformación das canles de distribución retallista na queirrompían os grandes almacéns e cadeas de tendas implicaba taménnovas relacións entre os fabricantes e os propietarios dos puntos de venda.

regojo seguía a presentar a finais dos cincuenta un perfil demasiadoligado aos produtos populares típicos da etapa autárquica: tecidos tradi-cionais, escasa diferenciación, posicionamento en segmentos baixos domercado, o que esixía un golpe de leme para situarse na nova situacióndos sesenta. doutra banda, a vella pretensión autárquica do patriarca, deintegración vertical desde o fiado ata a confección, viña a representarunha estrutura moi ríxida que dificilmente permitía aquelar a obtenciónde economías de escala en cada un dos seus chanzos. as novas empresasda confección tendían a dotarse dunha rede de provedores ampla ediversa no que atinxe a tecidos, un obxectivo que lle servía mellor ao mer-cado ca a empresa integrada.

no ano 1961 redondela sofre un impacto descoñecido. a súa em -presa emblemática, principal fonte de ocupación e imaxe da prosperida -de local, presenta un expediente de crise. ao ano seguinte presenta ose gundo. o arrefriamento da economía española ocasionado polo plande Estabilización de 1959 afectaralles a todas as industrias de bens de con-sumo, e regojo non foi unha excepción: stocks que acadaban cifras dametade da produción do ano anterior poñían en primeiro plano a necesi -dade de atopar un novo rumbo para a empresa redondelá. o propio expe-diente de 1962 inclúe xa como unha das súas motivacións, ademais dafalta de venda dos stocks do ano anterior, a realización das transforma-cións precisas para dedicarse á fabricación de «camisería fina».24

a empresa redondelá tratará así, a partir de 1962 de entrar no segmentoda camisaría de maior calidade. deste xeito, van tratar de presentar unhacamisa que combine a utilización dun tecido que se presenta como novo,que ofrece unha característica que permite ser asociada cun grande avancetecnolóxico. trátase dun tecido que non se enrruga e que, xa que logo,

518Empresarios de Galicia

24 arQuIvo HIstórICo dE pontEvEdra (aHppo), Sindicatos, sindicato textil, atadosen catalogar, expedientes núm. 51/61 e 6/62.

Page 505: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

519José Regojo Rodríguez

Publicidade das camisas Dalí de Regojo do ano

1963

Page 506: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

25 La Vanguardia, 06/09/1962.

Panorámica da fábrica principal de Regojo enRedondela, xa pechada eabandonada no ano 1995

Empresarios de Galicia 520

lle aforra á ama de casa tradicional unha das tarefas máis odiadas: a pasadado ferro. para estes efectos, e conscientes José regojo e os seus fillos daimportancia da marca e da publicidade neste segmento do produto,chegarán a un acordo co artista catalán salvador dalí para que sexa o seunome, un dos símbolos da cultura española da época, o nome que adoptaráeste tecido así coma a marca das novas camisas de regojo. pedro regojoasinará en Cadaqués —vila de residencia do pintor— o contrato de cesiónda marca o día dous de febreiro do 1962.25 a propia sinatura do acordo

Page 507: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José Regojo Rodríguez 521

vai xa canda un forte esforzo publicitario en toda a prensa española, noque se presenta o artista catalán en pleno alarde de excentricidades comoabandeirado da cibernética e mesmo, entre liñas, como inspirador donovo tecido.

a nova camisa pasará a venderse non só nos tradicionais comerciosretallistas senón que tamén pasará aos andeis dos grandes almacéns, talescomo galerías preciados ou El Corte Inglés, que naquela altura sonsímbolo da modernidade na distribución deste tipo de produtos.

desde o punto de vista da mercadotecnia, a campaña dalí resulta unimportante éxito, pois consegue situar a camisa nunha posición preferenteno mercado, e convértea nun novo símbolo da factoría de redondela.para o conxunto do grupo e desde o da produción e os lucros, os resultadosdos anos sesenta serían moito máis limitados, nomeadamente porque afábrica de zamora, que non está adaptada á fabricación do novo tecido,atopa dificultades para introducir no mercado as teas que antes consumíaredondela; así pasa dos máis de cincocentos traballadores que tiña a finaisdos cincuenta a aproximadamente os cento cincuenta contra 197026 e apechar pouco tempo máis tarde.

pouco despois de producirse o lanzamento da nova camisa, o funda-dor, que tiña daquela sesenta e catro anos, decide cederlles o protago-nismo aos seus fillos e retirarse. pero, típico empresario emprendedor einesgotable, resulta ser incapaz de resistir sen acudir diariamente aonegocio. En 1964 monta pola súa conta, unha fábrica distinta na queentreter os seus ocios. vaino facer na mesma liña que el imprimira pou-cos meses antes na fábrica de sempre: novo tecido e novo tipo de produto.Confecciones niza, que así se denominaría a nova empresa que esta-blece tamén en redondela, nace utilizando como tecido base o nailon,e dedicada nomeadamente a pezas de vestir interiores femininas. Cuninvestimento elevado alcanza moi axiña unha nómina de seiscentas ope-rarias. o experimento é un fracaso absoluto xa á altura de 1967, que con-segue superar momentaneamente grazas á unha contrata de camisas parao exército. pero ao rematar esta, Confecciones niza cae nunha situaciónque o inspector de traballo que intervén no correspondente expediente

26 ConsEJo EConómICo sIndICal provInCIal dE zamora (1971: 185).

Page 508: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

de crise que se incoa en 1969 cualifica de «caótica».27 non só porque sechegaran a vender batas de nailon por debaixo do seu prezo de custosenón porque para atender a contrata militar se establecera todo un sis-tema de «centros de trabajo» satélites (textil alex, Confecciones pardi-ñeiro, Confecciones a. Crespo, Confecciones Concepción regojo,Confecciones parker…) sen ningún tipo de autorización, que, en reali-dade formaban parte de niza e que agora resultaban de difícil inclusiónno expediente.28 nese ano José regojo abandonaría definitivamente assúas industrias do ramo téxtil, que quedarían nas mans dos fillos.

de todas as grandes empresas españolas do sector, a redondelá eraunha das que precisaba dun maior esforzo de adaptación ás novas cir-cunstancias da época. pero os anos sesenta e setenta foron especialmenteduros para un sector como a confección que batía cos elevados prezos —en termos internacionais— duns tecidos españois protexidos polo arancele que mantiña unha estrutura minifundista e unha produtividade reducida.o aumento da competencia nos anos sesenta e setenta, co comezo da im-portación de camisas e outras pezas de vestir, que se agudizaría nos anosseguintes, esixía unha estratexia moi innovadora e un enorme investimento,que non puideron facer a maioría das empresas do sector. regojo foidurante os anos setenta descapitalizándose progresivamente ata chegaren 1978 a unha situación na que non dispoñía de recursos nin de créditopara adquirir as materias primas precisas para a tempada. o ministeriode traballo ofreceu a posibilidade de outorgar un crédito para financiara compra destas últimas coa condición de que se formase unha sociedadeanónima laboral. Formouse esta, dando lugar a telanosa, pero no mediode tales conflitos e problemas entre os antigos propietarios e os traballadoresque os recursos achegados polo ministerio valeron de pouco. a situaciónfoise deteriorando ata o peche definitivo en 1987. Entre o expediente decrise de 1969 e o peche final de 1987 foran pechando os diversos centrosde traballo do grupo, nunha agonía que durara case vinte anos.

522Empresarios de Galicia

27 aHppo, Sindicatos, sindicato textil, atado sen catalogar, expedientes núm. 5/69.28 o motivo polo que se recorrera a estas empresas, todas elas de aproximadamente 45

traballadores era, como indicaba a propia inspección de traballo o de que a empresa con-servase o dereito de opción nos casos de despedimento inxustificado.

Page 509: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

José regojo —retirado xa desde 1969 do sector téxtil— finaría no ano1993, tras dedicarse nos últimos anos da súa vida a negocios de constru-ción e de ostricultura.

523José Regojo Rodríguez

Bibliografía

a.a. vv. (2006): La familia Regojo (Los Co-rales de Fermoselle), zamora.

Carmona, x., e m.ª t. FErnándEz (2003):A Compostela industrial. Historia e pe-gada das fábricas de coiro en Santiagode Compostela, santiago de Compostela,Consorcio da Cidade de santiago.

Carmona, x., e nadal, J. (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de historiaindustrial, 1750-2000, a Coruña, Fun-dación pedro barrié de la maza.

Catalán, J. (2006): «guerra e industria enlas dos Españas, 1936-1939», en p. mar-tín aCEña, e E. martínEz ruIz (eds.):La economía de la Guerra Civil, madrid,marcial pons.

ConsEJo EConómICo sIndICal provInCIal

dE zamora (1971): Estructura y proble-mas del desarrollo económico de Zamora,zamora.

FErnandEs, F. (2003): Fortunas & Negocios.Empresarios portugueses do século XX,lisboa, oficina do livro.

mInIstErIo dE IndustrIa y ComErCIo.ConsEJo dE IndustrIa (1945): Mo-mento actual de la industria en España.Provincias de Pontevedra y La Coruña,madrid.

rEgoJo, J. (1990): Recuerdos de mi vida, re-dondela.

Page 510: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

BARTOLOMÉ FREIRE LAGO1904-1997

Page 511: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

a mediados do século xvIII galicia contaba con máis de vinte ferraríasque reducían o mineral de ferro e o convertían en barras ou lingotes quelles vendían a machucos e ferreiros de forxa, que o quecían de novo econvertían en puntas, potes, tixolas, fouces e outros trebellos agrarios. amaioría das ferrarías estaban no Courel, onde había abondosas fragas paracarbonizar e un par de minas de ferro, roquis e Formigueiros, que fornecíano mineral. as forxas, que lle daban cabo ao proceso, estaban bastante dis-tribuídas por galicia, pois tendían a achegarse á demanda. no medio, osmachucos, nin estaban tan concentrados no Courel como as ferrarías nintan dispersos coma as forxas. Espallábanse polo Courel, pola zona nor-oriental da provincia de lugo, pola zona oriental da de ourense e polointerior da Coruña.1 nesta última existía unha parroquia que destacabaextraordinariamente sobre o resto, era santiago de sere das somozas, ac-tualmente as somozas. alí existían cinco machucos movidos por auga etrinta e catro ferreiros que aquelaban o seu traballo neles co da agricultura

Xoán Carmona Badíauniversidade de santiago de Compostela

FREIRE HERMANOS E MEGASA, A CARA AMABLE DA RECONVERSIÓN INDUSTRIAL*

* agradecemos a axuda prestada por Francisco e Enrique Freire arteta e por andrésFreire lago, que non só nos facilitaron materiais, senón que nos dedicaron o seu tempo enos brindaron a maior cordialidade.

1 Carmona e nadal (2005).

Bartolomé Freire Lago(cortesía da familia Freire)

Page 512: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

e a gandaría. un dos machucos estaba situado a pouca distancia da Igrexaparroquial, polo que a xente se refería a el como o machuco da Igrexa.pertencía a un tal Juan de santiago, e un dos que traballaban alí era JosephFreire.2 os descendentes deste último remataron por se faceren co machucoda Igrexa e continuaron durante tres xeracións dedicados á fabricaciónde trebellos agrícolas de ferro que vendían nas feiras. a comezos do séculoxx, cando a siderurxia tradicional en galicia estaba ben esmorecida, aíndaun bartolomé Freire Echevarría, seguía traballando no machuco e indopolas feiras, unha tarefa na que moi axiña se vería acompañado polo maiordos seus fillos, bartolomé Freire lago. dous fillos e un sobriño, desteúltimo dirixen hoxe, no ano 2009, unha das máis importantes empresassiderúrxicas españolas, metalúrgica galaica (mEgasa), unha das poucasprodutoras de aceiros comúns que non foron adquiridas durante estes úl-timos anos polo xigante arcelor-mittal.

Os primeiros pasos de Bartolomé Freire Lago

bartolomé Freire lago naceu o día 21 de maio de 1904 no que daquelaera xa lugar do machuco, no concello das somozas e foi o maior doshomes dunha familia de dez irmáns. asistiu á escola que tiña unha tíasúa a certa distancia da súa casa, ao mesmo tempo que atendía á agriculturae axudaba o seu pai no traballo do ferro, e acudía na súa compañía avender nas feiras. moi novo marchou á Coruña, onde comezou a traballarnun almacén de ferros e logo na Compañía de tranvías, que viña daquelade substituír os cabalos pola electricidade para mover os seus vagóns.

ao facer os vinte anos emigra a Cuba, onde, como era de agardar, tra-balla de ferreiro nun taller de carruaxes e logo na Estación Central deFerrocarriles da Habana. seguía tamén con isto a tradición familiar poiso seu avó fora ferreiro na illa e chegara a ser encargado do taller de forxado estaleiro daquel porto. só nos seus últimos tempos na illa afastarasebartolomé do oficio familiar empregándose de dependente nun comerciode comestibles que uns emigrantes das somozas tiñan na zona do porto,

2 Catastro de Ensenada, sere das somozas, respuestas generales, en archivo generalde simancas, Dirección General de Rentas (2ª remesa), atado 156.

Empresarios de Galicia 526

Page 513: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

do que chegará a ser encargado. deste establecemento diría posteriormentebartolomé Freire, que fora alí onde fixera o seu máster en comercio,porque o de industria xa o fixera co seu pai. logo de sete anos de estanciacaribeña decide regresar, como a maioría dos emigrantes daquel entón,con experiencias moitas e diñeiros que non se correspondían con elas. íadaquela o ano 1931, e viña de se proclamar en España a II república.

tras dun breve prazo traballando outra vez co seu pai no oficio fami-liar, o mozo das somozas decide establecer un negocio de seu no ano 1933en xuvia, nunha leira de cincocentos metros cadrados que alugaría nabeira dereita do río de igual nome. naquela altura, as instalacións indus-

Bartolomé Freire Lago 527

Primitivo taller de laminación situado na

estrada de Castilla, anteriorá construción de MEGASA.Á dereita, Bartolomé FreireLago e o su pai (cortesía da

familia Freire)

Page 514: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

triais do arsenal de Ferrol estaban arrendadas á sociedad Española deConstrucción naval, a Constructora naval como era popularmente coñe-cida, unha empresa que en realidade era filial da inglesa vickers, quelevaba con elas desde 1909, e que desde aquela mantivera unha importan-tísima actividade de construción e reparación de buques de guerra enaceiro.3 bartolomé Freire matinou na posibilidade de aproveitar os recortese outros restos da chapa de aceiro de cascos, caldeiras e outros elementosmetálicos dos buques, así coma de lugares destinados ao desmantelamentocomo base para o seu negocio. nun cativo cuberto de madeira e dotadodun pequeno motor de tres Cv, dunha maquinaria rudimentaria e dunúnico empregado comeza a súa carreira empresarial cortando en tiraspezas de chapa usadas, que logo lles vendía aos ferreiros da zona para o seuuso na elaboración de fouces e outros apeiros agrícolas. Comeza así taména súa actividade como pequeno almacenista de ferros: revende non só ostransformados resultado da súa actividade senón tamén outros produtosdiversos do mesmo ramo adquiridos a outros almacenistas.

máis chatarraría ca fábrica, pero o certo era que a actividade medrabae en 1937 bartolomé Freire merca un soar na estrada de madrid, a carónda estación do ferrocarril Ferrol-xixón, no que establece un xa amplo al-macén e, nun local ao seu carón, un novo taller ao que traslada a maqui-naria do anterior. neste último ademais de cortar pezas de chapa comezatamén a estirar tubos procedentes de buques desmantelados para a súareutilización cun diámetro inferior. de aí pasaría a elaborar os remachesque se utilizaban daquela na construción naval para unir as distintas pezasde chapa de aceiro que compoñían os cascos, nunha época na que pre-dominaba aínda este sistema sobre o posterior da soldadura.

ao remate da guerra civil incorpóranse á empresa dous dos seus irmánsmenores, José e benito Fernando, cos que pouco máis tarde, en 1943,constituirá bartolomé Freire a primeira sociedade familiar, Freire Hermanossociedad limitada, cun capital dun millón de pesetas. Coa incorporacióndaqueles, almacén e taller multiplican a súa actividade e os irmáns Freiretratan de impulsar a fabricación de remaches e parafusos, para o quemercan nova maquinaria. son anos de escaseza e intervención cuartelaria

3 lozano (1997).

Empresarios de Galicia 528

Page 515: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

das subministracións de ferros e aceiros e o arame novo procedente doslaminadores vascos está intervido e sometido a cota e resulta moi difícilde conseguir. os irmáns Freire deciden aproveitar a boa posición da quedispoñen no mercado de ferros usados aproveitables, que non están suxeitosa cota, e fabricalo eles mesmos a partir daqueles. deciden así adquirir untren de relaminado co obxecto de elaborar en quente, a partir de recortese ferros usados e defectuosos, perfís utilizables para a elaboración de pa-rafusos, porcas, remaches e outros produtos finais.

no ano 1948 —tras do inesperado pasamento dun dos socios, José—incorpórase ao taller outro dos irmáns, andrés, e quedan así coma sociosda empresa bartolomé, e os seus dous irmáns menores, Fernando eandrés. respectivamente doce e catorce anos menores ca bartolomé,estes dous últimos atoparan xa unha situación económica familiar quelles permitira acceder a unha formación moi superior á do seu irmánmaior, de xeito que o primeiro deles estudara a carreira de Farmacia e osegundo a de profesor mercantil. a partir daquel intre e durante o medioséculo seguinte os tres irmáns compartirían un destino, o do aceiro, eforon igualmente responsables do crecemento e do éxito da empresa. aoano seguinte, 1949, deciden transformar esta nunha sociedade anónima.Freire Hermanos tiña daquela instalados 320 Cv de forza motriz e o valordo seu activo andaba polos cinco millóns de pesetas, fronte ás pouco maisde cen mil que representaba dez anos antes. Contaba daquela con trestalleres, o de laminados, o de forxa e trefilado de tubos e barras, e, final-mente, o de axuste e mecanización, que ocupaban en conxunto a sesentatraballadores.4 tiñan tamén tres camións.

Metalúrgica Galaica, 1953-1974

o aumento da dimensión dos talleres metalúrxicos leva os irmáns dassomozas a segregaren os negocios de almacén de ferros e de fabricación,de xeito que a partir de 1953 Freire Hermanos pasaría a ocuparse da pri-meira destas tarefas, mentres que para a segunda se constituía unha so-

4 portoCobo (1949).

Bartolomé Freire Lago 529

Page 516: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 530

ciedade específica, que se denomina-ría metalúrgica galaica, igualmentecon forma de sociedade anónima.desta nova empresa, que tería comoobxecto social a «fabricación de tor-nillería y relaminación de hierros»,formarían parte os irmáns Freire lago,a propia empresa Freire Hermanos(na que só estaban tres deles), e ungrupo de familiares e empregados cua-lificados que recibiron accións demans do socio maioritario, que seguíaa ser bartolomé Freire. Entre os socioscontábase por exemplo o director téc-nico da nova metalúrxica, o enxeñeirocatalán J. Flores pérez ou o contablealfonso Castro. a tradicional socieda -de Freire Hermanos continuaría dedi -cándose ao almacenamento e á com-pravenda de por xunto de ferros comounha sociedade independente.

a creación de mEgasa, que seinstalou nuns terreos situados diantedo almacén, implicou o traslado dotren de laminación e a entrada da empresa noutro chanzo da cadea devalor do ferro, o da fundición. bartolomé, Fernando e andrés eran cons-cientes de que a actividade que desenvolvía dificilmente podía ter perspec-tivas de crecemento se non era nunha situación de escaseza e de interven-ción coma a dos anos corenta e comezos dos cincuenta, pero que tiña, entodo caso, de cara ao futuro un percorrido moi curto. nalgún momentoterían que se decidir por mercar a palanquilla (o semielaborado de aceiropara laminación) ou por producila eles mesmos. E optaron por isto último,por integraren verticalmente a produción de aceiro nas actividades daempresa; por pasaren de transformar ferros vellos a traballaren con aceirosnovos de produción propia ou, dito doutro xeito, por pasaren de relamina-dores a primeiros laminadores.

