2.1. a poesía de vangarda. características xerais

21
TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA (1) TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA (1) CARACTERÍSTICAS XERAIS CARACTERÍSTICAS XERAIS LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI Lourenço Álvarez Lourenço Álvarez

Transcript of 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

Page 1: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA (1)TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA (1)CARACTERÍSTICAS XERAISCARACTERÍSTICAS XERAIS

LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXILITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

Lourenço ÁlvarezLourenço Álvarez

Page 2: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

Recoméndase realizar o visionado desta presentaciónestando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen

Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte información, procedente de distintos recursos web:

Información sobre un autor citado

Información complementaria sobre un determinado asunto

Definición ou explicación dun concepto

Page 3: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

Movemento estético que produce, no inicio do século XX,unha profunda renovación nos distintos campos artísticos.

Movemento fragmentario: numerosos grupos, diversas propostas: os “ismos”

FUTURISMO

CUBISMO

DADAÍSMO

CREACIONISMO

ULTRAÍSMO

SURREALISMOIMAXINISMO

EXPRESIONISMO

AS VANGARDAS

Page 4: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

CRONOLOXÍA

Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920.

As denominacións vangardismo / vangardista, porén, pervivenhoxe en día nos fenómenos artísticos co significado de...

experimental, innovador, rupturista...

LOCALIZACIÓN

En distintos países e cidades da Europa Occidental(París, Zurich, Londres, Italia, Alemaña, España, chegando os seus ecos até os Estados Unidos)

Page 5: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

FUTURISMO

CUBISMO

DADAÍSMO

HILOZOÍSMO

ULTRAÍSMO

SURREALISMO

IMAXINISMO

EXPRESIONISMO

ITALIA

ZURICH

PARÍS

INGLATERRA

ESPAÑA

GALIZA

ALEMAÑA

Page 6: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

SENTIDO ORIXINARIO DAS VANGARDAS

ARTE ENTENDIDA COMO RE-PRODUCIÓN DA REALIDADE

O ideal artístico é a apro-ximación total ao modelo

ARTE ENTENDIDA COMO REIN-TERPRETACIÓN DA REALIDADE

A arte recrea, deforma, sub-virte, transforma a realidade

As vangardas

A tradición

“A arte e a realidade son dúas cousas ben diferentes” P. Picasso

Page 7: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

CARACTERÍSTICAS COMÚNS AOS MOVEMENTOS DE VANGARDA

1.- RUPTURA RADICAL COA TRADICIÓN

2.- RENOVACIÓN DA TEMÁTICA

3.- A ARTE TEN SENTIDO EN SI MESMA

4.- ARTE CEREBRAL, ANTISENTIMENTAL, ANTIRROMÁNTICA

5.- EXPRESIÓN HERMÉTICA

6.- ELABORACIÓN DE MANIFESTOS PROGRAMÁTICOS RADICAIS

Piston chaudière piston chaudière pisssstton pissssttonn pisssston

Premier piston de joie chaude PENETRER dans l´huile frirerire frirerire sa nostalgie graaasse, graaasse, graaasse

Un día dirase as lágrimas as vosas lágrimas onde están se cadra rillaron o espazo até as uñas da tumba as nosas maternas primaveras investiron tantas andoriñas en acompañar os latexos do corazón conducentes ao cadafalso que a paisaxe louca de ás arrinca sen descanso os seus regos

Page 8: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

Manifesto, 1909. Marinetti

O valor, a audacia, a revolta han ser elementos esenciais da poesía. Até hoxe, a literatura exaltou a inmobilidade pensativa, a éxtase e o soño. Nós queremos exaltar o movemento agresivo, o insomnio, o paso lixeiro, o salto mortal, a labazada e a pancada. Nós afirmamos que a magnificencia do mundo enriqueceuse dunha nova beleza: a beleza da velocidade. Un automóbil de carreiras co seu capó adornado de grosa tubaxe semellante á serpe... un automóbil bradante que parece correr sobre a metralla, é máis belo que a Vitoria de Samotracia. Nós queremos cantar o home que suxeita o volante...

O FUTURISMO

Manifesto-síntese. Marinetti

Arte vida explosiva. Antimuseo. Anticultura. Antiacademia. Antilóxica. Antigracioso. Antisentimental. Contra as cidades mortas. Modernolatría.Relixión dunha nova orixina-lidade velocidade.[...] Estética da máquina.[...] Destrución da sintaxe. Imaxinación sen fíos. Sensibilidade xeométrica e numérica.Palabras en liberdade ruidistas. Cadros pala-bras libres sinópticos colorados.

