20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

11
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA http://blog.xerais.es/2014/un-libro-emocionante-os- dereitos-da-infancia-anotacion-en-trafengando-ronseis/ SE VOS INTERESA ESTE LIBRO DA EDITORIAL XERAIS ESTÁ RECÉN CHEGADO Á BIBLIOTECA! ESTES CONTOS QUE PROPOÑEMOS SON SO UNHA PEQUENA MOSTRA E ESTÁN RELACIONADOS COA INTERCULTURALIDADE.

description

Lecturas multiculturais para reflexionar.

Transcript of 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Page 1: 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.

Equipo da Biblioteca

20 DE NOVEMBRO,DÍA DOS DEREITOS

DA INFANCIA

http://blog.xerais.es/2014/un-libro-emocionante-os-dereitos-da-infancia-anotacion-en-trafengando-ronseis/

SE VOS INTERESA ESTE LIBRO DA EDITORIAL XERAIS ESTÁ RECÉN CHEGADO Á BIBLIOTECA! ESTES CONTOS QUE

PROPOÑEMOS SON SO UNHA PEQUENA MOSTRA E ESTÁN RELACIONADOS COA INTERCULTURALIDADE.

EPÍLOGO DO LIBRO:A Declaración Universal dos Dereitos do Neno foi aprobada o 20 de Novembro de 1959 pola Asemblea Xeral das

Page 2: 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.

Equipo da Biblioteca

Nacións Unidas. Nela recóllense dez principios que supuxeron o primeiro gran consenso internacional sobre os dereitos fundamentais dos nenos e das nenas.No obstante, as súas orixes están na Declaración de Xenebra de 1924, cando despois da Primeira Guerra Mundial se considerou a necesidade de protexer a vulnerabilidade dos nenos. Neste texto histórico recoñecese por primeira vez a existencia de dereitos específicos para os nenos.En 1949 as Nacións Unidas, constituídas unha vez rematada a Segunda Guerra Mundial, aprobaron a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e foi daquela cando decidiron elaborar a Declaración dos Dereitos do Neno xa que na Declaración de Xenebra atopaban moitas deficiencias.Foi en 1959 cando os 78 estados membros aprobaron a Declaración Universal dos Dereitos do Neno, cuxo obxectivo era garantir a protección e o desenvolvemento dos nenos e nenas.Trinta anos despois, o 20 de Novembro de 1989, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas deu un paso máis coa Convención sobre os Dereitos do Neno. Ao longo de 54 artigos o documento introduce novidades moi importantes con respecto á Declaración de 1959, como por exemplo o recoñecemento dos nenos como cidadáns desde o seu nacemento.

Moitos máis recursos sobre este tema podédelos atopar tamén no seguinte enlace da mestra María Asunción García

Álvarez.https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/

O DEREITO Á IGUALDADE, SEN DISTINCIÓN DE RAZA, RELIXIÓN

OU NACIONALIDADE.

Page 3: 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.

Equipo da Biblioteca

AS MONDAS DA LÚAGustavo Martín Garzo

Naquel país, ao chegar a primavera, as mulleres poñían un ovo, branco, perfecto, de tacto aveludado, e sentaban a esperar a que o neno nacese.Era tan fermoso ese ovo que elas tiñan que telo nas mans todo o tempo. Dormían con eles, e ao apagaren a luz oían un canto misterioso que non sabían de onde viña, nin se era nos seus soños onde o escoitaban.Tiñan aqueles ovos con elas durante tres lúas. Ao chegar á terceira, levábamos á fraga nunha ceremonia moi bonita na que se adornaban con flores e se acompañaban con fermosos cantos.Entón, deixaban os ovos nun claro e regresaban ás súas casa, pois aqueles nenos necesitaban o segredo para naceren.Esperaban entón unha lúa máis, e cando regresaban, os nenos xa naceran. O claro da fraga estaba cheo das cascas baleiras, que á luz da lúa tiñan unha blancura inmaculada.As mondas da lúa, chamaban a aquelas cascas.Daquela quedaban moi quietas agardando.Oíase entón un canto, e outro máis, e outro, que viñan de todos os recunchos da fraga. Eran os cantos dos nenos que ían ao encontro das súas nais. Uns tiñan escamas; outros, aletas e cola; outros, plumas coma as dos paxaros, pois durante o tempo que estiveran na fraga, tomaran as calidades dos animais que había nese lugar.E as nais axiña identificaban os seus nenos pola súa forma de cantar, xa que ese canto era o mesmo que escoitaran nos seus soños, cando aínda estaban dentro dos seus ovos e elas os tiñan pola noite nas súas camas.E cada unha levaba o seu sen importarlle como era. Entón comezaba aquel mundo de agarimos, bicos e desvelos que é a crianza dos nenos. E pouco a pouco estes ían perdendo as escamas, plumas e cristas para transformárense en seres humanos.Non quere decir esto que se volvesen iguais, pois cada un conservaba no seu carácter as calidades do animal que o acomañara na fraga, de maneira que se un vivira cun rato, era un neno moi rebuldeiro; se outro, cun gato, tiña os ollos