Page 517: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

desbotada por administrativa e fi-nanceiramente imposible a opciónde estableceren altos fornos, a tecno-loxía axeitada para elaboraren aceiropropio era a do forno eléctrico, queproducía lingote de aceiro a partirdunha mestura composta de chatarrae mineral. os irmáns Freire instalaronasí na súa nova empresa un daquelesartefactos dunha tonelada e media edobre cuba, que xa en 1955 amplia-rían a tres toneladas. o bo resultado

da experiencia levounos a mercar en 1959 outra das poucas empresas queen galicia dispoñían desta tecnoloxía, Ferrerías de arcade. tratábasedunha pequena instalación metalúrxica establecida na devandita localidadepontevedresa, que comezara a traballar no ano 1956 cun forno eléctricoe cun tren de laminación de perfís e chapas e cunha produción autorizadamoi modesta, de sete mil toneladas.5 o propietario das dúas terceiraspartes do capital era o industrial vasco Jesús Quesada barrio, que ocupabatamén o cargo de xerente da empresa, foi unha das vítimas do accidenteque o avión de aviaco que facía a liña regular vigo-madrid sufriu o díacatro de decembro de 1958.6 os irmáns Freire mercáronlle á viúva o 66%da participación do finado e convertéronse así en produtores de aceiro deprimeira fundición tamén nesta súa segunda factoría. Corría o ano 1959,vésperas do plan de Estabilización, que provocaría un arrefriamento dademanda, que supuxo un dos peores momentos na historia de mEgasa.

o elevado consumo de enerxía que representaba a introdución doforno animou os irmáns Freire a entrar na produción de electricidade.Fixérono construíndo unha central hidráulica no río Forcadas, no concellode valdoviño, cunha potencia instalada de 1600 kw. xa nos anos sesenta,cando a calidade e a continuidade da subministración eléctrica mellorara

5 Consejo de Industria. Informes anuais, 1955 e 1956.6 El Pueblo Gallego, 4-11 de decembro de 1958.

Bartolomé Freire Lago 531

Page 518: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

pola posta en funcionamento dos saltos do Eume e de belesar, a hidroe-léctrica do río Forcadas pasaría a acoplarse na rede de FEnosa.

os importantes cambios económicos da década de 1960 derrubarona demanda dalgúns dos produtos tradicionais elaborados polos irmánsFreire ao tempo que abriron oportunidades para outras liñas novas. o re-machado como método de unir as distintas pezas da chapa dos buquesfoi definitivamente substituído pola soldadura durante os anos sesenta;de feito, contra 1965 practicamente xa desaparecera dos principais estaleirosgalegos, motivo polo que mEgasa tivo que abandonar a fabricación deremaches. algo semellante aconteceu coa fabricación de parafusos, poisnesta época a simplicidade do proceso e as facilidades para dispoñer damateria prima, das que antes non se dispoñían, animou a entrada demoitas pequenas empresas especializadas na fabricación deste produto,polo que a competencia se fixo moi aguda. pola contra, nos anos sesenta,que foron anos de relativa expansión económica e de forte urbanizaciónen galicia e mais en España,7 medrou a construción urbana e a obra pú-blica, e disparouse a demanda dos redondos de construción, das variñas

7 CarrEras e taFunEll (2005); prados (2003).

Almacén de Freire Hermanos (cortesía da familia Freire)

Empresarios de Galicia 532

Page 519: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

de aceiro utilizadas para reforzar vigas e placas de formigón en edificiose obra civil. no caso concreto de galicia, a intensa construción de encorospara a explotación hidroeléctrica que se desenvolve por aquela épocaconstituíu tamén un importante mercado para a empresa de xuvia. FreireHermanos fixeron dos ferros para a construción o eixe da especializaciónde megasa xa desde comezos dos anos sesenta. Ferrerías de arcade espe-cializouse na laminación de diámetros finos e rolos, e así evitaba competircoa factoría matriz da empresa que o facía en redondos en barra.

Entre 1960 e 1969 o consumo de aceiro medra en España un 367%,o que é dicir que máis que duplica o conxunto do crecemento do índi -ce de produción industrial.8 as importacións comezan a medrar e o Iplan de desarrollo, que como é ben sabido decorre entre 1964 e 1967 vaicanda un plan siderúrgico nacional, que se estendería ata 1972, e quetrata de promover un crecemento da produción de aceiro que evite unhaprevista sangría da balanza de pagos consecuencia da progresiva tenden-cia importadora.9 o instrumento establecido para tal foi o denominadorégimen de acción Concertada para la Industria siderúrgica, polo queempresas e administración establecerían de común acordo obxectivos deexpansión para aquelas que se acollesen a este instrumento de fomentodo sector. En troques, recibirían créditos a prazos longos a tipos de xuroinferiores aos de mercado que poderían acadar ata o 70% dos investimen-tos previstos. a maioría das empresas do sector acolléronse a este réximee lanzáronse a unha case febril ampliación das súas instalacións, e istodeu como resultado un rápido crecemento da capacidade produtiva. osirmáns Freire decidiron non entrar nesta primeira fase da acción concer-tada,10 o que representou para eles un crecemento ben máis lento, peroben menos apancado. de feito, contra 1972 mantiñan unhas cifras deemprego semellantes ás de comezos da década anterior, o que é dicir uns170 operarios.11

8 mIranda díEz (1970).9 FErnándEz dE pInEdo (2008).10 EspInosa dE los montEros (1972).11 servicio sindical de Estadística (1972).

Bartolomé Freire Lago 533

Page 520: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

En realidade, os irmáns Freire puideron continuar o seu crecementoá marxe da primeira acción Concertada e con moderado endebeda-mento porque apostaron por unha estratexia de ampliación en dúas eta-pas, primeiro na aceiría e só máis tarde na laminación. a aposta polaaceiría comezara en realidade xa antes do plan de desarrollo, cando noano 1963 adquiriron un novo forno eléctrico de 10 toneladas, que llespermitía ampliar a súa produción de palanquilla de 5000 a 10.000 uni-dades, unha cantidade que eran quen de laminar cos seus propios recur-sos. o gran salto sería, en todo caso, no ano 1972 coa incorporación dunnovo forno general Electric de 35 toneladas que permitiría acadar as60.000 de produción anual do semielaborado (palanquilla), unha cifraxa moi superior á que podían absorber os trens de laminación tradicio-nais, o que situaría no primeiro plano dos obxectivos da empresa amodernización e a ampliación das instalacións de laminación.

Entre unha e outra ampliación da capacidade en fornos, introducironos irmáns Freire un dos avances máis representativos da evolución tec-nolóxica das aceirías por aqueles anos: a denominada coada continua.Este procedemento de realizar a coada do ferro, é dicir, de converter oaceiro líquido en palanquilla sólida, introducírase por primeira vez enEspaña no ano 1965, de xeito que cando mEgasa o adopta na súa factoríade narón catro anos máis tarde, eran moi poucas as empresas que o tiñanen España. a coada continua significaba unha importante redución dosdefectos na coada, unha maior homoxeneidade do produto semiacabado(a palanquilla) e un aumento da velocidade do proceso. Isto permitía au-mentar de forma substancial a produción do forno, operando ademais acustos variables máis reducidos que coa coada tradicional. Este procede-mento eliminaba ademais o traballo máis pesado que ata entón existíanunha aceiría, o que se coñecía como coada en placa.

A etapa exportadora e a entrada na acción concertada

durante os anos setenta a administración continuou a ofrecer axudaspara a modernización e o aumento da capacidade da siderurxia e, comonovidade, puxo en práctica importantes medidas de fomento das expor-tacións, que puideran dar saída aos excedentes de aceiros comúns orixi-nados polo forte crecemento da década anterior. o principal instrumento

Empresarios de Galicia 534

Page 521: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Inauguración do segundo forno eléctrico en MEGASA, ano 1963. No centro, con abrigo de espiguilla, está Andrés Freire; a carón da señora do centro, da outra beira, está Bartolomé Freire; máis á dereita, co pano branco no peto da chaqueta, Benito Fernando Freire (cortesía da familia Freire)

Bartolomé Freire Lago 535

Page 522: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

desta política foi a desgravación fiscal á exportación, que supuxo duranteesta década o 15% do seu valor; a carón deste instrumento, tamén estive-ron en vigor durante estes anos créditos á exportación e ao financiamentodo capital circulante.12 mEgasa e Ferrerías de arcade aproveitaron estaoportunidade e dirixiron ao exterior máis do 50% da súa produción deaceiro e redondos para a construción, de xeito que o porto ferrolán viusaír durante os anos setenta importantes partidas de aceiro da factoría denarón con destino aos países do norte de áfrica, do golfo pérsico e dapropia Comunidade Europea. nos momentos de máis exportación, che-gou esta a supoñer para mEgasa o 80% da súa produción.

os apoios á exportación serviron para compensar nestes anos a caídada demanda interna que se produce a partir de 1975, e animaron os irmánsFreire a entrar, esta vez si, no segundo programa da acción concertadapara o sector siderúrxico. o trinta de xullo do 1975, mEgasa asinaría coministro de Industria álvarez de miranda un compromiso de investimentode 2111 millóns de pesetas co obxectivo de aumentar progresivamente ascantidades de aceiro de produción propia que se laminaban na planta denarón ata conseguir a laminación do total da palanquilla elaborada polosfornos eléctricos da empresa. naquela altura, mEgasa producía anual-mente 70.000 toneladas de palanquilla, dos que só 30.000 se laminabanna propia factoría.

deste xeito, mEgasa substituíu a partir de 1976 os trens de laminaciónde que dispoñía, que tiñan antigüidades e orixes diversas, por un novotren danieli de última xeración, que ademais das vantaxes de produtividadeforzou a mellorar o equipo humano, o que significou contratar máis téc-nicos, e o conxunto da xestión e da organización interna da empresa. parapermitir un uso máis intensivo da mesma instalaría tamén unha nova má-quina para coada continua de catro liñas. a revista Fomento de la Producciónocúpase naquela altura do que denomina «vasto plan de inversiones» daplanta de xuvia,13 e constata non só a mellora das instalacións senóntamén un importantísimo salto adiante no que atinxe ao emprego, queen 1976 acadaba xa a cifra de 233 operarios directos.14 a propia revista

12 navarro (2004).13 Fomento de la producción (1975 e 1976).14 servicio sindical de Estadística (1976).

Empresarios de Galicia 536

Page 523: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Fotografía das páxinas seguintes: Panorámica de

Megasa no ano 1963(cortesía da familia Freire)

Bartolomé Freire Lago 537

sitúa xa a mEgasa dentro do grupo das trinta maiores empresas do sectorsiderúrxico español.

a segunda acción concertada, na que mEgasa modernizou eampliou instalacións, forzou tamén a asumir algúns compromisos e nonestivo exenta de problemas. un deles foi o perigo de reforzamento dacompetencia en galicia e o seu ámbito máis próximo en produtos comoredondos e fíos laminados que constituían as principais partidas da pro-dución das factorías de narón e arcade. En efecto, acolléndose ao con-curso convocado pola administración dentro do III plan de desarrollo nosector siderúrxico, para construción de dúas modernas aceirías, unha engalicia e outra no Campo de xibraltar,15 constituíuse no 1974 sIdE-gasa, un ambicioso proxecto dunha dimensión ben superior ao demEgasa, que incluía tamén a laminación de perfís semellantes aos queproducía esta última. sIdEgasa, que debía situarse en teixeiro (Curtis),e acollida ás axudas da gran área de Expansión Industrial de galicia pre-tendía, cun investimento de 5000 millóns de pesetas producir anual-mente 300.000 toneladas de aceiro eléctrico e 200.000 de laminados. noseu accionariado entraban ademais de sodiga varios bancos (pastor, Exte-rior, bilbao, vizcaya, Caja de ahorros de galicia…), así coma algunhasempresas do sector (unión Cerrajera, nueva montaña Quijano e nerva-cero). a entrada destas últimas explicábase en función do plan do equipode lópez rodó de que as dúas novas plantas remataran por concentrar,unha no norte e outra no sur, a actividade do conxunto do sector dos acei-ros comúns. mEgasa viuse forzada a entrar tamén cunha pequena par-ticipación no proxecto. pero sIdEgasa, que comezou a traballar no ano1979, nacía nun contexto de excesos de capacidade instalada en Españapolo que tivo que orientarse a unha exportación na que se tivo queenfrontar a unha caída dos prezos xa no seu primeiro exercicio completode 1980. Con enormes cargas financeiras e chegando a vender por de -baixo do prezo de custo, rematou por suspender pagos xa en 1981. des-pois dun breve período no que a catalá Celsa tratou de reorientala cara áprodución de fíos laminados, remataría por pechar en 1988. mEgasa ti -vo no camiño que resistir diversas presións para fusionarse con sIdE-

15 decreto 669 de abril de 1974. a planta do Campo de xibraltar nunca chegou aconstruírse.

Page 524: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 525: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

gasa, ás que os Freire se negaron repetidamente, na idea deque calquera acordo sobre o particular remataría por impli-car o peche da planta de narón.

bartolomé Freire casara no ano 1944 na igrexa de san-tiago de vigo con maría petra arteta Canales, filla dun indus-trial bilbaíno establecido na cidade olívica nos anos corentaen negocios de madeiras. aínda que a súa educación fora sómoi elemental, foi sempre consciente da importancia da for-mación, e procuraba compensar as súas carencias co exerciciodunha intensa lectura. Foi aquel seguramente o motivo poloque unha das primeiras cousas que se estableceron en mE-gasa, xa no ano 1953, foi unha escola pública, dentro do quedaquela se denominaba régimen de protección Escolar, noque a empresa facilitaba o local para ensino e para cuarto damestra e o ministerio achegaba o salario desta última. barto-lomé Freire potenciara nos seus fillos desde nenos o interesee a dedicación a mEgasa. non só co exemplo dun empre-sario tradicional austero, disciplinado e estrito, senón taménlevándoos frecuentemente á fábrica desde moi nenos para quese fosen familiarizando co negocio. Consciente tamén da im-portancia que para o empresario tiña o dominio de idiomas,mandou os seus catro fillos a estudar ao estranxeiro. dous de-les, José Enrique e Francisco, ao seu regreso, entraron a tra-ballar con el nas súas empresas, e pasaron paseniñamente aasumir responsabilidades xa a finais dos setenta, co seu paiaínda en exercicio. Eles garantirían, a carón dos seus tíos, acontinuidade da firma.

Esta solidez da empresa familiar, cimentada na colabo-ración e división do traballo entre os tres irmáns Freire e pos-teriormente nos seus descendentes, podería situarse, a carónda estratexia de integración vertical desde a produción doaceiro ata a distribución comercial dos seus transformados,do crecemento equilibrado entre os distintos chanzos da cadeade valor da empresa (aceiría, laminación, distribución) e damoderación á hora de asumir riscos, como unha das clavesdo crecemento da firma de narón.

539

Page 526: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

A reconversión do sector siderúrxico e o éxito de MEGASA

o crecemento da siderometarlurxia española ao abeiro da acción con-certada durante os anos sesenta e setenta dou lugar a un forte aumentoda capacidade produtiva do sector, que, a partir de 1975, no que a demandacomeza a debilitarse por mor da crise industrial e enerxética dos setenta,dará lugar a unha situación de progresiva sobreprodución. dos tres seg-mentos nos que acotío se divide o sector, siderurxia integral, siderurxianon integral de aceiros comúns e segmento dos aceiros especiais, o segundodeles ao que pertencía mEgasa foi o menos e máis tarde afectado. pero,con todo, non saíu indemne da crise dos setenta.

os fabricantes ao forno eléctrico de aceiro común e laminados sufrironmenos a crise porque contaron durante practicamente toda a década conprezos á baixa da chatarra, un dos compoñentes máis importantes do custo,e porque puideron compensar a caída da demanda interna co recurso áexportación, grazas á desgravación fiscal ás vendas exteriores. Con todo,e contra 1980, de entre as algo máis de trinta empresas que o compoñíanexistían dous grupos de empresas diferenciados dentro deste subsector:dunha banda, as empresas que non participaran na acción concertada ouaquelas que aínda que si o fixeron, só se endebedaron moderadamente.Estas empresas mantiñan estruturas do pasivo relativamente equilibradas,aínda que tecnoloxicamente avanzaran menos cás dos segundo segmento,o das que si que participaron na acción concertada e se modernizaronmáis pero tiñan agora unhas instalacións moi modernas pero que incor-poraban excedentes de capacidade, o que repercutía gravemente sobre osseus custos financeiros e amortizacións.16 sIdEgasa, creada en 1974 econ importantes instalacións no concello de Curtis, atopábase neste segundogrupo. pola contra, os irmáns Freire estaban no primeiro.

ante a difícil situación do conxunto do sector agromaron posiciónsmoi diverxentes nos dous grupos de empresas citados. as de menor tamañoe instalacións máis obsoletas ou cunha situación financeira menos equi-librada amosáronse partidarias de políticas de axudas individualizadas quepermitisen adiar o seu peche ou venda. pola contra, a maior parte do ou -

16 navarro (1989 e 2004).

Empresarios de Galicia 540

Page 527: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tro grupo —entre o que estaba mEgasa— era contraria a este tipo deaxudas e eran partidarios de que fose o mercado o que dixese a últimapalabra sobre a viabilidade de cada unha das empresas do sector. variasempresas deste último escindíronse da patronal unesid e formaron unhanova organización siderinsa, co obxectivo de defender o seu punto devista. logo de varios meses de propostas e debate, o goberno presentouen marzo de 1982 o plan de reconversión Industrial para o sector deaceiro común. o plan restrinxíase ás empresas que producían aceiro conforno eléctrico e que o transformaban en redondo e perfís lixeiros e tratabade axeitar a oferta á demanda, así coma ordenar e racionalizar os procesosprodutivos e a situación financeira das empresas. Incluía diversas medidasfiscais e subvencións por reducións de capacidade, crédito e avais oficiais.

Esta xeira da reconversión siderúrxica —que coincide co período quecomeza nos últimos momentos do goberno de uCd e cos momentos ini-ciais do primeiro goberno socialista— representou para os irmáns Freireun auténtico revulsivo que os enfrontou a decisións transcendentais para asúa viabilidade como empresa independente do sector de fabricación deaceiro común. Isto aconteceu así non só polos problemas xerais do sectoraos que xa aludimos, senón tamén porque no caso de mEgasa a reconver-sión corría parella ao final das desgravacións á exportación, esixido polaentrada na unión Europea en 1985. Estes feitos supuxeron un duro golpepara a empresa de xuvia. a primeira das decisións importantes foi a depechar Ferrerías de arcade, unha empresa xa daquela pequena e obsoleta,que apagou os seus fornos no ano 1984 e que se acolleu ás axudas do plande reconversión.17 a segunda foi negarse á fusión con sIdEgasa propostapolo ministerio, unha decisión que se demostrou atinada pois a empresade Curtis era precisamente unha das que presentaban unha estruturafinanceira máis problemática e unhas perspectivas máis difíciles. a terceirafoi a de emprender un forte programa de investimentos destinados a incor-porar á planta de narón os importantes avances tecnolóxicos que nos paí-ses máis avanzados en siderurxia foran xa introducidos na década anterior eque significaba practicamente a refundación da planta de xuvia e deberíaimplicar unha substancial mellora da súa competitividade.

17 navarro (1999: 182-184). a factoría de arcade tiña naquela altura dous fornos eléc-tricos de só dez toneladas cada un.

