24 Set 2010 - Nº 19

24
Fútbol sala feminino: Ponte Ourense logra a súa primei- ra vitoria mentres que o Cidade de As Burgas deixa un bo sabor de boca no seu debut ligueiro páx. 4-5 Número: 19 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 24 de setembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 8 de OUTUBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 RALI OURENSE - BAIXA LIMIA páx.20 David vence a Goliat! Cabeza Manzaneda e acolleu unha nova edición de Penedos do Lobo, proba onde máis de 400 atletas percorreron un camiño do máis hostil para superar a proba. páx. 12 e 13 Os días 1 e 2 de outu- bro, ruxirán os motores da sétima edición ARTIGO páx.22 Alfonso Vilachá: A felicidade nos mozos maiores II C. D. OURENSE páx.8 Descenso Urbán: Espectáculo este domingo 26 de se- tembro na terceira edición páx. 3 O Ourense mete a directa e colócase segundo na liga

description

Ponte Ourense logra a súa primei- ra vitoria mentres que o Cidade de As Burgas deixa un bo sabor de boca no seu debut ligueiro Os días 1 e 2 de outu- bro, ruxirán os motores da sétima edición Alfonso Vilachá: A felicidade nos mozos maiores II Descenso Urbán: C. D. OURENSE páx.8 Fútbol sala feminino: RALI OURENSE - BAIXA LIMIA páx.20 BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 8 de OUTUBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans]

Transcript of 24 Set 2010 - Nº 19

Page 1: 24 Set 2010 - Nº 19

Fútbol sala feminino:Ponte Ourense logra a súa primei-ra vitoria mentres que o Cidade de As Burgas deixa un bo sabor de boca no seu debut ligueiro páx. 4-5

Número: 19 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 24 de setembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 8 de OUTUBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

RALI OURENSE - BAIXA LIMIA páx.20

David vence a Goliat!

Cabeza Manzaneda e acolleu unha nova edición de Penedos do Lobo, proba onde

máis de 400 atletas percorreron un camiño do máis hostil para superar a proba.

páx. 12 e 13

Os días 1 e 2 de outu-bro, ruxirán os motores da sétima edición

ARTIGO páx.22

Alfonso Vilachá: A felicidade nos mozos maiores II

C. D. OURENSE páx.8

Descenso Urbán:Espectáculo este domingo 26 de se-tembro na terceira edición páx. 3

O Ourense mete a directa e colócase segundo na liga

Page 2: 24 Set 2010 - Nº 19

2 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

ACTUALIDADE

Homenaxe a Bernardino González4 Será o 8 de outubro en Allariz.

R. Torres

O ex-árbitro ourensán, Bernardino González Váz-quez terá a súa homenaxe despois de 18 anos sendo xuíz nos campos de fútbol tanto nacionais como inter-nacionais. O lugar elexido para tal evento é o hotel AC Vila de Allariz da fermosa vila ourensá. O acto, que está aberto a todo o públi-co, consistirá nunha cea en torno ás 21 horas en devan-dito hotel, e asistirán entre outros, Alejandro Blan-co, Presidente do Comité Olímpico Español; Sánchez Arminio, Presidente dos árbitros ademais de com-pañeiros de Bernardido González nestes 18 anos de colexiado.

Na presentación da ho-menaxe estaban o delegado de árbitros de Ourense, An-tonio Delgado; o Presidente da Federación de Fútbol de Ourense, Cachaldora; a te-nente de alcalde do Conce-llo de Allariz, Cristina Cid; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela; o delega-do territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Roge-lio Martínez; o Presidente da Deputación, José Luis

Traxectoria- Categoría Autonómica, 6 Tempadas- Terceira División, 4 Tempadas- Segunda División B, 3 Tempadas- Segunda División, 4 Tempadas- Primeira División, 9 Tempadas. 156 parti-

dos arbitrados- Árbitro FIFA desde o ano 2005 ao 2008

dirixindo 24 partidos internacionais e 32 como 4º árbitro

Partidos destacados:- Final Supercopa de España- Final Campionato de Europa Sub-17- Final Copa Príncipe de Arabía Saudí y va-

rios partidos das ligas de Qatar, Irán e Arabía Saudí

- Varias Semifinales da Copa de S. M. Rey de España

No ano 2005 foi nomeado como mellor de-portista ourensán na Gala do Deporte ouren-sán, organizado pola Deputación de Ourense.

Presentación da homenaxe a Bernardino González Vázquez. /RAMSÉS

Baltar e o alcalde de Ouren-se, Francisco Rodríguez. Todos eles coincidían en que este tributo era mere-cido pola súa profesionali-dade, polo gran persoa que é o polo seu ourensanismo, como apuntaba Baltar “de-cir Bernardino González é decir o nome de Ourense”.

Turismo por OurensePara os que acudan a esta

homenaxe de fóra da nosa provincia, o Comité orga-nizador ten preparadas dúas visitas, unha o sábado 9

pola mañá, onde visitarán a zona termal, Outariz, Mui-ño da Veiga, Chavasqueira para finalizar cunha comida no campo da feira. Xa pola tarde a visita será polo cas-co histórico da cidade para cear nun restaurante céntri-co da nosa cidade e rematar a noite na zona de viños.

CoincidenciaA homenaxe coincide

con primeiro partido que disputa o Club Ourense Ba-loncesto en casa nesta tem-pada 2010-2011, polo que

desde o Comité organiza-dor andan procurando unha solución a este problema para que quen queira poida ir aos dous eventos que se organizan no mesmo día.

A homenaxe constará dun-ha cea e unha visita pola zona termal e o cas-co histórico de Ourense Bernardino González Vázquez, antes dun partido entre o

RCD Español e FC Barcelona..

A Copa do Mundo en Ourense?4 O presidente do Ponte Ourense C.F., Plácido Díaz quere traer as Copas do Mundo de fútbol 11 e fútbol sala a Ourense.Redacción

O Ponte Ourense C.F. solicitou, co visto bo da Fe-deración Galega de Fútbol, que as Copas do Mundo acadadas polas seleccións absolutas de España de fút-bol 11 e fútbol sala visiten Ourense. O club pontino presentará os avais, segu-ros, e requisitos esixidos pola Real Federación Espa-ñola de Fútbol para que os ourensáns poidan ter a po-sibilidade de fotografiarse cos trofeos e velos de preto. En caso de dar o visto bo na Real Federación Española de Fútbol, concretaríase as datas nas que permanece-rían na nosa cidade e que

lugares visitarían.

ConferenciaO seleccionador nacio-

nal de fútbol sala, D. José Venancio López, estará en Ourense o 4 de novembro para dar unha confenrencia organizada pola fundación pontina Oira Futuro.

De traer as co-pas, numerosos afeccionados poderán visita-las e retratarse con elas duran-te a estancia en Ourense

A Copa do Mundo de fút-bol.

HORARIOS DE FÚTBOL REXIONALLocal - Visitante - Campo - HoraPrimeira RexionalC.D. BARCO - AT. VILARIÑO CALABAGUEIROS 17,30U.P. TABOADELA - POLIGONO S.C. TABOADELA 17,30C.D. RAMIRANES - PONTE OURENSE RAMIRAS 17,30S.D. VALENZA C.F. - CORTEGADA OS CARRIS 17,30AMOEIRO C.F. - ATL. VILAMARIN AMOEIRO 17,30FRANCELOS F.C. - U.D. BARBADAS “B” FRANCELOS 17,30S.D. MELIAS - SP. CELANOVA MELIAS 17,30A.D. COVADONGA - ANTELA C.F. AS EIROAS 17,30 (Sábado)NOGUEIRA RAMUIN C.D. - ALLARIZ LUINTRA 18,00Segunda RexionalC.D. COLES - LOÑOA C.F. COLES 17,30C.D. CEA - LEIRO C.F. CEA 17,30RIBEIRO F.C. - S.AT. BARBANTES SAN CRISTOBAL 17,30C.D. VELLE - C.D. MOREIRAS VELLE 17,30C.D. PALMES - C.D.ARENTEIRO “B” PALMES 17,30 (Sábado)S.D. ARRABALDO - MASIDE C.F. STA.CRUZ ARRAB 19,00 (Sábado)CRESPOS C.F. - RIBADAVIA AT. PADRENDA 17,30CD BARRA DE MIÑO - C.F. QUINS BARRA DE MIÑO 17,30 (Sábado)C.D. RUA - AT. ARNOYA A RUA 17,00C.D. ALLARIZ “B” - C.D. VIANA ALLARIZ 16,00 (Sábado)PIÑEIRA SECA F.C. - ENTRIMO C.F. PIÑEIRA SECA 17,30 (Sábado)VILAR DE BARRIO - C.D. MACEDA VILAR DE BARRIO 17,30 (Sábado)C.D. MUIÑOS SDC - A MANCHICA MUIÑOS 17,30 (Sábado)C.F. MONTERREY - C.D. ESPADANA MONTERREY 17,30S.D. PADERNE - C.D. A BOLA PADERNE 17,30C.D. ROCAS - C.D. CUALEDRO ROCAS 17,30A.C.D. SANDE - A SAINZA C.F. SANDE 17,30 (Sábado)XUNQUEIRA AMBIA- U.D. LOBIOS XUNQ. DE AMBIA 17,30 (Sábado)

Page 3: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

3DESCENSO URBÁN

O primeiro dos participantes

tomará a saída ás 11 horas e percorrerá os

800 metros que hai entre o

Auditorio e As Burgas

4 O domingo 26 de setembro, a partir das 11 horas, polas rúas do casco histórico.P. Lodeiro

Un espectáculo en toda regra é o que poderán ver os que se acheguen a mañá do domingo 26 de setembro ás rúas do casco histórico da nosa cidade. Preto de 100 pilotos federados participa-rán na terceira edición do Descenso Urbano Cidade de Ourense, cun percorrido cheo de obstáculos e saltos desde o mirador do Audi-torio ata as Burgas, pasan-

do por praza do Correxi-dor, plaza dos Suaves, rúa das Tendas, praza Maior, Doutor Marañón e Calpur-nia Abana.

