2domingocuaresma

12
Domingo II de Coresma (C) SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 9, 28b-36

Transcript of 2domingocuaresma

Page 1: 2domingocuaresma

Domingo II de Coresma (C)

SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

9, 28b-36

Page 2: 2domingocuaresma

Naquel tempo, Xesús colleu a Pedro, a Xoán e mais a Santiago e subiu ao monte a orar.

Page 3: 2domingocuaresma

Mentres estaba orando, cambiou o

aspecto do seu rostro, e os seus vestidos viraron

brancos e resplandecentes.

Page 4: 2domingocuaresma

De súpeto apareceron dous homes falando con el; eran Moisés e mais Elías.

Page 5: 2domingocuaresma

Tiñan un aspecto glorioso e falaban do seu éxodo que remataría en Xerusalén.

Page 6: 2domingocuaresma

Pedro e mailos outros caían co sono, pero, manténdose espertos, contemplaron a súa gloria e os dous homes que o acompañaban.

Page 7: 2domingocuaresma

Cando eles se arredaban, díxolle Pedro a Xesús:

‑ Mestre, ¡que ben que esteamos nós aquí!

Page 8: 2domingocuaresma

¿Queres que vos fagamos tres tendas, unha para ti, outra para Moisés, e outra para Elías?

Page 9: 2domingocuaresma

Pero non sabía o que dicía. E mentres falaba, unha nube cubriunos coa súa sombra; eles quedaron moi asustados ao entraren nela.

Page 10: 2domingocuaresma

Entón unha voz dixo desde a nube:

Page 11: 2domingocuaresma

Cando a voz acabou, Xesús apareceu só. E eles gardaron silencio. E non lle dixeron a ninguén nada do que viran naqueles días.

Page 12: 2domingocuaresma