2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

7
“Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarpor casa” Como chegou o liberalismo a España? Xa sabemos que o liberalismo é o que nos permitiu pasar do absolutismo á democracia 1 actual e que por iso o estudamos. Agora veremos cómo chegou o liberalismo a España. Non chegou de repente e para sempre, senón que foi un camiño dun pasiño para adiante e outro para atrás. Resumo do que imos ver: Empezamos o século con absolutismo (Carlos IV) pero coa chegada de Bonaparte e da guerra, que trouxeron aires liberais. Despois veu o reinado de Fernando VII que seguiu sendo absolutista, aínda que tivo que aceptar a constitución tres anos (ou sexa que houbo 3 anos de liberalismo) porque non tivo máis remedio. Cando morreu Fernando VII chegou definitivamente o liberalismo a España, co reinado da súa filla Isabel II. Isabel era liberal, aínda que cun liberalismo moderado e tivo que aceptar dous anos de liberalismo progresista. O absolutismo seguía loitando por volver ao poder da man dos carlistas. Una revolución acabou co seu reinado traendo por fin a democracia a España. A democracia durou 6 anos e foi bastante accidentada. Ao final restaurouse o reinado dos Borbóns no fillo de Isabel II, Afonso XII. Restaurouse unha monarquía constitucional, ao estilo da de Isabel II, é dicir, unha monarquía que é liberal (a raíña ou o rei están limitados por unha constitución) pero que non é totalmente democrática, porque a soberanía non a ten o pobo, senón que o poder o comparten o pobo e o rei. É dicir que acabamos o século XIX sen que chegara de verdade a democracia a España, pero co liberalismo moi afianzado, e 1 Democracia: o que temos hoxe en día en España en que o pobo é o que manda (ou sexa que temos nos a soberanía, o poder). Mandamos a través dos nosos votos, nas eleccións. Aínda que non eliximos ao rei, o rei, en realidade reina pero non goberna, así que non o contamos).

Transcript of 2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

Page 1: 2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

“Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa”

Como chegou o liberalismo a España?

Xa sabemos que o liberalismo é o que nos permitiu pasar do absolutismo á democracia1 actual e que por iso o estudamos. Agora veremos cómo chegou o liberalismo a España. Non chegou de repente e para sempre, senón que foi un camiño dun pasiño para adiante e outro para atrás.

Resumo do que imos ver:

Empezamos o século con absolutismo (Carlos IV) pero coa chegada de Bonaparte e da guerra, que trouxeron aires liberais.

Despois veu o reinado de Fernando VII que seguiu sendo absolutista, aínda que tivo que aceptar a constitución tres anos (ou sexa que houbo 3 anos de liberalismo) porque non tivo máis remedio.

Cando morreu Fernando VII chegou definitivamente o liberalismo a España, co reinado da súa filla Isabel II. Isabel era liberal, aínda que cun liberalismo moderado e tivo que aceptar dous anos de liberalismo progresista. O absolutismo seguía loitando por volver ao poder da man dos carlistas.

Una revolución acabou co seu reinado traendo por fin a democracia a España. A democracia durou 6 anos e foi bastante accidentada.

Ao final restaurouse o reinado dos Borbóns no fillo de Isabel II, Afonso XII. Restaurouse unha monarquía constitucional, ao estilo da de Isabel II, é dicir, unha monarquía que é liberal (a raíña ou o rei están limitados por unha constitución) pero que non é totalmente democrática, porque a soberanía non a ten o pobo, senón que o poder o comparten o pobo e o rei.

É dicir que acabamos o século XIX sen que chegara de verdade a democracia a España, pero co liberalismo moi afianzado, e habendo experimentado xa un curto período democrático que foi o sexenio democrático.

Comezo de século absolutista:

Reinado de Carlos IV

Iníciase o século co reinado de Carlos IV, un rei absolutista que comezou o seu reinado un ano antes da Revolución Francesa. Este rei vira con desesperación como a revolución francesa derrocaba e guillotinaba ao rei absoluto francés. España, como outras potencias europeas, declarou a guerra á Francia revolucionaria, pero perdeu e tivo que pactar cos franceses.

Os franceses acordaron o paso das súas tropas por España para atacar Portugal, pero polo camiño ían comportándose como invasores. Nese momento Fernando VII, fillo de Carlos IV, aproveitou o descontento popular para conseguir que o seu pai lle cedera o trono tras o Motín de Aranxuez.

1 Democracia: o que temos hoxe en día en España en que o pobo é o que manda (ou sexa que temos nos a soberanía, o poder). Mandamos a través dos nosos votos, nas eleccións. Aínda que non eliximos ao rei, o rei, en realidade reina pero non goberna, así que non o contamos).