Fotografía das páxinas seguintes: Panorámica deMEGASA no ano 2004

(cortesía da familia Freire)

Bartolomé Freire Lago 541

Page 528: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia

nunha primeira fase, xa a comezos dos oitenta,os irmáns Freire propuxéronse aumentar a produciónpropia de aceiro, para o que realizaron importantesreformas nos dous fornos de que dispoñían que pasarona contar cunha capacidade de 15 e 50 toneladas e nosque se introduciron novas tecnoloxías, tales como ade paneis e electrodos refrixerados, saltando así dunhaprodución anual de semielaborados de arredor das70.000 toneladas a outra de 200.000. nunha segunda,e xa coincidindo co final das desgravacións á expor-tación e coa entrada de España na unión Europea,adquiriron un novo forno eléctrico de oitenta tone-ladas, que incorporaba xa os avances relacionados coaaplicación da electrónica aos procesos siderúrxicos,e que substituía os dous antigos. Este cambio permitiuun novo salto adiante, de xeito que a produción anualda factoría de narón chegaría a acadar as 500.000 to-neladas de aceiro que, grazas aos investimentos com-plementarios que se realizan polos mesmos anos nostrens de laminación, pasará a ser transformado na súatotalidade en redondo e outros produtos finais namesma factoría.

a maduración dos plans expansivos dos irmánsFreire coincide practicamente co comezo do máisimportante pulo da construción de todo o século. acrise dos anos setenta provocara un forte parón inmo-biliario entre os anos 1977 e 1985; co final da crisecomeza un espectacular relanzamento do sector, di-rixido primeiro pola construción non residencial, e apartir de 1990 xa por esta última.18 mEgasa —forte-mente asentada como provedora de redondos para aconstrución— nun sector que reduciu capacidadepola vía da reconversión, atópase nunha magnífica

18 CarrEras e taFunEll (2005, vol. I: 467-470).

Page 529: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 530: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

posición para aproveitar o pulo construtor, ir mellorando rapidamente aestrutura do seu pasivo e mesmo xa nos anos noventa medrar tanto polavía da integración vertical coma pola da adquisición de empresas.

no ano 1993, logo da instalación o ano anterior dun tren de laminaciónde rolos, que permitía producir o redondo desta forma e non en barrascomo era tradicional, os irmáns Freire entrarán na fabricación de mallaelectrosoldada, o popular mallazo de construción, unha actividade quesó era mecanizable a partir do redondo en rolo, a través da compra dunhaempresa coruñesa, megamalla. para evitar os conseguintes custos de trans-porte, as instalacións desta última trasladaranse a xuvia.

a expansión da fabricación de aceiros da empresa mEgasa na factoríade narón —que se produce a partir da segunda acción concertada— virátamén canda unha importante expansión das actividades de distribuciónque se desenvolven desde a outra grande empresa do grupo, Freire Her-manos. desde practicamente a segregación de ambas as dúas sociedades,quedara andrés Freire á fronte da factoría de narón e bartolomé e benitoocupábanse da empresa de distribución. En 1962 establecen almacén nopolígono de agrela. En 1988 no polígono das gándaras de budiño, coobxectivo de subministrar desde alí o mercado portugués, onde se acababade establecer unha distribuidora propia baixo a denominación de FreireHermanos portugal, s.l. En 1991 establécese novo almacén no ferrolánpolígono da gándara, ao que se traslada a actividade do antigo de xuvia.

a importancia que o mercado portugués vai cobrando para a empresade narón fai que a comezos dos noventa se decidan os irmáns Freire aofrecerlle ao grupo vasco aristrain a formación dunha empresa conxuntapara distribución de ferros en portugal. En 1993 formarán así megaço, quepasará a distribuír no país veciño os produtos que antes distribuía FreireHermanos portugal, s.l. e os do grupo vasco. En 1995 —e conxuntamenteco grupo italiano riva— mEgasa toma o control do 80% da siderurgianacional de produtos largos portuguesa, que era un dos segmentos resul-tado da división por parte do goberno portugués da antiga siderurgianacional, e que este último decidira privatizar.

Cando no ano 1997 se produce o pasamento de bartolomé FreiremEgasa era xa unha das dez máis importantes empresas siderúrxicas es-pañolas, e unha das maiores empresas galegas de calquera tipo. o seusalto adiante nos anos oitenta fora a cara amable da reconversión industrial

Empresarios de Galicia 544

Page 531: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

Carmona, x., e J. nadal (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de histo-ria, 1750-2000, a Coruña, Fundaciónpedro barrié de la maza.

CarrEras, a., e x. taFunEll (2005): Esta-dísticas históricas de España (siglos XIX-XX), bilbao, Fundación bbva.

EspInosa dE los montEros, C. (1972):«la industria siderúrgica española», In-formación Comercial Española, núm.464.

FErnándEz dE pInEdo, E. (2008): «planesde desarrollo y siderurgia privada: a.H.v.(1960-1975)», IX Congreso da Asocia-ción Española de Historia Económica,murcia.

lozano CourtIEr, a. (1997): «Estado, im-portación de tecnología y nacionaliza-ción de la construcción naval militar española: la secn 1909-1935», en s. ló-pEz, e J. valdalIso (eds.): ¿Qué inventenellos? Tecnología, empresa y cambio eco-nómico en la España contemporánea,madrid, alianza.

mIranda díEz, E. (1970): «El desarrollo si-derúrgico español hasta 1972», Econo-mía Industrial, núm. 80.

navarro, m. (1989): Crisis y reconversiónde la siderurgia española, 1978-1988, bil-bao, Junta del puerto de pasajes e mopu.

— (2004): «desarrollo y concertación enlos decenios de 1960 y 1970», en m. J.gonzálEz : Hierro y acero ante la mun-dialización: Una perspectiva histórica,aceralia.

portoCobo, J. de (1949): «las grandes in-dustrias locales. las factorías Freire Her-manos, s. a. una entrevista con barto-lomé Freire».

prados dE la EsCosura, l. (2003): El pro-greso económico de España (1850-2000),bilbao, Fundación bbva.

sErvICIo sIndICal dE EstadístICa (1972):Directorio de empresas con más de 50 pro-ductores, madrid.

— (1976): Empresas con más de 50 produc-tores, madrid.

Bartolomé Freire Lago 545

na área ferrolá. mentres os estaleiros da cidade departamental vían caerradicalmente as súas cifras de emprego e un deles quedaba finalmentecondenado á inactividade, a aceiría de narón saía reforzada dos temposda crise. nos anos seguintes, a maioría das empresas do sector do aceirocomún —entre elas os dous grupos máis importantes, ucín e aristraín,que historicamente sempre estiveran moi por diante de mEgasa— víronseforzados a integrarse no grupo arcelor-mittal. outros moitos seguiron oseu exemplo. mEgasa foi unha das poucas empresas que conseguironmanter a súa independencia e seguir crecendo.

Page 532: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

MANOEL CORDO BOULLOSA 1905-2000

Page 533: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

manoel Cordo boullosa naceu en lisboa, o 5 de decembro de 1905,no 2º piso do número 6 da rúa anchieta, en Chiado, cuarto fillo e únicohome de manuel maría Cordo martínez (pontecaldelas, 1869) e leocadiaboullosa y muñoz (Caritel, 1878), un matrimonio galego que se dedica -ba ao comercio de carbón e viño. a pesar de que ao longo da súa vida amanoel Cordo boullosa lle gustase salientar as súas orixes humildes, ocerto é que na época na que naceu, o seu pai —que chegara a lisboa ape-nas dúas décadas antes, en 1885— xa era un comerciante de éxito. así, en1904 referíase a el o Almanaque Industrial, Comercial e Profissional de Lis-boa como propietario de varios negocios e de predios de arrendamento.tamén a súa nai proviña dunha familia considerablemente acomodada,pois o seu pai, manuel antónio boullosa gonzalez (a Fraga, 1841-lisboa,1919), era daquela un dos grandes comerciantes de carbón e viño da capi-tal portuguesa, propietario de varios barcos que transportaban carbón aolongo do texo, e era tamén un dos fundadores do gremio dos Carboeiros.

Con apenas un ano de idade, manoel Cordo boullosa perdeu a súanai, que só tiña 28 anos e estaba grávida do seu quinto fillo. por esa razóno pai decidiu envialo para Caritel (santa maría), unha parroquia do con-cello de pontecaldelas, de onde era orixinaria a súa familia materna; destexeito, foi entregado aos coidados das súas tías amalia e maría Esperanzaboullosa muñoz, ata a idade de oito anos. Fixo a instrución primaria en

José Manuel Lopes Cordeiroprofesor da universidade do miño (braga, portugal)

O MAGNATE DO PETRÓLEO

Manoel Cordo Boullosa

Page 534: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

1 FErnandEs (2003).

pontevedra —nunha escola que actualmente ostenta o seu nome— (ca -miñaba 10 quilómetros cada día para acudir ás clases), e volveu para lis-boa en 1913, despois de rematar os seus primeiros estudos.

de novo na capital portuguesa, manoel Cordo boullosa ingresouentón nun colexio interno. despois pasou para a Escola académica delisboa, fundada no ano 1847 e que foi pioneira en portugal ao reunir osgraos de instrución primaria, secundaria e profesional nunha mesma ins-titución de ensino. Concluído o curso comercial e con 15 anos de idade,abandonou os estudos e comezou a traballar co seu pai, a quen axudabano negocio da venda de carbón e garrafas de queroseno para o que percorríacun carro as rúas de lisboa. un ano máis tarde, conseguiu o seu primeiroemprego, como administrativo, na nova sociedade vinícola, unha empresada que era socio un cuñado seu, casado coa súa irmá leocádia; tiña unsalario de 90 escudos ao mes e traballaba de luns a domingo, das nove damaña ata o comezo da noite.1 Estas primeiras experiencias profesionaisrevelaban xa o verdadeiro culto ao traballo que demostrou ao longo davida, unha faceta súa que lle gustaba salientar.

A sorte sorriulle en Suíza

En 1923, manoel Cordo boullosa caeu gravemente enfermo detuberculose, unha doenza frecuente na época, da que xa morreran dúasirmás e un curmán. En portugal as posibilidades de tratamento eran moireducidas e por iso o pai decidiu envialo para un sanatorio en suíza, endavos-platz. unha resolución tomada con gran sacrificio xa que se viuobrigado a vender tres predios dos que dispoñía en lisboa, adquiridos nodecurso dunha vida de intenso labor co fin de custear os dispendiosos tra-tamentos do fillo.

a estadía en suíza foi amplamente proveitosa para o mozo manoel.non só conseguiu curarse da terrible doenza senón que tamén, nos tresanos que pasou no sanatorio, aproveitou o tempo para aumentar os seuscoñecementos, lendo os principais clásicos da literatura francesa, apren-dendo a falar correctamente o francés e, con algunha fluidez, o inglés e

Empresarios de Galicia 548

Page 535: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

2 FErnandEs (2003).3 FErnandEs (2003).

o alemán, o cal, no futuro, se revelaría dunha grande utilidade para a ex-pansión dos seus negocios nos mercados internacionais.2 Foi tamén ensuíza onde coñeceu a que sería a súa primeira muller, alice pina lopes—coa que contraerá matrimonio en 1928 e desta unión nacerá o seu filloFrancisco manuel (1930-2002)—, que tamén se atopaba alí en trata-mento, filla do maior Francisco pina Esteves lopes, que fora ministro deEconomía en 1920 do efémero goberno do coronel antónio maria bap-tista/José ramos preto.

Foi tamén en suíza onde se lle abriron as portas para o negocio dopetróleo, por medio de pedro bessa da silva pais, que se atopaba igual-mente en tratamento no sanatorio de davos-platz (mais que, por des-graza, non conseguiu resistir a doenza) e que era fillo do malogradopresidente da república sidónio pais. Como sabía da boa relación queboullosa tiña cos carboeiros de lisboa, pedro bessa da silva pais pediulleque introducise naquel medio o seu irmán antónio, que na época tiña aconcesión de shell en portugal co fin de que as compras pasasen a ser fei-tas a aquela empresa holandesa-británica.

unha vez de volta en lisboa, manoel Cordo boullosa entrou en con-tacto con antónio bessa da silva pais e de aí resultou unha nova e excelenteoportunidade de negocio, unha vez que se converteu en comisionista deshell. deseguido, reconverteu o negocio paterno do carbón e pasou a de-dicarse ao fornecemento de combustibles para coches, ao mesmo tempoque abría a súa primeira oficina, na rúa dos Caetanos. a iniciativa de bou-llosa coincidiu cun momento de viraxe na vida política e económica deportugal. Estamos en 1926, ano no que é proclamada a ditadura militar—a cal, algúns anos máis tarde, abrirá as portas ao réxime do Estado novode salazar, que implantará unha economía corporativa—, ao mesmotempo que se asistía a unha mellor definición e estruturación a aquel queviría ser o moderno sector dos combustibles; así constitúese un mercadoque comezaba a ter algún peso na economía nacional.3 En 1919 fundárasea firma Costa & ribeiro, lda., dedicada á comercialización de combus-tibles, que en 1929 se asociará con atlantic refining Company e dá orixe

Manoel Cordo Boullosa 549

Page 536: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

4 FErnandEs (2003).

á Companhia portuguesa de petróleos atlantic (da cal, máis tarde, en1955, nacerá a Companhia portuguesa dos petróleos bp, logo de nego-ciacións con atlantic). En 1920, shell, que adquirira lisbon Coal andoil Fuel Company (fundada en 1910), instalouse tamén en portugal. En1924, vacuum oil (futura mobil, que estaba instalada en portugal desde1896 e que foi a empresa líder do mercado durante case que medio século)comezou a distribución de produtos por camións cisterna, xa que ata en -tón eran utilizados carros con depósito. E, finalmente, en 1929, é fundadaa firma Queiroz pereira, lda., a primeira empresa do sector do petróleo,cuxo capital maioritario era portugués. deste xeito, remataba a fase naque o mercado portugués de produtos petrolíferos era dominado por em-presas de capital estranxeiro.

mentres, manoel Cordo boullosa converteuse tamén en represen-tante da Cooperativa portuguesa de gasolina e petróleos, negocio que lleproporcionou rendementos considerables. a cooperativa quebrou en1928 e boullosa aproveitou esa circunstancia para vendela en subhastapública, por valor de 100.000 escudos; quedou con 2000 barrís de gaso-lina baleiros, 28 postos de combustibles, 4 camións e 1 coche. Foi o seuprimeiro gran negocio xa que acabaría por vender os camións e o coche—un Chevrolet descapotable— por 60.000 escudos,4 ou sexa, máis demetade do montante polo que adquirira aquela empresa e aínda quedoucos restantes bens dela.

A escolla do socio ideal

a asociación con manuel Queiroz pereira, o cal, ademais de ser unhadas principais figuras do medio empresarial lisboeta —fillo do empresarioCarlos augusto pereira, director delegado da Companhia das águas (aempresa que garantía a distribución de auga aos domicilios da capital) epropietario do banco Comercial de lisboa—, estaba moi ben relacionadoco réxime implantado polo golpe militar do 28 de maio de 1926, consti-tuirá un importante paso na vida empresarial de manoel Cordo boullosaao permitirlle abrir novos horizontes. deste modo, un ano despois da

Empresarios de Galicia 550

Page 537: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

5 FErnandEs (2003).6 HEnrIQuEs (2003).

constitución da firma Queiroz pereira, lda., en 1930, esta pasou a contarcun novo socio, manoel Cordo boullosa; o seu capital era de 10.000 escu-dos —igualmente repartido polos dous socios— e tiña como obxectivocomercial a distribución de combustible e aceites lubricantes. ademaisda sociedade comercial que agora ambos compartían, os dous socios fixe-ron aínda un acordo complementario, que se revelará dunha grandeimportancia, principalmente para boullosa: en todos os negocios nos que,no futuro, entrasen, a participación de cada un sería do mesmo valor.5

Inicialmente, os dous socios comezaron por importar petróleo deHamburgo mais, en 1933, decidiron crear unha nova empresa, sonap(sociedade nacional de petróleos) —cuxos estatutos foron elaboradospor marcello Caetano, futuro primeiro ministro—, que integraba a ante-rior firma Queiroz pereira, lda. e que se dedicaba tamén a operaciónscomerciais e de distribución; instalou unha terminal no norte do país elevou a cabo instalacións industriais nos arredores de lisboa. sonap dis-poñía dun capital de tres millóns de escudos, distribuídos entre manoelCordo boullosa (19%), manuel Queiroz pereira (19%), steaua Française(56%) e outros nove accionistas menores, ou sexa, 40% de capitais portu-gueses e 60% de capitais franceses. Esta última, dispoñía dunha refinaríaromanesa, a steaua romana (a cal tiña ligazóns coa Compagnie Fran-çaise des pétroles), de onde proviña o petróleo que era importado porsonap.

aínda que a creación de sonap constituíse un paso significativo paraunha maior intervención no mercado dos combustibles, a súa actividadeatopábase fortemente limitada polo feito de que as empresas entón exis-tentes opuxeran unha resistencia lóxica á entrada dun novo competidor.de feito, na repartición do mercado existente daquela, a sonap só lleforon atribuídas unhas cotas do 7,1% para a gasolina, e do 3,55% para ogasóleo.6 ademais disto, a creación de sonap tampouco provocou unhagrande alteración do panorama petrolífero xa que a actividade que naépoca podería constituír unha vantaxe económica no sector dos combus-tibles —o refinado do petróleo— aínda non existía en portugal.

Manoel Cordo Boullosa 551

Page 538: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

7 FErnandEs (2003).8 FErnandEs (2003).

En 1936 estalou a guerra civil en España. portugal apoiou o alzamentofranquista contra o goberno da segunda república. Coñecedores do im-portante papel que manoel Cordo boullosa desenvolvía en portugal nosector dos combustibles, os franquistas contactaron con el, co fin de tentarsatisfacer as súas necesidades de aprovisionamento de produtos petrolífe-ros. o empresario chegou mesmo a ter un encontro con Franco en sevillapara negociar o fornecemento de petróleo, unha vez que aquel tiña difi-cultade en garantir o abastecemento das súas tropas, debido á prohibicióninternacional que fora decretada. no entanto —segundo afirmou máistarde o propio boullosa—, aquela prohibición non duraría máis ca unmes. ao rematar esta, os americanos comezaron a abastecer os franquistas7

a través das empresas Esso e texaco, entre outras, polo que aquela opor-tunidade de negocio se esvaecería xa que non tiña posibilidades para con-correr. no entanto, algúns autores afirman que boullosa lles venderapetróleo aos franquistas a través da texaco, a cal fornecería, desde os pri-meiros momentos e contra a vontade do goberno americano, preto de1.866.000 toneladas métricas de produtos petrolíferos a Franco ao longodo período da guerra civil.

Foi aínda nesta época cando manoel Cordo boullosa comezou a afon-dar e a aproveitar os seus contactos internacionais, resultantes do feito deser convidado a integrar o consello de administración da CompagnieFrançaise des pétroles (actual total), ligada ao banque de paris et pays-bas, o que lle permitiu gañar experiencia na administración de grandesempresas internacionais ao exercer eses cargos en suíza, Exipto, Ethiopiae sudán.8

As orixes da industria do petróleo en Portugal

a finais da década dos trinta, o goberno portugués xa se decatara daimportancia da construción dunha refinaría de petróleo. «Era necesarioresponder ao rápido aumento das importacións de derivados petrolíferos(taxas de crecemento medio anual do 20% para a gasolina e do 38% para

Empresarios de Galicia 552

Page 539: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

9 HEnrIQuEs (2003).

Instalacións da SONAP, nos seus inicios

os aceites combustibles no período de entreguerra), aumentar a seguridadeno abastecemento e diminuír a saída de divisas do país».9 xa en 1936, aCámara Corporativa recomendara a instalación dunha industria nacionalde refinado (proposta de lei 82/36, do 30 de xuño), mais será a través dapromulgación da lei 1947/37, do 12 de febreiro, que aprobaba o réximede importación, almacenamento e tratamento industrial de petróleo brutoe os seus derivados —a cal pasou a ser coñecida como a lei dos petró-leos—, e que será regulamentada polo decreto 29034/38, do 1 de outubro,cando o Estado portugués reuniu os requisitos legais para instalar unharefinaría no país. ademais, estas dúas pezas lexislativas constituirán, duranteun longo período, as liñas mestras do réxime petrolífero en portugal.

proseguindo coa lexislación aprobada, o Estado iniciou o procesopara construír unha refinaría de petróleo en portugal, obxectivo que sepresentaba cunha enorme importancia estratéxica, non só porque viñaao encontro da política autárquica do Estado novo senón porque protexíaos intereses nacionais fronte a ameazas declaradas polas empresas estran-

Manoel Cordo Boullosa 553

Page 540: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

10 vaz (2004).11 FErnandEs (2003).

xeiras ligadas aos grandes grupos petrolíferos, que por aquel entón abastecíanportugal, as cales reaccionaran moi negativamente á lexislación promulgadae chegaran a ameazar con que non a respectarían. poucos meses despoisda promulgación da lexislacións sobre petróleos, «xorde unha empresaromanesa independente —a redeventza— que sabía dos propósitos por-tugueses, interesada en investir no refinamento, a cal termina por presentarun pedido formal para instalar unha refinaría na área de lisboa».10

deste xeito, en 1936, foille concedida á redeventza, sociedade anó-nima con sede en bucarest, a autorización para instalar unha refinaría depetróleos brutos e os seus derivados. romanía era un importante produtorde petróleo antes da segunda guerra mundial e, tanto a tecnoloxía da queentón dispoñía, coma o seu persoal técnico, desenvolverían un papel re-levante nos primeiros anos da actividade portuguesa do refinado. o 8 deabril de 1938 estableceuse un acordo entre o Instituto português de Com-bustíveis (creado en 1933, con funcións de apoio técnico e de fiscaliza-ción), a sociedade redeventza e martin sain, un cidadán romanés deorixe xudía radicado en Francia, para a instalación dunha refinaría de pe-tróleo. Este acordo estipulaba a instalación dunha refinaría, cunha exclu-sividade de dez anos, cunha capacidade de elaboración anual mínima de150.000 toneladas de petróleo bruto, a través da constitución dunha so-ciedade portuguesa —aínda que os capitais fosen de orixe romanesa—con 15 millóns de escudos de capital, dos cales 1/3 serían do Estado por-tugués. En compensación, «o Estado garantía un mercado de 50% doconsumo dos produtos asignados (gasolina, petróleo, gasóleo e fuel óleo),excluíndo as vendas para a exportación e abastecemento de navíos e aviónsdurante 20 anos».11

o 25 de abril de 1938, o ministerio do Comercio, Industria e agri-cultura concederá, finalmente, a licenza para a constitución de saCor(sociedade anónima Concesionaria da refinación de petróleos) en por-tugal, a cal será a primeira empresa petrolífera portuguesa en dominartodo o proceso, da importación, transporte, refinado e distribución dosprodutos petrolíferos. saCor, que iniciaba a súa actividade «ao abeiro

Empresarios de Galicia 554

Page 541: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

12 rosas (1986).13 FErnandEs (2003).14 pt-tt-aos/d/C/11/1/2.15 FErnandEs (2003).

