22º domingo toc 2013 bene pagola

10
Música:Mantovanimelodía 128:Present:B.Areskurrinaga HC ;euskaraz:D.Amundarain

Transcript of 22º domingo toc 2013 bene pagola

Page 1: 22º domingo toc 2013  bene pagola

Música:Mantovanimelodía 128:Present:B.Areskurrinaga HC ;euskaraz:D.Amundarain

Page 2: 22º domingo toc 2013  bene pagola

Xesús asiste a un banquete invitado porXesús asiste a un banquete invitado por ““un dos principais fariseos”un dos principais fariseos”

da rexión.da rexión. É unha comida especial de sábado, preparada desde a É unha comida especial de sábado, preparada desde a

véspera con todo esmero. véspera con todo esmero. Como é costume, os invitados son amigos do anfitrión, Como é costume, os invitados son amigos do anfitrión,

fariseos de gran prestixio, doutores da lei, modelo de vida fariseos de gran prestixio, doutores da lei, modelo de vida relixiosa para todo o pobo.relixiosa para todo o pobo.

Page 3: 22º domingo toc 2013  bene pagola

Ao parecer, Xesús non se sente cómodo.

Bota en falta os seus amigos os pobres.

Aquelas xentes que encontra mendigando

polos camiños. Os que nunca son invitados

por ninguén.Os que non contan:

excluídos da convivencia, esquecidos pola relixión,

Desprezados por case todos. Elos son os que

habitualmente se sentan á súa mesa.

Page 4: 22º domingo toc 2013  bene pagola

Antes de despedirse, Xesús diríxeseAntes de despedirse, Xesús diríxese ao que o invitou. ao que o invitou.

Non é para agradecerlle o banquete, senón para sacudir a súa Non é para agradecerlle o banquete, senón para sacudir a súa conciencia e invitalo a vivir cun estilo de vida menos convencional e conciencia e invitalo a vivir cun estilo de vida menos convencional e

máis humano:máis humano: ““Non invites os teus amigos, nin os teus irmáns, nin os teus parentes Non invites os teus amigos, nin os teus irmáns, nin os teus parentes

nin os veciños ricos porque corresponderán invitándote... Invita os nin os veciños ricos porque corresponderán invitándote... Invita os pobres, eivados, coxos e cegos; ditoso ti porque non poden pobres, eivados, coxos e cegos; ditoso ti porque non poden

pagarche; pagaranche cando resuciten os xustos”pagarche; pagaranche cando resuciten os xustos”..

Page 5: 22º domingo toc 2013  bene pagola

Unha vez máis, Xesús esfórzase por humanizar a vida rompendo, se fai falla, esquemas e criterios de actuación que nos poden parecer moi respectables,

pero que, no fondo, están indicando a nosa resistencia a construír ese mundo máis humano e

fraterno, querido por Deus.

Page 6: 22º domingo toc 2013  bene pagola

De ordinario, vivimos instalados nun círculo de instalados nun círculo de relacións familiares, sociais, políticas o relixiosas coas que nos axudamos mutuamente a coidar dos nosos intereses

deixando fóra a quen nada nos poden achegar. Invitamos á nosa vida os que, á súa vez, nos poden invitar.

Iso é todo.

Page 7: 22º domingo toc 2013  bene pagola

Escravos dunhas relacións interesadas, non somos conscientes de que o noso benestar só se sostén

excluíndo aos que máis necesitan da nosa solidariedade gratuíta, sinxelamente,

para poder vivir.

Page 8: 22º domingo toc 2013  bene pagola

Temos que escoitar os Temos que escoitar os gritos evanxélicos do gritos evanxélicos do Papa Francisco na Papa Francisco na

pequena illa de pequena illa de Lampedusa:Lampedusa:

““A cultura do benestar A cultura do benestar fainos insensiblesfainos insensibles

aos gritos dos aos gritos dos demais”. demais”.

““Temos caído na Temos caído na globalización da globalización da

indiferenza”. indiferenza”. “Temos “Temos perdido o sentido da perdido o sentido da responsabilidade”.responsabilidade”.

Page 9: 22º domingo toc 2013  bene pagola

Os seguidores de Xesús Os seguidores de Xesús Temos que recordar que abrir camiños aoTemos que recordar que abrir camiños ao

Reino de Deus non consiste en construír unha Reino de Deus non consiste en construír unha sociedade máis relixiosa ou en promover un sistema sociedade máis relixiosa ou en promover un sistema

político alternativo a outros tamén posibles, senón, ante político alternativo a outros tamén posibles, senón, ante todo, en xerar e desenvolver unhas relacións máis todo, en xerar e desenvolver unhas relacións máis

humanas que fagan posible unhas condicións de vida humanas que fagan posible unhas condicións de vida digna para todos, empezando polos últimos. digna para todos, empezando polos últimos.

Page 10: 22º domingo toc 2013  bene pagola

SEN EXCLUÍR

Xesús asiste a un banquete invitado por “un dos principais fariseos” da rexión. É unha comida especial de sábado, preparada desde a véspera con todo esmero. Como é costume, os invitados son amigos do anfitrión, fariseos de gran prestigio, doutores da lei, modelo de vida relixiosa para todo o pobo.

Ao parecer, Xesús non se sente cómodo. Bota en falla os seus amigos os pobres. Aquelas xentes que encontra mendigando polos camiños. Os que nunca son invitados por ninguén. Os que non contan: excluídos da convivencia, esquecidos pola relixión, desprezados por case todos. Eles son os que habitualmente se sentan á súa mesa.

Antes de despedirse, Xesús diríxese ao que o invitou. Non é para agradecerlle o banquete, senón para sacudir a súa conciencia e invitalo a vivir cun estilo de vida menos convencional e máis humano: “Non invites os teus amigos, nin os teus irmáns, nin os teus parentes nin os veciños ricos porque corresponderán invitándote... Invita os pobres, eivados, coxos e cegos; ditoso ti porque non poden pagarche; pagaranche cando resuciten os xustos”.

Unha vez máis, Xesús esfórzase por humanizar a vida rompendo, se fai falla, esquemas e criterios de actuación que nos poden parecer moi respectables, pero que, no fondo, están indicando a nosa resistencia a construír ese mundo máis humano e fraterno, querido por Deus.

De ordinario, vivimos instalados nun círculo de relacións familiares, sociais, políticas ou relixiosas coas que nos axudamos mutuamente a coidar dos nosos intereses deixando fóra a quen nada nos poden achegar. Invitamos á nosa vida aos que, á súa vez, nos poden invitar. Iso é todo.

Escravos dunhas relacións interesadas, non somos conscientes de que o noso benestar só se sostén excluíndo aos que máis necesitan da nosa solidariedade gratuíta, sinxelamente, para poder vivir. Temos que escoitar os gritos evanxélicos do Papa Francisco na pequena illa de Lampedusa: “A cultura do benestar fainos insensibles aos gritos dos demais”. “Temos caído na globalización da indiferenza”. “Temos perdido o sentido da responsabilidade”.

Os seguidores de Xesús temos que recordar que abrir camiños ao Reino de Deus non consiste en construír unha sociedade máis relixiosa ou en promover un sistema político alternativo a outros tamén posibles, senón, ante todo, en xerar e desenvolver unhas relacións máis humanas que fagan posible unhas condicións de vida digna para todos, empezando polos últimos.

José Antonio Pagola