28 Out 2010 - Nº21

24
Baloncesto: O COB, a sair do pozo páx. 10 Número: 21 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 28 de outubro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DERBI FÚTBOL SALA páx.12-13 ARTIGO páx.22 Alfonso Vilachá: a actividade física nos mozos maiores Fútbol: O CD Ourense tentará recuperar o liderato páx. 5 O Ponte Ourense levou o derbi ante o Cidade por 3 goles a 1 Defendendo as nosas cores: Laura Fernández, xogadora do Carmelitas páx. 21 Preparando a San Martiño Centos de corredores participaron na I Carreira Popular de A Carballeira. páx. 3 e 4

description

Centos de corredores participaron na I Carreira Popular de A Carballeira. Alfonso Vilachá: a actividade física nos mozos maiores Baloncesto: Defendendo as nosas cores: Fútbol: BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx. 10 páx. 21 páx. 3 e 4 páx. 5 Número: 21 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 28 de outubro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Transcript of 28 Out 2010 - Nº21

Page 1: 28 Out 2010 - Nº21

Baloncesto:O COB, a sair do pozo páx. 10

Número: 21 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 28 de outubro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DERBI FÚTBOL SALA páx.12-13 ARTIGO páx.22

Alfonso Vilachá:a actividade física nos mozos maiores Fútbol:

O CD Ourense tentará recuperar o liderato páx. 5

O Ponte Ourense levou o derbi ante o Cidade por 3 goles a 1

Defendendo as nosas cores:Laura Fernández, xogadora do Carmelitas páx. 21

Preparando a San MartiñoCentos de corredores participaron na I Carreira Popular de A Carballeira. páx. 3 e 4

Page 2: 28 Out 2010 - Nº21

2 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

ATLETISMO

A dureza de Parada do Sil4 A carreira de Montaña de Parada do Sil tivo como novi-didade este ano unha media.R. Barreiros

A pasada fin de sema-na disputábase no marco incomparable da Ribeira Sacra a cuarta edición da Carreira de Montaña Cañón do Sil, proba máis dura se cabe que a de Penedos do Lobo, se miramos o tempo empregados polos partici-pantes. Este ano ademais da carreira longa de 32.600 metros, os organizadores elaboraron unha máis curta, de 16.300 metros.

O vencedor da carreira de montaña foi Fernando Arca que empregou un tempo de 2 horas, 45 minutos e 24 segundos en percorrer os 32.600 metros. O segundo en sobrepasar a liña de meta foi Elpidio Gómez Sousa (2:51:11) e o terceiro Tono Abal Nartallo (2:57:28), os tres do Club Ribeira Sacra. A primeira muller en com-pletar a proba foi Sonia Botana González facendo un tempo de 3:53:05, Ma-ría José Grobas Garaboa foi segunda con 4:05:21 e pe-chou o podio Tereza Ctvrt-nickova (4:05:22).

Na carreira curta que se facía por primeira vez este ano, Antonio Sobrado Fer-nández, de Redondela, foi o primeiro vencedor desta

proba cun tempo de 1:36:22, segundo foi Jesús Rodrí-guez León con 1:38:38 e terceiro Marcos Ubeira Vi-dal con 1:39:01. En catego-ría feminina, María Fernán-dez Villarmea, 1:48:15, foi primeira seguida de Paqui Souto Salgado, 2:03:44, e de Mª Dolores González Enriquez, 2:08:57.

Participantes subindo duras rampas da proba. /R.T.

A carreira comprobou a forma física dos participantes. /R.T.

Arca e Botana foron os vence-dores en Parada do Sil

Madrid - Segovia en pouco máis de 13 horasR. Barreiros

O ultrafondista, Antonio Manuel Madriñán acaba de participar nos 100 qui-lómetros Madrid - Sego-via. O reto apenas levou-lle 13 horas e 25 minutos quedando na clasificación final no posto 37 dun total de 338 participantes que chegaron á meta.

O próximo reto deste ultrafondista ourensán afincado en Oviedo é a participación nas 24 horas de TV3 que se disputará case que con toda proba-bilidade na fin de semana anterior ao Nadal, onde

Madriñán e os seus com-pañeiros tentarán facer podio para así estar con-vocados para o próximo Campionato do Mundo. Para iso, Antonio, estase a preparar duramente nestas semanas.

13 horas e 25 minutos foi o tempo empre-gado por Madri-ñán en percorrer os 100 quilóme-tros entre Ma-drid e Segovia

Madriñán nos 100 quilómetros Madrid - Segovia.

Page 3: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

334ª CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO

En marcha para a San Mariño4 O 14 de novembro, as rúas de Ourense encheranse de atletas para disputar a 34ª edición da careira popular do San Martiño.R. Torres

O domingo 14 de no-vembro, é a data na que terá lugar a 34ª edición da Ca-rreira Popular do San Mar-tiño, que ten o mesmo per-corrido urbán dos últimos anos polas rúas de Ourense, e congregará a miles de at-letas populares tanto ouren-sáns como galegos, nacio-nais e internacionais. Todos eles optarán aos mesmos premios (coa mesma cuan-tía) do ano pasado.

A hora de saída da proba absoluta é ás 11 da mañá, e dará o pistoletazo de saída, Pilar Neira, ex-fultbolista galega e actualmente ades-tradora da selección galega de fútbol feminino. Neira foi unha das catro primeiras mulleres en obter o carné de adestradora en España. Ás 12.30 horas, o turno será para a carreira escolar que engloba as categorías alevín, infantil, cadete e xu-

venil e percorrerá unha dis-tancia de 4,5 quilómetros.

Cabe recordar que esta carreira leva anos homolo-gada, sendo unha dos pou-cas en Galicia que ten esta característica, polo que é unha boa ocasión para todo o mundo de saber cal é o seu tempo real na distancia dos 10 quilómetros ou se é capaz este ano de superar anteriores rexistros de ante-riores edicións.

InscriciónsA inscrición que, como

cada ano é gratuíta, xa se pode realizar a través da páxina web do concello www.ourense.es, de www.championchipnorte.com ou acudindo ás instalación do pavillón municipal de Ourense. Para a categoría absoluta o peche das inscri-cións será o 9 de novembro, mentres que para a catego-ría escolar remata o día 5.

NovidadesDúas son as novidades

máis salientables desta edi-ción da San Martiño. Por unha banda, a opción de mercar o chip que controla o tempo nas carreiras, en championchipnorte a un prezo de 14 euros, e por outra a de agasallar a todos os que rematen a proba cun-ha camiseta técnica deixan-do xa as camisetas de algo-dón coas que se premiaba aos que remataban a proba en edicións anteriores.

O chip serve para calque-ra carreira que estea crono-metrada por Championchip-norte, sendo estas moitas na xeografía galega, polo que pode ser unha boa ocasión de ter en propiedade un chip que moitos corredores populares xa posúen e a un prezo asequible.

Outro aspecto novidosos que xa se introduciu o ano pasado, é a de poderse ver chegar á meta da carreira a

través de web www.strand.com.

PresupostoO presuposto da San

Martiño é de 132.000 euros, que se reparte entre o 61% achegado polo Concello de Ourense (55% do Conse-llo Municipal de Deportes e 6% doutros estamentos muncipais ) e o resto proce-dente da iniciativa privada.

Sen axuda da Xunta e da Deputación

Fernando Varela, conce-lleiro de Deportes de Ouren-se, lamentábase na rolda de prensa da presentación da Carreira do San Martiño, de que as administracións provincial e rexional non axudaran en nada a este evento sendo unha das máis importantes citas galegas na que participan deportis-tas populares, sendo unha marea multicor de milleiros de persoas a que invade as rúas da nosa cidade duran-te unhas horas, ademais de numeroso público o que sae a rúa a animar aos partici-pantes.

O ourensán de 28 anos, Rubén Domínguez foi o gañador do cartel anuncia-dor da 34 Carreira do San Martiño. Ambientada nos carteis de películas épi-cas, Rubén quería “coller o legado romano da nosa cidade por mediación do lume e a tipografía dorada nas letras” e no lume que

4Rubén Domínguez, gaña-dor do cartel desta edición

A inscrición remata o 9 de novembro para a carreira absoluta e o 5 para a escolarInscricións no Pavillón de Deportes, en www.championchipnorte.com ou en www.ourense.esOs escolares só se poden inscribir na web do Concello

A Carreira Pedestre Popular do San Martiño é a máis antiga de todas cantas se celebran no territorio galego sendo a deste ano a 34ª edición

aparece na pisada mostra “paixón e sentimento, dous factores moi im-portantes na carreira”, explicaba o creador do cartel.

No cartel gañador pó-dese ver unha pisada a lume nun fondo negro e a tipografía romana na lenda.

Rubén Domínguez, gañador do cartel da San Martiño des-te ano. /RAMSÉS

Organizadores e colaboradores na presentación da 34ª Carreira pedestre popular do San Martiño. /RAMSÉS

Page 4: 28 Out 2010 - Nº21

4 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

ATLETISMO

Na Carballeira preparouse a San Martiño4 Preto de 400 atletas chegaron á meta na primeira edición desta carreira popular.R. Torres

A escasas datas para que se celebre a 34 edición da carreira popular do San Martiño, numerosos atle-tas populares achegáronse ao barrio de A Carballeira para disputar a súa primeira edición e así, ir medindo as forzas para a carreira popu-lar galega por excelencia.

O barrio da Carballeira uníuse ao do Couto e ao da Ponte para celebrar po-las súas rúas unha carreira popular. Neste barrio era a primeira edición desta pro-ba que contou cun gran nú-mero de participantes. Pre-to de 400 atletas de todas as categorías chegaron á meta que estaba situada na pra-za da Lexión. Ademais de veciños ourensáns tanto da cidade como da provincia, participaron neste evento xente de todos os lugares de Galicia e incluso de Por-tugal, no que foi un día de festa no deporte do atletis-

mo, grazas á organización e a que o tempo acompañou e non choveu como estaba previsto.

Na carreira para os in-fantís e cadetes, foron 46 os que completaron os aproxi-madamente 2.000 metros de percorridos, mentres que na proba das categorías benxmín e alevín 79 par-ticipantes completaron os 1.000 metros de distancia; a carreira absoluta foi a que congregou un maior número de participantes chegando a rematala 276 populares que quixeron participar desta primeira festa do deporte popular no barrio de A Car-balleira. Na última carreira, a de pitufos, uns 30 cativos tomaron a saída.