Manoel Cordo Boullosaxunto a unha bomba da

SONAP

dun réxime verdadeiramente excepcional no tocante a exencións fiscaise alfandegarias»,12 tiña garantida a metade do mercado portugués decombustibles, obrigando a sonap —onde tiña participación manoelCordo boullosa— a pasar dunha cota de mercado do 7,1% ao 3,55%.13

martin sain, director da sociedade redeventza —o cal, xunto conoutros técnicos que o acompañaron no proceso de creación de saCor,

abandonara romanía debido á repre -sión desencadeada polo movementonacionalista e antisemita dos garda deFerro—, foi un personaxe fundamentalpara o éxito de toda esta iniciativa queconduciu á creación da refinaría desaCor; a pesar dos rumores que entóncorreron sobre irregularidadescometidas,14 así coma «ao nacementoe desen volvemento dunha cultura tec-nolóxica na área dos petróleos»15 en por-tugal. a súa longa experiencia no sectorpetrolífero permitiulle levar a bo portoa instalación da refinaría de saCor, encabo ruivo, nos arredores de lisboa,cuxas instalacións entraron en funcio-namento o 11 de xaneiro de 1940, aíndaque es ta só fora inaugurada oficialmenteo 11 de novembro dese ano. o propiomartin sain supervisou os traballos decons trución da refinaría, auxiliado poloen xeñeiro romanés adolfo Hascal. a súalo calización en cabo ruivo, na ribeira,beneficiábase do feito de xa estar aí ins-

Manoel Cordo Boullosa 555

Page 542: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

taladas as empresas atlantic refining Company e socony-vacuum, ademaisdo bo acceso proporcionado pola foz do texo e da proximidade do camiñode ferro. a pesar das dificultades, a construción adiouse só dezaoito meses(rexistrando, no entanto, un atraso de tres meses en relación co previsto)e o seu custo acadou un total de 32,8 millóns de escudos.

Con todo, os tempos eran difíciles. Co estalido da segunda guerramundial no ano anterior, existía unha crise xeral no abastecemento enpetróleo bruto e derivados. «os prezosda gasolina e do carbón soben un190% no decurso dos anos de 1938 a1942»,16 e a inexistencia dunha frotapropia de navíos petroleiros aumentabaas dificultades, agravada polo feito denon ser posible daquela transportarpetróleo en navíos cisterna de empre-sas norteamericanas, en virtude daprohibición decretada polos Estadosunidos, o principal fornecedor deportugal. deste modo, só despois doterminus da segunda guerra mundialfoi posible un normal desenvolvemento do sector petrolífero en portugal.durante o conflito mundial, a refinaría de cabo ruivo operou sempremoi por baixo da súa capacidade e chegou a suspender temporalmente asúa actividade (durante o ano 1943 e nos tres primeiros trimestres de 1944)por falta de materia prima, e só en 1947 coñeceu, por primeira vez, unhasituación de funcionamento normal,17 de maneira que acadou as 300.000t/ano previstas.

tamén durante este período sonap coñeceu momentos de grandesdificultades e chegou a afirmar manoel Cordo boullosa que, ante a penuriaproducida e como non dispoñía de petróleo para vender, se viu obrigadoa dedicarse á exportación de viños de xeito que chegou mesmo a ser undos principais exportadores de portugal. no entanto, despois do final da

16 HEnrIQuEs (2003).17 HEnrIQuEs (2003); FErnandEs (2003).

Camión cisterna para abastecemento de petróleo

Empresarios de Galicia 556

Page 543: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

segunda guerra mundial, sonap realizará algúns negocios bos. nun mo-mento no que os países europeos decidiran reducir nun 30% o consumode petróleo, Cordo boullosa defendía que portugal non podería cumprirese obxectivo; así chegou a convencer ao entón ministro de Economíapara que o autorizase a adquirir o petróleo que puidese aparecer nomercado libre, aínda que a un prezo superior.18 Efectivamente, ao contrariode shell e de vacuum, sonap conseguiu atopar no mercado internacional

18 FErnandEs (2003).

as cantidades de petróleo para garantir un normal abastecemento de por-tugal e obter tamén os correspondentes lucros que ese negocio lle pro-porcionou. pero, o máis importante, non só evitou o racionamento de pe-tróleo, senón que o éxito acadado lle permitiu a boullosa reclamar unhamaior cota de mercado, a cal foi totalmente concedida polo goberno. apartir daquela a situación da sonap mellorou substancialmente: o seucapital ampliouse a 10 millóns de escudos, mercou a participación da ste-aua Française (que por mor da segunda guerra mundial estaba a atravesardificultades) e obtivo autorización para a importación de fuel óleo, algoque anteriormente era unha exclusiva de sacor e de shell. En 1953,último ano no que se rexistraron alteracións nas cotas de distribución decombustibles, a situación era a seguinte: saCor (50%), shell (20%), so-nap (16%), socony-vacuum (10%) e atlantic (3%), en contraposición

Evolución dos logotipos da SONAP. As iniciais SFcorresponden a Steaua

Française

Manoel Cordo Boullosa 557

Page 544: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Stand da SONAP nunha Exposición, no Palácio deCristal do Porto

coa repartición existente en 1947: saCor (49%), shell (33,88%), vacuum(11%), atlantic (4%) e sonap (2%).19

na inmediata posguerra manoel Cordo boullosa vai diversificar a súacarteira de negocios, esta vez froito da súa anterior asociación con manuelQueiroz pereira. Como foi indicado, os dous empresarios formularan ocompromiso de que, en todos os negocios nos que cada un entrase, a par-ticipación respectiva tería un valor idéntico. deste modo, cando en 1946Queiroz pereira foi convidado paraparticipar, como asociado, en sorel—unha empresa que fora fundada en1942 para comercializar gasóxenos eque nese ano 1946 obtivo a concesiónda gm (general motors overseasCorporation)— manoel Cordo bou-llosa entrou tamén no negocio e osdous empresarios quedaron cunhaparticipación de 240.000 escudoscada un, ademais dun terceiro accio-nista con só 60.000 escudos.20 ade-mais a entrada conxunta dunha novaempresa xa ocorrera en 1942, candaa fundación da Cimianto – sociedadetécnica de Hidráulica, s. a., localizada en alhandra, concello de vilaFranca de xira, e unha das primeiras empresas portuguesas que se dedicouá fabricación e comercialización de produtos en fibrocemento, na calmanoel Cordo boullosa e manuel Queiroz pereira posuían, cada un, o30% das accións.

Ábrense novos camiños

a comezos da década dos cincuenta, problemas de saúde levaron amanoel Cordo boullosa a unha estadía nos Estados unidos, ao seu regreso,en 1954, decidiu poñerlle fin ao matrimonio con alice pina lopes, o cal

19 HEnrIQuEs (2003).20 FErnandEs (2003).

Empresarios de Galicia 558

Page 545: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

xa estaba en crise desde había algún tempo. pouco despois, boullosapartirá para parís, onde repartiu o seu tempo entre unha vida no seo daalta sociedade francesa e contactos xunto aos medios empresariais ligadosao sector petrolífero. desta época data a idea de instalar unha refinaríade petróleo xunto ao importante porto de vigo, para cuxa realización con-taba co apoio e coa colaboración do seu amigo valentín paz andrade,avogado e figura moi relevante do mundo pesqueiro e empresarial da

cidade olívica, propietario da empresa pes-canova, mais o goberno de Franco optoupola Coruña e así gorouse aquel proxecto.Curiosamente non foi só boullosa o únicoen decatarse do interese en que fose insta-lada unha refinaría en vigo. Existiu nesesanos outro proxecto, de tomás pérez lo-rente, entón presidente da Cámara de Co-mercio de vigo (1947-1959), para instalarunha refinaría de petróleo nas rías viguesas,mais que rematou tamén por ser abando-nado. Con respecto aos negocios de bou-llosa en portugal, a década dos cincuentaasistiu á expansión de sonap no campo dadistribución de produtos petrolíferos: con-

seguiu implantar en todo o país unha rede de revendedores, ao mesmotempo que ampliou as súas capacidades de almacenamento, iniciou a co-mercialización dos lubricantes e o abastecemento da navegación, e ademaisgarantiu o abastecemento de combustibles en situacións de crise interna-cional, como canda o peche da canle de suez en 1956.21

superado o medio século de vida, manoel Cordo boullosa parecíacomportarse de xeito diferente. o seu anterior carácter afable dera lugara unha personalidade máis irascible, mesmo autocrática. xurdiran, enconsecuencia, conflitos na súa vida profesional, con cadros das súas em-presas, un dos cales estivo na base do seu desentendemento co amigo esocio por longos anos manuel Queiroz pereira, o que se traduciu nunha

21 HEnrIQuEs (2003).

Posto de abastecemento da SONAP

Manoel Cordo Boullosa 559

Page 546: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

22 FErnandEs (2003).23 antunEs (1996); FErnandEs (2003).

separación entre os dous. boullosa xustificou, anos máis tarde, as razónsda separación con Queiroz pereira, argumentando que no período noque estivera no estranxeiro e como contactara con outras realidades em-presariais, adquirira novas ideas e conceptos estratéxicos para desenvolveros seus negocios, os cales batían cos de manuel Queiroz pereira. Efecti-vamente, na raíz da separación parece que estiveron ideas diferentesrelativas ás propostas de adquisición que ao final dos anos cincuenta lleforan feitas a sonap por empresas estranxeiras. a bp —british petroleumdispoñíase a adquirir sonap por 600 millóns de escudos, fracasando asnegociacións só porque a bp pretendía «que todas as decisións estratéxicasfosen comunicadas e autorizadas por londres».22 ademais tanto a bpcomo a mobil fixeran entón, por separado, propostas de asociación consonap, nun 50% do capital para cada parte; porén, manoel Cordo boullosaesixiu quedar cun 51% do total das accións co fin de preservar a naciona-lidade portuguesa da empresa, o que levou ao rexeitamento das dúas mul-tinacionais petrolíferas. Entre tanto, e para resolver as diverxencias, manuelQueiroz pereira aceptou vender a súa participación a boullosa por 300millóns de escudos, abandonando a sociedade o 31 de decembro de 1960.

os novos camiños que entón se lle abriron a manoel Cordo boullosapasaron tamén por áfrica. aínda antes da separación, os dous sociossolicitaron unha autorización para instalar unha refinaría de petróleo enlourenço marques (actual maputo), mozambique, a cal foi concedidaen 1959. Isto levou á constitución da sonarEp (sociedade nacional derefinación de petróleos), na cal participaban sonap e a Compagnie Fran-çaise des pétroles, constituíndo un punto álxido na súa carreira empresarialno sector do petróleo. Co fin de garantir o éxito dos seus negocios na anti -ga colonia portuguesa, Cordo boullosa xogou polo seguro. para xestio -nar a nova empresa en mozambique escolleu unha figura que dispuxese,de xeito simultáneo, de bos contactos en lisboa e dunha ampla marxe deacción en áfrica. o home ideal era Jorge Jardim (1919-1982), que na súaopinión «era brillante en todo o que facía e, mesmo nos negocios privados,continuou a ser un bo político. Estaba sempre ao tanto de todo».23

Empresarios de Galicia 560

Page 547: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

24 antunEs (1996).25 FErnandEs (2003).26 FErnandEs (2003).27 HEdgEs (1989).

a refinaría de sonarEp, localizada na matola, suburbios de lourençomarques —onde aínda hoxe existe unha avenida co nome manoel bou-llosa—, dispoñía dun capital social de 300 millóns de escudos e comezoua funcionar en 1961, presentando unha capacidade de 800.000 toneladas.unha vez máis, manoel Cordo boullosa foi favorecido polas decisiónsgobernamentais, pois a súa refinaría mozambicana posuía unha cota demercado protexida do 50%, unha prerrogativa que se debeu, en boamedida, á boa relación que Jorge Jardim tiña co goberno de lisboa. Encontrapartida, Jardim viu aumentar a súa influencia en mozambique, enos países limítrofes, polo feito de traballar con boullosa: «o petróleo eraun circuíto de moito diñeiro, altas cabalarías e poder multiplicable».24

Efectivamente, os negocios de manoel Cordo boullosa no sector dopetróleo estaban entón en claro ascenso, e a vida íalle moi ben. é nestaépoca, en 1962, cando casará por segunda vez, coa parisiense nicole, de40 anos, matrimonio do que resultará dous anos despois o nacemento dasúa filla paula Isabel.25 a comezos de 1963, sonarEp abría unha sucur-sal na república sudafricana, sonarEp (south africa), pty. ltd., unhadistribuidora de combustibles que chegou a dispoñer de 200 estacións deservizo, así coma sonarEp (swaziland), a súa equivalente en swazilan-dia, que contou con 12 estacións de servizo.26 utilizando unha vez máisos empréstitos de Jorge Jardim, boullosa estableceu tamén unha asocia-ción entre sonap e o entón presidente Hastings banda do malawi, unpaís veciño de mozambique, constituíndo en febreiro de 1966 a oilCompany of malawi ltd. (oIlCom), cun capital de 10 millóns de escu-dos, e onde unha sociedade na cal participaba o presidente banda dispo-ñía do 60%. En consecuencia, Jorge Jardim era nomeado director daoIlCom, así coma cónsul de malawi na beira, cidade onde residía. deacordo con Jardim, a pesar de «relativamente pequeno, o mercado demalawi era considerado unha saída ideal para varios produtos da pe -quena refinaría de lourenço marques»,27 feito comprobado polo 30%

Manoel Cordo Boullosa 561

Page 548: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 562

que a empresa de boullosa chegou a posuír no mercado de distribuciónde combustibles daquel país. o empresario, que tiña como ambición ob -ter concesións petrolíferas practicamente para todas as colonias portugue-sas de áfrica, expandiu aínda a súa actividade a angola —a través dunhaasociación coa Federal mynbou, unha empresa sudafricana integrada nogrupo general mining, de raíz afrikaans—, onde instalou a sociedadeangolana de petróleos, e tiña proxectos moi avanzados para Cabo verde,os cales non foron concretados só en virtude das alteracións políticasrexistradas a partir do 25 de abril de 1974, cando foi derrubado o réximedo Estado novo.

na súa estratexia de ampliación da actividade empresarial a áfricaaustral, manoel Cordo boullosa atopou algunhas dificultades para esta-blecer negocios con rodesia, actual zimbabwe. Efectivamente, rodesiafora albo de sancións económicas por parte da organización das naciónsunidas e do reino unido, debido á declaración unilateral de indepen-dencia, decretada en novembro de 1965 pola minoría branca lideradapolo primeiro ministro Ian smith; pasou entón a ser apoiada apenas polosgobernos de sudáfrica e de portugal. Entre as sancións decretadas polaonu, incluíase o bloqueo ao porto da beira, que o reino unido aseguroude inmediato co envío dunha escuadra de navíos de guerra, incluíndo unportaavións.

a situación complicouse en marzo de 1966, cando o navío petroleiroIoana V conseguiu furar o bloqueo e entrar no porto da beira con 16.000toneladas de cru e co obxectivo de descargar petróleo para rodesia. Estefeito agravou as relacións entre portugal e o reino unido xa que os bri-tánicos ameazaban con desembarcar tropas na zona de costa periféricaao porto da beira, situación que provocou algunha aprehensión nos xefesmilitares portugueses. Estes ordenaron o desprazamento dun númeroconsiderable de efectivos militares para aquela rexión, con vistas a afrontarun eventual desembarque de tropas británicas. Con todo, esta situacióntan crispada non impediu que manoel Cordo boullosa tentase expandiros seus negocios petrolíferos a rodesia, decisión para a cal contaba, unhavez máis, cos bos oficios de Jorge Jardim.

de feito —en virtude da situación de bloqueo no que o seu país se ato-paba—, Ian smith estaba tamén interesado en agradar a Jardim co fin degarantir o mantemento das vías de reabastecemento en mercadorías a tra-

Page 549: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

vés do porto da beira, e de petróleo polo oleoducto de Chimoio (unindounha terminal marítima da beira a umtali, actual mutare), as cales eranfundamentais para a subsistencia de rodesia independente. Efectiva-mente, a resolución 221 do Consello de seguridade da organización dasnacións unidas chamaba a todos os Estados para procuraren o máximoesforzo no corte de relacións económicas con rodesia, incluíndo oembargo de petróleo bruto e de produtos petrolíferos; chamaba mesmo aque o goberno portugués non permitise o bombeo de petróleo polo oleo-ducto de Chimoio. ante os rumores de que manoel Cordo boullosa llevendía petróleo a rodesia, a Compagnie Française des pétroles advertiulleseveramente —a pesar da vella relación empresarial entre ambos—, deque se lle cortaría o fornecemento das vías de petróleo no caso de que llefixese algún abastecemento a aquel país. Jorge Jardim, que acompañou aboullosa na súa viaxe a parís para discutir o asunto, relatou que atoparan

[…] o máis frío e mesmo agresivo rexeitamento a calquera colaboración.o presidente da Compagnie Française des pétroles (monsieur de metz)confirmounos nos termos máis severos que […] non só nunca participa-ría no abastecemento de rodesia, senón que nos advertiu de que o sub-ministro de refinaría de mozambique correría perigo se as compañíasportuguesas non aplicaban rigorosamente as sancións.28

de inmediato, o propio boullosa envioulle un telegrama ao secretarioxeral da onu no que lle garantía que non efectuaría ningún abastece-mento de petróleo a rodesia.29 no entanto, salientará máis tarde, «eu ven-díalle petróleo a sudáfrica, onde tiña moitos negocios. E pasei, nesa alturado bloqueo a rodesia, a venderlle máis petróleo a sudáfrica. o destino quetivo ese petróleo non o sei».30 Efectivamente, non hai ningunha proba deque manoel Cordo boullosa lle vendera petróleo a rodesia. non obstante,testemuñas oculares relataban naquela época que vían pasar regularmentenas estradas que conducían a rodesia unha gran cantidade de camións cis-terna, idénticos aos que transportaban combustibles que levaban no seuexterior simplemente a palabra milk.

Manoel Cordo Boullosa 563

28 JardIm (1978).29 antunEs (1996).30 antunEs (1996).

Page 550: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

31 antunEs (1996).

non foi a única vez que a actividade empresarial de manoel Cordoboullosa levantou sospeitas de contrariar decisións internacionais. En1967, cando os países árabes produtores de petróleo, membros da orga-nización dos países árabes Exportadores de petróleo (opEp) decretou oembargo ao fornecemento de petróleo a varios países occidentais, entreos cales estaban os Estados unidos de américa, a través do cal Israel eraabastecido de petróleo, foron varias as voces que sinalaron a implicaciónde empresas de boullosa no boicot a aquel embargo. bastantes anos máistarde, en 1994, o propio empresario relatará como acontecera todo:«Cando foi a guerra dos seis días —entre os árabes e Israel— os árabesdecidiron que non lle vendían petróleo nin a portugal nin a Estados uni-dos. o dr. salazar chamoume e eu díxenlle: “señor presidente, somostan pequenos que en calquera sitio podemos atopar o petróleo que nosfai falta!”. despois de tres ou catro días, recibín unha chamada do presi-dente dunha compañía de arabia saudita na que me dicía que pasaríapor lisboa ao día seguinte, ao mediodía, e na que me pedía que eu foseao porto para falar alí con el. díxome que arabia saudita lle vendería amozambique todo o petróleo que eu quixese. Eu ía para atenas e mandeiá miña oficina en londres que lle enviasen un telegrama a Jorge Jardimco fin de que el estivese informado e o comunicase. Fun directo do aero-porto da portela [en lisboa] ao gabinete do dr. salazar. pedinlle ao xefedo seu gabinete que lle dixese que non se preocupase porque ía ter petró-leo árabe en mozambique. Como era unha boa noticia, o xefe do gabi-nete do dr. salazar mandoume entrar. Falei co dr. salazar, conteille oque acontecía e el díxome: “por suposto, entendo: en mozambique haiun millón de musulmáns!”. El sabía todo o que pasaba».31

a exitosa actividade empresarial que manoel Cordo boullosa desen-volveu en áfrica austral non lle fixo esquecer os intereses que mantiñaen portugal, nomeadamente no sector do petróleo. a comezos dos anossesenta, a refinaría de saCor en cabo ruivo, que ata entón viña ampliandocontinuamente as súas instalacións —proceso que, en realidade, se iniciarao ano seguinte ao da súa inauguración en 1940— xa non podía sufrirnovas ampliacións, tanto máis porque a súa proximidade á cidade de

Empresarios de Galicia 564

Page 551: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

lisboa tamén o imposibilitaba, por razóns ambientais, de saúde e ecolóxicas.portugal rexistraba tamén naquela época un desenvolvemento económicoprogresivo, en parte resultante da abertura producida pola entrada do paísna EFta en decembro de 1959, situación que suscitou un aumento cre-cente de combustibles, tanto na industria coma no sector dos transportes.