Page 4: 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.

Equipo da Biblioteca

riscados; se unha nena nena estivo cun merlo; a súa voz era moi fermosa, e a súa pel negra, e se fose un peixe o que coidara doutra nena, esta quería estar na auga todo o tempo e movía as súas mans e pés coma se fosen aletas e cola.Non había un mundo onde os nenos fosen á vez tan distintos e tan iguais coma aquel. Distintos, porque na fraga cada criatura ten unha apariencia diferente e o seu propio xeito de ser; iguais, porque os cantos cos que se chamaran polas súas nais se asemellaban entre si como os ovos dos que naceran. E todos tiñan o mesmo corazón.

DEREITO A UN NOME E A UNHA NACIONALIDADE DESDE O SEU

NACEMENTO.

NO MUNDO DOS SERES ESTRAÑOS.ANA MARÍA SHUA.

- Mamá, mira o que atopei!A mamá troll non compartía o entusiasmo do seu fillo.- Un neno humano – dixo, engurrando o cello.- Pero se non se reflicte nos espellos!

Page 5: 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.

Equipo da Biblioteca

Era verdade. O neno tiña grandes ollos escuros, non sorría. E o espello non o reflectía.

- Mmmmmm. Entón quizais poida quedar. Es sueco, rapaz?

- Non –dixo o neno- Non son sueco.- Entón non es un troll. Nos somos monstruos suecos.A ver que din os nosos veciños leprechauns.Os leprechauns examinaron o neno.- Os teus pais son irlandeses?- preguntáronlle.- Non. Dixo o neno.- Daquela, non es un leprechaun, nós somos trasnos

irlandeses.Niso pasou Babá Iagá, a famosa bruxa rusa.- Oes, Babá Iagá! – berrou nai troll -. Tomarías a este

neno como aprendiz de bruxo?- É ruso? So lles ensino bruxerías a nenos rusos.O neno negou tristemente coa cabeza. Foron ao barrio das meigas.- Es galego? Preguntáronlle alí.Pero non o era.- Entón non es fillo dunha meiga. Nosoutras somos

bruxas galegas.- Será unha Pantasma – dixo nai troll -. Elas non teñen

nacionalidade.- Falso! – contestoulle unha pantasma -. Somos de todas

as nacionalidades, cada unha ten a súa… Podes atravesar unha parede, rapaz?

O neno intentouno con tas as súas forzas, pero só logrou darse un bo golpe na fronte.Á nai troll, o neno deulle mágoa.- Pode quedar uns días – díxolle ao seu fillo -. Pero se non atopa a súa xente entre os Seres Estranos, terá que marchar.

Mentres tanto, nun país europeo, os pais buscaban ao seu fillo desesperados. Fixeron a denuncia policial e os medios déronlle difusión. Como seus pais eran inmigrantes ilegais, o neno non tiña nacionalidade. Ningún goberno da terra o protexía baixo as súas leis. Por iso na televisión falaban da desaparición do “neno

Page 6: 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.

Equipo da Biblioteca

pantasma”, que así son chamados os pequenos apátridas.