Algunhas características deste movemento

► Destrución absoluta da sintaxe► Emprego do verbo en infinitivo► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de

substantivos duplos (“multitude-resaca”)► Substitución dos signos de puntuación por símbolos

matemáticos (+ — < > = ...)► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco..► Abundante léxico de tipo técnico

Page 9: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

O FUTURISMO - TEXTOS

ÁLVARO DE CAMPOS(FERNANDO PESSOA)

O binómio de Newton é tão belo como a Vénus de Milo. O que há é pouca gente para dar por isso. ó ó ó ó - ó ó ó ó ó ó ó - ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó (O vento lá fora)

ÁLVARO DE CAMPOS(FERNANDO PESSOA)

nh

h

hhnn bah

nba

0

Deus vehemente dunha raza de aceiro automóbil ebrio de espazo que pisas con angustia, co freo nos dentes estridentes! Oh formidábel monstro xaponés de ollos de forxa alimentado de chamas e aceites minerais famento de horizontes e de presas siderais desencadeo o teu corazón de cacharro diabólico e xigantes pneumáticos para a danza que fas polas brancas estradas do mundo Solto finalmente as túas rendas metálicas e ti lánzaste embriagado cara ao infinito liberador...

Marinetti

Page 10: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

O CUBISMO

“Os sentidos engánannos; a intelixencia ilumínanos”

Algunhas características deste movemento

► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade► Mestura de linguas e material heteroxéneo

► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística

► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os CALIGRAMAS

Page 11: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

O CUBISMO - TEXTOS

As crêpes estaban exquisitasA fonte manaVestido negro como as súas uñasÉ completamente imposíbelAquí está señorO anel de malaquitaO chan está estrado de serradurasDaquela é verdadeA criada roiba foi raptada por un libreiroUn xornalista que coñezo por outra parte moi vagamenteEscoita Jacques é moi serio o que che vou dicir

MANUEL ANTONIOJOAN

SALVATPAPASSEIT

G. APOLLINAIRE

viventeOllar super

vidente

arrandearAquel d´o acordión

adormentar

G. APOLLINAIRE

fragmentarismo

simultaneidade

xogos visuais

MANUEL ANTONIO

Page 12: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

O DADAÍSMO

“Dadá é o diluvio despois do cal todo recomeza”

André Gide

Algunhas características deste movemento

► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior

► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante► Humorismo, gusto polo ridículo

Page 13: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

DADA é un microbio virxe

DADA está contra a carestía da vida DADA

sociedade anónima para a explotación das

ideas DADA tén 391 actitudes e cores

diferentes segundo o sexo do

presidente. Transfórmase

-afirma- di ao mesmo tempo o contrario –sen importancia- berra -

pesca con cana.DADA é o camaleón do cambio

rápido e interesado.DADA está en contra do futuro. DADA está morto.

DADA é idiota. VIVA DADA. DADA non é

unha escola literaria, ouvea Ouvea ouvea

ouveaOuvea ouvea ouveaOuvea ouvea ouveaOuvea ouvea ouveaOuvea ouvea ouveaOuvea ouvea ouvea

Page 14: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

O DADAÍSMO - TEXTOS La niña llama a su padre: “Tatá, dadá”. La niña llama a su madre: “Tatá, dadá”.

Al ver las sopas,la niña dijo:

“Tatá, dadá”.Igual al ir en tren,

cuando vio la verde montañay el fino mar.

“Todo lo confunde”, dijosu madre. Y era verdad.Porque cuando yo la oía

decir “Tatá, dadá”,veía la bola del mundo

rodar, rodar, el mundo todo una bola,y en ella papá, mamá,

el mar, las montañas, todohecho una bola confusa,el mundo: “Tatá, dadá”.

“Protesta con todos os puños do ser en acción destrutiva: Dadá, abolición da lóxica, danza dos impotentes da creación: Dadá, abolición da memoria : Dadá, abolición da Arqueoloxía: Dadá,

abolición dos profetas: Dadá, abolición do futuro: Dadá, Liberdade: Dadá, Dadá, Dadá, ouveo das cores crispadas,

entrelazamentos dos contrarios e de todas as contradicións, dos grotescos, das inconsecuencias: a vida”

“Escribo un manifesto e non quero nada; digo, con todo, certas cousas e estou por principio contra todos os manifestos”

RECEITA PARA FACER UN POEMA DADAÍSTA

Tome un xornal e unhas tesoiras. Corte un anaco dun artigo que teña a extensión prevista para o seu poema.Recorte cada unha das palabras e métaas nunha bolsa.Mestúreas suavemente. Extraia despois cada unha das

palabras ao chou. Cópieas concienciudamente. O poemapareceráselle. E verase Vde. convertido nun escritor

inmensamente orixinal e dunha sensibilidade encanta-dora, aínda que incomprendido polo vulgo.

TRISTAN TZARA

PEDRO SALINAS

Page 15: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

O SURREALlSMO

Algunhas características deste movemento

► Negación do mundo real como materia para a arte;

antirrealismo

► A creación ten como punto de partida o mundo onírico

► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica

► A “escrita automática” como expresión da liberación da

razón

► Expresión hermética e multisignificativa

“O P O E T A T R A B A L L A ” (Cartel colocado na porta do seu cuarto de durmir)

Saint-Pol Roux

Page 16: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

Ampáreme un autobús a motor de andoriñasentre esta bruma rechea de miolo de violíne aínda máis precavida que un prexuízo de castaagora que o corazón do turismo palpitasuavemente escondidoe o universo se enche de olladase de puchos a cadros

Que asfixias nos teus ollos de aeródromo asomadoa un antefaz escurecido de suspirosollame estenderme sen esforzopegado á paredementres os meus cabelos se limitan a aplacar as fendasdeste horizonte tan mudo e xa tan meu

22 de xaneiro marcan as follas dunha lúa crecidana ribeira dun cego moderado de cisnes [...]