Nesta ocasión o clube organizador, Carrera Bike Team, optou pour un cir-cuito “rápido e fluido”, en palabras dun dos seus membros, Javier Carrera, para evitar deste modo que os participantes teñan que frear en certos tramos. Da

espectacularidade deste de-porte da bicicleta dá conta un dato: un minuto 12 se-gundos foi o tempo que lle levou ao piloto máis rápido o ano pasado percorrer o circuito (scratch), de aproxi-madamente 800 metros con xiros e saltos entre outras trampas que atoparánse os pilotos no circuíto. A partir das 11 da mañá, os pilotos sairán cada medio minuto ou un minuto e realizarán dúas mangas (na segunda sairán pola orde de tempos da primeira). Puntuarán su-mando os dous tempos e o resultado será valedeiro para o ránking de Galicia.

As inscricións realízanse

a propia mañá do domingo, entre 9:00 e 10:30, tempo que tamén se reserva para os entrenamentos. Aínda que en Ourense hai bastante afección a este deporte, só poderán participar os pilo-tos federados, o que reduce o número de posibles parti-cipantes da cidade a uns 5, apunta Carrera.

O público poderá seguir a competición desde zo-nas acotadas e seguras e tamén se habilitarán zonas

Na imaxe, Rodrigo Carreiro, membro do clube, Fernando Varela, concelleiro de Depor-tes, Javier Carrera e Antonio Arias, membros do clube organizador. /RAMSÉS

A competición poderase seguir desde as zonas acotadas para tal fin que haberá durante todo o percorrido

Espectáculo e deporte no III Descenso Urbano Cidade de

Ourense

Un dos participantes da pasada edición dando un salto na praza Maior.

de tránsito. Haberá premios en metálico para os gaña-dores e avituallamento para todos, así como un servizo de autobús para subir aos pilotos desde as Burgas ao Auditorio para realizar a se-gunda tanda.

O mellor tempo das dúas mangas será o que conte para a clasificación final e decida ao gañador do III Descenso Urbán Cidade de Ourense.

Page 4: 24 Set 2010 - Nº 19

4 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

FÚTBOL SALA

Ampi foi a máxima protagonista do debut do Ponte Ourense nesta liga: recibiu o premio á máxima goleadora do ano pasado, marcou o primeiro gol e foi expulsada por dobre amarela

Ponte Ourense mostra as súas credenciais na liga4 Triunfo moi traballado diante do seu público dun Ponte Ouren-se que está a chamado a ser un dos favoritos desta liga.

R. Torres

O Ponte Ourense presen-tábase diante da súa afec-ción no primeiro partido dunha liga na que está cha-mado a ser un dos grandes favoritos para alzarse co tí-tulo. Na previa do partido, unha das grandes fichaxes do club, Ampi, recibiu a copa de pichichi da pasada campaña cando militaba no Cajasur Córdoba. Xa no partido, o dominio era das locais, controlando o balón con longas posesións; froi-

to deste dominio chegaría o gol obra de Ampi que es-treabase como goleadora no cadro de Manuel Castillo. Pero de heroína pasou a vi-llana, e un minuto máis tar-de foi expulsada por dobre amarela. Da inferioridade numérica que supuxo a ex-pulsión de Ampi chegaría o gol das pucelanas, obra de Leti. Con este resultado chegaríase ao descanso. No segundo período, o Ponte tentaba controlar nova-mente o partido pero sen resultado de cara ao gol e

con Lala, porteira pucelana, inspirada sacando un balón que colábase pola escuadra esquerda do marco que de-fendía. Houbo que chegar é metade deste segundo tem-po para que Anita adianta-ra ás pontinas e un minuto máis tarde, Laura puxera terra de por medio no mar-cador. Co resultado de 3-1 finalizaría o encontro e os tres primeiros puntos en disputa da tempada queda-ron en Ourense.

Sete xogadorasManuel Castillo durante o

encontro só contou con sete xogadoras: Eva, Bea, Lau-ra, Ampi, Sarita, Marta e Anita, non puidendo contar con Raquel de Souza que quedou nas bancadas ven-do a vitoria das súas com-pañeiras. Esto pode ser un

Ponte Ourense 3 - Valladolid 1Goles1-0, min. 15 Ampi 1-1, min. 16 Leti 2-1, min. 31 Anita 3-1, min. 32 Laura

Próximo encontro - 2ª Xornada - 25/09Burela FS Pescados Rubén - Ponte OurensePróximo encontro en casa3ª Xornada - 02-10Ponte Ourense - C. Queralt Gironella

Ampi recibindo o trofeo de máxima goleadora da pasada tempada. /M. REJO

problema á hora de afrontar os partidos de liga nos que as lesións, entre outras cou-sas, estarán presentes polo que se presume demasiado curta a plantilla ou poucas xogadoras nas que confía o adestrador para loitar polo título.

Próxima xornada, Bu-rela Pescados Rubén

O Ponte Ourense viaxa na xornada dous a Burela para xogar fronte o Pesca-dos Rubén, no que pode ser

a vinganza das ourensás da final da Copa Galicia que perderon contra o equipo lucense. O próximo parti-do en casa é o sábado 2 de outubro contra o Gironella, quen gañou no primeiro en-contro de liga a domicilio ao UCAM Murcia por tres goles a cero.

Manuel Castillo fixo participar no primeiro encontro de liga contra Valladolid a sete xogadoras.

Arriba e abaixo partido contra o Valladolid. /RAMSÉS

Page 5: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

5FÚTBOL SALA

Perderon o pri-meiro encontro de liga contra o filial do Cidade As Burgas por dous goles a cero

Ilusionante inicio de liga4 O Cidade de As Burgas puxo en serios problemas ao Atlético de Madrid no debut das ourensás na División de Honra do fút-bol sala feminino adiantándose por dúas veces no marcador.R. Torres

O equipo recén ascendi-do á División de Honra do fútbol sala feminino, o Ci-dade de As Burgas, puxo en serios problemas ao equipo madrileño do Navalcarnero na primeira xornada de liga. As de Manolo Codeso xo-garon sen complexos diante dun dos mellores equipos da máxima categoría nacio-nal, o Atlético de Madrid, mostrando desta maneira que, xogando así a perma-nencia é posible.

O partido estivo marca-do pola intensidade nos 40 minutos de xogo, e no que as ourensás dominaron o marcador na primeira parte do encontro. Iria marcaría o 0-1 para as pabellonis-ta no que sería o primeiro gol do equipo na División de Honra; pero aos cinco

minutos Sara Iturriaga de dobre penalti poría as tá-boas no marcador (o Cida-de chegaría as cinco faltas neste primeiro período aos sete minutos de encontro); antes de chegar ao ecuador da contienda, Vanessa faría

o segundo das verdibrancas nas postrimerías do primei-ro tempo, resultado co que se chegaría ao descanso. Na reanudación, tiveron que pasar sete minutos para que o equipo local marcara o segundo gol obra de Sofía, quen devolvería o empate ao electrónico. Dous mi-nutos máis tarde, Natalia remontaba o encontro para as madrileñas. Nos últi-mos minutos o adestrador ourensán decidiu xogar con cinco xogadores sen obter o resultado esperado, xa que, no minuto 39, de novo Sara Iturriaga faría o defi-nitivo 4-2 para o Atlético e deixaba sen recompensa ao ofrecido na cancha po-las ourensás, pouco premio este resultado pola entrega

At. de Madrid 4 - Cidade As Burgas 2Goles0-1, min. 5 Iria 1-1, min. 10 Sara Iturriaga (doble penalti)1-2, min. 16 Vanessa 2-2, min. 27 Sofía3-2, min. 29 Natalia 4-2, min. 39 Sara Iturriaga

Próximo encontro (Pavillón dos Remedios)2ª Xornada - 25/09 Cidade As Burgas - Córdoba

no campo das pupilas de Codeso pero que lles sir-ve para coller moral para afrontar con ilusión esta tempada na máxima cate-goría do fútbol sala femi-nino nacional.

O sábado, o CórdobaA segunda xornada de

Liga que será o debut do Pabellón Burgas nesta competición como local nos Remedios, tendo a vi-sita do Deportivo Córdoba o sábado 25 de setembro, ás 17 horas. O equipo an-daluz é o vixente campión e nesta primeira xornada impúxose a outro recén ascendido, o Lacturale Orvina por catro goles a un.

Plantilla do Cidade As Burgas da tempada 2010-2011. /ARQUIVO

Fútbol sala feminino en Castrelo de Miño4 A localidade ourensá de Castrelo de Miño vai contar cun equipo de futbol sala fe-minino na Liga Autonómica.Redacción

Castrelo de Miño, con-tará para esta tempada cun equipo de fútbol sala femi-nino que disputará a Liga Autonómica. No primeiro partido de liga perderon en casa contra o filial do Cidade de As Burgas por cero goles a dous.

Este club xurdiu da es-cola de futbol sala femi-nino que o Concello de Castrelo de Miño creou no ano 2009, na que parti-cipan máis de 30 mulleres en dita escola con idades que van desde os 16 ata os 45 anos. Despois destes primeiros meses de ades-tramento decidiron crear o club deportivo e participar na Liga Autonómica de fútbol sala, a máxima ca-tegoría a nivel de Galicia. Os partidos os xogarán no

pavillón municipal de Cas-trelo de Miño, en Astariz. O equipo conta con 15 xoga-doras que abarcan idades de entre os 16 anos ata os 42.

Para Maribel, a súa ade-stradora, o obxectivo do equipo nesta primeira tem-pada é a de manter a cate-goría “somos noveles na competición pero tentare-mos manternos en Autonó-mica”, e tentarán estar a fi-nal de tempada “na metade da táboa”, explicaba a súa adestradora.

Plantilla do Castrelo de Miño FSF.

Page 6: 24 Set 2010 - Nº 19

6 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010 POLIDEPORTIVO

O estremo de-reito Adrián deu ao Pabellón Ba-lonmán Ourense a primeira vito-ria da tempada cun gol na últi-ma posesión

Primeira vitoria do Balonmán Pabellón Ourense4 Os de Alejandro Arias venceron a domicilio ao Moaña 28-29.

