2 xuño—17 setembro 2017 Museo Centro Gaiás Entrada de...

16
2 xuño—17 setembro 2017 Museo Centro Gaiás Entrada de balde cidadedacultura.gal

Transcript of 2 xuño—17 setembro 2017 Museo Centro Gaiás Entrada de...

2 xuño—17 setembro 2017Museo Centro GaiásEntrada de balde

cidadedacultura.gal

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 2

A Cidade da Cultura preséntase como un punto de conexión de Galicia co resto do mundo e un motor para impulsar proxectos culturais innovadores. Construída no cumio do Gaiás, un dos montes que rodean Santiago de Compostela, o arquitecto norteamericano Peter Eisenman deseñou esta “cidade” que semella xurdir da terra para erixirse como unha icona da Galicia contemporánea, dialogando coa Compostela milenaria, Patrimonio da Humanidade e destino do Camiño de Santiago.

Este espazo, destinado á cultura, ao emprendemento e á tecnoloxía, acolle catro institucións culturais:

MUSEO CENTRO GAIÁS. A súa beleza e flexibilidade convérteno no espazo perfecto para acoller exposicións de gran dimensión, eventos culturais e espectáculos de artes escénicas. Neste 2017 celebramos os seus 5 anos de vida como centro cultural e artístico da Cidade da Cultura.

BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA. Preservan a memoria bibliográfica e documental da comunidade e actúan como cabeceiras da rede pública de bibliotecas e arquivos.

CENTRO DE EMPRENDEMENTO CREATIVO. Acolle a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), que impulsa o tecido empresarial no sector cultural, un espazo de coworking, un viveiro de empresas e unha área de empresas TIC que engloba o proxecto de crowdworking 'Galicia Open Future' de Telefónica, 'Connecting for Good Galicia' da man de Vodafone e o 'Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio' liderado por HP.

CENTRO DE INNOVACIÓN CULTURAL (CINC). É sede da Fundación Cidade da Cultura e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que aglutina os servizos tecnolóxicos da Administración galega.

ESPAZOS NATURAIS. O Bosque de Galicia, o Xardín Literario e o Parque do Lago son os tres espazos verdes cos que conta o Gaiás. Tres lugares nos que gozar da natureza, descansar, practicar deporte e hábitos de vida saúdable a través da súa rede de sendas e admirar novas caras da cidade de Compostela.

Gaiás, Cidadeda Cultura

59x50cmCartón groso...Einda é novaa terra!

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 3

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Esta é a esencia de Flor Novoneyra, a nova exposición do Museo Centro Gaiás que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Flor Novoneyra está formada por máis de cen pezas inéditas realizadas por Lamazares nos dous últimos anos entre Berlín e Madrid, nas que o autor fusiona a súa pintura cunha selección de versos de Uxío Novoneyra traducidos ao Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental creado por Lamazares, chamado así en homenaxe ao seu pai, e utilizado en todas as facetas da súa vida e obra desde o ano 2012.

A cultura labrega fai de fío conductor entre estes dous xenios das artes galegas. O artista que quixo ser poeta atopa noutro o que el sempre quixo dicir: “Unha das razóns polas que preferín a pintura sobre a poesía é porque tantas cousas que puiden escribir, escribiunas Novoneyra”. Unha conexión tras a que se atopa a aldea, a infancia, as vivencias de dous homes unidos á natureza e á poesía como vía de escape.

“Quero que o meu testamento pictórico sexa esta 'Flor Novoneyra' porque coma el penso que 'Inda é nova a Terra' e que todo o importante que temos que decir xa nolo ten dito ela”

Antón Lamazares

2 xuño – 17 setembro 2017Museo Centro Gaiás

Este encontro fai da exposición un diálogo constante entre pintura e poesía. Así, Lamazares percorre nesta mostra todos os poemarios do autor e os poemas de Novoneyra flúen no cadro sen deixar nada ao azar. As pinturas de Antón Lamazares, traballadas como soños, variacións, brillos e capas que nos trasladan a grandes teas rothkianas están elaboradas a base de cores da nosa terra, da nosa luz e do noso imaxinario. E o soporte, humilde e transgresor, traballado como a terra se traballa na aldea, sementado, mollado e secado: o cartón.