Gañadores Na carreira absoluta,

sobre unha distancia de aproximadamente 5.100 metros, o primeiro en che-gar á liña de meta foi o

atleta do A Gándara, de Monforte de Lemos, Car-los Expósito, empregando un tempo de 17 minutos e 56 segundos, tras el chega-rían a meta os portugueses do Club Nataçao e Cultu-ra, Luis Sa (segundo cun tempo de 18.13) e José Co-rreia (terceiro con 18.20). O primeiro ourensán foi José Manuel Ramos Váz-quez cun tempo de 18.39. En categoría feminina, a portuguesa Carla Oliveira, do Club Nataçao e Cultura, rematou en primeira posi-ción ao facer a mesma dis-tancia duns 5.100 metros en 21 minutos e 46 segundos; acompañárona no podio, Iria Fernández, do Acade-mia Postal, con 23:25 e a tamén académica Silvia Teijeiro con 24:05.

Circuíto de carreiraO Concelleiro de Depor-

tes de Ourense, Fernando Varela, valorou, unha vez

rematadas por este ano as carreiras populares que se organizaron en distintos ba-rrios da capital ourensá, e antes de afrontar a do San Martiño, de forma moi po-sitiva todas elas e destacou a de A Carballeira como un gran éxito de organización e de participación.

O concelleiro explicou que despois da Carreira Popular do San Martiño, volverán reunirse organiza-dores e colaboradores para preparar un circuíto de ca-rreiras populares de cara ao ano 2011 -despois da proba feita este ano para ver se podía ser posible crear o cir-cuíto ourensán-, no que pre-

tende que se integren as ci-tas do barrio de O Couto, A Ponte, a que organizou este ano a Casa da Xuventude e a propia de A Carballeira e no que tentarán recuperar a nocturna do Corpus.

Varela comentou a parti-cipación nas probas ouren-sáns: “a carreira do Couto fíxose a presa e case sen da-tas igual que a da Casa da Xuventude, que a pesar de todo para ser a primeira vez tivo unha moi boa partici-pación; na da Ponte o con-vinte é que moita xente está fóra, de vacacións; e esta de A Carballeira tivo máis participación que as outras” puidendo ser por que “foi

a última que se organizou, por que está próxima a San Martiño ou por que puxe-ron moito interese nesta carreira”.

Con todo o visto nestas competicións haberá que ir pulindo defectos para que poida organizarse un bo cir-cuíto de carreiras populares polos barrios da vella Auria a partir do ano que vén.

Os pitufos tamén esforzáronse na súa carreira. /M. REJO

Carlos Expósito e Carlo Oliveira foron os vencedores da 1ª Carreira de A Carballeira

Nas fotos de arriba participantes da carreira absoluta de A Carballeira. /M. REJO

Page 5: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

5FÚTBOL

Medo ás alturas4 Pouco lle dura o liderato a C.D. Ourense ao perder contra o Cerceda por 1 a 0.R. Barreiros

O C.D. Ourense parée-celle ter medo ao liderato na Terceira División, xa que, despois de situarse ao fronta da táboa, os de Fonsi Valverde en dous partidos con mal xogo e sen pegada,

perderon o liderato en detri-mento dun Rácing de Ferrol que cada día se encontra en mellor forma. Nas dúas úl-timas xornadas, tan só saca-ron un punto conseguindoo en casa contra o Negreira e nas postrimerías do encon-tro. Contra o Cerceda na

pasada xornada non puide-ron remontar o tempraneiro gol dos locais, único tanto, á postre, do encontro.

Os de Fonsi Valverde ce-deron nestas dúas xornadas cinco puntos que ben vale-rían para manter o liderato pero o medo ás alturas fixo

que agora ocupen a segun-da posición a dous puntos dos ferroláns. En favor dos ourensáns, cabe dicir que moitos integrantes da plan-tilla pasaron nestas datas pola enfermería polo que Fonsi non puido contar con todos os seus efectivos pero aínda así, o xogo desprega-do no terreo de xogo non é o mesmo que en xornadas anteriores cando o equipo ourensán era o máximo go-leador do fútbol nacional (o dito, medo ás alturas). Aínda que a liga vén aínda de comezar, o adestrador xa deu un toque de aten-ción e alertou que xogando así non se podía aspirar ao máximo.

Ao final da xornada nú-mero 11, o novo líder é o Rácing de Ferrol con 25 puntos, seguido polo C.D. Ourense con 23 puntos; tamén en postos de promo-ción están o vedugo nesta xornada dos ourensáns, o Cerceda que alcanza en puntos (23) ao equipo das Burgas, cuarto, é o Alon-dras con 18 puntos.

Lance do partido entre CD Ourense e Negreira en O Couto. /RAMSÉS

Reciben ao VilalongaO C.D. Ourense recibe a

visita do Vilalongo o próxi-mo domingo, 31 de outubro, a partir das 16.30 horas, nun partido que terán que mudar a dinámica das dúas últimas xornadas se non quere perder comba contra o Ferrol. O Vilalonga ocupa postos de descenso, é 17º con 9 puntos no seu casi-lleiro polo que chegarán ao Couto coa intención de dar a badalada e saír dos postos de descenso. Na seguinte xornada, o equipo visita a As Pontes que está na meta-

de da táboa, polo que estes dous encontros preséntanse como unha boa oportunida-de para demostrar que foi un baixón pasaxeiro e que hai que contar con eles para disputar o título ligueiro e aspirar ao ascenso á Segun-da División B.

Este domingo 31 de outubro, a partir das 16.30 horas, CD Ouren-se - Vilalonga, en O Couto

Martín tenta controlar un balón. /RAMSÉS

Page 6: 28 Out 2010 - Nº21

6 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010 MOTOR

Os irmáns González, segundos no rali de España histórico4 A proba disputouse en Ávila.

R. Torres

Ávila acolleu o II Rali de España, proba puntua-ble para os certames na-cionais de Velocidade e Regularidade Sport. Os ourensáns, Ricardo e José Luis González, do equipo de Ourense Capital Termal aos mandos do Ford Escort RS2000 tiveron unha gran actuación en Regularidade Sport e, pronto comezarían a remontar na clasificación. Na primeira xornada deci-diuse a clasificación final, sendo na segunda pasada á Lancha, sexto tramo ro rali, cando os irmáns González alcanzaría a segunda posi-ción e non a abandonarían ata o final do rali, estando por diante deles os actuais líderes do campionato, Jo-sep ey Xavi Gui.

Este podio sabe a vitoria,

máxima cando fai escasas datas tiveron que abandonar no Rali de Galicia. Con este segundo posto, colócanse quintos na clasificación xe-ral no Trofeo de España de Regularidade Sport o que lles mete de novo na loita polos primeios postos de cabeza neste, o ano do seu debut.

Os irmáns González nun control na proba de Avila.

No apartado de Velocida-de, Antonio Sainz e Javier Martínez Cattaneo, foron os primeiros en Ávila, o que lles fai líderes avantaxados na proba.

Próxima citaRicardo e José Luis vol-

veran ver as caras dos seus rivais os días 5 e 6 de nov-

O Ford Scort RS2000 nun dos tramos do rali de Avila.

embro, no Rali Costa Bra-va.

En Ávila, o Ourense Capital Termal tan só foi superado polos actuais líderes do campionato

Final anticipado de tempada4 José Luis Abadín dá por concluída a tempada por pro-blemas financieiros.R. Torres

José Luis Abadín ten que finalizar antes de tem-po a tempada na European F3 Open debido a pro-blemas financieiros, polo que non estará na partida na vindeira carreira, que terá lugar no circuíto de Jerez nin na última do calendario a disputar en no Circuíto de Cataluña, aínda que o ourensán non descartou participar nesta última.

Devanditos proble-mas económicos os leva arrastrando durante toda a tempada, tendo que re-nunciar a disputa da ca-rreira de Magny Cours

antes de dar por concluida finalmente a tempada. Ago-ra toca comezar a traballar de cara ao próximo ano. O piloto laméntase de que nas tres últimas tempadas non tivo o apoio suficiente para realizar unha pretempada e tempada en condicións para poder loitar en igualdade de condicións cos seus rivais.

A pesar dos problemas, o piloto ourensán chegou a estar terceiro na clasifica-ción do European F3 Open.

Abadín chegou a estar terceiro esta tempada na European F3 Open

José Luis Abadín.

Page 7: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

7PUBLICIDADE

Page 8: 28 Out 2010 - Nº21

8 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010 HOQUEI

Dous de dous4 O Caldaria Barrocás encarámase nas dúas primeiras xornadas ao máis alto da clasifica-ción con sendas vitorias.

R. Barreiros

O equipo de División de Honra B de hoquei sala, o Caldaria Barrocás, encará-mase ao máis alto da com-petición trala disputa das dúas primeiras xornadas, sendo líder en solitario con catro puntos.

Na primeira xornada a vi-toria foi en terras catalanas ante o Egara por un apreta-do 1-2.

Nesta segunda xornada, o Caldaria Barrocás xoga-ba ante a súa afección por primeira vez esta tempada. O rival foi o júnior, equipo que vencera na primeira xornada ao Valencia por un contundente 4-0. O partido

iniciouse con gran intensi-dade por parte do equipo visitante e cun Barrocás empregándose a fondo en defensa. A medida que transcorría o tempo, os lo-cais empezaban a facerse co control do partido, chegan-do ao final da primeira parte sen goles no marcador.

Na reanudación, o Júnior, como no inicio de encontro, presiona en todo o campo pero o Barrocás, novamen-te, sacúdese a presión e toma as riendas e o tempo do partido ata que, no mi-nuto 12 deste segundo pe-ríodo, un contragolpe do equipo local pola dereita, remata en Penalti-Strot e, tira Rubén Quintas enga-

ñando ao portero, 1-0. E no minuto 28, o Caldaria recu-pera a bola no seu campo e, nunha rápida transición recibe a bola Xurxo que, desfacéndose de dous con-trarios, bate a meta contra-ria de revés. Nos últimos cinco minutos o empuxe do Júnior faino dispor dun penalti córner e un penalti strot que o porteiro local solventa sen problemas.