Redacción

Bo comezo de tempada do equipo sénior do Pabe-llón Balonmán ante o re-cén ascendido Moaña que demostrou ser algo máis que iso, e que de sguro dará moito que falar nesta liga da Segunda Autnómica. Os pabellonistas comezaron a tempada moi bos de for-ma, cunha gran defensa na parte central que dificultou os lanzamentos exteriores e o xogo co pívote durante a primeira parte do encontro, permitíndolles correr ao contragolpe e marcar difen-renzas no marcador nos ini-cios de partido de 3-11 aos 15 minutos. Nembargantes, co paso dos minutos non

puideron manter a efectivi-dade de vara a porta o que fixo que o conxunto ponte-vedrés remontara e colocá-rase a tres goles (13-16) ao descanso.

Na segunda parte, as cousas non funcionaban e poñíanse peor trala expul-sión do cancerbeiro, sen-do substituido polo xoven meta Angel Mateos. Duran-te algunhas fase de encon-tro, os ourensáns perderon a concentración, regalando moitos balóns ao contrario o que lles fixo ir a remolque (21-20) a falta de 10 minutos para finalizar o partido. No tramo final as cousas mello-raron para os pabellonistas e, un penalti transformado por Adrián Laso a dous mi-

nutos do final, volvía a por aos ourensáns por diante; a falta de 30 segundos o re-sultado era de empate a 28 e a posesión a favor do Pa-bellón que cunha posesión longa foi rematada polo ex-tremo dereito, Adrián, dan-do a vitoria, a primeiro da tempada, aos Pabellonistas. Ao final, 28-29.

Alejandro Arias, adestrador do Pabellón Balonmán Ourense. /RAMSÉS

Nova tempada de fútbol sala local con moitas novedades no seu formato de competición4 Pese ao menor número de equipos a com-petición deparará novidades; ao remate da liga xogarase unha copa a unha volta, man-téndose a Copa Deputación. Tamén haberá unha nova liga, a de Nogueira de Ramuín.M. Rejo

O vindeiro 2 de outubro comezan o resto das ligas da provincia de fútbol sala tralo comezo o 19 de set-embro da liga provincial. Nas ligas de Carballiño, 1ª e 2ª, mantense o mesmo número de equipos que o ano pasado, dez equipos en cada unha das ligas. En Ce-lanova xogaran oito equi-pos en lugar de dez do ano pasado. Onde máis se nota a disminución dos equipos e na liga local de Ourense. En primeira só quedan doce equipos e en segunda dez. A única alegría neste sentido e

a aparición dunha nova liga en Nogueira de Ramuín con seis equipos que agardamos vaia a máis no futuro e se consolide como as que xa existen.

A federación para com-pensar a falla de equipos e alongar a competición para que se xoguen máis parti-dos está barallando a posi-bilidade de que o rematar a liga a dobre volta e teña un gañador, xogar unha copa ou torneo a unha volta e que os dóus primeiros pasen á final directamente e xoguen polo título.

Ao rematar esta com-petición, xogarase a Copa

Deputación no seu formato habitual.

Pondo datas, as ligas rematarían sobre o 12 de febreiro, acto seguido co-mezaría este torneo ata o 7 de maio, e, a partires desta data a Copa Deputación ata a final alá polo mediados de xuño.

Esta tempada haberá un cambio na reglamentación no que atañe o uso do por-teiro, os saques de ban-da e o deslizamento. Para eso aconsellamos acudir a reunión que organiza a federación xunto cos árbi-tros para explicar a todolos equipos máis polo miúdo estes cambios na Casa de Chocolate este luns, día 27, ás 20:00 h.

En canto as canchas e os horarios non vai haber moitos cambios. Xogaráse os sábados pola tarde nas canchas de Coles e da Car-balleira.

Dende a federación avi-san de que os sorteos dos partidos pasa dos martes aos luns, para quen queira acudir.Partido de fútbol sala local da pasada tempada. /ARQUIVO

Page 7: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

7BALONCESTO

O COB disputa a semifinal da Copa Galicia, o venres 24, ás 21 horas no pavillón municipal de Lalín contra o Breogán.O primeiro partido de liga é o venres 1 de outubro en casa do Axarquía

Todos en Ourense4 A falta de menos de dúas semanas Paco García pode contar con todos os seus xogado-res. Esta fin de semana disputa en Chantada a fase final da Copa Galicia.

R. Torres

Tiveron que pasar máis de dúas semanas de pretem-pada e faltar 10 días para que comece a competición, para que o adestrador do Club Ourense Baloncesto, o vallisoletano Paco García puidera contar con todos os seus efectivos para afrontar a segunda tempada con-secutiva na Liga Adecco Ouro do conxunto ouren-sán. Algúns xogadores que estaban baixo as ordes de Paco García non podían adestrar con normalida-de durante algúns días por distintos, o caso máis pre-ocupante foi os problemas oculares de Moses Eham-be. Outros problemas que non tiñan que ver coa vista pero que non estaban nada claros era o dos xogadores que retrasaban a súa che-gada a Ourense; Jonathan Kale era un deles, tardou en chegar pero fai varias da-tas que o adestrador conta con él. O caso máis grave era o de Ugonna Onyekwe, pois pasaban os días e non daba chegado, ata que por fin aterrizou no Paco Paz e puido adestrar cos seus no-vos compañeiros e incluso xogar algún minuto no par-tido contra o Breogán que o equipo xogou en Verín. Na presentación do xoga-dor, o seu novo adestrador comentou os momentos que se viviron os días pre-vios á chegada de Ugonna, “houbos momentos de ten-sión, problemas con pape-les que o propio Ugonna

axudou a resolver”, expli-caba Paco García.

Unha vez solventados eses problemas so queda que a adaptación ao equipo sexa o menos traumática e no menor tempo posible.

A unha semana para o comezo da liga, Paco Gar-cía pensa que non hai que lamentarse dos problemas que houbo nesta pretempa-da (lesións, xogadores que chegaron máis tarde do pre-visto ou que nin tan se que-ra chegaron -Jamie Jones renunciou ao seu contrato por problemas de saúde-), e mirar xa de cara ao futu-ro sabedor de que o equipo non estara a tope no inicio ligueiro contra o Axarquía, “agora non vale lamentarse de nada, temos que mirar para adiante e facer un bo partido en Málaga” e pensa que “en tres semanas se non hai ningún contratempo o equipo estará a tope”, con-cluía un adestrador ilusio-nado polo preto que queda o debut ligueiro.

AfinandoSe a pasada fin de sema-

na, o equipo caía ante o Breogán (83-88) en Verín, dous días máis tarde des-prazábase ata Burgos para disputar contra o equipo lo-cal outro amistoso. En Cas-tela, o equipo mostrou un gran xogo por momentos, o que lle valeu para dobregar ao Burgos (67-68) cun gran Ehambe secundado por Mokongo e Kale, destina-dos a facer un gran papel na LEB Ouro.

Copa GaliciaO equipo de Paco García

enfrontarase ao Breogán de Lugo na segunda semifinal da Copa Galicia, que terá lugar o venres 24 de setem-bro ás 21 horas no pavillón municipal de Lalín (Ponte-vedra). De lograr o pase á final, ésta sería o sábado 25, ás 20 horas no mesmo es-cenario, ante o gañador da outra semifinal disputada entre o Obradoiro de San-tiago e o Ferrol.

Liga Adecco OuroO Club Ourense Balon-

cesto inicia o novo curso o vindeiro 1 de outubro,

en Málaga contra o Clíni-cas Rincón. Para ver xo-gar ao equipo ourensán en casa haberá que esperar ata a segunda xornada que disputarase o venres, 8 de outubro, contra un dos galos da Adecco Ouro, o Club Baloncesto Murcia, no que será a posta de largo do novo COB no Paco Paz diante dos seus seareiros.

Ugonna Onyekwe, último xogador do COB en chegar a Ourense. /P. LODEIRO

Coego firmando posters do COB aos nenos que se achega-ron a festa do club na praza Paz Nóvoa. /A. DEL RÍO

A Festa do COB

M. Rejo

Unha ateiagada Pra-za Paz Nóvoa aclamou a nova plantilla do COB.

O xoves a última hora da tarde o COB fixo a súa presentación en familia, cos seus afeccionados que aplaudiron a rabiar, igual que nos partidos, a toda a plantilla do equipo, den-de o adestrador, pasando polo segundo adestrador, o delegado, presidente e, por fin,os xogadores.

Xa a media tarde a Praza estaba chea, sobre todo de nenos, que xoga-ban ao baloncesto nunha improvisada “pista”. Al-guns xogadores firmaron autógrafos aos máis ca-tivos antes de empezar a

presentación. O que tamén estaba ateigado era a tenda que estaba alí instalada, con siareiros mercando as novas bufandas bufandas.

Os máis aplaudidos, os de aquí, pero a afección tamén mostrou a seu cariño as novas fichaxes. Na presen-tación podíase notar a in-quedanza dos afeccionados porque empece xa a liga e disfrutar dos triunfos cobis-tas, que visto a pretempada e o ritmo de acoplamento dos derradeiros fichaxes, han de levarnos a loitar no máis alto da táboa.

A verdadeira presenta-ción queda pendente para o venres día 8 de outubro ás 21:00 h. no Paco Paz contra o Baloncesto Murcia.

Alí verémonos.

Page 8: 24 Set 2010 - Nº 19

8 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010 FÚTBOL

Pinta ben a cousa4 O C.D. Ourense firma un moi bo inicio liguei-ro en canto a resultados, dos cinco primeiros encontros tan só perdeu un e gañou os outros catro.

Martín centrando ante a oposición dun rival. /RAMSÉS

R. Torres

O C.D. Ourense nestes cinco primeiros partidos desta tempada 2010-2011 da Terceira División do fútbol nacional firma un bo inicio de campaña. Despois da derrota do primeiro en-contro ante o Santa Comba (2-1), o equipo de Fonsi Valverde encadeou unha racha de catro encontros consecutivos vencendo, ra-cha que pode continuar este domingo, 26 de setembro no estadio de O Couto dian-te do Racing de Ferrol que ocupa a terceira posición con nove puntos xusto por detrás do CD Ourense que é segundo con 12 puntos. O encontro terá lugar a partir das 17.30 horas.

Despois da quinta xorna-da disputada entre semana, o equipo rojillo achegouse ao primeiro clasificado, Cerceda, despois de que este firmara táboas contra o Alondras.

