29 historias disparatadas
-
Upload
kalandrakacom -
Category
Documents
-
view
385 -
download
19
description
Transcript of 29 historias disparatadas
Título orixinal en alemán: Neunundzwanzig verrückte Geschichten
Colección SETELEGUAS© da edición orixinal: Thienemann Verlag (Thienemann Verlag, GmbH), Stuttgart/ Wien, 1974© do texto: Ursula Wölfel, 1974© das ilustracións: Neus Bruguera, 2006© da tradución ao galego: Susana Fernández de Gabriel e Franck Meyer, 2006 © desta edición: Kalandraka Editora, 2009Italia 37. 36162 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]
Impreso en Eujoa, AsturiasSegunda edición: xullo, 2009ISBN: 978-84-8464-604-4DL: PO-256-06
Reservados todos os dereitos
1. A HISTORIA SOBRE AFIAR OS LAPIS || p. 07
2. A HISTORIA DA FAMILIA || p. 09
3. A HISTORIA DA MÁQUINA DE ESPERAR || p. 11
4. A HISTORIA DO PAI QUE SUBIU POLA PAREDE || p. 13
5. A HISTORIA DA SÚPER AMA DE CASA || p. 15
6. A HISTORIA DA RAPAZA ALEGRE || p. 17
7. A HISTORIA DO LEVANTADOR DE PESOS DE VACACIÓNS || p. 19
8. A HISTORIA DA MULLER PEQUENA E DO HOME GRANDE || p. 21
9. A HISTORIA DO BAÑO CON ESCUMA || p. 23
10. A HISTORIA DA PIRULETA QUE CAEU NAS ESTRUGAS || p. 25
11. A HISTORIA DA MULLER QUE FACÍA UN PLAN PARA TODO || p. 27
12. A HISTORIA DO AMARELO E AMARELO || p. 29
13. A HISTORIA DA MULLER PLANTADA || p. 31
14. A HISTORIA DA ESTATUA ECUESTRE || p. 33
15. A HISTORIA DO CATARRO PERDIDO || p. 35
16. A HISTORIA DO GATO GORDO || p. 37
17. A HISTORIA DA NAI QUE QUERÍA PENSAR EN TODO || p. 39
18. A HISTORIA DO HOME ORDENADO || p. 41
19. A HISTORIA DAS BOLSAS DA COMPRA BARATAS || p. 43
20. A HISTORIA DO RAPAZ DE OLLOS PENETRANTES || p. 45
21. A HISTORIA DAS CABEZAS DE HERBA || p. 47
22. A HISTORIA DA MULLER QUE QUERÍA ESTAR MÁIS DELGADA || p. 49
23. A HISTORIA DO ATRACADOR || p. 51
24. A HISTORIA DO RAPAZ OBEDIENTE || p. 53
25. A HISTORIA DUNHA FAMILIA PARTICULAR || p. 55
26. A HISTORIA DO FUNCIONARIO DE FERROCARRÍS RISEIRO || p. 57
27. A HISTORIA DA PIPS || p. 59
28. A HISTORIA DO INVENTOR DA COLA || p. 61
29. A HISTORIA DO PRANTOCOX || p. 63
7
1
Unha muller tiña a intención de escribir un gran libro e, para iso,
comprou un montón de papel, cincuenta lapis novos e un bo
afialapis. A partir daquel día, o seu home e os seus fillos só
falarían baixo e andarían na punta dos pés, pois a muller quería
empezar a escribir o libro.
Primeiro, preparou o papel e o lapis e, mentres tanto, pensaba
na primeira frase. Despois, afiou outro lapis, pero aínda pensaba
na primeira frase.
A muller afiou ata o final os cincuenta lapis e outros sete mil
cincocentos doce. Non tardou nin tres semanas e aínda non
escribira a primeira frase, pero xa era a campioa do mundo en
afiar lapis e saíu no xornal.
A HISTORIA SOBRE AFIAR OS LAPIS
9
2A HISTORIA DA FAMILIA
QUE SEMPRE QUERÍA LEVAR A RAZÓN
Había unha familia que sempre estaba a rifar. Un día, foron
pasear ao parque. Era inverno e, de súpeto, levantouse unha
tormenta de neve. O pai dixo: «Pola dereita chegaremos antes á
saída do parque». «Que disparate! –dixo a nai–. Temos que ir pola
esquerda». «Estades tolos! –berrou a filla–. A porta está detrás
nosa! Temos que dar a volta!» Detivéronse porque non se daban
posto de acordo. Fíxose de noite, a tormenta ía a máis e cada
vez ía máis frío. Os tres seguían a rifar e non se decataban de
que se lles estaban conxelando os pés.
Un garda foi cerrar a porta do parque. Viuse diante de tres
bonecos de neve, e oíu que gritaban: «Dereita!». «Non,
esquerda!». «Volvede!».
As voces soaban apagadas. O garda asustouse tanto que volveu,
correu para a casa e deixou a porta do parque aberta. Tivo que
tomar sete copas de cana para tranquilizarse un pouco.
Pola mañá, estaban os tres tesos e xeados. Agora vían que a
porta estaba diante deles.
Alegráronse de que ningún levase razón, pero soamente podían
dicilo coa ollada. Nese momento, volveu o garda e viu os ollos
dos tres bonecos de neve moverse. Así que non lle quedou máis
remedio que volver tomar sete copiñas de cana. Despois, foi
buscar a policía e os bombeiros.
11
3
Un rapaz non tiña máis ganas de esperar sempre polas cousas,
así que fabricou unha máquina de esperar. Por fóra era coma
unha lata de tabaco, redonda. O rapaz pegou a tapa cunha
cinta adhesiva. Ninguén sabía como era por dentro a máquina
de esperar.
Agora xa non había clases aburridas. El levaba a máquina de
esperar á escola e a máquina esperaba por el a que soase o
timbre. Na parada do autobús deixábaa xunto á papeleira.
Despois, miraba tranquilamente os escaparates e as carteleiras
dos cines. A súa máquina de esperar agardaba o autobús por el.
Tamén esperaba polo aniversario do rapaz, a Semana Santa e o
Nadal. El xa non se impacientaba.
Un día levouna tamén ao partido de fútbol, pois era o porteiro e
non quería esperar sempre polo balón. Así que puxo a máquina
de esperar na portaría e apoiouse tranquilamente no poste. Pero
como é lóxico, a máquina de esperar non podía parar o balón.
Naturalmente, el non pensara niso. O seu equipo perdeu
dezasete a un.
Entón, xa non quixo ter ningunha máquina de esperar. Lanzouna
por riba do valado, e un camión esmagouna.
Por iso ninguén sabe como se fai unha máquina de esperar: o
rapaz nunca o contou.
A HISTORIA DA MÁQUINA DE ESPERAR
Unha familia que non paraba de discutir ata quedar conxelada,
un baño con tanta escuma que desbordará a bañeira,
un levantador de pesos que levita,
unha piruleta que engorda,
unha enfermidade contaxiosa de nome «pips»,
ou un ser enigmático chamado Prantocox,
forman parte destas «29 Historias disparatadas»
que Ursula Wölfel nos ofrece.
Con elas continúa a serie que iniciou coas
«27 Historias para tomar a sopa»
e as «28 Historias para rir».
C O L E C C I Ó N