25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil...

7
25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil e Primaria

Transcript of 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil...

Page 1: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil ...steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/... · Na nosa proposta de actividades trataremos de poñer en relevo

25 de Novembro 2012Unidades DidácticasEducación Infantil e Primaria

Page 2: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil ...steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/... · Na nosa proposta de actividades trataremos de poñer en relevo

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES INFANTIL E PRIMARIA 2011

2

VIOLENCIA DE XÉNERO, NON! 25 de novembro

3

ACTIVIDADE 1

CONCURSO DE CARTEIS

OBXECTIVO

Que as nenas e os nenos sexan capaces de sintetizar nun debuxo e unha frase o noción de igualdade entre homes e mulleres.

ACTIVIDADES

1.- Ampliar o debuxo do cartel da parte superior e amosalo ao alumnado.

2.- Pedirlles que expliquen as diferenzas entre o debuxo de arriba e o de abaixo.

3.- Preguntarlles polo significado dos dous debuxos.

4.- Pedirlles que expliquen situacións do cole ou da súa casa nas que se amosen os dous sexos en igualdade de condicións.

5.- Estimulalos para que digan frases curtas que teñan que ver coa igualdade entre nenas e nenos.

6.- Escoller a frase que máis guste á clase.

7.- Cada nena ou neno, que invente un cartel que exprese o significado da frase.

8.- Entre toda a clase, escoller o cartel que máis gustase.

9.- Poñelo en lugar preferente.

Page 3: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil ...steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/... · Na nosa proposta de actividades trataremos de poñer en relevo

2

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES INFANTIL E PRIMARIA 2012

3 3

ACTIVIDADE 2

Imos elixir un símbolo para identificar o rexeitamento cara a violencia que se exerce contra as mulleres:unha flor ou un corazón..de cor violeta: elaboraranse estes símbolos con papel de seda ou cartolina. Repartiranse entre todo o alumnado para repartir entre todo o alumnado, xunto cunha pequena carta expresando o rexeitamento da violencia contra as mulleres elaborada por toda a clase.

Actividades para EdUCACIÓN Infantil:

A partir de recortes de distintos anuncios faremos un collage para a clase, evitando e correxindo os estereotipos que se transmiten na publicidade.

Actividades para EdUCACIÓN Primaria:

Traballaremos desde a publicidade en prensa escrita. Levaremos varios recortes de prensa de anuncios - quitarameos previamente toda alusión ao que anuncian- e o alumnado deberá averiguar cal é o produto que anuncian só vendo a imaxe. Farémoslles preguntas para indagar en que se basearon para acertar co anuncio correspondente. Posteriormente faremos un pequeno debate con preguntas do tipo: O xoguete é para nenas ou nenos? Por que? Como é a muller do anuncio? Son todas así nos anuncios? Por que vos parece que é así? Que cores ten a moto do neno? E a da nena? Por que vos parece que utilizan estas cores?..

ACTIVIDADE 3

Page 4: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil ...steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/... · Na nosa proposta de actividades trataremos de poñer en relevo

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES INFANTIL E PRIMARIA 2011

4

VIOLENCIA DE XÉNERO, NON! 25 de novembro

5

Finalmente os nenos e nenas farán o seu propio anuncio de algo que lles gustaría vender, inventarán o slogan, e

intentarán evitar os estereotipos que analizamos nos anuncios.

ACTIVIDADE 4

Brave é unha película que rompe cos estereotipos das películas t r a d i c i o n a i s de Disney. Dista moito desas películas onde a p r o t a g o n i s t a é unha muller: A Cincenta, Branca de neve ou incluso a ogresa de Shrek. En Brave á p r o t a g o n i s t a , Mérida, outórganlle habilidades e valores que no pasado eran privativos dos heroes de lendas. Mérida é valente, firme nas súas convicións e destra co arco, capaz de loitar cun oso e gañarlle, pero ademais é a nosa heroína porque é capaz de cambiar o seu destino desafiando as tradicións. Non quere ser unha princesa de conto con vestidos bonitos e que basea a súa vida na busca dun pretendente aposto, forte, doce e sabio que a leve a unha vida feliz. Para ela a felicidade consiste en ser libre e non está disposta a vivir unha vida aburrida encerrada dentro dun castelo, tal e como súa nai intenta inculcarlle. As dificultades e a aventura empezan precisamente no momento que decide cambiar o seu destino. Os valores que se abren paso ao longo da película: a

determinación e a valentía, xogan coa intelixencia e a tenrura para restablecer a orde do país e a vida familiar.