Próximas citasO próximo encontro do

Caldaria Barrocás será en Sevilla contra o recén as-cendido Universidade, terá lugar o 7 de novembro por que esta fin de semana hai parón ligueiro polo torneo

autonómico de seleccións Sub-18 masculino. O Cal-daria Barrocás volverá a xogar en casa o 14 de no-vembro contra o Murcia.

O Ourense Galicia Cali-dade non arranca

O Ourense Galicia Cali-dade, da División de Hon-ra do hoquei nacional, non puntúa nos tres primeiros partidos da liga e afúndese na clasificación con tan só un gol nos tres encontros disputados. Cabe recor-dar que en pretempada o equipo apenas contaba con efectivas para a disputa da liga polo que o equipo que se formou nas postrimerías da pretempada fixo que se chegue a esta situación, xa que é unha plantilla curta e sen apenas adestramen-tos. O Ourense na primeira xornada sufriu un duro co-rrectivo ao caer estrepito-samente contra o Polo por 8-0; no segundo partido, en casa, volvería perder contra o Alcalá por 0-2; e na ter-

ceira xornada o verdugo foi o Terrassa quen lle endosou un 3-1. O Terrassa é tercei-ro con catro puntos de seis posibles.

Despois do parón da próxima xornada, o Ouren-se xogará en casa contra o Cajacantabria, o domingo 7 de novembro. As ourensás deberán ir cada día a máis para saír do pozo no que se encontran sumerxidos.

Primeira grupo IIINo grupo terceiro da

Primeira División están encadrados os represen-tantes ourensáns, na que o Apóstol é o líder con catro puntos dos catro posibles; Cidade de Ourense e Cal-daria Barrocás son os seus inmediatos perseguidores con tres puntos cada un. O Albor é cuarto con dous puntos, e pechan a clasifi-cación cun puntos en dous partidos o At. Coruña, o At-lántico Caixanova de Vigo e os ourensáns o Pabellón e o Calor y Fuego - Cudeiro;

estes dous conxuntos veñen de empatar a dous tantos na segunda xornada de liga.

Para a vindeira xornada que se disputará o sábado 6 de novembro, os enfron-tamentos dos ourensáns son os que seguen: o Pabellón contra Coruña, ás 16 horas; Calor y Fuego - Cudeiro fronte o Caldaria Barrocás, ás 18 horas e ás 20 horas, Apóstol Ourense contra o Cidade de Ourense; todo eles no campo de Mari-ñamansa. O Albor visita a cancha do Atlántico Caixa-nova de Vigo.

A competición volve a Mariña-mansa o sába-do, 6 de novem-bro con partidos da 1ª División Nacional e o do-mingo 7, turno para o Ourense femininoPartido do Caldaria Barrocás contra o Júnior disputado en Mariñamansa. /RAMSÉS

Encontro entre Ourense Galicia Calidade e o Alcalá. /RAMSÉS

Page 9: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

9POLIDEPORTIVO

O Campus Ourense, líder4 Os de Ernesto Barbosa arrancan na liga con dúas vitorias consecutivas.Redacción

O Campus Ourense Rug-by continúa ao fronte da clasificación trala vitoria na segunda xornada contra o Iveco Universidade de Vigo co resultado de 36-10.

Na primeira parte, as melés e touchés foron de gran igualdade para os dous conxuntos o que permitía dispoñer de moitas oportu-nidade tanto para os ouren-sáns como para os vigue-ses. Aínda así, o conxunto ourensán dominou o en-contro, mostrando ante os afeccionados presentes nas gradas do campo de Mon-terrei un xogo dinámico e moi vistoso, con rápidas transicións entre a diantei-ra e a liña de tres cuartos facendo chegar ao marca-dor os primeiros ensaios a

cargo de Metita, Abraham, Khalifa e Lucas. Remataría a primeira metade cun claro 29-0 para os locais.

Na segunda metade, a relaxación dos xogado-res ourensáns, debido ao abultado do marcador, era notable, o que fixo que o Universidade de Vigo acortara distancias, grazas a dous ensaios dos visitan-tes. Pero, un ensaio de Iago polos ourensáns, transfor-mado por Pelos, devolvía a tranquilidade ao Ourense e cortaba calquera dúbida de que a vitoria quedaría en casa. Marcador final de 36-10 é vitoria con bonus para os ourensáns que se mante-ñen ao fronte da clasifica-ción con 10 puntos, dous de vantaxe sobre o equipo santiagués do Gallaecius que venceu a domicilio ao

Fendetestas. No outro par-tido da xornada, Marean-tes e Ferrol empataron a 19 puntos.

Equipo cadeteUnha vez rematado o

encontro dos sénior, o turno era para os cadetes que recibían ao Universi-dade de Vigo, nun partido amigable que servía para medir as forzas de ambas as dúas escadras de cara a liga que esta a piques de iniciarse.

O encontro estivo igua-lado no primeiro período, e no segundo, os ouren-sáns tiveron máis domi-nio do xogo; froito deste dominio o Campus de Ourense logrou a vitoria por 31 a 17, deixando boas sensacións para o próximo comezo de liga.

Entrada a melé no partido do Campus de Ourense contra o Univerisdade de Vigo.

Movilla conquista o Open Cidade de Ourense de Billar4 É o seu segundo entorchado neste evento.Redacción

Durante tres días (10, 11 e 12 de outubro), Ourense acolleu a sexta edición do Open Cidade de Ourense de Billar onde o ourensán Francisco Movilla alzaría-se co triunfo final. Esta é a segundo vez que Movilla conquista este Open sendo en 2006 a súa primeira vi-toria. Nestas tres xornadas puideronse ver grandes enfrontamentos, que re-frendaron o gran momen-to de forma dos xogadores ourensáns.

Na primeira xornada, o veterán xogador carba-llinés, Juan Cerdeira, o ourensán Francisco Movi-lla e o croata Dennis Kulo-vic, accederían á gran final. Juan Cerdeira demostraba nesta primeira xornada que volve polos seus foros, mentres que o croata pasa-ría sen desplegar un gran xogo pero con suficiencia para superar a ronda.

Na segunda xornada o máximo favorito e xogador da Liga Nacional, Jacobo Martínez, o ourensán Mar-cos Rivera e Adrián Piñei-ro foron os que lograron o pase para a final. Este últi-mo xogador, foi unha das grandes sorpresas, xa que é un xogador recén ascen-dido a 2ªB; Piñeiro realizou un gran torneo vencendo a moitos xogadores de supe-rior categoría e perdendo pola mínima con Jacobo Martínez.

A terceira xornada trae-ría aos últimos clasificados para a final, sendo estes Manuel Sampayo e Pablo García, logrando o seu pase tras ir mellorando co paso das partidas e deixando apeado da final ao ourensán José Manuel Rivero, quen acusou o esforzo e non pui-do dar o seu máximo nivel.

Na fase final, Jacobo Martínez chegaría á final despois de derrotar a Mar-cos Rivera e Pablo García;

no outro cadro, Francisco Movilla facía o propio con Dennis Kulovic e Adrián Piñeiro vencéndoos con fa-cilidade e solvencia (6-1 e 6-3 respectivamente).

Así, Movilla chegaría á gran final, impoñéndose a Jacobo Martínez por 6-4 nun enfrontamento con al-tibaixos dos dous xogado-res e mandando a Jacobo á zona de perdedores. Pola súa banda, Marcos Rivera, na zona de perdedores, ía desfacéndose dos seus ri-vais ata chegar a xogar de novo con Jacobo Martínez con quen perdera nunha ronda anterior; pero nesta ocasión a partida foi para Marcos Rivera, tendo am-bos os dous moitos fallos, polo que accedería á final contra Movilla.

Na final vencería Movi-lla por 6-4 logrando deste xeito o seu segundo título neste torneo e demostrando o bo estado de forma no que se encontra.

Un dos participantes no Open Cidade de Ourense de billar.

Page 10: 28 Out 2010 - Nº21

10 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

BALONCESTO

R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto xoga este venres, 29 de novembro a partir das 21 horas, no Pazo dos De-portes Paco Paz, o partido da sexta xornada que o en-fronta ao Lleida e, no que tentará levarse a vitoria e ver a clasificación con máis tranquilidade.

Os ourensáns levan un partido gañado de cinco disputados e foi no partido da cuarta xornada disputa-do en casa ante o Tarragona e despois de xogar uns pri-meiros 35 minutos nefastos. Os seguintes 15 minutos ata o final do encontro foron outra historia, e os de Paco García lograron remontar un resultado adverso de 17 puntos abaixo. Ao final, 93-85 para un Ourense que

A saír do pozo no Pazo4 Club Ourense Baloncesto tentará gañar contra o Lleida e así ver con máis tranquilidade a clasificación.

parece haber recuperado a Moses Ehambe, desapareci-do nas primeiras xornadas, e que reivindicouse con 23 puntos (cinco triples) e un Mokongo espectacular na batuta da orquestra.

Na quinta xornada, o COB desprazouse ata a Palma volvendo o xogo das primeiras xornadas e sen ter opción de loitar polo triun-fo final, 86-74, e maquillan-do o resultado nos últimos minutos de encontro. Ao re-mate do partido, Paco Gar-cía mostrábase preocupado por como pasou o rival por encima do seu equipo.

Toca LleidaEste venres, 30 de outu-

bro, o COB volta ao Paco Paz para xogar contra o Lleida. Ourensáns e iler-denses están separados

por unha vitoria a favor do equipo catalán -dúas vito-rias do Lleida por unha do Club Ourense Balonces-to-, polo que o partido se presenta emocionante. De gañar os ourensáns verían a luz no tunel e de perder afundiríanse no pozo da clasificación.

Festa SamaínO Club Ourense Ba-

loncesto para este partido invitará aos nenos ouren-sáns, que disporán dun set de maquillaxe para que se maquillen con motivos do Samaín. Tamén terán a merenda de balde.

Os socios entrarán no sorteo dunha bicicleta.

Redacción

O Ourense Capital Termal, ven de gañar na cuarta xornada de liga, no pavillón dos Remedios contra o Universidade de Oviedo nun partido no que o cadro ourensán tivo que empregarse a fondo no último cuarto para dobregar ao equipo asturiano.