Os de Fonsi Valverde le-van 15 goles a favor e seis en contra, sendo este un dos maiores problemas do cadro ourensán (nos cinco partidos de liga, Berto tivo que recoller algún balón das mallas da súa portería). Outro aspecto do que non está moi contento o adestra-

dor é o da falta de concen-tración nalgúns momentos dos partidos o que leva ao equpo a cometer errros que poden levar a algún susto como no gol do Estradense no último encontro liguei-ro.

Convenio con ASPA-NAS

CD Ourense e a asocia-ción en favor dos dismi-nuidos psíquicos, ASPA-NAS, veñen de firmar un convenio de colaboración, mediante o cal o club em-prega a cinco persoas con discapacidade para facer as labouras de limpeza, coida-do e mantemento do campo e das instalacións do esta-dio de O Couto, ademais de outras accións para fomen-tar ao deporte como inclu-sión social.

Partido contra o Racing de Ferrol

O partido contra o Racing de Ferrol, que disputarase o domingo 26 de setembro ás17.30 horas, virá prece-dido polo saque de honra a cargo do grupo ourensán de Rock “Los Suaves”; á cita non poderán acudir nin Charly nin un dos gui-tarristas da banda, xa que por motivos laborais non estarán na cidade, pero os

O xogador do CD Ourense ante dous adversarios de Somozas. /RAMSÉS

outros membros sí que es-tarán presentes para facer o saque, por que como di o propio presidente da enti-dade, Juan Pérez: “Ourense e Club Deportivo Ourense débelle moito a “Los Sua-ves”, en moitos dos seus concertos sacaron a cami-seta do equipo”.

Os prezos das entradas para este encontro serán de 15 euros para tribuna, 10 euros para preferencia e o socios entrarán de balde, premiándoos deste xeito.

Juan Pérez quere que sexa un día para gozar esta sexta xornada diante do Racing de Ferrol nun “momento dulce o que está a atravesar o club”.

O domingo 26, ás 17.30 horas, CD Ourense - Racing de Ferrol no estadio de O Couto

Previo ao encon-tro o grupo “Los Suaves” fará o saque de honra con Yosi á cabe-za da formación

Page 9: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

9PUBLICIDADE

Page 10: 24 Set 2010 - Nº 19

10 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

ATLETISMO

ENTREViSTA A ANTONiO MADRiñáN, uLTRAFONDiSTA

“Con só 28 anos que teño, entrar na historia do ultrafondo cos mellores atletas do mundo destes

ultimos 30 anos é máis do que soñara”R. Torres

O ourensán residente en Oviedo desde hai tres anos, Antonio Madriñán, comenzou hai un ano no ultrafondo. Neste curto es-pazo de tempo xa ten lo-gros tan importantes como o posto 108 no Ultra Trail do Aneto o que lle permi-tiu participar no Ultratrail du Mont Blanc; pero o seu maior éxito ata a data é a vi-toria nas 24 horas Running Race da Fresneda. Para decembro vai sair un libro que leva por título “Histo-rias dos 100 quilómetros e outras distancias” do escri-tor e ultrafondista José Ma-nuel García, e no que sairá unha entrevista a Antonio Madriñán. Os próximos re-tos deste ultrafondista serán os 100 quilómetros Madrid-Segovia, o día 2 de outubro e ao día seguinte a Maratón do Miño.

Cando empezaches nas carreiras de ultrafondo?

“Pois comecei no mundo do ultrafondo fai relativa-mente pouco tempo, apenas un ano e pouco, ademais foi casi casualidade ou capri-cho do destino”.

En que consiste unha carreira de ultrafondo?

“Unha carreira de ultra-fondo consiste en moitas cousas, ten moitas varian-tes, a miña primeira inten-ción era preparar o IRON-MAN de Barcelona, que é un triatlón de longa distan-cia que consiste en nadar

3,8 quilómetros, 180 qm de bicicleta e para rematar unha maraton ou sexa 42 qm correndo, todo isto no mesmo día.

>> Durante esa prepa-ración, xurdiu as 24 horas running race da fresneda, e foi aí cando me quedei prendado da ultradistancia, puiden completar 80 mi-llas, é decir 131 qm. Como a distancia gustábame e fa-cíame sentir cómodo probei co Ultra Trail do Aneto, un trail de montaña polos Pi-

rineos cunha distancia de 100 quilómetros e mais de 12000 metros de desnivel, esta foi de autosuficiencia e orientación quere decir, que tes que levar todo o que precises para realizar a pro-ba (comida, bebida, roupa tecnica etc. ...) e o camiño no estaba balizado, tes que buscalo, de preto de 800 participantes abandoaron a metade; eu completeino en 27 horas e 32 minutos e rematei na posición 108, o que foi unha sorpresa para

todo o mundo, xa que nun-ca había corrido no monte. Grazas a esa carreira clasi-fiqueime para o famoso Ul-tratrail du Mont Blanc”.

Como é o adestramen-to dun ultrafondista? E a alimentación?

“E un adestramento moi duro que require de moitas horas ao día, veño correndo ao día uns 30 quilómetros, todo os días, sen descanso, preto de 200 quilómetros á semana, a eso hai que enga-dir a piscina, que a utilizo para complementar, cuns 6.000 metros á semana, e como a bicicleta dame for-za pois veño facendo 200 quilómetros á semana. Esto traducese en moitas horas de esforzo, pero sen dubida para min merece a pena.

>> A nutrición, pois sí que intento ter coidado con algunhas cousas, non toco o chocolate nin as trapa-lladas por suposto, como máis carne, máis pescado, e a pasta intento no abusar demasiado dela, dos lác-teos tamén escapo bastante, e como moita fruta fresca. E de decir que o primeiro entreno do día o fago en xaxún unha ou dúas horas de carreira”.

Cantas carreiras destas características pode facer unha persoa ao ano?

“Depende da persoa, eu recuperome en 3 días dun-ha carreira diste tipo, se é de montaña tardo un pouco máis. No meu caso podo facer bastantes unhas 10 ou 12 sen volverme tolo”.

Cando gañaches as 24 horas Running Race de la Fresneda?

“Pois esa carreira ganei-na en maio, para min foi o inicio como ultrafondista, foi o meu bautizo. Era unha moi difícil carreira na que quería quitarlle o récord da proba a Edwar Gallen, e a Angel de la Mata, 13º no campionato do mundo que se celebrou nese mesmo día en Bivre. Conseguino, e agora queren presentar batalla na vindeira edición, que se preve pra xuño.

Foi unha carreira moi complicada, na que cho-veu, lesioneime e tiven que arrastrarme durante, polo menos, 40 quilómetros para poder conseguilo”.

Que supón para ti apa-recer no libro “Historias dos 100 quilómetros e outras distancias”?

“Pois é a bomba, con só 28 anos que teño, entrar na historia do ultrafondo cos mellores atletas do mundo,

destes ultimos 30 anos, é máis do que había soñado eu, e calquera no meu caso. O libro ten historia do ul-trafondo, anécdotas, viven-cias, moitas fotos,... é sen dúbida un libro diferente e agradable. Ademais tense previsto que a presentacion sexa en decembro, e que se xunten todos os atletas posible, eso vai ser moi en-trañable, as lendas vivas de todos os tempos, coa xente nova. Todos na mesma pos-tal firmando libros, vamos un autentico luxo”.

Antonio Madriñán en pleno esforzo nunha proba.

Madriñán na proba do Anete deste ano.

“Veño correndo ao día uns 30 quilómetros, to-dos os días, sen descanso, preto de 200 quilóme-tros á semana, ademais de andar en bici e nadar”

Últimas datas para inscribirse no IV Maratón do Miño4 O prazo de inscrición remata o martes 28 de setembro.Redacción

Xa falta pouco para que chegue o IV Maratón do Miño, e aínda menos para que remate o seu prazo de

inscrición, que remata con-cretamente o martes, 28 de setembro ás 24 horas.

Prevese que se chegue a cifra do ano pasado, dos 1.400 participantes que o

domingo 3 de outubro par-ticiparán nesta cuarta edi-ción, ben sexa, no maratón individual ou por equipos, ou na andaina do mesmo xeito (individual ou por

equipos). Actualmente hai máis de 1.000 deportistas inscritos.

Participantes ilustresDe todos os participantes

inscritos, destacan a parti-cipación de Javier Conde Pujana (á vez padriño do evento), atleta paralímpico con infinidade de medallas, Jon Salvador, campión do X Maratón do Sáhara ba-tendo o récord da proba e o ultrafondista Ramón Álva-

rez, campión de España de 100 quilómetros e record-man español das seis horas, percorrendo 84 quilómetros nese tempo.

O día 3, ás 8.00 horas botará a andar o iV Mara-tón do Miño

Gañadores do maratón na pasada edición.

Page 11: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

11ATLETISMO

ás 11 horas comezará a proba dos máis cativos, ás 11.30 turno para infantís e cadetes e ás 12 a carreira absoluta

A 1ª carreira da Casa da Xuventude súmase ao circuito das populares na cidade4 A competición disputara-se o domingo 26 de setembro nos arredores do campus uni-versitario.P. Lodeiro

Os afeccionados ás ca-rreiras populares están de noraboa. Unha nova cita vén sumarse ao circuito de competicións de atletismo popular que hai na cidade: a 1ª Carreira Popular Casa da Xuventude, que se dis-putará o domingo 26 de setembro nos arredores do campus universitario. Cun percorrido de 6.700 metros polas rúas do entorno do campus, a proba está orga-nizada polo Club de Atletis-mo da Casa da Xuventude, creado o ano pasado, e máis a Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo, e conta coa co-laboración do Concello de Ourense e da Deputación Provincial.

Os organizadores calcu-lan reunir a entre 200 e 300 atletas, “que para unha pri-meira edición no está nada mal, tendo en conta que coincide no calendario con outras carreiras”, explica o o representante do clube organizador, Lalo Gómez. A proba do campus (a pri-meira carreira que se dis-puta nesta zona da cidade) será “unha boa preparación de cara á do San Martiño”, engade o representante en Ourense da Federación Ga-lega de Atletismo, Ángel Fidalgo.

Meta volanteComo novidade e coa

intención de facer unha ca-rreira rápida o segundo paso por meta convertirase nun-ha sorte de “meta volante” con agasallo para o primei-ro corredor en cruzala. Polo demais, haberá trofeos para os tres primeiros clasifica-dos en categoría absoluta e medallas aos tres primeiros de cada unha das categorías (desde prebenxamíns a ve-teráns).