En 1961, a dirección xeral de Combustibles solicitoulles ás empre-sas petrolíferas (sonap, saCor, Esso, mobil, shell) que concretasenpropostas sobre a abertura dunha segunda refinaría en portugal, que seríainstalada no norte do país, na zona de porto, tamén co obxectivo de des-centralizar xeograficamente o refinado de petróleo, co fin de garantir oequilibrio na totalidade do país e a satisfacción das necesidades do abas-tecemento do mercado interno. nesa consulta estarán implicados ogrupo saCor e CuF (Compañía unión Fabril) que agora procurabaentrar no rendible sector da fabricación e distribución de produtos petro-líferos. dada a posición privilexiada de sacor no mercado de combusti-bles en portugal, todo indicaba que a solución dependería da vontadedaquela empresa, a cal prefería unha solución negociada directamente

Refinería da SONAREP naMatola, cerca de Maputo,

Mozambique

Manoel Cordo Boullosa 565

Page 552: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

32 rIbEIro, FErnandEs e ramos (1987).

co goberno, onde ela conservaría a súa situación dominante. por outrabanda, as outras empresas do sector, shell, mobil e sonap, e aínda CuF,preferían o concurso.

a solución para este conflito de intereses resultou ser unha típica reso-lución salazarista na que a imposición da conciliación substituía asopcións pola ruptura. deste xeito, constituíuse un «consorcio formado porsaCor e sonap que mentres intercambiaron participacións: o compro-miso traducido en despacho de maio de 1964 foi precedido por un acordoentre as administracións de saCor e sonap de novembro de 1963.Comezara ademais a obrigatoriedade da implicación do grupo CuF enfuturos desenvolvementos na área petroquímica e o reforzo das presenzasmoi minoritarias de shell e de mobil».32 a partir de agora, a sonap pode-ría utilizar as refinarías da saCor para o tratamento en cru de petróleo.

A actividade no sector financeiro

a actividade empresarial que manoel Cordo boullosa desenvolveu aolongo de décadas non sería posible sen a súa inserción no sector financeiro.desde moi cedo o empresario comprendeu perfectamente esa necesidade,polo que non causa sorpresa velo relacionado co banque de paris et pays-bas, xa nos anos trinta. no entanto, non conseguiu obter neste sector omesmo éxito que acadara no do petróleo. aínda así, as posicións financei-ras que acadou chegaron a ter certa importancia e fixéronse máis fondas aolongo dos anos segundo a súa carteira de negocios se enriquecía.

Foi soamente a comezos da década dos sesenta, pouco antes da eclo-sión da emigración cara a Francia e alemaña, cando manoel Cordo bou-llosa comezou a adquirir unha posición significativa no sector bancario,comezando por adquirir o 70% do banque Franco-portugaise, moi activona captación de remesas de emigrantes, no cal xa anteriormente tiña comosocio ao bnu (banco nacional ultramarino). tivo tamén unha participa-ción no banco Fonsecas & burnay, do cal chegou a ser administrador,durante dous anos, 1967 e 1968, e tamén en 1966, no seu antecesor, obanco Fonsecas, santos & vianna. En 1970, xunto co banco nacional

Empresarios de Galicia 566

Page 553: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ultramarino, fundou o lissabon bank ag, en düsseldorf, do cal foi presi-dente, así coma do banco pinto de magalhães, en brasil. neste último paísfoi tamén administrador do banco Itaú. En decembro de 1973, debido aque o grupo Jorge de brito/Jorge gonçalves pereira se desfixo da maioríadas súas participacións, preto de 40.000 accións, no Crédito predial portu-guês, manoel Cordo boullosa converteuse en accionista maioritario destebanco e asumiu o control do respectivo consello de administración o 20 defebreiro de 1974. malia isto non estaría moito tempo á súa fronte en vir-tude das nacionalizacións do sector bancario, que seguiron ao golpe militardo 25 de abril de 1974.33

Os novos desafíos do marcelismo

o crecemento da economía portuguesa, principalmente ao longo dadécada dos sesenta e comezos da dos setenta —durante a cal o produtointerno bruto medrou un 6,2% entre 1959 e 1965 e un 7,5% entre 1966e 1973—, esixía que, ao aproximarse a fin da década dos 60, se tomasendecisións no sentido de crear as iniciativas industriais e as infraestruturasque a economía necesitaba co fin de garantir aquel ritmo de desenvolve-mento. deste xeito, a partir de 1969 e coincidindo co novo goberno demarcello Caetano, que contaba cun pequeno e máis dinámico grupo detecnócratas—, foi impulsada unha serie de grandes proxectos industriaise de infraestruturas, os cales foron fortemente disputados polos principaisgrupos económicos nacionais, como a CuF, Champalimaud e saCor.

no que atinxe ao sector petrolífero, que gañaba cada vez máis impor-tancia, foi entón publicado no Diário do Governo, o 4 de novembro de1970, unha orde ministerial na que se estableceron as grandes directricesda expansión da capacidade de refinado e da instalación das petroquímicasde aromáticos e oleoderivados en portugal continental; isto desencadearáunha profunda reorganización daquel sector, así coma o asentamento dasbases dunha industria petroquímica diversificada. no contorno desta, des-tacaba a decisión de instalar unha nova grande refinaría no sur do país,cunha capacidade de fabricación de 10 millóns de toneladas/ano de pe-

Manoel Cordo Boullosa 567

33 marQuEs (1989).

Page 554: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

34 rIbEIro, FErnandEs e ramos (1987).

tróleos brutos e dos seus residuos, así coma un complexo petroquímicode oleoderivados, o cal, en conxunto, representaba o maior investimentoque ata entón se realizara naquel sector en portugal. deste xeito, satisfacíaseamplamente o crecente consumo nacional de produtos de petróleo, ousexa, a procura interna dunha forma de enerxía secundaria esencial aopretendido desenvolvemento. ademais diso, as esperanzas depositadas naprodución da nova refinaría ían máis lonxe, unha vez que procuraban sa-tisfacer tamén a exportación de produtos refinados. ao concurso para aatribución desta concesión concorreron tres consorcios: un, con partici-pación da saCor, Fundação Calouste gulbenkian e polas distribuidorasshell, mobil e bp (as tres compañías petrolíferas estranxeiras con actividadede distribución en portugal); o segundo, resultaba da asociación entreCuF e sonap, e prevíase para o futuro a implicación dun grupo inter-nacional (que tería ata o 10% do capital da nova sociedade); e un terceiroque estaba integrado sobre todo por empresas do grupo Champalimaud,baixo a dirección da Química geral (mozambique).34

Eran moitos os intereses en xogo —e o negocio era tamén bastanteapetecible—, polo que sonap de manoel Cordo boullosa se verá obrigadaa proceder a unha serie de reformulacións, incluíndo as alianzas empre-sariais co fin de colocarse nunha posición que lle proporcionase algunhasgarantías de poder vencer o concurso, principalmente cando constatouque saCor se asociara coas grandes multinacionais do sector. Efectiva-mente, sonap, que estaba asociada a saCor desde 1963, canda a decisiónpara a construción da refinaría no norte do país, en leça da palmeira,matosinhos (inaugurada o 5 de xuño de 1970), irá refacer as súas alianzas,proceso que se iniciou coa venda do 10% do banco Fonsecas & burnaya CuF, co fin de permitir a entrada desta no sector petrolífero. por outrolado, a Compagnie Française des pétroles, abandonará progresivamenteos seus negocios en portugal e cederá as súas posicións accionistas en sa-Cor (en 1970) e en sonap (en 1973) á Fundação Calouste gulbenkian.Finalmente, será «establecido un cadro básico de relacións entre as dúasempresas que pasarían a explotar o refinado de petróleos a partir da presenzado Estado como accionista de saCor, de sonap e de petrosul; da presen -

Empresarios de Galicia 568

Page 555: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

35 rIbEIro, FErnandEs e ramos (1987).

za da Fundação Calouste gulbenkian como accionista de saCor e desonap; e das participacións cruzadas de saCor e de sonap, establecidascanda o lanzamento da refinaría do norte e agora mantidas».35

o 12 de novembro de 1971, a través do decreto lei núm. 497/71, ogoberno decidiu concederlle a explotación da nova refinaría do sur aoconsorcio entre sonap e CuF, baixo a forma de sociedade anónima deresponsabilidade limitada, cun capital inicial mínimo de 755 millóns de escudos, no cal o Estado participaba gratuitamente nun 34%. rompí-ase, así, o monopolio de saCor no sector do refinado de petróleo, o cal,durante trinta anos, o compartira co bpa —banco português do atlân-tico, co bEsCl —banco Espírito santo e Comercial de lisboa— e coaFundação gulbenkian, dispoñendo de dúas refinarías: cabo ruivo eleça da palmeira (matosinhos). ao ano seguinte, aquel consorcio for-mará unha empresa de capital mixto, a petrosul (sociedade portuguesade refinación de petróleos) sarl, e aínda outra empresa, a Cnp (Com-pañía nacional de petroquímica), sarl, para concretar as bases do com-plexo petroquímico de oleoderivados para ser implantada xunto á novarefinaría. a pesar de que en todas as propostas presentadas polos diferen-tes consorcios se indicaba como localización preferente para a nova refi-naría a beira sur do texo ou a península de setúbal, o goberno optoupor instalala xunto a un novo porto de augas fondas —de nova constru-ción, na ata entón tranquila e hospitalaria vila alentexana de sines— porcousa de que tanto a foz do texo coma a de sado estaban limitadas polassúas respectivas entradas, aínda que presentasen unhas condicións deabeiro excelentes. ademais diso, sines presentaba mellores condiciónsxeográficas para diluír facilmente a polución atmosférica, para o cal con-tribuían moito as vastas áreas boscosas existentes ao norte daquela vila. arefinaría de petrosul —a terceira e a maior de portugal— apoiada por tec-noloxía francesa, iniciou entón a súa construción, que se concluíu en1978, data a partir da cal comezou tamén a produción.

En 1970, nunha carta que lle enviou ao primeiro ministro marcelloCaetano, manoel Cordo boullosa escribíalle, alarmado pola situación donegocio do petróleo en mozambique, onde a súa posición hexemónica

Manoel Cordo Boullosa 569

Page 556: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

36 antunEs (1995).

parecía estar en risco, e solicitáballe igualmente unha audiencia: «aindustria de petróleos en mozambique serviu o interese nacional contotal devoción […]. non obstante, están anunciadas medidas que condu-cen á destrución daquela industria. se as medidas son ou non legais, seelas son ou non morais, pouco importa de momento».36 as preocupa-cións de boullosa derivábanse, moi posiblemente, da posibilidade de quea norteamericana gulf oil explotase petróleo en mozambique, o que sig-nificaba ter que concorrer coa maior empresa mundial do sector. a pesarda alarma suscitada por aquela posibilidade, o goberno rematou deci-dindo —para ledicia do empresario—, non autorizar a entrada do colosonorteamericano no mercado nacional.

aínda que manoel Cordo boullosa mantivese unha estreita relaciónco réxime do Estado novo, non deixou de conservar sempre unha grandeindependencia, o que o levou a apoiar os proxectos reformistas do sectorliberal e tecnocrático do goberno de marcello Caetano, que procurabaatopar solucións, nomeadamente políticas, para as dificultades que oréxime afrontaba daquela. é o caso, por exemplo, da súa participaciónno capital social do semanario Expresso do deputado liberal Franciscopinto balsemão, xurdido en xaneiro de 1973, o cal defendía tamén as po-sicións de sEdEs (asociación para o desenvolvemento Económico e so-cial), actitude que non foi ben vista polo goberno de Caetano. Constituídaen 1970, sEdEs integraba un sector tecnócrata que defendía unha políticade liberalización económica encadrada nunha progresiva democratizacióndo réxime. xa anteriormente —en 1970— boullosa dera probas da súaindependencia ao convidar a mário soares, entón exiliado en parís, paraservir como asesor xurídico do banque Franco-portugaise, o cal desagradouprofundamente a marcello Caetano. o entón primeiro ministro chegoua enviar a parís a César moreira baptista —que daquela era secretario deEstado da Información— para interpelar directamente a boullosa pordarlle emprego a unha persoa non grata ao réxime. segundo soares, «bou-llosa respondeulle que, se algunha vez as cousas desen unha volta en por-tugal, faría con el, moreira baptista, o mesmo que estaba a facer con

Empresarios de Galicia 570

Page 557: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

37 avIllEz (1996).38 FErnandEs (2003).

mário soares».37 ademais, e manifestando unha vez máis a súa indepen-dencia, ao empresario gustáballe dicir que nunca despedira a ninguénpor motivos políticos: incluso chegou a readmitir en sonap a dous tra-balladores da empresa que foran presos pola pIdE, a odiosa policía políticado réxime. tamén procuraba pagar salarios máis altos. deste xeito, sonapfixo en 1969 un plan de pensións de supervivencia,38 aspecto que cómpresalientar nun país no que a asistencia social era entón aínda moi insufi-ciente. do mesmo modo asumiu claramente as súas responsabilidadessociais, mesmo antes do 25 de abril e a el débese a fixación dun salariomínimo na industria petrolífera, a institución dun sistema de servizo mé-dico-hospitalario e a tramitación de liñas de financiamento para que ostraballadores das súas empresas adquirisen casa de seu.

O 25 de abril e as nacionalizacións

un empresario como manoel Cordo boullosa, que estivo ligado aalgúns dos maiores proxectos económicos en portugal desde a década dos30 e que construíu un forte imperio económico durante o réxime desalazar/Caetano —co cal mantivera unha relación privilexiada— atopá-base necesariamente nunha situación delicada a partir do momento noque aconteceu unha ruptura radical que cuestionou fortemente aquelmesmo réxime. boullosa comprendeu rapidamente as consecuenciasque podería desencadear a alteración da situación política en portugal,ben no seu imperio económico, ben en relación coa súa propia integri-dade física. o golpe de Estado do 25 de abril de 1974 desencadeara, caseque de inmediato, un proceso revolucionario con obxectivos de naturezasocialista, cun poderoso movemento popular que reclamaba a condenade todos os que estaban implicados no réxime do Estado novo.

En maio de 1974 a radicalización do movemento popular esixiu dosmilitares do mFa (movemento das Forzas armadas) así coma do I gober -no provisional, medidas firmes contra todas as personalidades con res-ponsabilidades no réxime deposto, comezando unha vaga de depuracións,

Manoel Cordo Boullosa 571

Page 558: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

39 FErnandEs (2003).40 FErnandEs (2003).

tanto no sector público coma no privado, así coma de encarceramentosde banqueiros e de empresarios, acusados de sabotaxe económica e defuga de capitais. o 21 dese mes, manoel Cordo boullosa foi avisado porun militar de que sería preso ao día seguinte. partiu o máis axiña posiblepara galicia, aínda que máis tarde afirmara que saíra de portugal «porquetiña outros intereses no estranxeiro que reclamaban a súa presenza». unhadas acusacións que pendían sobre el era a de que fixera saír das caixas desonap para o estranxeiro preto de dous mil millóns de escudos. nestaaltura […] unha aseguradora francesa avaliara a súa fortuna en 100.000millóns de escudos.39

os intereses económicos que mantiña no estranxeiro permitíranlle,no entanto, acometer as mudanzas ocorridas nunha situación máis fa -vorable ca a maioría dos empresarios portugueses. pouco tempo despois da súa ida para galicia partiu para parís, onde tiña o seu banque Fran-co-portugaise, o que lle permitía manter unha posición independente econtinuar a desenvolver a súa actividade empresarial. no entanto, o 16de abril de 1975, coa nacionalización de todas as empresas petrolíferas decapital nacional —saCor, sonap, CIdla e petrosul—, a través da pro-mulgación do decreto lei núm. 205-a/75, a situación altérase por com-pleto. no mesmo diploma prevíase a reestruturación das empresasnacionalizadas para o cal foi constituída unha comisión co gallo de con-cretar aquel obxectivo; así o 26 de marzo de 1976 creouse a empresa pú-blica petrogal (petróleos de portugal, Ep) que agrupaba as catro empresasque foran nacionalizadas. pouco despois, a súa herdade do roncanito,próxima a évora, onde a boullosa lle gustaba organizar as súas cazarías,foi ocupada polos traballadores rurais no ambiente do movemento de ocu-pacións de terras no alentexo e da reforma agraria que, mentres, se des-encadeara. segundo boullosa, a herdade do roncanito era unha unidademodélica «con mil hectáreas en reguengos de monsaraz, tiña 480 vacasleiteiras dun total de 1000 cabezas e dispoñía dunha instalación leiteirado mellor que había en Europa. posteriormente, seríanlle restituídas 700hectáreas».40

Empresarios de Galicia 572

Page 559: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

41 FErnandEs (2003).42 FErnandEs (2003).

durante este período asistiuse en portugal a unha alteración radicalda estrutura económica; destacou o proceso das nacionalizacións dosgrandes grupos industriais e financeiros, e o movemento da reforma agra-ria, procesos nos que os respectivos traballadores desenvolveran un papeldeterminante. deste modo, non sorprende que tamén xurdiran proble-mas no banque Franco-portugaise, cunha folga dos traballadores. bou-llosa rematou vendéndolle o banco a miguel Quina, un banqueiro queata 1975 estivera ligado a outro dos principais grupos económicos portu-gueses. En 1977 manoel Cordo boullosa partiu para brasil, onde adqui-riu o banco pinto de magalhães, fundou a sociedade agropecuaria ka -ritel, propietaria de 40.000 hectáreas no estado de baía, ademais doutrasempresas como Ebra e Fabra.41

aínda antes de establecerse en brasil, e a pesar de que non residiseentón en portugal, manoel Cordo boullosa chegou a ter algún protago-nismo na situación política que o país vivía entón —aínda que discreto,como era o seu aquel de proceder—, apoiando financeiramente —xuntocon outras figuras ligadas á banca e á industria antes do 25 de abril— ossectores que se opoñían e procuraban contrariar o proceso revolucionarioen curso. Entre estes contábase o mdlp (movemento democrático paraa liberación de portugal), constituído o 5 de maio de 1975 e que esta bapresidido pelo ex-xeneral antónio de spínola, entón exiliado en madrid,e que recibía apoio da CIa, así coma unha prudente axuda de davidrocke feller. Con vastos e importantes intereses nas antigas colonias por-tuguesas de áfrica, manoel Cordo boullosa non podería quedar indiferenteante o rumbo que aqueles territorios estaban a tomar unha vez que se ob-tivera a independencia en 1975 e nacionalizara os bens que posuía alí,principalmente en mozambique. Joaquim Chissano, que foi primeiroministro do goberno de transición, antes da independencia de mozam-bique en 1975, chegou a propoñer que sonap permanecese naquel país,aínda que como accionista minoritaria. Cordo boullosa «decidiu nonaceptar o plan de entrega do 51% da refinaría ao Estado mozambicano eo proceso pasou a ser liderado polos seus históricos socios da CompagnieFrançaise des pétroles».42 o empresario acabará por implicarse coa renamo

Manoel Cordo Boullosa 573

Page 560: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

43 FErnandEs (2003).44 FErnandEs (2003).

(resistencia nacional mozambicana) que a partir de 1976 comezou unhaloita armada contra o réxime no poder en mozambique ao subsidiar aguerrilla que aquela desenvolvía.

naquel ano de 1975, boullosa rexeitará un convite para presidir ungrupo de personalidades que procuraban auxiliar a repatriación dos por-tugueses que vivían nas colonias africanas e que non tiñan medios pararegresar a portugal. ante o rexeitamento do empresario, o 13 de agostofoille renovado o convite, esta vez poñendo á súa disposición sete aviónsda Cruz de malta e catro da Cruz vermella Internacional; boullosadeclinou de novo co argumento de que era unha oferta dun gobernoestranxeiro. máis tarde, confesou que «unha vez máis errei. Faría un bopapel e daríalles, certamente, unha axuda excelente aos meus compatrio-tas que regresaban en dificultades. mais era para min impensable o queacabou acontecendo»,43 referíndose ás condicións tráxicas nas que seprocedeu a aquela repatriación.