Esta é a segunda vito-ria de tres encontros nesta tempada o que o fai ocu-par a sétima posición na clasificación cun partido menos, o que se aprazou no seu momento contra o Chantada. Este partido

xogarase o 15 de decembro no pavillón municipal de Chantada.

Próximo partidoO próximo encontro do

ABO é esta mesma semana, sábado 30, en Ferrol contra o Recinor Ferrol, equipo que ocupa a segunda posi-ción e conta os seus catro partidos por vitorias.

A afección do ABO vol-verá ver ao seu equipo nos Remedios o domingo, 7 de novembro, a partir das 12.15 horas, e medirase ao Beirasar Rosalía, escadra que é penúltima na liga e aínda non coñece a vitoria esta tempada.

ABO

Ourense Capital Termal vence pero non convence4 Gaña no último cuarto.

Arco loitando por un balón fronte ao Murcia./R.T.

Page 11: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

11BALONCESTO

Cita coa esperanza4 O Codigalco Carmelitas aínda non coñece a vitoria no que vai de tempada.R. Torres

Universitario de Fe-rrol, Arranz-Jopisa Bur-gos e Aguere foron os tres conxuntos que ata o de ago-ra conseguiron vencer, con maior ou menor dificultade, ao Codigalco Carmelitas nas primeiras citas do Cam-pionato Nacional de Liga Feminina 2.

Como visitantes na pri-meira xornada e anfitrio-as nas dúas seguintes, os tres encontros desputados polo Codigalco depararon o mesmo desenlace, pero distinta imaxe. Mentres ante o Universitario de Fe-rrol as colexialas ofrecían un desafortunado arranque ligueiro no que o resultado final de 72-40 dicíao todo, ante o Arranz-Jopisa Bur-gos mostraban que tamén saben pelexar e porllo difí-cil ata a quen o da todo por gañado xa antes de comezar o partido; de feito a tan só tres segundos para o remate as ourensás tiñan a vitoria na man, pero unha acerta-da e determinante canastra das burgalesas obrigaba a alongar ata a prórroga un encontro que a partir do terceiro cuarto comezou a ser controlado polas lo-cais. Lamentablemente, os seis puntos de vantaxe que acadou o Arranz ao come-zou do tempo de desconto marcaron o resto do mesmo

e sentenciaron a cita, ante un Codigalco que a pesar da derrota saía do primeiro acercamento coa súa afi-ción co bo sabor de boca que deixa un partido com-petido.

Sen embargo, a moti-vación que gañaron as ourensás a raíz desta oca-sión non foi suficiente para contrarrestar os erros que o conxunto segue a repetir en defensa e unha semana despois non eran quen de facer fronte ao Aguere (Is-las Canarias). Sempre por detrás no marcador, che-gando incluso a sufrir unha diferenza de 33 puntos, as locais trataron en todo mo-mento de acortar distancias ou, como mínimo, de non porlle as cousas sinxelas ás canarias, pero o tempo non foi suficiente e o encontro finalizaba cun demasiado contundente 46-68.

Tres derrotas que non alimentan en exceso o op-timismo, pero que si deben de servir para solventar as carencias do equipo e loitar por escribir o maior número posible de vitorias nas páxi-nas aínda en branco deste campionato.

A última incorporaciónA pasada semana uníase

ao equipo colexial Noelia Oliva, base/escolta de 1,75 m que durante a tempada anterior militou no Obena-

Unha cara e dúas cruces4 O Pabellón feminino ven-ceu no primeiro dos tres en-contros disputados ata a data.R. Torres

O Pabellón feminino co-mezou esta tempada 2010-2011 cunha vitoria e dúas derrotas nas tres primeiras xornadas disputadas ata a data. Se ben é certo que o ano pasado non consegui-ron a primeira vitoria ata a xornada 11.

Nesta tempada a pri-meira vitoria chegaría no primeiro encontro e a domicilio contra o Uni-versidade de Valladolid (51-67), para unha sema-na máis tarde no debut ante a súa afección o Pa-bellón caera no primeiro encontro como local ante o Valbusenda por 63-78. A terceira xornada faría desprazar as ourensás ata Santiago para enfrontarse ao Pío XII e de novo saíron

derrotadas por 20 puntos de diferenza (67-47) ante as líderes provisionais da Liga Feminina 2. Actualmente as de Lisardo Rodríguez son novenas cunha vitoria de tres posibles.

Este sábado 30 de ou-tubro, as ourensás volven aos Remedios diante da súa afección no partido da cuar-ta xornada que as enfrontará ao Arxil que ocupa a sétima posición e ten as mesmas vitorias e derrotas, 1-2, que as pabellonistas.

O Pabellón recibe en Os Remedios ao Arxil este sábado, 30 de outubro ás 20 horas

sa Navarra, co que viviu o ascenso a Liga Feminina e acadou unha media de 20 MPG (minutos por partidos gañados) e 6,3 PPG (pun-tos en partidos gañados). Anteriormente, xogou no UniCaja Canarias, Cáceres e Burgos; debutou na Euro-liga en 2007; e foi interna-cional Sub-20 e Sub-18 coa Selección Nacional. En de-finitiva, unha das xogadoras de LF2 con mellor currícu-lum e peza chave para que o conxunto ourensán logre materializar o seu proxecto deportivo para este ano.

Con Noelia Oliva son xa tres as internacionais que defenden as cores do Car-melitas na actualidade (ela e Míriam Bolivar por Es-paña e Beata Gullberg por Suecia).

Vindeiros encontrosO sábado 30 de outubro

o Codigalco ten a seguinte oportunidade para estrearse

como gañador nesta tem-pada na cancha do Coelbi Bembibre PDM. E o día 6 de novembro acompañara-se de novo do seu público no Polideportivo Vedruna para recibir ao Aros Leon.

O 6 de novembro, ás 19.30h. Carmelitas - Bembibre no polideportivo Vedruna

Partido desta tempada do Carmelitas na casa. /RAMSÉS

Partido disputado en Ourense entre Pabellón e Valbusenda. /RAMSÉS

Page 12: 28 Out 2010 - Nº21

12 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

de por medio cun gol de Bea a falta de catro minu-tos para o final do encontro, nunha xogada iniciada por Eva desde a súa portería. A partir dese momento, Code-so optou polo xogo de cinco de campo pero o marcador permanecería invariable ata o final do encontro.

PONTE - CIDADE

Ourense é único polo seu “Ponte” e polas “Burgas”4 Ponte Ourense lévase o derbi contra o Cidade de As Burgas nun encontro moi vibrante tanto dentro como fóra da cancha.

R. Torres

Tres cousas diferenzan a Ourense: a ponte Romana, o Santo Cristo e As Burgas fervendo auga. Destas tres señas de identidade da nosa cidade, dúas son represen-tadas á perfección polos nosos equipos femininos de División de Honra; o Ponte Ourense e o Cidade de As Burgas, que disputaron o

primeiro derbi ourensán na máxima categorìa do fútbol sala español.

Partidazo o vivido no pavillón dos Remedios de Ourense ante a presenza de máis de 1.000 afeccionados nas bancadas animando a ambas as dúas escuadras, na quinta xornada da Di-visión de Honra do fútbol sala feminino.

O partido, aínda que as xogadoras non desplegaron toda a súa calidade na can-cha, foi dunha gran inten-sidad, marcado sobre todo polo respecto mutuo. As xogadoras de Manuel Cas-tillo, tentaban levar en todo momento a iniciativa do balón e controlar o tempo

do partido; pola súa banda, as de Manolo Codeso sa-bían como tiñan que xogar e esperaron ben asentadas atrás ás pontinas para ata-car en rápidos contagolpes tralo roubo do balón ou en saques lonxanos por parte da porteira Nati.

No comezo do partido as dúas escuadras medían as súas forzas, algo normal nun partido destas carac-terísticas no que os dous conxuntos queren obter un bo resultado diante da súa afección e, pouco a pouco, o balón estaría máis do lado pontino aínda que sen máis ocasións de cara ao gol que as do Cidade. No minuto nove, a veterana Sonia Pa-

cios era expulsada por do-bre amarela o que fixo que as de Codeso xogaran du-rante dous minutos cunha xogadora menos; esta supe-rioridade non se viu reflec-tida no marcador e volvía a igualdade no número de xogadoras en pista. Can-do todo parecía que irían aos vestiarios sen estrear o marcador, Laura adiantaría ao Ponte Ourense aprovei-tando un centro de Ampi ao segundo pao, despois de xo-gada persoal da andaluza.

Segundo tempoNo segundo tempo, o do-

minio foi de novo para as de Castillo e refrendouse aos cinco minutos da re-anudación cun novo tanto a cargo de Ampi de dispa-ro cruzado. Pero o Cidade continuaba co seu xogo e esperaba a súa oporunida-de, que chegaría no minuto 28 de encontro con Vanesa como goleadora -sería o seu noveno tanto en liga- tras xogada de Iria cun centro ao área para que Vanesa tan só tivera que deslizarse para golpear o balón e que entrara na portería de Eva Tamayo, quen non puido evitar o tanto.

Cando máis intenso es-taba o encontro, unha nova expulsión das do Cidade, esta vez era Laura por do-bre amarela, facía estar de novo en superioridade ao Ponte Ourense, quen des-ta vez non desaproveitou a oportunidade e puxo terra

Laura e Vanesa en dura pugna por un balón. /RAMSÉS

Máis de 1.000 persoas enche-ron as bancadas da cancha cen-tral dos Reme-diosTanto Ponte como Cidade xogan como locais ás 17 horas no pavillón municipalAs bancadas estiveron cheas de afeccionados dos dous conxuntos que non se perderon nin un so detalle. /RAMSÉS

Estatísticas do encontro:Ponte Ourense: Eva,

Ampi, Laura, Marta e Sa-rita (cinco inicial). Tamén xogaron, Bea, Anita e Sou-za.

Cidade de As Burgas: Nati, Peque, Sonia, Iria e Laura (quinteto inicial). Ta-mén xogaron, Vanesa, Ma-ría Arias e Raquel.

Pabellón Los Remedios. Máis de 1.000 espectado-res.

Tarxetas:Cartulina amarelas para

Sara e Marta no Ponte e con amarela tamén a Peque, Nati e Iria do Cidade

Expulsadas por dobre amarilla Sonia (9’), Laura (30’) do Cidade de As Bur-

gas además do técnico do Cidade Manolo Codeso.