Page 2: 2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

Reinado de Xosé I e guerra contra os franceses (1808 – 1814)

Napoleón aproveitou os enfrontamentos entre o pai e o fillo para obrigalos a cederlle o trono ao seu irmán Xosé Bonaparte. Moita xente interpretou que os reis en realidade estaban secuestrados por Napoleón e se sublevaron o 2 de maio dando comezo á Guerra da Independencia.

Os españois e españolas dividíronse entre:

- A xente que defendía a Xosé I, e que recibían o nome de afrancesada.- A xente que loitaba contra os franceses:

o Algunha era liberal.o Outra xente era absolutista.

A loita foi longa e dura. As guerrillas españolas atacaban continuamente ás tropas francesas. As guerrillas eran pequenos grupos de civís2 armados que atacaban continuamente aos franceses co fin de baixarlles a moral e debilitalos.

Durante a guerra redactouse a primeira constitución española: a Constitución de Cádiz de 1812, chamada popularmente “a Pepa” por aprobarse o día de San Xosé. Isto de redactar unha constitución é propio do liberalismo, pero ademais era unha constitución moi progresista porque por mor da guerra moitos deputados non puideron chegar a Cádiz e foron substituídos por xente de alí, sendo Cádiz unha cidade moi aberta e liberal.

O máis importante da constitución era:

- A soberanía nacional.- División de poderes.- Recoñecemento de dereitos liberais como a igualdade ante a lei.

Como estaban en guerra a Constitución practicamente non se aplicou, pero foi un feito moi importante que marca a entrada do liberalismo en España.

O reinado de Fernando VII: predominio do absolutismo.

Xa sabemos que Napoleón foi vencido polas potencias europeas e entón volveu Fernando VII a España. Podería chegar e xurar a Constitución gobernando como o primeiro rei liberal de España, pero non fixo tal. Cando chegou viu que tiña moitos apoios entre os absolutistas e decidiu abolir3 a Constitución e todas as leis que fixeran as cortes de Cádiz, e empezou a reinar como un rei absoluto. A xente partidaria do liberalismo foi perseguida.

Todo o reinado de Fernando VII foi absolutista agás tres anos, o chamado Trienio Liberal. Porque en 1820 un pronunciamento4 militar liberal obrigou ao rei a xurar a Constitución de 1812 e restaurar toda a lexislación das cortes.

2 Eran homes e algunhas mulleres que non pertencían ao exército. Escondíanse entre a poboación.3 Eliminar unha lei.4 Pronunciamento: rebelión militar moi frecuente no século XIX consistente en manifestar a súa oposición ao goberno para provocar un cambio.

Page 3: 2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

Pero xa sabemos5 que as potencias Europeas, unha vez que venceron a Napoleón, acordaron non deixar que o liberalismo volvera a chegar ao poder en ningún país europeo. Sabemos que fixeron alianzas para intervir no país no que ocorrera tal cousa. Así que en España interveu un exército da Santa Alianza, os chamados Cen Mil Fillos de San Luis, que repuxo a Fernando VII como rei absoluto.

A perda das colonias americanas:

Durante o reinado de Fernando VII independizáronse as colonias que España tiña en América do Sur. Os movementos independentistas comezaron durante a guerra da independencia contra os franceses. Nese momento en que os españois e españolas loitaban contra o invasor, nas colonias organizáronse tamén contra Xosé I, pero acabaron proclamando a independencia. Á volta de Fernando VII recuperáronse moitos destes territorios, pero fóronse perdendo en sucesivos levantamentos, liderados por homes como San Martín ou Simón Bolívar.

A chegada do liberalismo: o reinado de Isabel II

O liberalismo chegou a España definitivamente da man de Isabel II.

O problema da herdanza:

Os Borbóns impuxeran unha lei que impedía que as mulleres gobernaran6. Esa lei seguía sendo válida durante o reinado de Fernando VII, que tardou moito en ter descendencia, polo que seu irmán Carlos de Borbón, xa contaba herdar o trono. Pero cando a súa muller quedou embarazada Fernando VII promulgou unha lei7 que eliminaba a anterior e permitía ás mulleres gobernar.

Cando morreu Fernando VII, a súa viúva fíxose cargo do goberno no nome da súa filla, xa que Isabel era unha nena. Pero ao mesmo tempo os absolutistas consideraron que o verdadeiro rei era Carlos de Borbón, declarándose así a primeira guerra carlista.

A xente partidaria do absolutismo apoiaba a don Carlos, así que a Isabel II so lle quedaría a opción liberal se quería atopar apoios. Desta maneira entrou o liberalismo definitivamente en España.

As rexencias:

Houbo varias rexencias, ata que a raíña herdou o trono con trece anos. Durante esas rexencias elaborouse unha constitución progresista, pero non tan avanzada como a de 1812. Tamén se levou a cabo unha importante desamortización8. A burguesía liberal que mercou esas terras era partidaria de que gañara Isabel II a guerra carlista, porque se perdía e gañaba o carlismo, quizás o novo rei lles quitase as terras que mercaran e llela devolvera aos propietarios e propietarias.