A conexión Lamazares-Novoneyra refórzase nesta mostra coa exhibición de cincuenta caligramas realizados polo poeta do Courel, considerado un dos introdutores da poesía caligráfica na literatura galega, un espazo sonoro no que reencontrarse coa voz de Novoneyra e catro retratos realizados por Laxeiro, Tino Grandío, Tavera e Lorente.

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 4

Últimos versos do último poema do último libro, Ámeto mítico. Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas, onde Novoneyra pecha a certeza do seu peregrinar pleno fronte á extinción. Lamazares descubriu esa certeza e agora nos ofrece o seu testamento pictórico en comuñón co Poeta e coa súa Terra. Palabra e imaxe, signo e símbolo, loitan en Flor Novoneyra contra a extinción da cultura labrega en comuñón íntima e poética coa Terra.

A Terra que fusiona ao pintor co poeta. Lamazares asume a voz de Novoneyra, influénciase, absorbe; radicalízase, encárnase na súa palabra coa fondura existencial e vital da comunidade. Imaxes rescatadas e verbas que nos impulsan cara ao futuro son as armas coas que loitar contra a extinción e afrontar unha transformación certa.

O pintor que quixo ser poeta decidiu, despois de entrar en contacto coas vangardas, dedicarse á pintura. A poesía foi o inicio, unha forma de pensamento que o acompañou en todo o seu peregrinar –acción e mirada– , e pola súa influencia creou o Alfabeto Delfín e este testamento, Flor Novoneyra.

O lugar continuo da poesía na pintura de Lamazares emerxe e desvela as certezas e os

Camiño de volta fago volvo do cabo do Mundo. Terra solo en ti me fundo é a certeza que trago.

Por María Díaz, comisaria da mostra

soños pictóricos e vitais. É unha autoinfluencia, a homenaxe máis fonda á palabra do outro; e tamén unha guía. El di o que di o poeta, non quere escribir nin dicir outra cousa, volve dicilo, proxecta sobre a superficie a palabra gardada, descuberta e doada polo poeta. Nesta intersección, neste lugar compartido, os soños certos do poeta pintor viaxan cara ao futuro:

De tódalas naves cabalos e carros que partensai un canto de permanencia.Lonxe se vei do cimo do puloe hai singladuras que nin precisan do mar.

Mais os soños precisan da Terra. Lamazares asume a palabra radical do poeta do Courel: «Residimos tanto na Lingua como na Terra». En Dos soños teimosos, Novoneyra esténdese: «Eu chamaríalle a ese achegamento á Terra, querencia polo profundo, do longamente conformador, afeito a nós, afeitos a el, tan afeitos a el que nos semella afeito a nós... Algo mana continuamente cara nós dende a Terra». Desbota a visión paisaxística da súa poesía, onde hai Terra, non paisaxe. Esta é a definición dunha escolla política e poética radical. Lamazares polos Eidos de Rosalía e os Eidos da Bama, chega a Os

Testamento

[Poema a Rosalía] 115x115cm. Técnica mista sobre cartónSÓLO da Terra. Ti sabes que o ceo non é nosoPoden inseguranza e desemparoi acólleste ós bes certos:a casa!o val!a patria homilde!Nosa patria pola que ti clameas furando anoiteRosalía!

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 5

Eidos do Courel, territorio mítico onde o poeta gardou a plenitude da Lingua na vida campesiña inmediatamente antes de derrubarse. Este canto que mana da Terra, chega a Lamazares e o pintor bebe e canta coma se fose un canto propio.

Lamazares percorre en Flor Novoneyra todos os poemarios do autor. A homenaxe e a influencia son sempre apropiacións, mesturas necesarias, miradas e lugares de pensamento compartido. Desciframos os signos nas pinturas e atopamos liñas dos primeiros Eidos: «VAI polo monte o camiño», «No bicarelo do bico do brelo», «CHOVE pra que eu soñe...» ata palpar fendas máis existenciais, coma «Non sein qué agarda a terra / qué agarda a alma» ou as máis lenes; «O aire ten unha cousa / que se perde se un a conta».