Goles:1-0, min. 20 Laura2-0, min. 25 Ampi 2-1, min. 28 Vanesa 3-1, min. 36 Bea

Page 13: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

13PONTE - CIDADE

4 As notas do encontroSobresaínte: Ás bancadas (pero só durante o encontro). Máis de 1.000 afeccionados nas gradas da cancha cen-tral do pavillón dos Remedios. Que siga así o espectá-culo.Notable: Á porteira do Ponte, Eva Tamayo, segura du-rante todo o encontro, só encaixou un gol ante o que non tivo nada que facer.Ben: Ao plantexamento de Manolo Codeso. Soubo en todo momento como tiñan que xogar as súas pupilas e estivo cerca de dar a badalada. Ben asentadas en defen-sa e buscar en contras as sùas oportunidades.

Aos dous conxuntos, a pesar de non mostrar os dous equipos todo o potencial que teñen houbo intensidade e emoción; gañou o favorito pero o Cidade demostrou que é un equipo con presente e futuro.Aprobado: Ampi e Vanesa. Novo partido e nova cita co gol de dúas das máximas artilleiras do fútbol sala feminino.Suspenso: Á expulsión de Sonia Pacios. A veterán do Cidade non pode saír do partido aos nove minutos de xogo por unha tarxeta absurda. Os galóns téñense que notar neste tipo de encontros. Ela é a “alma mater” do conxunto e era unha boa ocasión para demostralo. Se-guro que lle esperan tardes mellores.

R. Torres

Ao final do partido afec-cionados dos dous conxun-tos enzarzáronse nunha dis-puta dialéctica que rematou con algún que outro empu-rrón. Os nervios afloraron e non souperon conter tanta emoción que nos brinda-ron os nosos dous equipos representativos da nosa ci-dade na máxima categoría do fútbol sala feminino. Por que os dous son ourensáns e os dous nos representan.

O marabilloso das gradas durante todo o encontro, estaban cheas de afecciona-dos moi animosos, non se pode empañar por que catro persoas se pelexen polas súas cores. Non se pode permitir que o traballo de Castillo e de Codeso coas súas xogadoras se empañe porque uns traspasen o lí-mite da súa paixón. Dúas cousas temos que recordar: 1. Que eran dous equipos irmáns os que estaban na Laura e Vanesa en dura pugna por un balón. /RAMSÉS

4 Incidentes na bancadacancha loitando pola vito-ria. 2. Nas bancadas había moitas xogadoras dos filiais de Cidade e de Ponte polo que non se lle pode amosar unha escea tan fea como a ocorrida ao final do encon-tro, xa que podemos botar por terra o traballo de ade-stradores, monitores, edu-cadores... que nestes dous conxunto é moi bo.

Que este partido sirva para crear afección ao fút-bol sala feminino na nosa cidade, que o temos e do bo, do moi bo, e poidamos ver cada sábado ás 17 ho-ras (ou a Cidade ou a Ponte xogan ese día a esa hora, que é cando o fan como locais), as bancadas dos Remedios cheas de afec-cionados como estiveron no derbi. O espectáculo por ambos os dous conxuntos está asegurado, creanme! E esquezámonos de rencillas malas compañeiras que non nos sirven de nada nin nos levan a ningún lugar.

Sarita fai un regate ante a presenza de Laura e Peque. /RAMSÉS

Iria despraza o balón presionada por Laura. /RAMSÉS

Unidas polo golRedacción

Ampi (Ponte Ourense) e Vanesa (Cidade de As Bur-gas, seguen co seu estado de gracia de cara ao gol.

No que levan de tempada marcaron en cada partido e neste non fallaron á cita. Un gol para cada unha delas.

Ampi e Vanesa.

Page 14: 28 Out 2010 - Nº21

14 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

POLIDEPORTIVO

Con opcións para a fase final4 Disputouse a segunda xornada do interautonómico e o Ma-bel mantén opcións de clasificarse para a fase final.R. Torres

Despois de dúas xornadas disputadas e as retiradas da competición dos equipos de Oporto e Finisterre, o equipo ourensán do Marbel ocupa a sétima posición de 16 conxuntos participantes, con opcións de meterse na fase final, na que entran os catro primeiros clasificados da primeira fase. O repre-sentante ourensán rematou unha segunda xornada de forma satisfactoria para os seus intereses de meterse na fase final, que, de ocurrir, sería a primeira vez que o consigue.

O representante ouren-sán, que dirixe o Mestre 6º Dan, Manuel Montero, completou unha gran xor-nada. Con Miguel Álvarez lesionado, Zeus Herrero, Cristian Alvarez, Felipe Iglesias e Isols Mayáns, máis o suplente Guillermo Otero, certificaron unha boa xornada con catro vitorias de seis posibles; 3 vitorias a unha contra o Manhen-te portugués, 4-0 contra el Jiu Jitsu Coruña, 3-1 contra el Parque Sport Valladolid e 4-0 ao Famu Vigo C. As derrotas foron contra o in-tratable Arteixo (1-3) e un empate (2-2) contra o Judo Club Coruña B solucionado a favor dos visitantes por puntos (12-20).

O Marbel tiña sete vitorias pero as baixas de Oporto e

Finisterre fan que o equipo da vella Auria quede con cinco vitorias, un empate e tres derrotas, xa que se lle retiraron as vitorias logra-das ante estes dous conxun-tos. O conxunto dirixido por Manuel Montero está a dous encontros gañados dos postos que dan acceso á de-vandita fase final.

O sábado, 30 de outubro, disputarase a última xorna-da da fase regular na que os ourensán terán que botar toda a carne ao asador se queren alcanzar unha das catro primeiras posición para chegar á final.

Esta liga interautonómica reúne a 18 equipos mascu-linos (agora son 16 tralas baixas citadas anteriormen-te) e 16 femininos de Gali-cia, Asturias, Castilla León e Portugal, accedendo áron-da final os catro mellores.

Combate de Christian Álvarez na Liga Interautonómica.

4 Randori Internacional250 nenos de Galicia e Portugal participaron no Ran-

dori Internacional que tivo lugar no polideportivo do Campus de Ourense e, pechando desta forma a Copa Deputación 2009-2010.

Esta reunión de judokas non ten caracter competitivo para os rapaces que participan nela e o que se preten-de con ela é estimular unha boa técnica e aprendizaxe do Judo ademais de valores como o compañerismo, a xenerosidade, a diversión e a disciplina. Nesta edición, pioneira polo tipo de formato do evento, participaron 18 equipos galegos e 3 portugueses. Para próximas citas agárdase contar cun maior número de rapaces de toda Galicia e Portugal.

4 Ana Fernán-dez, cinturón negro de judo

A judoka de ximnasio Marbel Ana Fernández Morais, aprobou a pasada fin de semana en Santia-go o examen de Cinturón Negro de Judo, tras de-mostrar os seus coñece-mentos ante un tribunal da Federación Galega. É a terceira ourensá que o acada.

Redacción Máis de 80 tiradores

participaron a pasada fin de semana no Campionato Galego de Aire Compri-mido disputado no Club de Tiro de As Eiroás.

En pistola, categoría ab-soluta, Gervasio Murado Linares, de Lugo alzouse co triunfo batendo aos favoritos nunha disputa-dísima final; Carlos Igre-xas Pérez de Pontevedra gañou a medalla de prata e Darío Proscia Penado de Coruña quedou terceiro. O ourensán Manuel Mar-tínez Varela clasificouse en cuarta posición a tan só sete décimas do primeiro.

En carabina, catego-ría absoluta, o tirador de Ourense Jorge Encinas Arnau gañou o campio-nato por terceiro ano con-secutivo desde a súa volta ás canchas de tiro; os co-ruñeses Antonio Casal rei e Jesús García Parada ob-tiveron a prata e o bronce respectivamente.

Numerosa foi a parti-cipación en pistola aire damas, na que Manuela Garabal gañou con auto-ridade a pesar de non ter podido adestrarse para o campionato. A tamén ourensá Nuria Mera Ca-rrión quedou segunda e Maria José Arevano da Coruña obtivo o bronce.

Pola súa banda o tirador ourensán Enrique Dorrio gaño o campionato en pis-tola categoría veteranos B.

O campionato contou con numerosa participa-ción, máis de 80 tiradores

das catro provincias gale-gas e a organización estivo á altura das circunstancias. As tiradas desenvolvéronse durante a mañá e boa par-te da tarde do domingo 24 e contaron coa presenza do concelleiro e xefe do servi-zo de Deportes da Xunta en Ourense, Mario Guede.

Mellora das instala-cións

Durante a entrega de tro-feos o presidente do Club de Eiroás, Celso Parga, anunciou as próximas obras de mellora das instalacións do campo de tiro, o que no futuro permitirá a organiza-ción en Ourense de campio-natos de ámbito nacional e de modalidades de tiro para deportistas discapactiados, todo iso grazas á colabo-ración económica da De-putación e do Concello de Ourense.

Eiroás acolleu o Campionato Galego de Aire Comprimido4 Participaron máis de 80 ti-radores.

Un momento da competiciónd de pistola. /J.ENCINAS.

Manuela Garabal, gañado-ra en pistola./J.ENCINAS.

Page 15: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

15PUBLICIDADE

Page 16: 28 Out 2010 - Nº21

16 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

POLIDEPORTIVO

R. Torres

A sección Máster do Club Natación Pabellón colleitou grandes éxitos sobre todo grazas aos irmáns García Colomo, Cristina e Manuel, na primeira tempada na que participaron en competi-cións. A sección contaba na tempada 2010 con catro in-tegrantes e esperan que esta cifra se triplique chegando aos 12 integrantes como mínimo, en idades que van desde os 30 ata os 80 anos.

ÉxitosMaría Cristina rematou a

tempada con 5 ouros, 2 pra-tas e 1 bronce nos campio-natos de España, de inverno e de verán (celebrados en Castellón e Badaxoz). Nos

campionatos galegos (in-verno en Pontevedra e ve-rán en Ponteareas) logrou 6 ouros. Na actualidade ten 9 récords galegos, 4 en pisci-na de 25 e 5 en piscina de 50 metros; mentras que no ránking nacional é primei-ra en 400 estilos (piscina de 50 metros), segunda en catro probas en piscina de 25 metros e terceira nunha proba de 25 metros e outra de 50.