Page 5: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil ...steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/... · Na nosa proposta de actividades trataremos de poñer en relevo

4

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES INFANTIL E PRIMARIA 2012

5 5

OBXECTIVOS

Na nosa proposta de actividades trataremos de poñer en relevo esas cualidades de Mérida e contrastalas coas das protagonistas de contos tradicionais. Trátase de reforzar a asertividade e educar as mulleres en sentido positivo evitando os vitimismos, a pasividade e a submisión. En definitiva, facerlles saber que nosoutras podemos ser donas do noso propio futuro.

PROPOSTA 1 (de 3 a 6 anos)

Actividades de previsionado

- A actividade pode consistir en ler contos tradicionais con princesas ou simplemente lembrar as historias visionando partes das películas. Hai moitas mostras na web de Utube. Podemos preguntar que películas viron onde a protagonista sexa unha muller

adulta, unha moza ou unha nena. Sobre estas películas que recordan os nenos e nenas, podemos facer preguntas

xerais:- Que lles gustaba facer ás princesas?- Que era o que máis desexaban?- Como acaba a película?

Actividades de posvisionado

A actividade consistirá en ir atribuíndo adxectivos descritivos a dúas protagonistas de películas, unha tradicional e a outra será a protagonista de Brave. Imos elixir unha das máis típicas tradicionais e que probablemente coñecerán os nenos e nenas: A Cincenta. A esta compararémola con Mérida, a protagonista de Brave.

Page 6: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil ...steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/... · Na nosa proposta de actividades trataremos de poñer en relevo

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES INFANTIL E PRIMARIA 2011

6

VIOLENCIA DE XÉNERO, NON! 25 de novembro

7Pr e p a r a m o s dous debuxos grandes, un da Cincenta, e outro

de Mérida e tamén unha lista de adxectivos que podemos atribuír a cada unha, e

os recortaremos a m o d o d e

pequenos c a r t e i s o u

etiquetas.

Dependendo do nivel do alumnado podemos utilizar palabras, debuxos ou iconas que describan as cualidades.

O xogo consistirá en poñer debaixo de cada debuxo, os adxectivos que caracterizan a cada unha das protagonistas. Cada neno ou nena elixirá un adxectivo do montón e poñeráo debaixo da protagonista que el ou ela cre que o define ou caracteriza.

Adxectivos para Cincenta: traballadora, amable, calada, tímida, obediente, triste.

Adxectivos para Mérida: valente, alegre, lista, desobediente, loitadora, decidida.

Despois con debuxos ou imaxes continuamos co conflito da súa vida e como o resolven. Preguntamos aos nenos e nenas:

-Que problema teñen? Como viven?

-Como quererían que cambiase a súa vida?

-Que fan para que a súa vida cambie?

Confeccionaremos unha cuadrícula grande con cartolina plastificada para ir pegando os debuxos ou palabras que fan referencia ás respostas das preguntas formuladas.

Page 7: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Infantil ...steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/... · Na nosa proposta de actividades trataremos de poñer en relevo

6

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES INFANTIL E PRIMARIA 2012

7 7

PROPOSTA 2 (de 6 a 8 anos)

Actividades de previsionado

En grupo, pregúnta aos nenos e nenas :

Coñecedes historias de princesas? Que lles adoita pasar? Como visten ? Onde viven ? Que fan habitualmente? Que lles gustaría facer ou conseguir?

Actividades de posvisionado

Pídese ao alumnado que contesten as seguintes preguntas. Estas preguntas tamén poden intentar contestalas antes de ver a película, escribir as respostas que saiban e despois de ver a película corrixen ou amplían o que escribiran.

1.- Que cousas lle gusta facer a Mérida? (Resposta:cabalgar e tirar en arco, subir montañas e sentirse libre).

2.- Que cousas non lle gustan? (Desposta:buscar pretendente, levar un traxe axustado e en xeral as cousas que súa su nai lle quere ensinar para ser princesa).

3.- Como describirías a Mérida? (adxectivos de descrición física e de carácter)

3.- A que está obrigada segundo a tradición polo feito de ser princesa?

4.- Quere casar? Por que? Como pode evitalo?

6.- Que problemas xorden?

7.- Quen lle axuda a resolvelos?

8.- Ao final da película hai unha frase que fala do destino. Poderías dicir exactamente o que di ou explicalo coas túas palabras?

Despois en grupos poñerán en común as respostas. Un ou unha portavoz de cada grupo irá dicindo as respostas e contrastaránse, corrixirán ou ampliarán segundo o que digan os outros grupos.