Atopamos un fascinio repetido polo poema pictórico total, Galicia Teima Vida / Mundo Laxeiro, e o ollar de Fole según Maside, «Ollar que neva! / Ollar que leva», e a Elexía inmensa escrita por mor da morte do pintor, «Abro a fiestra e ollo a serra pra ti...».

Logo aparecen os versos das outras Elexías: «NUNCA eu fun como te amo», «OUH cor, sempre núo i exposto!», e chega unha descuberta dos poemas políticos: «DE tanto calar

xa falo eu solo», «Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!» ou o pulo luminoso de «E inda é nova a Terra!», ata os soños gregos do poema Viaxe: «Imos/ i en nós regresan tódolos que viñeron», e o ecoar da Berenguela no derradeiro poemario: «fala sola Compostela ela ela ela ela».

A lectura provoca progresivamente a influencia e a escolla homenaxea esa transformación que é buscarse nos eidos íntimos e facelos propios: «TODO o que pasou o meu pobo pasoume a min / todo o que pasou o home pasoume a min».

Achegámonos aos versos de Novoneyra transcritos co Alfabeto Delfín, con eles Lamazares continúa o anterior proxecto. O alfabeto contén o mundo, o mundo é a infancia e escrita verdadeira, a escrita primeira mana do que escoitamos da Terra: «A chuvia non é miña» despois de «Chove pra que eu soñe...». Volta aos eidos propios a través da poesía, volta ao universo primeiro, aos primeiros signos, as primeiras verbas xustas, dignas coma soños nun alfabeto onírico, descuberto no misterio da creación, na pintura do misterio directa ao corazón.

[Vietnam Canto] Técnica mista sobre cartón61,5x189,7cmCartón finoUnpobonacesemprenonrematanuncanuncanuncanuncanuncanuncanuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca

200x200cmTécnica mista sobre cartón e madeiraBRANCA Uxío i ArturoQuedaranse no FuturoQuedaredes no FuturoPre que siga o PasadoE ti Galicia a durarAnque se funda o lousadoE caia neve no lar.Anque se funda o lousado E se descubra o faiado

200x200cmTécnica mista sobre cartón e madeiraNEVA e non leva.Todo o tempo a un ora.—Cai a neve a plomoComo nun ámetopechadocai a neve fora.—Xa non sei oi o río.Vai nacer outro Uxíopra que siga o pasado.

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 6

Uxío Novoneyra nace o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda na Serra do Courel nunha familia labrega acomodada. Estuda bacharelato en Lugo e Filosofía e Letras en Madrid. Con vintecinco anos, a editorial Galaxia publícalle Os Eidos (1955), poemario co que, instantaneamente, se converte nun referente imprescindible para a literatura galega.

Entre 1962 e 1966 vive en Madrid onde traballa na Radio Televisión Española dirixindo diversos programas de divulgación literaria nos que desenvolve un recoñecido traballo como “dicidor” de poesía, actividade que foi o epicentro da súa acción poética e política. Novoneyra dedicouse intensamente á poética visual a través dos caligramas e doutros poemas gráficos que integran parte esencial da súa obra composta por dez poemarios, concentrada e continuamente revisada polo autor ao longo de catro décadas.

Nos anos 80, considerado un clásico pola crítica e os lectores, compilou a súa obra en distintas entregas dedicadas ao seu ciclo courelán, á poesía amorosa e á poesía política, respectivamente: Os Eidos. Libro do Courel (1981), Muller pra lonxe (1986) e Do Courel

a Compostela (1988) e, nesa mesma época, instalouse definitivamente en Santiago de Compostela.

Exerceu a Presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega (ALG) entre o 1983 e o 1999, desenvolvendo unha incansable labor pública fondamente crítica co poder político e cultural en defensa da lingua e a cultura galega ata a súa morte o 30 de outubro de 1999.

Días despois do seu pasamento publicouse o seu derradeiro poemario, Ámeto mítico. Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas (1999), co que pechou unha obra radical, vangardista e comprometida atravesada pola memoria da terra, a loita contra o poder e a conciencia da soidade, o amor e a morte.