Pola súa banda, Manuel Colomo, a pesar de ter que pasar polo quirófano este ano, os seus éxitos foron moi destacados. 3 ouros, 2 pratas e 3 bronces nos campionatos de España, de invierno e verán, e 6 ouros nos dous campionatos gale-gos, avalan o traballo deste

ano. Manuel ten 3 récords nacionais en 800 e 1500 libres e 200 mariposa en piscina de 25 metros, ade-mais de 28 récords galegos (18 en piscina de 50 e 10 en piscina de 25 metros). No ránking nacional é primeiro en 200 bolboreta e 400 esti-los, tanto en piscina de 25, como de 50 metros, segun-do en 800 libres piscina 25 e 200 braza en piscina de 50 e terceiro en 100 bolboreta e 200 estilos en piscina de 25 metros.

Os outros dous inte-grantes do Máster do Club Natación Pabellón, Ana Pereira e Mario Marcilla completaron os campiona-tos galegos de inverno e ve-rán con varios medallas nos seus pescozos.

Éxito na primeira tempada4 A sección Máster do Club Natación Pabellón, a pesar de contar na primeira tempada con só catro integrantes.

Redacción

A Xunta de Goberno Lo-cal aprobou a continuida-de do programa formativo “Basket and English, the Willie Ladson Program” que se impartirá por ter-cer curso consecutivo en centros públicos da cida-de en colaboración coa Concellería de Educación. Para o curso escolar que comeza, aprobouse a am-pliación da impartición do curso formativo de Willie Ladson en dous novos centros, CEIP O Couto e CEIP Curros Enríquez.

O programa consiste no emprego do inglés como ferramenta de comunica-ción e desenvolvemento dunha actividade deporti-va como é o baloncesto, e complementario coas ensinanzas regladas do Ministerio de Educación e da Xunta de Galicia. Des-

Tempada 2011Ademais de incrementar

o número de licencias para esta tempada, o club conta con participar en todas as competicións tanto a nivel galego como nacional.

O Campionato de Espa-ña de inverno celebrarase en Pontevedra e a inten-ción do equipo ourensán é a de levar un número importante de competi-dores do club para tentar traer un gran número de medallas tanto en cate-goría individual como en relevos.

Os nadadores xúntanse os mércores na piscina de 50 metros do pavillón municipal para adestrar xuntos.

te xeito, a Concellería de Educación reafirma a súa aposta por dous pilares bá-sicos da formación íntegra dos mozos na actualidade: o deporte e a aprendizaxe de idiomas.

A mellora do traballo en equipo e a capacidade de concentración son algun-has das premisas do pro-grama, mentres melloran o seu inglés dun xeito ameno. Na edición 2010-2011 que comeza, participarán catro centros educativos da ci-dade: CEIP Irmáns Villar, CEIP A Ponte, CEIP Curros Enríquez e CEIP O Couto, en grupos de 16 alumnos cada un.

Neste curso participan un total de 120 alumnos que cumplimentaron as súas so-licitudes nos primeiros días de clase, de xeito que na primeira semana de inicio da actividade tiñan comple-tas as prazas ofertadas.

Redacción

O Team Mayador con-tinúa colleitando éxitos e, na XIX subida á Sale-ta, José María Magdaleno pilotando o Renault Sport Mègane Trophy alcanzou a segunda plaza na súa clase ademais de cuarto en carrozados e decimo-primero da xeral, a pesar de que as condicións do seu Renault Sport Mègane Trophy non eran as ideais para este tipo de subida.

Magdaleno mostrába-se satisfeito co resultado sabedor das súas dificul-tades, sobre todo na saí-da, con respecto aos seus rivais.

A recuperada subida á Saleta en terras de O Car-balliño foi todo un éxito de participación e público asistente ao evento, facen-do volver a Vila do Aren-teiro ao calendario galego auomobilístico.

CitasO Team Mayador comeza

a traballar nas súas próxi-mas citas, que nesta ocasión terán os circuítos como pro-tagonistas. A primeira será no Jarama coas Ecoseries RACE e a segunda en Mo-torland Aragón co Caste-lán-Manchego de Velocida-de en Circuíto, poñendo fin deste xeito á tempada 2010 do Team Mayador.

O Concello apoia o “Basket and English”

Magdaleno segundo en A Saleta4 Na súa clase.

Magdaleno na subida á Saleta.

Sección Máster do Club Natación Pabellón.

Page 17: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

17POLIDEPORTIVO

O Gálmedica “A” recibe este sába-do ao pechacan-celas, Cinania, no Paco Paz, ás 17 horas

O Galmédica Ourense colleita vitorias por partida dobre4 Tanto o primeiro coma o segundo equipo, acadaron a vito-ria nesta xornada.

Redacción

Os dous equipo que ten o Galmédica Ourense de Tenis de Mesa colleitaron a vitoria nesta xornada. O “A” impúxose a domici-lio ao Mercantil de Vigo por un axustado 3 a 4, nun

encontro que resolveuse no sétimo partido, no de dobres cando a igualdade era a tónica do encontro. A parella ourensán formada por Ramón Becerra e Juan Angel Ferreiro impoñíase por 3 sets a 0 á parella vi-guesa, desfacendo o empate

que había no marcador ata ese momento. Coa vitoria ante o Mercantil, o Gal-médica ocupa a metade da táboa, cuarto clasificado, da 2ª División Nacional do Tenis de Mesa, empatado a puntos cos tres primeiros da clasificación. Na próxima xornada, a cuarta, o cadro ourensán recibe ao farolillo vermello, o Cinania, quen aínda non sabe o que é a vi-toria nesta liga.

O “B” invictoSe a sorte lle sorrí ao

equipo “A”, mellor aínda pintan para o “B”, que nas catro primeiras xornadas si-túase como líder da 3ª Divi-sión Galega contando todos os partidos por vitorias. A última ante o Monteferrei-

I Open de pádel “La posada de los monjes”Redacción

O I Open de pádel “A pousada dos monxes” le-vouse a cabo entre os días 15 e 23 de outubro, nas instalacións do complexo deportivo Fitness-Place de Ourense.

Cun total de 26 parellas en competición, tanto en categoría masculina, como feminina e mixta, o torneo foi un éxito tanto de parti-cipación coma polos nume-

rosos espectadores que acu-diron ao evento. Os premios entregáronse na cervexaría “A pousada dos monxes”, xunto cun sorteo de material deportivo para os asistentes.

GañadoresOs gañadores do torneo

foron Federico López e Ra-món Rodríguez, mentres que no cadro de consola-ción impúxose a parella formada por Javi Salgado e Diego Formoso.

Javi Salgado e Diego Formoso vencedores da final B.

ros de Tomiño (Ponteve-dra) no Paco Paz au que venceu por un inapelable 7-0. O equipo ourensán non só vence, senón que ademais, non perdeu un só set no que levamos de liga -28 partidos gañados por ningún perdido-, polo que, a pesar de estar nos primeiros compases desta tempada, o equipo filial do Galmédica está chamado a ser un dos que ascenda á 2ª División Galega.Compoñentes do Galmédica “B”.

Page 18: 28 Out 2010 - Nº21

18 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

CIDADE DE AS BURGAS

Loitan ata o último segundo cada partido4 O Cidade de As Burgas perde en Zaragoza vendendo cara a derrota.R. Torres

O recén ascendido, Cida-de de As Burgas, á División de Honra do fútbol sala fe-minino, está a descubrir o complicado desta liga. Na pasada xornada caeu ante o Zaragoza, que levaba tres xornadas sen gañar. As de Manolo Codeso teñen claro que terán que loitar moito nesta camapaña se queren manter a categoría e por iso, non dan un encontro por perdido ata o pitido final. No partido contra o Zara-goza, as ourensás chegaron a ir tres abaixo no marcador (3-0) nos primeiros minutos

de encontro, pero o empuxe do equipo das Burgas lo-grou empatar a contienda antes do descanso (Sonia poría as táboas no marca-dor segundos antes do final do primeiro tempo que se sumaría aos tantos de Iria e Vanesa anotados anterior-mente).

Na segunda metade, as alternancias sucedíanse en ambas as dúas porterías, puidendo calquera dos dous conxuntos adiantarse no marcador. Pasada a meta-de do segundo tempo, as locais volvían adiantarse e cando Codeso optara polo xogo de cinco, un novo

4 Vanesa pichichiA xoven xogadora do Cidade de As Burgas, Vanesa, e a máxima arti-

lleira da liga con 11 tantos. Vanesa está igualada en goles a xogadoras tan contrastadas como a pontina Ampi e Sofía do Navalcarnero todas elas con 11 dianas.

O mérito é maior desta xogadora ourensá se se ten en conta que esta é a súa primeira participación na máxima categoría na División de Honra do fútbol sala feminino.

tanto das mañas poñía terra de por medio. Cando todo parecía que estaba decidi-do, un novo tanto de Iria para o Cidade, facía volver a emoción ao partido que, acto seguido, Sareta de do-bre penalti, convertiriao en espellismo e quedarían os tres puntos en liza en terras aragonesas.

Parón e volta aos Reme-dios

Despois do parón que terá lugar esta fin de sema-na, o Cidade retoma a com-petición o próximo mes de novembro, concretamente o sábado, día 6, a partir das

17 horas na cancha central dos Remedios; o rival será o correoso Valladolid que está de cuarto con 15 pun-tos. O Cidade é décimo con nove puntos no seu casi-lleiro nestas sete primeiras xornadas, unha boa colleita de puntos se temos en con-ta que xa se enfrontou con rivais que están chamados o loitar pola liga como o Móstoles, Ponte Ourense e Atlético de Madrid (os tres son os primeiros da clasificación), ademais de Córdoba, Rioja, Murcia e o Zaragoza.

Xogada do último encontro disputado en casa polo Cidade ante o Rioja. /J.R.