Coa progresiva estabilización da situación política en portugal iniciadadespois do 25 de novembro de 1975, manoel Cordo boullosa, a quen sem-pre lle gustou manter unha boa relación co poder, iniciou unha implica-ción prudente na vida política e, principalmente, económica, do país. Ensetembro de 1977 «rachou un silencio de anos para falar da necesidade dorestablecemento de relacións entre portugal e China, o que era vital parao noso país veciño. o home dos petróleos fora escollido por beijing pa -ra facerlle chegar, ao goberno portugués, algunhas das súas mensaxessobre macau».44 tal e como xa ocorrera no pasado, boullosa actuabacomo intermediario entre o goberno portugués e, neste caso, o da repú-blica popular de China, co fin de chegar os dous a un acordo sobre o fu -turo da colonia de macau.

durante o período no que se mantivo no estranxeiro, manoel Cordoboullosa non deixou de darlle continuidade á súa actividade empresarial,incluíndo os negocios que mantiña en portugal, a pesar das vicisitudespolas que pasaron durante o turbulento período posterior ao 25 de abril.Cando regresou, en 1987, creou a sonacin (sociedade de Investimentos

Empresarios de Galicia 574

Page 561: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Manoel Cordo Boullosa 575

Financeiros, s. a.) «a cal se converteu no seu holding , que agrupou asparticipacións na Impregest (10%) sociedade de control de Franciscopinto balsemão na área dos medios de comunicación, na sociedadeComercial orey antunes s. a., e no bIg (banco de Investimento global),entre outros investimentos. Fixo aínda un investimento en petrogal […]de case un 1% do seu capital (preto de 2000 millóns de escudos)».45 Enmaio de 1989, petrogal transformouse nunha sociedade anónima aíndaque o Estado se mantivo como detentor da totalidade do capital. En 1992iniciouse a reprivatización desta empresa: o Estado quedou como detentordo 75% do capital e o restante 25% nas mans do consorcio privado petro-control. En 1995 foi alterada a distribución do capital da petrogal dexeito que quedou o Estado co 55% e os accionistas privados co 4%. porfin, en 1999, constituíuse o grupo galp (petróleos e gas de portugal,sgps, s. a.) holding que pasou a deter o 100% de petrogal. manténdosefiel á súa postura de sempre —de salvagarda dos intereses nacionais—,manoel Cordo boullosa, xa próximo á fin da súa vida, aínda tivo forzaspara loitar pola salvagarda da posición portuguesa en galp, ante a presióndo grupo petrolífero EnI —o maior de Italia— para controlar boa partedas accións daquela empresa, aspiración que se faría realidade. boullosatentou manter unha participación directa en galp —sobre todo porquedesde 1992 participaba no capital da petrocontrol, a través de dous lotesde accións, un persoal, outro a través da sonacin—, e chegou mesmo asolicitarlle ao goberno a autorización necesaria. no entanto, acabou porrecuar, aínda que, pouco antes de morrer, impuxera as condicións paraque se concretase o negocio italiano en galp.

Unha alma galega

unha das principais características persoais de manoel Cordo bou-llosa residía nunha lúcida visión estratéxica —ben patente na súa opción,na década dos trinta, polo investimento no sector dos combustibles—,que o acompañou ata o final da súa vida. aínda que fora un dos máis des-tacados empresarios portugueses antes do 25 de abril —chegando a cons-

45 FErnandEs (2003).

Page 562: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

tituír a segunda fortuna do país—, e mantivera unha boa relación copoder de entón, a súa alma galega aconselláballe conservar unha pru-dente independencia política. así chegou a afirmar que «un empresarionon cede a presións». En realidade, esa alma galega, ben perceptible nasúa acción, era tamén unha alma portuguesa, xa que os dous países con-servan unha cultura e orixes comúns, apenas separadas por un caprichohistórico que introduciu o río miño como fronteira.

moi frío e lúcido nos negocios, boullosa era discretísimo, austero eapreciaba o traballo por enriba de todo. Foi coñecido como un negocia-dor sutil e determinado. Consideraba que «o segredo do negocio estabana racionalidade da xestión e no recorte dos gastos superfluos». Era unautodidacta e un grande amante da cultura, cultivando un grande amorpolos libros, ben traducido na súa implicación nas editoras bertrand,difel (en brasil e portugal), e Quetzal. por iso levou un gran desgustocando se viu afastado da primeira en 1998, como resultado dun contur-bado proceso. Cultivaba igualmente o gusto pola pintura e pola esculturae así xuntou ao longo da súa vida unha importante colección de obras dearte. ademais da faceta empresarial, era un dos socios máis antigos doClub de Fútbol os belenenses, de lisboa, e participou activamente navida do club; socio número 336, con máis de cincuenta anos de afilia-ción, foi presidente da asemblea xeral do club de 1971 a 1975, e durantelongos anos presidente do consello xeral.

manoel Cordo boullosa tivo sempre presentes as súas orixes galegas econtribuíu de diversas formas a axudarlles aos galegos que vivían en portu-gal. En 1989 ofreceulle á xuventude de galicia, unha asociación con sedeen lisboa, o fastoso palacete que actualmente ocupa no Campo de san-tana, precisamente a antiga sede do Crédito predial portugués, da que forao accionista maioritario. a súa dedicación por galicia foi recoñecida polaxunta, que en xuño de 1991 lle concedeu a medalla Castelao; na reunióndo 7 de xuño do 2000 concedeulle, a título póstumo, a medalla de ourode galicia, en recoñecemento pola súa traxectoria empresarial, do seucompromiso con galicia e coa colonia galega da capital portuguesa.

o 6 de abril do 2000, con 94 anos, manoel Cordo boullosa falecía nasúa Quinta dos pesos, onde residía, en Caparide, s. João do Estoril. Endiversas ocasións fóralle ofrecida a nacionalidade española, pero optousempre por manterse fiel ao seu país natal. no entanto, cando salazar lle

Empresarios de Galicia 576

Page 563: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

preguntou un día por que nunca contemplara aquela posibilidade, respon-deu: «non é verdade. Cando galicia for un país independente, pensareino asunto». talvez por iso nunca deixara de usar a inconfundible boinagalega.

marQuEs, a. H. de oliveira (1989): Com-panhia Geral de Crédito Predial Portu-guês: 125 anos de história, lisboa, Créditopredial português (colab. de Jorge ramosdo ó, e sérgio bustorff Fortunato).

pErEIra, José aser Castillo (2002): «a sonapno comércio e indústria de petrolíferos»,en arlindo barbosa HEnrIQuEs et al.:65 anos de petróleo en Portugal: Uma his-tória de interesses, de acção e de progresso,lisboa, Companhia das Cores.

rIbEIro, José Félix, lino gomEs FErnan -dEs e maria manuel CarrEIra ramos

(1987): «grande indústria, banca e gru-pos financeiros–1953-73», Análise Social,xxIII (99), pp. 945-1018.

rosas, Fernando (1986): O Estado novo nosanos trinta: elementos para o estudo danatureza económica e social do salazarismo(1928-1938), lisboa, Editorial Estampa.

vaz, Carlos lopes (2004): «a engenhariana indústria petrolífera», en aa. vv.: Mo-mentos de inovação e engenharia em Por-tugal no século XX, lisboa, publicaçõesdom Quixote, vol. III, pp. 308-318.

Manoel Cordo Boullosa 577

Fontes documentais

arquivo nacional da torre do tombo

— «rumores sobre irregularidades come-tidas na saCor», pt-tt-aos/d/C/11/1/2, 07/03/1942-01/06/1944.

Imaxes tiradas de:

HEnrIQuEs, arlindo barbosa et al. (2002):65 anos de petróleo en Portugal: Umahistória de interesses, de acção e de pro-gresso, lisboa, Companhia das Cores.

Bibliografía

antunEs, José Freire (org.) (1985): Cartasparticulares a Marcello Caetano, lisboa,publicações dom Quixote, 2º volume.

— (1996): A guerra de África: 1961-1974,lisboa, Círculo de leitores.

avIllEz, maria João (1996): Soares: Dita-dura e revolução, lisboa, público.

FErnandEs, FIlIpE s. (2003): Fortunas &Negócios, empresários portugueses do sé-culo XX, lisboa, oficina do livro.

gonzálEz, José Carlos (1995): ManuelBoullosa: Perfil dum homem e da sua ac-ção, lisboa, xuventude de galicia.

HEdgEs, david (1989): «notes on malawi-mozambique relations, 1961-1987»,Journal of Southern African Studies, vol.15, núm. 4, pp. 617-644.

HEnrIQuEs, sofia teives: «o desenvolvi-mento do sector petrolífero em portugal(1944-1961)», 2003; url: www.histo-riaenergia.com/imagens/conteudos/op1(stH).

JardIm, Jorge (1978): Rodésia – o escándalodas sanções, [lisboa], Intervençao.

Page 564: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

EDUARDO BARREIROS RODRÍGUEZ 1919-1992

Page 565: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

o 24 de outubro de 1919 naceu en gundiás —parroquia de san mi-guel do Campo, na provincia de ourense—, o que ía ser o maior empresarioprivado na historia do automóbil español: Eduardo barreiros rodríguez.o seu pai —Eduardo barreiros nespereira— logo de pasar algúns anosen Canarias, adquiriu en 1927 unha liña de autobuses que facía a rutaentre ourense e os peares (20 km). preocupado polas necesidades fami-liares, o neno barreiros, con 12 anos, comezou a traballar na liña comorevisor e como axudante nos labores de mantemento. non tivo tempo, xaque logo, de adquirir unha formación avanzada. desde a infancia, Eduardobarreiros non coñecera outra cousa que o ruxido dos motores.

tras pasar a guerra civil como condutor de vehículos militares ao ser-vizo do bando nacional, Eduardo barreiros volveu traballar no negociofamiliar, onde conseguiu ampliar a frota coa adquisición dun vello Che-vrolet e cun escangallado Ford; asemade, empezou a facer algunhasreconstrucións de vehículos para terceiros, de maneira que puxo a probaos seus dotes para a mecánica. Estas reconstrucións resultaron rendiblese Eduardo sentiuse orgulloso de financiar os estudos dos seus irmánsmenores (valeriano, José graciliano, maría, maría luz e Celso).

a mediados dos anos corenta, Eduardo barreiros convenceu o seu paipara vender a liña de autobuses e poder iniciarse nas obras públicas,cunha empresa familiar que sería en 1956 o xerme de barreiros Empresa

José Luis García Ruizprofesor titular da universidad Complutense de madrid

O MAIOR EMPRESARIO PRIVADO NA HISTORIA DO SECTOR AUTOMOBILÍSTICO ESPAÑOL

Retrato de Eduardo Barreiros, 1965

aproximadamente

Page 566: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 580

Page 567: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eduardo Barreiros Rodríguez 581

Constructora (bECosa) e coa que acudiría a concursos para melloras deestradas e obras nos portos (conseguiu un importante contrato en Caste-lló). Como gozaba de certa estabilidade, barreiros casou en 1946 condorinda ramos, filla dun gandeiro dunha vila próxima á súa, e instalouseen ourense. todo parecía irlle ben, pero barreiros volveu sentir a cha-mada dos motores e comezou a dedicar moitas horas á transformación adiésel daqueles vehículos industriais que os rusos deixaran en Españadurante os anos bélicos, os famosos 3HC (zIs-5). tivo moito éxito e, en1951, barreiros patentou o seu procedemento de transformación. ao anoseguinte, trasladouse a madrid, instalándose no quilómetro 7 da estradade andalucía, onde axiña barallou a posibilidade de fabricar os seus pro-pios motores.

o 16 de marzo de 1954 constituíuse a sociedade anónima familiarbarreiros diesel «para la fabricación de motores, camiones y tractores».a sociedade comezou fabricando o motor Eb-6 que Eduardo barreirosconseguira desenvolver a partir dun modelo perkins. moi pronto, dosmotores intentou pasar á fabricación de vehículos industriais e, cons-ciente das dificultades políticas existentes, en decembro de 1955, intro-duciu no consello a parentes do xefe do Estado como Francisco Francosalgado-araújo e Constantino lobo montero (en 1958 engadiríase Josémaría sanchiz sancho). aínda así, as autorizacións precisas do ministe-rio de Industria demoraríanse máis de cinco anos no que respecta a auto-móbiles de uso civil: a licenza foi solicitada en decembro de 1955 e nonse acadaría definitivamente ata xaneiro de 1961. as causas deste enormeatraso foron as presións exercidas polo campeón nacional do Institutonacional de Industria (InI) neste sector, é dicir, a Empresa nacional deautocamiones (Enasa), fundada en 1946. Esta oposición foi constantepor parte de Juan antonio suanzes, o presidente e forxador do InI, quese negou durante toda a súa vida a recibir no seu despacho a barreiros.

un feito decisivo para desbloquear a situación foi que barreirosgañou en 1957 un concurso para subministrar 220 camións ao exércitoportugués. nunha España tan necesitada de exportacións, grazas a esaoperación, as portas comezaron a abrirse para as ambicións de barreiros.o prototipo daquel camión, coñecido hoxe como el abuelo, foi realizadoen boa medida con pezas de desmantelamento, pero déuselle un deseñotan espectacular que conseguiu o obxectivo de impresionar as autorida-

Page 568: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Fotografía das páxinas anteriores: Autobuses daliña Ourense-Peares-Pantón,1934

Empresarios de Galicia 582

des portuguesas. En 1961 inaugurouse unha fábrica barreiros en setúbal,para intentar darlle continuidade a esta experiencia, pero non tivo éxito.

nos primeiros anos sesenta, a produción de camións por parte debarreiros diesel na gran factoría madrileña de villaverde —chegaría aocupar máis de 1,3 millóns de metros cadrados— medrou ata o punto deacadar a de Enasa. o financiamento deste vertixinoso proceso fíxoseprincipalmente con recursos propios, pero tamén coa axuda dalgunhasentidades bancarias, entre as que destacou o banco de vizcaya e o seudirector, tomás de bordegaray, que tomaron participación na sociedade.o único freo parecía ser a imposibilidade de descontar o gran volume deletras que xurdían das vendas a prazos. barreiros diesel era coñecidapolas grandes facilidades de pago que lles outorgaba aos seus clientes. En1962 Eduardo barreiros fíxolles un chamamento xeral ás autoridadespolíticas e aos principais bancos para que lle axudasen a mobilizar a car-teira de papel e así proseguir os investimentos necesarios, pero a respostafoi totalmente insuficiente.

En maio de 1960 barreiros diesel solicitou a ampliación da súa in-dustria de fabricación de motores e camións para producir automóbilesde turismo grandes (de cinco e sete prazas), susceptibles de ser usadoscomo taxis e onde poder aplicar os seus motores diésel. Como era de es-perar, ao mes seguinte, o campeón nacional do InI na fabricación de tu-rismos, a sociedad Española de automóviles de turismo (sEat) e opropio InI opuxéronse frontalmente, argumentando que xa existían modeloscomo o proposto (o seat 1400) e que era preciso contar con poucas fábricase cun volume de produción alto en cada unha delas. Era intención deEduardo barreiros producir o primeiro ano 2000 unidades; o segundo,4000; o terceiro, 7500; e a partir do cuarto ano, 10.000. o capital totalque tería que empregarse na ampliación sería de 100 millóns. para iso,Eduardo barreiros entraría en contacto con empresas británicas e trataríade obter patentes e asistencia técnica; primeiro, con Jaguar, coa que nonhoubo entendemento e, logo, con rootes, coa que se chegou a un principiode acordo.

os contactos de barreiros con fabricantes de turismos podemos con-sideralos parte da actuación normal no sector, onde son frecuentes as ten-tativas e exploracións. aínda en setembro de 1963, barreiros diesel facíaas súas previsións para os tres anos seguintes sobre a base de fabricar só

Page 569: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Chasis de camión conmotor Krupp transformadoa diésel, utilizado como publicidade polas rúas

de Vigo

Eduardo Barreiros Rodríguez 583

motores e camións. aínda sen turismos, as necesidades financeiras daempresa eran moi elevadas e, en xuño de 1963, tivo que considerar a cap-tación de capital mediante a emisión de accións ou obrigas por importenon inferior a 500 millóns de pesetas. mentres se adoptaba a decisión

comezou a tomar forma unha nova alternativa: darlle entrada na socie-dade a un grande investidor estranxeiro, que podería vir da man da libreinstalación de fábricas de automóbiles que autorizou o goberno por undecreto do 26 de xaneiro de 1963, completado pola orde ministerial do16 de marzo dese ano, sempre que a capacidade de produción superaseo primeiro ano as 75.000 unidades en turismos, 8000 en camións e auto-buses, 10.000 en tractores, 25.000 en motocicletas e 15.000 en motoresde ata 200 Cv.

no último consello de 1963, que tivo lugar o 13 de decembro, infor-mouse con bastante detalle dos contratos asinados, o 17 de xullo e o 31

Page 570: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 584

Page 571: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

de outubro, con Chrysler International, empresa con sede en xenebra eencargada dos negocios europeos do xigante norteamericano, «para la fa-bricación y montaje en España de productos Chrysler, su financiación yla distribución en España de todos los tipos de vehículos Chrysler quehasta ahora se fabrican en los Estados unidos y sus piezas y repuestos, asícomo los modelos que los sustituyan». segundo Eduardo barreiros deixouescrito nuns apuntamentos autobiográficos redactados contra 1975, «elconvenio no podía ser más favorable: pequeño royalty, toda la asistenciaprecisa, la red mundial de Chrysler y simca [empresa francesa controladapor Chrysler] a nuestra disposición (aunque después no cumplieron estecompromiso)». Chrysler International, en virtude do contrato do 31 deoutubro, concedíalle a barreiros diesel «licencia exclusiva en España parafabricar y/o montar y vender los vehículos de motor Chrysler que vayanacordando mutuamente ambas Firmas, así como asistencia técnica, in-formación y servicios relacionados con la fabricación y montaje de talesproductos cuando lo solicite barreiros diesel, s.a.».

a entrada de Chrysler International formalizaríase mediante unhaampliación de capital, pola cifra de 700 millóns, que tería dúas series: aa, por 300 millóns, reservada para os actuais accionistas; e a b, por 400millóns, que, tras a renuncia do dereito preferente de subscrición porparte dos actuais accionistas, se lle ofrecería a Chrysler Internationalcunha prima de emisión. o investimento de Chrysler foi, ao final, de1.185.644.601 pesetas por accións que tiñan un valor nominal de 457millóns; polo tanto, Chrysler pagou un prezo que non pode considerarsebaixo (estas cifras figuran nunha carta de Eduardo barreiros ao ministrode Industria, gregorio lópez-bravo, datada o 20 de xaneiro de 1967;lópez-bravo era o ministro ao que, nun memorándum de 1962, barreirospedira infrutuosamente 1000 millóns, «en un crédito concedido por unorganismo oficial» que se pagaría en dez anos que se cadra evitarían aentrada da multinacional).

desde o principio houbo desconfianza entre os conselleiros españoise os norteamericanos, como o proba o ocorrido no consello que tivo lugaro 31 de xaneiro de 1964. Eduardo barreiros comezou defendendo quecontinuase a fabricación do camión tipo saeta 25 lixeiro, de 4,5 toneladas,«mientras no se dé comienzo a la producción en serie de los camionesdodge de análogo tonelaje, estimando que la producción de estos últimos

Vista do interior dafactoría de Villaverde(finais da década dos cincuenta)

Eduardo Barreiros Rodríguez 585

Page 572: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

camiones no se iniciará hasta dentro aproximadamente de año y medio»(en 1966, ao saeta 25 acompañaríao o saeta 15, máis pequeno, de 1,5toneladas, pensado para a repartición urbana de mercancías). o conselleiroWarren r. Williams considerou entón «como muy deseable y probableel lanzamiento de los vehículos dodge antes de la fecha arriba mencionada,estimando que muchas fases de producción no necesitarán de nuevas in-versiones para lanzarlos al mercado». Este intercambio de opinións, ponde manifesto que Chrysler estaba disposta, desde o principio, a que a súamarca dodge estivera presente en todos os segmentos do mercado.

na citada reunión, Eduardo barreiros estendeuse sobre a produciónde camións de tonelaxe media e gran tonelaxe, e en particular sobre aserie experimental Centauro que, na súa opinión, tería «una muy favora-ble acogida en el mercado»; barreiros tamén falou da conveniencia deseguir exportando motores para obter divisas coas que importar elementosde orixe norteamericana para os vehículos Chrysler, aínda que lembrouque, segundo a autorización administrativa, había que reducir as impor-tacións para que en dous anos se puidese acadar unha alta porcentaxe denacionalización. Esta vez foi o conselleiro J. russell longon o que nondubidou ao dicir que no proxecto inicial se actuara conservadoramente eera preciso pensar xa en modificalo. Eduardo barreiros replicou adver-tindo de que todo era posible sempre que houbera «gran confianza y recí-proca colaboración». outro problema que xurdiu inmediatamente foi odos distribuidores. Eduardo barreiros apoiou que se lles dese unha opor-tunidade aos actuais concesionarios para que puidesen ser nomeadostamén concesionarios de Chrysler. pero o conselleiro Williams invocouentón á «obligación moral» que Chrysler tiña cos seus antigos concesio-narios e citou o caso da sociedad Española de Importación de automó-viles (sEIda), que o era desde había máis de trinta anos.

no que si houbo acordo foi en «producir un tipo de automóvil demenor tamaño que el dodge-dart que podrá introducirse en el sector co-rrespondiente al mercado». a iniciativa fora tomada por Chrysler, e erao conselleiro Irving J. minett o que establecera os contactos necesariospara fabricar en España o simca 1000. Eduardo barreiros apoiou a ideae ofreceuse para presentarlle a proposta ao ministerio de Industria. nasesión seguinte do consello, que tivo lugar o 6 de maio de 1964, tratousea fondo o asunto simca. mentres tanto, recibírase a visita do presidente

Empresarios de Galicia 586

Page 573: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

da empresa francesa e realizáranse estudos técnicos que estimaron necesarioun investimento de 500 millóns de pesetas para sacar adiante o proxecto.Eduardo barreiros sinalou que ata 300 millóns poderían conseguirse coconcurso de tres bancos industriais españois, pero o resto tería que vir doexterior «ya que las autoridades han indicado que teniendo barreiros unaparticipación del 40 por 100 de capital extranjero, es lógico que esta di-ferencia se cubriera con dinero de tal origen». no entanto, os conselleirosnorteamericanos discreparon: Williams considerou insuficientes os 500millóns e minett apoiou a firma dun simple contrato de licenza, asistenciae regalías con simca e que o financiamento se obtivese exclusivamentemediante préstamos. ao final, adoptouse por consenso esta solución, queimplicaba unha negativa de Chrysler a ampliar o capital exposto, o quetampouco lles viña mal aos socios españois que tiveron algún problemapara completar o desembolso da recente ampliación de capital (houboque prorrogar o prazo do 1 de agosto ao 31 de decembro de 1964). En se-tembro chegou a solución ao financiamento do «programa simca» en

Vista do primeiro taller daempresa Construcciones E.