Uxío Novoneyra foi un dos grandes intérpretes da súa Terra e a súa poesía, de inmensa potencia múltiple, aínda non acadou a derradeira lectura.

Uxío Novoneyra. Vida, obra e poesía visual

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 7

Antón Lamazares nace en 1954 en Maceira, aldea de Lalín (Galicia), e estuda internado no convento franciscano de San Antonio de Herbón. Coñece ao poeta Carlos Oroza e aos pintores Laxeiro e Pesqueira, que se converterán nos seus primeiros referentes, e opta pola formación autodidacta. Neste sentido será crucial a súa longa viaxe de 1972 por Inglaterra, Holanda e Francia para estudar directamente a pintura dos mestres que venera: Van Gogh, Paul Klee, Rembrandt e Joan Miró; entre os seus grandes referentes haberán de estar tamén Tàpies, Millares, Giacometti e Bacon, así como a tradición medieval e a arte oceánica e bizantina. Entre 1976 e 1979 recibe unha bolsa da Deputación de Pontevedra, o Concello de Lalín e o Ministerio de Cultura. En 1978 traslada a súa residencia a Madrid, onde entabla estreita amizade co pintor Alfonso Fraile, o crítico de arte Santiago Amón e o neurólogo Alberto Portera.

Durante os anos oitenta expón a súa obra coas galerías Juana Mordó (Madrid), Elisabeth Franck (Bélxica) e Sala Gaspar (Barcelona). En 1987-1988 traballa en Nova York cunha bolsa Fulbright, e en 1989-1990 en París, cunha bolsa da Cité des Arts. No verán de 1988 viaxa por Turquía para coñecer a arte bizantina e o templo de Apolo en Didima, e cumprir promesas de adolescencia. De 1988 a 1991 traballa en Salamanca, onde crea as súas obras bifrontes e grandes polípticos sobre portas de madeira. Nos anos sucesivos realiza exposicións en París, Colonia, Stuttgart, Porto e Basilea. Entre maio e novembro de 1996 permanece en Galicia, convidado polo CGAC, e

pinta Gracias do lugar. No 2000 viaxa a Asís e Florencia para achegarse a San Francisco, ao que dedica Follente Bemil. Entre 2004 e 2016 reside en Berlín; co SEACEX exhíbense monográficas da súa obra en Mestna Gallery (Piran, Eslovenia), Museo Kiscelli (Budapest) e Queen Sofía Spanish Institute (Nova York), e co Instituto Cervantes, en Damasco e a Galería Nacional de Xordania. Expón ademais na Estación Marítima (A Coruña, Un saco de pan duro), Centro de Arte Palacio Almudí (Murcia), Museo de Ourense (Alma en lunes), Centro Cultural da Deputación de Ourense (Domus Omnia) e Museo de Pontevedra (Lamazares 1980-2010), entre outros.

En 2010 a Universidade de Santiago de Compostela outórgalle a súa Insignia de Ouro. En 2012, Nayra Sanz e Javier Fuentes presentan a película Tan Antiguo como el Mundo, en torno a súa obra. Realiza novas exposicións en Berlín e en Madrid, e presenta en México e Panamá a súa nova serie Alfabeto Delfín, onde funde o pictórico e o poético a través dun alfabeto cristián e labrador, con correspondencia con cada un dos signos do alfabeto latino. Ademais, participa na exposición internacional On the road, en Santiago de Compostela, dedicada a San Francisco de Asís con motivo dos 800 anos da súa peregrinación. En 2016 exhibe no Círculo de Belas Artes de Madrid o seu Alfabeto Delfín, e expón a súa obra na Fundación Antonio Pérez de Cuenca. Desde o outono de 2015 á primavera de 2017 traballa en Flor Novoneyra, homenaxe a Uxío Novoneyra (1930-1999), a quen chama pai.

Antón Lamazares

Foto: Miguel Vidal

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 8

Flor Novoneyra supón un diálogo entre pintura e poesía a través dun elemento central: o Alfabeto Delfín, un código creado polo propio Lamazares inspirado nas 27 letras do abecedario occidental e que o pintor bautizou co nome do seu pai. Lamazares fire e labra o cartón con este alfabeto “cristián e labrador” para “conquistar un espazo poético de misterio e de beleza”, para “ensanchar a mensaxe estética e pictórica”.