O Cidade de As Burgas, aos poucos minutos ía perdendo en Zaragoza pero antes do descanso logrou empatar o encontro. Na segunda metade o partido decantouse do lado local por un 6-4

Esta fin de semana non hai liga na División de Honra polo compromiso da selección españolaO Cidade volta aos Remedios o sábado, 6 de novembro a partir das 17 horas contra o Valladolid

Page 19: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

19FÚTBOL SALA

O próximo encontro en casa é contra o Atlético de Madrid Navalcarnero o sábado, 13 de novembro ás 17 horas, nos Remedios

Invictas na liga4 O Ponte Ourense continúa invicto na Divi-sión de Honra trala vitoria contra o Femesala Elche.R. Torres

Invictas, así é como se-guen as xogadoras do Ponte Ourense despois da disputa da sétima xornada da Di-visión de Honra. A última vítima, o Femesala Elche non lles puxo as cousas nada fáciles ás pupilas de Manuel Castillo. O partido presentábase como unha oportunidade de aventaxar na clasficicación en oito puntos a unha das rivais directas de cara a consecu-ción do título polo que o espectáculo estaba servido. O Ponte comezou adian-tándose no marcador cun gol da goleadora do cadro pontino, Ampi. Froito des-te gol, as pontinas encon-trábanse máis cómodas no parquet pero o Elche ten-

Ampi bate a Mónica, a porteira do Femesala Elche. /RAMSÉS

taba buscar a igualada que chegaría minutos máis tar-de, tras unha perda de balón de Sara. Sería a propia Sara a que enmendaría o seu erro e a portería ilicitana de for-te disparo de fóra da área. Con este resultado de 2-1 chegaría ao descanso.

Na reanudación, as de Castillo seguían dominan-do o partido; este dominio reflectíuse no marcador con dous tantos, e novamente Ampi e Sara como protago-nistas, o gol de Sara desde o campo propio ao roubar un balón e golpear cara a portería baleira, aprovei-tándose de que Maravillas optara por xogar con cinco de campo. O Femesala, lon-xe de amilanarse, seguía presionando con cinco xo-gadoras ante o cadro local

e, froito desta presión che-garía o segundo gol visitan-te para metelas de novo no partido. Pero Ampi, instan-tes máis tarde completaría o seu “hat trick” cun novo tanto despois de sentar á porteira visitante. Cando todo parecía perdido para o Elche, Maravillas seguía confiando no xogo de cinco e a constancia dunhas e o cansancio das outras levou a que as levantinas deran a volta ao marcador e logra-ran o empate nas postri-merías do encontro. Canto todo parecía que os dous conxuntos se repartirían os puntos, Laura rematou unha contra de potente dis-paro que elevaría o 6-6 ao electrónico e daría ao Ponte unha nova vitoria, a sétima desta liga.

Con este resultado, o Ponte Ourense non coñece a derrota nesta liga e ocu-pa a segunda posición -21 puntos- cos mesmos puntos que o Móstoles, sendo as madrileñas primeiras pola diferenza de goles.

Esta semana hai parón na División de Honra do fút-bol sala feminino, polo que Ponte Ourense reanuda a competición o sábado, 6 de

novembro, contra o colista, Campillos, no seu feudo. O próximo encontro na casa terá lugar o 13 de novem-bro, contra terceiro clasifi-cado, o Atlético de Madrid Navalcarnero, no que será un dos partidos da xorna-da. O equipo madrileño é terceiro a tres puntos dos líderes Móstoles e o propio Ponte Ourense.

Ampi, goleadoraA xogadora andaluza do

Ponte Ourense, Ampi é a máxima goleadora de equi-po ourensán e da liga. Hon-ra que comparte con Vanesa do Cidade e Sofía do At. de Madrid Navalcarnero.

Ampi, leva 11 goles en sete partidos polo que a súa adaptación ao equipo ourensán foi total en moi pouco tempo, demostrando o acertado da súa fichaxe.

Entrada sobre Sarita dunha xogadora do Femesala Elche. /RAMSÉS

4 Ampi, Sara e Laura, convocadas coa selección

As xogadoras pontinas, Ampi, Sara e Laura son con-vocadas polo seleccionador José Venancio López para disputar un encontro amigable contra un combinado de xogadoras da rexión de Murcia, que se disputará o día 30 de outubro en Totana. Os dous partidos previstos contra a selección de Ucrania foron suspendidos.

Ampi rematando a portería. /RAMSÉS

Page 20: 28 Out 2010 - Nº21

20 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

ACTUALIDADE

A Xunta de Galicia investiu catro millóns de euros en instalacións deportivas por toda a provincia4 Tamén se compreometeu a construir un polideportivo de ximnasia en Mariñamansa.R.B.

Rogelio Martínez, como delegado da Xunta de Ga-licia en Ourense, anunciou o compromiso por parte da institución autónoma de construir un polideportivo de ximnasia en Mariñaman-sa coa intención de que sexa un referente en toda Galicia para a práctica deste depor-te. Para iso, o concello de Ourense debe ceder os te-rreos precisos mediante un convenio para que se leve a cabo a obra, que se estima terá un orzamento de tres millóns de euros.

Para o delegado territorial, que se faga este polidepor-

tivo en Ourense é moi im-portante e unha débeda con este deporte en Ourense, xa que desta terra saíron im-portantes ximnastas como Marta Bobo, Pino Díaz, Adita Pazos, Luis Roales ou Silvia Alonso, ademais dos actuais Daniel Pérez e Yael Campelo e Carlos Tri-go en sub-14 que participan en numerosos campionatos con moito éxito. Na provin-cia, a ximnasia conta con escolas deportivas en Riba-davia, Carballiño e Allariz, ademais Ourense conta coa Federación Galega de Xim-nasia, polo que en palabras de Martínez “hai que res-postar tanta demanda”. Coa

creación deste polideporti-vo prevese que nel se poida acoller campionatos nacio-nais e internacionais.

Investimento en toda a provincia

Durante todo o 2010, o delegado territorial asegu-rou que a Xunta fixo un in-vestimento de máis de catro millóns de euros en obras de construción, mellora, acon-dicionamento e reforma de instalación deportivas, ad-quisición de equipamentos deportivos, convenios cos concellos e adquisición de aparellos biosaudables. As accións que tiveron lugar neste ano foron numero-

sas, como pas melloras que se desenvolveron no complexo de Monterrei, onde se pechou o campo de atletismo e obras para o mantemento das pisci-nas. Tamén no campo de O Couto onde se levaron a cabo obras de mellora, así como arranxo de ves-tiarios e caldeira. Tamén se adxudicaron as obras para reformar as gradas do estadio de O Couto. En total foron 30 os concellos que firmaron convenios coa institución autonómica beneficiándose de dotación de mobiliario, reparación de piscinas, construción de pistas polideportivas, de pistas de padel, arranxos de vestiarios, creación de circuítos de skate e pati-naxe, creación de rutas de sendeirismo, construción de ximnasios, de campos de fútbol, e acondiciona-mento de instalacións, en-tre outras accións.

Mario Guede e Rogelio Martínez na rolda de prensa explicando as actuacións da Xunta no 2010. /RAMSËS

Coa creación do polideportivo de Mariñamansa prevese acoller campionatos nacionais

O Concello reparte bolsas de axuda4 Recibíronas 35 deportistas.R. B.

O Concello de Ourense por medio do Consello Municipal de Deportes fixo entrega a 35 deportis-tas ourensáns das primei-ras axudas que esta insti-tución concede de forma individual a deportistas da nosa provincia.

Desde o Concello con-cedeuse a bolsa a todo aquel deportista que pre-sentou a solicitude e cum-

pría os requisitos esixidos polo Consello Municipal de Deportes.

Deportistas de discipli-nas como natación, wushu, xadrez, atletismo, halterofi-lia, kickboxing, ximnasia, billar, automobilismo ou raids foron os beneficiarios destas axudas que oscilaron entre os 1.062 euros con-cedidos ao xadrecista Iván Salgado e os 172 euros para o nadador Rubén Rodrí-guez.

R. B.

A plataforma cidadá “Campo de herba artificial xa” de Ribadavia mantivo unha reunión co alcalde da localidade e o seu con-celleiro de Deportes para informarlles sobre as xes-tións realizadas coas dis-tintas institucións públicas. O alcalde, pola súa banda, explicou que non pode

asumir o 50% de inversión da obra, pero que, acepta-rá o convenio que firmen a Xunta e Deputación Pro-vincial, sendo esta actitu-de valorada positivamente pola plataforma. A platafor-ma confía plenamente nos compromisos adquiridos, e, velará, para que non se demore no tempo, debido á necesidade e urxencia desta instalación.

Ribadavia quere un campo de herba artificial

Beneficiarios das axudas cos concelleiros de Deporte e Cultura, Varela e Pérez, respectivamente. /RAMSÉS

Redacción

A pasada fin de semana, o Campus de Ourense orga-nizou unhas xornadas sobre Deporte e Saúde na sede social da Fundación Caixa Galicia.

PonentesNas ponencias estiveron

xente moi destacada no seu

ámbito, como Juan Francis-co Marcos Becerro, falando sobre “Exercicio, saúde e lonxevidade”; Sandra Mar-cela Matsudo co tema “A actividade física na cons-trucción da saúde: A expe-riencia do programa Agita sao Paulo”; Vicento Martí-nez e Mairena Sánche,z que explicaron o “Movi: unha intervención de actividade

física de tempo libre en escolares”, entre outros ponentes.

As xornadas foron todo un éxito, chegando a su-perar o cento de persoas que foron ás ponencias, persoas de diversos ám-bitos como monitores e profesores de educación, entre outros profesio-nais.

Numerosa participación nas xornadas de Deporte e Saúde organizadas polo Campus 4 Interviron profesionais de diversas activi-dades.

Page 21: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

21ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores4 Terceira entrevista desta sección na que os protagonistas son deportistas que decidiron vir a Ourense para defender as nosas cores. Esta vez é o turno da murciana Laura Fernández Corbalán xogadora do equipo de baloncesto de Liga Feminina 2, Codigalco Carmelitas.

Máis persoal4 Corbalán naceu o 21 de xuño de 1988 en Murcia

e dende que contaba con tan só dez anos non se separa dunha pelota de baloncesto.4 Xogou co Capuchinos de Murcia nas categorías

femininas de Minibasket, Infantil, Cadete e Júnior, así como en Benxamín Mixto. E co Clube Universidad Católica San Antonio en Primeira División Nacional Feminina.4 A Laura encántalle a pizza, a súa cor é a amarela

e, como non podía ser doutro xeito, escaparíase sempre que poidese á súa terra natal.