Barreiros Automóviles en Ourense (década dos

cincuenta)

Eduardo Barreiros Rodríguez 587

Page 574: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

forma de créditos concedidos polo Chase manhattan bank, un dos prin-cipais bancos que sostiñan a Chrysler. Como proba do éxito destas nego-ciacións, o 7 de decembro de 1964, o propio presidente de simca, georgeHereil, entrou a formar parte do Consello de barreiros diesel, ao substituíro polémico conselleiro Williams. Isto ocorría á vez que se recibía a auto-rización do ministerio de Industria para fabricar en España o modelosimca 1000.

a finais de 1964, acadouse un novo acordo sobre a conveniencia deque barreiros diesel se fixese co control absoluto das súas filiais produtorase distribuidoras. o entendemento entre a facción barreiros e a facción

Os irmáns Barreiros xunto á primeira serie de camiónsmilitares para Portugal, 1961

Empresarios de Galicia 588

Page 575: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Fotografía das páxinas seguintes: Vista da plantade camións da Factoría Barreiros Diesel, 1963

Eduardo Barreiros Rodríguez 589

Chrysler parecía agora completo. o 18 de febreiro de 1965, minett foinomeado vicepresidente de barreiros diesel e Eduardo barreiros dixo queisto simbolizaba «las excelentes relaciones y colaboración existentes»;engadía que «se habían implantado con notorio éxito las normas de laorganización Chrysler, produciéndose una profunda reorganización en laEmpresa [gracias a] la eficaz colaboración y dinamismo del Consejo sr.[thomas s.] Habib». En decembro de 1965, todas as filiais industriais que-daron integradas en barreiros diesel e obtiveron do ministerio de Facendaa completa exención de impostos. Esta actuación era coherente coa filoso-fía xeral de Chrysler á que lle gustaba un alto grao de integración vertical(malia que non fose tan elevado coma o de Ford ou general motors).

Cando o 8 de xaneiro de 1966, o xefe do Estado, o xeneral FranciscoFranco, visitou a fábrica todo foron parabéns (na sombra, suanzes, oarquitecto do InI, en notas persoais manuscritas que se conservan no ar -chivo de Juan antonio suanzes, deixaría constancia do seu escándalo porver na prensa o xeneralísimo, catro ministros e José sirvent —o daquelapresidente do InI— acudindo á factoría de villaverde). no consello quetivo lugar ese día, o conselleiro minett expresou o seu desexo de felicitaro presidente polo acontecido e barreiros quixo que constase en acta «elrecuerdo de la colaboración que desde un principio prestó a la Compa-ñía el sr. bordegaray, quien siempre creyó en el éxito de ésta». nunhanota de prensa, de xuño de 1966, adiantáronse os obxectivos de chegar afabricar en data próxima 50.000 vehículos industriais, 165.000 simca e35.000 dodge, ademais dos tractores que sairían das novas instalaciónsque acababan de adquirir a talleres nápoles (nazar) en zaragoza.noutra nota, emitida en setembro, falábase tamén de 20.000 camione-tas dodge equipadas co motor C-60, que foi o que tanta aplicación tivonos taxis.

pero entre barreiros e Chrysler seguían existindo algúns puntos deconflito, que se acrecentarían no transcurso de 1966, sobre: 1) a xestióndas filiais; e 2) a solución dos problemas de financiamento. tamén existíaun non declarado, pero de evidente importancia: a Chrysler non lle inte-resaba a fabricación de vehículos industriais en Europa, coa excepcióndas citadas camionetas dodge, que tampouco consideraba asunto priori-tario. por exemplo, en Francia, Chrysler non tivera ningún inconvenienteen que FIat controlase a división de vehículos industriais de simca.

Page 576: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia

En canto ás filiais, chocaba o afán porexportar, e mesmo fabricar, en américa la-tina que tiña Eduardo barreiros cos interesesde Chrysler nesa zona. a área latinoameri-cana parecía seducirlle máis a Eduardo ba-rreiros ca a norteafricana, coa notable excep-ción de Exipto, onde conseguiu vender, entre1965 e 1969, 870 camións, 751 remolques e559 autobuses, ademais de motores, maqui-naria de taller e recambios, por un valor totalde 25 millóns de dólares. En Exipto, barreirosdiesel tivo a fortuna de non estar na lista ne-gra elaborada polos países árabes, que incluíanomes como Enasa —ata 1969— pola súacolaboración con empresas británicas; sendúbida, Eduardo barreiros soubo facer verque a súa participación era maioritaria (atafinais de 1967) e que a sección dos seus ve-hículos industriais funcionaba de forma in-dependente da de vehículos Chrysler (sem-pre). tampouco lle parecía atraer a barreirosa área europea: en marzo de 1966 decidiusea venda de barreiros Companhia portugue -sa de motores e Camiones, que fora creadaen 1959, en asociación con pinto basto y Cía.,o banco Espírito santo e a Companhia uniãoFabril, tras o éxito inicial obtido na venda devehículos militares todoterreo).

un caso moi claro de conflito entre ba-rreiros e Chrysler xurdiu coa prevista fabri-cación de tractores en méxico. no consellodo 8 de xaneiro de 1966, o conselleiro minettquixo que «se tuviera en cuenta que en mé-xico existe la Compañía auto-mEx, en laque Chrysler tiene participación, para quedentro de lo posible el asunto se desarrollase

Page 577: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva
Page 578: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 592

con un espíritu de colaboración con esta Compañía, la cual había expresadopor su parte este mismo deseo». ademais, as iniciativas desenvolvidas enguatemala e Colombia, onde se creou Colombiana de automoción, nonforon vistas con simpatía por Chrysler, a quen dicía preocupar que a bancacolombiana non puidese prestar un axeitado servizo financeiro. o queocorría, en realidade, é que Chrysler participaba nese país na empresaensambladora Colombiana de motores (Colmotores), polo que, tras al-gunha discusión, o consello de barreiros diesel acordou por unanimidadeque, «con ocasión de la visita que en fecha próxima realizarán los señoresminett y [arthur n.] Cole a bogotá, se trasladen a esta ciudad representantesde barreiros diesel, s. a., para convenir allí la manera de llevar a cabo elensamblaje de camiones barreiros de tonelaje superior al de los que montaChrysler y de estudiar también una colaboración en lo que se refiere a lautilización de la red Comercial de ColmotorEs». barreiros estabadaquela en plena prospección dos mercados latinoamericanos, en parti-cular, os citados de méxico, Colombia e guatemala, pero tamén os deperú, bolivia, El salvador e panamá.

outro escollo entre as faccións barreiros e Chrysler foi o xeito de con-seguir financiamento, tanto para os clientes coma para a propia barreirosdiesel. antes da formalización dos acordos coa empresa norteamericana,Eduardo barreiros creara Entidad de Financiación (EFIsa), pero agoraChrysler consideraba insuficiente a actividade desta empresa e apoiabaa fundación dunha nova entidade. os elevados prezos dos seus fabrica-dos —camións de tonelaxe media e alta e turismos de luxo ou utilitarioscaros— facían necesario ter moi en conta o problema do financiamentodas vendas. o 1 de febreiro de 1966 foi creada a Compañía Internacionalde Financiación y Crédito (CoFIC), cun capital de 100 millóns de pese-tas, onde se lles deu entrada a entidades financeiras norteamericanas, fran-cesas e italianas.

a maior discrepancia entre Eduardo barreiros e Chrysler xirou arre-dor do financiamento da propia barreiros diesel. para intentar resolveresta cuestión creouse, o 3 de novembro de 1966, unha comisión finan-ceira, no mesmo momento no que se asinaba un crédito de 10 millónsde dólares con s. g. Warburg, de londres, que se convertía así na prin-cipal entidade financiadora da sociedade. a comisión financeira estaríaformada por Eduardo barreiros e polo conselleiro Habib, e as súas fun-

Page 579: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

cións concretas serían o «estudio y supervisión de los temas financieros yfiscales, y la organización y supervisión de las funciones diarias de presu-puestos, finanzas y sistemas contables, las cuales serán ejercitadas pordichos miembros de la Comisión Financiera con la categoría de Conse-jeros delegados de la sociedad». as crecidas necesidades financeiras des-gustaban a Eduardo barreiros, porque tiñan a súa orixe na pobreevolución das vendas de turismos. os datos son elocuentes: as previsiónsiniciais para 1966 de vender 21.000 vehículos dodge-dart e 62.000simca, quedaran en 6396 unidades matriculadas do primeiro modelo e34.710 do segundo. nos seis primeiros meses de 1967, o ritmo das vendasnon cambiaría o seu curso, xa que as matriculacións serían de só 1645dodge e 17.222 simca.

ao pouco tempo da creación da comisión financeira, Eduardobarreiros concertou co banco de Crédito Industrial diversos créditos seno seu consentimento. o consello do 13 de xaneiro de 1967 tivo que apro-bar diversas operacións, xa pechadas con esa entidade de crédito oficial,e outras en curso por 66 millóns de pesetas, ante o visible desgusto dosconselleiros norteamericanos. os irmáns barreiros comprometeran o seuaval persoal nestas actuacións e, por iso, foron máis comprensivos, pero oconselleiro louis b. Warren pediu que constase en acta «su esperanza deque el asunto no haya de repetirse». a consecuencia destes feitos, enfebreiro, a comisión financeira reestruturouse de xeito que, a partir deagora, habería dous representantes do grupo Familia barreiros —asíescrito nas actas— e outros dous de Chrysler International, cun suplenteen cada caso.

durante 1967, os problemas financeiros convertéronse en prioritariospara barreiros diesel. as actas do consello de administración non falandoutra cousa. na citada reunión do 13 de xaneiro aprobouse unhaampliación de capital para chegar ata os 2000 millóns de pesetas. polacorrespondencia conservada no archivo barreiros, sabemos que esemesmo día Eduardo barreiros lle escribiu ao ministro de Industria paradicirlle que o seu grupo familiar non contaba con recursos suficientespara acudir a esa ampliación e podería ver reducida a súa participaciónao 15%. outra carta con data do 20 de xaneiro insistiu sobre o mesmotema. ao parecer, o goberno estaba disposto a intermediar para facilitarlleata 1000 millóns de pesetas á familia barreiros, pero rexeitaba a posibili-

Fotografía das páxinas seguintes: Visita de SS. AA.RR. os príncipes don Juan

Carlos e dona Sofía ás factorías de Barreiros, 5 de febreiro de 1964

Eduardo Barreiros Rodríguez 593

Page 580: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

dade de que Chrysler se subrogase na condición de prestamista, nas mes-mas condicións do terceiro que fose a conceder o préstamo, recibindocomo garantía o mesmo peñoramento de accións acordado. tamén exis-tían discrepancias verbo da amortización do préstamo.

ao final, o goberno concedeulle o crédito á familia barreiros, e estapuido manter a súa porcentaxe do 50,5%, mentres que Chrysler Interna-tional subía a súa ata o 45,3%, dado que outros accionistas renunciaronaos seus dereitos. pero no verán as necesidades de financiamento inten-sificáronse. o día 24 de xullo de 1967 houbo unha transcendental reuniónen detroit, onde os norteamericanos estimaron que barreiros diesel ne-cesitaría obter ata 35 millóns de dólares adicionais, 20 para cubrir os seuscompromisos en 1967 (por exemplo, a devolución do préstamo a Warburg)e o resto para ser aplicado en 1968 e 1969. Estes requirimentos de capitalobedecían a: 1) «descenso sustancial» das vendas; 2) forte incremento noscustos asociados ao cumprimento das garantías outorgadas aos vehículos(ata o 4% das vendas); 3) investimento na fabricación, na rede de distri-bución e na adquisición das filiais; e 4) acumulación de excesivas existenciasde materias primas e produtos.

na reunión de detroit, os norteamericanos expuxeron claramenteque «in the best interests of all shareholders of barreiros diesel, s. a.,Chrysler must take management control of the company». deste xeito,poderíase asegurar a prórroga do préstamo concedido por Warburg pordous meses e máis financiamento procedente do Chase manhattan bankpor importe máximo de 30 millóns de dólares. a propia empresa nortea-mericana comprometíase a participar nunha nova ampliación de capitalde 5 millóns de dólares (300 millóns de pesetas) de maneira que desem-bolsase a cantidade necesaria que lle permitise ter a metade menos unhadas accións. Este 49,999% do capital cumpría coa lexislación española, ávez que xustificaba a toma de control.

Eduardo barreiros tardou en contestar pero nos primeiros días deagosto chegara á conclusión de que non existía outro remedio que accederás peticións de Chrysler. nunhas notas manuscritas desas datas recoñecíaque, ademais, a situación non cambiaría substancialmente, xa que «losdepartamentos básicos están en este momento, a petición mía, manejadospor hombres especializados de C.H. [Chrysler Holding], ya que es la únicaforma de poner a punto los sistemas que C.H. practica en todas sus plantas

Empresarios de Galicia 594

Page 581: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eduardo Barreiros Rodríguez 595

Page 582: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

[...] nuestra empresa, por ser una de las mayores en volumen de Españay con proyección internacional, estamos organizándola con sistemasC.H.». ademais o 4 de agosto dirixirase ao ministro de Industria para ex-poñerlle que a oferta de Chrysler era razoable e estaba ben fundamentada.barreiros recoñeceulle ao ministro que as previsións iniciais eran de acadarunha facturación de 22.000 millóns en 1967 e, no entanto, apenas se che-garía a 9600 millóns. desde 1964 investíranse 4500 millóns na factoríade villaverde, 1200 millóns en préstamos á rede comercial («para ayu-darles a parte de sus inversiones en la creación de bases de servicio») e,ademais, existían compromisos cos provedores que acrecentaban de formainnecesaria as existencias e non podían incumprirse, xa que «con reduc-ciones drásticas correríamos el riesgo de poner a una gran parte de nuestrosproveedores al borde de una suspensión de pagos». o fair play de Eduardobarreiros non se limitaba a estas consideracións, senón que incluso peca-ba de inxenuidade cando se refería ás ambicións de Chrysler: «Hay al -go que llama poderosamente la atención, y es que en todas las inversiones que se han planteado y desarrollado en los últimos tres años, los hombresde Chrysler no han puesto nunca la menor objeción, y ellos, por la expe-riencia tan grande que tienen en todos los mercados mundiales, debíansaber que las coyunturas no siempre son favorables. sabemos que tienengran interés en canalizar a través de su red mundial algunos de los pro-ductos nuestros, por no disponer de ellos en su gama de fabricación (mo-tores diesel, autobuses y camiones de gran tonelaje, de la nueva gamaque lanzaremos en los próximos meses)».

un día antes —o 3 de agosto de 1967— tivera lugar unha reunión deurxencia do consello de barreiros diesel para tratar un adiamento dopago de cinco millóns de dólares que debía realizarse a Warburg. Erapreciso pospoñer o pago durante catro meses e aboar un xuro líquido nonsuperior ao 6,75% anual. ao parecer, Warburg estaba de acordo nestestermos, e tamén o Instituto Español de moneda Extranjera, polo que seaprobou sen incidencias. a boa disposición de Chrysler neste asunto, sendúbida, animou a Eduardo barreiros a escribirlle a carta antes citada aoministro lópez-bravo.

o 16 de setembro de 1967 presentouse no registro general de la pre-sidencia del gobierno a solicitude de autorización do Consejo de minis-tros para que Chrysler International, por medio da adquisición de accións

Empresarios de Galicia 596

Page 583: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eduardo Barreiros Rodríguez 597

xa emitidas de barreiros diesel, se fixese cunha porcentaxe de participa-ción no capital social superior ao 77%. o avogado Estanislao m. Chavesviciana, que se ocupou deste asunto, explicáballe ao ministro, nunha cartacon data de 20 de setembro, que as necesidades financeiras de barreirosdiesel se estimaban en 2100 millóns, cuxo financiamento se poderíacubrir con 1200 millóns subministrados ou xestionados por Chrysler, 750millóns subministrados polo banco de Crédito Industrial e 150 millónspola familia barreiros, que serían parte dos 1220 millóns que pagaríaChrysler por accións cun valor nominal de 1000 millóns. outra porcióndesta cifra destinaríase á cancelación inmediata do préstamo de 1000millóns que concedera a familia barreiros por parte do banco de CréditoIndustrial, polo que, en limpo, só quedarían 70 millóns a disposición dafamilia. Chaves aseguraba que Chrysler tiña «el propósito de que la exis-tencia de personal no español, se limite a la necesaria para el mejor fun-cionamiento posible de la Empresa», permitiría que catro membros dafamilia barreiros permanecesen no consello e, ademais, todos os asuntosrelacionados cos convenios de licenza, asistencia técnica, marcas e prezosxerais de subministración serían tratados puntualmente polo consello e, deser o caso, pola Junta general de accionistas. obtívose a aprobaciónministerial e o 22 de setembro iniciáronse os trámites para levar a cabo acomplexa operación.

o 11 e 13 de outubro de 1967 asináronse os contratos que recollíanos acordos acadados, que quedaron sometidos, no caso de disputa, á arbi-traxe inapelable da Cámara de Comercio Internacional de parís. a prin-cipios de novembro de 1967, a operación consumárase en todos os seusextremos. o Annual Report de Chrysler sinala que, a principios de 1967,a participación de Chrysler en barreiros diesel se incrementou ata o45,3% e, logo, pasou a ser do 77,1% tras efectuar un desembolso de 20,4millóns de dólares. segundo esta memoria, «the barreiros family offeredChrysler International management control of the Company in order torelieve themselves of further capital financing responsibilities» (esta é aúnica información que se puido obter da daimler Chrysler HistoricalCollection). a Memoria de barreiros diesel correspondente a 1967 é máiscauta ao sinalar que nesta operación «se tuvo muy presente por ambaspartes las progresivas necesidades financieras de la sociedad para su desa -rrollo futuro y la situación del mercado nacional de la automoción, así

Page 584: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 598

como las posibilidades de expansión, incluso fuera de nuestras fronteras».un factor que lle facilitou a operación a Chrysler foi a desvalorizaciónda peseta —o 19 de novembro de 1967 a peseta pasou de 60 a 70 pesetaspor dólar— no momento de efectuar os desembolsos correspondentes.

o novo consello quedou constituído do seguinte xeito: presidente,Eduardo barreiros rodríguez; vicepresidentes, Jack E. Charipar e vale-riano barreiros rodríguez; conselleiros, Celso barreiros rodríguez, Joségraciliano barreiros rodríguez, Estanislao m. Chaves viciana, Celsogarcía Forero, Erwin H. graham, thomas s. Habib, george Hereil,Charles W. Hester, tom killefer, richard mc kechnie, Irving J. minette louis b. Warren. dimitiron como conselleiros delegados Eduardo,valeriano e José graciliano barreiros rodríguez, polo que foron revoga-dos os seus poderes, e tamén perderon as súas atribucións os apoderadosda comisión financeira que desaparecía. a partir de agora, habería un sóconselleiro delegado: Jack E. Charipar.