Características e inscri-cións

A proba absoluta disputa-rase a partir das 12 horas e consistirá en 6.700 metros de percorrido, para o que será preciso dar unha volta a un circuito de 880 me-tros e dúas voltas a outro circuito de 2.900 metros e que discorre polo campus universitario e as rúas Ca-nella Costa da Vella, Prado Lonia, Casarellas, Toxal, Rabaza, Mende, Ponte Lo-nia, Fonte, Prado Lonia, Vi-llamil e Castro e novamente Canella Costa da Vella. “É unha distancia moi asequi-ble para unha persoa cunha forma física media, aínda que hai algunha costa dura”, sinala Lalo Gómez.

A carreira na categoría pre-benxamín e benxamín será unha volta ao circuito de 880 metros e terá a saída ás 11 horas. Un cuarto de hora máis tarde farano os alevíns e cadetes que terán que percorrer unha distan-cia de 1.700 metros. E ás 11:30 correrán os atletas de categoría infantil e cadete unha distancia de 3 quiló-metros.

Os participantes terán avituallamento ao longo do circuito e na meta, e pode-rán empregar as taquillas e as duchas do pavillón uni-versitario.

Gran afección ao atle-tismo

O interese polo atletismo vai a máis cada día na nosa provincia, que, ademais de centos de afeccionados, suma 750 licenzas de atletas federados e unhas 2.000 li-cenzas de escolares durante o curso. Raro é a fin de se-mana na que non se dispu-ta ningunha proba, xa sexa unha popular, unha carreira de montaña, unha andaina ou un maratón. As próxi-mas citas na capital ourensá inclúen o Maratón do Miño

o 3 de outubro, a popular da Carballeira, tamén en ou-tubro, a emblemática San Martiño, en novembro e a proba de Expourense, xa no mes de decembro.

Moisés Blanco, Lalo Gómez e Ángel Fidalgo na presentación da Carreira Popular da Casa da Xuventude. /RAMSÉS

Page 12: 24 Set 2010 - Nº 19

12 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

PENEDOS DO LOBO

Carlos Sa merendouse Penedos do Lobo4 Foi o gañador da quinta edición do mara-tón de Penedos do Lobo con récord da proba incluido.R. Torres

Coma se de un lobo se tratara, o portugués Carlos Sa, conquistou Penedos do Lobo, na súa quinta edición, logrando ademais o récord da proba ao parar o crono en 3:20:21 despois de per-correr os 42.195 metros por unhas montañas de Manza-neda non exentas de certo perigo, o segundo clasifi-cado foi o galego Fernando Arca chegando tres minutos máis tarde (3:23:19); Lalo Gómez, do Casa da Xuven-tude coronouse como pri-meiro ourensán en sobrepa-sar a liña de meta (3:57:18). A primeira muller foi a jie-nense Noelia Camacho Or-tega empregando un tempo de 4:25:21, seguida de Ele-

na Sánchez (4:50:21).No cross este ano viña

con novidade no seu traza-do; nesta ocasión collía a segunda parte do maratón e ampliábase catro quilóme-tros a distancia con respec-to ao ano pasado pasando do 20 quilómetros do 2009 aos 24 desta edición. O primeiro en chegar á meta foi Javier Pacios (1:57:37) seguido do ourensán Elpi-dio Gómez (1:59:45); en mulleres, Sonia Botana foi a primeira (2:39:21) e en segundo lugar entraría Ana Alonso (2:47:08). Begoña Doniz foi a primeira ouren-sá en facer os 24 quilóme-tros empregando un tempo de 3:08:07.

Percorrido esixenteSen dúbida algunha, Pe-

nedos do Lobo ten un per-corrido extremadamente esixente, por eso é o pri-meiro maratón de montaña de Galicia e unha das catro probas que conforman o cir-cuíto alpino 2010 (xunto co Maraton Alpino Madrileño, Galarleiz e o Maraton Al-pino Jarapalos). Os puntos quentes do percorrido son as subidas á devasa e a Pe-nedos do Lobo, e a baixada hacia Prada. Durante o per-corrido acumúlase un des-nivel de 3.133 metros (en positivo e negativo) para chegar ao punto máis alto situado a 1.790 metros xus-to antes da media maratón e o punto máis baixo está situado a 900 metros, en Paradela.

Sen grandes incidenciasNeste tipo de probas son

moitos os factores a ter en conta para que saia todo ben e apenas haxa inciden-cias. Esta edición foi un dos anos na que seu deu gran parte destes factores para que todo saíra ben e non houbera que nada que lamentar. O chuvia de días anteriores e o bo clima du-rante o día da carreira fixo que os tempos dos marato-nianos foran mellores que en anos anteriores. Grazas,

en parte, a este ambiente non houbo que lamentar ningún golpe de calor nin nungunha deshidratación, pero sí houbo as típicas torceduras e escordaduras de nocello e contracturas. A dous dos participantes tiveron que ser recollidos polo helicóptero da Garda Civil debido á dificultade do terreo ao cal non podía acceder os quads da orga-nización; sendo unha proba máis da dureza desta proba.

Dous atletas tiveron que ser recollidos nalgún punto do percorrido polo helicóptero da Garda Civil debido á dificultade do terreoO podium sénior masculino do maratón de Penedos do Lobo.

Page 13: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

13PENEDOS DO LOBO

Arriba: Dous participantes do Cross nunha das costas do entorno de Manzaneda.Esquerda: Un dos participantes do Maratón nunha zona chan para repoñer forzas das du-ras subidas e baixadas.Arriba a dereita: Inicio da proba da Maratón as 8.00 horas na Estación de Montaña de Manzane-da.Dereita no centro: Membros do Ximnasio Gol-filños participaron na difí-cil proba do Cross.Dereita e abaixo: Os participantes da Andai-na no comezo da proba.

Page 14: 24 Set 2010 - Nº 19

14 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

ATLETISMO

A nosa intención é a de manter a base dos dous equipos e reforzar os puntos débiles de cada un deles

SANTi PéREz, DiRECTOR DEPORTiVO DO OuRENSE ATLETiSMO ACADEMiA POSTAL

“Queremos manter un alto nivel e estabilizar a economía do club nestes tempos tan difíciles”R. Torres

Santi Pérez, ex-atleta e agora Director Deportivo do Ourense Atletismo Aca-demia Postal analizou para Barrios Deportivo como foi esta tempada (tanto ao club como a él persoalmente nesta nova faceta de directi-vo) e que lle espera ao club na próxima nuns tempos difíciles e deportes como o atletismo perden apoios económicos.

Como foi esta tempada tanto a Santi Pérez como ao Academia Postal?

“Persoalmente foi un ano moi interesante, cambiei a competición pola xestión dun club, foi un cambio ra-dical, aprendín en dirección de equipo, de persoal, xes-tionar recursos. Foi un ano difícil, faltábame experien-cia que o compensei con moito traballo. Creo que fixen unha boa labor e o ba-lance foi moi positivo”.

>>”En canto ao club, foi un bo ano en inverno nos cross, campionatos gale-gos. Os cinco primeiros do autonómico foron do Aca-

demia Postal e no Campio-nato de España de Cross os chicos foron sétimos sendo o primeiro dos clubs que participan ademais do cross nas ligas. En pista cuberta houbo moitas medallas a nivel nacional, destacando a Palomanes que foi a pri-meiro en triple salto prome-sas e subcampión absoluto. Tamén destacaría a Lorena Luaces que participou na Copa do Mundo de marcha en México e foi subcampio-na de España en xuño. Na liga, tiñamos os dous equi-pos, masculino e feminino, en División de Honra pero as mulleres descenderon, aínda así moi poucos clubs teñen aos dous equipos na División de Honra o mes-mo ano”.

Que altas e baixas habe-rá no club?

“A nosa intención é a de manter a base dos dous equipos e reforzar os pun-tos débiles de cada un deles. Velocidade e medio fondo en chicos e velocidade e os lanzamentos nas chicas”.

>>”Xa estamos en con-tacto con varios atletas pero non hai nada pechado, para

o vindeiro mes haberá algu-na novidade ao respecto. O que pretendemos é que sexa un equipo o máis galego po-sible, e o que non poidamos coller galego ir aos atletas nacionais. Queremos xente xoven galega con talento e valores como o compromi-so, e a seriedade; queremos ter bo ambiente no club, así as cousas irán mellor”.

Cales son os obxectivos para a tempada que vén?

“Queremos manter un alto nivel e estabilizar a economía do club nestes tempos tan difíciles. Ta-mén queremos reforzar o masculina para manterse na División de Honra holgada-mente e sen os apuros deste ano e facer un bo equipo feminino para tentar retor-nar novamente á máxima categoría sen ser un equipo ascensor”.

Teredes no club moi en

conta á base.“Ese é o noso obxectivo

principal, ver como mellora o funcionamento das esco-las deportivas para darlle sentido ao equipo de arri-ba. Non tería sentido ter un equipo sen a súa canteira. Para os rapaces ten que ser un espello onde mirarse e loitar por subir algún día ao equipo de División de Honra”.

Cantas persoas confor-

man o Academia Postal?“Entre atletas, directivos

e rapaces formamos unha gran familia de 500 per-soas”.

Santi Pérez nunha rúa ourensá. /RAMSÉS

Page 15: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

15NOVAS

P.Lodeiro

No mes de setembro o Club de Tiro Eiroas renovou con gran actividade as súas competicións e torneos des-pois das vacacións. Durante a primeira fin de semana de setembro celebrouse a tira-da mensual da Copa de Ar-mas de Aire Comprimido e na segunda fin de semana tiña lugar a tirada final da competición de Carabina Lixeira Tendido, terceira Copa Cidade Dás Burgas, torneo que cada ano ten máis éxito entre os nosos tiradores cunha gran parti-cipación e unhas marcas de gran nivel. A clasificación final quedou en séniors co primeiro posto para Miguel Jácome con 2.362 puntos, o segundo para Sinesio Ver-

gas con 2.332 puntos e o terceiro J.A.Carballo con 2.329 puntos. En veteráns resultou gañador Pedro Bermejo con 2.360 puntos, sendo segundo Manuel So-moza con 2.282 puntos e

TiRO

Reaúndase a actividade no club de Eiroás4 unha representación ourensá participa no Campionato de España de Armas Olímpicas.

terceiro Manuel Fernán-dez con 2.256 puntos. É de destacar o gran cam-pionato que realizou Mi-guel Jácome e a magnífica puntuación do veterano Pedro Bermejo.