La aurora de Nueva York tienecuatro columnas de cienoy un huracán de negras palomas que chapotean las aguas podridas.La aurora de Nueva York gimepor las inmensas escalerasbuscando entre las aristasnardos de angustia dibujada.La aurora llega y nadie la recibe en su bocaporque allí no hay mañana ni esperanza posible.A veces las monedas en enjambres furiosostaladran y devoran abandonados niños.Los primeros que salen comprenden con sus huesosque no habrá paraíso ni amores deshojados:saben que van al cieno de números y leyes,a los juegos sin arte, a sudores sin fruto.La luz es sepultada por cadenas y ruídosen impúdico reto de ciencia sin raíces.Por los barrios hay gentes que vacilan insomnescomo recién salidas de un naufragio de sangre.

O SURREALISMO - TEXTOS

J. LARREA

 

Illa: oco insumiso,infantil xogo:

xa non estásentre a túa mesma luz.Xa rodas lonxe, dobregada en todo,¡que perfeita e que descoñecida!illa.

A. CUNQUEIRO

F.GARCÍA LORCA

Page 18: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

- Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos.

Preséntase de xeito fragmentario, en diferentes movementos: futurismo, cubismo, surrealismo, creacionismo...

AS VANGARDAS

- CRONOLOXÍA: Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920.

- LOCALIZACIÓN: Distintos países e cidades de Europa occidental, especialmente en París

- VIXENCIA: A pesar de ser un movemento relativamente efémero, deixou unha fonda pegada nas distintas mani- festacións artísticas desde entón até a actualidade

- OBXECTIVO: A diferenza da concepción artística tradicional, que intenta reproducir fielmente a realidade, as van- gardas pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal do artista

- CARACTERÍSTICAS XERAIS:- Ruptura radical coa tradición - Renovación da temática

- A arte ten sentido en si mesma - Arte cerebral, antisentimental, antirromántica

- Expresión hermética - Elaboración de manifestos programáticos radicais

FUTURISMO (PRINCIPAIS AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski)

► Destrución absoluta da sintaxe► Emprego do verbo en infinitivo► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”)► Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...)► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco..► Abundante léxico de tipo técnico

- CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS:

ESQUEMA PARA IMPRIMIR

Page 19: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

CUBISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max Jacob, Joan Salvat Papasseit)

► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade► Mestura de linguas e material heteroxéneo► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os caligramas

DADAÍSMO (PRINCIPAIS AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia)

► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante► Humorismo, gusto polo ridículo

SURREALISMO (PRINCIPAIS AUTORES: André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro)

► Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo ► A creación ten como punto de partida o mundo onírico► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica► A escrita automática como expresión da liberación da razón► Expresión hermética e multisignificativa

CREACIONISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre Réverdy, Manuel Antonio)

► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos► Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos seus significados habituais► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia ópticaOUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA: Imaxinismo, Ultraísmo, Expresionismo, Fauvismo...

Page 20: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

.- Visiona o filme Un can andaluz -clica nas ligazóns Un can andaluz-1

Un can andaluz-2

Un can andaluz-3

Un can andaluz-4

AS VANGARDAS ACTIVIDADES

Podes ampliar información sobre a película na seguinte ligazón http://eoran.com/unchienandalou/espanol/index.php

► Comenta as características propias das vangardas presentes na curtametraxe

► A que movemento cres que se pode adscribir? Por que?

► Repara na subversión do racional no tratamento do tempo e dos espazos, así como no desdobramento do personaxe masculino protagonista

► Redacta unha breve narración onde se manifesten alteracións semellantes do mundo racional. Podería ser o relato dun pesadelo?

1

1

Page 21: 2.1. a poesía de vangarda. características xerais

.- Sitúa o seguinte poema na corrente de vangarda coa que máis se identifique

AS VANGARDAS ACTIVIDADES

Podes ampliar información sobre o autor clicando no seu nome

► Convérteo nun poema tradicional, adaptando o seu contido as formas expresivas convencionais► Escribe un poema vangardista especificando a corrente na que se adscribe. Procura cumprir

da maneira máis completa as características dese ismo

2

2

► Destaca as súas principais características

REZA UNHA RAPARIGA NO MEU VAIXEL

oh, ven onda mine pousa con emociónos teus labios na miña boca-nun bico apaixonadoserei toda túa!

BAIXO AS VELAS POSUIREINA

Como sei que se bicabicareina

mariñeiriño que non vixía corsario vén e a amada lle quitase non lle leva ningunha canción- corsario vén e quítalle o

amor

MARSELLA PORTO DE AMORNOSA SEÑORA DA GARDA ROGADE POR NÓS

(Joan Salvat Papasseit)(Joan Salvat Papasseit)