Este código propio é utilizado desde o 2012 por Lamazares en todas as facetas da súa vida e obra, converténdose en eixe central das súas últimas exposicións: Alfabeto Delfín, presentada no Círculo de Bellas Artes de Madrid a inicios de 2016, e esta Flor Novoneyra, na que Lamazares ofrece a súa proposta máis orixinal e depurada deste diálogo constante entre pintura e poesía.

Lamazares. Flor Novoneyra conta cun coidado catálogo deseñado por Niko Alvarellos no que se recollen as 180 pinturas creadas polo pintor de Lalín para este proxecto. Cada cadro vai acompañado dunha transcrición do Alfabeto Delfín dos versos de Novoneyra, seguindo a estrutura que presentan na obra. O catálogo complétase con 50 caligramas de Uxío Novoneyra e catro retratos do poeta do Courel realizados por grandes nomes da pintura como Laxeiro, Tino Grandío, Tavera ou Lorente.

O catálogo da exposición conta con textos do propio Antón Lamazares; de María Díaz Rey, comisaria da mostra; Anxo Pastor, membro do Padroado e responsable da obra pictórica da Fundación Uxío Novoneyra; así como do Premio Nacional de Poesía, Juan Carlos Mestre; e do xornalista Manuel Jabois.

Alfabeto Delfín

Catálogo

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 9

Flor Novoneyra preséntase como un diálogo entre a última pintura de Antón Lamazares e a verba de Uxío Novoneyra a través das expresións polas que compartiron amor e traballo: palabra e imaxe, no camiño intermedio entre as dúas. A Cidade da Cultura ofrece a posibilidade de coñecer ao imprescindible poeta do Courel a través da fascinante pintura contemporánea do artista do Deza nas visitas didácticas especialmente deseñadas para a comunidade escolar en todos os seus niveis educativos.

Visitas didácticas

Visitas comentadas

6 Xuñ – 15 NovMuseo Centro Gaiás

Visitas dispoñibles de martes a venres, de 10:00 a 18:00 horas

De balde previa inscrición en [email protected] ou a través dos teléfonos 881 997 584 / 881 997 570

Visitas comentadas conxuntas Da árbore á cadeira + Flor NovoneyraMartes – Venres: 17:30 horas.Sábados, Domingos e Festivos: 12:30 e 17:30 horas.Xullo e Agosto, de martes a domingos: 12:30 e 17:30 horas.

De balde | Non é preciso reservar praza.

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 10

Media

Foto: Miguel Vidal

ANTÓN LAMAZARES

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 11

Media

59x50cmCartón groso...Einda é novaa terra!

200x200cmCartón e madeiraCon calqueras letras faise unha palabraMais a verba A verbaLeva todo un pobo leva todo o tempoIRIAGALAO mazairo roxo deu frores en agostoEntre mazás feitas frores novasEntre GALICIAS unha nenaEntre onteEntre hoxe e sempreE hai máis sinalesHai días así con nebras máis limpas eLedas que o azulÉ que nacen nenosInda nacen nenos

58,8x49,5cmCartón grosoNunca eu fun como te amo

[Poema a Rosalía] 115x115cm. Técnica mista sobre cartónSÓLO da Terra. Ti sabes que o ceo non é nosoPoden inseguranza e desemparoi acólleste ós bes certos:a casa!o val!a patria homilde!Nosa patria pola que 5 clameas furando anoiteRosalía!

MANDEO, inorde, ó son da noite! As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. Sobor das barcas: as mulleres! o viño! as viandas! As ondas do río de-valaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. Comemos e bebemos prá ledicia. As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. O viño i as viandas érguenme á lúa chea.

Cando o viño roxo que non perde a coor no cor xa non abonda a nosa sede chegámolos beizos a vasos máis fondos. As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. As mulleres eran verdadeiras como o viño. As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. A medida que o tempo pasaba, alongábame da morte. As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. No milagre longo coidei seguir sempre nas barcas devalando.