Entre novembro de 1967 e xullo de 1969, a familia barreiros viviuun verdadeiro calvario como accionistas da empresa que crearan. nomi-nalmente tíñanse en conta, pero na práctica gobernaba quen posuía máisdo 77% do capital social, é dicir, Chrysler. de forma consecuente, Eduardobarreiros —aínda que figuraba como presidente— deixou de levar o cursodas reunións do consello e foi substituído neste labor polo vicepresidentee conselleiro delegado, Jack E. Charipar. na primeira sesión de 1968,que tivo lugar o 4 de marzo, Charipar anunciou un novo organigrama,«conforme a las mejores técnicas aplicables sobre organización», novosacordos con simca para ampliar a gama co simca 1100 e novos principiose representacións nas filiais. logo, Charipar estendeuse sobre diversosasuntos que supoñían o desmantelamento da obra que Eduardo barreirosconstruíra durante os anos precedentes: 1) creación dun departamentode realizaciones patrimoniales, dentro do departamento de asuntos le-gales, da dirección de Finanzas-administración, para vender os bens quese considerase conveniente dada a «existencia indudable de bienes en si-tuación de disponibilidad o aprovechamiento insuficiente»; 2) «dadas lasactuales circunstancias de los mercados internacionales», estudarase a si-tuación de Colombiana de automoción, s. a., e outras filiais menoresen américa latina e atribuiráselle ao propio Charipar poderes para disolverou liquidar esas compañías; 3) buscaríase que a exportación se fixese ex-

Page 585: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eduardo Barreiros Rodríguez 599

Page 586: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

clusivamente segundo as «oficinas regionales» de Chrysler no mundo; 4)trataríase de adquirir a participación dos accionistas minoritarios nas em-presas distribuidoras con problemas (como dImasa) ou nas financeiras(EFIsa, CoFIC) para asegurar o control absoluto de Chrysler sobre elas.a cambio, cumprindo o prometido, Chrysler overseas Capital Corporationprestaríalle a barreiros diesel 20 millóns de dólares: 15 millóns en marzode 1968 e 5 antes de que rematase o ano, co que se poderían cancelar oscréditos que se lle debían a Warburg.

Eduardo barreiros tratou de manter a tradición da empresa na fabri-cación de vehículos industriais, e mesmo tivo a satisfacción de sentirunha volta ás orixes cando lle conseguiu vender, en marzo de 1968, 200vehículos todoterreo —camións 6 x 6, 170 Hp, 10 velocidades, con rodasespeciais para a area, caixa metálica con lona e bancos laterais e ganchode arrastre, que saíron polo porto de tarragona— ao rei de arabia sau-dita. outra satisfacción foi recibir o premio dag Hammarksjöld aomérito Industrial, en maio dese ano. Eduardo barreiros intentou inclusoabrir novos mercados na Europa do leste, ao acudir ás feiras de plovdiv(1967) e poznan (1968), pero os pedidos principais seguían chegando dospaíses tradicionais, é dicir, de américa latina e do norte de áfrica (enxullo de 1968 falábase dun novo pedido de 550 autobuses para Exipto).pero todo era inútil. os recursos escaseaban e, desde logo, Chrysler apos-taba polos seus turismos, incluso ampliando horizontes coa exportación:en xullo de 1968 decidiuse a exportación de 1000 coches dodge con des-tino a Colombia, ao que seguirían 1500 simca despezados que seríanensamblados por Chrysler Colmotores.

os dous asuntos que remataron por colmar a paciencia de Eduardobarreiros foron a liquidación de El motor Español, s. a. (mosa), a súagran filial distribuidora e a ampliación de capital que se aprobou en1969. En opinión de Charipar, mosa tiña «excesivos gastos de estruc-tura» e debería ser substituída por distribuidores independentes. aampliación de capital de 1969 formulouse no consello do 21 marzo, porun importe total de 2702,55 millóns de pesetas e esixíase o desembolsoíntegro no momento da subscrición. sobre este asunto, Eduardo barrei-ros pediu que se transcribise literalmente a súa intervención onde consi-deraba que non era necesaria a ampliación, e menos polo importe de 39millóns de dólares, e non 32,5 como se pensou inicialmente, e, ademais,

Fotografía das páxinas anteriores: Visita do rei Faisal de Arabia Saudita á factoría deBarreiros Diesel, 16 de xuño de 1966

Empresarios de Galicia 600

Page 587: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eduardo Barreiros Rodríguez 601

cun prazo tan perentorio (remataba o 30 de novembro). segundo barrei-ros, dentro do acordo para a adquisición por Chrysler da maioría do capi-tal en barreiros diesel manifestouse por parte norteamericana «que erasu intención proveer a las necesidades financieras de barreiros diesel pormedio de aumentos de capital, cuando las necesidades de fondos perma-nentes así lo justificasen o por medio de garantías para la extensión depréstamos extranjeros existentes o la concesión de nuevos préstamos ensu caso»; o último informe financeiro, de xaneiro de 1969, non dicía queas necesidades de fondos fosen permanentes.

para barreiros, o concepto de perdas manexado por Chrysler noncorrespondía á realidade, xa que se contemplaban amortizacións superio-res ás admitidas legalmente e previsións superiores aos quebrantos reaisque, «si bien podrían ser considerados en momentos de fuerte rentabili-dad y buen desarrollo de la Compañía, no deben serlo en la situaciónporque atraviesa la misma». ademais, os investimentos previstos podían,na súa opinión, perfectamente diferirse ou suprimirse, como no caso daplanta de prensas, que ás veces se incluía e ás veces non, poñendo en evi-dencia «una falta de solidez en los estudios y en las conclusiones que delos mismos se obtienen». no entanto, non se contemplaban realizaciónspatrimoniais acordadas, nin se tiña en conta con exactitude o calendariode amortización dos préstamos. por outra parte, as vendas estimadas eranexcesivamente baixas. para rematar, barreiros queixábase de que, desdea supresión da Comisión Financiera, «los miembros de la familia barrei-ros pertenecientes al Consejo, incluido el presidente, sólo han conocidoel desenvolvimiento financiero de la Empresa a través de los datos que enlos Consejos se han suministrado».

o conselleiro Chaves viciana manifestou entón o seu desacordo coaspalabras de Eduardo barreiros e foi secundado por garcía Forero e polosrepresentantes norteamericanos. Engadiu Chaves viciana que as reuniónsprevias tiveran un carácter «exclusivamente exploratorio», e que Chryslernon quería subscribir máis ca o 77,1% do capital que agora tiña. Houbovotación e once membros aprobaron a proposta de mr. Charipar; quedaronsós Eduardo, valeriano e Celso barreiros (que votou representado). Joségraciliano barreiros non estaba presente, por atoparse indisposto, nin de-legara o seu voto. En consecuencia, Eduardo barreiros manifestou o seupropósito de dimitir no momento que considerara oportuno.

Page 588: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Fotografía da páxina seguinte: Eduardo Barreirosna azotea de Barreiros Diesel contemplando as factorías, 1967 aproximadamente

Empresarios de Galicia 602

o informe que preparou Eduardo barreiros para este consello do 21de marzo de 1969 ía máis alá do antes exposto, xa que contiña un capí-tulo denominado «disconformidad con la política de la empresa» quealudía a: 1) incumprimento dos programas aprobados, no que se referíaaos camións de 15 a 38 toneladas e ao tractor agrícola 5000, con «grandesretrasos, en unos momentos vitales para la Empresa y en los que los infor-mes de Comercial apremiaban en tal sentido»; 2) falta de organización eprogramación, con lanzamentos, como o do dodge-dart gt, realizadoscon apresuramento e sen unha axeitada preparación; e 3) malestar dopersoal, por «ocupación por personal extranjero de puestos que no se jus-tifican en los conocimientos especializados para desarrollarlos y que pro-ducen una postergación del personal español», «desigualdad de tratoeconómico del personal americano con el español, sin justificación» e«variaciones continuas de atribuciones, responsabilidades, cargos, etc.que las hace resaltar el hecho de que sólo en el año 1968 se han confec-cionado tres organigramas generales, sin contar los parciales [y] en lostres meses escasos del Ejercicio actual se han puesto en vigor dos nuevosorganigramas generales».

na reunión seguinte, que tivo lugar o 11 de abril de 1969, Eduardobarreiros retractouse da súa negativa á ampliación de capital e argumentoua dificultade para obter novos créditos, a subida de tipos de xuro nosEstados unidos —«con el consiguiente impacto en los tipos de interésde los préstamos en todo el mercado mundial»— e a necesidade de renovaros produtos, pero pediu un prazo de dous anos para que os accionistaspuidesen subscribir as accións que lles correspondían. Concedeuse, peroEduardo barreiros seguía profundamente desgustado co curso dos acon-tecementos e, o 23 de abril de 1969, decidiu xogar unha baza arriscadaao viaxar a nova york para entregar un memorando persoalmente a unvello coñecido, Irving J. minett, que agora era vicepresidente de ChryslerCorporation.

neste documento comezábase sinalando «lo desagradable que resultapresidir una Empresa que está mal dirigida, ocasionando ello pérdidasbrutales, y no poder participar con decisiones que impidan una catástrofe».o responsable de tanto despropósito era, segundo Eduardo barreiros, Jack.E. Charipar, cuxos defectos se concretaban en: 1) falta de personalidadepara tomar decisións; 2) tardanza e dilación en poñer en práctica as de-

Page 589: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eduardo Barreiros Rodríguez 603

cisións acordadas; 3) incumprimento dos programas;4) falta de personalidade para dirixir reunións e in-formalidade nos calendarios destas; 5) excesivas fre-cuencias nas saídas, con longas ausencias, en mo-mentos nos que a empresa tiña grandes problemas;6) falta de calidades e de visión para escoller o persoalaxeitado; 7) antepoñer criterios partidistas aos intere -ses da empresa; e 8) falta de estudo e de seguridadenas decisións. por iso, a solución pasaba pola «des-titución inmediata» de Charipar e a súa substituciónpor «un hombre competente, honorable y conocedordel país», contar máis coa familia barreiros e, tamén—malia que soase a ameaza— cumprir coas dispo-sicións legais.

transcorreu un mes, sen resposta ás pretensiónsde Eduardo barreiros, e a pinga que acugulou o vasofoi un Informe de la Dirección que repartiu Chari -par no consello que tivo lugar o 24 de maio, co quea familia barreiros non dubidou en manifestar a súadesconformidade e ata a esixir unha auditoría dapropia sede central de Chrysler en Estados unidos.logo, Eduardo barreiros pediulle ao secretario quelese o memorando que lle entregara en nova york ami nett, e outro con data do día, onde a familia barrei-ros ao completo presentaba a dimisión polas mesmasrazóns alegadas no devandito memorando. os con-selleiros Chaves e minett intentaron facer unhasmanifestacións, pero Eduardo barreiros, como pre-sidente da sesión, cortounos dicindo que, ao seuxuízo, non había nada máis que engadir. logo, er -gueuse, e canda o conselleiro Francisco Chaves to -rres e os membros da súa familia presentes, ausentouseda sala. Charipar decidiu proseguir, actuando comopresidente en funcións coa anuencia do resto dosconselleiros. o 7 de xullo asinouse o acordo para avenda das accións do grupo barreiros.

Page 590: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

se a entrada de Chrysler en barreiros diesel se explica dentro da polí-tica xeral da multinacional, coa saída ocorre outro tanto. En 1970 naceuChrysler España, sucesora de barreiros diesel, á vez que Chrysler uke Chrysler France. Isto demostra que, en todos os casos, se deu por pecha -da a etapa das empresas conxuntas para pasar a unha estratexia máis aoestilo Ford. pero o mediocre resultado deste primeiro desembarco en Eu -ropa non variou e, tras o estalido da crise do petróleo, en 1978 Chryslervendeu todas as súas filiais no vello Continente a peugeot e tería que pasarpor unha profunda reconversión baixo o liderado de lee Iacocca.

Eduardo barreiros foi obrigado contractualmente por Chrysler a per-manecer fóra do sector automobilístico durante cinco anos. por iso, tras-ladou a súa inquietude empresarial ao mundo agroalimentario, fundandoen 1969 a empresa Explotaciones puerto vallehermoso (puvasa), quepoñería en marcha un moderno negocio gandeiro na mancha. poucodespois mercou unhas importantes bodegas de viño (luis megía), explotouminas en ourense e estableceu sociedades de carteira e unha financeirainmobiliaria. os resultados non foron satisfactorios. todo isto non lle fixoesquecer a barreiros a súa xenuína vocación polos motores, e aos 61 anosconstituíu diesel motores Industrias (dImIsa), para continuar a súa in-

Entrevista de Eduardo Barreiros con Fidel Castroen Cuba, 1979

Empresarios de Galicia 604

Page 591: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Eduardo Barreiros Rodríguez 605

vestigación predilecta desde unha nave instalada en pinto (madrid). ofre-ceu os seus produtos por medio mundo ata que en 1982 gañou un concursoconvocado polo goberno cubano de Fidel Castro. En consecuencia,asinou un contrato para colaborar na dirección do plan de desenvolvementoda automoción de Cuba, que incluía a creación de industrias principaise auxiliares.

a principios dos anos noventa, xa se estaba en condicións de fabricaros motores taíno Eb. En recompensa, o Instituto superior politécnicoJosé antonio Echeverría da Habana outorgoulle a Eduardo barreiros en1991 o título de doutor honoris causa en Ciencias técnicas. Esta distinciónuníase a outras anteriores, entre as que destaca a citada concesión en 1968do premio Internacional dag Hammarksjöld ao mérito Industrial. Coaexperiencia en Cuba, Eduardo barreiros demostrou que podía desenvolvero seu traballo lonxe das crónicas de sociedade e dos condicionamentosideolóxicos do franquismo, e o próximos que lle eran o mundo do traballo—perdeu varias falanxes dos seus dedos nos talleres— e a paixón pola tec-noloxía. o 19 de febreiro de 1992 faleceu na capital cubana.

Eduardo barreiros foi un home que non só protagonizou a mais ambi-ciosa aventura do sector automobilístico xenuinamente español, senónque deixou tras de si unha sarta de sociedades anónimas, algunhas dascales chegaron ata os nosos días. as filiais industriais foron: FalElE (1954),Cía. anónima de bombas (Cabsa) (1955), barreiros Empresa Constructora(bECosa) (1956), Constructora Eléctrica Española (CEEsa, logo a robertbosch española) (1957), galicia Industrial (gIsa) (1957), rheinstahl-Hanomag barreiros (fabricante de tractores agrícolas) (1959), david brownEngranajes (1959), ratcliffe Ibérica (1961), tempo onieva (1961), barreirosaEC (1961) e aire y temperatura (aytEmsa) (1966). Como filiais comer-ciais hai que citar: El motor nacional (mosa) (1957), distribuidoraCatalana de maquinaria y automóviles (dImasa) (1959), distribuido -ra de Industria, transporte, agricultura y marina (dItasa) (1959), auto-móviles, tractores y motores (autIsa) (1959), Comercial star/Comercialde automoción (Coasa) (1959), s. a. de tractores Españoles (satE)(1959) e Comercial Internacional barreiros (CoInbasa) (1961). Finalmente,houbo filiais financeiras como Financiera Comercial Industrial (FICIsa)(1956), Financiera barreiros (FIbasa), Entidad de Financiación (EFIsa)(1963) e Cía. Internacional de Financiación y Crédito (CoFIC) (1966).

Page 592: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Empresarios de Galicia 606

Con esta organización, barreiros diesel conseguiu fabricar na súafactoría de villaverde máximos de máis de 11.000 vehículos industriaisanuais en 1966, 36.000 turismos en 1969, 8500 motores diésel en 1965 ecase 6000 tractores agrícolas en 1969, cuns índices de exportación quesupuxeron aproximadamente a metade de todo o exportado por Españaen vehículos durante eses anos. as cifras poden parecer insignificantescomparadas coas actuais, pero representaban arredor do 10% do mercadode turismos e vehículos industriais (incluídas furgonetas), co distintivo deser a única empresa que proporcionaba desenvolvementos tecnolóxicosde seu e non a mera explotación de patentes estranxeiras.

as empresas de Eduardo barreiros baseáronse nunha organización detipo familiar, onde os seus irmáns valeriano e José graciliano foron fir-mes puntais, pero que soubo incorporar tamén o talento de enxeñeiros edirectivos profesionais, como non podía ser doutra forma nun grupoempresarial das súas dimensións. ademais detéctanse trazos de notablemodernidade no seu empeño por introducir a contabilidade analítica e amercadotecnia, así coma a preocupación polo factor humano nunhaindustria moi dominada polo fordismo. arredor de 10.000 traballadoresestiveron directamente ligados a barreiros diesel, cifra que se duplicaamplamente se consideramos o conxunto das filiais, principais subminis-tradores e distribuidores.

Hoxe en día, o legado de Eduardo barreiros está sendo preservado gra-zas á fundación que leva o seu nome e que é promotora dun arquivomuseo situado na localidade madrileña de valdemorillo, ao coidado dasúa esposa, dorinda ramos, e da súa filla, mariluz barreiros ramos. Entreoutras cousas, a fundación conseguiu que, desde marzo de 2000, a rúaprincipal do gran complexo industrial que creou Eduardo barreiros envillaverde leve o nome do empresario que o fixo posible. En 2007 a fun-dación conmemorou o seu décimo aniversario e, esta, conta entre os seusproxectos máis ambiciosos coa promoción dun museo da automoción enmadrid, con deseño dos arquitectos luis m. mansilla e Emilio tuñón.

Page 593: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

Bibliografía

garCía ruIz, José luis (2000): «Eduardobarreiros rodríguez (1919-1992)», enEugenio torrEs (dir.): Los 100 empre-sarios españoles del siglo XX, madrid,lId, pp. 478-481.

— e manuel santos rEdondo (2001): ¡Esun motor español! Historia empresarialde Barreiros, madrid, Fundación Eduardobarreiros y síntesis.

gImEno vallEdor, pablo, e ramón roCa

masEda (1997): Los Dodge españoles.La prodigiosa aventura de Eduardo Ba-rreiros, madrid, CIE Inversiones Edito-riales-dossat 2000.

HydE, Charles k. (2003): Riding the RollerCoaster: a History of the Chrysler Corpo-ration, detroit, Wayne state universitypress.

santos rEdondo, manuel, e Jose luisgarCía ruIz (2002): Barreiros Diesel,madrid, Fundación Eduardo barreiros(con prólogo de H. thomas).

tHomas, Hugh (2007): Barreiros: el motorde España, barcelona, planeta.

Fontes documentais

archivo-museo de la Fundación Eduardobarreiros/archivo Histórico de la socie-dad Estatal de participaciones Industria-les/archivo general de la administra-ción/archivo Histórico bbva/archivo deJuan antonio suanzes/daimler ChryslerCorporate Historical Collection.

as ilustracións son todas cortesía da FundaciónEduardo barreiros. agradecemos a mari-luz barreiros, a súa presidenta, a amabi-lidade de nos autorizar a reprodución.

Eduardo Barreiros Rodríguez 607

Page 594: 1).pdf · 1sobre antonio raimundo Ibáñez pódese consultar a biografía da que é autor pegerto saavedra que aparece no volume primeiro desta mesma obra. Retrato de Luis de la Riva

ISBN 978-84-96982-37-6

9 788496 982376