5 O que vimos da Restauración, Metternich e as distintas alianzas.6 Lei Sálica.7 A Pragmática Sanción.8 Desamortizar é poñer en venda as terras de mans mortas.

Page 4: 2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

O reinado de Isabel II.

A meirande parte do goberno de Isabel II estiveron no poder os liberais moderados. Incluso se fixo unha nova constitución máis conservadora que a da rexencia. Só houbo dous anos nos que estiveron no poder os liberais progresistas, pero conseguírono por un pronunciamento e axiña se volveu á situación anterior.

A raíña era liberal pero moi conservadora, polo que os progresistas foron radicalizándose. Algúns progresistas formaron novos grupos como os demócratas, que defendían o sufraxio universal masculino e os republicanos que desexaban cambiar a monarquía por unha república sen rei nin raíña.

A chegada da democracia: o sexenio democrático

A Gloriosa:

Ao final do reinado de Isabel II, progresistas, demócratas e republicanos xuntaron as súas forzas para quitar do poder á raíña. En 1868 un pronunciamento militar comezou unha revolución á que chamaron “a Gloriosa” xa que Isabel II abandonou España.

Convocáronse eleccións a cortes e fixeron unha nova Constitución, a primeira constitución democrática da historia de España. Por fin a constitución declaraba que a soberanía estaba no pobo e que o sufraxio era universal (sufraxio universal masculino). Tiña tamén unha ampla declaración de dereitos da cidadanía. De todas formas España seguía a ser unha monarquía, non unha república, e puxéronse a buscar un rei ou raíña.

Amadeo I:

Finalmente as cortes elixiron a Amadeo de Saboia como rei de España. Pero Amadeo I non tiña moitos apoios:

- Os absolutistas volveron a levantarse en armas cunha nova guerra carlista, segundo eles e elas non tiña sentido ir buscar un rei fora tendo un lexítimo herdeiro en España.

- Os republicanos non querían un rei.- Gran parte da poboación non o quería polo feito de ser estranxeiro.

Por se isto fora pouco, a última colonia de España en América, Cuba, tamén iniciou unha guerra pola súa independencia.

Amadeo abdicou9.

A Primeira República:

Xa era moito poñerse a buscar outro rei, xa se vía que non funcionaba poñer un rei de fora, e os liberais non querían un rei absolutista, así que se declarou a república. Era a primeira vez que había unha república en España. Pero por se foran poucos os problemas que xa había (guerras carlista e cubana), os republicanos non tiñan todos a mesma idea de república. Os

9 Abdicar é como dimitir cando és rei ou raíña.

Page 5: 2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

había que querían unha república unitaria10 e outros que querían unha república federal11. Estalou o movemento cantonalista. Declararon a súa independencia Cataluña, Málaga, Cartaxena... O movemento foi duramente reprimido polo goberno.

A Restauración:

Volveron a poñer de rei a un Borbón: o fillo de Isabel II, Afonso XII.

Fixeron unha nova constitución. España volvía a ser unha monarquía constitucional, na que a soberanía estaba compartida entre o rei e as cortes, así que de democracia xa nada. Volvían ao liberalismo do reinado de Isabel II. Para contentar aos progresistas a constitución incluía unha ampla declaración de dereitos.

Os liberais organizaron o poder ao seu antollo. Deixaron fora a todos os partidos que non foran monárquicos e constitucionais (anarquistas12, republicanos13, socialistas14 e nacionalistas15). O poder o alternaban os liberais progresistas (os “liberais”) e os liberais moderados ( os “conservadores”) a través do fraude electoral.

Corrupción electoral: caciquismo e pucheirazo.

O rei decidía primeiro quen ía formar goberno, e logo facían como de quen que había eleccións limpas e que era o pobo o que decidía:

- No campo os caciques, forzaban á xente a votar a quen eles dicían mediante ameazas. Eran persoas moi influentes e poderosas, se o cacique te poñía na lista negra facíanche a vida imposible.

- Na cidade, onde os caciques tiñan menos poder, manipulábanse os resultados: o pucheirazo.

Así que acabamos o século con liberalismo, despois dun breve período democrático.

10 República unitaria é unha España sen rei pero toda unida nun só Estado.

11 República federal é unha España sen rei e dividida en estados ( o Estado galego, o Estado Catalán, etc.) que se unen nunha España Federal.12 Anarquistas os daremos máis adiante: non queren poder ningún. Queren que a xente se organice pacíficamente entre si.13 Non queren rei.14 Os socialistas eran demócratas de esquerdas, liderados por Pablo Iglesias. Tamén o daremos.15 Que querían que España fora unha federación de Estados ou ben a independencia dos diferentes territorios de España.