[Vietnam Canto] Técnica mista sobre cartón61,5x189,7cmCartón finoUnpobonacesemprenonrematanuncanuncanuncanuncanuncanun-canuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca

OBRAS

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 12

Media

...E inda é nova a terra Nunca eu fun coma te amo

CALIGRAMAS

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 13

Media

José Luis LorenteRetrato de Uxío NovoNeyra, 1965Tinta sobre papelFundación Uxío Novoneyra

RETRATOS

GAIÁS—CIDADE DA CULTURA LAMAZARES FLOR NOVONEYRA | 14

Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Educacióne Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de CulturaSecretaría General de CulturaSecretaría Xeral TécnicaSecretaría General Técnica

Fundación Cidade da Cultura de GaliciaDirectora XerenteDirectora GerenteAna Isabel Vázquez Reboredo Directora de Acción CulturalMaría Pereira Otero Director de Oficina TécnicaBenito García Caramés Director Económico FinancieroSantiago González Prado

Fondo Gaiás da empresa galega:Fondo Gaiás de la empresa gallega:ABANCAINDITEXINVERAVANTEGAS NATURAL FENOSAFUNDACIÓN BARRIÉBANCO SABADELL GALLEGOCORENCAMPOGADISAGRUPO NOSA-TERRA 21ASTILLEROS BARRERASESTRELLA GALICIAR CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIAMONBUS

EXPOSICIÓN Comisariada por:María Díaz Rey

Coordinación técnicaFundación Uxío Novoneyra

Deseño de montaxeDiseño de montajeMaría Díaz Rey Coordinación exposiciónDepartamento de Acción CulturalFundación Cidade da Cultura de GaliciaMar Angosto AcuñaCarmen Menéndez MonteroVerónica Santos FartoFundación Uxío NovoneyraElba ReiUxío Novoneyra ReiArturo Novoneyra Rei

MontaxeMontajeDAEXGA

Gráfica en salaNiko Alvarellos TransporteCorzón Montaxe de sistemasMontaje de sistemasOficina técnica. Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Produccións audiovisuaisProducciones audiovisualesCRTVG

Espazo sonoroEspacio sonoroAlejandro Sande

SegurosAxa art

Comunicación e MarketingComunicación y MarketingDepartamento de Comunicación e MarketingFundación Cidade da Cultura de GaliciaRebeca Fernández HermoIgnacio Fernández MojónRoi Fernández PérezDavid Oreiro Pazos Didáctica / MediaciónMiguel Ángel Cajigal VeraXoan Escudero RodríguezRafael Lens VillaverdePaula Toimil Mato

PUBLICACIÓN EditaXunta de GaliciaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaFundación Cidade da Cultura de Galicia Coordinación editorialDepartamento de Acción Cultural,Cidade da Cultura de GaliciaFundación Uxío Novoneyra Deseño, maquetación e produción gráficaDiseño, maquetación y producción gráficaNiko AlvarellosAlvarellos, S.L. Aprint

Biografía de Antón LamazaresBiografía de Antón LamazaresSelena Millares

Biografía de Uxío NovoneyraBiografía de Uxío NovoneyraElba Rei

TraduciónTraducciónDos textos ao galegoDe los textos al gallegoSecretaría Xeral de Política Lingüísticada Xunta de GaliciaDos textos ao castelánDe los textos al CastellanoInterlingua traducciónDos textos ao inglésDe los textos al inglésInterlingua traducciónDos poemas ao castelánDos poemas ao castelánUxío Novoneyra Rei e Elba Rei Dos poemas ao inglésDe los poemas al inglésErín Moure, María Reimondez, Manuel Armas, Pa-trick Loughane, Pearse Hutchinson, Mark Viersma e Interlingua traducción

Fotografía:Miguel VidalDe Uxío Novoneyra (páx 186): Xurxo Lobato2017 ©: Das Fotografías: Os autores2017 ©: Dos textos: Os autores2017 ©: Da edición: Fundación Cidade da Cultura

Créditos

CO PATROCINIO DO FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA

www.cidadedacultura.gal