Ademais, o 18 de set-embro as instalacións de Eiroás acolleron a 5 fase do Open Galego de IPSC (tiro práctico), outra mo-dalidade de gran acepta-ción en Ourense.

As probas deportivas continúan o 26 de setem-bro no Club de Tiro Eiroas co Memorial Argemiro Rodríguez e Carlos Prie-to na modalidade de Foso Universal 50 pratos.

Campionato de EspañaPor último hai que su-

bliñar que entre o 23 e o 26 de setembro dispútase en Barcelona o Campio-nato de España de Armas Olímpicas, precisamente nas instalacións de tiro construídas para as olim-píadas de Barcelona 92. Neste campionato partici-pará unha representación de Ourense nas modalida-des de Carabina Tendido e tres posicións con Jorge Encinas Arnau, Pistola Libre con Gines Trenza e Enrique Dorrio e Pistola Damas con Nuria Mera Carrión.Un tirador no campo de tiro de As Eiroás. /ARQUIVO

Copa Deputación de Tenis de Mesa 2010

Redacción

O sábado, 25 de setem-bro, o pazito do Paco Paz acolle a Copa Deputación Ourense de Tenis de Mesa 2010 de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

Uns 40 son os inscritos neste evento dos cales a metade son federados e a outra metade non o son.

Haberá dúas categorías federados e afeccionados e cada unha delas terá os

seus premios -trofeo aos tres primeiros clasificados- ademais dunha camiseta conmemorativa para cada un dos participantes.

Galmédica OurenseO equipo ourensán da 2ª

División Nacional, o Gal-médica Ourense comeza a liga na primeira fin de semana de outubro, onde tentará este ano manter a categoría que gañou o pasa-da campaña.

Deportistas xogando ao tenis de mesa no Pazito. /ARQUIVO

Page 16: 24 Set 2010 - Nº 19

16 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

NOVAS

Comeza a Liga Interautonómica de Judo4 O sábado 25, no polideportivo de Oira.

Redacción

O próximo sábado, 25 de setembro, comezará no pa-villón do Complexo depor-tivo de Oira -16,30 horas- a Liga interautonómica de

clubs de Judo, oitava edi-ción do “Trofeo Cidade de Ourense”.

A competición, consoli-dada e unha das máis po-tentes de España, reunirá durante catro xornadas a 18 equipos masculinos e 10 femininos de Galicia, Astu-rias, Castilla León e Portu-gal, que se enfrontarán polo sistema de liga na primeira fase, accedendo á rolda fi-nal os catro mellores.

O representante ourensán será, unha vez máis, o Xim-nasio Marbel que dirixe o Mestre 6º Dan Manuel Montero. O obxectivo do club consistirá en compe-tir ao máximo e mellorar o oitavo posto, a tres vitorias da fase final, da pasada edi-ción.

Non será doado, posto que causou baixa o poten-

te David Álvarez, en -73 quilos, un dos piares do Marbel. Ademais, Cristian Alvarez (+81 quilos) com-parece recén recuperado dunha lesión de pulso.

As novidades do equipo Marbel son a nova prome-sa Guillermo Otero, de 16 anos, e a fichaxe en postos pesados de Zeus Herrero,

Os judokas ourensáns do Ximnasio Marbel Felipe Iglesias e José Estévez “Pe-pón” superaron o pasado sábado o exame de 3º e 2º Dan, respectivamente.

Os exames realizáronse pola mañá no Pavillón de Bouzas, en Vigo, ante un xurado composto por Mes-tres da Federación Galega, os que valoraron satisfac-toriamente a execución, o coñecemento e o dominio das técnicas de cada grao dos aspirantes, alumnos do Mestre Manuel Montero.

En Judo, tras alcanzar o Cinto Negro, establécense unha serie de categorías ou

Felipe iglesias e José Estévez obteñen o 3º e 2º Dan en Judo

Dan, que acreditan o nivel de cada judoka.

Para os ascensos pódense acreditar méritos deportivos ou o coñecemento profundo dos fundamentos desta Arte Marcial, os Katas.

En Ourense, o Mestre Manuel Montero posúe o 6º Dan -cinto negro e verme-llo-, en España só exísten dous Mestres que alcancen o 9º Dan. Para o Mestre Montero “é unha grata sa-tisfacción ver que os meus alumnos afondan no coñe-cemento do Judo”. Ademais anima os seus compañeiros a intentar superarse e exa-minarse nas próximas con-vocatorias.

valisoletano campión de España sub 23, quen com-petirá na categoría de -81 quilos. Completa o equipo Marbel Felipe Iglesias e Isols Mayáns ( -66 quilos) e Miguel Álvarez ( -81). O Mestre Montero non se fixa máis metas que “competir en cada combate e o facer o mellor posible. Despois,

a competición poranos no noso sitio”.

Na primeira xornada, o Marbel medirase en cinco encontros contra algúns dos favoritos ao título: os equi-pos A e B do Famu Vigo, o Finisterre de Coruña, o Universidade de Santiago e o Oporto Judo Clube.

Compoñentes do equipo ourensán do Ximnasio Marbel.

Felipe Iglesias e José Estévez xunto co mestre Montero.

Inscricións nas Escolas Deportivas do Paco Paz4 Ata o luns 27 de setembro.Redacción

Ata o luns 27 de setem-bro está aberto o prazo de inscrición das Escolas De-portivas do Pazo dos De-portes, coas novidades dun-ha escola de karate-koshiki, kick-boxing adultos e outra escola multideportiva.

FUTBOL-SALA: Contará con dous niveis.

O nivel 1 para nenos e ne-nas a partir de 5 anos, luns e mércores. O nivel dous a partir de 7 anos, martes e xoves.

TENIS E MINI TENIS: Celebrarase tódolos sába-dos pola mañá nas pistas o aire libre das instalacións deportivas do Parque tecno-lóxico, en horario de 10:00

a 13:00 horas, en grupos dunha hora. O mini-tenis para nenos entre 5 e 7 anos, e iniciación ó tenis a partir de 8 anos.

BAILES DEPORTI-VOS (Aeróbic-Step-Jazz-Hiphop-Salsa):

Existirán catro niveis. De 5 a 7 anos o nivel un, os luns e mércores . O nivel dous de 8 a 11 anos ós luns e mércores. O nivel tres de 11 a 15 anos os venres e o nivel catro para nenos e ne-nas entre 15 e 18 anos ta-mén os venres.

SICOMOTRICIDADE: Martes e xoves, para ne-

nos entre 3 e 5 anos, nunha escola na que os nenos me-llorarán, a través do xogo, a coordinación, orientación,

flexibilidade...BÁSQUET: A novidade deste ano

será que a escola será bilin-güe en galego-inglés e terá lugar os luns e mércores a partir de 7 anos de idade.

A D E S T R A M E N T O P E R S O N A L I Z A D O BASQUET:

Unha escola de tecnifica-ción do baloncesto para xo-ves entre 12 e 17 anos, para a mellora de cualidades téc-nicas como tiro, bote, pase, cun profesorado altamente cualificado.

INICIACIÓN Á ACTI-VIDADE FÍSICA E DAN-ZA ACROBÁTICA:

Antes de incorporarse a unha escola específica, os nenos aprenderán, nesta

escola, a familiarizarse co traballo en equipo, a coor-dinación, flexibilidade... Terá lugar os martes e xo-ves para nenos e nenas a partir de 6 anos.

VOLEIBOL E MINI VOLEY:

O minivoley a partir de 7 anos, e o Voleibol a partir de 10 anos. Terá lugar ós martes e xoves coa direc-ción técnica e monitores do Club Voleibol Ourense.

ESCOLA MULTIDE-PORTIVA:

A partir de 7 anos, os monitores ensinarán ás ne-nas e nenos as habilidades e destrezas de multitude de deportes a nivel individual ou colectivo. Actividades motivamentes e altamente socializantes.

Escola kick-boxing para adultos. Mercores e ven-res de 12.00 a 13.00 horas. Idades: a partir de 15 anos (Mínino 12 persoas) Dirixe e coordina: Fundacion Ci-pri Gómez.

Escola de karate-koshiki. Luns e mércores de 19 a 20 horas. Idades de 5 a 8 anos e de 8 a 14 anos (Minimo l2 nenos por grupo) Dirixe e coordina : Fundación Cipri Gómez.

PrazasAs prazas son limitadas

e adxudicaranse tendo pre-

ferencia os nenos que esti-veran inscritos a tempada pasada. O cota trimestral de cada escola infantil é de 23,60 euros, agás a de tenis adulto, e adestramento per-sonalizado de basquet que é de 28,70 euros. Máis infor-mación no teléfono 988.24 70 21 o na web pazopaco-paz.es

Nenas da escola de bailes deportivos do Paco Paz durante un encontro do COB a pasada campaña. /ARQUIVO

Page 17: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

17PUBLICIDADE

Page 18: 24 Set 2010 - Nº 19

18 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

MOTOR

Magdaleno regresa con esta segunda praza en Sueve despois do parón estival e polas averías nas anteriores citas

Sorte dispar nas dúas carreiras de Brands Hatch4 Despois do parón obligado por falta de recursos económi-cos, o celanovés firma un sexto posto na primeira carreira e abandona na segunda, acadando a oitava praza final.

Redacción

O piloto celanovés de F3, José Luis Abadín, retorna-ba aos circuítos despois do parón obligado na carreira de Magny Cours por falta de apoios económico cando marchaba quinto na clasifi-cación xeral. A quinta proba do European F3 Open dis-putábase no duro e sempre difícil circuíto británico de Brands Hatch, moi sinuoso e novo para Abadín que non tivo tempo de rodar nel nin recoñecelo sendo a primeira vez que corría no mesmo.

Na primeira das dúas carreiras -disputan dúas carreiras en cada proba- o ourensán foi en progre-sión, indo de menos a máis e adiantando a algún rival nas primeiras voltas ata conseguir a sexta plaza que o levaría ata a liña de meta. Coa intención de mellorar esta sexta posición saltaba novamente ao trazado de Brands Hatch e, como na anterior manga, empezou a adiantar a rivais, pero, unha saída de pista cando circula-ba sexto obligaba oa Dalla-ra F-308 do equipo Drivex

a abandonar esta segunda manga da competición can-do marcara a terceira volta rápida da carreira.