R. Torres

1´69 m de estatura, 62 kg de peso, natural de Mur-cia e actualmente escolta do Codigalco Carmelitas

co dorsal número 11, esa é Laura Fernández Corbalán, a xogadora máis veterana do equipo colexial das que proceden de fóra da nosa provincia.

Co claro obxectivo de consolidarse como depor-tista en Liga Feminina 2, a actual categoría na que se atopa o clube ourensán, Laura afronta esta nova tempada co firme propósito de seguir compaxinando os seus estudos coa práctica do baloncesto a base de es-forzo e adicación.

Por que aceptaches en 2008 a oferta do Codigal-co Carmelitas?

Laura Fernández: “Por-que chegou un momento no que vín que o equipo no que me atopaba en Murcia non conseguía superar o nivel nacional e plantexei-me cambiar de conxunto e de cidade, co único fin de mellorar e xogar nunha ca-tegoría superior”.

Cres que o Codigalco mellorou nestes últimos anos?

L.F.: “Si, sen dúbida. O máis destacable foi o as-censo e aínda que o ano pasado non respostou como se agardaba, esta tempada comprobarase unha evolu-ción en calidade e xogado-

ras”.Precisamente en rela-

ción a esta segunda opor-tunidade en Liga Femini-na 2, como ves ao equipo para afrontala?

L.F.: “Estámolo tomando con gañas. Non quedamos moitas xogadoras do ano pasado, pero estamos todas dacordo en que queremos manternos nesta categoría con maior facilidade, sen estar sufrindo toda a tem-pada nin agardando a que outros equipos perdan”.

En 2008 fuches a ades-tradora do Carmelitas 99 Feminino (Premini Mix), como ves ás novas xera-cións do clube?

L.F.: “A verdade é que acá potenciase moito o equipo base e creo que ha-berá moitas xogadoras que poderán relevar ao conxun-to sénior e defenderse á per-fección en Liga Feminina 2 ou na categoría que acade o Codigalco”.

Que opinas do balonces ourensán?

L.F.: “Creo que Ourense destaca pola súa afección ao deporte en xeral e ao ba-loncesto en particular, tanto masculino como feminino. Ademais, os equipos de aquí teñen un gran nivel e moitos deles están na actua-lidade en ligas altas, o que demostra o enorme esforzo dos deportistas que están detrás”.

E do seu público?L.F.: “É o mellor que

vín en todos os anos que levo xogando. Participei en competicións nacionais e, algunhas veces, había tan só tres pais nas bancadas. En Ourense a asistencia é masiva. Sexa un partido amistoso, contra o líder ou o derradeiro da clasificación a afluencia é máxima”.

Persoalmente, como foi a túa adaptación a Ouren-se?

L.F.: “A verdade é que foi moi sinxela. No clube

trátannos dunha maneira moi próxima, preocúpanse por nós e, ademais, a cidade é moi similar á miña, polo que todo iso axudoume a adaptarme moi rápido e sen ningún problema”.

E que te sorprendeu da nosa cidade á túa chega-da?

L.F.: “O río, a gran can-tidade de pontes que hai e, como non, a auga termal, que non a vira en ningún outro sitio”.

Laura Fernández na porta do polideportivo Vedruna onde xoga os seus partidos como local o Carmelitas. /RAMSÉS

Laura xogando cun balón de baloncesto. /RAMSÉS

Page 22: 28 Out 2010 - Nº21

22 BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

ACTUALIDADE

4O RINCÓN DO MESTRE

Actividades a realizarAs actividades a reali-

zar han de adaptarse á súa idade. Hase de empezar con obxectivos pequenos, aumentando o tempo de maneira progresiva. É efi-caz e conveniente combinar actividades aeróbicas, de forza ou fortalecemento, coordinación, equilibrio e mobilidade articular.

Actividades a realizar en-tre outras:

- Pasear en bicicleta. - Paseos, pequenas ex-

cursións. - Ximnasia natural.- Bailes.- Expresión corporal.- Deportes adaptados.- Xogos tradicionais.- Xogos populares. - Xogos de animación.- Natación.- Circuítos de mantemen-

to de ton muscular, capaci-dade aeróbica, mobilidade articular, coordinación, elongación muscular.

Os seus beneficios:- Perder ou manter o

peso.- Manter as articulacións

funcionando ben e reducir a dor da artrose.

- Aumentar a súa ener-xía.

- Facer novas amizades ao traballar en grupo.

Forza ou fortalecemen-to e os seus beneficios

Antes de realizar un tra-ballo de forza é recomenda-ble facer un lixeiro quece-mento en base a exercicios de mobilidade articular, coordinación, equilibrio en movemento e plano estáti-co.

Dentro do fortalecemen-to ou forza distinguimos a forza estática e dinámica.

· Forza estática: Aquela en a que mantendo unha resistencia externa non hai desprazamento algún:

- Presionar cos pés ou mans sobre un obxecto ou cousa (parede, columna).

- Collidos a unha espal-dera, tentar levantar a es-paldera na parte inferior co empeine total.

- Presionar coa punta do pé sobre o chan.

- Presionar co talón so-bre o chan.

- Soster un balón medi-cinal.

- Por parellas ou grupo tirar dos extremos dunha corda.

- Collidos a unha espal-dera tirar cara a fóra ou cara a dentro.

- Tentar mover algo moi pesado.

· Forza dinámica: Aque-la en a que ao vencer a re-sistencia, o músculo sofre un desprazamento:

- Realizar abdominais sinxelos.

- Flexións de brazos so-bre unha parede ou outro obxecto liso.

- Por parellas, collidos dos brazos en posición frontal realizar flexións de brazos con lixeira resis-tencia.

- Por parellas e collei-tos das mans tirar cara a fóra.

- Por parellas e collei-tos aos extremos dunha pica cunha ou as dúas mans tirar cara a fóra.

- Cun lixeiro peso (man-cuernas, pedra, etc.) facer flexións e extensións de brazos.

- Cunha goma colleita polos extremos, extensión e flexión da mesma.

- Subir e baixar unha escaleira amodo.

- Realizar alternati-vamente movementos de circunducción cos brazos con lixeiro peso na man.

- Facer oscilacións cos brazos estendidos cun lixeiro peso en cada man.

- Realizar os quefaceres domésticos.

- Actividades de xardi-naría que lle fagan levan-tar ou facer forza.

- Limpar a casa, o ga-raxe, lavar o coche.

Os seus beneficios: - Manter os seus múscu-

los ou ósos fortes ao en-vellecer.

- Aumentar a súa forza e independencia.

- Reducir a necesidade de utilizar bastón.

- Diminuír o risco de fracturas óseas e outras lesións, recuperarse máis rápido en caso de lesión.

Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e en-

trenador nacional de fútbol

A actividade física e beneficios nos mozos

maiores (II)

Redacción

Expourense celebra este domingo, 31 de outubro a a terceira edición do Festival Internacional de xadrez “Ourense 2010”, derradeira das 17 probas puntuables do Circuíto Galego 2010.

Esta terceira edición contará con máis de 300 participantes con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, procedentes de toda Galicia, Galicia, Castela León, Portugal e ata de Marrocos. De to-dos eles, máis de 40 par-ticipantes teñen ránking internacional, o que o leva a ser unha das catro citas máis importantes no pa-norama nacional.

O evento terá lugar ao

longo do domingo, 31 de novembro, a partir das 11 horas en Expourense. A competición xogarase polo sistema suízo a 7 roldas.

Partida exhibiciónRematada a competición,

o campión galego sénior medirase nunha exhibición

Expourense encherase de taboleiros de xadrez4 Máis de 300 participantes de España, Portugal e Marrocos daranse cita no III Festival Internacional de Xadrez.

aos cinco campións do circuíto galego 2010 - das cinco categorías que parti-cipan-, en só 10 minutos de tempo.

A coller a bici4 O domingo, 7 de novem-bro, celébrase o Día da Bici.Redacción

O domingo, 7 de nov-embro, chega unha cita ineludible para os aman-tes das dúas rodas sen mo-tor, a 26ª edición do Día da Bici. A saída, como

todos os anos, se fará des-de a Deputación Provincial de Ourense e percorrerá a serpe multicolor todos os barrios da nosa cidade e re-matando a proba na Alame-da. Milleiros de ourensáns participan cada ano neste

evento en que pais e fillos pasan unha xornada en fa-milia e cos amigos.

Esta actividade, é unha das máis concurridas de cantas se organizan na nosa cidade e o espectáculo para quen sae as rúas a ver a to-dos os participantes e difícil de olvidar. A proba un pa-seo pola cidade e non ten caracter competitivo.

InscriciónsO prazo de inscrición re-

mata o sábado, 6 de novem-bro e pódese dirixir un ao Centro Comercial Paseo La Región ou a Ciclos Moure, sito en Celso Emilio Ferrei-ro, 41.

Sorteos e agasallosPara todo aquel que se

inscriba na proba haberá unha bolsa con pasteliños, refrescos e unha gorra, ade-mais de adhesivos e unha papeleta para o sorteo de bicicletas.

Alejandro Rubín e Fernando Varela disputando unha partida de xadrez./M.REJO.

Page 23: 28 Out 2010 - Nº21

BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº21 - Ano: II - 28 de outubro 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGUNTA DO MES

Vas a algún ximnasio?

Álvaro Seco: “Esti-ven nun ximnasio pero deixeino polo bebe, quero apuntarme den-tro de 4 ou 5 meses; prefiro actividades de mantemento: cinta, abdominais...”

Rocío Fernán-dez: “Si, vou ao ximnasio para estar en forma, sobre todo a musculación e a pilates”

Beatriz Barande-la: “Non, non teño tempo, nin me gus-ta, apunteime unha vez, durei catro me-ses e apenas ía, pero recoñezo que é sau-dable”.

José Manuel Crespo e Joel: “Pois non, non teño tempo,aínda que fun unha tempada”.

Javier Airas: “Cero, nin me gusta, nin teño tempo nin diñeiro”.

Camilo: “Non vou por falta de tempo”.

Felipe: “estou nun xim-nasio pero por rehabilita-ción, estou operado”

Ana Guerra: “Onte fun por pri-meira vez ao da Universidade, coa idea de manterme en forma. Gústame o aeróbic”.

Loxo Pérez: “Si, vou ao ximnasio, fundamentalmente a mantemento”.

Page 24: 28 Out 2010 - Nº21

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO28 de outubro de 2010