Un xuiz interesouse no caso.- Non quero prometerlles nada – dixo o xuiz -.Pero

talvez sexa posible darlle ao neno a nacionalidade do país onde naceu.

Aos pais xa non lles importaba moito a nacionalidade. Só querían que aparecese o seu filliño.No entanto, nese momento, algo moi raro acontece una cabana dos trolls. Ao pasar o neno diante do espello, apareceu unha bruma borrosa coa forma do seu corpo.- Si que é un neno humano despois de todo. Teremos

que devolvelo – dixo a nai troll.Pouco a pouco, co corrrer dos días, ía asomando no espello unha cariña morena e riseira, cos dentes moi brancos.Antes de que se reflectise completamente, os trolls deixaron o neno no linde da fraga. Alí o atopou a policía, que o levou cos seus pais.Uns meses despois o neno fora debidamente rexistrado. Tiña por fin os seus documentos, o seu nome oficial e a súa nacionalidade. Deixou de ser unha pantasma e endexamais tivo que volver ao mundo dos Seres Estraños.Pero quedoulle sempre agradecido á nai troll e cada pouco déixalle unha caixa de pizza preto da fraga. Desde que os trolls probaron a pizza, non había nada que lle gustase tanto!

Page 7: 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.

Equipo da Biblioteca

DEREITO A UNHA EDUCACIÓN QUE FOMENTE A

SOLIDARIEDADE, A AMIZADE E A XUSTIZA ENTRE TODO O

MUNDO.

CONFUSIÓNELIACER CANSINO

O mozo por fin enxergou as tendas onde acampaban os homes do deserto. Estou salvado! – díxose. E dirixiuse a eles e falou deste xeito:- Veño famento e teño sede. Preciso da vosa axuda.Os homes mirárono con desconfianza, pois non o coñecían. Un deles adiántouse e díxolle:- Ofrecémosche a nosa axuda, pero antes debes

dicirnos que nos darás a cambio.O rapaz lembrou as palabras do seu mestre: “só é valioso o que se ama”, e rebuscando na súa alforxa sacou dela un libro.- Deixareivos este libro – dixo- . Nel están as palabras do meu deus. Son palabras boas que abrirán os vosos corazóns.Os homes colleron o libro e sen apenas miralo devolvéronllo. Precisamente loitamos contra ese libro.

Page 8: 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.

Equipo da Biblioteca

Entón o rapaz extraeu un pano dun fermoso tecido.Este pano é para min moi amado. Lévoo sempre onde vou. E nas festas cíngoo ao meu pescozo como insignia.Miraron os homes o pano e viron que as súas cores eran da bandeira dun país próximo. E devolvéronllo.- Non queremos ese pano: as súas cores oféndennos,

pois desprezamos o país que representan.O rapaz non entendeu aquel desprezo, pero volveu gardalo sen protestar.- Nese caso talvez vos gusten estas follas encadernadas. Nelas están escritas as palabras necesarias para entenderse con outros pobos. Se alguén vos fala nunha lengua descoñecida, mirando aquí podedes entendelo.- Para que queremos esas follas con palabras estrañas. A nosa lengua é a lengua verdadeira, a máis pura. Se alguén quere falar connosco que aprenda. Nós non precisamos aprender a súa. Se non falases a nosa lingua nin sequera te habiamos escoltar.Estaba a piques de desistir cando lembrou a súa moeda de ouro. Unha moeda que tiña o escudo do seu país, as palabras do seu deus, a lingua da súa terra. E dixo:- É o único que me queda. Pero sei que non ides

querelo, porque ten todo o que desprezades: as palabras do meu deus, a miña lingua initelixible, o escudo coa bandeira do meu país. Así que seguirei o meu camiño esperando atopar a alguén que se apiade de min.

Daquela os homes dixeron: - Agarda. Dixeche que esa moeda é de ouro?- Si, iso dixen.- Entón dánola, porque o ouro non ten lengua, nin

relixión, nin país. Agora xa podes comer e beber.O rapaz entregoulla e, mentres saciaba a súa sede e a súa fame, pensou que aqueles homes estaban verdadeiramente tolos, pois confundiran o ouro co amor.