Despois desta quinta proba, Abadín valoraba o seu fin de semana no Rei-no Unido: “Temos un sabor agridulce, aínda que demos-tramos que podemos estar nos mellores tempos nun trazado que apenas coñe-cíamos e no que nunca ha-bía competido, tivemos que abandonar por unha saída”, explicaba Abadín que mos-trábase con moita ilusión de facer grandes cousas no que

resta de campionato e tentar lograr a vitoria na European F3 Open.

Monza a próxima citaA fin de semana do 2 e o

3 de outubro, Abadín terá unha nova proba de fogo para demostrar a súa valía e remontar postos na clasi-ficación xeral. Despois de Italia, dúas probas en Es-paña, Jerez (do 15 ao 17 de outubro) e Cataluña (do 29 ao 31 de outubro) pecharán o European F3 Open por esta tempada.

O piloto ourensán Abadín en Brands Hatch

Magdaleno, segundo na subida ao Sueve4 Gran resultado despois dos problemas xurdidos nas ante-riores probas.Redacción

José María Magdaleno co seu Renault Mègane Sport Trophy acadou unha segunda posición na Clase As11 e o terceiro no Gru-po A2 da sexta subida ao Sueve despois dos proble-mas surxidos no embrague e caixa de cambios nas pasadas probas disputadas polo Team Mayador.

Na carreira, Magadale-no foi de menos a máis, mellorando en cinco se-gundos a segunda crono-metrada con respecto da primeira o que o encara-mou ao segundo posto na Clase As11 e o terceiro no Grupo A2, mentras que na xeneral final colocábase decimoquinto nunha pro-ba na que os monoplazas copaban as primeiras po-sicións.

Magdaleno mostrábase feliz despois dos podios nesta subida tanto na clase como no grupo, e desta-cando a boa carreira feita a pesar de levar moito tempo sen correr polo parón vera-niego e polas averías sufri-das anteriormente. Agora xa queda pensar nas próxi-mas citas nas que o Team Mayador acudirá coa moral subida despois deste impor-tante resultado logrado na localidade de Colunga en terras asturianas.

Magdaleno na Subida ao Sueve.

Page 19: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

19PUBLICIDADE

Page 20: 24 Set 2010 - Nº 19

20 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

MOTOR

Chégase ao Ourense - Baixa Limia con todo por decidir no Campionato galego de ralis.Quintela, Verea, Muiños e Bande serán os tramos

Lito: “O ralli Ourense-Baixa Limia é un escaparate para todos os xóvenes pilotos galegos que comezan. E eles son o futuro”4 A sétima edición desta proba celebrarase os vindeiros 1 e 2 de outubro con 87 pilotos que serán da saída pola Baixa Limia ourensá.

R. Torres

Son xa sete as edicións dun dos ralis clásicos da nosa provincia, o Ourense-Baixa Limia, pertencente ó Campionato Galego.

Celebrado exactamen-te na mesma data que este ano, en 2004 vía a luz esta proba da man de Ángel Saa, “Lito”, Presidente do comi-té organizador e principal impulsor da mesma, quen ano tras ano loita contra as adversidades para seguir realizando “o mellor ralli de Galicia dentro da súa ca-tegoría”.

A edición 2010Quintela de Leirado, Ve-

rea, Muiños e Bande son os catro tramos que compoñen o percorrido desta renovada edición, a cal, como nos ex-plicou o mesmo Lito, trae consigo outras novidades máis, como son “a realiza-ción das verificacións téc-nicas na zona monumental de As Burgas e a centraliza-ción das zonas de asistencia e reagrupamentos na vila de Celanova. Sen embargo, ao igual que en anos anteriores, o parque pechado mantera-se na Alameda ourensá”.

O gran día, o sábado 2 de outubro, comezará ás 8 da mañá na praza do Obispo Cesáreo de Ourense e re-matará aproximadamente ás 8 da tarde. Doce horas de espectáculo que nin os

pilotos máis recoñecidos de Galicia nin os seguidores maís fieis desta disciplina se quererán perder.

Os que están a pensar que este ano o rali celébra-se moito máis cedo que de costumbre, deben saber que o cambio de data corres-póndese “a un favor entre amigos, para facer oco a unha proba máis, o Rali Al-bariño. Por iso os que orga-nizamos o Ourense-Baixa Limia adiantámolo un pouco e os do Botafumeiro retrasaron algo o seu”.

Falla de apoio económi-co

Pero unha celebración deportiva deste tipo precisa inexorablemente dunha im-portante axuda económica, que este ano non foi toda a agardada. “Conseguimos menos de 50.000 euros de presuposto, cando organi-zar un rali así require uns 63.000. Para paliar a dife-renza pedimos favores a moitos amigos con empre-sas vinculadas a este espec-táculo porque o que nunca reduciremos na nosa proba, sexa cal sexa a dispoñibili-dade económica, é a segu-ridade”.

Lito cre que “necesitan subvencións todo os de-portes dos que o espectador pode desfrutar sen ter que pagar entrada. Xa que os gastos de realización son moi difíciles de cubrir e

máis ainda se grandes em-presas privadas, como foi o caso de Caixanova, deixan de prestarnos a súa axuda. Os ralis de San Froilán e a Comarca da Ulloa, similar e inferior respectivamente ao Ourense-Baixa Limia, contan con axudas econó-micas de partida de máis de 35.000 euros cada un, men-tras nós debemos afrontar o reto prácticamente sós”.

Unha oportunidade para os máis novos

O Campionato Galego de Ralis foi creado co obxec-tivo de proporcionarlle aos pilotos máis novos da nosa comunidade a posibilidade de participar nunha com-petición asequible dende o punto de vista económi-co. “Tres ou catro de cada 100 pilotos que participan nun rali coma este pode permitirse competir nunha categoría nacional, para o resto son probas excesiva-mente caras. Deste xeito, o rali Ourense-Baixa Limia é todo un escaparate para os pilotos máis xóvenes que están comezado e eles son o futuro desta disciplina”.

Seguintes citas Os seareiros do motor

teñen aínda dúas citas máis que non poden perderse nos vindeiros meses. O 23 e 24 de outubro terá lugar, se as dificultades económicas non o impiden, o Ralli Al-bariño e o 20 e 21 de nov-

embro o Botafumeiro. Am-bas probas, xunto co Ralli de Ourense-Baixa Limia, resultan determinantes para que se decida o gañador do campionato. Bamarti ou Neira son dous dos pilotos que máis se xogan nestas tres ocasións, pero moitos outros loitarán ata o final co firme obxectivo de acadar a mellor posición ou, o que é aínda mellor, a vitoria.

Lito Saa, Presidente do Comité Organizador do Rali Ourense - Baixa Limia. /RAMSÉS

A polo coeficiente 7Nesta edición o claro

obxectivo da organización do rali, que neste momento conta cun coeficiente de di-ficultade 6, é que éste aca-de un punto máis de cara ó vindeiro ano. “A maior coeficiente maior calidade terá a proba, debido a que o valor do mesmo indica o

número de puntos que reci-birá o piloto gañador”. Polo tanto, nun campionato no que a vitoria final pode che-gar a estar moi pelexada, as probas nas que os parti-cipantes máis puntuación se xogan convértense en ineludibles.

Un dos participantes da anterior edición.

Page 21: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

21ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores

R. Torres

Este é o retrato de per-soas que colleron as ma-letas e viaxaron a Ourense para crecer como persoas e deportistas defendendo as cores da nosa cidade e pro-vincia. Este é un cuestiona-rio para coñecelos un pouco mellor. Con esta entrevista

neste número do Barrios Deportivo comezamos esta nova sección que podería chamarse “Defendendo as nosas cores”. Quixemos comezar con Eva Rodrí-guez Tamayo, porteira do Ponte Ourense ademais da selección española de fút-bol sala que deixou o Mós-toles (equipo co que se pro-

Máis persoal4 Eva Rodríguez Tamayo ten 27 anos e é natural de

Valladolid, militou nas filas do Valladolid FS nove tem-padas, unha no Pinto e no Móstoles, e este ano recalou no Ponte Ourense; foi tres veces internacional coa se-lección española.4 Co Valladolid FS foi cuatro veces campiona auto-

nómica, campioa de España coa selección de Madrid, campioa da Raíña co Móstoles no 2010 (en Ourense) e trofeo mellor xogadora nas semifinais da Copa da Raíña cando militaba no Pinto.4 A Eva encántanlle os ovos fritidos con patacas,

a súa cor é o vermello e escaparíase a calqueira lugar sempre que sexa en boa compaña.

Eva Tamayo, porteira do Ponte Ourense FSF. /RAMSÉS

Eva, no primeiro partido de liga contra o Ponte. /RAMSÉS

4 Defendendo as nosas co-res é unha sección na que co-ñeceremos a deportistas que chegaron a Ourense para de-fender os intereses deportivos dos nosos clubs.

clamou campioa da Copa de España aquí en Ourense este mesmo ano) para reca-lar no Ponte Ourense, equi-po que loitará este ano na División de Honra do fútbol sala feminino entre os equi-pos favoritos para levantar ao final de tempada o título ligueiro, grazas en parte aos reforzos deste ano, incluín-do a nosa protagonista, Eva Rodríguez Tamayo.

Como está sendo a adaptación ao teu novo equipo?

“A adaptación está sen-do moi fácil, a xente é moi acolledora e estamos a tra-ballar duro para engrasar a maquinaria”.

E como foi a pretempa-da?

“Moi amena traballando para poñernos a punto pero ao mesmo tempo nos diver-timos moito”.

Qué esperas que faga o equipo este ano?

“Eu sabía onde viña e coñezo ben as xogadoras. O club fixo unha aposta grande este ano e se traba-llamos ben aspiraremos ao máximo nas competicións que participemos”.

Qué foi o que te fixo elexir a Ourense como destino este ano para xo-gar no Ponte Ourense no teu novo reto no fútbol sala?

“Xa levaban uns anos de-trás de mín, querendo que xogara con eles, os coñezo da liga e sei que é un grupo humán moi bo. Tamén, de-cir que eu son de Vallado-lid, unha cidade un pouco máis grande que Ourense, que son as cidades que me gustan. O ano pasado esta-ba en Madrid xogando no Móstoles por estudios, pero este ano decidín vir a unha cidade máis pequena como Ourense que é do tipo de cidades que a min me gus-ta. Por esto teño unha boa adaptación”.

Qué descubriches de Ourense desde que estás aquí?

“Aquí cómese moi ben. Ademais fumos a xogar a Celanova e a Vigo e vimos unhas paisaxes polo cami-ño espectaculares. Ourense é moi bonita”.

Page 22: 24 Set 2010 - Nº 19

22 BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

NOVAS

4O RiNCÓN DO MESTRE

Características dos mo-zos maiores

- Diminúen a estatura e o peso.

- A pel faise máis delga-da, seca e transparente.

- Prodúcense importan-tes cambios óseos e articu-lares.

- Diminúen o peso cere-bral e o fluxo sanguíneo.

- Baixa a capacidade de resposta xeral do organis-mo.

- Altérase o soño.- Afúndense os ollos.- Hai perda de agudeza

visual.- Os riles baixan a capa-

cidade de filtrar.- Debido á arterioescle-

rose, pertúrbanse os órga-nos dependentes do sistema cardiovascular e cerebral.

- Hai alteracións anató-micas e funcionais do siste-ma respiratorio.

- Aumentan a demencia e a depresión.

Compoñentes da felici-dade

- Emocións positivas: alegría, gozo, pracer, etc.

- Estar contento e satis-feito da propia vida.

- Ausencia de emocións negativas: envexa, odio, ira, etc.

- Boa autoestima: acep-tación dun mesmo e da rea-lidade na que nos atopamos inmersos.

Regras para manter a felicidade dos mozos maiores

Unha vez chegado a unha idade avanzada é convi-niente seguir as seguintes regras:

- Vida sa tanto física como mentalmente.

- Non superprotexer nin facer do mozo maior unha persoa inválida, senón máis ben vivir en sociedade con independencia e auto-nomía. Os mozos maiores poden e deben coidarse sós, salvo excepcións.

- Facer exercicio mode-rado durante 30´ como mí-nimo tres veces á semana para conservar un bo esta-do físico, cardiovascular e respiratorio.

- Ocupar o tempo libre con actividades grupais re-creativas.

- Facer unha alimenta-

ción sa e equilibrada.- Beber moita auga.- Alcol de maneira mode-

rada. - Deixar de fumar.- Ter unha vida saudable

de parella. A sexualidade nesta etapa non desapare-ce, senón que cambia a for-ma de manifestala: afecto, agarimo e compañeirismo.

- Ter o peso adecuado.- Realizar os controis mé-

dicos aconsellados.- Adestrar a autoestima.

A autoestima desempe-ña un papel fundamental: aceptarse tal como un é, considerarse unha persoa capaz, útil e válida. Unha boa autoestima vai dinami-zar a nosa actitude positiva (diálogo, comunicación, solidariedade, compañei-rismo, confianza, segurida-de, etc.).

- Manterse activos in-telectualmente (ler, facer crucigramas, tocar un ins-trumento, etc.) é impres-cindible para evitar ou di-minuír a deterioración das nosas capacidades intelec-tuais.

- A familia, a vida en comunidade, os grupos re-lixiosos son factores que xogan un rol na felicidade, aínda que como todo uns máis que outros.

- A socialización (diálo-go, comunicación, partici-pación en diferentes activi-dades de lecer), combate o problema da soidade e ten un nivel alto de satisfac-ción.

- Evitar factores de risco para que o ancián non su-fra. Por exemplo, fracturas ou traumatismo cranial

A felicidade nos mozos maiores (ii)

para poder manter a acti-vidade física e mental.

- Adestrarnos mental-mente mediante mensaxes suxestivas: “Síntome feliz e contento comigo mes-mo”, “Son unha persoa emprendedora e válida”, “Cada día sinto con máis ganas de vivir”, “Gozo enormemente da miña xu-bilación”, “Cada día son unha persoa máis opti-mista”, etc.

- Controlar os pensa-mentos negativos e trans-formalos en positivos.

- Valorar o bo que tes na túa vida (familia, ami-gos, etc...)

- Rodearse de persoas optimistas. Un bo esta-do de optimismo faranos máis felices e saudables.

- Estar en bos termos con todo o mundo e con-formarnos co que temos e non co que nos falta.

- Ser conscientes de que nós mesmos somos os au-tores da felicidade.

- Vivir do presente e non deixarnos atrapar polo pasado e o futuro.

- Evitar as compara-cións. Adoitan ser fonte de amargura.

- Estar en paz connosco mesmos e cos demais.

- Vivir cada momento ao máximo das posibili-dades.

- Escoitar música am-biental, clásica estimula as áreas cerebrais especí-ficas do razoamento, dimi-núe a ansiedade, a tensión e a depresión.

Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e en-

trenador nacional de fútbol

O hipódromo de Antela acolle a Doma Clásica4 O iV Campionato Provincial terá lugar os días 25 e 26 de setembro.

Redacción

O IV Campionato Pro-vincial de Ourense de Doma Clásica foi presen-tado no Centro Cultural da Deputación de Ourense, coa presenza de José Ma-nuel Díaz, representante do Clube Ecuestre de Ourense; Jorge Vázquez, vocal da Federación Hípica Galega, e Manuel Rodríguez, repre-sentante da Deputación e do Centro Ecuestre Antela.

José Manuel Díaz dixo que a hípica en Ourense “está a vivir un momento de gran desenvolvemento, o que fai que se mova unha parte importante da eco-nomía da nosa provincia”. Neste senso, destacou que tanto no aspecto deportivo como no de emprego, as actividades hípicas “supo-ñen un pulo de ocio e co-

mercial, xa que ademais de actividades deportivas para nenos e maiores, esta disci-plina trae consigo emprego para profesores, veterina-rios, mozos, e ferradores, e tamén conleva o desen-volvemento de ganderías, cría de cabalos e apertura de tendas específicas, entre outras actividades”.

No que atinxe ao cam-pionato, a proba terá lugar os días 25 e 26 de setem-bro no Hipódromo de An-

tela e será puntuable para o campionato galego. Estará presente ha seleccionadora galega, e desenvolverase en dúas quendas: o sábado, día 25, en horario de 16.00 a 20.30 horas, e o domingo día 26, de 10.00 a 14.30 ho-ras. Haberá premios para as diferentes categorías, alevín e infantil, e os gañadores participarán no campiona-to galego que terá lugar en outubro no hipódromo de Mondariz.

Presentación do campionato. /RAMSÉS

Alfonso Vilachá.

Salgado suma e segue4 Nas tres primeiras xorna-das das olimpiadas do xadrez, o ourensán iván Salgado leva dúas vitorias e unhas táboas.

Redacción

O Gran Mestre de xa-drez, o ourensán Iván Sal-gado, está disputando en Kanthy-Mansiysk (Rusia) a Olimpiada de Xadrez 2010 coa expedición española masculina que a conforman outros catro integrantes ademais de Salgado: Alexei Shirov, Francisco Vallejo, Jordi Magem e Daniela Al-sina.

Na primeira ronda, Sal-gado fixo táboas co arxe-lino Tarek Goutali nunha dura partida, vencendo o combinado nacional por 3,5 puntos por 0,5 puntos dos arxelinos. A segunda xorna-da foi máis fructífera para o ourensán e a súa vitoria ante o filipino John Paul Gomez fixo que España acadara unha nova vitoria por 2,5 puntos ante os 1,5 puntos do equipo asiático; os seus

compañeiros hirov, Magem e Alsina firmaron táboas nesta segunda ronda.

Na terceira ronda, as cou-sas foron máis fáciles para os nosos compatriotas e venceron por catro puntos a cero a Letonio. Salgado desfíxose do seu contrin-cante Viesturs Meijers. Con esta vitoria, España non co-ñece a derrota e ocupa os primeiros postos dos 151 equipos que disputan este evento.

O equipo español é o 16º no ranking para o título nes-tas olimpiadas de xadrez.

Iván SalgadoO ourensán Iván Salgado

é Gran Mestre Internacio-nal, título que posúe desde o ano 2008, e ten un ELO FIDE de 2592. Actualmen-te ocupa o terceiro lugar no ranking nacional e o 237 no internacional.

Clínic de Rugbi

Redacción

O Campus Ourense Rug-by Club trae este sábado, 25 de outubro a José An-tonio Barrio, seleccionador campión de Europa coa se-lección española de rugbi 7 feminino.

O clinic que impartirá será de formación de mo-nitores e terá lugar na fa-cultade de Empresariais do Campus de Ourense en horario de 11 a 13 horas para mellorar a formación dos monitores do club; e pola tarde nas instalacións de Monterrei a partir das 16.30 horas tocará a parte práctica, cun adestramen-to a cargo do propio José Antonio Barrio e no que participarán os xogadores cadetes do club Campus de Ourense. Despois do acto haberá unha sesión de fotos de todas as categorías cos equipos das diferentes cate-gorías do club e para fina-lizar, os familiares e socios que se acheguen ao evento poderán gozar dun ágape en compañía dos xogadores.

Page 23: 24 Set 2010 - Nº 19

BARRIOS DEPORTIVO24 de setembro de 2010

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº19 - Ano: II - 24 de setembro 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGUNTA DO MES

Pablo, Anselmo e Pablo:“Moita forza esta tempa-da para acadar o ascenso”.

Mensaxes dos afeccionados do COB o día da súa presentación

Raquel, Elena e Jaime:“Este ano ascendemos seguro”.

Chechu, Carlos, Sonia e Sergio:“Temos que intentar ascender porque todos somos o COB”.

Moncho, Samuel e Pili:“Este ano ascendemos con xente de aquí”.

Rafa e Inés Yijia:“¡¡¡ A por eles!!!”.

Isaac e Ainoha:“Que gañen moitos partidos e a polo ascenso”.

Diana, Julio, Jacobo, Cristina e Luis:“Que fagan o seu traballo, que sigan adiante e que loiten moito para acadar o triunfo”.

Sonia, Adrián e Fernando:“Este ano temos que xogar o play off de ascenso como sexa”.

Page 24: 24 Set 2010 - Nº 19

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO24 de setembr o de 2010